Maquetación Luis Seoane (P.07)

40
Luis Seoane Textos sobre deseño

description

Trabajo práctico. Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación, Pontevedra.

Transcript of Maquetación Luis Seoane (P.07)

Page 1: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Luis Seoane

Textossobre

deseño

Page 2: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Deseño e Maquetación: Nacho AraújoTipografías empregadas: Portada: Futura Heavy New e Book, 53pt. Interliñado 63,6pt.Títulos de capítulos: Bembo Std, 22pt. Interliñado 26,4pt.Texto principal: Bembo Std, 12pt. Interliñado 14,4pt.Pés das imaxes: Futura Book, 11pt. Interliñado 13,2pt.Notas a pé de páxina: Futura Book Oblique, 10pt. Interliñado 12pt.Paxinación: Bembo Std, 13pt. Interliñado 13,2pt.

Todos os textos que aparecen nesta publicación foron extraídos do caderno Alicerces nº18, editado polo Museo do Pobo Galego no ano 20101, agás o Manifesto do Laboratorio de Formas, que foi extraído dunha separata incluída no nº1 dos ‘Cuadernos del Labo-ratorio de Formas de Galicia’, editado por Edicións do Castro no ano 1970.

© dos textos: Fundación Luís Seoane© das imaxes: Os seus autores

Esta publicación é o resultado dun exercicio práctico da asignatura ‘Publicidade, Artes Gráficas e Tipografía’, impartida no 4º curso do Grao en Publicidade e Relacións Públicas na Facultade de Cien-cias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, Campus de Pontevedra.Esta publicación ten un obxectivo exclusivamente didáctico e non comercial.

1 FANDIÑO, Xosé Ramón e LÓPEZ, Gloria. ‘Luís Seoane. Teórico do deseño gráfico’. Alicerces nº18, Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela, 2010.

Page 3: Maquetación Luis Seoane (P.07)

ÍNDICE

Libros e autores galegos

Dúas imprentas e as miñas tapas

Breve crónica en relación comi-go e as artes gráficas

Manifiesto del Laboratorio de Formas

ÍNDICE

5

21

31

38

Page 4: Maquetación Luis Seoane (P.07)
Page 5: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Luis 5 SeoaneTextos sobre deseño

LIBROS E AUTORES GALEGOSPRIMEIRA EXPOSICIÓN ORGANIZADA POLO CENTRO GALEGO DE BOS AIRES

Día de Galicia de 1948

Breve historia do libro galegoGalicia, un dos pobos máis

antigos da Península Ibérica e que máis aportaron á historia da súa cultura, non podía deixar de conservar, por medio do libro e a través do tempo, o pensamen-to dos seus homes máis ilustres. Por isto, a Xunta Directiva do Centro Galego de Bos Aires, de acordo coa súa Comisión de Cultura, ao organizar esta primeira mostra do libro galego, sen poder contar para iso coa ri-queza bibliográfica que se con-serva en Galicia, e recorrendo aos escasos exemplares que se gardan nesta cidade, espera dar

sen embargo ao público culto de Bos Aires idea aproximada do valor do libro en Galicia, así coma salientar o extraordinario aporte deste país á cultura da Península Ibérica. Non contan-do, como non se conta neste caso, co apoio de entidades ofi-ciais nin, por conseguinte, con envíos desde Galicia de exem-plares raros, esta exposición non se debe de considerar, senón coma un primeiro intento des-tinado a ser superado nos anos vindeiros. En Galicia existen verdadeiras xoias bibliográfi-cas, entre elas algúns códices exemplares, dos que, dos seus miniados, detalles ornamentais, caligrafía, etc., limitarémonos a dar o seu aspecto fotográfi-co. Agardamos, pois, que nos anos próximos, logo deste in-tento primeiro, se realice máis completa unha nova mostra do libro galego. Con respec-to a esta primeira exposición é suficiente, para a entidade or-ganizadora, con que o público arxentino nos acompañe coa súa curiosidade e a súa simpatía.

Da máis antiga Galicia celta,

Page 6: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Luis 6 SeoaneTextos sobre deseño

aquela que conquistaron os ro-manos, non se conservan obras escritas. Sábese polos histori-adores latinos que os galegos tiñan unha literatura oral, que por desgraza non se conservou e a penas nos queda memoria das primeiras obras que se fixeron nos comezos da Idade Media.Foron os monxes, antes de que a imprenta entrase en Galicia, quen se dedicaron á copia de Códices e por eles quédannos fragmentos dalgúns himnos compostos polos poetas dis-cipulos do herexe galego Pris-ciliano, os once opúsculos deste, así como a memoria dalgúns daqueles homes de letras que o acompañaban, coma é o caso do poeta Arxirio. No século IV florecen dous grandes escritores galegos, o historiador Paulo Orosio, natural da Galicia Bra-carense, autor do Cronicón que relata a invasión dos suevos en Galicia. Desta época é o curioso libro titulado De Peregrinatione silviae, da monxa galega Eteria, obra incompleta traducida no século XIX a distintos idiomas europeos e que relata a peregri-

nación desta santa muller galega á península arábiga, onde estivo ao pé dos montes Sinaí e Nebo visitando a tumba do apóstolo Tomás e do rei Abgar, así como conta a súa viaxe a Carres para venerar a memoria do patri-arca Abrahám e as súas visitas despois a Exipto, Mesopotamia e Dumea antes de retirarse a escribir estas memorias na ci-dade de Constantinopla. Do século VII consérvase o libro do monxe galego San Valerio, titu-lado Ordo Qureimonia e logo das invasións árabes que se deteñen en Galicia, pero que paralizan toda manifestación literaria e cultural, aparece o Epitalamio da princesa galega Leodegun-da, filia do rei de Galicia Or-doño II, e o poema do bispo compostelán Munio Afonso De Consolatione Rationis. No século IX florece en Galicia unha es-cola de Códices na que se dest-acan, ademais do monxe galego Fritoso, o pictor que ilumina o li-bro de rezos de Fernando I con preciosas miniaturas, a escrit-ora Leodegundia de Bobadela que escribe os seus tratados en

Page 7: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Luis 7 SeoaneTextos sobre deseño

Miniatura do Libro de horas de Fernando I, do século XI, que se conserva na Biblioteca da Uni-versidade de Santiago de Com-postela.

Page 8: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Luis 8 SeoaneTextos sobre deseño

caracteres suevo-galaicos e da que se conserva a súa obra na Biblioteca do Escorial, ademais doutros monxes coma Este-vo de Celanova, Trasmondo de Samos e o bispo de Mondoñe-do Rudecindo. Neste século IX o diácono Miguel recompilou o Códice dos Concilios coñecido por Códice Lucense, desaparecido no incendio do Escorial, pero do que se supón que existen copias na Biblioteca do Vatica-no. De finais do século XI é a primeira composición poética universal de Galicia converti-da máis tarde na oración máis fermosa dos católicos co nome de Salve Regina e o seu autor é o bispo de Compostela pro-cedente das montañas de Cur-tis, San Pedro de Mezonzo1.

