Sabores con tradición -...

27
alimentación O biberón perfecto Un premio á maternidade Insectos para comer O almorzo: o rei das comidas Cando o sono paraliza Internet non é o remedio saúde benestar a revista do socio consumidor Ano XLI - Época IV - N.º 206 MARZO 2016 www.consumer.es Sabores con tradición

Transcript of Sabores con tradición -...

Page 1: Sabores con tradición - revista.consumer.esrevista.consumer.es/web/ga/20160301/pdf/revista-entera.pdf · 0,45 a 2 euros polo uso dos caxeiros automáticos. 40 RECEITAS. Menú de

???alimentación

O biberón perfectoUn premio á maternidade

Insectos para comerO almorzo: o rei das comidas

Cando o sono paralizaInternet non é o remedio

saúde benestar

a revista do socio consumidor

Ano XLI - Época IV - N.º 206 MARZO 2016 • www.consumer.es

Sabores con tradición

Page 2: Sabores con tradición - revista.consumer.esrevista.consumer.es/web/ga/20160301/pdf/revista-entera.pdf · 0,45 a 2 euros polo uso dos caxeiros automáticos. 40 RECEITAS. Menú de

sumario 20612 GUÍA DE COMPRA:

CHOCOLATES DE FACERAínda que o seu consumo non lles preocupa ás autoridades sanitarias, estas lembran que debe consumirse de forma ocasional.

34 O PREZO DE RETIRAR DIÑEIRO EN CALQUERA LUGARAs entidades bancarias fixan tarifas de 0,45 a 2 euros polo uso dos caxeiros automáticos.

40 RECEITAS. Menú de froitas.

50 SEGURIDADE ALIMENTARIA. Desde finais de 2015, os insectos entran a formar parte da definición de “novo alimento” na UE.

34

12

24DOP e IXP: cando

a calidade importaANÁLISE DOCUMENTAL PARA ELABORAR UNHA RADIOGRAFÍA DO SECTOR DOS

PRODUTOS AGROALIMENTARIOS CON CALIDADE DIFERENCIADA

BIENESTAR E VIDA COTIÁ 4 novastecnoloxías

APLICACIÓNS PARA CUALIFICAR E OPINAR 6 dereitos 8 quenosinteresou 10 expertosnutricionistas 24 afondo

ALIMENTOS DE CALIDADE DIFERENCIADA30 entrevista dobre

BULLYING

INFORMES: 22 alimentación / O ALMORZO, O REI DAS COMIDAS 34 economía doméstica / O PREZO DE RETIRAR DIÑEIRO 36 saúde / MULLER E SAÚDE, INTERNET NON É O REMEDIO 38 alimentación / A TORTILLA DE PATACAS ENGORDA? 44 saúde / CANDO O SONO PARALIZA 46 bebé / O BIBERÓN PERFECTO 48 economía doméstica / UN PREMIO Á MATERNIDADE 50 seguridade alimentaria / INSECTOS PARA COMER

www.consumer.esEROSKI CONSUMER é a revista do socio consumidor de EROSKI. A cooperativa EROSKI é unha asociación de consumidores que, desde hai máis de vinte e cinco anos, dedica os seus esforzos á formación e á información dos consumidores. EROSKI CONSUMER defende os dereitos recoñecidos aos consumidores de bens e servizos, co fin de que os poidan exercer de xeito responsable e esixir o seu cumprimento. EROSKI CONSUMER é un medio de comunicación comprometido coa promoción de hábitos de vida saudables, co consumo sustentable e coa conservación do medio. EROSKI CONSUMER publica informacións sobre iniciativas de responsabilidade social de EROSKI e sobre os produtos das marcas de EROSKI e, excepcionalmente, transmitirá informacións que EROSKI considere de grande interese para os seus socios e clientes.

a revista do socio consumidor

Edita: EROSKI S. Coop., co patrocinio de FUNDACIÓN EROSKI • Marzo 2016 - N.º 206 • Tiraxe: 12.000 exemplares

DIRECTOR: Alejandro Martínez BerriochoaSUBDIRECTORA: María HoyosREDACTORA XEFA: Rosa CuevasCOORDINACIóN DE REDACCIóN E EDICIóN EN INTERNET: Miren Rodríguez EDICIóN EN GALEGO: Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xunta de Galicia

DISTRIBUCIóN: Rosa Cuevas

INVESTIGACIóN “A FONDO”: Equipo de EROSKI CONSUMER Responsable: Rosa Cuevas Deseño e elaboración: Cristina Leciñana

OUTROS CONTIDOS: Novas tecnoloxías: Jesús Garrido Santofima Entrevista: Álex Fernández Muerza Alimentación: Julio Basulto e Laura CaorsiSaúde: Montse ArboixEconomía doméstica: Blanca ÁlvarezBebé: Cristian VázquezMedio ambiente: Álex Fernández Muerza

DESEñO, MAqUETACIóN E PREIMPRESIóN: DUPLO Comunicación Gráfica (www.duplografic.es) Fotografía: Rubén García e Becky Lawton Impresión: MCC Graphics

REDACCIóN E ADMINISTRACIóN DE EROSKI CONSUMER: Eroski Publicaciones. B. San Agustín, s/n 48230 Elorrio (Biscaia)

Telf.: 946 211 627_Fax: 946 211 222

Depósito legal: SS-907-2012 • ISSN: 2254-6480

Page 3: Sabores con tradición - revista.consumer.esrevista.consumer.es/web/ga/20160301/pdf/revista-entera.pdf · 0,45 a 2 euros polo uso dos caxeiros automáticos. 40 RECEITAS. Menú de

novastecnoloxíasAPLICACIÓNS PARA CUALIFICAR E OPINAR

Segundo The App Date, unha plata-forma de recomendación de aplica-cións móbiles, existen en España preto de 28 millóns de usuarios activos de aplicacións. O 89 % do tempo que os usuarios lle dedican a este dispositivo destínano ás aplicacións. De media, cada español ten instaladas no seu smarphone arredor de 30 aplicacións, das que usan activamente 14.

Son datos que demostran o importan-tes que son as aplicacións móbiles na rutina dos cidadáns. Unha tendencia que non deixará de crecer no futuro, xa que lle ofrecen ao consumidor mul-titude de opcións. Entre outras, valorar e coñecer as opinións doutros usuarios antes de visitar un restaurante ou com-prar un produto. Ou, o que é o mesmo, interactuar, unha actitude potenciada polas marcas e altamente valorada po-los consumidores hoxe en día.

A continuación, detállanse cinco apli-cacións para criticar, valorar, coñecer e compartir opinións con outros usua-rios e usuarias.

Critizen. Coma se dunha folla de reclamacións virtual se tra-tase, esta aplicación permítelles aos consumidores desafogar e transmitir os motivos da súa queixa sobre un produto ou unha marca. Os usuarios poden acceder a unha base de datos de empresas e marcas, que se pode enriquecer en caso de que non estea incluída algunha en concreto.

Co fin de permitir a crítica positiva, Critizen cataloga as opinións en cinco graos diferentes: furioso, indignado, frustrado, desgustado e feliz. Unha vez publicada a crítica, calquera usuario pode acceder a ela e, se está de acordo, mostrar o seu apoio cun +1 e mesmo deixar un comentario se o desexa.

As empresas sobre as que se pode opinar están relacionadas con entretemento, alimentación, viaxes, restaurantes, comercio electrónico, motor, enerxía, moda ou educación, entre outros sectores. Como reco-mendación, é aconsellable acom-pañar a crítica dunha fotografía e achegar o máximo detalle posible. Ademais, Critizen deixa compartir estas opinións nas redes sociais.

Foursquare. Coñecida en todo o mundo, Foursquare é unha rede social en forma de aplicación móbil que emprega o sistema de xeolocalización para impresionar os usuarios coa maior eficiencia posible, con independencia do lugar no que se atopen.

A intención de Foursquare é ter constancia en todo momento do lugar no que se atopa o usuario. Deste xeito, unha vez localizado e rexistrado, móstralle unha gran cantidade de servizos e locais ao seu alcance na súa enorme base de datos que, ademais, sempre está en constante crecemento. O usuario poderá opinar sobre estes negocios para lles axudar desta maneira a outras persoas, unha información que se renova con-tinuamente grazas ás frecuentes opinións achegadas polos clientes.

Unha das claves do éxito de Fours-quare é o forte compoñente social que ten. Os propios usuarios poden interactuar entre eles, poden crear conexións a través de mensaxes enviadas persoalmente ou achegar comentarios nas críticas e opinións dos clientes. Isto explica por que miles de persoas recorren a esta aplicación para consultar as opi-nións e as críticas doutros usuarios antes de acudir a un lugar.

Guudjob. Como os seus propios creadores a definen, Guudjob é “un paso máis na construción e no recoñecemento da profesiona-lidade das persoas”. Ao contrario que a gran maioría das aplicacións nas que se critica e se opina sobre lugares, negocios ou produtos, Guudjob pretende valorar a persoa e o profesional de forma directa. Premia a quen o merece e recoñé-ceo por un traballo ben feito.

De orixe española, esta aplicación conseguiu en 2014 o premio á mellor aplicación española nos premios The App Date. Como outra mostra máis de economía colaborativa, Guudjob preséntase como o punto de ligazón entre profesionais e clientes que buscan un servizo cualificado concre-to. Desta maneira, a aplicación está destinada tanto aos clientes como aos profesionais, o que lles permite a estes últimos crear ata tres perfís cunha ficha detallada que integre a súa foto, a descrición do seu traballo, a localización e os prezos. Deste xeito, os usuarios de Guudjob poden valorar, puntuar e realizar comentarios sobre profe-sionais, autónomos e traballadores independentes concretos.

Keweno. Enfocada directamente ao sector da restauración, esta aplicación permite valorar, criticar ou eloxiar a experiencia dun clien-te nun restaurante xusto despois dunha comida ou dunha cea.

Cun sistema moi sinxelo e intuitivo baseado en emoticonos, o usuario responde de forma anónima unha sinxela enquisa ao finalizar os seus pratos. En palabras dos propios creadores, “permítelles aos res-ponsables dos restaurantes obter información valiosa e practica-mente en tempo real, de maneira que poden detectar se hai algún problema e actuar para resolvelo de forma rápida e privada, desacti-vando unha posible crise”.

Keweno permítelle a calquera local hostaleiro elixir entre 12 as-pectos sobre os que queira recibir opinións directas dos clientes, como medio ambiente, limpeza, relación calidade-prezo ou calida-de do servizo.

11870. Esta aplicación é toda unha veterana nos servizos de recomendación de restaurantes, hoteis e outros lugares de interese que poden atoparse en calquera cidade.

Posibilita organizar os lugares preferidos dos usuarios median-te listas e etiquetas creadas por eles mesmos e, ademais, deixar opinións e críticas sobre case cal-quera negocio. Deste xeito, xérase unha enorme base de datos que calquera persoa pode consultar para decidirse por un restaurante ou por outro.

Os negocios contan cunha ficha na que se inclúen imaxes, situa-ción no mapa, teléfono, posibili-dade de reserva e, por suposto, comentarios de usuarios que xa visitaron o negocio. //

Creáronse aplicacións específicas para criticar, cualificar, coñecer e compartir opinións con outros usuarios e usuarias

Interactuar no intre

54

Page 4: Sabores con tradición - revista.consumer.esrevista.consumer.es/web/ga/20160301/pdf/revista-entera.pdf · 0,45 a 2 euros polo uso dos caxeiros automáticos. 40 RECEITAS. Menú de

Levei un abrigo de perlé a unha tinturería porque tiña dúas manchas de aceite. Dixéronme que adoitaban tratar este tipo de pezas e que non habería ningún problema. Ao recollelo, obser-vei que, aínda que as manchas desapareceran, o abrigo perde-ra o pelo e a cor, tiña un ton máis murcho e parecía vello, cando só ten dous anos. Por iso non paguei os 60 euros que custaba o lavado e non me devolven o abrigo. Se pago e o recupero, podo denunciar despois? Denuncio antes de pagar?

Durante unha viaxe de verán, paróuseme o coche na autoestra-da, en Santander. Leveino ao taller oficial da miña marca nesa ci-dade e cambiáronlle unha válvula. Paguei 600 euros e seguín a miña viaxe. Hai un mes, volveu acontecer o mesmo en Madrid, onde resido. Así que, de novo, levei o coche ao concesionario oficial e informáronme de que a peza cambiada en Santander estaba defectuosa e había que pedir unha nova sen custo para min. Pero, pouco despois, dixéronme que non atopaban o alba-rá onde aparecía a garantía e que debía pagar todos os gastos. Que podo facer?

Tal e como describe vostede o caso, trátase dun-ha neglixencia evidente. A tinturería debería de-volverlle o abrigo sen cobrarlle nada e, alén diso, indemnizalo. Aconsellámoslle que pida a folla de reclamacións e que a cubra explicando o oco-rrido e pedindo unha indemnización polo valor do abrigo, que sería en calquera caso menos do que custou. A continuación, ha de tramitala. No caso de que a tinturería se negue a compensalo, pode acudir a Arbitraxe de Consumo se o esta-blecemento está adherido (ou se decide adhe-rirse para este asunto) ou poñer unha demanda xudicial, un trámite gratuíto se a indemnización reclamada non supera os 2000 euros.

As lavanderías e as tinturerías adoitan traballar con teas delicadas, pezas en mal estado e man-chas difíciles, retos que non sempre teñen solu-ción. Son abundantes os casos similares a este. Por iso hai un regulamento específico para o sector; trátase do Regulamento regulador dos servizos de limpeza, conservación e tinguidu-ra de produtos téxtiles, coiros, peles e sintéticos, publicado no Real decreto 1.453/1987, do 27 de novembro. Nel, formúlanse polo miúdo as pre-caucións que estes negocios deben adoptar e a importancia de lle explicar á clientela os encar-gos de risco, algúns tan delicados que nin se-quera deberían admitilos. Porque un profesional non pode facer un traballo mal a propósito e, se o fai, deberá asumir as consecuencias.

Presente unha reclamación porque a razón e a lei están da súa parte. Deben cambiarlle a pe-za defectuosa gratuitamente. Se non o fan, pida axuda nalgunha organización de consumidores ou oficina pública de atención ao consumidor. A actividade dos talleres de reparación de vehí-culos está regulada polo artigo 16 do Real de-creto 1.457/1986, do 10 de xaneiro, que para as reparacións de utilitarios fixa unha garantía de 3 meses ou 2000 quilómetros, aínda que as pezas usadas poden ter un prazo de garantía maior. Se nese tempo ou quilometraxe en garantía se es-traga o que foi reparado, o taller garante, ou ou-tro no seu nome, debe volver arranxalo sen lle cobrar nada ao cliente.

Polos tempos que vostede indica, é posible que a garantía da reparación en Santander caduca-se. Pero se o taller de Madrid lle recoñeceu que aquela válvula estaba defectuosa, deben cam-biarlla a custo cero, tal e como lle dixeron. A per-da do albará da garantía por parte do taller da marca é inadmisible. Achegue na súa reclama-ción o orzamento e mais a factura da reparación que deberon entregarlle en Santander e, se non os tivese, busque testemuñas ou probas do seu paso polo taller cántabro e polo concesionario en Madrid, para o que poden servir chamadas ou mensaxes de teléfono.

CANCELACIÓNS

Devólvenlles o prezo total dunha viaxe combinada no que se suspenderon as visitas estrela programadas

Nos días previos ao comezo dunha viaxe combinada por Arxen-tina, as cinzas das erupcións do volcán Puyehue-Cordón-Caulle obrigaran a cancelar numerosos voos na zona. Malia iso, e sen ad-vertir os seus clientes, os organizadores do programa mantiveron o plan. Pero as visitas estrela tiveron que suspenderse. Catro viaxei-ros rexeitaron as alternativas ofrecidas pola axencia, volveron pa-ra a casa e demandaron o comerciante retallista e o almacenista. O Xulgado de 1.ª Instancia n.º 86 de Madrid, ratificado despois po-la Sección 20.ª da Audiencia Provincial de Madrid, na súa sentenza do 8 de xullo de 2015, decidiu que ante un suceso así os organiza-dores lles deberon devolver aos viaxeiros o prezo íntegro da viaxe e, ademais, indemnizalos. Así, os xuíces desestimaron a forza maior e condenaron as empresas a lle devolver a cada un dos catro de-mandantes o prezo total da viaxe máis un 30 % por danos morais, o que sumou un total de 18.458 euros.

CONTRATOS DE TRACTO SUCESIVO

Anulan unha cláusula penal por rescisión anticipada dun contrato de mantemento de ascensores

A comunidade de propietarios dunha urbanización cordobesa re-solveu anticipadamente o contrato de mantemento de sete ascen-sores, que previamente asinara por cinco anos, porque consideraba que o servizo era deficiente. A empresa demandou a comunidade e esixiulle unha indemnización por danos e perdas de 6250 euros (o 15 % das cotas pendentes), tal e como estipulaba unha cláusu-la penal do contrato. No entanto, a Sección 1.ª da Audiencia Provin-cial de Córdoba ditou sentenza o 28 de setembro de 2015 e eximiu a comunidade de indemnizar a compañía. Cualificou de abusiva a cláusula e anulouna, posto que o consumidor ten dereito a rescin-dir unilateralmente un contrato de tracto sucesivo (contratos de subministracións, de mantemento etc., normalmente de longa du-ración ou indefinidos), sempre que iso non lle xere ao contratista ningún prexuízo económico. E así era neste caso.

SEGUROS DE AUTOMÓBILES

Elevan o valor dun coche de idade e quilometraxe considerables porque estaba impecable

A carrocería do coche dun consumidor quedou moi danada cando outro turismo o arremeteu. A reparación custou 5821 euros, pero o seguro do vehículo culpable do accidente limitaba a indemnización a 1978 euros. Segundo a súa peritaxe, ese era o prezo de mercado do vehículo danado, un Lancia Libra 1.9, cunha idade e quilome-traxe considerables. O Xulgado de 1.ª Instancia n.º 6 da Coruña en-gadiu un factor de corrección do 30 % e fixou a indemnización en 2571 euros. Aínda así, o dono do coche sinistrado non estaba sa-tisfeito e recorreu contra a Sección 4.ª da Audiencia Provincial da Coruña, que ditou sentenza o 17 de setembro de 2015 e elevou a indemnización a 4200 euros. O testemuño do dono do taller foi de-cisivo. Este afirmou que, a pesar dos seus 161.000 quilómetros, o ve-hículo estaba “impecable” e que, ademais, se reparou pouco antes (por un valor de 1500 euros) o embrague, o freo e a distribución.

