Luis Seoane- Textos Sobre diseño

69
Luís Seoane Textos sobre deseño

description

Esta publicación es el resultado de un ejercicio práctico de la asignatura ‘Publicidad, Artes Gráficas Tipografía’, impartida en 4º cursodel Grao en Publicidad y Relaciones Públicas en la Facultade de Ciencias Sociais y de la Comunicación de la Universidade de Vigo, Campus de Pontevedra.

Transcript of Luis Seoane- Textos Sobre diseño

Page 1: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

Luís SeoaneTextos sobre

deseño

Page 2: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

Diseño & Maquetación: Cristina Lainez González

Tipografías empregadas: Portada - Bembo Std Bold 58 y 39 pt. Interlineado 37 pt.Título capítulo - Bembo Std Bold 44 pt. Interlineado 48 pt.Cajas de texto - Bembo Std Regular 13 pt. Interlineado 17 pt.Pie de foto - Bembo Std Italic 13 pt. Interlineado 15,6 pt.Notas al pie - Bembo Std Italic 11 pt. Interlineado 13,2 pt.Paginación - Bembo Std Regular 14 pt.

© dos textos: Fundación Luís Seoane© das imaxes: Os seus autores

Todos os textos que aparecen nesta publicación foron ex-traídos do caderno Alicerces nº18, editado polo Museo do Pobo Galego no ano 2010 1, agás o Manifesto do Laboratorio de Formas, que foi extraído dunha separata incluída no nº1 dos ‘Cuadernos del Laboratorio de Formas de Galicia’, editado por Edicións do Castro no ano 197o.

Esta publicación é o resultado dun exercicio práctico da asignatura

‘Publicidade, Artes Gráficas e Tipografía’, impartida no 4º curso do

Grao en Publicidade e Relacións Públicas na Facultade de Cien-

cias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, Campus

de Pontevedra. Esta publicación ten un obxectivo exclusivamente

didáctico e non comercial.

1 FANDIÑO, Xosé Ramón e LÓPEZ, Gloria. ‘Luís Seoane. Teórico do deseño gráfico’. Alicerces nº18, Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela, 2010.

Page 3: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

Índice

Libros e autores galegos

Dúas imprentas e as miñas tapas

Breve crónica en relación comigo e as artes gráficas

Manifiesto del Laboratorio de Formas

7

32

50

62

Page 4: Luis Seoane- Textos Sobre diseño
Page 5: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

5

“Galicia non podía deixar de conservar, por medio do libro e a través do tempo, o pensamento dos seus homes máis ilustres”.

Page 6: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

6

Page 7: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

7

Libros e autores galegos

Primeira exposición organizada polo Centro Galego de Bos Aires.

Día de Galicia de 1948

Page 8: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

8

Breve historia do libro galego

Galicia, un dos pobos máis antigos da Península Ibérica e que máis aportaron á historia da súa cultura, non podía deixar de conservar, por medio do libro e a través do tempo, o pensa-mento dos seus homes máis ilustres. Por isto, a Xunta Direc-tiva do Centro Galego de Bos Aires, de acordo coa súa Co-misión de Cultura, ao organizar esta primeira mostra do libro galego, sen poder contar para iso coa riqueza bibliográfica que se conserva en Galicia, e recorrendo aos escasos exem-plares que se gardan nesta cidade, espera dar sen embargo ao público culto de Bos Aires idea aproximada do valor do libro en Galicia, así coma salientar o extraordinario aporte deste país á cultura da Península Ibérica. Non contando, como non

Page 9: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

9

se conta neste caso, co apoio de entidades oficiais nin, por conseguinte, con envíos desde Galicia de exemplares raros, esta exposición non se debe de considerar, senón coma un primeiro intento destinado a ser superado nos anos vindeiros. En Galicia existen verdadeiras xoias bibliográficas, entre elas algúns códices exemplares, dos que, dos seus miniados, de-talles ornamentais, caligrafía, etc., limitarémonos a dar o seu aspecto fotográfico. Agardamos, pois, que nos anos próximos, logo deste intento primeiro, se realice máis completa unha nova mostra do libro galego. Con respecto a esta primeira exposición é suficiente, para a entidade organizadora, con que o público arxentino nos acompañe coa súa curiosidade e a súa simpatía.

Da máis antiga Galicia celta, aquela que conquistaron os ro-manos, non se conservan obras escritas. Sábese polos histo-riadores latinos que os galegos tiñan unha literatura oral, que por desgraza non se conservou e a penas nos queda memoria das primeiras obras que se fixeron nos comezos da Idade Media.

Foron os monxes, antes de que a imprenta entrase en Galicia, quen se dedicaron á copia de Códices e por eles quédannos fragmentos dalgúns himnos compostos polos poetas disci-pulos do herexe galego Prisciliano, os once opúsculos deste, así como a memoria dalgúns daqueles homes de letras que o acompañaban, coma é o caso do poeta Arxirio. No século IV

Page 10: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

10

florecen dous grandes escritores galegos, o historiador Paulo Orosio, natural da Galicia Bracarense, autor do Cronicón que relata a invasión dos suevos en Galicia.

Desta época é o curioso libro titulado De Peregrinatione sil-viae, da monxa galega Eteria, obra incompleta traducida no século XIX a distintos idiomas europeos e que relata a pere-grinación desta santa muller galega á península arábiga, onde estivo ao pé dos montes Sinaí e Nebo visitando a tumba do apóstolo Tomás e do rei Abgar, así como conta a súa viaxe a Carres para venerar a memoria do patriarca Abrahám e as súas visitas despois a Exipto, Mesopotamia e Dumea antes de retirarse a escribir estas memorias na cidade de Constantino-pla. Do século VII consérvase o libro do monxe galego San Valerio, titulado Ordo Qureimonia e logo das invasións árabes que se deteñen en Galicia, pero que paralizan toda manifes-tación literaria e cultural, aparece o Epitalamio da princesa galega Leodegunda, filia do rei de Galicia Ordoño II, e o poema do bispo compostelán Munio Afonso De Consolatione Rationis.

No século IX florece en Galicia unha escola de Códices na que se destacan, ademais do monxe galego Fritoso, o pictor que ilumina o libro de rezos de Fernando I con preciosas miniaturas a escritora Leodegundia de Bobadela que escribe os seus tratados en caracteres suevo-galaicos e da que se con-serva a súa obra na Biblioteca do Escorial, ademais doutros

Page 11: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

11

Miniatura do Libro de horas de Fernando I, do século XI, que se conserva na Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela.

Page 12: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

12

monxes coma Estevo de Celanova, Trasmondo de Samos e o bispo de Mondoñedo Rudecindo. Neste século IX o diáco-no Miguel recompilou o Códice dos Concilios coñecido por Códice Lucense, desaparecido no incendio do Escorial, pero do que se supón que existen copias na Biblioteca do Vatica-no. De finais do século XI é a primeira composición poética universal de Galicia convertida máis tarde na oración máis fermosa dos católicos co nome de Salve Regina e o seu autor é o bispo de Compostela procedente das montañas de Curtis, San Pedro de Mezonzo2.

