Balance dependencia 2017  · Por comunidades autónomas (ver a seguinte gráfica), o 31 de decembro...

30
b

Transcript of Balance dependencia 2017  · Por comunidades autónomas (ver a seguinte gráfica), o 31 de decembro...

b

Elaborado polo Gabinete Económico e coordinado pola Secretaría de Emprego e

Previsión Social

Abril de 2018

Introdución ........................................................... 5

Situación do sistema de dependencia en Galicia no ano 2017 .......................................... 7

Implantación do sistema de dependencia .............9

Evolución das solicitudes rexistradas .................................................................. 9 Evolución das solicitudes pendentes de avaliar .................................................. 11 Evolución das persoas dependentes con dereito a prestación ........................... 12 Evolución das persoas dependentes que reciben prestación.............................. 12 Evolución da listaxe de espera ............................................................................ 13 Evolución das prestacións segundo o tipo ......................................................... 14

O emprego na atención á dependencia .............. 19

Consideracións ................................................... 23 ANEXO: Guía sobre a dependencia Que é a dependencia ........................................................................................ 25 Graos de dependencia ...................................................................................... 25 Prestacións e servizos da Lei de dependencia ................................................... 25 Participación das persoas beneficiarias no custo dos servizos ........................... 28 Requisitos básicos para beneficiarse do sistema ............................................... 28 Procedemento de solicitude ............................................................................. 29 Contías das prestacións económicas (libranzas) ................................................ 30

ÍND

ICE

Intr

od

uci

ón

Introdución

Transcorrida máis dunha década desde a implantación da lei de dependencia, aínda

que quedan moitos retos por afrontar, producíronse avances, como que máis de

55.000 persoas reciban hoxe en día unha prestación efectiva en virtude desta lei. Esa

cifra supera, por exemplo, a de persoas perceptoras dunha pensión non contributiva

da Seguridade Social, que ata o de agora era o principal referente para avaliar o sis-

tema de protección social no ámbito non contributivo.

Malia o evidente atraso que arrastra a implantación do sistema de atención á depen-

dencia, confírmase unha reactivación no seu nivel de cobertura desde mediados do

ano 2015. Na actualidade, a maioría das prestacións de dependencia consisten en ser-

vizos profesionais: o 31 de decembro de 2017 eran case o 80 %. Pero nesta gama de

servizos estanse asignando fundamentalmente os máis baratos, a teleasistencia e a

prevención da dependencia e promoción da autonomía persoal.

A extensión das prestacións por servizo trasladouse, obviamente, ao mercado laboral;

así, os servizos sociais ligados á implantación do sistema de dependencia daban ocu-

pación a unhas 28.600 persoas no ano 2017.

A lista de espera é un dos retos que afronta o sistema de dependencia. No ano 2017

había 11.858 persoas (o 17,64 % das que tiñan recoñecido o dereito a prestación)

agardando a recibir a prestación. Ata que esa lista non se resolva, non se pode falar

dunha implantación completa do sistema.

Un aspecto que chama a atención é que, sendo a poboación da nosa comunidade

unha das máis envellecidas do Estado, a porcentaxe de solicitudes para ser incorpo-

rado ao sistema de atención á dependencia é inferior á media estatal. Probablemente,

os problemas de implantación —tempos moi longos para a resolución de expedientes,

lista de espera, prestacións insuficientes, etc.— desanimen a poboación a solicitar as

prestacións.

6

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

Sit

ua

ció

n d

o S

AA

D e

n G

ali

cia

no

20

17

Situación do SAAD en Galicia no 2017

Ata o 31 de decembro de 2017 tiñan recoñecido o dereito á atención 67.228 persoas en

situación de dependencia, pero só 55.370 se beneficiaban dunha prestación efectiva; é

dicir, 11.858 (o 17,64 %) seguen na «listaxe de espera» pendentes da determinación

dunha prestación efectiva para elas.

O 8,12 % das persoas con dereito a prestación nos graos II (dependencia grave) e III

(gran dependencia) están pendentes de que se faga efectiva a súa prestación (fronte

ao 14,15 % na media estatal). No grao I (dependencia moderada) —a implantación

plena deste produciuse no mes de xullo de 2015— esa porcentaxe sobe ata o 42,66 %

(fronte ao 45,81 % na media estatal).

Unha persoa cunha prestación recoñecida pode compatibilizala con outra. O sistema

ten recoñecidas 63.701 prestacións, o que implica que, de media, cada persoa benefi-

ciaria é atendida con 1,15 prestacións (1,23 % na media estatal). Do total desas presta-

cións, o 21,02 % son económicas para o coidado no medio familiar e o 78,98 % res-

tante repártese entre os distintos servizos incluídos no catálogo. Porén, a creación de

emprego fréase: en decembro do 2017, a afiliación á seguridade social medraba a

unha taxa anual do 2,15 % fronte ao 2,16 % do anterior; ademais, segue avanzando

menos en Galicia ca na media estatal.

8

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

Imp

lan

taci

ón

do

sis

tem

a d

e d

ep

en

de

nci

a

Implantación do sistema de dependencia Neste apartado utilizamos unha serie de indicadores (solicitudes rexistradas, ditames,

prestacións recoñecidas, listaxe de espera, etc.) para analizar a implantación do sis-

tema de atención ás persoas en situación de dependencia (SAAD) en Galicia. Os datos

extráense do Sistema de información do SAAD.

