Receitas de Outono

36
RECEITAS DE OUTONO

description

recompilación receitas con productos típicos do Outono

Transcript of Receitas de Outono

Page 1: Receitas de Outono

RECEITAS DE

OUTONO

Page 2: Receitas de Outono
Page 3: Receitas de Outono

Este libro - feito durante o curso 2009/ 2010 - recolle todas aquelas

receitas típicas de outono que o alumnado do 3º ciclo recolleu nas vosas casas.

Nelas os ingredientes básicos tiñan que ser ben a cabaza ou ben as castañas.

Aquí veredes que hai receitas de primeiros pratos, de pratos únicos e moitas

de sobremesas . Será porque somos unhas persoas moi larpeiras?

Entre as receitas das chulas de cabaza hai moitas variantes, porque cada quen

ten o seu “toque persoal” á hora de cociñar; nalgunhas as cantidades dos

ingredientes non figuran, porque as persoas que cociñan xa saben “a ollo” canto

hai que engadir de cada cousa; para os principiantes será un pouco máis difícil,

pero todo é coller práctica.

Agardamos que vos sexa de utilidade e que vos guste.

BO PROVEITO!

Page 4: Receitas de Outono
Page 5: Receitas de Outono

CREMA DE CABAZA (I)

INGREDIENTES

o ½ kg de cabaza

o 2 cebolas

o 2 cenorias

o 1 dente de allo

o 1 pemento verde

o 1 vaso de tomate natural

o 2 patacas novas

o 1-2 vasos de aceite de oliva

o Auga e sal ao gusto

PREPARACIÓN:

Picamos as verduras e poñémolas a refogar nunha cazola co aceite a lume lento.

Mentres sacamos a carne da cabaza e cortámola e anacos como a verdura;

facemos o mesmo coas patacas. Cando a verdura comece a dourar, engádese a

carne da cabaza e as patacas, refóganse un pouco todo xunto e engádese auga

ata que cubra. Bótaselle o sal e engádese o vaso de tomate. Mantémolo a lume

lento durante unha hora. Cando estea feito pasámolo polo “chino” para que

quede unha crema suave.

INFORMACIÓN: A cabaza é unha hortaliza de inverno; comeza en setembro e

dura ata a primavera. Para aquelas persoas que seguen dietas baixas en calorías

é moi interesante, posto que contén poucas calorías e, en cambio, contén moita

fibra.

RECEITA DE: Andrea Couñago Iglesias (mamá).

Page 6: Receitas de Outono

CREMA DE CABAZA (II)

INGREDIENTES:

o Un anaco de cabaza pelada 

o Sal e aceite 

o Catro vasos de auga

o Un tomate partido en anacos 

o Unha cebola cortada 

o Un allo porro cortado 

 

PREPARACIÓN:

Poñemos unha cullerada de aceite na tarteira, refogamos o allo porro e a cebola

nese aceite. A continuación picamos a cabaza e botámola á tarteira; deixamos

pochar un pouco e engadimos o tomate, auga e sal. Unha vez que está todo

cocido pasámolo pola batedora e xa servimos.

RECEITA DE: Mª Dolores Virulegio.

Page 7: Receitas de Outono

SOPA CON CABAZA

( para 5 ou 6 persoas )

INGREDIENTES

o Tres cuartos de kilo de cabaza

o 2 ovos

o Pan fritido ou torrado

o Medio litro de leite

o Unha cullerada de manteiga

o Sal

PREPARACIÓN

A cabaza pelada e limpa ponse a cocer con auga con sal. Xa cocida escúrrese

ben e machácase cun garfo, engadíndolle medio litro de auga e máis o leite moi

quentes, a manteiga e os ovos batidos ( a manteiga tamén batida), cun pouco

sal.

Pásase todo a unha sopeira e sérvese cos anacos de pan, en dados, fritidos ou

torrados.

RECEITA DE: Adrián Barros 6º A

Page 8: Receitas de Outono

PURÉ DE CABAZA

INGREDIENTES:

o Tres cuartos de cabaza,

o Unha lata de pementos morróns

o 4 cebolas frescas,

o 2 dentes de allo

o 150 g de queixo mozzarella

o 1 cullerada de aceite de oliva virxe

o 1 litro de caldo de verduras desgrasado

o Albahaca

o 1 culleradiña de azucre

o Pementa e sal

 

PREPARACIÓN

Escorrer os pementos, abrilos á metade, retirar as sementes e trocealos. Pelar

a cabaza e cortala en dados. Picar as cebolas e os dentes de allo.

