UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA … 11 epa... · que eu lle daba ó meu amor, caminiños...

34
UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA LITERARIA DE ROSALÍA DE CASTRO, CURROS ENRÍQUEZ E EDUARDO PONDAL 1.- ROSALÍA DE CASTRO BIOGRAFÍA Naceu en Compostela o 24 de febreiro de 1837. Filla de nai solteira (súa nai era unha fidalga de minguada fortuna e seu pai un sacerdote). De Padrón pasou a Santiago arredor de 1850. Alí leva a cabo a súa formación cultural e intelectual. Tamén acudiu en Compostela ao “Liceo de la Juventud”, onde participou nas súas actividades e en encontros líricos e representacións teatrais. Alí debeu coñecer a Eduardo Pondal e Aurelio Aguirre. En 1856 reside en Madrid, onde publica o seu primeiro libro de versos, La flor (1857) e casa con Manuel Murguía. Nesta etapa a súa vida é itinerante, seguindo os variados destinos do seu home (Estremadura, Levante, Andalucía e tamén Galicia). É unha época chea de penurias económicas e con problemas de saúde. No entanto, é cando publica Cantares gallegos e a maior parte das obras en castelán, onde critica as convencións sociais e a marxinación da muller. Pouco antes de regresar definitivamente a Galicia escribe a case totalidade de Follas novas. De volta a Galicia en 1870, afíncase na casa da Matanza e escribe En las orillas del Sar. Morre en 1885. Os seus restos repousan no Panteón de Galegos Ilustres na igrexa de San Domingos de Bonaval de Santiago. CANTARES GALLEGOS O 17 de maio de 1863 publícase Cantares Gallegos, data que se considera o inicio do Rexurdimento. Neste libro, Rosalía vai facendo glosas de cantares, refráns e ditos populares, ata un total de 36 poesías, que reproducen o verdadeiro espírito do pobo galego. Rosalía, que viviu a marxinación por ser muller, galega e escritora, revela nesta obra un compromiso con Galicia e o seu idioma. Se a intención é cantar a fermosura da terra galega e demostrar a dignidade do pobo ao tempo que desmentir as ofensas, evidenciar as inxustizas e elevar a categoría artística o idioma, estamos ante un libro de afrimación política. Esta obra é un xeito de representar a identidade dun país, nos seus aspectos positivos, ao tempo que rexeita a visión discriminadora que de Galicia tiñan os centralistas. Estrutura O libro ten estrutura circular, enmarcándose entre o primeiro e último poema. Os dous, a xeito de prólogo e epílogo, están postos en boca dunha moza aldea, a quen a autora lle pide que cante en lingua galega, ao que esta accede en representación do pobo. Nos restantes poemas Rosalía cede a palabra a diferentes tipos populares e incluso a ela mesma, cunha voz lírica máis profunda e próxima as seus desacougos íntimos, pero integrada na colectividade galega. Temática Temática costumista. A vida cotiá adqueire relevancia a través de retratos de tipos (a muller do rural, nai e labrega, a mendiga, a costureira…) e das estampas populares como as romarías, a relixión, na que domina a superstición e a resignación. Aínda que non é infrecuente que estes poemas estean ensombrecidos polas penurias, inxustizas sociais ou deshonras que sofren estes personaxes, é máis habitual que Rosalía empregue un ton desenfadado.

Transcript of UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA … 11 epa... · que eu lle daba ó meu amor, caminiños...

Page 1: UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA … 11 epa... · que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo

UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA LITERARIA DE ROSALÍA DE

CASTRO, CURROS ENRÍQUEZ E EDUARDO PONDAL 1.- ROSALÍA DE CASTRO

BIOGRAFÍA

Naceu en Compostela o 24 de febreiro de 1837. Filla de nai solteira (súa nai era unha fidalga de minguada fortuna e seu pai un sacerdote). De Padrón pasou a Santiago arredor de 1850. Alí leva a cabo a súa formación cultural e intelectual. Tamén acudiu en Compostela ao “Liceo de la Juventud”, onde participou nas súas actividades e en encontros líricos e representacións teatrais. Alí debeu coñecer a Eduardo Pondal e Aurelio Aguirre. En 1856 reside en Madrid, onde publica o seu primeiro libro de versos, La flor (1857) e casa con Manuel Murguía. Nesta etapa a súa vida é itinerante, seguindo os variados destinos do seu home (Estremadura, Levante, Andalucía e tamén Galicia). É unha época chea de penurias económicas e con problemas de saúde. No entanto, é cando publica Cantares gallegos e a maior parte das obras en castelán, onde critica as convencións sociais e a marxinación da muller. Pouco antes de regresar definitivamente a Galicia escribe a case totalidade de Follas novas. De volta a Galicia en 1870, afíncase na casa da Matanza e escribe En las orillas del Sar. Morre en 1885. Os seus restos repousan no Panteón de Galegos Ilustres na igrexa de San Domingos de Bonaval de Santiago.

CANTARES GALLEGOS

O 17 de maio de 1863 publícase Cantares Gallegos, data que se considera o inicio do Rexurdimento. Neste libro, Rosalía vai facendo glosas de cantares, refráns e ditos populares, ata un total de 36 poesías, que reproducen o verdadeiro espírito do pobo galego. Rosalía, que viviu a marxinación por ser muller, galega e escritora, revela nesta obra un compromiso con Galicia e o seu idioma. Se a intención é cantar a fermosura da terra galega e demostrar a dignidade do pobo ao tempo que desmentir as ofensas, evidenciar as inxustizas e elevar a categoría artística o idioma, estamos ante un libro de afrimación política. Esta obra é un xeito de representar a identidade dun país, nos seus aspectos positivos, ao tempo que rexeita a visión discriminadora que de Galicia tiñan os centralistas.

Estrutura O libro ten estrutura circular, enmarcándose entre o primeiro e último poema. Os dous, a xeito de prólogo e epílogo, están postos en boca dunha moza aldea, a quen a autora lle pide que cante en lingua galega, ao que esta accede en representación do pobo. Nos restantes poemas Rosalía cede a palabra a diferentes tipos populares e incluso a ela mesma, cunha voz lírica máis profunda e próxima as seus desacougos íntimos, pero integrada na colectividade galega.

Temática Temática costumista. A vida cotiá adqueire relevancia a través de retratos de tipos (a muller do rural, nai e labrega, a mendiga, a costureira…) e das estampas populares como as romarías, a relixión, na que domina a superstición e a resignación. Aínda que non é infrecuente que estes poemas estean ensombrecidos polas penurias, inxustizas sociais ou deshonras que sofren estes personaxes, é máis habitual que Rosalía empregue un ton desenfadado.

Page 2: UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA … 11 epa... · que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo

Temática amorosa. Nestes poemas expóñense as queixas dos namorados, as mágoas deixadas por antigos amores, os resentimentos, as separacións,… dun xeito non sempre desenfadado. Temática social ou patriótica. Temas como a emigración, a miseria, a marxinación que sofren os galegos e a incomprensión dos casteláns cara a Galicia aparecen nestes poemas. Temática intimista. Máis próxima á visión de Rosalía, cunha visión pesimista do amar, o tema da dor e da saudade.

