A relevancia social da lingua -...

8
A relevancia social da lingua A relevancia social da lingua Conversa con Carlos Alberto Faraco 05 1 Entrevista A. Faraco_Dónall Ó Riagáin 26/03/10 13:57 Página 68

Transcript of A relevancia social da lingua -...

A relevancia social da linguaA relevancia social da lingua

Conversa con Carlos Alberto Faraco

05 1 Entrevista A. Faraco_Dónall Ó Riagáin 26/03/10 13:57 Página 68

Carlos Faraco é unha figura de referen-

cia na lingüística brasileira actual. Pro-

fesor aposentado da Universidade

Federal do Paraná (Curitiba) da cal foi reitor.

Entre as súas obras cóntanse: Escrita e alfabetiza-

ção (1992), Uma introdução a Bakhtin (1988), Diá-

logos com Bakhtin (1996) e Estrangeirismos:

guerras em torno da língua (Parábola Editorial,

3.ed., 2004).

As súas dúas obras máis recentes, Norma culta

brasileira. Desatando alguns nós (2008) e Lin-

guagem & diálogo. As ideias linguísticas do cír-

culo de Bakhtin (2009) dan testemuña dos seus

intereses intelectuais, orientados cara á sociolin-

güística. É un activo participante nos vibrantes

debates sobre ensino e norma lingüística do seu

país, pois propugna a Relevância social da lin-

güística (2007), como reza o título dun dos volu-

mes en que colaborou.

Faraco viaxou a Galicia en decembro de 2009

para participar no congreso Ecolingua, organiza-

do polo Instituto Galego de Estudos Autonómicos e

Europeos. Realizamos a entrevista na sede da edi-

torial Galaxia, acompañados do lingüista portu-

gués Fernando Venâncio, que tamén interveu na

conversa.

H E N R I Q U E M O N T E A G U D O

F O T O G R A F Í A S P A C O V I L A B A R R O S

05 1 Entrevista A. Faraco_Dónall Ó Riagáin 26/03/10 13:57 Página 69

Podemos comezar comentandoa súa obra recentemente publi-cada, titulada Norma culta bra-sileira: desatando alguns nós.Pódenos facer un breve resumosobre a problemática da normano Brasil?No Brasil existen dous conflitosdesde o punto de vista da norma:o conflito da norma padrón codi-ficada coa norma culta real e des-pois está o conflito da normaculta escrita coa norma cultafalada. Estas cuestións ofrecen xaun panorama actual do proble-ma. É un problema que atinxeaos letrados, aos escolarizados,porque a escola tradicionalmentefai un esforzo para que se ensinea norma padrón que foi codifica-da polos gramáticos do séculoXIX e tendo como modelo escri-tores do Romantismo portugués.Iso dentro dun contexto quepode parecer paradoxal: que unpaís independente busque cons-truír a súa literatura, a súa cultu-ra e ao mesmo tempo acabetendo unha norma lingüísticaconservadora.

Mais se situamos esa historiaconservadora no contexto ideo-lóxico decimonónico, veremosque ten o seu sentido. A reduci-da elite brasileira do século XIXsoñaba cunha sociedade brancae europea, para iso era precisovirar as costas ao país real. Unhadas cousas que incomodou a esaelite foi xustamente a lingua,porque a lingua no Brasil eradiferente da lingua de Portugal.O propio romancista portuguésCamilo Castelo Branco escribiucontra os autores brasileirosdenunciando que cometíanmoitos erros de lingua porquenon coñecían ben o idioma.Como unha sociedade brancaeuropea non vai falar coma osbrancos europeos portugueses?Ese é o contexto ideolóxico ini-cial en que xorde o conflitoentre escritores e intelectuaisque defendían un abrasileira-mento da norma escrita paralelaá construción dunha literaturabrasileira.

