Pouca protección, demasiada confianza -...

27
alimentación informes Enerxia para medrar Novo concurso de BCC Erros de lectura do contador Dereitos do viaxeiro Dieta e sol Alimentos: parecidos pero non iguais a revista do socio consumidor Ano XXXVIII - Época IV - N.º 176 XUÑO 2013 www.consumer.es Pouca protección, demasiada confianza

Transcript of Pouca protección, demasiada confianza -...

Page 1: Pouca protección, demasiada confianza - …revista.consumer.es/web/ga/20130601/pdf/revista_entera.pdf · de BCC Erros de lectura do contador Dereitos do viaxeiro Dieta e sol Alimentos:

alimentación informes

Enerxia para medrarNovo concurso de BCC

Erros de lectura do contadorDereitos do viaxeiro

Dieta e solAlimentos: parecidos pero non iguais

a revista do socio consumidor

Ano XXXVIII - Época IV - N.º 176 XUÑO 2013 • www.consumer.es

Pouca protección, demasiada confianza

Page 2: Pouca protección, demasiada confianza - …revista.consumer.es/web/ga/20130601/pdf/revista_entera.pdf · de BCC Erros de lectura do contador Dereitos do viaxeiro Dieta e sol Alimentos:

sumario

www.consumer.esEROSKI CONSUMER é a revista do socio consumidor de EROSKI. A cooperativa EROSKI é unha asociación de consumidores que, dende hai máis de vinte e cinco anos, dedica os seus esforzos á formación e á infor-mación dos consumidores. EROSKI CONSUMER defende os dereitos recoñecidos aos consumidores de bens e servizos, co fin de que os poidan exercer de xeito responsable e esixir o seu cumprimento. EROSKI CONSUMER é un medio de comunicación comprometido coa promoción de hábitos de vida saudables, co consumo sustentable e coa conservación do medio. EROSKI CONSUMER publica informacións sobre inicia-tivas de responsabilidade social de EROSKI e sobre os produtos das marcas de EROSKI e, excepcionalmente, transmitirá informacións que EROSKI considere de grande interese para os seus socios e clientes.

Difusión controlada por:

a revista do socio consumidor

EDita: EROSKI S. Coop., co patrocinio da FUNDACIÓN EROSKI • XUÑO 2013 - N.º 176 • Tiraxe: 12.000 exemplares

director: Alejandro Martínez BerriochoaSUBdirectorA: María HoyosredActorA XefA: Rosa CuevascoordinAción de redAcción e edición en internet: Miren Rodríguez edición en gAlego: Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xunta de Galicia

diStriBUción: Rosa Cuevas

inVeStigAción “A fondo”: Equipo de EROSKI CONSUMER Responsable: Rosa Cuevas Deseño e elaboración: Jaime Parra e Cristina Leciñana

informAción de eroSki: Redacción: Rosa Cuevas e María Huidobro

oUtroS contidoS: Novas tecnoloxías: Jordi Sabaté Entrevista: Clara Bassi e Montse Arboix Alimentación: Maite Zudaire e Laura CaorsiSaúde: Montse Arboix e Marta ChavarríasEconomía doméstica: Blanca ÁlvarezBebé e mascotas: Eva San MartínMedio natural: Álex Fernández Muerza

deSeño, mAqUetAción e PreimPreSión: DUPLO Comunicación Gráfica (www.duplo.com.es) Fotografía: Rubén García e Becky Lawton Ilustración: Luis Demano Impresión: MCC Graphics

redAcción e AdminiStrAción de eroSki conSUmer: Eroski Publicaciones. B. San Agustín, s/n 48230 Elorrio (Biscaia)

Telf.: 946 211 627_Fax: 946 211 614

Depósito legal: SS-907-2012 • ISSN: 2254-6480

17612 GUÍA DE COMPRA:

ZUMESAchegan vitaminas e minerais, pero non convén usalos como substitutos sistemáticos da froita

34 PROBLEMAS DE OLFATOA perda deste sentido, determinante para levar unha vida normal, é un síntoma guía de diversas enfermidades

42 RECEITAS. Menú especial para a saúde do corazón

48 EROSKI. Aberto o prazo para participar no segundo concurso Cociñando os Nosos Sabores

34

12

22

BIENESTAR E VIDA COTIÁ 4 novastecnoloxías

COMO UTILIZAR UN WIKI 6 dereitos 8 quenosinteresou 10 expertosnutricionistas 22 afondo

PROTECCIÓN SOLAR 28 entrevista dobre

MAMOgRAfIAS, LUCES E SOMbRAS

INFORMES: 20 alimentación / dIETA PARA PROTEXER A PEL 32 alimentación / dIfERENZAS ENTRE ALIMENTOS SEMELLANTES 34 saúde / PRObLEMAS dE OLfACTO 36 economía / ERROS dE LECTURA dO CONTAdOR 38 bebé / vACINAS INfANTíS 40 dereitos / dEREITOS dO vIAXEIRO

EROSKI46 eroSki

ENERXíA PARA MEdRAR

48 EROSKI NOvA EdICIÓN dO CONCURSO bCC

50 EROSKI CAMPAÑA “hAI SAídA”

Un de cada cinco non se protexe do sol

enqUiSA SoBre oS háBitoS de eXPoSición Ao Sol,

A PercePción de riSco e A etiqUetAXe dAS cremAS SolAreS

Page 3: Pouca protección, demasiada confianza - …revista.consumer.es/web/ga/20130601/pdf/revista_entera.pdf · de BCC Erros de lectura do contador Dereitos do viaxeiro Dieta e sol Alimentos:

novastecnoloxíasComo utilizar un wiki

Como utilizar un wikiEste formato de publicación de contidos, popular pola Wikipedia, facilita o traballo en equipo

momento determinado. ademais, exis-te unha páxina de discusión en cada contido para cando xurdan discrepan-cias sobre algún tema. así, os usuarios poden argumentar os seus puntos de vista e manifestar a súa opinión.

Cando se modifica o contido, os usua-rios poden sinalar que se trata dun cam-bio menor para avisar os demais de que non paga a pena a revisión. Esta posi-bilidade resulta útil para corrixir erratas e erros ortográficos ou de puntuación. Por outro lado, cada usuario dispón da súa propia páxina persoal, á que se po-de chegar se se fai clic no seu nome.

A sintaxe do wiki

Cando se escribe nun wiki, débense considerar varias cuestións. Primei-ro, que utiliza un sistema sintáctico non estandarizado, denominado wikitext, que difire nalgúns as-pectos do Html. a continuación, móstranse algunhas das pautas que se deben seguir nos wikis que se basean na mediawiki, un dos programas máis coñecidos, xa que sustenta a wikipedia:

Pódese indicar a intención de crear unha páxina web sobre un determinado tema. Para iso, débe-se enlazar como se xa houbese unha, con “[nome do tema que se quere tratar]”. Despois, na vista normal, verase o enlace nunha cor diferente á convencional, e poderase escribir cando se considere oportuno.

Os corpos de letra de encabe-zados e titulares, que dan lugar ás xerarquías organizativas no texto, créanse co signo “=”. así, cantos máis “=” se poñan antes e despois do titular, máis pequeno será o encabezado. Se só se pon un signo “=” antes e outro despois, o encabezado será do maior tamaño posible. a ausencia do signo “=” xunto a unha palabra presupón un corpo de letra de texto.

Enlazar con outra páxina que estea dentro do wiki resulta sinxelo. Só debe poñer o seu título entre dous corchetes deste tipo “[[“ “]]”. En caso de que se queira crear un enlace cunha palabra distinta ao título, débese escribir “[[título da páxina|nome do enlace]]”.

Se se quere enlazar unha sec-ción en concreto dentro dunha páxina, hai que engadir o sím-bolo da almofada seguido do nome da devandita sección. Por exemplo: “[[internet#Historia]]”.

Para enlazar cun sitio web externo ao propio wiki débese poñer o enderezo entre un só corchete e seguido do nome que se lle quere dar ao enlace. Por exemplo: “[http://www.consumer.es Eroski Consumer]”. Se só se teclea a url, créanse notas a pé de páxina enlazadas e autonume-radas dende [1].

Outra diferenza está na faci-lidade para asinar e datar os comentarios que se fagan nas páxinas de discusión, grazas ao uso do símbolo “~”. así, se se te-clea catro veces seguidas (~~~~), o wiki incorpora automaticamente o nome do autor e a data e a hora de escritura. Se se escribe tres veces (~~~), só se verá o nome, mentres que se se fai cinco veces (~~~~~ ) mostrarase só a data e a hora.

Como crear un wiki

ao igual que sucedeu cos blogs, para crear un wiki o máis sinxelo é recorrer a sistemas automáticos que guían o usuario, o que simplifi-ca o proceso. Este é o camiño máis indicado para usuarios sen moita experiencia co formato.

Exemplos destes servizos atópanse en wikia, un completo directorio que se estrutura para non duplicar información sobre un mesmo tema; webpaint, que conta cun sistema de permisos polos que o creador decide quen e como pode modifi-car o seu contido; PBwiki, que resul-ta gratuíto se o usan tres ou menos usuarios; wikidot, con interesantes opcións de como crear o wiki nun dominio propio e que lles dá liber-dade aos usuarios para incorporar a súa propia publicidade; ou wikispa-ces, gratuíto na súa versión básica, que a cambio inclúe publicidade. a configuración destes sitios resulta tan sinxela coma Blogger ou word-Press, no campo das bitácoras.

Por outra banda, moitos wikis, como sucede con webpaint ou wikispaces, incorporaron un editor wYSwYG (“o que ves é o que ob-tés”, polas súas siglas en inglés) que substitúe en aparencia a sintaxe propia dos wikis e que se manexa coma se fose un procesador de textos. Este feito facilita aínda máis o manexo deste formato.

o outro camiño resulta máis arduo porque se debe alugar un espazo nun servidor; nun hosting com-partido, por exemplo. Despois hai que instalar un programa, e a súa correspondente base de datos, e configuralo. //

a wikipedia, que o pasado 15 de xa-neiro cumpriu oito anos de vida, sor-prende aínda hoxe porque calquera lector pode cambiar a información dos artigos se descobre un dato erróneo. Esta gran virtude da famosa enciclo-pedia aberta e gratuíta é inherente a todos os wikis, un formato de publica-ción que facilita o traballo en equipo e que pode ser moi útil tanto en ámbitos académicos coma no terreo laboral.

un wiki diferénciase das páxinas web convencionais en que todos os visi-tantes poden modificar o contido se o consideran oportuno. na estrutu-ra tradicional da web, unha ou varias persoas crean un artigo e os lectores fan comentarios nun módulo separa-do. o wiki móstrase máis interactivo e as achegas da audiencia plásmanse no texto principal. Este formato com-ponse dunha ou de varias páxinas que se enlazan co estilo dos sitios conven-cionais, aínda que cun aspecto gráfico moi sobrio que recorda o dos primei-ros anos de expansión de internet.

Para unha mellor organización, os wikis presentan un rexistro con todos os cam-bios efectuados polos usuarios, ade-mais de información útil, como a hora e o día en que se elaboraron, a súa auto-ría e ata ofrecen un espazo onde se po-de contar o porqué das modificacións. Deste xeito, outros poden comparar as diferenzas entre as versións e afinar o texto ou, mesmo, volver ao estado en que quedou a devandita páxina nun

54

Page 4: Pouca protección, demasiada confianza - …revista.consumer.es/web/ga/20130601/pdf/revista_entera.pdf · de BCC Erros de lectura do contador Dereitos do viaxeiro Dieta e sol Alimentos:

Sent

enza

s

Der

eito

sConsultorio

Un caso similar pode merecer Unha sentenza distinta

Esta sección recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan os consumidores e os usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non hai que esquecer que, ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstancias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar sentenzas distintas.

DÚBIDAS LEGAIS [email protected]

Se tes dúbidas legais, mándanos un correo electrónico. Tras estudar as posibilidades de cada caso, os servizos xurídicos de EROSKI CONSUMER suxiren as actuacións máis adecuadas para cada situación. Trátase só dunha orientación, posto que as cuestións xudiciais son complexas e están cheas de circunstancias que condicionan os casos e inflúen nas sentenzas.Recorda que a única contestación ás consultas que se reciban será a publicada nestas páxinas.

Entregueille 600 euros a unha inmobiliaria como reserva para un pi-so de alugueiro. Asinamos un papel no que se acordaba a sinatu-ra do contrato a seguinte semana. Traballo coidando unha persoa maior e, ao día seguinte, o seu fillo comentoume que con toda pro-babilidade o ancián ingresaría nunha residencia e que, polo tanto, prescindirían de min. Despois disto, fun decontado á inmobiliaria e solicitei que me devolvesen o diñeiro da reserva, pero negáronse en redondo. Teñen que devolverme o diñeiro ou non?

Hai tres meses merquei nun concesionario un coche de segunda man. No contrato dise que os elementos do vehículo se atopan en bo estado. Ao outro día, romperon as correas de distribución do co-che e a reparación da avaría custa case 2000 euros. O vendedor né-gase a pagalo e ofréceme 500 euros. O coche está no taller e eu necesítoo con urxencia. Que podo facer?

Da súa consulta deducimos que o documento que asinou sinala exclusivamente o prazo para a sinatura dun contrato de arrendamento, pero sen que chegue a ser tal contrato, xa que faltan elementos esenciais como a duración e o prezo e non inclúe cláusulas de penalización. Trataría-se dun precontrato, un documento que é con-siderado válido polos tribunais e que ten por obxecto celebrar un contrato no futuro, xa sexa de arrendamento ou de compra. Convén indi-car que, aínda que con este tipo de documentos as partes non quedan vinculadas de xeito defi-nitivo, si se recoñece a facultade de esixir no fu-turo que se cumpran os compromisos recollidos no dito documento. E se acontece que unha das

partes desiste unilateralmente de continuar, e isto é aceptado pola outra parte, o precontrato queda resolto, coa conseguinte devolución das cantidades entregadas a conta. A este respecto, o artigo 1.124 do Código civil di que, en caso de resolución dun contrato, o prexudicado –o futu-ro arrendador– poderá escoller entre esixir que se cumpra a obriga ou que se resolva co resar-cimento de danos. Nas súas circunstancias, es-te podería esixirlle unha indemnización polos prexuízos sufridos e acreditados, pero non ne-cesariamente o total do prezo da reserva; algo que, por outro lado, non parece moi equitativo se comunicou a súa renuncia ao día seguinte de asinar o documento.

A lei imponlle ao vendedor a obriga de lle entregar ao consumidor os produtos de xei-to que se axusten á descrición do contrato e que sexan aptos para o seu uso. En canto ao réxime xurídico da reparación en garantía, esta será gratuíta e comprenderá os gastos necesarios para emendar a falta de conformi-dade, como os gastos de envío e os custos de man de obra e os materiais. Entendemos que, como o coche está nos primeiros seis meses da garantía anual de produtos de segunda man, a avaría é un defecto de conformida-de garantido; é dicir, o vendedor está obri-

gado á reparación gratuíta. Ante a falta de acordo e pola necesidade de retirar o vehí-culo do taller, suxerímoslle que solicite a me-diación dunha OMIC e que lle pida ao taller un diagnóstico escrito do estado do vehícu-lo e dos motivos da necesidade de repara-ción. Pode enviarlle un burofax ao vendedor, cunha copia do informe do taller, e solicitar o aboamento completo da reparación. De-be manifestar que, en caso contrario, se pro-cederá, por necesidade, a lle pagar ao taller e que se reserva o dereito de emprender as ac-cións legais que considere convenientes.

lei de consUmidores: indemnización por Unha peza danada nUnha tintUrería

Estráganlle a gabardina nunha tinturería, pero esta non o recoñeceUnha muller levou á tinturería unha gabardina cun colo de visón da mesma cor que resultou danado. Como a clienta entendeu que a repa-ración era imposible, reclamoulle á tinturería un novo valorado en 250 euros. E así llo fixo saber á empresa de xeito verbal e a través de diversos correos certificados, ata que finalmente chegou aos tribunais. Para a Au-diencia Provincial de Asturias, e tal e como recolle nunha sentenza do 4 de febreiro de 2013, a conduta firme da consumidora, que reitera a súa reclamación sen contradicións, fai presumir que o dano se produciu po-lo proceso de limpeza. De acordo coa Lei de consumidores, a responsa-bilidade da tinturería debe comprender unha indemnización non polo importe total da compra dun novo, xa que se trata dunha peza depre-ciada polo uso, pero si por 150 euros. E, polo tanto, condena a tinturería a aboar 150 euros, ademais dos 10 euros que aboou a consumidora po-lo proceso de limpeza.

resolUción dUn contrato de compravenda

Compra un vehículo de segundo man sen coñecer que sufrira un sinistro previo

Un home aboou 9000 euros por un vehículo de segunda man, pero de-tectou algúns defectos, polo que se viu obrigado a solicitar e a pagar un diagnóstico do vehículo. Deste resultou que o vehículo sufrira un sinis-tro importante que non fora reparado totalmente de acordo coas es-pecificacións do fabricante e que, ademais, tiña defectos na instalación eléctrica. Por todo iso, acudiu a xuízo e solicitou a resolución do con-trato de compravenda. Gañou o preito. A Audiencia Provincial de Za-ragoza, nunha sentenza do 15 de febreiro de 2013, estableceu que o consumidor descoñecía no momento da compra o sinistro e, o que era aínda peor, que o vehículo fora sometido a unha reparación deficiente, tal e como o acreditaba a proba pericial. Polo tanto, condenou o conce-sionario vendedor a devolver o prezo pagado e tamén o importe que gastase o consumidor para realizar o diagnóstico do vehículo.

indemnización polo incUmprimento parcial dUnhas obrigas

Compran vivendas baixo plano nunha urbanización con instalacións deportivas da comunidade que resultan ser de titularidade municipal

Un conxunto de propietarios de varias comunidades asinaron contra-tos de compravenda de vivendas baixo plano nunha urbanización. No folleto publicitario aparecía unha fotografía da urbanización e constaba de xeito expreso que os compradores recibirían elementos comúns, co-mo piscina, pista de pádel-tenis e club social. Pero estes elementos non se entregaron en propiedade, polo que as comunidades de propieta-rios formularon unha demanda fronte ao promotor na que esixían unha indemnización de 785.190 euros. E é que resultou que o plan urbanís-tico da zona impedía que o lugar onde o folleto publicitario describía e colocaba as instalacións fosen de titularidade privada, así que resulta-ron de utilización pública. É por iso que o Tribunal Supremo, nunha sen-tenza do 28 de febreiro de 2013, confirma a indemnización a favor dos compradores por 300.000 euros.

76

Page 5: Pouca protección, demasiada confianza - …revista.consumer.es/web/ga/20130601/pdf/revista_entera.pdf · de BCC Erros de lectura do contador Dereitos do viaxeiro Dieta e sol Alimentos:

Reca

nto

do le

ctor

quenosinteresou

o máis comentado

Faite o noso amigo e síguenos nas redes

Os responsables da revista EROSKI CONSUMER atendemos directamente as inquietu-des en EROSKI CONSUMER, RESPONDE.Os responsables da revista EROSKI CONSUMER atendemos as inquietudes, suxestións e impresións dos lectores sobre os contidos da publicación. A súa opinión é moi valiosa para nós e queremos contar coa súa colaboración para mellorar.

