Asoporcel | Xan 2008

12
GUÍA DE CRÍA DA RAZA PORCINA CELTA O PROGRAMA NACIONAL DE LOITA CONTRA A ENFERMIDADE DE AUJESZKY JESÚS GONZÁLEZ CRIAR PORCO CELTA NOS ANCARES ? por que aumenta tanto a demanda de PORCO CELTA 09 a publicación da asociación de criadores de gando porcino celta | nº 2 | xan-feb 2008 ASOPORCEL 10 05 08

description

Revista da Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta

Transcript of Asoporcel | Xan 2008

Page 1: Asoporcel | Xan 2008

GUÍA DE CRÍA DA RAZA PORCINA CELTA

O PROGRAMA NACIONAL DE LOITA CONTRA A ENFERMIDADE DE AUJESZKY

JESÚS GONZÁLEZCRIAR PORCO CELTA NOS ANCARES

?por queaumenta tanto a demanda de

PORCO CELTA

09

a publicación da asociación de criadores de gando porcino celta | nº 2 | xan-feb 2008

ASOPORCEL

10

05

08

Page 2: Asoporcel | Xan 2008

Amigos e amigas do Porco Celta,

Botando a vista atrás e rememorando este ano 2007 que vimos de deixar non podemos senón estar satisfeitos dos logros e avances acadados en prol da nosa raza porcina celta. Se ben a nosa andaina como Xunta Directiva comezou o 3 de xuño do citado ano, cando a Asemblea Xeral de Socios decidiu e confiou en que eramos as persoas axeitadas para traballar por e para ASOPORCEL, moitos de nós xa levabamos anos vinculados neste proxecto que naceu alá polo 1999 en Triacastela. A nosa ilusión, premiada por esa confianza outorgada polos socios, fainos traballar dende entón para seguir mellorando unha raza cada vez máis consolidada no sector gandeiro galego e nos mercados alimentarios.

E podemos afirmar sen medo a equivocarnos que este ano 2007 resultou de enorme satisfacción na avaliación de resultados e progresos.

En primeiro lugar, temos que falar dun importante incremento no que é o número de socios e de explotacións que forman parte de ASOPORCEL; somos xa máis de 200. Do mesmo xeito, da man deste incremento tamén rexistramos un crecemento no número de animais inscritos no Libro Xenealóxico da Raza Porcina Celta.

Sen embargo, a pesares do aumento, en 2007 detectamos un aspecto importante sobre o que estamos a traballar para encauzalo satisfactoriamente. Referímonos á crecente demanda de animais por parte dos elaboradores de produto Durante o 2007, a Asociación organizou e participou en todo tipo de Porco Celta. Unha demanda constante que por veces supera de actividades co obxectivo de mellorar e promocionar a nosa á oferta dos nosos gandeiros. Que haxa unha forte demanda por Raza. Falamos de festas gastronómicas, exposicións, feiras e parte do mercado é bo para a raza, pero para satisfacela xornadas alimentarias; congresos, encontros e xornadas; axeitadamente é necesario organizar ben as producións dos concursos e festas temáticas. Un importante abano de accións, nosos gandeiros e as necesidades dos elaboradores. Neste non só por toda a xeografía galega, senón tamén no resto da aspecto, o traballo diario do persoal técnico de ASOPORCEL é Península, que serviron para amosar o traballo dunha Asociación esencial para coordinar as necesidades duns e doutros. Por iso, consolidada e entregada á defensa do Porco Celta.dende aquí pedímosvos, socios e socias de ASOPORCEL, que colaboredes todo canto poidades connosco, á vez que nos O ano 2008 xa está en marcha. Son moitos os proxectos de futuro demandedes axuda e colaboración sempre que o necesitedes. nos que implicamos as nosas ilusións e esforzos.

carta da xunta directiva de asoporcel

02

asoporcel | nº 2 | xan-feb 2008

Pazo de Feiras e Congresos de LugoAvda. dos Deportes s/n, Lugo 27004

tel 982 285 214 | 626 975 004

Edita: ASOPORCELCoordina: Eugenio Prados

Produce: Ancaria Comunicación | www.ancaria.euDirección editorial e redacción: Sergio Aller

Deseño e maquetación: Vili RocaFotografía: Arquivo ASOPORCEL e Vili Roca

Carta da Xunta Directiva de ASOPORCEL e Sumario

Novas: Aumenta a demanda de Porco Celta de Cebo

Novas: Novo veterinario en Asoporcel

Novas: 2008, un ano cheo de proxectos e actividades

Guía de cría da Raza Porcina Celta

Sección técnica: Programa nacional de loita contra a enfermidade de Aujeszky

Sección técnica: Por que aumenta tanto a demande de Porco Celta?