RECURSOS ESTILÍSTICOS Rosalía amosa sinxeleza na forma dos seus poemas. Tanto a lingua que emprega como os recursos son populares. Abundan as comparacións, paralelismos, anáforas, repeticións e antíteses.

FOLLAS NOVAS

Publicouse en 1880. Comeza cunha dedicatoria agradecendo o apoio económico da Sociedade de Beneficiencia dos galegos na Habana. Segue despois un prólogo de Emilio Castelar e “Dúas palabras da autora”. Este prólogo de Rosalía aclara a intención do libro: ofrecer un mundo poético ao de Cantares Gallegos para introducirse nun romanticismo filosófico de tipo intimista, escéptico respecto á utilidade da escrita e pesimista sobre a condición humana. Neste libro aparece un espírito dominado pola tristeza, pero non se desentende do seu tempo nin da problemática do seu contorno. O poemario inclúe 5 libros (ou partes) e 136 poemas, nos que Rosalía presenta a existencia humana na súa diversa problemática. Na estrutura da obra podemos atopar as dúas tendencias de Rosalía (a intimista e a social):

Subxectividade expresiva de Vaguedás e ¡Do íntimo!, nos que predomina o desconsolo e a soidade radical do ser humano.

A concreción social do final, especialmente en Da terra e As viúdas dos vivos e dos mortos, de problemática enraizada nas desgrazas colectivas.

Varia é unha combinación de ambos tipos.

Temática Temática intimista. O desacougo e as angustias presentes en Cantares Gallegos afóndanse ata converterse nunha postura máis radical onde os sentimentos de soidade ou desamparo son os seus compañeiros. Rosalía conciénciase de que a existencia é fonte de dor. O amor está condenado ao fracaso. É unha ilusión que se destrúe co tempo. Tamén aparecen dentro desta temática, o odio, o resentimento e a vergoña. A morte. É a única e certa realidade da condición humana. Mesmo se chega a contemplar o suicidio como fuxida do sufrimento. As constantes oscilacións entre as dúbidas e as crenzas revelan a conflitividade humana e un sentimento de saudade. Temática social. Aborda a situación da muller escritora. Ela era consciente de que a súa traxectoria estaba á marxe das modas e das tendencias da época, o que tivo que ocasionarlle hostilidades e ofensas. Isto explica a resistencia que tivo a publicar e que mandase queimar antes de morrer os libros inéditos. Fustriga con dureza as inxustizas e as hipocrisías sociais, aceptadas ás veces con resignación como parte da condición humana ou incitando á rebelión e á venganza. Tamén desenvolve o tema da emigración. O pobo, pola miseria, vese abocado á emigración creando un país de orfos e “viúvas de vivos e mortos”.

Page 3: UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA … 11 epa... · que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo

Recursos estilísticos Esta obra amosa unha enorme variedade e complexidade métrica. Aínda que quedan pegadas das formas populares, existen ricas combinacións polimétricas, alternancia de versos longos e quebrados e estruturas estróficas mixtas que se axustan á súa radical profundidade metafísica e existencial. O estilo é sinxelo e con poucos recursos expresivos (escaseza de metáforas, abundancia de coparacións e contraste). Un dos recursos que manexa é o símbolo; os máis coñecidos son o da “negra sombra” e “o cravo”.

A PROSA DE ROSALÍA A única achega á prosa narrativa é o “Conto gallego”. Non foi coñecido ata 1923. A temática misóxina deste conto afasta a idea de que puidese ser ela a autora. Non obstante podería encadrarse dentro dun relato oral que Rosalía reproduciría sen variar demasiado os seus trazos populares. Maior importancia teñen os dous prólogos das obras poéticas vistas.

SIGNIFICACIÓN DA SÚA OBRA Foi precursora da poesía cívica en Galicia. Á espontánea reacción fronte ás aldraxes, a defensa da Galicia explotada, marxinada e calumniada, engádeselle a comuñón cos seus compatriotas falando desde os rexistros do seu pobo cunha lingua expresiva e popular. Rosalía séntese allea ao mundo da falsa feminidade no que se move a literatura feminina.

ESCOLMA DE TEXTOS “Adiós ríos, adiós fontes”. Cantares Gallegos. 1863 Adiós, ríos; adiós, fontes; adiós, regatos pequenos; adiós, vista dos meus ollos: non sei cando nos veremos. Miña terra, miña terra, terra donde me eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei, prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores, casiña do meu contento, muíño dos castañares, noites craras de luar, campaniñas trimbadoras da igrexiña do lugar, amoriñas das silveiras

Page 4: UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA … 11 epa... · que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo

que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo a casa onde nacín, deixo a aldea que conoso por un mundo que non vin! Deixo amigos por extraños, deixo a veiga polo mar, deixo, en fin, canto ben quero... ¡quen pudera no o deixar...! ............................... Mais son probe e, ¡mal pecado!, a miña terra n’é miña, que hastra lle dan de prestado a beira por que camiña ó que naceu desdichado. Téñovos, pois, que deixar, hortiña que tanto amei, fogueiriña do meu lar, arboriños que prantei, fontiña do cabañar. Adiós, adiós, que me vou, herbiñas do camposanto, donde meu pai se enterrou, herbiñas que biquei tanto, terriña que nos criou. Adiós Virxe da Asunción, branca com’un serafín: lévovos no corasón; pedídelle a Dios por min, miña Virxe da Asunción. Xa se oien lonxe, moi lonxe, as campanas do Pomar; para min, ¡ai!, coitadiño, nunca máis han de tocar. Xa se oien lonxe, máis lonxe... Cada balada é un dolor; voume soio, sin arrimo... Miña terra, ¡adiós!, ¡adiós!

Page 5: UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA … 11 epa... · que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo

¡Adiós tamén, queridiña...! ¡Adiós por sempre quizais...! Dígoche este adiós chorando desde a beiriña do mar. Non me olvides, queridiña, si morro de soidás tantas légoas mar adentro... ¡Miña casiña!, ¡meu lar! “Un repoludo gaiteiro”. Cantares Gallegos. 1863 Un repoludo gaiteiro, de pano sedán vestido, como un príncipe cumprido, cariñoso e falangueiro, antre os mozos o pirmeiro e nas siudades sin par, tiña costume en cantar aló pola mañanciña: -Con esta miña gaitiña ás nenas hei de engañar. Sempre pola vila entraba con aquél de señorío; sempre con poxante brío co tambor se acompasaba; e si na gaita sopraba, era tan dose soprar, que ben fixera en cantar aló pola mañanciña: -Con esta miña gaitiña ás nenas hei de engañar. Todas por el reloucaban, todas por el se morrían; si o tiñan cerca, sorrían; si o tiñan lonxe, choraban. ¡Mal pecado! Non coidaban que c’aquel seu frolear tiña costume en cantar aló pola mañanciña: -Con esta miña gaitiña ás nenas hei de engañar. Camiño da romería, debaixo dunha figueira, ¡cánta meniña solteira ”Quérote”, lle repetía...!