Evolución das solicitudes rexistradas

O primeiro indicador da implantación do SAAD é o número de solicitudes rexistradas;

isto é, cantas persoas pediron ser valoradas para determinar se están en situación de

dependencia. O ano 2017 rematou con 80.796 solicitudes de valoración formalizadas,

que equivalen ao 2,98 % da poboación total galega.

Na táboa 1 recóllense as solicitudes rexistradas, a poboación total de Galicia (segundo

o padrón municipal de habitantes) e a proporción de solicitudes rexistradas en relación

coa poboación total da comunidade autónoma. A análise céntrase no período de 2012

a 2017, tomando sempre como referencia o mes de decembro para mantermos a ho-

moxeneidade na comparación e facemos fincapé no último ano (decembro 2016-

decembro 2017).

Táboa 1 . SOLICITUDES REXISTRADAS EN GALICIA

EN RELACIÓN COA POBOACIÓN TOTAL

DECEMBRO SOLICITUDES REXISTRADAS (A)

POBOACIÓN (B) (A/B)*100

2012 88.058 2.781.498 3,17 %

2013 82.400 2.765.940 2,98 %

2014 81.101 2.748.695 2,95 %

2015 79.244 2.732.347 2,90 %

2016 79.530 2.718.525 2,93 %

2017 80.796 2.708.339 2,98 %

FONTE: elaboración propia a partir de datos do SISAAD. Situación o 31 de decembro

Na serie analizada (ver táboa 1), no 2017 aumentou o rexistro de solicitudes por se-

gundo ano consecutivo, tras descender de forma constante no período 2012-2015.

O 31 de decembro de 2017 había 1.266 solicitudes rexistradas máis ca na mesma data

do ano anterior (+1,59 %). O incremento anual no mes de decembro de 2016 foi máis

modesto (286 solicitudes máis; +0,36 %).

O aumento no rexistro de solicitudes nos dous últimos anos talvez se explique porque

o 1 de xullo de 2015 se produciu a apertura do sistema aos graos de dependencia máis

moderados (grao I).

A porcentaxe de solicitudes rexistradas en relación coa poboación empadroada é máis

baixa en Galicia ca na media estatal en todo o período analizado (ver o seguinte gráfico).

10

Co último dato da serie analizada (31 de decembro de 2017), o 2,98 % da poboación

total de Galicia rexistrou unha solicitude fronte ao 3,67 % de media en España. Esta

diferenza de 0,7 puntos porcentuais chama a atención porque Galicia é unha comuni-

dade autónoma das máis envellecidas e, en principio, tamén debería estar entre as

que máis demandan a cobertura do sistema de dependencia.

Por comunidades autónomas (ver a seguinte gráfica), o 31 de decembro de 2017, as

solicitudes rexistradas en relación coa poboación total oscila entre o 5,05 % de

Estremadura e o 2,19 % de Valencia. Por detrás de Galicia, só están Baleares (2,47 %),

as cidades de Ceuta e Melilla (2,41 %), Canarias (2,25 %) e a Comunidade Valenciana

(2,19 %).

Imp

lan

taci

ón

do

sis

tem

a d

e d

ep

en

de

nci

a

Evolución das solicitudes pendentes de avaliar

A diferenza entre as solicitudes rexistradas e os ditames emitidos polo SAAD dá como

resultado o número de solicitudes pendentes de ditaminar (datos na táboa 2)

Ata o 31 de decembro de 2017 había 1.503 solicitudes pendentes de valorar, o 1,86 %

das que constaban rexistradas nesa data. O ano 2017 pechou co menor número de

expedientes pendentes de avaliar da serie analizada (ver táboa 2).

Táboa 2. SOLICITUDES PENDENTES DE AVALIAR

DECEMBRO SOLICITUDES DITAMES SOLICITUDES PENDENTES

DE DITAME

2012 88.058 84.223 3.835

2013 82.400 80.636 1.764

2014 81.101 79.262 1.839

2015 79.244 76.654 2.590

2016 79.530 77.804 1.726

2017 80.796 79.293 1.503

Fonte: elaboración propia a partir de datos do SISAAD. Situación o 31 de decembro

Como se aprecia na gráfica, a porcentaxe de solicitudes pendentes de avaliar o 31 de

decembro de 2017 é máis baixa en Galicia que na media estatal (1,86 % fronte ao

7,02 %). E as diferenzas por comunidades autónomas son notables porque hai algunha

con porcentaxes ínfimas como Madrid, 0,14 %, e outras que superan bastante a media

estatal como é o caso de Canarias (o 24,34 %) ou Valencia (o 16,47 %).

12

Evolución das persoas dependentes con dereito a prestación

No 2017 (tómase como referencia o 31 de decembro), o 84,78 % das resolucións foron

positivas, o que supón que se lles recoñeceu o dereito a recibir a prestación a 67.228

persoas. Galicia foi a terceira comunidade autónoma coa maior porcentaxe de dita-

mes positivos, quedou por detrás de Murcia (o 90,74 % das resolucións xeraron dereito

a prestación) e Canarias (o 85,34 %). Pola contra, o 15,22 % dos ditames emitidos fo-

ron negativos (a porcentaxe sobe ata o 20,50 % na media estatal).

