Os pronomes persoais

40
Os pronomes persoais

description

presentación para o alumnado de BACH nocturno IES Santa Irene, con teoría e actividades para traballar o pronome persoal.

Transcript of Os pronomes persoais

Page 1: Os pronomes persoais

Os pronomes persoais

Page 2: Os pronomes persoais

DefiniciónSon palabras gramaticais que mostran a identidade dos elementos do proceso comunicativo.

Ex: Os rapaces son pequenos > Eles son pequenos

Amosan variación de xénero, número e persoa e desempeñan as mesmas funcións que os substantivos e adxectivos.

Pr. Tónicos, teñen acento e poden situarse en calquera lugar da oración. Funcionan como suxeito, atributo ou complementos con preposición.

Diferenciamos:

Pr. Átonos, sen acento, polo que dependen doutras palabras ao redor das cales se sitúan, verbo ou pronome. Funcionan de CD ou CI.

Page 3: Os pronomes persoais

ACTIVIDADE

1. Subliña os pronomes persoais das seguintes oracións e clasifica en tónicos e átonos.

a) Ela xa che sabe aínda que non cho diga que eu a quero comigo

na casa.

b) Roubároncheme o coche.

c) Nin nós llelo sabiamos.

corrector

Page 4: Os pronomes persoais

O PRONOME TÓNICO

As formas do pr. tónico son:

Page 5: Os pronomes persoais

O PRONOME TÓNICO

As contraccións do pr. tónico coa preposición:

EL ELA ELES ELAS

EN nel nela neles Nelas

DE del dela deles delas

Page 6: Os pronomes persoais

O PRONOME TÓNICO

Os pronomes oblicuos son aqueles que aparecen precedidos por unha preposición e, xa que logo, desenvolven a función de termo do sintagma preposicional, non podendo nunca ser suxeito.

• min: Estiveron falando de min • ti: Este xersei é para ti • el, ela: Estás todo o día mirando para ela • nós: Elas trouxeron ese agasallo para nós • vós: Non esperaba iso de vós • eles, elas: Podes ir xogar con el.

Page 7: Os pronomes persoais

O PRONOME TÓNICO

Os pronomes oblicuos ligados chámanse así por formar parte do seu corpo fónico a preposición "con". Actúan como complementos circunstanciais de compañía.

• comigo: Carme bailou comigo• contigo: Túa nai quería falar contigo• consigo (con el/ela): Carlos estivo pelexando con el• connosco: Ven xantar connosco• convosco: Vou xogar convosco• consigo (con eles/elas): Vou ao mercado con elas

Page 8: Os pronomes persoais

O PRONOME TÓNICO

Non son o mesmo ca "nós" e "vós“('nós ou vós, o/os presente/s, e mailos outros'). "Nosoutros" e "vosoutros" refírense a un grupo pechado de individuos coñecido polo falante e polo oínte, polo que quedan excluídos deles tódolos individuos que non pertenzan a ese grupo:

Nosoutros / Vosoutros

EX: Saberás que o Director díxonos a nós (a case tódolos alumnos

do instituto) no Salón de actos que nosoutros (os presentes e o

mailos demais alumnos de 4ºESO A) quedabamos castigados sen ir

de excursión.

Page 9: Os pronomes persoais

O PRONOME ÁTONOAs formas do pr. átono son.

Page 10: Os pronomes persoais

O PRONOME ÁTONO

Concorrencia do pronome de CI e CD.

Page 11: Os pronomes persoais

O PRONOME ÁTONO

P2 : te / che

Viute o outro día / Vinche o embigo.

Cando ao poñer a frase en terceira persoa o pronome resultante

sexa o (lo, no), en segunda persoa será te:

vino o outro día -> vinte o outro día

Cando ó poñer a frase en terceira persoa o pronome resultante sexa

lle, en segunda persoa será che:

vinlle o embigo -> vinche o embigo

Page 12: Os pronomes persoais

TEÍSMO / CHEÍSMO

En case toda Galicia encontramos o pronome "che" empregado no caso dativo (CI) e o pronome "te" empregado no caso acusativo (CD) ou como reflexivo, sistema este coincidente co presente na normativa da lingua galega.

Agora ben, na área lingüística fisterrá (Santiago, Bembibre, Fisterra, Tambre, Barbanza) emprégase "che" tanto como dativo como acusativo, hai logo cheísmo.

Mentres que na zona do Baixo Miño e en falas zamoranas empregan "te" tanto para acusativo como para dativo, producíndose teísmo

Page 13: Os pronomes persoais

Baixo Miño

Área Fisterrá

Lubián, Hermisende

Pom

brie

go

Page 14: Os pronomes persoais

TEÍSMO / CHEÍSMO

Caso Forma estándar Formas do cheísmo

Formas do teísmo

Acusativo te che teDativo che che teReflexivo te te te

Nas zonas de teísmo dirán: Chameite (CD) onte Merqueite (CI) um xersei.

