centenario Luis Seoane

15
CENTENARIO DE LUIS SEOANE Biografía Pintor, gravador, muralista, ceramista e poeta. Naceu en Bos Aires, o 1 de xuño de 1910. Aos 6 anos de idade, chegou a Arzúa, Galicia,

description

centenario

Transcript of centenario Luis Seoane

Page 1: centenario Luis Seoane

CENTENARIO DE LUIS SEOANE

Biografía Pintor, gravador, muralista, ceramista e poeta. Naceu en Bos Aires,

o 1 de xuño de 1910. Aos 6 anos de idade, chegou a Arzúa, Galicia,

Page 2: centenario Luis Seoane

lugar dos seus antepasados. Licenciouse en Dereito en 1934.

Paralelamente á súa formación universitaria, iniciou os seus estudos

en gravado e pintura realizando a súa primeira exposición en 1929.

Comprometido coa realidade político-social de Galicia, participou

intensamente na vida cultural da época, converténdose xunto con

outros artistas, nun motor de renovación plástica.

"Conversa", 1946

A peripecia vital e intelectual de Luis Seoane non supón tanto o

esforzo de levar a cabo unha obra ampla e coherente, coma a vontade

de devolverlle á plástica e ao pensamento galego a dignidade perdida

polos anos de illamento e atraso: unha creatividade apaixonadamente

comprometida co seu tempo.

A vida de Luis Seoane (Bos Aires 1910-A Coruña 1979) foi

unha longa viaxe a través do século XX. Formado durante a ditadura

de Primo de Rivera, loitador nos anos da República, fuxido en 1936,

organizador e promotor da vida cultural no exilio, viaxeiro polo mundo

e atento aos múltiples discursos que ía xerando a súa época, Seoane

Page 3: centenario Luis Seoane

foi testemuña de excepción deste século axitado e convulso. A súa

obra, vasta e diversificada, o seu pensamento aberto, as súas

iniciativas, convérteno nun personaxe destacado no panorama da

cultura galega e española do século XX, que axudou a construír co

seu esforzo, o seu talento e o seu compromiso. "Mujeres", 1946

Page 4: centenario Luis Seoane

OBRA

Primeira etapa: influencia do expresionismo alemán (Grosz, Otto

Dix), os estudos de Lissitstzky, a metodoloxía da Bauhaus e, en

maior medida, do traballo de Pablo Picasso. Entre as súas primeiras

obras destacan os seus nus femininos e os retratos de campesiños no

medio da paisaxe dunha Galicia utópica.

"El entierro", 1945

A finais dos 40 a súa obra evolucionará cara a unha pintura na que o

escenario xa non ten o protagonismo de antano e no que se reduce o

sentido da profundidade. A representación ilusoria de

tridimensionalidad cedeu paso a outras propostas compositivas.

Seoane aplanou o espazo, esquematizou as figuras e deixou de

Page 5: centenario Luis Seoane

perseguir o sentido de profundidade, dotando a súa obra dunha

inmensa forza sintética. "Sueño surrealista", 1944

Nos 50 abandonou a paleta de terras e grises, e inclinouse cara ao

uso de tinguiduras saturadas, por considerar a cor como elemento

plástico autónomo. As pinturas dos anos cincuenta presentan

figuras de rexia estrutura e forte estatismo e monumentalidade.

Page 6: centenario Luis Seoane

"Las mariscadoras",1969

Os descubrimentos técnicos que lle proporcionan a realización de

murais levaranlle arredor dos anos sesenta a expresarse por medio

dunha pintura plana de fortes contrastes de cor e dun grafismo que

se superpón á obra pictórica, liñas e planos de cor relaciónanse entre

se. cargando a súa obra de gran forza sintética, levándoa cara a unha

deconstrucción da imaxe que supoñerá o cénit da súa etapa de

madureza. Seoane reproduce representacións humanas, tema

esencial da súa obra, hieráticas e que se reducen a esquemas

Page 7: centenario Luis Seoane

figurativos, de contido simbólico, de enorme poder de suxestión.

