PARTE III ESTRATEXIA - Asociación Terras de Lugo · Como se pode apreciar resultou máis doado...

32
PARTE III ESTRATEXIA

Transcript of PARTE III ESTRATEXIA - Asociación Terras de Lugo · Como se pode apreciar resultou máis doado...

Page 1: PARTE III ESTRATEXIA - Asociación Terras de Lugo · Como se pode apreciar resultou máis doado atopar as debilidades que as fortalezas. Dende un ... En moitos casos pode significar

PARTE III

ESTRATEXIA

Page 2: PARTE III ESTRATEXIA - Asociación Terras de Lugo · Como se pode apreciar resultou máis doado atopar as debilidades que as fortalezas. Dende un ... En moitos casos pode significar

66

1. ANÁLISE SECTORIAL

Na aplicación do proceso de análise das necesidades de desenvolvemento e potencial da zona

de actuación do GDR-4, realizouse consulta aos representantes de entidades implicadas no

desenvolvemento socioeconómico do territorio para que achegasen a súa opinión ao respecto.

Neste senso, procurouse a información que tivesen que aportar os socios de Terras de Lugo a

través da participación das mesas sectoriais, e nun segundo plano, contactouse con outras

entidades, non socias, pero que se entenderon o suficientemente representativas no territorio.

A través de diversas reunións recolléronse distintas opinións que se canalizan neste documento

a través dunha análise DAFO (Debilidades-Ameazas-Fortalezas-Oportunidades).

A maiores, e en función desta análise, as entidades e persoas entrevistadas fixeron achegas en

canto a posibles actuacións financiables a través do programa LEADER.

Cómpre resaltar o a incorporación do traballo realizado xunto a técnicos da Reserva da Biosfera

Terras do Miño, da Asociación de Custodia do Territorio de Galicia e da Comunidade de Monte

Veciñal en Man Común de Carballo (Friol) e Axel Lugo.

De todas as achegas recollidas, a comisión de redacción da estratexia fixo unha escolma

atendendo aos condicionantes marcados nas bases reguladoras para a selección da mesma.

A continuación amósanse resumidos os resultados obtidos clasificados polos sectores

correspondentes ás mesas sectoriais na que se divide este órgano de participación da Asociación

Terras de Lugo: sectores agrogandeiro, social, cultural e educativo, veciñal, forestal, deportivo e

recreativo, do comercio e industria e medioambiental.

Os detalles do proceso participativo pódense consultar polo miúdo no apartado específico deste

documento.

SECTOR DEBILIDADES AMEAZAS FORTALEZAS OPORTUNIDADES ACTUACIÓNS

AGROGANDEIRO 18 5 4 9 15

FORESTAL 12 11 10 6 16

SOCIAL 14 6 4 8 6

CULTURAL E EDUCATIVO 11 2 4 6 12

DEPORTIVO E RECREATIVO 8 6 3 2 10

VECIÑAL 14 6 4 4 9

COMERCIO E INDUSTRIA 24 18 10 21 16

MEDIOAMBIENTAL 10 6 5 8 26

TOTAL 111 60 44 64 110

Page 3: PARTE III ESTRATEXIA - Asociación Terras de Lugo · Como se pode apreciar resultou máis doado atopar as debilidades que as fortalezas. Dende un ... En moitos casos pode significar

67

Como se pode apreciar resultou máis doado atopar as debilidades que as fortalezas. Dende un

punto de vista interno a nivel territorial, é preocupante a tendencia que se ten ao negativismo

en contra dun actitude construtiva moi moderada. Rachar con esta evolución forma tamén parte

desta estratexia de aí que se insistise en que nas distintas reunións se propuxese un número

importante de posibles liñas de actuación.

Móstranse agora e máis polo miúdo o as distintas achegas realizadas así como unha pequena

xustificación das mesmas atendendo aos sectores tratados na anterior táboa.

Page 4: PARTE III ESTRATEXIA - Asociación Terras de Lugo · Como se pode apreciar resultou máis doado atopar as debilidades que as fortalezas. Dende un ... En moitos casos pode significar

68

SECTOR AGROGANDEIRO: DEBILIDADES

Nº DEBILIDADE XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

1 Falla de servicios esenciais no medio rural

Hai unha gran deficiencia de infraestruturas como poden ser: abastecemento de augas, saneamento, rede viaria, enerxética, telecomunicacións, etc., que lastraron e seguen a lastrar o desenvolvemento do sector agrogandeiro en particular e do resto dos sectores que conforman o medio rural de forma xeneralizada.

2 Ordenación do territorio

A carencia dunha axeitada planificación e ordenación do territorio foi e segue sendo unha gran parte dos problemas endémicos do sector:

Localización desfavorable das casas e explotacións

Desaproveitamento das superficies

Ataques de fauna salvaxe

Etc. Se pensamos nas explotacións gandeiras, os custos de produción adoitan incrementarse cando as explotacións non dispoñen de terreo suficiente ou suficientemente ordenado para a obtención de forraxes (principalmente se pensamos en explotacións intensivas) ou para aumentar o pastoreo (se pensamos en explotacións extensivas)

3 Contaminación medioambiental

A utilización masiva de plásticos, para os que non se dá unha saída adecuada e que esta a causar un deterioro visual e medioambiental no entorno das explotacións. A deficiente valorización dos puríns fai que cheguen a contemplarse pola sociedade coma un residuo e non coma un abono orgánico. O sector agrogandeiro vese como un axente contaminador do medio en lugar dun axente coidador do medio

4 Burocracia administrativa

As persoas que viven no rural e todas aquelas que deciden emprender unha actividade neste medio, están a sufrir infinidade de atrancos burocráticos en forma de: desprazamentos, inversións, retos, dificultades de tempo, etc. ,que os fan desistir da realización de innumerables proxectos.

5 A maneira de pensar tradicional En moitos casos pode significar un factor de atranco ou retroceso no rural, mudala é unha premisa importante, é preciso un relevo xeracional mais rápido e dinámico.

6 Excesiva dependencia dunha soa actividade principal

Pecharse nunha soa actividade supón riscos difíciles de asumir nos momentos de dificultades e nas variacións que se produzan no mercado da mesma

7 Falta dunha certa cultura empresarial

A xestión das explotacións agrogandeiras fundaméntase en experiencia que se transmite entre xeracións, mais non soe engadir os criterios de xestión empresarial necesarios para levala cara unha rendibilidade integral

8 Sistema productivo e comercial excesivamente tradicional.

Non se abren novas vías para comercializar os produtos nin individual nin colectivamente.

9 Debilidade asociativa

Existe unha cultura moi individualista, cústanos integrarnos e ir cara a cooperativas, asociacións de maquinaria, etc.

10 Relevo xeracional

O modo de vida do rural está a aparecer como un atranco para os xoves, que queren ver un resultado económico inmediato do seu traballo ó igual que en calquera outra actividade e ansían poder ter máis tempo libre e rematan por marchar ás cidades.

11 Escasa rendibilidade económica A diferencia de prezo que percibe o sector polos seus produtos en orixe é ínfima con respecto ó prezo de venda dos mesmos ós cidadáns consumidores.

Page 5: PARTE III ESTRATEXIA - Asociación Terras de Lugo · Como se pode apreciar resultou máis doado atopar as debilidades que as fortalezas. Dende un ... En moitos casos pode significar

69

SECTOR AGROGANDEIRO: DEBILIDADES

Nº DEBILIDADE XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

12 Carencia de explotacións piloto.

“Para saber ou hai que ver ou hai que ler” Este dito do rural é moi válido para dar a entender esta deficiencia. A formación cultural do sector, aínda que está a mellorar coa incorporación de xente nova non é boa. Por iso é preciso ver, mais aló dalgunhas explotacións moi dimensionadas, SAT ou cooperativas de vacún de leite; estase a votar en falta outra serie de explotacións espalladas polas diferentes zonas da comarca que amosen outras formas de producir, innovadoras e difusoras nos sectores:

Productivo

Enerxético

Xestión de residuos

Xestión empresarial

Novas tecnoloxías

Redución de custes na produción

Novas producións

Depuración de augas residuais por medios biolóxicos

Producións ecolóxicas

Etc.

13 Carencia de apoio técnico.

Os técnicos das Axencias de Extensión Agraria ó igual que ocorre nas explotacións agrarias están afogados a papeis. Perdeuse o contacto directo dos técnicos cos agricultores e gandeiros nas explotacións, co obxecto de estudiar as melloras que se poden levar a cabo en cada unha das explotacións. O labor técnico non pode ser desenvolta mais aló da burocracia dos papeis: subvencións, solicitudes, etc. Estanse adicando máis medios ó labor fiscalizador que ó que terían que desenvolver: información e formación directa nas explotacións.

14 Deterioro do entorno das explotacións

O descoido do entorno das explotacións non só supón un impacto medioambiental, se non que tamén paisaxístico mermando a autoestima do colectivo pertencente ao sector primario. A calquera gústalle traballar nun entorno axeitado e favorable.

15 Obradoiros de emprego, escolas taller.

Ademais de formar nos oficios ou especialidades tradicionais como cantería, carpintería, etc., esenciais para o desenvolvemento do medio pero que están a actuar en moitas ocasións como saída da poboación cara a cidade, vótanse en falla obradoiros que incidan na formación de xente no sector agrogandeiro:

Expertos en muxido

Expertos queixeiros

Produtores horta

Produtores horta ecolóxica

Tractoristas

Etc.

