A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o...

40
A LECTURA DUNHA OBRA é UN PROCESO DINáMICO QUE NUNCA SE ESGOTA, UNHA SUMA DE LECTURAS, UN CONFLITO CONSTANTE QUE NON SE PODE RESOLVER

Transcript of A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o...

Page 1: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

A lecturA dunhA obrA é un proceso dinámico que nuncA se esgotA, unhA sumA de lecturAs, un conflito constAnte que non se pode resolver

Page 2: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

2casus belli + refutación do contexto

conflitos de recepción na arte contemporáneao sentido é unha creación colectiva, a obra de arte só chega a cumprir o seu programa no momento da recepción. A obra preséntasenos sempre como algo inacabado, un work in progress que o espectador se encargará de completar.

o trAbAllo de pelucAs, non deixA de sufrir unhA certA mArxinAlidAde que os encAdrA sempre lixeirAmente á mArxe do sistemA Artístico institucionAlizAdo e dos seus medios de exhibición, distribución e comerciAlizAción

Page 3: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

3 casus belli + refutación do contexto

o novo modelo teórico, que se asenta sobre os postulados estructuralistas da escola de praga e a hermenéutica de gadamer, afirma que o signo estético perde o seu carácter unívoco, e ha de ser actualizado polo receptor, así a obra non deixa de recibir significacións que no momento da súa produción non eran coñecidas, nin sequera previsíbeis.

“A realidade non está dada, esixe buscala e lograla”paul celan

o espectAdor, é o ente responsábel dA Atribución de significAdos e A formulAción de interpretAcións laura borrás

Page 4: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

4casus belli + refutación do contexto

Page 5: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

5 casus belli + refutación do contexto

o cristo das rías baixas, 1985 de manuel moldes

A obrA de Arte hA de gAstAr pArte dA súA enerxíA nA loitA polA súA propiA supervivenciA, e A súA principAl tArefA, AmpliAr o cAmpo do pensábel, non A levArá A cAbo sen enfrontArse A todA clAse de resistenciAs

A lectura dunha obra é un proceso dinámico que nunca se esgota, unha suma de lecturas, un conflito constante que non se pode resolver. A interpretación é o horizonte móbil (sartre) que se afasta a medida que os espectadores avanzamos. non existe a solución definitiva que resolva o problema dunha vez e para sempre. non buscamos con casus belli descubrir as cores orixinais ou a verdade interior dunha serie de obras, nin fixar os

cegadores achados que esgoten todas as súas posibilidades de significación, senón que pretendemos evidenciar a forma en que as diferentes lecturas que se dan ao longo das épocas se superpoñen transparentes e lle confiren ao artefacto artístico a súa profundidade histórica e a súa densidade de sentidos.

Page 6: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

6casus belli + refutación do contexto

recordo o pez (palabra -pez- que non define exactamente este material, aínda que é un pouco no que se reciclaron as bólas de petróleo) nos meus pés, na roupa, ao volver a casa das praias da miña nenez entre xuramentos e trapos con gasolina. Asocio agora, dalgún xeito, o chapapote ou pichi ou galipota, ao feliz verán da miña infancia de area e rocas. calor sen preocupacións, onde as molestias que provocaba aquela substancia negra asumíanse como mal menor; o asunto non deixaba de ser outra cousa que o rexeitamento do poderoso mar a tragar o detritus que non lle pertence: “dar ao césar o que é do césar...” o fin do autorretrato de chapapote é atenuar a miña mala conciencia (reflexo dunha información humillante que subliña a incapacidade do home de deixar de ser un lobo para o home); unha sorte de maxia que alivia.”

Juan loeck, Autorretrato

o autorretrato seleccionado para esta exposición pertence a unha longa serie de traballos realizados con chapapote, aproveitando as pequenas bólas de “pichi” que Juan loeck recolle das areas das praias, nunha clara evocación táctil e olfactiva dos felices veráns da súa infancia. As primeiras manipulacións consistían apenas en modelados directos dos fragmentos máis maleábeis ao calor da man.

o “Autorretrato” resultou ser a primeira peza de pichi exposta ao público, na Alameda de pontevedra, no contexto da exposición “galicia, terra única”, no verán de 1997

Page 7: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

7 casus belli + refutación do contexto

Aos poucos díAs dA inAugurAción A esculturA sofre unhA Agresión, resultA decApitAdA e pAteAdA con bárbArA violenciA. o busto foi retirAdo e volto A fundir, e o Autor erixe no lugAr unhA lápidA conmemorAtivA que permAnecerá Aí todo o que dure A exposición. A brutAlidAde deste Acto vAndálico será A primeirA pero non A únicA Agresión que sufrA A obrA