Nas zonas de cheísmo dirán: Chameiche (CD) onte. Mercheiche (CI) um xersei.

Page 15: Os pronomes persoais

TE OU CHE?

2. Poñede che ou te segundo corresponda:

1. Fun á praza pero non ______ dixen nada

2. Non ______ deas tanta importancia, rapaz

3. Non ______ envexo o choio que tes

4. Cantou_____unha habanera moi bonita

5. Fíxo______ unha boa trasnada

6. Collin______ a saia amarela do armario

7. Cachei______ rillando nas rosquillas

8. Agardei____ toda a tarde para dar______ o regalo

9. Lava ben o pelo para que ____ poidas peitear ben

10.Quería______ moito, pero non dixen nada

Page 16: Os pronomes persoais

TE OU CHE?

3. Poñede che ou te segundo corresponda:

1. Lembro que ... ollou... fixamente.

2. Esa luz non é boa para ... proxectar... a imaxe.

3. Cando ías polo carreiro, a silva ... rachou... a camisa.

4. Aquel barbeiro non ... rapou... a xeito.

5. Nunca ... convencerá... de marchar.

6. E eu que ... coidaba... máis esperto!

7. Non sei se ... salientei... ben o que me interesaba.

8. Esa desgraza ... marcou... para o resto da vida.

9. Cibrán ... rexeitou... os argumentos aquel día.

10. Non confíes máis nese amigo, ... vendeu... na primeira ocasión.

+ actividade

s corrector

Page 17: Os pronomes persoais

DATIVO DE SOLIDARIEDADE

É un trazo expresivo de frecuente uso na lingua galega

enpregado coa intención de que o implicar o interlocutor

naquilo que o predicado expresa, pretendendo a súa

solidariedade, a complicidade ou unha aproximación afectiva

que o inste a implicarse.

P2 P5 P2 (cortesía) P5 (cortesía)

FORMAS CHE VOS LLE LLES

Page 18: Os pronomes persoais

DATIVO DE SOLIDARIEDADE

Sen pronome de solidariedade

Con pronome de solidariedade

Roubáronme o coche Roubároncheme o coche

Non me roubaron o coche Non che me roubaron o coche

Roubáronme o coche Roubáronmevos o coche

Non me roubaron o coche Non me lles roubaron o coche

Exemplos de uso:

Obsérvese que o pronome de solidariedade singular colócase antes do persoal de obxecto indirecto, mentres que os pronomes de solidariedade de segunda persoa do plural colócanse despois do obxecto indirecto.

Page 19: Os pronomes persoais

DATIVO DE INTERESE

É un pronome que indica a persoa que intervén na acción

porque dela recibe proveito ou dano. As súas formas son me

(P1) e nos (P4).

Sen dativo de interese Con dativo de interese

Meu fillo aprobou moitas asignaturasMeu fillo aproboume moitas

asignaturas

Meu fillo non aprobou moitas asignaturas

Meu fillo non nos aprobou moitas asign

Exemplos de uso:

Page 20: Os pronomes persoais

LLE / LLES

Para o complemento indirecto de terceira persoa as formas

máis frecuentes no Bloque Central e Oriental de Galicia, así

como as normativas na escrita e determinados usos

públicos, son "lle" (terceira persoa de singular) e "lles"

(terceira persoa de plural):

• Díxenlle o agasallo a el (ou a ela)

• Díxenlles o agasallo a eles (ou a elas).

Page 21: Os pronomes persoais
Page 22: Os pronomes persoais

LLE / LLES

Oración Obxecto directo dirixida a Resultado

Díxenlle iso a el ou a ela Díxenllo

Díxenlle a nova a el ou a ela Díxenlla

Díxenlle os erros a el ou a ela Díxenllos

Díxenlle as novas a el ou a ela Díxenllas

Díxenlles iso a eles ou a elas Díxenllelo

Díxenlles a nova a eles ou a elas Díxenllela

Díxenlles os erros a eles ou a elas Díxenllelos

Díxenlles as novas a eles ou a elas Díxenllelas

Page 23: Os pronomes persoais

LLE / LLES

No Bloque Occidental, en cambio, non distinguimos eses

dous complementos e temos, polo tanto, unha único

pronome para a terceira persoa do singular e do plural do

pronome persoal átono de complemento indirecto. Esta

forma é "lle":

• Díxenlle iso a el (ou a ela).

• *Díxenlle iso a eles (ou a elas).

Page 24: Os pronomes persoais

LLE / LLES

No Bloque Occidental, e por non empregarmos "lles"

nunca, tampouco faremos as contraccións "llelo", "llela",

"llelos", "llelas". É obrigatorio na escrita o uso de "lles" e

das súas contraccións ("llelo", "llela", "llelos", "llelas"),

sendo un trazo dialectal na fala a súa ausencia.