Anterior a todos eles e acu-sado de priscilianista é o teólo-go Bachiario, que escribiu en Roma Confessio fidei e De

1 As fontes de documentación histórica atribúen a autoría do ‘Salve Regina’ a diferentes autores. Consultar artigo na Wikipedia (http://es.wikipe-dia.org/wiki/Salve_Regina) [Último acceso 09.12.2012]

Reparationes Lapsi. En Santi-ago, Bernardo deu comezo á primeira historia da súa ig-rexa, monumento literario im-portantísimo ao que debemos grande parte dos coñecemen-tos que temos sobre as orixes e primeiros bispos de Composte-la, titulado Crónica Compostelana.

No século XI Walfrido publica a súa Crónica e Ordoño, prior de Celanova, a súa Vida de San Rosendo.

Pasadas esas épocas fóronse publicando traducións ao gale-go de distintas obras célebres do mundo medieval, ou com-pilacións legais que hoxe son documentos importantes para fixar o esplendor do idioma galego, como ocorre cos Diálog-os de San Gregorio, A lenda Áurea, de Pedro de Voráxine; a Cróni-ca Troiana da que se fixo unha espléndida edición dirixida por Martínez Salazar en 1900 na Coruña e da que temos un exemplar nesta exposición. Ata os séculos XIV ou XV, pódense fixar as distintas datas en que se fixeron estes Códices, ás que hai que engadir as traducións das Partidas, código legal ordena-

Page 9: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Luis 9 SeoaneTextos sobre deseño

do por Afonso X o Sabio, e do Foro Xulgo. Tamén dos séculos XIV ou XV é o Flos Sanctorum, historia da Igrexa de Iria escrita en galego, obra de Rui Vázquez da que existe un exemplar na Biblioteca da catedral compost-elá. Marabilla de realización son os Tombos que tamén están na dita catedral. Nestas obras dos Códices hai que atender, non só ao valor dos textos, senón tamén ao valor que posúen pola caligrafía con que se realizaron, así como polo que teñen os miniados, a calidade do papel, encadernación, dourados, etc.

Desde os séculos XII ao XV, Santiago de Compostela foi o centro cultural máis im-portante do extremo occidente europeo e no primeiro destes séculos comeza a manifestarse con extraordinario esplendor a poesía lírica galaico-portugue-sa. Florecemento literario de Galicia que comprende a un grande número de poetas entre os que se destacan Airas Núñez, Bernardo de Bonaval, Martín Códax, Joan Ayras, Pero Me-ogo, Paio Gómez Chariño, Jo-

han Zorro, Pero Amigo e tantos outros, así como na decadencia desta poesía, eses dous grandes poetas que tecen as súas vidas en lendas, que foron Macías o Namorado, a quen dedicou un estudo completo en Filadelf-ia o profesor Alberte Rennert, e Xoán Rodríguez do Padrón, do que a súa vida extraordi-naria xorde da pluma exemplar de don Ramón Otero Pedrayo en Las Palmas del Convento.No século XV incorpóranse ás letras castelás os cabaleiros Rui López, don Pedro Álvarez Osorio, o Conde de Altamira D. Rodrigo Osorio de Moscoso, don Luís de Viveiro, o bacharel Francisco de Vaamonde, Diego de Muros, Vasco de Aponte, etc., dalgún dos cales a penas se con-servan escasas mostras literarias.

Pasados os séculos en que os discípulos de San Frutuoso o Asceta se dedicaban á copia de Códices e no que os bispos como San Froilán levaban con-sigo o asno cargado de libros para ir dun a outro sitio, no momento en que Galicia esta-ba sumida en revoltas políticas e

Page 10: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Luis 10 SeoaneTextos sobre deseño

Páxina do Misal de Monterrey, de 1500, o máis antigo —entre os que se conservan— dos libros impresos en Galicia.

Texto dunha canción de amor do xograr medieval Martín Codax. Século XIII.

Page 11: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Luis 11 SeoaneTextos sobre deseño

sociais, don Diego de Acevedo, conde de Monterrei e frei An-tonio de Guevara, cronista de Carlos V, establecen a imprenta na nosa terra. A estes insignes varóns débese que Galicia non fose dos últimos pobos da penín-sula en utilizala para proveito propio. Murguía dinos, falando da imprenta en Galicia “aquí tivemos tamén os nosos incu-nables, e é esta unha gloria da que podemos envaidecérmonos como tantas outras que xacen no esquecemento máis triste”.

Poucos anos despois do de-scubrimento de América im-prímese o Misal de Monterrei, do que se teñen as primeiras novas polo bispo Muñoz de la Cue-va na súa Memoria Histórica de la Iglesia de Orense, sen que poid-an darse noticias exactas dos impresores Gonzalo Rodrigo de la Passera e Xoán de Porres, seguramente asturiano un e sal-mantino o outro e de quen se coñecen algunhas obras poste-riores. Este Misal é o primeiro libro impreso antes de 1500 en Galicia. Da imprenta instalada en Mondoñedo discútese se o

seu primeiro libro é a Descripción del Reino de Galicia polo licen-ciado Molina, feito en cuarto polo impresor Agustín de Paz.

Outro impresor célebre, tamén do século XVI, é Vasco Díaz Tranco del Fregenal, natu-ral de Estremadura, que tivo primeiro imprenta na cidade de Ourense e despois noutras varias cidades de Galicia. Logo destes primeiros obradoiros tipográficos foron famosos po-las súas edicións os que xurdi-ron a principios do século XVII con motivo de volver Santiago a absorber todo o movemento literario e cultural de Galicia e que foron as prensas dos Guix-ard, Fraiz, Aldemunde e Aguayo.

Nos séculos XVIII e XIX numerosas imprentas elevaron a arte tipográfica a unha cali-dade extraordinaria na época e son moitos os nomes de grandes impresores galegos que con-tribuíron coa súa artesanía ao desenvolvemento cultural desta rexión do occidente peninsular. De todas elas quedan exem-plos de revistas, diarios e libros.

A finais do século XIX xorde

Page 12: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Luis 12 SeoaneTextos sobre deseño

un home de grande mérito para as letras de Galicia, don Andrés Martínez Salazar, falecido na segunda decena do noso sécu-lo. Don Andrés Martínez Sala-zar, natural de Astorga coma D. Marcelo Macías, o outro grande maragato que consagrou a súa vida a Galicia e que tan excelentemente estudou Ote-ro Pedrayo. Martínez Salazar dirixiu na Coruña a súa céle-bre Biblioteca Galega, da que os seus volumes constitúen un compendio da obra intelectual de Galicia de finais do século pasado e principios do actual. El uniu ao seu gran labor de editor a súa actitud e xenerosa de mecenas e a súa produción moi meritoria de escritor.

Os libros da Biblioteca Galega, presentados sobria e severamente, están realizados con bo gusto tipográfico e constitúen en cer-ta maneira un modelo editorial.