Entrevista: Jesús González, criar Porco Celta nos Ancares

Asoporcel: Finca de Santalla, Triacastela

02

03

04

04

05

08

09

10

12

sumario

Vista atrás ao 2007

Page 3: Asoporcel | Xan 2008

novas da asociación

03

Aumenta a demanda de Porco Celta de cebo

O 2007, como xa apuntamos no número anterior do Boletín de implicadas neste proceso que en último termo favorece a ASOPORCEL, foi un ano de grande demanda de animais cebados consolidación da Raza Porcina Celta.da raza Porco Celta. E para o 2008 prevese que o incremento siga en aumento. Esta pode ser unha boa noticia sempre que a Por outra banda, ASOPORCEL facilita a labor do seu veterinario á oferta de porco cebado poida cubrir tal demanda. hora de organizar o seu traballo diario en relación ás probas que

debe facer en matadoiro: medición da canal, toma de mostras, Para elo a labor intermediadora de ASOPORCEL é necesario. En etc.primeiro lugar, dende a Asociación pedimos aos señores socios, gandeiros e interesados na nosa Raza, que se poñan en contacto Finalmente, outro aspecto destacable para ASOPORCEL e para a connosco sempre que lles xurda algunha dúbida ou ante boa marcha da Raza é a notificación de cada sacrificio que o calquera problema que estea nas nosas mans solucionar. socio leve a cabo. Dende a Asociación é fundamental a recollida

de datos (conformación, engraxamento, peso/canal) no En segundo lugar, e falando da demanda de porco celta para nós matadoiro para a realización de estudios e estatísticas.en ASOPORCEL é moi importante que cada socio notifique cantos animais van a cebar, algo fundamental para axilizar o Todas estas son pautas e recomendacións postas en marcha por proceso de comercialización. ASOPORCEL conta cunha base de ASOPORCEL cos fins últimos de mellorar a presencia dos datos actualizada en todo momento na que se anota o produtos derivados da Raza no mercado, de potenciar e nacemento de cada animal así coma o seu destino, no caso que incrementar as relacións entre produtores e elaboradores e, en nos ocupa, se vai ser cebado. último termo, propiciar a consolidación e expansión da nosa

Raza Porcina Celta.Cando faltan 2 ou 3 meses para o sacrificio final do animal, a Asociación, comprobando este punto na súa base de datos, ponse en contacto co socio gandeiro para aconsellar a chamada “alimentación complementaria e de finalización” (mestura de finalización, restos de horta, castañas, etc). É esta a alimentación que dende ASOPORCEL se considera máis adecuada para o período final de ceba, previo ao sacrificio final.

Cando se achega o momento óptimo de cebo, é dicir, tras estes 2 ou 3 meses de alimento de finalización, ASOPORCEL volve a poñerse en contacto co gandeiro para comunicar a data óptima de sacrificio, por unha banda, e pola outra, cubrir a demanda de elaboradores que solicitan animais de cebo.

Noutras verbas, a Asociación avalía as necesidades de produtores e elaboradores, e en función da demanda, cádranse datas e pedidos. Por exemplo, se un elaborador necesita 10 porcos, comunícallo á Asociación. O persoal de ASOPORCEL consulta a base de datos de porcos en período de ceba así coma o momento óptimo do seu sacrificio e asígnaos á necesidade de aquel elaborador.

Deste xeito, con este sistema, ASOPORCEL facilita que os animais se saquen a tempo das explotacións, no momento óptimo de cebo, e que non se acumulen innecesariamente. A Asociación optimiza o proceso de compravenda como mediador entre ambos e facilita a cobertura da citada crecente demanda. Por iso, é moi importante a colaboración entre as tres partes

Page 4: Asoporcel | Xan 2008

ASOPORCEL traballa para o ano 2008 que vén de entrar nunha nova fase de promoción da Raza Porcina Celta, e en concreto da mellora no que se refire á súa cría e expansión e á óptima comercialización dos seus produtos.

En concreto, a Asociación prepara a súa participación na que será a Festa do Porco Celta de Beariz (Ourense). Un evento no que ASOPORCEL acudirá para promover a cría da Raza na zona a través dunhas xornadas informativas e dun ciclo de conferencias.

Ademais trabállase coa Asociación Gastronómica do Eume 'A Esmorga' no deseño dunhas charlas técnicas para explicar as bondades e as propiedades dos produtos derivados de tan nobre animal e dunhas xornadas gastronómicas para que os hostaleiros poidan apreciar o exquisito sabor dos produtos derivados do Porco Celta. Do mesmo xeito, aproveitarase a xuntanza para explicar a asistentes e interesados o funcionamento da Asociación, o valor da mesma e as funcións que desempeña en relación á defensa e promoción da Raza Porcina Celta.

Tamén se traballa na organización de diversas charlas informativas en diferentes cooperativas ou asociacións. En resumo, a Asociación seguirá traballando en 2008 para incrementar o interese entre produtores, elaboradores e distribuidores pola cría de esta Raza.

De feito, ao longo do 2007 deuse en ASOPORCEL un aumento Finalmente, ASOPORCEL estuda a forma de protexer ao considerable no número de socios. Na mesma liña, nos últimos gandeiro para que non saia perxudicado en aspectos coma por meses, nas oficinas da Asociación, no Pazo de Feiras e Congresos exemplo a suba do prezo dos cereais. Neste senso, día a día faise de Lugo, recibíronse a diario multitude de chamadas tanto de todo o posible para paliar este tipo de problemas; neste caso, socios coma de interesados, co fin de solicitar información sobre estánse a buscar medidas alternativas para que a ceba non se a Raza ou de solventar problemas e dúbidas acerca da súa cría. vexa afectada pola mencionada suba. O traballo e diálogo da

Asociación coa Administración e as autoridades relacionadas con este tipo de problemáticas é intenso e constante.

