Vigo e Pontevedra | xaneiro - xuño 2020...Vigo | 16 XAN. | 20.30 h Pontevedra | 17 XAN. | 20.30 h 1...

12
Tempada abonos TEATRO Vigo e Pontevedra | xaneiro - xuño 2020

Transcript of Vigo e Pontevedra | xaneiro - xuño 2020...Vigo | 16 XAN. | 20.30 h Pontevedra | 17 XAN. | 20.30 h 1...

Page 1: Vigo e Pontevedra | xaneiro - xuño 2020...Vigo | 16 XAN. | 20.30 h Pontevedra | 17 XAN. | 20.30 h 1 h 30 min | Galego e castelán A nova obra de Chévere integra unha sorprendente

Tempada abonos TEATROVigo e Pontevedra | xaneiro - xuño 2020

Page 2: Vigo e Pontevedra | xaneiro - xuño 2020...Vigo | 16 XAN. | 20.30 h Pontevedra | 17 XAN. | 20.30 h 1 h 30 min | Galego e castelán A nova obra de Chévere integra unha sorprendente

Curva Españade Chévere

DIRECCIÓNXron

ELENCOPatricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Lucía Estévez e Leticia T. Blanco

PRODUCIÓNChévere en coprodución con Teatros del Canal, MIT Ribadavia e Concello de Teo

Curva España vai dun crime aparente-mente sen resolver, unha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes. A peza xoga co formato documental, com-binando teatro e cinema en directo. Fun-ciona coma unha alegoría da construción do estado-nación español, coma se fose a promesa dun tren que nunca chegou.

Chévere é unha compañía comprometida e anovadora, Premio Nacional de Teatro 2014. Converteuse nun dos grupos tea-trais máis populares e queridos de Galicia, sorprendendo o público co seu peculiar sentido do humor e cunha estética e un estilo propios moi recoñecibles.

Vigo | 16 XAN. | 20.30 hPontevedra | 17 XAN. | 20.30 h1 h 30 min | Galego e castelán

A nova obra de Chévere integra unha sorprendente narrativa cinematográfica que funciona coma un thri-ller documental construído en directo.

Page 3: Vigo e Pontevedra | xaneiro - xuño 2020...Vigo | 16 XAN. | 20.30 h Pontevedra | 17 XAN. | 20.30 h 1 h 30 min | Galego e castelán A nova obra de Chévere integra unha sorprendente

Esperando a Godotde Samuel Beckett

DIRECCIÓNAntonio Simón

ESCENOGRAFÍAPaco Azorín

ELENCOPepe Viyuela, Antonio Garrido, Alberto Jiménez, Jesús Lavi e Fernando Albizu

PRODUCIÓNPentación

Vigo | 7 FEB. | 20.00 h Pontevedra | 9 FEB. | 19.30 h1 h 50 min | Castelán

Unha estraña parella de dous amigos, case irmáns, que mentres están a esperar, falan, discuten, xogan, desafíanse, reconcílianse, ámanse, repélense. Chega outra estraña parella, aínda máis estraña, e o xogo diversi-fícase. Godot non chega, mais chega o seu emisario.

Mancheas de humanidade en personaxes desamparados, errantes, desacoplados, que nos lembran que o ser humano, aínda en situacións moi difíciles, é quen de se er-guer ou, canto menos, como fai Estragón no final da obra, de volver poñer os pan-talóns, que a falta de cinto se atan cunha corda.

Un clásico do teatro do absurdo de Samuel Beckett, que representa o fastío e a falta de significado da exis-tencia humana.

