A poboación mundial

22
2º ESO

Transcript of A poboación mundial

Page 1: A poboación mundial

2º ESO

Page 2: A poboación mundial

1. A POBOACIÓN MUNDIAL E A SÚA DISTRIBUCIÓN

● A densidade de poboación (hab./km2) é un indicador demográfico que serve para comparar o volume de poboación entre territorios.

A poboación mundial distribúese dunha forma moi irregular sobre a superficie terrestre. Na súa distribución interveñen factores físicos e factores humanos.

● Os factores físicos que atraen poboación son: os lugares onde os relevos teñen pouca altitude, os climas son temperados e abundan os chans fértiles.

● Os factores humanos que condicionan a poboación son:

– Económicos: lugares onde hai máis recursos.

– Históricos: por circunstancias do pasado.

– Políticos: por decisións de gobernos ou organismos (cambios de fronteiras, chegada de refuxiados...).

● O reconto de habitantes recóllese no censo de poboación, elaborado cada dez anos, e no padrón municipal, que se actualiza cada ano.

Page 3: A poboación mundial

Os países máis poboados do mundo A poboación por continentes

1. A POBOACIÓN MUNDIAL E A SÚA DISTRIBUCIÓN

Somos + 7.000.000.000

Page 4: A poboación mundial

1. A POBOACIÓN MUNDIAL E A SÚA DISTRIBUCIÓN

A poboación mundial por continentes

Page 5: A poboación mundial

1. A POBOACIÓN MUNDIAL E A SÚA DISTRIBUCIÓN

Densidade de poboación no mundo

Page 6: A poboación mundial

● As variacións do número de habitantes dun país dependen do movemento natural ou vexetativo (nacementos e defuncións) e os movementos migratorios (emigracion e inmigración).

● A natalidade indica o número de nacementos nun lugar durante un período de tempo (polo xeral un ano), para coñecela téñense en conta:

– A taxa de natalidade relaciona o número de nacementos coa poboación.

– A taxa de fecundidade indica o número de nacementos coa poboación feminina en idade fértil (entre 15 e 49 anos).

– O número medio de fillos por muller. O valor 2,1 fillos asegura o cambio xeracional.

● A mortalidade expresa o número de defuncións nun lugar durante un período de tempo (polo xeral un ano). Analízase a través de:

– A taxa de mortalidade indica o número de persoas falecidas.

– A taxa de mortalidade infantil indica o número de nenos e nenas falecidos antes de cumprir un ano.

– A esperanza de vida expresa a media de idade que se espera que viva unha persoa ao nacer.

2. A DINÁMICA DA POBOACIÓN

Page 7: A poboación mundial

2. A DINÁMICA DA POBOACIÓN

Indicadores demográficos

Page 8: A poboación mundial

2. A DINÁMICA DA POBOACIÓN

A natalidade no mundo

Page 9: A poboación mundial

2. A DINÁMICA DA POBOACIÓN

A mortalidade no mundo

Page 10: A poboación mundial

3. A EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN MUNDIAL

● A poboación mundial creceu con lentitude ata o século XVIII e de modo acelerado a partir do século XX.

● Na evolución da poboación dos países desenvolvidos obsérvanse tres fases:

– Réxime demográfico antigo: ata mediados do século XVIII o crecemento da poboación era lento: a natalidade e a mortalidade eran elevadas (fames, peste, guerras), e a esperanza de vida baixa.

– Réxime de transición demográfica: entre os séculos XVIII-XIX produciuse un crecemento acelerado da poboación ou explosión demográfica: a natalidade permaneceu elevada pero reduciuse a mortalidade (mellora na alimentación, progresos na hixiene e avances sanitarios).

– Réxime demográfico moderno: século XX ata a actualidade: baixa natalidade e a mortalidade e diminúe o crecemento da poboación.

Page 11: A poboación mundial

3. A EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN MUNDIAL

● Nos países pobres distínguense dúas fases: – Réxime demográfico antigo: ata ben

entrado o século XX: a natalidade e a mortalidade eran moi altas, e o crecemento e a esperanza de vida, baixos.

– Réxime de transición demográfica: finais s. XX: descende moito a mortalidade (axuda dos países desenvolvidos) e a poboación crece.

Page 12: A poboación mundial

● O crecemento da poboación mundial freouse respecto ao do s. XX por unha desaceleración da natalidade e unha diminución da taxa de fecundidade.

– A poboación dos países desenvolvidos caracterízase polo seu envellecemento, que se produce ao descender a natalidade e aumentar a esperanza de vida.

– A poboación dos países pobres ten un gran crecemento polas altas taxas de natalidade: hai moita poboación nova en idade de procrear e os fillos representan unha riqueza para a familia, unha fonte de ingresos, xa que traballan desde moi nenos. O aumento desta poboación fai necesario dispoñer de máis alimentos, hospitais, escolas, vivendas...

● As medidas que os distintos países adoptan para facerlles fronte aos problemas demográficos son as políticas de poboación:

– Nos países desenvolvidos aplícanse políticas natalistas para frear o avellentamento: axudas ás familias numerosas, ampliación de permisos por maternidade,...

– Nos países pobres aplícanse políticas antinatalistas para evitar a superpoboación: planificación familiar, leis que penalizan as familias numerosas,...

4. OS DESEQUILIBRIOS DEMOGRÁFICOS

Page 13: A poboación mundial

4. OS DESEQUILIBRIOS DEMOGRÁFICOS

Crecemento vexetativo no mundo

Page 14: A poboación mundial

5. OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS

● As migracións son a saída ou chegada de poboación a un territorio. Os que deixan o seu lugar de orixe son emigrantes. Os que chegan a un lugar son inmigrantes.

