29-12-2009. Novas da Xustiza nº 135/2009

16
n n o o v v a a s s d d a a x x u u s s t t i i z z a a Número 135 29 decembro 2009 CCOO informa Sumario Retribucións Sentenza do cuarto punto Produtividade Na reunión da Mesa Sectorial, celebrada o día 23 de de- cembro, o director xeral afirmou que a partir do mes de xaneiro, e como consecuencia da aplicación da sentenza do cuarto punto, se actualizarán as nóminas dos com- pañeiros que actualmente cobran 3 puntos (Sociais, Au- diencias, TSX, Contenciosos, etc), aos que se lles aboará o cuarto punto. Os atrasos, segundo o director xeral, comezarán a aboarse a partir dos meses de marzo ou abril. Os atrasos xerados desde o mes de xullo polo acordo sobre produtividade (10 euros mensuais) aboaranse no mes de xaneiro CCOO informa ................ 1 Retribucións A negociación da nova Ofi- cina Xudicial Revista de prensa .......... 5 Entrevista da Carlos Vare- las, Fiscal Superior de Gali- cia CCOO na internet ........... 10 Anexos Propostas de CCOO ante a nova Oficina xudicial Edita CCOO de Xustiza de Galicia

description

Boletin informativo de CCOO de Xustiza

Transcript of 29-12-2009. Novas da Xustiza nº 135/2009

Page 1: 29-12-2009. Novas da Xustiza nº 135/2009

nn oo vv aa ss dd aa xx uu ss tt ii zz aa NN úú mm eerr oo 113355

22 99 dd eeccee mm bbrr oo 22 000099

CCOO informa

Sumar io

Retribucións

Sentenza do cuarto punto

Produtividade

Na reunión da Mesa Sectorial, celebrada o día 23 de de-

cembro, o director xeral afirmou que a partir do mes de

xaneiro, e como consecuencia da aplicación da sentenza

do cuarto punto, se actualizarán as nóminas dos com-

pañeiros que actualmente cobran 3 puntos (Sociais, Au-

diencias, TSX, Contenciosos, etc), aos que se lles aboará

o cuarto punto.

Os atrasos, segundo o director xeral, comezarán a

aboarse a partir dos meses de marzo ou abril.

Os atrasos xerados desde o mes de xullo polo acordo

sobre produtividade (10 euros mensuais) aboaranse no

mes de xaneiro

CCOO informa ................ 1

Retribucións

A negociación da nova Ofi-

cina Xudicial

Revista de prensa .......... 5

Entrevista da Carlos Vare-

las, Fiscal Superior de Gali-

cia

CCOO na internet ........... 10

Anexos

Propostas de CCOO ante a

nova Oficina xudicial

Edi ta

CCOO de Xustiza de Galicia

Page 2: 29-12-2009. Novas da Xustiza nº 135/2009

2 Novas da Xustiza

29

d

e

de

ce

mb

ro

d

e

20

09

A no va Of ic ina xudic ia l

A negociación da nova Oficina xudicial

Nota informativa da reunión celebrada en Santiago o 23 de decembro

O Director Xeral asume a esixencia de CCOO de negociar en Mesa Sectorial as ale-

gacións que presentemos as organizacións sindicais ao proxecto de decreto polo

que se crean os Servizos Comúns Xerais e as Unidades Técnico Administrativas en

Galicia

CCOO non apoiará ningún intento de reforma da Oficina xudi-

cial de costas aos traballadores e vulnerando os seus dereitos

Na reunión da Mesa Sectorial celebrada o día 23 de decembro en Santiago, dende CCOO lle

transmitimos, claramente, ao Director Xeral que, independentemente das alegacións que

realicemos por escrito antes do 15 de Xaneiro, o proxecto que nos presenta será rexeitado

por este Sindicato en caso de que non se cumpra co seguinte:

Traslado as organizacións sindicais do estado actual dos cadros de persoal, coas va-

cantes existentes, reforzos, adscricións provisionais, comisións de servizo, número e

localización de persoal interino, e calquera outra situación que afecte aos procesos

de redistribución e reordenación de efectivos. Así mesmo daráselles traslado dos es-

tudos realizados para recompilar a información tida en conta pola administración pa-

ra definir o modelo de Oficina Xudicial (análise de cadros de persoal, datos estatísti-

cos, aspectos organizativos, carga de traballo, etc.), incluíndo a avaliación de riscos

psicosociais e o estudo e diagnóstico da situación na que se encontran os arquivos

xudiciais e da Fiscalía.