Quentar o aceite e refogar a cebola e o allo sen que collan color. Agregar os

pementos e a cabaza, refogar uns minutos e mollar co caldo de verduras.

Sazonar co azucre, pementa e sal. Cocer a lume medio 25 minutos. Pasar pola

batedora e logo polo pasapurés. Meter na neveira polo menos tres horas.

 

RECEITA DE: Rosa. 

 

Page 9: Receitas de Outono

PURÉ DE CABAZA GRATINADO

INGREDIENTES

o ½ kg de cabaza

o 8 culleradas sopeiras de aceite

o 25 g de manteiga

o 2 culleradas sopeiras colmadas de fariña

o ½ litro de leite frío

o 3 ovos

o 100 g de queixo gruyère relado,

o Sal e noz moscada

PREPARACIÓN

Pélase, quítanse as pepitas da cabaza e córtanse en cadradiños. Nun cazo

póñense as seis culleradas de aceite a quentar; cando está quente ponse a

cabaza e, a lume lento, refógase, movéndoa de vez en cando cunha culler de

madeira, ata que os anacos estean tenros e sen zume ( para sabelo pícanse co

garfo). Pásase entón polo pasapuré.

Nunha tixola ponse a manteiga e as dúas culleradas sopeiras de aceite a

quentar; engádeselle a fariña, danse unhas voltas coas variñas e, pouco a pouco,

bótase o leite frío movendo constantemente. Bótaselle sal e noz moscada.

Cócese esta bechamel durante uns dez minutos e incorpórase ao puré de

cabaza.

Bátense os tres ovos, como para tortilla, e incorpóranse ao puré. Vértese esta

mestura nunha fonte resistente ao forno quente a gratinar. Cando o queixo

forme unha bonita costra dourada, retírase e sérvese na mesma fonte.

RECEITA DE: Catarina Adão Otero.

Page 10: Receitas de Outono

ENSALADA DE CABAZA

INGREDIENTES

o Cabaza cocida en anacos

o Allos

o Pementos

o Comino

o Aceite de oliva

PREPARACIÓN

Nun morteiro machucamos os allos, o pemento e o comino ata que quede unha

pasta, engadindo aceite de oliva para que ligue todo, ten que quedar unha

textura cremosa. Logo volcamos sobre a cabaza cocida, temperada ou fría;

mestúrase ben e pódese servir fría ou temperada.

RECEITA DE: Tamara González Rubín.

Page 11: Receitas de Outono

CABAZA Á CASEIRA

( para 4 persoas)

INGREDIENTES

o 400 g de cabaza

o 8 porros

o Pan de molde

o Allo, aceite e sal

PREPARACIÓN:

Límpanse os porros, córtanse en anacos pequenos e cócense en auga con sal.

Mentres cocen ( máis ou menos media hora), quítaselle a pel á cabaza e mais as

pipas; córtase en cadradiños e lávase.

Unha vez cocidos os porros, bótaselle a cabaza e déixase cocer 45’ máis. Unha

vez cocido todo quítaselle a auga e bótaselle por riba un refrito feito con pan

de molde e allos cortados moi finos; déixase ao calor un par de minutos e

sérvese.

Serve para acompañar tanto carnes como peixes. No verán pódese servir en

frío e alíñalo se se quere.

RECEITA DE : Adrián Barros 6º

Page 12: Receitas de Outono

ARROZ CON CABAZA

INGREDIENTES

o 2 cebolas

o 1 ou 2 culleradas de manteiga

o 2 tazas de arroz

o 2 pastillas de caldo de carne

o Queixo parmesano ao gusto

PREPARACIÓN

Sofrítese a cebola na manteiga; acondiciónase a cabaza feita puré ( ao gusto a

cantidade) e súmase o arroz.

A continuación vaise engadindo o caldo ata que o arroz estea ao gusto.

Incorporar o queixo relado e unha cullerada de manteiga ; déixase repousar 5

minutos e … listo!

RECEITA DE: Ana Mª e Lito.

