6 nadal bautismo xesús c 2016 bene pagola

14
10 de xaneiro de 2016 Bautismo do Señor (C) Lucas 3, 15-16. 21.22 Rede evanxelizadora BOAS NOTICIAS Contribúe a reavivar o Espírito de Xesús. Pásao. José Antonio Pagola Música:Babe- Beatles-eesterdae Present: B.Areskurrinaga HC;

Transcript of 6 nadal bautismo xesús c 2016 bene pagola

Page 1: 6 nadal bautismo xesús c 2016 bene pagola

10 de xaneiro de 2016Bautismo do Señor (C)

Lucas 3, 15-16. 21.22

Rede evanxelizadora BOAS NOTICIASContribúe a reavivar o Espírito de Xesús. Pásao.

José Antonio Pagola

Música:Babe-Beatles-eesterdaePresent: B.Areskurrinaga HC; Euskaraz: D. Amundarain

Page 2: 6 nadal bautismo xesús c 2016 bene pagola

“Espiritualidadee" é unha palabra desafortunhada. Para moitos só pode

significar algo inútil, afastado da vida real. Para que pode servir?

O que interesa é o concreto e práctico, o material, non o espiritual.

Page 3: 6 nadal bautismo xesús c 2016 bene pagola

Con todo, o "espírito" dunha persoa é algo valorado na sociedade moderna, pois indica o máis fondo e decisivo da súa vida: a paixón que a anima, a súa inspiración última, o que contaxia aos demais, o

que esa persoa vai poñendo no mundo.

Page 4: 6 nadal bautismo xesús c 2016 bene pagola

O espírito alenta os nosos proxectos e compromisos, configura o noso horizonte de valores e a nosa

esperanza. Segundo sexa o noso espírito, así será a nosa

espiritualidade. e así será tamén a nosa relixión e a nosa vida enteira.

Page 5: 6 nadal bautismo xesús c 2016 bene pagola

Os textos que nos deixaron os primeiros cristiáns amósannos que viviron a súa fe en Xesucristo como

un forte "movemento espiritual". Séntense habitados polo espírito de Xesús.

Page 6: 6 nadal bautismo xesús c 2016 bene pagola

Só é cristián quen foi bautizado con ese espírito. «O que non ten o espírito de Cristo non lle

pertence». Animados por ese espírito, víveno todo de maneira nova.

Page 7: 6 nadal bautismo xesús c 2016 bene pagola

O primeiro que cambia radicalmente é a súa experiencia de Deus. Non viven xa con «espírito de

escravos», angustiados polo medo a Deus, senón con «espírito de fillos » que se senten amados de maneira

incondicional e sen límites por un Pai.

Page 8: 6 nadal bautismo xesús c 2016 bene pagola

O espírito de Xesús fainos gritar no fondo do seu corazón: Abbá, Pai! Esta experiencia é o primeiro

que todos deberían encontrar nas comunidades de Xesús.

Page 9: 6 nadal bautismo xesús c 2016 bene pagola

Cambia tamén a súa maneira de vivir a relixión.

Xa non se senten «prisioneiros da lei », as normas e os preceptos, senón liberados polo amor.

Page 10: 6 nadal bautismo xesús c 2016 bene pagola

Agora coñecen o que é vivir con «un espírito novo »,

escoitando a chamada do amor e non con «a letra vella», ocupados en cumprir obrigacións relixiosas.

Este é o clima que entre todos temos que coidar e promover nas

comunidades cristiás, se queremos vivir como Xesús.

Page 11: 6 nadal bautismo xesús c 2016 bene pagola

Descobren tamén o verdadeiro contido do culto a Deus. O que agrada ao Pai non son os ritos baleiros

de amor, senón que vivamos «en espírito e en verdade ».

Esa vida vivida co espírito de Xesús e a verdade do seu evanxeo é para os cristiáns o seu auténtico «culto espiritual”.

Page 12: 6 nadal bautismo xesús c 2016 bene pagola

Non temos que esquecer o que Paulo de Tarso dicía ás súas

comunidades: «Non apaguedes o espírito».

Unha igrexa apagada, baleira do espírito de Cristo, non pode vivir nin comunicar a súa

verdadeira Novidade. Non pode saborear ni contaxiar a súa Boa

Nova.

Page 13: 6 nadal bautismo xesús c 2016 bene pagola
Page 14: 6 nadal bautismo xesús c 2016 bene pagola

NOVA ESPIRITUALIDADE

“Espiritualidade" é unha palabra desafortunhada. Para moitos só pode significar algo inútil, afastado da vida real. Para que pode servir? O que interesa é o concreto e práctico, o material, non o espiritual.

Con todo, o "espírito" dunha persoa é algo valorado na sociedade moderna, pois indica o máis fondo e decisivo da súa vida: a paixón que a anima, a súa inspiración última, o que contaxia aos demais, o que esa persoa vai poñendo no mundo.

O espírito alenta os nosos proxectos e compromisos, configura o noso horizonte de valores e a nosa esperanza. Segundo sexa o noso espírito, así será a nosa espiritualidade. E así será tamén a nosa relixión e a nosa vida enteira.

Os textos que nos deixaron os primeiros cristiáns amósannos que viviron a súa fe en Xesucristo como un forte "movemento espiritual". Séntense habitados polo espírito de Xesús. Só é cristián quen foi bautizado con ese espírito. «O que non ten o espírito de Cristo non lle pertence». Animados por ese espírito, víveno todo de maneira nova.

O primeiro que cambia radicalmente é a súa experiencia de Deus. Non viven xa con «espírito de escravos», angustiados polo medo a Deus, senón con «espírito de fillos » que se senten amados de maneira incondicional e sen límites por un Pai. O espírito de Xesús fainos gritar no fondo do seu corazón: Abbá, Pai! Esta experiencia é o primeiro que todos deberían encontrar nas comunidades de Xesús.

Cambia tamén a súa maneira de vivir a relixión. Xa non se senten «prisioneiros da lei», as normas e os preceptos, senón liberados polo amor. Agora coñecen o que é vivir con «un espírito novo », escoitando a chamada do amor e non con «a letra vella», ocupados en cumprir obrigacións relixiosas. Este é o clima que entre todos temos que coidar e promover nas comunidades cristiás, se queremos vivir como Xesús.

Descobren tamén o verdadeiro contido do culto a Deus. O que agrada ao Pai non son os ritos baleiros de amor, senón que vivamos «en espírito e en verdade ». Esa vida vivida co espírito de Xesús e a verdade do seu evanxeo é para os cristiáns o seu auténtico «culto espiritual».

Non temos que esquecer o que Paulo de Tarso dicía ás súas comunidades: «Non apaguedes o espírito». Unha igrexa apagada, baleira do espírito de Cristo, non pode vivir nin comunicar a súa verdadeira Novidade. Non pode saborear nin contaxiar a súa Boa Nova. Coidar a espiritualidade cristiá é reavivar a nosa relixión.

José Antonio Pagola