Anterior a todos eles e acusado de priscilianista é o teólogo Bachiario, que escribiu en Roma Confessio fidei e De Repa-rationes Lapsi. En Santiago, Bernardo deu comezo á primeira historia da súa igrexa, monumento literario importantísimo ao que debemos grande parte dos coñecementos que temos sobre as orixes e primeiros bispos de Compostela, titulado Crónica Compostelana.

No século XI Walfrido publica a súa Crónica e Ordoño, prior de Celanova, a súa Vida de San Rosendo. Pasadas esas épocas fóronse publicando traducións ao galego de distintas obras célebres do mundo medieval, ou compilacións legais que hoxe son documentos importantes para fixar o esplendor do idioma galego, como ocorre cos Diálogos de San Gregorio, A lenda Áurea, de Pedro de Voráxine; a Crónica Troiana da que se fixo unha espléndida edición dirixida por Martínez Salazar en 1900 na Coruña e da que temos un exemplar nesta expo-

2 As fontes de documentación histórica atribúen a autoría do ‘Salve Regina’ a diferentes autores. Consultar artigo na Wikipedia (http://es.wikipedia.org/wiki/Salve_Regina) [Último acceso 09.12.2012]

Page 13: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

13

sición. Ata os séculos XIV ou XV, podense fixar as distintas datas en que se fixeron estes Códices, ás que hai que engadir as traducións das Partidas, código legal ordenado por Afonso X o Sabio, e do Foro Xulgo. Tamén dos séculos XIV ou XV é o Flos Sanctorum, historia da Igrexa de Iria escrita en galego, obra de Rui Vázquez da que existe un exemplar na Biblio-teca da catedral compostelá. Marabilla de realización son os Tombos que tamén están na dita catedral. Nestas obras dos Códices hai que atender, non só ao valor dos textos, senón tamén ao valor que posúen pola caligrafía con que se reali-zaron, así como polo que teñen os miniados, a calidade do papel, encadernación, dourados, etc.

Fóronse publicando traducións que

hoxe son documentos importantes para fixar o esplendor do idio-ma galego.

Page 14: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

14

Texto dunha canción de amor do xograr medieval Martín Codax. Século XIII.

Page 15: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

15

Desde os séculos XII ao XV, Santiago de Compostela foi o centro cultural máis importante do extremo occidente euro-peo e no primeiro destes séculos comeza a manifestarse con extraordinario esplendor a poesía lírica galaicoportuguesa. Florecemento literario de Galicia que comprende a un gran-de número de poetas entre os que se destacan Airas Núñez, Bernardo de Bonaval, Martín Códax, Joan Ayras, Pero Meo-go, Paio Gómez Chariño, Johan Zorro, Pero Amigo e tantos outros, así como na decadencia desta poesía, eses dous grandes poetas que tecen as súas vidas en lendas, que foron Macías o Namorado, a quen dedicou un estudo completo en Filadelfia o profesor Alberte Rennert, e Xoán Rodríguez do Padrón, do que a súa vida extraordinaria xorde da pluma exemplar de don Ramón Otero Pedrayo en Las Palmas del Convento.

No século XV incorpóranse ás letras castelás os cabaleiros Rui López, don Pedro Álvarez Osorio, o Conde de Altami-ra D. Rodrigo Osorio de Moscoso, don Luís de Viveiro, o bacharel Francisco de Vaamonde, Diego de Muros, Vasco de Aponte, etc., dalgún dos cales a penas se conservan escasas mostras literarias.

Pasados os séculos en que os discípulos de San Frutuoso o Asceta se dedicaban á copia de Códices e no que os bispos como San Froilán levaban consigo o asno cargado de libros para ir dun a outro sitio, no momento en que Galicia estaba sumida en revoltas políticas e sociais, don Diego de Acevedo,

Page 16: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

16

conde de Monterrei e frei Antonio de Guevara, cronista de CarlosV, establecen a imprenta na nosa terra. A estes insignes varóns débese que Galicia non fose dos últimos pobos da península en utilizala para proveito propio. Murguía dinos, falando da imprenta en Galicia “aquí tivemos tamén os nosos incunables, e é esta unha gloria da que podemos envaidecér-monos como tantas outras que xacen no esquecemento máis triste”.

Poucos anos despois do descubrimento de América imprí-mese o Misal de Monterrei, do que se teñen as primeiras novas polo bispo Muñoz de la Cueva na súa Memoria Histórica de la Iglesia de Orense, sen que poidan darse noticias exactas dos impresores Gonzalo Rodrigo de la Passera e Xoán de Porres, seguramente asturiano un e salmantino o outro e de quen se coñecen algunhas obras posteriores. Este Misal é o primeiro libro impreso antes de 1500 en Galicia. Da imprenta instalada en Mondoñedo discútese se o seu primeiro libro é a Des-cripción del Reino de Galicia polo licenciado Molina, feito en cuarto polo impresor Agustín de Paz.

Outro impresor célebre, tamén do século XVI, é Vasco Díaz Tranco del Fregenal, natural de Extremadura, que tivo pri-meiro imprenta na cidade de Ourense e despois noutras va-rias cidades de Galicia. Logo destes primeiros obradoiros ti-pográficos foron famosos polas súas edicións os que xurdiron a principios do século XVII con motivo de volver Santiago

Page 17: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

17

Páxina do Misal de Monterrey, de 1500, o máis antigo -entre os que se conservan- dos libros impresos en Galicia.

Page 18: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

18

a absorber todo o movemento literario e cultural de Gali-cia e que foron as prensas dos Guixard, Fraiz, Aldemunde e Aguayo.

Nos séculos XVIII e XIX numerosas imprentas elevaron a arte tipográfica a unha calidade extraordinaria na época e son moitos os nomes de grandes impresores galegos que contri-buíron coa súa artesanía ao desenvolvemento cultural desta rexión do occidente peninsular. De todas elas quedan exem-plos de revistas, diarios e libros.

A finais do século XIX xorde un home de grande mérito para as letras de Galicia, don Andrés Martínez Salazar, faleci-do na segunda decena do noso século. Don Andrés Martínez Salazar, natural de Astorga coma D. Marcelo Macías, o outro grande maragato que consagrou a súa vida a Galicia e que tan excelentemente estudou Otero Pedrayo. Martínez Salazar dirixiu na Coruña a súa célebre Biblioteca Galega, da que os seus volumes constitúen un compendio da obra intelectual de Galicia de finais do século pasado e principios do actual. El uniu ao seu gran labor de editor a súa actitud e xenerosa de mecenas e a súa produción moi meritoria de escritor.

Os libros da Biblioteca Galega, presentados sobria e severa-mente, están realizados con bo gusto tipográfico e constitúen en certa maneira un modelo editorial.