O 37,33 % das persoas con dereito a prestación o 31 de decembro de 2017 tiñan reco-

ñecido o grao III de dependencia (gran dependencia); o 35,11 % o grao II (dependencia

grave) e o restante 27,57 % o grao I (dependencia moderada).

Táboa 3. PERSOAS BENEFICIARAS CON DEREITO A PRESTACIÓN SEGUNDO O GRAO

DECEMBRO GRAO III GRAO II GRAO I PERSOAS CON DEREITO

A PRESTACIÓN

2012 27.718 27.246 6.992 61.956

2013 25.048 25.847 5.940 56.835

2014 23.302 25.367 5.212 53.881

2015 23.132 24.474 17.889 65.495

2016 24.907 23.560 18.027 66.494

2017 25.094 23.601 18.533 67.228

Fonte: elaboración propia a partir de datos do SISAAD. Situación o 31 de decembro

O número de persoas con dereito a prestación avanzou seguido nos tres últimos anos

(ver táboa 3) ata alcanzar as 67.228 no 2017; son 13.347 máis ca no 2014 (+24,77 %).

Non obstante, ese incremento débese sobre todo ao aumento de persoas beneficia-

rias con dereito a prestacións de grao I (como xa se mencionou, a plena implantación e

integración deste grao fíxose efectiva o 1 de xullo de 2015).

O número de persoas con dereito a prestación que teñen recoñecido o grao I de de-

pendencia subiu de 5.212 no 2014 a 18.533 no 2017. Polo tanto, nese período incorpo-

ráronse ao sistema 13.321 persoas con dependencia moderada.

O colectivo de gran dependencia aumentaban no 2017 por segundo ano consecutivo

(1.792 persoas máis ca no 2014 co grao III de dependencia recoñecido) ata quedar en

25.094 o 31 de decembro de 2017 (fronte a 27.718 no 2012). O número de persoas be-

neficiarias con prestación de grao II, ou dependencia grave, baixou seguido no período

analizado, agás no 2017 que subiu en 41.

Evolución das persoas dependentes que reciben prestación

Un indicador moi útil para avaliar a evolución do sistema é o número de persoas de-

pendentes que reciben prestación. No período analizado (ver táboa 4), a cifra máis

alta dáse o 31 de decembro de 2017 con 55.370 dependentes con prestación; son 6.269

máis ca no mesmo período do ano anterior (+12,77 %).

Imp

lan

taci

ón

do

sis

tem

a d

e d

ep

en

de

nci

a

Táboa 4. DEPENDENTES QUE RECIBEN PRESTACIÓN EN RELACIÓN COA POBOACIÓN

DECEMBRO PERSOAS BENEFICIARIAS

CON PRESTACIÓN (A) POBOACIÓN (B) (A/B)*100

2012 39.040 2.781.498 1,40 %

2013 38.729 2.765.940 1,40 %

2014 39.004 2.748.695 1,42 %

2015 41.823 2.732.347 1,53 %

2016 49.101 2.718.525 1,81 %

2017 55.370 2.708.339 2,04 %

Fonte: elaboración propia a partir de datos do SISAAD. Situación o 31 de decembro

En Galicia, o colectivo beneficiario con prestacións ata setembro de 2015 aínda estaba

por debaixo das 40.000 persoas. Desde o 30 de xuño de 2015 (a data de integración

efectiva do grao I foi o 1 de xullo de 2015) ata finais de 2017, aumentou en 16.454 o

número de persoas dependentes que reciben prestación, o que supón un incremento

do 42,28 %.

O colectivo con prestación representaba o 2,04 % da poboación empadroada en Galicia

ata o 31 de decembro de 2017, unha porcentaxe moi similar á da media estatal (2,05 %).

Evolución da listaxe de espera

Malia subir o nivel de cobertura do sistema, aínda persiste unha avultada listaxe de

espera (diferenza entre o número de persoas dependentes que teñen recoñecido o

dereito a prestación e o daquelas que realmente a están recibindo).

Na táboa 5 reflíctese a evolución das cifras de persoas con dereito a prestación, a das

que realmente a perciben e a das que permanecen á espera de recibila.

A listaxe de espera leva baixando os dous últimos anos e no 2017 alcanzábase a cifra

máis baixa do período analizado (táboa 5). Con todo, o 31 de decembro de 2017 aínda

estaban nesa listaxe 11.858 dependentes con dereito a prestación (5.535 menos ca no

ano 2016). Dito doutro xeito, nesa data esperaban por unha prestación o 17,6 % das

persoas beneficiarias con dereito a ela (doce meses antes, a porcentaxe era no 26,2 %).

A listaxe de espera é máis baixa en Galicia ca na media estatal: 17,6 % fronte ao 24,5 %

o 31 de decembro de 2017.