Page 6: UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA … 11 epa... · que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo

I el ca gaita respondía por a todas emboucar, pois ben fixera en cantar aló pola mañanciña: -Con esta miña gaitiña ás nenas hei de engañar. Elas louquiñas bailaban e por xunta del corrían cegas..., cegas, que non vían as espiñas que as cercaban; probes palomas, buscaban a luz que as iba queimar, pois que el soupera cantar aló pola mañanciña: -Ò son da miña gaitiña ás nenas hei de engañar. Nas festas ¡cánto contento! ¡Canta risa nas fiadas! Todas, todas, namoradas, déranlle o seu pensamento. I el que, de amores sedento, quixo a todas engañar, cando as veu dimpóis chorar, cantaba nas mañanciñas: -Non sean elas toliñas: non veñan ó meu tocar. “Campanas de Bastabales”. Cantares Gallegos. 1863 Campanas de Bastabales, cando vos oio tocar, mórrome de soidades. I Cando vos oio tocar, campaniñas, campaniñas, sin querer torno a chorar. Cando de lonxe vos oio, penso que por min chamades, e das entrañas me doio. Dóiome de dor ferida, que antes tiña vida enteira i hoxe teño media vida. Sólo media me deixaron os que de aló me trouxeron, os que de aló me roubaron.

Page 7: UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA … 11 epa... · que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo

Non me roubaron, traidores, ¡ai!, uns amores toliños, ¡ai!, uns toliños amores. Que os amores xa fuxiron, as soidades viñeron... De pena me consumiron. II Aló pola mañanciña subo enriba dos outeiros lixeiriña, lixeiriña. Como unha craba lixeira, para oír das campaniñas a batalada pirmeira. A pirmeira da alborada, que me traen os airiños por me ver máis consolada. Por me ver menos chorosa, nas súas alas ma traen rebuldeira e queixumbrosa. Queixumbrosa e retembrando por antre a verde espesura, por antre o verde arborado. E pola verde pradeira, por riba da veiga llana, rebuldeira e rebuldeira. III Paseniño, paseniño, vou pola tarde calada de Bastabales camiño. Camiño do meu contento; i en tanto o sol non se esconde, nunha pedriña me sento. E sentada estóu mirando cómo a lúa vai saindo, cómo o sol se vai deitando. Cál se deita, cál se esconde mentras tanto corre a lúa

Page 8: UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA … 11 epa... · que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo

sin saberse para dónde. Para dónde vai tan soia, sin que aos tristes que a miramos nin nos fale, nin nos oia. Que si oíra e nos falara, moitas cousas lle dixera, moitas cousas lle contara. IV Cada estrela, o seu diamante; cada nube, branca pruma; triste a lúa marcha diante. Diante marcha crarexando veigas, prados, montes, ríos, donde o día vai faltando. Falta o día, e noite escura baixa, baixa, pouco a pouco, por montañas de verdura. De verdura e de follaxe, salpicada de fontiñas baixo a sombra do ramaxe. Do ramaxe donde cantan paxariños piadores que ca aurora se levantan. Que ca noite se adormecen para que canten os grilos que cas sombras aparecen. V Corre o vento, o río pasa. Corren nubes, nubes corren camiño da miña casa. Miña casa, meu abrigo; vanse todos, eu me quedo sin compaña nin amigo. Eu me quedo contemprando as laradas das casiñas por quen vivo suspirando. Ven a noite..., morre o día,

Page 9: UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA … 11 epa... · que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo

as campanas tocan lonxe o tocar da Ave María. Elas tocan pra que rece; eu non rezo, que os saluocos afogándome parece que por min tén que rezar. Campanas de Bastabales, cando vos oio tocar, mórrome de soidades. “Unha vez tiven un cravo”. Follas Novas. 1880 Unha vez tiven un cravo cravado no corazón, i eu non me acordo xa se era aquel cravo de ouro, de ferro ou de amor. Soio sei que me fixo un mal tan fondo, que tanto me atormentou, que eu día e noite sin cesar choraba cal chorou Madanela na pasión. “Señor, que todo o podedes -pedínlle unha vez a Dios- daime valor para arrincar dun golpe cravo de tal condición”. E doumo Dios, arrinqueino, mais…¿quen pensara…? Despois xa non sentin máis tormentos nin soupen que era delor; soupen só que non sei que me faltaba en donde o cravo faltou, e seica, seica tiven soidades daquela pena…¡Bon Dios! Este barro mortal que envolve o esprito ¡quen o entenderá, Señor…! “Tecín soia a miña tea”. Follas Novas. 1880. Tecín soia a miña tea, sembrei soia o meu nabal, soia vou por leña ó monte, soia a vexo arder no lar. Nin na fonte nin no prado, así morra coa carrax, el non ha de virm’a erguer, el xa non me pousará. ¡Que tristeza! O vento soa, canta o grilo ó seu compás... Ferve o pote... mais, meu caldo, soíña t’hei de cear. Cala, rula, os teus arrulos ganas de morrer me dan;

Page 10: UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA … 11 epa... · que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo

cala, grilo, que si cantas, sinto negras soïdás. O meu homiño perdeuse, ninguén sabe en onde vai... Anduriña que pasache con el as ondas do mar; anduriña, voa, voa, ven e dime ond’está. “A xustiza pola man”. Follas Novas. 1880 Aqués que tén fama d’ honrados na vila roubáronme tanta brancura qu’ eu tiña; botáronme estrume nas galas dun día, a roupa de cote puñéronma en tiras. Nin pedra deixaron en dond’ eu vivira; sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas; ó raso cas lebres dormín nas campías; meus fillos... ¡meus anxos!... que tant’ eu quería, ¡morreron, morreron ca fame que tiñan! Quedei deshonrada, mucháronm’ a vida, fixéronm’ un leito de toxos e silvas; i en tanto, os raposos de sangre maldita, tranquilos nun leito de rosas dormían. ――― ―Salvádeme ¡ouh, xueces!, berrei... ¡Tolería! De min se mofaron, vendeum’ a xusticia. ―Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda... tan alto qu’ estaba, bon Dios non m’ oíra. Estonces, cal loba doente ou ferida, dun salto con rabia pillei a fouciña, rondei paseniño... (ne’ as herbas sentían) i a lúa escondíase, i a fera dormía cos seus compañeiros en cama mullida. Mireinos con calma, i as mans estendidas, dun golpe ¡dun soio! deixeinos sin vida. I ó lado, contenta, senteime das vítimas, tranquila, esperando pola alba do día. I estonces... estonces cumpreuse a xusticia: eu, neles; i as leises, na man qu’ os ferira. “Negra sombra”. Follas novas (1880) Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida, no mesmo sol te me amostras,

Page 11: UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA … 11 epa... · que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo

i eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas, si choran, es ti que choras, i es o marmurio do río i es a noite i es a aurora.

En todo estás e ti es todo, pra min i en min mesma moras, nin me abandonarás nunca, sombra que sempre me asombras.

“Pra a Habana”. Follas Novas. 1880.