Logo deste primeiro ensaio xurdiu na mesma cidade da Co-ruña outra gran editorial galega dirixida por Ánxel Casal,

Page 19: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

19

un dos homes a quen Galicia debe recoñecemento polo seu traballo e que se titulou Editorial Nós, na que se publicaron grande cantidade de obras en idioma galego dos máis pres-tixiosos homes de letras actuais de Galicia, que tivo a impren-ta, primeiro na Coruña e despois en Santiago de Compostela. Simultaneamente a este labor de Ánxel Casal, Xaime Ouin-tanilla dirixiu en Ferrol Céltiga e das imprentas de todas as cidades galegas saíron impresos libros que ían engrandecer aínda máis a riqueza cultural da nosa terra. Tamén en Santiago o escritor Arturo Cuadrado, acompaña-do dun núcleo de estudantes fundou as edicións Niké e Re-sol, onde se publicaron tomos raros da máis nova literatura galega. Tamén publicou unha primeira edición de poemas

Numerosas imprentas elevaron a arte tipográfica a unha calidade extraordinaria e son moitos os impresores galegos que contribuí-ron ao desenvolvemento cultural.

Page 20: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

20

dos discípulos do escritor e pedagogo uruguaio Jesualdo, que constitúe actualmente unha curiosidade bibliográfica. En Mondoñedo os poetas Iglesia Alvariño e Álvaro Cunqueiro sostiveron unha reducida editorial de poesía: Editorial un no Este gallego.

En Ourense publicouse ata 1936 a revista Nós, dirixida por Vicente Risco e Alfonso R. Castelao, que foi a mellor revista literaria que tivo Galicia no seu momento. Nela publicáronse por vez primeira traducidos a un idioma peninsular, o gale-go, grandes autores contemporáneos, coma Tagore e James Joyce, por exemplo; deste último precisamente un capítulo do Ulises. Outra revista que agrupou o núcleo máis mozo de escritores e artistas e que uniu en certa maneira a unha xe-ración distinta á de Nós foi Yunque, dirixida por Ánxel Fole. Simultaneamente, a Academia Galega, a Universidade com-postelá e o Seminario de Estudos Galegos, levaban a cabo as súas publicacións. O labor do Seminario de Estudos Galegos, disolto por decreto despois de 1936, constitúe unha das máis importantes iniciativas de cantas se emprenderon en Galicia no que vai de século e algúns dos seus tomos, coma Terra de Melide, non foron aínda superados.

Actualmente continúan o seu labor oficial a Academia Gale-ga e a Universidade e emprenderon un importante labor edi-tor o Instituto Padre Sarmiento de Santiago de Compostela e o Museo de Pontevedra. Tamén algúns particulares como Edicións Celta de Vilagarcía comezan a realizar un labor serio e sistemático.

Page 21: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

21

Cuberta do libro De catro a catro, escrito polo poeta Manoel Antonio no ano 1928 e editado pola editorial Nós de Anxel Casal.

Page 22: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

22

Cuberta do número 9 da revista Nós, cunha ilustración de Castelao, editada en Ourense no ano 1922 coa dirección de Vicente Risco.

Page 23: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

23

Cuberta de revista Yunque con deseño e ilustración de Luís Seoane, 1932.

Page 24: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

24

Entre os artistas galegos que se dedicaron á decoración e ilus-tración do libro debemos salientar no século XIX a Ánxel Balaca, Cendón e Guisasola e Mayer, e xa no século XX a Bujados, Alfonso R. Castelao, Castro Gil, Cebreiro, Manuel Colmeiro, Camilo Díaz, Fernández Mazas, Urbano Lugrís, Carlos Maside, Portela, Máximo Ramos, Federico Rivas, Luís Seoane, Arturo Souto, Varela de Seijas e Manuel Torres, entre outros. Sinalamos a parte os grandes debuxantes ga-legos que realizaron case todo o seu labor nesta República, onde adquiriron xusta notoriedade sen que por iso esquece-sen o seu país natal, como Cao, Alonso Lourido, Peña e Silva. O primeiro, ao mesmo tempo que realizaba o seu profuso e importante labor de debuxante satírico, entregado á paixón política deste país, editaba pola súa conta El Eco de Galicia, que máis tarde dirixiu e editou o historiador galego Manuel Castro López, tamén residente nesta República.

Dos escritores máis destacados de Galicia que impulsaron a edición de libros débense citar os nomes ilustres dos histo-riadores e escritores don Benito Vicetto e don Manuel Mar-tínez Murguía e a este último debemos, ademais, que na súa obra publicada en Vigo en 1862 titulada Diccionario de Escri-tores3 aportase un dicionario bastante completo de impreso-res como primeira parte dese libro, no que están sinaladas as imprentas galegas desde aquela primeira fundada polo Conde de Monterrei ata a Tipografía Galaica, que publicaba na épo-ca en que Murguía editou o seu libro, o xornal El Avisador.

3 MURGUÍA, Manuel, ‘Impresores’, Diccionario de escritores gallegos. Ed. Juan Compañel, Vigo, 1862: 11-30. É posible consultar unha copia dixitalizada do li-bro na Biblioteca Dixital de Galicia, Galiciana. (http://galiciana.bibliotecadega-licia.xunta.es/gl/consulta/registro.cmd?id=4829) [Último acceso 09.12.2012]

Page 25: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

25

Paralela a esta breve síntese histórica dos nosos códices e dos libros das nosas imprentas galegas, debe facerse mención das bibliotecas galegas, moitas delas de grande importancia, e que, pertencentes a entidades públicas ou privadas, ou de particulares, realizan unha importante función de difusión do libro. A máis destacada de todas elas polo seu valor e pres-tixio é a Biblioteca Universitaria. Seguiu na súa formación as alternativas de progreso e decadencia a través dos varios séculos da Escola Compostelá e nos seus comezos esta libre-ría universitaria formouse das achegas dos antigos mestres que ían legando os exemplares raros impresos ou manuscri-tos que reuniran na súa vida de estudosos. Estes volumes, ao principio, fóronse reunindo na Sala de Claustros. A mediados do século XVI o Claustro acordou a compra da Biblioteca do bispo Carmona pola cifra, daquela cuantiosa, de 400.000 marabedís, e aumentáronse as cadeas e cadeados que garda-ban a antiga biblioteca, ao mesmo tempo que se convertía en pública, abríndoa ao lector por tres horas os días de traballo. Primeiro, os libros eran vixiados polo bedel, logo foron os estudantes quen os custodiaban. En 1591, o Santo Oficio realizou nesa biblioteca os expurgos que considerou nece-sarios. A custodia dos estudantes, así como as cadeas dura-ron ata o século XVIII, en que comezou para a Biblioteca Universitaria a súa obra de grande esplendor. Coa expulsión dos xesuítas incorporáronse a esta os volumes da magnífica biblioteca do Colexio de Santiago, e cos libros de doutrinas sospeitosas de herexía procedentes doutros colexios de Gali-

Page 26: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

26

cia, formouse o famoso cuarto de prohibidos. A isto engadiu-se a doazón testamentaria da librería valiosa en exemplares dedicados ás Belas Artes do grande escultor galego, Felipe de Castro. Nos días da invasión francesa, un grupo de sabios galegos “afrancesados”, entre os que estaban Pedrosa, Bedoya, Bazán de Mendoza e Fontán, o famoso autor do Mapa de Galicia, lograron salvar a biblioteca do incendio. Poucos anos máis tarde, o bibliotecario Cousiño doou manuscritos do seu parente o sabio P. Sarmiento, e as magníficas bibliotecas dos conventos de San Martiño, San Domingos, Conxo e algun-has máis foron engadidas á Biblioteca Universitaria con mo-tivo da exclaustración dos frades. A ela pertencen, ademais de millares de valiosos exemplares, o Libro de horas, que citamos

Primeiro, os libros eran vixiados polo bedel, logo foron os estudantes quen os custodiaban.