Pode contactar connosco:Por teléfono: de luns a venres, de 10:00 a 12:00 horas, en 946 211 627 e 946 211 487. Por correo electrónico: [email protected] redes sociais: a través do noso perfil en facebook e en twitter (ler as normas de uso).

o noso Top

A caixa de primeiros auxilios que non debe faltar na casa

Estrelas verdes para as casas rurais

Consellos para facer unha entrevista de traballo por Skype

O que nunca debes cear

A caixa de primeiros auxilios doméstica debe incluír tanto material coma medi-camentos para tratar os problemas de saúde puntuais. Como normas xerais, hanse de conservar sempre os envases e mais os prospectos, estes non se po-den mesturar nun mesmo envase e dé-bese revisar a súa data de caducidade. Ademais, téñense que gardar nun lugar seco, fresco, con pouca luz e fóra do al-cance dos nenos e ha de ser adecuado para as enfermidades das persoas que viven no domicilio.En síntese, este paquete doméstico de-bería incluír:- Material para feridas simples que se poden limpar sen recorrer a un pro-fesional sanitario: unha solución an-tiséptica, gasas estériles, esparadrapo adhesivo, apósitos, luvas, pinzas (para extraer un corpo estraño) e tesoiras.- Para tratar a dor leve e a febre: analxésicos como ibuprofeno e pa-racetamol (tamén antitérmico) e un ter-mómetro.- Para as picaduras e reaccións alérxi-cas ante plantas ou insectos: crema de hidrocortisona e dexclorfenidramina.- Para as queimaduras leves, de pri-meiro grao: unha crema de cortisona e unha crema hidratante, salvo que a fe-rida sexa grande; neste caso, convén consultar co médico.

Máis información en www.consumer.es/saude

O turismo verde é cada vez máis im-portante para a economía de Espa-ña e, en especial, para atraer os turistas de fóra das nosas fronteiras. O Institu-to Nacional de Estatística (INE) contabi-liza 14.200 aloxamentos rurais, que lles dan traballo a máis de 19.000 persoas. Co obxectivo de mellorar aínda máis estas cifras, a Conferencia Sectorial de Turismo aprobou a clasificación de es-trelas verdes para todos os aloxamen-tos rurais de España. Esta institución está presidida polo ministro de Indus-tria, Enerxía e Turismo (Minetur), e con-ta coa participación dos conselleiros de Turismo das comunidades. Estas estre-las verdes terán as seguintes vantaxes para os cidadáns:- Para os consumidores: poderán co-ñecer de antemán, sen distorsións por razón do territorio, as características dos establecementos.- Para os propietarios: contarán cun marco normativo común, transparente e seguro para os seus establecementos.- Para as institucións: incrementarán a eficacia das actividades de promoción e a formación de paquetes turísticos cos servizos de aloxamentos rurais.

Máis información en www.consumer.es/medio_natural

A actual crise económica provoca que moitas empresas realicen os seus procesos de selección a través de vi-deoconferencia. Aínda que, a priori, o contacto é menos personalizado, as en-trevistas de traballo en liña permiten unha maior flexibilidade de horarios e a posibilidade de gravar as probas de se-lección. A seguir, enuméranse uns con-sellos que axudan a que a entrevista se desenvolva con éxito.- Facer un ensaio da conexión. Hai que asegurarse de que se ten descargada a última versión de Skype para que o ren-demento sexa óptimo. Tamén convén facer unha videochamada de proba a algunha persoa de confianza para prac-ticar e comprobar a calidade e o ren-demento da cámara. O aspirante debe conectarse a Skype polo menos 15 mi-nutos antes da hora fixada para a entre-vista para que estea tranquilo.- Reparar no perfil que se ten en Skype. O perfil dun candidato en Skype pode revelar aspectos da súa vida que, talvez, non lle agraden ao entrevistador. O no-me da conta debe ser aséptico e sensa-to, sen connotacións humorísticas. Se se inclúe unha fotografía, o máis apro-piado é que sexa a mesma que se insira no currículo.- Preparar a escenografía. O escenario debe aparecer agradable e coidado. Se o entrevistado se sitúa na súa mesa de traballo, hai que procurar que estea o máis ordenada posible.

Máis información en www.consumer.es/economia

Os alimentos e a forma de cociñado que se escolle para cear é determinante porque diso dependerá en boa medi-da o descanso ou, pola contra, as mo-lestias dixestivas. Malia que non existen alimentos “malos” ou “prohibidos” no contexto dunha dieta saudable, hai pra-tos que convén evitar. Son os seguintes:- Cear bocadillo sempre. Hai indivi-duos cunhas condicións metabólicas li-mitadas para asimilar de forma óptima os hidratos de carbono. Nestes casos, se se come o bocadillo para cear, ou ou-tros alimentos equivalentes en achega de hidrocarbonados (pasta, arroz, piz-za), o exceso deste nutriente acumúla-se en forma de triglicéridos no tecido adiposo. E as consecuencias son que se aumenta de peso ou, cando menos, non se baixa e aumenta a porcenta-xe de graxa corporal. Noutros casos, o problema non é tanto metabólico co-ma enerxético e escóndese no recheo dos bocadillos: salchichas ou bocadillos de salchicha, embutidos, tortillas con-tundentes como a de pataca etc. Tan só o recheo suma as calorías que debería proporcionar toda a cea, estimadas no 25 % do total das calorías do día.- Ensaladas con leituga. A leituga, polo seu alto contido en fibra insoluble (máis abundante no branco do tronco), pode ocasionar gases e inchazo abdominal tras o seu consumo. Tamén se detectan casos de histaminose alimentaria non alérxica á leituga, un tipo de intoleran-cia que pode explicar as molestias di-xestivas e de inchazo.

Máis información en www.consumer.es/alimentacion

Enquisa a alérxicos e intolerantes alimentariosPara poder levar a cabo a nosa investigación sobre os atrancos cos que se atopan no seu día a día as persoas alérxicas e intole-rantes aos alimentos emprazámolas (a través das redes sociais, entre outras canles) a que cubrisen a enquisa que habilitamos para esta investigación. E temos que dicir que a resposta foi to-do un éxito, xa que máis de 1100 persoas concedéronnos o seu tempo e é por iso polo que, dende estas páxinas, queremos agradecerlles a súa colaboración.María Francisca García: “Feita a enquisa! O que é alérxico é o meu fillo, e o peor da súa alerxia é o que reflectides na enquisa, que moi-tas empresas alimentarias non especifican correctamente as trazas de cacahuete. Non hai a suficiente variedade para os alérxicos ou intolerantes. De feito, hai pouco tempo, nun restaurante, tocaron un boliño de pan despois de manipular cacahuetes e o meu fillo sufriu as consecuencias. Teño moitas malas experiencias”.Julieta Robles: “Son intolerante á lactosa, ás espinacas, aos cham-piñóns e á avea. Hai 2 semanas, realizáronme o Veritest e estou a agardar polos resultados”.

MalgastarEn España, hai máis de 11,5 millóns de persoas en risco de po-breza ou exclusión social. Segundo Cáritas, na actualidade, a po-breza en España é “máis extensa, máis intensa e máis crónica ca nunca”. Neste marco, os alimentos constitúen un valioso recur-so que debería xestionarse e consumirse co máximo coidado e responsabilidade, pero cada fogar tira 76 quilos de alimentos ao lixo cada ano. Que podemos facer no noso fogar para evitalo?Vanessa Zulmara Briceño Peña: “Planificar a compra é o segredo”.Marbelys Villalobos: “Eu planifico as miñas compras e, cando queda comida, gárdase e quéntase noutro momento. Así non se desperdicia nada. Na miña casa afixémonos e, se queda algo, doullo á miña cadeliña”.

Twitter é a outra rede social na que EROSKI CONSUMER (@eroskiconsumer, @ECONSUMERma –con información específica sobre o medio natural– e @caminoasantiago –o twitter da Guía do Camiño de Santiago–) ten unha presenza moi activa. Esta é a relación dos nosos tuits máis retuiteados:

1. Mensaxes confusas nos envases alimentarios

2. Como facer pan caseiro

3. Novos conservantes naturais

98

Page 6: Pouca protección, demasiada confianza - …revista.consumer.es/web/ga/20130601/pdf/revista_entera.pdf · de BCC Erros de lectura do contador Dereitos do viaxeiro Dieta e sol Alimentos:

os expertos nutricionistasDE EROSKI CONSUMER RESPONDEN

O obxecto do Consultorio Nutricional é ofrecer unha resposta ás dúbidas que lles poidan xurdir aos consumidores sobre calquera aspecto vinculado coa alimentación, coa nutrición e coa dietética. Os nosos expertos nutricionistas seleccionarán, de entre todas as cuestións que cheguen a través do consultorio en liña, dispoñible en www.consumer.es/alimentacion, dúas consultas, que se responderán nesta sección da revista.

Teño tendencia a sufrir depresión e necesitaba saber cales son os alimentos que aumentan os niveis de serotoninaConvén dirixir a dieta cara a dous aspectos im-

portantes: recoñecer e prescindir daqueles alimentos que restan vitalidade e enerxía e aumentar os alimentos que nutren as hor-monas que regulan as emocións, entre elas a serotonina. No primeiro grupo, encón-transe os alimentos ricos en azucres refina-dos e/ou en graxas; en particular, as graxas saturadas e as graxas parcialmente hidroxe-nadas (graxas trans). Convén evitar todo tipo de azucres, doces e alimentos azucra-dos (bolería, repostería, pastelería, lambeta-das, chocolates, bombóns etc.). Se apetece algo doce, aconséllase decantarse por froi-tas desecadas, marmeladas naturais ou

chocolates con alta porcentaxe de cacao (70 % ou 82 % de cacao). A serotonina é un neurotransmisor (mensaxeiro químico) re-lacionado co estado de ánimo e co bo hu-mor, e a súa concentración no cerebro é proporcional á de triptófano no plasma e no cerebro. O triptófano é un aminoácido esencial que se achega a través da alimen-tación para a súa conversión en serotoni-na, conversión na que participa tamén a vitamina B6. Alimentos ricos en triptófano: ovos, peixes, legumes (soia), froitos secos, froitas (plátano, piña, aguacate). Alimentos ricos en vitamina B6: xerme de trigo, peixe azul, froitos secos etc.

A estevia está de moda e na miña casa empezamos a utilizala no canto do azucre ou da frutosa. Pero xórdenos unha dúbida: é recomendable usala substituíndo o azucre en nenos de 6 anos?Máis que recomendable, é aceptable que os ne-

nos con esa idade coñezan que a estevia é unha planta da que se extrae o seu com-poñente doce e e tamén que se conside-ra unha alternativa saudable ao azucre. Se se cultiva estevia na casa, os nenos poden comprobar o seu potente sabor doce mas-tigando un anaco dunha folla. A partir de aí, pódenselles ofrecer produtos doces casei-ros, coma biscoitos, madalenas etc., nos que se substituíu en parte ou totalmente o azu-cre da receita orixinal.

O recomendable é, sen chegar á obsesión, que os nenos se acostumen a probar sabo-res doces naturais e que sexan estes alimen-tos os que sirvan como adozantes doutras receitas. Algúns exemplos de alimentos na-turalmente doces que poden formar parte da dieta infantil son estes: froitas frescas ben maduras, froitas desecadas (ameixas secas, uvas pasas, orellóns, dátiles, figos secos... e anacos de calquera froita que se deixou se-car), melaza de cereais (ten unha textura se-mellante ao mel) e o propio mel.

ABC DA NUTRICIÓN

PermarexiaNon é un trastorno en si mes-mo, senón máis ben unha con-duta de risco. O termo refírese ás persoas que están permanen-temente a dieta, ou que seguen dietas cada tempada. O risco engadido é que a persoa pensa que todo o que come engorda e iso lévaa a probar dietas perigo-sas, as coñecidas “dietas milagre”. Algúns expertos cren que pode ser o paso previo a un trastorno da conduta alimentaria, como a anorexia ou a bulimia.

FÁLASE DE...

O momento de comer inflúe no pesoInvestigadores do Instituto IM-DEA Alimentación, en colabora-ción coa Universidade de Murcia e as universidades americanas de Harvard e Tuffs, demostraron que o momento da inxestión de alimentos (cronobioloxía) de-termina a eficacia das dietas de perda de peso. Nun estudo reali-zado nunha mostra de 420 per-soas que seguiron durante 20 semanas unha dieta de perda de peso, os investigadores demos-traron que nas estratexias tera-péuticas debían incluírse non só o consumo de calorías e a dis-tribución de macronutrientes, senón tamén o momento da inxestión. “Os nosos resultados indican que os individuos que atrasan ata tarde a comida prin-cipal do día –despois das 15:00 horas– mostran unha perda de peso significativamente menor que os que comen máis pronto”, explica Marta Garaulet, catedrá-tica de Fisioloxía da Universida-de de Murcia e autora principal do estudo.

OS CONSELLOS DO MES

Alimentos compatibles cos legumesOs pratos de legumes pasan a un segundo plano nos menús esti-vais. O consello deste mes é atreverse a comer legumes elabora-dos e presentados dunha forma orixinal. Con cereais integrais (arroz, cuscús, sopa de pasta...): como complemento dun prato de legumes, é de obrigado cumprimento para respectar unha nor-ma de nutrición: complementariedade proteica e mellora do perfil nutricional do menú. Con verduras de todas as clases: póden-se alixeirar os pratos de legumes, ata conseguir unhas deliciosas e apetecibles cremas frías. Algunhas suxestións: crema de lentellas ao curry, crema de lentellas laranxas con cenorias e porros; crema bretoa de fabas brancas e verduras. Con peixe: o receitario tradi-cional é reflexo dunha nutrida listaxe de receitas nas que se com-binan estes dous tipos de alimentos; os legumes, como fonte de proteína vexetal e, os peixes, como fonte de proteína animal. Al-gúns exemplos: garavanzos con bacallau ou con luras; fabas bran-cas con luras e mexillóns, ou con cogomelos e cirolas.

CirolasFrescas, turxescentes, moradas, amarelas, verdes ou avermelladas, as cirolas son unhas das froitas que anuncian a entrada do verán. No compendio nutricional, convén salientar os seguintes nutrien-tes nas cirolas: vitaminas (vitamina E, A, folatos), minerais coma o potasio, carotenoides antioxidantes, fibra e azucres responsa-bles do seu sabor doce. Non obstante, o aspecto máis relevante da composición das cirolas é o seu recoñecido beneficio para a saúde ósea. Son diversos os compostos bioactivos das cirolas; e, en par-ticular, hai que salientar os polifenois, que se concentran en maior cantidade nas cirolas pasas. Estes actúan sobre os osteoblastos (cé-lulas formadas de óso) e facilitan a mineralización ósea..Unha porción de cirolas ben maduras pódese licuar, triturar ou bater para obter un zume refrescante e un cóctel de antioxidantes. Un va-so de zume tomado no almorzo ou entre horas axuda na depuración do organismo, nutre a pel e protéxea do efecto daniño dos raios UV.

1110

Page 7: Pouca protección, demasiada confianza - …revista.consumer.es/web/ga/20130601/pdf/revista_entera.pdf · de BCC Erros de lectura do contador Dereitos do viaxeiro Dieta e sol Alimentos:

Dende a Antigüidade, a froita foi considerada un alimento para os deuses. E se a froita era o manxar, o seu zume non o era menos. Tanto é así que, ao longo dos séculos, distintas civiliza-cións se serviron de ambos os dous elementos para facer ofrendas en templos, cerimonias, ri-tuais... Misticismos e lendas á parte, o certo é que cada día bebemos máis zume. Tanto en España coma noutros países, o consumo destas bebidas non para de aumentar. Mentres que en 1987 cada español tomaba aproximadamente 115 ml sema-nais de zume (un pouco máis de medio vaso), en 2006 a cifra multiplicouse case por catro (400 ml semanais, uns dous vasos). Datos máis recentes, provenientes da Enquisa Nacional de Inxestión Dietética (Enide), publicada en 2011 pola Axen-cia Española de Seguridade Alimentaria, revelan que os adultos españois beben aproximadamente medio litro semanal de zume. As propias cifras do sector non andan moi lonxe: no noso país, o consumo de zume anual per cápita aproxímase aos 23 litros. Entre todos, o de laranxa é o rei da categoría, xa que concentra o 25 % do mercado total, segundo Asozumos (Asociación Española de Fabricantes de Zumes).O consumidor ten á súa disposición unha ampla oferta de zumes, todos aparentemente iguais, pero cada un coas súas particularidades: zumes dunha ou varias froitas, néctares, concentrados, zumes acabados de espremer, zumes que necesitan refri-xeración, os que non, zumes con ou sen polpa... En

moitos fogares, xogan na mesma liga ca alimentos tan omnipresentes coma o leite, o café ou o pan. E é que, para moitos, o día non empeza ata que proban o primeiro vaso de zume. Pero, son todas as opcións iguais? E, o que é máis importante, este hábito é tan saudable coma o de tomar unha peza de froita?

Fonte de nutrientesOs zumes son alimentos vexetais. Por iso, están exentos de colesterol e o seu contido en graxa (total ou saturada) e sodio (sal) é case nulo. Cu-riosamente, todos eses nutrientes consómeos en exceso a poboación española.Dende un punto de vista legal, un alimento é fonte dunha vitamina ou mineral se achega o 15 % (ou máis) das cantidades diarias recomendadas do nutriente en cuestión. Os zumes son fonte de áci-do fólico (vitamina B9, contribúe á función do sis-tema inmune e ao crecemento do tecido maternal durante o embrazo) e de vitamina C (incrementa a absorción de ferro e axuda a formar coláxeno e ao normal funcionamento do sistema inmune e nervioso). A vitamina B9 é bastante deficitaria na poboación española e, de feito, aconséllase que as mulleres embarazas a consuman para previr problemas neurolóxicos no bebé. Se o fabricante engadiu no proceso de elaboración determinadas vitaminas ou minerais (en especial, vitamina C e E nos zumes envasados), tamén serán fonte destes nutrientes cos que foron enriquecidos.

Zumes, son todos iguais?Achegan vitaminas, minerais e axúdannos a hidratarnos, pero é preferible non os empregar como substitutos habituais da froita

gu

ía d

e co

mp

ra z

um

es

1312

Page 8: Pouca protección, demasiada confianza - …revista.consumer.es/web/ga/20130601/pdf/revista_entera.pdf · de BCC Erros de lectura do contador Dereitos do viaxeiro Dieta e sol Alimentos:

gu

ía d

e co

mp

ra z

um

esA cuestión do AzucreExiste evidencia científica da relación entre un elevado consumo de alimentos azucrados, unha mala saúde bucodental e a obesidade. Non obstante, tan importante como saber isto é co-ñecer que os estudos se refiren, sobre todo, ao elevado consumo de azucre a través da inxestión de alimentos ricos en azucre sumado. Esta pun-tualización resulta fundamental, xa que permite establecer que o verdadeiro problema reside nun patrón de consumo de alimentos con azucre en-gadido, e non recae sobre un alimento concre-to, neste caso o propio azucre, ou nos alimentos que son ricos en azucre de xeito natural, como as froitas. Polo tanto, o azucre ou os alimentos azucrados de xeito natural ou artificial non son malos: é o seu patrón de consumo o que pode ser ou non axeitado.Dende o punto de vista dietético, o consumo re-comendado de azucre ou de hidratos de carbono simples establécese arredor do 10 % da enerxía total que cada un de nós debe consumir ao longo do día. Aínda que esta cantidade é variable en función da actividade de cada persoa, o certo é que no noso país, segundo datos da Sociedade Española para o Estudo da Obesidade, se supe-ran as recomendacións: en España, o consumo de azucre simple sitúase entre o 16 % e o 36 %.