novas da asociación

04

asoporcel | nº 2 | xan-feb 2008

2008: un ano cheo de proxectos e actividades

ASOPORCEL conta cun novo veterinarioO pasado mes de outubro, Asoporcel acadou unha subvención da · Recollida de datos das canais en matadoiros e salas de Consellería de Traballo, a través da Dirección Xeral de despece.Promoción do Emprego (Orde do 31 de xaneiro, expediente: · Promover e participar en proxectos de investigación TR352A 2007/468-0) para a contratación temporal dun relacionados co Porco Celta.veterinario. Dita subvención cobre os gastos derivados da seguridade social e do salario. · Colaborar na atención das demandas de solicitude de

novos socios, asesorando e informando de todas as dúbidas Tras levar a cabo un intenso proceso de selección con máis de 15 e problemáticas que presenten.entrevistas, dentro da relación de candidatos enviada polo INEM, o aspirate seleccionado foi Pedro González González, · Auxiliar aos veterinarios colaboradores nas labores de que desempeña dende entón a labor de veterinario auxiliar. As identificación e calificación racial para a inclusión dos funcións que asume o novo veterinario son variadas e extensas, e animais no Libro Xenealóxico.entre elas destacan:

· Promover e incentivas o incremento da produción de · Visitas ás explotacións dos socios, cooperación cos Porco Celta e os seus produtos derivados.veterinarios colaboradores da Asociación, nas labores de marcaxe, identificación de leitóns, calificación dos adultos Algunhas destas actuacións xa se están a levar a cabo e outras e asesoramento sanitario. Labores estas, destinadas á implantaranse en breve; todas elas xorden debido ao grande recuperación da raza autóctona Porco Celta. crecemento que está a experimentar a Asociación. En

concreto, o incremento da demanda de produtos de Porco Celta · Continuar e mellorar a inspección, certificación e por parte do consumidor, e a necesidade de garantías de categorización das canais no matadoiro. sanidade, bioseguridade, trazabilidade, benestar animal, e de

confianza e calidade que hoxe en día demanda a sociedade, · Estudio da implantación de precintos, etiquetas e outros cada día máis esixente e selectiva.medios que aseguren a orixe, a trazabilidade e a bioseguridade, co obxecto de garantir plenamente a seguridade e a calidade tanto de cara á Administración coma ao consumidor.

Page 5: Asoporcel | Xan 2008

O primeiro paso para poder adicarse á cría da raza Porcina Celta é a solicitude do CEA (Código da Explotación Agraria). Solicítase directamente á Administración ,no caso galego, na Consellería do Medio Rural. Tamén é necesario darse de alta no Servizo de Sanidade Animal de dita Consellería, en concreto, na Oficina Comarcal pertinente. Existen tres tipos de Explotacións:

1) Autoconsumo: aquela na que os animais son destinados a autoconsumo (un máximo de 5).

2) Reducida: é a que inclúe un máximo de catro nais reprodutoras, un macho e un máximo de 25 animais para cebo ou descendencia. É a que posúen o 95% dos socios de Asoporcel.

3) Industrial: Máis de catro nais e diversos machos. Este tipo de explotacións require máis trámites burocráticos: un proxecto de viabilidade, peches adecuados, distancias con respecto a outras granxas, ríos, estradas, núcleos poboados, unha extensión

determinada, etc.

Dende a Asociación recoméndase comezar coa explotación reducida como paso previo e futuro para un posible salto á explotación industrial.

É recomendable a alta nunha ADS (agrupación de defensa sanitaria) ou ben acudir a un veterinario na zona para que supervise a viabilidade sanitaria da explotación, o programa de vacinas, control de enfermidades, etc.

1

3

2 Unha vez obtido o CEA, o seguinte paso é darse de alta en Asoporcel. Para elo é necesario presentar:

1) Copia do DNI do gandeiro titular da explotación2) Número do CEA3) Abonar unha cota de alta de 60 € (non é unha cota periódica de mantemento senón un único pago por darse de alta na Asociación)

guía de cría

05

Guía de cría da raza porcina CeltaO Porco Celta, sendo a raza porcina autóctona de Galicia, sen ser extraordinarios si require uns especiais coidados á hora de levar a cabo unha boa cría. Por este motivo, de seguido describiremos, para todos aqueles gandeiros interesados en obter un proceso de cría óptimo, unha serie de pautas e pasos que se recomenda, dende ASOPORCEL, seguir para alcanzar tales obxectivos.

As nosas recomendacións responden á necesidade de esbozar un breve dietario que se constitúa en referencia para chegar a ser un bo criador de Porco Celta. Explicaremos todos os pasos a seguir, dende a solicitude do CEA ata o sacrificio dos animais. E dentro de todo elo, o obxectivo non é outro que optimizar as relacións entre Asoporcel, os seus socios produtores, os elaboradores e a Administración.

Os primeiros pasos

A alta en Asoporcel

Tras estes pasos, de carácter administrativo, o primeiro aspecto esencial e piar clave para a Asociación e a Raza, é dar de alta aos exemplares do gandeiro no rexistro do Libro Xenealóxico da Raza. Se un gandeiro comeza na cría de Porco Celta e non posúe ningún exemplar a traves de Asoporcel facilítaselle o contacto co gandeiro máis cercano ou co que posúa a liña máis adecuada de animal de acordo ás necesidades do primeiro. No mesmo senso, a Asociación asesora sobre os mellores cruces que o gandeiro pode levar a cabo en función dos seus intereses.