Page 4: Vigo e Pontevedra | xaneiro - xuño 2020...Vigo | 16 XAN. | 20.30 h Pontevedra | 17 XAN. | 20.30 h 1 h 30 min | Galego e castelán A nova obra de Chévere integra unha sorprendente

La golondrinade Guillem Clua

DIRECCIÓNJosep Maria Mestres

ESCENOGRAFÍAAlessio Meloni

ELENCOCarmen Maura e Dafnis Balduz

PRODUCIÓNLazona

Vigo | 20 FEB. | 20.30 h Pontevedra | 21 FEB. | 20.30 h1 h 30 min | Castelán

A señora Amelia, unha severa profesora de canto, recibe na súa casa a Ramón, un home novo que desexa mellorar a súa técnica vocal para cantar no memorial da súa nai, acabada de falecer hai pou-co. A canción elixida, La golondrina, ten un significado especial para el e, ao pa-recer, tamén para Amelia, quen a pesar das súas reticencias iniciais accede a lle dar unha primeira clase. A medida que a tarde avanza, os dous personaxes van de-bullando detalles do seu pasado, profun-damente marcado por un atentado terro-rista de signo islamita, que sufriu a cidade o ano anterior...

Carmen Maura sobe ás táboas do Teatro Afundación cunha obra sobre o poder sandador do amor.

Page 5: Vigo e Pontevedra | xaneiro - xuño 2020...Vigo | 16 XAN. | 20.30 h Pontevedra | 17 XAN. | 20.30 h 1 h 30 min | Galego e castelán A nova obra de Chévere integra unha sorprendente

El coronel no tiene quien le escribaGabriel García Márquez

DIRECCIÓNCarlos Saura

VERSIÓNNatalio Grueso

ELENCOImanol Arias, Cristina de Inza, Jorge Ba-santa, Fran Calvo e Marta Molina

ESCENOGRAFÍACarlos Saura

Vigo | 5 MAR. | 20.30 h Pontevedra | 6 MAR. | 20.30 h1 h 30 min | Castelán

O vello coronel, xunta a súa muller, vive na miseria, agardando pola carta do go-berno que lle comunique a concesión da pensión prometida polos seus servizos durante a guerra. Mais esa carta nunca chega, e mentres, a vella parella malvive na pobreza, alimentando un galo de pele-xa que é a súa única esperanza de super-vivencia. A medida que avanza o tempo e a carta segue sen chegar, deberán en-frontarse a un dilema: alimentar o galo ou alimentárense eles. A cobiza do pobo, a usura dos supostos amigos, a fatalidade e estupidez da guerra, mestúranse coa soi-dade do vello coronel vencido pola vida, mais ao que aínda lle quedan dous tesou-ros: o amor e a dignidade.

Imanol Arias e Cristina de Inza encabezan o elenco. Unha historia de amor e esperanza nun mundo misera-ble.

Page 6: Vigo e Pontevedra | xaneiro - xuño 2020...Vigo | 16 XAN. | 20.30 h Pontevedra | 17 XAN. | 20.30 h 1 h 30 min | Galego e castelán A nova obra de Chévere integra unha sorprendente

As virxes salvaxesde Eduardo Alonso

DIRECCIÓNEduardo Alonso

TEXTOEduardo Alonso

ELENCOLuma Gómez, Rosa Álvarez, Elina Luan-ces, Miguel Pernas, Imma António, Ana Santos, Manuela Varela e Fernando González

PRODUCIÓNTeatro do Noroeste

Vigo | 26 MAR. | 20.30 h 1 h 30 min | Galego

As virxes salvaxes é unha comedia sobre a absurda pero necesaria situación de re-cluír os nosos maiores en institucións que os atendan e coiden.

Non sempre foi así. Nas culturas rurais, os maiores tiveron sempre unha función, unha ocupación que daba sentido ás súas vidas até o final. Mais chegaron as présas e os apuros da cultura urbana, e nela os maiores xa non teñen cabida... E algúns deles vanse revelar, ao menos nesta di-vertida e irónica comedia.

Unha aloucada comedia xeriátrica, a máis dispara-tada da tempada teatral, que busca facer crítica da pechada realidade.