Sent

enza

s

UN CASO SIMILAR pODE MERECER UNhA SENTENzA DISTINTA

Esta sección recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan os consumidores e os usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non hai que esquecer que, ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstancias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar sentenzas distintas.

Der

eito

s

DÚBIDAS [email protected]

Se tes dúbidas legais, mándanos un correo electrónico. Tras estudar as posibilidades de cada caso, os servizos xurídicos de EROSKI CONSUMER suxiren as actuacións máis adecuadas para cada situación. Trátase só dunha orientación, posto que as cuestións xudiciais son complexas e están cheas de circunstancias que condicionan os casos e inflúen nas sentenzas. Recorda que a única contestación ás consultas que se reciban será a publicada nestas páxinas.

Consultorio

76

Page 5: Sabores con tradición - revista.consumer.esrevista.consumer.es/web/ga/20160301/pdf/revista-entera.pdf · 0,45 a 2 euros polo uso dos caxeiros automáticos. 40 RECEITAS. Menú de

Twitter é a outra rede social na que EROSKI CONSUMER (@eroskiconsumer, @E_CONSUMERma –con información espe-cífica sobre o medio natural– e @caminoasantiago –o twitter da Guía do Camiño de Santiago–) ten unha presenza moi activa. Esta é a relación dos nosos tuits máis retuiteados:

1. Entrevista a José Bellver, coordinador do estudo “A situación do mundo”: España sofre un abuso de poder do oligopolio enerxético”

2. Os 16 mellores lugares do mundo para ver aves

3. Alimentos que non deben almacenarse na neveira

Falsos mitos sobre a dieta vexetariana

Aceite de oliva, acidez e etiquetaxe

Catro pasos para non perder diñeiro en internet

A dor en España

Xa sexa por motivos de saúde ou éticos, o vexetarianismo é unha das opcións dietéticas que máis está a aumentar nas sociedades industrializadas. Existen va-rios mitos sobre este tipo de alimenta-ción que poden facer dubidar das súas bondades. Velaquí dous deles:- Os vexetarianos teñen sempre esti-los de vida alternativos. É incorrecto. Aínda que a súa introdución en Euro-pa e nos Estados Unidos si puido estar unida a motivos éticos e de cambios no estilo de vida, hoxe en día moitas persoas que desexan mellorar o seu estado de saúde optan por unha ali-mentación vexetariana.- As dietas vexetarianas implican dé-ficits nutricionais. É falso. Toda dieta vexetariana ben planificada é sauda-ble e nutricionalmente adecuada. In-cluso as dietas vexetarianas poden contribuír a unha redución na inci-dencia de enfermidades crónicas na sociedade, tales como a diabetes, a obesidade ou o cancro. Aínda así, to-da restrición dietética pode supo-ñer un risco de déficits nutricionais se non se planifica de maneira correcta. Unha dieta ovolactovexetariana e ve-gana pode implicar un risco de défi-cit de vitamina B12, iodo e vitamina D, pero se a dieta está ben planificada e organizada non ten por que supor ningún risco nutricional. É moi impor-tante acudir a un dietista-nutricionista para confeccionar e organizar a dieta, se se desexa levar un estilo de alimen-tación vexetariano.

Máis información en www.consumer.es/alimentacion.

A acidez é un parámetro que mide a cantidade de ácidos graxos libres que están presentes no aceite. Nos aceites virxes, a menor acidez, maior calida-de. E entre os distintos tipos de acei-te de oliva, un dos máis apreciados no ámbito culinario e nutricional é o aceite de oliva virxe extra, cunha aci-dez non superior a 0,8º. Na etiqueta dos aceites que se comer-cializan polo miúdo, debe figurar unha determinada información obrigato-ria: denominación de venda, identi-ficación da empresa, cantidade neta, lote, data de duración mínima (prece-dida das palabras “consumir preferen-temente antes de...”), instrucións de almacenamento, lista de ingredientes, información sobre a categoría do acei-te e designación de orixe.Pola súa banda, a información volun-taria será: - Características do sabor e propieda-des organolépticas, no caso do acei-te de oliva virxe extra e do aceite de oliva virxe.- Acidez do aceite. Se se inclúe esta información, debe ir acompañada, en letras do mesmo tamaño, de tres pa-rámetros analíticos: índice de peróxi-dos, contidos de ceras e absorbencia ultravioleta. Nalgúns casos, esta infor-mación confunde o consumidor. Para evitalo, algúns fabricantes mencio-nan outros termos, como “suave”, “in-tenso”, entre outros, que substitúen o grao de acidez que aparecía ata hai un tempo nas etiquetas.

Máis información en www.consumer.es/ seguridad-alimentaria

Os principais bancos e caixas que te-ñen presenza en España permiten operar en liña. Para non caer nas re-des dos ciberdelincuentes, débense ter en conta algúns trucos:- Asegurarse de operar en webs au-ténticas: ao conectarse co banco, hai que asegurarse de que se está na páxina auténtica. Antes de realizar cal-quera operación débese verificar que, no explorador, apareza o enderezo normal da entidade e que as páxinas nas que se pide contrasinal e usuario empecen polas letras “https”. O “s” in-dica que o intercambio de informa-ción é seguro e confidencial, como lembra Ruth García, técnica de segu-ridade do Instituto Nacional de Ciber-seguridade (Incibe). Ademais, hai que buscar un cadeado, pois este símbolo sinala que é unha páxina protexida.- Utilizar sempre un ordenador se-guro. Para que o ordenador estea en condicións óptimas de seguridade, débense considerar: reducir a canti-dade de correo non desexado (así será máis difícil que os ciberdelincuentes poidan atacar) e instalar un antivirus, un firewall e un software antispyware e asegurarse de que están actualizados.

Máis información en www.consumer.es/ economia-domestica

A dor é a causa máis común de absen-tismo laboral no noso país e, en caso de dor crónica, provoca máis gasto en atención socio-sanitaria que as enfer-midades cardiovasculares ou o cancro, segundo datos da Sociedade Española da Dor (SED). A dor é o síntoma princi-pal das consultas en atención primaria e aos especialistas e da metade das vi-sitas a servizos de urxencias. Ademais, aumenta de forma substancial o nú-mero de días de hospitalización. Non é de estrañar, por tanto, que teña unhas implicacións económicas importan-tes: adxudícaselle ata un 3 % do PIB en Europa polos seus efectos directos (re-cursos humanos e materiais, ingresos, fármacos etc.) coma indirectos (absen-tismo laboral, baixas ou diminución produtividade). A dor é un signo de alerta e permi-te coñecer que hai algo que non fun-ciona no organismo. É crónica cando se padece de forma continua durante polo menos seis meses, e aguda can-do se dá nun momento puntual.Ante un episodio de dor, o primeiro que hai que facer é acudir ao médico de atención primaria para, se é posible, deter a causa que a provoca. Se non é viable, hai que instaurar un tratamen-to de menos a máis, segundo a súa intensidade. “Non todas as persoas ne-cesitan o mesmo tratamento especia-lizado; só o máis complexo é o que ten que ser derivado ás unidades da dor”, aclara Concepción Pérez Hernández, xefe da Unidade da Dor do Hospital Universitario da Princesa de Madrid.

Máis información en www.consumer.es/salud

Os que máis gustan no noso facebook

Legumes, que propiedades teñen e como preparalas?

A 83 persoas gústalles isto

Dieta astrinxente para nenos con diarreas agudas: desaconsellable

A 83 persoas gústalles isto

Ensaladas de inverno: cinco opcións deliciosas

A 101 persoas gústalles isto

Reca

nto

do le

ctor

quenosinteresou Faite o noso amigo e síguenos nas redes

Os responsables da revista EROSKI CONSUMER atendemos directamente as inquietudes en EROSKI CONSUMER, RESPONDE.Os responsables da revista EROSKI CONSUMER atendemos as inquietudes, suxestións e impresións dos lectores sobre os contidos da publicación. A súa opinión é moi valiosa para nós e queremos contar coa súa colaboración para mellorar.

Pode contactar connosco:Por teléfono: de luns a venres, de 10:00 a 12:00 horas, en 946 211 627 e 946 211 487. Por correo electrónico: [email protected] redes sociais: a través do noso perfil en facebook e en twitter (ler as normas de uso).

o noso Top

98

Page 6: Sabores con tradición - revista.consumer.esrevista.consumer.es/web/ga/20160301/pdf/revista-entera.pdf · 0,45 a 2 euros polo uso dos caxeiros automáticos. 40 RECEITAS. Menú de

ABC dA nutriCión

Aguacate O aguacate, orixinario de América Central, toma o seu nome de ahuacatl, que no idioma dos aztecas significa-ba “testículo”, posiblemente por un suposto poder afro-disíaco. Non se demostrou a súa capacidade de mellorar a libido, pero o seu éxito na nosa cesta da compra é in-discutible. Desde un punto de vista nutricional, destaca o seu elevado contido en fibra dietética, ademais da súa no-table concentración en áci-do fólico, vitaminas B6 e C e potasio. Diferénciase doutras froitas, sobre todo, pola súa elevada cantidade de gra-xa (un 14 %), mentres que o resto das froitas non adoitan superar o 1 %. Esta caracterís-tica fixo que moitas persoas sospeiten que esta froita xe-ra unha ganancia de peso ou eleva o risco cardiovascular. Porén, os datos dispoñibles non só non confirman que o aguacate promova a obesida-de, senón que é posible que diminúa o risco de padecer esta doenza a longo prazo. En canto ao risco cardiovas-cular, un estudo recollido en xaneiro de 2015 na revista Journal of the American Heart Association, observou que o consumo diario de aguacate podería diminuír as cifras de colesterol sanguíneo. O moti-vo está nos efectos combina-dos dos seus compoñentes: graxas monoinsaturadas (co-mo as do aceite de oliva), fibra dietética e esterois vexe-tais (os que se engaden a de-terminados iogures que se venden para diminuír o co-lesterol). No aguacate, tamén se poden atopar unha lon-ga lista de substancias bioac-tivas, cuxos efectos sobre a saúde aínda se descoñecen.

FÁLASE dE…

Non aos avais de alimentos insánsA Asemblea Xeral da Organi-zación Médica Colexial (OMC) aprobou o mes pasado un-ha declaración, elaborada po-la súa Comisión Central de Deontoloxía, que se centra nos conflitos éticos e deontolóxi-cos xerados pola publicidade indirecta de alimentos insáns mediante o aval de entidades sanitarias. Concluíuse que “é contrario á ética avalar produ-tos alimenticios de dubidoso beneficio para a saúde”. Diversas sociedades científi-cas acompañan co seu selo alimentos cuxo perfil nutri-cional non é o máis adecua-do, como cereais de almorzo cunha alta proporción de azucres, galletas, bebidas azucradas deportivas ou mesmo salchichas. Esta prác-tica, en opinión da OMC, vul-nera o Código de deontoloxía da profesión médica e trátase “dunha forma de publicidade subliminar”. Institucións, organizacións e sociedades científico-médi-cas non poderán acompañar co seu nome ou selo artigos que non conten con eviden-cias científicas claras de que supoñen un beneficio para a saúde. O Código deonto-lóxico é de obrigado cum-primento, rexe as condutas individuais dos médicos e obriga a que as sociedades profesionais teñan un ade-cuado comportamento ético.

oS ConSELLoS do mES

Precaución coas plantas medicinaisNin as plantas medicinais nin os complementos alimenticios pasan as duras esixencias ás que son sometidos os fármacos antes da súa comercialización. De feito, cando unha planta medicinal supera un estudo rigoroso e demostra a súa efectividade e a súa ausencia de riscos para a saúde, a principal preocupación dos profesionais sani-tarios é que pase a formar parte dos fármacos, entre outros moti-vos porque isto permite controlar a dose eficaz e segura. A día de hoxe, o consumo de plantas medicinais supón correr va-rios riscos: inefectividade para tratar a enfermidade; interacción con medicamentos, con outras plantas medicinais ou con com-plementos alimenticios; contaminación con outras substancias (por exemplo, os metais pesados); adulteración con fármacos ou toxicidade dun ou varios dos compoñentes da planta.A este respecto, unha investigación acaba de sacar á luz un no-vo risco, e é que os pacientes reducen a súa adherencia (cumpri-mento constante) á pauta dun fármaco. Un total de 240 persoas maiores participaron neste estudo, que comprobou que can-to máis se usan as plantas medicinais, menor adherencia hai aos fármacos prescritos polo médico. Esta é unha observación preocupante, dada a gran cantidade de persoas que utilizan esta clase de terapias alternativas. En opinión do profesor Edzard Ernst, investigador alemán dedica-do ao estudo crítico das terapias alternativas, pódense producir dúas situacións paradoxais: se as plantas medicinais non afectan a adherencia ás pautas médicas, aumenta o risco de que interac-cione cos fármacos prescritos polo médico. En caso contrario, se afecta a adherencia ás pautas médicas, hai máis posibilidades de sufrir doenzas causadas pola falta dun fármaco.

O bebé non durmirá toda a noite por comer máisUnha das estratexias máis utilizadas polos pais para tentar que os seus bebés durman ben toda a noite sen espertar é facer modifi-cacións dietéticas. Consideran que un estómago cheo xera máis somnolencia e, por tanto, promove máis horas de soño seguidas. É por iso que en moitas ocasións se utiliza nos bebés máis maio-res (que xa toman alimentos complementarios) leite de fórmu-la en vez de leite materno (para que o neno coma máis) ou unha maior cantidade de alimentos sólidos. A pesar do común destas prácticas, ningunha investigación ri-gorosa sustenta a súa validez. De feito, un estudo publicado en xuño de 2015 na revista científica Breastfeeding Medicine non ob-servou relación ningunha entre a cantidade ou o tipo de comi-da e o patrón de sono dos bebés. A investigación levouse a cabo con 715 familias con fillos de entre seis e doce meses de idade. Comprobouse que o 79 % dos bebés espertaban de forma re-gular como mínimo unha vez cada noite, sen influír se o bebé tomaba unha fórmula infantil ou leite materno ou se consumía máis ou menos alimentos sólidos.A implicación deste estudo é notable, dado que moitas nais deixan de aleitar (unha práctica que protexe a nais e fillos de nu-merosas enfermidades) debido á falsa crenza de que o biberón ou as papas farán que durman máis.

Gustaríame saber que teñen os iogures bebibles con L-casei e vitamina B6 que recomendan os pediatras e os médicos de cabe-ceira para os adultos. A min non me gustan, pero o médico acon-selloumos. Di que son bos para min, sobre todo, por que estou tomando tres pastillas pola mañá.Ese tipo de iogures promóvense moito pola

súa suposta capacidade de mellorar o sis-tema inmunitario. Algúns estudos preli-minares publicados entre finais de 1999 e principios do ano 2000 observaron que un tipo de bacteria denominada Lactoba-cillus casei DN-114.001, desenvolvida pola empresa Danone, podería modular a res-posta inmunitaria.

En 2006, a máxima axencia europea en materia de lexislación alimentaria, a Auto-ridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA, nas súas siglas en inglés), publicou un regulamento de obrigado cumprimen-to, segundo o cal as probas para acompa-ñar un alimento ou unha substancia dunha declaración de saúde debían ser fidedig-nas. Nin a citada bacteria nin ningunha ou-tra pasaron polo estrito filtro da EFSA.

Con todo, as empresas engadíronlles aos seus iogures vitaminas implicadas no fun-cionamento do sistema inmunitario, co-mo a vitamina B6 ou a vitamina E, cuxa carencia non é habitual na poboación es-pañola. Isto pódese comprobar na Enqui-sa Nutricional de Inxestión Dietética en España (ENIDE) levada a cabo polo Minis-terio de Sanidade.

Así, salvo se vostede presenta unha defi-ciencia ben diagnosticada destas vitami-nas, este tipo de iogures non van ser máis beneficiosos para vostede ca un iogur tra-dicional. Tales vitaminas tamén pode ato-palas en alimentos moi saudables, como poden ser os froitos secos (améndoas, abelás, noces etc.).

Estou un pouco preocupada sobre o mercurio que parecen con-ter algúns peixes coma o atún. Pódenme dicir como se sabe se un peixe contén mercurio e en que outros peixes se pode atopar?A información máis fiable sobre a presenza

de mercurio no peixe proporcionouna en febreiro de 2015 a Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nu-trición (Aecosan). Pódeo comprobar nesta ligazón: www.goo.gl/rwv7bw.

Segundo a Aecosan, os posibles efectos negativos do mercurio na saúde só son preocupantes nos nenos ou nas mulle-res embarazadas ou lactantes. No caso das mulleres embarazadas, ou que poidan chegar a estalo, débese protexer o feto contra os efectos adversos no neurodes-envolvemento do metilmercurio. No caso das mulleres que aleitan, tamén é conve-niente emitir recomendacións porque o mercurio pode aparecer no leite materno e o cerebro do bebé desenvólvese tamén despois do nacemento.

A Aecosan mantén unha serie de reco-mendacións dirixidas a estes grupos de poboación que xa emitiu en 2011. Son as seguintes: as mulleres embarazadas (ou que poidan chegar a estalo), as mulleres en fase de lactación e os nenos de pouca idade (menores de tres anos) deben evitar o consumo de especies de peixe con con-tidos de mercurio máis altos. Esas espe-cies son o peixe espada, a quenlla, o atún vermello e o lucio. A recomendación é distinta no caso de nenos de idades com-prendidas entre os 3 e 12 anos, que han de limitar o consumo das citadas especies a non máis de 50 gramos á semana ou 100 gramos cada dúas semanas.

os expertos nutricionistasDE EROSKI CONSUMER RESPONDEN

O obxecto do Consultorio Nutricional é ofrecer unha resposta ás dúbidas que lles poden xurdir aos consumidores sobre calquera aspecto vinculado coa alimentación, nutrición e dietética. Os nosos expertos nutricionistas seleccionarán de entre todas as cuestións que cheguen a través do consultorio en liña, dispoñible en www.consumer.es/alimentacion, dúas consultas, que se responderán nesta sección da revista.

