Xan leira, "Obradoiro de comunicación audiovisual"

6
XAN LEIRA -2012

description

Xan leira, Obradoiro de comunicación audiovisual, 2012

Transcript of Xan leira, "Obradoiro de comunicación audiovisual"

Page 1: Xan leira, "Obradoiro de comunicación audiovisual"

X A N L E I R A - 2 0 1 2

Page 2: Xan leira, "Obradoiro de comunicación audiovisual"
Page 3: Xan leira, "Obradoiro de comunicación audiovisual"
Page 4: Xan leira, "Obradoiro de comunicación audiovisual"
Page 5: Xan leira, "Obradoiro de comunicación audiovisual"
Page 6: Xan leira, "Obradoiro de comunicación audiovisual"

Obradoiro de Comunicación Audiovisual

Xan Leira - 2012

O ARGUMENTO

É a etapa do traballo onde comezamos o desenvolvemento da nosa historia. Este

escrito ten que reunir as seguintes informacións:

A TEMPORALIDADE permite fixar a época e o paso do tempo da nosa historia.

Tamén, se o emprego do tempo é continuo ou discontinuo.

A LOCALIZACIÓN permite ubicar en que lugar ou lugares transcurre a acción.

O DESENVOLVEMENTO da acción é o conxunto de acontecementos relacionados

entre sí por conflitos que van sendo solucionados a través da propia historia até o

desenlace final. Completando deste xeito a a cción dramática.

O PERFIL DA PERSONAXE OU PROTAGONISTA é o elemento base do núcleo

dramático principal, xa que é o responsable de levar adiante os “valores” e

“obxectivos” da nosa historia. O protagonista pode ser unha persoa, un grupo de

persoas ou obxectos nos que sumemos con condicións de acción e expresión.

O argumento permitirá, tamén, visualizar a VIABILIDADE da nosa produción, xa que

coñeceremos a dimensión da nosa obra, aspectos de produción, artistas, mercados,

autores, etc. Todos estes elementos permitirán aproximarnos a un custo da nosa

futura película.

A ACCIÓN DRAMÁTICA

A ACCIÓN é o electo diferencial da linguaxe cinematografíca, xa que a partir dela

describimos e desenvolvemos a nosa historia.

A escritura da acción dramática debe contemplar estes elementos:

– A Transición (da historia e dos personaxes),

– o Motivo (que fundamente un comportamentoo),

– a Intención (é o que permite que a historia avance a vaia cara adiante),

– o Obxectivo (é o éxito acadado da nosa intención),

– a Alteración (algo sucede para que entremos en acción),

– a Loita (é o que sucede durante a Alteración, xa que sempre queremos voltar a

unha situación anterior á Alteración) e

– o Axuste (a Alteración deixa de existir e lógrase o Obxectivo).