16 Formación para o consumo na sociedade Débese tentar influír na formación dos consumidores para que saiban diferenciar os produtos de calidade da propia comarca.

17 Dispersión da poboación A comarca caracterízase por un poboamento disperso que inflúe nas relacións comerciais e produtivas do sector

18 Abandono do rural Abandono e falta de interese pola defensa do rural por parte dos políticos e das administracións públicas

Page 6: PARTE III ESTRATEXIA - Asociación Terras de Lugo · Como se pode apreciar resultou máis doado atopar as debilidades que as fortalezas. Dende un ... En moitos casos pode significar

70

SECTOR AGROGANDEIRO: AMEAZAS

Nº AMEAZA XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

1 Perda de poboación

Cada vez é máis preocupante o peche de explotacións e consecuentemente a perda de poboación activa no rural.

2 Especulación coas casas e coas terras

Como consecuencia dunha mala ordenación do territorio en moitos lugares hai unha gran presión especulativa sobre o solo agrícola.

3 Perda de axudas comunitarias

A perda de fondos europeos pode ser unha ameaza de retroceso nos concellos do medio rural con indicadores negativos e con espazos rurais en declive.

4 Normativas contraditorias.

A normativa é moi tímida, non está nada claro o que se quere facer. Non se acomete unha reforma agraria en profundidade, non se clarifica, e en todo caso, non se ve un espírito de sacrificio por parte da administración.

5 A normativa LEADER O programa LEADER cada vez atende menos ao sector primario deixándoo a expensas de axudas amparadas por procedementos de arriba cara abaixo

SECTOR AGROGANDEIRO: FORTALEZAS

Nº FORTALEZA XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

1 A capacidade de traballo do sector na comarca

O sector leiteiro e cárnico, sobreviven ás diferentes crises económicas, demográficas e de sistema, cun futuro importante a medio prazo. Sería desexable que fosen quen de propiciar un efecto arrastre dun xeito integral

2 Diversificación da produción

O territorio comarcal ofrece moitas alternativas produtivas deficientemente explotadas. Sectores como: horticultura, cereais, flor, cabalar, ovino, etc. ofrecen moitas alternativas para o asentamento e a dinamización poboacional.

3 Base territorial

Temos unha base territorial moi importante, que non se debe esquecer á hora de explotar todas as nosas potencialidades.

4 Necesidades controladas.

Dende fai moito tempo sabemos cales son as nosas debilidades. Consecuentemente isto é unha fortaleza.

SECTOR AGROGANDEIRO: OPORTUNIDADES

Nº OPORTUNIDADE XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

1 Imaxe de calidade do agro galego Os produtos do rural galego asócianse a unha calidade polas condicións xerais de produción e do medio ambiente

2 Imaxe de gandeiros/as e labregos/as como sostén de vida

Sen eles consideraríase un entorno rural morto, e favorecer que se manteñan os que xa hai sería unha oportunidade para amosar ás xeracións futuras as posibilidades e a atraer ás que marcharon e non atoparon o que buscaban.

3 Coidadores do medio Modeladores, rexeneradores e principais actores sobre o entorno rural e o medio ambiente, os labregos/as e gandeiros/as supoñen un colectivo de referencia para un desenvolvemento sostible.

Page 7: PARTE III ESTRATEXIA - Asociación Terras de Lugo · Como se pode apreciar resultou máis doado atopar as debilidades que as fortalezas. Dende un ... En moitos casos pode significar

71

SECTOR AGROGANDEIRO: OPORTUNIDADES

Nº OPORTUNIDADE XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

4 Denominacións de orixe. Estamos nunha comarca con varias denominacións de orixe e outras en vías ou con posibilidade de crearse: tenreira galega, pataca galega, pan galego, grelo, pan, queixos, etc.

5 Apertura de portas a novas producións. Comézanse a apreciar experiencias de produción de cereais: trigo, centeo; produtos da horta; produtos da horta ecolóxica, etc.

6 Asentamento de industrias de transformación na comarca.

Solo industrial dispoñible para o asentamento de microempresas que poidan dar saída a toda esta potencialidade de producións.

7 Formación da sociedade e dos consumidores Conciencia sobre o consumo dos alimentos sans e saudables con potencialidade nas nosas comarcas.

8 Sistemas de explotación extensiva Baseadas na terra e nos rendementos sostibles das explotacións: non por máis inverter e adicar máis tempo á xestión se conseguen maiores rendementos.

9 Os PXOM

A través dos PXOM poderíase facilitar a implantación de novas actividades ou flexibilizar os permisos para a ampliación das existentes (por exemplo, ampliación de explotacións agrarias e gandeiras) tanto en solo rural, como en solo de núcleo rural ou no urbano.

SECTOR AGROGANDEIRO: LIÑAS DE ACTUACIÓN

Nº LIÑA ACTUACIÓN/S

1 Potenciar a transformación e comercialización Fomentar e apoiar proxectos de transformación e comercialización de produtos agrarios

2 Estudos de mercado

Dispoñer de información en relación a: Que demanda a sociedade e que é o que temos que producir e como; en que podemos influír sobre a sociedade informándoa para mellora-la súa saúde e ó mesmo tempo a nosa rentabilidade; posibilidades de entrar no mercado e ó mesmo tempo dar continuidade ó suministro.

3 Explotacións piloto

Fomento de explotacións piloto e detección e difusión das que existan no territorio para dalas a coñecer á maioría dos labregos/as e gandeiros/as, pois necesítase desenrolar unha labor de innovación e ao mesmo tempo de divulgación a todos os niveis. Incidindo sobre todo naquelas que desenvolvan técnicas de mellora da eficiencia enerxética e emprego das TIC.

4 Obradoiros de emprego Formar naquilo que incide no desenrolo da actividade agrogandeira: expertos en muxido, expertos queixeiros, produción da horta, produción da horta ecolóxica, tractoristas, axentes de substitución, etc.

5 Valorización e aproveitamento dos residuos xerados nas explotacións Apoiar ou favorecer proxectos que inclúan este tipo de actuacións

6 Coñecemento das explotacións agrogandeiras nas escolas

Promover actuacións para achegar aos pequenos ó rural: visitas a explotacións piloto ou innovadoras que tamén consiga a implicación por parte de gandeiros/as e labregos/as como parte activa na transmisión do coñecemento.

7 Mellora do entorno das explotacións Fomentar e apoiar actuacións que melloren a imaxe visual do entorno das explotacións: acondicionamento de muros, camiños, sebes, e elementos en xeral representativos da paisaxe tradicional agraria

8 Creación de vínculos entre turismo rural e sector agrogandeiro

Proxectos con base integradora entre comerciantes, hostaleiros e restaurantes para a venda e comercialización de produtos locais

9 Emprego de enerxías renovables Apoio a proxectos que empreguen enerxías renovables ou técnicas de baixa eficiencia enerxética, sobre todo aquelas innovadoras

Page 8: PARTE III ESTRATEXIA - Asociación Terras de Lugo · Como se pode apreciar resultou máis doado atopar as debilidades que as fortalezas. Dende un ... En moitos casos pode significar

72

SECTOR AGROGANDEIRO: OPORTUNIDADES

Nº OPORTUNIDADE XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

10 Montes veciñais en man común

Proxectos de recuperación e/ou mantemento de sistemas pastorís en montes veciñais. Priorización de iniciativas nos montes veciñais que sexan aproveitadas posteriormente por explotacións agrogandeiras.

11 Transformación e venda dos produtos

Proxectos de novas iniciativas de distribución vinculadas ás/ós produtoras/es e elaboradoras/es que teñan como fin colocar os produtos das explotacións nos mercados locais. Potenciación dos produtos locais a través de establecementos locais

12 Educación para o consumo Fomento de actuacións para a educación alimentaria nos colexios centrada nos produtos locais.

13 Asociacionismo Potenciación de locais de transformación dos produtos agrarios ou gandeiros de uso común.

14 Difusión dos recursos Organización de eventos de difusión de estudos vinculados á valorización do territorio

15 Agrupación de terras

Fomentar a agrupación de terras, ben a través das concentracións parcelarias ou ben reducindo a carga fiscal que soportan as transaccións (doazóns, compravendas e incluso permutas- estas últimas gravadas dobremente- dos terreos). Creación de bancos de terras a nivel local.

SECTOR FORESTAL: DEBILIDADES

Nº DEBILIDADE XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

1 Calidade do produto forestal Pouta calidade do produto debido á deficiente silvicultura

2 Rixidez na explotación dos montes

Emprego do monocultivo de especies de crecemento rápido favorecendo a produción cortoplacista. Este sistema nun futuro próximo pode impedir facer fronte ás demandas da industria, restando competitividade ao sector.

3 Falta de coñecemento De especies forestais, de sistemas de aproveitamento, de montes, etc.

4 Cooperación entre propietarios e con outros sectores

Falta de cooperación entre propietarios e/ou comunidades de montes e con outros sectores relacionados: empresas de comercia­lización e transformación forestal, de envasado de produtos como setas, castañas, etc.

5 Despoboamento do rural Avellentamento da poboación rural e perda de habitantes que conleva o abandono dos montes e favorece que proliferen plantacións descontroladas.

