Medicamentos: facemos un uso racional?revista.consumer.es/web/ga/20140901/pdf/revista-entera.pdf ·...

27
alimentación saúde Medicamentos: facemos un uso racional? Reciclaxe de envases no verán Debuxar saúde Vexiga hiperactiva Síndrome das pernas inquedas Billetes e bacterias As bondades dos conxelados a revista do socio consumidor Ano XXXIX - Época IV - Nº 189 SETEMBRO 2014 www.consumer.es

Transcript of Medicamentos: facemos un uso racional?revista.consumer.es/web/ga/20140901/pdf/revista-entera.pdf ·...

Page 1: Medicamentos: facemos un uso racional?revista.consumer.es/web/ga/20140901/pdf/revista-entera.pdf · FORMACIÓN PARA PERSOAS DE ETNIA XITANA ... e outras existentes é que a súa ...

alimentación saúde

Medicamentos: facemos un

uso racional?

Reciclaxe de envases no veránDebuxar saúde

Vexiga hiperactivaSíndrome das pernas inquedas

Billetes e bacteriasAs bondades dos conxelados

a revista do socio consumidor

Ano XXXIX - Época IV - Nº 189 SETEMBRO 2014 • www.consumer.es

Page 2: Medicamentos: facemos un uso racional?revista.consumer.es/web/ga/20140901/pdf/revista-entera.pdf · FORMACIÓN PARA PERSOAS DE ETNIA XITANA ... e outras existentes é que a súa ...

18912 GUÍA DE COMPRA:

EMBUTIDOSPermitiron mellorar a capacidade de conservación e a seguridade dos produtos cárnicos

34 ESCRAVOS DA VExIGAEntre o 30 % e o 40 % da poboación non é capaz de controlar este órgano, un trastorno imposible de previr, pero si de tratar

42 RECEITAS. Menú “Volta á oficina” para recuperar os hábitos saudables

46 EROSKI. Un estudo da Plataforma Envase e Sociedade indaga sobre os hábitos de reciclaxe dos envases durante as vacacións do verán

34

12

22

Como usamos os medicamentos?

enquisa máis de 1.000 persoas sobre os seus hábitos de consumo de medicamentos e o seu uso racional

BENESTAR E VIDA COTIÁ 4 novastecnoloxías

NOVOS RECURSOS PARA CONSULTAR O TEMPO 6 dereitos 8 quenosinteresou 10 expertosnutricionistas 22 afondo

USO RACIONAL DOS MEDICAMENTOS 28 entrevista dobre

ALIMENTACIÓN INFANTIL: NO COMEDOR ESCOLAR E NA CASA

INfORMES: 20 alimentación / INTOXICACIÓNS ALIMENTARIAS CON BILLETES 32 alimentación / AS BONDADES DE CONXELAR ALIMENTOS 34 saúde / ESCRAVOS DA VEXIGA 36 economía / NAI E TRABALLADORA AUTÓNOMA 38 saúde / SÍNDROME DAS PERNAS INQUEDAS 40 bebé / PRIMERO DÍA DE COLEXIO SEN TRAUMAS

EROSKI46 EROSKI

A RECICLAXE DE ENVASES NO VERÁN

48 EROSKI FORMACIÓN PARA PERSOAS DE ETNIA XITANA

50 EROSKI SOLIDARIEDADE CIDADÁ E CONCURSO IMAGINE FOOD

sumario

Difusión controlada por:

www.consumer.esEROSKI CONSUMER é a revista do socio consumidor de EROSKI. A cooperativa EROSKI é unha asociación de consumidores que, dende hai máis de vinte e cinco anos, dedica os seus esforzos á formación e á información dos consumidores. EROSKI CONSUMER defende os dereitos recoñecidos aos consumidores de bens e servizos, co fin de que os poidan exercer de xeito responsable e esixir o seu cumprimento. EROSKI CONSUMER é un medio de comunicación comprometido coa promoción de hábitos de vida saudables, co consumo sustentable e coa conservación do medio. EROSKI CONSUMER publica informacións sobre iniciativas de responsabilidade social de EROSKI e sobre os produtos das marcas de EROSKI e, excepcionalmente, transmitirá informacións que EROSKI considere de grande interese para os seus socios e clientes.

a revista do socio consumidor

EDita: EROSKI S. Coop., co patrocinio de FUNDACIÓN EROSKI • Setembro 2014 - N.º 189 • Tiraxe: 12.000 exemplares

director: alejandro Martínez Berriochoasubdirectora: María Hoyosredactora Xefa: Rosa Cuevascoordinación de redacción e edición en internet: Miren Rodríguezedición en galego: Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xunta de Galicia

distribución: Rosa Cuevas

inVestigación “a fondo”: Equipo de EROSKI CONSUMER Responsable: Rosa Cuevas Deseño e elaboración: aitor Vallejo e Cristina Leciñana

información de eroski: Redacción: Rosa Cuevas, Cristina Leciñana e María Huidobro

outros contidos: Novas tecnoloxías: Jordi Sabaté Entrevista: Laura Caorsi Alimentación: Laura Caorsi e Julio BasultoSaúde: Montse Arboix e Clara BassiEconomía doméstica: Blanca ÁlvarezBebé e mascotas: Eva San MartínMedio natural: Álex Fernández Muerza

deseño, maquetación e preimpresión: DUPLO Comunicación Gráfica (www.duplografic.es) fotografía: Rubén García, Ana García e Becky Lawton Impresión: MCC Graphics

redacción e administración de eroski consumer: ERoSki Publicaciones. B. San Agustín, s/n 48230 Elorrio (Biscaia)

Telf.: 946 211 627_fax: 946 211 222

Depósito legal: SS-907-2012 • ISSN: 2254-6480

Page 3: Medicamentos: facemos un uso racional?revista.consumer.es/web/ga/20140901/pdf/revista-entera.pdf · FORMACIÓN PARA PERSOAS DE ETNIA XITANA ... e outras existentes é que a súa ...

novastecnoloxíasnovos recursos para consultar o tiempo

Información meteorolóxica en tempo realComercializáronse novas propostas para consultar a previsión do tempo con calidade e no intre

o tempo interésanos moito. consul-talo a través de internet é unha das accións que realizan os usuarios con maior asiduidade. o habitual é utilizar aplicacións con información sobre previsións automatizadas, de acordo con diferentes cálculos informáticos. non obstante, moitas veces este tipo de predicións fallan debido a que as condicións climáticas poden cambiar bruscamente nunha zona concreta. por iso, convén coñecer os recursos para acceder á previsión meteoroló-xica en tempo real, máis alá das apli-cacións centradas na previsión do tempo e nos servizos tradicionais.

Como unha estación meteorolóxica

WeatherSignal é unha aplicación para teléfonos con android que permite converter o móbil nunha estación meteorolóxica grazas aos sensores incorporados no dis-positivo. entre outros datos, esta aplicación pode mostrar tem-peratura, luz, humidade, presión atmosférica e polos magnéticos. os usuarios poden acceder a eles en tempo real, así como compar-tilos co resto da comunidade e ver as medicións do clima doutros usuarios próximos. Deste xeito, e grazas aos teléfonos intelixentes, pódese coñecer a cada instante a información meteorolóxica dunha zona concreta.

outra aplicación do estilo para android é PressureNET. re-compila, de forma automática, os datos de presión atmosférica que algúns móbiles incorporan xunto co sistema Gps para poder dotalo de maior precisión na xeolocali-zación do usuario. a información rexistrada a través desta aplicación compártese con científicos e inves-tigadores para crear un mapa en alta resolución e en tempo real da atmosfera terrestre. ademais, estes datos tamén están dispoñibles para o resto de usuarios, o que permite coñecer a variación da presión atmosférica na súa zona.

Cifras exactaspara unha maior precisión nos datos, o máis recomendable é ter unha estación meteorolóxica propia. un dos fabricantes máis coñecidos de estacións meteoro-lóxicas para usuarios e profesio-nais é oregon Scientific, xa que dispón de estacións dende os 50 euros ata os 700 euros, no caso das máis profesionais.

por outro lado, a estación me-teorolóxica Anywhere Weather Profesional é un dos últimos mo-delos que se comercializaron e o seu prezo rolda os 200 euros. está pensada para controlar unha casa ou unha zona de forma remota, xa que os datos locais do tempo se soben de modo automático á rede para facilitar o seu acceso dende un pc ou un teléfono intelixente. para iso, conta con aplicacións gratuítas para android e ios. así, pódense ver os datos meteoroló-xicos da estación en tempo real, revisar o histórico, compartilos con outros usuarios ou ben coñecer a información dos contactos.

esta estación contén, ademais, un sensor de temperatura e humida-de, un pluviómetro e outro sensor de dirección e velocidade do vento. Á parte, pódense adquirir outros sensores independentes, como os de raios uv ou os da temperatura da auga. permite

conectar ata oito sensores de temperatura e humidade remotos a un tempo, e está indicado para controlar varias situacións próxi-mas á estación. para utilizala, tan só hai que distribuír os sensores e conectar a estación a unha toma de corrente eléctrica e a internet.

Compartir datosMeteoclimatic é unha páxina web que recompila estacións meteorolóxicas automáticas non profesionais en tempo real. É dicir, todos os usuarios que conten cunha estación automática poden participar neste proxecto, enviando e compartindo os seus datos co resto. Deste xeito, a comunidade de usuarios pode ter acceso a todos os datos e coñe-cer o tempo e o clima en diferen-tes partes da xeografía española. na actualidade, esta plataforma conta con máis de 2000 estacións meteorolóxicas automáticas.

entre os datos que se ofrecen, convén salientar os seguintes: temperatura, humidade, baró-metro, vento ou precipitacións. ademais, cada estación ten unha puntuación, denominada índice robertsson, que avalía a calidade da información e da estación. Deste xeito, os usuarios poden saber se os datos son máis ou menos precisos respecto doutras estacións da zona.

Previsións diarias de meteorólogos

os usuarios que queiran coñecer previsións meteorolóxicas rea-lizadas por expertos, e non por estacións automatizadas, contan cunha nova aplicación: Tumeteo. este proxecto español ofrece infor-mación do tempo con previsións diarias de meteorólogos. É dicir, a diferenza entre esta aplicación e outras existentes é que a súa información está elaborada por un grupo de expertos que analiza os datos ofrecidos polas diferentes axencias e que as envían cada día á aplicación.

tamén ten unha función denomi-nada “tempo en vivo”, con alertas escritas polo equipo para avisar de cambios importantes no tem-po de última hora, dende unha tormenta ou unha chaparrada nos próximos minutos, a recomenda-cións fronte a situacións de forte vento e chuvia.

aínda que é gratuíta, de momento só está dispoñible para as cidades de madrid e Barcelona, en versións para dispositivos ios e android. //

BILBAO 7 km/h

62 %

SET 12 10:57 AM

VENRES

54

Page 4: Medicamentos: facemos un uso racional?revista.consumer.es/web/ga/20140901/pdf/revista-entera.pdf · FORMACIÓN PARA PERSOAS DE ETNIA XITANA ... e outras existentes é que a súa ...

Cambiei de compañía eléctrica e, pouco despois, visitoume na ca-sa un comercial da antiga compañía para que volvese. Díxenlles que pensaría na súa oferta e, ao pasar un mes, cargaron na miña conta bancaria unha factura, sen o meu consentimento. Chamei para reclamar, pero como non me facían caso cambiei de compa-ñía. A partir de entón, comezaron a chegarme cartas dicíndome que tiña que pagar unha penalización por incumprir o período de permanencia. Chamei en varias ocasións sen ningún resultado. Agora, unha financeira ponme pegas para un préstamo porque di que estou rexistrada nun ficheiro de morosos. Que podo facer?

Encarguei mobiliario por un valor de case 10.000 euros para equi-par a miña nova casa. Pagueino todo por adiantado e entregáron-me todos os mobles, excepto unhas cadeiras que levaron por defectos no tapizado e unha mesa auxiliar que xa non quería, unha decisión que a tenda aceptou. Xa pasaron case cinco meses e non hai maneira de que me entreguen as cadeiras. Están atra-sando a entrega indebidamente. Como debería actuar?

Se as xestións de cambio de compañía se rea-lizaron sen o consentimento do consumidor, é posible denunciar os feitos ante os servizos de consumo do seu municipio ou provincia. De ser o caso, debe manifestarse o uso indebido de da-tos persoais, tales como o número de conta ban-caria do que dispoñía a compañía por anteriores relacións contractuais. Suxerímoslle que solicite a anulación da factura e que realice todas as xes-tións necesarias para cancelar os datos persoa-is do ficheiro de morosos. Se isto último non se corrixe, o uso non consentido de datos persoa-is pódese denunciar ante a Axencia Española de

Protección de Datos (www.agpd.es). Ademais, é posible acudir aos tribunais de xustiza e solicitar unha indemnización (especialmente se houbo unha denuncia previa ante a Axencia Española de Protección de Datos que finalizase con sanción), xa que a inclusión de datos persoais en ficheiros de morosos sen cumprir os requisitos legais po-de vulnerar dereitos fundamentais que teñen que ver coa honra e coa intimidade persoal e causar danos morais e perdas económicas pola imposi-bilidade de contratar con terceiros. En canto á fi-nanceira, inténteo outra vez e achegue copias das reclamacións ou das denuncias presentadas.

Cando as xestións persoais e telefónicas non dan resultado, suxerimos que se solicite no establece-mento unha folla de reclamacións ou que se acu-da aos servizos de consumo do municipio ou da provincia que corresponda para expor unha reclamación escrita da que quede constancia. Ta-mén é posible dirixir un burofax á tenda e requirir desta forma a entrega das cadeiras debidamen-te tapizadas, así como a devolución do importe aboado pola mesa. Se estas xestións non desen resultado, pode acudir aos tribunais. No caso con-creto das cadeiras, debe solicitar que se cumpra o contrato de compravenda, a entrega en perfectas

condicións ou, con carácter subsidiario, a devolu-ción do importe aboado por elas. Debe alegarse a garantía legal dos bens mobles que outorgan o dereito á reparación gratuíta nun prazo razoable ou, noutro caso, o dereito á devolución do diñeiro. Respecto da mesa, hai que pedir a devolución do prezo pago porque non se entregou tras o acordo previo entre a empresa e o cliente. En xuízos de contía inferior a 2000 euros, non se precisará avo-gado e deberá acreditar as súas declaracións con toda a documentación de que dispoña, como or-zamento, contrato, xustificantes de entrega, co-rreos electrónicos e reclamacións escritas.

ROUBOS NO CÁMPING

Róubanlles obxectos de valor do interior das súas casas móbiles e o cámping é o último responsable

Durante a súa estancia nun cámping, a uns usuarios roubáronlles obxectos de valor do interior das mobil home (ou casas móbiles pre-fabricadas) nas que gozaban das súas vacacións. Déronlles parte ás súas compañías de seguro e estas indemnizáronos con 2116 eu-ros polos obxectos subtraídos. Despois, a aseguradora demandou o cámping por consideralo responsable, aínda que este alegou que eran os usuarios os que debían asumir o risco, ao non poñer no seu coñecemento a existencia dos obxectos nin depositalos para a súa custodia. Finalmente, a aseguradora gañou o preito. Segundo a Au-diencia Provincial de Madrid o contrato de cámping comparte as mesmas características que o de arrendamento, de depósito e de prestación de servizos. O depósito constitúese cando a caravana entra no recinto e ocupa a parcela adxudicada. Dende ese momen-to, xorde o deber de gardala e restituíla con obrigación de custodia e de vixilancia.

LEI DO XOGO E LEI DO CONSUMIDOR

Gaña 30.000 euros nun concurso, consideran a súa participación fraudulenta, pero finalmente recibe o premio

Un participante gañou 30.000 euros nun concurso, pero dene-gáronllo por considerar fraudulenta a súa participación. Por cada mensaxe que se enviase por teléfono, obtíñanse puntos. Segun-do as empresas organizadoras, o concursante infrinxiu o límite tem-poral de envío de mensaxes en menos de 15 segundos durante un prazo de dúas horas seguidas. O concursante alegou descoñecer as bases, a pesar de estar dispoñibles na web. O asunto acabou an-te os tribunais, que lle deron a razón. Para a Audiencia Provincial de Madrid, na Sentenza do 1 de abril de 2014, poñer á disposición as bases do concurso a través da páxina web non garantía que che-gase ao coñecemento do concursante unha completa informa-ción. Como participante tiña dereito a obter unha información clara e completa sobre as regras do concurso coa suficiente antelación. Neste caso, as empresas organizadoras non acreditaron que o con-cursante coñecese as limitacións na transmisión das mensaxes esta-blecidas nas bases e foron condenadas a aboar o premio.

RESPONSABILIDADE SOLIDARIA

Cómpralle billetes de avión a unha axencia de viaxes e queda sen voos polo cesamento da compañía aérea

En 2012, unha persoa adquiriu a través dunha axencia de viaxes tres billetes de avión de ida e volta para voar dende Barcelona á locali-dade boliviana de Cochabamba. Aboou 3250 euros. Pouco despois, a compañía aérea suspendeu as súas operacións pola súa grave si-tuación económica e o consumidor demandou a axencia de viaxes. Invocou a súa responsabilidade solidaria e aduciu que coñecía ou debía coñecer a situación financeira da compañía aérea. Solicitaba que se condenase a axencia de viaxes a devolver o prezo máis unha cantidade adicional de 600 euros por dano moral. Con todo, perdeu o preito. Para a Audiencia Provincial de Barcelona a responsabilida-de solidaria só opera no ámbito das viaxes combinadas e este non era o caso. Ademais, considerou que nun mercado tan regulado co-mo é o mercado aéreo, non parecía que se lle puidese esixir á axen-cia que anticipase o cesamento de operacións dunha liña aérea boliviana que operaba co beneplácito das autoridades aeronáuticas nacionais e internacionais.

Sent

enza

s

UN CASO SIMILAR PODE MERECER UNhA SENtENzA DIStINtA

Esta sección recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan os consumidores e os usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non hai que esquecer que, ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstancias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar sentenzas distintas.

Der

eito

s

DÚBIDAS [email protected]

Se tes dúbidas legais, mándanos un correo electrónico. Tras estudar as posibilidades de cada caso, os servizos xurídicos de EROSKI CONSUMER suxiren as actuacións máis adecuadas para cada situación. Trátase só dunha orientación, posto que as cuestións xudiciais son complexas e están cheas de circunstancias que condicionan os casos e inflúen nas sentenzas. Recorda que a única contestación ás consultas que se reciban será a publicada nestas páxinas.

Consultorio

76

Page 5: Medicamentos: facemos un uso racional?revista.consumer.es/web/ga/20140901/pdf/revista-entera.pdf · FORMACIÓN PARA PERSOAS DE ETNIA XITANA ... e outras existentes é que a súa ...