I Vendéronlle os bois, vendéronlle as vacas, o pote do caldo i a manta da cama. Vendéronlle o carro i as leiras que tiña; deixárono sóio coa roupa vestida. ”María, eu son mozo, pedir non me é dado; eu vou polo mundo pra ver de ganalo. Galicia está probe, i á Habana me vou... ¡Adiós, adiós, prendas do meu corazón!” II Cando ninguén os mira, vense rostros nubrados e sombrisos, homes que erran cal sombras voltexantes por veigas e campíos. Un, enriba dun cómaro séntase caviloso e pensativo; outro, ó pe dun carballo queda imóvil, coa vista levantada hacia o infinito. Alǵun, cabo da fonte recrinado, parés que escoita atento o murmurío de augua que cai, e eisala xordamente tristísimos sospiros. ¡Van a deixá-la patria...! Forzoso, mais supremo sacrificio. A miseria está negra en torno deles, ¡ai!, ¡i adiante está o abismo...! III

Page 12: UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA … 11 epa... · que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo

O mar castiga bravamente as penas, e contra as bandas do vapor se rompen as irritadas ondas do Cántabro salobre. Chilan as gaviotas ¡alá lonxe...!, ¡moi lonxe!, na prácida ribeira solitaria que convida ó descanso i ós amores. De humanos seres a compauta línea que brila ó sol adiántase e retórcese, mais preto e lentamente as curvas sigue do murallón antigo do Parrote. O corazón apértase de angustia, óiense risas, xuramentos se oien, i as brasfemias se axuntan cos sospiros... ¿ÓNde van eses homes? Dentro dun mes, no simiterio imenso da Habana, ou nos seus bosques, ide ver qué foi deles... ¡No eterno olvido para sempre dormen! ¡Probes nais que os criaron, i as que os agardan amorosas, probes! IV ”¡Ánimo, compañeiros! Toda a terra é dos homes. Aquel que non veu nunca máis que a propia, a iñorancia o consome. ¡Áoimo! ¡A quen se muda Dio-lo axuda! ¡I anque ora vamos de Galicia lonxe, verés desque tornemos o que medrano os robres! Mañán é o día grande, ¡á mar, amigos! ¡Mañán, Dios nos acoche!” ¡No sembrante a alegría, no corazón o esforzo, i a campana armoniosa da esperanza, lonxe, tocando a morto! V Éste vaise i aquél vaise, e todos, todos se van. Galicia, sin homes quedas que te poidan traballar. Tes, en cambio, orfos e orfas e campos de soledad, e nais que non teñen fillos e fillos que non tén pais. E tes corazóns que sufren

Page 13: UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA … 11 epa... · que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo

longas ausencias mortás, viudas de vivos e mortos que ninguén consolará.

2.- EDUARDO PONDAL BIOGRAFÍA

Naceu en Ponteceso (1835) e morreu na Coruña (1917). Para algúns autores a data da súa norte marca o final do Rexurdimento. De orixe fidalga, viviu de rendas mercé á fortuna que o seu pai fixera en América. Comeza estudando latín na súa parroquia e en 1848 vai facer o Bacharelato a Santiago e segue a carreira de Medicina, que remata en 1860. Aínda que comeza a traballar como médico, abandona a profesión en 1864. Desde aquela ata a súa morte reside na Coruña e pasa algunhas tempadas na súa vila natal. Sendo aínda universitario, participo unas actividades do Liceo de la Juventud e, en 1856, tivo unha destacada intervención no banquete de Conxo. Dedicou a maior parte do seu tempo ao labor literario. Participou no cenáculo coruñés coñecido como A Cova Céltica, con outros intelectuais que defendían a orixe celta da nación galega.

OBRA Distínguense dúas etapas na súa producción:

1ª etapa (1854-1868). Nela predomina a tendencia romántica, aínda que con influencia clasicista. A esta etapa, escrita en galego e castelán, pertencen unha primeira versión da súa epopea Os Eoas e o poema “A campana de Anllóns”. 2ª etapa (1877-1886). Correspóndese coa época do rexionalismo. É a época do bardismo pondaliano.

O autor asume o papel de bardo do pobo galego e sente como propio o compromiso de difundir a ideoloxía galeguista baseada no mito do celtismo. A esta etapa pertencen:

Rumores de los pinos (1877), versión inicial e bilingüe da seguinte obra. Queixumes dos pinos (1886), a súa obra mestra, froito dun profundo labor de reestruturación e refundición formal da anterior.

Ademais volveu reelaborar Os Eoas, adaptándoa aos postulados do galeguismo da Cova Céltica. Tamén escribiu algún poema solto.

Os Eoas Na primeira versión reflicte o pensamento dos anos mozos, próximo ao segundo provincialismo. Posteriormente adáptao á ideoloxía rexionalista. Os Eoas é unha obra importante por diversas razón: Na historia da literatura galega supón unha proba de forza para a consolidación do galego como vehículo de cultura. Na historia do galeguismo constitúe unha sólida tentativa ideolóxica para a conformación dunha epopea nacional que respondese ás expectativas do rexionalismo. A obra ficou inédita e foi editada íntegramente por primeira vez no ano 1992.

Queixumes dos pinos (1886) É a súa obra máis importante. Con ela conságrase como o bardo do pobo galego, que ten a responsabilidade de mostrar o camiño da redención á adormecida xente de Breogán. Recolle a maior parte dos poemas publicados en Rumores de los pinos, aínda que reelaborándoos, traducindo para o galego algúns dos textos e facendo desaparecer outros. O

Page 14: UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA … 11 epa... · que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo

conxunto inicial de 30 poemas irase ampliando en posteriores edicións con poemas como “Os pinos”. Podemos diferenciar dúas liñas temáticas na obra pondaliana: 1. Liña cívico-patriótica: busca o enxalzamento e a liberación de Galicia. Para iso xoga con tres tempos poéticos: o presente (no que atopa unha Galciia servil e marxinada), o pasado (que estaba poboado de heroes) e o futuro (que el agoira glorioso para Galicia). Esta liña maniféstase a través do celtismo, bardismo e helenismo. • Celtismo: Os historiadores galegos do século XIX consideraban que os celtas foran os primeiros poboadores de Galicia. Pondal concédelle ao caudillo celta Breogán e a outros guerreiros o papel de fundadores da patria. • Bardismo: no mundo celta os bardos eran os poetas dedicados a cantar as fazañas dos heroes. Pondal considérase a si mesmo o bardo de Galicia e ten dous obxectivos: lembrar aos galegos as fazañas do pasado e amosarlles o camiño para superaren a situación de prostración na que se atopan. • Helenismo: Pondal caracteriza os seus heroes con trazos espartanos: fortes, rexos, masculinos, heroicos, sacrificados polo país... 2. Liña lírica: os poemas que podemos adscribir a esta temática xiran arredor da paisaxe a da muller: • A paisaxe: o universo pondaliano céntrase na comarca de Bergantiños. Ten preferencia pola paisaxe agreste: piñeiros, toxos, uces... Aparecen elementos da paisaxe con valor simbólico: as uces (confidentes do poeta), os piñeiros (simbolizan ora o bardo ora os guerreiros dispostos á loita), o vento (causante de danos ou interlocutor) … • A muller: aparece basicamente na obra pondaliana ben como un obxecto de desexo carnal (presa do home e sen posibilidade de negación) ben como obxecto de desexo amoroso (como acougo dos males do poeta). Ás veces aparece como un ser mitolóxico.