6 Políticas forestais Arrástranse consecuencias de nefastas políticas forestais

7 Función social do monte Perda da función social do monte en prol dunha produción cortoplacista

8 Programas de I+D+i no sector

Escasa presencia de programas de I+D+i no sector silvícola. Falta de transferencia de coñecementos. Atopamos limitados recursos económicos para investir en investigación e tecnoloxía

9 Ausencia de man de obra especializada

Falta de traballadores locais cualificados axeitadamente. As empresas recorren a mao de obra barata que xeralmente é ocupada por inmigrantes, pese a contar con oferta formativa en materia forestal tanto universitaria como de formación profesional.

Page 9: PARTE III ESTRATEXIA - Asociación Terras de Lugo · Como se pode apreciar resultou máis doado atopar as debilidades que as fortalezas. Dende un ... En moitos casos pode significar

73

SECTOR FORESTAL: DEBILIDADES

Nº DEBILIDADE XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

10 Deficiente aplicación dos instrumentos de xestión

Deficiente aplicación dos instrumentos de xestión dos montes ou ausencia dos mesmos na maior parte deles, tanto en montes privados como en públicos ou conveniados.

11 Excesiva dependencia de axudas públicas á produción

Existe unha excesiva dependencia de axudas públicas á produción, debido en gran parte, a que non existe un modelo produtivo consolidado e rendible

12 Inestabilidade na demanda de produtos forestais

Inestabilidade na demanda de produtos forestais, así como no prezo dos mesmos, o que dificulta a planificación das actuacións de xestión e xeran perdas significativas que condicionan a viabilidade das explotacións

SECTOR FORESTAL: AMEAZAS

Nº AMEAZA XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

1 Desconfianza nas axudas Pouca confianza no sistema de aplicación de axudas ao seren demasiado xenérico en lugar de versátil e adaptable a cada casuística

2 Modelos de xestión dos montes anticuados

A pesaren das novas normativas que obrigan á reinversión dos beneficios en actuacións públicas no ámbito da comunidade, os modelos de xestión anticuados aos que se está acostumado tenden a ralentizar e entorpecer a transición cara novos modelos máis sustentables.

3 Variacións de mercado a curto prazo A non adaptación ás variacións de mercado pode supoñer o estancamento das producións destinadas a especies únicas ou monocultivos: casos de eucalipto, piñeiro, etc.

4 Impacto medioambiental O emprego de especies foráneas e a súa produción masiva pode favorecer a aparición de novas pragas, enfermidades, agotamento do solo, alteración da fauna, etc.

5 Plantacións “a distancia”

Propietarios non vinculados co medio rural. A proliferación de plantacións controladas dende fora do entorno rural favorece a presenza de problemas de incendios, despoboamento rural, enfrontamentos cos veciños, etc.

6 Proxectos demostrativos Pouca difusión ou presenza de proxectos demostrativos ou de iniciativas innovadoras no territorio

7 Cambio no modelo forestal

Desaparición do modelo produtivo tradicional do monte, como dobre fonte de recursos, de consumo inmediato (castañas, landras, leña,…) e económicos a longo prazo (venda de madeira de variedades tradicionais idade de corta tardía)

8 Excesiva burocratización e intervencionismo das diferentes administracións públicas

Excesiva burocratización e intervencionismo das diferentes administracións públicas (a nivel municipal, provincial, autonómico y estatal) o que limita a capacidade do sector para facer fronte as demandas de materia prima por parte da industria, restándolle competitividade.

9 Fragmentación da propiedade Fragmentación da propiedade en mans de propietarios particulares, o que dificulta o levar a cabo unha correcta xestión e resta competitividade ó sector.

10 Réxime actual dos MVMC

Os conflitos existentes pola propiedade entre comunidades e particulares orixinadas polo la non existencia de documentos de deslinde supón unha importante limitación á aplicación de sistemas de xestión e xera unha situación de inseguridade xurídica de cara á comercialización dos produtos.

11 Os incendios forestais Os incendios forestais son un dos máis importantes problemas ambientais de Galicia, o que supón unha limitación ó potencial económico do sector.

Page 10: PARTE III ESTRATEXIA - Asociación Terras de Lugo · Como se pode apreciar resultou máis doado atopar as debilidades que as fortalezas. Dende un ... En moitos casos pode significar

74

SECTOR FORESTAL: FORTALEZAS

Nº FORTALEZA XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

1 Variedade e diversidade de especies forestais autóctonas

Temos un territorio cunha capacidade produtiva elevada, e pouco degradado en canto a presenza de especies forestais autóctonas

2 Patrimonio cultural asociado Consérvase gran cantidade de vestixios e exemplos de patrimonio cultural relacionado cos montes: muíños, neveiras naturais, xacementos arqueolóxicos, etc.

3 Universidade de Santiago de Compostela

A presenza da USC no territorio (Enxeñarías, Veterinaria, CC e tecnoloxía dos alimentos…) e en concreto das áreas de investigación relacionadas co sector, fai que as oportunidades de transición da información se atopen moito máis accesibles e máis preto dos propietarios e dos comuneiros

4 Plans Xerais de Ordenación municipal

A maioría dos concellos do territorio contan con eles e se se aplican, atenden dun xeito máis directo ás necesidades legais do territorio, sobre todo en canto á ordenación e produción dos montes

5 As Comunidades de Monte Veciñal en Man Común

Ben xestionadas presentan unha función dinamizadora do rural moi importante: labor social, económica, medioambiental, etc, de cada parroquia.

6 Competitividade do sector forestal Galego Incremento ano a ano da facturación das empresas de 1ª transformación, sendo o primeiro produtor a nivel nacional

7 O rango da industria forestal A industria de base forestal figura entre as tres primeiras actividades industriais do territorio e de Galicia

8 Melloras de calidade e diversificación

Estanse a implantar medidas de cara a mellorar a calidade e diversificación dos produtos forestais, consistentes na aplicación de sistemas de xestión forestal e na obtención de produtos baixo un sistema de certificación internacionalmente recoñecido

9 Flexibilidade do sector cara novas estratexias Flexibilidade do sector para aplicar novas estratexias de comercio e apertura a novas canles de comercialización

10 Autodependencia enerxética Crecente implantación da xeración de enerxía térmica a partires de biomasa

SECTOR FORESTAL: OPORTUNIDADES

Nº OPORTUNIDADE XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

1 Nova Lei de Montes Trátase dunha lei máis realista que as anteriores que favorece a reinversión de parte dos beneficios nos montes favorecendo o seu desenvolvemento sostible

2 A diversificación do uso da madeira e dos subprodutos do monte

A variabilidade nos mercados fai que a madeira cada vez se empregue en máis procesos produtivos distintos ás canles tradicionais de transformación Unha xestión sustentable do monte favorece a presenza doutras alternativas de produción como pode ser a micolóxica ou a silvopastoral.

3 Coidadores do medio Modeladores, rexeneradores e principais actores sobre o entorno rural e o medio ambiente, os labregos/as e gandeiros/as supoñen un colectivo de referencia para un desenvolvemento sostible.

4 Certificacións de calidade Neste territorio resulta doado acadar as certificacións de calidade de produción da madeira debido ás boas condicións de produción que presenta a nosa localización xeográfica.

5 Comercialización de confianza Venda dos produtos do monte amosando unha proximidade e poñendo en coñecemento do consumidor todo o proceso de produción

6 Programas e proxectos europeos para a innovación

Dispoñibilidade de fondos provintes da Unión Europea destinados á innovación. Posibilidade de desenvolver proxectos piloto de carácter innovador.

Page 11: PARTE III ESTRATEXIA - Asociación Terras de Lugo · Como se pode apreciar resultou máis doado atopar as debilidades que as fortalezas. Dende un ... En moitos casos pode significar

75

SECTOR FORESTAL: LIÑAS DE ACTUACIÓN

Nº LIÑA ACTUACIÓN/S

1 Silvicultura ordenada e completa Fomento e apoio de proxectos de xestión que axuden a manter o monte limpo o cal favorecerá a presenza doutro tipo de producións distintas á forestal, como é a micolóxica

2 Modelos silvopastorais Fomento de actuacións no sector forestal a través de modelos silvopastorais: cabras, ovellas, cabalos, porcos celtas no monte.

3 Plans de xestión e ordenación Fomento e apoio á consecución dos plans de xestión e ordenación dos montes. A aplicación de modelos de xestión permitiría a obtención dunha produción sostible de materia prima de calidade

4 Asesoramento técnico

Organización de eventos destinados á formación de comuneiros e propietarios: coñecemento de masas forestais, xestión, alternativas produtivas, etc. Atención especial á novas producións como é a resina, organizando xornadas informativas e formativas sobre a metodoloxía e extracción así como das posibilidades do sector na comarca

5 Establecementos de venda de produtos locais Apoio a iniciativas de comercialización dos produtos dos montes diferentes da madeira: carne, leite, cogomelos, etc., favorecendo a creación ou implementación de establecementos que lles dean acollida.

6 Aproveitamentos integrais dos subprodutos dos montes

Apoio e fomento de proxectos relacionados co aproveitamento (extracción e transformación) de subprodutos do monte como a resina ou os cogomelos. Potenciar proxectos integradores que non limiten o medio (sustentables)

7 Desenvolvemento integral da comarca

Os usos do monte deben incidir nos sectores estratéxicos de cada zona: industrias extractivas, biomasa, etc. Establecer unha rede de contacto entre empresas de comercialización, transformación, USC e produtores ou agrupacións de produtores.