Pola súa banda, os zumes contribúen á achega de azucres simples. Neste punto, resulta impor-tante ter en conta que a Organización Mundial da Saúde (OMS) diferencia entre os azucres na-turalmente presentes nas froitas e nas hortalizas frescas e enteiras dos que están presentes de xeito natural nos zumes. É dicir, cando as autori-dades sanitarias aconsellan reducir os azucres da nosa dieta, non inclúen nese consello a inxestión de froitas frescas, pero si a de zumes de froitas. Pero de novo hai que recordar que o azucre ou os alimentos azucrados de xeito natural ou artificial non son malos: é o seu patrón de consumo o que pode ser ou non axeitado.

FrecuenciA de consumo recomendAdoCon todo, o lugar que ocupan os zumes na coñe-cida pirámide dos alimentos estaría xunto ao das froitas e ao das hortalizas; de consumo diario, dúas porcións de verduras e tres pezas de froitas. Iso si, iso non quere dicir que haxa barra libre pa-ra os zumes de froita. En primeiro lugar, o Comité Científico 5 ao Día, asociación sen ánimo de lucro cuxo fin consiste en fomentar o consumo diario de froitas e hortalizas frescas, recomenda que o consumo diario de zume de froita non exceda os 175 ml ou, o que é o mesmo, un vaso, sempre e cando non conteña azucres engadidos.O mesmo comité recoñece que unha dose de zume pode substituír unha das tres porcións diarias de froita, pero no mesmo documento recomenda que “non debe inducirse ao consumidor a que substi-túa sistematicamente o consumo de froitas frescas sólidas polo de zume de froitas”. En nenos de ata 10 anos, a recomendación é aínda máis estrita: non debe superar os 100 ml diarios de zume (me-dio vaso ou a metade dun brik monodose). A súa achega en azucre simple e o escaso poder sa-ciante desta bebida son as principais razóns que explican estas recomendacións.

zume en lugAr de FroitAs?Un dos argumentos máis destacados polos comi-tés de nutrición para desaconsellar o consumo de zume por enriba do recomendable está relacio-nado co seu papel nos mecanismos que contro-lan a fame e a saciedade. No ámbito científico, é sobradamente coñecido que as calorías líquidas son menos saciantes que as sólidas. É dicir, mas-tigar un alimento sacia máis ca bebelo, aínda que achegue as mesmas calorías, algo que comprobou en novembro de 2007 un equipo de investigadores da Universidade de Purdue (Indiana, EEUU). De novo, o Comité Científico 5 ao Día confirmou en 2010 que o zume non exerce os mesmos efectos fisiolóxicos que a froita enteira (mastigada), xa que sacia menos, aínda que o zume estea acabado de espremer e con toda a súa polpa, tal e como puido constatar unha investigación publicada en abril de 2009 na revista Appetite.Neste mesmo sentido, a Academia Americana de Pediatría establece que “quilocaloría por quilo-caloría, o zume de froita pode ser consumido de forma máis rápida que a froita sen espremer”. E isto é lóxico se se ten en conta que, para conse-guir un vaso de zume de laranxa caseira, fan falta unhas tres laranxas medianas. O tempo necesario para beber tres laranxas é moito menor que o necesario para mastigar e tragar tres laranxas. Ademais de todo iso, hai un compoñente na edu-cación dos padais dos máis pequenos que non debe obviarse: darlles zumes aos nenos de forma sistemática, por enriba das recomendacións, e en substitución das froitas, é educalos no doado, mentres que ofrecerlles pezas de froita fresca é educalos no san.

ZUME CASERO CALORÍAS NUN VASO (200 ml)

Laranxa LIMÓn

POMELO

62 50 65

ZUME ENVASADO CALORÍAS NUN VASO (200 ml)

FrOItas ExÓtIcas LIMa

Mazá Laranxa

PEra PIÑa

POMELO tOMatE

UVa cEnOrIa

95 47 78 75 92 79 71 28

108 54

NÉCTAR CALORÍAS NUN VASO (200 ml)

aLBarIcOQUE FrOItas ExÓtIcas

ManGO MaracUxá

LaranxaPEra

99 95 97 91 77

111

zumes e calorías

en cAloríAsCabe preguntarse se a froita e o sabor elixidos teñen algo que dicir no número de calorías do zu-me. O certo é que a achega de enerxía non difire moito en función da froita escollida, nin tampouco en comparación coa peza enteira de froita. Por exemplo, un vaso duns 175 mililitros de zume de laranxa contén de media unhas 75 quilocalorías, o equivalente ao dunha laranxa grande, duns 200 gramos. Estas calorías veñen determinadas polo contido natural de azucres da froita. Os zumes conteñen un 10 % de azucres (glicosa, frutosa e sacarosa), mentres que as súas proteínas e graxas non representan nin sequera o 1 % do zume. O 89 % restante é auga, coas súas correspondentes vitaminas e minerais.A xeito de resumo e tal como se reflicte na seguin-te táboa, poderíase dicir que, con respecto ás súas versións caseiras, os zumes industriais achegan algunhas calorías máis, e os néctares, pola súa vez, achegan un maior número de calorías que o resto de zumes. De entre todos os sabores e froitas, os zumes de cenoria e tomate (hortalizas) son as opcións menos caloríficas.Ademais, un traballo elaborado por esta mesma revista en 2008 sobre zumes de laranxa envasa-dos demostrou que non hai diferenzas substan-ciais, sempre dende un punto de vista nutricional, entre os zumes concentrados de laranxa e os re-frixerados (que se elaboran a partir de laranxas espremidas e que se conservan en refrixeración). En todo caso, estes últimos achegan algo menos de vitamina C, xa que só conteñen a propia da froita, mentres que nos concentrados foi engadida polo fabricante.

1514

Page 9: Pouca protección, demasiada confianza - …revista.consumer.es/web/ga/20130601/pdf/revista_entera.pdf · de BCC Erros de lectura do contador Dereitos do viaxeiro Dieta e sol Alimentos:

gu

ía d

e co

mp

ra z

um

esfrío). Os primeiros pasteurizáronse (é dicir, quéntanse durante un breve intervalo de tempo) e han de conservarse no frigorífico ata o seu consumo. Os zumes que non re-quiren frío reciben un tratamento térmico algo máis intenso (máis calor durante máis tempo), UHT, o que garante a súa esteri-lización (ausencia de microorganismos) e consegue que o envase non necesite frío. Convén aclarar que “refrixerado” non é si-nónimo de “zume de laranxas espremidas”, xa que hai zumes de concentrado que tamén son refrixerados. O zume refrixerado debe permanecer no frigorífico, mentres que o ambiente só unha vez que se abra o envase. Deste xeito, manteñen as súas propiedades nutritivas e as calidades gustativas entre 2 e 6 días despois de abrilos.

néctar. Ás veces, confúndense o termo zume co de néctar, pero as diferenzas nutritivas entre ambos os dous produtos son significa-tivas. O néctar de froitas é o produto obtido a partir de froitas trituradas (feitas puré), ás que se lles engade auga, azucre (mel ou outros edulcorantes) e ácidos de froita, polo que achegan máis calorías. A adición expresa de azucres a esta bebida, que non debe ser superior ao 20 % do peso total do produto rematado, debe terse en conta espe-cialmente por parte das persoas diabéticas e por aquelas que deben controlar o seu peso. Dende o punto de vista nutricional, trátase da opción menos recomendable para un con-sumo frecuente.

clAsiFicAción

Segundo o proceso de elaboración, os ingredien-tes e o tratamento de conservación aplicado, os zumes pódense dividir en:concentrado. Elabóranse a partir dun concen-

trado de zume que se obtén tras eliminar gran parte da auga do zume, que poste-riormente se refrixera ou conxela. É unha práctica frecuente con certas froitas como a laranxa, a piña e algunhas froitas tropicais. Despois, no momento do seu envasado final, incorpórase a auga extraída. A lexislación permite que nesta reconstitución se engadan substancias aromatizantes e vitaminas que proveñan do concentrado do propio zume de froita ou doutro zume de froitas da mes-ma especie. Ata o ano pasado, permitíase a adición de azucre, aínda que a devandita práctica se prohibiu pola Directiva 2012/12/UE e, por iso, a partir do 28 de outubro de 2015, ningún zume de froitas conterá azu-cres engadidos. Os zumes concentrados de-ben indicar na súa etiqueta “zume a base de concentrado” ou unha expresión similar.

espremido (refrixerado ou ambiente). O zume de laranxas espremidas utiliza como ma-teria prima o propio zume, e non recorre a concentrados nin se somete a evaporación ningunha. Para eliminar e previr a aparición de bacterias ou mofos, sométense a trata-mentos térmicos similares aos do leite. En función do sistema elixido, os zumes poden ser refrixerados ou ambiente (non requiren

Na busca de posibles aforrosAforrar estase convertendo nunha constante nas nosas economías domésticas. Moitas veces, tendemos a pensar que os produtos máis básicos, cunha presen-za maioritaria na nosa cesta da compra e cun prezo razoable que non destaca por concentrar grandes desembolsos (pan, leite, zume, ovos...), están exentos da busca de posibles aforros. Comprobemos que mos-tran os números se nos preguntamos:

> Cal é máis barato, o zume feito na casa ou o envasado? Se atendemos ás frecuencias de consumo recomendado, unha familia composta por tres membros (pais e un fillo) consome nunha semana 3,5 litros de zume. En euros, se apostan polo de tipo envasado, gastarán ao redor de 2,38 euros (un brik dun litro de zume económico de marca branca custa uns 0,68 euros). Se, en cam-bio, gustan do modo caseiro, para o seu gasto en laranxas terán que desembolsar o triplo: 7,35 euros. Como o calculamos? Para un vaso de zume feito na casa, necesítanse 3 laranxas medianas (duns 165 g). Un quilo de laranxas de zume custa arredor dos 0,85 euros. Así, o vaso de zume caseiro (200 ml) custa 0,42 céntimos e o litro 2,10 euros.

> E se mercamos marca branca? De novo, tomamos como referencia o consumo semanal de zume da familia do exemplo anterior: 3,5 litros. E enfrontamos o gasto que supón comprar tal can-tidade de zume de marca branca (que custa 0,68 euros) co do seu homólogo fabricante (arredor dos 0,93 euros). En ambos os dous casos, trátase dun zume de laranxas espremidas que se conserva a temperatura ambiente. Comprobamos que o aforro ao optar pola marca branca rolda o 27%.

con ou sen polpa. Ao zume, unha vez elabora-do, tanto se é concentrado, ambiente coma refrixerado, o fabricante pode decidir enga-dirlle a polpa e as células que perdese des-pois da extracción. Se é así, é obrigatorio que isto figure na etiqueta. Sempre é moito máis recomendable un zume con polpa en-gadida (sexa envasado ou caseiro), xa que iso aumenta a cantidade de fibra dietética inxerida. A fibra dos alimentos, ademais de contribuír ao normal funcionamento do in-testino, asociouse en diversos estudos a po-tenciais beneficios para a saúde do corazón.

zume e leite. É frecuente que os zumes en-vasados se complementen con leite. Deste xeito, increméntase o seu contido en varias vitaminas e minerais, sobre todo calcio, aínda que tamén aumentará o contido en graxas, salvo que o leite sexa desnatado. Moitas ve-ces, a publicidade destes produtos fai que o consumidor os considere como substitutos do almorzo, en caso de falta de apetito, de présas ou para os nenos aos que non lles gusta o lei-te ou a froita. A realidade é que non equivalen a unha porción de lácteos e a outra de froita, como se pode pensar, xa que na composición media destas bebidas destaca o zume de froi-tas a base de concentrado, cun modesto ou mesmo escaso contido en leite.

Ademais, a maioría destas bebidas son unha mestura de zumes de diferentes froitas. Isto, xunto ao leite, xera unha mestura indefinida de sabores que pode condicionar a educa-ción do padal dos nenos.

a FaVOr En cOntra

VItaMInas E MInEraIs

Os zumes contribúen a cubrir a inxestión recomendada de vitaminas B1, B6, B9, C, magnesio e potasio. En xeral, os zumes son fonte de vitamina C e ácido fólico (vitamina B9). A vitamina B9 é bastante deficitaria na poboación española, algo importante nas mulleres embarazadas.

Salvo no caso do ácido fólico (vitamina B9), non existen carencias clinicamente relevantes do resto de nutrientes en España. Mesmo así, existen outros alimentos que achegan ácido fólico e cuxo consumo habitual non está desaconsellado pola súa posible asociación co exceso de peso.

FIBra Os zumes coa súa polpa contribúen á inxestión de fibra dietética, implicada no normal funcionamento do intestino, entre outros potenciais beneficios.

O efecto da fibra que conteñen os zumes de froita non é o mesmo, segundo diversos estudos, que o da froita fresca.

FrOItas En En adULtOs OU En nEnOs

Tomar zumes axuda a cubrir as recomendacións de inxestión de froitas (a Asociación 5 ao Día aconsella tomar tres porcións de froita ao día, e unha delas pode ser en forma de zume).

A Asociación 5 ao Día estableceu un máximo (non un mínimo) dunha porción de froita en forma de zume porque este non exerce os mesmos efectos fisiolóxicos que a froita enteira. Por iso, aconséllase que os nenos non tomen máis de 100 ml de zume ao día.

sUBstItUtO dE rEFrEscOs

Os zumes presentan máis beneficios que os refrescos, xa que conteñen vitaminas e minerais das froitas, e menos calorías.

Non hai grandes diferenzas en canto ás calorías dos zumes e ás que achegan a maioría dos refrescos, así que non convén substituír a auga, como bebida habitual, por zumes.

cara e cruz

1716

Page 10: Pouca protección, demasiada confianza - …revista.consumer.es/web/ga/20130601/pdf/revista_entera.pdf · de BCC Erros de lectura do contador Dereitos do viaxeiro Dieta e sol Alimentos:

gu

ía d

e co

mp

ra z

um

es

novos sabores, mesmo finO de laranxa é o rei dos zumes; de feito, as súas vendas concentran o 25 % do mercado. O seu principal reclamo é a achega razoable de vitamina C ao noso organismo. Quen non empezou un inverno tomando un vaso de zume de laranxa para previr un catarro? Agora ben, o mercado ofrece unha morea de sabores (máis ou menos exóticos) que tamén cobren sobradamente, ou mesmo superan, a achega de vitamina C do zume de laranxa. A mandarina (presente no zume de mandarina de EROSKI SeleQtia) achega 41 mcg de vitamina C por cada 100 gramos. A acero-la, tamén coñecida como a cereixa das Antillas, protagonista na com-binación que Minuto Maid fai nun dos seus zumes xunto á laranxa e á framboesa, é unha baga exótica que supera a vitamina C que achegan os cítricos, a piña ou mesmo o kiwi.

Prezo por litro: entre e 1,85 e 1,45 euros. Prezo por vaso (200 ml): entre 0,37 e 0,29 euros.

www.consumer.es

Para nenosA premisa é clara para eles: non máis de 100 ml ao día (medio vaso). Pero o mandato nutricional di que non debería valer calquera zume. Sempre que sexa posible, son preferibles os zumes que non teñan azucres enga-didos, e mellor aínda se teñen polpa. Unha proposta interesante é a dos néctares Sannia. Malia selo, non só non teñen azucre engadido, senón que, ademais, a que inclúen reduciuse (ata un 70 % con respecto a outras receitas). En cifras, un vaso achega 8,1 g de azucre e o néctar de Don Simón (tamén sen azucre engadido) 20 g.

Prezo por litro: entre 0,83 e 1,35 euros. Prezo por vaso (200 ml): entre 0,16 e 0,27 euros.

AlgunhAs suxestións

Preguntas e respostas> PérdEnsE as vitaminas ao EsPrEmEr o zumE? Existe

a crenza errónea de que a vitamina C do zume de laranxa caseira é pouco estable, cando só as condicións extremas (por exemplo, quentalo a 120o C) diminúen de forma considerable esta vitamina. A vitamina C consérvase no zume durante varias horas, aínda que co paso do tempo o sabor pode facer-se máis amargo. Isto é válido para o resto de vitaminas ou minerais dos zumes.

> utilízasE a CasCa da laranxa nos zumEs industriais? A Directiva 2001/112/CE, que regula aos zumes industriais, indica que “no caso dos cítricos, o zume de froitas procederá do endo-carpo”; é dicir, o que se coñece como “a carne” da laranxa. Non obstante, a devandita directiva fai unha excepción no caso do zume de lima, xa que “poderá obterse a partir do froito enteiro”.

> substitúEn a auga? A primeira Conferencia Española de Prevención e Promoción da Saúde na Práctica Clínica (2007) sinalou que, na actualidade, as bebidas con alto contido en azu-cres, como refrescos ou zumes de froitas, “desprazaron a auga como a bebida habitual”. Aínda que o zume de froita é unha fonte natural de vitaminas e minerais, e malia que contribúe á hidratación, tamén presenta certos riscos. Os máis destacables son a carie e a obesidade, aínda que este risco só é destaca-ble se o consumo é frecuente e elevado. Aínda que os zumes contribuirán sen dúbida a unha correcta hidratación, non se aconsella substituír a auga por zumes de forma habitual.

> PódEnsE tomar Con mEdiCamEntos? Estudos recentes suxeriron e constataron que determinados zumes de froitas afectan a farmacocinética de certos medicamentos. Unha revisión de ensaios clínicos indica que o zume de pomelo, de laranxa e de mazá reducen a biodispoñibilidade oral e, polo tanto, os efectos paliativos da fexofenadina, un medicamento antialérxico que se engloba no grupo dos antihistamínicos. Nunha das investigacións, os autores confirmaron que estes tres tipos de zumes reducían ademais a absorción de certos betabloqueadores usados para previr infartos e para tratar a hipertensión, coma atenolol, celiprolol, talinolol, e algúns antibióticos coma ciprofloxacino, levofloxacino e itraconazol.

Aínda que a situación é complexa e son necesarios máis estudos clínicos que diluciden todas as dúbidas, é pruden-

te evitar o consumo de zume de cítricos mentres se toman medicamentos.