Táboa 5. LISTAXE DE ESPERA

DECEMBRO BENEFICIARIOS/AS CON

DEREITO A PRESTACIÓN BENEFICIARIOS/AS CON

PRESTACIÓN LISTAXE DE ESPERA

LISTAXE DE ESPERA (EN %)

2012 61.956 39.040 22.916 37,0 %

2013 56.835 38.729 18.106 31,9 %

2014 53.881 39.004 14.877 27,6 %

2015 65.495 41.823 23.672 36,1 %

2016 66.494 49.101 17.393 26,2 %

2017 67.228 55.370 11.858 17,6 %

Fonte: elaboración propia a partir de datos do SISAAD. Situación o 31 de decembro

14

Nos tres últimos anos, o número de persoas beneficiarias con dereito a prestación

aumentou en menor proporción ca en anos anteriores: o 2015 pechou con 11.614 máis ca

no 2014; pero o incremento no 2016 cifrouse nunhas 1.000 persoas e no 2017 en só 734.

Evolución das prestacións segundo o tipo

A calidade do sistema tamén se pode avaliar polo tipo de prestacións coas que se

atende o colectivo beneficiario. O servizo de atención á dependencia naceu coa filo-

sofía básica de utilizar de forma preferente a prestación de servizos, reservándolle á

prestación económica un papel secundario e excepcional.

Táboa 6. PRESTACIÓN POR TIPO

DECEMBRO PRESTACIÓNS POR SERVIZO PRESTACIÓNS ECONÓMICAS

COIDADOS NO MEDIO FAMILIAR TOTAL PRESTACIÓNS

2012 28.823 14.112 42.935

2013 29.827 12.263 42.090

2014 31.073 10.865 41.938

2015 34.653 10.989 45.642

2016 41.932 12.930 54.862

2017 50.309 13.392 63.701

Fonte: elaboración propia a partir de datos do SISAAD. Situación o 31 de decembro

Neste sentido, ano tras ano a atención baseada en servizos profesionais gañou peso

sobre o total das prestacións no período analizado: o 31 de decembro de 2017, o

78,98 % das prestacións son deste tipo (fronte ao 67,13 % no 2012).

No 2017, as prestacións de servizo representaban o 67,28 % do sistema na media esta-

tal. Madrid (onde os servizos profesionais supoñen o 82,58 % das prestacións), A Rioxa

(o 79,08 %) e Castela e León (79,00 %) estaban por diante de Galicia no predominio da

atención con servizos profesionais.

TÁBOA 7. DISTRIBUCIÓN DAS PRE STACIÓNS EN GALIC IA SEGUNDO O T IPO

PRESTACIÓNS 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Axuda a domicilio 8.740 9.714 11.107 12.340 16.571 20.465

P. E. coidados familiares 14.112 12.263 10.865 10.989 12.930 13.392

Atención residencial 7.587 7.584 7.317 7.647 7.738 7.660

Centros día/noite 5.138 5.547 5.731 6.112 6.722 7.062

P. E. vinculada a servizo 5.827 5.400 5.046 4.822 5.088 6.806

Prev. e promoción autonomía persoal 403 509 567 1.980 3.170 4.167

Teleasistencia 1.088 1.026 1.225 1.667 2.555 4.049

P. E. asistencia persoal 40 47 80 85 88 100

TOTAL 42.935 42.090 41.938 45.642 54.862 63.701

Fonte: elaboración propia a partir de datos do SISAAD. Situación o 31 de decembro

As prestacións por servizos máis utilizadas en Galicia (tómase como referencia a situa-

ción o 31 de decembro de 2017) son a axuda domiciliaria con 20.465 prestacións (o

Imp

lan

taci

ón

do

sis

tem

a d

e d

ep

en

de

nci

a

32,13 % do total de prestacións do sistema), a atención residencial con 7.660 presta-

cións (o 12,02 %) e os centros de día con 7.062 prestacións (o 11,09 %). Séguelles en

importancia a prestación económica vinculada ao servizo (10,68 % das prestacións),

que se utiliza sobre todo para financiar prazas en centros residenciais.

Pola contra, os servizos profesionais menos utilizados son os de prevención da depen-

dencia e promoción da autonomía persoal (representaban o 6,54 % sobre o total das

prestacións); o de teleasistencia (o 6,36 %) e o de asistencia persoal (0,16 %).

As prestacións por servizos medraron decontino no período 2012-2017 e con máis

forza nos tres últimos anos. Non obstante, destaca o crecemento dos servizos profe-

sionais máis baratos, fundamentalmente, o de teleasistencia e o de prevención da

dependencia e promoción da autonomía persoal, que se incrementaron o 231 % e o

635 %, respectivamente, de 2014 a 2017. Pola contra, a subida máis modesta dáse na

atención residencial: un 5 % máis de prestacións deste tipo de 2014 a 2017.

Na agrupación dos servizos profesionais, se sumamos as prestacións de atención resi-

dencial e as económicas vinculadas a un servizo, temos que en Galicia, o 31 de decem-

bro de 2017, o 22,71 % das prestacións do SAAD poderían cualificarse de residenciais

(14.466 prestacións).

En todo caso, tanto CC OO como a propia lei da dependencia defenden a idea de que

a persoa dependente estea no seu domicilio sempre que sexa posible, así o desexe e a

situación llo permita. Para posibilitar isto están previstos servizos como o de axuda a

domicilio ou os centros de día. As persoas dependentes e as súas familias han ter a

capacidade de decidir, pero o sistema ten a obriga de lles proporcionar a oportunidade

de elixir.