Falsas crenzas sobre nutrición e deporte

Editores de imaxes en liña

Como afecta o ruído dos aeroportos

“Non quero!”. Trucos para superar esta etapa do neno

Hai tantos mitos como especialidades deportivas. Convén revisar de preto un bastante perigoso: o que nos fai crer que sen azucre non renderemos ben no noso desempeño atlético. Moitas persoas chegaron a crer que as bebi-das deportivas (coñecidas como “iso-tónicas”) melloran a saúde, algo que non é certo. Por iso, o Departamento de Saúde de Nova York xa difundiu hai uns anos es-ta advertencia: “As bebidas deporti-vas soan saudables, pero os azucres engadidos na maioría delas poden fa-vorecer a obesidade e a diabetes”. A mensaxe é importante tamén en Euro-pa, xa que a nosa inxestión de azucres oscila entre o 16 % e o 36 % da ener-xía a partir de azucres, así que estamos lonxe da recomendación emitida en 2003 pola Organización Mundial da Saúde (OMS) de non superar o 10 %. A OMS revisará en breve este consello e é posible que a cifre nun 5 %. O uso de bebidas deportivas con azu-cres engadidos só ten sentido en de-portes que supoñen un exercicio continuado de máis de 60 minutos, segundo concluíron Temesi e outros colaboradores en maio de 2011, nun rigoroso estudo publicado na Jour-nal of Nutrition. Os carbohidratos que achegan estas bebidas podemos complementalos (en ocasións, inclu-so substituílos) cos presentes en ali-mentos comúns, como froita fresca ou froita desecada, entre outros.

Máis información en www.consumer.es/alimentacion

Co predominio das redes sociais e a facilidade para compartir todo tipo de contidos, gañan peso os programas que non se descargan no escritorio, senón que se usan en liña para edi-tar as imaxes e de inmediato pasalas a Twitter, Facebook, Pinterest ou Goo-gle+ ou ben gardalas en Flickr, Goo-gle Drive ou SkyDrive. A continuación, descríbense algúns:• Fotor (www.fotor.com/). É un dos máis recentes e ten unha clara voca-ción de realizar as funcións dun Insta-gram para o ordenador. Ten unha boa cantidade de comandos que serven para emular os filtros de Instagram, aínda que con maior control sobre o resultado final. Mesmo se hai varias instantáneas dunha mesma imaxe, permite imitar o alto rango dinámico.• BeFunky (ipiccy.com/). Trátase dun editor web moi aconsellable polo sinxelo que é facer unha edición con el. Ás clásicas modulacións de luz, contraste, brillo, sombreado ou enfo-que, suma filtros de cor, desenfoques, efectos envellecedores e outras op-cións creativas. Ademais, conta con aplicacións para iPhone e móbiles con Android.

Máis información en www.consumer.es/tecnoloxia

O ruído dos aeroportos adoita afectar a urbanizacións ou núcleos urbanos periféricos. O problema agrávase por-que o ruído de fondo é moi baixo e o dos avións nótase máis. Por outra ban-da, non se sabe cando nin en que grao se producirá. Diversos estudos sinalan os efectos negativos na saúde:• Un informe recente da Comisión Eu-ropea relaciona de forma directa o ruído nocturno do transporte aéreo co aumento de enfermidades coronarias.• Un estudo epidemiolóxico sobre o ruído nocturno do aeroporto de Co-lonia-Bonn conclúe que, segundo a intensidade, se incrementa a canti-dade de medicamentos receitados para a hipertensión e outras enfermi-dades cardiovasculares. • As guías para o ruído urbano da Or-ganización Mundial da Saúde (OMS) xa indicaban en 1999 que o ruído urbano, en xeral, provoca deficiencia auditiva, trastorno do sono e repouso, efectos psicofisiolóxicos sobre a saúde mental, o rendemento ou o comportamento, entre outros.• Estudos levados a cabo por Eduard Estivill, especialista en trastornos do sono, sinalan que os afectados pasan dunha fase profunda do sono a outra na que non descansan. A defensa fron-te ás enfermidades diminúe e pode producir enfermidades metabólicas.

Máis información en www.consumer.es/medio-natural

Entre os dous e os tres anos de ida-de, os nenos atravesan a chamada etapa do “non”. Como o seu nome in-dica, é un período no cal os peque-nos responden a case todo cun: “Non, non quero”. Como facer para lidar con isto? Na guía pediátrica Your Child’s Health (A saúde do teu fillo), o especia-lista Barton Schmitt ofrece unha serie de consellos acerca de como tratar os pequenos nesta etapa do “non”. Estes son os máis importantes:• Evitar enfadarse. Hai que tomar a situación con calma e ata con humor, aínda que sen lle facer sentir ao pe-queno que non se lle toma en serio ou que se está burlando del.• Non castigar. É unha consecuencia do anterior. Non corresponde aplicar ningún castigo se o neno responde que non. Como máximo, pásase por alto a negativa ou, mellor aínda, de-móstraselle ao pequeno a convenien-cia de que obedeza.• Ofrecer opcións. A miúdo, é posi-ble permitirlle ao pequeno que elixa e que tome unha decisión, pero entre opcións seleccionadas antes. “Queres ler este libro ou estoutro?” ou “Que-res levar á cama o boneco ou o co-che?” son preguntas que lle permiten ao menor sentir que ten máis liberda-de e control.• Informar con antelación. Dar un aviso previo, do tipo: “En cinco minu-tos terás que deixar de xogar, porque imos comer”. Isto contribúe a que as posibles negativas sexan menos in-tensas e a reducir as perrenchas.

Máis información en www.consumer.es/bebe

Os que máis gustan no noso facebook

Cociñar sen aceite

A 389 persoas gústalles isto

Os outros efectos negativos dos refrescos para os nenos

A 215 persoas gústalles isto

Oito mitos en primeiros auxilios

A 437 persoas gústalles isto

Reca

nto

do le

ctor

quenosinteresou Faite o noso amigo e síguenos nas redes

Os responsables da revista EROSKI CONSUMER atendemos directamente as inquietudes en EROSKI CONSUMER, RESPONDE.Os responsables da revista EROSKI CONSUMER atendemos as inquietudes, suxestións e impresións dos lectores sobre os contidos da publicación. A súa opinión é moi valiosa para nós e queremos contar coa súa colaboración para mellorar.

Pode contactar connosco:Por teléfono: de luns a venres, de 10:00 a 12:00 horas, en 946 211 627 e 946 211 487. Por correo electrónico: [email protected] redes sociais: a través do noso perfil en facebook e en twitter (ler as normas de uso).

o noso TopTwitter é a outra rede social na que EROSKI CONSUMER (@eroskiconsumer, @E_CONSUMERma –con información espe-cífica sobre o medio natural– e @caminoasantiago –o twitter da Guía do Camiño de Santiago–) ten unha presenza moi activa. Esta é a relación dos nosos tuits máis retuiteados:

1. Tres décadas sen frear o avance da obesidade

2. O perigo de discutir diante dos fillos

3. Os outros efectos negativos dos refrescos para os nenos

98

Page 6: Medicamentos: facemos un uso racional?revista.consumer.es/web/ga/20140901/pdf/revista-entera.pdf · FORMACIÓN PARA PERSOAS DE ETNIA XITANA ... e outras existentes é que a súa ...

ABC DA NUTRICIÓN

Folato e ácido fólicoO folato é membro das vita-minas do grupo B. Para refe-rirse á vitamina presente nos alimentos, úsase o termo “fo-lato”, mentres que “ácido fó-lico” alude á forma sintética da vitamina, usada para en-riquecer alimentos ou para formular complementos die-téticos. Os folatos exercen funcións como crear eritroci-tos (glóbulos vermellos), fa-bricar proteínas, contribuír ás funcións psicolóxicas nor-mais e á redución do cansa-zo e da fatiga, e participar no sistema inmune. Esta vita-mina non pode almacenarse no organismo e o ser hu-mano non a sintetiza, polo que é necesaria unha ache-ga dietética constante. As fontes dietéticas principais son os alimentos de orixe vexetal: froitas, hortalizas de follas verdes e escuras, chí-charos e outros legumes e froitos secos.A Autoridade Europea de Se-guridade Alimentaria (EFSA, nas súas siglas en inglés) si-nala que a inxestión diaria desta vitamina se cobre doa-damente cunha dieta equi-librada. Non obstante, existe unha excepción: o emba-razo. Durante esta etapa, as necesidades desta vitamina aumentan dado que o fola-to contribúe ao crecemento do tecido maternal e prevén os defectos do tubo neu-ral (DTN) e as malformacións do sistema do feto. Para pre-vilos, o consenso científi-co internacional recomenda consumir a diario 400 mi-crogramos de ácido fólico (suplementos) durante po-lo menos un mes antes e ata tres meses despois da con-cepción, ademais de con-sumir folato mediante unha dieta equilibrada.

FÁLASE DE...

Iodo no embarazo e na lactaciónA Academia Americana de Pe-diatría publicou en xuño un documento que causou un gran balbordo mediático. Nel, recoméndalles a todas as xes-tantes ou lactantes que tomen suplementos dun mínimo de 150 microgramos de iodo, ade-mais de que utilicen sal iodado. Esta suxestión choca coa emi-tida en febreiro por PrevInfad, un grupo de traballo da Aso-ciación Española de Pediatría de Atención Primaria e do Pro-grama de Actividades Preven-tivas e de Promoción da Saúde da Sociedade Española de Me-dicina de Familia e Comunitaria (PAPPS-semFYC). Desaconse-llou os suplementos de iodo durante a xestación e a lacta-ción, pola falta de probas de calidade suficiente para deter-minar o balance entre os seus beneficios e os seus riscos. Tan só un mes antes, o Grupo de Traballo de Trastornos Relacio-nados coa Deficiencia de Iodo e Disfunción Tiroide (TDY-DT) da Sociedade Española de En-docrinoloxía e Nutrición (SEEN) tamén publicara, con argu-mentos convincentes, un do-cumento a favor de tomar este tipo de suplementos. Ante es-ta complexa situación, moi-tos autores recomendan seguir o consello individualizado de profesionais sanitarios, á espera de que unha entidade superior (o Ministerio de Sanidade ou a Autoridade Europea de Seguri-dade Alimentaria) se posicione.

OS CONSELLOS DO MES

Para non sufrir intoxicacións alimentariasAs cifras de intoxicacións alimentarias causadas por malas prácticas dos que manipulan os alimentos non descenden cos anos. O portal FoodS-afety.gov, do Servizo de Inspección e Seguridade Alimentaria dos Esta-dos Unidos, destaca os dez erros máis comúns que convén evitar:· Probar a comida para ver se aínda está boa (pode estar contaminada).· Colocar carne cociñada nunha superficie onde había carne crúa (os xermes da carne crúa poden contaminar a cocida).· Desconxelar comida no mesado (os microorganismos multiplicaran-se moi rápido).· Lavar carnes de res ou de ave (o vertedoiro e outras superficies con-taminaranse con bacterias).· Deixar que a comida se arrefríe moito tempo antes de gardala no re-frixerador (menos de 2 horas, dado que as bacterias se reproducirán pasado ese tempo).· Comer masa crúa que conteña ovo cru (os ovos crus poden ter salmonela).· Mariñar a carne de res ou de ave no mesado (os xermes poden multiplicarse).· Colocar carnes mariñadas crúas xunto á comida cocida (os microor-ganismos da carne crúa contaminarán a cocida).· Cociñar pouco a carne de res e de ave, os mariscos ou os ovos (non se eliminarán de todo as súas bacterias).· Non lavar as mans (podemos contaminar a comida que toquemos).

Non lles temer aos froitos secosOs froitos secos teñen un alto contido en calorías debido á súa notable achega en graxas, que pode superar o 50 % do seu peso. Aínda que son graxas saudables, con demostrados efectos positivos para controlar os niveis elevados de colesterol sanguíneo, moitas persoas temen que con-sumir froitos secos se poida traducir nun aumento de peso, a causa da enerxía que achegan as súas graxas. Non obstante, ese receo non exis-te no ámbito académico, sobre todo dende a publicación en 2011 dun consenso denominado “Recomendacións nutricionais baseadas na evi-dencia para a prevención e o tratamento do sobrepeso e a obesidade en adultos (Consenso Fesnad-Seedo). Nel concluíuse que “a adición de froi-tos secos á dieta habitual non se asocia ao aumento de peso corporal”.Posteriores estudos confirmaron esta constatación, como unha inves-tigación aparecida na revista Nutrition a finais de 2012. Nela dedúcese que a inclusión de froitos secos na dieta non provoca un aumento de peso, a pesar de incrementar a inxestión calorífica total. Outra rigorosa análise levada a cabo por investigadores españois e publica-da en xuño de 2013 (Am J Clin Nutr) volveu constatar que engadir froitos secos non incrementa o peso corporal ou a circunferencia da cintura. Estas observacións xustifícanse por diversos fac-tores, tales como o alto valor saciante dos froitos secos ou o pouco que se absorbe a enerxía que conteñen, a causa do seu al-to contido en fibra dietética.

Este verán excedinme un pouco coa inxestión de comida rápida, pizzas, hamburguesas etc. e levo quince días comendo máis san e facendo tres cuartos de hora de bicicleta estática. Pero temo que, aínda que perdín volume nos glúteos, non perdo tripa. Quizais é porque ao ter dous partos xa é imposible ou porque debo comer menos para cear. Ata que punto inflúe a cea na graxa que se acu-mula no abdome?Parabéns por eses quince días comendo máis

san e, sobre todo, polos tres cuartos de hora de bicicleta estática. Aínda que sem-pre é recomendable facer exercicio e se-guir unha dieta saudable, aconséllolle que acuda a un dietista-nutricionista para que valore se de verdade é preciso que perda peso e tamén para que a oriente respecto diso. En todo caso, é pronto para obser-var resultados, así que é normal que non constate reducións na graxa abdominal. Se continúa cos seus bos hábitos, verá re-sultados a medio-longo prazo. En canto á cea, o certo é que unha cea copiosa po-de aumentar, sen dúbida, as nosas reser-vas graxas. Pero isto é algo que ocorrerá tamén na comida ou no almorzo. Acon-

séllolle que anote as comidas que realiza ao longo do día, para que vostede mes-ma poida revisar se os seus hábitos dieté-ticos son correctos (en moitas ocasións, consumimos alimentos superfluos case de forma inconsciente). Tamén resulta útil pesarse a miúdo. Para non inxerir alimen-tos non recomendables é mellor non te-los na casa e, para controlar as racións, evite ter na mesa grandes fontes cheas de comida que lle dificulten resistirse á ten-tación. En canto ao exercicio, aínda que a bicicleta estática está ben, non esque-za que ha camiñar a diario un mínimo de 30 minutos (cando camiñamos utilizamos moitos grupos musculares que non usa-mos na bicicleta estática).

O meu fillo ten 5 anos e, como este verán o seu pai e eu traballaba-mos na cidade, decidimos deixarlo cos seus avós no campo durante un mes. Estivo de marabilla, pero o bocadillo tradicional de xamón, queixo ou pavo pasou ao esquecemento e só quere pan de molde con crema de chocolate, que é o que comeu todas as tardes no último mes. Non sei como facer para que volva comer os bocadillos que comía antes. Castigueino, premieino, pero todo foi en balde. Ao final non come. Pódeme axudar? Está demostrado que premiar ou –peor– cas-

tigar un neno para que coma dunha de-terminada maneira é ineficaz, tal e como puido comprobar. Pero non só iso, diver-sas entidades científico-sanitarias implica-das na nutrición pediátrica consideran que pode ser moi contraproducente. Existen outras posibles implicacións con respecto a aplicar castigos ou premios para que un neno coma, como un maior risco de pade-cer obesidade nun futuro e mesmo certos trastornos do comportamento alimenta-rio. En canto ao bocadillo, neste momen-to sabemos, por unha banda, que o pan de molde e o tradicional son moi similares en

canto a composición nutricional. Por ou-tra banda, o Fondo Mundial para a Inves-tigación do Cancro, despois de revisar as evidencias científicas dispoñibles, emitiu en 2007 a seguinte recomendación (que segue vixente): “Evite os derivados cárni-cos”. A base da nosa alimentación teñen que ser as froitas, hortalizas, legumes, froi-tos secos e cereais integrais (pan integral, pasta integral, arroz integral etc.), cun me-nor consumo do resto de alimentos. Dous dos mellores “trucos” para que un neno co-ma ben son que abunden estes alimentos na casa e que os adultos prediquemos co exemplo e non tanto coas palabras.

os expertos nutricionistasDE EROSKI CONSUMER RESPONDEN

O obxecto do Consultorio Nutricional é ofrecer unha resposta ás dúbidas que lles poidan xurdir aos consumidores sobre calquera aspecto vinculado coa alimentación, coa nutrición e coa dietética. Os nosos expertos nutricionistas seleccionarán, de entre todas as cuestións que cheguen a través do consultorio en liña, dispoñible en www.consumer.es/alimentacion, dúas consultas, que se responderán nesta sección da revista.

10 11

Page 7: Medicamentos: facemos un uso racional?revista.consumer.es/web/ga/20140901/pdf/revista-entera.pdf · FORMACIÓN PARA PERSOAS DE ETNIA XITANA ... e outras existentes é que a súa ...

gu

ía d

e co

mp

ra e

mb

uti

do

s

Poucos alimentos poden presumir de estaren presentes en tantas épocas históricas, en tan-tas merendas e en tantas mesas coma os em-butidos. Solución humilde moitas veces –parva en longas xornadas de traballo e en moitos par-ques infantís–, os embutidos forman parte da nosa cultura gastronómica, da literatura cos-tumista, da infancia, do pasado e do presente. Talvez por isto os historiadores non se poñen de acordo na orixe deste sinxelo alimento, aín-da que está claro que é moi antigo: algunhas fontes apuntan á época romana, mentres que outras se remontan a centos de anos antes de Cristo. No que si hai consenso é en que o seu descubrimento foi, como tantos outros achados, fortuíto. A procura da comodidade na manipu-lación da carne levaría á utilización de envol-turas de tripas de animais para transportala. A tripa natural contén substancias que, ademais de axudar á curación e á conservación da car-ne, melloran o seu sabor. En todo caso, a clave radica no uso de salitre (nitrato de potasio), que preserva a carne e que, ademais, lle proporcio-na unha cor entre rosada e avermellada.O concepto deste alimento é sinxelo: trátase do intestino limpo dun animal recheo de carne (en xeral, de porco) condimentada con especias e outros ingredientes. Na actualidade, a carne non sempre está “embutida” dentro dun intes-tino, tamén pode estalo na membrana doutras

vísceras ou en cubertas sintéticas comestibles. É máis, tanto no ámbito académico coma nos mercados e nas chacinerías, inclúense na ca-tegoría de “embutidos” cárnicos procesados, dende o xamón curado e o xamón cocido, ata o friame de peituga de pavo ou o beicon afumado.