Page 13: Receitas de Outono

CABAZA CON CAMARÓNS

INGREDIENTES

o Camaróns

o Pulpa de cabaza

o Sal

o Azucre

o Chiles

o Vinagre

o

PREPARACIÓN:

Agrega os camaróns picados e cociñados; engade a pulpa da cabaza e deixa que

todo se sazone. Proba e rectifica; sazona ao gusto con sal e un punto de azucre.

Por último agrega os chiles en vinagre en baixas cantidades ( ao gusto).

RECEITA DE: Tamara González Rubín 6º B

Page 14: Receitas de Outono

TAGIN DE CABAZA

INGREDIENTES:

o 1 kg de carne

o unha cebola e 3 allos

o pirixel

o unha culleradiña de sal

o unha culleradiña de xenxibre

o unha cullerada de pementa negra

o azafrán

o un pouco de pemento vermello

o 500 g de cabaza

o 3 culleradas de canela

o catros culleradas de azucre

o medio vaso de auga

o medio vaso de aceite de oliva

PREPARACIÓN:

Fritimos a carne en aceite coa cebola, despois os allos co pirixel e o sal; agora

botamos o xenxibre, a pementa negra, o azafrán, o pemento vermello;

mesturámolo todo. Despois dun pouco engadimos medio vaso de auga e

deixámolo cocer. Pelamos a cabaza e cortámola en anacos e, noutra tarteira,

poñemos os anacos de cabaza con dous vasos de auga e deixamos cociñar dez

minutos; botámoslle catro culleradas de azucre e a canela.

Presentámolo no tagin. RECEITA DE: Ibtissam Moukhass Moukhass.

Page 15: Receitas de Outono

CABAZA CON TOMATE INGREDIENTES

o Unha cabaza mediana

o Unha cebola

o Catro culleradas de queixo relado

o Un kg de tomates

o Dous dentes de allo

o Pirixel

o Fariña

o Pementa branca moída

o Aceite e Sal

PREPARACIÓN:

Pélase a cabaza e pártese en cadradiños. Rebózase en fariña e frítese nunha

tixola con aceite abundante ata que quede brandiña. Unha vez fritida

escórrese e ponse nunha fonte de forno.

Na mesma tixola, quitando un pouco de aceite, frítense a cebola e máis o allo

picados; despois engádeselles o tomate pelado e cortado, o pirixel picado, o sal

e a pementa. Frítese ata quedar unha salsa ben pasadiña ( pasada por

pasapurés). Esta salsa bótaselle por enriba á cabaza. Espolvoréase con queixo

relado e vai ao forno con calor medio, uns 10’ ou 15’.

Sérvese na mesma fonte.

RECEITA DE: Adrián Barros 6º

Page 16: Receitas de Outono

CHULAS DE CABAZA (I)

INGREDIENTES

o Fariña

o Cabaza

o Azucre

o Ovos

o Leite

o Aceite

PREPARACIÓN

Pelar a cabaza e despois cocela. Escorrela e botala nun bol. Botarlle a fariña, o

azucre, os ovos e o leite e mesturalo todo ben.

Nunha tixola con aceite ben quente vanse fritindo os anacos de cabaza pouco a

pouco.

Unha vez fritidos, vanse pondo nunha bandexa e espolvorénse con azucre.

RECEITA DE: Nai de Adrián (6º B).

Page 17: Receitas de Outono

CHULAS (II)

INGREDIENTES

o Fariña

o Cabaza

o Azucre

o Ovos

o Leite

o Aceite

PREPARACIÓN:

Primeiro limpas a cabaza, póla a cocer, logo escórrela nun escorredoiro.

Logo mesturas fariña, azucre, ovos e leite (bótalles o que mires que faga falla).

Bates todo e bótaslles unhas areas de sal e frítelas.

Receita de: miña avoa Sita ( Tatiana 6º B).

Page 18: Receitas de Outono

CHULAS DE CABAZA (III)

INGREDIENTES

o Un cacho de cabaza

o Casca de limón

o Un vaso de leite

o 200 g de fariña

o 100 g de azucre

o Canela en pó

o Canela en rama

PREPARACIÓN

Poñemos a cocer a cabaza coa canela en rama e coa casca de limón. Despois

escorrémola. Unha vez ben escurrida, poñémola nun bol e imos engadindo o

leite, os ovos, a fariña, o azucre e un pouquiño de canela en pó. Ao tempo que

imos engadindo os ingredientes, ímolo batendo coa batedora. Cando todo estea

ben remexido, farémolo na tixola, cun pouquiño aceite de oliva.