Page 7: Vigo e Pontevedra | xaneiro - xuño 2020...Vigo | 16 XAN. | 20.30 h Pontevedra | 17 XAN. | 20.30 h 1 h 30 min | Galego e castelán A nova obra de Chévere integra unha sorprendente

Un marido idealde Oscar Wilde

DIRECCIÓN E ESCENOGRAFÍAJuan Carlos Pérez de la Fuente

VERSIÓNEduardo Galán

ELENCOJuanjo Artero, Candela Serrat, Ania Her-nández, María Besant e Dani Muriel

PRODUCIÓNSecuencia 3

Vigo | 1 ABR. | 20.30 h Pontevedra | 2 ABR. | 20.30 h1 h 20 min | Castelán

O ministro de asuntos exteriores —sir Robert Chiltern— é un marido ideal para a súa muller, lady Chiltern, un político brillante e un perfecto cabaleiro. Ante o resto da sociedade amósanse coma un matrimonio harmonioso. Esta harmonía vese ameazada cando irrompe en escena a malévola sedutora Mrs. Cheveley, que chantaxea a Robert, ameazándoo con revelar un escuro secreto do seu pasado que lle permitiu forxar a súa admirable carreira política, a súa fortuna e o seu ma-trimonio. A corrupción no primeiro plano. Acurralado, pídelle consello ao seu amigo de toda a vida, lord Arthur Goring...

Crítica divertida e irónica da sociedade contemporánea. Oscar Wilde e a arte da provocación.

Page 8: Vigo e Pontevedra | xaneiro - xuño 2020...Vigo | 16 XAN. | 20.30 h Pontevedra | 17 XAN. | 20.30 h 1 h 30 min | Galego e castelán A nova obra de Chévere integra unha sorprendente

Señor Ruiseñorde JOGLARS

DIRECCIÓNRamon Fontserè

ESCENOGRAFÍAAnna Tusell

ELENCORamon Fontserè, Pilar Sáenz, Dolors Tuneu, Xevi Vilà, Juan Pablo Mazorra e Rubén Romero

PRODUCIÓNEls Joglars

Santiago Rusiñol pinta a obra A morfina no seu estudio-museo despois de ser adicto a esta droga. O efecto estupefaciente pro-voca que o lugar sexa destruído, e os con-flitos comezan a aflorar con forza e humor. Rusiñol defende un estilo de vida deter-minado fronte á barbarie, mais… estamos perante o propio artista? ou é un guía das visitas teatralizadas do museo á espera da xubilación, que acabou crendo o seu per-sonaxe? Unha metáfora da realidade actual fronte á sociedade do pasado.

Vigo | 6 MAI. | 20.30 hPontevedra | 8 MAI. | 20.30 h1 h 30 min | Castelán

Els Joglars ofrece un espectáculo cunha serie de alu-cinacións que serven para construír unha mordaz crí-tica sobre Cataluña.

Page 9: Vigo e Pontevedra | xaneiro - xuño 2020...Vigo | 16 XAN. | 20.30 h Pontevedra | 17 XAN. | 20.30 h 1 h 30 min | Galego e castelán A nova obra de Chévere integra unha sorprendente

Sé infiel y no mires con quiende John Chapman e Ray Cooney

VERSIÓN E DIRECCIÓNJosema Yuste

ESCENOGRAFÍAJavier Ruiz de Alegría

ELENCOTeté Delgado, Josema Yuste, Santiago Urrialde, Esther del Prado, Maribel Lara, Vicente Renovell, Celine Tyll, Kiko Ortega e Claudia Azcona

DISTRIBUCIÓNPentación

Vigo | 10 XUÑ. | 20.30 h Pontevedra | 11 XUÑ. | 20.30 h1 h 40 min | Castelán

Luís é propietario dunha editorial de libros para a infancia en horas baixas. O seu so-cio e amigo Álvaro, con quen comparte oficina, pídelle que lle preste o seu apar-tamento pola noite para «entreter» a súa última conquista. Mais ao mesmo tempo Rocío, a muller de Álvaro, tamén lle solici-ta a Bea, a muller de Luís, o apartamento para esa mesma noite. Vaia lea de saias e pantalóns! Pero é que ademais, ninguén sabe que Óscar, o deseñador de interio-res que estivo decorando o elegante piso durante os últimos 3 meses e a súa aman-te, a empregada do fogar, decidiron que tamén esa mesma noite probarían a nova cama.

Logo de dez tempadas en cartel, chega esta divertida comedia cun éxito que reside en converter a risa na te-rapia que necesitamos para ver a vida doutro xeito.