Padais pouco edulcoradosMoitas persoas que padecen diabetes descoñecen se poden tomar zume en vez de froita. A dúbida máis común refírese ao efecto do seu consumo sobre o nivel de glicosa sanguínea (glicemia). Por este motivo, adóitano excluír da súa dieta ou limitan a súa inxestión. O zume provoca unha suba de glicosa en sangue máis pronuncia-da e rápida, pero menor ca outros ali-mentos doces con azucres engadidos, coma chocolates, lambetadas, produ-tos de pastelería e repostería, incluí-do o propio azucre que se emprega para adozar. Os zumes axeitados para as persoas con diabetes deben care-cer de azucre engadido, no conxunto dunha dieta controlada en hidratos de carbono. Serán tamén preferibles os edulcorados e con adición de polpa. Dous exemplos: o zume de laranxa re-frixerada de Premium e o de Pascual.

Prezo por litro: entre 1,33 e 2,38 euros. Prezo por vaso (200 ml): entre 0,26 e 0,47 euros.

1918

Page 11: Pouca protección, demasiada confianza - …revista.consumer.es/web/ga/20130601/pdf/revista_entera.pdf · de BCC Erros de lectura do contador Dereitos do viaxeiro Dieta e sol Alimentos:

alimentación

Dieta, un factor de protección para a pelEsta época do ano invita a elaborar sinxelos menús estivais cunha alta presenza de alimentos ricos en nutrientes con efecto fotoprotector, antioxidante e favorecedor para mostrar unha pel nova.

rán, o coidado da pel é máis importante polo efecto daniño da exposición ao sol e ao cloro das augas.

Unha mala nutrición envellece e seca a pelO envellecemento da pel débese a dous procesos clínica e bioloxicamente inde-pendentes. O primeiro, o envellecemen-to cutáneo intrínseco, o propio da idade, afecta a pel no mesmo patrón que a todos os órganos. O segundo proceso débese a factores externos que fan que se vexa a pel envellecida como resultado da in-fluencia do medio (contaminación, expo-sición intensa e prologada ao sol e aos raios ultravioleta...), do tabaco, da falta de sono e dunha mala nutrición (exce-so de calorías e de graxas e déficit de nutrientes dermoprotectores). As investi-gacións en nutrición propoñen a achega por medio de alimentos de antioxidantes (carotenoides, flavonoides, resveratrol), vitaminas (A, C), ácidos graxos omega-3 e lactobacilos, como axentes capaces de promover dende o interior a saúde da pel e a beleza.

Vitamina CA vitamina C é un cofactor para os en-cimas que fixan a estrutura do coláxeno, compoñente que lle dá estabilidade e tersura á pel. A deficiencia de tal vitami-na reflíctese na pel en forma de fraxili-

dade e lesións cutáneas, queratose ou grans

ou protuberancias na pel, facilidade de hematomas ou lenta cicatriza-ción das feridas. O método segu-ro de garantir a súa achega é comer máis froi-tas e verduras

A pel é un fiel reflexo do noso pro-pio estado de saúde e do propio

envellecemento do organismo. A nutri-ción e o efecto dos nutrientes na pel sempre foi un tema relevante para os científicos, os médicos e os nutricio-nistas. Vitaminas, antioxidantes, ácidos graxos esenciais e certos extractos de plantas teñen atributos potenciais pa-ra o coidado e a protección da pel. Os recoñecidos efectos antiinflamatorios, antioxidantes, rexenerantes ou revi-talizantes dos diversos compoñentes utilízanse na industria farmacolóxica, médica e alimentaria para trasladar a mensaxe do coidado da pel, ben como

axentes aplicados por vía tópica ou como complementos orais, nun

intento de prologar a aparen-cia dunha pel nova. No ve-

frescas, frescas nas que abunde esta: cí-tricos, froitos vermellos (grosellas, moras, arandos, framboesas, amorodos), guaiaba, pementos e aderezar as comidas con pe-rexil fresco. Pola contra, o uso da vitamina C nos produtos cosméticos de uso tópico non garante con seguridade e eficacia o efecto fotoprotector que se lle adxudica, xa que esta vitamina é moi inestable e degrádase baixo a presenza de osíxeno, mesmo antes da aplicación tópica á pel. Ademais, moitas destas preparacións nin sequera teñen o derivado activo da vita-mina C, o ácido L-ascórbico.

mo de peixes azuis de tempada (anchoas, sardiñas, atún, bonito...) e de marisco ben fresco como fonte de omega-3. Outros compostos coma os polifenois, presen-tes en froitas con cor (uvas, granadas, ameixas...), tamén bloquean a síntese de mediadores inflamatorios e, polo tanto, deberían ter un oco nos menús estivais.

Carotenoides e vitamina AO betacaroteno, o licopeno, a luteína e a zeaxantina son nutrientes cunha activida-de fotoprotectora demostrada. Segundo explican os doutores Honeyman, Gaete e Arias, no informe O rol dermoprotector da nutrición, “o betacaroteno está presente na derme e na epiderme (as capas máis superficiais da pel) e a exposición solar diminúe os seus valores plasmáticos”.Para lograr tal efecto, débense comer froitas e hortalizas de cores alaranxa-das, avermelladas ou amarelas inten-sas –cenoria, cabaza, pataca doce, mango, melocotón, albaricoque, melón de polpa amarela-laranxa– e tamén verduras verdes, como brócoli, espi-nacas, endivias e leituga.

LactobacilosDentro dos probióticos, hai que salientar os lactobacilos que, segundo a OMS, son “un tipo de microorganismos que, admi-nistrados vivos en cantidade suficiente, exercen un efecto fisiolóxico beneficioso no hóspede”. A súa acción reflíctese na pel de xeito indirecto: teñen un efecto modulador da inmunidade na mucosa intestinal e regulan a resposta alérxica en pacientes atópicos (dermatite atópica, eccema, algúns tipos de psoríase...). Non obstante, o efecto protector depende da cepa e da dose utilizada, polo que a re-comendación de consumo para conseguir tal efecto deberíaa facer o especialista.

www.consumer.es

AntioxidAntes pArA A pel, con mesurA

O consumo de froitas e verduras frescas como excelente e incompa-rable fonte natural de antioxidantes é, polo momento, o método máis seguro e saudable para manter unha pel nova, tersa e hidratada. A esta conclusión chegan investi-gadores alemáns na revisión máis recente sobre a relación entre a nutrición e o envellecemento da pel publicada na revista Dermato Endocrinology, en xullo de 2012. Segundo os autores, os resultados dos distintos ensaios apuntan a que “unha estratexia prometedora para mellorar a protección da pel contra o estrés oxidativo é apoiar a produción endóxena de antioxi-dantes con produtos que conteñen antioxidantes e que normalmente están presentes na pel”. Non obstan-te, os autores advirten que non se debe caer nun consumo perma-nente de altas doses de antioxi-dantes illados, senón que isto debe complementar unha dieta sa, xa que en doses elevadas os antioxidantes inxeridos poden provocar o efecto contrario ao esperado e compor-tarse como prooxidantes, acelerar o envellecemento da pel e predis-poñer trastornos ou enfermidades dermatolóxicas.

Ácidos graxos omega-3Estes ácidos graxos esenciais regulan a inmunidade e inhiben a produción de compoñentes inflamatorios, que na pel se reflicte nunha maior tendencia a pro-blemas da pel tipo dermatite, eccemas, cabras etc., pola súa incorporación á epiderme (a capa máis externa da pel). Ademais, no verán son máis comúns as reaccións alérxicas ou de hipersensibili-dade por exposición ao sol, que cursan con procesos inflamatorios e que deixan a pel marcada. Por iso, interesa o consu-

2120

Page 12: Pouca protección, demasiada confianza - …revista.consumer.es/web/ga/20130601/pdf/revista_entera.pdf · de BCC Erros de lectura do contador Dereitos do viaxeiro Dieta e sol Alimentos:

afondoEnquisa sobrE os hábitos dE Exposición ao sol, a pErcEpción dE risco E a EtiquEtaxE das crEmas solarEs

Un de cada cinco enquisados

nunca se protexecando se expón

ao sol nas vacacións de verán

Un 12 % non adqUire cremas solares e tres de cada dez nUnca len a información da etiqUetaxe

O sol ten dúas caras. Por un lado, proporciona cor, calor e, para moitos, é motivo de alegría. É esencial na produción de vitamina D e a súa ex-posición, sempre con moderación e vixilancia médica, forma parte do tra-tamento de enfermidades dermatolóxicas, como a psoríase ou o eccema... Pero o astro rei ten o seu lado escuro: provoca queimaduras solares que aumentan o risco de padecer cancro de pel na idade adulta.Cada ano, diagnostícanse no mundo 160.000 casos de melanoma (79.000 en homes e 81.000 en mulleres). A diminución da capa de ozono e a moda do bronceado son os dous factores que máis inflúen niso, polo que o sol debe tomarse con todas as precaucións. Para coñecer os hábitos de expo-sición ao sol da poboación, EROSKI CONSUMER realizoulles durante o mes de abril unha enquisa a 1000 persoas de nove comunidades autóno-mas: Andalucía, Illas Baleares, Castela-A Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, Galicia, Madrid, Navarra e País Vasco. Ademais, investigouse cal era a súa percepción de risco ao sol e os seus costumes á hora de comprar crema solar. O 52 % dos enquisados eran mulleres e tiñan unha media de idade de 46 anos.Ninguén é igual fronte aos raios solares. A pigmentación da pel, a cor dos ollos, o cabelo e a capacidade para broncearse de cada un determinan a que fototipo se pertence; é dicir, que capacidade ten a pel de absorber a radiación solar.Entre os enquisados, un de cada cinco sitúase no primeiro fototipo (peles, ollos e cabelos moi claros que sempre se queiman e cuxo bronceado é im-perceptible), un 46 % no segundo (tamén con pel, ollos e cabelo claros, pero que conseguen un bronceado moderado, aínda que a miúdo se queiman), outro 21 % no terceiro (teñen unha pel máis escura, quéimanse e conse-guen un bronceado medio) e o 12 % no cuarto (coa pel, os ollos e o cabelo morenos, raramente se queiman e sempre se broncean).

2322

Page 13: Pouca protección, demasiada confianza - …revista.consumer.es/web/ga/20130601/pdf/revista_entera.pdf · de BCC Erros de lectura do contador Dereitos do viaxeiro Dieta e sol Alimentos:

afondoEnquisa sobrE os hábitos dE Exposición ao sol, a pErcEpción dE risco E a EtiquEtaxE das crEmas solarEs

as diferenzas son apreciables. Mentres en Andalucía, nas Illas Baleares e en Cataluña a maioría comezan a tomar o sol en maio, na Comunidade Valenciana, Galicia, Navarra e País Vasco fano un mes despois. E en Castela-A Mancha e na Comunidade de Madrid optan por empezar en xullo.

máis no verán

O verán é a época na que máis persoas entrevistadas se expoñen ao sol: o 83 % faino durante as vacacións e os días festivos e o 64 % o resto dos días estivais. Os maiores de 65 anos entrevistados son os que en menor proporción descobren o seu corpo aos raios solares nesta época. Como curiosidade, por comunidades, des-tacan os galegos (que son os que toman máis o sol) e os baleares e os andaluces (os que o toman menos).As partes do corpo que máis lucimos ao sol no ve-rán son a cara, os brazos, as coxas e as pernas e as mans. Os expertos recomendan non permanecer baixo o sol durante moito tempo. A maior proporción dos enquisados asegura que se expón entre 1 e 2 horas en período estival (un terzo deles) ou non máis dunha hora (outro 22 %).E cando? A metade dos enquisados elixen a mañá, de 10.00 a 12.00 horas, para exhibirse ao sol durante o verán e dous terzos tamén se expoñen pola tarde, a partir das 16.00 horas. Non obstante, un de cada tres

PoUca Protección, demasiada confianza

As vacacións e os días festivos do verán son os mo-mentos nos que os entrevistados máis se expoñen ao sol. Non obstante, un 19 % nunca se protexe das radiacións solares e un 21 % só ás veces (en maior medida, os homes). Ademais, fóra da época estival, protéxense aínda menos, xa que só un de cada catro o fai habitualmente. Iso si, os que o fan adoitan utili-zar cremas solares e lentes de sol.Ademais, un de cada dous enquisados ten un nivel medio na percepción de risco do sol. E é que proba-blemente nalgúns aspectos aínda somos demasiado confiados: dous de cada cinco pensa que na primeira exposición solar se pode utilizar un factor de protec-ción solar menor de 15, un de cada cinco non sabe que cada tipo de pel absorbe a radiación solar de forma diferente e que iso inflúe na forma de protexer-se e un 12 % dos enquisados non compra habitual-mente cremas solares.

o sol non engaiola a todo o mUndo

A un 41 % dos entrevistados non lles gusta tomar o sol, a un 33 % só ás veces e a un 26 % encántalles. Por sexos, a eles gústalles en menor proporción que a elas. Aínda así, só un 18 % adoita tomar o sol habitualmente.Entre as persoas que aseguran tomar o sol habi-tualmente, ou en ocasións, un 14 % comezan a facelo en abril, en maio un 25 %, en xuño un 29 % e en xullo un 23 %. Como é lóxico, nas comunidades au-tónomas nas que o tempo meteorolóxico é diverso,

tamén o fai entre as 12.00 e as 16.00 horas, malia o perigo que supón facelo, xa que a intensidade de ra-diación solar é máxima nese horario.

fóra da éPoca estival

Tamén é ilustrativo saber cando e como se expoñen ao sol os enquisados o resto do ano, momento no que os efectos adversos dos raios UVA non desaparecen, aínda que se poida pensar o contrario.Fóra da época estival, os entrevistados por EROSKI CONSUMER tamén toman o sol: un 43 % en vacacións e días festivos, e un 34 % o resto do tempo. Neste caso, son os homes os que o fan en maior medida e, de novo, en menor proporción os enquisados con 65 anos ou máis. Por comunidades, os valencianos toman o sol en maior proporción que os andaluces e os manchegos.Coma no verán, a franxa do día escollida pola metade das persoas entrevistadas é a mañá, entre as 10.00 e as 12.00 horas. Tamén dous terzos exhiben o seu corpo ao sol pola tarde e, malia que non é recomen-dable, case dúas de cada cinco persoas elixen facelo entre as 12.00 e as 16.00 horas.

Protección, materia Pendente

E o máis importante, utilizan algún tipo de protección cando se expoñen ao sol? No verán, un 19 % dos enqui-

sados confesa non se protexer nunca durante as vaca-cións e os días festivos, unha proporción que aumenta ata dous de cada cinco o resto do tempo. Fóra da época estival, protéxense aínda menos: nas vacacións e nos días festivos tres de cada cinco nunca o fan e, o resto do tempo, tampouco o fan sete de cada dez.Por sexos, son maiormente os homes os que non se protexen, especialmente no verán, época na que do-bran a proporción de mulleres que confesan non se protexer nunca. Pola súa banda, os entrevistados de 16 a 24 anos tampouco o fan en maior medida, tanto no verán coma no resto do ano.Pola contra, os que si toman precaucións utilizan varios sistemas para facelo. Os máis xeneralizados son a crema protectora solar (nove de cada dez) e os lentes de sol (sete de cada dez no verán e un de cada dous o resto do ano). No verán, a metade ase-gura que utiliza habitualmente un factor moi alto de crema solar (entre o 30 e o 50), e dous de cada cinco o resto do ano. Non obstante, nesta época, aumenta a proporción daqueles que utilizan un menor de 15: un 14 % en vacacións e un 24 % o resto do tempo. Os máis propensos a utilizaren este factor son os homes e os mozos de entre 16 e 24 anos.Por tipo de pel, os que en maior proporción se pro-texen cun factor menor de 15 son os que pertencen ao fototipo terceiro e cuarto. Non obstante, aínda que

*En abril, EROSKI CONSUMER preguntoulles sobre os seus hábitos de exposición ao sol a 1000 persoas orixinarias de nove comunidades autónomas: Andalucía, Castela-A Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, Galicia, Madrid, Navarra e País Vasco. Ademais, investigou-se cal era a súa percepción de risco ao sol e os seus costumes á hora de adquirir crema solar. BASE: total de entrevistados..

les a información qUe se indica na etiqUetaxe?

12,5 % Non adoito comprar crema solar

27,7 % Non, nunca

20,2 % Si, ás veces

39,6 % Si, sempre

FACTOR

30

2524

Crema por un tubo

O sol debe tomarse con todas as precaucións para protexer a saúde da nosa pel. É por iso moi recomendable utilizar os fotoprotectores indicados para cada tipo de pel e, sobre todo, reducir os tempos de exposición. A Academia Española de Dermatoloxía e Venereoloxía aconsella:

Limitar o tempo ao sol, sen importar a hora ou a estación do ano. Ter especial coidado en zonas a grandes alturas e en latitudes tropicais, onde as radiacións son máis frecuentes. Permanecer na sombra sempre que sexa posible.

Non facer sombra, senón buscar a sombra. Se a sombra que proxecta é máis pequena ca vostede, ten máis probabilidades de queimarse. Os raios solares son máis frecuentes e a posibilidade de desenvolver unha queimadura solar é maior entre as 12 horas e as 4 da tarde.

Aplicar un protector solar de amplo espectro cun factor de protección solar (FPS) polo menos de 15 cando se estea exposto ao sol (actividades ao aire libre). Aplique a pantalla solar 20 ou 30 minutos antes de saír ao aire libre, para que teña tempo de absorbela.

Volver aplicar o protector solar cada dúas horas cando se atope nun espazo exterior, mesmo en días anubrados. Se parte do produto se eliminou ao suar ou ao se secar coa toalla, volver aplicar o produto.

Levar roupa protectora coma pantalóns longos e camisas con manga longa. Canto máis espeso sexa o tecido e máis escura a cor, maior protección.

Levar un sombreiro e lentes de sol no exterior. O sombreiro debe ser de á ancha para protexer áreas expostas coma

o colo, as orellas, a calva e a cara. Os lentes de sol deben ter protec-ción UV.

Evitar as superficies reflec-toras que poden chegar a reflectir ata o 85 % dos raios solares e que poden alcanzalo mesmo na sombra, o que pode provocar queimaduras e lesións na pel descuberta.

Evitar a exposición ao sol dos bebés.

Protexer os nenos. Minimizar a súa exposición ao sol e aplicar-lles protector solar aos nenos de 6 meses ou máis.

O efecto prexudicial do sol é acumulativo, por iso é importante evitar as queimaduras solares durante a infancia.

Coidado cos medicamentos que poden inducir fotosensibilida-de. Consulte co seu médico ou co seu farmacéutico.

