maquetación seoane

24
Luis Seoane textos sobre deseño

description

práctica 07

Transcript of maquetación seoane

Page 1: maquetación seoane

Luis Seoanetextos sobre deseño

Page 2: maquetación seoane

2

Deseño e Maquetación: Lara Iglesias Santomé

Tipografías empregadas: Bembo Std Títulos: Futura-Heavy New (60pt), Futura Regular (24pt)encabezamentos: Futura-Heavy New (13pt)caixas de texto: Bembo (12pt)interliñados: (0,-10)

Todos os textos que aparecen nesta publicación foron extraídos do caderno Alicerces nº18, editado polo Museo do Pobo Galego no ano 20101, agás o Manifesto do Labo-ratorio de Formas, que foi extraído dunha separata incluída no nº1 dos ‘Cuadernos del Laboratorio de Formas de Galicia’, editado por Edicións do Castro no ano 1970.

© dos textos: Fundación Luís Seoane© das imaxes: Os seus autores

Esta publicación é o resultado dun exercicio práctico da asignatura ‘Publicidade, Artes Gráficas e Tipografía’, impartida no 4º curso do Grao en Publicidade e Relacións Públicas na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, Campus de Pontevedra.

Esta publicación ten un obxectivo exclusivamente didáctico e non comercial.

1

1) FANDIÑO, Xosé Ramón e LÓPEZ, Gloria. ‘Luís Seoane. Teórico do deseño gráfico’. Alicerces nº18, Museo do Pobo Galego, Santiago

de Compostela, 2010.

Page 3: maquetación seoane

3

1. Libros e autores galegos

2. Dúas imprentas e as miñas tapas

3. Breve crónica en relación comigo e as artes gráficas

4. Manifiesto del Laboratorio de Formas

5

14

20

25

Índice

Page 4: maquetación seoane

4

Page 5: maquetación seoane

5

Libros e autores galegos Primeira exposición organizada polo Centro Galego de Bos AiresDía de Galicia de 1948

1. Breve historia do libro galego

Galicia, un dos pobos máis antigos da Península Ibérica e que máis apor-taron á historia da súa cultura, non podía deixar de conservar, por medio do libro e a través do tempo, o pensamento dos seus homes máis ilustres. Por isto, a Xunta Directiva do Centro Galego de Bos Aires, de acordo coa súa Comisión de Cultura, ao organizar esta primeira mostra do libro galego, sen poder contar para iso coa riqueza bibliográfica que se conserva en Galicia, e recorrendo aos escasos exemplares que se gardan nesta cidade, espera dar sen embargo ao pú-blico culto de Bos Aires idea aproximada do valor do libro en Galicia, así coma salientar o extraordinario aporte deste país á cultura da Península Ibérica. Non contando, como non se conta neste caso, co apoio de entidades oficiais nin, por conseguinte, con envíos desde Galicia de exemplares raros, esta exposición non se debe de considerar, senón coma un primeiro intento destinado a ser superado nos anos vindeiros. En Galicia existen verdadeiras xoias bibliográ-ficas, entre elas algúns códices exemplares, dos que, dos seus miniados, deta-lles ornamentais, caligrafía, etc., limitarémonos a dar o seu aspecto fotográfico. Agardamos, pois, que nos anos próximos, logo deste intento primeiro, se realice máis completa unha nova mostra do libro galego. Con respecto a esta primeira exposición é suficiente, para a entidade organizadora, con que o público arxen-tino nos acompañe coa súa curiosidade e a súa simpatía. Da máis antiga Galicia celta, aquela que conquistaron os romanos, non se conservan obras escritas. Sábese polos historiadores latinos que os galegos tiñan unha literatura oral, que por desgraza non se conservou e a penas nos queda memoria das primeiras obras que se fixeron nos comezos da Idade Media. Foron os monxes, antes de que a imprenta entrase en Galicia, quen se de-dicaron á copia de Códices e por eles quédannos fragmentos dalgúns himnos compostos polos poetas discipulos do herexe galego Prisciliano, os once opús-culos deste, así como a memoria dalgúns daqueles homes de letras que o acom-pañaban, coma é o caso do poeta Arxirio. No século IV florecen dous grandes escritores galegos, o historiador Paulo Orosio, natural da Galicia Bracarense, autor do Cronicón que relata a invasión dos suevos en Galicia. Desta época é o curioso libro titulado De Peregrinatione silviae, da monxa galega Eteria, obra incompleta traducida no século XIX a distintos idiomas europeos e que relata a peregrinación desta santa muller galega á península arábiga, onde estivo ao pé dos montes Sinaí e Nebo visitando a tumba do apóstolo Tomás e do rei Abgar, así como conta a súa viaxe a Carres para venerar a memoria do patriarca Abra-

Page 6: maquetación seoane

6 7

1

hám e as súas visitas despois a Exipto, Mesopotamia e Dumea antes de retirarse a escribir estas memorias na cidade de Constantinopla. Do século VII consér-vase o libro do monxe galego San Valerio, titulado Ordo Qureimonia e logo das invasións árabes que se deteñen en Galicia, pero que paralizan toda manifesta-ción literaria e cultural, aparece o Epitalamio da princesa galega Leodegunda, filia do rei de Galicia Ordoño II, e o poema do bispo compostelán Munio Afonso De Consolatione Rationis. No século IX florece en Galicia unha escola de Códices na que se destacan, ademais do monxe galego Fritoso, o pictor que

ilumina o libro de rezos de Fernando I con preciosas miniaturas, a escritora Leo-degundia de Bobadela que escribe os seus tratados en caracteres suevo-galaicos e da que se conserva a súa obra na Bibliote-ca do Escorial, ademais doutros monxes coma Estevo de Celanova, Trasmondo de Samos e o bispo de Mondoñedo Rude-cindo. Neste século IX o diácono Miguel recompilou o Códice dos Concilios co-ñecido por Códice Lucense, desaparecido no incendio do Escorial, pero do que se supón que existen copias na Biblioteca do Vaticano. De finais do século XI é a primeira composición poética universal de Galicia convertida máis tarde na ora-ción máis fermosa dos católicos co nome de Salve Regina e o seu autor é o bispo de Compostela procedente das montañas de Curtis, San Pedro de Mezonzo2. Anterior a todos eles e acusado de priscilianista é o teólogo Bachiario, que escribiu en Roma Confessio fidei e De Re-parationes Lapsi. En Santiago, Bernardo deu

comezo á primeira historia da súa igrexa, monumento literario importantísimo ao

que debemos grande parte dos coñecementos que temos sobre as orixes e primei-ros bispos de Compostela, titulado Crónica Compostelana. No século XI Walfrido publica a súa Crónica e Ordoño, prior de Celanova, a súa Vida de San Rosendo.