Revolución no mundo da chacineRía?Os embutidos non só lle proporcionaron sa-bores e texturas á dieta ao longo da historia, tamén permitiron mellorar a capacidade de conservación e a seguridade dos produtos cár-nicos. Isto conséguese grazas ao proceso de elaboración e ao uso de ingredientes coma o sal, os nitritos e outros conservantes. Así, no pasado, os embutidos permitíanlles ás familias conservar durante todo o ano a carne da ma-tanza do porco. Resulta curioso constatar que, na maioría dos casos, a orixe dos distintos ti-pos de embutidos está relacionado coas condi-cións ambientais da rexión na que se crearon. Os embutidos crus-curados (como o chourizo, o fuet ou o salchichón) orixináronse sobre todo no sur de Europa, onde é pouco probable que se estraguen por mor do clima cálido. Porén, o norte de Europa creou os embutidos que non se consomen crus, senón cociñados, como as salchichas, que nun ambiente cálido se conser-varían durante pouco tempo.

Embutidos, tradición gastronómica que se renovaAchegaron sabores e texturas á dieta ao longo da historia e, alén diso, permitiron mellorar a capacidade de conservación e seguridade dos produtos cárnicos

1312

Page 8: Medicamentos: facemos un uso racional?revista.consumer.es/web/ga/20140901/pdf/revista-entera.pdf · FORMACIÓN PARA PERSOAS DE ETNIA XITANA ... e outras existentes é que a súa ...

gu

ía d

e co

mp

ra e

mb

uti

do

s

o seu lugaR na dietaSegundo a enquisa a Avaliación Nutricional da Dieta Española (ENIDE), o consumo de embutido en adultos españois é duns 275 gramos sema-nais. Antes de analizar esta cifra, paga a pena deterse na valoración que fai a Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aecosan) sobre os resultados da enquisa. Na súa opinión, consumimos demasiados derivados cár-nicos. De feito, o grupo de alimentos “cárnicos e derivados” supón a nosa primeira fonte de ca-lorías. Dado que a inxestión de proteínas supera cumpridamente as recomendacións, ten sentido pensar nunha diminución do consumo. Os embu-tidos, aínda que son ricos en certos nutrientes, como proteínas, ferro ou zinc, tamén conteñen unha destacada cantidade de enerxía, graxas sa-turadas e sal. Entón, como valoramos a cifra antes menciona-da, 275 gramos semanais de embutidos (uns 39 gramos diarios)? A Guía para unha alimentación saudable, publicada en 2007 de forma conxunta polas sociedades españolas SENC e semFYC, non detallou unha recomendación de inxestión. Tan só indicou que o seu consumo debía ser “ocasional e moderado” e que se deben seleccionar, se é o caso, “os de menor contido en graxa”. Cales son os embutidos menos graxos? O semáforo nutricio-nal axúdanos a sabelo: lombo embuchado, xamón cocido e friame de peituga de pavo. Así, de todos os alimentos analizados nesta guía de compra, os máis recomendables dende un punto de vista nutricional son os dous últimos e, ademais, son os que conteñen menos sal.

os embutidos, un a unembutidos crus-curados. Son os embutidos que

non necesitan ningún procesado no fogar para o seu consumo e que non foron sometidos a un tra-tamento térmico na súa elaboración: chistorra, chourizo, fuet, lombo embuchado, salchichón e sobrasada. Como reflicte o semáforo nutricional, todos teñen un contido relevante de sal. Aínda así, destaca de maneira positiva o lombo embu-chado, xa que achega menos sal e menos graxa.

embutidos crus. Son embutidos que non sufriron un tratamento térmico e que non foron curados, polo que é imprescindible cociñalos antes de consumilos. No semáforo nutricional só se in-cluíu neste grupo a salchicha tipo país.

embutidos tratados pola calor. Trátase de embu-tidos que sufriron tratamentos térmicos na súa elaboración: beicon, botifarra, friame, xamón co-cido, peituga de pavo, morcilla, mortadela, sala-me e salchicha. No grupo constátanse grandes diferenzas entre uns e outros. A opción máis saudable é unha ración de bocadillo (50 gramos) de xamón cocido (extra ou cun contido reducido en sodio) e friame de peituga de pavo.

A preparación e a elaboración de embutidos era, ata hai uns anos, unha práctica cuxos segredos se transmitían a través das xeracións. O porco criá-base e matábase na casa e con el elaborábanse embutidos tradicionais por pura necesidade de subsistencia. A súa aparición no circuíto comer-cial non se produciu ata que floreceu a industria e, con ela, as migracións multitudinarias dende as vilas cara ás cidades. Este cambio foi da man da produción industrial de embutidos, aínda que hai chacinerías que os elaboran a través de métodos tradicionais. En todo caso, o certo é que as actuais técnicas de conservación dos alimentos e, sobre todo, o uso de frigoríficos e conxeladores nos fo-gares, fan innecesario elaborar embutidos co fin de preservar carne para outras épocas do ano. Así pois, a día de hoxe, o consumo destes alimentos xustifícase polo pracer e pola tradición. Sexa como for, os avances científicos na tecnoloxía alimentaria proporcionaron o coñecemento nece-sario para mellorar a calidade e a seguridade dos embutidos, pero tamén para crear novos produtos e que o sector sexa competitivo co resto da in-dustria alimentaria. Todo iso, unido aos modernos sistemas de transporte, fai que os consumidores vexamos cada vez máis variedades de embutidos.

En que debemos reparar na etiqueta?Na etiqueta dos embutidos revisaremos, sobre todo, dous aspectos:

> O seu contido en graxas satura-das, que convén que sexa inferior a 10,4 gramos por cada 100 gramos de alimento. Se non se indica o contido de graxas satu-radas, revisaremos o contido en graxas totais, que debería ser inferior a 13,4 gra-mos por cada 100 gramos de alimento.

> A achega de sal. O ideal é que sexa inferior a 0,9 gramos por 100 gramos de alimento. Se non se indica o contido de sal, senón o de sodio, basta que multi-pliquemos a cifra de sodio por 2,5 para saber canto sal contén.

PrinciPais ProPiedades dos embutidos analizados. Que nos mostra o semáforo nutricional?*

FONTE: Táboa de composición do Cesnid (Centro de Ensino Superior de Nutrición e Dietética) e www.midiadia.com*Semáforo nutricional de 18 tipos de embutidos crus-curados, crus e tratados pola calor, segundo unha ración de consumo que vai dende os 50 aos 80 gramos, en función do tipo de embutido seleccionado.(1) Indica a proporción achegada respecto da cantidade diaria orientativa (CDO) que unha persoa adulta necesita inxerir de cada nutriente: 2000 kcal, 90 g de graxa, 70 g de saturadas, 20 g de azucres, 6 g de sal e 24 g de fibra. O semáforo nutricional baséase nun sistema de cores: verde-baixa cantidade (a achega é do 7,5 % da CDO), amarelo-cantidade media (entre o 7,5 % e o 20 %) e laranxa-cantidade alta (máis do 20 %). A fibra non ten cor porque escasea na dieta.

ENERXÍA GRAXAS SATURADAS AZUCRES SAL FIBRA

(kcal) % CDO(1) (g) % CDO(1) (g) % CDO(1) (g) % CDO(1) (g) % CDO(1) (g) % CDO(1)

Embutidos cru-curados

chistorra crúa. unha unidade, 60 gramos 308,0 15,4 29,4 32,7 12,2 17,4 0,5 2,5 1,6 26,7 0,0 0,0

chourizo. unha porción de bocadillo, 50 gramos 183,5 9,2 15,0 16,6 5,8 8,3 0,9 4,5 2,4 40,0 0,0 0,0

Fuet. unha porción de bocadillo, 50 gramos 199,9 10,0 15,5 17,2 5,3 7,6 0,0 0,0 1,5 25,3 0,0 0,0

Lombo embuchado. unha porción de bocadillo, 50 gramos

87,3 4,4 2,3 2,5 0,8 1,2 0,2 0,8 1,2 19,4 0,0 0,0

salchichón. unha porción de bocadillo, 50 gramos 208,2 10,4 18,1 20,1 6,3 9,0 0,1 0,3 2,4 39,6 0,0 0,0

sobrasada. unha porción de bocadillo, 50 gramos 302,2 15,1 30,7 34,1 10,4 14,8 0,0 0,0 1,6 27,2 0,0 0,0

Embutidos crus

salchicha, tipo país, á grella. dúas unidades, 80 gramos

310,6 15,5 27,6 30,7 6,9 9,8 0,7 3,5 1,8 29,3 0,0 0,0

Embutidos tratados poLa caLor

beicon, afumado, á grella. unha porción de bocadillo, 50 gramos

146,3 7,3 11,1 12,3 4,2 5,9 0,0 0,0 2,3 37,8 0,0 0,0

botifarra, branca. unha porción de bocadillo, 50 gramos

121,0 6,1 10,0 11,1 3,4 4,9 1,4 7,0 0,9 15,0 0,0 0,0

Friame, cabeza de xabaril. unha porción de bocadillo, 50 gramos

103,1 5,2 7,1 7,9 2,6 3,6 0,1 0,5 1,2 19,9 0,0 0,0

Xamón cocido, extra. unha porción de bocadillo, 50 gramos

52,8 2,6 1,6 1,8 0,6 0,8 0,3 1,4 1,0 17,3 0,0 0,0

Xamón cocido, contido reducido en sodio. unha porción de bocadillo, 50 gramos

50,0 2,5 1,5 1,7 0,5 0,7 0,6 3,0 0,7 11,7 0,0 0,0

Friame de peituga de pavo. unha porción de bocadillo, 50 gramos

38,0 1,9 0,3 0,3 0,1 0,1 1,0 5,0 1,0 16,7 0,0 0,0

morcilla, cocida. unha unidade, 73 gramos 293,0 14,7 27,0 30,0 9,8 14,0 2,2 11,0 1,6 26,9 0,0 0,0

mortadela. unha porción de bocadillo, 50 gramos 161,3 8,1 14,5 16,1 5,4 7,7 0,0 0,0 1,3 21,5 0,0 0,0

salame. unha porción de bocadillo, 50 gramos 219,7 11,0 20,1 22,3 7,4 10,6 0,0 0,0 2,5 42,1 0,0 0,0

salchicha, tipo frankfurt, crúa. unha unidade mediana, 55 gramos

159,5 8,0 14,3 15,9 5,1 7,3 0,3 1,7 1,3 21,2 0,1 0,3

1514

Page 9: Medicamentos: facemos un uso racional?revista.consumer.es/web/ga/20140901/pdf/revista-entera.pdf · FORMACIÓN PARA PERSOAS DE ETNIA XITANA ... e outras existentes é que a súa ...

gu

ía d

e co

mp

ra e

mb

uti

do

s

apuntamentos paRa o afoRRoA diversidade tamén se reflicte nos prezos, que poden variar segundo o tipo de embutido, as marcas e a presentación. Se o obxectivo é afo-rrar, convén ter presentes estes apuntamentos:Máis alá das marcas, o lombo é o embutido

máis caro. Custa, de media, uns 28 euros o quilo. Ségueno, en orde decrecente, o salchi-chón e o fuet (12 euros/kg), o chourizo (11,50 euros/kg), as chistorras e as longaínzas (10 euros/kg), o salame (9 euros/kg) e as salchi-chas (6,50 euros/kg).

O lombo pódese comprar enteiro ou cortado en liscos finos. Neste caso, sempre é un pouco máis caro. O prezo do máis custoso (lom-bo curado Caserío Biga) rolda os 50 euros o quilo, tres veces máis que o máis económico (cabeceiro de lombo Eroski Basic). Outras opcións cuxos prezos están por baixo da me-dia son o lombo curado Iglesias e o lombo embuchado Torre Núñez. Se nos decantamos por unha peza de lombo sen cortar, Embuti-dos Severiano e Eroski Basic son as alterna-tivas máis baratas.

Entre os salchichóns e os fuet, tamén hai un-ha variedade de prezos bastante ampla que vai dende os 6 euros o quilo (fuet nobreza El Pozo) ata os 31 euros o quilo (sticks fuet Campofrío). O prezo medio rolda os 12 euros o quilo. Por debaixo desa cifra, atopamos o salchichón extra Embutidos Severiano, o fuet Casa Tarradellas e o salchichón extra Eroski Basic.

O chourizo é algo máis económico, aínda que hai variedade de custos. Entre os máis caros, atopamos o de Caserío Mahala (23 euros/kg), mentres que os máis económicos (chourizo barbacoa Orozco e chourizo de Pamplona Extra Eroski) custan tres veces menos, ao redor de 7 euros/kg. De media, os chourizos custan ao redor de 11,50 euros o quilo. Algun-has opcións máis económicas son: o chourizo crioulo Vallina, o artesán Irura e a tradición doce de Revilla.

Entre as chistorras e as longaínzas, o prezo medio sitúase nos 10 euros o quilo e case todas as marcas aproxímanse moito. Desta-ca a chistorra de Caserío Mahala, un pouco máis cara (15 euros/kg), mentres que a op-ción máis barata é a chistorra artesá Irura (8,50 euros/kg).

O salame, en xeral, véndese en liscos. É máis económico que as longaínzas. Neste caso, a variación de prezos non é tan grande (o máis caro custa o dobre que o máis barato). A opción máis económica é o salame extra Eroski Basic (6 euros/kg). Se preferimos unha peza enteira, o salame ás finas herbas de Campofrío ofrece un prezo competitivo: uns 12 euros/kg.

Nas salchichas é probablemente onde atopa-mos unha maior variedade e innovación: con queixo, con leite, suaves, picantes, de pavo... A diversidade é tan grande como a variedade de prezos, pois a máis cara (Schara) custa 9 veces máis que a máis barata (Eroski Basic). Con todo, as salchichas son, en conxunto, os embutidos máis económicos. O seu prezo me-dio rolda os 6,50 euros o quilo. Por debaixo dese prezo atopamos, entre outras, a salchi-cha de Viena Campofrío, a salchicha big con queixo El Pozo e a salchicha de pavo Eroski.

Con nome propioOs embutidos forman parte da nosa cultura gastronómica e en varios puntos de España son embaixadores dun saber e dun sabor tradicional, no que interveñen materias primas de calidade e unha participación social comprometida. O produto resultante é valioso, típico e único. No noso país, estes son algúns dos embutidos con maior sona:

> Botelo do Bierzo (León). Ten a forma da tripa que o rodea e a súa cor é plúmbea. De consistencia firme e aroma intenso, a adobado e afumado, este embutido pode pesar entre medio quilo e 1600 gramos. Elabórase con distintas pezas do porco –sobre todo, costela e rabo– que se cortan en anacos e se adoban con sal, allo e pemento, e mais outras especias naturais. A mestura embútese no cego do porco, afumado e semicurado e consómese cocido.

> Chourizo rioxano (A Rioxa). Prepárase con carne de porco e touciño, pemento e algo de allo. Pode ser picante. A súa principal característica, ademais do sabor, é a forma en sarta ou ferradura, máis ou menos cilíndrica.

> Chourizo de Cantimpalos (Segovia). É un produto curado. Elabórase con carnes frescas de porco graxo ás que se lles engaden sal e pemento como ingredientes básicos, aínda que tamén se pode agre-gar allo e ourego. Esta mes-tura embutida sométese a un proceso de secado e madura-ción cuxa duración dependerá do formato (sarta, en forma de chourizo ou cular).

> Chosco de Tineo (Asturias). Elabórase con cortes selectos de carne de porcino, da cabeceira do lombo e da lingua, adobados con sal, pemento e allo. A mestura embútese no cego do porco, que lle dá a súa forma característica: redondeada e irregular. É un produto afumado e cru-curado. De cor avermellada, máis ou menos intensa, pode pesar entre medio quilo e dous quilos.

> Chourizo de Pamplona (Navarra). O seu aspecto ten forma de candea. Está compos-to por carne de porco, vacún en menor medida e touciño. Está embutido en tripa gorda, cun diámetro duns 4 centí-metros, e unha cor, ao corte, entre vermella e alaranxada. Condiméntase con sal, pemen-to, allo e azucres. A súa textura é untuosa e o seu sabor é suave, pero intenso.

> Sobrasada de Mallorca (Illas Baleares). É un embu-tido cru-curado que se prepara con magro e touciño de porco picados, pemento, sal e espe-cias. A mestura amásase antes de ser embutida e curada. Hai dous tipos de sobrasadas: a que se elabora con carne de porco de todas as razas –sobra-sada de Mallorca– e a que se elabora só con carnes de porco de raza autóctona mallorqui-na –sobrasada de Mallorca de porco negro–.

> Chourizo cagueiro (Salamanca e Ávila). Preséntase na tripa cagueira do porco. Está composto por un 80 % de magro de porco ibé-rico, un 20 % de touciño, sal, pemento, allo, ourego, outras especias, viño branco e aceite de oliva. O secado adoita durar de 3 a 4 meses.

Precios medios dos embutidos, segundo eroski consumer

28 euros o quilo

12 euros o quilo

11,50 euros o quilo

10 euros o quilo

9 euros o quilo

6,50 euros o quilo

Lombo:

Salchichón e fuet:

Chourizo:

Chistorra e longaínza:

Salame:

Salchichas:

FONTE: Elaboración propia en función dos prezos atopados na tenda en liña de Eroski, www.compraonline.grupoeroski.com.

1716

Page 10: Medicamentos: facemos un uso racional?revista.consumer.es/web/ga/20140901/pdf/revista-entera.pdf · FORMACIÓN PARA PERSOAS DE ETNIA XITANA ... e outras existentes é que a súa ...

gu

ía d

e co

mp

ra e

mb

uti

do

s

en ensaladas Polo xeral, utilízase embutido cortado en tacos, de sabor sua-ve, que non conteña un exceso de especias e que complemente a ensalada, pero sen que chegue a se converter no protagonista do prato. Os máis recomendados son o xamón york e a peituga de pavo. Tamén podemos elaborar ensala-das con anaquiños de embutidos máis graxos (como a sobrasada ou o chourizo), pero nestes casos debe haber un contrapunto de frescor (por exemplo, vinagretas elaboradas con cítricos e froitas refrescantes).

para almorzar Unha opción interesante, saborosa e que nos evitará empezar o día sometendo o noso organismo a unha intensa dixestión, é o xamón york ou a peituga de pavo, ambos de suave de sabor e sen moitas especias.

para merendar A merenda adoita ser máis con-tundente ca o almorzo, sobre todo cando despois se vai tomar unha cea lixeira. Para estes casos, esco-lleremos un embutido de diámetro groso, cortarémolo en liscos finos e complementarémolo con pan; é dicir, faremos o típico bocadillo. Entre as opcións máis saborosas, atopamos o salchichón, o chourizo de Pamplona, os chourizos doces e picantes, o salame e tamén a mortadela. Se acompañamos o noso bocadillo con algo de froita, pode-remos cear algo bastante lixeiro, como un iogur ou un vaso de leite.

para os nenos e os maiores Tal e como se comentou, convén non tomar estes produtos todos os días, sexamos nenos ou sexamos maiores. En calquera caso, os em-butidos que mellor perfil nutricio-nal teñen son o xamón cocido cun contido reducido en sal, o friame de peituga de pavo, o xamón co-cido extra e o lombo embuchado.

ocasional para hipertensos Para un consumo ocasional en pacientes con hipertensión, o apropiado é escoller os embu-tidos que menos sal teñen, pero que á vez presentan un contido de graxas saturadas inferior ca o resto. E estes poden ser o xa-món cocido cun contido reducido en sal, o friame de peituga de pavo e o xamón cocido extra.

www.consumer.es

Sen descoidar a dietaO gozo destes alimentos a conciencia, sumado a algunhas suxes-tións culinarias –como quitarlles a graxa aos embutidos na casa–, son claves para lle dar un gusto ao padal sen descoidar a dieta. Como se pode gozar dos embutidos, máis alá do típico bocadillo ou da sinxe-la torrada con aceite e pavo?