Page 8: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

8casus belli + refutación do contexto

“no silencio dun bosque de piñeiros é máis fácil deixarnos levar polos nosos propios pasos, sobre unha abrandada alfombra de agulla de piñeiro, aínda sabendo que ao renxer delátanos” Jorge barbi

Page 9: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

9 casus belli + refutación do contexto

A arte preséntasenos así como un exercicio de autonomía, proporciónanos ferramentas para xogar cos mecanismos de creación de sentido. nun mundo sobresaturado de imaxes abaratadas polas novas tecnoloxías, que a cada pouco se desvanecen para deixar paso a outras aínda máis atractivas, sorprendentes e novas...; nun mundo en que basta con espertar e abrir os ollos cada mañá para converterse en diana (target)

de multitude de “impactos”, que nos alcanzan desde os catro puntos cardinais...; nese mundo gobernado pola velocidade e a inmediatez, a arte ofrece –desde a súa vocación de permanencia– instrumentos conceptuais para retardar o fluído e estabelecer unha relación máis reflexiva cos imaxinarios que a sociedade proponnos.

Page 10: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

10casus belli + refutación do contexto

pArA ArmAr A súA lecturA, o espectAdor terá que dArlle A voltA Ao proceso de condensAción e remontAr AtA As súAs fontes o río de AsociAcións e os seus numerosos Afluentes; desenredAndo A trAmA de conexións levA A cAbo unhA trAdución cuxA eficAciA descAnsA, por unhA bAndA nA cAlidAde e fondurA dA súA formAción e, por outro, nA súA cApAcidAde intuitivA pArA estAbelecer relAcións e detectAr AnAloxíAs. unhA cApAcidAde, pArA imAxinAr enlAces entre contidos simbólicos, que empArentA Ao espectAdor co ArtistA

Page 11: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

11 casus belli + refutación do contexto

Page 12: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

12casus belli + refutación do contexto

Page 13: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

13 casus belli + refutación do contexto

“Marina Núñez soubo crear unha linguaxe dunha gran potencia plástica, un dos máis persoais e característicos na nosa arte actual, no que resoan a dúbida e a ironía: estamos seguros do que excluímos e de por que o excluímos? imaxes densas, desdobradas, que no seu fluír foron articulándose en series: tolemia, morte, monstruas, medusas ou, a última, ciencia-ficción.

A irrupción no ámbito cotián -estándAr do sAlón burgués dunhA escenA con feminicidio –o trAbAllo de mAriñA núñez é unhA constAnte denunciA dA exclusión femininA– tomAdA dA historiA dA Arte, cumpre nA súA seriAlizAción, nA súA inmisericorde repetición, A máis cruel dAs AmeAzAs do sinistro: A pulsión de morte tinguidA de erotismo, A converxenciA entre o sexuAl e o destrutivo

Page 14: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

14casus belli + refutación do contexto

A exposición que nunca existiu

na primavera do ano 2007 celebrouse na cidade de ourense o ii foro internacional do feísmo, un proxecto de certa ambición que se enmarcaba baixo o máis amplo nome de construír un país: a rehumanización do territorio, e que, en palabras de teresa táboas, daquela, conselleira de vivenda e solo, tiña por obxectivo “analizar o problema desde todos os ángulos posíbeis para conseguir encontrar solucións que nos permitan ir cara a diante”.

o proxecto nacera en 2005 por iniciativa dun colectivo de persoas preocupadas pola degradación urbanística, paisaxística e medioambiental do país. xosé lois vázquez, xavier paz e Alberte pérez rodríguez foron os coordinadores e encargados de levalo adiante, para o que solicitaron o apoio da consellería de vivenda e solo que desde o primeiro momento manifestou o seu interese e a súa vontade de financiar o proxecto. o éxito do primeiro foro levou á celebración do segundo, máis ambicioso e con maior carga de contidos e de dotación económica, totalmente aceptada e asumida pola consellería. como actividade complementaria propúxose a celebración dunha gran exposición fotográfica de autores que, dalgunha maneira, abordasen cuestións relacionadas coa temática do foro. o título desta exposición era “ocultacións e inexistencias” e, co comisariado de xosé lois vázquez, reunía obra de: matilde álvarez,

ocultAcións e inexistenciAs

todA obrA de Arte levA inscritA no seu progrAmA estético –como unhA mArcA xenéticA– A vontAde, explicitAdA con mAior ou menor intensidAde, de rebAter e cuestionAr o seu contexto de recepción