2) As fontes de documentación histórica atribúen a autoría do ‘Salve Regina’ a diferentes autores. Consultar artigo na Wikipedia

(http://es.wikipedia.org/wiki/Salve_Regina) [Último acceso 09.12.2012]

Imaxe 1. Miniatura do libro de horas de Frenanado I, do século XVI, que se conserva na biblioteca da Universidada de Santiago de Compostela.

Page 7: maquetación seoane

7 7

Pasadas esas épocas fóronse publicando traducións ao galego de distintas obras célebres do mundo medieval, ou compilacións legais que hoxe son docu-mentos importantes para fixar o esplendor do idioma galego, como ocorre cos Diálogos de San Gregorio, A lenda Áurea, de Pedro de Voráxine; a Crónica Troiana da que se fixo unha espléndida edición dirixida por Martínez Salazar en 1900 na Coruña e da que temos un exemplar nesta exposición. Ata os séculos XIV ou XV, pódense fixar as distintas datas en que se fixeron estes Códices, ás que hai que engadir as traducións das Partidas, código legal ordenado por Afonso X o Sabio, e do Foro Xulgo. Tamén dos séculos XIV ou XV é o Flos Sanctorum, historia da Igrexa de Iria escrita en galego, obra de Rui Vázquez da que existe un exemplar na Biblioteca da catedral compostelá. Marabilla de realización son os Tombos que tamén están na dita catedral. Nestas obras dos Códices hai que atender, non só ao valor dos textos, senón tamén ao valor que posúen pola ca-ligrafía con que se realizaron, así como polo que teñen os miniados, a calidade do papel, encadernación, dourados, etc. Desde os séculos XII ao XV, Santiago de Compostela foi o centro cultural máis im-portante do extremo occidente europeo e no primeiro destes séculos comeza a manifestarse con extraordinario esplendor a poesía lírica galaico-portu-guesa. Florecemento literario de Galicia que comprende a un grande número de poetas entre os que se destacan Airas Núñez, Bernardo de Bonaval, Martín Códax, Joan Ayras, Pero Meo-go, Paio Gómez Chariño, Jo-han Zorro, Pero Amigo e tantos outros, así como na decadencia desta poesía, eses dous grandes poetas que tecen as súas vidas en lendas, que foron Macías o Namorado, a quen dedicou un estudo completo en Filadelfia o profesor Alberte Rennert, e Xoán Rodríguez do Padrón, do que a súa vida extraordinaria xorde da pluma exemplar de don Ramón Otero Pedrayo en Las Palmas del Convento.

Imaxe 2. Texto dunha canción de amor do xograr medieval Martín Codax. Século XIII.

Page 8: maquetación seoane

8

No século XV incorpóranse ás letras castelás os cabaleiros Rui López, don Pedro Álvarez Osorio, o Conde de Altamira D. Rodrigo Osorio de Moscoso, don Luís de Viveiro, o bacharel Francisco de Vaamonde, Diego de Muros, Vasco de Aponte, etc., dalgún dos cales a penas se conservan escasas mostras literarias.Pasados os séculos en que os discípulos de San Frutuoso o Asceta se dedicaban

á copia de Códices e no que os bis-pos como San Froilán levaban con-sigo o asno cargado de libros para ir dun a outro sitio, no momento en que Galicia estaba sumida en re-voltas políticas e sociais, don Diego de Acevedo, conde de Monterrei e frei Antonio de Guevara, cronista de Carlos V, establecen a imprenta na nosa terra. A estes insignes va-róns débese que Galicia non fose dos últimos pobos da península en utilizala para proveito propio. Mur-guía dinos, falando da imprenta en Galicia “aquí tivemos tamén os no-sos incunables, e é esta unha gloria da que podemos envaidecérmonos como tantas outras que xacen no esquecemento máis triste”.Poucos anos despois do descubri-mento de América imprímese o Misal de Monterrei, do que se teñen as primeiras novas polo bispo Mu-ñoz de la Cueva na súa Memoria Histórica de la Iglesia de Orense, sen que poidan darse noticias exactas

dos impresores Gonzalo Rodrigo de la Passera e Xoán de Porres, seguramente asturiano un e salmantino o outro e de quen se coñecen algunhas obras pos-teriores. Este Misal é o primeiro libro impreso antes de 1500 en Galicia. Da imprenta instalada en Mondoñedo discútese se o seu primeiro libro é a Des-cripción del Reino de Galicia polo licenciado Molina, feito en cuarto polo impresor Agustín de Paz. Outro impresor célebre, tamén do século XVI, é Vasco Díaz Tranco del Fregenal, natural de Estremadura, que tivo primeiro imprenta na cidade de Ourense e despois noutras varias cidades de Galicia. Logo destes primeiros obradoiros tipográficos foron famosos polas súas edicións os que xurdiron a principios do século XVII con motivo de volver Santiago a absorber todo o

Imaxe 3. Páxina do Misal de Monterrey, de 1500, o máis antigo —entre os que se conservan— dos libros impresos en Galicia

Page 9: maquetación seoane

9

movemento literario e cultural de Galicia e que foron as prensas dos Guixard, Fraiz, Aldemunde e Aguayo. Nos séculos XVIII e XIX numerosas imprentas elevaron a arte tipográfica a unha calidade extraordinaria na época e son moitos os nomes de grandes impresores galegos que contribuíron coa súa artesanía ao desen-volvemento cultural desta rexión do occidente peninsular. De todas elas quedan exemplos de revistas, diarios e libros. A finais do século XIX xorde un home de grande mérito para as letras de Galicia, don An-drés Martínez Salazar, falecido na segunda dece-na do noso século. Don Andrés Martínez Sala-zar, natural de Astorga coma D. Marcelo Macías, o outro grande maragato que consagrou a súa vida a Galicia e que tan excelentemente estu-dou Otero Pedrayo. Martínez Salazar dirixiu na Coruña a súa célebre Biblioteca Galega, da que os seus volumes constitúen un compendio da obra intelectual de Galicia de finais do século pasado e principios do actual. El uniu ao seu gran labor de editor a súa actitud e xenerosa de mecenas e a súa produción moi meritoria de escritor. Os libros da Biblioteca Galega, presentados sobria e severamente, están realizados con bo gusto tipográfico e constitúen en certa maneira un modelo editorial. Logo deste primeiro ensaio xurdiu na mes-ma cidade da Coruña outra gran editorial galega dirixida por Ánxel Casal, un dos homes a quen Galicia debe recoñecemento polo seu traballo e que se titulou Editorial Nós, na que se publicaron grande cantidade de obras en idioma galego dos máis prestixiosos homes de letras actuais de Ga-licia, que tivo a imprenta, primeiro na Coruña e despois en Santiago de Compostela. Simulta-neamente a este labor de Ánxel Casal, Xaime Ouintanilla dirixiu en Ferrol Céltiga e das im-prentas de todas as cidades galegas saíron im-presos libros que ían engrandecer aínda máis a riqueza cultural da nosa terra. Tamén en Santiago o escritor Arturo Cuadrado, acompañado dun núcleo de estudantes fundou as edicións Niké e Resol, onde

Imaxe 4. Cuberta do libro De catro a catro, escrito polo poeta Manoel Antonio no ano 1928 e editado pola editorial Nós de Anxel Casal.