Estas persoas, como José deAlencar e Gonçalves Dias, aca-baron sendo albo dunha polé-mica feroz, que incluso foipatrocinada e apoiada polo pro-pio emperador Pedro II, quentiña pretensións de ser un mece-nas e patrocinou o seu grupo deescritores. Por caso, houbo unhapolémica con José de Alencar,porque o emperador patrocinoua publicación dun poema épicosobre historia brasileira de Gon-çalo de Magalhães, e o José deAlencar escribiu baixo pseudó-nimo unha crítica acedísimacontra este poema, cousa que oemperador non perdoou. Nesecontexto ideolóxico se inaugu-rou o debate sobre a lingua doBrasil. A opción vitoriosa noséculo XIX foi unha opciónconservadora, de maneira queos gramáticos que definiron anorma padrón se orientaronpola escrita portuguesa: ese é unconflito que nos acompaña,non está resolto aínda.

En todo caso, esta era unhasituación que estaba máis oumenos estabilizada, cun padrónnormativo apegado ao portu-gués europeo, e unha linguacultivada moi afastada do falarurbano culto do Brasil. Por queestoupa ese conflito nas últi-mas décadas?O problema estivo sempre pre-sente, non coa forza con queapareceu nos últimos quince ouvinte anos, pero estivo presentesempre. Eu diría que inflúenvarios factores. As diferentesvoces brasileiras están ficandomáis audibles: o portuguéspopular do Brasil é moito maísaudible hoxe do que era haivinte ou trinta anos; esas varie-dades comezaron a ter moitamáis presenza nos medios decomunicación. Tal fenómeno éinseparable do amplo procesode democratización que se des-envolveu nas últimas decadas.Á saída da ditadura militar pro-duciuse unha puxanza dunrenovado movemento sindical e

moitas expresións dese move-mento sindical danse nas va -riedades lingüísticas populares.A maior presenza das variedadespopulares nos medios de comu-nicación, as políticas de integra-ción social que implicaron unextraordinario esforzo de escola-rización… eu imaxino que sonun conxunto de factores queprecipitaron a crise da normalingüística conservadora.

Existe un conflito moiagudo no ambiente escolar bra-sileiro, que é a dificultade que oprofesorado ten en relación aoensino das variedades presen -tadas como correctas, moi afas-tadas dos falares popularesestigmatizados. O profesoradonon sabe que actitude tomardiante dese conflito. Por unhabanda, tende a reproducir amaneira como tradicionalmentea sociedade tratou estas varieda-des, inferiorizándoas e conde-nándoas como erradas… Maiscomo normalmente o propioprofesorado de ensino básicoestá no límite da clase mediabaixa, e para el a fala correcta éun ben simbólico que nondomina (aínda que ambicionadominar) e ao mesmo tempo éinstrumento de depreciación dafala do seu alumnado… Daque-la, o profesor non sabe que tipode lingua ofrecer porque esa lin-gua padrón que se supón que eldebe ofrecer, é unha cousa quenin sequera el domina.

A arquitectura da lingüística doBrasil, descrita rapidamente,componse de catro modalidadeslingüísticas: un padrón nor -mativo fortemente idealizado,ríxido e moi conservador, unhavariedade culta falada das cla-ses altas e medias urbanas, opor tugués popular brasileiro e lo -go as variedades rurais. A po -larización lingüística no Brasilentre que variedades se dá?Entre o padrón normativo e oresto das falas, entre a falaculta urbana e o portuguéspopular brasileiro…?

05 1 Entrevista A. Faraco_Dónall Ó Riagáin 26/03/10 13:57 Página 70

televisión e da radiodifusión),podiamos falar dun proceso deuniformización lingüística doBrasil ou o Brasil continúasendo un país cunha diversida-de social e xeográfica moi mar-cada?Existe unha hipótese na actuali-dade que mantén que as dúasvariedades sociais, o portuguésbrasileiro culto e urbano e oportugués popular, están con-verxendo. O segundo vaiseurbanizando, vai adquirindocaracterísticas do portuguésculto, e ao mesmo tempo algun-has das súas características sevan incorporando ao brasileirourbano culto. Non se dá só unmovemento de abaixo a arriba,senón tamén de arriba paraabaixo… Por caso, o portuguésurbano brasileiro, ao menos norexistro informal, ten moitascaracterísticas do falar popular,por exemplo na falla de concor-dancia de número dentro dafrase nominal e entre o suxeito eo verbo.