8 Mellora das empresas de transformación da madeira

Apoio a proxectos relacionados con investimentos en modernización e innovación na transformación da madeira (menores consumos e maior eficacia)

9 Mellora de infraestruturas Atención a proxectos que favorezan a mellora de infraestruturas para realizar traballos de extracción e coidado dos montes

10 Implantación de normas de calidade Condicionar o apoio a proxectos coa presenza de certificacións de calidade

11 Selos de comercialización de confianza Apoio á creación de selos de comercialización de confianza amosando como se fai o produto, e dicir, unha comercialización de proximidade no que se ofreza un servizo directo e se amose como se traballa o produto.

12 Aplicación das novas tecnoloxías na xestión dos montes

Apoio a proxectos de aplicación das novas tecnoloxías na xestión dos montes, sobre todo no silvopastoreo: videovixianza, control de producións, etc.

13 Posta en valor do patrimonio natural e etnográfico dos montes

Apoio a proxectos de aplicación dos SIX na xestión dos montes, tanto dende un punto de vista produtivo como de posta en valor do patrimonio cultural e natural asociado e como espazos de lecer (rutas de sendeirismo, etc). Orientación da información xeográfica cara a promoción turística dos espazos forestais.

14 Aproveitamento dos montes para produción de mel

Apoio a proxectos innovadores na extracción do mel como pode ser a creación de centros móviles de extracción autosuficientes (local móbil con elementos básicos de extracción), favorecendo así o aforro en desprazamentos ás distintas zonas de colmeas para reunir a produción.

15 Conservación do patrimonio Apoio á creación de obradoiros de carpintaría, cantería, etc., que axudarían a rehabilitación de construcións tradicionais a través dos produtos do monte.

Page 12: PARTE III ESTRATEXIA - Asociación Terras de Lugo · Como se pode apreciar resultou máis doado atopar as debilidades que as fortalezas. Dende un ... En moitos casos pode significar

76

SECTOR FORESTAL: LIÑAS DE ACTUACIÓN

Nº LIÑA ACTUACIÓN/S

16 Diversificación de cultivos

Promover medidas que favorezan a diversidade dos cultivos nos montes, pero nunca limitando o establecemento duns en detrimento doutros, se non mediante a aplicación de incentivos. Apoio á implantación de sistemas de cultivo de cereais de variedades autóctonas nos montes veciñais para incidir na recuperación de especies cinexéticas como é a perdiz vermella relacionada con este tipo de cultivos

SECTOR SOCIAL: DEBILIDADES

Nº DEBILIDADE XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

1 Carencia de recursos para colectivos desfavorecidos

Carencias en canto a recursos das persoas maiores, con discapacitados e incluso para os seus coidadores e familias

2 Situación das coidadoras Dificultade de conciliación do traballo cas cargas familiares, sobre todo cando se teñen persoas dependentes ao cargo

3 Carencia de recursos básicos no rural Recursos en canto a lecer, deportivos, atención ás persoas…

4 Fenda tecnolóxica Desigualdade de acceso ás TIC do rural respecto ao urbano e incluso entre áreas rurais menos urbanizadas e as máis urbanizadas

5 Infrautilización de infraestruturas públicas Infrautilización de centros educativos, telecentros, locais sociais, espazos deportivos, casas da cultura, etc.

6 Dispersión xeográfica Perda de vínculos sociais e illamento sobre todo de mulleres e nenos

7 Falta de información no rural Detéctase unha carencia en información sobre todo en canto a recursos aos que acceder, xa non só dentro dun municipio, se non a nivel tamén supramunicipal

8 Infravaloración social do traballo no rural Desprezo xeral polo traballo do sector primario: gandería, agricultura, etc.

9 Envellecemento da poboación A poboación que permanece no rural son persoas maiores e o nivel de natalidade é moi baixo

10 Excesiva economía sumerxida Dáse sobre todo nos sectores de atención a persoas maiores ou con discapacidade así como en empregadas/os do fogar, que non favorece a profesionalización e dignificación dos profesionais

11 Accesibilidade en infraestruturas Falta de accesibilidade en infraestruturas tanto públicas como privadas de uso común, incluso hainas de nova creación que incumpren a lexislación vixente

12 Accesibilidade no turismo Falta de recursos accesibles para que a poboación con mobilidade reducida poida desfrutar do turismo

13 Fenda laboral

Aumento da fenda laboral entre os municipios de crecemento socioeconómico con respecto aos que perden poboación paulatinamente, e dicir, entre os de Lugo, Outeiro de Rei e Rábade e os do Corgo, Friol, Castroverde e Guntín

14 Decremento dos recursos educativos da comarca

Progresivo peche de colexios rurais nos núcleos máis desfavorecidos da comarca. Concentración da oferta de educación secundaria nas capitalidades municipais de Friol, Rábade, Castroverde, Guntín e Lugo, quedando sen ela Outeiro de Rei e O Corgo Escasa oferta de módulos formativos de grao medio, limitada a especialidades con difícil saída ao mercado laboral

Page 13: PARTE III ESTRATEXIA - Asociación Terras de Lugo · Como se pode apreciar resultou máis doado atopar as debilidades que as fortalezas. Dende un ... En moitos casos pode significar

77

SECTOR SOCIAL: AMEAZAS

Nº AMEAZA XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

1 Falta de confianza na xestión participada de fondos públicos

Pola experiencia en programas anteriores e polas características socioeconómicas do territorio e a tradición social do mesmo, a implicación en proxectos que requiren certa participación e capacidade de decisión é moi limitada,

2 O rural como reserva de solo urbanizable Os núcleos máis habitados do rural convértense en vilas dormitorio da capitalidade da comarca

3 Limitados servizos de comunicación

A pesares de contar con boas vías de comunicación entre a capitalidade da comarca e os núcleos cabeceira dos concellos limítrofes, os servizos de transporte público cada vez son máis reducidos e condicionados a horarios moi espazados entre si, de tal xeito que se unha persoa ten que ir ao hospital pola mañá pode votar o día en Lugo ata coller un autobús de volta á súa casa, coa conseguinte perda de tempo que isto supón

4 Fenda tecnolóxica Dificultades no desenvolvemento de formación ou procesos on-line polas limitacións de acceso a Internet en condicións óptimas

5 Inadecuación da oferta formativa Exceso de formación en áreas de fácil programación e impartición, aínda que non se correspondan coas necesidades socioeconómicas do territorio

6 Cobertura dos servizos sanitarios

Limitacións da actual cobertura sanitaria comarcal para dar resposta ás novas demandas ocasionadas polos cambios demográficos. Poboación rural dispersa que reduce a eficacia dos servizos sanitarios de urxencia.

SECTOR SOCIAL: FORTALEZAS

Nº FORTALEZA XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

1 Recursos existentes Aproveitamento como espazos de usos múltiples dos locais públicos en desuso

2 Riqueza inmaterial Os nosos maiores aportan un coñecemento inmaterial erguéndose como principais transmisores da cultura, oficios, xogos, historia, lingua, tradicións, etc.

3 Figuras de protección Sobre todo a Reserva da Biosfera Terras do Miño a través da cal se pretende conxugar o desenvolvemento do home de xeito parello co da terra

4 Movemento asociativo O movemento asociativo cubre as necesidades máis próximas en canto á dinamización sociocultural do rural

SECTOR SOCIAL: OPORTUNIDADES

Nº OPORTUNIDADE XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

1 Boas comunicacións

Na meirande parte do territorio existen boas comunicacións que favorecen os desprazamentos curtos, tanto en distancia como en tempo, entre os núcleos rurais, as vilas principais dos concellos e coa capitalidade da comarca

2 O envellecemento da poboación Supón unha oportunidade de traballo para coidadores/as de persoas maiores

3 Cambio climático Implicación da poboación na loita contra o cambio climático a través da crecente aplicación de medidas de aforro enerxético e de sistema de aproveitamento de enerxías renovables.

Page 14: PARTE III ESTRATEXIA - Asociación Terras de Lugo · Como se pode apreciar resultou máis doado atopar as debilidades que as fortalezas. Dende un ... En moitos casos pode significar

78

SECTOR SOCIAL: OPORTUNIDADES

Nº OPORTUNIDADE XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

4 Comunidades de usuarios de confianza

Crecente desenvolvemento das comunidades de usuarios que comparten servizos cotiás como alternativas a escaseza de servizos públicos que cubran as necesidades do territorio (desprazamentos, tarefas do fogar, etc.)

5 Programas europeos dirixidos á conservación do patrimonio rural

Programas coma o LEADER, ou de cooperación entre territorios que permiten compartir experiencias mediante fondos europeos

6 Novas tendencias que valoran a vida en entornos rurais

Existencia de experiencias positivas de regreso ao medio rural como unha alternativa para o desenvolvemento de actividades económicas.

