Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

46
A meteoroloxía Traballo realizado por: Violeta Corujo Quinteiro

description

Presentación sobre a meteoroloxia, os seus elementos e efectos

Transcript of Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

Page 1: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

A meteoroloxía

Traballo realizado por: Violeta Corujo Quinteiro

Page 2: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

¿Que estudia a meteoroloxía?

A diario experimentamos moitos fenómenos atmosféricos, pero a maioría das veces non nos damos conta que ocorren.

A interacción entre o Sol e a atmosfera é a principal causa destes fenómenos.

Page 3: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

Estas diferencias de temperatura á súa vez producen variacións de presión na atmosfera e, xa que a atmosfera busca sempre o equilibrio de temperatura, o aire desprázase dun lugar a outro.

Este desprazamento do aire , coñécese popularmente como “Vento”.

Page 4: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

Estos procesos combinados coa topografía do terreo causan outros fenómenos meteorolóxicos, como por exemplo a formación das nubes.

A rama da ciencia que estuda estos e outros comportamentos da atmosfera é chamada “meteoroloxía”.

Page 5: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

Cando o Sol quenta o aire e a superfície da Terra, prodúcense diferencias de temperatura ( diferencias térmicas) entre unhas zonas e outras.

Page 6: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

Termo que fai referencia ao estudo científico do tempo, procede das palabras gregas "meteoron" (algo alto no ceo) e "logos"(discurso).

Que é a meteoroloxía?

Page 7: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

Como se predí o tempo?

Para entender o complexa que é a meteoroloxía hai que pensar que é necesario recopilar os datos meteorolóxicos (temperatura, presión, humidade, visibilidade, forza e dirección do vento, etc…)

Page 8: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

Todos estes datos que son recollidos por miles de estacións meteorolóxicas de diferentes organizacións nacionais e internacionais distribuidas por todo o planeta, deben ser moi precisos, xa que do contrario poden provocar erros importantes á hora de realizar os cálculos necesarios para facer o pronóstico.

Page 9: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

A maior parte da información que manexan os meteorólogos obtéñena de pequenas estacións meteorolóxicas que hai na Terra, a maior parte delas automatizadas. Moitas utilizan a enerxía solar como fonte de enerxía e transmiten os datos vía satélite aos centros meteorolóxicos máis cercanos. Quedan algunhas nas que aínda hai que recoller as lecturas persoalmente e despois anotalas manualmente.

Page 10: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

Todo isto é posibel grazas á tecnoloxía da información. Desde os potentes ordenadores que fan correr os programas especialmentediseñados para isto usando toda a información que cada unha das miles de estacións meteorolóxicas lle envían, ata os satélites meteorolóxicos, que con imaxes e datos axudan a ver o estado actual da atmosfera dunha forma máis global.

Page 11: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

As variables atmosféricas cambian constante-mente, e os meteorólogos deseñaron o que se coñece como “modelo atmosférico”, que non son nen máis nen menos que ecuacións matemáticas que describen as principais variables da atmosfera (a temperatura, a presión atmosférica e a cantidade de vapor de aire) e como poden evolucionar co paso do tempo.

Page 12: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

O resultado final é un mapa indicando a posición das diferentes borrascas eanticiclóns xunto coa posición das isobaras.

Page 13: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

Masas de aire, frontes, isobaras, presión… ¿Que son?

O aire da Terra circula libremente por toda a

atmosfera impulsado por enormes motores coñecidos

como anticiclóns e borrascas. A circulación do aire ao

redor destas zonas de altas (anticiclóns) ou baixas ( borrascas) presións varía dependendo da latitude, o

hemisferio no que se se atope e a velocidade á que se mova.

Page 14: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

Cando o aire xira ao redor dun anticiclón alónxase do seu centro e iso favorece que o aire que se atopa a máis altura descenda ata a superficie. Isto en meteoroloxía denomínase situación estable e está asociado con tempo seco e xeralmente sen nubes.Os anticiclóns soen ser máis estáticos cas borrascas e poden chegar a permanecer sobre algunhas zonas do planeta de forma case perpetua.

Page 15: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

En España o anticiclón máis coñecido é o anticiclón das Azores, que mantén o seu centro ancorado de forma case permanente nas illas Azores, de aí o seu nome.

Proporciona tempo seco e soleado durante gran parte do ano a España e outras zonas do Sul de Europa e Norte de África, ao desviar os frentes e borrascas por latitudes superiores.

Page 16: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

Unha borrasca fórmase cando se xuntan dúas masas de aire, unha fría e outra quente. O aire frío pesa máis e levanta ao cálido favorecendo o desenvolvemento de nubes.

Page 17: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

No centro dunha borrasca o aireconverxe e despois ascende, e ao facelo enfríase. Este enfriamento favorece a formación de nubes que soen producir precipitacións de diferente intensidade e tamaño.

Page 18: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

Pero no todas las borrascas traen la misma cantidad de precipitación. Algunasson mucho más activas y destructivas que otras. Por ejemplo la fuerzadestructiva de un huracán (que no es más que una borrasca de dimensionesdesproporcionadas) no es comparable con las borrascas que se dan ennuestras latitudes.

Pero non todas as borrascas traen a mesma cantidade de precipitacións. Algunhas son moito máis activas e destructivas que outras.

Así, por exemplo, a forza destructiva dun furacán non é comparable coas borrascas que se dan nas nosas latitudes.

Page 19: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

Un furacán non é máis que unha borrasca de dimensións desproporcionadas.

Page 20: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

En España as borrascas non adoitan ser tan frecuentes como noutros países de Europa.

As que nos visitan achéganse polo Atlántico ás nosas costas a ao Cantábrico .