Eu diría que hai unha con-verxencia e acredito na hipótesede que isto nos leva a unhahomoxeneización no sentido dediminuír cada vez máis a distan-cia ‘vertical’ entre as distintasvariedades sociais. Os mediosde comunicación do Brasilteñen unha forza moi grande,no sentido de atracción, de

Coido que é, en efecto, unhasituación sociolingüisticamentepolarizada. O verdadeiro saltoestá entre a variedade cultaurbana e as variedades do por-tugués popular. Porque a dispu-ta entre o padrón normativo(que na realidade ninguén obe-dece, ao menos na fala) e avariedade culta efectivamenteusada é unha disputa de letra-dos, que só afecta á poboaciónque fala portugués popularcando esta chega á escola. A dis-puta entre o estándar brasileiro(a variedade culta urbana) e oidioma padrón codificado inte-resa fundamentalmente á eliteletrada. Curiosamente, os inte-lectuais, de punta a punta,todos eles, abominan do brasi-leiro culto efectivamente usado,todos.

Ora, o gran corte dáse entreas variedades do portuguésculto urbano e as variedadespopulares. Claro, hai un abanomoi grande de variedades popu-lares e hoxe estamos tentandodescribir a realidade lingüísticado Brasil como un gradiente,que ten nun extremo as varieda-des rurais isoladas, que hoxe sonunha minoría da poboación, eas variedades do portuguéspopular que se van urbanizandoe teñen características diferentesa medida que se aproximanmáis á vida e á cultura urbana.Este portugués popular brasi -leiro xorde dun proceso deurbanización moi rápido e in -tenso. O trasfego de poboacióndo campo para a cidade pro -duciuse a un ritmo abraiante.O Bra sil en 1960 tiña practica-mente o 30 por cento da súapoboación na cidade e o 70 porcento no campo, mentres queno ano 2000 a poboación urba-na está cifrada xa nun 75 porcento fronte ao 25 por cento dapoboación rural.

En relación coa urbanización econ outro fenómeno do queantes falamos, a influencia dosmass media (sobre todo da

puxar para un determinadomodelo de lingua. Agora isonon homoxeneíza a diversidade‘horizontal’, rexional, todo ocontrario, a diversidade re -xional —ao menos esa é a miñaimpresión—, estase acentuan-do. Mesmo o portugués urbanobrasileiro é altamente diversifi-cado rexionalmente… boa partedas rexións están reforzando assúas diferenzas.

Eu diría que hai unha diná-mica en dúas direccións: osmedios de comunicación exer-cen certo influxo homoxeneiza-dor, puxando para o centro,mais ao mesmo tempo as perso-as senten que precisan afastarsetamén do centro…

E cal é ese centro? Porque ásveces hai a idea de que a normaque circula fundamentalmentenos media é a do Rio de Janeiro.Non, a carioca non é a normaque circula nos media. Desen-volveuse un proceso desde o ini-cio da institución da radiodifu-sión, cara aos anos trinta. Candoa radio comezou a estendersecomo medio de comunicaciónno Brasil, houbo un esforzo nosentido de decantar unha pro-nuncia pasteurizada (isto é, senmarcas rexionais) para a radiofo-nía, e ese movemento foi unéxito. Vostede conecta a radio encalquera lugar do Brasil e non

05 1 Entrevista A. Faraco_Dónall Ó Riagáin 26/03/10 13:57 Página 71

consegue saber en que zona dopaís está. Esa variedade pasteuri-zada da pronuncia transferiuse átelevisión, ata o punto de que,por exemplo, a Rede Globo, queé a maior rede de televisión dopaís, ten explicitamente espec -ificado que os seus xornalistasnon poden utilizar característi-cas rexionais, teñen que limpar asúa pronuncia, incluíndo ospropios cariocas. Esa lingua dosmedia ten máis características dapronuncia paulista, aínda quetampouco é exactamente a pro-nuncia paulista.