Entre as posibilidades gastronómicas, unha moi interesante consis-te en reducir as cantidades de graxa dos embutidos máis “pesados”, como o salchichón, o fuet, o chourizo, a chistorra, as longaínzas ou as salchichas. Para iso, cortamos o embutido en liscos finos (ou destripa-mos o contido) e cociñámolo nunha tixola antiadherente, sen nada de aceite a lume suave. Deste xeito, pola acción da calor, a maior parte da graxa fundirase e poderemos apartala. Conseguiremos así un picado de sabor rico, concentrado e moito máis lixeiro. Outra maneira de facer isto é co microondas, quentando os anaquiños de embutido ao 50 % de potencia e con intervalos de 30 en 30 segundos.

Unha vez que temos este picado sen graxa, podemos facer unha gran cantidade de pratos igual de ricos, pero menos calóricos. Estes son algúns exemplos:

> En canapés, con froitas. Sobre unhas tostas de pan colocamos unha base de dados de mazá, pexego ou piña (salteadas ou en compota), cun toque de aceite de oliva, sal e pementa. Encima, colocamos o noso picado de embutidos ou os liscos de embutido, despois de lle quitar a graxa.

> Nunha minestra de verduras, como acompañante crocante do brócoli ou da coliflor. Se ademais utilizamos fuet ou salchichón, que adoita ser menos habitual neste tipo de preparacións, substituiremos o típico refrito de xamón curado ou de touciño entrefebrado.

> En tortillas de patacas ou en revoltos de ovo e verdura, como un ingrediente máis. Un prato rico e fácil de facer é un salteado de vaíñas, de allos tenros, de cogomelos ou de pementos, aos que engadimos o embutido xa sen graxa no último momento.

> En pratos de pasta, arroces e pizzas, estes picados de embutido tamén dan un bo resultado. Con todo, para estes pratos que son un pouco máis calóricos convén quitarlle a graxa ao embutido cocéndoo en auga antes de llo engadir á pasta, á pizza ou ao arroz.

> En ensaladas. É moi interesante o toque de sabor e de textura que lle poden proporcionar os embutidos a calquera ensalada fres-ca. Neste caso, como tamén se engaden proteínas e algo de graxa, podemos expornos a converter o entrante nun prato único.

suxestións de compRaA necesidade de aproveitar e de conservar alimentos fixo posible un “invento” gastronómico como o embutido. Pero foron os seus sabo-res e texturas os que aseguraron a súa permanencia no tempo. É o gusto, e non a falta de técnicas de conservación, o que explica que o embutido exista hoxe, cando tamén hai neveiras e conxeladores. Precisamente, o valor do embutido é gastronómico e cultural. Trátase dun produto que gusta e, como tal, abunda e é moi diverso. Por que elixir un e non outros? En que debemos basear a nosa elección? Que é mellor en cada caso? É o mesmo usar un lombo embuchado para un entrante ca para unha ensalada? Cal é o embutido máis recomen-dable para quen ten hipertensión? As seguintes suxestións axudan a responder estas preguntas.

como aperitivo ou para petiscar Tanto o taco que tomamos a media mañá, coma o previo a unha cea informal, admiten case todo tipo de embutidos. Pero do que non hai dú-bida é de que os reis do petisco son o chourizo en sarta (fino) e o fuet. A razón principal é por cuestións prácticas: resulta fácil ter na casa unha peza e cortala nós mesmos sen moito esforzo en liscos finos. Ademais, o feito de ter na casa a peza enteira fai que se conserve mellor e durante máis tempo que o embutido que se compra xa cortado.

como entrantes Neste caso, aínda que hai bas-tante liberdade para elixir, dentro dos entrantes fríos adóitase tomar o lombo embuchado, posto que se busca ofrecer as partes máis nobres do animal. En canto aos entrantes quentes, o protagonista é o chou-rizo (xa sexa cocido en auga ou en sidra, frito ou cun lixeiro toque no microondas). Outro embutido moi utilizado como entrante quente é a morcilla (tanto asada, como frita ou cocida en caldo), que moitas veces pasa de ser un simple entrante a se converter nun primeiro prato se a presentamos acompañada dunha potaxe de fabas ou garavanzos.

1918

Page 11: Medicamentos: facemos un uso racional?revista.consumer.es/web/ga/20140901/pdf/revista-entera.pdf · FORMACIÓN PARA PERSOAS DE ETNIA XITANA ... e outras existentes é que a súa ...

alimentación

Intoxicacións alimentarias: intercambio de billetes por bacteriasDiversos estudos detectan microorganismos como S. aureus e E. coli nos billetes e no seu papel como fonte de infección alimentaria

Medran no diñeiroOs billetes almacénanse en condi-cións hixiénicas moi variadas. O di-ñeiro en papel contén unha ampla superficie para albergar bacterias e microorganismos. Distintas investi-gacións temen que se convertan en axentes para a transmisión de mi-croorganismos que causan enfermi-dades. Estes contaminantes poden transmitirse de forma directa polo contacto coas mans ou de xeito indi-recto a través dos alimentos.A pesar de que non está claro como sobreviven as bacterias no papel e como se transfiren, os traballos cien-

Billetes e moedas van de man en man sen control. Ademais de

proporcionarnos o valor dos produtos, tamén son o medio de transporte de microorganismos que poden derivar en intoxicacións alimentarias. Non impor-ta o seu valor económico, nin tampouco o seu debuxo ou a súa cor. Cando cam-bian de man nunha transacción aso-ciada ao tratamento dos alimentos, os billetes e as moedas transfórmanse en fonte de axentes patóxenos.Varios estudos avaliaron a supervi-vencia de bacterias en billetes de distintos países e determinaron como estas se lles poden transmitir ás per-soas. O último deles, realizado por

tíficos neste campo creceron. Non obstante, poucos estudos examina-ron a contaminación das moedas, xa que se considera que posúen un factor limitante (o cobre) á supervi-vencia bacteriana.Á investigación estadounidense úne-selle outro estudo recente, elaborado por expertos de Arabia Saudí e de Francia e publicado en abril en Futu-re Microbiology. Revela que bacterias como Enterococcus spp., S. aureus, E. coli, Shigella ou Clostridium po-den sobrevivir durante meses nas su-perficies. Segundo este traballo, en moitos establecementos de comida, os manipuladores manexan diñeiro e alimentos á vez. Na maioría dos ca-sos analizados, a Salmonella e S. au-reus illáronse dos billetes. Ademais, o estudo apunta que as mans húmidas poden transferir un maior número de axentes infecciosos.Segundo outra investigación, elabo-rada por expertos da Universidade de Oxford e publicada en 2013, o di-ñeiro percíbese como un dos elemen-tos menos hixiénicos de todos, por enriba das varandas das escaleiras metálicas, os botóns dos caixeiros automáticos ou os libros de biblio-teca. Segundo o traballo, os billetes do Reino Unido son dos máis sucios dos 15 países europeos analizados, seguidos da coroa de Dinamarca e do euro de Austria.

www.consumer.es

Protección: lavar as mans

A hixiene das mans está considerada unha das principais garantías para previr este tipo de brotes. É moi importante lavarse con auga morna e abundante xabón e secarse despois cun trapo limpo ou toallas dun só uso. A auga morna contribúe á eliminación dos microorganismos que poidan estar na pel. Tamén as ferramentas de manipulación de alimentos poden influír na prevención da contaminación cruzada que se produce entre o diñeiro e os alimentos.

As mans deben lavarse sempre antes de comer e cociñar, durante a mani-pulación dos alimentos, tras limpar ou tocar produtos de limpeza ou lixo, despois de ir ao baño, tocar animais e mascotas, curar unha ferida, visitar ou coidar persoas enfermas, soarse o nariz, cambiar un cueiro, estar no xardín, utilizar transporte colectivo e, por suposto, despois de tocar diñeiro.

PaPel antibacteriano

Ademais do lavado de mans, propúxose a fabricación de billetes con mate-riais poliméricos antimicrobianos activos, destinados a impedir o crecemen-to de microorganismos para limitar os riscos de contaminación durante a súa manipulación. Tamén se propón o tratamento dos billetes con ións metálicos, con propiedades antibacterianas.

Os billetes están fabricados a partir de fibra de algodón, o que proporciona resistencia e durabilidade. Ademais, están impregnados con alcohol polivi-nílico para darlle unha resistencia extra e evitar a falsificación. Con todo, o estudo “O diñeiro e a transmisión de bacterias”, publicado en 2013, sostén que é probable que as propiedades dos billetes constitúan un factor que afecte a supervivencia das bacterias.

expertos da Universidade de Nova York, detectou en billetes dun dólar preto de 3000 tipos de patóxenos, co-mo Staphylococcus aureus e E. coli.A maioría das bacterias poden sobre-vivir en superficies que poden con-verterse en fonte de transmisión de patóxenos se non se levan a cabo as medidas de hixiene axeitadas. As fon-tes poden ser diversas: a contamina-ción fecal producida tras usar o baño ou tocar comida, a manipulación de produtos crus con elevada contami-nación superficial ou a contaminación polo contacto con obxectos de uso común entre persoas, como teléfono, diñeiro, chaves ou varandas.

2120

Page 12: Medicamentos: facemos un uso racional?revista.consumer.es/web/ga/20140901/pdf/revista-entera.pdf · FORMACIÓN PARA PERSOAS DE ETNIA XITANA ... e outras existentes é que a súa ...

afondoEnquisadas 1050 pErsoas dE 9 comunidadEs autónomas sobrE os sEus hábitos dE consumo dE mEdicamEntos E o sEu uso racional

Medicarse está á orde do día. Tratamos cada dor ou cada molestia cunha pastilla ou cun xarope, tanto por iniciativa propia coma pola dun experto sanitario ou farmacéutico. Así o cre a Organización Mundial da Saúde (OMS) quen asegura que máis do 50 % dos medicamentos se prescriben, dispensan ou venden de forma pouco apropiada e que a metade dos pa-cientes non os toman correctamente. É a época do “a pill for every ill”; é dicir, aquela na que case todo pode tratarse con medicamentos.Malia que é certo que cando unha medicina se usa de forma correcta e racional pode facer moito ben na saúde, tamén o é que podemos facer-nos dano se ese uso é excesivo ou se se realizou cando non se debía. E en que consiste o uso racional dos medicamentos? Segundo a OMS, en que os pacientes reciban a medicación axeitada ás súas necesidades clínicas, nas doses correspondentes aos seus requisitos individuais, du-rante un período de tempo axeitado e ao menor custo posible para eles e para a comunidade.Ante este panorama, EROSKI CONSUMER quixo coñecer os hábitos de consumo de medicamentos entre os consumidores e se se realiza un uso un uso racional destes. Por iso, durante o mes de xullo, fíxoselles unha enquisa telefónica a 1050 persoas orixinarias de 9 comunidades autóno-mas: Andalucía, Illas Baleares, Castela-A Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, Galicia, Madrid, Navarra e País Vasco.

Ao 77 % dos entrevistAdos sóbrAlle pArte do medicAmento e, UnHA veZ QUe remAtA o trAtAmento prescrito polo mÉdico, Un de cAdA doUs consÉrvAo nA cAsA

o 72 % tomoU AlgUnHA veZ medicinAs por iniciAtivA propiA e sen AcUdir Ao mÉdico

nAlgUnHA ocAsión, o 19 % AconselloU A fAmiliAres oU Amigos QUe tomAsen medicinAs QUe necesitAbAn receitA mÉdicA

Medicamentos: os consumidores

gárdanos, reutilízanos e aconséllanos

Sumario oscuro??????????????? sumario claro?????????sumario oscuro???????????????

22 23

Page 13: Medicamentos: facemos un uso racional?revista.consumer.es/web/ga/20140901/pdf/revista-entera.pdf · FORMACIÓN PARA PERSOAS DE ETNIA XITANA ... e outras existentes é que a súa ...

Enquisadas 1050 pErsoas dE 9 comunidadEs autónomas sobrE os sEus hábitos dE consumo dE mEdicamEntos E o sEu uso racional afondo

aínda que o grupo de persoas máis numeroso era aquel de entre 25 e 44 anos (supoñían o 49 % do total de entrevistados). A media de idade está nos 46 anos. O 34 % tiña formación univer-sitaria ou posgraos e o 18 % formación profesio-nal. Outro 19 % rematara a educación secundaria postobrigatoria voluntaria e o 27 % a obrigatoria. Só un 2 % non tiña estudos.En canto á súa saúde, un de cada tres entrevis-tados tiña unha enfermidade crónica (en maior proporción, as mulleres e as persoas de entre 45 e 65 anos) que o obrigaba a tomar pastillas ou a seguir algún tipo de tratamento. Tratábase na súa maioría de enfermidades cardiovasculares, hi-pertensión, diabetes e trastornos relacionados coa glándula tiroide.

Antes de tempo

Segundo a OMS, a metade dos pacientes non to-man os medicamentos correctamente. Por iso, a institución advirte de que usalos de xeito indebido pode ter efectos nocivos para o paciente, ademais de constituír un desperdicio de recursos.Non obstante, a poboación entrevistada considera que a súa utilización e o seu consumo de medica-mentos é a correcto De feito, durante a enquisa, o 90 % dos consumidores consultados aseguran que cando o médico lles prescribe un medicamen-to, sempre toman exactamente as doses que lles recomenda e durante o tempo que el establecese. Só un 6 % admite que só o fai ás veces e outro 4 % nunca (neste punto, destacan os mozos de entre 18 e 24 anos). O centenar de persoas que o confesa-ron esgrimiron un único motivo principal: “Sempre o deixo cando me atopo ben”.Neste sentido, preguntouse concretamente se no último ano abandonaran algunha vez un trata-mento estipulado polo médico antes do indicado e sen consultalo. O 14 % dos entrevistados confesa que si, unha actitude máis propia entre os homes (o 17 %) e os mozos de entre 18 e 24 anos (nada menos que o 29 %). De novo, o seu argumento principal é que se sentían ben.

prospecto: lectUrA obrigAdA

Antes de tomar un medicamento, é aconsellable ler o prospecto, xa que un consumidor desinforma-do inflúe negativamente no uso dos medicamentos.Na enquisa, só o 54 % dos entrevistados ase-guraron lelo sempre. En maior medida, eran as mulleres, as persoas de entre 25 e 44 anos e aquelas con formación profesional. Outro 22 % confesaba que só o facía en ocasións e un 24 % nunca. Estes últimos eran en maior proporción homes, de entre 45 e 65 anos e sen estudos ou con educación obrigatoria. Entre as 800 persoas que dixeron ler (sempre ou ás veces) o prospecto dos medicamentos antes de tomalos, o 81 % fixá-base habitualmente nos efectos secundarios e o 78 % na dose recomendada (a posoloxía). O nome comercial e a preparación eran os dous datos

nos que nunca poñían atención, a pesar de que a recomendación é lelo todo.

sempre sobrAn

O Sistema Nacional de Saúde (SNS) apunta a que unha boa prescrición é aquela que se conse-gue cando o profesional receita a dose adecuada durante o período de tempo apropiado (entre ou-tros criterios, como estar ben informado para rea-lizar unha boa selección do medicamento). Tamén a OMS se refire a este aspecto cando di que os pacientes deben recibir as doses correspondentes aos seus requisitos individuais para falar dun uso racional do medicamento.Non obstante, na enquisa comprobouse que ao 70 % dos enquisados lle adoita sobrar parte do medicamento unha vez que remata o tra-tamento.Así o aseguran especialmente os me-nores de entre 18 e 24 anos entrevistados, os consumidores cataláns consultados, aqueles con formación profesional e os que non teñen enfermidades crónicas.E que fan cos restos deses medicamentos? O 63 % confesa que os garda na casa. En maior propor-ción, os mozos de ata 24 anos, os enquisados no País Vasco  e aqueles con estudos universitarios ou posgraos.Outro 55 % lévaos a un punto de recollida para a súa reciclaxe. Un costume máis habitual entre os enquisados de 45 a 65 anos, os cataláns e as persoas sen estudos ou con educación obrigatoria. Pola súa banda, algún dos enquisados confesou mesmo que llos entregara a outra persoa.

percepción e reAlidAde

En liñas xerais, os consumidores consultados non son conscientes de que realizan un mal uso dos medicamentos. No último ano, só un 14 % recoñeceu abandonar un tratamento prescrito polo médico antes de tempo, xeralmente porque se sentía ben. Non obstante, apenas o 54 % con-firma que le sempre o prospecto antes de tomar unha medicina.Ao 77 % dos enquisados habitualmente sóbralle parte do medicamento unha vez rematado o tra-tamento e a maioría deles (o 63 %) confesa que o garda na casa. De feito, no momento da en-quisa, o 70 % tiña na casa medicamentos sobran-tes doutros tratamentos con prescrición médica. Principalmente, analxésicos, antiinflamatorios, an-ticatarrais ou antigripais e antibióticos.Tamén o 72 % dos enquisados recoñece que toma algún medicamento por iniciativa propia e sen acudir ao médico. Xustifícano porque consideran que son problemas de saúde menores e acoden á farmacia para que os aconsellen. Pero o peor é que o 19 % recoñece que lles ten aconsellado a familiares ou amigos un determinado medicamen-to que necesitaba prescrición médica. Un costume moi perigoso.

QUen erA?