Page 6: Asoporcel | Xan 2008

A cría dos leitóns ten tres destinos:

1) Venda para outras explotacións: A Asociación facilita de xeito gratuito este proceso a través da súa bolsa de compravenda de leitóns.

2) Recría: coma futuras nais e pais reprodutores da Raza: neste aspecto, o veterinario da Asociación pode asesorar sobre cal pode ser o exemplar óptimo para a recría.

3) Ceba: para sacrificio e venda a elaboradores.

A ceba é un dos aspectos importantes sobre o que é necesario facer certas recomendacións:

guía de cría

06

asoporcel | nº 2 | xan-feb 2008

1) Certificará o parto: número de leitóns e sexo dos animais nados2) Marcará aos leitóns identificándoos individualmente (crotal na orella esquerda e tatuaxe na dereita)3) Inscribirá aos leitóns no Libro Xenealóxico da Raza Porcina Celta4) Recollerá os datos proporcionados polo criador

Outro dos aspectos nos que incide o veterinario dende o momento do nacemento das crías é na importancia de cumprir o calendario de vacinas obrigatorias.

Unha vez conformada a explotación e o número de exemplares que a compoñen iniciase o proceso que fará evolucionar á mesma: a cría dos animais. Cando se produce o primeiro parto, así coma os partos sucesivos, é necesario notificalo inmediatamente á Asociación. O gandeiro debe pesar os leitóns nada máis nacer e comunicarllo ao veterinario de Asoporcel no momento en que este visite a explotación. Cando se quede co veterinario colaborador é aconsellable apartar aos leitóns da nai para que aquel poida facer o seu traballo nas mellores condicións. En concreto, o veterinario de Asoporcel, na súa visita:

Venda, recría ou ceba

O sacrificio

Unha vez concluído o proceso de ceba iniciase o momento do sacrificio dos animais. Para animais cebados, recoméndase que teñan un mínimo de 10 meses e un máximo de 18 meses, cun peso mínimo de 85 kgs e máximo de 180 kgs para cumprir o Regulamento de Uso; sendo o período óptimo, entre 12 e 14 meses, cun peso óptimo de entre 130 e 140 kgs/canal.

Neste paso, Asoporcel necesita recoller, a través do seu veterinario, os datos dos pesos do animal no matadeiro: dunha banda, o peso en vivo previo ao sacrificio, e doutra o peso unha vez sacrificado o animal.

No momento do sacrificio, a comunicación entre os gandeiros e a Asociación é moi importante para buscar o momento óptimo da matanza. Este facilitará un bo proceso de venda cos elaboradores interesados, que en último termo situará axeitadamente os produtos de Porco Celta no mercado. Por iso é necesario levar a cabo os sacrificios a través da intermediación de Asoporcel, que non busca senón o avance e a mellora da Raza.

Animais destinados á ceba:

Pesado das crías:

Alimentación:

Se o gandeiro decide destinar certos animais para ceba, debe comunicarlle á Asociación cal é o número de animais que vai destinar a tal fin. Do mesmo xeito, de ese número de exemplares para ceba tamén debe comunicar cal vai ser o número determinado para vender posteriormente aos elaboradores. Deste xeito, con estes datos Asoporcel pode planificar con tempo o plan de matanzas e facilitar as relacións comerciais entre produtores e elaboradores. Neste senso, Asoporcel é un nexo de unión no proceso de comercialización entre o gandeiro e o elaborador; a Asociación non compra animais senón que facilita o proceso de compra.

na medida do posible, é importante pesar aos animais aos 3 e aos 6 meses e facilitar estes datos á Asociación, co obxecto de facilitar os estudos sobre a Raza que se fan na mesma.

dende o destete e ata os 5 meses, a alimentación é fundamental para a correcta configuración ósea e muscular do animal, xa que será esta a que soportará o seu peso no seu estado adulto. Do mesma maneira, tamén é moi importante a correcta finalización dos animais, é dicir, nos tres meses previos ao sacrificio a alimentación axeitada determina a calidade do animal. En todo o proceso de alimentación o gandeiro pode asesorarse a través de Asoporcel.

Page 7: Asoporcel | Xan 2008

guía de cría

07

Solicitudedo CEA

Cría

Ceba

Sacrificio

Venda

Recría

Explotación Autoconsumo

Explotación Reducida

Explotación Industrial

Notificación á Asociación das altas e baixas de

animais na explotación

· Notificación do parto á Asociación· Visita do veterinario de Asoporcel· Identificación e inscripción no Libro Xen. dos novos exemplares

· Notificar á Asociación para posibles vendas

· Comunicarlle á Asociación o número de animais cos que conta para a comercialización

0 meses

Recollida por parte do gandeiro dos pesos dos leitóns ao nacer

3 meses

6 meses

Pesada dos animais

Pesada dos animais

10-18meses

Sacrificio e recollida dos datos de pesos no matadoiro

Alta no servizo de Sanidade Animal da Consellería do Medio

Rural na Oficina Comarcal

Alta do gandeiro na Asociación e dos

exemplares no rexistro do Libro Xen. da raza.