Page 15: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

15 casus belli + refutación do contexto

Javier álvarez soto, emilio Araúxo, emilio cendón, daniel díaz trigo, federico garcía cabezón, carolina martínez, maría meseguer, víctor nieves, carme nogueira, José paz, sara sapetti, Alba vázquez carpentier e marta villoslada.

todas as obras foron realizadas especificamente para a mostra e cada autor contou cunha asignación económica en concepto de gastos de produción. o espazo expositivo ía ser o interior acondicionado de dous colectores que foron traídos de lonxe e que, despois dos trámites pertinentes, foron colocados na rúa do paseo de ourense. con motivo da exposición foi editado un luxoso catálogo bilingüe (galego-inglés) en tapa dura no que se reproducían todas as obras xunto con textos de xosé lois vázquez, manolo figueiras e unha presentación da conselleira.

na véspera da inauguración, a consellería considerou que había unhas fotos, nomeadamente as fotos dos vibradores realizadas por sara sapetti, que non podían figurar na exposición. o resto dos participantes decidiu que aquilo era inaceptábel. fronte ás posicións dos artistas, a consellería decidiu cancelar o proxecto “ocultacións e inexistencias”.

os grandes contedores portuarios foron devoltos ao lugar de orixe. pagáronselles os textos aos escritores. pagouse debidamente a producción das obras aos artistas. os luxosos catálogos xa impresos almacenáronse. e da exposición “ocultacións e inexistencias” nunca máis se volveu falar. Até hoxe.

Page 16: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

16casus belli + refutación do contexto

Page 17: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

17 casus belli + refutación do contexto

Page 18: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

18casus belli + refutación do contexto

un duplo estrAñAmento dominA A escenA, o dA estrAnxeiríA existenciAl postA en ficción nos propios lenzos, e o dA distAnciA que os seus novos trAbAllos mArcAn coAs convencións estéticAs dominAntes entre nós

que fai entón esta obra en casus belli? cal é o seu conflito de recepción? trátase sen dúbida da aposta máis arriscada desde o punto de vista curatorial da presenza máis difícil de argumentar desde o punto de vista das teses que casus belli pretende desenvolver. convertida en obxecto de desexo, sempre baixo o foco de luz do éxito inmediato, “bólas de billar”, representa un caso específico de

rut massómigas de pan no bosque dos signos

Page 19: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

19 casus belli + refutación do contexto

conflito de recepción; se outras obras han de enfrontarse ás penumbras da falta de interese, esta ha de pelexar co exceso de luz.

“moita luz deslumbra os ollos”, cantaba rosalía de castro, e no caso que nos ocupa, o atractivo visual desta obra, o seu brillante acabado de obxecto de deseño, acaban por converterse nos seus máis sutís inimigos. desa forma unha obra

complexa, difícil de dixerir, de turbulentas posibilidades de lectura –relacionadas as máis delas co anecdotario vital máis íntimo e persoal do propio artista– acaba por saírse, no momento da recepción, das súas propias canles conceptuais forzada polo poderío enfeitizador do contexto. e ese é o contexto que refutamos.

As tres series que completAn A edición foron AdquiridAs, por consolidAdAs coleccións de Arte contemporáneA, no momento dA súA primeirA sAídA Ao mercAdo. A súA excelenciA visuAl e A extrAordinAriA eficAciA plásticA dA súA presenzA converteron A obrA “bólAs de billAr” de diego sAntomé nunhA obrA que gozA de innegábel éxito de público e AceptAción críticA

Page 20: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

20casus belli + refutación do contexto

Page 21: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

21 casus belli + refutación do contexto

no eterno descontexto de alain magri os conflitos AflorAn e nuncA se resolven nel dáse mesmo con mAior clAridAde o feito de que A lecturA dunhA obrA súA non só supoñA un proceso dinámico que nuncA se esgotA senón unhA verdAdeirA AventurA de descubridores que imos dAndo tombos, sen rede, polo seu potenciAl perturbAdor no que o humor e tAmén A pArodiA son compAñeiros de viAxe

Page 22: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

22casus belli + refutación do contexto

un site specific no que o artista estivo traballando, coa axuda dalgúns colaboradores, mentres que ao seu arredor se ían desenvolvendo os traballos de montaxe do resto das obras: un trasfego progresivamente acelerado e ruidoso que en ningún momento conseguiu entorpecer a concentración e a capacidade de traballo dun creador afeito a producir moitas das súas obras –especialmente os murais feitos na rúa– baixo a presión, sen dúbida máis perentoria, do tráfico urbano e a mirada vixiante da policía local.

un conxunto de debuxos, realizados en colaboración con raigal, debemos tamén anotar que unha certa colectivización do traballo artístico caracteriza moitos destes creadores– traslada ao mundo das dúas dimensións as obsesións e os achados do universo máis escultórico da instalación.