7 Prezo asequible da terra

A terra perde valor de xeito parello á perda de poboación e de actividade económicas vinculadas ao rural, polo que é máis doado que os novos poboadores poidan adquirir unha vivenda e unha terra para traballar a un prezo moi asequible

8 Novas tecnoloxías Posibilidade de emprego das novas tecnoloxías para a mellora dos servizos prestados no ámbito asistencial

SECTOR SOCIAL: LIÑAS DE ACTUACIÓN

Nº LIÑA ACTUACIÓN/S

1 Posta en valor do entorno rural Implicación da poboación local nas actuacións de posta en valor e promoción turística do territorio

2 Recuperación da cultura inmaterial Apoio a proxectos de recuperación da cultura inmaterial dos maiores: cultura, oficios, xogos, historia, lingua tradicional

3 Recuperación de infraestruturas do territorio Rehabilitación de antigas escolas, muíños, campos da feira, etc. para potenciar os espazos de encontro social

4 Emprego das TIC e das novas tecnoloxías

Impulsar o emprego das TIC e das novas tecnoloxías por parte da poboación rural como fonte de mellora de calidade de vida aplicada nos espazos de lecer, formación , participación, relacións sociais, información, etc.

5 Recursos con dotación independente da titularidade dos mesmos

Aproveitamento de recursos con dotación independente da titularidade dos fins iniciais polos que foron concibidos: biblioteca de colexios de acceso aberto ao público en xeral.

6 Comunidades de usuarios de confianza

Fomento de comunidades de usuarios baseadas na confianza para suplir a carencias de servizos públicos, e dicir, o que se denomina “Consumo Colaborativo”: alternativas a medios de transporte mediante particulares que ofrecen compartir a viaxe, servizos de tarefas no fogar, acompañamento, etc.

SECTOR CULTURAL E EDUCATIVO: DEBILIDADES

Nº DEBILIDADE XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

1 Ausencia de asociacións Ausencia dunha tradición forte de asociacións de carácter cultural na comarca

2 Asociacións de reducidas dimensións

Asociacións culturais e educativas de reducidas dimensións na comarca de Lugo. Os colectivos de carácter cultural posúen en xeral un número baixo de socios e teñen estruturas organizativas fráxiles con lentas dinámicas internas.

3 Capacidade financeira e burocráticas Incapacidade das entidades asociativas para afrontar os retos financeiros e burocráticos que habitualmente implica desenvolver un proxecto en colaboración coas administracións públicas (subvencións...).

Page 15: PARTE III ESTRATEXIA - Asociación Terras de Lugo · Como se pode apreciar resultou máis doado atopar as debilidades que as fortalezas. Dende un ... En moitos casos pode significar

79

SECTOR CULTURAL E EDUCATIVO: DEBILIDADES

Nº DEBILIDADE XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

4 Dependencia de financiamento público As entidades asociativas presentan Estratexias dependentes de apoios oficiais ou de organismos públicos polo escaso sector privado que colabora nas actividades asociativas.

5 Demanda de locais sociais Inexistencia de locais sociais na maioría das asociacións co fin de desenvolver actividades, realizar reunións, ou simplemente como sede administrativa

6 Fenda dixital

Conexión a internet de baixa velocidade ou imposibilidade de conexión na maioría dos núcleos rurais. Cando as asociacións si teñen posibilidade de acceso a internet de alta velocidade (ADSL ou satélite) atópanse con tarifas elevadas. Perigo ante a creación dunha fenda dixital que cree desigualdades sociais.

7 Relacións entre asociacións

Falta de comunicación entre asociacións do mesmo concello, e por suposto da mesma comarca (as administracións non facilitan ese nexo de unión mediante reunións por mesas sectoriais nin posúen un censo actualizado de colectivos culturais-educativos).

8 Novas tecnoloxías

Alta desconfianza da xente á formación, sobre todo cando se trata de novas tecnoloxías. Nivel escaso de formación en novas tecnoloxías aplicadas ao agro (internet, ofimática...).

9 Escasa dinamización cultural Insuficientes técnicos locais que se dediquen á dinamización cultural, mal preparados ou moi ligados aos gobernos municipais.

10 Complexo de inferioridade Complexo de inferioridade do rural fronte á cidade.

11 Pouco valor da cultura e da educación En xeral a xente dá pouca importancia a un aspecto tan importante como a cultura e a educación, valorando moito máis a política das obras e do formigón.

SECTOR CULTURAL E EDUCATIVO: AMEAZAS

Nº AMEAZA XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

1 Efecto da capital da provincia no territorio

A presenza dunha cidade das dimensións de Lugo absorbe a vida cultural dos concellos limítrofes e en xeral da zona rural da comarca. Dende os eixes de comunicación que conflúen na capital provincial ata os servizos administrativos e comerciais que tamén están concentrados na cidade, fan que a poboación da comarca se desprace ata a cidade para satisfacer as necesidades a nivel cultural.

2 Dificultade para organizar eventos

Dificultade para organizar eventos de afluencia masiva (despoboamento do rural), que son os que levan maiores porcentaxes de inversión pública, os que recaban o interese das persoas e dos medios de comunicación.

Page 16: PARTE III ESTRATEXIA - Asociación Terras de Lugo · Como se pode apreciar resultou máis doado atopar as debilidades que as fortalezas. Dende un ... En moitos casos pode significar

80

SECTOR CULTURAL E EDUCATIVO: FORTALEZAS

Nº FORTALEZA XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

1 Eficacia na administración e xestión da entidades asociativas

As asociacións culturais e educativas da comarca destacan pola súa eficacia na administración do diñeiro público. Con poucos recursos económicos realízanse unha grande cantidade de actividades, xa que os membros das asociacións, en xeral, poñen o seu traballo persoal mentres que o diñeiro público pasa a cubrir os gastos de materiais.

2 Riqueza patrimonial

A comarca conta cun inmenso patrimonio cultural da comarca prerromano (castros, mámoas...), romano (muralla, vías romanas...) e medieval (pontes, pazos…) e tamén natural con recursos paisaxísticos de calidade (todo o territorio do GDR-4 pertence á Reserva da Biosfera Terras do Miño).

3 Boa comunicación por estrada

Existencia dunha rede de estradas rurais abundante que se ordenan coas estradas principais de xeito radial (N VI, A 6, N 540, N 640 e un cinturón que percorre os concellos limítrofes).

4 Transporte público Existencia de transporte público centralizado na cidade de Lugo

SECTOR CULTURAL E EDUCATIVO: OPORTUNIDADES

Nº OPORTUNIDADE XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

1 O entorno do río Miño

Destaca o entorno do río Miño e dos seus afluentes. A comarca presenta unha densa rede fluvial con abundantes elementos etnográficos e zonas de impresionante beleza paisaxística.

2 O Camiño Primitivo a Santiago

O Camiño Primitivo de Santiago que atravesa a comarca de Lugo debe ser fonte de riqueza ao seu paso ao igual que outros dos camiños de Compostela. O Primitivo foi a primeira ruta de peregrinación e posúe un denso patrimonio artístico nas súas proximidades. A maiores pola comarca pasa unha variante do Camiño Francés que enlaza co Primitivo en Lugo, pasando antes polo Corgo.

3 Entramado camiñeiro tradicional e rutas de sendeirismo

A Vía Romana XIX (sinalizada dende Becerreá ata Lugo) e en xeral os numerosos restos de orixe romana da comarca deben ser un imán turístico a potenciar. Asemade atópase unha rede camiñeira tradicional asociada que ofrece oportunidades de atracción turística importantes: Camiño Norte Interior (ou de S. Rosendo), a Ruta das Feiras, Rutas de sendeirismo homologadas e rutas sinalizadas de Castroverde, camiños dos arrieiros, camiños a Castela, camiños que comunicaban coa costa atlántica, etc.

4 Crise económica O aumento no índice do paro propiciará o retorno á agricultura e a gandería e diminuirá o despoboamento rural.

5 Programas europeos dirixidos á conservación do patrimonio rural

Programas coma o LEADER, ou de cooperación entre territorios que permiten compartir experiencias mediante fondos europeos

Page 17: PARTE III ESTRATEXIA - Asociación Terras de Lugo · Como se pode apreciar resultou máis doado atopar as debilidades que as fortalezas. Dende un ... En moitos casos pode significar

81

SECTOR CULTURAL E EDUCATIVO: OPORTUNIDADES

Nº OPORTUNIDADE XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

6 Interpretación de elementos patrimoniais

A través das técnicas de interpretación do patrimonio pódese realizar unha planificación territorial un elemento clave para que os programas interpretativos sexan efectivos, teñan coherencia entre si, e amosen os recursos da zona como un todo, aínda que destacando as súas peculiaridades e valores intrínsecos. Planificar a comunicación dos valores patrimoniais dun territorio permite que as labores de xestión dos mesmos sexan máis eficaces e efectivas, ao camiñar cara uns obxectivos predefinidos e optimizando a utilización dos recursos, tanto materiais como humanos. É un proceso que analiza a necesidade de programas, servizos, medios e persoal para transmitir mensaxes (o significado do lugar) aos visitantes dos lugares patrimoniais.

SECTOR CULTURAL E EDUCTATIVO: LIÑAS DE ACTUACIÓN

Nº LIÑA ACTUACIÓN/S

1 Itinerarios interpretativos de interese natural, cultural e paisaxístico

Deseño e sinalización de itinerarios interpretativos de interese natural, cultural e paisaxístico, que fomenten o turismo na zona e que ademais obriguen a ter acondicionados (limpeza e desbrozado) lugares con especial interese.

