Vivenda Popular

16
A VIVENDA TÍPICA DE ESPAÑA

Transcript of Vivenda Popular

Page 1: Vivenda Popular

A VIVENDA TÍPICA DE ESPAÑA

Page 2: Vivenda Popular

A VIVENDA POPULAR EN GALICIA

É de planta redonda e herdeira dos antigos castros. O teito é de palla ou colmo, e as paredes de pedra, cáseque sen fiestras. Consérvanse boas mostras nas montañas do Cebreiro e nos Ancares. Nelas viviron os seus moradores até a década de 1960, compartindo a súa estancia interior co gando vacún, que proporcionaba calor nos duros invernos.

Page 3: Vivenda Popular

A VIVENDA POPULAR EN GALICIA

Consiste nun conxunto de construcións adxectivas nucleadas pola vivenda da familia á que se superpoñen distintas dependencias: alpendre, alboio ou pallete, cabazo, forno, cortellos, etc., todas relacionadas coas necesidades e traballos

Page 4: Vivenda Popular

A VIVENDA POPULAR EN GALICIA É rectangular con

tellado de lousa a catro augas. Con dúas plantas: baixo, onde atopamos a cociña e a corte, e primeiro andar, para os cuartos. Non adoita ter edificacións auxiliares arrimadas. Destaca nela a cantaría de portas, ventás e esquinais.

Page 5: Vivenda Popular

A VIVENDA POPULAR EN GALICIA

Atópase nas serras orientais e sudorientais. É cadrada, pequena, con escasas e angostas ventás e teitos de colmo ou lousa.

Page 6: Vivenda Popular

A VIVENDA POPULAR EN GALICIA

Ten dous ou tres andares, ás veces con pincho ou outón. Ás veces álzase sobre soportais, baixo dos cales se recollían embarcacións e aparellos. Nos seus balcóns corridos de madeira, moitos deles hoxe transformados en galerías, deitábanse a secar as redes.

Page 7: Vivenda Popular

A VIVENDA POPULAR EN GALICIA Polo xeral son de planta rectangular á

que se engaden outros elementos como capela, adega, cociñas, A súa estrutura é de grosos muros de fabrica, construídos con canterías de granito.Adoitan ser de dúas plantas: a inferior destinada a almacéns, celeiros, cortes e dependencias complementarias da vida agrícola e gandeira, e a superior a vivenda dos señores. A cuberta é frecuentemente a catro augas.O conxunto está rodeado por unha romántica vexetación, de abundante

hedra,

Page 8: Vivenda Popular

A VIVENDA EN ESPAÑA

Page 9: Vivenda Popular

A VIVENDA POPULAR EN CANTABRIA Son construcións de trazado rectangular e

formas simples desenvolvidas en dúas plantas.Na planta baixa están a cociña, as cortes a adega e a despensa. Na zona superior os cuartos. No teito existe unha cámara ou faiadoOs muros son de pedra. A casa ten poucos ocos para impedir o paso do frío e a chuvia.O edificio remata cunha cuberta a dúas augas. A solaina é un dos elementos máis importantes e ten multiplicidade de usos, sempre en relación coas necesidades dunha forma de vida rural, agrícola e gandeira: lugar agradable, a resgardo do vento, para gozar do sol. deixar instrumentos de labranza ou produtos do campo, tender a roupa etc.

Page 10: Vivenda Popular

A VIVENDA POPULAR NO PAÍS VASCO

O casarío é unha vivenda illada no campo. Como consecuencia do clima e o réxime de chuvias frecuentes, o casarío concéntrase en planta rectangular, baixo unha ampla cuberta a dúas augas, orientada ao mediodía ou ao saínte.

Esta cuberta ten pouca pendente, pois as nevaradas son escasas; en cambio, considéranse funcionalmente imprescindibles os grandes beirados nos tellados.

Empréganse os materiais da zona: pedra, tixolo, tella, madeira, ferro,…

Normalmente consta de dous andares. No superior están os cuartos ou dormitorios e a sala, lugar de respecto para os acontecementos familiares.Na parte de abaixo, a cociña, a cuadra, faiados para gardar e almacenar produtos agrícolas,…Ten unha porta na fachada sur. Alí hai un amplo oco cun dintel de madeira no que transcorre parte da vida cotiá e onde se gardan os aparellos de labranza.A construción é moi sólida a base de pedra e madeira. Na parte superior é característico as estruturas de madeira vista, con elementos verticais, horizontais e ata curvos.