10 11

Page 7: Sabores con tradición - revista.consumer.esrevista.consumer.es/web/ga/20160301/pdf/revista-entera.pdf · 0,45 a 2 euros polo uso dos caxeiros automáticos. 40 RECEITAS. Menú de

gu

ía d

e co

mp

ra c

ho

cola

tes

de

face

r

“Chocolate frío, bótao ao río”. Así reza un co-ñecido proverbio que nos lembra que é mellor servir o chocolate quente. Pero non demasiado, porque “chocolate, pouco cocido e pouco movi-do”. Estes dous refráns serven para mostrar a importancia do chocolate “á española” no fol-clore do noso país. Este delicioso produto chega a Europa a prin-cipios do século XVI. Fíxoo rodeado de mitos, como o do seu papel na dieta de deuses de imprecisa antigüidade ou os seus supostos po-deres terapéuticos, estimulantes ou calmantes. Cando chega a España? Non está claro, pero parece que os primeiros españois en probalo foron os monxes cistercienses de Aragón. Si se sabe que ata comezos do século XVII non se depurou o modo de fabricación do chocolate e, tamén, que ata principios do século XX os españois o consideraban unha bebida. Agora, non obstante, a palabra lémbranos un produto sólido a temperatura ambiente.A partir do momento no que a poboación apren-de a preparar un bo chocolate, aparecen as primeiras “chocolatadas”; é dicir, o costume de beber chocolate en grupo, tal e como reflicten innumerables cadros e gravados.

Pronto, sen acabar o século XVII, o chocolate quente deixaría de ser exclusivo da aristocracia para ser consumido en todos os fogares espa-ñois. Con todo, o gran momento do chocolate é o século XVIII, cando se impuxo en todas par-tes, ata o punto de que nas rúas de Madrid era normal atopar moitísimos postos de venda de chocolate en xícaras. No século seguinte, o almorzo tradicional de media Europa, pero sobre todo de España, era o chocolate. O seu baixo prezo, a súa achega calórica e, sobre todo, o seu delicioso sabor, que combina dozura e amargor, contribuíron sen dú-bida ao éxito de churrerías como Can Culleretes, en Barcelona, que naceu en 1786, ou outra aín-da máis antiga, que data de 1700, Can Joan de S’Aigo, en Palma de Mallorca. Tamén foi famosa, en Madrid, Doña Mariquita, xa desaparecida.Non en todas as cidades de España se acompa-ñaba o chocolate de facer co mesmo elemento. Mentres en Barcelona se servía con biscoitos de soleta e sequillos, en Valencia facíano con po-rras e chulas e, en Madrid, con churros (de feito, moitas chocolaterías denomínanse hoxe “churre-rías”). O que si tiñan en común todas estas cho-colaterías era a textura do chocolate, moito máis espeso do que era noutros países europeos.

Chocolates de facer, unha cunca de tradiciónOs adultos consomen unha media de 81 gramos de chocolate de facer ao mes, cifra que non lles preocupa ás autoridades sanitarias, aínda que lembran que, como todo alimento rico en azucre, debe consumirse de forma ocasional

12 13

Page 8: Sabores con tradición - revista.consumer.esrevista.consumer.es/web/ga/20160301/pdf/revista-entera.pdf · 0,45 a 2 euros polo uso dos caxeiros automáticos. 40 RECEITAS. Menú de

gu

ía d

e co

mp

ra c

ho

cola

tes

de

face

rTiposO chocolate de facer tradicional denomínase “á española”. Aínda que sorprenda, o certo é que se elabora con auga e non con leite. Para facer catro cuncas, quéntase un litro de auga e engádese, cando estea quente, 250 gra-mos de chocolate para cocer. Cando se disolva, vólvese quentar ata que ferva. No momento en que empeza a ferver, retírase a cazola do lume e espérase a que deixe de burbullar. Nese momento, vólvese poñer a cazola ao lume, de novo, ata que ferva. Este proceso debe repetir-se tres veces, e sen deixar de remover cunha culler de madeira. O obxectivo é que quede un chocolate ben denso. Se no canto de auga se usa leite, entón trá-tase de chocolate “á francesa”, e se se lle engade nata montada á cunca de chocolate (metade chocolate, metade nata), é un “cho-colate suízo”. En todo caso, os tres tipos máis habituais de preparados para elaborar chocolate de facer que se atopan no mercado son:

A partir de cacao azucrado en po.A partir de libras de chocolate.Xa listo para consumir (basta con quentar o preparado).

O chocolate de facer empeza a perder peso na nosa dieta coa aparición do chocolate en esta-do sólido (como libras de chocolate e bombóns), cara a 1870. Este tipo de chocolates púidose producir grazas a enormes avances tecnolóxi-cos que fraguaron o éxito de grandes industrias do chocolate como Suchard, Lindt e Nestlé. Ta-mén en España nacen nesa época empresas chocolateiras emblemáticas como Nutrexpa, Elgorriaga, Valor ou Lacasa. A comezos do sé-culo XX, o éxito dos chocolates de onza é tan incuestionable como o seu papel nas merendas: pan con chocolate.A Guerra Civil reduciu o consumo de chocolate por mor da falta de abastecemento, o que deu lugar a substitutos como o chocolate de alfa-rroba. O chocolate de facer tamén sufriu outro revés inesperado: o éxito das cafeterías. O acto social de compartir un chocolate xunto a fami-liares ou amigos substitúese de forma progresi-va por tomar café. Os consumidores inclínanse cada vez máis polas cafeterías, en detrimento das chocolaterías, que pasan só a conservar un papel importante no inverno. Sexa como for, neste momento, España está en-tre os primeiros produtores mundiais de cho-colate para confeitería e o noso consumo deste produto vai en aumento.

o seu lugar na dieTaComo todo alimento rico en azucre, convén saber que un consumo excesivo de chocola-te desequilibraría a nosa dieta. As actuais cifras de obesidade en adultos e nenos re-quiren que sexamos conscientes de que to-mamos demasiado azucre (uns 100 gramos diarios). Debemos comprender a diferenza entre consumo ocasional (unhas poucas veces ao mes) e consumo habitual (varias veces por semana). No caso do chocolate de facer, un consumo ocasional permitiranos gozar do seu impagable sabor sen ningún remordemento.En todo caso, segundo a Enquisa Nacional de Inxestión Dietética en España (ENIDE), os adultos españois toman, de media, 81 gramos de chocolate de facer ao mes. A iso convén sumar outros 73 gramos mensuais de chocolate negro e 14 gramos mensuais de chocolate con leite (ambos en forma de libra de chocolate). Como se pode observar, non son cifras que lles preocupen ás autoridades sanitarias. Con todo, si é máis alarmante o consumo de chocolate e produtos con chocolate en ne-nos, tanto polo seu volume (están entre os alimentos que máis contribúen ao consumo de azucres en nenos) coma polo feito de que

Estudos sobre o chocolate mal interpretados> Chocolate e premios Nobel: relación, pero non causalidade. Hai uns anos, un estudo avaliou se existía relación entre a frecuencia de consumo de chocolate nun país e o número de premios Nobel gañados por ese país. En concreto, observouse que Suíza, Austria, Dinamarca ou Noruega, que toman máis cantidade chocolate, teñen máis premios Nobel.

Con todo, aínda que moitos medios de comunicación comen-taron a investigación e lle atribuí-ron ao chocolate o éxito académi-co ou intelectual, o certo é que os

propios autores do estudo especi-ficaron que o que querían probar era que “correlación non implica causalidade”. É dicir, o chocolate e os premios Nobel están rela-cionados, pero un non é a causa do outro. E esta correlación pode explicarse: en países cun alto nivel socioeconómico e cultural, nos que por diversos motivos é máis frecuente comer chocolate, é lóxico que existan máis probabili-dades de obter un premio Nobel.

> Chocolate, densidade ener-xética e obesidade. De igual maneira que sucede co exemplo dos premios Nobel, tamén se interpretaron equivocadamente algúns estudos relacionados co chocolate e a obesidade.

Así, en febreiro de 2014, publi-couse un estudo que observou unha relación entre o consumo de chocolate e menores taxas de obe-sidade. A pesar de que a investiga-ción non probou que a inxestión

de chocolate fose a causa das menores cifras de exceso de peso, moitos medios de comunicación esaxeraron e malinterpretaron os seus resultados.

As explicacións á observación, ademais do azar (que ocorre en moitas ocasións), son múltiples. Unha delas é que os pais de nenos sen obesidade permiten que os seus fillos consuman máis choco-late porque non están tan preocu-pados pola súa saúde. Tamén é plausible que os pais de nenos delgados poñan máis chocolate ao alcance dos seus fillos para que engorden. Ou, coma no caso dos premios Nobel, é posible que as familias cun maior nivel socioeco-nómico teñan máis chocolate na casa (o nivel socioeconómico adoi-ta asociarse con menores taxas de obesidade).

Do que ninguén dúbida é de que o chocolate é un alimento cunha alta densidade enerxética; é dicir,

que achega moitas calorías con pouco volume. Está ben estableci-do que, salvo excepcións (como os froitos secos) o consumo habitual de alimentos con alta densidade enerxética contribúe ao risco de obesidade a longo prazo. No Consenso español de prevención e tratamento para a obesidade, publicado en 2012, chegouse á con-clusión de que os patróns alimen-tarios de alta densidade enerxética poden conducir a un incremento de peso en adultos. Tamén se indicou que o aumento de peso pode previrse mediante dietas que conteñan alimentos con baixa densidade enerxética.

Considérase que un alimento cunha densidade enerxética supe-rior a 225-275 quilocalorías por 100 gramos incrementa o risco de obesidade, en tanto o chocolate negro coma o chocolate con leite duplican esta cifra.

case a metade dos nenos teñen exceso de peso. Unha recente investigación comprobou que, ao cabo do ano, os nenos chegan a con-sumir o seu peso en azucre, por iso é polo que convén enviar mensaxes de moderación sempre que esteamos ante un produto que contribúa á xa elevada cantidade de azucre que toman os nosos nenos.Neste sentido, o chocolate xoga un papel im-portante na promoción dunha doenza cada vez máis frecuente: a carie dental. Case un de cada dez españois presenta algunha di-ficultade para comer por mor de problemas dentais. A carie non só exerce dor ou problemas físi-cos ou mecánicos, tamén inflúe na comunica-ción e, non menos importante, na capacidade de alimentarse. E, tamén, na autoestima, xa que unha boca cuns dentes cariados inflúe na aparencia externa. Algúns estudos relaciona-ron unha maior frecuencia de carie con certos trastornos sociais. Por todo o anterior, tanto os adultos coma os nenos deben cepillar ben os dentes despois de consumir alimentos azucrados, como é o caso do chocolate (sexa á cunca, en forma de libras de chocolate sexan produtos elabora-dos con chocolate).

1514

Page 9: Sabores con tradición - revista.consumer.esrevista.consumer.es/web/ga/20160301/pdf/revista-entera.pdf · 0,45 a 2 euros polo uso dos caxeiros automáticos. 40 RECEITAS. Menú de

gu

ía d

e co

mp

ra c

ho

cola

tes

de

face

rUnhas controvertidas propiedades do chocolateSe os aztecas lle atribuían propiedades sobre-naturais ao chocolate e o usaban en cerimonias relixiosas, hoxe moitos atribúenlle propieda-des antioxidantes, e mesmo hai quen o usa en substitución dun bo estilo de vida. No entanto, vale a pena poñer todas estas propiedades en corentena.

Algúns estudos observaron posibles beneficios atribuíbles ao consumo de chocolate negro (cuxa proporción nunha cunca de chocolate dependerá da cantidade de chocolate que se use), pero os seus resultados non son concluíntes. Un deses beneficios é unha modesta diminución das cifras de tensión arterial.

A última revisión científica sobre esta cuestión levouna a cabo o doutor Dariush Mozaffarian, do Departamento de Nutrición da Universidade de Harvard. Mozaffarian, un dos máis recoñecidos expertos mundiais en nutrición, acaba de revisar de forma exhaustiva diferentes alimentos implica-dos na saúde cardiovascular. A súa investigación, recollida na revista científica Circulation, detalla que os posibles beneficios do cacao ou do choco-late son pequenos. Lembra que existe unha gran heteroxeneidade nos estudos dispoñibles, pero que non hai aínda investigacións a longo prazo (necesarias para confirmar os achados dos estudos preliminares) e que aínda non se sabe se existe unha dose-resposta (a máis cacao, máis benefi-cios?). En suma, explica que é unha cuestión con moitas controversias e demasiadas incertezas.

ENERXÍA GRAXA GRAXA SATURADA SAL AZUCRES FIBRA

(kcal) % IR(1) (g) % IR(1) (g) % IR(1) (g) % IR(1) (g) % IR(1) (g) % IR(1)

en poIbercacao 191,2 9,6 6,3 8,9 3,9 19,5 0,2 3,3 21,5 23,9 2,1 8,8

Paladin 229,0 11,5 6,4 9,1 3,9 19,5 0,3 5,0 29,0 32,2 Sen datos Sen datos

en LIBRANatra 288,2 14,4 15,5 22,1 9,5 47,5 0,2 3,3 26,2 29,1 1,9 7,9

Alipende 260,2 13,0 13,7 19,5 8,4 42,0 0,2 3,3 24,5 27,2 2,0 8,3

LIsto pARA tomARPuleva 200,0 10,0 3,2 4,6 2,2 11,0 0,4 7,0 32,0 35,6 1,0 4,2

Valor 190,0 9,5 1,4 2,0 0,8 4,0 0,2 3,3 34,0 37,8 Sen datos Sen datos

UNHA RACIÓN: unha cunca

PRINCIPAIS PROPIEDADES DO CHOCOLATE DE FACERQUE NOS MOSTRA O SEMÁFORO NUTRICIONAL?*

*Semáforo nutricional de 6 tipos de chocolate de facer, segundo unha ración de consumo: unha cunca. (1) Indica a proporción achegada respecto da inxestión de referencia (IR) que unha persoa adulta necesita inxerir de cada nutriente: 2000 kcal, 70 g de graxa, 20 g de graxa saturada, 90 g de azucres, 6 g de sal e 24 g de fibra. O semáforo nutricional baséase nun sistema de cores: verde-baixa cantidade (a achega é menos do 7,5% da IR), amarelo-cantidade media (entre o 7,5% e o 20%) e laranxa-cantidade alta (máis do 20%).

semáforo nuTricionalPara elaborar o semáforo nutricional, utilizáronse os tres tipos de chocolates de facer: os elaborados a partir de cacao en po con azucre, os que se fan a partir de chocolate en libra e os que se comer-cializan listos para tomar. En materia de enerxía, o semáforo nutricional in-dica que un chocolate de facer elaborado con li-bras de chocolate ten unhas 80 quilocalorías máis ca o resto. Isto débese ao seu maior contido en graxa (preto de dez gramos máis ca o resto de preparacións). Sexa como for, no apartado de enerxía, todos os produtos analizados destácanse cunha cor ama-rela, polo que non se debe abusar deste produto; sobre todo, se nos preocupa a evolución do noso peso ou se tentamos perder quilos.A este respecto, os chocolates listos para tomar, a pesar de ter bastantes menos graxas ca o resto (entre a metade e unha terceira parte), achegan case as mesmas calorías. A explicación ao seu baixo contido en graxas é que se elaboran con leite desnatado e contan cun similar contido caló-rico porque conteñen máis azucres ca o resto de produtos. É posible que isto último o faga o fabri-cante para que o seu sabor non se vexa afectado pola menor proporción de graxas (os alimentos con máis graxas adoitan ser máis saborosos).Pola súa banda, nos chocolates de facer elaborados con libras de chocolate, pódese observar un contido superior en graxas saturadas (no semáforo márcan-se en laranxa). Con todo, os estudos realizados so-bre o chocolate non observan prexuízos atribuíbles ás graxas saturadas deste alimento (hai distintos tipos de graxas saturadas e non todas exercen os mesmos efectos no organismo). De feito, cada vez

máis investigacións sinalan ca é mellor fixarnos no perfil xeral do alimento que nun nutriente concreto, salvo no caso de azucres e do sal.Na última década, numerosas investigacións con-firmaron que os nutrientes máis implicados no risco de enfermidades crónicas relacionadas coa alimentación son o sal e o azucre. O sal non debe preocuparnos no caso do chocolate de facer, pero si o azucre. No semáforo, todos os produtos analiza-dos etiquétanse cunha cor laranxa, o que alerta da alta porcentaxe de azucre que conteñen, maior nos chocolates listos para tomar; en concreto 8 gramos máis por cunca (unhas dúas culleriñas de café).Ningún dos chocolates analizados supón unha preocupación polo seu contido en sal. En canto á fibra dietética, como o chocolate é un produto de orixe vexetal, presenta un contido moi interesante de fibra, que oscila entre un 5 % e un 10 % das recomendacións de inxestión. Por último, o chocolate de facer, se se elabora con leite, é fonte de calcio, un nutriente coñecido polo seu papel na formación de ósos e dentes. Porén, recentes estudos desmenten a crenza de que can-to máis calcio, mellor para os ósos (en nutrición non sempre “máis é mellor”). Pola súa banda, se o chocolate de facer se elaborase sen leite e cun-ha alta proporción de chocolate, é posible que tamén sexa fonte de certos micronutrientes como selenio ou zinc. A pesar diso, tanto nun coma noutro caso os po-sibles beneficios vense escurecidos pola eleva-da achega de calorías e azucre do produto. Isto último, que pode resultar beneficioso en épocas de escaseza alimentaria, non o é no noso medio, no que un dos principais problemas nutricionais aos que nos enfrontamos é a obesidade tanto en adultos coma en nenos.

Mellora a libido?Tomar un chocolate quente serve como afrodi-síaco natural? Os aztecas usábano para mellorar a libido, convencidos das súas propiedades afro-disíacas. De feito, hai probas de que na Europa do século XVII moitos profesionais sanitarios confiaban no suposto poder afrodisíaco do chocolate. Porén, nin os aztecas nin os antigos sanitarios europeos estaban no certo.

A EFSA, a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria, non atopa probas científicas que permitan acompañar o chocolate ou os seus compoñentes de melloras no estado de ánimo, na libido ou na saúde sexual. É probable que esta crenza garde relación co exquisito sabor e a palatabilidade do chocolate.

En realidade, tomar moito chocolate é probable que deteriore a longo prazo a nosa saúde sexual porque se trata dun alimento cunha alta densida-de calórica. Así, un consumo habitual e frecuente incrementará o noso risco de obesidade ou diabe-tes tipo 2, dúas doenzas que se relacionan cunha peor saúde sexual. Unha investigación recollida no British Medical Journal en 2010 foi máis alá: constatou que quen ten unha boa saúde presenta case o dobre de posibilidades de estar interesado no sexo que alguén con mala saúde.