Page 27: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

27

antes, de Fernando I, máis de 100 incunables en 73 volumes, gran cantidade de libros do século XV, edicións realizadas por mestres da tipografía europea coma Plantino, Maunar e Estéfanos e espléndidas edicións dos impresores españois do século XVIII coma Sacha, Ibarra, Monfort e Cuesta.

Outras bibliotecas moi importantes están en entidades ofi-ciais de toda Galicia, como algunhas de Deputacións provin-ciais, e de Institutos, ou en Sociedades Económicas, ou en Clubs particulares. Debemos, sen embargo, destacar aquí a magnífica biblioteca de El Consulado da Coruña, a da Aca-demia Galega e as particulares e moi valiosas do Círculo de Artesáns e a máis modesta pero moi interesante para biblio-grafía contemporánea do Sporting Club, na Coruña. Exem-plos de bibliotecas particulares entre as moitas e valiosas que se posúen en Galicia son a do arcebispo Lago González, que foi adquirida pola Biblioteca Universitaria Compostelá e que conserva o nome do antigo propietario en homenaxe a este gran galego, home de letras e arcebispo de Compostela; e a do poeta Antonio Rey Soto, actualmente instalada en Ou-rense, a cal foi conservada en Madrid durante o sitio desta cidade na última guerra civil polo goberno da República e por personalidades galegas.

Hai máis de corenta anos, os emigrados galegos secundando a iniciativa do escribán desta capital D. Gumersindo Busto, deu orixe a outra gran biblioteca, a que se denomina en home-

Page 28: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

28

naxe a este continente “Biblioteca América”. Nela están de-positadas coleccións de documentos e publicacións oficiais, libros de ciencia, arte e literatura e coleccións de revistas de todas clases, ata constituír, seguramente, a mellor bibliote-ca americanista que hai en Europa. Cos libros procedentes de América están as coleccións de mineraloxía, de moedas e medallas, de mapas deste continente e multitude de pezas etnográficas que fan aínda máis valiosa dita biblioteca. Esta grande obra, que constitúe a máis grande homenaxe que pui-dese ofrecer un pobo emigrado a América ten, ademais, o valor de que a diferenza das grandes bibliotecas e arquivos norteamericanos, non se constituíron polo esforzo dun gran capitán da industria ou pola xenerosidade dun multimillo-nario, senón polo esforzo colectivo de miles de homes que desde México e Cuba ata Arxentina e Chile, ao longo do Continente, enviaron estes libros a Santiago de Compostela.

En América, por outra parte, e volvendo aos editores emigra-dos galegos, creáronse catro coleccións de libros de autores de Galicia nas que se publicaron arredor de 50 títulos. As coleccións Hórreo e Dorna de Emecé Editores; e Camiño de Santiago e Pomba da editorial Nova, e que é o primeiro grande esforzo realizado por estranxeiros para divulgar, sen afán proselitista bastardo, a cultura do seu país nesta Repú-blica. Tamén se continuaron editando esporadicamente nesta capital algúns novos tomos das Edicións Resol e, illadamente, publicaron algúns libros o Centro Ourensán, a Federación de Sociedades Galegas e Mocidades Galegas.

Page 29: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

29

O libro preocupou sempre á xente mellor de Galicia e para demostrar esta afirmación bastará con citar a atención que demostra o noso sabio erudito frei Benito Jerónimo Feijoo, que establece regras incluso nalgún dos seus ensaios. Di o gran bieito galego: “Un escritor inhábil, destituído de enxe-ño, estilo, erudición, imprime un libro inútil e expono en venta pública, sinalando o prezo ou proporción do volume, igual aquel polo común ao prezo que se vende o libro máis excelente; pois peca gravemente e está obrigado á restitu-ción”. Establece os fraudes que se cometen no engano na ca-lidade dos libros, na cantidade, se se finxe que o libro é maior do que é, na impresión, se o papel é groso ou está composto con caracteres moi crecidos e nos casos en que o seu contido non corresponde ao título. Para o P. Feijoo, por estes enganos que se poden facer, é obrigatoria a restitución de prezo. Estes principios de moralidade editorial do noso grande sabio ga-lego debían de estar fixados nas postas de todas as editoriais e das imprentas que imprimen libros illadamente, coma unha lección de dignidade, se non fose que a algúns impresores e editores actuais, non a todos afortunadamente, poden non interesarlles ser os propios denunciantes das trampas que se poden facer nos libros.

Page 30: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

30

Cartel anunciador da Colección Hórreo, da editorial Emecé Editores de Bos Aires, deseñado por Luís Seoane en 1942.

Page 31: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

31

Page 32: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

32

Page 33: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

33

Dúas imprentas e as miñas tapas4

A Elena e Domingo García Sabell que me trou-xeron toda a Compostela das miñas primeiras tapas.

4 SEOANE, Luís, “Dos imprentas y mis tapas”, Libro de Tapas, Ediciones Botella al Mar, Bos Aires, 1953.

Page 34: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

34Capítulo I

En Santiago de Compostela, monumento de granito e néboa, a antiga cidade vieira erguida coma unha rocha, estableceu Ánxel Casal a súa imprenta.

Primeiro no número 20 da rúa das Hortas á que se baixa por entre o Hospital Real e o Pazo de Raxoi, pasando pola igrexa de San Frutuoso, a das catro sotas da baralla: a de espadas, a de copas, a de ouros, a de bastos, que simbolizan os personaxes da danza da morte e da vida medieval: a nobreza, a igrexa, o comercio, os campesiños, que fixeron a Santiago tal como é na actualidade. A de copas tamén pode representar ademais do cáliz, as tabernas, que esa cidade de clérigos na súa antiga acepción, tonsurados e segrares, posúe en abundancia.

Page 35: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

35

Despois da rúa das Hortas, de menestreis e artesáns, insta-louse na Rúa do Vilar número 15, rúa central da vida da cidade, que no seu horizonte ve erguer a Torre do Reloxo da catedral compostelá. Na oficina que precedía aos talleres da imprenta reuniámonos polas tardes con Casal un núcleo de estudantes para falar de política, de libros e facer proxectos de revistas. Pola porta viamos pasar uns cabaleiros hipocrita-mente repousados, anciás veladas previdas de rosarios e libros de misa, estudantes ateigados de textos baixo o brazo, ou esveltas mandadeiras coa sella de auga á cabeza.