Imaxe 5. Cuberta do número 9 da revista Nós, cunha ilustración de Castelao, editada en Ourense no ano 1922 coa dirección de Vicente Risco.

Page 10: maquetación seoane

1110

se publicaron tomos raros da máis nova li-teratura galega. Tamén publicou unha pri-meira edición de poemas dos discípulos do escritor e pedagogo uruguaio Jesualdo, que constitúe actualmente unha curiosidade bi-bliográfica. En Mondoñedo os poetas Igle-sia Alvariño e Álvaro Cunqueiro sostiveron unha reducida editorial de poesía: Editorial un no Este gallego. En Ourense publicouse ata 1936 a revista Nós, dirixida por Vicente Ris-co e Alfonso R. Castelao, que foi a mellor revista literaria que tivo Galicia no seu mo-mento. Nela publicáronse por vez primeira traducidos a un idioma peninsular, o gale-go, grandes autores contemporáneos, coma Tagore e James Joyce, por exemplo; deste último precisamente un capítulo do Ulises.

Outra revista que agrupou o núcleo máis mozo de escritores e artistas e que uniu en certa maneira a unha xeración distinta á de Nós foi Yunque, dirixida por Ánxel Fole. Simultaneamente, a Academia Galega, a Universidade compos-telá e o Seminario de Estudos Galegos, levaban a cabo as súas publicacións. O labor do Seminario de Estudos Galegos, disolto por decreto despois de 1936, constitúe unha das máis importantes iniciativas de cantas se emprenderon en Galicia no que vai de século e algúns dos seus tomos, coma Terra de Melide, non foron aínda superados. Actualmente continúan o seu labor oficial a Academia Galega e a Universidade e emprenderon un importante labor editor o Instituto Padre Sarmiento de Santiago de Compostela e o Museo de Pontevedra. Tamén algúns particulares como Edicións Celta de Vilagarcía comezan a realizar un labor serio e sistemático. Entre os artistas galegos que se dedicaron á decoración e ilustración do libro debemos salientar no século XIX a Ánxel Balaca, Cendón e Guisasola e Mayer, e xa no século XX a Bujados, Alfonso R. Castelao, Castro Gil, Cebre-iro, Manuel Colmeiro, Camilo Díaz, Fernández Mazas, Urbano Lugrís, Carlos Maside, Portela, Máximo Ramos, Federico Rivas, Luís Seoane, Arturo Souto, Varela de Seijas e Manuel Torres, entre outros. Sinalamos a parte os grandes debuxantes galegos que realizaron case todo o seu labor nesta República, onde adquiriron xusta notoriedade sen que por iso esquecesen o seu país natal, como Cao, Alonso Lourido, Peña e Silva. O primeiro, ao mesmo tempo que realizaba o seu profuso e importante labor de debuxante satírico, entregado á paixón política deste país, editaba pola súa conta El Eco de Galicia, que máis tar-de dirixiu e editou o historiador galego Manuel Castro López, tamén residente nesta República.

Imaxe 6. Cuberta de revista Yunque con deseño e ilustración de Luís Seoane, 1932.

Page 11: maquetación seoane

11

1

Dos escritores máis destacados de Galicia que impulsaron a edición de libros débense citar os nomes ilustres dos historiadores e escritores don Benito Vicetto e don Manuel Martínez Murguía e a este último debemos, ademais, que na súa obra publicada en Vigo en 1862 titulada Diccionario de Escritores3 aportase un dicionario bastante completo de impresores como primeira parte dese libro, no que están sinaladas as imprentas galegas desde aquela primeira fundada polo Conde de Monterrei ata a Tipografía Galaica, que publicaba na época en que Murguía editou o seu libro, o xornal El Avisador. Paralela a esta breve síntese histórica dos nosos códices e dos libros das no-sas imprentas galegas, debe facerse mención das bibliotecas galegas, moitas delas de grande importancia, e que, pertencentes a entidades públicas ou privadas, ou de particulares, realizan unha importante función de difusión do libro. A máis destacada de todas elas polo seu valor e prestixio é a Biblioteca Universitaria. Seguiu na súa formación as alternativas de progreso e decadencia a través dos varios séculos da Escola Compostelá e nos seus comezos esta librería universi-taria formouse das achegas dos antigos mestres que ían legando os exemplares raros impresos ou manuscritos que reuniran na súa vida de estudosos. Estes volumes, ao principio, fóronse reunindo na Sala de Claustros. A mediados do século XVI o Claustro acordou a compra da Biblioteca do bispo Carmona pola cifra, daquela cuantiosa, de 400.000 marabedís, e aumentáronse as cadeas e cadeados que gardaban a antiga biblioteca, ao mesmo tempo que se convertía en pública, abríndoa ao lector por tres horas os días de traballo. Primeiro, os libros eran vixiados polo bedel, logo foron os estudantes quen os custodiaban. En 1591, o Santo Oficio realizou nesa biblioteca os expurgos que considerou necesarios. A custodia dos estudantes, así como as cadeas duraron ata o século XVIII, en que comezou para a Biblioteca Universitaria a súa obra de grande esplendor. Coa expulsión dos xesuítas incorporáronse a esta os volumes da magnífica biblioteca do Colexio de Santiago, e cos libros de doutrinas sospei-tosas de herexía procedentes doutros colexios de Galicia, formouse o famoso cuarto de prohibidos. A isto engadiuse a doazón testamentaria da librería va-liosa en exemplares dedicados ás Belas Artes do grande escultor galego, Felipe de Castro. Nos días da invasión francesa, un grupo de sabios galegos “afran-cesados”, entre os que estaban Pedrosa, Bedoya, Bazán de Mendoza e Fontán, o famoso autor do Mapa de Galicia, lograron salvar a biblioteca do incendio. Poucos anos máis tarde, o bibliotecario Cousiño doou manuscritos do seu parente o sabio P. Sarmiento, e as magníficas bibliotecas dos conventos de San Martiño, San Domingos, Conxo e algunhas máis foron engadidas á Biblioteca Universitaria con motivo da exclaustración dos frades. A ela pertencen, ade-mais de millares de valiosos exemplares, o Libro de horas, que citamos antes, de

3) MURGUÍA, Manuel, ‘Impresores’, Diccionario de escritores gallegos. Ed. Juan Compañel, Vigo, 1862: 11-30.