ESTILO DE PONDAL O seu estilo presenta as seguintes características:

Emprego de versos de variada medida.

Interpretación simbólica da natureza en clave heroica.

Humanización da paisaxe galega. Moitos dos seus personaxes son designados polos topónimos da súa comarca, a Terra de Bergantiños.

Utilización da dicotomía forza-febleza, configurando un dos trazos máis salientables do seu estilo:

Forza: masculino, duro, férreo, enérxico, audaz, ceibe. Febleza: feminino, bando, doce, pusilánimem infame, escravo.

Emprego de epítetos que substitúen a certos substantivos: Os rumorosos=os pinos; as vagabundas= as andoriñas…

Marcada intención ética da súa obra que ten unha función cívica de concienciación.

AS FONTES LITERARIAS DE PONDAL

1. Literatura clásica greco-latina. Dela recolle algún personaxes e o ton poético solemne e elevado. Percíbese a influencia de Virxilio e de Horacio. 2. Renacemento. É importante a influencia da literatura renacentista italiana e portuguesa. 3. Romanticismo. A ela débese o celtismo. Hai que destacar a obra do poeta escocés James Macpherson titulada Poemas de Ossián, suposta recreación duns poemas en lingua gaélica compostos por un bardo escocés do século III chamado Ossián.

Page 15: UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA … 11 epa... · que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo

IMPORTANCIA DE PONDAL NA LITERATURA GALEGA É o máis moderno dos escritores galegos do século XIX. Representa na literatura galega a reacción idealista fronte á estética realista. Preocupouse por depurar a lingua galega para convertela nun instrumento apto para a elaboración dunha poesía culta de inspiración clásica. A forza evocativa das imaxes e símbolos e o novidoso do seu discurso poético convérteno nun dos autores máis orixinais da nosa literatura.

ESCOLMA DE TEXTOS “Pilleina entre os pinos soa” Pilleina entre os pinos soa alba de medo tornou; quixo fuxir, mais non pudo (que sabe que peixe eu son). Rogárame de rodillas, de rodillas me rogou; tembrou como a vara verde que estremece a virazón. Cal quen teme ser oída, dixo: –...Pídocho por Dios...! ¡Estás fresca! –lle contesto– vente a min con oracións: Non solta nunca o raposo a galiña que pillou; astra zugarlle o mel todo non solta a flor o abellón, nin a branca e doce pomba larga o montesío azor.

“As almas escravas”

As almas escravas, De ideas non grandes, Van pensando mil cousas femíneas, Molentes e infames.

Mil soños forxando, Que o ánimo agobian; Arrastrando infamantes cadeas, Cal brandos ilotas.

Espíritos brandos, Espritos muliebres; Sedentarios, que lenta consome, E mórbida febre.

Mais a alma do bardo, Enérxica, ousada, Que audaz libertade, Tan só soña e ama;

Page 16: UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA … 11 epa... · que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo

Vai pensando en propósitos férreos, Que ergueran a patria!

“Meniña, rapaza nova” Meniña, rapaza nova, Ou rosa de Corcoésto; Que te brandéas con grácia, Os doces sopros do vento: S’ hé certo que por tí vivo S’ hé certo que por tí peno; Se tan doce é dadivosa, Como dín que és, hé certo; Cúrame, ou rapariga, Estas suidades que teño: Estas suidades da alma, De non sei qué, que padezo; Ti tés dos meus males a doce manciña, Ou rosa de Corcoésto. “Falade gallego” Miniñas da Cruña, d’ amabre despejo, de falas graciosas e pasos ligeiros, deixá de Castilla os duros acentos: falade, miniñas, falade gallego. Cand’ é que vos ouzo, a patria esquecendo, falar esas duras palabras de ferro, non sei o que sufro, non sei o que peno: falade, miniñas, falade gallego. Mas cando falades nos patrios acentos, envoltos no voso angélico alento, parece que escuito un canto do ceo: falade, miniñas, falade gallego. “A lingua tiveran” A lingua tiveran por lingua d’escravos;

Page 17: UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA … 11 epa... · que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo

esqueceran os patrios acentos, suidosos e brandos. Dos propios acentos tiveran vergonza; de cautivos falaran palabras, de servos e ilotas. Deixaran os doces acentos jocundos por estrañas palabras de servos, ignaros e escuros. A nai, afrigida da escura miseria, os propios tomara por gente estrangeira, e espantada escuitara dos fillos a plática serva. “Os pinos” ¿Que din os rumorosos, na costa verdecente, ó raio trasparente do prácido lüar...? ¿Que din as altas copas d’escuro arume harpado co seu ben compasado, monótono fungar...? “Do teu verdor cingido e de benignos astros, confín dos verdes castros e valeroso clan, non des a esquecemento da injuria o rudo encono; desperta do teu sono, fogar de Breogán. Os boos e generosos a nosa voz entenden, e con arroubo atenden o noso rouco son; mas sós os ignorantes e férridos e duros, imbéciles e escuros, non os entenden, non. Os tempos son chegados

Page 18: UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA … 11 epa... · que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo

dos bardos das edades, qu’as vosas vaguedades cumprido fin terán; pois donde quer, gigante, a nosa voz pregoa a redenzón da boa nazón de Breogán. “A fala” Nobre e harmoniosa fala de Breogán, fala boa, de fortes e grandes sen rival; ti do celta aos ouvidos sempre soando estás como soan os pinos na costa de Froxán; ti nos eidos da Celtia e co tempo serás un lábaro, sagrado que ao triunfo guiará, fala nobre, harmoniosa, ¡fala de Breogán! Ti, sinal misterioso dos teus fillos serás que polo mundo dispersos e sen abrigo van; e a aqueles que foran nunha pasada edá defensores dos eidos contra o duro román e que aínda cobizan da terra a libertá, nun pobo nobre e forte, valente, axuntarás, ¡oh, fala harmoniosa, fala de Breogán! Serás épica tuba e forte sen rival, que chamarás aos fillos que aló do Miño están, os bos fillos do Luso, apartados irmáns de nós por un destino envexoso e fatal. Cos robustos acentos, grandes, os chamarás,

Page 19: UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA … 11 epa... · que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo

¡verbo do gran Camoens, fala de Breogán!

3.- MANUEL CURROS ENRÍQUEZ BIOGRAFÍA

Naceu en Celanova (1851) e morreu na Habana (1908). Con 15 anos trasládase a Madrid, onde fai o Bacharelato e comeza a carreira de Dereito, que non remata. Participa na revolución de 1868, aliñándose cos republicanos progresistas, ideoloxía á que sempre permanece fiel. Comeza a colaborar coa prensa madrileña e traballa de funcionario municipal. En 1875 viaxa ao País Vasco como correspondente de guerra. Volve a Ourense en 1877, despois de gañar un concurso literario, que lle permitiu atopar traballo en Facenda. Casa pola igrexa seis anos despois de facelo polo xulgado, como unha maneira de ser aceptado pola “boa sociedade” ourensá. Coa publicación de Aires da miña terra en 1880, entra en conflito coa Igrexa. Esta obra foi censurada e denunciada polo bispo de Ourense. Foi condenado e posteriormente absolto. En 1883 regresa a Madrid e exerce de novo como xornalista. En 1894 emigra para a Habana e funda o periódico La Tierra Gallega, traballando a prol de Galicia e da cultura galega. Alí vive 10 anos. Morre en 1908. O seu corpo é reclamado pola Real Academia Galega e tráeno a Galicia e entérrano na Coruña en loor de multitudes.