Logo deste primeiro ensaio xurdiu na mesma cidade da Coruña outra gran editorial galega dirixida por Ánxel Casal, un dos homes a quen Galicia debe recoñecemento polo seu

traballo e que se titulou Edito-rial Nós, na que se publicaron grande cantidade de obras en idioma galego dos máis prestix-iosos homes de letras actuais de Galicia, que tivo a imprenta, primeiro na Coruña e despois en Santiago de Compostela. Si-multaneamente a este labor de Ánxel Casal, Xaime Ouintanilla dirixiu en Ferrol Céltiga e das imprentas de todas as cidades galegas saíron impresos libros que ían engrandecer aínda máis a riqueza cultural da nosa terra. Tamén en Santiago o escritor Arturo Cuadrado, acompañado dun núcleo de estudantes fun-dou as edicións Niké e Resol, onde se publicaron tomos raros da máis nova literatura galega. Tamén publicou unha primeira edición de poemas dos discípu-los do escritor e pedagogo uru-guaio Jesualdo, que constitúe actualmente unha curiosidade bibliográfica. En Mondoñe-do os poetas Iglesia Alvariño e Álvaro Cunqueiro sostive-ron unha reducida editorial de poesía: Editorial un no Este gal-lego. En Ourense publicouse

Page 13: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Luis 13 SeoaneTextos sobre deseño

Cuberta do libro De catro a ca-tro, escrito polo poeta Manoel Antonio no ano 1928 e edita-do pola editorial Nós de Anxel Casal.

Cuberta do número 9 da revista Nós, cunha ilustración de Caste-lao, editada en Ourense no ano 1922 coa dirección de Vicente Risco.

Page 14: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Luis 14 SeoaneTextos sobre deseño

ata 1936 a revista Nós, dirixida por Vicente Risco e Alfonso R. Castelao, que foi a mellor revista literaria que tivo Galicia no seu momento. Nela publicáronse por vez primeira traducidos a un idioma peninsular, o galego, grandes autores contemporáne-os, coma Tagore e James Joyce, por exemplo; deste último pre-cisamente un capítulo do Ulis-es. Outra revista que agrupou o núcleo máis mozo de escri-tores e artistas e que uniu en certa maneira a unha xeración distinta á de Nós foi Yunque, di-rixida por Ánxel Fole. Simul-taneamente, a Academia Galega, a Universidade compostelá e o Seminario de Estudos Galegos, levaban a cabo as súas publi-cacións. O labor do Seminario de Estudos Galegos, disolto por decreto despois de 1936, con-stitúe unha das máis importantes iniciativas de cantas se empren-deron en Galicia no que vai de século e algúns dos seus tomos, coma Terra de Melide, non foron aínda superados. Actualmente continúan o seu labor oficial a Academia Galega e a Univer-

sidade e emprenderon un im-portante labor editor o Instituto Padre Sarmiento de Santiago de Compostela e o Museo de Pontevedra. Tamén algúns par-ticulares como Edicións Celta de Vilagarcía comezan a realizar un labor serio e sistemático.Entre os artistas galegos que se dedicaron á decoración e ilus-tración do libro debemos sa-lientar no século XIX a Ánxel Balaca, Cendón e Guisasola e Mayer, e xa no século XX a Bu-jados, Alfonso R. Castelao, Cas-tro Gil, Cebreiro, Manuel Col-meiro, Camilo Díaz, Fernández Mazas, Urbano Lugrís, Car-los Maside, Portela, Máximo Ramos, Federico Rivas, Luís Seoane, Arturo Souto, Varela de Seijas e Manuel Torres, en-tre outros. Sinalamos a parte os grandes debuxantes galegos que realizaron case todo o seu labor nesta República, onde ad-quiriron xusta notoriedade sen que por iso esquecesen o seu país natal, como Cao, Alonso Lourido, Peña e Silva. O primei-ro, ao mesmo tempo que realiz-aba o seu profuso e importante

Page 15: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Luis 15 SeoaneTextos sobre deseño

Cuberta de revista Yunque con deseño e ilustración de Luís Se-oane, 1932.

Page 16: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Luis 16 SeoaneTextos sobre deseño

labor de debuxante satírico, en-tregado á paixón política deste país, editaba pola súa conta El Eco de Galicia, que máis tarde dirixiu e editou o historiador galego Manuel Castro López, tamén residente nesta República.

Dos escritores máis destaca-dos de Galicia que impulsaron a edición de libros débense ci-tar os nomes ilustres dos histo-riadores e escritores don Benito Vicetto e don Manuel Martínez Murguía e a este último debe-mos, ademais, que na súa obra publicada en Vigo en 1862 titulada Diccionario de Escri-tores2 aportase un dicionario bastante completo de impre-sores como primeira parte dese libro, no que están sinaladas as imprentas galegas desde aquela primeira fundada polo Conde

2 MURGUÍA, Manuel, ‘Impre-sores’, Diccionario de escritores galle-gos. Ed. Juan Compañel, Vigo, 1862: 11-30. É posible consultar unha copia dixitalizada do libro na Biblioteca Dix-ital de Galicia, Galiciana. (http://gali-ciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/consulta/registro.cmd?id=4829) [Últi-mo acceso 09.12.2012]

de Monterrei ata a Tipografía Galaica, que publicaba na época en que Murguía editou o seu libro, o xornal El Avisador.

Paralela a esta breve síntese histórica dos nosos códices e dos libros das nosas imprentas galegas, debe facerse mención das bibliotecas galegas, moitas delas de grande importancia, e que, pertencentes a entidades públicas ou privadas, ou de par-ticulares, realizan unha impor-tante función de difusión do libro. A máis destacada de todas elas polo seu valor e prestixio é a Biblioteca Universitaria. Seguiu na súa formación as alternati-vas de progreso e decadencia a través dos varios séculos da Escola Compostelá e nos seus comezos esta librería universi-taria formouse das achegas dos antigos mestres que ían legan-do os exemplares raros impresos ou manuscritos que reuniran na súa vida de estudosos. Estes volumes, ao principio, fóronse reunindo na Sala de Claustros. A mediados do século XVI o Claustro acordou a compra da Biblioteca do bispo Carmona

Page 17: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Luis 17 SeoaneTextos sobre deseño

pola cifra, daquela cuantiosa, de 400.000 marabedís, e au-mentáronse as cadeas e cadead-os que gardaban a antiga bibli-oteca, ao mesmo tempo que se convertía en pública, abríndoa ao lector por tres horas os días de traballo. Primeiro, os libros eran vixiados polo bedel, logo foron os estudantes quen os custodiaban. En 1591, o Santo Oficio realizou nesa bibliote-ca os expurgos que considerou necesarios. A custodia dos es-tudantes, así como as cadeas du-raron ata o século XVIII, en que comezou para a Biblioteca Uni-versitaria a súa obra de grande esplendor. Coa expulsión dos xesuítas incorporáronse a esta os volumes da magnífica biblioteca do Colexio de Santiago, e cos libros de doutrinas sospeitosas de herexía procedentes doutros colexios de Galicia, formouse o famoso cuarto de prohibidos. A isto engadiuse a doazón testa-mentaria da librería valiosa en exemplares dedicados ás Belas Artes do grande escultor gale-go, Felipe de Castro. Nos días da invasión francesa, un grupo de

sabios galegos “afrancesados”, entre os que estaban Pedro-sa, Bedoya, Bazán de Mendoza e Fontán, o famoso autor do Mapa de Galicia, lograron salvar a biblioteca do incendio. Poucos anos máis tarde, o bibliotecario Cousiño doou manuscritos do seu parente o sabio P. Sarmiento, e as magníficas bibliotecas dos conventos de San Martiño, San Domingos, Conxo e algunhas máis foron engadidas á Bibliote-ca Universitaria con motivo da exclaustración dos frades. A ela pertencen, ademais de millares de valiosos exemplares, o Libro de horas, que citamos antes, de Fer-nando I, máis de 100 incunables en 73 volumes, gran cantidade de libros do século XV, edicións realizadas por mestres da tipo-grafía europea coma Plantino, Maunar e Estéfanos e esplén-didas edicións dos impresores españois do século XVIII coma Sacha, Ibarra, Monfort e Cuesta.