É posible consultar unha copia dixitalizada do libro na Biblioteca Dixital de Galicia, Galiciana. (http://galiciana.

bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/consulta/registro.cmd?id=4829) [Último acceso 09.12.2012]

Page 12: maquetación seoane

12

Fernando I, máis de 100 incunables en 73 volumes, gran cantidade de libros do século XV, edicións realizadas por mestres da tipografía europea coma Plantino, Maunar e Estéfanos e espléndidas edicións dos impresores españois do século XVIII coma Sacha, Ibarra, Monfort e Cuesta. Outras bibliotecas moi importantes están en entidades oficiais de toda Galicia, como algunhas de Deputacións provinciais, e de Institutos, ou en So-ciedades Económicas, ou en Clubs particulares. Debemos, sen embargo, des-tacar aquí a magnífica biblioteca de El Consulado da Coruña, a da Academia Galega e as particulares e moi valiosas do Círculo de Artesáns e a máis modesta pero moi interesante para bibliografía contemporánea do Sporting Club, na Coruña. Exemplos de bibliotecas particulares entre as moitas e valiosas que se

posúen en Galicia son a do arcebispo Lago Gon-zález, que foi adquirida pola Biblioteca Universi-taria Compostelá e que conserva o nome do an-tigo propietario en homenaxe a este gran galego, home de letras e arcebispo de Compostela; e a do poeta Antonio Rey Soto, actualmente insta-lada en Ourense, a cal foi conservada en Madrid durante o sitio desta cidade na última guerra civil polo goberno da República e por personalidades galegas. Hai máis de corenta anos, os emigrados ga-legos secundando a iniciativa do escribán desta capital D. Gumersindo Busto, deu orixe a outra gran biblioteca, a que se denomina en homenaxe a este continente “Biblioteca América”. Nela están depositadas coleccións de documentos e publicacións oficiais, libros de ciencia, arte e li-teratura e coleccións de revistas de todas clases, ata constituír, seguramente, a mellor biblioteca americanista que hai en Europa. Cos libros pro-cedentes de América están as coleccións de mi-neraloxía, de moedas e medallas, de mapas deste continente e multitude de pezas etnográficas que fan aínda máis valiosa dita biblioteca. Esta grande obra, que constitúe a máis grande homenaxe que

puidese ofrecer un pobo emigrado a América ten, ademais, o valor de que a diferenza das grandes bibliotecas e arquivos norteamericanos, non se consti-tuíron polo esforzo dun gran capitán da industria ou pola xenerosidade dun multimillonario, senón polo esforzo colectivo de miles de homes que desde México e Cuba ata Arxentina e Chile, ao longo do Continente, enviaron estes libros a Santiago de Compostela.

Imaxe 7.Cartel anunciador da Colección Hórreo, da editorial Emecé Editores de Bos Aires, deseñado por Luís Seoane en 1942.

Page 13: maquetación seoane

13

En América, por outra parte, e volvendo aos editores emigrados galegos, creáronse catro coleccións de libros de autores de Galicia nas que se publica-ron arredor de 50 títulos. As coleccións Hórreo e Dorna de Emecé Editores; e Camiño de Santiago e Pomba da editorial Nova, e que é o primeiro grande esforzo realizado por estranxeiros para divulgar, sen afán proselitista bastardo, a cultura do seu país nesta República. Tamén se continuaron editando espora-dicamente nesta capital algúns novos tomos das Edicións Resol e, illadamente, publicaron algúns libros o Centro Ourensán, a Federación de Sociedades Ga-legas e Mocidades Galegas. O libro preocupou sempre á xente mellor de Galicia e para demostrar esta afirmación bastará con citar a atención que demostra o noso sabio erudito frei Benito Jerónimo Feijoo, que establece regras incluso nalgún dos seus ensaios. Di o gran bieito galego: “Un escritor inhábil, destituído de enxeño, estilo, eru-dición, imprime un libro inútil e expono en venta pública, sinalando o prezo ou proporción do volume, igual aquel polo común ao prezo que se vende o libro máis excelente; pois peca gravemente e está obrigado á restitución”. Esta-blece os fraudes que se cometen no engano na calidade dos libros, na cantidade, se se finxe que o libro é maior do que é, na impresión, se o papel é groso ou está composto con caracteres moi crecidos e nos casos en que o seu contido non corresponde ao título. Para o P. Feijoo, por estes enganos que se poden facer, é obrigatoria a restitución de prezo. Estes principios de moralidade edi-torial do noso grande sabio galego debían de estar fixados nas postas de todas as editoriais e das imprentas que imprimen libros illadamente, coma unha lec-ción de dignidade, se non fose que a algúns impresores e editores actuais, non a todos afortunadamente, poden non interesarlles ser os propios denunciantes das trampas que se poden facer nos libros.

Page 14: maquetación seoane

14 15

1

2. Dúas imprentas e as miñas tapas4

A Elena e Domingo García Sabell que me trouxeron toda a Compostela das miñas primeiras tapas.

En Santiago de Compostela, monumento de granito e néboa, a antiga cidade vieira erguida coma unha rocha, estableceu Ánxel Casal a súa imprenta. Primeiro no número 20 da rúa das Hortas á que se baixa por entre o Hospital Real e o Pazo de Raxoi, pasando pola igrexa de San Frutuoso, a das catro sotas da baralla: a de espadas, a de copas, a de ouros, a de bastos, que simbolizan os personaxes da danza da morte e da vida medieval: a nobreza, a igrexa, o co-mercio, os campesiños, que fixeron a Santiago tal como é na actualidade. A de copas tamén pode representar ademais do cáliz, as tabernas, que esa cidade de clérigos na súa antiga acepción, tonsurados e segrares, posúe en abundancia. Despois da rúa das Hortas, de menestreis e artesáns, instalouse na Rúa do Vilar número 15, rúa central da vida da cidade, que no seu horizonte ve erguer a Torre do Reloxo da catedral compostelá. Na oficina que precedía aos talleres da imprenta reuniámonos polas tardes con Casal un núcleo de estudantes para falar de política, de libros e facer proxectos de revistas. Pola porta viamos pasar uns cabaleiros hipocritamente repousados, anciás veladas previdas de rosarios e libros de misa, estudantes ateigados de textos baixo o brazo, ou esveltas man-dadeiras coa sella de auga á cabeza. De noite animábase a Rúa do Vilar cos paseos de estudantes; as parellas de namorados preferían facer a súa rolda de amor baixo os soportais que en-marcan a rúa, mentres, polo centro, grupos de mozos de ambos sexos cruzaban entre eles, cos ollos, tenros madrigais, ao tempo que polos beizos se dedican ditos graciosos e galantes. Na miña época, moitos conspirabamos á sombra dos soportais, discutiamos plans de rebeldía á luz das vidreiras das vellas praterías, das antigas librerías con sotos misteriosos, no portal dalgunha vella casa polo que se entraba discretamente a unha taberna, ou arredor dunhas mesas do café Español, onde outros consumían a súa quenda de oito horas de dados e de dominó. Algunhas desas noites alterábase o candor polas rúas cando se interrom-pía a enerxía eléctrica da cidade por un apagón provocado por estudantes e obreiros ou pola carga aberta que a garda civil ou a garda de seguridade facía sobre nós, desfacéndose o paseo entre berros subversivos e corridas de mulleres, silenciándose nos cafés o golpeo das fichas sobre o mármore. Outras veces a desorde ocorría porque os estudantes de Dereito e os de Medicina ou os de calquera outra facultade, en compañía dalgún dourador de imaxes ou tallista

4) SEOANE, Luís, “Dos imprentas y mis tapas”, Libro de Tapas, Ediciones Botella al Mar, Bos Aires, 1953.