Vostede ten falado do papelracionalizador, tamén liberador,do lingüista, un papel que,paradoxalmente, adoito é malacollido polos leigos.Os lingüistas brasileiros vivíannunha especie de paraíso: de -mostraron que a norma padróné totalmente anacrónica e artifi-cial e en consecuencia empren-deron un estudo descritivo dalingua real ao mesmo tempoque se envolvían intensamentenos problemas do ensino da lin-gua, nunha tentativa de renova-ción. Concluíron que pararenovar este era preciso aban -donar a gramática tradicional,traballando noutra dirección.Vivimos ese proceso sen enten-der que se estaba levantandocontra nós unha marea negati-va, coincidente co rexurdimen-to dun pensamento conservadorno Brasil. De súpeto, a lin güís -tica brasileira viuse demonizadapolos medios de comunicaciónsocial e, por outro lado, mesmoos intelectuais din que os lin-güistas son irresponsables por-que apostan pola ignorancia, queestán contra a lingua culta, portanto contra a norma e contra oensino da norma e en definitivanon son persoas en que se poidaconfiar.

Pois ben, nada diso caracte-riza o lingüista. Eu sempre digoque nós somos os que esclarece-mos a cuestión da norma e, aocontrario do que se di, nós

urbanizado, que é o caso dosoperarios metalúrxicos espe-cializados de São Paulo. Nonfalan exactamente o portuguéspopular, coas característicasmáis marcadas, mais teñenalgunhas marcas dese portu-gués. Iso caracterizou moito aLula e foi sempre un elementode crítica en todos os procesoselectorais en que el participou.Os xornalistas sempre tocabanesa: non sabe falar portugués, épouco intelixente, un analfa-beto. O propio Lula, que éunha persoa fantástica desde opunto de vista da percepcióndas cousas, é consciente emudou a súa lingua, aprenden-do a modular a súa maneira defalar. Cando lle interesa volveao seu portugués tradicional, ecando usa o portugués culto,sempre fai un chiste, porexemplo, detense e fai notarque usou o verbo perfectamen-te conxugado….

Claro, os lingüistas estuda-ron con moito interese o fenó-meno lingüístico que estabarepresentado polo Lula (inclu-índo as súas manifestaciónsmetalingüísticas) e tentaronmostrar precisamente como elrepresentaba a propia historialingüística da sociedade brasilei-ra. Lula vén do Nordeste (enconcreto, de Pernambuco) paraSão Paulo, e en São Paulo fór-mase, adquire escolaridade,faise torneiro mecánico, faiselíder sindical… Por suposto queo portugués que el falaba enPernambuco non era o portu-gués que despois falou comosindicalista, e a medida quemedraba no seu liderado políti-co foise tamén adaptando a súaexpresión lingüística. Xa quelogo, é un exemplo extraordina-rio da historia sociolingüísticado Brasil.

Ao contrario, por sinal, ungrande intelectual e artistacomo Caetano Veloso di quenon, que el non concorda coslingüistas que dan todo por bo,que din que tanto ten, que todo

somos favorables ao ensino dalingua estándar e defendemos aconstrución dunha pedagoxíapara iso, porque a escola brasi-leira non ten esa pedagoxía, nonsabe responder con cualidadeaos nenos e nenas que recibe,non sabe letrar. Esa cuestiónacabou xerando unha polémicaentre os propios lingüistas.Algúns sosteñen: “Nós somoscientistas. Nós non temos queprestar atención ao sentidocomún nin trabar diálogo coaxente común sobre cuestións danosa especialidade. Soamentetemos que ocuparnos de elabo-rar o noso discurso científico”.

Outros pensamos que nonpodemos evitar posicionarnosante o conflito entre a racionali-dade científica e o senso común,e temos que aprender como saírdese conflito. Non se trata deentregármonos ao sentido co -mún e deixarmos de ser científi-cos, mais non podemos recusaraquilo que a ciencia pode repre-sentar de liberación para o serhumano. Esa polémica establé-cese no propio interior da lin-güística brasileira e eu coido quefoi interesante, porque, a partirdeses debates tivemos a oportu-nidade de refinar o noso discur-so e de suscitar cuestións queantes non estaban presentes.