De noite animábase a Rúa do Vilar cos paseos de estudantes; as parellas de namorados preferían facer a súa rolda de amor baixo os soportais que enmarcan a rúa, mentres, polo centro, grupos de mozos de ambos sexos cruzaban entre eles, cos ollos, tenros madrigais, ao tempo que polos beizos se dedican ditos graciosos e galantes. Na miña época, moitos conspira-bamos á sombra dos soportais, discutiamos plans de rebeldía á luz das vidreiras das vellas praterías, das antigas librerías con sotos misteriosos, no portal dalgunha vella casa polo que se entraba discretamente a unha taberna, ou arredor dunhas mesas do café Español, onde outros consumían a súa quenda de oito horas de dados e de dominó.

Algunhas desas noites alterábase o candor polas rúas cando se interrompía a enerxía eléctrica da cidade por un apagón provocado por estudantes e obreiros ou pola carga aberta

Page 36: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

36

que a garda civil ou a garda de seguridade facía sobre nós, desfacéndose o paseo entre berros subversivos e corridas de mulleres, silenciándose nos cafés o golpeo das fichas sobre o mármore. Outras veces a desorde ocorría porque os estu-dantes de Dereito e os de Medicina ou os de calquera outra facultade, en compañía dalgún dourador de imaxes ou tallista de mobles facían estalar bombas inofensivas fabricadas clan-destinamente polos compañeiros de Ciencias, para sinalar a nosa protesta contra a ditadura e a monarquía. Calquera desas interrupcións á normalidade da rúa, dos paseos, non lograban silenciar a outros grupos que apoiados a unha columna can-taban a coro as máis diversas e fermosas cancións folclóricas de Galicia, nin alterar a curiosidade das nais que axexaban o paseo das fillas tralas cortinas das fiestras. Os días de choiva, que son a maioría, o paseo faise baixo os soportais invadindo os paseantes o lugar recolecto reservado ás parellas de noivos.

É posible que aínda continúe, apoiada na columna, a vella e enrugada castañeira, que arroupada no seu longo e ne-gro chal, dobrábase sobre o forniño onde asaba as castañas. Desprendíase dos rosarios das cocidas, ese olor a fiúncho ou anís con que se aliñan. A vella castañeira debe de continuar parecendo unha das figuras labradas en pedra do Pórtico da Gloria ou dun capitel, do Palacio Xelmírez.

Para algúns libros de poetas amigos, Feliciano Rolán, Igle-sia Alvariño, Cunqueiro, fixen alí as primeiras tapas e ilus-

Page 37: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

37

tracións, aquelas que se imprimiron na imprenta e editorial “Nós” de Ánxel Casal, uns anos antes que outros debuxos meus fosen publicados en revistas literarias e semanarios po-líticos. Yunque, Universitarios, Claridad, Ser, Resol, que escan-dalizaban á fidalguía e burguesía galegas durmidas no pre-térito, nas lecturas dos vellos cronicóns; historias de santos, amores clandestinos e balances bancarios. Na miña mesa de estudante mesturábanse, cos códigos de tratados de Dereito, os albumes e monografías de Picasso, Paul Klee, Grosz, Otto Dix e os números das revistas Nosotros e Nueva España -esta cos espléndidos debuxos de Maside- e os libros das editoriais “Cénit”, “Ulises”, “Zeus” e “Teivos”.

E alí acendéronse os meus primeiros soños, aqueles que quizais nunca se cum-

prirán, pero que aínda son brasa repousada que a miña soidade promete labaradas.

Page 38: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

38

Pasaron moitos anos desde que saín de Santiago á forza como tantos outros, pero desa cidade, das proximidades da cal pro-ceden as miñas raíces, que o queira ou que non, nacese ou non nela, son para sempre. Nela fun estudante, tuno, revol-toso político, e alí entre as vellas pedras cubertas de liques, ouro, verde e negro, as fachadas románicas e barrocas, chuvia e néboa, acendéronse os meus primeiros soños, aqueles que quizais nunca se cumprirán, pero que aínda son brasa repou-sada que a miña soidade promete labaradas.

Page 39: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

39

Primeira páxina da revista Claridad do 14 de abril de 1934, data do 3º aniversario da proclamación da República, con deseño e gravado ao linóleo de Luís Seoane en cor vermella.

Page 40: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

40

Capitulo II

Con Arturo Cuadrado, amigo desde os anos de Compos-tela, emprendín en Bos Aires varias empresas editoriais. Os dous con outro amigo entrañable, Lorenzo Varela, de quen os primeiros poemas viñeron desde súa terra aceirada de Lugo, traídos por amigos comúns, fundamos e diriximos Correo Literario, coa colaboración de Alberto Girri, Pedro Larralde e Javier Farías (1943-45), coleccións de libros e outras em-presas nada comerciais, todas elas en certa maneira, unidas sentimentalmente á rúa Perú ao 666. Unha rúa do barrio de San Telmo, dese barrio habitado en grande parte por galegos e portugueses e que leva o nome dun santo de Galicia, Pedro González Telmo, que tamén designa a ese copete de luz que

Page 41: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

41

nos momentos precursores da treboada adorna a arboradura dos barcos.

A capital desa rúa branca, gris e ocre, de ceo azul coma toda a cidade, é para nós a Imprenta López, que leva o número capicúa 666. Limita ao norte, no 613, coa Editorial Nova, no lugar da cal está “Botella al Mar”, un café de esquina e unha froitería de chinos canadenses; ao sur con outras dúas imprentas das que o nome non vén ao caso; ao oeste, entre as casas de enfronte, cunha misteriosa de cor verde raída, pe-chada a súa porta desde hai anos con cadeas e cadeado, con reixas nas fiestras que nos veráns aparecen cubertas de arañas estendendo as súas teas ao sol. O leste é lugar inexplorado, creo que en tanto tempo non vimos nunca a outra rúa, terra descoñecida poderíamos consignar, como nos mapas dos sé-culos XV e XVI.

A primeira vez que entrei na Imprenta López, hai máis de dez anos, antes de que modificasen a súa fachada e a súa es-trutura interior, acompañando ao pintor Attilio Rossi, ao que axudaba Silvio Baldessari como artista gráfico, foi a unha ha-bitación utilizada para depósito de papel e taller de debuxan-te e da que dunha das súas paredes pendía unha vella gaita inútil e encouzada, de cando había moitos anos os irmáns López, ou un deles, don Xoán, acompañado dalgún obreiro da tipografía ou das máquinas, representaba como actor afec-cionado nos festivais da colectividade galega.

Page 42: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

42

A Imprenta López unira xa o seu destino ao dos libros de moitos escritores arxentinos consagrados e novos, de modo que cando se fundaron as importantes empresas editoriais deste país, como consecuencia sobre todo da guerra de Es-paña, atoparon neses grandes talleres todo o necesario para cooperar coa grandeza do movemento editorial que se em-prendía. Tipografía e máquinas constantemente renovadas e un equipo de obreiros capaces, dirixidos por Don Xosé Ma-nuel López Soto, filio do fundador e propietario da indus-tria, e por Don Pedro Perrotta, ao carón dos cales viñeron formándose os fillos de don Xoán, Manolo e Xoán López. Todos eles temonean por igual, sorteando as borrascas da in-dustria, o traballo dos talleres e os soños dos autores.