Outras bibliotecas moi im-portantes están en entidades oficiais de toda Galicia, como algunhas de Deputacións pro-vinciais, e de Institutos, ou en

Page 18: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Luis 18 SeoaneTextos sobre deseño

Sociedades Económicas, ou en Clubs particulares. Debemos, sen embargo, destacar aquí a magnífica biblioteca de El Con-sulado da Coruña, a da Academ-ia Galega e as particulares e moi valiosas do Círculo de Artesáns e a máis modesta pero moi in-teresante para bibliografía con-temporánea do Sporting Club, na Coruña. Exemplos de bibli-otecas particulares entre as moi-tas e valiosas que se posúen en Galicia son a do arcebispo Lago González, que foi adquirida pola Biblioteca Universitaria Com-postelá e que conserva o nome do antigo propietario en hom-enaxe a este gran galego, home de letras e arcebispo de Com-postela; e a do poeta Antonio Rey Soto, actualmente instalada en Ourense, a cal foi conservada en Madrid durante o sitio des-ta cidade na última guerra civ-il polo goberno da Repúbli-ca e por personalidades galegas.

Hai máis de corenta anos, os emigrados galegos secundando a iniciativa do escribán desta cap-ital D. Gumersindo Busto, deu orixe a outra gran biblioteca, a

que se denomina en homenaxe a este continente “Biblioteca América”. Nela están deposit-adas coleccións de documentos e publicacións oficiais, libros de ciencia, arte e literatura e colec-cións de revistas de todas clas-es, ata constituír, seguramente, a mellor biblioteca americanista que hai en Europa. Cos libros procedentes de América están as coleccións de mineraloxía, de moedas e medallas, de mapas deste continente e multitude de pezas etnográficas que fan aín-da máis valiosa dita biblioteca. Esta grande obra, que constitúe a máis grande homenaxe que puidese ofrecer un pobo em-igrado a América ten, ademais, o valor de que a diferenza das grandes bibliotecas e arquiv-os norteamericanos, non se constituíron polo esforzo dun gran capitán da industria ou pola xenerosidade dun multi-millonario, senón polo esforzo colectivo de miles de homes que desde México e Cuba ata Arxentina e Chile, ao longo do Continente, enviaron estes li-bros a Santiago de Compostela.

Page 19: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Luis 19 SeoaneTextos sobre deseño

Cartel anunciador da Colección Hórreo, da editorial Emecé Edi-tores de Bos Aires, deseñado por Luís Seoane en 1942.

Page 20: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Luis 20 SeoaneTextos sobre deseño

En América, por outra par-te, e volvendo aos editores em-igrados galegos, creáronse catro coleccións de libros de autores de Galicia nas que se publica-ron arredor de 50 títulos. As coleccións Hórreo e Dorna de Emecé Editores; e Camiño de Santiago e Pomba da edito-rial Nova, e que é o primeiro grande esforzo realizado por es-tranxeiros para divulgar, sen afán proselitista bastardo, a cultura do seu país nesta República. Tamén se continuaron editando espo-radicamente nesta capital algúns novos tomos das Edicións Resol e, illadamente, publicaron al-gúns libros o Centro Ourensán, a Federación de Sociedades Galegas e Mocidades Galegas.

O libro preocupou sempre á xente mellor de Galicia e para demostrar esta afirmación bas-tará con citar a atención que demostra o noso sabio erudi-to frei Benito Jerónimo Feijoo, que establece regras incluso nalgún dos seus ensaios. Di o gran bieito galego: “Un escritor inhábil, destituído de enxeño, estilo, erudición, imprime un

libro inútil e expono en venta pública, sinalando o prezo ou proporción do volume, igual aquel polo común ao prezo que se vende o libro máis excelente; pois peca gravemente e está obrigado á restitución”. Esta-blece os fraudes que se come-ten no engano na calidade dos libros, na cantidade, se se finxe que o libro é maior do que é, na impresión, se o papel é groso ou está composto con caracteres moi crecidos e nos casos en que o seu contido non corresponde ao título. Para o P. Feijoo, por estes enganos que se poden fac-er, é obrigatoria a restitución de prezo. Estes principios de mor-alidade editorial do noso grande sabio galego debían de estar fixados nas postas de todas as editoriais e das imprentas que imprimen libros illadamente, coma unha lección de digni-dade, se non fose que a algúns impresores e editores actuais, non a todos afortunadamente, poden non interesarlles ser os propios denunciantes das tram-pas que se poden facer nos libros.

Page 21: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Luis 21 SeoaneTextos sobre deseño

DÚAS IMPRENTAS E AS MIÑAS TAPAS1

A Elena e Domingo García Sabell que me trouxeron toda a Compost-ela das miñas primeiras tapas.

En Santiago de Composte-la, monumento de granito e néboa, a antiga cidade vieira erguida coma unha rocha, es-tableceu Ánxel Casal a súa im-prenta. Primeiro no número 20 da rúa das Hortas á que se baixa por entre o Hospital Real e o Pazo de Raxoi, pasando pola igrexa de San Frutuoso, a das catro sotas da baralla: a de espadas, a de copas, a de ouros, a de bastos, que simbolizan os personaxes da danza da morte

1 SEOANE, Luís, “Dos im-prentas y mis tapas”, Libro de Tapas, Ediciones Botella al Mar, Bos Aires, 1953.

e da vida medieval: a nobreza, a igrexa, o comercio, os camp-esiños, que fixeron a Santiago tal como é na actualidade. A de copas tamén pode representar ademais do cáliz, as tabernas, que esa cidade de clérigos na súa antiga acepción, tonsurados e segrares, posúe en abundancia.

Despois da rúa das Hortas, de menestreis e artesáns, instalouse na Rúa do Vilar número 15, rúa central da vida da cidade, que no seu horizonte ve ergu-er a Torre do Reloxo da cate-dral compostelá. Na oficina que precedía aos talleres da impren-ta reuniámonos polas tardes con Casal un núcleo de estudantes para falar de política, de libros e facer proxectos de revistas. Pola porta viamos pasar uns cabalei-ros hipocritamente repousados, anciás veladas previdas de rosa-rios e libros de misa, estudantes ateigados de textos baixo o brazo, ou esveltas mandadei-ras coa sella de auga á cabeza.