Page 3: 29-12-2009. Novas da Xustiza nº 135/2009

FSC-CCOO Novas da Xustiza

3

29

d

e

de

ce

mb

ro

d

e

20

09

Negociación do Complemento Transitorio da Comunidade. O acordo actual finaliza o

31 de Decembro de 2009. Esta esixencia é común a toda as organizacións que for-

mamos a PLATAFORMA SINDICAL.

Sinatura dun acordo entre a Administración e os Sindicatos, onde se garan-

ta:

Que nos Servizos Comúns que se creen as RPT´s (relacións de postos de traballo)

conteñan a diferenciación dos postos de traballo por seccións e/ou equipos,

que debe determinar a posibilidade para os traballadores que o desexen de optar, a

través dos concursos de traslado, a postos dos diversas seccións e/ou equipos dos

devanditos Servizos Comúns e permitindo a mobilidade voluntaria posterior entre di-

ferentes seccións do mesmo Servizo. Tamén se debe recoller que as atribucións

de funcións, polo xefe ou responsable da unidade ou centro de destino, aos funcio-

narios que ocupen con carácter definitivo postos de traballo xenérico, estará limita-

da o servizo no que estea destinado.

Un proxecto de formación para os funcionarios e funcionarias en relación coa refor-

ma.

Reserva de 100% dos postos de traballo das Unidades Administrativas para

ser cubertas por traballadores da Administración de Xustiza en Exclusiva.

Describir nas RPT de forma detallada as tarefas. Deberán definir as funcións a

desempeñar por cada un dos Corpos de conformidade co previsto nos artigos 476,

477 e 478 da L.O.P.J.

O sistema de libre designación unicamente poderá utilizarse para os Directores dos

Servizos Comúns, non se aplicará para os postos singularizados.

A singularización dos postos obedecerá só e exclusivamente a labores procesuais e

competenciais.

Negociación das bases dos Concursos Específicos dos postos singularizados.

Ningún funcionario ou funcionaria poderá sufrir perda nas súas retribucións

actuais por todos os conceptos durante o proceso de acoplamento á nova oficina

xudicial (Gardas, Penosidade, etc).

Negociación dun manual de valoración de postos de traballo que estableza con ca-

rácter previo, dun xeito obxectivo e exhaustivo os factores que inflúen en cada un

dos postos de traballo.

Que a asignación de horarios especiais será sempre voluntaria.

Page 4: 29-12-2009. Novas da Xustiza nº 135/2009

4 Novas da Xustiza

29

d

e

de

ce

mb

ro

d

e

20

09

Negociación dos procesos de acoplamento aos novos postos de traballo, onde se

valorará, en primeiro lugar, a voluntariedade.

Recoñecemento efectivo e pagamento do 100% das retribucións nas substitu-

cións realizadas nos corpos superiores. Potenciación das substitucións horizontais.

Establecemento dun complemento que retribúa as substitucións sen relevación de

funcións.

Eliminación de calquera discriminación cara ás mulleres, especialmente nos pro-

cesos de selección de persoal, reservándose datas para a realización de exames e

cursos para os casos de parto ou adopción.

Avaliación de medios humanos e materiais nos Xulgados de Paz e adopción de

medidas de homoxenización baseadas en datos obxectivos (volume de poboación,

cargas de traballo e características especiais do municipio -centros penitenciarios, in-

cidencia turística en períodos vacacionais, etc. -).

Negociación dos Protocolos de Actuación, sobre todo cando afecten aos dereitos

dos traballadores.

Creación dunha Comisión de Seguimento do Despregamento da Nova Oficina

Xudicial, onde estean representadas as OO.SS.

Tamén mostramos a nosa oposición frontal a calquera intento de vulneración dos dereitos

consolidados, a través da TRANSFERENCIA PLENA, dos traballadores da administración de

Xustiza de Galicia. Circunstancia que nos abocaría á convocatoria de MOBILIZACIÓNS:

Defensa da especificidade das tarefas e funcións dos funcionarios da Admi-

nistración de Xustiza. Reserva de función expresada na LOPJ.

Concursos de traslado de ámbito de toda España, que se deben convocar, polo

menos, con carácter anual e no primeiro trimestre de cada ano.

Oferta de Emprego Público, tanto na quenda libre coma na de promoción interna,

que sexa única e se convoque con carácter anual.

Defensa dunha estrutura retributiva única, onde a antigüidade deberá seguir sen-

do o 5% do soldo para cada trienio.