Do total de entrevistados, o 51 % eran mulleres. Todos se atopaban entre os 18 e os 65 anos,

Algunha vez tomou me-dicamentos

por iniciativa propia e sen

acudir ao médico

Trata de solucionar

sempre ou ás veces os seus

problemas de saúde sen

acudir ao médico(1)

Non teme os efectos

secundarios ao tomar un

medicamento que non lle

prescribiu ou aconsellou o

médico(1)

Algunha vez tomou

medicamen-tos caducados

que tiña gardados

na casa sen decatarse(1)

Algunha vez recomendou-

lles a familiares ou amigos un determinado

medicamento que necesitaría

prescrición médica

SEXO Home 71,7% 73,3% 84,2% 12,2% 17,4%

Muller 73,0% 69,7% 86,2% 12,3% 20,5%

IDADE De 18 a 24 anos 85,0% 74,1% 92,4% 13,4% 32,4%

De 25 a 44 anos 83,4% 74,5% 82,2% 15,2% 19,9%

De 45 a 65 anos 54,7% 64,4% 87,8% 6,1% 13,9%

COMUNIDADEAUTÓNOMA

Andalucía 70,7% 74,6% 76,2% 17,1% 28,4%

Baleares 66,2% 54,3% 88,6% 12,9% 20,9%

Castela-A Mancha 62,6% 62,9% 88,9% 19,4% 31,4%

Cataluña 80,9% 86,5% 92,2% 9,3% 8,1%

Valencia 66,1% 59,7% 86,4% 10,9% 18,9%

Galicia 73,7% 65,1% 85,9% 11,3% 13,1%

Madrid 76,1% 66,3% 82,7% 9,9% 20,9%

Navarra 79,7% 83,8% 92,1% 8,4% 6,8%

País Vasco 60,9% 60,6% 91,0% 12,2% 12,4%

TOTAL 72,4% 71,4% 85,2% 12,3% 19,0%

Hábitos de consUmo de medicAmentos por iniciAtivA propiA,segUndo erosKi consUmer

FONTE: Enquisa telefónica realizada a 1050 persoas de 9 comunidades autónomas: Andalucía, Illas Baleares, Castela-A Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, Galicia, Madrid, Navarra e País Vasco.

(1) A base son os 760 enquisados que algunha vez tomaron medicamentos por iniciativa propia e sen acudiren ao médico.

FONTE: Enquisa telefónica realizada a 1050 persoas de 9 comunidades autónomas: Andalucía, Illas Baleares, Castela-A Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, Galicia, Madrid, Navarra e País Vasco

• Ao 77 % dos enquisados sóbralle medicamentos unha vez que rematan o tratamento prescrito polo médico.

QUe fAcemos cos medicAmentos QUe sobrAn?

• O 63 % deles gárdaos na casa(1).

• No momento da enquisa, o 70 % dos enquisados tiña medicamentos con prescrición médica na casa que lle sobrara(1).

ONDE OS GARDAN?(2)

• O 33 % na cociña.

• O 32 % no baño.

• O 15 % no seu cuarto ou noutras habitacións da casa.

QUE TIPO DE MEDICAMENTOS GARDAN?(2)

• O 85 %, analxésicos/antiinflamatorios.

• O 45 %, anticatarrais/antigripais.

• O 35 %, antibióticos.

LEVAN UN CONTROL?(2

• O 75 % mira a súa caducidade, pero menos dunha vez ao mes.

CADUCIDADE 23/11/2020C

2524

Page 14: Medicamentos: facemos un uso racional?revista.consumer.es/web/ga/20140901/pdf/revista-entera.pdf · FORMACIÓN PARA PERSOAS DE ETNIA XITANA ... e outras existentes é que a súa ...

afondo

para tratar de curalas e tamén anticatarrais e antigripais para as dúas primeiras.Por último, o 86 % recoñeceu que aproveitara medicamentos que gardaba na casa e só o 12 % acudira á farmacia a por eles. A outro 3 % reco-mendoullo un familiar, un amigo ou un coñecido. O 93 % dixo que finalmente resolvera o problema de saúde sen ter que acudir ao médico.Os antibióticos son o terceiro tipo de medica-mento que máis utilizaron os entrevistados para tratar os seus problemas de saúde sen acudir ao médico. Principalmente para infeccións, moles-tias estomacais, problemas na pel e dor de moas. En 2009, a UE realizou unha campaña contra a automedicación e a dispensación en farmacias de medicamentos sen receita. Este último, se-gundo a organización de consumidores Facua, é un problema común en España. E é que os ex-pertos aseguran que o noso país é un dos terri-torios europeos con maiores taxas de resisten-cias a antibióticos, así como cos maiores índices de consumo deste tipo de fármacos.

sen o consello do mÉdico

Na enquisa, comprobouse que un 13 % dos enqui-sados sempre trata de solucionar os seus proble-mas de saúde sen acudir ao médico e o 59 % ás veces. Esta actitude realízana en maior proporción os homes, os menores de 44 anos e os que viven en Cataluña.Fano porque consideran que o seu problema de saúde é leve, confían nos medicamentos e trata-mentos que xa coñecen, e tamén porque teñen dificultades para acceder á consulta. O 28 % ase-gura que nunca leva a cabo este hábito.A pesar dos riscos que leva consigo automedi-carse, o 99 % dos enquisados di que nunca tivo problemas de saúde por facelo. Só o 12 % os to-mou algunha vez caducados por erro e o 85 % non teme os efectos secundarios que poidan empeorar a súa saúde. Non obstante, non son conscientes de que existen problemas asociados ao mal uso dos medicamentos, como a resistencia aos antimi-crobianos (medicamentos utilizados para tratar as

nA cAsA

No momento da entrevista, un 70 % dos con-sumidores consultados tiña medicamentos que lle sobraran doutros tratamentos con prescrición médica. Desas 568 persoas, o 85 % tiña analxé-sicos e antiinflamatorios, o 45 % anticatarrais e antigripais e o 35 % antibióticos.Habitualmente, gárdanos na cociña ou no baño. O 75 % revisa a data de caducidade, que adoita ser menor a un mes. E un 13 % non o fai nunca.

por iniciAtivA propiA

Aínda que cada persoa acode ao médico unha media de entre 5 e 7 veces ao ano, a automedi-cación é un hábito frecuente na nosa sociedade (aínda que despois se vaia ao médico). O SNS de-fínea como o consumo de medicamentos, herbas e remedios caseiros por propia iniciativa ou por consello doutra persoa, sen consultar co médico.Na enquisa, comprobouse que un 72 % dos en-quisados tomaron algún medicamento por inicia-tiva propia e sen acudir ao médico. Esta actitude é máis frecuente entre os menores de 44 anos, que en xeral dispoñen dun menor tempo polas súas actividades laborais ou de estudo. Tamén entre os cataláns e os navarros e aqueles cun título universitario ou de posgrao.Para facelo, esgrimen dous motivos principais. En primeiro lugar, porque consideran que na maioría das ocasións son problemas menores e acoden á farmacia para que os aconsellen. En segundo lugar, porque son problemas de saúde repetidos.Neste sentido, a OMS advirte que unha das si-tuacións que pode cualificarse como uso inco-rrecto dos medicamentos é cando se realiza un uso empírico deste baseado en situacións an-teriores. Cando un médico recomenda un trata-mento, o SNS resalta a necesidade de advertir o paciente sobre a súa non reutilización e alma-cenamento, salvo autorización expresa (entre ou-tras advertencias). E é que un dos mecanismos máis habituais da automedicación consiste na nova toma de medicamentos prescritos anterior-mente por un médico.

A últimA veZ

Das 760 persoas consultadas que admitiron to-mar medicamentos por iniciativa propia e sen consultar o médico, o 13 % asegura que é un cos-tume habitual. O 40 % fíxoo hai menos dun mes e, polo xeral, inxeriron un só tipo de medicina.Sufriron principalmente tres doenzas: dores de cabeza, xaquecas ou cefaleas, síntomas catarrais e gripais e dores osteomusculares. E, na súa maioría, usaban analxésicos e antiinflamatorios

infeccións causadas por bacterias, fungos, parasi-tos e virus), o desperdicio de recursos, a perda de confianza do paciente e as reaccións adversas con outras substancias e dependencias.Ademais, o 19 % recoñece que lles aconsella aos familiares ou amigos un determinado medicamen-to que necesitaría prescrición médica. Xa en 2006, o Ministerio de Sanidade lanzou unha campaña na que instaba a poboación para que non reco-mendase antibióticos e outros medicamentos que necesitasen prescrición médica por supoñer un risco para a saúde.

www.consumer.es

Enquisadas 1050 pErsoas dE 9 comunidadEs autónomas sobrE os sEus hábitos dE consumo dE mEdicamEntos E o sEu uso racional

Poñer remedioOs medicamentos poden salvarnos a vida, pero sempre se se fai un uso racional e correcto deles. Estes son algúns consellos da Consellería de Saúde do Goberno das Illas Baleares durante o tratamento e sobre a automedicación:

A AUTOMEDICACIÓNOs medicamentos poden causar efectos non desexables na saúde e poden ser incompatibles con outros medicamen-tos que xa se estean a tomar. Por iso, é importante evitar a automedicación. Antes de tomar un medicamento por iniciativa propia, débese consultar co médico ou co farmacéutico.

Uso racional dos antiobióticos:

Só son útiles se se usan ben.

Sempre baixo prescrición médica.

Na dose correcta e durante o tempo prescrito.

Nunca ante un arrefriado ou unha gripe. Os antibióticos non os curan.

Uso racional dos analxésicos ou calmantes:

Para o tratamento da dor, febre ou síntomas do arrefriado pode usar os que xa tomou con anterioridade. Se non mellora aos poucos días, debe consultar co médico ou co farmacéutico.

Se se necesitan de forma habitual,

DURANTE O TRATAMENTO...

Consellos: Tomar a medicación receitada polo seu médico e seguir as súas reco-mendacións sobre como e cando hai que tomala.

Coñecer a enfermidade e a medica-ción que se toma.

Para evitar esquecementos: facer unha lista dos medicamentos que hai que tomar e cando e asociar as tomas a unha actividade diaria (comer, ir durmir etc.)

Seguir os consellos sobre a alimen-tación e a actividade física.

Ante posibles dúbidas, solicitar información dun profesional sanitario.

Recomendacións: Non abandonar o seu tratamento antes do indicado.

No caso de esquecer unha dose, non se debe tomar o dobre a seguinte vez.

Ao viaxar, levar a medicación para todos os días da viaxe, xunto a un informe da enfermidade e o tratamento.

consulte co seu médico ou farmacéutico.

FALAR CO MÉDICO OU CO FARMACÉUTICO SE...

Hai dificultades na toma ou admi-nistración dos medicamentos.

Hai sospeitas de que o medicamento non mellora o problema de saúde.

Se percibe que o medicamento está a producir molestias ou efectos adversos.

NON SOMOS MÉDICOS: Non lles aconsellar medicamentos á familia, aos amigos nin aos coñecidos.

Non se deixar aconsellar por ninguén que non sexa persoal sanitario.

2726

Page 15: Medicamentos: facemos un uso racional?revista.consumer.es/web/ga/20140901/pdf/revista-entera.pdf · FORMACIÓN PARA PERSOAS DE ETNIA XITANA ... e outras existentes é que a súa ...

cara a caraAlimentAción infAntil: no comedor escolAr e nA cAsA

“É inxusto culpar os comedores escolares da epidemia de sobrepeso

infantil da nosa contorna”

Carlos Casabona é un experto en nutrición infantil e saúde e un pediatra comprometido coa súa profesión. Os seus valores reflíc-tense no seu libro Ti elixes o que comes, onde aborda temas como a obesidade e o sobrepeso dos ne-nos. “Moitos pequenos abusan de alimentos con alto contido en sal, en azucre ou fritos, o que desequi-libra a balanza de maneira impla-cable cara ao sobrepeso”, observa. E advirte que se non investimos a tendencia actual, os nenos de hoxe vivirán menos anos ca nós. Neste contexto, os comedores escolares son unha peza fundamental.Quen elixe o que comen os nenos na escola? As empresas que prestan o servizo de comedor escolar (rexis-tradas e homologadas) contan con dietistas-nutricionistas titulados que son os que deseñan os menús.Melloraron eses menús? Si, en ca-lidade e en variedade. Estas empre-sas saben que son miradas con lupa debido á sobrealimentación que reina actualmente na infancia e seguen con máis fidelidade ca nunca as recomen-dacións dos expertos en nutrición e dos organismos oficiais. A maioría dos comedores preocúpanse por ofre-cer alimentos con menos sal, por co-ciñar e aderezar sobre todo con acei-te de oliva, por adaptar os menús ás estacións, por incluír pratos rexionais ou tradicionais e por evitar o abuso de sobremesas demasiado azucradas.Como valora este menú escolar real? De luns a venres: dous días, legumes; outros dous, hidratos de carbono (arroz e pasta); un día á semana, sopa; outro peixe, outro salchichas, outro hamburguesa e outro albóndegas. De sobremesa,

froita e iogur en días alternos. Re-gular, tirando a mal. Un menú se-manal debe ter verdura ou ensalada completa como primeiro prato, polo menos nunha ocasión. Ademais, é recomendable que as guarnicións que acompañen a carne ou o peixe nos segundos pratos sexan verdura, ensalada ou hortalizas. Un día á se-mana, aconséllase un segundo prato que leve ovo (por exemplo, tortilla de cabaciña). A carne con elevado contido en graxa (como salchichas, hamburguesas e albóndegas) só se recomenda unha vez á semana. Fi-nalmente, a froita fresca de tempada debe estar presente 4 ou 5 días á semana e hase de deixar a opción láctea para só un día por semana e de maneira opcional. Estas recomen-dacións non se cumpren nese menú.Este menú custa 102 euros ao mes, que lle parece? O custo diario sería de 4,63 euros. Os prezos varían moito entre as comunidades: as máis eco-nómicas son Canarias e Asturias, que roldan os 3 euros, e as máis caras son Aragón, Navarra e Cataluña, con prezos entre os 6,10 e os 6,80 euros. Como se elaboran os menús? A con-fección mensual ou trimestral dos menús faise consonte unhas directri-ces moi detalladas que proveñen das axencias ou consellerías de saúde pública de cada comunidade autóno-ma. Despois, isto revísao o organismo oficial correspondente que pode esi-xir modificacións. As guías son minu-ciosas: detallan dende a duración mí-nima do tempo que lle deben dedicar os nenos a comer (30 minutos), ata as cores que debe ter o menú para cap-tar a súa atención (3, como mínimo). Os pais teñen información suficiente sobre alimentación? Falta información

sobre a avultada cantidade de quiloca-lorías e sobre o desequilibrio na pro-porción de hidratos, graxas e proteínas que presentan centos de produtos ofer-tados por unha industria alimentaria, máis pendente dos seus balances eco-nómicos ca da nosa saúde nutricional. Como se explican as elevadas taxas de sobrepeso e obesidade infantil? Son das máis altas do mundo. É des-alentador que isto suceda nun país que foi un modelo nutricional avalado pola comunidade científica por ter as froitas, as hortalizas e os legumes como base da alimentación diaria. Actualmente, a dispoñibilidade continua de produtos con sabores intensos (por ter moito azucre, sal ou graxas), con alta densi-dade calórica e co baixo prezo co que se ofertan, unido a unha publicidade eficaz, ubicua e agresiva, provocou un cambio drástico nas pautas de alimen-tación. A sobrealimentación é un signo dos nosos tempos. Quen ten máis responsabilidade na alimentación infantil, o comedor esco-lar ou a familia? Nun ano, só un 9 % das tomas alimenticias dun neno teñen lugar no comedor escolar. Isto implica que o resto das inxestións (un 91 %) as xestiona a familia. Por isto, a respon-sabilidade final do estado nutricional dun neno recae sobre ela. O colexio só debe complementar a tarefa educativa do ámbito familiar e, nas coordenadas actuais de mellora dos comedores es-colares, é inxusto culpalos da epidemia de sobrepeso infantil da nosa contor-na. Se a mesma lupa que usan moitos pais e a Administración cos comedores escolares a utilizasen coa alimentación das fins de semana de moitos nenos, teriamos que impoñer miles de “multas familiares” por excesos de alimentos e produtos con moito azucre, graxas e sal.

Pediatra experto en nutrición infantil, autor de

“Ti elixes o que comes”

arlosCasabonaC

2928

Page 16: Medicamentos: facemos un uso racional?revista.consumer.es/web/ga/20140901/pdf/revista-entera.pdf · FORMACIÓN PARA PERSOAS DE ETNIA XITANA ... e outras existentes é que a súa ...

cara a caraAlimentAción infAntil: no comedor escolAr e nA cAsA

“Para que os nenos coman san na casa, hai que ter un plan de alimentación e cumprilo”

anuelMoñinoM

Dietista-nutricionista, presidente do Comité

Científico da Asociación 5 ao Día e investigador de

CIBER da Fisiopatoloxía da Obesidade e Nutrición

Ao falar de alimentación infantil, Manuel Moñino pon tres palabras sobre a mesa: compromiso, respon-sabilidade e paciencia. “A educación dos nosos fillos supón toda unha vida por diante e, polo tanto, é me-llor ir amodo”, sinala o investigador. Dende o seu punto de vista, comer san non é máis caro e é posible –ademais de imprescindible– incorpo-rar a froita e a verdura á dieta dos nenos. Segundo el, a responsabili-dade é dos pais, que tamén deben adoptar hábitos saudables e darlles exemplo aos seus fillos. Nesta en-trevista, ofrece as claves para crear unha contorna favorable e mellorar a alimentación dos nenos na casa.Os pais comprenden a importancia de comer cinco racións de froita e verdura ao día? Si, sobre todo, cando os nenos son pequenos. Ata os 3 anos, prestáselle moita atención á súa dieta e os pais son moi estritos. Porén, un-ha vez que pasa esa idade, lídase con outros factores, como as neofobias ou que o neno teña un apetito distinto e errático. Esas situacións hai que xes-tionalas con paciencia e cunha con-torna de tranquilidade, na que os pais sexan quen de dar exemplo.E damos un bo exemplo? Non, as es-tatísticas así o reflicten. O 40 % dos nenos de entre 5 e 14 anos non to-ma froita a diario e o 20 % faino dúas veces á semana como máximo. Coas verduras é peor: o 63 % dos nenos non as consome a diario e a cifra agrávase entre os nenos de 6 e 9 anos, cifra que chega ao 85 %. En contrapartida, si toman comida rápida e refrescos con frecuencia semanal, mesmo máis dun-ha vez á semana.Como se poden incorporar froitas e verduras no menú dos nenos? Por exemplo, se na casa preparamos uns

anacos de froita fresca no almorzo e llelos ofrecemos xunto co que estean a tomar (leite, pan ou cereais), é moi probable que os coman. Sobre todo, se o facemos con regularidade e se nós tamén comemos. Entre horas ou nas merendas son outros bos momen-tos para ofrecer froita. As sobremesas sempre deben ser de froita, non po-demos substituíla por un lácteo. As verduras deben estar presentes na comida e mais na cea. Hai moitas op-cións: facer un prato de espaguetes e incluír follas de espinacas en cru ou engadir máis verduras na salsa de to-mate, tipo pisto. A idea é que coñeza un elenco variado, tanto de alimentos coma de preparacións. Cal é a clave para lograr que os ne-nos coman ben na casa? Debemos ter un plan. É fundamental establecer de antemán os horarios das comidas, o tipo de pratos que se van servir, as racións, o respecto cara ao gusto dos nenos e a coherencia entre os pais. Ademais, debe ser un plan que nós poidamos asumir. Se non, os nosos fi-llos están lexitimados para negarse. Así, a coherencia é importante, e ta-mén o é que a contorna sexa relaxada, sen tensión, sen berros e sen improvi-sación. Cando improvisamos, recorre-mos a alimentos de fácil preparación, moitas veces precociñados e ricos en graxas e en sal. Por que os nenos comen tan ben no comedor escolar e na casa non? Pola contorna. No comedor escolar, dáse unha contorna favorable: é un ámbito social, non hai tensión, nin tampouco unha presión continuada por parte dos coidadores. Na casa, a televisión está moitas veces acesa, os pais poñémonos nerviosos por-que o neno non come coa dilixen-cia que esperamos, gritamos e hai

tensión e incoherencias na mesa. É importantísimo crear un ambiente sosegado e non perder o control. Os nenos poden ter algún capricho, algún gusto especial, pero o que se fai a diario na casa é responsabili-dade dos pais. Comer san é máis caro? Non. Un estudo feito na Asociación 5 ao Día puxo en evidencia que comer os 600 gramos diarios de froitas e verduras recomendados non custa máis que 0,60 euros. Polo tanto, o prezo non é o problema. O que si é certo é que é máis fácil comprar alimentos insáns ca sans. Moitas veces, somos vulnerables á presión da publici-dade, ao 3x2, que adoita coincidir con alimentos graxos ou que teñen moito azucre engadido. Iso ocasio-na nalgún momento desequilibrios nutricionais nas familias que optan por estes prezos especiais de ma-neira habitual. As froitas e as hor-talizas son compatibles coas peque-nas economías. Con todo, os grupos de poboación con menos recursos teñen máis risco de obesidade e de enfermidades crónicas porque os alimentos que seleccionan teñen un peor perfil nutricional. Que papel desempeñan os avós na alimentación dos pequenos? En xe-ral, os avós teñen un patrón de dieta mediterránea de maior adherencia. Cando coidan os netos, debemos fa-celos coñecedores do noso plan de alimentación e saúde, explicarlles que comen os nenos e con que fre-cuencia. Eles deben ser partícipes da nosa estratexia. E, se non a te-mos, probablemente coman mellor cos avós ca connosco.

www.consumer.es

3130

Page 17: Medicamentos: facemos un uso racional?revista.consumer.es/web/ga/20140901/pdf/revista-entera.pdf · FORMACIÓN PARA PERSOAS DE ETNIA XITANA ... e outras existentes é que a súa ...

consellos para unha maior seGuriDaDe e aproVeiTamenTo

alimentación

As bondades de conxelar alimentosEsta forma de conservación prolonga a vida útil dos alimentos e afasta a posibilidade de contraer infeccións alimentarias

Contribúe a evitar que se tiren ali-mentos e a aforrar diñeiro (pódense gardar, por exemplo, sobras de co-mida xa cociñada).