Page 14: Pouca protección, demasiada confianza - …revista.consumer.es/web/ga/20130601/pdf/revista_entera.pdf · de BCC Erros de lectura do contador Dereitos do viaxeiro Dieta e sol Alimentos:

afondoEnquisa sobrE os hábitos dE Exposición ao sol, a pErcEpción dE risco E a EtiquEtaxE das crEmas solarEs

teña, protexe completamente contra o sol. Os fotopro-tectores conteñen substancias químicas e/ou físicas, denominadas filtros, capaces de absorber ou de re-flectir as radiacións solares e de protexer a pel dos seus efectos daniños. Non obstante, o termo “pantalla total” ou sun block utilizouse para indicar un FPS (factor de protección solar) superior a 20 e a pro-tección fronte a outras radiacións, pero en realidade préstase a confusión, posto que non garante unha protección total fronte ás radiacións.Por sorte, só en proporcións inferiores ao 15 % da poboación enquisada fan caso dos seguintes falsos mitos: que o sol sen cremas de protección seca grans, espiñas e puntos negros no rostro; que os lentes de sol son só para o verán; que non é necesario aplicar fotoprotección se o día está anubrado ou se se está debaixo dunha antuca; que as persoas con peles máis morenas ou xa bronceadas poden prescindir de apli-car crema protectora e que, mentres se está na auga, o sol apenas prexudica a pel.

cremas solares

Insolacións, queimaduras, envellecemento prematuro da pel, alteracións do sistema inmunitario, afeccións oculares e cancro de pel. Estes son só algúns dos efectos adversos que pode provocar expoñerse de

a súa pel sexa máis escura e non se queimen con tanta frecuencia, non é recomendable utilizar un FSP menor de 15.

conscientes do risco

A teoría parece que a sabemos: se o sol non se toma con precaución, as consecuencias poden ser moi prexu-diciais para a saúde. Non obstante, levámolo á prác-tica? EROSKI CONSUMER mediu esa percepción de risco e consultou os 1000 entrevistados sobre a súa opinión acerca dunha serie de afirmacións sobre a ra-diación e a protección solar. En función das súas res-postas, cuantificouse esa percepción cunha escala de 0 a 3,80 puntos, onde 0 é o nivel baixo e 3,80 o nivel alto.Así, un 56 % dos enquisados teñen un nivel medio de percepción de risco, un 40 % un nivel alto e apenas un 4 % un nivel baixo. Por comunidades, ningún galego nin madrileño enquisado se clasificou cun nivel de percep-ción de risco baixo, a diferenza dos valencianos, que se sitúan neste nivel en maior proporción (un 14 %). Os máis conscientes dos perigos do sol son en maior medida os galegos, posto que un 52 % deles se sitúa no primeiro posto do podio, o nivel alto de percepción.Esta clasificación demostra que aínda hai quen se confía demasiado. Malia que apenas un 4 % consi-dera que tomar o sol durante un tempo prolongado

xeito inadecuado ao sol. Para previr todo isto, a in-dustria cosmética conta dende hai décadas con pro-tectores solares ou fotoprotectores.Segundo a Guía de protección solar, elaborada polo Ministerio de Sanidade e Consumo, o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos e a AECC (Asociación Española Contra o Cancro), os fotopro-tectores deben incluír unhas indicacións obrigatorias e na súa etiquetaxe tamén deben conter mencións específicas que reflictan a súa eficacia: os índices de protección solar. Estas indicacións, xunto con frases sobre o modo de emprego e as advertencias no seu uso, supoñen unha importante información ao consu-midor que debe terse en conta tanto ao elixir o pro-duto máis axeitado como ao utilizalo correctamente.Pero, os enquisados len e entenden a información que se indica nas etiquetas deste tipo de produtos? En primeiro lugar, un 12 % dos enquisados asegu-raron non comprar habitualmente cremas solares. Destaca que sexan sobre todo homes (un 19 % fron-te ao 6 % de mulleres), cunha idade superior aos 65 anos (un 29 % deste colectivo) e pertencentes ao cuarto fototipo (un 25 % deles).Outro 60 % dos enquisados le a información que se indica na etiquetaxe dos produtos solares que ad-quiren, pero un 28 % non o fai nunca. Por sexos, son máis os homes que confesan non ler nunca os datos da etiqueta (un 32 % fronte ao 24 % delas) e os mozos de entre 16 e 24 anos (un 54 % deles).Entre os que compran produtos solares e len a in-formación das súas etiquetas, un 29 % confesa que nunca se fixa nos ingredientes do produto. Non obstante, no resto da información si o fan: un 88 % pon atención na descrición sobre como e onde actúa o produto (é dicir: hidratación, protección inmediata, protección de raios UVA etc.), o 91 % examina os con-sellos de utilización e o 94 % mira o grao de protec-ción da crema.Un de cada catro enquisados confesa que algunha vez utilizou crema solar caducada. Os máis descoi-dados neste sentido son os mozos de entre 16 e 24 anos en maior medida (un 25 % fronte ao 16 % dos enquisados con 65 anos ou máis).Pero, no momento de adquirir o produto, que aspec-tos toman en consideración? E é que segundo a Guía de protección solar, para escoller un fotoprotector hai que ter en conta unha serie de factores, como a quen vai dirixida, a zona de aplicación, o tipo de pel, a altitude do lugar, a hora do día e un longo etcétera.Os enquisados que compran crema solar sempre teñen en conta os seguintes aspectos: un 61 % a quen vai dirixido (adultos, nenos ou maiores); un 55 % a zona de aplicación (corpo, cara...); un 43 % as características da pel, os ollos, o cabelo e a capacidade para broncearse; un 22 % a hora do día en que se exhibirá ao sol, o tipo de superficie (auga, herba, neve ou area) e a estación do ano; e un 15 % a altitude do lugar no que tomará o sol.

www.consumer.es

nunca supón un risco, outro 14 % considera que só en ocasións. Por sorte, o 82 % dos enquisados pensa que é perigoso sempre: os madrileños en maior proporción (un 93 % dos consultados) ca os baleares (un 14 % deles cre que nunca supón un perigo, a proporción máis alta). Un de cada cinco enquisados non cre que cada tipo de pel absorba a radiación solar de forma diferente, en maior me-dida a xente nova de 25 a 44 anos (un 23 %). Unha crenza errónea, posto que ninguén é igual fronte ao sol e na poboación existen distintos fototipos individuais de cada persoa. Por último, só un 6 % non cre que unha exposición solar inadecuada pro-duza envellecemento prematuro da pel, afeccións oculares e cancro de pel.

Unha de tóPicos

En canto a como protexerse, tamén existen confusións destacadas entre os enquisados. En primeiro lugar, un 41 % non cre que haxa que utilizar un factor de protección maior de 15 na primeira exposición solar. É máis, en similar proporción consideran que as cre-mas con moi alta protección protexen completamente contra o sol.Neste sentido, a lexislación da UE parte da premisa de que ningunha crema, por moi alta protección que

2726

Táboas cos resultados da enquisa realizada a 1000 persoas de nove comunidades autónomas sobre os hábitos de exposición ao sol. *En abril, EROSKI CONSUMER preguntoulles sobre os seus hábitos de exposición ao sol a 1000 persoas orixinarias de nove comunidades autónomas: Andalucía, Illas Baleares, Castela-A Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, Galicia, Madrid, Navarra e País Vasco. Ademais, investigouse cal era a súa percepción de risco ao sol e os seus costumes á hora de leren a etiquetaxe das cremas solares.

nUnca Utilizo Protección solar cando me exPoño ao sol*

VACACIÓNS E DÍAS FESTIVOS RESTO DO TEMPO

VeránResto

do ano VeránResto

do ano

TOTAL 18,7 % 59,5 % 42,7 % 68,8 %

home

muller26,7 %11,1 %

65,2 % 54,2 %

53,3 % 32,8 %

77,6 % 60,5 %

andalucía

baleares

castela - a mancha

cataluña

comunidade valenciana

galicia

madrid

navarra

país vasco

16,7 % 24,0 % 17,6 % 18,6 % 29,8 % 11,3 % 12,3 % 15,7 % 28,4 %

65,6 % 55,7 % 56,6 % 58,1 % 60,3 % 43,6 % 60,2 % 69,4 % 60,2 %

54,9 % 36,6 % 44,4 % 38,5 % 45,3 % 23,8 % 38,7 % 35,8 % 45,4 %

70,6 % 60,8 % 70,5 % 70,4 % 70,2 % 55,4 % 69,4 % 75,1 % 69,7 %

de 16 a 24 anos

de 25 a 44 anos

de 45 a 64 anos

de 65 anos en diante

25,3 % 9,4 % 17,5 % 34,6 %

68,5 % 60,5 % 52,7 % 62,9 %

59,9 % 38,5 % 38,5 % 47,6 %

81,3 % 71,8 % 61,8 % 66,6 %

Page 15: Pouca protección, demasiada confianza - …revista.consumer.es/web/ga/20130601/pdf/revista_entera.pdf · de BCC Erros de lectura do contador Dereitos do viaxeiro Dieta e sol Alimentos:

cara a caramamografías, luces e sombras

“As mamografías contribúen a salvar vidas”

Antonio Llombart, xefe do Servizo de Oncoloxía Médica do Hospital Arnau de Vilanova, de Valencia, presidente do Grupo SOLTI de investigación en cancro de mama e membro da Xunta Directiva da Sociedade Española de Oncoloxía Médica (SEOM), coñece polo miúdo as últimas investigacións sobre os programas de detección pre-coz do cancro de mama baseados na mamografía. Grazas a eles, as estatís-ticas desta enfermidade deron un xiro: o 50 % da diminución da mortalidade por esta causa e a detección do 70 % das lesións malignas son atribuíbles ao cribado mamográfico.A cantas persoas afecta o cancro de mama en España? No ano 2012, es-timouse que 22.000 pacientes foron diagnosticadas de cancro de mama. A relación de mulleres/homes é de cen afectadas por cada afectado. O risco máis importante para padecelo é ser muller e vai en ascenso a medida que aumenta a idade.Cantos tumores mamarios se detectan en estadios iniciais grazas á mamo-grafía? O 75 % dos tumores detéctanse nun estadio moi inicial e máis do 50 % dos diagnósticos de cancro de mama en España son de estadio 1, o máis precoz e no que hai máis garantías de curación, pero é difícil atribuírllo todo á mamo-grafía. O éxito na detección débese a unha combinación dos screenings ma-mográficos poboacionais, ao control da muller de alto risco que ten un com-poñente hereditario e á autoexploración, que antes non se realizaba.Que vantaxes teñen os programas de cribado de cancro de mama baseados na mamografía? Cando se diagnostica nunha fase moi temperá, resulta rela-tivamente eficiente. A taxa de rexeita-mentos, en comparación co cribado de

cancro de colon (con colonoscopia), é baixa e os falsos negativos tamén. O 70 % das lesións malignas de cancro de mama detéctanse dentro dos progra-mas de detección precoz. Non obstan-te, menos dun 30 % das lesións non se diagnostican coa mamografía progra-mada –son os denominados tumores de intervalo–, senón que se detectan entre un cribado mamográfico e outro. E entre un 20 % e un 25 % dos tumores son silentes, non se ven nesta explo-ración; por iso, a mamografía non é un sistema perfecto, xa que non pode ga-rantir a detección do cento por cento dos tumores.Pero, pódese afirmar que a mamo-grafía salva vidas? Non hai dúbida de que contribúe a iso. Segundo os estudos, unha parte débese ao impac-to do screening ou diagnóstico rápido e outra ás melloras no tratamento da quimioterapia, radioterapia e cirurxía. Repártese de forma igual, pero si que podemos dicir que a metade de re-dución de mortalidade por cancro de mama se debe aos programas de diag-nóstico precoz con mamografía.Alongouse a supervivencia das afec-tadas grazas á detección precoz? No ámbito nacional, as taxas de supervi-vencia a cinco anos do cancro de ma-ma sitúanse por enriba do 82 %-83 %. E non deixan de mellorar. Estamos un punto por debaixo de EE.UU. e equi-parados a Francia. Dende 1997, obser-vouse unha caída da mortalidade por cancro de mama, maior entre as mu-lleres novas que entre as de máis de 65 anos, debido ao mellor tratamento e ao cribado mamográfico.Cal é o perfil e a idade das mulle-res que máis se benefician da mamo-grafía? Todo a comunidade científica está de acordo en que é máis eficaz

por enriba dos 50 anos e ata os 65. Pero hai países, coma España, onde nalgunhas comunidades se ampliou e comeza aos 45 anos e esténdese ata os 70. Eu comparo estes programas de cribado á inspección técnica de vehí-culos (ITV): o coche revísase na ITV pero, se entre inspeccións algo falla, lévase ao taller para reparalo. Así, se entre un cribado mamográfico e outro, a muller nota un vulto na mama, unha alteración na súa morfoloxía, dor ou sangrado pola mamila non normal, de-be acudir ao médico.A mamografía convencional é mellor ca outras probas de diagnóstico por imaxe? Niso interveñen varios facto-res. Para estar seguro, a máis eficaz é a resonancia magnética, pero non serve para o screening ou cribado en ningún país, porque é moi custosa economicamente e en tempo (unha ho-ra). Outras, como a ecografía ou a ma-mografía dixital, son moito máis finas, pero con elas visualízanse demasiadas cousas e hai demasiados falsos posi-tivos. Cando se ve algo coa ecografía, hai que facer unha biopsia, o que é ex-cesivo para as mulleres sas, xa que se se lles detecta unha patoloxía benig-na estrésanse, asústanse e, ao final, deixan de revisarse.Augúralle unha longa vida á mamo-grafía convencional para detectar o cancro de mama? A mamografía ten as súas limitacións pero, ata este momento, nada é mellor. Traballamos moito en proteínas de baixa expre-sión, que poderían ser marcadores tumorais, pero aínda non serven para facer un diagnóstico precoz. É unha posibilidade no futuro e hai interese por convertela nunha proba que poida realizarse como unha análise de san-gue, pero isto aínda está lonxe.

Presidente do Grupo SOLTI de investigación en cancro

de mama

LlombartntonioA

2928

Page 16: Pouca protección, demasiada confianza - …revista.consumer.es/web/ga/20130601/pdf/revista_entera.pdf · de BCC Erros de lectura do contador Dereitos do viaxeiro Dieta e sol Alimentos:

cara a caramamografías, luces e sombras

“Un 15 % dos casos de cancro de mama non se detecta coas mamografías”

Joaquín Mosquera é un gran coñe-cedor das virtudes e dos defectos do cribado mamográfico, grazas á súa dilatada experiencia neste campo. É vicepresidente da Sociedade Españo-la de Diagnóstico por Imaxe da Mama (SEDIM) e coordinador do Programa Galego do Cribado do Cancro de Mama e da Unidade de Mama do Hospital Juan Canalejo (A Coruña). Aínda que ningún científico está hoxe en contra desta técnica de maneira tallante, admite que “a mamografía é como a democracia, o menos malo dos sistemas” e explica os seus límites.Cantos casos de cancro de mama se diagnostican cada ano en España? En España, entre 82 e 85 mulleres de cada 100.000 son diagnosticadas dun cancro de mama cada ano e esta incidencia é moi inferior á que se rexistra noutras zonas coma Europa, Bélxica, Dinamarca, Holanda ou Gales, onde pode chegar a representar 130 de cada 100.000. E vai á alza nas poboacións de distintos países, sobre todo nos máis desenvolvidos, onde aumentan os casos de cancro de mama.Pensa que o diagnóstico precoz ten os seus límites? Si. Hai que ter en conta que o cancro non é unha enfermidade, senón que hai moitas variedades de cre-cemento; algúns tumores desenvólvense excesivamente rápido e escapan da de-tección precoz. Pero é o mellor que te-mos; diminúe a mortalidade, aínda que ten algúns factores colaterais.Cales son as materias pendentes dos programas de detección precoz con mamografía? Hai mulleres que teñen un risco máis baixo ca outras e hainas que son de alto risco e que, polo tanto, necesitan un seguimento máis estreito. Tamén deben desenvolverse tecnoloxías novas para complementar a actual, co-mo a tomosíntese que, á parte da ma-mografía, realiza unha resolución por

plano mamográfico, que evita superpo-sicións do tecido en mamas densas con moito tecido. As mamas teñen, en esen-cia, tres tipos de tecidos: graxo, glandu-lar e tecido de soporte ou conectivo. A graxa permite ver unha lesión en des-envolvemento que teña unha densidade distinta a esta; é dicir, respecto á graxa vese mellor. Pero, na mama densa, non sempre se poden diferenciar ben os te-cidos e, debido a esta dificultade, hai lesións que poden non verse. Esta de-tección pódese mellorar coa tomosínte-se, a ecografía e, en casos puntuais, a resonancia magnética.É por este motivo que a mamografía é menos eficaz nas mulleres novas que teñen as mamas máis densas? En efec-to. É habitual que a muller nova teña a mama máis densa e máis tecido glan-dular (máis glándula e menos graxa) porque é un órgano pensado para a lac-tación; estas características fana máis difícil de avaliar. Pero, a partir de certa idade, en cada menstruación, a glándula substitúese por graxa.Escapan moitos casos ou danse falsos negativos? Un 15 % dos casos poden escapar da detección con mamografía. Isto é así porque esta non é unha en-fermidade dun comportamento único e a que hai tumores máis agresivos e que teñen manifestacións moi peculia-res. Pero nos programas de screening ou cribado faise unha dobre lectura ce-ga da mamografía: efectúana dous ra-diólogos independentes para minimizar ao máximo este tipo de erros. O scree-ning non se dirixe a pacientes, senón a mulleres sas. As pacientes con síntomas non deben esperar a un cribado mamo-gráfico, senón que se ha realizar outro tipo de estudo diagnóstico. Refírome ás pacientes que notan o típico vulto no peito e, nese caso, deben ir ao médico e seguir outro circuíto.

É certo que tamén se diagnostican tu-mores de mama que non o son? Non é que se diagnostiquen tumores que non o son, senón que se ven cousas na mamo-grafía que conducen a unha rechamada para realizar un estudo complementario. Os falsos positivos non son un cancro, implican realizar nas mulleres un estu-do complementario das mamas con eco-grafía, resonancia magnética ou biopsia. O sobrediagnóstico é un asunto contro-vertido, pero non é tan importante. A porcentaxe é moi baixa.O cancro é tamén o efecto secundario da mamografía? Un efecto aleatorio de calquera radiación, en calquera momen-to, é a radioindución dun tumor. Pero a mamografía actual irradia a doses moi baixas e esta posibilidade é moi remo-ta. Tamén a teñen os pacientes que via-xan en avión ou que se expoñen ao sol. Non obstante, o risco existe. O primeiro e fundamental é que non hai que apli-cala en mulleres menores de 35 anos porque as posibilidades de ter cancro son moi baixas e, polo tanto, é innece-sario. Convén dicir que os programas de cribado son de calidade e que se realiza sempre un control exhaustivo das doses de radiación.A pesar dos avances que houbo, can-tas mulleres falecen por cancro de mama? A taxa de mortalidade por can-cro de mama en España é de 20 casos por 100.000 mulleres ao ano. En reali-dade, a detección deste cancro pola vía do cribado permitiu unha maior super-vivencia das mulleres. Os programas de cribado de cancro si son efectivos e a redución da mortalidade depende da incidencia. Nalgúns foi do 15 % ou do 20 % e, nos países nórdicos, estas cifras son máis significativas, xa que a morta-lidade por cancro de mama diminuíu un 25 % ou 30 %.

www.consumer.es

oaquinJMosqueraVicepresidente da

Sociedade Española de Diagnóstico por Imaxe

da Mama (SEDIM)

30 31

Page 17: Pouca protección, demasiada confianza - …revista.consumer.es/web/ga/20130601/pdf/revista_entera.pdf · de BCC Erros de lectura do contador Dereitos do viaxeiro Dieta e sol Alimentos:

alimentación

Parecidos, pero non iguaisAínda que hai produtos case idénticos entre si, estes poden ter unha composición nutricional capaz de afectar a dieta

Hai alimentos que son doados de recoñecer polo seu alto contido en

enerxía, en azucres ou en graxas. Tamén é sinxelo intuír a súa capacidade para sumar calorías e, en consecuencia, para sumar quilos se se comen de forma ha-bitual. É o caso da bolería, das bebidas azucradas ou dos produtos moi graxos. Non obstante, hai outros alimentos de consumo habitual, mesmo básico, que suscitan dúbidas. É o mesmo comer un pan de barra ca un de molde? A diferen-za máis destacable entre as marmeladas é só o seu sabor ou tamén hai que aten-der a súa composición? Todos os embu-tidos son iguais? Algúns produtos, malia seren semellantes entre si, teñen unha composición nutricional diferente, e este é un aspecto que se debe ter en conta para levar unha dieta saudable.