Cando, con Cuadrado, quixemos continuar o labor comezado de estudantes en Compostela, editando, sen contas bancarias nin afáns comerciais, os libros máis estraños e descoñecidos, eses que ninguén arrebata nas librerías e que seguen silan-deiros o seu destino a través do tempo, pero que constitúen o estilo dunha época, a flor da historia cultural dun pobo, atopamos nesta imprenta, unha das máis importantes de Sud-américa, o ánimo necesario. Desde hai anos, entre as decenas de millares de libros que saen do corno da abundancia da súa sección expedición, destinados a editoriais arxentinas, vene-zolanas, colombianas e doutros moitos países deste continen-te, xorden esas magnolias, pola singularidade dos seus textos, que son os libros de “Botella al Mar”.

Page 43: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

43

Ao cafetucho da esquina de México e Perú, entre mensaxei-ros da axencia telegráfica de enfronte, obreiros dalgunhas outras, que case sempre se constrúen nos arredores, e co-merciantes de países nórdicos que recordan paisaxes afasta-das a través do fume das súas pipas, estendemos o reducido tamaño da nosa oficina. Alí discutimos plans quiméricos e novas publicacións acompañados do infaltable cortado, ou algunha vez desa copa dobre de caña rubia do país. Cos anos vimos, indiferentes, como se enriquecía máis dun camareiro, que deixaba de seguir nese negocio para establecerse como patrón independente nun propio doutro barrio.

Algunhas veces, veciños da vidreira, miramos silandeiros para as colas das xentes que esperan o ómnibus ou o colectivo ou para ese carriño de changas que ostenta o alcume: “Afás-tate piolloso que vén o peite”. Outras charlamos coa vella vendedora de lotería con ollos que reflicten cada día máis decididamente, polos moitos anos de emigrante, a color das follas dos carballos centenarios da montaña galega. Igual en-comenda ela ao azar os seus billetes coma nós os nosos libros.

Page 44: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

44

Cuberta do libro de poesía ¿Dónde se detuvo el tiempo?, de Fernando Scornik, editado pola editorial “Botella al mar” con deseño de Luís Seoane.

Page 45: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

45

Page 46: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

46

Capitulo III

Escribín sen cerimonia algunha sobre dúas imprentas nas que pasei, por pracer, unha grande cantidade de horas da miña vida. Entre os centos de tapas e ilustracións que fun facen-do para moitas grandes e pequenas editoriais, talvez as que máis estime son aquelas primeiras, alegres e candorosas, feitas para algúns libros que se imprimiron na imprenta “Nós”, en Galicia, e as que fixen para Botella al Mar, con pé da im-prenta López, en Bos Aires; estas últimas, como as primeiras, realizadas desinteresadamente, e destinadas na súa maioría a novos escritores descoñecidos. O título deste libro, onde se reproducen algunhas delas despoxadas dos detalles tipográfi-cos que as complementaron, é parecido a aquel capicúa que

Page 47: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

47

Macedonio Fernández escribiu nunha carta: “Libro de tapas de libro”, definindo: “a tapa de libro é a morada de todo lector”.

Penso que moitos libros actuais perdurarán como testemu-ño dunha bela época da pintura. Pablo Picasso, precursor en tantos xéneros artísticos, admirable ilustrador de Ovidio, de Góngora e de Buffon, dixo nunha oportunidade: “Tivemos a época dos ballets rusos, teremos probablemente agora a épo-ca das grandes edicións”. Para un pintor ilustrar ou compaxi-nar un libro é unha oportunidade de atopar unha nova ex-presión. Pola miña parte sentín, precisamente como pintor, a necesidade de facer fermosos libros aínda desenvolvéndome sempre con mesquiños medios económicos.

O que creo ter aportado ao libro en xeral coas miñas tapas e debuxos é un humor como de canción popular, xunto a imaxes novas e un alegre sentido da color. Outros atenderon probablemente máis a sutís elementos tipográficos e á uti-lización dos recursos aportados polas novidades técnicas. A min bastoume con destinarlles unha nova expresión visual, e a color, esa color popular, que, co debuxo se se quere, pode lembrar por igual os antigos miniados, as figuras dos naipes, as decoracións da cerámica e as lonas pintadas dos circos.

Page 48: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

48

Cuberta do libro Piel encerrado sueño, de María Luisa Biolcati, editado pola editorial “Botella al mar” con deseño de Luís Seoane.

Page 49: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

49

Contracuberta do libro Piel encerrado sueño, de María Luisa Biolcati, editado pola editorial “Botella al mar” con deseño de Luís Seoane.

Page 50: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

50

Page 51: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

51

Breve crónica en relación comigo e as artes gráficas5

5 SEOANE, Luís, “Breve crónica en relación conmigo y las artes gráficas”, Segundo Libro de Tapas, Ediciones Bonino, Bos Aires, 1957.

Page 52: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

52

Albert Skira, creador de libros de arte daquela espléndida revista que se chamou Minotaure, asegurou, no catálogo que conmemoraba os seus vinte anos de editor, que un fermoso libro non é obra dunha soa persoa, senón o froito do esforzo de todos aqueles que traballan na súa elaboración. Son va-rios os artesáns que interveñen na elaboración do libro e o esforzo é sempre de carácter colectivo. Cada libro ten unha historia, independente do autor e do tema que trata. Unha historia referida á súa edición. Aquel libro que naceu rico, que produciu seguramente un déficit na contabilidade da editorial, aí está nunha librería de última categoría, vendén-dose en lote, con outros máis modestos que correron igual sorteo “Tres libros por dez pesos” reza o cartel, sen importar o nome do autor, título ou tema. O libro, aínda nestas con-

Page 53: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

53

dicións, mantén o seu segredo interior, a súa historia oculta e unha especie de dignidade que o semella nesas librerías, onde se vende en promiscuidade con discos e outros obxectos, á daqueles fidalgos vidos a menos que ostentan no traxe gas-tado a traza das repetidas limpezas dos tintoretos e que viven unha segunda vida na Corte dos Milagres de calquera cida-de. O traxe do libro, a súa tapa, ou a sobrecuberta se aínda a conserva, tamén ostenta sinais parecidos de gomas de borrar.

A rúa Correntes de Bos Aires é o Barrio Chino, o Mangue, ou o vello Paseo Colón de moitos libros que esperan o seu rescate. Cada un deles ten, independentemente da historia da súa creación e do seu actual desamparo, a súa crónica gráfica tan digna de ser relatada nalgúns casos, como a do “Florilége

Entre todas as persoas que interveñen na con-fección do libro, o que lle imprime ca-rácter definitivo é o maquetista, o artista gráfico, autor da súa arquitectura e decoración.

Page 54: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

54

des amours de Ronsard”, que ilustrou con espléndidas lito-grafías Matisse e, en oportunidades, moito máis pintoresca.

Entre todas as persoas que interveñen na confección do libro, o que lle imprime carácter definitivo é o maquetista, o artista gráfico, autor da súa arquitectura e decoración.