1716

Page 10: Sabores con tradición - revista.consumer.esrevista.consumer.es/web/ga/20160301/pdf/revista-entera.pdf · 0,45 a 2 euros polo uso dos caxeiros automáticos. 40 RECEITAS. Menú de

gu

ía d

e co

mp

ra c

ho

cola

tes

de

face

r

suxesTións de compraUnha vez analizados, desde un punto de vista nutricional, os cho-colates de facer, e tendo en conta que o seu consumo debe ser oca-sional tanto en adultos coma en nenos, propóñense a continuación algunhas suxestións que cativarán mesmo os padais máis esixentes. Para iso, utilizouse o chocolate de facer e tamén a cobertura de chocolate (ou fondant) con máis ou menos pureza. Neste sentido, convén lembrar que este chocolate será máis amargo canto máis puro sexa (60 %-70 % de cacao etc.) e que a súa facilidade á hora de desfacelo é debido ao seu alto contido en manteiga de cacao.

o mellor para unha merenda Para este momento do día, é reco-mendable seleccionar o chocolate de facer alixeirado con leite ou ben con auga e leite. O resultado é un chocolate ideal para acompa-ñar ou para mollar nel un biscoito ou uns churros.

o mellor para cubrir un biscoito ou unha torta Non é aconsellable usar chocolate de facer á hora de cubrir un biscoito ou unha torta. O mellor é utili-zar cobertura de chocolate, tamén chamada fondant. Xeralmente, esta cobertura non deberá ter demasiada pureza, xa que amargaría un pou-co o conxunto. Cun 60 % de cacao adoita ser suficiente.

Existe a adicción ao chocolate Moitísimas persoas aseguran ter unha “adicción” ao chocolate. Con todo, para os profesionais sanitarios, unha adicción debe cumprir unha serie de características que non parecen cum-prirse no caso da propensión para consumir moito chocolate. Tales características detallou-nas en 2012 a Academia de Nutrición e Dietética (AND). Na súa opinión, unha dependencia ou unha adicción a unha substancia debe cumprir tres destes sete criterios nalgún momento ao longo dun ano:

> Tolerancia. A dose da substancia consumida debe ser cada vez máis alta para poder obser-var o mesmo efecto.

> Deben existir síntomas claramente atribuíbles á abstinencia.

> Debe haber un consumo cada vez maior da substancia e durante máis tempo do previsto.

> O suxeito debe sufrir un desexo persistente de consumir a substancia ou debe presentar unha incapacidade patente de reducir ou controlar o uso da devandita substancia.

> O individuo debe gastar moito tempo na pro-cura ou no consumo da substancia, ou na recu-peración dos efectos que exerce no seu corpo.

> O uso da substancia debe interferir nas activi-dades do día a día do individuo.

> O individuo continúa co consumo da subs-tancia, a pesar de que esta exerce un dano constatable.

Para o AND, non está probado que exista a adicción ao chocolate. Ademais, en opinión de diversos expertos do Departamento de Nutrición da Universidade de Harvard, a hipótese de que existen alimentos adictivos é interesante, pero non está probada mediante estudos rigorosos. É posible, desde o seu punto de vista, que ademais do gran sabor de alimentos como o chocolate, inflúan de forma notable as grandes campañas publicitarias que rodean este tipo de produtos.

o mellor para combinar con froitas De novo, a cobertura de chocola-te ou fondant é ideal para mes-turar con froitas. A proporción de pureza pode ser dun 70 % e máis porque é a que mellor se adapta ás texturas das froitas e permite combinar a dozura das froitas co amargor do chocolate puro. Unha deliciosa mestura.

para os nenos Os máis pequenos da casa go-zarán cun chocolate de facer no almorzo ou na merenda. Con todo, para comer, é mellor o chocolate con leite. A pesar de ser máis do-ce, é máis suave para o padal dos nenos. Iso si, convén lembrar que todos os tipos de chocolate deben consumirse sempre de forma moi ocasional (algunha vez ao mes), xa que conteñen moito azucre.

1918

Page 11: Sabores con tradición - revista.consumer.esrevista.consumer.es/web/ga/20160301/pdf/revista-entera.pdf · 0,45 a 2 euros polo uso dos caxeiros automáticos. 40 RECEITAS. Menú de

gu

ía d

e co

mp

ra c

ho

cola

tes

de

face

r

Chocolate e cafeínaA cantidade de cafeína do chocolate preocúpa-lles a moitos pais e ás mulleres embarazadas, pero o certo é que o seu contido en cafeína é moitísimo máis baixo que o presente no café ou nas chamadas “bebidas enerxéticas”.

Así, mentres que unha cunca estándar de café exprés ou unha lata de 250 ml de bebida enerxética achegan entre 80 e 100 miligramos de cafeína, unha ración de chocolate de facer achega uns 20 miligramos menos de cafeína. Considérase que as embarazadas non deberían tomar máis de 4,6 mg de cafeína por kg de peso ao día, unha cifra que nos nenos diminúe a un máximo de 2,5 mg por kg de peso ao día.

É difícil que as embarazadas e os nenos supe-ren estes límites a partir do chocolate. Con todo, as “bebidas enerxéticas” están desacon-selladas tanto no embarazo coma nos menores de idade porque se sospeita que poidan exer-cer efectos adversos no feto, nos nenos ou nos adolescentes.

Para gustos, os formatos. Así podería resumirse a idea principal deste apartado. O chocolate de facer é un produto de consumo ocasional, abocado ao gozo, de modo que elección dun tipo ou outro de formato debería res-ponder, ante todo, ás nosas preferencias. Pero, e as necesidades? Que se pode ter en conta para decidirse, ademais do gusto?

> Se é por economizar tempos (e enerxía), o chocolate que xa vén preparado, listo para quentar e consumir, é o máis recomendable e o máis práctico. O choco-late en po é tamén moi útil, aínda que require algo máis de dedicación. Por último, a libra de chocolate introducirá a tradición na nosa cociña, aínda que nos demandará máis tempo, do noso e do noso fogón. Aínda que non sexa o aspecto máis relevante de todos, convén ter en conta que realizar un chocolate de facer partindo dunha libra de chocolate consumirá máis enerxía que simplemente quentar un chocolate xa elaborado.

> Os chocolates en po son, en termos xerais, máis baratos ca o resto. A variedade de prezos é ampla: un quilo pode custar menos de 3,30 euros (EROSKI) e máis de 11 euros (Valor sen azucre). Con todo, un quilo de chocolate en po rende moito máis (catro veces máis, aproximadamente) ca un litro de chocola-te listo para consumir.

> Os chocolates listos para consumir preséntanse con prezos bastante parecidos entre as distintas marcas. As máis baratas son EROSKI e Ram, ambas por baixo de 1,90 euros o litro. Comparados cos chocolates en po, son máis caros porque renden menos. Porén, non fai falta engadir nada máis, nin auga, nin leite, nin azucre..., nin un tempo prolongado de cocción.

> As libras de chocolate teñen unha vantaxe sobre os demais: hai maior variedade. Probablemente, por ser a base máis tradicional para elaborar chocolate de facer, atopamos máis marcas e tamaños no mercado. Hai barras de 200 gramos, de 250 gramos e de 300 gramos, o que permite escoller en función da cantida-de de persoas que o vaian consumir. A variedade de

prezos é tamén importante: vai de algo menos de 5 euros/kg a case 11,50 euros/kg. As marcas máis

económicas son EROSKI, Valor e Lacasa. As máis caras, Corona e Pedro Mayo especial.

www.consumer.es

Apuntamentos para o aforro

2120

Page 12: Sabores con tradición - revista.consumer.esrevista.consumer.es/web/ga/20160301/pdf/revista-entera.pdf · 0,45 a 2 euros polo uso dos caxeiros automáticos. 40 RECEITAS. Menú de

alimentación

O almorzo, o rei das comidasConvén seleccionar coidadosamente os alimentos que se van inxerir á primeira hora da mañá, así como controlar o tamaño das racións

Encántanos almorzar, pero adoi-tamos seleccionar mal os ali-

mentos que inxerimos á primeira hora da mañá. Segundo diversas investigacións, a calidade nutricio-nal dos nosos almorzos deixa moito que desexar. A bolería está dema-siado presente, cando debería ser algo excepcional.A primeira comida do día é vital. Xa o di o refrán: “almorza coma un rei, come coma un príncipe e cea coma un esmoleiro”. Pero convén elixir co-rrectamente os alimentos que se van

incluír. Unha das preguntas que máis escoitan os nutricionistas

é: “que almorzo?”. Se se evitan os produtos insáns, como bebidas azu-

Leite ou lácteos. Leite, iogur ou queixo son tres dos alimentos máis frecuentes no almorzo. É impres-cindible almorzar un lácteo? Non, entre outros motivos porque, salvo o leite materno, non hai ningún ali-mento que sexa insubstituíble. Pero iso non significa que sexan prexudiciais, como tamén cre cer-to sector da poboación. Os lácteos non elevan o risco cardiovascular, nin tampouco o de cancro nin ou-tras patoloxías crónicas. Tamén é preciso saber que, a pesar de que moitas persoas están convencidas de que a máis lácteos máis saúde ósea, un estudo publicado en 2015 na revista British Medical Journal por Mark J. Bolland e os seus co-laboradores non confirmou esta hi-pótese. Tras unha extensa revisión da literatura científica, os autores concluíron que “a inxestión dieté-tica de calcio non está relaciona-da co risco de fracturas (óseas) e non hai probas de que aumentar a inxestión de calcio preveña as fracturas”.Sexa como for, pódense tomar lác-teos no almorzo, sempre que non se engada moito azucre ou cacao azucrado en po (non máis dunha culleriña).

Galletas. A bolería (croissant, ma-dalenas, palmeiras etc.) non é un grupo de alimentos saudable. As galletas, pola súa composición, for-man parte da categoría “bolería”, algo que recoñece o Ministerio de Sanidade. O consumo esporádico de galle-tas non supón risco ningún, pero ao tratarse dun produto con moitos azucres (rolda o 20 % do seu peso en azucre), e ademais moi consumido,

é preciso que reservemos as galletas para ocasións especiais e non para o día a día. E máis se temos en conta que o exceso de peso infantil supera o 30 % da po-boación, unha cifra que se duplica no caso dos adultos. Por tanto, pódense substituír as galletas por un saudable puñado de froitos secos.

Cereais de almorzo. A pesar de que a súa denominación comercial con-vida a pensar que hai que almorzar esta clase de cereais, a verdade é que na súa maioría son produtos moi azucrados. Unha análise de EROSKI CONSUMER observou que case todos os cereais de al-morzo do mercado, e iso inclúe os integrais ou ricos en fibra, teñen demasiado azucre, un nutriente que incrementa o risco de carie e a obesidade. Se os cereais, ademais, levan chocolate, a súa cantidade de azucre será aínda maior. Unha pis-ta para detectar se os cereais teñen moito azucre é revisar que unha ra-ción (uns 35 gramos) non achegue máis de 6,5 gramos de azucre (ou non máis de 18,5 gramos de azucre en 100 gramos).

Pan. É posible almorzar pan, pero conviría substituír o pan branco ou as torradas elaboradas con fariña branca polas súas variedades in-tegrais e, se o pan é sen sal, moito mellor. Os estudos confirman que os beneficios para a saúde atri-buíbles a este simple cambio son notables. Coma no caso dos lácteos, é impor-tante saber como acompañar este alimento. De igual maneira que non convén engadir moito azucre

ao leite, é mellor non acompañar o pan con manteigas ou margarinas ou con produtos azucrados, como as marmeladas ou as cremas para untar de cacao. Pódese, por exem-plo, engadir un saudable chorro de aceite de oliva virxe extra.

Embutido. Un informe publicado pola Organización Mundial da Saúde a finais do ano pasado de-terminou que o consumo habitual e elevado de cárnicos procesados, como acontece hoxe en día no noso país, incrementa o risco poboacio-nal de cancro colorrectal. Por iso, é mellor deixar para un consumo ocasional o consumo de produtos como poden ser o xamón, o chourizo ou a mortadela. O ideal é non superar os 20 gramos diarios de cárnicos procesados.

Entón, que se lle pode engadir á torrada?Ademais de queixo, peixe (por exem-plo, sardiñas) ou ovo (por exemplo, tortilla), pódese acompañar o pan de enxeñosas propostas como verduras (crúas, salteadas ou enfornadas), froi-tos secos (enteiros ou moídos), anacos de tomate ou láminas de aguacate. É cuestión de utilizar a imaxinación e de ampliar o noso abano de sabores.

www.consumer.es

cradas (refrescos), bolería e produtos azucrados ou salgados, o único do que haberá que preocuparse é de non abusar do tamaño das racións, xa que iso aumentará o risco de obesidade. En todo caso, paga a pena mirar de preto algúns alimentos que adoitan formar parte habitual dos almorzos.

Zume de froita. É moi habitual al-morzar un zume de froita, sobre todo, caseiro. Pero hai que ter en conta que o seu consumo habitual incre-menta o risco de padecer obesida-de, algo que non acontece ao inxerir froita fresca. Este risco xustifícase pola rápida entrada no noso corpo dos azucres presentes na froita es-premida, que parecen estimular os mecanismos de almacenamento de graxa, ademais de non activar a sa-ciedade de igual maneira que o fai un alimento sólido. Así pois, o máis recomendable é in-cluír cada día no almorzo unha peza

de froita fresca. Non fai falta que sexa un tipo de froita en con-creto, xa que todas comparten propiedades nutricionais e beneficios para a saúde.

A bolería está demasiado presente nos nosos almorzos, cando debería ser excepcional

2322

Page 13: Sabores con tradición - revista.consumer.esrevista.consumer.es/web/ga/20160301/pdf/revista-entera.pdf · 0,45 a 2 euros polo uso dos caxeiros automáticos. 40 RECEITAS. Menú de

afondoAnálise documentAl pArA elAborAr unhA rAdiogrAfíA do sector dos produtos AgroAlimentArios con cAlidAde diferenciAdA (dop e iXp)

175 produtos agroalimentarios en españa contaban en 2013 co selo de calidade denominación de orixe e indicación xeográfica protexida, sen contar os viños e outras bebidas alcohólicas

DOP e IXP, sinais de identidade,

tradición e diversidade

Os selos de denominación de orixe protexida (DOP) e indicación xeo-gráfica protexida (IXP) dun produto agrario ou alimentario, ademais de asegurar e garantir produtos de calidade diferenciada, tamén informan sobre a súa orixe xeográfica, a súa tradición, as súas materias primas e, mesmo, os seus procedementos de produción, transformación ou comer-cialización. É dicir, outórganlle ao produto un valor singular.Protexer as orixes e os métodos de elaboración dun produto foi un labor tradicional. As designacións xeográficas máis antigas xorden do viño e do aceite de oliva, debido á sensibilidade da vide e da oliveira ante as variacións dos factores naturais. Aínda así, para atopar a primeira de-nominación realmente protexida só hai que remontarse ao século XVII, en Francia, cando en 1666 o Parlamento de Toulouse promulga que “só existe un Roquefort, e é o que se cura en Roquefort desde tempos inme-moriais nas covas desta vila”.Porén, os conceptos “indicación xeográfica”, “denominación de orixe” ou “procedencia xeográfica” non se recoñeceron, desde un punto de vista legal, ata ben entrado o século XX. Segundo Mercasa, ata entón, por exemplo, “podíase elaborar, e de feito facíase, queixo de Roquefort en España e viño de Xerez en Australia”. No entanto, co desenvolvemento do mercado común esixiuse cumprir unha serie de normas e restricións con respecto ás denominacións dos alimentos. Na actualidade, Mercasa contabiliza unhas 4000 denominacións no mundo, e a maior parte nos países da Unión Europea (UE). Os que máis teñen son Italia en primeiro lugar, Francia no segundo e España no terceiro. E é que este tipo de alimentos de calidade diferenciada contri-búen á competitividade das industrias agroalimentarias e ao desenvol-vemento e sustentabilidade do mundo rural, e tamén promoven a imaxe dos produtos do país no exterior.

24 25

Page 14: Sabores con tradición - revista.consumer.esrevista.consumer.es/web/ga/20160301/pdf/revista-entera.pdf · 0,45 a 2 euros polo uso dos caxeiros automáticos. 40 RECEITAS. Menú de

borados cárnicos, condimentos e especias, mel, manteiga, legumes e vinagres.Desde 1988, un ano despois de que España in-gresase na Comunidade Económica Europea, o número de alimentos destacados con selos de calidade (DOP ou IXP) non parou de aumentar e multiplicouse por 11; é dicir, pasou de 15 naque-la época aos 175 de 2013. Destaca o incremento experimentado nos anos 90, con porcentaxes de crecemento de entre o 20 % en 1990 e o 56 % no ano 2000, cando se atinxiron os 78 produtos agroalimentarios con selos de calidade.En 2013, os sectores co maior número de ali-mentos diferenciados con este tipo de atributos foron o aceite de oliva virxe (con 29), os queixos (28), as hortalizas (24) e as froitas (21). Os catro aglutinan tres de cada cinco selos de calidade outorgados en España.Con todo, este panorama cambiou moito en 25 anos. En 1988, os únicos sectores que dispoñían de DOP ou IXP eran os queixos, o aceite de oliva virxe, os xamóns, as hortalizas, o arroz e os legumes. Durante tres décadas, sumáronse outros grupos alimentarios. Entre os sectores analizados, a maioría logrou selos de calidade

EROSKI CONSUMER quixo coñecer con pro-fundidade a situación do sector dos produtos agroalimentarios (a excepción do viño, da sidra e das bebidas espirituosas) con selos de calida-de diferenciada (DOP e IXP) no noso país. Para iso, realizou unha análise documental de infor-mes elaborados polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama), a empresa pública Mercasa e a asociación espa-ñola de denominacións de orixe Orixe España, así como análises realizadas por expertos da Universidade Pablo de Olavide e o Instituto Internacional San Telmo, entre outros.

gran diversidadeUn total de 175 produtos agroalimentarios en España contaban en 2013 cunha distinción que recoñecía os seus atributos de calidade, segun-do datos proporcionados polo Magrama. A este respecto, convén salientar que non se tiveron en conta os viños, a sidra e as bebidas espirituosas, por seren bebidas alcohólicas. Clasifícanse en 15 sectores: queixos, carnes frescas, xamóns e pa-letas, aceite de oliva virxe, froitas frescas; pana-dería, pastelería e repostería; hortalizas frescas, peixes e mariscos, arroz, embutidos e outros ela-

na década dos noventa, excepto os peixes e os mariscos, os vinagres, as manteigas e os cereais transformados, que o fixeron unha vez cruzada a barreira do ano 2000.Por comunidades autónomas, as DOP e IXP concéntranse maioritariamente en Andalucía (29), Cataluña (20), Galicia (18), Castela e León (17), Castela-A Mancha (13), Valencia (11) e Estremadura (10). As sete rexións concentran un 67 % dos produtos agroalimentarios españois con selo de calidade. Ademais, existen oito DOP e IXP que son supraautonómicas e abarcan pro-dutos desenvolvidos en máis dunha comunidade.

ixp ou dop, cal é a diferenza?Dos 175 produtos agroalimentarios con selo de calidade, un 55 % son DOP e o 45 % IXP. Todos teñen unha calidade diferenciada protexida pola normativa europea (Regulamento da UE núm. 1151/2012 do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de novembro de 2012), de xeito que cum-pren unhas condicións diferenciais en canto a calidade, superiores ás que se piden para o res-to de alimentos. Existen varias categorías:

Análise documentAl pArA elAborAr unhA rAdiogrAfíA do sector dos produtos AgroAlimentArios con cAlidAde diferenciAdA (dop e iXp) afondo

*FONTE: Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama).