Page 23: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

23 casus belli + refutación do contexto

“Adeus gAlizA, olA xApón” A instAlAción que pelucas presentA en cAsus belli foi A únicA obrA reAlizAdA especificAmente pArA estA exposición

Page 24: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

24casus belli + refutación do contexto

Page 25: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

25 casus belli + refutación do contexto

Page 26: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

26casus belli + refutación do contexto

A historia –a memoria– sempre ten buratos. e neste caso máis. con todo, tentaremos contala con rigor: cara ao ano 2002 tivo lugar en ourense un activo episodio de agrupación artística. o xermolo estivera no i certame de Artes plásticas da deputación provincial que valeu, máis que nada, para que unha serie de artistas novos contactasen entre si. sen tratarse do que en arte se entende convencionalmente por un grupo, mais cunha concepción aberta en que primaba o debate e que incluía diversos ámbitos da creación, o núcleo inicial foi medrando até acadar un número considerábel. dun xeito ou doutro, participaron no proxecto serxio torres, Alejandro gonzález caporale, xosé lois vázquez, fernando dacosta, José carlos fernández seoane, José paz, maría puertas, rosendo cid, pablo otero, tomás valente,

historiA dun burAtoArte nos bAixos fondos

Jorge varela, rebeca gonzález, tegra vázquez, xosé vilamoure, ofelia cardo, manuel novoa, Acisclo novo, iván prieto, marta vega, xoán carlos rodríguez, claudio pato, Antonio Afonso, Jesús costa, xoán torres e manolo figueiras. xuntabámonos en bares, nomeadamente no ollo ledo e no trampitán, e de aí saíron varios proxectos que se materializaron nas exposicións lugares da memoria (2003), no vello cuartel do cumial, e zona de exclusâo (2004), no espazo da bienal de vilanova de cerveira, ambas as dúas mostras xenerosamente auspiciadas pola institución provincial ourensá.

logo destas experiencias, algúns dos participantes foron pensando que sería mellor seguir traballando á marxe da tutela institucional e comezou a coller forza a idea de artellar unha praxe autoxestionaria. foi entón cando xoán torres recuperou do seu

Page 27: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

27 casus belli + refutación do contexto

xestionAr e utilizAr como espAzo expositivo un burAto situAdo no centro dA prAzA mAior de ourense que só se usAbA no nAdAl pArA espetAr nel o Abeto coAs luces de cores e que o resto do Ano permAnecíA pechAdo por unhA tApA de sumidoiro

Page 28: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

28casus belli + refutación do contexto

acelerado turmix mental unha vella idea: xestionar e utilizar como espazo expositivo un burato situado no centro da praza maior de ourense que só se usaba no nadal para espetar nel o abeto coas luces de cores e que o resto do ano permanecía pechado por unha tapa de sumidoiro.

A idea parecía boa, interesante, peculiar, abarcábel, sinxela, barata... e a partir dese momento comezamos a traballar no proxecto de forma case monográfica. pero pronto vimos que a cousa, por pequena que fose, non ía resultar tan doada. A propiedade do burato era municipal e no concello dixeron que moi ben pero que o primeiro que tiñamos que facer era constituírmonos legalmente como asociación cultural con estatutos, presidente, secretario, tesoureiro e todo iso. fixémolo. logo, a negociación pasou a levala persoalmente o daquela concelleiro de cultura manuel Araujo que nos pediu un proxecto por escrito. fixémolo. tamén comezamos a elaborar unha programación de posíbeis intervencións e un modelo de carta en varios idiomas para convidar artistas a participar. tamén nos pediron un proxecto técnico. fixémolo. polo momento, a utopía autoxestionaria consistía basicamente

en facer obedientemente o que nos mandaban, pero como o tema interesaba, proseguiamos.

coa axuda do arquitecto tomás valente proxectouse e encargouse a construción dun módulo contedor en aceiro inoxidábel con tapa de cristal que se adaptara ao burato. todo semellaba estar a punto, pero por parte do concello nunca había unha resposta clara. todo era dar largas, poñer pegas, escusas... decidimos sacar nalgún medio a primicia do novo espazo expositivo por ver se así se aceleraba o tema, pero non. lembro que nunha reunión alguén se preguntou se no proxecto do guggenheim de bilbao terían sido necesarios tantos trámites e negociacións. sarcasmos á parte, a cousa derivou nun continuo e frustrante desencontro.