Alimentos semellantes, composición diferenteA pirámide da alimentación saudable, a icona gráfica máis recoñecida que suxire un modo de alimentación sa en cantidade e en frecuencia de consumo, recolle no seu vértice os alimentos que, pola súa particular composición, son superfluos e innecesarios no contexto dunha dieta diaria. Este grupo confór-mano alimentos distintos na súa orixe e na súa elaboración, pero con nexos nutricionais en común: son moi azucra-dos e/ou moi graxos.Nel inclúese todo tipo de produtos doces e similares ou equivalentes (bo-lería, repostería, refrescos, chocolates, lambetadas, mesmo certos cereais de almorzo), aperitivos doces e salga-dos, salsas e cremas graxas (mantei-ga, margarina, maionesa), embutidos e

produtos de carnicería

en principio, máis naturais), mentres que noutros o azucre é o primeiro ingrediente da lista. Tamén están os que substitúen o azucre por frutosa que, en canto a calorías, vén ser o mesmo. É por iso que a opción máis saudable á hora de escoller o cho-colate é optar por aqueles nos que o cacao ocupe o primeiro posto, e non o azucre ou a frutosa.

Embutidos e friames. Unha ollada á lista de ingredientes permite distin-guir que marcas se prefiren fronte a outras, por incluíren máis cantidade de carne e menos graxa e aditivos. Non obstante, o consumidor pode levar unha sorpresa ao ler con dete-mento os ingredientes e ao descubrir que distintos produtos (mortadelas, chopped, salchichas) que compra teñen os mesmos ingredientes. A diferenza radica na orde na que se engadiron e no maior ou menor con-tido en aditivos.

Patés de fígado de porco. Nalgu-nhas marcas e variedades, o touciño é o ingrediente máis abundante, e non o fígado, como cabería espe-rar. O fígado é un produto rico en colesterol, pero con apenas graxa, mentres que o touciño, ademais de colesterol destaca polo seu contido en graxa saturada. O perfil nutri-cional dos patés con máis touciño é peor, en tanto que proporciona máis calorías e máis graxas. Porén, ambos son alimentos de consumo ocasional e prescindibles nunha dieta cotiá.

www.consumer.es

graxos. A dúbida para moitos consumi-dores radica noutros alimentos que, aínda que parecen equivalentes aos produtos máis básicos do seu mesmo grupo, teñen unha composición nutri-tiva diferente. Unha composición que, nalgúns casos, se debe ter en conta para non modificar a calidade da dieta.

Pans de molde. Os ingredientes do pan do día son fariña, auga, fermento e sal. Os pans de molde, en xeral, para que resulten tan substanciosos e para que se conserven sen endu-recerse e sen amofarse durante días ou semanas levan outros ingredien-tes, ademais dos básicos. Entre eles, inclúense azucres, aceites vexetais e vinagre, ademais de diversos aditi-vos emulsionantes, conservantes e correctores de acidez.

Marmeladas. Entre unhas marcas e outras pode haber unha diferenza de ata un 20 % no contido de azucres engadidos. Unha maior adición de azucres vai en detrimento da cali-dade gastronómica e nutricional do produto, xa que estes edulcorantes substitúen a froita.

Iogures azucrados. O mellor conse-llo é optar polos iogures naturais, de modo que se poida adozar se-gundo o gusto particular. Este xes-to permite reducir o azucre que se engade de xeito paulatino, co fin de educar o padal ata que se acostume ao sabor natural. Os iogures “edul-corados” ou “sen azucres engadi-dos” teñen un sabor máis artificial, polo que o padal non se afai a un gusto máis natural.

Chocolates. Nestes alimentos, coma no resto, os ingredientes aparecen en orde decrecente segundo a can-tidade engadida. Hainos que levan cacao en primeiro lugar (estes serán,

Controlar as por- Cións dos alimentos

En principio, a achega á dieta en azucres, graxas ou sal dalgúns dos alimentos descritos non é preocupante se se respecta unha porción razoable de consumo. Non obstante, si se pode converter nun problema se estes alimentos forman parte habitual dos menús, ao empregarse en substitución doutros máis básicos, entendi-dos como máis naturais, menos procesados e máis saudables. Pero, que é unha porción razoable? Diversos autores reflectiron nas súas obras científicas capítulos para identificar as porcións ou as “medidas caseiras” dos distintos alimentos, e unha referencia é a Lista de intercambios de alimen-tos españois, dos nutricionistas Giuseppe Rusolillo e Iva Marques. O documento recolle referencias ao peso e ao volume de alimentos e bebidas que se poden intercam-biar por outros do seu mesmo grupo alimentario, xa que propor-cionan un contido equivalente en enerxía e en macronutrientes

(proteínas, graxas e hidratos de carbono). O traballo está acompa-ñado dun álbum fotográfico que recolle 500 imaxes de diferentes alimentos. Serve, ademais, para comprender que non sempre unha porción de consumo “saudable” se corresponde coa unidade de determinados alimentos (froita, hortalizas ou peixes dos chamados “de porción”).

os seguintes son algúns exemplos de porCións interCambiables dos alimentos desCritos

• Pan de molde: unha rebanda, 30 g.

• Marmelada: unha culler de sobremesa chea, 15 g.

• Iogur: dous envases de 125 g.

• Chocolate: unha onza, 20 g.

• Embutidos e friames: 40-50 g.

• Patés: 50 g (unha porción pequena).

3332

Page 18: Pouca protección, demasiada confianza - …revista.consumer.es/web/ga/20130601/pdf/revista_entera.pdf · de BCC Erros de lectura do contador Dereitos do viaxeiro Dieta e sol Alimentos:

A saúde, tamén cuestión de olfactoA perda deste sentido, determinante para levar unha vida normal, é un síntoma guía de diversas enfermidades

altas; as rinites alérxicas, a rinosinusite crónica e a polipose nasal; e os acci-dentes que provocan un traumatismo cranioencefálico, como os de tráfico.Ademais destas, rexístranse outras causas múltiples, como enfermidades da mucosa nasal, tumores de cabeza e de colo e tumores cerebrais, a es-quizofrenia e algunhas enfermidades neurodexenerativas. De feito, a perda do olfacto é un síntoma inicial de pár-kinson e, no alzhéimer, asóciase a pro-blemas de memoria. Por último, entre 2000 e 4000 españois teñen anosmia conxénita; é dicir, non olen nada dende o nacemento por causas xenéticas.

Olfacto máis gusto, igual a saborO sabor dos alimentos é unha experien-cia sensitiva que nace dunha sinxela fórmula: olfacto máis gusto, igual a sa-bor. O padal humano percibe a consis-tencia dos alimentos (a súa suavidade ou dureza), o seu tamaño, a súa tempe-ratura e catro gustos principais: doce, salgado, amargo e ácido. Ao mastigalos, estes liberan substancias volátiles que pasan cara á campaíña e de aí á zona olfactiva, de maneira que o comensal é capaz de identificar cada alimento con-creto, e o seu sabor, xa sexa amorodos con nata fría ou chocolate quente.Sempre que unha persoa arrefriada afirma que perdeu o gusto e o olfacto, en realidade non perdeu o gusto, por-que segue notando se un alimento é doce ou salgado, senón o sabor porque, ao ter alterado o olfacto, non pode iden-tificalo nin saborealo. Non obstante, ca-be preguntarse se é posible recuperar o olfacto e, con el, o sabor das cousas.

Diagnóstico e recuperación do olfactoNa actualidade, unha persoa cunha perda olfactiva de máis de dúas sema-nas debería consultarllo a un médico. Aínda que a formación da comunidade médica é escasa ao respecto, nos últi-mos anos creáronse algunhas unidades especializadas en rinoloxía e en olfac-to, onde se pode diagnosticar o grao de afectación olfactiva mediante unha proba chamada Barcelona Smell Test (BAST-24), un test validado para toda a poboación española que analiza a res-posta sensitiva fronte a unha batería de 24 olores e catro gustos.Non obstante, non hai un tratamento específico para a disfunción olfactiva, senón que este consiste en identificar ben a súa causa e en tratala. Algunhas son reversibles de forma espontánea, como os arrefriados e os procesos ví-ricos; outras son irreversibles, como as que se deben a algúns accidentes de tráfico e, por último, hai outras que son reversibles, pero que requiren adestra-mento para recuperar o olfacto perdido.O estudo Olfacat demostrou que o nivel educativo –polo tanto, o adestramento– é moi importante para melloralo, polo que a rehabilitación olfactiva podería axudar a recuperalo, aínda que sexa de xeito parcial; porén, hai poucos estudos ao respecto.

www.consumer.es

5 CONSELLOS PARA COIDAR O OLFACTO

• Adestrar o olfacto e utilizalo ben para gozar dos olores.

• Evitar hábitos insáns, como o tabaco, consumir substancias e aspirar drogas polo nariz.

• Tomar conciencia de que a perda olfactiva é un síntoma de perda de saúde, ao igual que a perda de visión ou a lagrimexada denotan problemas oculares.

• Ante perdas de olfacto de máis de dúas semanas, acudir ao médico.

• Se se perdeu o olfacto, hai que ter en conta que iso pode repercu-tir no noso día a día, xa que non seremos capaces de detectar un escape de gas ou doutros produ-tos tóxicos na casa e tampouco se os produtos están en mal estado.

Fonte: Joaquím Mullol, investigador sénior do Instituto de Investigacións Biomédicas August Pi i Sunyer (IDIBAPS) e director da Unidade de Rinoloxía e Clínica do Olfacto do Servizo de Oto-rrinolaringoloxía do Hospital Clínic, de Barcelona.

saúde

Co olfacto comemos, amamos, des-prezamos e, sobre todo, gozamos.

Un olfacto en plenas condicións indi-ca que se ten un organismo saudable. Non obstante, un total de 7,7 millóns de españois e 82 millóns de europeos sofren algunha disfunción olfactiva. O 19,4 % teñen problemas para detectar olores; isto é, case unha de cada cin-co persoas sofren algunha disfunción olfactiva total (anosmia) ou parcial (hiposmia); o 56 % teñen dificulta-des para recoñecelos, memorizalos ou rememoralos; e o 50,7 % non son quen de identificalos, segundo Olfacat, o primeiro grande estudo europeo que entrevistou a 10.000 persoas sobre esta cuestión, e que se publicou en The British Medical Journal. Entre as con-clusións desta investigación, destacan algunhas como que as mulleres teñen mellor ol-facto que os homes; que este sentido pode adestrarse e en-riquecerse ata preto dos 50 anos; que diminúe a partir dos 60 anos, como a vi-sión ou o oído; e que é mellor en persoas cun nivel educativo alto, xa que compren-de o sentido puro –a capacidade de ulir– e está ligado a outras funcións superiores, como a linguaxe, a memoria e a percepción.Este sentido que tan a miúdo pasa des-apercibido entre nós é un sentido determinan-

te para sobrevivir no reino animal, onde as leoas cazan as súas presas en con-tra do vento para que non as ulan, os cans uliscan as pegadas olfactivas, que teñen a mesma validez que as dixitais para acusar dun delito, e numerosas especies escapan dos seus depredado-res grazas ao seu desenvolvido olfacto. Tamén na sociedade humana o olfacto alerta de graves perigos, como unha fu-ga de gas ou o fume dun incendio, evi-ta intoxicacións alimentarias grazas ao fedor que desprenden os alimentos en mal estado ou guía o médico no diag-nóstico de moitas enfermidades.

Tres culpables da disfunción olfactivaAs tres causas principais da perda total deste sentido son as viríases ou enfer-midades coma o arrefriado común ou a gripe, que afectan as vías respiratorias

3534

Page 19: Pouca protección, demasiada confianza - …revista.consumer.es/web/ga/20130601/pdf/revista_entera.pdf · de BCC Erros de lectura do contador Dereitos do viaxeiro Dieta e sol Alimentos:

economía

Que ven os meus ollos!Se non se está de acordo co consumo reflectido na factura da electricidade, convén dirixirse en primeiro lugar á empresa comercializadora do servizo

díxitos (correspondentes ao total de quilovatios rexistrados) o mesmo día cada mes, se pode ser á mesma ho-ra mellor, e restarlle a lectura do mes anterior anterior. E, deste xeito, obterá a cantidade de quilovatios que gastou durante ese período.En ocasións, os contadores atópanse dentro da vivenda e a distribuidora non pode acceder de forma cómoda para ler o contador. Co fin de evitar ter lecturas moi afastadas da realida-de, é aconsellable comunicarlle os datos de consumo á compañía por teléfono ou a través da súa páxina web, facilitar o acceso ao aparato medidor se non está no cuarto de contadores ou anotar os datos de lectura nas follas que se deixan a miúdo na comunidade para iso.Non obstante, cando a lectura do contador non coincida coa

súa, as asociacións de consumidores recomendan esperar ao mes seguinte antes de formalizar unha queixa. E a razón é que podería tratarse dunha estimación. A seguinte factura debería estar baseada na lectura real e, se o cálculo era erróneo, debería corrixirse de forma automática o importe cobrado de máis.

Antes de reclamarNon obstante, se se considera que o consumo que se cobrou é demasiado elevado, que a lectura segue a ser in-correcta e que non se corrixe a cifra facturada, o procedente é reclamar. As compañías aconsellan levar a cabo as seguintes accións antes de formalizar unha queixa:

Verificar a lectura real que rexis-tra o contador para contrastala coa lectura facturada. Se a última lectura do recibo é estimada, os consumos cobrados regularizaranse cando se dispoña dunha lectura real.

Comprobar o histórico de con-sumo de quilovatios facturados en anos anteriores.

Valorar se se incorporaron novos electrodomésticos que puidesen aumentar o consumo.

Comprobar o correcto funcio-namento do contador. Para iso, algunhas compañías recomendan desconectar toda a instalación eléc-trica da casa e verificar se, ao cabo de dez minutos, o contador xa non rexistra consumo ningún.

Solicitarlle á compañía distri-buidora unha comprobación do funcionamento do contador, se se considera que non funciona de xeito correcto.

www.consumer.es

As cAnles de reclAmAción

Por regra xeral, as compañías poñen á disposición dos seus clientes diferentes canles de contacto para presentar reclamacións. Se se desexa manifestar desconformidade coa lectura do contador, hai diferen-tes opcións:

Oficina en liña da compañía eléc-trica: algunhas empresas facilitan un correo electrónico para xestionar a queixa. Outras teñen formularios para reclamar e achegar copias de documentos que proben o motivo da reclamación.

Oficinas comerciais das compa-ñías: nelas poderase formalizar a reclamación e para iso hanse cubrir uns impresos preparados para tal efecto. É importante presentar copias de toda a documentación que poidan reforzar a queixa. Unha vez rexistrada, as compañías facilitan un código que se poderá utilizar para coñecer a evolución da desconformidade presentada.

Se a reclamación non se resolve nun prazo aproximado de 30 días, deberase comprobar se a compa-ñía da que se é cliente e a comu-nidade onde se reside se adheriu ao Sistema Arbitral de Consumo para a resolución de conflitos rela-tivos a subministracións. No caso de que así sexa, poderase dirixir a queixa á Xunta Arbitral Autonómi-ca en cuestión.

O consumidor tamén pode tramitar a reclamación na Oficina Munici-pal de Información ao Consumidor

(OMIC) e ten a posibilidade de facelo de forma presencial, por correo ou por internet.

Ademais, cabe a posibilidade de reclamar por vía xudicial cando o usuario non logre alcanzar un acordo coa empresa nun conflito de consumo. Non obstante, o máis recomendable é acudir a unha asociación de consumi-dores que informará o afectado se o caso pode ou non prosperar nos tribunais.

FormA dA reclAmAción

Nas comunicacións coa compa-ñía deberase indicar a máxima información posible para que a empresa poida tramitar e resolver a reclamación de forma eficaz. Hanse de referir os datos seguintes:

Datos do contrato: nome completo e NIF do titular do contrato (en caso de que non coincida co reclamante) e enderezo completo do punto de subministración do servizo. E se a queixa está relacionada cun cobra-mento, tamén se deberá incluír o número de póliza ou de contrato e o número de factura. Estes datos adoitan figurar nas facturas.

Motivo da reclamación: deber-ase facer unha breve descrición da desconformidade coa lectura do contador e hanse achegar os datos e tamén os nomes das persoas coas que se contactase e as datas de chamadas, co fin de facilitar unha resolución satisfac-toria da queixa.

Dado que as compañías de elec-tricidade non poden obter as ci-

fras de lectura do noso contador polas razóns que sexan, necesitan facer un cálculo aproximado do consumo. Rea-lizan entón unha estimación baseada en datos rexistrados nas mesmas da-tas do ano anterior. Se se equivocan nunha factura, o habitual é que se co-rrixa na seguinte, que si debería ter en conta o consumo real. Aínda así, son numerosos os consumidores que non están de acordo coas lecturas do contador e que deciden queixarse á empresa subministradora.

Primeiro paso: revisar ben a facturaSe non se está conforme co recibo da luz, hai que revisar a factura na bus-ca do nome da empresa que a asina para presentar unha reclamación. Se a compañía non dá unha resposta sa-tisfactoria, o afectado debe dirixirse á distribuidora, que podería ser res-ponsable dun erro de lectura do con-tador ou de realizar unha estimación errónea. A lectura refírese á cifra que marca o contador da subministración. Hai dous tipos:

A real: a primeira indica a nu-meración que marca o contador nunha data en concreto. Ese será o seu consumo.

A estimada: úsase en períodos nos que a empresa distribuidora, encar-gada de realizar as lecturas, non pa-sou a ler o contador ou ninguén lle facilitou os datos.