Notificación de altas e baixas

Sexa cal sexa o destino ao que se destinen os animais, venda, recría ou ceba, o paso final en todos os casos consiste en notificar á Asociación as altas e baixas de animais na explotación, aspecto esencial para actualizar en todo momento o Libro Xenealóxico da Raza.

Para elo, existe o chamado impreso PC-04, documento para comunicar altas e baixas, que é enviado por Asoporcel a todos os seus socios e que tamén se pode recoller nas oficinas da Asociación. O impreso debe ser reenviado cuberto correctamente, aínda que, se non é posible, tamén se poden notificar ditas altas e baixas no teléfono da Asociación (982 285 214).

Finalmente, dende Asoporcel recoméndase encarecidamente que en cada explotación se cumpra e respecte o Código de Boas Prácticas Gandeiras e Ambientais da Consellería do Medio Rural. E, da mesma forma, que se garanta en todo momento a seguridade alimentaria.

Page 8: Asoporcel | Xan 2008

sección técnica

08

asoporcel | nº 2 | xan-feb 2008

O programa nacional de loita contra a enfermidade de AujeszkyPor Quirino Pisonero Pérez, veterinario colaborador de ASOPORCEL

Neste artigo faremos un brevísimo resume da Lei que establece as bases do programa nacional de loita, control e erradicación da Enfermidade de Aujeszky intentando facer un maior fincapé no que máis nos incumbe desde o punto de vista do Porco Celta. O propósito desta Lei é intentar erradicar a enfermidade poñendo as bases de loita e control que se deben de aplicar en todo o territorio nacional. No artigo 2 desta Lei faise unha serie de definicións nas que cabe destacar entre outras:

Así fíxase a pauta de vacinación que obriga a: rexistro específico, os datos mínimos seguintes:

1) A vacinación de todos os reprodutores, polo menos tres veces · Vacina empregada, incluído nome comercial e n° de loteao ano regularmente polo que sería unha vacina cada 4 meses. · Data de vacinación2) A vacinación adminístrase a todos os porcos de cría ou cebo · Identificación, n° e idade dos animais vacinadosaplicando a primeira vacina entre as 10 e 12 semanas de vida e a seguinte vacina entre 3 e 4 semanas despois, administradas Para que unha explotación poida ser cualificada estas 2 vacinas deberá vacinarse aos 6 meses e logo cada 4 meses sanitariamente, o titular ou responsable da explotación deberá ata o seu sacrificio. solicitar á autoridade competente a correspondente 3) As explotacións oficialmente indemnes non se vacinan. cualificación. No caso de explotacións integradas nunha 4) A autoridade competente poderá excepcionar da agrupación de defensa sanitaria (ADS), a solicitude poderá vacinación aos animais maiores de 6 meses mantidos en efectuala tamén o representante de devandita agrupación. explotacións extensivas de cebo de montanera, que nun Queremos facer moito fincapé na importancia que ten neste prazo máximo de 30 días desde a finalización do último momento pertencer a unha ADS, xa que así o control é moito intervalo de 4 meses, se destinen ao matadoiro. máis cómodo e efectivo para vós, os gandeiros, incluído os

beneficios sanitarios que implica.As vacinas aplicaranse polo veterinario responsable do programa na explotación, ou baixo a súa supervisión. Unha vez vacinados os animais, devandito veterinario procederá a anotar nun

Normas básicas de ordeación de explotacións de porcino

As explotacións españolas de gando porcino experimentaron b) As explotacións para o autoconsumo e as explotacións gradualmente nos últimos anos unha evolución tan profunda en reducidas xa inscritas.todos os aspectos que deu lugar a unha nova realidade produtiva, sanitaria, económica e ambiental, polo que se Nestas normas básicas defínense:adaptou a normativa á altura das necesidades actuais. De feito a incidencia de enfermidades en explotacións porcinas e os seus a) Sistema de explotación intensivo: Utilízanse as mesmas graves efectos económicos xunto cos estudos epidemiolóxicos instalacións aquí inclúese a explotación ao aire libre , cámping máis recentes aconsellan evitar as altas concentracións de ou cabanas.animais nunha mesma zona polo que parte destas normas están b) Sistema de explotación extensivo.encamiñadas a impedir a difusión das enfermidades, intentando c) Sistema de explotación mixto: sistema compartido entre os tamén preservar os recursos naturais e protexer o medio dous anteriores.ambiente. Así se establecen as normas básicas polas que se d) Produción en fases.regula a aplicación de medidas de ordenación sanitaria e e) Centro de inseminación artificial: Recollida de seme para a zootécnica das explotacións porcinas, incluídas entre elas a súa comercialización.capacidade máxima produtiva, as condicións mínimas de f) Centro de agrupamento de reprodutores para desvelle.localización, infraestrutura zootécnica, sanitaria e os g) Unidade veterinaria local.equipamentos. Exceptúanse desta regulación: h) UGM (unidade de gando maior), igual a unha porca.

i) Explotación para autoconsumo: Críanse animais con destino a) As explotacións en sistema extensivo, as cales serán exclusivo ao consumo familiar, cunha produción máxima por ano obxecto de regulación específica. de 5 porcos de ceba.