DOP (Denominación de orixe protexida).

IXP (Indicación xeográfica protexida).

DOP e IXP supraautonómicas.

As DOP e IXP supraautonómicas son produtos de calidade diferen-ciada desenvolvidos en máis dunha comunidade. En 2013, rexistráronse 8 deste tipo. Por exemplo, o espárrago de Navarra, A Rioxa e Aragón ou o xamón de Huelva, elaborado en Andalucía e Estremadura.

Hai un ano, aprobouse unha lei que establecía un réxime xurídico idéntico, independentemente do tipo de produto, para todas as DOP e IXP supraautonómicas, á hora de recoñecelas, protexelas e regular a súa xestión. Todo para tratar de garantir unha informa-ción veraz ao consumidor. Ade-mais, reforzábase o papel dos consellos reguladores como órganos de xestión das DOP e IXP.

As supraautonómicas

Denominación de orixe protexi-da (DOP). Son os produtos cuxa

calidade ou características están relacionadas co medio xeográfico de produción e cos seus factores naturais e humanos. Obtéñense, transfórmanse e elabóranse sem-pre nesa zona xeográfica da que toman o nome. En 2013, 96 dos 175 alimentos agroalimentarios con calidade diferenciada entra-ron nesta categoría. Nos sectores do aceite, o arroz, a manteiga, os condimentos e as especias e o vinagre, todos os produtos per-tencían a esta categoría. Algúns exemplos son o aceite da Rioxa, o arroz do Delta do Ebro, a man-teiga de Soria, o pemento de La Vera e o vinagre de Xerez.

Indicación xeo-gráfica protexida (IXP). Estes produ-tos posúen algunha

calidade determinada, reputación ou algunhas outras característi-cas que poden atribuírse a unha orixe xeográfica. Prodúcense, transfórmanse ou elabóranse na zona da que toman o seu nome. En 2013, 79 dos 175 alimentos agroalimentarios con calida-de diferenciada entraron nesta categoría. Todos os alimentos aglutinados nos sectores de car-nes frescas, embutidos e outros produtos cárnicos, cereais trans-formados e panadería e repos-tería pertencen a esta categoría. Como exemplos, pódense destacar a tenreira galega, o botelo do Bierzo, a chacina de León, o gofio canario ou o sobao pasiego.

Especialidades tradicionais garantidas (ETG). Trátase

de produtos que teñen trazos específicos diferenciados doutros alimentos da súa mesma cate-goría. Ademais, deben producir-se a partir de materias primas tradicionais ou presentar unha composición, modo de produción ou transformación tradicional ou artesanal. En España, existen só 4: xamón curado, leite de granxa, panellets e tortas de aceite de Castilleja de la Cuesta.

2726

N.oº de DOP e IXP en España por comunidade autónoma (2013)

Page 15: Sabores con tradición - revista.consumer.esrevista.consumer.es/web/ga/20160301/pdf/revista-entera.pdf · 0,45 a 2 euros polo uso dos caxeiros automáticos. 40 RECEITAS. Menú de

total no mercado era de 966 millóns de euros: 737 mi-llóns de euros no nacional e 229 millóns de euros no internacional. Os sectores con maior importancia neste sentido foron o do queixo (211 millóns de euros) e o das carnes frescas (194 millóns de euros).

facturaciónSegundo os últimos datos proporcionados por Magrama, en 2012, os 167 produtos agroalimentarios con selo de calidade de entón facturaron 951 millóns de euros.A facturación global deste tipo de produtos foi aumen-tando cos anos e, desde 1995, multiplicouse por catro. Entón, facturáronse 234 millóns de euros. Unha evolu-ción que ascendía en paralelo á do número de produtos que obtiñan esa calidade diferenciada.Os sectores cunha maior facturación foron en 2012 o do queixo e o das carnes frescas (supuxeron un 22 %, res-pectivamente), os xamóns e as paletas (13%) e o aceite de oliva virxe e as froitas (10 %, respectivamente).Dos 167 produtos con selo de calidade de 2012, arredor do 27 % facturou entre un millón e 5 millóns de euros e, o 22 %, menos de medio millón de euros. Segundo o Magrama, un 62 % dos alimentos agroalimentarios con DOP ou IXP facturaron en 2012 por debaixo dos 5 millóns de euros.Para concretar, os 5 produtos con selo de calidade que máis facturaron foron o queixo manchego (111 millóns de euros), a tenreira de Galicia (83 millóns de euros), o xamón de Guijuelo (58 millóns de euros), a tenreira asturiana (26 millóns de euros) e a froita caqui Ribera del Xúquer (25 millóns de euros).

Por último, está a produción ecolóxica. Engloba aque-les produtos que reúnen un compendio de técnicas agropecuarias que exclúen, normalmente, o uso de produtos químicos, co obxectivo de preservar o medio ambiente, manter ou aumentar a fertilidade do chan e proporcionar alimentos con todas as súas propiedades naturais. Pódense mencionar como exemplos os ovos o queixos ecolóxicos e a froita de produción biolóxica.Convén distinguir entre todas as categorías e coñecer moi ben o seu significado. O motivo é que, en 2013, Orixe España calculou que se perderon máis de 90 millóns de euros por fraude en produtos xenéricos que se designan como produtos con calidade diferenciada e que usurpan o nome das 42 DOP e IXP asocia-das entón ao colectivo. Aseguran que ata no 15 % das veces o produto referenciado non se corresponde co protexido con algún dos selos DOP ou IXP. Todo a pe-sar dos consellos reguladores, os encargados do velar polo cumprimento e o mantemento duns parámetros estritos.

radiografía do sector Un total de 3505 industrias levaron a cabo en 2013 o proceso de produción e elaboración, nas súas diferen-tes fases, dos 175 alimentos agroalimentarios con selos de calidade (DOP e IXP): 771 no sector da panadería, pastelería e repostería; 761 no do aceite de oliva virxe e 500 no dos queixos. Os tres sectores contan con 2032 industrias inscritas, o 58 % do total. Ese ano, comercializáronse preto de 280.000 toneladas de produto, ademais das 1100 pezas de xamón e os 70.000 hectolitros de vinagre. O seu valor económico

mercado interior e exterior En 2012, as vendas no mercado interior ascenderon a 757 millóns de euros. Os sectores con maiores vendas foron as carnes frescas (200 millóns de euros), o queixo (137 millóns) e o aceite de oliva (106 millóns). Pola súa banda, este tipo de produtos de calidade dife-renciada teñen un valor de exportación de 196 millóns de euros: dous terzos desa cantidade procede da comer-cialización á UE (124 millóns de euros) e, o resto, de fóra (72 millóns de euros). Por sectores, sobresaen as froitas frescas (47 millóns de euros), os queixos (73 millóns de euros) e o aceite de oliva (25 millóns de euros). Se se diferencia por tipo de mercado exterior, as froitas frescas e os queixos son os que máis se exportan na UE, e estes últimos tamén teñen boa acollida fóra da comunidade.Un exemplo de produto con calidade diferenciada con boas cifras de vendas no exterior é o caqui de Ribera del Júquer. En 2012, contaba con 17 industrias dedicadas á produción e elaboración deste tipo de froita e exporta 19 millóns de euros (1,12 millóns de euros por industria).

concentraciónO Magrama realizou en 2014 un estudo pormenorizado dos principais indicadores dos produtos con selos de calidade (DOP e IXP) para avaliar a competitividade e a eficiencia comercializadora dos produtos agroalimen-tarios de calidade diferenciada.A investigación comprobou que as vendas totais das DOP e IXP alimentarias representaban só o 1,2 % da facturación global da industria agroalimentaria, sen in-cluír viños nin bebidas alcohólicas, e o 1,2 % das expor-tacións. Trátase dunha implantación limitada dentro do contexto global da agroalimentación española.Tamén se detectou unha significativa concentración da facturación e da exportación nunhas poucas DOP e IXP. Así, en 2012, as 5 maiores (queixo manchego, tenreiras de Galicia e asturiana, xamón de Guijuelo e caqui de Ribeira do Xúquer) constituíron un terzo da facturación total e case a metade das exportacións. En canto á cota de mercado, a análise determinou que só en xamóns e paletas, queixos, aceite de oliva e arroz, os produtos DOP e IXP conseguían representar máis do 5 % da cota de mercado correspondente aos

Análise documentAl pArA elAborAr unhA rAdiogrAfíA do sector dos produtos AgroAlimentArios con cAlidAde diferenciAdA (dop e iXp) afondo

Non se pode falar de denominacións de orixe nin de indicacións xeográfi-cas e deixar a un lado o viño. E é que estes caldos forman parte da historia dos selos de calidade diferenciada. Segundo Mercasa, en España, do mesmo xeito ca en Francia e en Italia, as denominacións de orixe xurdiron para protexer os viños.

No noso país, os viños con calidade diferenciada teñen unha presenza moi importante. En 2013, o Magrama contabilizou un total de 102 caldos con DOP e 41 con IXP-Viños da terra. As comunidades con maior número de viños de calidade diferenciada son: Castela-A Mancha (ten 17), Castela e León (12), Cataluña (12) e Canarias (11) co selo DOP e, co atributo IXP, Andalucía (16).

O viño, a orixe dos selos de calidade

sector das dop e ixp en españa (2013)

SECTOR (ordenados por facturación)

Ano de creación das DOP e IXP

N.º de DOP e IXP (2013)

N.º de industrias inscritas (2013)

Valor económico (millóns de euros) en 2013

Queixos Antes 1987 28 500 211,17Carnes fresCas 1992 17 231 194,32xamóns e paletas Antes 1987 6 247 115,14aCeite de oliva virxe Antes 1987 29 761 108,01froitas fresCas 1992 21 217 106,31panadería, pastelería e repostería 1992 14 771 76,94Hortalizas fresCas 1988 24 163 76,80peixes e molusCos 2001 3 23 18,19arroz Antes1987 3 16 19,16embutidos e outros produtos CárniCos 1993 8 82 20,12Condimentos e espeCias 1999 3 25 8,27vinagres 2009 3 73 Sin datosmel 1993 4 82 5,50manteiga 2001 2 2 3,35legumes Antes 1987 9 312 2,86Cereais transformados 2013 1 Sin datos Sin datosTOTAL -- 175 3.505 966,14

*FONTE: Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama).

seus respectivos subsectores. En 8 dos estudados, esa cota non superaba o 1 %.Por último, o estudou revelou que “non sempre toda a produción protexida con DOP ou IXP se comerciali-za como tal, senón como produto convencional”. Unha situación que se produce especialmente en sectores como o aceite de oliva, as froitas e as hortalizas, os legumes, os peixes e os mariscos, e os condimentos e as especias.

fortalezas e debilidadesA análise elaborada polo Magrama analiza cada un dos indicadores económicos para establecer unha se-rie de fortalezas e debilidades do sector que confor-man os produtos agroalimentarios con DOP e IXP. Por unha banda, entre as debilidades, convén salientar o excesivo número de produtos con este selo de calida-de, así como a súa gran dispersión. No estudo, tamén se demostra a existencia dunha insuficiente interna-cionalización do sector e unha baixa utilización da súa capacidade produtiva e comercializadora. Así mesmo, outro dos puntos débiles ten que ver coa falta de in-formación e comunicación ao consumidor, ademais da insuficiente percepción, valoración ou diferenciación pola súa banda.Con todo, o sector dos produtos con calidade diferen-ciada tamén ten as súas fortalezas: alta calidade, bos medios e equipos de produción, suficiente tecnoloxía propia, alta cualificación dos recursos humanos e di-rectivos, importante estrutura de vixilancia e control e un forte compromiso co medio rural. Todas poden ser ferramentas para afrontar un futuro que traerá consi-go, segundo a investigación, unha maior competencia exterior procedente de países emerxentes, maiores esi-xencias normativas ou reguladoras da UE, novas crises económico-financeiras e unha redución da poboación rural e o abandono do medio rural.Pero, para o Magrama, ese futuro tamén trae opor-tunidades: un crecente número de consumidores con-cienciados coa importancia do ámbito rural e a con-servación do medio ambiente e un maior interese do Horeca polos produtos DOP e IXP, entre outros.

www.consumer.es

2928

Page 16: Sabores con tradición - revista.consumer.esrevista.consumer.es/web/ga/20160301/pdf/revista-entera.pdf · 0,45 a 2 euros polo uso dos caxeiros automáticos. 40 RECEITAS. Menú de

CabestanyarmenC

cara a caraBullying

“Ante o acoso escolar, os colexios preocúpanse máis polo seu prestixio ca

por protexer os menores”Uns dous millóns de escolares sofren acoso en España e, deles, entre 100.000 e 200.000 son de alta intensidade. Afírmao Carmen Ca-bestany, profesora e secretaria da Asociación Non ao Acoso Escolar (NACE), quen tamén denuncia a falta de implicación real das admi-nistracións e dos centros educativos para combater o que considera un tabú que trata de ocultarse. Na súa opinión, con vontade e sentido común non sería difícil enfrontarse a este problema.Hai perfil do maltratado e do mal-tratador? Hai colectivos diana: quen sofre a síndrome de Asperger, os que pertencen a LGTB (lesbianas, gais, transexuais e bisexuais), quen ten al-tas capacidades intelectuais. Con todo, calquera pode ser acosado, por exem-plo, por caerlle en desgraza ao líder negativo da clase. Respecto do agre-sor, hai un abano moi grande, desde o bromista ata o que goza facendo dano, ou o que sofre violencia no seu ámbito e reverte a súa dor sobre outros.Cantos casos se producen en Espa-ña? Dous millóns de alumnos (o 26 % da poboación escolar) sofre acoso en maior ou menor medida. Deles, entre 100.000 e 200.000 de alta intensidade. Non é só acoso físico, moitas veces o máis daniño é o verbal (insultar, difun-dir rumores sobre alguén etc.) ou de exclusión (non deixarlle xogar, illalo do grupo etc.). Este último prodúcese a diario e pasa desapercibido. A que idade comeza o acoso? A ida-des cada vez máis temperás. A maio-ría, nos últimos cursos de primaria, aínda que en secundaria é máis in-tenso. Algunhas veces a vítima sofre acoso durante oito ou dez anos. Por iso é importante detectalo e frealo con firmeza. Non son “cousas de nenos”.

Aumentaron os casos? Percibimos un aumento e a idades cada vez máis temperás. É difícil dar cifras porque os últimos datos oficiais son de 2006/07, aínda que comunidades coma o País Vasco teñen informes máis recentes, o último é de 2012. Acoso sempre houbo, pero agora é máis elaborado, máis su-til. Ademais, actualmente está poten-ciado por internet, os chats etc., que fan moito dano. Por que aumentaron? Podería falarse de varios factores: ausencia de edu-cación en valores nalgúns ámbitos fa-miliares, falta de educación emocional na escola ou violencia nas contornas máis próximas aos menores. Habería que pacificar eses ámbitos, con espe-cial atención ás aulas, e ensinar que o acoso escolar non é unha broma, e que fai moito dano. Como actúan os centros educativos? En liñas xerais, non actúan ou actúan mal. O acoso existe en case todos os colexios, pero na inmensa maioría dise que non o é. É un tabú, nin sequera está en case ningún Plan de acción ti-torial (PAT) nin se aborda nas titorías. Os centros preocúpanse máis polo seu prestixio ca por protexer os menores. Porén, teñen responsabilidade civil e deben garantir a súa seguridade. E as administracións públicas? De-berían tomalo en serio e activar me-didas efectivas, coma coas mulleres maltratadas. A Administración educa-tiva debería organizar formación para profesores, incluír o tema no currículo de Maxisterio, facer charlas para pais, sancionar de maneira exemplar os acosadores, esixirlles aos inspectores que investiguen a fondo e, sobre todo, institucionalizar programas de preven-ción, como a TEI (titoría entre iguais).O Ministerio de Educación presen-tou o borrador do Plan estratéxico

de convivencia escolar. Podería ser un avance? Podería, se na súa ela-boración participasen especialistas e persoas independentes que coñecesen todas as súas múltiples vertentes. E se se aplica de verdade para terminar con esta secuela social na sombra e non para encubrila, como adoita acon-tecer cos protocolos. Como se detecta un caso? Non é fácil porque os nenos non llelo con-tan aos pais nin aos profesores, pe-ro podemos conseguilo. Prodúcense cambios nos resultados académicos, no carácter —están tristes ou vól-vense agresivos—, nas amizades, nos itinerarios. Non queren ir ao colexio, finxen que están enfermos ou estano realmente porque a miúdo somatizan. Tamén se producen cambios no cor-po, van cos ombreiros encollidos, coa mirada triste e cara ao chan e queren pasar desapercibidos. Que hai que facer cando se detecta? Sentar co neno, ter moita paciencia para que se exprese, non trivializar nin dubidar del, non facer que se sinta culpable. Despois, ir ao colexio e, con serenidade e firmeza, esixir medidas. A primeira, establecer unha zona de seguridade. Se non o fan, elaborar un escrito detallado do sucedido e pasalo polo rexistro do centro e po-lo de Inspección Educativa. Para cal-quera dúbida, contactar connosco en: [email protected] medidas serían necesarias para loitar contra este problema? Sobre todo, vontade e sentido común. Ne-cesitamos a implicación, en serio, de toda a sociedade e sacalo á luz. Non hai que quitarlle importancia porque é moi grave. E é moi importante non dubidar xamais do neno porque a in-mensa maioría di a verdade.

