25 de Novembro 2012 Unidades Didácticas Educación Secundaria · Xan e María saen desde fai un...

5
25 de Novembro 2012 Unidades Didácticas Educación Secundaria

Transcript of 25 de Novembro 2012 Unidades Didácticas Educación Secundaria · Xan e María saen desde fai un...

Page 1: 25 de Novembro 2012 Unidades Didácticas Educación Secundaria · Xan e María saen desde fai un mes. Van á casa dunha amiga común escoitar música. Xan sae do cuarto onde se atopan

25 de Novembro 2012Unidades DidácticasEducación Secundaria

Page 2: 25 de Novembro 2012 Unidades Didácticas Educación Secundaria · Xan e María saen desde fai un mes. Van á casa dunha amiga común escoitar música. Xan sae do cuarto onde se atopan

25 de novembro - Día Internacional Da Eliminación da Violencia Contra A Muller

ACTIVIDADES SECUNDARIA 2011

2

VIOLENCIA DE XÉNERO, NON! 25 de novembro

3

ACTIVIDADE 1

SOMOS ACTRICES. SOMOS ACTORES, ACTUAMOS

OBXECTIVO

1.- Aprender a manexar as emocións.

2.- Desenmascarar de forma práctica os mecanismos do machismo patriarcal impresos de maneira inconsciente.

3.- Conseguir resolver os conflitos de maneira positiva.

ACTIVIDADE 1

Preséntase á clase diferentes situacións que teñan que ver coa vida cotiá dos alumnos e alumnas. Por exemplo,

Situación a:

Xan e María saen desde fai un mes. Van á casa dunha amiga común escoitar música. Xan sae do cuarto onde se atopan e María vai buscar o seu su móbil para chamar a súa nai.

María non atopa o móbil por ningunha parte. Cando volve Xan, pregúntalle e el dille que llo colleu. Ela pregunta por que o fixo e el di : “para nada”. Ela sospeita que quere controlala e empezan a discutir.

Situación b:

Sabela chama a súa mellor amiga e dille que necesita falar con ela. O seu mozo non a deixa falar con outros amigos da clase e atópase con outro, insúltaa e dille que non a quere.

Page 3: 25 de Novembro 2012 Unidades Didácticas Educación Secundaria · Xan e María saen desde fai un mes. Van á casa dunha amiga común escoitar música. Xan sae do cuarto onde se atopan

2

25 de novembro - Día Internacional Da Eliminación da Violencia Contra A Muller

ACTIVIDADES SECUNDARIA 2012

3 3

A súa amiga dille que el está celoso porque a quere moito, que é o normal, que se non lle importase ela, non o faría.

Situación c:

Lois e Pepe están no patio do instituto falando. Lois dille a Pepe que lle gusta unha moza pero que esta tivo moitos mozos e que por iso non está seguro de se lle convén achegarse a ela. Pepe dille que el tamén tivo moitas mozas pero Lois contéstalle que non é o mesmo.

Situación d:

A Sabela gústanlle dous mozos. Un é tenro e agradable, fálalle de música e literatura e trátaa amigablemente. O outro é o gamberro da clase, atractivo e rebelde, con fama de ligón.

Sabela consulta coas súas amigas e non sabe que facer. Unhas opinan que o primeiro é un pouco “marica” e que os mozos deben ser un poco “malos”; as menos, opinan que lle convén máis o primeiro.

1.- Unha vez presentadas as situacións, facer grupos mixtos. Cada grupo escolle unha situación. Se hai algún grupo ao que no lle guste ningunha situación, que expoña unha nova.

2.- En grupo, que se inventen os diálogos para cada situación.

3.- Unha vez inventados os diálogos, cada grupo imaxina a escenificación: decorados, entradas e saídas, personaxes, etc.

4.- Escóllese unha directora ou director de escena.

5.- Escenifícase a escena

6.- Despois de escenificar cada escena, coméntanse e extráense conclusións.

Page 4: 25 de Novembro 2012 Unidades Didácticas Educación Secundaria · Xan e María saen desde fai un mes. Van á casa dunha amiga común escoitar música. Xan sae do cuarto onde se atopan

25 de novembro - Día Internacional Da Eliminación da Violencia Contra A Muller

ACTIVIDADES SECUNDARIA 2011

4

VIOLENCIA DE XÉNERO, NON! 25 de novembro

5

ACTIVIDADE 2

Faránse grupos de 4 alumnos/as. Cada grupo ha de escoller un anuncio audiovisual de xoguetes, outro de bebidas, outro de coches, outro de materiais para o fogar, outro de c o l o n i a … I n t e n t a r e m o s que cada grupo elixa anuncios distintos para que haxa variedade nas análises que deles se realice.

De cada anuncio han de analizar e completar a seguinte táboa:

ANUNCIO

A quen vai dirixido?

Que mensaxe transmite?

Quen o protagoniza?

Que estereotipos se dan no anuncio?

Que roles de xénero se manteñen na mensaxe ?

Trala análise dos anuncios cada grupo elixirá un deles e gravarano entre eles intentando eliminar todos aqueles aspectos, que unha vez analizado, se observe que van en contra da igualdade entre homes e mulleres.

Page 5: 25 de Novembro 2012 Unidades Didácticas Educación Secundaria · Xan e María saen desde fai un mes. Van á casa dunha amiga común escoitar música. Xan sae do cuarto onde se atopan

4

25 de novembro - Día Internacional Da Eliminación da Violencia Contra A Muller

ACTIVIDADES SECUNDARIA 2012

5 5

1º sesión

Pídese ao alumnado que elabore un guión en grupos de tres ou catro para gravar un vídeo de denuncia e concienciación contra a violencia que se exerce cara as mulleres.

2º sesión

Preséntanse os guións e entre todas e todos elixen o máis idóneo e motivador.A partires deste guión gravarse un vídeo duns 8 minutos,para o que disporán dunhas dúas semanas.

3º sesión

Cando o vídeo estea acabado expónse na clase e ofrécese a todo o centro a posibilidade de velo nas súas horas de titoría

ACTIVIDADE 3