ceesg boletín do · Concello de Moaña (Pontevedra): Modificación das bases xerais e específicas...

4
Nº 30 | Setembro de 2009 | Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia boletín do ceesg setembro

Transcript of ceesg boletín do · Concello de Moaña (Pontevedra): Modificación das bases xerais e específicas...

Page 1: ceesg boletín do · Concello de Moaña (Pontevedra): Modificación das bases xerais e específicas de varios postos. Un posto de técnico de información xuve-nil. BOP 18/09/09 Bases

Nº 30 | Setembro de 2009 | Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia

bo

letí

n d

o c

eesg

sete

mb

ro

Page 2: ceesg boletín do · Concello de Moaña (Pontevedra): Modificación das bases xerais e específicas de varios postos. Un posto de técnico de información xuve-nil. BOP 18/09/09 Bases

O TEMA DO MES

REFORMA UNIVERSITARIA. TÍTULO DE GRAO EN EDUCACIÓN SOCIAL

Nova estrutura das titulacións. Coa sinatura da Declaración de Boloña no ano 1999, púxose en marcha a construción do Espazo Europeo de Educación Superior. Este proceso implica a homologación dos estudos universitarios en territorio europeo, e a creación dun espazo aberto para estudantes, profesores, per-soal da administración e titulados. Para conseguilo, todos os países participantes deben adoptar un siste-ma de titulacións flexible, comparable e compatible, que facilite a mobilidade de estudantes e titulados. Con esta redefinición do sistema universitario, extin-guiranse as diplomaturas e licenciaturas actuais, que irán desaparecendo progresivamente, e pasará a es-truturarse de xeito que existirán estudos de grao e estudos de postgrao. Os estudos de postgrao están formados polos estudos de máster e os estudos de doutorado.

Cada ciclo conduce sempre á obtención dun título oficial. En todos os casos, a superación do primeiro dá acceso ao segundo e a superación do segundo dá acceso ao terceiro. Para realizar un doutorado, o master que se teña cursado debe ser de carácter investigador, non profesional. Os títulos de grao deben ofrecer unha formación básica e xeral, así como formación orientada ao exercicio dunha actividade profesional.

A duración dos estudos de grao debe estar compren-dida entre 180 e 240 créditos, que se impartirán en catro cursos académicos.

Situación da titulación de Educación Social A formación en Educación Social pasará a ser un títu-lo de grao.

Como afecta ás persoas tituladas coa anterior Diplomatura? A efectos profesionais, a modificación do sistema universitario non afectará aos títulos vixentes ante-riormente. As persoas cunha titulación universitaria obtida con-forme ao anterior sistema, poderán ser admitidas naqueles novos estudos de postgrao que se oferten para diplomadas/os en Educación Social.

Aínda así, nalgunhas universidades existe a posibilida-de de realizar unha formación complementaria (ou curso “ponte”) para as persoas diplomadas interesa-das en obter o novo título de grao. Isto é así debido á maior carga lectiva que teñen os novos estudos, en comparación coa antiga diplomatura. Cada universi-dade establecerá un cadro de convalidacións entre os anteriores estudos e os actuais, e determinará qué materias deben cursar as persoas diplomadas para obter o título de grao. Esta información pode consultarse nas memorias para verificación do título, que se poden descargar na páxina web do CEESG (sección Avisos).

Cando se implantan as novas titula-cións? A nova estrutura das titulacións debe comezar a im-plantarse, como prazo máximo, no curso 2010-2011. Nas universidades galegas, así como na UNED, os títulos de grao en Educación Social comezarán a im-partirse no curso 2009-2010. Os novos títulos poderán irse implantando progresi-vamente, de xeito que pode que exista un período de convivencia entre diplomatura e título de grado.

O papel do CEESG O CEESG participou no proceso de deseño dos no-vos títulos, facendo as achegas oportunas aos borra-dores das universidades galegas. Neste momento seguimos vinculados/as a este proceso, pois hai unha responsable do colexio que está participando no programa “Verifica”, da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) e da Agencia Nacional de Evaluación de Calidad y Acreti-dación (ANECA), para a verificación dos novos pla-nos de estudos de cada universidade, nas titulacións das áreas social e xurídica.

Onde informarse Na páxina web do colexio ofrecemos diversos enla-ces nos que se pode atopar información interesante sobre a reforma do sistema universitario e aos servi-zos de atención ao alumnado das Universidades.

CICLOS

Estudos de grao Título de grao

Estudos de postgrao Máster

Doutorado

Page 3: ceesg boletín do · Concello de Moaña (Pontevedra): Modificación das bases xerais e específicas de varios postos. Un posto de técnico de información xuve-nil. BOP 18/09/09 Bases

▫ Asistencia á Xornada Informativa: Saúde Física e Saú-de Mental. Móvete polo teu benestar, que tivo lugar o día 9 de setembro en Narón, organizada por FEA-FES, Pfizer e Asociación Porta Nova. Asistiu Alfon-so Tembrás, Vicepresidente do CEESG.