Explotacións A0: aquelas nas que se descoñece a todo porco cuxo destino é o situación en canto á vacinación ou dos controis engorde para o seu posterior sacrificio e que en serolóxicos nos últimos 12 meses.Esto non pode ningún momentose váia a empregar como ocurrir en Asoporcel. reprodutor.

aquelas nas que se coñece a aqueles porcos cuxo destino sexa a situación da vacinación ou dos controis serolóxicos reprodución.con diagnóstico positivo.

aquí o diagnóstico é negativo. é aquel designado polo responsable da explotación para o seguimento do programa vacinal

estas son as que teñen establecido e da anotación e comunicación das cualificación sanitaria de indemne ou oficialmente vacinasindemne respectivamente.Aquí é onde debemos chegar.

Porco de produción:

Explotacións A1: Porco de cría:

Veterinario responsable do programa na Explotacións A2: explotación:

Explotacións A3 ou A4:

Page 9: Asoporcel | Xan 2008

j) Explotación reducida: Considérase así á que alberga un k) Núcleo de produción porcina: Conxunto de explotacións de número inferior a cinco porcas reprodutoras, podendo manter un diferentes propietarios.número non superior a 25 prazas de cebo. En todo caso, a explotación non poderá albergar unha cantidade de porcinos Neste artigo expomos unha serie de definicións que é bo ter en superior ao equivalente de 4,80 UGM (un porco reprodutor, un conta á hora de redefinir as nosas explotacións. Posto que a gran cebo, un leitón, teñen distintos UGM). maioría das explotacións de porco celta son reducidas,

traballamos coa vantaxe de que non están acollidas a todas as Equivalencias en UGM: regulamentacións do sector porcino pero co inconvinte de que

certos movementos de animais están totalmente restrinxidos con respecto á lei. Todas as normas básicas de ordenación das explotacións porcinas están recollidas no Real Decreto 324/2000, de 3 de marzo e para aquel que estea interesado no seu estudo dispomos na Asociación de copias, así como as bases do programa nacional de loita, control e erradicación da enfermidade de Aujeszky, que é moitísimo máis extenso.

sección técnica

09

1,000,250,300,140,020,100,140,30

1-porca en ciclo pechado.......... 2-porcas con leitóns ata 6 kg..... 3-porcas con leitóns ata 20 kg.... 4-porca de reposición.............. 5-leitón de 6-20 kg................. 6-leitón de 20-50 kg................ 7-porco de 50-100 kg............... 8-verraco.............................

Por que aumenta tanto a demanda de Porco Celta?Por José Antonio Carril González-Barros (veterinario), interventor e asesor técnico de Asoporcel

A raza porcina Celta, procedente do tronco Celta que colonizaba a cornixa norte de España e outros países de Europa, onde hoxe padece, practicamente, a extinción na súa totalidade, atopándose, en España, unicamente o chamado “Porco Galego” que quedou co apelativo de Porco Celta.

Esta raza, a única porcina autóctona galega, que sufriu unha franca regresión desde os anos cincuenta ata case a súa desaparición, hoxe en día conta cunha asociación de criadores, ASOPORCEL, que é unha entidade colaboradora da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e que, desde o ano 1999, vén traballando para deter o inminente declive deste patrimonio xenético, recuperalo, conservalo, ordenalo e xestionalo para podelo legar no mellor estado posible ás xeracións vindeiras.

Para todo iso, estívose traballando arduamente en estudos das calidades da carne desta raza para poder situala no sitio que merece nun mercado cada día máis competitivo. Así, realizouse un Proxecto de Comercialización e creouse unha Marca de Calidade denominada “PORCOCELTA”.

As premisas básicas que recolle o Prego de Condicións do Regulamento de Uso desta marca de calidade baséanse en sistemas de produción en raza pura, criada ao aire libre con produtos naturais, contemplando un código de boas prácticas gandeiras e ambientais e garantindo a seguridade alimentaria.

A filosofía básica que encerra a Marca de Calidade estriba en combinar os sistemas de aproveitamento, manexo e alimentación tradicionais coas novas tecnoloxías da industria transformadora, onde se controlan as condicións de elaboración para obter un produto de excelente calidade acorde ás características da raza, onde a máxima é rendibilizar este potencial xenético e achegarlle os mellores alimentos para obter un produto xenuíno con excelentes calidades organolépticas, que se resumen da seguinte forma:

En definitiva, trátase dun produto agroalimentario galego de exquisita calidade producido para satisfacer os padais máis esixentes e recomendado para a práctica dunha alimentación equilibrada, sa e natural.

Textura:

Cor:

Salubridade:

Sabor:

Aroma:

atopámonos cunha textura moi agradable, tenra, que non presenta resistencia á masticación e isto é debido á graxa infiltrada e a baixa porcentaxe de tecido conectivo, o que se traduce nunha xugosidade moi atractiva que caracteriza a estes produtos.

posúe unha tonalidade viva, moi suxestiva, con matices de frescura polo seu vermello vivo, esta pigmentación provén da miohemoglobina que, ademais, é a mellor fonte de ferro biodisponible e que provén da actividade muscular desenvolvida polo animal que continuamente se exercita nas súas correrías polo campo. Este ton resalta máis aínda ao aparecer vetas de graxa infiltrada, o que proporciona un aspecto moi apetecible.

hai dous puntos polos que destacar ao “PORCOCELTA” como un alimento san e seguro:

caracterízase por evocar os sabores de outrora, dos produtos tradicionais derivados do porco galego que tanta fama tiñan en toda España. É un sabor marcado, con personalidade propia e que dá pé á recreación e á reincidencia. A súa rica estrutura lipídica favorece a fixación de sabores e o achegue da Vitamina E na súa alimentación vexetal evita as oxidacións, proporcionando perdurabilidade á súa calidade.

