3º pascua bene pagola 2012

Post on 24-May-2015

177 views 0 download

Transcript of 3º pascua bene pagola 2012

22 de abril de 201222 de abril de 20123º Pascua (B)3º Pascua (B)

Lucas 24, 35-48Lucas 24, 35-48

Rede evanxelizadora Rede evanxelizadora BUENAS NOTICIASBUENAS NOTICIASContaxia a túa fe no Resucitado. Pásao.Contaxia a túa fe no Resucitado. Pásao.

José Antonio PagolaJosé Antonio Pagola

Música: Stefano Romaniw;present: B.Areskurrinaga HC

Lucas describe o encontro do Resucitado cos seus discípulos como unha experiencia fundante.

O desexo de Xesús é claro. A súa tarefa non rematou na cruz.

Resucitado por Deus despois da súa execución, toma contacto cos seus para

poñer en marcha un movemento de "testemuñas" capaces de contaxiar a

todos os pobos a súa Boa Nova: "Vós sodes as miñas testemuñas".

Non é fácil converter en testemuñas a aqueles Non é fácil converter en testemuñas a aqueles homes afundidos no desconcerto e no medo. homes afundidos no desconcerto e no medo.

Ao longo de toda a escena, os discípulos Ao longo de toda a escena, os discípulos permanecen calados, en silencio total.permanecen calados, en silencio total.

O narrador só describe o seu mundo interior: están cheos de terror; só senten

turbación e incredulidade; todo aquilo parécelles

demasiado fermoso para ser verdade.

É Xesús quen vai rexenerar

a súa fe. O máis

importante é que non se sintan sós.

Han de sentilo cheo de vida

no medio deles.

Estas son as primeiras palabras que han de Estas son as primeiras palabras que han de escoitar do Resucitado:escoitar do Resucitado:

“ “ A paz sexa convosco... Por que xorden A paz sexa convosco... Por que xorden dúbidas no voso interior?”dúbidas no voso interior?”..

Cuando esquecemos a presenza viva de Xesús no medio de nós;Cuando esquecemos a presenza viva de Xesús no medio de nós;

cando o facemos opaco e invisible cos nosos protagonismos e conflitos;

cando o facemos opaco e invisible cos nosos protagonismos e conflitos;

cando a tristeza nos impide sentircando a tristeza nos impide sentir todo menos a sú paz; todo menos a sú paz;

cando nos contaxiamos uns a outroscando nos contaxiamos uns a outros

pesimismo e incredulidade...pesimismo e incredulidade...

estamos pecando contra o Resucitado.estamos pecando contra o Resucitado. Non é posible unha Igrexa de testemuñas.Non é posible unha Igrexa de testemuñas.

Para espertar a súa fe, Xesús non

lles pide que miren o seu

rostro, senón as súas mans e os

seus pés. Que vexan as súas feridas de

crucificado.

Que teñan sempre ante os seus ollos o seu amor entregado ata a morte.

Non é unha pantasma: "Son eu en persoa".

O mesmo que coñeceron e amaron polos camiños de Galilea.

Sempre que pretendemos fundamentar a fe Sempre que pretendemos fundamentar a fe no Resucitado coas nosas elucubracións, no Resucitado coas nosas elucubracións,

convertémolo nunha pantasma. convertémolo nunha pantasma.

Para encontrarnos con el, temos que percorrer o Para encontrarnos con el, temos que percorrer o relato dos evanxeos:relato dos evanxeos:

descubrir esas mans que bendecían os descubrir esas mans que bendecían os enfermos e aloumiñaban os nenos, enfermos e aloumiñaban os nenos,

eses pés cansos de camiñar ao encontro dos eses pés cansos de camiñar ao encontro dos máis esquecidos; máis esquecidos;

descubrir as súas feridas e a súa paixón.descubrir as súas feridas e a súa paixón. É ese Xesús o que ahora vive resucitadoÉ ese Xesús o que ahora vive resucitado

polo Pai.polo Pai.

A pesar de velos cheos de medo e de dúbidas, Xesús confía nos seus discípulos.

El mesmo enviaralles o Espírito que os sosterá.

Por iso encoméndalles que prolonguen a súa presenza no mundo:

"Vós sodes as testemuñas disto".

Non han de ensinar doutrinas sublimes, Non han de ensinar doutrinas sublimes, senón contaxiar a súa experiencia. senón contaxiar a súa experiencia.

Non han de predicar grandes teorías sobre Non han de predicar grandes teorías sobre Cristo senón irradiar o seu Espírito. Cristo senón irradiar o seu Espírito.

Han de facelo crible coa vida,Han de facelo crible coa vida, non só con palabras. non só con palabras.

Este é sempre o verdadeiro problema da

Igrexa: a falta de

testemuñas.

TESTEMUÑAS 

Lucas describe o encontro do Resucitado cos seus discípulos como unha experiencia fundante. O desexo de Xesús é claro. A súa tarefa non rematou na cruz. Resucitado por Deus despois da súa execución, toma contacto cos seus para poñer en marcha un movemento de "testemuñas" capaces de contaxiar a todos os pobos a súa Boa Nova: "Vós sodes as mis testemuñas".

Non é fácil converter en testemuñas a aqueles homes afundidos no desconcerto e no medo. Ao longo de toda a escena, os discípulos permanecen calados, en silencio total. O narrador só describe o seu mundo interior: Están cheos de terror; só senten turbación e incredulidade; todo aquilo lles parece demasiado fermoso para ser verdade.

É Xesús quen vai rexenerar a súa fe. O máis importante é que non se sintan sós. Han de sentilo cheo de vida no medio deles. Estas son as primeiras palabras que han de escoitar do Resucitado: “A paz sexa convosco... Por que xorden dúbidas no voso interior?".

Cando esquecemos a presenza viva de Xesús no medio de nós; cando o facemos opaco e invisible cos nosos protagonismos e conflitos; cando a tristeza nos impide sentir todo menos a súa paz; cando nos contaxiamos uns a outros pesimismo e incredulidade... estamos pecando contra o Resucitado. Non é posible unha Igrexa de testemuñas.

Para espertar a súa fe, Xesús non lles pide que miren o seu rostro, senón as súas mans e os seus pés. Que vexan as súas feridas de crucificado. Que teñan sempre ante os seus ollos o seu amor entregado ata a morte. Non é unha pantasma: "Son eu en persoa". O mesmo que coñeceron e amaron polos camiños de Galilea.

Sempre que pretendemos fundamentar a fe no Resucitado coas nosas elucubracións, convertémolo nunha pantasma. Para encontrarnos con el, temos que percorrer o relato dos evanxeos: descubrir esas mans que bendecían os enfermos e aloumiñaban os nenos, eses pés cansos de camiñar ao encuentro dos máis esquecidos; descubrir as súas feridas e a súa paixón. É ese Xesús o que agora vive resucitado polo Pai.

A pesar de velos cheos de medo e de dúbidas, Xesús confía nos seus discípulos. El mesmo enviaralles o Espírito que os sosterá. Por iso encoméndalles que prolonguen a súa presenza no mundo: "Vós sodes as testemuñas disto". Non han de ensinar doutrinas sublimes, senón contaxiar a súa experiencia. Non han de predicar grandes teorías sobre Cristo senón irradiar o seu Espírito. Han de facelo crible coa vida, non só con palabras. Este é sempre o verdadeiro problema da Igrexa: a falta de testemuñas. 

José Antonio Pagola