▫ Asistencia á Xornada contra a Explotación Sexual e a Trata. Secretaría Xeral de Igualdade, que tivo lugar o 23 setembro en Santiago de Compostela, organiza-da pola Secretaría Xeral de Igualdade. Asistiu Sofía Riveiro, Vogal do CEESG.

▫ Participación na mesa redonda titulada Formación e selección de técnicos municipais en educación, que tivo lugar no marco do curso de verán Educación e Ad-ministración local, organizado polo grupo Esculca, da Universidade de A Coruña. Tivo lugar o día 16 de setembro en A Coruña e participou como relatora Chus Gutiérrez, Tesoureira do CEESG.

▫ Publicación de artigo na Revista Tempos do mes de Setembro, sobre a lei de responsabilidade penal do menor. Autoría de Eva López Soto, colexiada do CEESG.

▫ Colaboración co I Encontro de Benestar Profesional e calidade de vida persoal das/os profesionais da Educa-ción Social, ofrecendo 5 bolsas de asistencia de 100€ ás persoas colexiadas e facendo difusión do evento a nivel autonómico.

▫ Encontro con representantes da CIG (D. Manuel Gallardo Canitrot o día 16 de setembro) e da UXT (Francisco Núñez Rodríguez o día 21) para solicitar un posicionamento acerca das propostas do cole-xio en relación ao V Convenio colectivo único de persoal laboral da Xunta de Galicia. Asistiron Mª José Fernández e Montse Sánchez, Presidenta e traballadora do CEESG respectivamente. Iniciáron-se contactos para reunións con CCOO e CSI-CSIF.

▫ Participación na reunión do Subcomité Galego do Foro 2010 que tivo lugar o día 26 de setembro en Santiago de Compostela. Asistiu Sofía Riveiro, Vo-gal do CEESG.

ACTUACIÓNS REALIZADAS

Participa no Boletín do CEESG enviando o teu “Artigo de interese” a [email protected]

Dende a creación do colexio, unha das preocupacións que nos ocupa, e que segue sen cambios por agora, é a situación do convenio colectivo único de persoal laboral da Xunta de Galicia. Consi-deramos necesaria a modificación do mesmo para que a categoría de “Educador/a / profesor/a es-pecial” pase a denominarse “Educador/a social” e que o requisito para o acceso á mesma sexa a titulación ou habilitación como educador/a social. Tras a aprobación do V convenio sen cambios neste sentido, e tras o cambio de goberno autonó-mico, retomamos este tema cos novos dirixentes. O pasado mes de xullo mantivemos un encon-tro co Director Xeral de Función Pública, que comprendeu a nosa demanda e se amosou recepti-vo á modificación que propoñemos. Está previsto que nos reunamos de novo con el proximamen-te, xa que acordamos que vería as posibles vías para facer os cambios que desexamos. Antes desta nova reunión, consideramos necesario retomar tamén contactos cos sindicatos que formaron par-te da mesa negociadora do V convenio. Así, neste último mes mantivemos sendos encontros con representantes da CIG e de UXT, e iniciamos contactos para reunirnos tamén con CSI-CSIF e CCOO. Das conversas mantidas ata agora podemos extraer as seguintes conclusións:

� A negociación do VI convenio posiblemente tardará moito tempo en iniciarse. � A tendencia, polo xeral, é facer modificacións no sentido contrario, é dicir, agrupar varias

titulacións nunha soa categoría. � Parece que a definición de funcións de cada categoría é un paso necesario, previo a este tipo

de modificacións. � Comprenden a nosa proposta e non se amosan contrarios a ela, aínda que tampouco amosan

un apoio incondicional. Seguimos no tema, e non o imos esquecer, pois aínda que os colexios profesionais non somos par-te negociadora dos convenios colectivos, neste caso trátase de defender a xustiza para a nosa pro-fesión.

Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia

ARTIGO DE INTERESE: EDUCADORAS/ES SOCIAIS E PERSOAL LABORAL DA XUNTA

Page 4: ceesg boletín do · Concello de Moaña (Pontevedra): Modificación das bases xerais e específicas de varios postos. Un posto de técnico de información xuve-nil. BOP 18/09/09 Bases

Coa colaboración de:

Concello de Cabanas (A Coruña): Anuncio da oferta emprego público 2009. Unha praza de Técnico emprego e desenvolvemento local e unha praza de Animadora cultural e actividades recreativas. BOP 30/07/09 Concello de Barbadás (Ourense): Anuncio da oferta de emprego público para 2009. Unha praza de Técnico medio sección ludoteca e información xuvenil (promoción interna). DOG 14/08/09 Concello de Vila de Cruces (Pontevedra): Anuncio das bases de convocatoria dun posto de Técnico/a de cultura. BOP 16/09/09. Concello de Moaña (Pontevedra): Modificación das bases xerais e específicas de varios postos. Un posto de técnico de información xuve-nil. BOP 18/09/09 Bases anteriores no BOP 16/02/09 Concello de Becerreá (Lugo): Modificación das bases dun posto de Director/a de centro de servizos sociais. BOP 10/09/09. Bases anterio-res nos BOP 02/12/08 e 10/02/09. Ministerio de Sanidade e Política Social: Orde pola que se regula a concesión de subvencións sometidas ao réxime xeral de subvencións da Secretaría Xeral de Política Social e Consumo. BOE 31/07/09 Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller: Resolución pola que se establece o procedemento de conce-sión e pagamento da axuda económica establecida no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección inte-gral contra a violencia de xénero. DOG 18/08/09 Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xusti-za: Resolución pola que se regula a concesión de axudas para a realiza-ción de viaxes por razóns de interese social, asistencial ou humanitario. DOG 2/09/09 Consellería de Traballo e Benestar: Orde pola que se convocan axudas para o apoio ás cooperativas e outras entidades de economía social de carácter non lucrativo. DOG 2/09/09

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: Orde pola que se fai pública a convocatoria de trinta prazas de colaborado-res bolseiros nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo. DOG 7/9/09 Ministerio de Sanidade e Política Social: Resolución pola que se convoca a concesión de subvencións na área de atención a persoas con discapacidade. BOE 11/09/09 Consellería de Traballo e Benestar: Orde pola que se convocan subvencións para a contratación de axentes de emprego e desenvolve-mento local. DOG 16/09/09 Consellería de Traballo e Benestar: Orde pola que se convocan subvencións para o desenvolvemento de programas para a educación familiar polas entidades locais de Galicia. DOG 16/09/09 Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: Decreto polo que se autoriza a implantación de ensinanzas universitarias oficiais de grao nas universidades do sistema universitario de Galicia para o curso 2009-2010. DOG 16/09/09 Consellería de Sanidade: Orde pola que se regulan e convocan axudas para a realización de programas de prevención do alcoholismo. DOG 17/09/09 Ministerio de Sanidade e Política Social: Orde pola que se convo-ca a concesión de axudas económicas para a realización de programas supracomunitarios sobre drogodependencias. BOE 21/09/09 Ministerio de Traballo e Inmigración: Resolución pola que se publica o Protocolo polo que se prorroga para o ano 2009 o Convenio de colaboración entre o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais e a Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento de actua-cións de acollida e integración de persoas inmigrantes así como de reforzo educativo. BOE 23/09/09 Consellería de Traballo e Benestar: Orde pola que se regulan e convocan prazas de bolseiros para o Centro de Asistencia e Educación Especial Santiago Apóstolo da Coruña. DOG 29/09/09 Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xusti-za: Resolución pola que se regulan e convocan bolsas e axudas a estu-dos e investigacións e á organización de xornadas ou congresos en materias relacionadas coas mulleres, especialmente no ámbito da vio-lencia de xénero. DOG 1/10/09

NOVAS DOS BOLETÍNS

OUTROS

EMPREGO

Organiza: Eco-Unión. Contido: Evento presencial e virtual no que expertos e profesionais recoñecidos internacionalmente presentarán as súas visións para un mundo máis sostible e responsable. Serán acompañados por presentacións de casos prácticos, espazos de debate, networking social e obradoiros para axudar a transformar as ideas utópicas en realidades concretas. Lugar: Barcelona. Datas: 26 e 27 de outubro de 2009. Prezo: Diferentes cotas (profesionais, estudantes, desempregados/as, socios/as, inscrición anticipada, etc.) As colexiadas e colexiados do

CEESG terán un 25% de desconto sobre a cota de inscrición. Información e inscricións: www.global-ecoforum.org / [email protected] / Tel: 935535840

FORMACIÓN CONTINUA

Formación con desconto para colexiadas/os

Global Eco Forum´09: A transición cara a sostibilidade

Cursos de Cruz Vermella Ourense

HABILIDADES SOCIAIS NO TRABALLO CON MAIORES INTERV. CON VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

Contido: Curso teórico-práctico de 100 horas (50 teóricas e 50 prácticas) para a adquisición de coñecementos e habilidades necesa-rias para a intervención con persoas maiores. Datas: Do 14 de outubro ao 6 de novembro (parte teórica) e ata o 11 de decembro (parte práctica). A parte teórica impartirase de mércores a venres de 16:00 a 20:00.

Prezo: 150 €. Desconto dun 10% para persoas colexiadas. Prazo de inscrición: ata o 13 de outubro de 2009.

Contido: Curso teórico para a adquisición de coñecementos e habilidades necesarias para a intervención con vítimas de violencia de xénero. Datas: Do 16 de novembro ao 1 de decembro.

Prezo: 100 €. Desconto dun 10% para persoas colexiadas. Prazo de inscrición: ata o 13 de novembro de 2009.

Informa: Cruz Vermella Ourense. Telf: 988-22-24-84. Ext. 1020 o 1003 / [email protected] / www.cruzroja.es