Doutra banda, os servizos profesionais sen aloxamento (prevención, teleasistencia,

axuda domiciliaria, centros de día/noite e prestación económica de asistencia persoal)

representaban o 56,27 % do total das prestacións recoñecidas polo SAAD no 2017.

TÁB OA 8. DISTRIBUCIÓN DAS PRESTACIÓNS EN GALICIA

PRESTACIÓNS 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Servizos residenciais 13.414 12.984 12.363 12.469 12.826 14.466

Servizos sen aloxamento 15.409 16.843 18.710 22.184 29.106 35.843

P. E. coidados familiares 14.112 12.263 10.865 10.989 12.930 13.392

TOTAL 42.935 42.090 41.938 45.642 54.862 63.701

Fonte: elaboración propia a partir de datos do SISAAD. Situación o 31 de decembro

Os servizos profesionais sen aloxamento gañaron relevancia ano tras ano no período

analizado, en detrimento dos servizos en réxime residencial. A comparación dos datos

do 31 de decembro de 2017 cos do mesmo período do ano 2012 revelan que os servi-

zos sen aloxamento supoñían o 35,89 % sobre o total das prestacións no 2012; cinco

anos despois, esa porcentaxe sobe ata o 56,27 %. Pola contra, os servizos en réxime

residencial pasaron do 31,24 % no 2012 ao 22,71 % cinco anos despois.

16

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

O e

mp

reg

o n

a a

ten

ció

n á

de

pe

nd

en

cia

O emprego na atención á dependencia

Non é posible estimar con exactitude que volume de emprego directo xeran os servi-

zos de atención á dependencia porque non existe unha epígrafe específica que dis-

tinga esta actividade. Dada esa limitación, utilizaremos como referencia as activida-

des relacionadas cos servizos sociais; en concreto, a cifra de poboación ocupada nas

ramas 87 (asistencia en establecementos residenciais) e 88 (actividades de servizos

sociais sen aloxamento) que proporciona a enquisa de poboación activa (EPA).

Segundo os datos que se recollen na táboa 9, no ano 2017, os servizos sociais asocia-

dos á implantación do sistema de dependencia daban ocupación a unhas 28.600 per-

soas, 2.800 máis ca no 2012. Nas actividades relacionadas cos servizos residencias

traballaban 16.200 persoas no 2017 (o 93 % eran mulleres) e nos servizos sociais sen

aloxamento facíano 12.400 (o 89 % eran mulleres).

TÁB OA 9. POBOACIÓN OCUPADA NAS RAMAS 87 E 88 POR SEXO EN GALICIA

ASISTENCIA EN ESTABLECEMENTOS RESIDENCIAIS ACTIVIDADES DE SERVIZOS SOCIAIS

SEN ALOXAMENTO

ANO TOTAL HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES

2012 12.600 1.900 10.700 13.200 1.100 12.100

2013 12.700 1.200 11.500 10.500 1.000 9.400

2014 15.000 1.600 13.400 9.100 600 8.500

2015 15.300 1.200 14.100 10.200 1.200 9.100

2016 15.400 1.200 14.300 12.300 700 11.600

2017 16.200 1.200 15.000 12.400 1.400 11.000

Nota: os datos poden estar suxeitos a significativos erros de mostraxe

FONTE: elaboración propia sobre datos da EPA

A xornada parcial está moi presente nos servizos profesionais de atención á depen-

dencia (ver táboa 10).

Táboa 10. POBOACIÓN OCUPADA NAS RAMAS 87 E 88 POR TIPO DE XORNADA EN GALICIA

ASISTENCIA EN ESTABLECEMENTOS RESIDENCIAIS ACTIVIDADES DE SERVIZOS SOCIAIS

SEN ALOXAMENTO

ANOS TOTAL COMPLETA PARCIAL TOTAL COMPLETA PARCIAL

2012 12.600 11.400 1.300 13.200 8.900 4.300

2013 12.700 11.400 1.300 10.500 6.800 3.700

2014 15.000 13.300 1.700 9.100 6.300 2.900

2015 15.300 13.400 1.900 10.200 6.300 3.900

2016 15.400 13.400 2.000 12.300 7.600 4.800

2017 16.200 14.000 2.100 12.400 8.100 4.300

Nota: os datos poden estar suxeitos a significativos erros de mostraxe

Fonte: Elaboración propia sobre datos da enquisa de poboación activa

18

No 2017, o 12,96 % dos postos de traballo en servizos residenciais eran a tempo par-

cial; cinco anos antes, a porcentaxe era do 10,32 %. Polo tanto, nese período, en pro-

porción, aumentou máis a poboación ocupada en xornada parcial (+61,54 %) que en

completa (+22,81 %).

No caso dos servizos sociais sen aloxamento, a taxa de ocupación a xornada parcial

subiu do 32,58 % no 2012 ao 34,68 % no 2017. Nese período, a poboación ocupada na

xornada completa reduciuse en 800 persoas (–9,0 %), mentres que na xornada parcial

se mantivo nas 4.300.

O número de persoas adscritas ao convenio especial de coidadores/as da lei de de-

pendencia estase reducindo considerablemente debido á obrigatoriedade de pagaren

a súa propia seguridade social (táboa 11, datos escollidos o último día do mes de de-

cembro de cada ano). O número de coidadores/as non profesionais baixou con forza

no 2012 e, de aí en diante, retrocedeu decontino.