Cando comezou o grande movemento editorial arxentino, entre os anos 1938 e 1940, a consecuencia da guerra civil es-pañola, algúns artistas gráficos trataron de imprimir persona-lidade aos libros que saían por primeira vez en cantidade das imprentas de Bos Aires. Tres sobre todo, Atillio Rossi, Jacobo Hermelín, e eu mesmo, desde editoriais distintas, quixemos conseguir esa diferenciación.

Pasaron case vinte anos, e falo de min en relación con aqueles a quen seguramente debe aportes máis fundamentais o libro arxentino. Mais, cada un de nós, Attilio Rossi, o primeiro, Hermelín, e máis eu, deixou na arquitectura e decoración do libro industrial arxentino, na creación de cada un dos que fixo, ou de moitas coleccións deles, o aporte da súa sensibi-lidade artística e da súa cultura. Os tres tiveramos que saír, por razóns políticas, dos países onde nos formaramos. Atti-lio Rossi abandonou a Italia de Mussolini onde dirixira con Cario Dradi Campo gráfico6, en Milán, logo de participar en todos os movementos renovadores da tipografía e das artes gráficas nesta cidade. Xacobe Hermelín tivo que fuxir do seu país, Alemaña, como consecuencia das persecucións de Hitler

Page 55: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

55

6 A revista Campo Gráfico foi a primeira publicación idependente en Italia, e das primeiras en Europa, en difundir e aplicar as teorías do deseño de vangarda no período de entreguerras. A revista caracterizouse pola aplicación dunha lóxi-ca funcionalista ao seu deseño, empregando grellas, composicións asimétricas ou fotomontaxes. A revista editouse en Milán dende o ano 1933 ao ano 1939. Na páxina de internet www.thisisdisplay.com poden consultarse as cubertas de moitos exemplares (http:// www.thisisdisplay.org/tag/Campo+Grafico) [Último acceso 09.12.2012]

e trouxo consigo, á parte da súa experiencia gráfica, o seu aporte de notable calígrafo, impoñendo nas tapas que fixo o valor abstracto das letras. Pola miña parte, tiven que deixar Galicia, dominada por Franco, onde en contacto cunha pe-quena imprenta compostelá, a da “Editorial Nós”, espertouse a miña afección pola artesanía gráfica. Tratábase, entón, de editar semanarios políticos e revistas xuvenís de arte e litera-tura que fixesen chegar aos demais o aporte da diferenciación cultural e sentimental desa terra.

Dos tres, só Attilio Rossi puido regresar ao país da súa for-mación; Hermelín finou no desterro e, pola miña parte, veño contemplando desde aquela, desde esta cidade do meu nace-mento, o curioso fenómeno político da incorporación pau-latina do franquismo ao seo das democracias, sen disimular a súa orixe e violencia.

Rossi trouxo ao libro arxentino o seu amor pola medida, o seu rigor xeométrico e, cos seus grandes coñecementos técnicos, un afán constante de experimentación. Hermelín aportou a vontade e o vigor que caracterizan o traballo xer-mánico, o amor ao contraste exclusivo do branco e negro, e

Page 56: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

56

o seu sentido, deixamos dito, do valor formal da letra. Pola miña parte, máis instintivo, tratei de servirme do meu coñe-cemento do pasado para as miñas experiencias gráficas. O gusto polas prehistóricas insculturas nas rochas, numerosas en Galicia, polas inscricións dos sarcófagos romanos que tamén alí abundan, e polos miniados medievais. (Sobre todo, aqueles do cartulario da catedral compostelá, do Tumbo A, e os do Diurnal de Fernando I, que teñen as páxinas epigráficas máis ricas da antiga librería española, ao dicir do especialista Do-mínguez Bordona, e onde existe unha inicial, a B, que segun-do o romanista norteamericano Kingsley Porter, é a máis bela B de cantas foron feitas polos calígrafos europeos nos séculos medios; tendo en conta que a B é a letra máis representativa do alfabeto latino nos manuscritos do Salterio, pois inicia moitos dos seus versículos e as súas principais divisións).

Con ese gusto foi a color o que máis me preocupou sempre na decoración e diagramación do libro. A color, tamén o ne-gro, gris e branco da páxina.

Existían desde logo impresores que realizaran fermosos libros para bibliófilos, magníficos debuxantes que ilustraron este tipo de libro e que fixeron o aporte do seu talento a moitas edicións de autor. O noso propósito era distinto. Consistía en crear libros e coleccións para as grandes editoriais que se formaban con outro sentido formal e no que non se excluíse a personalidade do artista gráfico, e imprimíndolle un carác-ter diferencial no mercado do mundo. Os tres coñecíamos

Page 57: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

57

moitas das experiencias fundamentais realizadas en Europa a partir dos modernistas, as de Múnic, as anteriores dos prerra-faelistas, e as de William Morris, e sobre todo as que seguiron á primeira guerra mundial. Realizaramos, ou coñeciámolas desde tres puntos afastados de Europa, moitas das experien-cias máis recentes daquela, algunhas das cales constitúen aín-da unha novidade, despois de trinta anos, nalgunhas partes de América. Utilizaramos a medida de ouro, a impresión en pa-pel de farrapos, suprimindo as maiúsculas, — supresión ini-ciada, creo arredor de 1925 en Alemaña, seguramente como reacción ao excesivo número de maiúsculas na ortografía do seu idioma e usada en España poucos anos despois nalgun-has publicacións de literatura e arte novo, sobre todo nas da Gaceta de Arte de Canarias, onde con outros libros valiosos se publicou unha das primeiras monografías sobre o pintor W. Baumeister— e tamén usando para as carautas os corpos 10 ou 12 como un alarde de distinción e austeridade, utilizando o que chamabamos tipo universal como máis claro e defini-tivo.

Coñeciamos as experiencias tipográficas futuristas e cubistas, as rusas de arredor de 1920, as de El Lissitzky, as de Werkman en Holanda, os traballos modernistas-góticos do escultor e gravador Eric Gill, a nova tendencia entón dos construtivistas alemáns, os ensaios do letón Niklaus Strunke, os de Herbert Bayer no Bauhaus, e case todos os estudos de composición gráfica, de contrastes de tons e ópticos que logo ían influír

Page 58: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

58

notablemente na pintura e as artes plásticas en xeral. Ros-si, que foi un dos primeiros defensores da arte abstracta en Bos Aires, autor de numerosas notas de crítica artística na revista Sur, aplicou algúns destes coñecementos no catálogo da imprenta López publicado en 1942, que se titulou Cómo se imprime un libro. Xacobe Hermelín, máis fiel á caligrafía, que constituíu a súa maior vocación e a súa maior arte, non puido desligarse da influencia que exercía no seu gusto o alfabeto gótico e o público coñeceu o alto valor do seu la-bor na exposición póstuma que da súa obra se realizou nesta capital, hai algúns anos, polo Instituto de Arte Moderna. En canto a min, pouco adepto a subordinar a miña arte a canon algún, preferín deixarme guiar case sempre pola intuición, polas mesmas leis que arredor de 1930 me facían gustar das experiencias post-expresionistas e post-cubistas, sempre en relación con outros gustos máis permanentes. Estes libros e coleccións, dos que orientamos a súa arquitectura, adoitáron-se imprimir en máquinas vellas e anticuadas, que agora, vinte anos máis tarde, son, naturalmente, máis decrépitas e antigas malia da vontade progresista dalgúns industriais gráficos. Na actualidade, superada aquela etapa, un núcleo de artistas des-tacan o seu gusto na artesanía tipográfica (Silvio Baldessari, Bonomi, Cerdá Carretero, Cotta, Gonda, Alfredo Hlito, Car-los Hirsch, Iaquinandi, Maldonado, Méndez Mosquera, Lidy Pratto, Rebuffo, Rosarivo, etc.) e fan posible, aínda a pesar dese estancamento técnico, a distinción do libro arxentino.