Evita importantes perdas de tem-po (viaxes para comprar alimen-tos frescos).

Con todo, o conxelador tamén ten al-gún inconveniente, como o de provo-car un elevado consumo de enerxía. Aínda así, cuns mínimos coidados, é posible controlalo: a temperatura no interior será de -18 ºC e non inferior, as gomas deberán estar en bo estado e axustarse ben, e non deberá haber unha capa de xeo superior a tres mi-límetros de espesor.

Pan e sobrasA maioría dos alimentos pódense conxelar, pero a súa forma de conxe-lación varía. Todo depende das súas características e propiedades. En con-creto, o pan é o que mellor a conserva cando se somete a este proceso e, se sobra, mellor conxelalo canto antes, xa que conservará a súa textura orixinal.Tamén é aconsellable conxelar a co-mida que sobrara o antes posible. Is-to permite aforrar tempo (o investido cociñando) e diñeiro (o empregado na elaboración do prato). Para face-lo da forma correcta, debe esperarse a que a comida arrefríe. Se se intro-duce quente no conxelador, elevara-se a temperatura que hai no interior do aparato, o que afectará a correcta conservación do resto de alimentos que estean gardados nel.

O que non se conxelaAo conxelarse, non todos os alimen-tos conservan ben as súas propieda-des organolépticas (olor, sabor, cor e textura), polo que algúns non deben conservarse desta forma:

Pasteis ou tortas. O apropiado é consumilos frescos ou, no seu de-fecto, conservalos no frigorífico non máis de 4 días. A conxelación fai que se agreten e, ao desconxelalos, perden textura e consistencia.

Guisos. Neles, a parte máis graxa deposítase no fondo e forma unha masa sólida. Cando se desconxelan, pérdese parte do seu sabor.

Maionesa. Perde a súa textura, e tamén sabor, cando se desconxela.

Froitas. Ao ter unha gran cantidade de auga no seu interior (superior ao 90 % do seu peso), a conxelación no fogar xera grandes cristais de xeo no interior do alimento que afectan a súa textura. É mellor conxelalas cocidas ou en toros e recubertas de xarope.

Verduras. Como as froitas, a textura que terán unha vez fóra do conxe-lador non será a mesma que a do alimento fresco. Se se toran, esta situación mellora.

Ovo coa súa casca ou ovo duro. É un caso especial. Pódese conxelar sen a casca.

Algunhas destas excepcións non se aplican se a conxelación a realiza a industria alimentaria, que utiliza un-ha técnica denominada “ultraconxe-lación”. Esta técnica consiste en alcanzar unha temperatura moi baixa nun período de tempo moi curto.

www.consumer.es

O tempo é ouro durante a sema-na. De luns a venres, apenas

lle podemos dedicar uns minutos a elaborar comidas e ceas. De modo que abrir o conxelador, coller un re-cipiente cun prato cociñado e, unha vez desconxelado, poder gozalo é to-da unha vantaxe. O conxelador sacou a máis dun de apuros, pero tamén ten outros beneficios:

Prolonga a vida útil dos alimentos, dado que reduce ou inactiva a pro-liferación de microorganismos.

Afasta as posibilidades de contraer infeccións alimentarias. A tecno-loxía do frío prevén enfermidades transmitidas polos alimentos.

Permite ter á man alimentos todo o ano, a pesar da súa estacionalidade. Iso axuda a mellorar a calidade da dieta: a maior oferta de alimentos saudables, maior equilibrio dietético.

Co conxelado, evítase o desperdicio de alimentos e afórrase

• A mellor forma de conxelar é deixalo no interior da neveira. A temperatura debe estar entre 1 e 5 graos centígrados.

• Nunca han de desconxelarse os alimentos a temperatura ambiente porque os microorga-nismos poden reproducirse a gran velocidade.

Un alimento desconxelado nunca se debe volver conxelar, xa que os microorganismos se repro-ducirían con máis velocidade ao volver desconxelalo. E é que un alimento conxelado pode ter microorganismos. A 18 graos baixo cero (é o habitual nun conxelador caseiro) é moi difícil que os microorganismos se reproduzan, pero non é imposi-ble. A unha temperatura igual ou inferior a 70 graos baixo cero, que só conseguen conxeladores industriais, si se detén de todo o crecemento microbiano.

A forma de conxelar adoita xerar dúbidas. Estes son algúns conse-llos para maximizar a seguridade alimentaria e tamén o sabor e a textura dos alimentos:

• Canto máis pequeno sexa o tamaño do alimento, mellor se conxelará (é mellor cortar a carne en filetes e envolvelos por separado en papel de cociña transparente).

• O peixe e a carne deben estar limpos e eviscerados antes de conxelalos.

• Se se compran produtos conxe-lados, hai que transportalos con bolsas isotérmicas e gardalos o antes posible para manter a cadea de frío.

• Usaremos o criterio first in, first out (FIFO), que se traduce como “o primeiro que entra, o primeiro que sae”. É dicir, ordenaremos os alimentos de tal maneira que consumamos primeiro os que entraron en primeiro lugar no noso conxelador.

3332

Page 18: Medicamentos: facemos un uso racional?revista.consumer.es/web/ga/20140901/pdf/revista-entera.pdf · FORMACIÓN PARA PERSOAS DE ETNIA XITANA ... e outras existentes é que a súa ...

Como aCtuar Cando se sofre vexiga hiperaCtiva

• Regular a inxestión de líquidos, dependendo da actividade que se faga, e non tomar bebidas máis alá da media tarde para diminuír a frecuencia nocturna de mexar.

• Ir ao baño antes de que xurda a urxencia, de maneira que se evite a urxencia e o escape.

• Cando se detecten síntomas diferentes ao mexar, é impor-tante que tanto os homes como as mulleres acudan ao médico; sobre todo, elas.

• Recordar que entre os síntomas importantes figuran o sangue ao mexar, infeccións de repetición e prolapso uterino ou matriz caída.

• Este problema está relacionado coa idade, polo que en ocasións non se pode tratar debido a outras enfermidades da persoa, por interaccións con outros fármacos que se toman ou por risco anestésico dos tratamentos.

saúde

Escravos da vexigaEntre o 30 % e o 40 % da poboación non é capaz de controlar este órgano, un trastorno imposible de previr, pero si de tratar

Sentir ganas de mexar, ir correndo ao lavabo e, aínda así, non po-

der evitar algunha fuga. Ou, con sorte, chegar a tempo, pero ter que acudir con moita frecuencia ao baño. Son dúas escenas que se repiten a diario, varias veces, cando se padece vexiga hiperactiva. Os que a sofren son es-cravos da súa vexiga durante o día e tamén pola noite (o que se coñece como “nocturia”).A vexiga hiperactiva fai que se pre-senten unha serie de síntomas que teñen que ver coa urxencia e coa fre-cuencia de mexar. Sófrea entre o 30 % e o 40 % da poboación, sobre to-do arredor dos 70 anos. Pode ser de dúas clases: seca ou húmida, en función de se vai acompañada de in-continencia urinaria. Hai persoas que, aínda que experi-menten a urxencia de ir ao lavabo, son capaces de evitar o escape, mentres que outras non o conseguen. A húmida é máis frecuente entre as mulleres, mentres que a seca se dá máis entre os homes.Tres son as causas que explican esta doenza. En primeiro lugar, a vexiga hi-peractiva pode ser un problema médico das estruturas nerviosas que regulan a función da vexiga e que ten a súa ori-xe en enfermidades como a esclerose múltiple, o párkinson ou unha embolia cerebral. En segundo lugar, pode deri-var dunha obstrución na saída da vexi-ga, o que lles sucede a moitos homes con hipertrofia de próstata, que lles

obstrúe a vexiga e que lles produce a urxencia. E, en terceiro lugar, están os casos de orixe descoñecida.

Consultar sempre co médicoA pesar dos coñecementos actuais da ciencia médica, aínda hoxe é imposible previr a vexiga hiperactiva. De todos os xeitos, é fundamental acudir ao médico. Esta condición sempre é patolóxica e debe consultarse, con máis motivo se vai acompañada de sangue na urina, dor ou febre, diminución importante da calidade de vida, así como prolap-so uterino nas mulleres (cando o útero cae cara á vía do parto) ou “chorro fino” nos homes (ocasionado por un aumen-to do tamaño da glándula prostática).O diagnóstico deste problema é, sobre todo, clínico. Realízase preguntándo-lle ao paciente polos seus síntomas e mediante un estudo de “urodinamia” (exploración da vexiga para coñecer o seu funcionamento) para comprobar se este trastorno ten algunha corres-pondencia con outras alteracións ou enfermidades ou outros problemas psicolóxicos subxacentes.

TratamentosO tratamento estándar da vexiga hipe-ractiva ten dúas vías. Por un lado, re-gular a inxestión de líquidos e intentar anticiparse á urxencia indo ao inodoro cada dúas ou tres horas. Por outro, a medicación e distintas cirurxías.Os medicamentos utilizados para tratar a vexiga hiperactiva son os fármacos anticolinérxicos. A súa eficacia é limi-tada (resolve o problema no 60 %-70 % dos casos) e teñen diversos efectos

secundarios, como sequidade da boca, estrinximento ou visión borrosa.Por este motivo, nos últimos anos, consolidouse unha nova opción te-rapéutica, a toxina botulínica. Con-siste en inxectala dentro da vexiga hiperactiva para paralizar o músculo detrusor (a parede muscular lisa da vexiga) e eliminar así as contraccións espontáneas que se producen neste órgano (en caso dun detrusor hiperac-tivo) e, deste xeito, evitar a urxencia de ir mexar. Próbase no 30 %-40 % dos casos nos que non funcionan os fármacos anticolinérxicos.Pero ten algúns inconvenientes. Os seus efectos duran entre seis e nove meses. Aos homes aplícaselles no qui-rófano baixo anestesia e ás mulleres pódeselles aplicar con anestesia local. Tras a inxección da toxina botulínica, as contraccións desaparecen na maior parte dos casos, pero esta paraliza-ción tamén é a responsable de que no 4 % dos enfermos o músculo detrusor se paralice demasiado. Tanto que se produza unha retención de urina e ha-xa que colocarlles unha sonda vesical durante un tempo para eliminar a uri-na ata que se resolvan os efectos.Existen outros tratamentos, pero aplícanse en moitos menos casos: a neuromodulación das raíces sacras (consiste en colocar un pequeno mar-capasos parecido ao dos cardíacos), cirurxías para ampliar a vexiga e outro tipo de fármacos.FONTE: Pedro Arañó, xefe da Unidade de Uroloxía Funcional e Feminina do Servizo de Uroloxía da Fundació Puigvert, de Barcelona.

www.consumer.es

3534

Page 19: Medicamentos: facemos un uso racional?revista.consumer.es/web/ga/20140901/pdf/revista-entera.pdf · FORMACIÓN PARA PERSOAS DE ETNIA XITANA ... e outras existentes é que a súa ...

SituaciónS eSpeciaiS

• As traballadoras vítimas de violencia de xénero non estarán obrigadas a cotizar durante un período de seis meses unha vez que cesen na súa actividade para facer efectivo o seu dereito á prestación por maternidade. Estes seis meses exentos consi-deraranse cotización efectiva e a base reguladora será equivalente á media das bases cotizadas nos seis meses anteriores.

• As nais autónomas poden gozar do descanso a tempo parcial, pero tanto a percepción do subsidio como a redución da actividade só pode realizarse nunha porcentaxe do 50 %. A duración é dun máximo de 10 semanas e as seis obrigatorias tras o parto non poden ser a tempo parcial.

vCando se produza un cesamento da actividade laboral e coincida coa prestación por maternidade, esta última non se verá afectada e percibirase con normalidade ata o seu esgotamento.

• Se se inicia unha prestación por maternidade no momento en que xa se está a cobrar o subsidio por cesamento da actividade laboral, este último interrómpese, pero pode continuarse ao finalizar a prestación por maternidade.

• Para as traballadoras por conta propia non se establece o permiso de lactación.

economía

Nai e traballadora autónoma: é compatibleTeñen dereito a unha prestación por maternidade de 16 semanas ininterrompidas do 100 % da base reguladora correspondente

Traballo e familia son realida-des difíciles de compaxinar. En

demasiadas ocasións, un deles hase de sacrificar. E é que na vida real conciliar a vida laboral e familiar é todo un reto. En especial, para os que traballan por conta propia e exercen profesións para as que é complicado atopar un substituto durante, por exemplo, unha baixa por maternidade.Esta situación, sumada ao descoñe-cemento do dereito laboral, explica que para moitas mulleres ser nai e traballadora autónoma parezan rea-lidades incompatibles. Pero non é

rrespondente. Por regra xeral, esta coincide coa que se ten en conta para calcular a axuda por incapa-cidade temporal (IT) derivada de continxencias comúns (situacións de accidente ou enfermidade non labo-ral polas que o traballador se ato-pa imposibilitado para desenvolver o seu traballo e recibe asistencia sanitaria). E toma como referencia a data do comezo do descanso.En concreto, a prestación por ma-ternidade ten unha duración de 16 semanas ininterrompidas, que se contabilizan dende o día en que co-meza o período de descanso (na data do parto ou nunha anterior). A nai elixe como distribuílas, pero polo me-nos seis delas teñen que gozarse con posterioridade ao parto. En caso de parto múltiple, amplíanse dúas máis por cada fillo a partir do segundo.

Que requisitos hai que cumprir?Sempre hai que demostrar que se es-tá afiliada e en situación de alta (ou asimilada á alta) no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) regulador da cotización á Seguridade Social e tamén hai que xustificar que se está ao corrente no aboamento das cotas mensuais.Ademais, tense que cubrir un período mínimo de cotización, que varía en función da idade:

As traballadoras menores de 21 anos no momento da data do parto non teñen que ter un período míni-mo cotizado.

Para as mozas de entre 21 e 26 anos cumpridos na data do par-

to, o período mínimo de cotización deberá ser de, polo menos, 90 días nos sete anos anteriores ao mo-mento do inicio do descanso, ou ben 180 días cotizados ao longo da súa vida laboral.

As autónomas maiores de 26 anos na data do parto teñen que cotizar, polo menos, 180 días nos sete anos inmediatamente anteriores ao mo-mento do inicio do descanso, ou 360 días ao longo de toda a súa vida laboral.

Como se tramita?A prestación por maternidade das traballadoras autónomas solicítase nas oficinas do Instituto Nacional da Seguridade Social. Ademais, nos 15 días seguintes á interrupción da acti-vidade profesional, debe presentarse:

DNI e fotocopia da interesada. Informe de maternidade (que o ex-pide o médico de cabeceira da Se-guridade Social) e fotocopia.

Libro de familia. Recibo dos pagamentos das cotas da Seguridade Social dos tres úl-timos meses.

E para incorporarse?Se as traballadoras autónomas vol-ven realizar unha actividade por conta propia nos dous anos seguin-tes á data do parto, terán dereito, durante 12 meses, a recibir unha bonificación do 100 % da cota por continxencias comúns.

www.consumer.es

así. Teñen dereitos que amparan a súa maternidade e tamén beneficios previstos pola Seguridade Social. As mulleres autónomas, polo tanto, te-ñen os mesmos dereitos que os que traballan por conta allea, aínda que hai algunhas particularidades.

Como é a axuda?As traballadoras autónomas teñen dereito a solicitar a baixa por des-canso en catro situacións: mater-nidade, adopción, acollemento ou tutela dun familiar. Nestes casos, a prestación económica que reciben é do 100 % da base reguladora co-

3736

Page 20: Medicamentos: facemos un uso racional?revista.consumer.es/web/ga/20140901/pdf/revista-entera.pdf · FORMACIÓN PARA PERSOAS DE ETNIA XITANA ... e outras existentes é que a súa ...

Consellos para a síndrome das pernas inquedas

• Manter un bo ritmo e uns hora-rios de descanso e sono. Os horarios regulares non melloran os síntomas do afectado, pero os irregulares empeóranos.

• Durmir oito horas, seguir unha dieta equilibrada e practicar exer-cicio físico.

• En caso de que se noten os síntomas e as molestias da síndrome, acudir ao médico.