Pola composición bioquímica da súa carne e, sobre todo, pola súa composición en acedos graxos volátiles, posúe un aroma peculiar que se percibe ao aproximarnos ao alimento e, sobre todo, na permanencia en boca cando emana as súas esencias que alagan as papilas gustativas e ascenden ás pituitarias.

Valor nutricional: os resultados que nos remiten desde os laboratorios tecnolóxicos da carne (Guijuelo, Castela e León e Zafra, Estremadura) sobre a composición de acedos graxos dos Porcos Celtas criados con este sistema de produción son moi similares aos da raza porcina de referencia mundial en canto a calidade e onde se demostra que esta composición de acedos graxos esenciais ten unha acción beneficiosa para diminuír o nivel de colesterol e reducir os riscos de sufrir enfermidades cardio-vasculares e hepáticas. Tamén é de destacar que o xamón de “PORCOCELTA” achega un baixo nivel de calorías, polo que se pode recomendar para dietas nutricionais, xa que conxunta achegue proteico, poucas calorías, acedos graxos esenciais, ferro e outras vitaminas e minerais esenciais para unha sa alimentación.

Seguridade alimentaria: estes animais por norma xeral nunca se medican, ao estar criados en liberdade e pola propia idiosincrasia da raza que resulta moi resistente ás enfermidades, e, en caso de que fose necesario, no Regulamento de Uso recóllese a obrigatoriedade de duplicar o período de supresión indicado polo laboratorio en cuestión.

Page 10: Asoporcel | Xan 2008

entrevista

10

asoporcel | nº 2 | xan-feb 2008

JESÚS GONZÁLEZCRIAR PORCO CELTA NOS ANCARES

Arredor de hora e media de viaxe leva percorrer a distancia que separa a cidade de Lugo, sede de ASOPORCEL, do lugar onde se atopa un dos gandeiros que máis aposta pola Raza Porcina Celta. No lugar de Noudelo, parroquia de Donís, concello de Cervantes está ubicada a explotación de Xesús González e da súa dona Esperanza González. Os exemplares de porco celta dos González campan libremente ao longo de diversas praderías, en total unhas 3 hectáreas. O terreo é escabroso, dunha forte pendente que conduce a un val ao que non nos chega a vista. De fondo as impoñentes montañas que compoñen os Ancares lucenses e leoneses. O vento é frío, cortante; sen embargo, os animais non parecen notalo, semellan a gusto ao aire libre. Arredor dun café e da cociña de leña Esperanza e Xesús cóntannos as súas inquedanzas arredor da súa aposta firme pola Raza Porcina Celta.

Page 11: Asoporcel | Xan 2008

entrevista

11

Viaxamos ata unha zona agreste, de difícil acceso. Imaxinamos que non é fácil o traballo diario... Cales son as dificultades que xorden á hora de ser gandeiro nesta zona?

Por exemplo...

Xa que falades do tema da recuperación da Raza, qué pensades do papel que ASOPORCEL desenvolve en prol do Porco Celta?

Cando incorporastes o Porco Celta á vosa explotación?

Logo de todo o falado, que pensades dun futuro a curto prazo? Seguiredes traballando por esta nosa Raza Porcina Celta?

Como foi a evolución do porco na explotación? Logo, un futuro difícil?

A aposta é logo clara por riba doutras razas porcinas. Por que entón o Porco Celta, ademais de por ser un todo terreo?

Falando de alimentación, este é un tema importante para ASOPORCEL, sobre todo no que se refire ao Porco de Ceba. Cal é o programa alimentario que seguides neste senso?

Cal é o fin de criar Porco Celta?

Levamos toda a vida nesta zona. Aquí nacimos, os nosos pais e avós xa traballaban estas terras, podemos dicir que estamos afeitos. De feito, por exemplo, agora neva moito menos que antes co cal non é tal alto o risco de quedarnos aillados. En canto aos porcos son animais “todo terreo”. Contra o que moita xente cree, aguantan mellor o frío que a calor. Coido que é a única raza de porcos que aguanta en clima extremo; a primeira porca que tivemos escapóusenos e estivo perdida durante 11 días, pero sobreviviu e era en pleno mes de agosto. Outro exemplo: nun val de castiñeiros cunha pendente moi pronunciada móvense sen problemas, corren, soben, baixan... Pero tamén hai outro tipo de dificultades que non teñen que ver co animal en si.