Page 15: maquetación seoane

15 15

de mobles facían estalar bombas inofensivas fabricadas clandestinamente po-los compañeiros de Ciencias, para sinalar a nosa protesta contra a ditadura e a monarquía. Calquera desas interrupcións á normalidade da rúa, dos paseos, non lograban silenciar a outros grupos que apoiados a unha columna cantaban a coro as máis diversas e fermosas cancións folclóricas de Galicia, nin alterar a curiosidade das nais que axexaban o paseo das fillas tralas cortinas das fiestras. Os días de choiva, que son a maioría, o paseo faise baixo os soportais invadindo os paseantes o lugar recolecto reservado ás parellas de noivos.É posible que aínda continúe, apoiada na columna, a vella e enrugada castañei-ra, que arroupada no seu longo e negro chal, dobrábase sobre o forniño onde asaba as castañas. Desprendíase dos rosarios das cocidas, ese olor a fiúncho ou anís con que se aliñan. A vella castañeira debe de continuar parecendo unha das figuras labradas en pedra do Pórtico da Gloria ou dun capitel, do Palacio Xelmírez. Para algúns libros de poetas amigos, Feliciano Rolán, Iglesia Alvariño, Cun-queiro, fixen alí as primeiras tapas e ilustracións, aquelas que se imprimi-ron na imprenta e editorial “Nós” de Ánxel Casal, uns anos antes que outros debuxos meus fosen publica-dos en revistas literarias e semanarios políticos. Yunque, Universitarios, Cla-ridad, Ser, Resol, que escandalizaban á fidalguía e burguesía galegas dur-midas no pretérito, nas lecturas dos vellos cronicóns; historias de santos, amores clandestinos e balances ban-carios. Na miña mesa de estudante mesturábanse, cos códigos de trata-dos de Dereito, os albumes e mono-grafías de Picasso, Paul Klee, Grosz, Otto Dix e os números das revistas Nosotros e Nueva España —esta cos espléndidos debuxos de Maside— e os libros das editoriais “Cénit”, “Uli-ses”, “Zeus” e “Teivos”. Pasaron moitos anos desde que saín de Santiago á forza como tantos outros, pero desa cidade, das proxi-midades da cal proceden as miñas raíces, que o queira ou que non, nacese ou non nela, son para sempre. Nela fun estudante, tuno, revoltoso político, e alí entre as vellas pedras cubertas de

Imaxe 8. Primeira páxina da revista Claridad do 14 de abril de 1934, data do 3º aniversario da proclamación da República, con deseño e gravado ao linóleo de Luís Seoane en cor vermella.

Page 16: maquetación seoane

16

liques, ouro, verde e negro, as fachadas románicas e barrocas, chuvia e néboa, acendéronse os meus primeiros soños, aqueles que quizais nunca se cumprirán, pero que aínda son brasa repousada que a miña soidade promete labaradas.

II

Con Arturo Cuadrado, amigo desde os anos de Compostela, emprendín en Bos Aires varias empresas editoriais. Os dous con outro amigo entrañable, Lorenzo Varela, de quen os primeiros poemas viñeron desde súa terra aceirada de Lugo, traídos por amigos comúns, fundamos e diriximos Correo Literario, coa colaboración de Alberto Girri, Pedro Larralde e Javier Farías (1943-45), coleccións de libros e outras empresas nada comerciais, todas elas en certa ma-neira, unidas sentimentalmente á rúa Perú ao 666. Unha rúa do barrio de San Telmo, dese barrio habitado en grande parte por galegos e portugueses e que leva o nome dun santo de Galicia, Pedro González Telmo, que tamén designa a ese copete de luz que nos momentos precursores da treboada adorna a arbo-radura dos barcos. A capital desa rúa branca, gris e ocre, de ceo azul coma toda a cidade, é para nós a Imprenta López, que leva o número capicúa 666. Limita ao norte, no 613, coa Editorial Nova, no lugar da cal está “Botella al Mar”, un café de esquina e unha froitería de chinos canadenses; ao sur con outras dúas imprentas das que o nome non vén ao caso; ao oeste, entre as casas de enfronte, cunha misteriosa de cor verde raída, pechada a súa porta desde hai anos con cadeas e cadeado, con reixas nas fiestras que nos veráns aparecen cubertas de arañas estendendo as súas teas ao sol. O leste é lugar inexplorado, creo que en tanto tempo non vimos nunca a outra rúa, terra descoñecida poderíamos consignar, como nos mapas dos séculos XV e XVI. A primeira vez que entrei na Imprenta López, hai máis de dez anos, antes de que modificasen a súa fachada e a súa estrutura interior, acompañando ao pintor Attilio Rossi, ao que axudaba Silvio Baldessari como artista gráfico, foi a unha habitación utilizada para depósito de papel e taller de debuxante e da que dunha das súas paredes pendía unha vella gaita inútil e encouzada, de cando ha-bía moitos anos os irmáns López, ou un deles, don Xoán, acompañado dalgún obreiro da tipografía ou das máquinas, representaba como actor afeccionado nos festivais da colectividade galega. A Imprenta López unira xa o seu destino ao dos libros de moitos escrito-res arxentinos consagrados e novos, de modo que cando se fundaron as impor-tantes empresas editoriais deste país, como consecuencia sobre todo da guerra de España, atoparon neses grandes talleres todo o necesario para cooperar coa grandeza do movemento editorial que se emprendía. Tipografía e máquinas constantemente renovadas e un equipo de obreiros capaces, dirixidos por Don