RECEITA DE: da miña avoa

Page 19: Receitas de Outono

CHULAS DE CABAZA (IV)

INGREDIENTES

o ½ kg de cabaza

o 4 ovos

o 200 g de fariña

o 100 g de azucre

o 50 g de pasas de corinto

o Viño de oporto para macerar as pasas

o Canela

o Aceite

o Sal

PREPARACIÓN

Cocemos cabaza sen a pel e troceada. Cando estea cocida escurrímola e

desfacémola cun garfo; agregámoslle os ovos batidos, a fariña, a metade do

azucre e as uvas pasas, previamente maceradas en oporto. Mesturamos todo

ben e poñémolas a fritir en aceite, no que douramos previamente unha pel de

limón. Botámolas na tixola axudándonos dunha culler. Cando están douradiñas

poñémolas nunha fonte e espolvoreamos co azucre e a canela. Se nos gustan

borrachas, en quente, engadímoslle un vaso de viño cun pouco máis de azucre.

Sen o viño tamén están moi boas.

RECEITA DE: Sara Álvarez Rodríguez.

Page 20: Receitas de Outono

CHULAS DE CALACÚ

INGREDIENTES

o Calacú

o Fariña

o Azucre

PREPARACIÓN

Pelamos o calacú, cocémolo e escurrímolo poñéndoo nun cacharro. Botámoslle o

azucre e pouca fariña e revolvémolo. Despois fritímolo en aceite quente e xa se

forma unha chuleta de calacú.

RECEITA DE : Andrea Míguez Collazo (O meu tío) 6º A

Page 21: Receitas de Outono

BUÑUELOS DE CABAZA

INGREDIENTES

o 6 ovos

o Sal

o Auga

o 200 g de fariña

o Aceite de oliva virxe

o Canela en pó

o 200 g de azucre

o 1 kg de pulpa de cabaza

o Azucre glass

 

PREPARACIÓN 

Pélase a cabaza, córtase en anacos e cócese con auga e sal. Unha vez cocida

pásase a un escorredor e déixase secar moi ben.

Nun bol bátense os ovos, co azucre e a fariña e engádeselle á cabaza ben

escurrida.

Ponse a tixola ao lume cun pouco de aceite e, cando estea quente, ímoslle

botando a cabaza cunha culler, de tal xeito que quede como un buñuelo. Dáselle

volta e facemos a mesma operación coas chulas que se vaian preparar.

Cando estean douradas deixámolas escurrir ben, pasámolas a unha fonte e

espolvoreámolas coa canela e o azucre glass.

RECEITA DE: José Miguel e Ana María.

Page 22: Receitas de Outono

FRITOS DE CABAZA

INGREDIENTES

o Cabaza

o Fariña

o Ovos

o Azucre

o Leite

o Levadura royal

PREPARACIÓN

Cocer a cabaza, poñela a escurrir; unha vez escurrida, nun bol, mesturamos

todos os ingredientes ata formar unha pasta non moi espesa.

Nunha tixola con aceite ben quente, vanse facendo unha especie de torrixas.

RECEITA DE : María del Carmen.

 

 

Page 23: Receitas de Outono

TARTA DE CABAZA (I)

INGREDIENTES:

o Leite

o Manteiga

o Cabaza

o Xemas de ovo

o Claras de ovo

o Azucre, sal e noz moscada

PREPARACIÓN:

Pór a ferver o leite; cando comece a ferver apagar o lume. Agregar a manteiga

e deixar que se derreta. Mesturar a cabaza, as xemas, o leite coa manteiga

derretida, o azucre, o sal e a noz moscada. Montar as claras a punto de neve.

Mesturar todo con coidado.