● O saldo migratorio é o resultado de restar do número de inmigrantes o número de emigrantes. Pode ser positivo ou negativo.

● As causas das migracións poden ser: económicas (falta de traballo, melloras salariais...); sociais (persecucións relixiosas, políticas, bélicas...); e naturais (secas, inundacións, terremotos, etc.).

● As consecuencias das migracións son:

– Para os países emisores supón perda de poboación, entran divisas, diminúe a presión social...

– Para os países receptores significa incremento da poboación, aumento da natalidade, máis man de obra, diversidade cultural...

● Os tipos de migracións poden ser segundo a duración (temporais ou definitivas), o destino (interiores ou exteriores) e o carácter (forzadas ou voluntarias).

● A inmigración pode ser legal (con permiso de residencia e de traballo) ou ilegal (sen papeis).

Page 15: A poboación mundial

5. OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS● Na actualidade as migracións están formadas por dous grupos de persoas:

traballadores cualificados e traballadores non cualificados. As principais zonas emisoras de emigrantes son o Sueste de Asia, países de África, Leste de Europa e América Latina.

Page 16: A poboación mundial

6. A ESTRUTURA DEMOGRÁFICA DA POBOACIÓN

● A estrutura demográfica dunha poboación é a súa distribución por idade e sexo.

● Na estrutura por idade distínguense tres grandes grupos: mozos (de 0 a 14 anos), adultos (de 15 a 64 anos) e anciáns (maiores de 65 anos).

● Segundo o grupo de idade que predomine nun país as características demográficas serán distintas:

– Un país con moita poboación nova conta cunha natalidade elevada.

– Un país con moita poboación adulta indica unha baixa natalidade ou a chegada importante de inmigración.

– Un país con moita poboación de anciáns mostra unha redución da natalidade e da mortalidade e unha elevada esperanza de vida.

● A estrutura por sexo dunha poboación supón saber cantos homes e mulleres forman a poboación dun país. Nacen máis homes que mulleres, pero é máis numerosa a poboación avellentada feminina ca masculina.

● A pirámide de poboación ou pirámide de idades é a representación gráfica da poboación por idade e sexo.

Page 17: A poboación mundial

6. A ESTRUTURA DEMOGRÁFICA DA POBOACIÓN

● Nunha pirámide débese analizar a seguinte información:

– Perfil: triangular, campá, urna.

– Ancho da base: Estado da natalidade, proporción de poboación nova.

– Cúspide: esperanza de vida, avellentamento.

– Grandes grupos de idade: Nivel de avellentamento, poboación en idade laboral.

– Anomalías do perfil: Os entrantes significan perda de poboación (guerras, epidemias, emigración,...) e os saíntes indican recuperación da poboación (aumento da natalidade, inmigración,...)

– Relación entre sexos: se nacen máis home ca mulleres, diferenza na esperanza de vida por sexos.

– Previsións en canto á evolución demográfica.

EXPANSIVA REGRESIVA ESTABLE

TRIANGULAR URNA CAMPÁ

Page 18: A poboación mundial

Forma de pagode ou triangular: A base é ampla, o que representa unha poboación nova con alta natalidade, indicando tamén un rápido incremento da poboación (expansiva).

A poboación diminúe rapidamente cara o cume debido a taxas de mortalidade elevadas e á baixa esperanza de vida.

É propia dos países menos desenvolvidos de Asia e África

6. A ESTRUTURA DEMOGRÁFICA DA POBOACIÓN

Page 19: A poboación mundial

Forma de campá ou oxiva: Teñen a base e a forma central case do mesmo tamaño, o que indica un número igual de persoas nos grupos de idade nova e adulta: desenso da natalidade e da mortalidade. Trátase dunha poboación estable.

Corresponde aos países en vías de desenvolvemento.

6. A ESTRUTURA DEMOGRÁFICA DA POBOACIÓN

Page 20: A poboación mundial

Forma de tonel ou urna: Corresponde a unha poboación avellentada. Presenta unha base máis estreita que os chanzos centrais o que indica un rápido descenso da fecundidade e polo tanto da natalidade, co correspondente decrecemento da poboación: poboación regresiva. No cume apréciase o incremento da esperanza de vida, significativamente maior o das mulleres.

É característica dos países desenvolvidos.

6. A ESTRUTURA DEMOGRÁFICA DA POBOACIÓN

Page 21: A poboación mundial

7. A ESTRUTURA ECONÓMICA DA POBOACIÓN

● A estrutura económica móstranos a actividade da poboación e a súa distribución por sectores económicos.

● A actividade da poboación significa coñecer:

– A poboación activa, formada polas persoas que traballan ou buscan emprego: poboación ocupada, poboación en paro e a que busca o seu primeiro emprego.

– A poboación inactiva, é a que non pode traballar e a que non realiza un traballo remunerado: menores, estudantes, amas de casa, xubilados, discapacitados para traballar.

● Os sectores de actividade económica son: sector primario (agricultura, gandaría, pesca e explotación forestal), sector secundario (minaría e produción de enerxía, industria e construción) e sector terciario (turismo, transportes, comercio, educación, sanidade...).

● Nos países desenvolvidos, a maioría da poboación traballa no sector terciario. Nos países pobres, máis da metade da poboación traballa no sector primario.

Page 22: A poboación mundial

FIN