Para comprobar se as lecturas que realizan as distribuidoras coinciden coas súas, abonda con contrastar de xeito persoal os datos. Polo xeral, pa-ra coñecer a lectura dun mes, o usua-rio debe apuntar o número de cinco

3736

Page 20: Pouca protección, demasiada confianza - …revista.consumer.es/web/ga/20130601/pdf/revista_entera.pdf · de BCC Erros de lectura do contador Dereitos do viaxeiro Dieta e sol Alimentos:

bebé

Vacinas infantís, por fin un calendario para todosA nova axenda de inmunización para nenos e nenas será a mesma en todas as comunidades autónomas

Vacinas infantís, como funcionan? As vacinas preveñen enfermidades in-fantís perigosas, como a hepatite, a poliomielite e a meninxite. O prepa-rado destas inxeccións actúa como un espertador para as defensas do corpo do neno. O seu sistema inmunolóxico actívase e prepárase para protexer-se en caso de que sexa atacado por unha enfermidade. Aínda que as vaci-nas non son obrigatorias en España, si son aconselladas pola maioría dos expertos. “As vacinas preveñen doenzas infecciosas no neno e activan o seu or-ganismo para que desenvolva defensas contra elas”, explica a Asociación Espa-ñola de Pediatría.

Un calendario común de vacinación infantilO calendario de inmunización infantil axuda a que os pequenos non queden expostos a enfermidades graves. Non obstante, ata agora cada comunidade autónoma seguiu a súa propia axen-da para inmunizar os nenos. Pero esta situación cambiou, xa que España es-treará en 2014 un calendario de vaci-nación infantil único.

O Ministerio de Sanidade logrou pac-tar coas distintas comunidades autó-nomas unha programación común de inmunización, unha antiga reivindica-ción de médicos e pediatras que per-segue reducir as desigualdades entre as distintas rexións. O calendario de vacinación común recolle cando e de que hai que vacinar os nenos e as nenas. É dicir, esta axenda da saúde infantil marca as inxeccións que pre-cisan os pequenos ao longo da súa vida, en función da súa idade. Todas as vacinas que recibe o neno apún-tanse na súa cartilla de vacinación, un documento que serve para controlar se se cumpriu o calendario e que in-dica cando será a seguinte cita para vacinar o pequeno.

Como é o novo calendario de vacinación infantil común?O novo calendario de vacinas común inclúe oito inmunizacións para todos os nenos, con independencia da co-munidade autónoma na que vivan. A seguir, móstranse as oito vacinas do calendario de sanidade e a idade de-terminada para aplicalas:

Poliomielite. Componse de catro do-ses. A pauta é aplicala aos dous, ca-tro e seis meses de idade do bebé, e un reforzo aos 18 meses.

Difteria, tétano e tose ferina. A va-cina adminístrase en seis doses. As tres primeiras aos dous, catro e seis meses de idade do bebé. E tres re-forzos, aos 18 meses, aos seis anos e aos 14 anos.

Haemophilus influenzae tipo b. A vacina dáse en catro doses: aos dous, catro, seis e 18 meses de idade do bebé.

Triplo vírica: sarampelo, rubéola e papeiras. Esta inmunización desa-

grégase en dúas doses, a primeira aos 12 meses de idade do bebé e a segunda entre os tres e os catro anos.

Hepatite B. Esta inmunización dé-bese recibir en tres doses, aos cero, dous e seis meses de vida do bebé. En bebés de nais portadoras, a pauta é aos cero, un e seis meses.

Meninxite (meningococo C). Aplíca-se en tres doses: aos dous meses, aos seis anos e aos 12 anos.

Varíola. Unha dose aos 12 anos de idade. En nenos que non pasasen a enfermidade, a pauta é dúas doses.

Virus do papiloma humano. Só para nenas, aos 14 anos.

Os expertos piden máis vacinasO calendario de vacinación común foi unha antiga reivindicación dos expertos en saúde infantil. Non obs-tante, a actual programación de in-munización acordada non satisfai a moitos profesionais.Expertos e sociedades científicas, como a Asociación Española de Pe-diatría, sosteñen que o calendario pactado queda curto, tanto nas do-ses coma nas idades fixadas. Unha das reivindicacións máis repetidas é incluír a vacina do pneumococo, que quedou excluída da axenda de vaci-nas, e que só se mantén nestes mo-mentos en Galicia e no País Vasco.A idade acordada para a vacina da varíola, os 12 anos, tamén esperta críticas entre os expertos, xa que a consideran demasiado tardía, porque o 90 % dos nenos e nenas xa pasou a enfermidade a esta idade.

www.consumer.es

Vacinas infantís, a faVor ou en contra?

A pesar de que xa existe un calen-dario de vacinación infantil común, as vacinas infantís son voluntarias. Non hai ningunha lei que obrigue a poñelas e cada familia decide se desexa vacinar os seus fillos ou non. Non obstante, a postura tanto da Organización Mundial da Saúde (OMS) coma da Asociación Española de Pediatría é clara e contundente: recomendar a vacinación infantil.

A inmunización, ademais, é esencial para reducir a taxa de mortalidade de moitas enfermidades. A Orga-nización Mundial da Saúde estima que as vacinas evitan preto de 2,5 millóns de mortes cada ano en todo o mundo.

Os expertos en saúde infantil, ademais, destacan que as vacinas son seguras e recalcan que aínda que nalgúns casos poden producir efectos secundarios (polo xeral moi leves, como un pouco de febre ou un simple sarabullo), o perigo ou o risco de non as administrar é sempre moito maior.

Non obstante, tamén hai colecti-vos contrarios ás vacinas. Estes grupos, como a Liga para a Liber-dade de Vacinación, destacan os efectos secundarios das inmuni-zacións, así como algunhas reac-cións alérxicas provocadas.

consello interterritorial do sistema nacional de saúdeAprobado polo Consello Interterritorial o 21 de marzo de 2013

0 2 4 6 12 15 18 3 4 6 10 11 12 13 14 15VACINAS meses meses meses meses meses meses meses anos anos anos anos anos anos anos anos anos Poliomielite VPI1 VPI2 VPI3 VPI4

Difteria-Tétano-Pertussis DTPa1 DTPa2 DTPa3 DTPa4 dTpa Td

Haempophilus influenzae b Hib1 Hib2 Hib3 Hib4

Sarampelo-Rubéola-Parotidite TV1 TV2 TV2

Hepatite B (a) HB1(a) HB2(a) HB3(a)

Meninxite meningocócica C MenC1 MenC2 MenC3

Varicela (b) VVZ

Virus do papiloma humano (c) VPH©

(a) En nenos de nais portadoras, a pauta é de 1,6 meses. (b) Persoas que refiren que non pasaron a enfermidade e que non foron vacinadas con anterioridade. Pauta con 2 doses. (c) Vacinar as nenas de 14 anos de idade. Pauta con 3 doses.

Distintas respostas ás mesmas pre-guntas en función do lugar no que

se vive: cando teño que poñerlle ao ne-no a vacina do tétano, e a da polio...? E así ata unha decena. Preguntas que ata agora tiñan unha resposta distinta se-gundo a comunidade autónoma na que se residise. Non obstante, o Ministerio de Sanidade e as comunidades autó-nomas lograron pactar un calendario de vacinación infantil común, que será válido e igual en todas as rexións, e que entrará en funcionamento en 2014.

3938

Page 21: Pouca protección, demasiada confianza - …revista.consumer.es/web/ga/20130601/pdf/revista_entera.pdf · de BCC Erros de lectura do contador Dereitos do viaxeiro Dieta e sol Alimentos:

dereitos

Cancelaron o voo, que dereitos ten a pasaxe?Os viaxeiros deben recibir manutención durante o tempo de espera e tamén hospedaxe no caso de que o avión saia ao día seguinte

ou cancelacións. Se se aproban, as compañías aéreas deberán indemni-zar cando se produza un atraso de cinco horas en voos intracomunitarios ou inferiores a 3500 quilómetros de distancia; de nove horas para voos de entre 3501 quilómetros e 6000 quiló-metros, e de 12 horas para os voos de 12.000 quilómetros.Ademais, preténdese limitar a obri-ga de aloxar os pasaxeiros que de-ban pasar a noite na cidade de orixe. As aeroliñas hoxe están obrigadas a sufragar os custos de forma ilimita-da. A nova norma pretende limitar a tres noites esa obriga, aínda que só cando se trate de circunstancias ex-cepcionais. E en voos inferiores a 250 quilómetros ou con avións que leven menos de 80 pasaxeiros, as compa-ñías estarán exentas de ter que brin-dar aloxamento.

Cando non se indemniza o pasaxeiroNon obstante, as aeroliñas non están obrigadas a outorgar unha indemni-zación económica se se dan as se-guintes circunstancias:

Se se informa o pasaxeiro da cance-lación con, polo menos, dúas sema-nas de antelación.

Se, entre dúas semanas e sete días antes da data de saída do voo con-tratado, se lle comunica ao viaxeiro que a viaxe se anulou e, por outra banda, ofréceselle un transporte alternativo que lle permita saír con

menos de dúas horas de antelación con respecto ao anterior e chegar ao seu destino con menos de catro horas de diferenza con respecto ao voo cancelado.

Cando a cancelación se produce con menos de sete días de antelación, se a cambio se lle brinda ao pasaxeiro a oportunidade de viaxar noutro voo que saia con menos dunha hora de antelación con relación ao an-terior e que aterre en destino, como máximo, con dúas horas de atraso segundo o planeado.

Se é posible probar que a cance-lación se debe a circunstancias extraordinarias que a compañía non pode evitar, aínda que se to-masen medidas oportunas para pre-vir a situación.

O regulamento europeo sinala que estas situacións extraordinarias se refiren a casos de inestabilidade po-lítica, deficiencias inesperadas na se-guridade do avión, folgas e condicións meteorolóxicas incompatibles co voo. Non obstante, posto que este argu-mento é unha cuestión un tanto laxa, se a compañía aérea non cumpre coas obrigas que o regulamento estable-ce ou se o viaxeiro considera que as causas que alega a aeroliña para non efectuar o voo programado non son suficientes, recoméndase interpoñer unha reclamación para solicitar a compensación económica.

www.consumer.es

Como se reembolsa o diñeiro?

En ocasións, un voo atrasado bota a perder unhas desexadas vacacións ou trunca outros plans. Non obstan-te, isto non significa dar por perdido o diñeiro. Cando a saída se atrasa máis de cinco horas, ou se cancela, o pasaxeiro pode pedir que lle reem-bolsen o custo íntegro do billete.

A compañía está obrigada a devolver o custo íntegro, ao prezo que o comprou, nun prazo máximo de sete días. O reembolso débese efectuar en metálico, por transferen-cia bancaria, mediante cheque ou, se o viaxeiro o prefire, en bonos de viaxe ou noutros servizos que preste a compañía en cuestión.

Os termos “cancelado” e “atrasado” repítense con demasiada frecuen-

cia nas pantallas de información dun bo número de aeroportos europeos. Temporais, quebras de aeroliñas ou as temidas folgas son os principais res-ponsables da situación. A outra cara da moeda corresponde aos centos de pasaxeiros que non poden chegar ao seu destino segundo o planeado. Ao te-dio das longas esperas nas terminais, á incerteza por saber que sucederá e aos enfados habituais ante o mostrador da compañía aérea, engádese outro com-poñente: o descoñecemento dos usua-rios acerca das obrigas que teñen as aeroliñas nestas circunstancias. O voo pode cancelarse ou atrasarse, pero os dereitos do viaxeiro nunca deben que-dar en terra.

Indemnizacións por atraso e cancelaciónO Regulamento europeo 261/2004, que regula a demora e a cancelación dos voos programados, establece que o pri-meiro dereito de calquera pasaxeiro nesta situación é ser atendido e asisti-do. Non é unha cuestión banal. En nu-merosos casos, os viaxeiros que sofren estes contratempos quéixanse pola fal-ta de persoal das compañías responsa-bles para informalos.Cando un voo se cancela, a aeroliña está obrigada a lle ofrecer á pasaxe afectada comida e bebida suficientes, de forma gratuíta, en función do tem-po de espera. Os pasaxeiros teñen

dereito tamén a realizar dúas cha-madas gratuítas ou a enviar faxes e correos electrónicos.Unha das prácticas habituais entre as aeroliñas é ofrecer un transporte ou unha combinación de voos alternativa. En ocasións, a saída prevista para a no-va viaxe non ten lugar o mesmo día da cancelación. O pasaxeiro debe coñecer que, se se programa ao día seguinte ou en datas posteriores, ten dereito a recibir aloxamento nun hotel e a ser trasladado dende o aeroporto. Ademais, como sucede nos casos de overbooking, é posible que os pasaxeiros prexudi-

cados reciban unha compensación eco-nómica por parte da compañía aérea, que oscila entre os 250 e os 600 euros. A suma de diñeiro varía en función do número de quilómetros que separan os aeroportos de saída e de destino da viaxe, e que será máis canto maior sexa a distancia.Non obstante, a política de indem-nizacións podería cambiar. Polo me-nos, se se ten en conta a proposta da Comisión Europea do pasado mes de marzo para abrandar os criterios polos que as aeroliñas indemnizan os seus pasaxeiros, en caso de atrasos

CaNCelado

4140

Page 22: Pouca protección, demasiada confianza - …revista.consumer.es/web/ga/20130601/pdf/revista_entera.pdf · de BCC Erros de lectura do contador Dereitos do viaxeiro Dieta e sol Alimentos:

rece

itas

xuñ

o

Sabes como funciona o semáforo? É un sinxelo código de cores que indica se a cantidade dos nutrientes que compón a receita é alta, media ou baixa. Informa sobre as calorías e os nutrientes máis importantes dende o punto de vista da saúde: azucres, graxa, graxa saturada, sal e fibra. As receitas presentan normal-mente ingredientes cuxa porcentaxe sobre a cantidade diaria orientativa (CDO) é alta (predominan os amarelos). Estes pratos están concibidos como prato principal dunha comida ou dunha cea. O seu tamaño de ración é superior e a súa achega nutricional é máis elevada. Por este motivo, as receitas teñen uns puntos de corte diferentes aos dos produtos. • A cor verde indica que a ración de consumo de cada nutriente achega menos do 10 % da CDO (unha cantidade baixa do nutriente). • A cor amarela indica que achega entre o 10 % e o 35 % da CDO (unha cantidade media do nutriente). • A cor laranxa indica que achega máis do 35 % da CDO (unha cantidade alta do nutriente). * da CDO para un adulto

** o consumo de fibra é escaso e cómpre incrementalo

Unha ración contén: GRAXA CALORÍAS AZUCRES GRAXA SATURADA SAL FIBRA 390 4 g 15 g 1,9 g 0,6 g 9 g

19,5 % 4,4 % 21,4 % 9,6 % 9,6 % 37,5 %

Primeiro pratoEnsalada dE lEntEllas con vErduras

Ingredientes: 250 g de lentellas 50 g de cebola 2 dentes de allo

Gornición da ensalada: 50 g de ceboliña fresca 50 g de cabaciña 80 g de cenoria e de tomate - Un chisco de sal 40 ml de aceite de oliva 20 ml de vinagre de sidra 40 g de pan frito 40 g de maionesa lixeira - Un chisco de curry

como se elabora:Cocer as lentellas en auga con sal, uns den-tes de allo e media cebola durante 1 hora (ou ata que estean cocidas).Mentres, pelar e torar en brounoisse a ceboliña, a cenoria e a cabaciña. Mesturalo e regar lixeiramente con aceite de oliva e botar un chisco de sal. Reservar.Unha vez cocidas as lentellas, refrescalas con auga fría e escorrelas.Mesturar as lentellas coas verduras cortadas, aliñar o conxunto e servir sobre unhas follas de leitugas variadas. O prato pódese acompa-ñar duns anaquiños para facelo máis vistoso (tamén máis calorífico) duns anaquiños de pan frito e dunhas culleradas de salsa maio-nesa aromatizada cunha culleriña de curry.

comentario dietético:As ensaladas de legumes resultan unha proposta alimentaria moi interesante para potenciar o consumo destes alimentos básicos tamén no verán, tempada na que son menos apetecibles os estufados de legumes. A mestura con vexetais ricos en vitamina C, coma o tomate, favorece unha maior absorción do ferro vexetal das len-tellas. Tamén se poden engadir pemen-tos crus torados, segundo apetencias, e aliñar con limón en lugar de con vinagre para enriquecer a receita na devandita vitamina. No seu conxunto, é un prato refrescante, moi nutritivo, cunha intere-sante achega enerxética e de variedade de micronutrientes (vitaminas, minerais), ademais de fibra e antioxidantes.

4 Doada +1h 5-10

Primeiro pratoEnsalada dE lEntEllas con vErduras

sobremesasandÍa rEcHEa dE FroIta

segundo pratoluras GuIsadas con cHÍcHaros E cHaMPIÑÓns

Receitas, de todo corazónAs enfermidades do corazón e do sistema circulatorio supoñen a primeira causa de morte en España. Sobre elas inflúen numerosos aspectos e algúns deles non son modificables (a carga xenética ou a idade), mentres que ou-tros, como a alimentación, si o son. Seguir unha dieta sa é a pedra angular na prevención das enfermidades cardiovasculares. Tomar froita e verdura a diario, reducir o consumo de sal, apostar polo integral, aumentar a presenza de legumes e de peixe (no canto de carne) e decantarnos polos lácteos des-natados son algunhas das premisas que nos axudarán a preservar a saúde do noso corazón.

cantas calorías necesitamos ao longo do día?

% calorías totais A nosa proposta % calorías

ALMORZO 20-25 % - Leite 24 % (480 kcal) (400-500 kcal) - Galletas - Laranxa

MEDIA MAÑÁ 5-10 % - Tosta de pan con embutido 10 % (200 kcal) (100-200 kcal)

COMIDA 30-35 % - Ensalada de lentellas* 30 % (600 kcal) (600-700 kcal) - Lura guisada* - Sandía rechea de froita*

MERENDA 5-10 % - Sándwich de atún 10 % (200 kcal) (100-200 kcal)

CEA 20-25 % - Sopa de fideos 25 % (500 kcal) (400-500 kcal) - Tortilla de allos e gambas - Pan e froita

MÁXIMO 2000 kcal

(*) A partir do segundo trimestre de embarazo, a achega calorífica debe aumentar en, aproximadamente, 340 kcal.

4342

Page 23: Pouca protección, demasiada confianza - …revista.consumer.es/web/ga/20130601/pdf/revista_entera.pdf · de BCC Erros de lectura do contador Dereitos do viaxeiro Dieta e sol Alimentos:

Sabes como funciona o semáforo? É un sinxelo código de cores que indica se a cantidade dos nutrientes que compón a receita é alta, media ou baixa. Informa sobre as calorías e os nutrientes máis importantes dende o punto de vista da saúde: azucres, graxa, graxa saturada, sal e fibra. As receitas presentan normal-mente ingredientes cuxa porcentaxe sobre a cantidade diaria orientativa (CDO) é alta (predominan os amarelos). Estes pratos están concibidos como prato principal dunha comida ou dunha cea. O seu tamaño de ración é superior e a súa achega nutricional é máis elevada. Por este motivo, as receitas teñen uns puntos de corte diferentes aos dos produtos. • A cor verde indica que a ración de consumo de cada nutriente achega menos do 10 % da CDO (unha cantidade baixa do nutriente). • A cor amarela indica que achega entre o 10 % e o 35 % da CDO (unha cantidade media do nutriente). • A cor laranxa indica que achega máis do 35 % da CDO (unha cantidade alta do nutriente).