RECEITA DE: Tamara González Rubín 6º B

Page 24: Receitas de Outono

TARTA DE CABAZA (II)

INGREDIENTES

o 800 g de cabaza

o 3 ovos

o 150 g de azucre moreno

o 2 culleradas de mel

o ¼ de cullerada de noz moscada moída

o Unha culleradiña de canela moída

o 140 ml de nata

o 100 ml de leite

o 250 g de pasta quebrada

o Mel, canela en pó e nata ácida

PREPARACIÓN

Pelar, limpar e trocear a cabaza. Nunha ola con pouca auga poñela a ferver

durante dez minutos; escurrir, triturar e poñer nunha tixola antiadherente a

lume medio baixo ata que seque completamente. Arrefriar e reservar 600 g de

puré de cabaza.

Por outra parte, bater os ovos, o azucre, o mel, as especias; incorporar os 600

g de puré e, por último, o leite e a nata.

Forrar un molde acanalado, de 22 cm de diámetro, coa masa e fornear a 190 º,

vinte minutos, cuberto con papel de aluminio e legumes secas. Retirar o papel e

as legumes, extender o recheo e fornear 40 minutos máis a 180º. Arrefriar

completamente. Servir cada porción con nata ácida, un chorriño de mel e canela

en pó.

RECEITA DE: Yomara.

Page 25: Receitas de Outono

TARTA DE CASTAÑAS E CHOCOLATE

INGREDIENTES

o 600 g de castañas crúas peladas

o 150 g de azucre

o 50 g de manteiga

o 4 ovos

o 1 vasiño de ron

o 1 culleradiña de cacao en pó

o unhas areas de sal

o 1 limón

o 1 cullerada de azucre glass

PREPARACIÓN

Cócense as castañas en auga salgada durante 25 minutos e pásanse polo

pasapurés cando aínda están quentes.

Sepáranse as xemas das claras e traballámolas co azucre e a manteiga

rebrandecida, ata obter unha crema fina. Engádeselle o ron, o puré de

castañas, o cacao e a pel do limón relada.

Montamos as claras a punto de neve cunha areíña de sal e agregamos pouco a

pouco á mestura anterior, batendo coas varillas de abaixo para arriba.

Poñemos o forno a 190º e untamos con manteiga o molde da tarta. Vertemos a

mestura no molde e introducímolo no forno durante unha hora.

Deixámolo arrefriar e decorámolo co azucre glass.

RECEITA DE : A miña irmá

Page 26: Receitas de Outono

GALLETAS DE CABAZA (I)

INGREDIENTES

o 200 g de puré de cabaza

o 250 g de azucre moreno

o 300 g de fariña

o 100 g de manteiga

o 100 g de pasas

o Sal

PREPARACIÓN

Batemos a manteiga ata deixala en pomada e, sen deixar de remover,

engadimos o azucre, os ovos, a fariña e o puré de cabaza. Mesturamos todo ben

e engadimos un pouquiño de sal e as pasas. Nunha bandexa de forno untada coa

manteiga, espallamos porcións da pasta coa axuda dunha culler e dándolles

forma. Por último metémolas no forno uns vinte minutos a 160º.

RECEITA DE: Ana

 

    

 

 

Page 27: Receitas de Outono

 

GALLETAS DE CABAZA (II)

INGREDIENTES

o 4 culleradas de manteiga

o 10 culleradas de azucre

o 10 culleradas de fariña

o 3 ovos

o ½ vaso de puré de cabaza

o 100 g de pasas maceradas en auga ou en licor

PREPARACIÓN

1. Coa batedora bater a manteiga ata que quede en punto pomada.

2. Sen deixar de remover, engadir o azucre e os ovos.

3. Continuar batendo e agregar a fariña pouco a pouco.

4. Seguidamente incorporar, sen deixar de remover, o puré de cabaza.

Para preparalo previamente terás cocido unha loncha de cabaza en auga

cunhas areas de sal.

5. Nunha placa de forno cuberta con papel encerado ou untada con

manteiga, extender cunha culler porcións da masa dándolles forma.

6. Agregar as pasas e aplastar lixeiramente coa culler.

7. Fornear durante 10- 12 minutos a 180º. Deixar arrefriar e servir.

RECEITA DE: Brais.

Page 28: Receitas de Outono

PAN DE CABAZA

INGREDIENTES

o ½ litro de auga

o 50 g de sésamo

o 50 g de pipas de cabaza

o 50 g de pipas de xirasol

o 40 g de levadura de pan

o 2 culleradas sopeiras de vinagre de mazá

o 2 culleradiñas de sal

o Manteiga

PREPARACIÓN

1. Untar o molde con manteiga e quentar o forno a 200º.

2. Quentar a auga, sen que chegue a ferver e disolver a levadura, engadir

as pipas e o sésamo.