Page 17: maquetación seoane

17

Xosé Manuel López Soto, filio do fundador e propietario da industria, e por Don Pedro Perrotta, ao carón dos cales viñeron formándose os fillos de don Xoán, Manolo e Xoán López. Todos eles temonean por igual, sorteando as borrascas da industria, o traballo dos talleres e os soños dos autores. Cando, con Cuadrado, quixemos continuar o labor comezado de estudan-tes en Compostela, editando, sen contas bancarias nin afáns comerciais, os li-bros máis estraños e descoñecidos, eses que ninguén arrebata nas librerías e que seguen silandeiros o seu destino a través do tempo, pero que constitúen o estilo dunha época, a flor da historia cultural dun pobo, atopamos nesta imprenta, unha das máis importantes de Sudamérica, o ánimo necesario. Desde hai anos, entre as decenas de millares de libros que saen do corno da abundancia da

súa sección expedición, destinados a edito-riais arxentinas, venezolanas, colombianas e doutros moitos países deste continente, xorden esas magnolias, pola singularidade dos seus textos, que son os libros de "Bote-lla al Mar". Ao cafetucho da esquina de Mé-xico e Perú, entre mensaxeiros da axencia telegráfica de enfronte, obreiros dalgunhas outras, que case sempre se constrúen nos arredores, e comerciantes de países nórdi-cos que recordan paisaxes afastadas a tra-vés do fume das súas pipas, estendemos o reducido tamaño da nosa oficina. Alí dis-cutimos plans quiméricos e novas publica-cións acompañados do infaltable cortado, ou algunha vez desa copa dobre de caña rubia do país. Cos anos vimos, indiferentes, como se enriquecía máis dun camareiro, que deixaba de seguir nese negocio para establecerse como patrón independente nun propio doutro barrio. Algunhas veces, veciños da vidreira,

miramos silandeiros para as colas das xentes que esperan o ómnibus ou o co-lectivo ou para ese carriño de changas que ostenta o alcume: “Afástate piolloso que vén o peite”. Outras charlamos coa vella vendedora de lotería con ollos que reflicten cada día máis decididamente, polos moitos anos de emigrante, a color das follas dos carballos centenarios da montaña galega. Igual encomenda ela ao azar os seus billetes coma nós os nosos libros.

Imaxe 9. Cuberta do libro de poesía ¿Dónde se detuvo el tiempo?, de Fernando Scornik, editado pola editorial “Botella al mar” con deseño de Luís Seoane.

Page 18: maquetación seoane

18

III

Escribín sen cerimonia algunha sobre dúas imprentas nas que pasei, por pracer, unha grande cantidade de horas da miña vida. Entre os centos de tapas e ilustracións que fun facendo para moitas grandes e pequenas editoriais, talvez as que máis estime son aquelas primeiras, alegres e candorosas, feitas para algúns libros que se imprimiron na imprenta “Nós”, en Galicia, e as que fixen para Botella al Mar, con pé da imprenta López, en Bos Aires; estas últimas, como as primeiras, realizadas desinteresadamente, e destinadas na súa maioría a novos escritores descoñecidos. O título deste libro, onde se reproducen algunhas de-las despoxadas dos detalles tipográficos que as complementaron, é parecido a aquel capicúa que Macedonio Fernández escribiu nunha carta: "Libro de tapas de libro", definindo: "a tapa de libro é a morada de todo lector". Penso que moitos libros actuais perdurarán como testemuño dunha bela época da pintura. Pablo Picasso, precursor en tantos xéneros artísticos, admira-ble ilustrador de Ovidio, de Góngora e de Buffon, dixo nunha oportunidade: "Tivemos a época dos ballets rusos, teremos probablemente agora a época das grandes edicións". Para un pintor ilustrar ou compaxinar un libro é unha oportunidade de atopar unha nova expresión. Pola miña parte sentín, precisa-mente como pintor, a necesidade de facer fermosos libros aínda desenvolvén-dome sempre con mesquiños medios económicos.

Imaxes 9 e 10. Cuberta e contracuberta do libro Piel encerrado sueño, de María Luisa Biolcati, editado pola editorial “Botella al mar” con deseño de Luís Seoane.

Page 19: maquetación seoane

19

O que creo ter aportado ao libro en xeral coas miñas tapas e debuxos é un humor como de canción popular, xunto a imaxes novas e un alegre sentido da color. Outros atenderon probablemente máis a sutís elementos tipográficos e á utilización dos recursos aportados polas novidades técnicas. A min bastoume con destinarlles unha nova expresión visual, e a color, esa color popular, que, co debuxo se se quere, pode lembrar por igual os antigos miniados, as figuras dos naipes, as decoracións da cerámica e as lonas pintadas dos circos.

Page 20: maquetación seoane

20 21

1

3. Breve crónica en relación comigo e as artes gráficas5

Albert Skira, creador de libros de arte daquela espléndida revista que se chamou Minotaure, asegurou, no catálogo que conmemoraba os seus vinte anos de editor, que un fermoso libro non é obra dunha soa persoa, senón o froito do esforzo de todos aqueles que traballan na súa elaboración. Son varios os artesáns que interveñen na elaboración do libro e o esforzo é sempre de carác-ter colectivo. Cada libro ten unha historia, independente do autor e do tema que trata. Unha historia referida á súa edición. Aquel libro que naceu rico, que produciu seguramente un déficit na contabilidade da editorial, aí está nunha librería de última categoría, vendéndose en lote, con outros máis modestos que correron igual sorteo "Tres libros por dez pesos" reza o cartel, sen importar o nome do autor, título ou tema. O libro, aínda nestas condicións, mantén o seu segredo interior, a súa historia oculta e unha especie de dignidade que o seme-lla nesas librerías, onde se vende en promiscuidade con discos e outros obxec-tos, á daqueles fidalgos vidos a menos que ostentan no traxe gastado a traza das repetidas limpezas dos tintoretos e que viven unha segunda vida na Corte dos Milagres de calquera cidade. O traxe do libro, a súa tapa, ou a sobrecuberta se aínda a conserva, tamén ostenta sinais parecidos de gomas de borrar. A rúa Correntes de Bos Aires é o Barrio Chino, o Mangue, ou o vello Paseo Colón de moitos libros que esperan o seu rescate. Cada un deles ten, in-dependentemente da historia da súa creación e do seu actual desamparo, a súa crónica gráfica tan digna de ser relatada nalgúns casos, como a do “Florilége des amours de Ronsard”, que ilustrou con espléndidas litografías Matisse e, en oportunidades, moito máis pintoresca. Entre todas as persoas que interveñen na confección do libro, o que lle imprime carácter definitivo é o maquetista, o artista gráfico, autor da súa arqui-tectura e decoración. Cando comezou o grande movemento editorial arxentino, entre os anos 1938 e 1940, a consecuencia da guerra civil española, algúns artistas gráficos trataron de imprimir personalidade aos libros que saían por primeira vez en cantidade das imprentas de Bos Aires. Tres sobre todo, Atillio Rossi, Jacobo Hermelín, e eu mesmo, desde editoriais distintas, quixemos conseguir esa dife-renciación. Pasaron case vinte anos, e falo de min en relación con aqueles a quen seguramente debe aportes máis fundamentais o libro arxentino. Mais, cada un de nós, Attilio Rossi, o primeiro, Hermelín, e máis eu, deixou na arquitectura e decoración do libro industrial arxentino, na creación de cada un dos que fixo, ou de moitas coleccións deles, o aporte da súa sensibilidade artística e da súa

5) SEOANE, Luís, “Breve crónica en relación conmigo y las artes gráficas”, Segundo Libro de Tapas, Ediciones Bonino, Bos Aires,

1957.