2 Turismo rural integrador Ampliar a oferta de actividades dos establecementos de turismo rural fundamentadas na integración coas distintas iniciativas que xa existen no territorio promovidas por outras entidades, veciños, etc.

3 Aproveitamento de infraestruturas locais Arranxo de escolas ligadas a asociacións culturais-educativas que demostren unha actividade real, como centros sociais-culturais.

4 Potenciación dos xogos populares. Actuacións centradas en poñer en valor os xogos populares ou tradicionais e transmitilos ás xeracións máis novas do rural: a través dos colexios, colectivos sociais,, etc.

5 Garderías no rural Os pais no rural teñen que poder compaxinar a súa familia e o seu traballo polo que un servizo de garderías axeitado e versátil preséntase cada día máis necesario

6 Comunidades de usuarios de confianza

Fomento de comunidades de usuarios baseadas na confianza para suplir a carencias de servizos públicos, e dicir, o que se denomina “Consumo Colaborativo”: alternativas a medios de transporte mediante particulares que ofrecen compartir a viaxe, servizos de tarefas no fogar, acompañamento, etc.

7 Locais sociais para maiores Incentivar a creación de locais sociais para persoas maiores.

8 Potenciar á muller rural

Potenciar a muller rural e a súa importancia como piar fundamental para a supervivencia das vilas do rural, cunha formación específica que sexa de aproveitamento no súa explotación, xa sexa con novos proxectos ou diversificación na súa propia empresa.

9 Planificación interpretativa Creación e apoio a proxectos de planificación interpretativa do territorio, sobre todo do patrimonio cultural e etnográfico

10 Asesoramento especializado Apoio á creación de redes de técnicos que ofrezan un asesoramento individualizado á poboación rural en relación a xestión, subvencións, axudas, proxectos, etc.

Page 18: PARTE III ESTRATEXIA - Asociación Terras de Lugo · Como se pode apreciar resultou máis doado atopar as debilidades que as fortalezas. Dende un ... En moitos casos pode significar

82

SECTOR CULTURAL E EDUCTATIVO: LIÑAS DE ACTUACIÓN

Nº LIÑA ACTUACIÓN/S

11 Creación de negocios vinculados as actividades de lecer

Apoio á creación de negocios asociados ás actividades de lecer que moven o tempo libre dos habitantes e visitantes do territorio. Por exemplo a caza e a pesca son dúas actividades que atraen moita xente de Lugo a esta agrupación rural, deberíase potenciar a creación de negocios (tendas especializadas, explotacións, bares e cafeterías adaptadas a este colectivo).

12 Acondicionamento e mellora de campos da feira

Actuacións de mellora e acondicionamento de campos da feira e infraestruturas asociadas

SECTOR DEPORTIVO E RECREATIVO: DEBILIDADES

Nº DEBILIDADE XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

1 Dimensións das entidades e financiamento

As asociacións que traballan no eido do deporte nos concellos son poucas, pequenas e con estratexias moi dependentes dos apoios oficiais, ante a dificultade de encontrar patrocinadores que aporten recursos financeiros. Esta dependencia agrávase se non se comulga cas ideas dos gobernantes, empeñados en primar a único equipo e deporte, deixando de lado ao deporte base e o resto dos colectivos do concello. Ante isto so queda o esforzo persoal e impagable de xente que adica o seu tempo e cartos para promocionar a facer deporte.

2 Rede de instalacións deportivas incompletas.

As instalacións deportivas non atenden as demandas da poboación ademais de presentar unha baixa calidade na maioría das mesmas

3 Aproveitamento insuficiente das instalacións existentes.

Existe unha infrautilización das instalacións existentes que non xustifica a construción doutras novas

4 Mantemento descoidado das instalacións. As instalacións en xeral non presentan un mantemento continuo acorde co uso que se lles da, atopándoas en xeral sucias e descoidadas

5 Aproveitamento dos recursos naturais para o uso de actividades na natureza.

A gran cantidade de recursos naturais que presenta o territorio non é aproveitado para o desenvolvemento e promoción de actividades na natureza

6 Apoio ao deporte de base Dende os concellos préstase pouca atención ao deporte base Falla de campañas para incentivar a práctica deportiva de base en todos os sectores sociais.

7 Escasa participación e implicación das entidades A escasa participación da poboación nas entidades e nas actividades fai que se perda a ilusión por organizalas

8 Deportes minoritarios Pouco apoio e promoción dos deportes minoritarios centrándose esforzos públicos nos de masas: fútbol e baloncesto

Page 19: PARTE III ESTRATEXIA - Asociación Terras de Lugo · Como se pode apreciar resultou máis doado atopar as debilidades que as fortalezas. Dende un ... En moitos casos pode significar

83

SECTOR DEPORTIVO E RECREATIVO: AMEAZAS

Nº AMEAZA XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

1 Motivación para o deporte Falla de motivación na xente nova á hora de adicar o seu tempo libre o deporte.

2 Promoción do deporte de elite

A promoción excesiva o deporte de “elite”, pode distorsionar o sentido e a función natural do deporte como actividade física individual e socialmente saudable.

3 A política no deporte Uso do deporte só como unha arma política por parte dos concellos.

4 Falta de apoios externos Falta de vontade pública e privada para apoiar os proxectos das asociacións.

5 Axudas ridículas

As contías das axudas que se conceden ou a propia incerteza en relación a cantidade que se vai a outorgar desanima as entidades a realizar proxectos.

6 Burocracia desalentadora Largas tramitacións burocráticas para optar as subvencións o que desanima a súa solicitude.

SECTOR DEPORTIVO E RECREATIVO: FORTALEZAS

Nº FORTALEZA XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

1 O deporte é saúde Concienciación crecente na sociedade de que facer deporte é saudable

2 Deporte na natureza O territorio dispón dun extraordinario marco para as actividades e deportes relativos a natureza.

3 Escolas deportivas municipais

As escolas municipais deportivas ben xestionadas, en boa medida cumpren o seu cometido de iniciación o deporte que demanda a poboación infantil.

SECTOR DEPORTIVO E RECREATIVO: OPORTUNIDADES

Nº OPORTUNIDADE XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

1 Tempo de lecer Cada vez adícase máis tempo de lecer a practicar deporte

2 Programa LEADER

Aproveitar o programa LEADER para mudar os actuais procedementos burocráticos e fiscalizadores na tramitación de subvencións.

Page 20: PARTE III ESTRATEXIA - Asociación Terras de Lugo · Como se pode apreciar resultou máis doado atopar as debilidades que as fortalezas. Dende un ... En moitos casos pode significar

84

SECTOR DEPORTIVO E RECREATIVO: LIÑAS DE ACTUACIÓN

Nº LIÑA ACTUACIÓN/S

1 Rede de clubes e centros deportivos

Apoio á consolidación de estruturas do deporte escolar do centro escolar, incidindo no achegamento e alianzas clubes/centros escolares, colaborando e ampliando a oferta de actividades a escolares, propiciando a inserción nas estruturas dos clubes e as propias relacións entre os clubes.

2 Oferta de deporte completa Deseñar unha oferta de deporte de participación completa, de calidade, ben distribuída xeograficamente e global en cada concello.

3 Deporte ao aire libre

Adecuar os espazos urbáns e naturais do concello para a práctica de deporte ao aire libre. Construción de circuítos de exercicio ao aire libre e integrados nos espazos ambientais

4 Deporte todo o ano Consolidar as actividades deportivas recreativas durante todo o ano e en todo o concello.

5 Deporte vinculado a actividades tradicionais

Fomentar e promover a recuperación de deportes tradicionais Desenvolvemento de actividade fluviais no Miño, escolas infantís de piragüismo, batuxos...

6 Clubes deportivos Apoio á creación de clubes deportivos nos concellos como pezas básicas do entramado deportivo

7 Deporte feminino Apoio a actuacións que favorezan o acceso da muller ao deporte

8 Deporte discapacitados Apoio a actuacións que favorezan o acceso de discapacitados ao deporte

9 Infraestruturas versátiles Primar a construción ou creación de infraestruturas deportivas versátiles que sexan capaces de atender o maior rango de deportes posible

10 Información accesible Creación de puntos de información dixital dos recursos e eventos dos concellos. Facelos accesibles dun xeito áxil para veciños e entidades

SECTOR VECIÑAL: DEBILIDADES

Nº DEBILIDADE XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

1 Servizos básicos e infraestruturas Limitacións ou ausencias de infraestruturas e servizos básicos que sexan capaces de atender ás necesidades da poboación nun amplo espectro

2 Mantemento de camiños Os camiños e vías tradicionais de comunicación non se manteñen limpos coa frecuencia necesaria, o que provoca o abandono dos mesmos ata que se pechan e quedan inutilizados

3 Funcionamento das asociacións A asociacións teñen un sistema organizativo e de funcionamento pouco áxil.

4 Abandono institucional Os veciños do rural séntense abandonados polos alcaldes. Sería preciso que os políticos se acheguen á xente para motivar ás entidades

5 Atención ás persoas maiores As persoas maiores non están ben atendidas.

6 Espírito asociativo O escaso espírito asociativo dificulta o desenvolvemento de empresas e cooperativas.

Page 21: PARTE III ESTRATEXIA - Asociación Terras de Lugo · Como se pode apreciar resultou máis doado atopar as debilidades que as fortalezas. Dende un ... En moitos casos pode significar

85

SECTOR VECIÑAL: DEBILIDADES

Nº DEBILIDADE XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

7 Sentimento de animadversión Existe un sentimento de animadversión polo campo

8 Éxodo do rural O éxodo do rural, orixina o abandono dos inmobles que acaban derruíndose.

