Novas da xustiza nº1037

13
www.ccooxustiza.com 1 Edición 1037 www.ccooxustiza.com 3 de novembro de 2014 Carta ao Director Xeral de Xustiza Ante a reunión cos responsables de Xustiza que convoca o Ministro o vindeiro día 6 de novembro, o Sector de Xustiza de CCOO remite ao Director Xeral esta carta aberta Director Xeral de Xustiza Pza Europa 5 4º Fontiñas Santiago de Compostela Tivemos coñecemento da convocatoria sectorial de Comunidades Autónomas con competencias transferidas en materias da Administración de Xustiza para o vindeiro 6 de novembro de 2014 co novo ministro de Xustiza. Por ese motivo, e sendo Galicia unha das Comunidades convocadas, drixímonos a vostede para facerlle chegar a nosa opinión sobre a actual situación da Administración de Xustiza na nosa Comunidade e que así teñea a ben facela súa e trasladala de novo ao titular do Ministerio de Xustiza

Transcript of Novas da xustiza nº1037

Page 1: Novas da xustiza nº1037

www.ccooxustiza.com 1

Edición 1037 www.ccooxustiza.com 3 de novembro de 2014

Carta ao Director Xeral

de Xustiza Ante a reunión cos responsables de Xustiza que convoca o Ministro o vindeiro día 6 de novembro, o

Sector de Xustiza de CCOO remite ao Director Xeral esta carta aberta

Director Xeral de Xustiza

Pza Europa 5 4º

Fontiñas Santiago de Compostela

Tivemos coñecemento da convocatoria sectorial de Comunidades Autónomas con

competencias transferidas en materias da Administración de Xustiza para o vindeiro 6 de

novembro de 2014 co novo ministro de Xustiza.

Por ese motivo, e sendo Galicia unha das Comunidades convocadas, drixímonos a vostede

para facerlle chegar a nosa opinión sobre a actual situación da Administración de Xustiza na

nosa Comunidade e que así teñea a ben facela súa e trasladala de novo ao titular do

Ministerio de Xustiza

Page 2: Novas da xustiza nº1037

www.ccooxustiza.com 2

Saberá que o actual ministro confirmou na súa primeira comparecencia no Congreso dos

Deputados que vai continuar adiante coa privatización do Rexistro Civil, decisión que vai

contra o sentir xeral do pobo galego e os seus representantes, incluídos os do partido do

goberno, que a través de moitos dos seus representantes amosou a súa preocupación pola

privatización e a eliminación da xustiza de proximidade.

Galicia debería informalle o ministro do rexeitamento contra a privatización deste servizo

público que se presta directa e gratuitamente aos galegos e galegas nas súas localidades,

sen custo e sen necesidade de desprezamentos.

Recordará tamén que o proxecto de reforma da LOPX que propoñía o anterior Ministro de

Xustiza supuña poñer en grave perigo aos partidos xudiciais de Galicia e os Xulgados de

Paz, cunha redacción ambigua na que de ningunha maneira se aseguraban a permanencia

de todos eles, nin de todos os partidos xudiciais e xulgados de paz, eliminando de feito a

figura do Xuíz de Paz.

O Goberno galego debería, no caso de estar de acordo, cousa que non dubidamos que así

é, comunicarlle ao Ministro que rexeita de plano calquera proxecto que non manteña o actual

mapa xudicial que se coñece e que puidese supor un afastamento máis da Administración

de Xustiza aos galegos e galegas, nun país cunha orografía e demografía particulares que

suporía un doble prexuízo para a súa cidadanía

Tamén existía, e parece ser que o ministro Catalá pensa seguir adiante con esa idea, a

clarísima intención de privatizar unha parte da Administración de Xustiza (ademais do

Rexistro Civil), creando unha Xustiza de dúas velocidades, en función de si o cidadán a pode

pagar ou non. Referímonos á entrega dos actos de comunicación aos procuradores

recoñecendo a súa condición de axentes da autoridade, así como a entrega da Xurisdición

voluntaria aos Notarios.

Page 3: Novas da xustiza nº1037

www.ccooxustiza.com 3

Se a Administración de Xustiza adoece de problemas, e así cremos que é, non é

privatizando os seus servizos como se van solucionar os mesmos, máis ben ao contrario,

vanse xerar novos e maiores problemas creando, ironicamente, máis inxustizas para o

acceso á mesma, como xa está ocorrendo coas Taxas Xudiciais. O razoable sería abrir un

debate con todas as partes implicadas (Comunidades Autónomas, funcionarios e

funcionarias, sindicatos, asociacións múltiples...) e identificar os problemas máis urxentes na

Administración de Xustiza para procurar solucións, que pasen pola dotación de medios

materiais e persoais e non por máis e máis recortes implementados de forma unilateral.