No mes de decembro de 2010 (cando se alcanzou a cifra máis alta de coidadores/as

non profesionais do período analizado) había 8.752 coidadores/as non profesionais;

sete anos despois son menos de mil. No 2017, o 92 % de coidadores/as non profesio-

nais eran mulleres.

Táboa 11. CONVENIO ESPECIAL DE COIDADORES/AS NON PROFESIONAIS

2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Homes 406 614 580 199 136 106 79 75 69

Mulleres 5.647 8.138 7.626 2.117 1.601 1.287 1.031 933 842

TOTAL 6.053 8.752 8.206 2.316 1.737 1.393 1.110 1.008 911

Fonte: elaboración propia sobre datos da Seguridade Social. Datos do 31 de decembro de cada ano

O e

mp

reg

o n

a a

ten

ció

n á

de

pe

nd

en

cia

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

20

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

Co

nsi

de

raci

ón

s

Consideracións

Á vista da realidade exposta, en CCOO consideramos que tras once anos de posta en

marcha do sistema non se debe pospoñer máis tempo a súa completa implantación. É

imprescindible que o Goberno do Estado recupere o financiamento estatal e a contía

das prestacións anterior aos recortes en 2012, e contribúa coa achega que lle corres-

ponde xa que, segundo o ditame do Observatorio da Dependencia da Asociación Esta-

tal de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais, Galicia deixou de percibir 34,3 millóns

de euros do Estado en 2017 pola supresión do nivel acordado e o recorte do mínimo.

Así, en 2017 a comunidade autónoma achegou máis de 252 millóns de euros para

manter o custo do sistema de dependencia (408 millóns de custo total), as persoas

usuarias achegaron 72 millóns a través do copagamento e a Administración xeral do

Estado apenas 84 millóns (non chega ao 25 % do gasto total).

Se a unha completa reversión nas contías do nivel mínimo se sumase a recuperación

do nivel acordado de financiamento cunha achega orzamentaria significativa, podería

garantirse a atención de todas as persoas pendentes de valoración e das que se ato-

pan en listaxe de espera, amais da recuperación da contía das prestacións recortadas

en 2012 para alcanzar os limiares de suficiencia e calidade que necesitan as persoas en

situación de dependencia.

22

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

AN

EX

O:

Gu

ía s

ob

re a

de

pe

nd

en

cia

Que é a dependencia?

A dependencia é o estado permanente en que se atopan as persoas que, por razóns

derivadas da idade, a enfermidade ou a discapacidade, e ligadas á falta ou á perda de

autonomía física, mental, intelectual ou sensorial, precisan da atención doutra ou ou-

tras persoas ou axudas para realizar actividades básicas da vida diaria ou, no caso das

persoas con discapacidade intelectual ou enfermidade mental, doutros apoios para a

súa autonomía persoal.

Deben darse tres circunstancias para que unha persoa se encontre en situación de de-

pendencia:

— a existencia dunha limitación (física, intelectual ou sensorial) que mingua deter-

minadas capacidades da persoa;

— a incapacidade da persoa para realizar por si mesma as actividades da vida diaria;

— a necesidade de asistencia por parte dunha terceira persoa.

Graos de dependencia A lei estipula tres graos de dependencia.

Grao I de dependencia moderada. A persoa necesita axuda para realizar varias activi-

dades básicas da vida diaria (ABVD), polo menos unha vez ao día, ou ten necesidades

de apoio intermitente ou limitado para a súa autonomía funcional.

Grao II de dependencia grave. A persoa necesita axuda para realizar varias ABVD, dúas

ou tres veces ao día pero non require o apoio permanente de coidador/a ou ten nece-

sidades de apoio extenso para a súa autonomía funcional.

Grao III de gran dependencia. A persoa necesita axuda para realizar varias ABVD, varias

veces ao día; e, pola súa perda total de autonomía física, mental, intelectual ou senso-

rial, necesita o apoio indispensable e continuo doutra persoa ou ten necesidades de

apoio xeneralizado para a súa autonomía funcional.

Cada un destes graos clasifícase, pola súa vez, en dous niveis en función da autonomía

e atención e coidado que requira a persoa.

Prestacións e servizos da lei de dependencia

Que prestacións de atención á dependencia inclúe a lei de dependencia?

Recolle tanto prestacións económicas como servizos, aínda que estes últimos terán

carácter prioritario e préstanos as comunidades autónomas a través da oferta pública

da Rede de Servizos Sociais, mediante centros e servizos públicos ou privados concer-

tados debidamente acreditados.

24

Cales son os servizos de atención que distingue o SAAD?

Carteira de servizos comúns

Son os servizos dirixidos a persoas cuxo diagnóstico non require a asignación de servizos

que, sendo da mesma natureza, estean incluídos en calquera das carteiras específicas.