Page 11: Vivenda Popular

A VIVENDA POPULAR EN CATALUÑA

A masía é a casa rural illada no campo

catalán. A planta é rectangular. Polo xeral consta de dous andares e a fachada de acceso está orientada ao Sur.A cuberta é case sempre de dúas augas.O material máis empregado na súa construción é a pedra, tamén o adobe. As pedras uníanse por lama, cemento ou cal.Na parte de abaixo adoita haber un gran soportal de entrada á cociña e ás dependencias agrícolas.Na planta superior están os cuartos e a sala que como centro de respecto familiar ocupa a parte central e dá á fachada principal.Arriba na bufarda e no faiado gárdase a colleita e almacénase o gran e a palla para o gando cando non existen celeiros na planta baixa.

Page 12: Vivenda Popular

A VIVENDA POPULAR EN VALENCIA

O clima de Valencia e a fertilidade das súas terras fai que se poidan recoller varias colleitas ao ano, cun sistema de explotación moi intensivo que precisa da máxima atención . Isto fai que o dono da horta constrúa a vivenda ao pé da súa finca aproveitando os materiais que lle brinda a natureza; cañas, barro, xunco e carrizos

Edificio de planta rectangular duns 9x5 m. con cuberta triangular para desaugar as intensas choivas torrenciais tan típicas da zonaTen unha porta na fachada sur que dá acceso a un amplo corredor que percorre toda a edificación ata a fachada norte onde hai outra porta que permite a circulación do aire.Nun lado están os cuartos(normalmente tres) e noutro a cociña, comedor e almacén. Á parte superior vaise por unha escaleira de man e antigamente dedicábase a cultivar o verme da seda.Empréganse materiais da zona: barro, canas, xuncos ou carrizos. Os muros son de tixolo e a cuberta de palla ou canizo.

Page 13: Vivenda Popular

A VIVENDA POPULAR ANDALUZAO cortixo andaluz é un conxunto de edificios, illados no campo e dedicados a unha explotación

agraria. Estes edificios están construídos arredor dun patio.Ten moitas variantes dependendo da zona e tipo de explotación agrícola ou gandeira a que se destine. A súa importancia é parella á extensión da propiedade.En moitos casos ademais de vivenda destinada ao propietario, constrúense outras para encargados, capataces, caseiros, gardas,…

O máis característico do cortixo é o seu patio, cerrado no fronte por un grande portalón.Ao redor do patio estaban as construcións gandeiras e as de almacenaxe.Era costume que estiveran cubertos de parras, que tiveran varias dependencias con muíños de aceite, adegas, silos,… se a finca é de toros bravos tamén pode haber un tentadoiro.A eira é un elemento que tamén forma parte dos cortixos aínda que poida estar a varios metros da estancia principal.

Page 14: Vivenda Popular

A VIVENDA POPULAR LEVANTINA

Na rexión levantina, nas chairas cultívanse hortas e laranxais que pola súa ubicación en pequenas propiedades deron orixe a vivendas illadas, coñecidas na rexión por ALQUERÍAS.

A alquería é unha construción de un ou dous andares cuberta a dúas augas.Posúe unha entrada cuberta onde se desenvolve a vida diaria.Os muros son de tixolo do país ou adobe e barro

Page 15: Vivenda Popular

A VIVENDA POPULAR DE TOLEDO

Chámanse cigarrales ás fincas señoriais de recreo situadas na beira sur do río Teixo ao seu paso pola cidade de Toledo.

Constan dunha construción principal destinada a vivenda de recreo, e un edificio secundario para os guardeses (cigarraleros) que coidan da casa ao ser segunda residencia e, o máis importante e característico, o seu amplo terreo de campo, que está limitado a un mínimo de 7.000 m2, sendo o común ata metade do século XX superficies arredor dos 20.000 m2.

Page 16: Vivenda Popular

AS VIVENDAS-COVAS As covas en España atópanse

espalladas por todas aquelas áreas xeográficas onde as temperaturas son extremas, as precipitacións baixas e os materiais sedimentarios que posibilitan a escavación. A todo isto teriamos que engadir a pobreza que afectou a grandes sectores da poboación española.

Os núcleos máis numerosos con covas están en Granada e Murcia. Na zona da meseta norte tamén hai covas pero hoxe en día son empregadas máis como adegas que como vivendas