23 de decembro de 2009

Page 5: 29-12-2009. Novas da Xustiza nº 135/2009

FSC-CCOO Novas da Xustiza

5

29

d

e

de

ce

mb

ro

d

e

20

09

Revis ta de prensa

"Galicia é unha nación: ten lingua, economía e hábitos propios" (Carlos Varela, Fiscal superior de Galicia)

"Temos que mudar a cultura do pleito pola da mediación para evitar o colapso na Xus-

tiza"

Publicado en www.farodevigo.es

Este ano destapáronse decenas de

tramas de corrupción en distintas co-

munidades. O resultado: máis de 700

causas abertas pola Fiscalía Xeral con-

tra cargos públicos, 86 delas en Gali-

cia. Hai agora máis casos de corrup-

ción ou a Fiscalía investiga máis?

–Moitas denuncias hai que depuralas por-

que son interesadas e están feitas en clave

política. Algún caso xa foi arquivado por-

que comprobouse que a denuncia non tiña

fundamento ou os feitos denunciados non

constituían ilícito penal. Estamos na fase

de intentar aclarar os casos obxecto de in-

vestigación e chegar a unha conclusión.

Non podemos prexulgar o seu resultado.

En todo caso, dicir, como xa apuntou o fis-

cal do Estado, que a corrupción afecta a

unha porcentaxe baixa de cargos electos.

Con este tipo de comportamentos hai que

ser inflexible, con independencia da ideolo-

xía da persoa ou do partido ao que perten-

za. O comportamento corrupto hai que re-

primilo canto antes para evitar a súa xene-

ralización. Unha vez aparecido é necesario

investigalo porque a sociedade padece con

este tipo de comportamentos. Como? Per-

dendo a súa confianza nos cargos públicos.

–O control dos partidos sobre os seus

cargos políticos pasa pola elaboración

dun código de boas prácticas?

–Penso que si. Un código ético é funda-

mental. O problema dos códigos éticos é

facer seguimentos. Cando hai elementos

suficientes de que un cargo público tivo

comportamentos desleais co seu partido

ou coas finanzas públicas hai que actuar. É

una actuación preventiva, sen prexuízo de

que despois a Xustiza determine si iso

constitúe un ilícito penal. O que ocorre ás

veces é que, incluso non sendo ilícito pe-

nal, hai unha actuación eticamente repro-

chable en termos de actuación política. Ese

compartimento, aínda que non constitúa

Page 6: 29-12-2009. Novas da Xustiza nº 135/2009

6 Novas da Xustiza

29

d

e

de

ce

mb

ro

d

e

20

09

delito, debe ser controlado desde o punto

de vista do ámbito da política e do partido

ao que lle afecta.

–España é un dos poucos países da UE

que non prohibe ou non pon límites

aos agasallos aos políticos. Deberíase

fixar por lei un tope sobre o custe das

dádivas aos cargos públicos?

–Si. Nunca se sabe que intención persegue

a persoa que fai un agasallo. Unha cousa é

regalar algo que non ten significación des-

de o punto de vista do seu valor porque

simplemente é algo simbólico. Pero outra

cousa son os agasallos de carácter excesi-

vo que, loxicamente, hai que pensar que

buscan mover unha vontade nun determi-

nado sentido. Calquera que teña capacida-

de de decisión e reciba un regalo, moitas

veces é en consideración, precisamente, a

esa capacidade de decisión que ten. Aí ten

que estar precavido e non aceptar agasa-

llos que poidan comprometer a súa impar-

cialidade e obxectividade.

–Nalgunha ocasión recibiu algún rega-

lo que polo seu custe desmesurado o

puxera nun apreto?

–Nunca, nunca recibín ningún regalo desas

características. Nunca.

–Que regalos rexeitaría?

–Todo o que excederá dunha atención pu-

ramente simbólica. Unha botella de viño,

por exemplo, é unha atención simbólica.

Fóra deso, eu non podo recibir ningunha

atención.

–Ve apropiado o pago de comidas ou

viaxes a políticos e cargos públicos?

–Ese tipo de cuestións deben ser contem-

pladas nos código de boas prácticas. O que

estea dentro de cousas razoables e mesu-

radas e non comprometa nunca a imparcia-

lidade dunha decisión non debería ter in-

conveniente algún. Pero todo o que exceda

dese mínimo, debe ser rexeitado porque a

intención é buscar un trato de favor.

–Unha comida, entraría neses míni-

mos?

–Non me atrevería a dicilo. Habería que ver

caso por caso.

–A Galicia bástalle cun fiscal especiali-

zado en delitos urbanísticos ou fanlle

falla delegados da Fiscalía Anticorrup-

ción?

–Para as actuacións urbanísticas, das que

derivan fundamentalmente feitos de co-

rrupción, son suficientes estes delegados.