De noite animábase a Rúa do Vilar cos paseos de es-tudantes; as parellas de namora-dos preferían facer a súa rolda

Page 22: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Luis 22 SeoaneTextos sobre deseño

de amor baixo os soportais que enmarcan a rúa, mentres, polo centro, grupos de mozos de am-bos sexos cruzaban entre eles, cos ollos, tenros madrigais, ao tempo que polos beizos se ded-ican ditos graciosos e galantes. Na miña época, moitos conspir-abamos á sombra dos soportais, discutiamos plans de rebeldía á luz das vidreiras das vellas prat-erías, das antigas librerías con sotos misteriosos, no portal dal-gunha vella casa polo que se entraba discretamente a unha taberna, ou arredor dunhas me-sas do café Español, onde outros consumían a súa quenda de oito horas de dados e de dominó.

Algunhas desas noites al-terábase o candor polas rúas cando se interrompía a en-erxía eléctrica da cidade por un apagón provocado por es-tudantes e obreiros ou pola car-ga aberta que a garda civil ou a garda de seguridade facía sobre nós, desfacéndose o paseo en-tre berros subversivos e corridas de mulleres, silenciándose nos cafés o golpeo das fichas sobre o mármore. Outras veces a desor-

de ocorría porque os estudantes de Dereito e os de Medicina ou os de calquera outra fac-ultade, en compañía dalgún dourador de imaxes ou tallista de mobles facían estalar bombas inofensivas fabricadas clandes-tinamente polos compañeiros de Ciencias, para sinalar a nosa protesta contra a ditadura e a monarquía. Calquera desas in-terrupcións á normalidade da rúa, dos paseos, non lograban silenciar a outros grupos que apoiados a unha columna can-taban a coro as máis diversas e fermosas cancións folclóricas de Galicia, nin alterar a curio-sidade das nais que axexaban o paseo das fillas tralas cortinas das fiestras. Os días de choiva, que son a maioría, o paseo faise baixo os soportais invadindo os paseantes o lugar recolecto reservado ás parellas de noivos.

É posible que aínda continúe, apoiada na columna, a vella e enrugada castañeira, que arrou-pada no seu longo e negro chal, dobrábase sobre o forniño onde asaba as castañas. Desprendíase dos rosarios das cocidas, ese olor

Page 23: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Luis 23 SeoaneTextos sobre deseño

a fiúncho ou anís con que se aliñan. A vella castañeira debe de continuar parecendo unha das figuras labradas en pedra do Pórtico da Gloria ou dun capitel, do Palacio Xelmírez.

Para algúns libros de poetas amigos, Feliciano Rolán, Iglesia Alvariño, Cunqueiro, fixen alí as primeiras tapas e ilustracións, aquelas que se imprimiron na imprenta e editorial “Nós” de Ánxel Casal, uns anos antes que outros debuxos meus fosen publicados en revistas literarias e semanarios políticos. Yunque, Universitarios, Claridad, Ser, Resol, que escandalizaban á fidalguía e burguesía galegas durmidas no pretérito, nas lecturas dos vellos cronicóns; historias de santos, amores clandestinos e balances bancarios. Na miña mesa de es-tudante mesturábanse, cos códi-gos de tratados de Dereito, os al-bumes e monografías de Picasso, Paul Klee, Grosz, Otto Dix e os números das revistas Nosotros e Nueva España —esta cos esplén-didos debuxos de Maside— e os libros das editoriais “Cénit”, “Ulises”, “Zeus” e “Teivos”.

Pasaron moitos anos desde que saín de Santiago á forza como tantos outros, pero desa cidade, das proximidades da cal proceden as miñas raíces, que o queira ou que non, nacese ou non nela, son para sempre. Nela fun estudante, tuno, revoltoso político, e alí entre as vellas pedras cubertas de liques, ouro, verde e negro, as fachadas románi-cas e barrocas, chuvia e néboa, acendéronse os meus primei-ros soños, aqueles que quizais nunca se cumprirán, pero que aínda son brasa repousada que a miña soidade promete labaradas.

IICon Arturo Cuadrado, amigo desde os anos de Compostela, emprendín en Bos Aires varias empresas editoriais. Os dous con outro amigo entrañable, Loren-zo Varela, de quen os primeiros poemas viñeron desde súa ter-ra aceirada de Lugo, traídos por amigos comúns, fundamos e di-riximos Correo Literario, coa colaboración de Alberto Girri, Pedro Larralde e Javier Farías (1943-45), coleccións de libros

Page 24: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Luis 24 SeoaneTextos sobre deseño

Primeira páxina da revista Clar-idad do 14 de abril de 1934, data do 3º aniversario da proc-lamación da República, con deseño e gravado ao linóleo de Luís Seoane en cor vermella.

Page 25: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Luis 25 SeoaneTextos sobre deseño

e outras empresas nada com-erciais, todas elas en certa ma-neira, unidas sentimentalmente á rúa Perú ao 666. Unha rúa do barrio de San Telmo, dese barrio habitado en grande par-te por galegos e portugueses e que leva o nome dun santo de Galicia, Pedro González Telmo, que tamén designa a ese co-pete de luz que nos momentos precursores da treboada ador-na a arboradura dos barcos.

A capital desa rúa branca, gris e ocre, de ceo azul coma toda a cidade, é para nós a Impren-ta López, que leva o número capicúa 666. Limita ao norte, no 613, coa Editorial Nova, no lugar da cal está “Botella al Mar”, un café de esquina e unha froitería de chinos canadenses; ao sur con outras dúas impren-tas das que o nome non vén ao caso; ao oeste, entre as casas de enfronte, cunha misteriosa de cor verde raída, pechada a súa porta desde hai anos con cade-as e cadeado, con reixas nas fi-estras que nos veráns aparecen cubertas de arañas estenden-do as súas teas ao sol. O leste é

lugar inexplorado, creo que en tanto tempo non vimos nunca a outra rúa, terra descoñecida poderíamos consignar, como nos mapas dos séculos XV e XVI.

A primeira vez que entrei na Imprenta López, hai máis de dez anos, antes de que modificasen a súa fachada e a súa estrutura in-terior, acompañando ao pintor Attilio Rossi, ao que axudaba Silvio Baldessari como artis-ta gráfico, foi a unha habitación utilizada para depósito de papel e taller de debuxante e da que dunha das súas paredes pendía unha vella gaita inútil e encou-zada, de cando había moitos anos os irmáns López, ou un deles, don Xoán, acompaña-do dalgún obreiro da tipografía ou das máquinas, representaba como actor afeccionado nos festivais da colectividade galega.

A Imprenta López unira xa o seu destino ao dos libros de moitos escritores arxentinos consagrados e novos, de modo que cando se fundaron as im-portantes empresas editoriais deste país, como consecuencia sobre todo da guerra de España,

Page 26: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Luis 26 SeoaneTextos sobre deseño

atoparon neses grandes talleres todo o necesario para cooper-ar coa grandeza do movemen-to editorial que se emprendía. Tipografía e máquinas constan-temente renovadas e un equipo de obreiros capaces, dirixidos por Don Xosé Manuel López Soto, filio do fundador e propie-tario da industria, e por Don Pe-dro Perrotta, ao carón dos cales viñeron formándose os fillos de don Xoán, Manolo e Xoán López. Todos eles temonean por igual, sorteando as borras-cas da industria, o traballo dos talleres e os soños dos autores.

