5 epifania a bene pagola 2014

Post on 20-Jul-2015

85 views 7 download

Transcript of 5 epifania a bene pagola 2014

6 de xaneiro de 2014Epifanía do Señor (C)

Mateu 2, 1-12Red evangelizadora BUENAS NOTICIASEsperta a fe nun Deus encarnado. Pásao.

Música: Bach. Oratorio de Nadal.Present.:B.Areskurrinaga HCEuskaraz: D. Amundarain

José Antonio Pagola

Ante Xesús pódense adoptar actitudes moi diferentes.

O relato dos Magos fálanos da reacción de tres grupos de persoas.

Uns pagáns que o buscan,

guiados pola pequena luz dunha estrela.

Os representantes da relixión do Templo, que permanecen

indiferentes.

O poderoso rei Herodes que só ve nel un perigo.

Os Magos non pertencen ao pobo elixido. Non coñecen o Deus vivo de Israel.

Nada sabemos da sú relixión nin do seu pobo de orixe.

Só que viven atentos ao misterio que se encerra no cosmos.

O seu corazón busca a verdade.

Nalgún momento cren ver unha pequena luz que apunta cara a un

Salvador. Necesitan saber quen

é e onde está.

Rapidamente póñense en camiño. Non coñecen o itinerario preciso que han de seguir, pero no seu

interior arde a esperanza de encontrar unha Luz para o mundo.

A súa chegada á cidade santa de Xerusalén provoca o sobresalto xeral.

Convocado por Herodes, reúnese o gran Consello dos "sumos sacerdotes e os escribas do pobo".

A súa actuación é decepcionante.

Son os gardiáns da verdadeira relixión, pero non buscan a verdade.

Representan o Deus do Templo, pero

viven xordos á súa chamada.

A súa seguridade relixiosa cégaos. A súa seguridade relixiosa cégaos. Coñecen onde ha de nacer o Mesías, pero Coñecen onde ha de nacer o Mesías, pero

ningún deles se achegará a Belén. ningún deles se achegará a Belén. Dedícanse a dar culto a Deus, pero non sospeitan que o seu Dedícanse a dar culto a Deus, pero non sospeitan que o seu misterio é máis grande que todas as relixións, e ten os seus misterio é máis grande que todas as relixións, e ten os seus camiños para encontrarse con todos os seus fillos e fillas.camiños para encontrarse con todos os seus fillos e fillas.

Nunca recoñecerán a Xesús.Nunca recoñecerán a Xesús.

O rei Herodes, poderoso e brutal, só ve en Xesús unha ameaza para o seu poder e a súa crueldade. Fará todo o posible para

eliminalo. Desde o poder opresor só

se pode "crucificar" a quen trae liberación.

Mentres tanto, os Magos proseguen Mentres tanto, os Magos proseguen a súa busca.a súa busca.

Non caen de xeonllos ante Non caen de xeonllos ante Herodes:Herodes:

Non encontran nel nada digno de Non encontran nel nada digno de adoración.adoración.

Non entran no Templo grandioso de Non entran no Templo grandioso de Xerusalén: teñen prohibido o acceso:Xerusalén: teñen prohibido o acceso:

a pequena luz da estrela atráeos cara á a pequena luz da estrela atráeos cara á pequena vila de Belén, lonxe de todo centro pequena vila de Belén, lonxe de todo centro

de poder.de poder.

Ao chegar, o único que ven é o Ao chegar, o único que ven é o "neno con María, súa nai""neno con María, súa nai". .

Nada máis. Un neno sen esplendor nin poder Nada máis. Un neno sen esplendor nin poder ningún.ningún.

Unha vida fráxil que necesita o coidado Unha vida fráxil que necesita o coidado dunha nai.dunha nai.

É suficiente para espertarÉ suficiente para espertar nos Magos a adoración.nos Magos a adoración.

O relato é desconcertante.O relato é desconcertante. A este Deus, escondido na fraxilidade A este Deus, escondido na fraxilidade humana, non o encontran os que viven humana, non o encontran os que viven instalados no poder ou encerrados na instalados no poder ou encerrados na

seguridade relixiosa.seguridade relixiosa.

Revélaselles aos que, guiados por

pequenas luces, buscan

incansablemente unha esperanza para

o ser humano na tenrura e a pobreza

da vida.

RELATO DESCONCERTANTE 

Ante Xesús pódense adoptar actitudes moi diferentes. O relato dos Magos fálanos da reacción de tres grupos de persoas. Uns pagáns que o buscan, guiados pola pequena luz dunha estrela. Os representantes da relixión do Templo, que permanecen indiferentes. O poderoso rei Herodes que só ve nel un perigo.

Os Magos non pertencen ao pobo elixido. Non coñecen o Deus vivo de Israel. Nada sabemos da súa relixión nin do seu pobo de orixe. Só que viven atentos ao misterio que se encerra no cosmos. O seu corazón busca a verdade.

Nalgún momento cren ver unha pequena luz que apunta cara a un Salvador. Necesitan saber quen é e onde está. Rapidamente póñense en camiño. Non coñecen o itinerario preciso que han de seguir, pero no seu interior arde a esperanza de encontrar unha Luz para o mundo.

A súa chegada á cidade santa de Xerusalén provoca o sobresalto xeral. Convocado por Herodes, reúnese o gran Consello dos “sumos sacerdotes e os escribas do pobo". A súa actuación é decepcionante. Son os gardiáns da verdadeira relixión, pero non buscan a verdade. Representan o Deus do Templo, pero viven xordos á súa chamada.

A súa seguridade relixiosa cégaos. Coñecen onde ha de nacer o Mesías, pero ningún deles se achegará a Belén. Dedícanse a dar culto a Deus, pero non sospeitan que o seu misterio é máis grande que todas as relixións, e ten os seus camiños para encontrarse con todos os seus fillos e fillas. Nunca recoñecerán a Xesús.

O rei Herodes, poderoso e brutal, só ve en Xesús unha ameaza para o seu poder e a súa crueldade. Fará todo o posible para eliminalo. Desde o poder opresor só se pode "crucificar" a quen trae liberación.

Mentres tanto, os Magos proseguen a súa busca. Non caen de xeonllos ante Herodes: non encontran nel nada digno de adoración. Non entran no Templo grandioso de Xerusalén: teñen prohibido o acceso: a pequena luz da estrela atráeos cara á pequena vila de Belén, lonxe de todo centro de poder.

Ao chegar, o único que ven é o "neno con María, súa nai". Nada máis. Un neno sen esplendor nin poder ningún. Unha vida fráxil que necesita o coidado dunha nai. É suficiente para espertar nos Magos a adoración.

O relato é desconcertante. A este Deus, escondido na fraxilidade humana, non o encontran os que viven instalados no poder ou encerrados na seguridade relixiosa. Revélaselles aos que, guiados por pequenas luces, buscan incansablemente unha esperanza para o ser humano na tenrura e a pobreza da vida.

José Antonio Pagola