Tamén temos os fiscais especializados en

delitos económicos. Coa coordinación de

ambos, estamos en condicións de facer

fronte a este tipo de delincuencia.

–Na súa axenda de prioridades estaba

a creación dunha policía especializada

para investigar delitos urbanísticos.

Para cando?

–Hai unidades policiais que se encargan

destas materias. O que sucede é que en

función dos asuntos que haxa, estas uni-

dades poden verse desbordadas. Isto xa

ocorreu en procesos preelectorais. Ese é un

momento no que se activan moitas denun-

cias e logo compróbase que moitas non te-

ñen razón de ser. O que é moi importante

e conveniente é que as unidades que in-

vestigan delitos urbanísticos e económicos

estean ben dotadas, cun número de mem-

bros axeitado. No seu día solicitei ao secre-

tario de Estado de Interior que fornecera

ao Seprona en Galicia cunha policía espe-

Page 7: 29-12-2009. Novas da Xustiza nº 135/2009

FSC-CCOO Novas da Xustiza

7

29

d

e

de

ce

mb

ro

d

e

20

09

cializada en delitos urbanísticos. Naquel

momento contestouse que era necesario

despregar unidades do Seprona noutras

comunidades autónomas que aínda non se

fixera, pero que unha vez cumprido ese

trámite abordaríase a necesidade de po-

tenciar os Sepronas. É una petición que es-

tá aí e que en calquera momento pode ser

satisfeita.

–Non hai moito queixábase da falta de

inspectores urbanísticos.

–En materia de urbanismo queremos con-

tar tamén co apoio da Axencia Galega de

Urbanismo. Sobre todo para coñecer a rea-

lidade de determinados expedientes que lle

solicitan aos concellos e que estes, moitas

veces, se dilatan en enviar a información.

–Son suficientes os mecanismos de

control urbanístico que se establecen

desde a Xunta e os propios concellos?

–A liña que sempre propuxo a Fiscalía foi a

de fortalecer os mecanismos de control in-

ternos por parte dos concellos a través fi-

guras dos interventores e dos secretarios.

Polo que teño observado, creo que se está

nesa liña. Por parte da Xunta, como lle co-

rresponde o control da legalidade urbanís-

tica na comunidade, ten que haber un con-

trol a maiores en relación con determina-

dos concellos ou proxectos construtivos

que resultan desmesurados. Con todos

eses mecanismos de control, estaremos en

disposición de dar resposta a calquera ac-

tuación irregular que se produza neste

campo.

–A Xunta adicará en 2010 600.000 eu-

ros para a demolición de vivendas ile-

gais, un 25% máis que este ano. A Fis-

calía endurecerá as ordes de demoli-

ción como mecanismo de disuasión pa-

ra os posibles infractores?

–A Fiscalía ten que aplicar a legalidade. Hai

un precepto legal que di que hai que repo-

ñer a legalidade urbanística. Iso, moitas

veces, hai que facelo a través da demoli-

ción. Para repoñer a legalidade urbanística,

a Fiscalía solicitará sempre ao xuíz do pe-

nal que se ordene na sentenza a demoli-

ción da construción ilegal.

–O ministro de Xustiza acaba de anun-

ciar dous novos órganos xudiciais para

Galicia, que se sumarán aos 11 xa

aprobados para 2010. Basta con crear

cada ano xulgados se non se identifi-

can os “cuellos de botella”?

–O principal é facer a demarcación do terri-

torio e despois a planta. É importante es-

tablecer esa xeografía da Xustiza adaptada

á realidade territorial, demográfica, socio-

empresarial e económica actual. E a partir

de aí fixar en cada unidade territorial can-

tos órganos xudiciais necesitemos segundo

a poboación, os índices de conflitividade e

a súa complexidade. A nova realidade terri-

torial da a posibilidade de crear cabeceiras

de servizos públicos e, polo tanto, no eido

xudicial tamén. Ao mellor hai que tomar

como base a realidade comarcal e a súa in-

fluencia. Isto faino xa a área sanitaria: a

zona de Santiago, por exemplo, atente a

Lalín ou A Estrada. Ao mellor temos que

romper o molde provincial. Unha gran re-

volución van a ser a novas posibilidades de

comunicación que permitirán a territorios

tradicionalmente alonxados que aparezan

“O principal é facer a demarcación do territorio e despois a planta. Ao mellor hai que tomar como base a realidade comarcal e a súa influencia”

Page 8: 29-12-2009. Novas da Xustiza nº 135/2009

8 Novas da Xustiza

29

d

e

de

ce

mb

ro

d

e

20

09

moi ben comunicados. En termos de tem-

po, iso traducirase nun acceso rápido aos

servizos públicos desa área.