OBRA

A súa obra en galego está formada por dous libros: Aires da miña terra e O divino sainete e algúns poemas soltos. En 1869 escribe “Cántiga”, que posteriormente foi musicado e se converte nunha canción galega co título de “Unha noite na eira do trigo”. En 1877 escribe “A virxe do cristal”, “Unha voda en Einibó” e “O Gueiteiro de Penalta” para participar nun concurso literario en Ourense. Aires da miña terra (1880) A liña temática dominante é a de denuncia, pero non a única. Con esta obra pretende enviar á sociedade do seu tempo unha mensaxe libertadora que a transforme, mostrando as causas do atraso do país e dos seus responsables: falta de liberdade, incultura, superstición, a postura intransixente da Igrexa…

Temas

Temática social: Para el a poesía debe ter como función a de ser unha arma de combate capaz de denunciar as inxustizas sociais. Dentro desta liña vemos o anticlericalismo, poemas de ideas progresistas e galeguistas, denuncia da situación mísera do labrego galego e a opresión da Igrexa.

Ataca todo tipo de atraso e inxustiza (pena de morte, imperialismo, papado, corrupción, adoración da riqueza...). Os culpables serían a igrexa (por fomentar a superstición e manter os foros), os fidalgos e caciques (por sangrar os campesiños con impostos, foros, usuras...)

Nalgúns poemas fala da emigración. Ao comezo defende este movemento coo unha alternatiba para escapar da pobreza, pero logo cambia de idea e defende que os galegos deben permanecer na terrra e axudar a erguela.

Page 20: UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA … 11 epa... · que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo

Para Curros a solución aos problemas económicos e culturais tiña quie basearse no progreso material

Temática intimista: Poemas que tratan da vida familiar: norte dun fillo, norte da nai, nacemento dun fillo.

Temática costumista: Aparece nos tres poemas premiados no concurso literario de Ourense de 1877.

O divino sainete Con el iníciase a liña satírica na literatura moderna en galego. A súa publicación rodeouse de polémica pola crueza da crítica que ten. É un poema longo narrativo dividido en nove partes. Conta unha imaxinaria peregrinación a Roma realizada polo autor, guiado por Francisco Añón para celebrar o xubileo convocado polo papa León XIII. A viaxe é nun tren de sete vagóns, dos que cada un representa un dos sete pecados capitais. Curros toma como modelo a Divina Comedia de Dante e nun ton satírico fai unha crítica da sociedade do seu tempo, sobre todo da Igrexa, e caricaturiza certos personaxes e institucións políticas e culturais de Galicia.

ESTILO DE CURROS

Abundan os recursos propios da linguaxe figurada, pero incorporados ao galego popular. Un dos seus trazos máis orixinais é o denominado “simbolismo inverso”, é dicir atribúe valores espiritualmente elevados a un elemento cotián e tamén se dá o contrario, elementos con gran valoración ideal son rebaixados ó cotián. As figuras máis frecuentes son: anáforas, paralelismos, comparacións e a ironía.

IMPORTANCIA DE CURROS NA LITERATURA GALEGA Curros é o poeta cívico por antonomasia do Rexurdimento. Na súa obra atopamos o espírito de rebeldía e compromiso na loita contra a inxustiza que o guiou durante toda a súa vida. Foi un poeta moi popular e gozou en vida da honra de ser homenaxeado públicamente en máis dunha ocasión. A súa vea crítica de intención social serviu de modelo a todas as escolas poéticas que posteriormente asumiron os principios da literatura comprometida. É o iniciador da poesía satírica na nosa literatura moderna. A súa obra contribuíu á consolidación do galego como unha lingua moderna de cultura.

ESCOLMA DE TEXTOS “A Rosalía” Do mar pola orela mireina pasar, na frente unha estrela, no bico un cantar. E vina tan soia na noite sin fin,

Page 21: UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA … 11 epa... · que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo

¡que inda recei pola probe da tola eu, que non teño quen rece por min! A musa dos pobos que vin pasar eu, comesta dos lobos, comesta se veu… Os ósos son dela que vades gardar. ¡Ai, dos que levan na frente unha estrela! ¡Ai, dos que levan no bico un cantar! “O maio” Aquí vén o maio de frores cuberto... puxéronse á porta cantándome os nenos; i os puchos furados pra min estendendo, pedíronme crocas dos meus castiñeiros. Pasai, rapaciños, calados e quedos; que o que é polo de hoxe que darvos non teño. Eu sónvo-lo probe do pobo gallego: pra min non hai maio, ¡pra min sempre é inverno!... Cando eu me atopare de donos liberto i o pan non me quiten trabucos e préstemos, e como os do abade frorezan meus eidos, chegado habrá entonces o maio que eu quero. ¿Queredes castañas dos meus castiñeiros?... Cantádeme un maio sin bruxas nin demos: un maio sin segas, usuras nin preitos, sin quintas, nin portas, nin foros, nin cregos.

Page 22: UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA … 11 epa... · que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo

“¡Ai!” ¿Como foi?... —Eu topábame fora cando as negras vixigas lle deron; polo aramio súa nai avisoume i eu vinme correndo. ¡Coitadiño! Sintindo os meus pasos, revolveu cara a min os seus ollos. Non me viu... e chorou... ¡ai!, xa os tiña ceguiños de todo. Non me acordo que tempo me estiven sobre o berce de dor debruzado; sólo sei que me erguín co meu neno sin vida nos brazos... Volvoreta de aliñas douradas que te pousas no berce valeiro, pois por el me perguntas, xa sabes qué foi do meu neno. “O gueiteiro” Sempre pola vila entraba con aquél de señorío”. Rosalía Castro Dendes do Lérez lixeiro ás veigas que o Miño esmalta, non houbo no mundo enteiro máis arrogante gueiteiro que o gueiteiro de Penalta. Sempre retorcendo o bozo, erguida sempre a cabeza, daba de miralo gozo. Era un mociño... ¡que mozo! Era unha peza... ¡que peza! Despois do tempo pasado, pasado pra non volver, como on profeta ispirado, inda mo parece ver na festa do San Trocado. Calzón curto, alta monteira, verde faixa, albo chaleque i o pano na faltriqueira, sempre na gaita parleira

Page 23: UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA … 11 epa... · que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo

levaba dourado fleque. Non houbo home máis cumprido no mundo, de banda a banda, nin rapaz máis espilido, con máis riqueza vestido, nin de condición máis branda. Prás festas e romarías chamado, tódolos días topábase donde queira, anque por certas porfías sólo tocaba a muiñeira. Pois, como poucos teimado cando unha venta lle pega, xura que pró seu agrado, non se ten inda enventado música como a gallega. Neno era eu cando el vivía, mais non o podo esquecer. ¡O que el na gaita sabía! ¡O que el cos dedos podía naquel punteiro faguer! Cando nas festas maores era esperado o gueiteiro, botábanlle as nenas frores, ledas copras os cantores, foguetes o fugueteiro. Tras del, en longa riola, da gaita o compás levando con infernal bataiola, iban correndo e choutando os rapaciños da escola. Nunca se puido avriguar, véndolla repinicar, por que o són da gaita ouíndo cantos bailaban sorrindo, acababan por chorar. Pero cando el no turreiro, cal na trébede a Sibila, pegaba o pío primeiro, daban ó vento o sombreiro tódolos mozos da vila.