Coas calores do verán, as baixas presións tamén se instalan na Península favorecendo a formación das típicas treboadas de verán.

Page 21: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

Na formación dunha borrasca, as masas de aire frío e quente atópanse e retórcense formando unha espiral .O resultado son dúas rexións claramente diferenciadas pola temperatura e pola humidade do aire. Entre estas hai unha liña divisoria, como unha fronteira.

Page 22: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

Estas fronteiras da natureza coñécense como frontes e aparecen a cotío nos mapas do tempo dos medios de comunicación.

En España as frontes, ao igual que as borrascas, soen chegar polo Atlántico avanzando primeiro por Galicia, Asturias e Castela- León para acabar 24 horas máis tarde nas comunidades do Mediterráneo.

Page 23: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

Hay catro tipos de frontes:

Frías

Cálidas

Ocluídas

Estacionarias

Page 24: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

Fronte cálida

Fronte fría

Fronte estacionaria

Fronte ocluída

Page 25: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

As frontes frías aparecen debuxadas cunha raia continua de cor azul con triángulos adosados que tamén nos indican a dirección de avance da fronte. Provoca chubascos e incluso treboadas ao seu paso e un descenso significativo das temperaturas.

Quente

Page 26: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

As frontes cálidas nos mapas do tempo están debuxadas cunha raia vermella cuns semicír-culos espaciados simétricamente apuntando á dirección de avance da fronte. Acostuman levar choivas e tras o seu paso hai aumento das temperaturas.

Page 27: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

Fronte estacionaria

Na fronte estacionaria como o seu nome indica, as masas de aire ao redor desta fronte non se atopan en movemento. Será semellante á fronte cálida e producirá condicións climáticas similares.

Page 28: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

A fronte ocluída fórmase cando a fronte fría substitúe á fronte cálida en superficie, é dicir, o aire cálido é levantado polo aire frío que empurra á fronte fría.

Page 29: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

As frontes ocluídas debúxanse en cor morada

ou lila e intercálanse triángulos e semicírculos.

Poden traer choivas débiles ou algún chubasco,

pero as temperaturas varían de forma moi lixeira

respecto das que había antes do seu paso.

Page 33: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

Este vento vese reflectido no mapa de símbolos que é o mapa no que o meteorólogo sintetiza de forma máis visual e entendible para o público o que se representa no mapa de previsións.

O vento represéntase cunhas frechas que, según o número de raias que as atravesen, nos indican a forza do mesmo.

Page 34: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

Sempre que se fala de precipitacións hai que referirse aos diferentes estados (sólido e líquido) nos que a auga se precipita dende as nubes ata chegar ao chan.

Tipos de precipitacións

Page 35: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

Podemos distinguir:

Precipitacións líquidas:

Precipitacións sólidas:

Page 36: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

Choiva : o diámetro das gotas é maior ca un milímetro.Chovizna : o diámetro das gotas é igual ou inferior a medio milímetro. Aquí en Galicia e tamén en Asturias coñécese como “orvallo”, “xirimiri” no país basco e “calabobos” noutras comunidades.Chubascos ou chaparróns: cando a precipitación comeza e remata de forma súbita.

Precipitacións líquidas

Page 37: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

Precipitacións sólidas:

Neve: está composta por cristais de xeo que se unen entre sí para formar un copo.

Granizo: está composto por anacos de xeo ou pedrisco con diámetros que oscilan entre 0.5 e 5 cm.

Page 38: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

Métodos populares de previsión do tempo

En Portugal é típica a figuriña do galo que muda a súa cor según o tempo. Din que a cor do galo anuncia cambios de tempo, ainda que se trata dunha capa de cloruro de cobalto que cambia de tonalidade en función do aire. A súa fiabilidade non é sempre elevada, pero distingue ben os tempos secos dos húmidos enfunción do aire, asociados ao sol ou ás choivas respectivamente.

Page 39: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

Un monxe benedictino popularizou un sistema parecido.

Trátase dunha variña máxica feita con tripa de vaca que, ao aumentar a humidade, se alonga ata a escala de tiempo revolto ou chuvioso.

Con vento seco contráese e o monxe indica bo tempo.

Page 40: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

Os animais tamén saben predicir o tempo

Os insectos son uns dos mellores meteorólogos.

As abellas soen voar ao seu panal cando se achega unha treboada. Tamén poden anticipar o tempo que se aveciña: cando en outono hai máis abellas do normal, é probable que o inverno sexa frío e con abun-dantes nevadas.

Page 41: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

As formigas, cando se espera a chegada de tempo de choiva ou inestabel, aumentan a súa actividadde e camiñan en liña recta.

Page 43: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

Cando o gato se lava a cara.

Se as mulas moven moito as orellas.

Se os animais teñen calambres.

Se os palomos se dan un baño.

A aparición de formigas aladas.

Sinal de choiva probable:

Page 44: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

Cando o galo canta durante o día.

A tranquilidade xeral dos animais.

Cando as cicatrices antigas de feridas e amputacións en humanos doen ou pican.

Cando os gatos corren e saltan é sinal de vento.

Sinais de cambio de tempo:

Page 45: Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

Refráns relativos ao tempo

En febreiro, entra o sol no regueiro.

Flor de febreiro, non chega ao fruteiro.

En maio, ainda a vella queima o tallo.

Ata o 40 de maio, non te quite-lo saio.

Arco da vella, auga na terra.

Cando chove e sarabea, fai un frío que rabea.

Ceo empedrado, terreo mollado.

Maio ventoso, ano fermoso.

Marzo, marzadas: vento, frío, sol e saraibadas.

En xaneiro pon o alleiro. Que outros sabes ti?