Cando, con Cuadrado, quix-emos continuar o labor comeza-do de estudantes en Composte-la, editando, sen contas bancarias nin afáns comerciais, os libros máis estraños e descoñecidos, eses que ninguén arrebata nas librerías e que seguen silandei-ros o seu destino a través do tempo, pero que constitúen o estilo dunha época, a flor da historia cultural dun pobo, ato-pamos nesta imprenta, unha das máis importantes de Sudaméri-ca, o ánimo necesario. Desde hai

anos, entre as decenas de mil-lares de libros que saen do cor-no da abundancia da súa sección expedición, destinados a edito-riais arxentinas, venezolanas, colombianas e doutros moitos países deste continente, xorden esas magnolias, pola singular-idade dos seus textos, que son os libros de “Botella al Mar” .

Ao cafetucho da esquina de México e Perú, entre mensax-eiros da axencia telegráfica de enfronte, obreiros dalgunhas outras, que case sempre se con-strúen nos arredores, e comer-ciantes de países nórdicos que recordan paisaxes afastadas a través do fume das súas pipas, estendemos o reducido tamaño da nosa oficina. Alí discutimos plans quiméricos e novas pub-licacións acompañados do in-faltable cortado, ou algunha vez desa copa dobre de caña rubia do país. Cos anos vimos, indifer-entes, como se enriquecía máis dun camareiro, que deixaba de seguir nese negocio para esta-blecerse como patrón indepen-dente nun propio doutro barrio.

Algunhas veces, veciños da

Page 27: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Luis 27 SeoaneTextos sobre deseño

Cuberta do libro de poesía ¿Dónde se detuvo el tiempo?, de Fernando Scornik, editado pola editorial “Botella al mar” con deseño de Luís Seoane.

Page 28: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Luis 28 SeoaneTextos sobre deseño

vidreira, miramos silandeiros para as colas das xentes que espe-ran o ómnibus ou o colec-tivo ou para ese carriño de changas que ostenta o alcume: “Afástate piolloso que vén o peite”. Outras charlamos coa vella vendedora de lotería con ollos que reflicten cada día máis decididamente, polos moitos anos de emigrante, a color das follas dos carballos centenarios da montaña galega. Igual en-comenda ela ao azar os seus bil-letes coma nós os nosos libros.

IIIEscribín sen cerimonia al-gunha sobre dúas imprentas nas que pasei, por pracer, unha grande cantidade de horas da miña vida. Entre os centos de tapas e ilustracións que fun fa-cendo para moitas grandes e pequenas editoriais, talvez as que máis estime son aquelas primeiras, alegres e candorosas, feitas para algúns libros que se imprimiron na imprenta “Nós”, en Galicia, e as que fixen para Botella al Mar, con pé da im-prenta López, en Bos Aires; es-

tas últimas, como as primeiras, realizadas desinteresadamente, e destinadas na súa maioría a no-vos escritores descoñecidos. O título deste libro, onde se repro-ducen algunhas delas despoxa-das dos detalles tipográficos que as complementaron, é parecido a aquel capicúa que Macedo-nio Fernández escribiu nunha carta: “Libro de tapas de li-bro”, definindo: “a tapa de li-bro é a morada de todo lector”.

Penso que moitos libros actu-ais perdurarán como testemuño dunha bela época da pintura. Pablo Picasso, precursor en tan-tos xéneros artísticos, admirable ilustrador de Ovidio, de Gón-gora e de Buffon, dixo nunha oportunidade: “Tivemos a época dos ballets rusos, teremos prob-ablemente agora a época das grandes edicións”. Para un pin-tor ilustrar ou compaxinar un li-bro é unha oportunidade de at-opar unha nova expresión. Pola miña parte sentín, precisamente como pintor, a necesidade de facer fermosos libros aínda de-senvolvéndome sempre con mesquiños medios económicos.

Page 29: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Luis 29 SeoaneTextos sobre deseño

O que creo ter aportado ao li-bro en xeral coas miñas tapas e debuxos é un humor como de canción popular, xunto a imax-es novas e un alegre sentido da color. Outros atenderon proba-blemente máis a sutís elementos tipográficos e á utilización dos recursos aportados polas novi-dades técnicas. A min bastoume con destinarlles unha nova ex-presión visual, e a color, esa color popular, que, co debuxo se se quere, pode lembrar por igual os antigos miniados, as figuras dos naipes, as decoracións da cerámi-ca e as lonas pintadas dos circos.

Page 30: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Luis 30 SeoaneTextos sobre deseño

Cuberta e contracuberta do libro Piel encerrado sueño, de María Luisa Biolcati, editado pola edito-rial “Botella al mar” con deseño de Luís Seoane.

Page 31: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Luis 31 SeoaneTextos sobre deseño

BREVE CRÓNICA EN RELACIÓN COMIGO E AS ARTES GRÁFICAS1 Albert Skira, creador de libros de arte daquela espléndida re-vista que se chamou Minotaure, asegurou, no catálogo que con-memoraba os seus vinte anos de editor, que un fermoso li-bro non é obra dunha soa per-soa, senón o froito do esforzo de todos aqueles que traballan na súa elaboración. Son varios os artesáns que interveñen na elaboración do libro e o esforzo é sempre de carácter colectivo. Cada libro ten unha historia, in-dependente do autor e do tema que trata. Unha historia referida

1 SEOANE, Luís, “Breve cróni-ca en relación conmigo y las artes gráficas”, Segundo Libro de Tapas, Ediciones Bonino, Bos Aires, 1957.

á súa edición. Aquel libro que naceu rico, que produciu segu-ramente un déficit na contabil-idade da editorial, aí está nunha librería de última categoría, vendéndose en lote, con out-ros máis modestos que correron igual sorteo “Tres libros por dez pesos” reza o cartel, sen importar o nome do autor, título ou tema. O libro, aínda nestas condicións, mantén o seu segredo interior, a súa historia oculta e unha espe-cie de dignidade que o semella nesas librerías, onde se vende en promiscuidade con discos e out-ros obxectos, á daqueles fidalgos vidos a menos que ostentan no traxe gastado a traza das repet-idas limpezas dos tintoretos e que viven unha segunda vida na Corte dos Milagres de calquera cidade. O traxe do libro, a súa tapa, ou a sobrecuberta se aínda a conserva, tamén ostenta sinais parecidos de gomas de borrar.

A rúa Correntes de Bos Aires é o Barrio Chino, o Mangue, ou o vello Paseo Colón de moitos libros que esperan o seu rescate. Cada un deles ten, independ-entemente da historia da súa

Page 32: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Luis 32 SeoaneTextos sobre deseño

creación e do seu actual desa-mparo, a súa crónica gráfica tan digna de ser relatada nalgúns casos, como a do “Florilége des amours de Ronsard”, que ilustrou con espléndidas lito-grafías Matisse e, en oportuni-dades, moito máis pintoresca.

Entre todas as persoas que interveñen na confección do libro, o que lle imprime carácter definitivo é o maque-tista, o artista gráfico, autor da súa arquitectura e decoración.

Cando comezou o grande movemento editorial arxenti-no, entre os anos 1938 e 1940, a consecuencia da guerra civil española, algúns artistas gráficos trataron de imprimir personal-idade aos libros que saían por primeira vez en cantidade das imprentas de Bos Aires. Tres so-bre todo, Atillio Rossi, Jacobo Hermelín, e eu mesmo, desde editoriais distintas, quixemos conseguir esa diferenciación.