Page 24: UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA … 11 epa... · que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo

Comenzado o baile entón, cousa era pra adimirar aquel sembrante bulrón, aquel aire picarón i aquel modo de mirar... I era de ver con qué trazas, sin faguer pausas, nin guiños, nin caso das ameñazas, furtaba un bico ás rapazas dos noivos diante os fociños. Ninguén soubo frolear do xeito que el froleaba. Verlle a muiñeira botar, era unha nube mirar de anxeliños que pasaba. Xentil, aposto, arrogante, en cada nota o gueiteiro ceibaba un limpo diamante, que logo no redobrante pulía o tamburileiro. ¿Que Orfeo se lle igualaba, si mesmo dentro do fol que co cóbado apertaba, parecía que cantaba escondido un rousiñol? Músico on tempo e poeta, algunha fada sacreta tiña con que comovía, pois nunca dunha palleta saíu tan doce armonía. Tocaba... e cando tocaba, o vento que do roncón polo canuto fungaba, dixeran que se queixaba da gallega emigración. Dixeran que esmorecida de door a Patria nosa, azoutada, escarnecida, chamaba, outra Nai chorosa, ós filliños da súa vida...

Page 25: UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA … 11 epa... · que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo

I era verdá. ¡Malpocada! Conta on penedo amarrada, cravado un puñal no seo, naquela gaita lembrada Galicia era un Prometeo. Un Prometeo cantando eternas melanconías sempre un consolo agardando e sempre as bágoas chorando do desdichado Macías. Por eso cando a tocar se puña o gueiteiro lindo, cantos viñan pra bailar si escomenzaban sorrindo, acababan por chorar. Por eso en vilas i aldeas, por xentes propias i alleas era aquel home estimado, e por todos saudado en camiños e vereas. Por eso, donde el chegaba dábanlle citas de amores as mozas por que el toleaba, e sempre á mesa xantaba dos abades e priores. Que dende o Lerez lixeiro ás veigas que o Miño esmalta, non houbo no mundo enteiro máis arrogante gueiteiro que o gueiteiro de Penalta. “Na morte da miña nai” Doce melancolía, miña musa,

do meu espírito noiva feiticieira,

¡déixame que hoxe no teu colo durma

sono de pedra!

Nunca, reiciña, nunca como agora

falla fixéronme os teus bicos mornos:

choveu por min chuvia de sangue e traio

frío nos ósos.

Quéntame ti, que tiritando veño,

Page 26: UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA … 11 epa... · que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo

ti, que do peito curas as feridas,

¡amiga xenerosa dos que sofren,

melancolía!

Tope miña alma, á sombra dos ciprestes

que os tristes ermos das túas illas cobren,

o esquecemento que en ningures acho

prás miñas dores.

Fai que ó rumor dos teus regueiros brando

se adormezan meus tristes pensamentos.

¡Son un orfo! Agarímame ao teu colo...

¡Xa outro non teño!

Xa outro non teño en que pousar a fronte

polas enrugas do pesar sulcada,

xa outro non teño que a amargura enxugue

das miñas bágoas!

Nai, adorada nai, martir escura,

branca pombiña, aruladora e tenra,

ai, se souberas como me deixabas...

ai, non morreras.

Dende que te perdín, a terra, o ceo,

todo é pra min da mesma cor da morte.

O sol non me alumea, nin os campos

pra min tén flores.

Cal sobre os condenados a pauliña

caíu sobre miña alma eterno loito;

todo me amarga, astra o aire que respiro;

dáname todo.

Do corazón fuxiume esa alegría

que é nas flores aroma e vos nos páxaros,

e andan por dentro do meu peito os corvos

arrevoando.

¡Como recordo aquelas noites claras

en que ó fulgor da prateada lúa

me arrolabas o sono, dos teus cantos

coa doce música!

Page 27: UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA … 11 epa... · que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo

¡Como recordo aqueles tardes tristes

en que os tronos sentindo, rezabamos

por que Dios leve ós probes mariñeiros

a porto salvo:

Polos necesitados camiñantes,

polos vellos sen pan e sen abrigo,

polos nenos sen pai..., abandonados

coma os teus fillos!

¡Ai! Eu tamén rezar quixera agora

por ti, de tanto amor en xusto pago;

mais dende que te fuches, miña rula,

¡teño un cansacio!

Melancolía, musa dos doentes,

do meus espírito noiva feiticeira

¡déixame que hoxe no teu colo

durma sono de pedra!

“Ós mozos” ¡Que triste está a aldea, que triste e que sola! ¡A terra sin frutos, a feira sin xente, sin brazos o campo, sin nenos a escola, sin sol o hourizonte, sin fror a semente! A pedra i as nubes a sembra arrasando, agoiran un ano de fame sombría; sin pan os labregos, nin herba pró gando, ¿que vai a ser deles na crúa invernía? Manadas famentas de lobos montesos baixaron das chouzas na noite calada, e postos en ringla, cos ollos acesos, acenan dos probes prá porta pechada... Mociños honrados de sangue bravía, si ó mal dos petrucios non fordes alleos, librádeos da morte,

Page 28: UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA … 11 epa... · que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo

¡facei montería nos lobos da terra, nos lobos dos ceos! “Mirando ó chau” Dios, non atopando cousa en que estreterse, farto de estar solo, cavilando sempre en forxar cadeas, traballos e pestes, a razón buscando i a causa en que pende que tan poucas almas polas portas lle entren, do seu paradiso deixando os verxeles, saleu de a paseo certa mañá quente, do reuma e da gota por esparexerse. Como é xa velliño i o coitado vese tocante á saúde moi pouco valente, cansouse ós dous pasos; mais como alí arrentes topase un asento, sentouse, i alegre, por cima das nubes asomando a frente i a terra buscando cos ollos celestes, -¡Caráspeta!- dixo falando entre dentes-; Si dou coese mundo que o demo me leve. Debeu de atopalo, si o conto non mente, porque el de alí a pouco quedou como a neve, cos ollos cravados que espantan e feren, nun bulto que iñoro si é de home ou de verme. Mirouno dispacio e viu que era un ventre coas sedas vestido