3. Engadir o vinagre e o sal e ir engadindo a fariña pouco a pouco e

mesturar todo ben, ata que quede unha masa fluída.

4. Deixar repousar a masa tapada uns 30 minutos.

5. Poñer a masa no recipiente, previamente untado coa manteiga e fornear.

RECEITA DE : Brais.

 

Page 29: Receitas de Outono

MAGDALENAS DE CASTAÑAS

INGREDIENTES

o ½ kg de castañas

o 3 claras e unha xema de ovo

o 150 g de azucre

o 150 g de manteiga

o Unha cullerada de ron

o Unha culleradiña de levadura

o Dúas estrelas de anís

PREPARACIÓN

Amoxegar as castañas e poñelas a cocer co anís. Cando estean cocidas pélanse

e tritúranse. Móntanse as claras a punto de neve e engádese pouco a pouco o

azucre, a manteiga a punto de pomada, o ron, as castañas trituradas, a fariña e

a levadura.

Énchense os moldes das madalenas con esta preparación. Introdúcense no

forno a 170º, durante 15 minutos.

RECEITA DE: Inés Martínez Gallego 5º B.

Page 30: Receitas de Outono

MOUSSE DE CASTAÑAS ( coa thermomix)

INGREDIENTES

o 250 g de queixo de Burgos

o 400 g de castañas cocidas e

peladas

o 1 bote de leite

o 200 g de nata

o 5 ovos

o 200 g de azucre

o Canela en pó

o Un cuarto de cubilete de anís

o Caramelo líquido

o Nata montada

PREPARACIÓN

Nun vaso moi seco poñer o azucre e trituralo uns segundos á máxima

velocidade. Engadir as castañas escurridas e o leite. Triturar todo ben.

Incorporar o resto dos ingredientes e programar 7 minutos , velocidade 4 a 90

graos.

Cando remate poña 2 minutos sen temperatura, retirándolle o cubilete para que

baixe a temperatura.

Volcar a mezcla nun molde de coroa bañado co caramelo. Hai que deixalo

arrefriar completamente antes de desmoldalo.

Servilo adornado con nata montada ao gusto.

RECEITA DE: María de los Ángeles Fernández Vázquez.

Page 31: Receitas de Outono

CASTAÑAS COCIDAS (I)

INGREDIENTES

o 1 kg de castañas

o 1 folla de loureiro

o Sal

 

 

 

PREPARACIÓN:

Poñemos a ferver unha ola chea de auga e botamos un puñado de sal e tamén o

loureiro. Deixámola ferver e botamos as castañas sen pel. Durante 2 horas

deixámolas cocer. Apagamos o lume e sacamos as castañas para que arrefríen.

 

RECEITA DE: PATRI ( ISRAEL).

Page 32: Receitas de Outono

CASTAÑAS COCIDAS (II)

INGREDIENTES

o ½ kg de castañas ( ou a cantidade que se queira)

o Sal

o Anís en gran ( mellor se se consegue da planta do anís directamente)

PREPARACIÓN

Pelamos as castañas e botámolas nun cazo con auga, sal e os grans de anís.

Poñémolas a cocer ata que estean brandas ( de 1 hora e media a 2 horas).

Escurrímolas e envolvémolas nun trapo limpo, deixándoas no mesmo cazo para

que non sequen nen se abranden de máis; ou ben cubrímolas con leite e

deixámolas repousar; segundo nos guste máis.

RECEITA DE: Xián.

Page 33: Receitas de Outono

BATIDO DE CABAZA

INGREDIENTES

o Cabaza

o Azucre

o Canela

PREPARACIÓN

Poñemos a cocer en auga a cabaza partida en trozos; agregamos a canela; cando

xa estea cocida agregamos o azucre. Déixase cocer 10 ou 15 minutos a lume

baixo.

Page 34: Receitas de Outono
Page 35: Receitas de Outono

Fin

Page 36: Receitas de Outono

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN

E DINAMIMIZACIÓN

LINGÜÍSTICA

------------------------

CEIP SANTO PAIO DE ABAIXO

REBOREDA

-REDONDELA-