Podemos facer unha crítica das limitacións que impón a Administración, por exemplo, cando marca o número de machos e traen entre 12 e 14 porcos de cada vez. A comercialización femias que se poden ter. Nós queremos traballar pero tamén facémola a través da Asociación. Polo de agora vendemos só a prosperar, e este tipo de limitacións non nolo permite. elaboradores da provincia de Lugo. Pero cremos que sería bo Poderiamos ter dúas ou tres femias máis nas 3 hectáreas de finca fomentar o coñecemento, os intercambios e as vendas con outros que posuímos, pero a lei non nos deixa. Outras dificultades que puntos de Galicia. E o outro fin é recuperar unha raza que era a nos afectan son a subida cereais; o transporte: levalos ata propia de Galicia, que estivo a piques de perderse e que volve a Ribadeo ao matadoiro sáenos cada viaxe en 200 €. Ou fan falla renacer, co cal temos que apostar por ela.axudas, por exemplo para pechar a finca: os peches para as vacas non son os mesmos que para os porcos. Importante é que dende a Administración se poidan paliar con axudas aspectos como a En ASOPORCEL somos socios dende hai 3 anos. A través deles, subida do prezo dos cereais, en xeral, moderar os gastos. solucionamos case todo por teléfono; sempre son moi

considerados, explican as cousas de modo sinxelo e efectivo. A O primeiro cocho conseguímolo en Triacastrela hai tres anos, pero través das cartas e o teléfono resolvemos dúbidas e problemas, xa antes tivemos vacas (aínda temos algunhas de Rubia Galega, unha que pola zona na que vivimos é moi importante evitar os raza que tamén aguanta este clima e o terreo), pitas,... Agora desprazamentos a Lugo se se pode. Sabemos que a asociación, temos 4 nais de porco celta. Comezamos con pitas pero co tema coma quen di, tamén está empezando. Por iso é necesario que se sanitario botóusenos todo abaixo, e iso que os polos e os ovos lle siga axudando para que non desaparezan.nolos quitaban das mans. Vimos que as vacas e sobre todo os porcos eran máis rendibles e foi cando apostamos primeiro pola Rubia Galega e despois polo Porco Celta. No ano 80 daban 50.000 Traballar claro que seguiremos traballando polo Porco Celta. Pero pesetas por unha vaca de primeiro parto, agora dan apenas hai un tema que últimamente nos está dando moitos quebradizos 22.000 pesetas. Soe dicirse por aquí que “dá máis unha porca de cabeza. Trátase dun proxecto para converter esta zona en reprodutora que 5 vacas”. Eu son moi partidario das razas Parque Natural dos Ancares. Se vai adiante o que nos prantexaron autóctonas galegas, gustaríame por exemplo ter tamén algún dende Medio Ambiente, o pobo no que estamos quedaría dentro cabalo de pura raza galega, ou cans de palleiro... del. Sen embargo, o Parque perxudicaría a gandeiros e pequenos

agricultores, non respectaría as nosas necesidades. Pois antes de decidírmonos pola cría do Porco Celta alá polo 2004, tiñamos o cocho convencional, 4 ou 5 exemplares para uso Son un gandeiro de 53 anos, pero se se dificultan as cousas, se non doméstico. Logo co Porco fomos consolidando unha pequena se manteñen as axudas, se soben moito os prezos non vai haber explotación composta por catro femias e un macho con camadas relevo, os pobos de agricultores e gandeiros pecharán. Creo que que van dos 10 aos 14 fillos de media. noso futuro pasa por loitar polo asociacionismo entre os gandeiros

da zona, é unha idea que eu sempre defendín. Imos xa para vellos pero mentres se teñan forzas hai que seguir loitando; fai falta de

Cando probas calquera produto elaborado a partir desta raza xeito urxente que a xente nova se implique. Seguiremos dáste conta en seguida que posúe unha carne moito mellor que o traballando sen caer no pesimismo pero necesitamos a axuda da resto de razas de porcos. Ademais, o Porco Celta aproveita moito Asociación e da Administración para superar os problemas dos que o pasto, os restos de horta, come de todo. Como xa dixemos falamos.antes, adáptase moi ben a todo tipo de climas e terreos, incluso corre, é moi resistente. Os nosos porcos están máis fora da corte que dentro.

Os animais que destinamos á ceba alimentámolos ao principio con millo e cebada. Os últimos meses completamos esta alimentación con produtos coma a castaña, cando é época, e produtos da horta, sobre todo remolacha. Os dous ou tres últimos meses dámoslle a mestura específica de ceba final que aconsella a Asociación.

Ata agosto deste ano 2007, só o criabamos para uso persoal pero neste mes de agosto comercializamos a primeira camada. Dunha porca reprodutora subvenciónanse dous partos que no noso caso

Page 12: Asoporcel | Xan 2008

ASOPORCEL

Tras un ano no que a Finca de Santalla permaneceu pechada o que permitíu o rexeneramento da súa vexetación e a recuperación das súas condicións últimas, vólvese a abrir para o uso co que naceu: o estudio constante da Raza Porcina Celta co obxectivo de acadar a súa mellora xenética, a súa óptima rendibilidade e a súa consolidación no mapa das razas autóctonas galegas e do mercado dos produtos derivados do porco, demandados cada día máis pola sociedade actual.

A Finca de Santalla no concello de Triacastela, exténdese ao longo de 4 hectáreas delimitadas por unha cerca que impide a saída dos exemplares de porco celta así como a entrada de intrusos ou outro tipo de animais salvaxes. Sobre o terreo exténdese un bosque de carballos e castiñeiros que propician unha alimentación complementaria de tempada aos animais. A súa dieta habitual, ademais da alimentación natural complétase coa axuda de mesturas de cereais que se lles facilita a diario a través dunha tolva.

Actualmente, a finca de ASOPORCEL conta cuns cantos exemplares de Porco Celta, que están en fase de estudo e investigación. En concreto, estánse a facer estudios de rendemento e probas de crecemento, en porcos de entre 5 e 7 meses, en colaboración coa Universidade.