Até que finalmente nos propuxeron inaugurar o espazo en maio de 2007, en plena campaña electoral das municipais. de maneira asemblearia tomamos a decisión de responder que non. nas eleccións, o pp perdeu o concello e ao novo goberno semellaba non interesarlle moito o tema. por outra banda, e como adoita acontecer, o impulso colectivo fora esmorecendo, de modo que o proxecto burato quedou aparcado e rematou por podrecer como unha mazá que levara anos metida nun armario (ou sería mellor dicir nun burato?).

m. figueiras

coA AxudA do Arquitecto tomás vAlente proxectouse e encArgouse A construción dun módulo contedor en Aceiro inoxidábel con tApA de cristAl que se AdAptArA Ao burAto

Page 29: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

29 casus belli + refutación do contexto

A propiedAde do burAto erA municipAl e no concello dixeron que moi ben pero que o primeiro que tiñAmos que fAcer erA constituírmonos legAlmente como AsociAción culturAl con estAtutos, presidente, secretArio, tesoureiro e todo iso. fixémolo

Page 30: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

30casus belli + refutación do contexto

Page 31: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

31 casus belli + refutación do contexto

Page 32: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

32casus belli + refutación do contexto

[…]sobre a trivialización estética e a espectacularización demagóxica; sobre o seu avance incontrolábel por campos e cidades da man de iniciativas compracentes, engaioladas pola boa acollida que suscita na xente a colocación de calquera tipo de elemento ornamental; sobre a consideración simplista e alienante que engloba o clásico concepto de “escultura pública” dentro do máis amplo e rendíbel de “ornamentación e acondicionamento”.

Xoán torres utilizA o temA dA Arte públicA pArA reflexionAr sobre A privAtizAción dos espAzos comúns

Page 33: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

33 casus belli + refutación do contexto

Page 34: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

34casus belli + refutación do contexto

Cascallos de amor e morte, porque na obra de Xosé carlos Barros danse, ben aglutinados, a constatación da morte (con abundancia de cinzas, pedras, cascotes ... e mesmo restos de animais mortos), e ao mesmo tempo a súa recuperación e designación revitalizadora a través da presentación en caixas e outras estruturas de madeira na procura, diríase que con valores de manifesto, dunha posta en evidencia daquilo que se mantiña agochado e invisíbel. unha posta en conflito das paisaxes subterráneas como un xeito de arquivística da desfeita.

nítidAs cAixAs de metAl, precisAs no seu funcionAmento de fAlsAs portAs que pechAn, sempre pechAn, fAlsos vAns Jesús valmaseda

Arquitectura da desolación

Page 35: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

35 casus belli + refutación do contexto

outórgAlle á expresión “desfeitA do medio” unhA dimensión tAnto históricA como íntimA, tAnto do gusto como dA éticA, tAnto políticA como estéticA

Page 36: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

36casus belli + refutación do contexto

As obrAs seleccionAdAs pertencen Ao “ciclo do cupim” explorAn plAsticAmente –pero non só plAsticAmente– o trAbAllo de demolición desenvolvido polos insectos dA selvA brAsileirA en grAndes pezAs de mAdeirA, “devorAndo o interior dAs estruturAs e deixAndo A ApArenciA de que se AtopAn intActAs, creAndo unhA sociedAde subversivA pArAlelA á sociedAde humAnA”. (f. cAsás)

Page 37: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

37 casus belli + refutación do contexto

“cunhA representAción AxiAl do corpo humAno, rAdicAl á vez que sedutorA, e xerA unhA visión primAriA do espido clásico mediAnte A extrAcción dun cilindro-mostrA dun modelo, xestáltico, ideAl.” en pAlAbrAs do seu compAñeiro JuAn loeckmaría luisa fernándezdesocultación do presente

Page 38: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

38casus belli + refutación do contexto

o tríptico de xavier correa que agora rescatamos en casus belli é, de xeito evidente unha das grandes creacións da nosa arte no último terzo do século xx

Page 39: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do

39 casus belli + refutación do contexto

Page 40: A lecturA dunhA - e-auditoriodegalicia.net · paul celan o espectAdor, ... man. o “Autorretrato” resultou ser a ... dúbida e a ironía: estamos seguros do