Sabes como funciona o semáforo? É un sinxelo código de cores que indica se a cantidade dos nutrientes que compón a receita é alta, media ou baixa. Informa sobre as calorías e os nutrientes máis importantes dende o punto de vista da saúde: azucres, graxa, graxa saturada, sal e fibra. As receitas presentan normal-mente ingredientes cuxa porcentaxe sobre a cantidade diaria orientativa (CDO) é alta (predominan os amarelos). Estes pratos están concibidos como prato principal dunha comida ou dunha cea. O seu tamaño de ración é superior e a súa achega nutricional é máis elevada. Por este motivo, as receitas teñen uns puntos de corte diferentes aos dos produtos. • A cor verde indica que a ración de consumo de cada nutriente achega menos do 10 % da CDO (unha cantidade baixa do nutriente). • A cor amarela indica que achega entre o 10 % e o 35 % da CDO (unha cantidade media do nutriente). • A cor laranxa indica que achega máis do 35 % da CDO (unha cantidade alta do nutriente). * da CDO para un adulto

** o consumo de fibra é escaso e cómpre incrementalo

Unha ración contén: GRAXA CALORÍAS AZUCRES GRAXA SATURADA SAL FIBRA 58 11,9 g 0,2 g 0 g 0 g 2,1 g

2,9 % 13,2 % 0,3 % 0 % 0,1 % 8,9 %

* da CDO para un adulto ** o consumo de fibra é escaso e cómpre incrementalo

Unha ración contén: GRAXA CALORÍAS AZUCRES GRAXA SATURADA SAL FIBRA 155 4,5 g 2,4 g 0,6 g 1,2 g 2g

7,7 % 5 % 3,5 % 2,8 % 19,2 % 8,5 %

sobremesasandÍa rEcHEa dE FroIta

Ingredientes: 400 g de sandía 100 g de amorodos 100 g de kiwis 100 g de mazás 100 g de piña 100 g de laranxa - Unhas pementas acabadas de moer

como se elabora:Abrir unha sandía pola metade, baleirala e cortar anacos de forma regular, pelar o resto da froita e torala. Mesturar todas as froitas a xeito de macedonia e regar co zume da laranxa, botar pementa acabada de moer e servir moi frío.

comentario dietético:Trátase dunha receita nutritiva, lixeira e refrescante, ideal para fomentar o con-sumo de froitas de tempada entre os máis pequenos ou entre os que senten preguiza por comer froita. A mestura de froitas proporciona un cóctel de nutrien-tes reguladores, como vitaminas (folatos, vitamina C), minerais (potasio, magne-sio), fibra e variedade de antioxidantes. Ao non levar azucre engadido, as calorías e os azucres veñen dados polos que con-tén naturalmente a froita. É un xeito para acostumar o padal a saborear o gusto natural e doce das froitas de tempada.

4 Doada 15’-20’ <15segundo pratoluras GuIsadas con cHÍcHaros E cHaMPIÑÓns

Ingredientes: 800 g de luras 2 cebolas vermellas

200 g de pemento verde 2 dentes de allo

100 g de champiñóns 50 g de chícharos 60 ml de aceite de oliva - Ceboliño - Un chisco de sal

como se elabora:O primeiro é limpar as luras. Nunha cazola baixa con aceite de oliva, rústrense a cebola e os pementos cortados en xuliana (en tiras finas) e os dentes de allo fileteados. Cando a verdura estea branda, engádense as luras. Remover durante un par de minu-tos e deixar cociñar a cazola con tapa e a lume suave durante 30 minutos, ata que as luras collan unha cor dourada. Engadir os champiñóns fileteados e deixar que coza todo durante 20 minutos máis. Unha vez cociñadas as luras e mais os champi-ñóns, agréganse os chícharos e dáse un fervor de 5 minutos. Finalmente, engádese o ceboliño finamente picado e déixase repousar cinco minutos antes de servir.

comentario dietético:A selección de ingredientes fai que esta receita se poida considerar como un nutritivo e saudable prato único, no que as luras achegan proteínas de alta cali-dade e de escaso contido en graxa; os chícharos son a parte que proporciona hidratos de carbono; as verduras comple-mentan a achega de nutrientes regulado-res, como vitaminas, minerais e fibra; e o aderezo de aceite de oliva para o guiso proporciona ácidos graxos insaturados e esenciais. Ao ser un prato moi cociñado e con pouca adición de graxa, pódese indi-car na dieta da maioría das persoas que seguen dietas de adelgazamento ou de control de graxas.

4 Doada 50’-60’ 10-20

rece

itas

xuñ

o

4544

Page 24: Pouca protección, demasiada confianza - …revista.consumer.es/web/ga/20130601/pdf/revista_entera.pdf · de BCC Erros de lectura do contador Dereitos do viaxeiro Dieta e sol Alimentos:

Comemos máis rápido, de xeito menos saudable e, por se non fose suficiente, a actividade física ocupa en moitos fogares un inmerecido segundo plano. Os máis pequenos non escapan desta espiral: o 16 % dos nenos de entre 6 e 12 anos do noso país padece obesidade e un 23 % sobrepeso. Unhas porcentaxes que au-mentan perigosamente cada día. Pódese parar esta tendencia? Dende a Funda-ción EROSKI quérese contribuír a cambiar estas cifras e por iso, dende hai meses e xunto cun equipo científico de pedago-gos e nutricionistas, púxose en marcha o Programa educativo sobre alimentación e hábitos de vida saudables (PEAHS). Este programa ten como obxectivo educar e transmitirlles aos máis pequenos e aos que forman parte do seu ámbito a im-portancia dunha alimentación equilibra-da e dun estilo de vida saudable.

Enerxía para medrar, tamén dende a pantallaDende este mes, inaugúrase a páxina web do Programa educativo sobre alimentación e hábitos de vida saudables (PEAHS) da Fundación EROSKI

Para que os nenos aprendan de forma amena os beneficios de levar unha boa alimentación e para que adquiran há-bitos de vida saudables, o PEAHS conta con dous embaixadores de luxo: Tix & Loy, dous nenos sans e deportistas que coidan os seus hábitos de vida e a súa alimentación. Dende hai meses, as súas aventuras e andanzas protagonizan o cómic dispoñible na contraportada desta revista.

Como novidade, dende este mes todos os materiais e recursos didácticos que compoñen o programa están dispoñi-bles nunha nova web (www.energiapa-racrecer.fundacioneroski.es), un sitio web moi intuitivo e práctico que nos guiará a través de todo o que ofrece o PEAHS.

En que consiste o programa?Formación e información, sempre dun xeito lúdico, son os dous piares básicos desta nova acción da Fundación EROSKI. En concreto, este programa organízase arredor de tres tipos de actividades:

• Unha aprendizaxe experiencial, diver-tida e de calidade recollida en unida-des didácticas.

• Talleres nos centros escolares: activida-des formativas e lúdicas relacionadas coa alimentación saudable.

• Talleres nas tendas EROSKI: cos que aprender a interpretar a etiquetaxe nutricional, o que é saudable, menos saudable... //

As unidades didácticas do PEAHS divídense en 8 entretidas sesións que inclúen teoría e diver-tidos exercicios prácticos que se desenvolven na aula e na tenda.• Nas dúas primeiras sesións, Tix e Loy presén-

tanselles aos nenos e ensínanlles a importan-cia de levar unha alimentación saudable.

• Na sesión número 3, os máis pequenos aprenderán a distinguir os diferentes com-poñentes dos alimentos, os seus nutrien-tes, os seis grupos alimenticios e a pirámi-de nutricional.

• A cuarta sesión ensinaralles aos nenos a dieta mediterránea, os seus beneficios e as dietas doutros lugares do mundo.

• Na quinta, Tix e Loy encargaranse de mos-trar como se pode facer un menú saudable e explicarán por que é importante facer cinco comidas ao día.

• Na sesión 6, os nenos poderán poñer en prác-tica todos os coñecementos que aprenderon na tenda EROSKI máis próxima ao seu cole.

• Na sesión 7 e 8, os máis pequenos darán un paso e crearán o seu propio espazo web. De-mostrarán canto saben sobre alimentación e hábitos saudables. E, como remate final, poderán participar no gran concurso interes-colar cun gran premio.

Sabías que... se queres que o cole do teu fillo ou filla

participe no programa PEAHS podes xes-tionalo nesta nova web?

... podes ensinarlles aos teus fillos a alimentarse de xeito saudable e dunha forma divertida cos xogos e coas activi-dades que atoparás no sitio web?

... se es profesor de primaria e queres saber máis sobre o programa PEAHS, podes facelo na nova páxina?

Unha ollada ás unidades didácticas

4746

Page 25: Pouca protección, demasiada confianza - …revista.consumer.es/web/ga/20130601/pdf/revista_entera.pdf · de BCC Erros de lectura do contador Dereitos do viaxeiro Dieta e sol Alimentos:

A chamada “Carta aberta aos cociñeiros do mañá”, que rea-lizou en setembro de 2011 o Consello Asesor Internacional do Basque Culinary Center, comezaba así: “O teu traballo depende dos froitos da na-tureza. Como resultado, tes a responsabilidade de defender a natureza e de utilizar a túa cociña e a túa voz como me-dio para a recuperación e a promoción de determinadas variedades e especies. Des-te xeito, axudas a protexer a biodiversidade e, asemade, permites o mantemento e a creación de sabores e elabo-racións culinarias”.

Co fin de destacar os xefes de cociña españois que tra-ballan neste sentido e que demostran un compromiso social pola preservación da biodiversidade de especies,

Como participarCada participante poderá en-viarlle ao BCC un máximo de tres propostas nas que incor-poren algún produto local do territorio nacional e que formen parte da carta do seu restaurante. Cada unha destas creacións deberá presentar-se cunha ficha descritiva do produto utilizado e outra coa receita e cunha foto coa ela-boración empratada. A páxina web do concurso www.coci-nandonuestrossabores.com ofrece a posibilidade de man-dar as innovacións culinarias dende a sección “Participa”.

De entre todas as recibidas, o xurado, composto por reco-ñecidos cociñeiros e expertos gastronómicos e do sector agroalimentario, selecciona-rá tres receitas que pasarán á

variedades e sabores, o ano pasado naceu o concurso Co-ciñando os Nosos Sabores, da man de EROSKI e da Faculta-de de Ciencias Gastronómicas Basque Culinary Center.

Este ano acábase de convocar a segunda edición para “reco-ñecer aquelas elaboracións culinarias que poñan en va-lor un produto local e as súas variedades e que se sirvan en restaurantes”. Ata o vindeiro 31 de xullo, poden inscribirse no certame todos os xefes de cociña en activo residentes en España. Entre eles, ben po-derían estar cociñeiros nava-rros coma Koldo Rodero, Pilar Idoate, David Yárnoz ou Alex Múgica, que non quixeron perder a presentación deste segundo concurso que tivo lugar en Pamplona.

fase final. Esta decisión farase pública o 30 de setembro na páxina web do certame, onde se colgarán tamén as receitas finalistas e os seus correspon-dentes produtos.

A última fase celebrarase, no mes de novembro, nas instala-cións donostiarras do Basque Culinary Center. Os tres cociñei-ros finalistas deberán elaborar in situ as receitas presentadas cos produtos específicos e o xurado degustaraas. Tras a deli-beración, o xurado dará a coñe-cer o seu veredicto, no que fi-gura a repartición dos tres pre-mios, dotados con 9000, 4000 e 2000 euros, respectivamente. //

Premio esPecial de Navarraespárragos, alcachofas, borra-xe, queixo de roncal, pemen-to, queixo idiazabal, gromos... a lista de produtos navarros é moi rica e a dos pratos que se poden cociñar con eles é infinita. moitos xefes de coci-ña idean as súas receitas cos produtos que ofrece a horta da ribeira, os seus pastos ou as explotacións gandeiras da comunidade Foral.

en todos eles reparará o xu-rado de cociñando os Nosos sabores, pois nesta edición, froito da colaboración dos organizadores co Goberno de Navarra, convocouse o Premio especial do Xurado dedicado á promoción de produtos de Navarra. o galardón outor-garáselle ao cociñeiro ou á cociñeira que destaque pola utilización e pola valorización do produto navarro no seu restaurante. o premio farase público o 30 de setembro.

Os primeirOs

Dous produtos típicos de Eus-kadi e un catalán foron home-naxeados na primeira edición do concurso: a ovella latxa (de orixe vasca), a cebola morada de Zalla (Biscaia) e o polo negro do Penedés (unha rexión situa-da entre as provincias de Bar-celona e Tarragona). Os xefes de cociña profesionais Roberto Ruiz, Álvaro Garrido e Daniel Isaac convenceron o xurado cunhas receitas que poñían en valor estas materias primas tan nosas e, por iso, pasaron á fase final do certame.

Antes de que rematase o ano, Cociñando os Nosos Sabores tiña o seu primeiro gañador. Roberto Ruiz, do restaurante Frontón de Tolosa (Guipús-coa), alzouse co primeiro premio co prato “Lombo de ovella latxa asada e sangrante con porros fervidos”.

Basque Culinary Center San Sebastián acolle dende 2009 a Fundación Basque Culinary Center, creada grazas a Mon-dragon Unibertsitatea e avalada por diversos cociñeiros vascos, como Juan Mari Arzak, Martin Berasategi, Andoni Luis Aduriz ou Ene-ko Atxa, e co apoio de institucións públicas e de empresas coma EROSKI. O BCC conta cunha Facultade de Ciencias Gastronómicas, a primeira universidade destas características en España, e o primeiro centro do mundo de investigación e innovación na área da gastro-nomía e da ciencia dos alimentos.

marchando un prato con produto localABERTO O PRAzO PARA PARTICIPAR NO SEGuNDO CONCuRSO COCIñANDO OS NOSOS SABORES, ORGANIzADO POR EROSKI E BASquE CulINARY CENTER

4948

Page 26: Pouca protección, demasiada confianza - …revista.consumer.es/web/ga/20130601/pdf/revista_entera.pdf · de BCC Erros de lectura do contador Dereitos do viaxeiro Dieta e sol Alimentos:

Unha mensaxe para a esperanzaEROSKI colabora coa campaña Hai Saída á Violencia de Xénero

Ante a violencia que se exerce contra as mulleres, o que supón a violación da igualdade e de todos os dereitos funda-mentais, non caben medias tintas. Trátase dunha actitude intolerable cara a mulleres de todo tipo de condición, cultura, orixe e nacionalidade, á que só lle poderemos poñer freo entre todos. Construír unha so-ciedade libre de violencia de xénero é, sen dúbida ningunha, unha tarefa conxunta de homes e mulleres, institucións públi-cas, asociacións…, e tamén de empresas coma EROSKI.

Dende sempre, a igualdade entre ho-mes e mulleres é un valor intrínseco de EROSKI. Por iso, o ano pasado non foi difícil pasar a formar parte do colectivo Empresas por unha Sociedade Libre de Violencia de Xénero. E, de feito, no mes de setembro recibiu a carta de adhesión a esta iniciativa, impulsada polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Con este recoñecemento, valorábase que a compañía colaborase de forma activa contra esta violencia de xénero, mediante a contratación de mulleres vítimas deste tipo de violencia e a través de campañas

de sensibilización e prevención no seu ámbito laboral, entre os seus clientes e nos seus círculos de influencia.

Sempre hai saídaAgora, como parte de Empresas por unha Sociedade Libre de Violencia de Xénero, EROSKI fai visible este compro-miso co seu apoio á última campaña que desenvolveu o ministerio neste sentido. Baixo o lema “Hai saída á violencia de xénero”, quéreselles dar unha mensaxe de esperanza ás mulleres que sofren mal-trato, o que supón “un convite a romper o silencio cómplice que, en moitas oca-sións, as rodea para tratar de lles mostrar o camiño de saída”.

Cada vez hai máis mulleres que deixan ese horror atrás. O 72 % das que sufriron esta violencia algunha vez hoxe declara tela superada, segundo a última macroen-quisa de violencia de xénero. Pero as cifras das vítimas da violencia de xénero seguen aí. Por iso é necesario continuar con cam-pañas coma esta, coa que se busca que non caian na resignación e que se animen a denunciar este tipo de situacións. //

Un traballo en igualdadeNos estatutos e no regulamento de réxime interno de EROSKI recóllese o principio de non discriminación, unha mostra da sólida sensibilización que practica no que atinxe ás políticas de igualdade. Isto significa que todas as traballadoras de EROSKI se benefi-cian das mesmas condicións salariais e que desenvolven as mesmas tare-fas de responsabilidade ca calquera outro traballador.Hoxe en día, o 72 % dos postos de responsabilidade están desempeña-dos por mulleres, que ocupan o 56 % dos postos de dirección e o 15 % dos postos de alta dirección. A presenza de mulleres nos órganos de decisión tamén é maior, cunha participación do 81 % no Consello Social, do 84 % nas Comisións Delegadas e do 71 % na Asemblea Xeral. Ademais, as mulleres representan o 66 % no Consello Reitor.

EROSKI mOStRa a SaídaO anuncio co slogan “Se a maltratas a ela, maltrá-tasme a mi”, que personaxes coma os actores mario Casas, Juanjo artero e Imanol arias protagonizaron, ou a canción “Chegaremos a tempo”, cedida pola cantante Rosana, son outras formas de facer chegar a mensaxe.Na rede de tendas e sedes sociais de EROSKI, expu-xéronse elementos desta campaña. Neles recórdase que o 016 é o número de atención ás vítimas de violencia de xénero. É gratuíto, non deixa rastro na factura de teléfono e funciona as 24 horas do día, os 365 días do ano.

5150

Page 27: Pouca protección, demasiada confianza - …revista.consumer.es/web/ga/20130601/pdf/revista_entera.pdf · de BCC Erros de lectura do contador Dereitos do viaxeiro Dieta e sol Alimentos:

Po

la túa

saúde

ESCOLA DE NUTRICIÓN Programa Educativo sobre Alimentación e Hábitos Saudables

Equipo! Mañá á primeira hora temos que entregar o traballo de mates… Así

que esta tarde poñémonos con el…

Claro, sempre que as comamos con moderación e dentro dunha dieta variada..

Ademais, podemos acompañalas dun pouco de leite ou macedonia, alimentos moi nutritivos e

que non conteñen exceso de graxas.

Moi ben, rapaces! Teño que felicitarvos.

A verdade é que fixestes un traballo

extraordinario. Como fixestes?

Ummm… Podemos

comer iso?

Antes de poñernos coas mates, que vos parece se merendamos un pouco

e repoñemos forzas?

Xa sei que estamos cansos, mais queredes vir á casa para preparalo?

É mellor non merendar demasiado, Loy, así despois cearás máis a gusto.

Agora xa temos as pilas ben cargadas! Merendemos as mates!

Si! Enerxicémonos!

Está boísima, Tix! Podo coller un pouco máis?

As mates? Puag! Mellor só traballémolas...

Días máis tarde...

Merendando mates, profe!

Merendar non só nos axuda a chegar con menos fame á cea, senón que tamén nos enche de enerxía e nos mantén frescos durante toda a tarde. Grazas a unha merenda equilibrada e de

cantidades moderadas, os nosos amigos conseguiron refrescar as súas cabezas, impresionar a profesora de matemáticas e sacar un sobresaínte.

Unha merenda diferente