Page 59: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

59

Naquela imprenta compostelá “Nós” á que me referín no meu primeiro Libro de Tapas, onde pasaba parte do meu tempo alternando os faladoiros de café e as reunións clandes-tinas de estudantes e obreiros cos meus descansos de estudan-te de Dereito, fixen para semanarios revolucionarios e auto-nomistas, como Claridad, Ser, a revista Universitarios, os meus primeiros intentos de composición tipográfica. O gravado en linóleum, impreso en negro sobre papel de color, atrave-saba algunha que outra vez, como a franxa dunha bandeira, a primeira páxina de Claridad. Os meus recursos tipográficos, limitados á modestia da imprenta, utilizábaos mesturando na composición os tipos máis antigos con filetes e orlas, algúns dos cales perduraban noutras imprentas daquela cidade des-de os séculos XVII e XVIII, revoltos nas caixas cos de estilo modernista, adquiridos polos seus propietarios a principios do século. Adornos e viñetas neoclásicas e románticas servían tamén para outras experiencias. Gozabamos deses efectos visuais tanto coma os surrealistas franceses buscando pare-cidos fins tipográficos, aínda que guiados dun afán distinto no ensaio, pois, pola nosa parte, non ía unido á imposición de programa estético algún. Os nosos carteis, os que facia-mos para pegar nas paredes burlando a vixilancia policial, ou como anuncio dalgunhas conferencias universitarias, estaban realizados polo procedemento do estarcido, ou tamén grava-dos ao linóleo, a veces do modo rudo que moitos anos des-pois gustarían aos partidarios de Jean Dubuffet e da súa “arte bruta” ¿É posible que nas bibliotecas expurgadas de Galicia

Page 60: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

60

se conserve algo desta obra inxenua, sincera e limpa, que se facía daquela nunha e noutra cidade dese país? En Guión e en Yunque, nas que tamén colaborabamos con outros com-pañeiros, facíanse alardes tipográficos parecidos. ¿Que foi da-queles libros de poemas dos que coloreabamos as tapas a man con menos solemnidade cós pequenos beatos? No pequeno rastro próximo á Universidade, se continúa existindo, ou nas librerías de vello, é seguro que non se encontren mostras daquela inquietude. En cambio, nas librerías das rúas de Co-rrentes de Bos Aires, nesas onde a lectura dos títulos se une na mente aos ripios das cancións de discos populares, ou ao ritmo da canción bailable de moda, dun bugui ou dun rock, podemos ver asomar, entre o montón de libros de moitas nacionalidades e temas, un anaco dalgún daqueles que dia-gramamos e lle fixemos a tapa. Está con outros amoreado de calquera xeito, e, sobre el, sobre todos eles, colocado coma unha cruz no cemiterio, está o cartel que di: “Tres por dez pesos”. Se non o silencio, polo ruído dos discos, o lixo, polo menos, úneos e envólveos, mentres nas principais librerías do centro da cidade, as vidreiras adórnanse cada vez máis, con notables libros de arte e de fotografías que son, ao dicir de Frangois Gali, os libros de hora da nosa época. Entre eles, as nosas tapas, quizais luzan como as caléndulas e alelís entre as caixas de plástico das orquídeas.

Page 61: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

61

Page 62: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

62

Page 63: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

63

Manifiesto del Laborator io de Formas de Galicia7

7 SEOANE, Luís e DÍAZ PARDO, Isaac, Manifiesto del Laboratorio de Formas de Galicia, separata incluída en ‘Cuadernos del Laboratorio de Formas de Galicia nº1’, Edicios do Castro, Sada, A Coruña, 1970.

Page 64: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

64

El LABORATORIO DE FORMAS, nacido en la Galicia emigrada como producto de la voluntad de dos artistas, se propone el estudio de las formas desarrolladas en el pasado gallego y las que continúan vigentes, heredadas de ese pasa-do, en el presente. Testigo del cansancio producido por los últimos ideales cosmopolitas de algunas escuelas, el LABO-RATORIO se propone encontrar en esas formas olvidadas que tuvieron vigencia durante siglos, y en las que perduran heredadas, los signos de su propio sistema de expresión.

El LABORATORIO DE FORMAS DE GALlCIA registra un largo número de intentos y teorías que van desde John Ruskin y William Morris, desde los racionalistas y construc-tivistas rusos, hasta las últimas experiencias de Tomás Maldo-

Page 65: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

65

nado, 1. Sutherland, T. Johnson, etc., pasando por el ejemplo clásico del Bauhaus.

Pero, los propósitos que guían al LABORATORIO y la teo-ría que sustenta, han de incluir, además del significado, el origen de las formas tratando de no someterse al cosmopo-litismo a que antes nos referíamos, por respeto al hombre, analizando aquellas que distinguen de antiguo el arte de Ga-licia, teniendo en cuenta las experiencias anónimas que in-ventaron hace centenares de años formas aún actuales y que adquirieron particularidad gallega.

El LABORATORIO DE FORMAS DE GALlCIA dejó su período de conversaciones previas y de formulaciones teó-

Se propone encontrar en esas formas ol-vidadas que tuvieron vigencia durante si-glos, y en las que perduran heredadas, los signos de su propio sistema de expresión.

Page 66: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

66

ricas, y, colaborando con Cerámicas del Castro cuenta ya en su haber con dos importantes realizaciones: el renacimiento de la cerámica de Sargadelos, la empresa industrial de más importancia y prestigio del pasado gallego, que representó al mismo tiempo una de sus mayores frustraciones, y la creación del Museo Carlos Maside, que aspira a recoger la obra y la documentación del movimiento renovador del arte gallego contemporáneo, convirtiéndose en un verdadero centro de información y archivo relativo a las ideas estéticas de Galicia y a la difusión dentro de ella de los movimientos universales del arte.

El LABORATORIO DE FORMAS se propone hacerse notar más por sus realizaciones que por formulaciones teó-ricas, mostrando siempre su simpatía por las artes populares. El LABORATORIO estará presente allí donde existan pro-blemas en relación con sus fines, sin más limitaciones que las éticas, y mantendrá un sistema abierto a la evolución de las ideas referidas al arte, a las formas, al diseño y al futuro.

Page 67: Luis Seoane- Textos Sobre diseño

67

Page 68: Luis Seoane- Textos Sobre diseño
Page 69: Luis Seoane- Textos Sobre diseño