En todo caso, coido que osintelectuais brasileiros aíndanon conseguiron resolver acuestión lingüística e que esta seagrava moito porque os brasilei-ros se empeñan en ignorar a súaexistencia…

No Brasil están moi arraizadosdeterminados preconceptos lin-güísticos, especialmente osrelacionados coa corrección.Esa cuestión foi un dos argu-mentos utilizados para atacar aLula por parte da prensa con-servadora. En sucesivas campa-ñas electorais, Lula foi acusadode inculto por non saber falarbo portugués.A fala do Lula é xustamente unportugués popular bastante

05 1 Entrevista A. Faraco_Dónall Ó Riagáin 26/03/10 13:57 Página 72

táneo auxe da explotaciónmineira en Minas Gerais. Moi-tos donos de escravos nordesti-nos acabaron vendendo os seusescravos para as Minas Gerais, ehoxe pénsase que ese desloca-mento está na base da relativauniformidade territorial do por-tugués popular brasileiro.

E esta nova tese, que no fondovén a reivindicar a importanciada contribución africana e indí-xena no proceso de formacióndo portugués do Brasil, nonresponde tamén a unha especiede relectura que se inseriría nomarco dunha reinterpretaciónmáis ampla da historia do país,na que o contributo cultural ede todo tipo dos segmentos depoboación ata agora marxina-

vale, que o Lula é un mito…Caetano Veloso recentementerespondeu nunha revista deampla difusión que nas elec-cións presidenciais de 2010 vaivotar a Marina da Silva (a can-didata ecoloxista, disidente doPT), porque polo menos elanon é analfabeta coma Lula. Isodeu azo a unha gran polémica.

Unha novidosa hipótese queestá gañando forza, apoiada enpesquisas magníficas, apunta aque en realidade o portuguéscolonial do Brasil non só reci-biu unha influencia moi fortedas linguas africanas, senónque o portugués popular brasi-leiro xurdiu dun proceso de(semi)crioulización, é dicir,dunha aprendizaxe moi irregu-lar do portugués por parte dosescravos africanos. Que opiniónlle merece?Coido que hoxe por hoxe é ahipótese mellor sustentada paraexplicar a xénese do portuguéspopular do Brasil. Existía unhahipótese que sostiña que todasas características do portuguésbrasileiro eran consecuenciadunha especie de aceleramentode tendencias que xa estaban naderiva do portugués europeo.Esta tese ten os seus defensoresaínda. Por outro lado, hai outratese que mantén que a base dobrasileiro popular sería unhalingua crioula de base portugue-sa. Mais carecemos de docu-mentación que acredite estaidea dunha lingua crioula debase portuguesa e non hai ma -neira, ao meu parecer, dedemostrala empiricamente.

Entón acabouse construíndounha teoría que coido que tenunha excelente sustentaciónteórica e unha boa sustentaciónempírica que mantén que todasas poboacións aloglotas —aspoboacións indíxenas brasileirasdun lado, mais principalmentea poboación escrava de orixeafricana composta de falantes delinguas diferentes—, chegabanao Brasil e aprendían o portu-

gués no campo, en condiciónsde extrema precariedade.Segundo esta tese, esa poboa-ción escrava realizou unhaaprendizaxe moi irregular dalingua portuguesa e transmitiuaos seus descendentes unhavariedade moi precaria do por-tugués.

Como reforzo, alégase aintensidade dos movementos depoboación pobre dunha área aoutra do Brasil… En efecto, esapoboación de orixe africana eindíxena, procedente de todaesa mestizaxe que aconteceu noBrasil, tivo os seus deslocamen-tos. O máis clásico foi princi-palmente do nordeste para ocentro do país, como conse-cuencia do declive da economíaazucreira nordestina e o simul-

05 1 Entrevista A. Faraco_Dónall Ó Riagáin 26/03/10 13:57 Página 73

e Brasil en relación cos paísesafricanos de lingua oficial por-tuguesa?O Acordo ortográfico foraaprobado politicamente en1990 polos ministros ou secre-tarios de Estado dos sete paísesatinxidos (Angola, Brasil, CaboVerde, Guiné-Bissau, Mozam-bique, Portugal e mais SanTomé e Príncipe; posterior-mente, sumouse tamén TimorLeste), pero quedou pendentedas respectivas ratificaciónsparlamentares, que se prevíaque culminarían en 1994. Nonobstante, o proceso de ratifica-ción atrancouse, e o Acordoestivo practicamente aparcadoata 2004. De repente o gober-no brasileiro comezou a reto-mar este asunto e botou mandunha disposición que estipula-ba que o Acordo entraría auto-maticamente en vigor unha vezque o tivesen ratificado tres paí-ses. Cabo Verde e Brasil xa otiñan ratificado, logo Brasil con-seguiu que o fixese San Tomé econ iso xa se puña en marcha asúa aplicación; posteriormente ofixo Guiné-Bissau.