SERVIZOS INTEGRADOS NA CARTEIRA DE SERVIZOS COMÚNS IDADES DAS PERSOAS BENEFICIARIAS

Prevención das situación de dependencia e promoción da autonomía persoal

Sen límites de idade

Axuda no fogar para atención a persoas dependentes, que inclúe unha especialidade no servizo dirixida a persoas con discapacidade auditiva

Sen límites de idade

Teleasistencia e xeolocalización Igual ou maior de 16 anos

De atención diúrna, con modalidade básica e terapéutica Igual ou maior de 16 anos

De atención residencial, con modalidade básica e terapéutica Igual ou maior de 16 anos

De atención nocturna Igual ou maior de 16 anos

De atención temperá Entre 0 e 6 anos

Son aqueles servizos dirixidos a persoas dependentes de 16 anos ou máis anos que

teñan diagnosticada algunha das seguintes limitacións: alzhéimer, discapacidade fí-

sica, parálise cerebral, dano cerebral, discapacidade intelectual, trastorno de espectro

autista ou enfermidade mental.

Carteira de servizos de asistente persoal

Confórmana os servizos dirixidos a facilitar o apoio persoal, a inclusión social e/ou

educativa, así como a promoción e participación das persoas de 16 ou máis anos que

se atopan en situación de gran dependencia ou dependencia grave, co obxecto de

permitir o seu desenvolvemento nas actividades da vida diaria, laborais e/ou educati-

vas e propiciar a súa participación na vida social e económica.

Cales son os servizos aos que se pode acceder mediante o recoñecemento da

situación de dependencia?

— Servizo de prevención da dependencia e promoción da autonomía persoal: o fin é

desenvolver e manter as capacidades persoais para as actividades da vida cotiá e

afrontar situacións de especial risco que poden agravar a dependencia dunha per-

soa (terapia ocupacional, atención temperá, estimulación cognitiva, mantemento e

recuperación da autonomía funcional, habilitación psicosocial para persoas con

enfermidade mental ou discapacidade intelectual, apoios persoais, coidados en

aloxamentos especiais, transporte adaptado…).

— Servizo de teleasistencia e xeolocalización: facilitan a atención persoal inmediata no

contorno habitual da persoa usuaria para responder ante situacións de emerxencia,

inseguridade, soidade ou illamento, mediante o uso das seguintes tecnoloxías:

un dispositivo instalado no domicilio e conectado á liña telefónica no caso da

teleasistencia;

AN

EX

O:

Gu

ía s

ob

re a

de

pe

nd

en

cia

un dispositivo que proporciona información sobre a situación e movementos da

persoa usuaria (GPS) no caso da xeolocalización.

— Servizo de axuda no fogar (SAF): actuacións levadas a cabo no contorno das persoas

relacionadas coa atención de carácter persoal, que permitan ao usuario ou usuaria

a realización das actividades básicas da vida diaria, así como atencións de tipo do-

méstico e do fogar coa finalidade de incrementar a súa autonomía persoal e cali-

dade de vida, posibilitando a permanencia no seu domicilio.

— Servizo de atención diúrna: atención integral nun centro durante o período diúrno ás

persoas en situación de dependencia, co obxectivo de mellorar ou manter o nivel

de autonomía persoal así como apoiar as súas familias ou persoas coidadoras.

— Servizo de atención nocturna: atención integral nun centro durante o período noc-

turno para dar resposta ás necesidades das persoas en situación de dependencia,

así como apoiar as súas familias ou persoas coidadoras.

— Servizo de atención residencial: atención integral e continuada durante as 24 horas

do día e nun centro residencial, de carácter personalizado, tendo en conta a natu-

reza da situación de dependencia de cada persoa e a intensidade de coidados que

precise.

Poderá ter carácter permanente cando o centro sexa a residencia habitual da per-

soa ou temporal cando se atendan estadías temporais, vacacións, fins de semana,

enfermidades ou períodos de respiro familiar dos coidadores non profesionais.

Cales son as prestacións que distingue o SAAD?

— Libranza asistencia persoal: prestación económica destinada a facilitarlle á persoa

en situación de dependencia a contratación dun asistente persoal profesional que

lle preste apoio para o acceso á educación, ao traballo e a unha vida máis autó-

noma. Determinarase a contía para cada persoa en función do grao recoñecido e da

capacidade económica, de acordo coa contía do IPREM (indicador público de renda

de efectos múltiples) que se fixa anualmente, polo que se poderá percibir integra-

mente se a capacidade económica é ata 2,5 veces o IPREM, ou reducirase propor-

cionalmente se é superior. A contía dependerá, así mesmo, da dedicación horaria

dos coidados e nunca poderá ser superior ao prezo que se xustifique como aboado

polo servizo recibido. As contías máximas da libranza de asistencia persoal aproba-

ranse anualmente mediante unha orde.

— Libranza para coidados no contorno familiar: prestación económica de carácter

excepcional destinada ás persoas en situación de dependencia, que son atendidas

no seu domicilio por un coidador ou coidadora non profesional do seu contorno. A

determinación da contía para cada persoa efectuarase en función do grao recoñe-

cido e da capacidade económica de acordo coa contía do IPREM que se fixa anual-

26

mente, polo que se poderá percibir integramente se a capacidade económica é

igual ou menor que un IPREM, ou reducirase proporcionalmente se é superior. A

contía dependerá, así mesmo, da dedicación horaria dos coidados. As contías má-

ximas da libranza de coidados no medio familiar aprobaranse anualmente me-

diante unha orde.