Secretaria da Asociación Non ao Acoso Escolar

3130

Page 17: Sabores con tradición - revista.consumer.esrevista.consumer.es/web/ga/20160301/pdf/revista-entera.pdf · 0,45 a 2 euros polo uso dos caxeiros automáticos. 40 RECEITAS. Menú de

cara a caraBullying

“Raro é o centro que non toma medidas en casos de acoso escolar, outra cousa é que non sexan as adecuadas”

Directora do teléfono ANAR (Axuda a Nenos e

Adolescentes en Risco)

Os menores vítimas de calquera violencia, e en concreto de acoso escolar, dispoñen do teléfono 900 202 010, para axudarlles as 24 horas do día durante todo o ano. Este número, gratuíto, anónimo e confidencial (non deixa rexistro na factura telefónica), atende tamén a pais, profesores ou a quen presencia casos de violencia. A Fundación ANAR (Axuda a Nenos e Adolescentes en Risco) creouse en 1994 e, vinte anos despois, en 2014, recibe unhas 363.000 solicitu-des. A súa directora, Leticia Mata, sinala que se detectou un aumento das chamadas por acoso escolar, en especial as que se realizan a través das novas tecnoloxías. Cantas chamadas reciben no seu teléfono de atención a vítimas? En 2014, recibimos un total de 363.183 solicitudes, unhas mil chamadas e correos electrónicos diarios e, so-bre todo, de nenos. Detectamos 7100 novos casos reais que necesitaban intervención urxente, unha ou dúas ao día. O noso obxectivo é ampliar a atención en chats e redes sociais, sempre con garantía de confidencia-lidade, porque os nenos se senten máis cómodos ca por teléfono. Aumentaron os casos de acoso esco-lar? Cada vez chámannos máis. Poida que porque haxa máis casos ou por-que chaman máis ca antes. O uso das novas tecnoloxías propiciou que haxa máis casos de acoso escolar. Algo máis da metade dos casos que ma-nexamos é ciberacoso. Antes era raro o acosador que ía só, tendían a facelo en grupo, pero coas novas tecnoloxías o acoso en solitario creceu. O acosa-dor séntese nun aparente anonimato e é máis directo, xa sexa con nenos do propio centro ou doutros lugares.Que se pode facer? O importante é formarse no uso das novas tecno-

loxías, poñer límites, exercer o con-trol parental e notificar as ameazas. O ciberacoso pódese denunciar aos sistemas de protección das propias redes sociais e, tamén, ás unidades especializadas en delitos tecnolóxi-cos da Policía e da Garda Civil.Como se atende un neno vítima de acoso? Temos que gañarnos a súa confianza, e este é o motivo polo que no noso teléfono todas as persoas que atenden son psicólogos, asesorados por avogados e traballadores sociais. Os nenos adoitan necesitar tempo pa-ra abrirse, polo que é frecuente que se necesiten varias chamadas. Hai moi-tos que non son conscientes de que sofren acoso, é un fenómeno similar ao da violencia de xénero, aínda que a situación vai cambiando. Chaman ta-mén nenos que ven casos de acoso e que teñen medo de ser considerados acusóns ou de converterse tamén en vítimas. Aumentan tamén as chama-das de pais e profesores.Que poden facer os pais? O principal é manter a calma. Non é prudente ir directamente a onde estean os outros pais ou o agresor. Hai que falar co titor e cos responsables do centro para que haxa unha resposta inmediata. Deste xeito, na maioría de casos, soluciónase.Como se pode evitar que haxa acosa-dores? O agresor moitas veces non é consciente das consecuencias dos seus actos; por exemplo, non sabe que con 14 anos xa ten responsabilidade penal. Tamén é esencial a formación para posibles agresores, que sexan conscientes dos seus actos, que teñan empatía cos demais. A prevención e a formación son esenciais.É recomendable cambiar a vítima a outro centro? Antes facíase, xa fose por suxestión do centro ou por deci-sión dos pais. Pero se non se solu-

cionou non servirá, xa que o poden seguir, e máis agora co ciberacoso.Como se lle pode axudar a un neno acosado? Hai que darlle confianza, que non se peche, e convencelo de que non é un bicho raro. Hai que va-lorar ofrecerlle asistencia psicolóxi-ca. Canto máis tempo pasa, os danos son maiores e ata poden ser perma-nentes. Tamén se ha de asumir que é un problema moi grave. Temos ne-nos que nun momento dado soñan con quitarse do medio, algo que la-mentablemente estamos a ver.Que poden facer os centros esco-lares? Terían que dar formación específica desde idades temperás, e tamén aos pais, porque o menor moitas veces non o conta. O mínimo é que teñan un orientador escolar e, agora mesmo, non o hai. Aínda que haxa boa disposición necesítanse recursos, sobre todo para detectalo e actuar inmediatamente. E se o centro non responde de forma adecuada? Hai que acudir a Inspec-ción Educativa. E, se o acosado ten marcas físicas, hai que ir ao médico e que este faga un informe. O centro ten unha responsabilidade civil po-los danos que sufran os seus alum-nos dentro das horas lectivas. Se se notificou que hai acoso e non se atalla, os pais poden esixir esa res-ponsabilidade e hai sentenzas que obrigaron a pagar indemnizacións. Cre que se está avanzando para lle facer fronte a este problema? A socie-dade é cada vez máis consciente. Raro é o centro ao que se lle avisa e non toma medidas, outra cuestión é que non sexan as adecuadas. Ademais, as forzas e corpos de seguridade do Es-tado cada vez implícanse máis, mesmo dan formación nos centros.

www.consumer.es

MataeticiaL

3332

Page 18: Sabores con tradición - revista.consumer.esrevista.consumer.es/web/ga/20160301/pdf/revista-entera.pdf · 0,45 a 2 euros polo uso dos caxeiros automáticos. 40 RECEITAS. Menú de

Consellos para abaratar as Comisións banCarias

As comisións de mantemento e administración por emitir transferencias, ingresar cheques, recibir correspondencia, asociar tarxetas ou retirar efecti-vo dun caixeiro automático son as comisións máis habituais.

A Orde EHA 2899/2011, a normativa básica que regula as comisións banca-rias, establece que “as comisións percibidas por servizos prestados por entidades de crédito serán as que se fixen libremente entre as entidades e os clientes”. É dicir, os bancos teñen carta branca para estableceren as comisións que queiran. As únicas limitacións que establece a lei é que as comisións repercutidas aos clientes sexan por “servizos solicitados en firme ou aceptados expresamente por un cliente e sempre que respondan a servizos efectivamente prestados ou gastos habidos”.

Así que nin o Banco de España nin ningún outro regulador, sobre a base da lei actual, poden restrinxir as comisións que aplican os bancos, nin limitar os importes, nin sobre que servizos se pode cobrar, agás contadas excepcións.

Porén, aínda que algunhas comisións non se poden evitar, se se teñen en conta unha serie de recomendacións, o caixeiro pode saír máis barato:

• As comisións máis comúns e importantes son as de emisión, renovación e mantemento da tarxeta. Suman un importe fixo anual que oscila entre 10 e 50 euros, segundo o tipo de tarxeta, e non se poden eliminar. Con todo, si se pode negociar co banco.

• Se se retira diñeiro de maneira frecuente, débese facer cunha tarxeta de débito. Se se saca na entidade do usuario, non cobran, e con ela é posible levar un control do que se vai gastando.

• Sempre se debe ler a letra pequena e non aceptar comisións sobre as que non nos advertisen. Ademais, hai que estar atento ás modificacións e reclamar se non existiu un aviso previo.

economía doméstica

O prezo de retirar diñeiro en calquera lugarAs entidades bancarias fixan tarifas de 0,45 a 2 euros polo uso dos caixeiros automáticos desde o pasado mes de xaneiro e cada banco decidirá que parte do custo lles repercute aos seus clientes

Aínda así, se cobran por consultar o saldo, xa sexa a propia entidade ou outro banco, o caixeiro automático de-be informar antes do custo da consulta, e sempre ha de permitir que se poida desistir de continuar a operación.

No estranxeiroSe se viaxa a un país membro da Unión Europea (incluídos Noruega, Islandia e Liechtenstein) e se retiran con tarxeta e en caixeiros automá-ticos ata 50.000 euros en efectivo, as comisións bancarias deberán ser iguais ás que o banco cobre no país onde estea establecido.Con todo, as entidades bancarias non adoitan ter caixeiros propios no estranxeiro (ou non da rede á que pertence), de modo que se lles per-mite aplicar unha comisión por utili-zar redes alleas.

www.consumer.es

España é un dos países cun maior número de caixeiros automáti-

cos. No último trimestre do ano 2015, o Banco de España contabilizou un total de 50.271, agrupados nas tres principais redes españolas de medios de pago: ServiRed, 4B e Euro 6000.Trátase dun dos instrumentos ban-carios máis populares entre os con-sumidores. Segundo o Banco de España, o ano pasado, os cidadáns realizaron preto de 680.000 millóns de operacións de retirada de efectivo en caixeiros e entregáronse case 85.000 millóns de euros. Para iso, os consu-midores españois contaban en 2015 con máis de 44 millóns de cartóns de crédito e preto de 25 millóns de tar-xetas de débito en circulación.

Comisión: cando e por queSacarmos diñeiro do noso banco coa tarxeta de débito non nos vai custar diñeiro. No entanto, se se realiza a mesma operación nun banco diferen-

te ao habitual, pode supoñernos un desembolso de entre 0,45 e 2 euros, en función da entidade. O que acontece é que ese banco co-braralle unha comisión á nosa en-tidade que ou ben asumirá o custo desa comisión ou nola fará pagar, en-teira ou parte. Iso si, nunca poderán cargarnos unha comisión máis alta da que se lles aplicou a eles.

Por contratoAs comisións por sacar diñeiro fi-guran no contrato que se asina ao recibir unha tarxeta. Se esta prima cambia, o banco está obrigado a in-formar os seus usuarios cunha an-telación mínima de dous meses. No caso de que non avisen, o consumidor debe reclamar para que lle devolvan o importe. Así mesmo, é obrigatorio que os caixeiros informen da comisión e dos gastos da operación antes de que se realice (Orde EHA/2899/2011, do 28 de outubro, de transparencia e

protección do cliente de servizos ban-carios) e que dean a posibilidade de desistir de realizar a operación.Coa nova política de comisións, os bancos —e os seus clientes— que contan cunha rede de caixeiros pe-quena ou mesmo inexistente resul-tarán damnificados. É o que lles ocorre aos clientes de Bankinter, Evo Banco e ING, que ata agora podían retirar diñeiro sen cargo ou cunha pequena comisión nun impor-tante número de caixeiros.

Outros casosTamén cando se accede ao saldo e aos movementos da conta poden co-brar unha cantidade fixa por cada consulta. É fácil que sexa distinta en función de se se realiza nun caixei-ro pertencente á mesma rede que o emisor da tarxeta ou nunha diferente. Pero se se fai a consulta nun caixeiro da entidade do usuario, non se cobra ningunha comisión.

3534

Page 19: Sabores con tradición - revista.consumer.esrevista.consumer.es/web/ga/20160301/pdf/revista-entera.pdf · 0,45 a 2 euros polo uso dos caxeiros automáticos. 40 RECEITAS. Menú de

DúbiDas sobre os anticonceptivos

O último “Estudo poboacio-nal sobre o uso e a opinión dos métodos anticonceptivos en España”, levado a cabo pola Socie-dade Española de Contracepción (SEC) e a Fundación Española de Contracepción (FEC), sinala algúns datos preocupantes. Por exemplo, que un 16 % das mulleres mante-ñen relacións sen protección ningunha ou que existen amplas diferenzas no emprego da píldora por parte das mulleres españolas (só o 16 %) e as de países coma Portugal, Francia ou Italia.

Tamén se destaca o adianto no inicio das relacións sexuais, que pasou en poucos anos dos 20 aos 16 anos, e o gran número de mulleres que aínda manteñen relacións con evidente risco de embarazo ou de sufrir enfermi-dades de transmisión sexual. Da mesma maneira, sorprende que as que en maior medida deixan de utilizar os anticonceptivos sexan as mulleres de entre 20 e 24 anos. Á súa vez, compróbase que o uso de métodos anticonceptivos na primeira relación é menos frecuen-te entre as mulleres con estudos primarios e nivel de ingresos baixo.

Por último, o estudo advirte que o 60 % das mulleres españolas de 15 a 49 anos nunca acudiu a un médico de atención primaria, xine-cólogo, matrona ou centro de plani-ficación para que lle indicasen o método anticonceptivo máis idóneo.

saúde

Muller e saúde, internet non é o remedioCada tres segundos realízase unha consulta de saúde feminina en internet e o 93 % delas contéstase en foros, portais ou blogs sen control nin rigor científico

filón. Detrás, hai todo tipo de per-soas (aquelas que se autodenominan psicólogos, médicos e outro tipo de profesionais; vendedores de marca, representantes de produtos naturais ou clínicas, entre outros), que desvían ou manipulan as respostas de manei-ra anónima segundo o seu interese. O mundo da publicidade coñece ben o papel que xoga a muller en internet; sobre elas recae ata o 80 % das de-cisións de compra en liña e, ademais, a saúde e o benestar son elementos que lles preocupan moito.Ante este escenario, exponse a ne-cesidade de que as mulleres teñan un espazo con todas as condicións de seguridade onde poidan resolver as súas dúbidas. Os portais de so-ciedades científicas e de organismos oficiais que existen na actualidade, segundo López, non infunden con-fianza nas usuarias pola seriedade e pouca proximidade que transmiten e, ademais, gran parte do público nin sequera as coñece.

Tipos de consultasAs preguntas máis habituais que se realizan en internet son moi diversas: como saber se se está embarazada, que é un útero hipertrófico ou se a ausencia da regra é un síntoma da menopausa. En cada franxa de idade, téñense preocupacións distintas:

Dos 16 aos 25 anos: anticoncep-ción, sexualidade e menstruación.

Dos 26 aos 44 anos: infeccións, pediatría, saúde xeral, útero hiper-trófico, anticoncepción e virus do papiloma humano.

A partir dos 44 anos: menopausa, osteoporose, ovario, útero e pato-loxía de mama.

Segundo López, o luns é o día en que as máis novas, en xeral desde o seu teléfono móbil, explican nalgúns dos foros as actividades levadas a cabo durante a fin de semana e as súas dúbidas sobre as drogas, o alcol, as actividades sexuais sen protección etc. As máis novos tamén consultan moito sobre as súas relacións persoa-is e os seus medos ou temores, e son facilmente manipulables por persoas sen escrúpulos.

O risco de mitificarEn internet, poucos se formulan se a información que obteñen da rede ten rigor científico. É paradoxal que moitos internautas, que non se fían do profe-sional da saúde, lle outorguen lexitimi-dade a unha resposta, ás veces absurda ou perigosa, a xuízo dos especialistas. O importante é ter presente que, na web, unha afirmación errónea pode mitificar ideas incorrectas e supoñer un risco para a saúde. Coma en todo, hai páxinas rigorosas e outras que non o son; a cuestión é saber identifi-calas. Para iso, é importante coñecer cal é a fonte e quen está ao cargo do sitio (organismos oficiais, universi-dades e asociacións sanitarias, entre outras, son consideradas fontes de garantía e independentes) ou de on-de sae o seu financiamento, coma no caso das compañías farmacéuticas.

www.consumer.es

A saúde é un tema recorrente en internet. A metade dos españois,

ao detectar o primeiro síntoma, acode a un buscador na rede. En Google, por exemplo, unha de cada vinte con-sultas teñen que ver coa saúde, pero só unha de cada dez se realiza nunha web médica especializada, tal e como explica Óscar López Moreno, CEO e fundador da plataforma privada du-dasdemujer.com: “Ao longo de 15 anos, recollemos datos que puxeron de manifesto o alto grao de descoñe-cemento en saúde, enfermidades e si-tuacións vitais femininas que existen en todas as franxas de idade”.Como exemplo desta tendencia, Ós-car López fíxase na franxa de idade dos 16 aos 20 anos, o paso de aten-ción pediátrica ao médico de fami-lia para adultos. Neste momento, as visitas ao centro de saúde de refe-rencia caen en picado e as mozas, neste caso, consultan as súas dúbi-das directamente na rede: “Hai moito descoñecemento. Cada tres segundos faise unha consulta sobre saúde fe-minina e o 93 % das respostas obté-ñense desde sitios nos que ninguén coñece quen está detrás da resposta nin que obxectivos persegue”.E é que as mulleres son as máis activas nesta materia. Realizan seis

de cada dez das consultas so-bre saúde en Google e ob-

teñen a maior parte das respostas nos foros fe-mininos. Precisamente, os foros, os portais ou os blogs sen acreditación

médica convertéronse nun

3736

Page 20: Sabores con tradición - revista.consumer.esrevista.consumer.es/web/ga/20160301/pdf/revista-entera.pdf · 0,45 a 2 euros polo uso dos caxeiros automáticos. 40 RECEITAS. Menú de

Claves para unha tortilla perfeCta

A tortilla de patacas elabórase con patacas, ovo e aceite, aínda que admite a incorporación doutros ingredientes, coma cebola, pemento e mesmo chourizo ou peixe.

• Ingredientes. É importante contar cunha boa calidade dos ingre-dientes. As patacas han de ser de calidade, os ovos é ben que sexan de tamaño medio, e mellor se proceden de galiñas campei-ras e, finalmente, convén utilizar un bo aceite, xa sexa de xirasol ou de oliva, pero de baixa grada-ción para que non lle transfira un excesivo sabor á pataca.

• Boa e ampla tixola. Son moi apre-ciadas as tixolas de ferro, sobre todo se se cociña con lume de gas. Pero se se usa vitrocerámica ou indución, o mellor é unha tixola antiadherente de bo tamaño, que facilitará tamén o callado e o feito de darlle a volta á tortilla.

alimentación

A tortilla de patacas engorda?Aínda que non se pode dicir que a tortilla de patacas engorde, convén controlar o tamaño da ración

Por exemplo, un gramo de aceite achega 9 quilocalorías, mentres que un gramo de ovo ou de pataca ache-gan, respectivamente, 1,5 e 0,7 quilo-calorías. Como o alimento que máis aceite absorbe na tortilla é a pataca, é lóxico pensar que canta máis canti-dade de pataca haxa, máis proporción de aceite se necesitará e, por tanto, máis calorías se inxerirán. Neste punto, aparece un novo condi-cionante, que determinará as calorías finais da tortilla: o corte da pataca. Se se corta moi fina, absorberá máis aceite que se é máis grosa. E pódense engadir outros dous facto-res: a temperatura e o tempo. Se se friten as patacas a moita temperatura

A tortilla de patacas ocupa un lu-gar destacado entre os alimentos

irresistibles. No entanto, moitas per-soas cuestiónanse se esta delicia pode contribuír a gañar peso co paso dos anos. Aínda que non hai estudos ben deseñados para responder con rigor esta cuestión, é posible facer suposi-cións fundadas respecto diso e existen motivos para non preocuparse e gozar, na súa xusta medida, desta delicia.