Pasaron case vinte anos, e falo de min en relación con aqueles a quen seguramente debe aportes máis fundamentais o libro arxentino. Mais, cada un

de nós, Attilio Rossi, o primei-ro, Hermelín, e máis eu, deix-ou na arquitectura e decoración do libro industrial arxentino, na creación de cada un dos que fixo, ou de moitas coleccións deles, o aporte da súa sensibil-idade artística e da súa cultura. Os tres tiveramos que saír, por razóns políticas, dos países onde nos formaramos. Attilio Rossi abandonou a Italia de Mussolini onde dirixira con Cario Dradi Campo gráfico2, en Milán, logo de participar en todos os move-mentos renovadores da tipo-grafía e das artes gráficas nesta

2 A revista Campo Gráfico foi a primeira publicación idependente en Italia, e das primeiras en Europa, en difundir e aplicar as teorías do deseño de vangarda no período de entreg-uerras. A revista caracterizouse pola aplicación dunha lóxica funcionalista ao seu deseño, empregando grellas, composicións asimétricas ou fotomon-taxes. A revista editouse en Milán dende o ano 1933 ao ano 1939. Na páxina de internet www.thisisdisplay.com poden consultarse as cubertas de moitos exemplares (http://www.thisis-display.org/tag/Campo+Grafico) [Úl-timo acceso 09.12.2012]

Page 33: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Luis 33 SeoaneTextos sobre deseño

cidade. Xacobe Hermelín tivo que fuxir do seu país, Alemaña, como consecuencia das perse-cucións de Hitler e trouxo con-sigo, á parte da súa experiencia gráfica, o seu aporte de notable calígrafo, impoñendo nas tapas que fixo o valor abstracto das letras. Pola miña parte, tiven que deixar Galicia, dominada por Franco, onde en contacto cunha pequena imprenta compostelá, a da “Editorial Nós”, espertouse a miña afección pola artesanía gráfica. Tratábase, entón, de edi-tar semanarios políticos e revis-tas xuvenís de arte e literatura que fixesen chegar aos demais o aporte da diferenciación cul-tural e sentimental desa terra.

Dos tres, só Attilio Rossi puido regresar ao país da súa formación; Hermelín finou no desterro e, pola miña par-te, veño contemplando des-de aquela, desde esta cidade do meu nacemento, o curioso fenómeno político da incorpo-ración paulatina do franquismo ao seo das democracias, sen disi-mular a súa orixe e violencia.

Rossi trouxo ao libro arx-

entino o seu amor pola medi-da, o seu rigor xeométrico e, cos seus grandes coñecemen-tos técnicos, un afán constante de experimentación. Hermel-ín aportou a vontade e o vig-or que caracterizan o traballo xermánico, o amor ao contraste exclusivo do branco e negro, e o seu sentido, deixamos dito, do valor formal da letra. Pola miña parte, máis instintivo, tratei de servirme do meu coñecemento do pasado para as miñas expe-riencias gráficas. O gusto po-las prehistóricas insculturas nas rochas, numerosas en Galicia, polas inscricións dos sarcófagos romanos que tamén alí abun-dan, e polos miniados medi-evais. (Sobre todo, aqueles do cartulario da catedral compost-elá, do Tumbo A, e os do Diur-nal de Fernando I, que teñen as páxinas epigráficas máis ricas da antiga librería española, ao dicir do especialista Domínguez Bor-dona, e onde existe unha inicial, a B, que segundo o romanista norteamericano Kingsley Por-ter, é a máis bela B de cantas foron feitas polos calígrafos eu-

Page 34: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Luis 34 SeoaneTextos sobre deseño

ropeos nos séculos medios; ten-do en conta que a B é a letra máis representativa do alfabeto latino nos manuscritos do Salt-erio, pois inicia moitos dos seus versículos e as súas principais divisións). Con ese gusto foi a color o que máis me preocupou sempre na decoración e diagra-mación do libro. A color, tamén o negro, gris e branco da páxina.

Existían desde logo impre-sores que realizaran fermosos libros para bibliófilos, magnífi-cos debuxantes que ilustraron este tipo de libro e que fixeron o aporte do seu talento a moi-tas edicións de autor. O noso propósito era distinto. Con-sistía en crear libros e colec-cións para as grandes editori-ais que se formaban con outro sentido formal e no que non se excluíse a personalidade do ar-tista gráfico, e imprimíndolle un carácter diferencial no mercado do mundo. Os tres coñecíamos moitas das experiencias funda-mentais realizadas en Europa a partir dos modernistas, as de Múnic, as anteriores dos prerra-faelistas, e as de William Morris,

e sobre todo as que seguiron á primeira guerra mundial. Re-alizaramos, ou coñeciámolas desde tres puntos afastados de Europa, moitas das experiencias máis recentes daquela, algunhas das cales constitúen aínda unha novidade, despois de trinta anos, nalgunhas partes de América. Utilizaramos a medida de ouro, a impresión en papel de farra-pos, suprimindo as maiúsculas, —supresión iniciada, creo arre-dor de 1925 en Alemaña, segu-ramente como reacción ao ex-cesivo número de maiúsculas na ortografía do seu idioma e usada en España poucos anos despois nalgunhas publicacións de lit-eratura e arte novo, sobre todo nas da Gaceta de Arte de Canarias, onde con outros libros valiosos se publicou unha das primeiras monografías sobre o pintor W. Baumeister— e tamén usando para as carautas os corpos 10 ou 12 como un alarde de dis-tinción e austeridade, utilizando o que chamabamos tipo univer-sal como máis claro e definitivo.

Coñeciamos as experiencias tipográficas futuristas e cubistas,

Page 35: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Luis 35 SeoaneTextos sobre deseño

as rusas de arredor de 1920, as de El Lissitzky, as de Werkman en Holanda, os traballos mod-ernistas-góticos do escultor e gravador Eric Gill, a nova ten-dencia entón dos construtivis-tas alemáns, os ensaios do letón Niklaus Strunke, os de Herbert Bayer no Bauhaus, e case to-dos os estudos de composición gráfica, de contrastes de tons e ópticos que logo ían influír no-tablemente na pintura e as ar-tes plásticas en xeral. Rossi, que foi un dos primeiros defensores da arte abstracta en Bos Aires, autor de numerosas notas de crítica artística na revista Sur, aplicou algúns destes coñece-mentos no catálogo da imprenta López publicado en 1942, que se titulou Cómo se imprime un li-bro. Xacobe Hermelín, máis fiel á caligrafía, que constituíu a súa maior vocación e a súa maior arte, non puido desligarse da influencia que exercía no seu gusto o alfabeto gótico e o pú-blico coñeceu o alto valor do seu labor na exposición póstu-ma que da súa obra se realizou nesta capital, hai algúns anos,

polo Instituto de Arte Moderna. En canto a min, pouco adepto a subordinar a miña arte a canon algún, preferín deixarme guiar case sempre pola intuición, po-las mesmas leis que arredor de 1930 me facían gustar das ex-periencias post-expresionistas e post-cubistas, sempre en rel-ación con outros gustos máis permanentes. Estes libros e coleccións, dos que orientamos a súa arquitectura, adoitáronse imprimir en máquinas vellas e anticuadas, que agora, vinte anos máis tarde, son, natural-mente, máis decrépitas e anti-gas malia da vontade progresista dalgúns industriais gráficos. Na actualidade, superada aque-la etapa, un núcleo de artistas destacan o seu gusto na arte-sanía tipográfica (Silvio Baldes-sari, Bonomi, Cerdá Carretero, Cotta, Gonda, Alfredo Hlito, Carlos Hirsch, Iaquinandi, Mal-donado, Méndez Mosquera, Lidy Pratto, Rebuffo, Rosarivo, etc.) e fan posible, aínda a pe-sar dese estancamento técnico, a distinción do libro arxentino.