*Deille o agasallo aos cativos > deillo

O correcto sería: Deilles o agasallo aos cativos > déillelo

Page 25: Os pronomes persoais

P3: CD ou CI?

1. Cando ías polo carreiro, a silva ... rachou... a camisa.

2. Aquel barbeiro non ... rapou... a xeito.

3. Nunca ... convencerá... de marchar.

4. Non confíes máis nese amigo, ... vendeu... na primeira ocasión.

5. E eu que ... coidaba... máis esperto!

6. Cibrán ... rexeitou... os argumentos aquel día.

7. Non sei se ... salientei... ben o que me interesaba.

8. Esa desgraza ... marcou... para o resto da vida.

9. Moito ... quere... aínda que non o recoñezas.

10.Non fagas caso cando ... sorría... así.

11. Coidado coa praia, ... pode... torrar... o sol.

12.Foi un veciño quen ... axudou... a subir á maceira.

13.Hoxe ... gañou... o Pedro, tes que xogar mellor.

14.Bateu tan forte que ... fendeu... a porta.

15.A cámara ... enfocou... perfectamente esta vez.

4. Transformar as mesmas frases utilizando agora os pronomes átonos de terceira persoa

+ actividades

corrector

Page 26: Os pronomes persoais

LLE ou LLES+ actividades

Oración Obxecto directo dirixida a Resultado

Díxenlle' iso a el ou a ela Díxenlle_________________

Díxenlle a nova a el ou a ela Díxenlle_________________

Díxenlle' os erros a el ou a ela Díxenlle________________

Díxen' as novas a el ou a ela Díxenlle_________________

Díxen' iso a eles ou a elas Díxen_________________

Díxen' a nova a eles ou a elas Díxen_________________

Díxen' os erros a eles ou a elas Díxen_________________

Díxen' as novas a eles ou a elas Díxen_________________

5. Engade á oración o persoal de obxecto directo correspondente

corrector

Page 27: Os pronomes persoais

LLE ou LLES

+ actividades

6. Cambia por un pronome persoal de 3ª persoa o CI.Coloca o pronome átono no lugar adecuado

1. Contamos aos nosos pais o que nos pasara na festa.2. Non dixo toda a verdade á filla.3. Iso trouxo a el problemas.4. Terás que levar ao oculista os lentes vellos.5. Has entregar ao profesor o traballo en limpo.6. Non deas a eles o que non che deron a ti.7. Deu un bico aos pais pola mañá.8. Amosei ós visitantes os museos da cidade.9. Sempre lles traio ese cuestionario.10. Deu un premio aos fillos.

corrector

Page 28: Os pronomes persoais

COLOCACIÓN DO PR. ÁTONO

Pronome ben colocado Pronome mal colocado

Gustoume a película A película me gustou

Onte vinte pola rúa Onte te vin pola rúa

Por regra xeral, o pronome vai colocado sempre

detrás do verbo e pegado a el.

Page 29: Os pronomes persoais

Pronome ben colocado Pronome mal colocado

Dixo que te vira onte Dixo que vírate onte

Se llo regalas, terás un premio Se regálasllo, terás un premio

Hai determinadas palabras que, precedendo ao pronome,

fan que o pr. se coloque diante do verbo. Neste caso non

vai pegado ao verbo. Son palabras que marcan

subordinación: que (aínda que, sempre que, posto que, xa

que, ...) se ...

COLOCACIÓN DO PR. ÁTONO

Page 30: Os pronomes persoais

Pronome ben colocado Pronome mal colocado

Non o vin Non vino

Si o vin Si vino

Non1, vino Non1, o vin

Si1, vino Si1, o vin

Os adverbios de negación e afirmación, sempre que actúen

sobre o verbo en cuestión (non, nunca, xamais, si, tamén)

COLOCACIÓN DO PR. ÁTONO

Page 31: Os pronomes persoais

Pronome ben colocado Pronome mal colocado

Quizais che pregunte mañá a lección Quizais pregúnteche mañá a lección

Seica te veu ver teu pai Seica veute ver teu pai

Os adverbios de dúbida (quizais, tal vez, seica, disque)

COLOCACIÓN DO PR. ÁTONO

Page 32: Os pronomes persoais

Pronome ben colocado Pronome mal colocado

Xa cho dixo aquela rapaza Xa díxocho aquela rapaza

Só llo contei á miña sogra Só conteillo á miña sogra

Sempre te estás a meter comigo Sempre estaste a meter comigo

Aínda cho pedín o outro día Aínda pedincho o outro día

Máis nos valería marchar Máis valeríanos marchar

Aquí o tes Aquí telo

Algúns outros adverbios: xa, só, ben, mal, axiña, aínda,

máis, menos, velaquí, velaí, en seguida, de seguida,

sempre, algures, cedo, igual ('do mesmo xeito'),

peor, mellor, tarde, entre outros.