–Mentres non se acometa esa reforma

da demarcación e da planta xudicial, a

Administración da Xustiza está conde-

nada ao atasco xudicial que arrastra

desde hai anos?

–Hai que actuar en moitos campos. Un de-

les é ese. Pero tamén hai que mirar para

dentro da Xustiza e ver como traballamos.

Cabe preguntarse se os métodos de traba-

llo son acordes coa demanda o número de

litixios que estamos recibindo. Hai que in-

troducir novos métodos de xestión. A ofici-

na xudicial intenta iso para facer fronte ao

colapso. E por suposto, a implantación das

TIC (tecnoloxías da información e coñece-

mento). A implantación de todo iso ten que

axudarnos a que a Xustiza sexa máis áxil

na resposta.

–Unha das súas propostas para paliar

o colapso é a mediación para os prei-

tos familiares ou veciñais.

–É outra fronte na que hai que actuar. A

Comisión Europea de Xustiza xa nos ten

advertido reiteradamente de que os países

onde non hai sistemas alternativos de re-

solución de conflito van ter moitas dificul-

tades para poñerse ao día no tema xudi-

cial. Hai moitos conflitos que chegan a xu-

risdición porque non poden ser levados a

xuízo. Logo hai outro tipo de casos como

son os que se producen nas relacións fami-

liares ou de veciñanza onde as persoas es-

tán condenadas a seguir mantendo unha

relación despois do conflito. Eses casos é

mellor levalos ao ámbito da mediación para

que as relacións persoais non se vexan

afectadas. Hai que mudar de cultura. Agora

estamos na cultura da preito e temos que

pasar á da mediación. Pero non é suficiente

facer unha lei. Só terá resultados óptimos

cando a cultura da mediación estea total-

mente implantada.

–Esa nova cultura da mediación tamén

afectará ás profesións xurídicas...

–Terán que reciclarse. Moitas veces, os

avogados a través de acordos con outros

letrados poderán evitar un preito. Trátase

de superar esa posición adversarial de ga-

ñador perdedor: eu fago un preito contra ti

e gaño o cen por cento. Pois non. Moitas

veces é máis conveniente unha negociación

porque se ben podes acadar ese cen por

cento non será ata dentro de dez anos. En-

tón un avogado terá que plantexar gañar

agora o 80%. Van aparecer novas profe-

sións xurídicas, como ocorreu en Francia,

baseadas na cultura da mediación. Un avo-

gado ten que estar preparado para ir a

preito cando sexa necesario pero tamén

definir estratexias de mediación e de acor-

do cando o seu cliente non teña posibilida-

des de gañar un preito. O Parlamento ga-

lego debería pronunciarse sobre a necesi-

dade desta lei autonómica de mediación.

Debería ser una tarefa prioritaria no ámbito

lexislativo.

–En materia lingüística. Está en perigo

o galego?

–O galego é unha lingua que necesita me-

didas de apoio, de promoción e afirmación

positiva. Esas medidas teñen que ser reali-

zadas desde a Administración autonómica,

en concreto desde o Departamento de Polí-

tica Lingüística que é ao que lle correspon-

de promocionar a lingua de Galicia. É o que

está establecido de maneira estatutaria e é

o que se espera dun Goberno galego: que

promocione a lingua propia de Galicia.

Page 9: 29-12-2009. Novas da Xustiza nº 135/2009

FSC-CCOO Novas da Xustiza

9

29

d

e

de

ce

mb

ro

d

e

20

09

–O uso do galego retrocedeu?

–Na Administración xudicial quédalle moito

por avanzar. O uso do galego no eido xudi-

cial é simbólico. Aquí estamos practica-

mente en pañais. O galego retrocederá e

retrocede se non hai medidas de apoio.

Esas medidas implican que o galego teña

presenza no ensino, que é fundamental,

pero tamén en todos os sectores sociais

como lingua de utilidade. Cando o galego

se converta nunha lingua de utilidade, que

sexa utilizada como tal nas relacións co-

tiás, avanzará moito nos sectores sociais.

–Ve necesaria a reforma do Estatuto

de Autonomía, aínda pendente da pa-

sada lexislatura?

–Ese é un tema político no que non debería

entrar. Eu son partidario dunha reforma

estatutaria na medida en que mellore os

avances conseguidos e vaiamos cara

adiante, nunca para retroceder ou para

mermar as nosas competencias. Que nos

sirvan ademais esas competencias para

mellorar en todos os aspectos: institucio-

nal, económico, social e de convivencia.