Page 29: UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA … 11 epa... · que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo

máis ricas de Oriente, nun solio sentado que envidian os reises, i en capa revolto de tépedas peles, ceibando saudabres arrotos de enchente, da terra, súa escrava, recolle os presentes; e si hai algún louco que, probe ou rebelde, diñeiro non teña i a darllo se negue, o ventre que, mudo, falar sabe ás veces, con sólo que diga: ”¡ Pauliña no herexe!”, o herexe é borrado da lista da xente. Mirando este monstro, Dios dixo entre dentes: -¡Bah, bah!... Si “tu es Petrus”, que o demo me leve. Volvendo autro lado súa testa solene, mirou levantarse, rodeado de plebe que espera ó verdugo, del ríndose mentres, o pau, a cucaña da festa dos xueces. A vítima chega: ¡quizais é un imbécil, quizais naceu tolo, quizais é inocente!... Millor que matalo (que a morte é un berce donde o home, gran neno, descansa pra sempre), millor que matalo tal vez conviñese metelo no fondo de catro paredes, ou, preso onha argola que á terra o suxete, mandalo abrir montes, e furar tuneles,

Page 30: UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA … 11 epa... · que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo

decíndolle: “Sofre, traballa e mantente, i a libertá chora que ti non quixeches”. Mais, non; é preciso que morra o que peque, i o criminal morre... i o crime repétese. Parvo a tal escándalo, Dios dixo entre dentes: -Si che esto é xusticia que o demo me leve. Suspenso i atóneto, non lexos, moverse mirou de labregos un fato misérrime. De malas patacas mantidos con leite, máis ben que non homes pantasmas parecen, decote fozando na coida terrestre, toupeiras humanas que furan as seves, o sangue das venas perdendo a torrentes, traballan sin folgos un chau que n’é deles. Traballan... i o furto que tras doce meses de loita recollen dos eidos que atenden, metá pró dominio, metá prós lebreles do fisco e da curia, todíño-lo perden, quedándose ó cabo de tantos riveses sin pan prós seus fillos nin grau prá semente. I en tanto na aldea todo esto acontece, ”Leis hai-din os ricos- que ós probes protexen...” -¡Que leis, nin que raios! (Dios dixo entre dentes). Si valen tres pitos,

Page 31: UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA … 11 epa... · que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo

que o demo me leve. Non para inda nesto o que o chau lle ofrece, que a través mirando das súas gafas verdes, viu deitarse méndegos que se erguen marqueses; tal clas de escrituras firmar indixentes, que ó cabo dun ano non teñen albergue; soldados cobardes chegar a ser xefes, e morrer sin groria os máis grandes héroes: pasar por honrados os que honra non teñen, por santos os pillos, por xustos os debles; subir ós altares os que á forca deben, i arrastrar carroza quen debe un grillete; chegar á podrosos venteiros de aceite, e comprar o ceo prestando a intereses. Vendo esto, Dios dixo contra o seu chaleque: -Si che outra vin nunca, que o demo me leve. Con noxo deixando tantas cativeces, inda noutras cousas parou Dio-las mentes. Viu malos gobernos que falsos i aleves co xugo dos pobos engordan e crecen; cregos que, feroces como cans doentes, cun fusil ó lombo predican ós fieles; ricos que, roubando, as gabetas enchen; médecos das quintas que dan por encrenques

Page 32: UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA … 11 epa... · que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo

(mediante catro onzas, cando non son sete) mociños que ó cabo tocan o pendengue, a seus pais perdendo co aforro que perden; homes esfameados, emporras mulleres, espigados nenos que non saben lere, i en fin, cantas cousas que non deben verse, que Dios, arripiado, i as cruces facéndose, conecida a causa de que o inferno medre, meteuse na groria decindo entre dentes: -Si eu fixen tal mundo, que o demo me leve. “Na chegada a Ourense da primeira locomotora” I Velaí ven, velaí ven avantando comaros e corgas, e vales, e cerros. ¡Vinde vela, mociños e mozas! ¡Saludaina, rapaces e vellos! Por onde ela pasa fecunda os terreos, espértanse os homes, frolecen os eidos. Velaí ven, velaí ven tan oupada, tan milagrosiña, con paso tan meigo, que parece unha Nosa Señora, unha Nosa Señora de ferro. Tras dela non veñen abades nin cregos; mais vén a fartura ¡i a luz i o progreso! II Catedral, demagogo de pedra, dun pobo fanático erguida no medio, repinica esas chocas campanas en sinal de alegría e contento. Asocia esas voces ó son dos pandeiros, ¡ás santas surrisas de terras e ceos! E ti, río dos grandes destinos,

Page 33: UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA … 11 epa... · que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo

que os himnos ensaias dos trunfos ibéricos, requeimáda-las fauces de sede vén o monstro a beber no teu seo. Bon samaritano, dálle auga ó sedento; que a máquena é o Cristo dos tempos modernos O divino sainete.Canto III (fragmento) —Dígame, miña señora: ¿É certo que n'a sua terra Renace a poesía agora? —Boubas que ceiban ó vento Catro soñadores tolos... ¡Non ll'hai tal renacemento! —Non haberá; mais non quita Pra que Castelar o afirme. —Xa ll'eu tiréi d'a lavita En certa acasion... ¡Ten gracia Eso de chamar poetas Á esas rans d'a democracia! —Non me maltrate ó grande home... ¡Él, ó fin, n'as apuradas É o que n'os da un pouco nome! D'alguén sei que, tras de rirse D'íl e d'os seus ideales, Cando quixo redemirse D'o olvido, sentóuno á mesa, Fíxo-o falar... y-á eso debe Valer o que val e pesa. —S'eso que dí vai comigo, Mente. Eu brillo con luz propia. —Morra o conto...—¡Mente, digo! Y-en demostra de que mente, Faga o favor de ler ise Tomo, e despois escarmente. E de súpeto escoitando Un tumbo, baixéi os ollos E vin á meus pes, rolando, Un libro d'a nova escola Que cheira á Carulla ás légoas E fede qu'apesta á Zola. —¿Convencéuse?—Estóu ferido Pol-o argomento, que é forte, Mais non estóu convencido. Eu sosteño, e trayo probas, Que Galicia esperta; díga-o A autora d'as Follas Novas. —¡Valente choromiqueira!

Page 34: UNIDADE 11 O REXURDIMENTO PLENO: OBRA … 11 epa... · que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo

Poetas d'ese feitío Cómpranse á centos n'a feira. Fai anos que un mala peza Quixo coröala en vida Y-eu tiréillo d'a cabeza. —Agora comprendo o gusto Con que lle rezóu pol-a alma... —Honrar ós mortos é xusto. —Ese deber todos temos; Pero inda máis xusto hacho Que ós vivos non deshonremos. Mais a ilustre padronesa Deixando, pois hastra coido Que de mental-a lle pesa, Diga e perdoe: ¿ises vates Que mostran tantos alentos Para os modernos combates; Ises Novos e Labartas, Ises Lagos, esas pelras Que surxen á luz en sartas; Esa xeneración nova De parleiros rousinoles?... —Cantan... como Xan d'a Coba. Non quixen oïr máis nada. —Vámonos, roguéille ó Mestre, ¡Óu fago unha xudiada! Y-atravesando aquel triste Lugar, cobil d'unha fera Que á nadia á seu par resiste, Mentres c'o a rabia maúla, Metímonos n'o terceiro Departamento—o d'a Gula. —Antes d'entrar—con amargo Acento, indicóume o vello— Que teñas calma che encargo; Por que vas ver cousas tales Que nin n'as noites de febre Tes soñado outras iguales. A fame negra aquí mora; Vai con tento, que o seu dente Vivos e mortos devora