Análises científicasPara determinar se un alimento con-creto pode xerar un aumento de pe-so a longo prazo, ou se o produce en maior medida ca outro, débense realizar estudos científicos ben dese-ñados e en humanos. Para produtos coma os froitos secos ou as bebidas azucradas, disponse deste tipo de análises e, grazas a isto, sábese que consumir froitos secos non aumenta o risco de obesidade, a pesar do seu elevado contido calórico, mentres que

e durante pouco tempo, reterán me-nos aceite que se se friten a baixa temperatura durante máis tempo. Mesmo se incrementarán as calorías se se toma cunha ración de pan (me-llor se é integral), unha combinación moi frecuente.Diferentes fontes indican que 100 gramos de tortilla de patacas conte-ñen entre 120 e 160 quilocalorías e, a partir destas cifras, pódense facer suposicións.

Tamaño da raciónPódese saber o número de calorías por cada 100 gramos de tortilla de patacas. Pero a ración de consumo habitual non é de 100 gramos. Aquí hai que enfrontarse a un novo proble-ma, dado que o tamaño da ración non é estándar, xa que hai persoas que toman unha gran cantidade e outras que a comen con moderación. Con todo, pódese establecer unha media de entre 120 e 150 gramos co-mo medida razoable de consumo, do que é posible deducir que un prato de tortilla achega unhas 190 quiloca-lorías. Se se suman as 80 quilocalo-rías que presentan 35 gramos de pan integral , xa que boa parte da po-boación acompaña a tortilla con pan, tense un total de 270 quilocalorías. Isto supón menos do 15 % das calorías que se establecen como inxestión de referencia do consumo diario para a poboación, polo que non se está ante unha situación preocupante.Doutra banda, convén ter en conta que a tortilla de patacas, pode que polo seu contido en sal ou pola ex-

quisita mestura de ingredientes, é un alimento moi saboroso ao que custa resistirse. Por iso, resulta conveniente ter presente que se a ración é grande se tomará máis cantidade de alimento, pero tamén de calorías, que poden ir parar ás reservas graxas da persoa.

Alta densidade enerxéticaO Fondo Mundial para a Investi-gación do Cancro (WCRF, nas súas siglas en inglés) determinou que é posible que un alimento aumente as posibilidades de gañar peso corpo-ral se presenta unha alta densidade enerxética. O WCRF considera que un alimento ten unha alta densidade enerxética se o seu contido enerxético oscila entre 225 e 275 quilocalorías por 100 gra-mos, unha norma que non se aplica aos froitos secos. E é que 100 gramos de tortilla de patacas non achegan, en xeral, máis de 160 quilocalorías por 100 gramos, polo que non se po-de clasificar este prato como de alta densidade enerxética.Por último, é preciso lembrar que se lle adoita engadir demasiado sal á tortilla. Así, mentres que o Ministerio de Sanidade asegura que un alimen-to presenta un alto contido en sal se 100 gramos conteñen máis de 1,25 gramos de sal, moitas tortillas de pa-tacas superan esta cifra. Reducir a cantidade de sal que se toma é algo que sempre se debe ter presente á hora de elabora calquera prato.

www.consumer.es

tomar a miúdo bebidas azucradas po-de facer gañar varios quilos ao ano.No entanto, non existen investiga-cións que avalíen o papel da tortilla de patacas no peso corporal. Isto leva a facer elucubracións que, en ningún caso, poden tomarse como conclu-sións científicas, aínda que si como formulacións razoables.

Número de caloríasNon hai unha receita única para a tortilla de patacas, polo que resulta moi aventurado afirmar que existe un número concreto de calorías nesta receita. É posible asegurar, con todo, que se se aumenta a proporción de patacas, de ovo e de aceite de oli-va, tamén variará de forma notable o contido calórico do resultado final.

3938

Page 21: Sabores con tradición - revista.consumer.esrevista.consumer.es/web/ga/20160301/pdf/revista-entera.pdf · 0,45 a 2 euros polo uso dos caxeiros automáticos. 40 RECEITAS. Menú de

Sabes como funciona o semáforo? É un sinxelo código de cores que indica se a cantidade dos nutrientes que compón a receita é alta, media ou baixa. Informa sobre as calorías e os nutrientes máis importantes desde o punto de vista da saúde: azucres, graxa, graxas saturadas e sal. As receitas pre-sentan normalmente ingredientes cuxa porcentaxe sobre a inxestión de referencia (IR) é alta; é dicir, predomina a cor amarela. Estes pratos están concibidos como prato principal dunha comida ou dunha cea. O seu tamaño de ración é superior e a súa achega nutricional é máis elevada. Por este motivo, as receitas teñen uns puntos de corte diferentes aos dos produtos.• A cor verde indica que a ración de consumo de cada nutriente achega menos do 10 % da inxestión de referencia; é dicir, unha cantidade baixa do nutriente. • A cor amarela indica que achega entre o 10 % e o 35 % da IR; é dicir, unha canti-dade media do nutriente. • A cor laranxa indica que achega máis do 35 % da IR; é dicir, unha cantidade alta do nutriente. * A inxestión de referencia para un adulto.

Unha ración contén: GRAXA CALORÍAS GRAXA SATURADA AZUCRES SAL 213 20g 3,3g 5,4g 0g

11 % 29 % 17 % 6 % 0 %

Primeiro pratoEnsalada con tomatEs cErEixa, PEra E vinagrEta dE framboEsas

ingredientes: 200 g de leituga

100 g de tomate cereixa (10 tomates) 100 g de pera conferencia

Para a vinagreta de framboesas: 80 ml de aceite de oliva 40 ml de vinagre balsámico

20 g de framboesas - Un chisco de sal

como se elabora:Córtanse as leitugas en xuliana (tiras finas) e mestúranse nunha ensaladeira cos tomates cereixa cortados pola metade. Despois, pélase e córtase en láminas a pera e mestúrase coa ensalada. Para a vinagreta de framboesas, mestú-rase o aceite de oliva co sal e co vinagre ata formar unha crema homoxénea. Nese momento, engádense unhas framboesas, que se deixan repousar 3 minutos den-tro da vinagreta. Logo, vólvese mesturar (con coidado de non romper en exceso as framboesas) e vértese sobre a ensalada xusto no momento de servir.

comentario dietético:Esta deliciosa ensalada é unha forma orixinal de tomar hortalizas e froita, todos alimentos ricos en vitaminas, minerais, fibra e substancias antioxi-dantes. Grazas á composición nutricio-nal dos produtos que forman parte da ensalada, pódese considerar un prato de baixo contido calórico, completo e equi-librado, que ademais vai presentar un sabor moi particular grazas á vinagreta de framboesas engadida. É unha receita adecuada para todos os grupos de idade e, en especial, para quen debe levar unha dieta baixa en calorías e graxas, para o que se ha moderar a cantidade de aceite utilizado na vinagreta.

rece

itas

mar

zo

Primeiro pratoEnsalada con tomatEs cErEixa, PEra E vinagrEta dE framboEsas

sobremesaPiña baby rEEnchida dE froitas troPicais

segundo pratoMagret dE Pato con froitas asadas

Menú de froitasSon saborosas e achéganlles un toque de cor aos nosos pratos. Ademais, as froitas constitúen un grupo de alimentos indispensable para a nosa saúde e benestar, especialmente pola súa achega de fibra, vitaminas e minerais e substancias de acción antioxidante. Que máis se pode pedir? En calquera época do ano é posible atopar unha gran variedade e diver-sidade de especies con distintas propiedades organolépticas (as que se aprecian mediante os sentidos, como o sabor, o aroma, a cor, a textura...). E existen múltiples formas de cociñalas; iso si, convén evitar no posible perder as vitaminas que conteñen. Por iso, é recomendable non realizar un pelado profundo, xa que a parte máis externa das froitas, debaixo da pel, é a que concentra unha maior cantidade de vitaminas.Velaquí algunhas ideas...

5,75€por

persoa*

cantas calorías necesitamos ao longo do día?

% calorías totais A nosa proposta % calorías

ALMORZO 20-25 % - Zume de mazá 15 % (268 kcal) (400-500 kcal) - Leite de vaca desnatado - Tostada de pan con tomate natural, aceite de oliva e tortilla francesa

MEDIA MAÑÁ 5-10 % - Mandarina 9 % (157 kcal) (100-200 kcal) - Cacahuete sen casca

COMIDA 30-35 % - Ensalada con tomates cereixa, 39 % (688 kcal) (600-700 kcal) pera conferencia e vinagreta de framboesas* - Magret de pato con froitas asadas* - Piña baby reenchida de froitas tropicais*

MERENDA 5-10 % - Améndoa sen casca 9 % (165 kcal) (100-200 kcal) - Uvas brancas

CEA 20-25 % - Ensalada de escarola e mazá 28 % (504 kcal) (400-500 kcal) - Hamburguesa de pescada con salsa de tomate - Pan integral - Pera

MÁXIMO 2.000 kcal(*) Pratos preparados e explicados nesta revista

4 Fácil 5’-10’ 0,43

4140

Page 22: Sabores con tradición - revista.consumer.esrevista.consumer.es/web/ga/20160301/pdf/revista-entera.pdf · 0,45 a 2 euros polo uso dos caxeiros automáticos. 40 RECEITAS. Menú de

Sabes como funciona o semáforo? É un sinxelo código de cores que indica se a cantidade dos nutrientes que compón a receita é alta, media ou baixa. Informa sobre as calorías e os nutrientes máis importantes desde o punto de vista da saúde: azucres, graxa, graxas saturadas e sal. As receitas pre-sentan normalmente ingredientes cuxa porcentaxe sobre a inxestión de referencia (IR) é alta; é dicir, predomina a cor amarela. Estes pratos están concibidos como prato principal dunha comida ou dunha cea. O seu tamaño de ración é superior e a súa achega nutricional é máis elevada. Por este motivo, as receitas teñen uns puntos de corte diferentes aos dos produtos.• A cor verde indica que a ración de consumo de cada nutriente achega menos do 10 % da inxestión de referencia; é dicir, unha cantidade baixa do nutriente. • A cor amarela indica que achega entre o 10 % e o 35 % da IR; é dicir, unha canti-dade media do nutriente. • A cor laranxa indica que achega máis do 35 % da IR; é dicir, unha cantidade alta do nutriente.* A inxestión de referencia para un adulto.

Unha ración contén: GRAXA CALORÍAS GRAXA SATURADA AZUCRES SAL 338 20g 5,6g 5,9g 0,12g

17 % 29 % 28 % 7 % 2 %

Sabes como funciona o semáforo? É un sinxelo código de cores que indica se a cantidade dos nutrientes que compón a receita é alta, media ou baixa. Informa sobre as calorías e os nutrientes máis importantes desde o punto de vista da saúde: azucres, graxa, graxas saturadas e sal. As receitas pre-sentan normalmente ingredientes cuxa porcentaxe sobre a inxestión de referencia (IR) é alta; é dicir, predomina a cor amarela. Estes pratos están concibidos como prato principal dunha comida ou dunha cea. O seu tamaño de ración é superior e a súa achega nutricional é máis elevada. Por este motivo, as receitas teñen uns puntos de corte diferentes aos dos produtos.• A cor verde indica que a ración de consumo de cada nutriente achega menos do 10 % da inxestión de referencia; é dicir, unha cantidade baixa do nutriente. • A cor amarela indica que achega entre o 10 % e o 35 % da IR; é dicir, unha canti-dade media do nutriente. • A cor laranxa indica que achega máis do 35 % da IR; é dicir, unha cantidade alta do nutriente. * A inxestión de referencia para un adulto.

Unha ración contén: GRAXA CALORÍAS GRAXA SATURADA AZUCRES SAL 137 0g 0g 29g 0g

7 % 0 % 0 % 32 % 0 %

sobremesaPiña baby rEEnchida dE froitas troPicais

ingredientes: 1 kg de piña 1 papaia 1 mango 1 kiwi100 ml de zume de piña

como se elabora:Fáiselle un corte á parte superior da piña e, cun coitelo, vaise sacando a carne ata deixala baleira. O exterior da piña baleira servirá de recipiente, polo que se pode utilizar unha de tamaño mediano ou mesmo pequeno.Á parte, pélanse e córtanse en dados todas as froitas, incluída a carne da piña. Colócanse nunha fonte e déixanse mace-rar no zume de piña. Despois, colócase o conxunto na piña baleira (o recipiente) e régase co seu zume. Antes de consumir, déixase arrefriar un pouco no frigorífico.

comentario dietético:As froitas, cargadas de vitaminas e minerais, constitúen a sobremesa por excelencia. As macedonias poden ela-

borarse combinando as froitas que máis nos gustan, o que permitirá levar á mesa saborosas e exóticas variacións. Aínda que o consumo de mango e papaia non sexa moi habitual por ser froitas de orixe tropical, esta sobremesa pode ser unha boa opción para finalizar unha comida ou unha cea especial. O mango é unha froita cun alto contido en beta-caroteno e vitamina C. O seu consumo aconsélla-selles ás persoas que non toleran os cítri-cos, os pementos ou outros vexetais que son fonte de vitamina C. A papaia con-sidérase un alimento con propiedades dixestivas e está indicada en casos de dixestións pesadas, gastrite e acidez de estómago. Xunto coa piña e co kiwi, que achegan unha boa cantidade de vita-mina C, esta sobremesa resulta excelente para previr os arrefriados no inverno.

segundo pratoMagret dE Pato con froitas asadas

ingredientes: 650 g de magret de pato fresco (2 magret) 50 g de pexego 50 g de mazá 1 laranxa 50 g de pera 30 g de auga 20 ml de zume de limón - Un chisco de sal

como se elabora:Para cociñar o magret, sálgase o exte-rior e realízanse incisións en forma de cuadrícula na pel, sen chegar a cortar a carne. Cocíñase a parte da pel nunha tixola antiadherente previamente quen-tada, ata que se funda parte da graxa e quede unha costra dourada e reducida a un terzo do seu tamaño. Retírase a graxa fundida da tixola e márcase lixei-ramente a parte da carne, ata que se sele o magret para non perder os seus zumes. Termínase de cociñar no forno a 180 ºC, ata que o interior do magret alcance 65 ºC. Entón, retírase da calor, déixase repousar 5 minutos e filetéase en toros grosos. Nunha fonte de forno, dispóñense as froitas cortadas en metades ou enteiras. Vértese o zume de limón e medio vaso de auga e introdúcese no forno a 200 ºC durante 40 minutos. De cando en vez, remóvese o conxunto para que as froitas

se asen de forma regular e se cociñen ata que tomen unha cor uniforme. No momento de servir, córtanse en anacos e réganse co propio caramelo que se formou durante o asado.

comentario dietético:A carne de pato é graxa e calórica, e tamén é rica en vitamina B5 e baixa en azucre. Ademais, ten un alto contido de proteínas, calcio, potasio, iodo, zinc, magnesio, sodio, fósforo e vitaminas A, B3, B9, B12 e K. É fonte de colesterol e purinas, o que debe terse en conta naqueles consumidores cuns niveis elevados de ácido úrico ou de coles-terol. Nesta receita, este tipo de carne prepárase con froitas asadas: mazá, pera e pexego. Estes tres alimentos comparten unha grande achega de fibra, calcio, potasio, iodo, fósforo e vitaminas A, B9 e C. Trátase dun prato algo calórico e graxo, polo que é reco-mendable consumilo con moderación.

rece

itas

mar

zo 4 Fácil 20’-30’ 2,01 4 Media 15’-20’ 3,31

4342

Page 23: Sabores con tradición - revista.consumer.esrevista.consumer.es/web/ga/20160301/pdf/revista-entera.pdf · 0,45 a 2 euros polo uso dos caxeiros automáticos. 40 RECEITAS. Menú de

A nArcolepsiA

Segundo a Asociación Española de Narcolepsia, esta é a forma máis grave da hipersomnia, un tras-torno do sono que se caracteriza porque o afectado padece un sono excesivo involuntario que fai que teña auténticas dificultades para manterse esperto. Unha situación que lle provoca deterioracións importantes de carácter físico, mental e psicolóxico.

As persoas que sofren narcolep-sia teñen, durante o día, cada tres ou catro horas, ataques incon-trolados de sono imposibles de remediar. A miúdo, adoitan sufrir outros síntomas, como paráli-ses do sono e cataplexia (perda súbita da sensibilidade nunha parte do corpo) por unha emoción intensa. Os especialistas cifran a súa prevalencia entre o 0,05 % e o 0,20 % da poboación xeral, aínda que se estima que é un trastorno infradiagnosticado.

saúde

Cando o sono paralizaA parálise do sono pode provocar unha grande angustia, pero non adoita revestir ningún perigo nin maiores complicacións

Quen sofre a parálise do soño espertan repentinamente, notan unha presión no peito e son incapaces de mover as súas extremidades, tronco e pescozo; aínda que manteñen a capacidade auditiva e táctil

Imaxine que lle ocorre o seguin-te: esperta repentinamente e nota

unha presión no peito, coma se al-guén sentase encima de vostede e lle impedise respirar profundamente. É incapaz de mover as súas extre-midades, o tronco e o pescozo, pero mantén a súa capacidade auditiva e táctil. Non pode falar e, mesmo, sofre alucinacións visuais ou auditivas. A sensación de vulnerabilidade e morte é total e sente unha grande angustia.Este episodio coñécese popularmente como “a subida do morto”, aínda que non ten nada que ver con fenóme-nos paranormais. Trátase dun tras-torno do sono que, segundo algúns estudos, afecta a menos do 4 % da

consta de catro fases: a primeira coin-cide cunha relaxación xeneralizada e, progresivamente, a actividade do cerebro retárdase, así como o siste-ma muscular, ata quedar en repouso total. Despois, empeza a fase REM, onde, de novo, o cerebro ten moita actividade, similar a cando está en vixilia, pero o corpo segue en repouso.É na fase REM onde se soña e se capta gran cantidade de información da contorna. A parálise do sono dáse xusto neste período. Por este motivo, provoca síntomas que non son máis nada que as características habi-tuais desta fase; é dicir, unha ato-nía muscular (falta de ton muscular e da tensión ou vigor normal de certos tecidos orgánicos) pola supresión da función das neuronas motoras. Este mecanismo evitaría movementos que poderían producir lesións mentres se dorme e desaparece ao pasar á se-guinte fase do sono.Algúns estudos cifran a prevalencia da parálise do sono entre o 0,3 % e o 4 % da poboación en xeral. Entre os factores que predispoñen a sufrila es-tán os seguintes: hábitos irregulares de sono, como lles sucede ás persoas

que traballan por quendas; sufrir con frecuencia jet lag; privación prolon-gada do sono; tensión; cansazo exce-sivo e, mesmo, durmir en posición de decúbito supino (deitado boca arriba). No entanto, algúns estudos aseguran que a parálise do sono asociada a unha mala calidade do descanso só se dá no 49 % dos afectados.