9 Minifundismo asociativo

O haberen moitas asociacións dificulta a xestión multifuncional dos pobos: nun mesmo núcleo ou parroquia hai comunidade de montes, asociación de veciños, asociación cultural, asociación deportiva e cada un tira polo seu lado en lugar de formar unha entidade conxunta máis polivalente

10 Participación Escasa participación nas entidades por falta de ilusión e compromiso

11 Falta de unión Hai falta de unión entre os veciños, e predomina un espírito negativo, pechado e pesimista.

12 Liderazgo e asesoramento técnico Ausencia de líderes e técnicos capacitados que traballen sen favoritismos e con convicción

13 Frecuentes discordias Suceden a nivel veciñal frecuentes discordias que restan forza aos proxectos asociativos.

14 Predominio da tradición No rural predomina a tradición e non se innova o suficiente.

SECTOR VECIÑAL: AMEAZAS

Nº AMEAZA XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

1 Restricións burocrático - normativas

As restricións burocrático - normativas dificultan e nalgúns casos imposibilitan o desenvolvemento de proxectos por parte das asociacións. A tramitación burocrática esixida para optar ás subvencións resulta moi custosa para os colectivos. A incerteza en relación a contía das subvencións outorgadas desanima as entidades a realizar proxectos.

2 Intereses políticos

A busca dos votos por parte dos políticos favorece que as administracións centren o seu interese nas zonas urbanas, marxinando o rural. os políticos non teñen vontade para apoiar os proxectos das asociacións. Os partidos políticos buscan a confrontación entre eles e “desfán” uns o que empezan os outros. Nas relacións coa administración predomina o “amiguismo /enchufismo”

3 Apoios ao mantemento do medio ambiente Insuficientes apoios á limpeza e mantemento de espazos públicos

4 Decisións a distancia

Os técnicos e funcionarios “queren facer as cousas desde as oficinas” As oficinas comarcais agrarias non prestan un servizo axeitado.

5 Inoperancia das administracións As Administracións son inoperantes na tramitación de licencias.

Page 22: PARTE III ESTRATEXIA - Asociación Terras de Lugo · Como se pode apreciar resultou máis doado atopar as debilidades que as fortalezas. Dende un ... En moitos casos pode significar

86

SECTOR VECIÑAL: AMEAZAS

Nº AMEAZA XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

6 As apropiacións ilegais

As apropiacións ilegais de camiños e espazos públicos, inclusive aqueles con valor histórico (Camiño Primitivo, Vía XIX, Camiño Norte de Interior, camiños das feiras, etc.) e a sinalización disuasoria que se emprega, fan que a xente se esqueza da súa presenza e importancia

SECTOR VECIÑAL: FORTALEZAS

Nº FORTALEZA XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

1 Importe das inversións públicas Salvo determinadas infraestruturas, as inversións no rural non son moi custosas, a lo menos en comparanza coas zonas urbanas

2 Crecente interese polos movementos asociativos

A pesares das debilidades e ameazas, seguen a manterse e crearse novas asociacións

3 Aproveitamento das oportunidades reais A xente do rural recoñece e aproveita as oportunidades “reais”.

4 Potencialidade do entorno

O entorno rural ofrece posibilidades de desenvolvemento local inesgotables: rutas de sendeirismo, actividades na natureza, caza, pesca, etc., que poden a axudar a aumentar a autoestima dos veciños sempre que se sintan partícipes do que se desenvolva no seu territorio

SECTOR VECIÑAL: OPORTUNIDADES

Nº OPORTUNIDADE XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

1 Apoio institucional Se se conseguen salvar as barreiras políticas, como sucede nalgúns dos concellos, as institucións públicas poden chegar á poboación a aos seus proxectos

2 As concentracións parcelarias As concentracións parcelarias, realizadas dende o respecto ao entorno e á historia do territorio, poden facer máis atractivo o rural para o establecemento da xente nova

3 Os GDR Aproveitar o GDR para mudar os actuais procedementos burocráticos e fiscalizadores na tramitación de subvencións.

4 Os PXOM A ordenación sostible do territorio a través dos PXOM axudará a un control do mesmo dun xeito máis próximo no ámbito local

SECTOR VECIÑAL: LIÑAS DE ACTUACIÓN

Nº LIÑA ACTUACIÓN/S

1 Edificacións abandonadas Promover a rehabilitación de edificacións abandonadas e derruídas en prol do seu aproveitamento común

Page 23: PARTE III ESTRATEXIA - Asociación Terras de Lugo · Como se pode apreciar resultou máis doado atopar as debilidades que as fortalezas. Dende un ... En moitos casos pode significar

87

SECTOR VECIÑAL: LIÑAS DE ACTUACIÓN

Nº LIÑA ACTUACIÓN/S

2 Mantemento do entorno Favorecer actuacións integradoras que responsabilicen aos distintos axentes no mantemento do entorno: camiños, rutas, espazos de lecer, fontes, ríos, etc.

3 Vertedoiros incontrolados Promover a eliminación de vertedoiros incontrolados mediante a concienciación e a participación pública así como actuacións de recuperación e restauración medioambiental deses espazos

4 Dotación de servizos Promover a dotación de servizos á poboación: novas tecnoloxías, transporte público, etc.

5 Servizos a colectivos desfavorecidos Creación de centros de día, miniresidencias, etc.

6 Diversificación económica Fomento da diversificación económica primando aquelas actuacións que xustifiquen unha versatilidade na súa actividade dun xeito integrador co entorno

7 Actividades de lecer Creación e mantemento de infraestruturas para o desenvolvemento de actividades nos espazos fluviais.

8 Infraestruturas versátiles Primar a construción ou creación de infraestruturas veciñais versátiles que sexan capaces de atender o maior rango de actividades posible

9 Inventario de bens públicos e de dereitos públicos

Promover nos distintos concellos o inventariado dos bens públicos e dos dereitos públicos sobre os mesmos para poder actuar sobre eles legalmente

SECTOR COMERCIO E INDUSTRIA: DEBILIDADES

Nº DEBILIDADE XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

1 Desaproveitamento do solo industrial

O solo industrial a xeito de polígonos atópase en fase de abandono ou de crecemento lento mentres as empresas seguen a construír naves próximos aos núcleos ou en fincas afastadas, co conseguinte impacto medioambiental e económico que supón.

2 Actividades económicas encorsetadas

As actividades económicas no rural sempre son as mesmas, principalmente ligadas ao sector primario e ao sector servizos, tanto as existentes como as que se crean e séguense patróns estandarizados baseados no tradicional en lugar de innovar de xeito integrado coas necesidades do territorio

3 Redes empresariais Insuficiente rede de empresas, comercio e postos de traballo

4 Explotación dos recursos turísticos Insuficiente explotación dos recursos turísticos (falta de camas, actividades complementarias, difusión e publicidade, etc.)

5 Fraude no turismo rural Casas de turismo rural que foron rehabilitadas a través de axudas públicas que se aproveitaron para amañalas cunha finalidade fraudulenta, ao dotalas dunha actividade legal “aparente”

6 Coñecementos laborais Carencias en formación, reciclaxe ou posta ao día en cuestións laborais.

7 Crenzas limitadoras Gran influenza no desenvolvemento social e económico dos imaxinarios colectivos tradicionais (“rural” como abandono, atraso..., etc. fronte a “urbano” moderno e dinámico), transmitidos xeracionalmente.

8 Éxodo do rural O éxodo do rural, orixina falta de traballadores locais.

9 Tecido industrial e empresarial escaso Non existen potentes redes empresariais e industriais que tiren en conxunto polo desenvolvemento socioeconómico do territorio. Existe unha escasa tradición de cooperación empresarial

Page 24: PARTE III ESTRATEXIA - Asociación Terras de Lugo · Como se pode apreciar resultou máis doado atopar as debilidades que as fortalezas. Dende un ... En moitos casos pode significar

88

SECTOR VECIÑAL: LIÑAS DE ACTUACIÓN

Nº LIÑA ACTUACIÓN/S

10 Creación de emprego Baixa capacidade de creación de emprego

11 Falta de innovación Baixo peso nas empresas das actividades de innovación e de desenvolvemento de procesos e produtos.

12 Escaso uso dos recursos endóxenos

13 Mercado laboral discriminatorio Mercado laboral discriminatorio coas mulleres e cos traballadores en idade avanzada

14 Deficiente calidade do emprego Baixos salarios, elevada incidencia dos accidentes laborais mortais, elevada temporalidade, xeneralización das prolongacións de xornadas e horas extraordinarias...

15 Estrutura produtiva pouco diversificada Elevada dependencia do sector primario e do emprego público). Falta de integración entre actividades e sectores económicos.

16 Dificultades para a man de obra cualificada Dificultades para colocar man de obra cualificada, o que provoca a fuga de posibles talentos.

17 Baixa produtividade e rendibilidade do pequeno comercio.

O pequeno comercio queda afogado polas grandes superficies comerciais

18 Sector turístico moi atomizado, dirixido a un mercado de perfil medio-baixo.

Sector turístico moi atomizado, dirixido a un mercado de perfil medio-baixo.