Page 10: Vigo e Pontevedra | xaneiro - xuño 2020...Vigo | 16 XAN. | 20.30 h Pontevedra | 17 XAN. | 20.30 h 1 h 30 min | Galego e castelán A nova obra de Chévere integra unha sorprendente

INFORMACIÓN DA TEMPADA DE ABONO VIGO - PONTEVEDRA

Venda da tempada completa ou da 1ª parte, do 24 de decembro ao 12 de xaneiro de 2020. Días 20 e 21 de decembro para persoas abonadas á tempada anterior que desexen conservar a súa butaca. Día 23 de decembro, se desexan cambiar a butaca. Venda simultánea do abono e das entradas soltas, 16 de xaneiro e 7 de febreiro en Vigo, e 17 de xaneiro e 9 de febreiro en Pontevedra.

Venda da 2ª parte da tempada, do 10 de marzo ao 22 de marzo. As persoas abonadas á 1ª parte, días 6 e 7 de marzo, e se desexan cambiar de butaca, só o 9 de marzo. Venda simultánea do abono e das entradas soltas, 26 de marzo e 1 de abril en Vigo, e 2 de abril en Pontevedra.

OBRAS

1ª PARTECurva España Vigo 16 XAN. 20.30 h | Pontevedra 17 XAN. 20.30 hEsperando a Godot Vigo 7 FEB. 20.30 h | Pontevedra 9 FEB. 19.30 hLa golondrina Vigo 20 FEB. 20.30 h | Pontevedra 21 FEB. 20.30 hEl coronel no tiene quien le escriba Vigo 5 MAR. 20.30 h | Pontevedra 6 MAR. 20.30 h

2ª PARTEAs virxes salvaxes Vigo 26 MAR. 20.30 h *Un marido ideal Vigo 1 ABR. 20.30 h | Pontevedra 2 ABR. 20.30 hSr. Ruiseñor Vigo 6 MAI. 20.30 h | Pontevedra 8 MAI. 20.30 hSé infiel y no mires con quién Vigo 10 XUÑ. 20.30 h | Pontevedra 11 XUÑ. 20.30 h*obra exclusiva Tempada de Vigo

PREZOS VIGO

BUTACA ANF. 1 ANF. 2 ANF. 3

1ª PARTE 71,2 € 64 € 57,6 € 48 €

2ª PARTE 72,8 € 66,4 € 60 € 49,6 €

COMPLETA 144 € 130,4 € 117,6 € 97,6 €

PREZOS PONTEVEDRA

ZONA A ZONA B

1ª PARTE 71,2 € 59,2 €

2ª PARTE 58,4 € 48,8 €

COMPLETA 129,6 € 108 € 126,40 € 104 €

Entradas á venda en ataquilla.com e abonos no 902 504 500Todos os abonos teñen un 20 % de desconto con respecto ao prezo do billete.** Gastos de xestión á parte

Outras bonificacións e descontos xerais:

• Persoas mozas: carné xove• Maiores de 65: carné de xubilación• Persoas desempregadas: carné correspondente

Aplicarase un desconto adicional do 10 % con respecto ao prezo do abono.

Axúdanos a conservar o medio ambiente, gardando este folleto ata a fin da tempada. A programación pode sufrircambios e as duracións das obras son aproximadas.

Page 11: Vigo e Pontevedra | xaneiro - xuño 2020...Vigo | 16 XAN. | 20.30 h Pontevedra | 17 XAN. | 20.30 h 1 h 30 min | Galego e castelán A nova obra de Chévere integra unha sorprendente
Page 12: Vigo e Pontevedra | xaneiro - xuño 2020...Vigo | 16 XAN. | 20.30 h Pontevedra | 17 XAN. | 20.30 h 1 h 30 min | Galego e castelán A nova obra de Chévere integra unha sorprendente

O p

ape

l de

ste f

olle

to é

10

0 %

re

cic

lad

o e

fo

i pro

du

cid

o b

aixo

un

ha

xest

ión

fo

rest

al r

esp

on

sab

le.

De

sito

leg

al:

C 2

28

6-2

019

Teatro Afundación VigoPolicarpo Sanz, 13986 120 078

Sede Afundación PontevedraAugusto González Besada, 2986 100 404

Afundación @Afundacion_orgafundacion.org