"A chambra branca", 1969

"Muller sentada", 1976

Page 8: centenario Luis Seoane

Eixos temáticos

A muller é un grande eixe temático dentro da súa produción.

Seoane rendeu homenaxe á figura feminina e reivindicou o seu rol

tanto no campo laboral como familiar. A muller sentada é un motivo

habitualmente visto nas construcións románicas de Galicia e ao cal o

artista recorreu continuamente reelaborándoo.

"Mater Galleciae", 1961

Page 9: centenario Luis Seoane

"Mariscadoras", 1964

A emigración

Page 10: centenario Luis Seoane

"Emigrante", 1967

Page 11: centenario Luis Seoane
Page 12: centenario Luis Seoane

La historia

"Pranto pola muller caida"

Esta obra pon de manifesto a preocupación constante de Luis

Seoane pola memoria histórica, neste caso polos mortos da Guerra

Civil. En 1963, Seoane retorna a Galicia tras un exilio político que

Page 13: centenario Luis Seoane

o mantivo en Arxentina durante case trinta anos. Todas estas

vivencias, a dureza do pasado, o terror da guerra, a persecución

política e o exilio, quedan reflectidos nos seus lenzos, que se volven

máis narrativos e evidentes que nos referidos a temas máis amables.

A liña adquire o protagonismo perdido en obras anteriores, e o

axuste das pezas da composición é máis elemental, tratando de

favorecer a claridade da idea que quere transmitir. Recupera os

ritmos curvos e as liñas dinámicas, que non por iso deixar de ser

sintéticas parándose apenas na descrición dos trazos e a fisionomía.

A cor evidencia as violentas tensións expresivas, estalando coma se

quixese mostrarnos a súa potencia interna. O emprego de grandes

superficies negras, acentúa o dramatismo psicolóxico da escena, e

provoca saturación das cores que o rodean.

"O artista é a memoria do seu pobo"

"En cada país existe unha realidade simbólica que se manifesta de

moitos modos e que se herda. Trátase de signos e formas que vencen

ao tempo e pasan dun a outro estilo. A arte dun pobo, sen querelo,

actúa de axente transmisor. Esas formas e signos orixinan á súa vez

outras novas, acontece probablemente como cos contos populares e

as lendas. O futuro está condicionado ao aproveitamento que

fagamos hoxe con ideas do noso tempo daquilo que herdamos. "

Page 14: centenario Luis Seoane

"Tres soles en Galicia", 1967

O artista nunca se abstrae da realidade histórica en que vive. O

pobo é país e vive fatalmente o seu tempo. Non pode escapar a este.

"

"A arte sempre está comprometida coa sociedade en que se

desenvolve (...) o tema non pode ser anécdota circunstancial, senón

reflexo dun sentimento universal que alcance a todos homes, tal é o

caso de "Os desastres da guerra" (...) A arte non soluciona nunca

nada; o que fai é mostrar as cousas, descubrilas, ensinalas na súa

particularidade e hondura aos homes. " LUIS SEOANE

"Paisaxe do sur", fin de los 70

Page 15: centenario Luis Seoane

Tradición e modernidade

A obra de Seoane é unha simbiose entre o afán por evocar a arte

tradicional de Galicia, manifestada a través dos petroglifos e da

enorme presenza do románico, e a arte das vangardas históricas,

admiradas polo pintor galego xa dende a súa etapa como estudante

de Dereito en Santiago de Compostela.

Luis Seoane foi autodidacta na súa aprendizaxe plástica, a súa

curiosidade e admiración pola Galicia dos seus antepasados e pola

arte en xeral foron os motores do seu coñecemento. A súa estética

marcará un antes e un despois na historia das artes plásticas en

Galicia. Tanto a cultura arxentina coma a galega constituíron o

impulso da súa diversa e extensa produción.