Os portugueses sentiron queo Brasil estaba a exercer unhapresión ou unha atracción so-bre os países africanos, e foi candoPortugal retomou o seu propioproceso de ratificación. Coido queisto nunca foi explícito, mais nofondo estaba operando o xogo deintereses xeoestratéxicos do Brasil,a tentativa de atraer os países afri-canos…

Para min foi unha sorpresasaber que Brasil non mantiverapracticamente ningunha rela-ción coas (ex-)colonias portu-guesas de África. Logo unrepara en que, se eran coloniasportuguesas, non había espazopara que o Brasil se entremete-se aí, e entón historicamentepodemos dicir que non existeesa relación.

Despois da independencia doBrasil, diminuíu moito, practica-mente se reduciu a cero, a súa

irrelevante, porque as dúas escri-tas son mutuamente accesibles.O caso é que no Brasil se pensaque os portugueses transforma-ron a diferenza ortográficanunha cuestión política mesmo.Os libros de autor brasileiro paracircularen en Portugal teñen queser adaptados á ortografía portu-guesa, mentres que no Brasil noné así, nós publicamos os autoresportugueses e africanos na súaortografía sen ningún empeitizo.Por exemplo a edición do dicio-nario Houaiss, que é a obra bra-sileira máis significativa que sepuxo a circular en Portugal, tivoque pasar por un proceso carísi-mo de adaptación á ortografíaportuguesa.

Eu diría que non había nece-sidade de uniformizar as dúasortografías. En todo caso, unhamaneira de resolver ese proble-ma político-económico, seríatirarmos nós todas as nosas dife-renzas en relación ao portuguése ver que é o que fan os portu-gueses. Así, nós retirariamos adiérese e unha serie de acentoscircunflexos, en fin, unhas pou-cas diferenzas, e a única caracte-rística que non cambiariamosserían as consoantes mudas enpalabras como elétrico, ótimo…En realidade, con iso sería deabondo.E no fondo non hai un problemade concorrencia entre Portugal

dos (indíxenas, afrobrasileiros)vén a ser revalorizada? En defi-nitiva, non apunta a un procesode creación dunha nova identi-dade colectiva brasileira? Eu diría que si, porque tradicio-nalmente o Brasil recusou assúas características demográficasou etnolóxicas. No século XIX aelite dicía que nós eramos unhasociedade branca e europea, quea mestizaxe racial era un factorde enfraquecemento biolóxico epor tanto a sociedade brasileiratería un futuro de decadencia,caso de non pasar por un proce-so de branqueamento. Só pro-gresivamente algúns pensadoresvan mostrando que é xustamen-te o contrario, que en vez deconstituír un elemento deenfraquecemento, a mestizaxeconstituía un factor de arre-quentamento, é dicir, que oBrasil prometía ser unha socie-dade forte, non decadente. Eserecoñecemento do seu caráctermestizo e principalmente dacontribución cultural e lingüís-tica das poboacións africanaspara o que é o Brasil, foi un pro-ceso longo, que se veu desenvol-vendo durante o século XX.Hoxe, efectivamente, existeunha tendencia moi forte nomeu país a ler esa historia conoutros ollos, a reivindicar conorgullo que o Brasil é o maiorpaís africano fóra de África…

