30º domingo tob bene pagola 2012)

Post on 24-May-2015

134 views 0 download

Transcript of 30º domingo tob bene pagola 2012)

28 de outubro de 201230 Tempo ordinario (B)

Marcos 10, 46-52

Red evangelizadora BUENAS NOTICIASContribúe á curación da nosa cegueira. Pásao

José Antonio Pagola

Presentación: B. Areskurrinaga HC: euslaraz: D. Amundarain

A curación do cego Bartimeo está narrada por Marcos para urxir ás

comunidadees cristiás a saír da súa cegueira e mediocridade.

Só así seguirán a Xesús polo camiño do Evanxeo.

O relato é dunha sorprendente actualidade para a Igrexa dos nosos

días.

Bartimeo é "un mendigo

cego, sentado ao bordo do camiño".

Na súa vida sempre é de

noite. Oíu falar de

Xesús, pero non coñece

o seu rostro. seu rostro. Non pode Non pode seguilo.seguilo.

Está xunto ao camiño polo Está xunto ao camiño polo que marcha El, pero está que marcha El, pero está

fóra. fóra. Non é esta a nosa situación?Non é esta a nosa situación?

Cristiáns cegos, sentados Cristiáns cegos, sentados xunto ao camiño, incapaces xunto ao camiño, incapaces

de seguir a Xesús?de seguir a Xesús?

Entre nós é de noite. Descoñecemos a Xesús. Fáltanos luz para seguir o

seu camiño. Ignoramos cara a onde se encamiña a Igrexa. Non

sabemos sequera que futuro

queremos para ela.

Instalados nunha relixión que non logra converternos en seguidores de Xesús, vivimos xunto ao Evanxeo, pero fóra.

Que podemos facer?

A pesar da súa cegueira, Bartimeo

capta que Xesús está pasando cerca del.

Non dubida un instante.

Algo lle di que en Xesús está a súa

salvación: "Xesús, Fillo de

David, ten compaixón de min".

Este grito repetido con fe vai

desencadear a súa curación.

Hoxe óense na Igrexa queixas

e lamentos, críticas, protestas e mutuas descualificaciónsións. Non se escoita

a oración humilde e confiada

do cego.

Esquecéusenos que só Xesús pode

salvar a esta Igrexa. Non percibimos a súa

presenza achegda. Só cremos en nós.

O cego non ve, O cego non ve, pero sabe pero sabe

escoitar a voz escoitar a voz de Xesús que de Xesús que lle chega a lle chega a

través dos seus través dos seus enviados: enviados: "Ánimo, "Ánimo,

érguete, que te érguete, que te chama". chama". Este é o Este é o clima que clima que

necesitamos necesitamos crear na Igrexacrear na Igrexa.

Animarnos mutuamente a reaccionar. Non seguir instalados nunha

relixión convencional. Volver a Xesús que nos está chamando.

Este é o primeiro obxectivo pastoral.

O cego reacciona de forma admirable: O cego reacciona de forma admirable: solta o manto que o impide erguerse, solta o manto que o impide erguerse,

dá un salto no medio da súa escuridade edá un salto no medio da súa escuridade e achégase a Xesús. achégase a Xesús.

Do seu corazón só agroma unha petición:Do seu corazón só agroma unha petición: "Mestre, que poida ver""Mestre, que poida ver". .

Se os seus ollos se abren, todo cambiará.Se os seus ollos se abren, todo cambiará.

O relato conclúe dicindo que O relato conclúe dicindo que o cego recobrou a vista e o cego recobrou a vista e

queque““o seguía polo camiño"o seguía polo camiño"..

Esta é a curación que necesitamos hoxe os cristiáns.

O salto cualitativo que pode cambiar a Igrexa.

Se cambia o noso modo de Se cambia o noso modo de mirar a Xesús, se lemos o mirar a Xesús, se lemos o

seu Evanxeo con ollos seu Evanxeo con ollos novos, se captamos a novos, se captamos a orixinalidade da súa orixinalidade da súa

mensaxe e nos mensaxe e nos apaixonamos co seu apaixonamos co seu

proxecto dun mundo máis proxecto dun mundo máis humano, a forza de Xesús humano, a forza de Xesús hanos arrastrar. As nosas hanos arrastrar. As nosas comunidades coñecerán a comunidades coñecerán a

ledicia de vivir seguíndoo de ledicia de vivir seguíndoo de pretopreto..

CON OLLOS NOVOS A curación do cego Bartimeo está narrada por Marcos para urxir ás comunidades cristiás a saír da súa cegueira e mediocridade. Só así seguirán a Xesús polo camiño do Evanxeo. O relato é dunha sorprendente actualidade para a Igrexa dos nosos días.

Bartimeo é "un mendigo cego sentado ao bordo do camiño". Na súa vida sempre é de noite. Oíu falar de Xesús, pero non coñece o seu rostro. Non pode seguilo. Está xunto ao camiño polo que marcha El, pero está fóra. Non é esta a nosa situación? Cristiáns cegos, sentados xunto ao camiño, incapaces de seguir a Xesús?

Entre nós é de noite. Descoñecemos a Xesús. Fáltanos luz para seguir o seu camiño. Ignoramos cara a onde se encamiña a Igrexa. Non sabemos sequera que futuro queremos para ela. Instalados nunha relixión que non logra converternos en seguidores de Xesús, vivimos xunto ao Evanxeo, pero fóra. Que podemos facer?

A pesar da súa cegueira, Bartimeo capta que Xesús está pasando cerca del. Non dubida un instante. Algo lle di que en Xesús está a súa salvación: "Xesús, Fillo de David, ten compaixón de min". Este grito repetido con fe vai desencadear a súa curación.

Hoxe óense na Igrexa queixas e lamentos, críticas, protestas e mutuas descalificacións. Non se escoita a oración humilde e confiada do cego. Esquecéusenos que só Xesús pode salvar a esta Igrexa. Non percibimos a súa presenza achegada. Só cremos en nós.

O cego non ve, pero sabe escoitar a voz de Xesús que lle chega a través dos seus enviados: "Ánimo, lérguete, que te chama". Este é o clima que necesitamos crear na Igrexa. Animarnos mutuamente a reaccionar. Non seguir instalados nunha relixión convencional. Volver a Xesús que nos está chamando. Este é o primeiro obxectivo pastoral.

O cego reacciona de forma admirable: solta o manto que o impide erguerse, dá un salto no medio da súa escuridade e se achega a Xesús. Do seu corazón só agroma unha petición: “Mestre, que poida ver". Se os seus ollos se abren, todo cambiará. O relato conclúe dicindo que o cego recobrou a vista e que “o seguía polo camiño".

Esta é a curación que necesitamos hoxe os cristiáns. O salto cualitativo que pode cambiar a Igrexa. Se cambia o noso modo de mirar a Xesús, se lemos o seu Evanxeo con ollos novos, se captamos a orixinalidade da súa mensaxe e nos apaixonamos co seu proxecto dun mundo máis humano, a forza de Xesús hanos arrastrar. As nosas comunidades coñecerán a ledicia de vivir seguíndoo de preto.

José Antonio Pagola