COLOCACIÓN DO PR. ÁTONO

Page 33: Os pronomes persoais

Anteposición Posposición

Aquí o tes Aquí haiche moita froita

Así pásao mellor Así cho dixo?

Agora cho dou Agora chámanlle a marquesiña

Con algúns adverbios é posible tanto a anteposición como a

posposición. A escolla dunha ou doutra depende da

secuencia. Son estes adverbios: aquí, alí, ai, alá, acá, aló,

acó, acolá, así, logo, agora, sequera....

COLOCACIÓN DO PR. ÁTONO

Page 34: Os pronomes persoais

Pronome ben colocado Pronome mal colocado

Canto lle deches ... ? Canto décheslle ... ?

Os pronomes interrogativos: onde, cando, canto, como

tamén producen a anteposición.

COLOCACIÓN DO PR. ÁTONO

Page 35: Os pronomes persoais

Pronome ben colocado Pronome mal colocado

Ninguén mo dixo Ninguén díxomo

Nada che debo Nada déboche

Anteposición tamén con algúns indefinidos: ninguén, nada, ningún, algo, alguén, ambos, bastante, calquera, entrambos, mesmo, todo. Outros indefinidos, a anteposición, depende do contexto:algún, outro, un, os mais, os demais, moi, pouco, tal, tanto, tan.

Hai tres indefinidos que nunca provocan a anteposición do pronome:cada, varios, certo

COLOCACIÓN DO PR. ÁTONO

Page 36: Os pronomes persoais

Pronome ben colocado Pronome mal colocado

O demo te leve! O demo lévete!

Mal raio te parta! Mal raio pártate!

Tamén hai anteposición nas oracións desiderativas

COLOCACIÓN DO PR. ÁTONO

Page 37: Os pronomes persoais

Pronome ben colocado Pronome mal colocado

Teñoche que dar unha boa noticiaTeño que che dar unha boa noticiaTeño que darche unha boa noticia

Che teño que dar unha boa noticia

Cando o precede unha preposición pode ir diante ou detrás.

Para dicirlle iso cómpre valor. Para lle dicir iso cómpre valor.

Nas perífrases verbais pode ir a carón do verbo principal despois da conxunción ou preposición ou detrás do infinitivo

COLOCACIÓN DO PR. ÁTONO

Page 38: Os pronomes persoais

7. Coloca correctamente o pr. que vai nas parénteses.

ANTES OU DESPOIS DO VERBO?

1. Colleu moi a modiño (o). 2. Pediu polas boas (a). 3. Desta forma ves mellor (as). 4. Axiña vou contar (os). 5. Recitaba con moito aquel (as). 6. Dixo el mesmo (o). 7. Quixo recoller cedo (as). 8. Pedía sempre sen azucre (as). 9. Trouxeron en tren (o). 10.Escoitou con moita atención (os). 11. Traes xa acabadas? (as). 12.Decidiu de súpeto (o). 13.Sempre deixan igual (a). 14.Eloxiei abondo aquel día (os). 15. Iguais a ese hai en calquera sitio (os).

+ actividade corrector

Page 39: Os pronomes persoais

Coloca correctamente o pr. Para que teña sentido.

ANTES OU DESPOIS DO VERBO? + actividad

e corrector

2. ...dixen ...(te ou che), ...dígo... (te ou che) e ...direi... (te ou che) que ... amo... (te ou che), que ... amei... (te ou che) e ... amarei ... (te ou che) para o resto dos meus días, miña parruliña! 3. ... contaron... (me) que ... puxeras... moi leda (te ou che) cando ... dixeron... (te ou che) que ... tocara... a lotaría do Nadal (te ou che), ... tocou... pouco (te ou che), mais algo ... tocou... (te ou che). 4. Mi madriña, ... saíu... a burra capada (te ou che) ... dixo...(lle) a nai ao fillo cando ... entregou... o boletín de notas falsificado (lle). 5. As redes sociais ... son... moito máis bonitas (te ou che) se ... pos... na nosa lingua (as). 6. Non ... vaias... (te ou che), rianxeira, que ... vas... marear (te ou che). Di a cantiga que tanto ... gusta ... (te ou che). 7. ... vou... comer... a bicos (te ou che), ... díxo... o pai ao seu bebeciño (lle) 8. A profesora ... mandou ... saír da clase (a) para que ... calmase... (se). Ela... fixo... (o) e ...calmou... axiña (se) 9. ... vexo ... moi ben de saúde (a), María, ...nóta... ben (selle) que ... coida... decote (se). 10. A nós ... gustan... as películas (nos) nas que non ... hai ... malos malísimos (che ou te)