Que opina do acordo ortográfi-co, das distintas posicións quese aprecian ou que se forondefinindo e evoluíndo dianteda cuestión do acordo ortográ-fico entre Portugal e Brasil?Eu diría que o acordo ortográfi-co foi patrocinado por AntonioHouaiss. El sostiña que o portu-gués é unha das grandes linguaschamadas de cultura, isto é,unha daquelas linguas que teñenun gran número de falantes maistamén teñen unha literaturaexpresiva, e consideraba unabsurdo o feito de existiren dúasortografías. Eu, persoalmente,penso que era absolutamente

05 1 Entrevista A. Faraco_Dónall Ó Riagáin 26/03/10 13:57 Página 74

xa. Esa aproximación tardía caraa África tivo o seu prezo, porqueos movementos de liberación deAngola e mais de Mozambiquegardaban un resentimento moigrande polo feito de Brasil nonos ter apoiado.

Para rematar, gustaríalle diciralgo en relación ao (re)coñe -cemento do idioma galego noBrasil?

No Brasil hai un descoñece-mento moi grande sobre a exis-tencia do galego, mesmo nosestudos de filoloxía e lingüísticaestudabamos galego-portugués—isto é, os textos medievais e ahistoria da lingua—, mais des-pois era como se o galego seextinguise a finais da IdadeMedia. Entón, non hai moitocoñecemento, mesmo entre aspersoas que se dedican ao estu-do da lingua, de que o galegomoderno está aí, vivo, que estámergullado nunha loita políticaintensa, e que o galego é irmánxemelgo do portugués.

relación cos dominios portugue-ses de África. Durante o séculoXX, o Brasil sempre apoiou apolítica colonialista portuguesa,e así, os gobernos brasileirosnunca votaron a favor das resolu-cións da ONU contra Portugal.Esa política mudou moi tardia-mente, nas vésperas da Revolu-ción do 25 de abril, candoPortugal comezou a estar cadavez máis illado, especialmentedurante o proceso de descoloni-zación. O xeneral Ernesto Geiselasumiu a presidencia a 15 demarzo de 1974 e ao día seguintexa deixou claro que o Brasil nonapoiaría máis a Portugal e aotempo comezou un proceso deaproximación aos movementosanticoloniais de Angola e deMozambique… O Brasil foi oprimeiro país en recoñecer aGuiné-Bissau, aínda que Guiné-Bissau proclamara a súa inde-pendencia en 1973. Despois,recoñeceu inmediatamente aindependencia de Angola e detodos os países, e inmediatamen-te enviou a eses novos países osseus embaixadores; de feito, foiun dos primeiros países que esta-bleceu relacións con eles.

Naquel momento, o Brasilretoma unha orientación dapolítica exterior que comezara ogoberno de Jânio Quadros aosinicios da década dos sesenta,que consistía en intensificar arelación Sur-Sur e a busca dunrelativo afastamento dos EUA.Nese marco, a aproximación aunha África en pleno proceso dedescolonización foi moi intensa,e iso creaba unha contradicióntremenda, porque o gobernobrasileiro apoiaba a Portugal eao mesmo tempo pretendíaachegarse aos países que acada-ran recentemente a súa inde-pendencia. Iso creaba unmalestar xeral na relación Sur-Sur, pois os países que acababande saír da colonización pregun-tábanse como se podía seguirapoiando a un país colonialista.Ata que iso se resolveu, a situa-ción do Brasil foi moi comple-

Endebén, no nomento en quese coñece a existencia do galego ea proximidade entre as dúas lin-guas, hai unha reacción espontá-nea moi simpática do brasileiroprovocada pola descubertadunha lingua moitísimo máispróxima á lingua que se fa la noBrasil ca o castelán. O castelán xaé un primo máis afastado, men-tres que o galego é un irmánxemelgo. Existen núcleos de es -tudos galegos nalgunhas univer-sidades do Brasil: en Rio deJaneiro, São Paulo, Bahia,…Doutra banda, os ga legos estánpresentes como inmigrantes noBrasil, pero menos visibles emenos audibles do que se poderíaimaxinar. En definitiva, cómprecompletar un fermoso camiño deaproximación entre o Brasil eGalicia por medio dun maiorcoñecemento mutuo e un reco-ñecemento das nosas orixescomúns �

05 1 Entrevista A. Faraco_Dónall Ó Riagáin 26/03/10 13:57 Página 75