Non pretendemos unha explicación detallada sobre o rexeitamento que o proxecto da LOPX

supón para CCOO, a inmensa maioría dos traballadores e traballadoras, como a cidadanía

nesta carta, que vostede xa coñece nas reunións das diferentes mesas sectoriais e a través

das nosas follas informativas e que lle explicaríamos nunha reunión que vostede debería

convocar coas organizacións sindicais, de avogados, xuíces, veciñais,... para levar unha

postura global do conxunto de Galicia ante estas reformas.

A nosa intención é que, na inminente reunión do día 6 de novembro, dende a Xunta de

Galicia se rexeite calquera proxecto íntegro da reforma da LOPX que tiña formulado o

anterior equipo ministerial, e non poñer sobre a mesa ningún outro que non teña un

verdadeiro consenso, así como rexeitar a entrega do Rexistro Civil aos rexistradores que, a

todas luces é unha privatización deste servizo que con profesionalidade exemplar

desenvolveron historicamente os funcionarios e funcionarias da Administración de Xustiza

durante máis de cen anos, pese ao pouco investimento que reciben dos diferentes Gobernos

e Ministros que pasaron polo departamento.

Por último, tamén coñecerá a nosa posición respecto á convocatoria de Ofertas de Emprego

Público insuficientes na Administración de Xustiza. É evidente que non axuda á boa

prestación do servizo público unha tasa de interinidade do 25% en termos estatais como a

que padecemos. E, por outra parte, non existe ningún argumento de aforro de gasto público

que xustifique o feito de que non se convoquen a totalidade das prazas vacantes.

Solicitámoslle por tanto que pida ao Ministro de Xustiza a eliminación da taxa de reposición

Page 4: Novas da xustiza nº1037

www.ccooxustiza.com 4

na Administración de Xustiza e que se convoque para 2015 unha Oferta Pública de Emprego

que inclúa a totalidade das prazas vacantes dos corpos xerais e especiais da Administración

de Xustiza.

Galicia, 3 de novembro de 2014

Atentamente

Jorge Suárez Fernández

Coordinador do Sector de Xustiza de CCOO - Galicia

Page 5: Novas da xustiza nº1037

www.ccooxustiza.com 5

Calendarios de Gardas

Poñemos á vosa disposición os Calendarios de Gardas de toda Galicia agrupados por provincias para o ano

2015, que podedes descargar nos voso equipos

Calendarios de Gardas para o ano 2015 da provincia da Coruña premendo aquí

Calendarios de Gardas para o ano 2015 da provincia de Pontevedra premendo aquí

Page 7: Novas da xustiza nº1037

www.ccooxustiza.com 7

Concurso de traslado No DOG de hoxe publícase RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de

Xustiza, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslado para prazas vacantes

entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación

procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado pola

Resolución do 29 de abril de 2014.

Segundo a resolución, tanto a toma de posesión coma os cesamentos realizaranse na

xefatura ou delegación territorial correspondente ao destino. Por cuestións

organizativas, a formalización da toma de posesión terá lugar entre as 9.00 e as 11.30 e a

dos cesamentos entre as 11.30 e as 14.00, de luns a venres. Á marxe das datas de

cesamento fixadas na resolución (corpo de tramitación o día 11/11/2014, auxilio e xestión o

día 17/11/2014), no caso de que un funcionario reingresado tome posesión antes das datas

indicadas na praza doutro que tamén obtivera destino no concurso, este segundo cesará o

mesmo día da toma de posesión do reingresado, empezando a contarlle o seu respectivo

prazo posesorio.

No caso de cesar e tomar posesión na mesma localidade ou en distintas localidades dunha

mesma provincia, ambas as formalizacións poderanse facer o día da toma de posesión,

sendo a data de formalización do cesamento a que corresponda de acordo coa resolución

de adxudicación.

Co fin de axilizar a tramitación das altas e baixas, relacionamos a documentación que as

xefaturas ou delegacións territoriais precisan para abrir ou completar os expedientes

persoais das persoas que tomen posesión dun novo posto*.

Persoal procedente de fóra da comunidade:

· Fotocopia do DNI

Page 8: Novas da xustiza nº1037

www.ccooxustiza.com 8

· Ficha de recollida de datos (persoais e bancarios)

· Fotocopia da tarxeta sanitaria (unicamente para ingresos posteriores a 01/01/2011)

e/o tarxeta de MUXEXU

· Certificado de haberes

· Certificado ou copia dos trienios

· Certificación das vacacións e días gozados na Administración da que procedan

· Modelo 145 (IRPF)

Persoal destinado na comunidade

· Fotocopia do DNI

· Ficha de recollida de datos (persoais e bancarios)

Para o caso dos cesamentos do persoal que obteña novo destino fóra da CA de Galicia, no

momento de formalización do cesamento deberá facer entrega da tarxeta de

identificación persoal e control horario, asinando o impreso acreditativo de tal

circunstancia. No caso de non ter que formalizar cesamento ningún por reingresar fóra da

comunidade nun corpo distinto do que estaba a prestar servizos, a tarxeta será entregada,

presencialmente ou por correo postal, ao correspondente servizo de xustiza.