Sempre que melloremos neso, para adian-

te (a reforma do Estatuto).

–Galicia é unha nación?

–Lin hai moitos anos ‘Sempre en Galiza’.

Castelao xa dicía que Galicia era una na-

ción. E daba unha explicación moi natural

do tema. Dicía que Galicia era unha nación

porque tiña lingua propia, economía propia

e hábitos psicolóxicos reflexados nunha

comunidade de cultura. Eu concordo total-

mente coa definición que da Castelao.

–Sete anos despois da maior catástro-

fe ecolóxica de Galicia, comezará o xu-

ízo polo accidente do Prestige. Pedi-

ranse responsabilidades ao Estado?

–Iso dependerá de se se acusa ou non a

este funcionario do Estado (en alusión ao

ex director xeral da Mariña Mercante, Ló-

pez Sors). En todo caso, insisto, é unha

posición moi estudada. Coñecemos moi

ben o asunto; incluso sabemos as matiza-

cións que poden facer os peritos. Moitos

falan destas posicións a través da lectura

dos informes periciais. Pero ás veces estes

informes son fríos. Vai ser moi interesante

escoitar e confrontar aos peritos no xuízo e

que poidan matizar os puntos de vista que

xa foron expostos por escrito.

–Que cabe esperar desde xuízo, no

que os afectados xa foron indemniza-

dos?

–Unha vez que houbo moitas persoas que

cobraron, contribuirá a que se retiren do

procedemento. O fundamental é saber, en

relación co resarcimento dos danos, quen

resulte condenado. Se o Estado español fo-

ra condenado tería que facer fronte e se-

nón a compañía aseguradora do barco. A

Fiscalía pedirá responsabilidades penais

pero tamén civís a quen considera que foi o

determinante da contaminación.

“O uso do galego no eido xudicial é simbólico. O galego retrocederá e retrocede se no hai medidas de apoio”

Page 10: 29-12-2009. Novas da Xustiza nº 135/2009

10 Novas da Xustiza

29

d

e

de

ce

mb

ro

d

e

20

09

CCOO na in ternet

Contacto

A nosa páxina web

Estamos na internet nas seguintes direccións:

http://ccooxustiza.blogspot.com/

http://ccoojusticia.blogspot.com/

http://ccooenmugeju.blogspot.com/

Se queres publicar un artigo ou un comentario

no boletín, se queres realizar unha consulta ou

unha suxestión ou se queres recibir o boletín

remítenos un correo electrónico a

[email protected]

A CORUÑA

Raquel e Estrela

981.18.20.32

[email protected]

FERROL

Manolo e Mati

981.33.73.25

[email protected]

SANTIAGO

Mati

981.54.03.63

[email protected]

OURENSE

Carlos e Justo

988.68.71.92

[email protected]

PONTEVEDRA

Belén

986.80.39.79

[email protected]

VIGO

Mercedes e Pablo

986.81.78.35

[email protected]

LUGO

José Antonio

982.40.21.95

[email protected]

Page 11: 29-12-2009. Novas da Xustiza nº 135/2009

RESERVA DE FUNCIÓN

CONCURSOS DE TRASLADO de ámbito estatal, con

convocatoria anual y con resultas

OFERTA DE EMPLEO única y anual

ESTRUCTURA RETRIBUTIVA única y específica

ANTE LA NUEVA OFICINA JUDICIAL

Por una reforma que garantice los derechos

de los trabajadores/as y el servicio público

4CartelesOfJudic.indd 1 23/12/09 14:17

Page 12: 29-12-2009. Novas da Xustiza nº 135/2009

EN EL ACOPLAMIENTO:

n Voluntariedad

n Mantenimiento de todos los derechos y retribuciones actuales con respeto absoluto a los acuerdos con el Ministerio de Justicia, especialmente los de noviembre de 2005 sobre reordenación de efectivos

ANTE LA NUEVA OFICINA JUDICIAL

Por una reforma que garantice los derechos

de los trabajadores/as y el servicio público

EN LOS CONCURSOS DE

TRASLADO:

En las UPAD: poder concursar a cada UPAD

diferenciada de cada orden jurisdiccional

En los Servicios Comunes: poder concursar a

cada Sección y/o Equipo

4CartelesOfJudic.indd 2 23/12/09 14:17

Page 13: 29-12-2009. Novas da Xustiza nº 135/2009

n NO a la movilidad forzosa

n NO a la reducción de plantillas, ni por

cuerpos ni por localidades

n NO al abuso en la asignación de funciones

EN LANUEVA

OFICINA JUDICIAL:

ANTE LA NUEVA OFICINA JUDICIAL

Por una reforma que garantice los derechos

de los trabajadores/as y el servicio público

4CartelesOfJudic.indd 3 23/12/09 14:17

Page 14: 29-12-2009. Novas da Xustiza nº 135/2009

n En puestos de trabajo con tareas similares no puede haber diferencias retributivas

n Mantenimiento de todas las retribuciones actuales: guardias,

penosidad, peligrosidad,...

n Eliminación de los grupos de población en el complemento general de puesto

ANTE LA NUEVA OFICINA JUDICIAL

Por una reforma que garantice los derechos de los trabajadores/as y el servicio público

EN RETRIBUCIONES:

Por el incremento del complemento específico

de todos los puestos de trabajo,

genéricos y singularizados

4CartelesOfJudic.indd 4 23/12/09 14:17

Page 15: 29-12-2009. Novas da Xustiza nº 135/2009

CCOOpropone

1 Por una verdadera negociación de normas,reglamentos,órdenes,RPT,protocolosdeac-tuación, instrucciones,acoplamiento,…en laqueserecoja:

nDiferenciacióndelospuestosdetrabajodecadaunadelasUPADporjurisdicciones.

nDiferenciacióndelospuestosdetrabajoenlosServiciosComunesporseccionesy/oequipos.

nGarantíademovilidadvoluntariaparasolicitarplazasenlosconcursosdetrasladoaUPAD,s,concretasdecadajurisdicciónyaSeccionesoequiposconcretosdecadaServicioComún.

nReservaefectivadefunciónconformealaLOPJ.

2Enempleo:

nCoberturainmediatadetodaslasvacantes.

nConversióndelosrefuerzosdelargaduraciónenplantilla.

nOposición a cualquier amortización de plantilla, en suconjunto,oporcuerposoporlocalidad.

nAsignaciónexclusivadelosactosdecomunicaciónalosfuncionariosdeJusticia,y,enningúncaso,alosProcu-radores.

nReservadelospuestosdetrabajodelasUnidadesAdmi-nistrativasparalosfuncionariosdelaAdministracióndeJusticia.

nMantenimientodelempleoenlosJuzgadosdePaz,conplantillashomogéneasporcargasdetrabajo.

nContralasdisminucionesdeplantillaenlosRegistrosCiviles.

En la nueva oficina judicial, los trabajadores/as son imprescindibles

Con ellos/as, la reforma es posible; contra ellos/as, irrealizable

En la nueva oficina judicial, los trabajadores/as son imprescindibles

Con ellos/as, la reforma es posible; contra ellos/as,

irrealizable

ANTE LA NUEVA OFICINA JUDICIAL

Porunareformaquegaranticelos

derechosdelostrabajadores/as

yelserviciopúblico

CCOOpropone

ANTE LA NUEVA OFICINA JUDICIAL

Porunareformaquegaranticelos

derechosdelostrabajadores/as

yelserviciopúblico

triptJudicial.indd 1 23/12/09 14:15

Page 16: 29-12-2009. Novas da Xustiza nº 135/2009

En la nueva oficina judicial, los trabajadores/as son imprescindibles

Con ellos/as, la reforma es posible, contra ellos/as, irrealizable

3Enfunciones:nLasfuncionesdebenserdetalladasexpresamente,dife-

renciadasclaramenteporCuerposyajustadasalopre-vistoenlaLOPJ.

nRechazamos las asignaciones de funciones análogas oqueexcedende lacompetenciaprofesionalde los fun-cionariosdeJusticia.

nNoalabusodefuncionesquepretendeeliminaroreducirelderechoalarealizacióndesustituciones.

4Enretribuciones:nIncremento del complemento específico para todos los

puestosdetrabajo,genéricosysingularizados.

nMantenimientodelaestructuraretributivaúnicaparato-doslosfuncionariosdelaAdministracióndeJusticiadelEstado, integradaporelsueldo, laantigüedad,quede-beráseguirsiendoel5%delsueldoparacada trienio,elcomplementogeneraldelpuesto,ademásdelcomple-mentoespecíficoyrestantescomplementos.

nLospuestosdetrabajoconfuncionesotareasycondicioneslaboralessimilaresnotendrándiferenciasretributivas.

nNingún funcionariopodrásufrirpérdidaensus retribucio-nesactualesportodoslosconceptosduranteelprocesodeacoplamientoalanuevaoficina.

nPorladesaparicióndelasdiferenciasbasadasenlapobla-ción de destino (grupos de población) en el complementogeneraldepuesto.

nConsolidacióndefinitivaenelcomplementoespecíficodelas cantidadescomplementariaspercibidasen losdife-rentesámbitosterritorialesdenegociación.

nGarantíadelmantenimientodeloscomplementosdepenosi-dad,peligrosidad,poractosdecomunicación...,queactual-menteseperciben.