Page 21: maquetación seoane

21

1

21

cultura. Os tres tiveramos que saír, por razóns políticas, dos países onde nos for-maramos. Attilio Rossi abandonou a Italia de Mussolini onde dirixira con Ca-rio Dradi Campo gráfico6 , en Milán, logo de participar en todos os movementos renovadores da tipografía e das artes gráficas nesta cidade. Xacobe Hermelín tivo que fuxir do seu país, Alemaña, como consecuencia das persecucións de Hitler e trouxo consigo, á parte da súa experiencia gráfica, o seu aporte de no-table calígrafo, impoñendo nas tapas que fixo o valor abstracto das letras. Pola miña parte, tiven que deixar Galicia, dominada por Franco, onde en contacto cunha pequena imprenta compostelá, a da “Editorial Nós”, espertouse a miña afección pola artesanía gráfica. Tratábase, entón, de editar semanarios políticos e revistas xuvenís de arte e literatura que fixesen chegar aos demais o aporte da diferenciación cultural e sentimental desa terra. Dos tres, só Attilio Rossi puido regresar ao país da súa formación; Her-melín finou no desterro e, pola miña parte, veño contemplando desde aquela, desde esta cidade do meu nacemento, o curioso fenómeno político da incor-poración paulatina do franquismo ao seo das democracias, sen disimular a súa orixe e violencia. Rossi trouxo ao libro arxentino o seu amor pola medida, o seu rigor xeomé-trico e, cos seus grandes coñecementos técnicos, un afán constante de experi-mentación. Hermelín aportou a vontade e o vigor que caracterizan o traballo xermánico, o amor ao contraste exclusivo do branco e negro, e o seu sentido, deixamos dito, do valor formal da letra. Pola miña parte, máis instintivo, tratei de servirme do meu coñecemento do pasado para as miñas experiencias grá-ficas. O gusto polas prehistóricas insculturas nas rochas, numerosas en Galicia, polas inscricións dos sarcófagos romanos que tamén alí abundan, e polos mi-niados medievais. (Sobre todo, aqueles do cartulario da catedral compostelá, do Tumbo A, e os do Diurnal de Fernando I, que teñen as páxinas epigráficas máis ricas da antiga librería española, ao dicir do especialista Domínguez Bordona, e onde existe unha inicial, a B, que segundo o romanista norteamericano Kings-ley Porter, é a máis bela B de cantas foron feitas polos calígrafos europeos nos séculos medios; tendo en conta que a B é a letra máis representativa do alfabeto latino nos manuscritos do Salterio, pois inicia moitos dos seus versículos e as súas principais divisións). Con ese gusto foi a color o que máis me preocupou sempre na decoración e diagramación do libro. A color, tamén o negro, gris e branco da páxina. Existían desde logo impresores que realizaran fermosos libros para bi-bliófilos, magníficos debuxantes que ilustraron este tipo de libro e que fixe-ron o aporte do seu talento a moitas edicións de autor. O noso propósito era 6) A revista Campo Gráfico foi a primeira publicación idependente en Italia, e das primeiras en Europa, en difundir e aplicar as

teorías do deseño de vangarda no período de entreguerras. A revista caracterizouse pola aplicación dunha lóxica funcionalista ao seu

deseño, empregando grellas, composicións asimétricas ou fotomontaxes. A revista editouse en Milán dende o ano 1933 ao ano 1939.

Na páxina de internet www.thisisdisplay.com poden consultarse as cubertas de moitos exemplares (http://www.thisisdisplay.org/tag

Campo+Grafico) [Último acceso 09.12.2012]

Page 22: maquetación seoane

22

distinto. Consistía en crear libros e coleccións para as grandes editoriais que se formaban con outro sentido formal e no que non se excluíse a personalida-de do artista gráfico, e imprimíndolle un carácter diferencial no mercado do mundo. Os tres coñecíamos moitas das experiencias fundamentais realizadas en Europa a partir dos modernistas, as de Múnic, as anteriores dos prerrafaelistas, e as de William Morris, e sobre todo as que seguiron á primeira guerra mundial. Realizaramos, ou coñeciámolas desde tres puntos afastados de Europa, moitas das experiencias máis recentes daquela, algunhas das cales constitúen aínda unha novidade, despois de trinta anos, nalgunhas partes de América. Utilizara-mos a medida de ouro, a impresión en papel de farrapos, suprimindo as maiús-culas, —supresión iniciada, creo arredor de 1925 en Alemaña, seguramente como reacción ao excesivo número de maiúsculas na ortografía do seu idioma e usada en España poucos anos despois nalgunhas publicacións de literatura e arte novo, sobre todo nas da Gaceta de Arte de Canarias, onde con outros libros valiosos se publicou unha das primeiras monografías sobre o pintor W. Bau-meister— e tamén usando para as carautas os corpos 10 ou 12 como un alarde de distinción e austeridade, utilizando o que chamabamos tipo universal como máis claro e definitivo. Coñeciamos as experiencias tipográficas futuristas e cubistas, as rusas de arredor de 1920, as de El Lissitzky, as de Werkman en Holanda, os traballos mo-dernistas-góticos do escultor e gravador Eric Gill, a nova tendencia entón dos construtivistas alemáns, os ensaios do letón Niklaus Strunke, os de Herbert Ba-yer no Bauhaus, e case todos os estudos de composición gráfica, de contrastes de tons e ópticos que logo ían influír notablemente na pintura e as artes plásti-cas en xeral. Rossi, que foi un dos primeiros defensores da arte abstracta en Bos Aires, autor de numerosas notas de crítica artística na revista Sur, aplicou algúns destes coñecementos no catálogo da imprenta López publicado en 1942, que se titulou Cómo se imprime un libro. Xacobe Hermelín, máis fiel á caligrafía, que constituíu a súa maior vocación e a súa maior arte, non puido desligarse da influencia que exercía no seu gusto o alfabeto gótico e o público coñeceu o alto valor do seu labor na exposición póstuma que da súa obra se realizou nesta capital, hai algúns anos, polo Instituto de Arte Moderna. En canto a min, pouco adepto a subordinar a miña arte a canon algún, preferín deixarme guiar case sempre pola intuición, polas mesmas leis que arredor de 1930 me facían gustar das experiencias post-expresionistas e post-cubistas, sempre en relación con outros gustos máis permanentes. Estes libros e coleccións, dos que orien-tamos a súa arquitectura, adoitáronse imprimir en máquinas vellas e anticuadas, que agora, vinte anos máis tarde, son, naturalmente, máis decrépitas e antigas malia da vontade progresista dalgúns industriais gráficos. Na actualidade, su-perada aquela etapa, un núcleo de artistas destacan o seu gusto na artesanía tipográfica (Silvio Baldessari, Bonomi, Cerdá Carretero, Cotta, Gonda, Alfredo Hlito, Carlos Hirsch, Iaquinandi, Maldonado, Méndez Mosquera, Lidy Pratto,