Para ter acceso a información sobre as adxudicacións definitivas, prema a seguinte ligazón

coa páxina do Ministerio.

*No caso de non estar en posesión dalgún dos documentos, estes remitiranse canto máis

axiña sexa posible ao correspondente servizo de xustiza.

Page 9: Novas da xustiza nº1037

www.ccooxustiza.com 9

Imbéciles e escuros Os bos e xenerosos

a nosa voz entenden e con arroubo atenden

o noso ronco son, mais sóo os iñorantes

e féridos e duros, imbéciles e escuros

non nos entenden, non.

(do himno galego)

Vas do traballo a casa e pasas por esa axencia de viaxes. Tenerife, nove días, media

pensión, 530 euros. Lembras cando no 2010 estiveches alí coa familia en Puerto de la

Cruz. Lembras máis as fotos que estar alí. A area negra, o sol, o Teide anubrado. Xa vai

para un ano que despediron a túa muller. Non ten ningún tipo de prestación. Con dous

fillos e un mísero soldo de auxilio xudicial, máis da metade dos ingresos vanse na

hipoteca, a luz, a auga, o gas, a comunidade de veciños, as clases de inglés do neno,

gasoil e teléfono. O resto queda para comer e cruzar os dedos para que non xurdan

imprevistos. Nada de cines, ceas, saídas cos amigos. E por suposto nada de viaxes ou

escapadas de fin de semana. A roupa dura máis, os escaparates dunha cidade morta

non son o centro de atención, camisa 118 euros, zapatos 91 euros, unha traxicomedia

nunha etiqueta de cartón. Non hai cañas, nin viños, ni vermuts deses. Nunha visita

rutinaria ao dentista ao neno recoméndanlle unha ortodoncia. É como unha pedra nos

pulmóns. Como unha desas pedras volcánicas que trouxeches de Tenerife e agora

están nun xarrón de vidro no salón. Na hora do café, no mes de xuño, a pedra late e

pesa cada vez máis. Autocaravanas, cruceiros, viaxes a Marrocos, Canarias, Nueva

York. Todo o mundo planifica detalladamente as súas vacacións. Coches novos,

ximnasios, cremas, “recoméndoche este restaurante, é moi tranquilo”. Colares, centolos,

reloxos polo aniversario, reunións de amigos cantando miudiño, habaneras ou que sei

eu. A pedra, a ortodoncia, a puta vida.

Page 10: Novas da xustiza nº1037

www.ccooxustiza.com 10

Na túa cidade 3 de cada 10 persoas están no paro. Pero as outras sete parece non

importarlle. A escoria social sobrevivimos con dignidade. Tragamos bilis e comemos

pedras, pedras volcánicas, como a de Tenerife. As noites son longas e tamén de pedra.

Esa longa noite de pedra na que vives. Non levantas cabeza pero non te rendes. Loitas.

Organízaste e perdes. Sempre perdes.

Empezas a vida sindical con ilusión, coa inocencia de aportar o teu grao de area para

cambiar o mundo. Pero os graos múdanse en pedras. En pouco tempo diluvian rocas

ásperas que aplastan a inocencia, endurecen o xesto e chegas a esquecer os motivos

que te levaron a dar un paso, ingrato, con poucos resultados, e entras na roda da

pesada engranaxe sindical, caes na competitividade de sindicatos que actúan como

empresas que procuran a mellor marca, a mellor imaxe e que miden a rendibilidade en

termos publicitarios.

Por qué vivimos instalados na derrota? Porqué sendo como somos a maioría social non

somos quen de organizarnos e rebelarnos contra eses poucos que queren facer de nós

traballadores empobrecidos? Unidade sindical, loita, folga, grandes palabras que

convértense nun cliché repetido unha e outra vez. Somos partícipes da feira das

vanidades sindicais, temos as mesmas miserias humanas que vós, esas que teñen o

reflexo perfecto na vida pública, as acusacións mutuas, a parte polo todo, poden

exemplificarse en catro ou cinco mostras concretas:

- Un sindicato acusa a outro no seu blog de corrupto polos cursos de formación ou

polas tarxetas black. Detrás do sindicato hai compañeiros, vinte ou trinta persoas

que adican o seu tempo, mal ou ben, a representar e axudar a mellorar as

condicións laborais dos traballadores. Raquel, Pablo, Mati, Quique, Eva, Sergio,

Auri, Barreiro, Paco... a todos e a todas escoiteilles algunha vez o seu fartazgo,

as súas ganas de volver ao seu posto de traballo. Non son ladróns, ningún come

en Casa Lucio e non pagan coa súa tarxeta opaca. Cobran o mesmo que ti e non

son culpables do que uns miserables fan aproveitándose do seu sindicato. Pero

tomamos a parte polo todo en vistas ao desprestixio, coa mira posta non en

destacar polo traballo, senón en eliminar ao contrario de cara ás eleccións

Page 11: Novas da xustiza nº1037

www.ccooxustiza.com 11

sindicais, intoxicando o seu nome a base das corruptelas alleas ao quefacer diario

dos delegados sindicais de xustiza

- Os centros de traballo vólvense en mercadillos de ocasión, a paga extra de 2012

vive no “callejón del Gato”, extensións ao mellor prezo, sentenzas de saldo, as

demandas máis baratas despréganse na mesa de ventas de cada sindicato, unha

carreira tola e desorganizada que tampouco fomos quen de organizar en torno a

unha plataforma

- Delegados que animaban en reunións a vender seguros para cubrir os descontos

por IT’s agora eríxense en defensores da pureza sindical e repudian esas

prácticas

- Creamos unha plataforma reivindicativa dos nosos dereitos, con desconfianza,

con semblantes torcidos, e botamos a andar unha campaña desastrosa para a

folga nunha xeira de asembleas mesquiña e chea de puyas internas, como

resultado promovemos unha enquisa pechada e nominal que puido ser a última

pada de terra sobre a nosa tumba.

- No ano 2015 haberá eleccións sindicais. No atomizado mundo dos servizos

públicos a Xustiza é un pequeno electrón subdividido en nada menos que sete

sindicatos. Teñen o que querían: divide et impera, que diría Julio César ou

Alfonso Rueda. Sairemos publicamente a vender o mellor produto, pisando

cabezas con botas de cravos.

Polo camiño quedan unha perda do 30% do poder adquistivo, Tenerife e a puta

ortodoncia. Que che desconten por enfermar, que che rouben días, que teñas que facer

o expurgo, que che impoñan atribucións de funcións ou que amorticen a túa praza.

Debera ser o tempo dos bos e os xenerosos pero non o somos, ningún o somos.

Page 12: Novas da xustiza nº1037

www.ccooxustiza.com 12

Volves a casa e pasas de novo pola axencia de viaxes. Tenerife, media pensión, nove

días, 530 euros. Os avións despegan cada día, aterran cada día e a xente vai, ven, entra

sae, como cabalos cegos sobre un mundo que se derruba aos seus pés. Onde quedaron

eses bos e xenerosos, as frontes de loita unida? Onde deixaches o que te levou a deixar

o teu posto de oito a tres sen preocupacións? Hai capacidade de loita, somos a maioría

social. Os 20 máis ricos teñen máis que 14 millóns de cidadáns xuntos neste país. Na

túa comarca 5.000 persoas non reciben ningún tipo de prestación. Somos o segundo

país da UE nos índices de pobreza infantil. Números, números, números. Pedras e máis

pedras. Pedras na mochila, nos pulmóns, nas entrañas. Ti es parte do sistema, estás na

roda, e non ves forma de saír dela. Organizarse e loitar si, pero organizámonos para

matarnos entre nós e loitamos contra nós mesmos, os bos e xenerosos xestores da

miseria. Pensas na morte dos sindicatos, lembras un libro de Owen Jones onde conta o

que aconteceu na Inglaterra dos 80, con Thatcher. A morte dos sindicatos en Gran

Bretaña trouxo como consecuencia a morte do traballo digno, os contratos de

dispoñibilidade , o empresario decide canto traballas e canto cobras. Queremos iso?

Entras pola porta da casa, os nenos xogan sen consciencia dun futuro incerto. Pasarás a

tarde redactando uns escritos alentado polo pequeno lume que aínda quenta a

esperanza do cambio social, o de “o mundo vai cambiar de base, os nada de hoxe todo

han de ser” tan desgastado e cansado aínda ten folgos para dar un paso máis.

*este artigo de opinión ten moita parte de verdade e moita de mentira; queda a

discreción do lector a súa escolma

Page 13: Novas da xustiza nº1037

www.ccooxustiza.com 13

Correo de contacto: [email protected]

Tfno do Sector de Xustiza: 619282917

Delegados/as:

Coruña: Raquel [email protected]

Ferrol Mati [email protected]

Santiago: Ana [email protected]

Vigo e Pontevedra: Tino Novoa [email protected]

Ourense: Sonia [email protected]

Lugo. Rafa [email protected]

Coordinación: Jorge [email protected]