5Enlasrelacionesdepuestosdetrabajo:nLasingularizacióndelospuestosobedeceráexclusivamenteacometi-

dosprocesalesycompetenciales.

nLospuestosdetrabajoconhorariosespecialesseránsiemprevoluntarios.

nDebenexistirpuestossingularizadosparatodoslosCuerpos.

nNoalaslibresdesignaciones.

6 Enelacoplamiento:nEn losprocesosdeacoplamientoa losnuevospuestosde trabajose

tendráencuenta,enprimerlugar,lavoluntariedad.

nMantenimientodetodoslosderechosyretribucionesactualesconres-peto absoluto a los contenidos de los Acuerdos con el Ministerio deJusticia,yespecíficamentealosdenoviembrede2005enmateriadereordenacióndeefectivos.

7 Enlaprovisióndepuestosdetrabajo:nLosconcursosdetrasladodebencontinuarsiendodeámbitoestatalycon-

vocarse,almenos,unavezalañoymanteniéndoselasresultas.

nNegociacióndelasbasesdelosconcursosespecíficos.

nNoalasentrevistasenlasvaloracionesdeméritosparalospuestossingu-larizados.

nGarantíadelacoberturatemporaldetodoslospuestosdetrabajonocu-biertos,atravésdesustituciones,nombramientodepersonalinterino,etc.

8 EnlaOfertadeEmpleoPúblico:nLaOEPdebeserúnica,tantoenelturnolibrecomoeneldepromoción

internayconvocarseanualmente.

nSedebe incorporaracadaOEPanual lasplazasdeórganosdenuevacreación,sibienpreviamentedebenofertarseenelconcursodetraslados.

nSiporlamalagestióndelaAdministraciónquedaranplazassincubrirenunaOEP,éstasdebenformarpartedelaOEPdelañosiguiente.

9 Enlasguardias:nModificacióninmediatadelanormativasobreguardias.

Especialatenciónalamejoradelascondicionesdetra-bajodelasguardiasdepermanenciaydisponibilidad.

nTodoslosCuerpossinexcepción,JuecesyFiscalesin-cluidos,debenpercibirlamismaretribuciónporelmis-moserviciodeguardia.

nGarantíadequelosfuncionariosqueenlaactualidadrealizanlaguardiaseguiránrealizándolaconlamismafrecuenciayretribuciónqueactualmente.

nLas retribucionespercibidaspor laprestacióndel ser-vicio de guardia formarán parte del complemento es-pecífico, eliminandoasí sucarácterde retribuciónporindemnización.

0 Enformación:nElaboración de un Plan de Formación específico de la

nuevaoficinajudicialydelasnuevastecnologías,enho-rariodetrabajo,paratodoslostrabajadores/asyconpre-supuestodiferentealosplanesdeformacióncontinua.

1 Ensaludlaboral:nEvaluaciónderiesgoslaboralesentodoslosedificios

judiciales y, además, se deberán evaluar los riesgospsicosocialesmotivadosporlaorganizacióndeltrabajoenlasnuevasoficinas.

nAdopciónde lasmedidascorrectorasde los riesgosquesedeterminen.

nEspecialatenciónenlasdependenciasdeatenciónalpúblicoenJuzgadosdePaz,Registrosciviles,etc.

2 Enpolíticasdeigualdad:nEstudiodeimpactodegénerocomoconsecuenciade

laimplantacióndelanuevaoficinajudicial.

3 Enelrégimendisciplinario:nInclusión en la LOPJ de los contenidos acordados

conelMinisteriodeJusticiaennoviembrede2005,yespecíficamentesobre lamodificacióndelrégimendisciplinariodelosfuncionariosdeJusticia.

nContra la tipificación,como faltas,de lasconductaspordesobedienciaaórdenesreferidasafuncionesotareasquenosonpropiasdelpuestodetrabajo.

1

11

1CCOO

propone

ANTE LA NUEVA OFICINA JUDICIAL

Porunareformaquegaranticelos

derechosdelostrabajadores/as

yelserviciopúblico

CCOOpropone

ANTE LA NUEVA OFICINA JUDICIAL

Porunareformaquegaranticelos

derechosdelostrabajadores/as

yelserviciopúblico

triptJudicial.indd 2 23/12/09 14:15