ConsellosPara reducir este tipo de episodios, pode ser útil seguir uns hábitos de descanso adecuados:

Facer exercicio de 3 a 6 horas antes de deitarse.

Durmir as horas suficientes. Reducir a tensión. Seguir uns bos hábitos de ali-mentación.

Non consumir bebidas excitantes antes de deitarse, como a cola, o té, o café ou o chocolate.

Por norma xeral, este tipo de para-somnia non provoca ningunha com-plicación e, se non se acompaña doutros síntomas de narcolepsia, non fai falta realizar ningún estudo.

www.consumer.es

poboación. Non é grave, pero pode ser un síntoma de narcolepsia e xera moita angustia, mesmo terror, a quen o experimenta. A Academia Americana da Medicina do Sono chámalle a esta situación parálise do sono, na súa Clasifica-ción Internacional de Trastornos do Sono. Pola súa banda, o Manual diagnóstico e estatístico dos tras-tornos mentais (DMS), da Asociación Americana de Psiquiatría, clasifícaa dentro das parasomnias (un trastorno caracterizado por comportamentos ou fenómenos fisiolóxicos anormais que teñen lugar coincidindo co sono) non especificada. Segundo o DMS, estes episodios poden darse ao deitarse

(hipnagógicos) ou ao espertar (hipno-pómpicos) e o afectado sente ansie-dade extrema, ás veces con sensación de morte inminente. Adoitan durar de poucos segundos a uns minutos e ce-de de maneira espontánea se outra persoa toca a quen o padece.

En fase REMA parálise do sono pode ser un sín-toma de narcolepsia, a forma máis grave de hipersomnia, un sono exce-sivamente prolongado e profundo.O sono normal consta de dous perío-dos ben diferenciados: o sono lento ou non REM (abreviación de rapid eyes movement) e o sono paradoxal ou REM. Á súa vez, o sono non REM

4544

Page 24: Sabores con tradición - revista.consumer.esrevista.consumer.es/web/ga/20160301/pdf/revista-entera.pdf · 0,45 a 2 euros polo uso dos caxeiros automáticos. 40 RECEITAS. Menú de

MaMadeiras para gustos e necesidades

As mamadeiras fabrícanse xeralmente de caucho ou de silicona. As primeiras son máis brandas e, polo tanto, máis cómodas ao principio para os bebés; pero tamén se poñen brandas con maior velocidade e débense cambiar con maior frecuencia. As de silicona, en cambio, son máis duras, o que fai que o neno tarde máis en adaptalas á súa boca, aínda que teñen a vantaxe de que se poden usar durante máis tempo.

As formas das mamadeiras son moi variadas e, sobre este asunto, a decisión final tena sempre o pequeno. O modelo clásico é o de mama-deiras redondeadas, tamén chamadas “de cereixa”. Tamén hai mama-deiras anatómicas (que tentan simular a forma da mamila), fisiolóxicas e con forma de gota.

Por último, está a cuestión dos orificios. No caso dos nenos acabados de nacer, recoméndanse as mamadeiras dun só orificio para que o fluxo de leite sexa reducido. A medida que o neno crece, o consello é optar por mamadeiras de varios buracos, que aumentan o caudal de leite. Cando o alimento se fai máis espeso, debido á mestura con papas, cereais ou outros sólidos, hai que pasar a mamadeiras cun orificio de maior tamaño, a miúdo unha rañura, co fin de que as tomas non sexan dificultosas para o bebé.

bebé

O biberón perfectoCos bebés adóitanse utilizar os pequenos e de cristal, mentres que os máis grandes e de plástico son preferibles cando o neno medra

que se poden transportar máis facil-mente e non rompen se caen ao chan. Moitos pais escóllenos a partir do segundo semestre de vida, cando os nenos comezan a suxeitar o biberón por si sós, despois de utilizar biberóns de cristal na primeira etapa.

FormasNeste aspecto, a variedade de bibe-róns é moi ampla e todos os modelos teñen algunhas vantaxes con respecto aos demais. Os modelos clásicos son cilíndricos, xa que é unha forma que se adapta ben a todos os usos. Tamén os hai de forma triangular, que favo-recen o agarre e teñen maior estabi-lidade. Outros teñen un formato máis ancho, o que os fai máis estables e facilitan tanto o proceso de verter o leite no seu interior como a limpeza.Existen, ademais, biberóns ergonómi-cos, deseñados de maneira específica para que o bebé os suxeite con maior facilidade. Moitos deles inclúen asas que forman parte do corpo do propio biberón. O aspecto negativo destes modelos radica no custosa que resulta a súa limpeza. Tamén se comercializan os biberóns anticólicos e os antirrefluxo que, ao teren unha forma curva, facilitan a tarefa dos pais e procuran reducir a cantidade de aire inxerida polo pe-queno durante a toma.

www.consumer.es

Os biberóns sempre son útiles e necesarios durante a crian-

za dun bebé. Aínda que se opte por aleitar, poden xurdir situacións que obriguen a utilizalos, como poden ser a inxestión dun medicamento in-compatible coa lactación materna, a necesidade de conservar o leite para darlla ao neno durante unha ausen-cia da nai etc.Pero cal é o que máis lle convén ao bebé? Hoxe en día, comercialízanse tantos tipos de biberóns que com-prar un convértese nunha tarefa moi complexa. Non hai un biberón igual a outro e os pais e as nais pregúntanse que criterios deben ter en conta á ho-ra de escolleren un. Os biberóns pódense clasificar segun-do o seu tamaño, o material co que se fabrican, e a forma e o tipo de ma-madeira. En función destes aspectos,

que mesmo os nenos maiores fagan tomas tan longas. Entre as opcións de tamaños intermedios están os máis apropiados para os bebés a medida que crecen e se desenvolven.

MaterialO corpo dos biberóns (é dicir, o vaso, non a mamadeira) fabrícase ou ben en vidro ou cristal ou ben en plástico ou policarbonato, e cada un destes ma-teriais ten as súas vantaxes e os seus inconvenientes. Os de cristal son máis doados de lim-par e non absorben os sabores nin os cheiros dos alimentos. Pola súa banda, os beneficios dos biberóns de plástico radican, sobre todo, en que son máis lixeiros e resistentes, polo

cada modelo posúe características que os fan máis ou menos fáciles de limpar, seguros, resistentes, apropia-dos de acordo coa idade do neno etc. Pero convén ter en conta que cada un ten as súas vantaxes e escoller un ou outro dependerá da idade e dos gustos do neno.

TamañosEn xeral, os biberóns máis pequenos poden levar uns 100 ml, aínda que ta-mén os hai incluso de 50 ml. Estes tamaños recoméndanse para os nenos acabados de nacer, que aínda conso-men moi pouco alimento. Estímase que un bebé de 3 quilos debe inxerir medio litro de leite diario, distribuído entre cinco e dez tomas.Os biberóns máis grandes adoitan roldar os 350 ml de capaci-dade, aínda que é raro

4746

Page 25: Sabores con tradición - revista.consumer.esrevista.consumer.es/web/ga/20160301/pdf/revista-entera.pdf · 0,45 a 2 euros polo uso dos caxeiros automáticos. 40 RECEITAS. Menú de

AxudAs pArA nAis ou pAis solteiros

En España, non hai axudas específicas para nais solteiras. Con todo, estas poden acollerse a algunhas subvencións, as mesmas ás que teñen dereito aqueles que contraeron matrimonio. Estas son algunhas:

• Cheque familiar: a esta dedución por maternidade poden acollerse as familias numerosas, os desempregados, os xubilados con cargas familia-res e as familias monoparentais con, polo menos, dous fillos a cargo.

• Axuda por nacemento ou adopción: trátase dun único pago de 1000 euros por cada nacemento ou adopción e depende dos ingresos familiares.

• Prestación por maternidade: as nais traballadoras —solteiras ou non— perciben unha axuda, que é o 100 % da base reguladora. A Seguridade Social ingresa as cotas correspondentes ás 16 semanas establecidas por lei. No caso de partos múltiples, amplíase dúas semanas.

• Prestación por fillo ao cargo: está destinada ás nais que contan cun fillo menor de 18 anos ou maior desta idade con discapacidade. Depende dos ingresos anuais e, a partir do segundo neno, a contía increméntase un 15 % por cada menor ou acollido.

• Asociacións de axuda para nais solteiras: axudan e asesoran as mulleres que están soas á hora de criaren os seus fillos.

• Subsidios por desemprego: o Servizo de Emprego Público Estatal (SEPE) ofréceos para quen ten cargas familiares, como son as nais solteiras paradas. É o caso da axuda familiar e o plan Prepara.

• Axudas para a educación: as mulleres solteiras con fillos poden acceder, coma o resto de cidadáns, ás bolsas convocadas polo Ministerio de Educación e Cultura.

Tamén os pais forman familias monoparentais e poden ser eles os benefi-ciarios das axudas, sempre e cando sexan eles os que convivan co menor e dos que dependan os nenos economicamente.

economía doméstica

Un premio á maternidadeAs mulleres que se xubilen a partir de 2016 e sexan nais de dous ou máis fillos recibirán un complemento á súa pensión de xubilación, viuvez ou incapacidade

As responsabilidades familiares non afectan por igual os homes e

as mulleres. Polo xeral, ter fillos e en-cargarse deles determina a traxectoria profesional da nai, posto que adoitan ser elas as que interrompen as súas carreiras laborais e reducen as súas xornadas a tempo parcial. Todo iso afecta de maneira significativa a per-cepción de rendas e a cotización a Se-guridade Social e, por tanto, á contía da súa futura pensión. Neste sentido, convén indicar que, en 2015, a pensión media de xubilación dunha muller foi un 38 % inferior á media do home.Agora, para recoñecer a contribución das nais traballadoras, o Goberno español creou un complemento sa-larial ás súas pensións. Desta forma, as mulleres que accedan a partir do 1 de xaneiro de 2016 ás pensións de xubilación, incapacidade permanente ou viuvez recibirán un complemento á súa pensión se foron nais de dous ou máis fillos. Isto establéceo a Lei de orzamentos xerais do Estado para 2016 (Lei 48/2015, do 29 de ou-tubro) e regúlase no artigo 60 da Lei xeral da Se-

Canto crece a pensión da nai?O complemento é un incremento directamente aplicable á pensión final. É un importe equivalente ao resultado de aplicar unha porcen-taxe determinada, de acordo coa seguinte escala:

Por ter e criar dous fillos: 5 %. Por ter e coidar tres fillos: 10 %. Por ter e criar catro ou máis fillos: 15 %.

1

Se a pensión supera o límite máximo, concédese este complemento?Si, pero redúcese. Admítese que o complemento supere a pensión máxima, pero neste caso a contía do complemento queda reducida ao 50 %, como explica o doutor en De-reito, Javier Pozo Moreira. Así, unha muller que tivese dous nenos coa pensión máxima recoñecida verá incrementada esta contía nun 2,5 % (non nun 5 %); se ten tres, nun 5 % (non nun 10 %) e, se ten catro ou máis, nun 7,5 % (non nun 15 %).

3

Se se cobra máis dunha pensión, que sucede?Cando se recibe máis dunha pen-sión (viuvez e xubilación, por exem-plo), aplícaselle este complemento por fillo só a unha das pensións da beneficiaria, ao que favoreza máis a muller.

52Hai que cumprir algún requisito?Si. Só poderán acceder a este incremento as mulleres que, des-de o 1 de xaneiro de 2016, sexan beneficiarias dunha pensión de xubilación, viuvez ou incapacida-de permanente; isto sempre que tivesen dous ou máis fillos, sexan biolóxicos ou adoptados.

4Se unha pensión non chega ao mínimo fixado para ese ano e ten com-plemento a mínimos, pode cobrarse tamén o de maternidade?Si. Se a pensión recoñecida inicial-mente non chega á mínima fixada para ese ano, recoñeceráselle o complemento a mínimos para al-canzar a pensión mínima legal que inclúan cada ano os orzamentos xerais do Estado. E, ademais, en-gadiráselle o complemento por ma-ternidade.

6As xubilacións anticipa-das teñen complemento?Se a xubilación anticipada é vo-luntaria, a muller non ten dereito a este complemento, pero si o co-brará se a xubilación foi por des-pedimento. Tampouco se aplicará o complemento nas xubilacións par-ciais. No entanto, e neste caso, si se recoñecerá o complemento cando a xubilada parcial deixe de selo e ac-ceda á xubilación completa ordina-ria; é dicir, ao que cumpra a idade de xubilación.

www.consumer.es

guridade Social. Trátase dunha medi-da con carácter permanente. O total de beneficiarias, segundo os cálculos realizados polo Instituto Nacional da Seguridade Social ata 2019, será de 455.504 mulleres. E este ano 2016 be-neficiaranse 123.357.Aínda así, segundo Amparo Ballester, catedrática da Universidade de Valen-cia, a pesar de ser unha boa iniciativa, a normativa deixa fóra as nais traba-lladoras con situacións de necesidade máis graves, aquelas que accedan a unha simple pensión non contributiva.A continuación, explícanse as claves deste complemento:

Polo xeral, ter fillos e encargarse deles determina a traxectoria profesional da nai e a contía da súa futura pensión

4948

Page 26: Sabores con tradición - revista.consumer.esrevista.consumer.es/web/ga/20160301/pdf/revista-entera.pdf · 0,45 a 2 euros polo uso dos caxeiros automáticos. 40 RECEITAS. Menú de

ActuAlizAción necesAriA

A Comisión Europea revisou a lexis-lación sobre novos alimentos para actualizala ás novas demandas, xa que as leis tiñan case 20 anos de antigüidade. O novo regulamen-to elimina as barreiras comerciais innecesarias que dificultaban a comercialización de alimentos seguros. Créase, ademais, un sistema de autorización centralizado que simplifica e acelera o proceso de autorización. Antes de que entre en circulación, a EFSA avaliará desde o punto de vista científico o risco dos novos alimentos.

Non se autorizarán alimentos que presenten un risco para a saúde pública, que sexan desvantaxosos desde o punto de vista nutricional ou que induzan a erro. Calcúlase que nos últimos anos se presen-taron entre sete e dez solicitudes ao ano de autorización de novos alimentos en toda a UE.

seguridadealimentaria

Insectos para comerDesde finais de 2015, os insectos entran a formar parte da definición de “novo alimento” na UE e, por tanto, contan con lexislación

Insectos na dieta diariaNa UE, un “novo alimento” defínese como aquel que “non se consumiu de forma signifi-cativa antes de maio de 1997”. Nesta categoría, entran alimentos producidos a partir das novas tec-noloxías ou os que se comen noutros lugares, pero que non formaron parte do consumo tradicional europeo. Calcúlase que máis de dous millóns de persoas en todo o mundo inclúen os insectos na súa dieta diaria, pero estes consumidores non os atopamos nin nos EUA, nin na UE. Dentro da definición de “novo alimen-to” tamén están as partes dos insec-tos, como as patas, as ás e a cabeza.

Con seguridadeO obxectivo dos cambios lexislativos é que a autorización de novos alimentos, neste caso de insectos, sexa “sinxela, rápida e eficiente”, segundo a Comisión Europea, para que se poidan comercia-lizar de forma máis rápida, a condición de que se demostre a súa seguridade.

A Unión Europea non recollía des-de o punto de vista lexislativo a

produción e a comercialización de in-sectos para consumo humano ata hai un mes, a pesar de que algúns países coma Bélxica si autorizaban a venda dun número determinado de especies. No entanto, desde o pasado mes de novembro, as barreiras lexislativas rompéronse e novas condicións nor-mativas aclaran que os animais entei-ros, como os insectos, entran xa dentro da definición de “novo alimento” e, por tanto, o seu emprego queda regulari-zado. Aínda así, estes cambios serán aplicables a finais de 2017. E é que as cousas foron cambiando e o seu uso como fonte de alimento empezou a dar importantes beneficios, tal como aseguraba a Organización das Nacións Unidas para a Agricul-tura e a Alimentación (FAO) en 2013. Vermes, grilos, escaravellos, eirugas, avespas, formigas, lagostas, moscas ou saltóns domésticos son algúns dos que maior potencial teñen como ali-mento, segundo a FAO. Por tanto, convén saber como os insec-tos entran a formar parte do concepto “novo alimento” que riscos presentan.

O regulamento non lles permi-

te aos Estados membros autorizar

ou prohibir novos ali-mentos, pero si poden

suspender ou restrinxir a súa comercialización, se con-

sideran que supón un risco para a saúde e baixo a premisa de informar sempre a Comisión Europea.Segundo a FAO, que en 2013 presen-taba os insectos como unha potente fonte de proteína en todo o mundo, os insectos máis consumidos son os escaravellos, as eirugas, as abellas, as avespas e as formigas, os saltóns, as lagostas e os grilos, entre outros.

Cales serían os riscosEn outubro de 2015, a Autoridade Euro-pea de Seguridade Alimentaria (EFSA) abordaba a cuestión de cales serían os riscos para comer insectos e compa-raba os riscos potenciais coas fontes convencionais de proteína animal. Segundo a EFSA, a posible presen-za de riscos biolóxicos e químicos derivados dos insectos dependerá dos métodos de produción, do que se alimentan os insectos, da etapa

do ciclo de vida na que se recollen, das especies e dos métodos usados durante o procesamento.Polas súas propiedades biolóxicas, deben terse en conta cuestións de seguridade microbiana, toxicidade e presenza de compostos orgánicos, xa que, coma outros produtos, tamén proporcionan un ámbito favorable ao crecemento microbiano, incluídas bac-terias, fungos ou virus. Malia iso, e se-gundo a FAO, “non se coñecen casos de transmisión de enfermidades ou parasitoides a humanos derivados do consumo de insectos, sempre que se manipulasen nas mesmas condicións de hixiene ca calquera outro alimento”.Segundo a organización, poden darse problemas de alerxias como as que ocasionan os crustáceos. Ao contrario ca os mamíferos e as aves, os insec-tos darían menos problemas no que ten que ver con posibles infeccións zoonóticas.

www.consumer.es

Máis de dous millóns de persoas en todo o mundo inclúen os insectos na súa dieta diaria

5150

Page 27: Sabores con tradición - revista.consumer.esrevista.consumer.es/web/ga/20160301/pdf/revista-entera.pdf · 0,45 a 2 euros polo uso dos caxeiros automáticos. 40 RECEITAS. Menú de

EROSKI CONSUMER dáche información práctica sobre finanzas, familia e traballoTodas as propostas están en:www.consumer.es/economia-domestica