Naquela imprenta compost-

Page 36: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Luis 36 SeoaneTextos sobre deseño

elá “Nós” á que me referín no meu primeiro Libro de Tapas, onde pasaba parte do meu tem-po alternando os faladoiros de café e as reunións clandestinas de estudantes e obreiros cos meus descansos de estudante de Dereito, fixen para sema-narios revolucionarios e au-tonomistas, como Claridad, Ser, a revista Universitarios, os meus primeiros intentos de com-posición tipográfica. O gravado en linóleum, impreso en negro sobre papel de color, atravesaba algunha que outra vez, como a franxa dunha bandeira, a primeira páxina de Claridad. Os meus recursos tipográficos, lim-itados á modestia da imprenta, utilizábaos mesturando na com-posición os tipos máis antigos con filetes e orlas, algúns dos cales perduraban noutras im-prentas daquela cidade desde os séculos XVII e XVIII, revoltos nas caixas cos de estilo modern-ista, adquiridos polos seus propi-etarios a principios do século. Adornos e viñetas neoclásicas e románticas servían tamén para outras experiencias. Gozabamos

deses efectos visuais tanto coma os surrealistas franceses buscan-do parecidos fins tipográficos, aínda que guiados dun afán distinto no ensaio, pois, pola nosa parte, non ía unido á im-posición de programa estético algún. Os nosos carteis, os que faciamos para pegar nas paredes burlando a vixilancia policial, ou como anuncio dalgunhas conferencias universitarias, es-taban realizados polo procede-mento do estarcido, ou tamén gravados ao linóleo, a veces do modo rudo que moitos anos despois gustarían aos partidar-ios de Jean Dubuffet e da súa “arte bruta” ¿É posible que nas bibliotecas expurgadas de Gali-cia se conserve algo desta obra inxenua, sincera e limpa, que se facía daquela nunha e noutra ci-dade dese país? En Guión e en Yunque, nas que tamén colabo-rabamos con outros compañei-ros, facíanse alardes tipográficos parecidos. ¿Que foi daqueles li-bros de poemas dos que colorea-bamos as tapas a man con menos solemnidade cós pequenos bea-tos? No pequeno rastro próxi-

Page 37: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Luis 37 SeoaneTextos sobre deseño

mo á Universidade, se continúa existindo, ou nas librerías de vello, é seguro que non se en-contren mostras daquela in-quietude. En cambio, nas li-brerías das rúas de Correntes de

Bos Aires, nesas onde a lec-tura dos títulos se une na mente aos ripios das cancións de dis-cos populares, ou ao ritmo da canción bailable de moda, dun bugui ou dun rock, podem-os ver asomar, entre o montón de libros de moitas nacionali-dades e temas, un anaco dalgún daqueles que diagramamos e lle fixemos a tapa. Está con out-ros amoreado de calquera xei-to, e, sobre el, sobre todos eles, colocado coma unha cruz no cemiterio, está o cartel que di: “Tres por dez pesos”. Se non o silencio, polo ruído dos discos, o lixo, polo menos, úneos e en-vólveos, mentres nas principais librerías do centro da cidade, as vidreiras adórnanse cada vez máis, con notables libros de arte e de fotografías que son, ao di-cir de Frangois Gali, os libros de hora da nosa época. Entre eles, as nosas tapas, quizais luzan como as caléndulas e alelís entre as caixas de plástico das orquídeas.

Page 38: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Luis 38 SeoaneTextos sobre deseño

MANIFIESTO DEL LABO-RATORIO DE FORMAS DE GALICIA1

- El LABORATORIO DE FORMAS, nacido en la Gali-cia emigrada como producto de la voluntad de dos artistas, se propone el estudio de las for-mas desarrolladas en el pasado gal-lego y las que continúan vigen-tes, heredadas de ese pasado, en el presente. Testigo del cansancio producido por los últimos ide-ales cosmopolitas de algunas es-cuelas, el LABORATORIO se propone encontrar en esas formas olvidadas que tuvieron vigencia durante siglos, y en las que per-duran heredadas, los signos de

1 SEOANE, Luís e DÍAZ PAR-DO, Isaac, Manifiesto del Laboratorio de Formas de Galicia, separata incluí-da en ‘Cuadernos del Laboratorio de Formas de Galicia nº1’, Edicios do Castro, Sada, A Coruña, 1970.

su propio sistema de expresión.- El LABORATORIO DE

FORMAS DE GALlCIA reg-istra un largo número de in-tentos y teorías que van des-de John Ruskin y William Morris, desde los racionalistas y constructivistas rusos, has-ta las últimas experiencias de Tomás Maldonado, 1. Sutherland, T. Johnson, etc., pasando por el ejemplo clásico del Bauhaus.

Pero, los propósitos que guían al LABORATORIO y la teor-ía que sustenta, han de incluir, además del significado, el ori-gen de las formas tratando de no someterse al cosmopolitis-mo a que antes nos referíamos, por respeto al hombre, anali-zando aquellas que distinguen de antiguo el arte de Galicia, teniendo en cuenta las experi-encias anónimas que inventaron hace centenares de años for-mas aún actuales y que ad-quirieron particularidad gallega.

- El LABORATORIO DE FORMAS DE GALlCIA dejó su período de conversaciones pre-vias y de formulaciones teóricas, y, colaborando con Cerámicas del

Page 39: Maquetación Luis Seoane (P.07)

Luis 39 SeoaneTextos sobre deseño

Castro cuenta ya en su haber con dos importantes realizaciones: el renacimiento de la cerámica de Sargadelos, la empresa industrial de más importancia y prestig-io del pasado gallego, que rep-resentó al mismo tiempo una de sus mayores frustraciones, y la creación del Museo Car-los Maside, que aspira a reco-ger la obra y la documentación del movimiento renovador del arte gallego contemporáneo, convirtiéndose en un verda-dero centro de información y archivo relativo a las ideas es-téticas de Galicia y a la difusión dentro de ella de los mov-imientos universales del arte.

- El LABORATORIO DE FORMAS se propone hacerse notar más por sus realizaciones que por formulaciones teóricas, mostrando siempre su simpatía por las artes populares. El LAB-ORATORIO estará presente allí donde existan problemas en relación con sus fines, sin más limitaciones que las éticas, y mantendrá un sistema abierto a la evolución de las ideas referidas al arte, a las formas, al diseño y al futuro.

Page 40: Maquetación Luis Seoane (P.07)