Page 23: maquetación seoane

23

Rebuffo, Rosarivo, etc.) e fan posible, aínda a pesar dese estancamento técnico, a distinción do libro arxentino. Naquela imprenta compostelá “Nós” á que me referín no meu primeiro Libro de Tapas, onde pasaba parte do meu tempo alternando os faladoiros de café e as reunións clandestinas de estudantes e obreiros cos meus descansos de estudante de Dereito, fixen para semanarios revolucionarios e autonomistas, como Claridad, Ser, a revista Universitarios, os meus primeiros intentos de com-posición tipográfica. O gravado en linóleum, impreso en negro sobre papel de color, atravesaba algunha que outra vez, como a franxa dunha bandeira, a pri-meira páxina de Claridad. Os meus recursos tipográficos, limitados á modestia da imprenta, utilizábaos mesturando na composición os tipos máis antigos con filetes e orlas, algúns dos cales perduraban noutras imprentas daquela cidade desde os séculos XVII e XVIII, revoltos nas caixas cos de estilo modernis-ta, adquiridos polos seus propietarios a principios do século. Adornos e viñetas neoclásicas e románticas servían tamén para outras expe-riencias. Gozabamos deses efectos visuais tanto coma os surrealistas franceses buscando parecidos fins tipográficos, aínda que guiados dun afán distinto no ensaio, pois, pola nosa parte, non ía unido á imposición de programa estético algún. Os nosos carteis, os que faciamos para pegar nas paredes burlando a vixi-lancia policial, ou como anuncio dalgunhas conferencias universitarias, estaban realizados polo procedemento do estarcido, ou tamén gravados ao linóleo, a veces do modo rudo que moitos anos despois gustarían aos partidarios de Jean Dubuffet e da súa “arte bruta” ¿É posible que nas bibliotecas expurgadas de Galicia se conserve algo desta obra inxenua, sincera e limpa, que se facía da-quela nunha e noutra cidade dese país? En Guión e en Yunque, nas que tamén colaborabamos con outros compañeiros, facíanse alardes tipográficos pareci-dos. ¿Que foi daqueles libros de poemas dos que coloreabamos as tapas a man con menos solemnidade cós pequenos beatos? No pequeno rastro próximo á Universidade, se continúa existindo, ou nas librerías de vello, é seguro que non se encontren mostras daquela inquietude. En cambio, nas librerías das rúas de Correntes de Bos Aires, nesas onde a lectura dos títulos se une na mente aos ripios das cancións de discos populares, ou ao ritmo da canción bailable de moda, dun bugui ou dun rock, podemos ver asomar, entre o montón de libros de moitas nacionalidades e temas, un anaco dalgún daqueles que diagramamos e lle fixemos a tapa. Está con outros amoreado de calquera xeito, e, sobre el, sobre todos eles, colocado coma unha cruz no cemiterio, está o cartel que di: "Tres por dez pesos". Se non o silencio, polo ruído dos discos, o lixo, polo me-nos, úneos e envólveos, mentres nas principais librerías do centro da cidade, as vidreiras adórnanse cada vez máis, con notables libros de arte e de fotografías que son, ao dicir de Frangois Gali, os libros de hora da nosa época. Entre eles, as nosas tapas, quizais luzan como as caléndulas e alelís entre as caixas de plástico das orquídeas.

Page 24: maquetación seoane

24 MT

1

4. Manifiesto del Laboratorio de Formas de Galicia7

- El LABORATORIO DE FORMAS, nacido en la Galicia emigrada como producto de la voluntad de dos artistas, se propone el estudio de las formas desarrolladas en el pasado gallego y las que continúan vigentes, heredadas de ese pasado, en el presente. Testigo del cansancio producido por los últimos ideales cosmopolitas de algunas escuelas, el LABORATORIO se propone encontrar en esas formas olvidadas que tuvieron vigencia durante siglos, y en las que perduran heredadas, los signos de su propio sistema de expresión.

- El LABORATORIO DE FORMAS DE GALlCIA registra un largo número de intentos y teorías que van desde John Ruskin y William Morris, desde los racionalistas y constructivistas rusos, hasta las últimas experiencias de Tomás Maldonado, 1. Sutherland, T. Johnson, etc., pasando por el ejemplo clásico del Bauhaus.Pero, los propósitos que guían al LABORATORIO y la teoría que sustenta, han de incluir, además del significado, el origen de las formas tratando de no someterse al cosmopolitismo a que antes nos referíamos, por respeto al hom-bre, analizando aquellas que distinguen de antiguo el arte de Galicia, teniendo en cuenta las experiencias anónimas que inventaron hace centenares de años formas aún actuales y que adquirieron particularidad gallega.

- El LABORATORIO DE FORMAS DE GALlCIA dejó su período de conversaciones previas y de formulaciones teóricas, y, colaborando con Ce-rámicas del Castro cuenta ya en su haber con dos importantes realizaciones: el renacimiento de la cerámica de Sargadelos, la empresa industrial de más importancia y prestigio del pasado gallego, que representó al mismo tiempo una de sus mayores frustraciones, y la creación del Museo Carlos Maside, que aspira a recoger la obra y la documentación del movimiento renovador del arte gallego contemporáneo, convirtiéndose en un verdadero centro de infor-mación y archivo relativo a las ideas estéticas de Galicia y a la difusión dentro de ella de los movimientos universales del arte.

- El LABORATORIO DE FORMAS se propone hacerse notar más por sus realizaciones que por formulaciones teóricas, mostrando siempre su simpatía por las artes populares. El LABORATORIO estará presente allí donde exis-tan problemas en relación con sus fines, sin más limitaciones que las éticas, y mantendrá un sistema abierto a la evolución de las ideas referidas al arte, a las formas, al diseño y al futuro.

7) SEOANE, Luís e DÍAZ PARDO, Isaac, Manifiesto del Laboratorio de Formas de Galicia, separata incluída en ‘Cuadernos del

Laboratorio de Formas de Galicia nº1’, Edicios do Castro, Sada, A Coruña, 1970.