• Evitar o estrés, xa que tamén pode empeorar os síntomas.

saúde

Síndrome das pernas inquedas, movemento en repousoAfecta a un 5 % da poboación española (a un 20 % de xeito grave) que non pode deixar de mover as pernas cando está en repouso

Senten un impulso irrefreable de mover as pernas cando están en

repouso. Non importa onde nin can-do. Xa sexa de día, no sofá ou de noi-te, ou na cama, necesitan levantarse e camiñar. Sofren a síndrome das pernas inquedas (SPI), un problema do sistema nervioso do cerebro que, segundo a Sociedade Española de Neuroloxía (SEN), padece o 5 % da poboación en España.O 20 % deses dous millóns de espa-ñois afectados teñen a versión grave desta síndrome. Este tipo de enfermos senten dor, ardentía ou formigo nas pernas e, para aliviar estes síntomas, móvenas continuamente mentres es-tán en repouso, sobre todo na cama e de noite, pero tamén durante o día cando están sentados. Este pesadelo intensifícase a partir das oito ou nove da noite e mellora cando o paciente camiña e move as pernas.

A orixe desta enfermidade non se co-ñece ben. Sábese que está relaciona-do cun defecto de dopamina e de ferro no cerebro. Non é unha enfermidade das pernas, nin dos nervios, tampouco dos músculos ou da circulación. É un-ha alteración do sistema nervioso do cerebro e, por esta razón, debe trata-la e controlala un neurólogo. O máis plausible é que haxa un compoñente xenético –xenes que predispoñen a padecer este trastorno–, ao que debe sumarse un factor precipitante, como ter déficit de ferro, para que a síndro-me se desenvolva. A boa noticia é que ten tratamento.

Os “máis inquedos”Os grupos máis comúns de afectados por esta síndrome son persoas con insuficiencia renal, pacientes que se someten a hemodiálise, mulleres no último trimestre do embarazo e aque-las con anemia por falta de ferro. Aín-da non está claro se podería deberse tamén á hipertensión arterial.Ademais, o tipo de persoa que adoita padecer esta síndrome son as mulle-res (o dobre que os homes). O motivo é que se asocia a un déficit de ferro e, en xeral, elas teñen uns niveis máis baixos, debido sobre todo ás mens-truacións, con abundantes perdas de sangue durante o período fértil. Por idades, é tamén máis frecuente a par-tir dos cincuenta ou sesenta anos, aínda que tamén poden sufrir esta síndrome os nenos e os adolescentes.

Menor calidade de vidaA síndrome das pernas inquedas ca-racterízase, ás veces, por movementos periódicos dos pés dos que a persoa afectada non é consciente. Nos casos máis graves, si o é porque se chegan a dar patadas, movementos que dimi-núen de forma notable a calidade de vida, impiden conciliar o sono e con-ducen ao insomnio, ata o punto de que algunhas persoas só conseguen dur-mir unha ou dúas horas ao día. Cando isto sucede, non é estraño que a irri-tabilidade, a ansiedade, o cansazo, e mesmo a dor, os acompañen. Ademais, esta tortura non remata cando sae o sol. Durante o día, tamén lles impide realizar actividades rutineiras como ir ao cinema, coller un tren, un avión ou outro medio de transporte, facer un traxecto en coche ou saír a cear.

Con tratamentoEsta síndrome ten tratamento farma-colóxico que permite mellorar a situa-ción do 90 % dos pacientes de xeito total ou parcial e os seus efectos son case inmediatos, pois nótase a mello-ría dos síntomas en dous ou tres días. A desvantaxe é que a medicación se debe tomar de forma crónica, xa que non cura a síndrome, só diminúe os síntomas.Ao diagnóstico deste trastorno chéga-se a través dun interrogatorio (anam-nese), non hai probas médicas. En canto aos afectados, se reciben un diagnóstico e comezan o tratamento, melloran notablemente. Por desgra-za, moitos non lles dan importancia a estes síntomas e conviven durante anos con este problema que ocasiona un grande impacto na súa calidade de vida. E nalgúns casos o diagnóstico chega a demorarse ata dez anos.

Para evitalo, a SEN aconsella que os que teñan inquietude nas extre-midades inferiores acudan ao médi-co. Tamén aqueles cuxos síntomas se intensifiquen durante o repouso, que melloren ao moverse e que se mani-festen ou empeoren pola tarde-noite. O facultativo descartará que se trate dun problema das articulacións ou dos nervios e administrará o tratamento farmacolóxico axeitado. Os intentos de solucionalo con terapias comple-mentarias como as masaxes, cremas, duchas de auga fría e quente, facer bicicleta ou tomar analxésicos poden producir leves melloras, pero non re-solven o problema.FONTE: Álex Iranzo, neurólogo da Unidade Multidisciplinar de Trastornos do Sono, do Hospital Clínic, de Barcelona.

www.consumer.es

3938

Page 21: Medicamentos: facemos un uso racional?revista.consumer.es/web/ga/20140901/pdf/revista-entera.pdf · FORMACIÓN PARA PERSOAS DE ETNIA XITANA ... e outras existentes é que a súa ...

benv

idos,

rapa

ces!!

bebé

Primeiro día de colexio sen traumasUnha actitude positiva dos pais é fundamental para lles axudar aos nenos a afrontar a súa chegada á etapa escolar

é o xeito que teñen os pequenos de dicir que os seus pais representan o seu único soporte de seguridade, de comunicar que aínda necesitan tomar confianza cos que, dende ese momen-to, serán os seus novos coidadores.Os nenos poden aprender a superar a ansiedade por separación. Pero con-vén traballalo antes do temido día. Pódense poñer en marcha experien-cias como a de deixar os fillos ao coi-dado de amigos de confianza durante curtos períodos de tempo. Este é un valioso adestramento.

Nenos: visitar con antelación a escolaA chegada dos nenos á escola de edu-cación infantil ou primaria pode ser moi difícil, sobre todo durante as pri-meiras semanas. Tal e como explica un estudo realizado pola Universidade Politécnica de Valencia, tanto os pais coma os educadores deben axudarlles a superar este período de adaptación para que este sexa o menos proble-mático posible.Por iso, antes do comezo do curso, os expertos recomendan visitar o centro escolar cos nenos, percorrer as aulas e as instalacións e transmitirlles que nese lugar farán amigos e que o pasa-rán ben. Esta visita previa supón unha boa oportunidade para que os menores coñezan os seus novos titores e edu-cadores. E tamén para que comproben que entre eles e os seus pais existe unha boa conexión e complicidade.

Transformar o primeiro día de gardería nunha aventuraOs contos que teñen como protagonis-tas a nenos que acoden á gardería ou ao colexio por primeira vez resultan de grande axuda. Este hábito lector permitiralles aos pequenos familiari-zarse coa experiencia escolar.Ademais, segundo os expertos, tamén é posible tratar de transformar o pri-meiro día de gardería nunha aventura, o que lle axudará ao neno a vivir o momento con maior fortaleza. Falar cos fillos, resolver as súas dúbidas e crear un clima de confianza na casa colaborará a que os menores afronten este primeiro día máis seguros.

Evitar as présas, manter a calmaHan de evitarse as présas e manter un ánimo positivo. Aínda que os pais tamén poidan sentirse nerviosos, os expertos recordan que non hai que lles transmitir esa inseguridade aos pequenos. Por iso, ese primeiro día convén erguerse con tempo abondo, almorzar con tranquilidade e prepa-rar todo sen angustias. Un paseo ata o colexio tamén facilitará que os peque-nos se sintan máis tranquilos.

A despedida: cariñosa, pero curtaA técnica de marchar ás agachadas, sen que o neno nos vexa, non funcio-na. Segundo a Asociación Primeiros Anos, é moi importante que os pe-

quenos saiban que marchamos, pero tamén marcar a nosa volta despois dunha actividade concreta (a comida ou un conto que saibamos que se tra-ballará na clase).A despedida na porta do cole debe ser cariñosa, pero curta. E, aínda que o neno chore, non convén alongar a marcha con explicacións. Hai que des-pedirse con seguridade e bo ánimo, só uns minutos. O neno agradecerao.

Mellor pouco a poucoDurante os primeiros días de escola, é aconsellable que os nenos fagan un horario reducido, para que non supoña un cambio de vida tan brusco. Pouco a pouco, habituaranse, coñecerán o per-soal e uns nenos que despois serán os seus amigos. Ademais, unha ou dúas semanas antes do inicio do curso, hai que adaptar de forma paulatina os horarios e as rutinas dos pequenos, dende as comidas ata o momento de ir para a cama.

Os máis pequenos: coidado cos cueirosOs máis pequenos poden non ter superada aínda a etapa dos cueiros cando chegue o seu primeiro día de gardería. Os expertos recordan que o primeiro día de gardería non é o mellor momento para lles quitar o chupete nin para que abandonen os cueiros, xa que só lograriamos facer a experiencia máis traumática.

www.consumer.es

Bágoas que rodan polas cariñas tristes. Saloucos que poden oír-

se a metros de distancia. Sentimen-tos de abandono e incomprensión. Máis de 400.000 menores de tres anos prepáranse para o seu pri-meiro día de gardería tras o verán, segundo o Ministerio de Educación. Ademais, preto de 1,5 millóns de pequenos de entre tres e seis anos, e case tres millóns de alumnos de educación primaria, comezan as cla-ses en setembro.Para moitos, esta será a súa primeira vez lonxe da casa e separados dos seus proxenitores. Un momento duro non só para eles, senón tamén para os pais que se enfrontan a este mo-mento cun nó na garganta. Os choros e as rabechas na porta das garderías e dos colexios son habituais. Como hai que afrontar este primeiro día sen traumas? A seguir, ofrécense sete consellos para superar este momento sen traumas.

Ansiedade pola separaciónO primeiro consello para os pais é que non perdan a calma. Os choros e as perrenchas na porta do centro esco-lar son reaccións normais en nenos de tan curta idade. Os expertos chámano “ansiedade por separación infantil”. A Asociación Primeiros Anos, unha ins-titución que traballa con nenos de 0 a 12 anos, elaborou unha guía para lles axudar aos pais nestes difíciles mo-mentos. Aseguran que esta reacción

4140

Page 22: Medicamentos: facemos un uso racional?revista.consumer.es/web/ga/20140901/pdf/revista-entera.pdf · FORMACIÓN PARA PERSOAS DE ETNIA XITANA ... e outras existentes é que a súa ...

Sabes como funciona o semáforo? É un sinxelo código de cores que indica se a cantidade dos nutrientes que compón a receita é alta, media ou baixa. Informa sobre as calorías e os nutrientes máis importantes dende o punto de vista da saúde: azucres, graxa, graxa saturada, sal e fibra. As receitas presentan normalmente ingredientes cuxa porcentaxe sobre a cantidade diaria orientativa (CDO) é alta (predominan os amarelos). Estes pratos están concibidos como prato principal dunha comida ou dunha cea. O seu tamaño de ración é superior e a súa achega nutricional é máis elevada. Por este motivo, as receitas teñen uns puntos de corte diferentes aos dos produtos. • A cor verde indica que a ración de consumo de cada nutriente achega menos do 10 % da CDO (unha cantidade baixa do nutriente). • A cor amarela indica que achega entre o 10 % e o 35 % da CDO (unha can-tidade media do nutriente). • A cor laranxa indica que achega máis do 35 % da CDO (unha cantidade alta do nutriente). * da CDO para un adulto

** o consumo de fibra é escaso e cómpre incrementalo

Unha ración contén: GRAXA CALORÍAS AZUCRES GRAXA SATURADA SAL FIBRA 139 12,3g 4,6g 2,3g 0,5g 4,2g

7% 13,6% 6,6% 11,3% 9,1% 17,5%

Primeiro pratoBerenxenas naPolitanas

ingredientes: 800 g de berenxena 500 g de tomate natural en anacos

100 g de cebola 1 pemento verde 1 dente de allo 10 ml de aceite de oliva

100 g de queixo mozzarella

- Alfábega - Ourego - Un chisco de sal

Como se elabora:Córtanse as berenxenas en toros de 10 cen-tímetros e póñense en remollo con auga e sal durante 20 minutos. Doutra banda, cór-tase a cebola en anacos, o pemento verde e o allo en brounoisse (cadradiños peque-nos) e sofrítese o conxunto cun pouco de aceite de oliva nunha tixola. Cando a cebola tome cor, engádese o tomate natu-ral en anacos e déixase cociñar durante 15 minutos. Despois, esta salsa pásase polo pasador de puré e vólvese quentar nunha tixola ou nunha cazola. Cando comece a ferver, ponse o punto de sal e un toque de ourego e de alfábega.Unha vez pasaron os 20 minutos iniciais, escórrense os toros de berenxenas da auga de remollo e sécanse cun trapo de cociña. Cocíñanse nunha cazola con auga e sal durante 15 minutos nun fervor conti-nuo. Sácanse da auga de cocción e, unha vez escorridas, introdúcense nunha fonte

de forno e bótaselles salsa de tomate. Cociñámolas nunha cazola con auga e sal durante 15 minutos nun fervor continuo. Empóanse lixeiramente con queixo relado e introdúcense no forno a 250 ºC, ata que se gratine a superficie.

Comentario dietético:Pódese concibir como un entrante de tempada estival cando as berenxenas, os tomates e os pementos verdes están no seu mellor momento. A lixeireza desta receita depende da cantidade de queixo que se engada. Ben usado como condi-mento para gratinar a mestura apenas suma calorías e realza o sabor da receita. Un prato principal de legumes con arroz, unha paella con verduras ou un prato de pasta ao gusto, e de sobremesa unha froita, compoñen un menú estival equili-brado, nutritivo, dixestivo e saudable.

rece

itas

sete

mb

ro

Primeiro pratoBerenxenas naPolitanas

sobremesaMaCedonia Con froitas fresCas

segundo pratoarroz Con garavanzos ao Curry

Menú “volta á oficina”’Termina o verán e toca recuperar rutinas. Tamén a de levar unha alimen-tación saudable. E é que os excesos das vacacións moi probablemente deixaron no noso corpo malestares, sobre todo dixestivos. Para recobrar a saúde, hai unha serie de consellos que convén ter en conta no mo-mento de deseñar os menús no fogar. En primeiro lugar, é recomendable poñerlles freo aos azucres, seguramente moi habituais nas sobremesas e nos almorzos durante o verán. Neste sentido, a froita fresca debe ter unha presenza diaria na nosa dieta. En segundo lugar, convén poñerlle un límite á proteína animal, xa que os costumes estivais predispoñen, polo xeral, a un consumo esaxerado de carne, peixe ou ovos. Por iso, é aconsellable que os legumes combinados con cereais aumenten a súa presenza entre as opcións alimentarias do día. Por último, hai que man-ter o corpo ben hidratado con auga fresca, deixar a un lado as bebidas carbonatadas e non esquecer retomar o exercicio físico.

1,16€por

persoa*

Cantas calorías necesitamos ao longo do día?

% calorías totais A nosa proposta % calorías

ALMORZO 20-25% - Iogur natural 20% (400 kcal) (400-500 kcal) - Muesli - Albaricoque

MEDIA MAÑÁ 5-10% - Torradas integrais 10% (200 kcal) (100-200 kcal) con queixo de untar

COMIDA 30-35% - Berenxenas napolitanas* 30% (624 kcal) (600-700 kcal) - Arroz con garavanzos ao curry* - Macedonia con froitas frescas*

MERENDA 5-10% - Canapé de salmón con queixo 10% (200 kcal) (100-200 kcal) de cabra sobre pan de centeo

CEA 20-25% - Sopa de tomate e 25% (455 kcal) (400-500 kcal) camaróns salteados - Linguado ao forno con verduras - Pan e froita

MÁXIMO 2.000 kcal (*) Pratos preparados e explicados nesta revista

4 Fácil 40’-50’ 0,65

4342

Page 23: Medicamentos: facemos un uso racional?revista.consumer.es/web/ga/20140901/pdf/revista-entera.pdf · FORMACIÓN PARA PERSOAS DE ETNIA XITANA ... e outras existentes é que a súa ...

Sabes como funciona o semáforo? É un sinxelo código de cores que indica se a cantidade dos nutrientes que compón a receita é alta, media ou baixa. Informa sobre as calorías e os nutrientes máis importantes dende o punto de vista da saúde: azucres, graxa, graxa saturada, sal e fibra. As receitas presentan normalmente ingredientes cuxa porcentaxe sobre a cantidade diaria orientativa (CDO) é alta (predominan os amarelos). Estes pratos están concibidos como prato principal dunha comida ou dunha cea. O seu tamaño de ración é superior e a súa achega nutricional é máis elevada. Por este motivo, as receitas teñen uns puntos de corte diferentes aos dos produtos. • A cor verde indica que a ración de consumo de cada nutriente achega menos do 10 % da CDO (unha cantidade baixa do nutriente). • A cor amarela indica que achega entre o 10 % e o 35 % da CDO (unha can-tidade media do nutriente). • A cor laranxa indica que achega máis do 35 % da CDO (unha cantidade alta do nutriente). * da CDO para un adulto

** o consumo de fibra é escaso e cómpre incrementalo

Unha ración contén: GRAXA CALORÍAS AZUCRES GRAXA SATURADA SAL FIBRA 88 20g 0g 0g 0g 1,9g

4,4% 22,2% 0% 0% 0,1% 8%

Sabes como funciona o semáforo? É un sinxelo código de cores que indica se a cantidade dos nutrientes que compón a receita é alta, media ou baixa. Informa sobre as calorías e os nutrientes máis importantes dende o punto de vista da saúde: azucres, graxa, graxa saturada, sal e fibra. As receitas presentan normalmente ingredientes cuxa porcentaxe sobre a cantidade diaria orientativa (CDO) é alta (predominan os amarelos). Estes pratos están concibidos como prato principal dunha comida ou dunha cea. O seu tamaño de ración é superior e a súa achega nutricional é máis elevada. Por este motivo, as receitas teñen uns puntos de corte diferentes aos dos produtos. • A cor verde indica que a ración de consumo de cada nutriente achega menos do 10 % da CDO (unha cantidade baixa do nutriente). • A cor amarela indica que achega entre o 10 % e o 35 % da CDO (unha can-tidade media do nutriente). • A cor laranxa indica que achega máis do 35 % da CDO (unha cantidade alta do nutriente).* da CDO para un adulto

** o consumo de fibra é escaso e cómpre incrementalo

Unha ración contén: GRAXA CALORÍAS AZUCRES GRAXA SATURADA SAL FIBRA 397 2,3g 13g 2g 0,5g 4,4g

19,8% 2,6% 18,6% 9,9% 8% 18,2%

sobremesaMaCedonia Con froitas fresCas

ingredientes: 1 mazá verde 1 laranxa 125 g de uvas 500 g de piña 100 ml de zume de piña

Como se elabora:En primeiro lugar, límpanse as froitas e mantéñense frescas ata o momento de preparalas. Nese intre, pélanse, córtanse en anacos e consérvanse dentro do zume de piña frío. Por último, sérvese a mestura en vasos anchos ou boles transparentes e, se se quere, pode acompañarse cun pouco do zume de piña.

