6 domingo ramos b 2015 bene pagola

14
29 marzo 2015 Domingo de Ramos Marcos 14,1 – 15,47 José Antonio Pagola Música:Albinoni concierto nº 12 larguetto Presentación:B.Areskurrinaga HC Euskara:D.Amundarain O XESTO SUPREMO

Transcript of 6 domingo ramos b 2015 bene pagola

29 marzo 2015Domingo de Ramos

Marcos 14,1 – 15,47

José Antonio Pagola

Música:Albinoni concierto nº 12 larguettoPresentación:B.Areskurrinaga HCEuskara:D.Amundarain

O XESTO SUPREMO

Xesús contou coa posibilidade dun final violento. Non era un inxenuo.

Sabía a que se expoñía se seguía insistindo no proxecto do reino de Deus.

Era imposible buscar con tanta radicalidade unha vida digna para os «pobres» e os «pecadores», sen provocar a reacción daqueles aos que

non lles interesaba cambio ningún.

Certamente, Xesús non é un suicida.Certamente, Xesús non é un suicida. Non busca a crucifixión. Non busca a crucifixión.

Nunca quixo o sufrimento nin para osNunca quixo o sufrimento nin para os demais nin para el.demais nin para el.

Toda a súa vida se dedicara aToda a súa vida se dedicara a combatilo alí onde o combatilo alí onde o

encontraba: na enfermidade, encontraba: na enfermidade, nas inxustizas, no pecado ou nas inxustizas, no pecado ou na desesperanza. Por iso non na desesperanza. Por iso non corre agora tras a morte, pero corre agora tras a morte, pero

tampouco se bota atrás.tampouco se bota atrás.

Seguirá acollendo a pecadores e excluídos aínda que a súa actuación irrite no templo.

Se terminan condenándoo, morrerá tamén el como un delincuente e excluído, pero a súa morte confirmará o

que foi a súa vida enteira: confianza total nun Deus que non exclúe a ninguén do seu perdón.

Seguirá anunciando o

amor de Deus aos últimos,

identificándose cos máis pobres e

desprezados do imperio, por moito que

moleste nos ambientes

próximos ao gobernador

romano.

.

Se un día o executan no suplicio da cruz, reservado para escravos, morrerá tamén el como un despreciable escravo, pero a súa morte selará para sempre a súa fidelidade ao Deus defensor

das vítimas.

Cheo do amor de Deus, Cheo do amor de Deus, seguirá ofrecendo seguirá ofrecendo

«salvación» aos que «salvación» aos que sofren o mal e a sofren o mal e a enfermidade: enfermidade:

dará «acollida» aos que dará «acollida» aos que son excluídos pola son excluídos pola

sociedade e a relixión;sociedade e a relixión;

Regalará o «perdón» gratuíto

de Deus a pecadores e

xentes perdidas, incapaces de volver á súa

amizade.

Esta actitude

salvadora que

inspira a súa vida enteira, inspirará tamén a

súa morte.

Por iso aos cristiáns Por iso aos cristiáns atráenosatráenos

tanto a cruz. tanto a cruz. Bicamos o rostro do Bicamos o rostro do

Crucificado, levantamos Crucificado, levantamos os ollos cara a el, os ollos cara a el,

escoitamos as súas escoitamos as súas últimas palabras… últimas palabras…

Porque na súa crucifixión vemos o

servizo último de Xesús ao proxecto do Pai, e o xesto supremo de Deus

entregando seu Fillo por amor á humanidade

enteira.

É indigno converter a Semana É indigno converter a Semana Santa en folclore ou reclamo Santa en folclore ou reclamo

turístico.turístico. Para os seguidores de Xesús Para os seguidores de Xesús celebrar a paixón e morte do celebrar a paixón e morte do

Señor é agradecemento Señor é agradecemento emocionado, adoración gozosa ao emocionado, adoración gozosa ao

amor «incrible» de Deus e amor «incrible» de Deus e chamada a vivir coma Xesús chamada a vivir coma Xesús

solidarizándonos cos solidarizándonos cos crucificados. crucificados.

29 marzo 2015Domingo de RamosMarcos 14,1 – 15,47  

O XESTO SUPREMO 

Xesús contou coa posibilidade dun final violento. Non era un inxenuo. Sabía a que se expoñía se seguía insistindo no proxecto do reino de Deus. Era imposible buscar con tanta radicalidade unha vida digna para os «pobres» e os «pecadores», sen provocar a reacción daqueles aos que non interesaba cambio ningún.

Certamente, Xesús non é un suicida. Non busca a crucifixión. Nunca quixo o sufrimiento nin para os demais nin para el.  Toda  a  súa  vida  se  dedicara  a  combatilo  allí  onde  o  encontraba:  na  enfermidade,  nas  inxustizas,  no  pecado  ou  na desesperanza. Por iso non corre agora tras a morte, pero tampouco se bota atrás.

Seguirá acollendo a pecadores e excluídos aínda que a súa actuación irrite no templo. Se terminan condenándoo, morrerá tamén el como un delincuente e excluído, pero a súa morte confirmará o que foi a súa vida enteira: confianza total nun Deus que non exclúe a ninguén do seu perdón.

Seguirá anunciando o amor de Deus aos últimos,  identificándose cos máis pobres e desprezados do  imperio, por moito que moleste nos ambientes próximos ao gobernador  romano. Se un día o executan no suplicio da cruz,  reservado para escravos,  morrerá  tamén  el  como  un  desprezable  escravo,  pero  a  súa  morte  selará  para  sempre  a  súa  fidelidade  ao  Deus defensor das víctimas.

Cheo do amor de Deus, seguirá ofrecendo «salvación» aos que sofren o mal e a enfermidade: dará «acollida» aos que son excluídos pola sociedade e a relixión; regalará o «perdón» gratuíto de Deus a pecadores e xentes perdidas, incapaces de volver á súa amizade. Ésta actitude salvadora que inspira a súa vida enteira, inspirará tamén a súa morte.

Por  iso  aos  cristiáns  atráenos  tanto  a  cruz.  Bicamos  o  rostro  do  Crucificado,  levantamos  os  ollos  cara  a  el, escoitamos as súas últimas palabras… porque na súa crucifixión vemos o servizo último de Xesús ao proxecto do Pai, e o xesto supremo de Deus entregando seu Fillo por amor á humanidade enteira.

É  indigno  converter  a  Semana  Santa  en  folclore  ou  reclamo  turístico.  Para  os  seguidores  de  Xesús  celebrar  a paixón e morte do Señor é agradecemento emocionado, adoración gozosa ao amor «incrible» de Deus e chamada a vivir coma Xesús solidarizándonos cos crucificados.  

José Antonio Pagola