— Libranza vinculada a un servizo: prestación económica destinada a facilitar o paga-

mento dun dos servizos arriba mencionados, cando non sexa posible prestalo me-

diante a rede pública da Comunidade Autónoma de Galicia. A determinación da

contía para cada persoa efectuarase en función do grao recoñecido e da capacidade

económica de acordo coa contía do IPREM que se fixa anualmente, polo que se po-

derá percibir íntegra, se a capacidade económica é igual ou menor que un IPREM,

ou reducirase proporcionalmente se é superior. A contía dependerá, así mesmo, da

dedicación horaria dos coidados e nunca poderá ser superior ao prezo que se xusti-

fique como aboado polo servizo recibido. As contías máximas da libranza vinculada

ao servizo aprobaranse anualmente mediante unha orde.

Participación das persoas beneficiarias no custo dos servizos

Regúlase a través do Decreto da Xunta de Galicia 149/2013, do 5 de setembro, polo

que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a

atención ás persoas en situación de dependencia e determínase o sistema de partici-

pación das persoas usuarias no financiamento do seu custo; e polo Decreto 23/2018,

do 15 de febreiro que o modifica.

Mediante estas normas establécese un réxime de participación progresivo, en función

da capacidade económica da persoa beneficiaria e a intensidade do servizo que recibe.

Requisitos básicos para beneficiarse do sistema

Terán dereito á protección da lei os españois e españolas que cumpran os seguintes

requisitos:

— Atoparse en situación de dependencia e nalgún dos graos establecidos pola LAAD.

— Residir no territorio español durante, polo menos, cinco anos, dos cales dous debe-

rán ser inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude, e residir,

no momento de presentala, nalgún dos concellos de Galicia.

— Menores de 3 anos: o sistema para a autonomía e atención á dependencia aten-

derá, sen prexuízo dos servizos establecidos en educación e sanidade, as necesida-

des de axuda a domicilio e, se é o caso, prestacións económicas vinculadas a prol dos

menores de 3 anos que presenten graves discapacidades (Disposición adicional 13).

AN

EX

O:

Gu

ía s

ob

re a

de

pe

nd

en

cia

As persoas que, malia reuniren os requisitos anteriores, carezan de nacionalidade es-

pañola rexeranse polo establecido na Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre de-

reitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, nos tratados

internacionais e nos convenios que se estableza no país de orixe. O Goberno poderá

establecer medidas de protección a prol dos españois e españolas non residentes en

España.

As persoas emigrantes retornadas terán dereito aos servicios asistenciais do catálogo

de recursos do SAAD, en igual contido e intensidade ca o resto de cidadáns.

Procedemento de solicitude

O procedemento de recoñecemento das situacións de dependencia e acceso ao catá-

logo de recursos do sistema desenvólvese no Decreto 15/2010 e na Orde do 2 de xa-

neiro de 2012 e ten dúas fases ben diferenciadas:

1. Valorar a persoa solicitante e recoñecerlle, se for o caso, o grao de dependencia.

2. Resolver un «programa individual de atención» co que se lle garanta á persoa

dependente o acceso a un servizo de atención ou prestación económica segundo o

catálogo de recursos.

1ª Fase: Recoñecemento da situación de dependencia

O procedemento iníciase na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social que

corresponda ao lugar de residencia de quen solicita; a solicitude pode entregarse en

calquera dos rexistros con portelo único.

A comunidade autónoma galega determinou os órganos de valoración da dependen-

cia constituídos por equipos interdisciplinares, integrados por profesionais da medi-

cina, psicoloxía, traballo social e diplomatura en ciencias da saúde (terapeutas ocupa-

cionais e fisioterapeutas) que, unha vez estudados os informes, emiten unha

proposta-ditame sobre o grao e nivel de dependencia coa especificación dos coidados

que a persoa poida requirir.

Realizada a valoración da persoa solicitante, a xefatura territorial emite unha resolu-

ción na que se recoñece a situación de dependencia e se determinan os servizos e

prestacións que lle corresponden.

2ª Fase: Resolución do programa individual de atención, PIA

A resolución do plan individual de atención (PIA) determina, de entre os servizos e

prestacións económicas previstas na resolución para o seu grao e nivel, aqueles que

son máis adecuados ás necesidades da persoa en situación de dependencia.

28

Contías das prestacións económicas (libranzas)

CONTÍAS PARA AS PERSOAS BENEFICIARIAS CON GRAO RECOÑECIDO (ANO 2015)

GRAO E NIVEL DE

DEPENDENCIA

LIBRANZA VINCULADA Á ADQUISICIÓN

DE SERVIZOS LIBRANZA DE COIDADOS NO CONTORNO LIBRANZA DE ASISTENTE PERSOAL

euros/mes

Contía Contía Contía

Grao III 715,07 € 387,64 € 715,07 €

Grao II 426,12 € 268,79 € 426,12 €

Grao I 300,00 € 153,00 € 300,00 €

Complemento nivel adicional da C. A.

Grao III

– Contía nivel adicional ata 1300 €

– Complemento adicional do 15 %

da contía total recoñecida en

períodos de especial dedicación

Grao II

– Contía nivel adicional ata 1300 €

– Complemento adicional do 15 %

da contía total recoñecida en

períodos de especial dedicación

AN

EX

O:

Gu

ía s

ob

re a

de

pe

nd

en

cia

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

……………………………………………………………………………………………………………………..

30

Secretaría Xeral de Política Lingüística