Comentario dietético:É unha receita fonte de vitaminas, lixeira e refrescante. É ideal para fomentar o consumo de froitas de tempada entre os máis pequenos ou entre quen sente preguiza por comer froita. A mestura de froitas proporciona un cóctel de nutrien-tes reguladores, como vitaminas (folatos, vitamina C), minerais (potasio, magne-sio), fibra e variedade de antioxidantes. Ademais, non leva azucres engadidos, senón que as calorías e os azucres son os que contén naturalmente a froita. É unha maneira de afacer o padal para saborear o gusto natural e doce das froitas de tem-pada. É máis, é aconsellable non poñer límites ao momento para degustar esta saborosa receita: xa sexa no almorzo, entre horas, antes de comer como aperi-tivo, despois de cear ou antes de deitarse como aperitivo refrescante.

segundo pratoarroz Con garavanzos ao Curry

ingredientes: 200 g de arroz

100 g de garavanzos 1L de caldo de cocción dos garavanzos 1 dente de allo

50 g de pemento verde

1 cebola - Curry - Unha culleradiña de colorante alimentario 60 ml de aceite de oliva - Un chisco de sal

Como se elabora:Nunha cazola baixa con aceite de oliva quente, sofrítese a cebola ben picada, o pemento verde en dados e o allo lami-nado. Cando empece a tomar cor, incor-pórase o arroz e unha cullerada pequena de curry. Remóvese e agrégase o caldo e os garavanzos previamente cocidos. Sálgase ao gusto e engádese o colo-rante alimentario. Déixase cocer ata que o caldo se consome e o arroz estea listo. Levaralle aproximadamente 20 minutos.

Comentario dietético:O arroz é un alimento básico da dieta mediterránea. É rico en hidratos de carbono complexos e apenas contén graxa. Neste caso, prepárase con gara-vanzos, unha boa fonte de hidratos de carbono complexos e proteínas, aínda que estas non son tan completas como as que contén a carne, o peixe ou os ovos. Para conseguir que o sexan, é necesario combinar legume e cereal. Para perfeccionar a receita, o pemento e a cebola engadidos van achegar vitaminas, minerais e substancias anti-oxidantes. O curry daralle ao prato un sabor moi peculiar.re

ceit

asse

tem

bro

4 Fácil 5’-10’ 0,31 4 Fácil 30’-40’ 0,20

4544

Page 24: Medicamentos: facemos un uso racional?revista.consumer.es/web/ga/20140901/pdf/revista-entera.pdf · FORMACIÓN PARA PERSOAS DE ETNIA XITANA ... e outras existentes é que a súa ...

Un 83 % dos consumidores recicla no verán un 12 % menos que os que o fan o resto do ano

O compromiso ambiental dos consu-midores reláxase durante as vacacións do verán. En especial, a conciencia ecolóxica na compra e o consumo de envases. Isto demóstrao un estudo realizado pola Plataforma pola Sus-tentabilidade dos Envases, Envase e Sociedade, en colaboración con EROSKI CONSUMER e Hispacoop (a Confede-ración Española de Cooperativas, de Consumidores e Usuarios).Das máis de 700 persoas enquisadas, o 83 % asegura que durante as vaca-cións estivais separa os envases e que os leva aos colectores para seren re-ciclados. Parece unha boa proporción se non se teñen en conta as rutinas do resto do ano, cando estes hábitos sus-tentables os levan a cabo o 95 % das persoas consultadas (un 12 % máis). Convén salientar as diferenzas entre as distintas épocas do ano entre os menores de 49 anos, as persoas resi-dentes na zona centro e sur de España e aqueles enquisados con estudos universitarios ou posgraos.

Ficha técnica:Metodoloxía: enquisa en liña.Universo: usuarios do portal www.consumer.es en España.Base: 711 enquisas.Data: xuño 2014.

Pero nas vacacións do verán non só se baixa a garda á hora de reciclar os residuos dos envases, tamén ocorre isto á hora de facer a compra, un momento crucial para manter a sustentabilidade do ciclo de vida do envase. Durante o ano, un 56 % dos consumidores con-sultados aseguran que teñen en conta as características do envase cando van escoller un produto ou outro. E, entre as características máis importantes, está a posibilidade de que o devandito en-vase sexa reciclado (ocupa un segundo posto en importancia). Non obstante, nas vacacións estivais, só un 45 % di que lle importen as características dos envases cando van comprar. E no que atinxe á posibilidade de que sexan reci-clados, pasa a ocupar un quinto posto en importancia.Malia estas tendencias, un 70 % dos entrevistados di que é doado reciclar no verán e un 82 % indica que está o suficientemente informado sobre a necesidade de facelo tamén durante o período das vacacións.

Segundo o tipo de aloxamentoO tipo de aloxamento elixido para pa-sar as vacacións do verán tamén inflúe á hora de comprar, utilizar e reciclar envases. Das 552 persoas consultadas que saen fóra da súa residencia habitual nas vacacións, o 34 % acode a un hotel, hostal ou establecemento similar. Un 29 % ten unha segunda residencia en propiedade e o resto opta por unha vivenda alugada (12 %), unha casa rural (6 %), un cámping (4 %) ou outro tipo de aloxamento (14 %).Segundo Ecoembes, o verán é unha época especialmente sensible na que

Reciclaxe de envases no verán

QUen non recicla?Durante o ano, só un 5 % dos enquisados por EROSKI CON-SUMER para a Plataforma pola Sustentabilidade dos Enva-ses recoñece que non adoita separar os envases no fogar e que non os leva aos colectores para a súa posterior reci-claxe. No verán, esta cifra sobe o 17 %. Na súa maioría, son homes novos de entre 18 e 39 anos e residentes na zona centro do país.Sosteñen como principal motivo para non o facer que ou ben non teñen cubos domésticos de separación no seu lugar de veraneo (o 41 %) ou que non hai colectores (30 %). Só un 24 % dos que non reciclan confesan que o esquecen pola falta de costume ou por preguiza, xa que os colectores están lonxe.

Máis lecer no verán, menos hábitos sustentablesSegundo o estudo “Envase e Sociedade”, realizado pola Plataforma pola Sustentabilidade dos Envases, en colaboración con EROSKI CONSUMER e Hispacoop, recíclanse menos residuos deste tipo durante as vacacións estivais

a calor se presta a un maior consumo de produtos envasados, sobre todo bebidas e alimentos precociñados. Os que acoden a un cámping durante esas vacacións recoñecen en maior medida que utilizan máis este tipo de produto envasado na época estival (un 47 % fronte ao 20 % da media).En liñas xerais, á hora de adquirir produ-tos durante o verán, hai dous aspectos do envase que se valoran moito: o tamaño e a fraxilidade. En concreto, a aqueles que elixen un cuarto de hotel ou un hostal para as vacacións estivais tamén lles inflúe a comodidade de uso e a lixeireza do envase. Pola súa banda, para os que quedan nunha vivenda propia de segunda residencia ten máis peso a facilidade do transporte.E a posibilidade de que o envase sexa reciclado? A importancia deste aspecto do envase na decisión de compra ta-mén se reduce, en concreto un 7 %. Esta diminución é intensa entre as persoas

que van a apartamentos de alugamento (23 puntos menos), hoteis (outros 10) e casas rurais (12 puntos menos).Os hábitos de reciclar e de separar en-vases tamén son diferentes segundo o tipo de aloxamento que se escolla nas vacacións do verán, tal e como se comproba no informe “Envase e Socie-dade”. Paradoxalmente, aqueles que se decantan por establecementos rurais ou agroturismos e que teñen un maior contacto coa natureza confesan que se preocupan menos por separar e reciclar os envases que compran nese período do ano. Aínda así, os que menos reci-clan son aqueles enquisados que van de alugueiro ou a hoteis (baixa un 28 % e un 19 %, respectivamente).Segundo os consumidores consulta-dos, case un 30 % opina que no verán é máis difícil reciclar. Así o pensan os que van de cámping (63 %), a casas rurais (48 %) ou a vivendas e apartamentos de alugueiro (41 %). //

4746

Page 25: Medicamentos: facemos un uso racional?revista.consumer.es/web/ga/20140901/pdf/revista-entera.pdf · FORMACIÓN PARA PERSOAS DE ETNIA XITANA ... e outras existentes é que a súa ...

“Rompemos o estereotipo que estas

persoas levan consigo”

Unha oportunidadeEROSKI E a FundacIón SEcREtaRIadO XItanO únEnSE paRa ImpulSaR a FORmacIón tEóRIcO-pRáctIca dE 280 pERSOaS dE EtnIa XItana

adquirir as actitudes, hábitos e habilidades necesarias para o exercicio dunha profesión, ademais dunha práctica real nun posto de traballo.

Teoría e prácticaO primeiro dos convenios de colaboración desenvólvese dentro do programa acceder de FSG e conta coa partici-pación de Grupo EulEn. nas mesmas instalacións da Fun-dación, técnicos de EulEn impartiranlles a 240 persoas a formación teórico-práctica do perfil de actividades au-xiliares no punto de venda. EROSKI, pola súa banda, aco-llerá en tendas de toda Espa-ña as prácticas non laborais deste programa.O outro proxecto de forma-ción e emprego con persoas

nos tempos que corren, en-trar no mercado laboral é complicado. máis se cabe se se pertence a certos grupos sociais que dificultan un ac-ceso en condicións de igual-dade: mulleres, maiores de 30 anos, estranxeiros, persoas con algún tipo de discapaci-dade ou aqueles pertencen-tes a unha raza concreta, co-mo a xitana.

de etnia xitana no que está inmerso EROSKI chámase aprender traballando. É un-ha iniciativa que ten como fin a inclusión no mercado laboral de mozos e mozas de entre 18 e 30 anos en risco de exclusión social. Este ano está previsto que 40 persoas reciban durante seis meses formación teóri-ca e práctica en centros da coruña, málaga, Barcelona e cidade Real.Esta non é a primeira vez que EROSKI e FSG colabo-ran. dende 2009, levaron a cabo de forma moi positiva programas similares de for-mación e prácticas en má-laga, cádiz e Estremadura, nos que participaron outras 56 persoas de etnia xitana en risco de exclusión social. //

E é que esta comunidade ve-se afectada pola crise, pero tamén por unha serie de es-tereotipos falsos. Segundo a Fundación Secretariado Xitano (FSG), a taxa actual de desem-prego nesta poboación rolda o 40 %, cando a súa incorpora-ción ao emprego resulta clave na loita contra a súa exclusión social e discriminación.para mellorar as condicións de vida e a plena participa-ción social das persoas xita-nas, EROSKI e FSG xuntaron esforzos a través de dous con-venios de colaboración para favorecer a súa formación e inserción laboral. En total, 280 mozos de etnia xitana terán a posibilidade de aprender e formarse en diversos centros de traballo de EROSKI. Esta oportunidade permitiralles

Guillermo J. Latorre

Xefe de Área Persoas no Hipermercado EROSKI Alxeciras

Non é a primeira vez que EROSKI de Málaga e Alxeciras traballa en colabo-ración co Secretariado Xitano (FSG). “Con anterioridade, realizaramos accións formativas conxuntas con moi bos resultados”. Guillermo J. Latorre, xefe de Área Persoas no Hipermer-cado EROSKI Alxeciras, conta como funcionou Aprender traballando, unha iniciativa de formación e emprego con persoas de etnia xitana.En que consistiu esta nova expe-riencia? Por un lado, FSG dálles unha formación básica de 8 horas sema-nais aos alumnos, co fin de reforzar os seus coñecementos ou de poder obter o graduado escolar. Ademais, hai outra formación mixta da que se encarga EROSKI. De xaneiro a xuño, impartímoslles a máis de 30 persoas 8 horas de teoría e 24 horas prácti-cas semanais.Que formación concreta recibiron? Tratamos temas que van dende riscos laborais ou manipuladores de alimen-tos, ata idiomas orientados ao comer-cio, pasando por contabilidade, infor-mática ou mercadotecnia. Ademais, durante estes seis meses, estiveron en todas as seccións do hipermerca-do, incluída a caixa gasolineira.Cales eran os perfís dos partici-pantes? Todos eran menores de 28 anos en paro, sen experiencia laboral e cunha formación académica básica. Entre eles, tivemos unha nai de cinco fillos con 26 anos e cantantes de rap,

hip-hop e flamenco. Ademais, dentro das actividades de FSG hase de contar obrigatoriamente con alumnado non-xitano e, nesta ocasión, houbo dous alumnos en cada centro.

Que balance fan desta iniciativa de inserción laboral? Non pode ser máis positivo, polo que non nos importaría repetir a experiencia. Sen os socios e non socios dos centros isto non sería posible. Todos eles colaboraron dende o primeiro momento nos procesos formativos de tenda. Dalgún modo, coñeceron unha realidade próxima non só no relativo a persoas doutra etnia, senón tamén a outros costu-mes. Pola súa banda, ao pouco tempo de recibiren formación, os alumnos eran de grande axuda nos nosos labores diarios. Son bos traballadores, responsables, con moita motivación e con ganas de agradar. Rompemos o estereotipo que porta este grupo de persoas. Profesionalmente, non lle teñen nada que envexar a ninguén.

Algún quedará en EROSKI? Falar de permanencia é difícil, pero para cubrir enfermidades e apoios de vacacións xa contamos con eles. En concreto, temos nestes centros seis persoas cubrindo interinidades e reforzos de verán. A hipermercados próximos, como o de Fuengirola, derivamos cu-rrículos de alumnos desta acción para que saiban que temos persoal forma-do e disposto por se lles fixese falta. //

entrevista de apoio

Guillermo J. Latorre no centro da imane.

4948

Page 26: Medicamentos: facemos un uso racional?revista.consumer.es/web/ga/20140901/pdf/revista-entera.pdf · FORMACIÓN PARA PERSOAS DE ETNIA XITANA ... e outras existentes é que a súa ...

como o correspondente formulario de autorización. Nese mesmo sitio, mos-traranse todos os traballos presentados no concurso, co seu título, o nome do autor e o do centro escolar.Unha vez finalizada a fase de envío de debuxos, un xurado experto seleccio-nará os 30 finalistas (dez por cada un dos tres ciclos de primaria). Todos os participantes poderán votar o seu pre-ferido entre o 10 e o 21 de novembro, para o que han de utilizar unha soa vez o seu nome de usuario e contrasinal.Só 3 días despois faranse públicos os nomes dos tres gañadores, aos que lles esperan como premios unha bicicleta e 2000 euros para que o seu centro educativo o invista en mellorar as súas instalacións e servizos. //

A solidariedade non pecha por vacacións. Na última Operación Quilo de recollida de alimentos levada a cabo por EROSKI en xuño en todo o país en favor da Fede-ración Española de Bancos de Alimentos (Fesbal) recolléronse máis de 210 tonela-das de produtos non perecedoiros. Unha xenerosidade que aumentou un 15 % con respecto á campaña realizada o ano pasado, cando se reuniron algo máis de 183.500 quilos.Unha vez máis, EROSKI e os seus clien-tes demostraron o seu compromiso coas persoas máis necesitadas e sen recursos. Baixo o lema “Un pouco da túa compra é moito”, participaron nesta convocatoria 75 hipermercados de EROSKI (15 máis ca en 2013).

Tan só cun papel en branco e pintu-ras de cores, os nenos pódenlle dar renda solta á súa imaxinación, mesmo concibir unha verdadeira obra de arte gastronómica. Para incentivalos e con-cienciar os alumnos e os profesores da importancia de levar unha dieta equi-librada, a Fundación EROSKI convocou o primeiro concurso interescolar Ima-gine Food, dentro do Programa Edu-cativo sobre Alimentación e Hábitos Saudables (PEAHS).Con esta iniciativa, os menores partici-pantes poderán imaxinar deliciosos e imaxinativos pratos. Cada un deles repre-sentará o seu colexio. Os seus deseños deberán ser orixinais e inéditos e, ade-mais, han de cumprir un dos requisitos principais: conter alimentos sans, aqueles que os pequenos da casa crean que lles permite crecer dun xeito saudable.

Os clientes doaron un total de 197.461 quilos de produtos non perecedoiros, principalmente conservas, leite, legumes, pasta e aceite (concretamente, no País Vasco entregáronse 85.519 quilos). EROS-KI tamén o seu gran de area e incremen-tou o peso destas doazóns ata chegar aos 211.283 quilos. A estas cantidades hai que lles sumar a solidariedade demostrada polos na-varros durante unha campaña especial organizada polo Banco de Alimentos da rexión o pasado mes de maio. As tendas de EROSKI e Caprabo recompilaron un total de 131.735 quilos de produtos ali-menticios. Todo isto converte a EROSKI nun dos colaboradores máis importantes neste tipo de iniciativas solidarias. //

Ao final, seleccionaranse os 30 mellores pratos que se converterán en auténticas receitas. O cociñeiro colaborador de EROSKI CONSUMER Peio Gartzia daralles forma e recompilaraos nun libro que, despois, se lles entregará aos seus res-pectivos centros educativos.

Como participarO certame está aberto a estudantes de primaria (6-12 anos) de todo o país que queiran participar cos seus creativos debuxos. Poderán presentarse todos os que o desexen, sempre e cando non fosen presentados noutros concursos.Poderán rexistrarse e mandar as súas obras do 1 de outubro ata o 5 de novembro na páxina web www.escueladealimentacion.es/imaginefood. Para iso, deberán ache-gar datos de contacto dos seus titores e do colexio ao que representan, así

Máis solidarios en cada recollidaEROSKI E OS SEUS ClIENTES dóANllE AO BANCO dE AlIMENTOS MáIS dE 210 TONElAdAS dE PROdUTOS, UN 15% MáIS CA NA OPERACIóN QUIlO dE 2013

Debuxar saúdeA FUNdACIóN EROSKI CONVOCA IMAGINE FOOd, UN CONCURSO INTERESCOlAR dE COCIñA CREATIVA PARA OS MáIS PEQUENOS

Unha estreita colaboraciónerosKi leva colaborando coa Federación española de bancos de alimentos (Fes-bal) case 20 anos. e non só con campañas da operación Quilo, senón a través doutro tipo de iniciativas.

Un exemplo son os plans de doazón de alimentos enva-sados e frescos próximos á súa data de consumo prefe-rente, pero aínda aptos para o seu consumo. son axudas continuas enmarcadas den-tro do programa Desperdicio cero, coas que erosKi axu-da a outras 40 organizacións locais (ademais da Fesbal) cos seus produtos a piques de caducar.

tamén se realizan outras re-cadacións puntuais. a finais de 2012, grazas á iniciativa da bolsa solidaria reutilizable, colaborouse economica-mente con tres proxectos solidarios liderados polo banco de alimentos, oxfam intermon e Unicef. e o ano pasado erosKi patrocinou dous concertos benéficos do grupo Fito y los Fitipaldis e lograron reunir máis de 100.000 euros para o banco de alimentos de biscaia. //

5150

Page 27: Medicamentos: facemos un uso racional?revista.consumer.es/web/ga/20140901/pdf/revista-entera.pdf · FORMACIÓN PARA PERSOAS DE ETNIA XITANA ... e outras existentes é que a súa ...

Accede á nosa web con este códigowww.escueladealimentacion.es/gl

Enerxía para crecer