19 Carencias na oferta hostaleira Carencias cualitativas e cuantitativas na oferta de hostalería. Escaso desenvolvemento da oferta turística complementaria.

20 Descoñecemento dos usuarios Escaso coñecemento entre os potenciais usuarios dos recursos turísticos dispoñibles no territorio.

21 Escasa difusión e comercialización de produtos turísticos Escasa difusión e comercialización de elementos singulares do patrimonio

con elevado potencial turístico.

22 Elevada estacionalidade da demanda turística Elevada estacionalidade da demanda turística, baixo grao de ocupación e baixas estadías medias en toda a hostalería.

23 Falta de integración e coordinación entre os diferentes destinos turísticos.

Os destinos turísticos existentes na comarca, na provincia de Lugo e na comunidade autónoma atópanse nunha situación de desfase integrador ao non existir certa complementación e coordinación entre eles

24 Falta de asesoramento a emprendedores Carencia no territorio de asesoramento personalizado ás persoas emprendedoras no proceso de posta en marcha dunha iniciativa empresarial (por parte das entidades públicas), e falta de seguimento individualizado.

SECTOR COMERCIO E INDUSTRIA: AMEAZAS

Nº AMEAZA XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

1 Descoordenación entre formación profesional e oferta laboral

As empresas, que normalmente son foráneas, buscan empregados cunhas capacitacións e formación específicas alonxadas das competencias formativas adquiridas no territorio. Esta descoordenación entre formación ou persoas formadas e oferta fai que se traian traballadores de fora limitando aos locais.

Page 25: PARTE III ESTRATEXIA - Asociación Terras de Lugo · Como se pode apreciar resultou máis doado atopar as debilidades que as fortalezas. Dende un ... En moitos casos pode significar

89

SECTOR COMERCIO E INDUSTRIA: AMEAZAS

Nº AMEAZA XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

2 Descoordenación normativa entre administracións públicas

Dificultade para os emprendedores para establecer unha “folla de ruta” na creación de empresas (solapamento e/ou contradición entre Medio Ambiente, Medio Rural, Ordenación do Territorio, etc., e normativa urbanística dos concellos).

3 Efecto de atracción de Lugo O efecto atracción de Lugo e a súa periferia pode deixar á comarca máis despoboada aínda.

4 A “cultura da subvención”

A corrente asociada ás subvencións e aplicada en xeral ata agora, minimiza a capacidade local de autonomía e emprendemento a base de recursos endóxenos, iniciativas locais de emprego, etc., e retroalimenta a dependencia, as políticas clientelares, etc.

5 O rural como zona residencial

A idea da “segunda vivenda” ou de “vivir no campo”, tal e como se vén facendo na comarca, pode deixar o ámbito rural como “parque temático” dependente ou subsidiario do urbano.

6 As apropiacións ilegais

As apropiacións ilegais de camiños e espazos públicos, inclusive aqueles con valor histórico (Camiño Primitivo, Vía XIX, Camiño Norte de Interior, camiños das feiras, etc.) e a sinalización disuasoria que se emprega, fan que a xente se esqueza da súa presenza e importancia

7 A perda de peso do Ferrocarril

A lenta e parece que inevitable presenza do ferrocarril na comarca dificulta as comunicacións áxiles e seguras a través deste medio o cal é empregado noutros territorios con grande éxito e capacidade

8 Emprego de baixa calidade. As novas actividades produtivas xeran emprego de baixa calidade.

9 Baixo nivel de contratación indefinida.

Escasa estabilidade xerada polo baixo nivel de contratación indefinida (sobre todo nas mulleres).

10 Avances tecnolóxicos e procesos de concentración empresarial que poden actuar en contra do emprego dos maiores de 45 anos.

Esta situación provoca que persoas maiores de 45 anos sen a posibilidade de acceder á formación adecuada perdan oportunidades de emprego por non adaptarse ás necesidades que determinan os avances tecnolóxicos

11 Elevado peso das transferencias (pensións) na renda dos fogares.

Os maiores son os que manteñen coas súas pensións a fillos, netos, e incluso ás explotacións familiares

12 A aparición de novos formatos comerciais

A aparición de novos formatos comerciais resta potencial a fórmulas máis tradicionais e con significativa implantación no noso territorio.

13 As grandes superficies comerciais

As grandes superficies comerciais e os novos hábitos de compra dificultan e reducen as oportunidades de negocio do pequeno comercio.

14 Lenta converxencia cos destinos competidores en turismo

Lenta converxencia cos destinos competidores en termos de calidade e variedade da oferta de aloxamento en hostalería.

15 Descoordenación no desenvolvemento turístico.

Falta de cooperación e de coordinación entre os axentes implicados no proceso de desenvolvemento turístico.

16 Escasa implantación no ámbito rural de actividades turísticas complementarias

Escasa implantación no ámbito rural de actividades turísticas complementarias á oferta de aloxamento que contribúan a incrementar os fluxos turísticos.

17 Elevado prezo das parcelas de solo industrial.

A pesares das facilidades que poden existir para acceder a parcelas en polígonos industrias, o prezo do solo industrial segue a ser o condicionante máis determinante

18 A Cidade de Lugo como atractivo turístico A muralla romana de Lugo tende a “cercar” o turismo na comarca

Page 26: PARTE III ESTRATEXIA - Asociación Terras de Lugo · Como se pode apreciar resultou máis doado atopar as debilidades que as fortalezas. Dende un ... En moitos casos pode significar

90

SECTOR COMERCIO E INDUSTRIA: AMEAZAS

Nº AMEAZA XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

SECTOR COMERCIO E INDUSTRIA: FORTALEZAS

Nº FORTALEZA XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

1 A Hostalería

Mantense sempre nun nivel moi alto e trátase dun sector importante á hora de atraer turismo e empregos. Hai un recoñecemento xeral do territorio como referente en calidade gastronómica.

2 A localización xeográfica

A localización xeográfica da comarca, arroupando á capitalidade da provincia favorece que as comunicacións coa meseta crucen o territorio favorecendo as canles de comercialización fundamentadas nos medios de transporte máis directos.. Asemade trátase dunha zona cunha privilexiada dotación natural e paisaxística

3 A calidade de vida do rural

A calidade de vida do medio rural, percibida como distinta e incluso superior á do medio urbano para unha parte da sociedade. Hai un arraigo e sentido de pertenza da poboación ao territorio. Considerar o medio ambiente como xerador de calidade de vida

4 Disolución da economía somerxida

Estase dando unha incorporación paulatina á vida social e económica activa, das persoas que coidaban persoas maiores ou dependentes.

5 Recursos económicos por explotar Existe aínda unha grande cantidade de recursos económicos endóxenos sen aproveitar

6 Progresiva diversificación dos formatos comerciais

Os formatos comerciais cos que se chega ao rural ou os que de saída de produción do mesmo comezan a orientarse cara unha diversificación

7 Patrimonio etnográfico ben conservado Gran parte do patrimonio monumental, histórico-artístico, cultural e etnográfico atópase nun bo estado de conservación aínda aproveitable para aproveitamento a baixo custe

8 Baixo impacto do crecemento urbano

Baixo impacto do crecemento urbano e industrial sobre a contorna física e relativamente baixo nivel relativo de degradación ambiental.

9 Posición privilexiada nos percorridos das vías de peregrinación a Compostela.

Trátase dun territorio por onde pasa a meirande parte do percorrido do Camiño Primitivo a Santiago na provincia de Lugo, así como unha pequena parte do Camiño Norte no concello de Friol

10 Centros e grupos de investigación Existencia no territorio de centros e grupos de investigación con capacidade de adoptar coñecemento en materias relacionadas cos distintos sectores, pero sobre todo no agrario e forestal

SECTOR COMERCIO E INDUSTRIA: OPORTUNIDADES

Nº OPORTUNIDADE XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

1 Empresas con base territorial A creación e mellora de empresas que teñan como referencia o desenvolvemento local e integrador

2 Os poboadores rurais

Aproveitar a urbanización das zonas rurais que se converten en zona dormitorio ou segunda vivenda en prol de actividades económicas asociadas, sobre todo no sector servizos. O rural resulta atractivo como lugar de primeira ou segunda residencia coa mellora das comunicacións.

Page 27: PARTE III ESTRATEXIA - Asociación Terras de Lugo · Como se pode apreciar resultou máis doado atopar as debilidades que as fortalezas. Dende un ... En moitos casos pode significar

91

SECTOR COMERCIO E INDUSTRIA: OPORTUNIDADES

Nº OPORTUNIDADE XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

3 Os GDR Aproveitar o GDR para canalizar as distintas iniciativas empresarias en modo de axuda e asesoramento técnico

4 Os PXOM A ordenación sostible do desenvolvemento industrial e a implantación das empresas cumprindo co establecido nos PXOM axudará a un control do sector máis eficaz

5 O Coworking

Pode axudar a que profesionais independentes, PEMEs, emprendedores de diferentes sectores compartir traballo a través do mesmo espazo (tanto virtual como físico) para que primeiro, dispoñan dun lugar para desenvolver o traballo axeitadamente, e segundo para establecer a posibilidade de xermolar proxectos conxuntos

6 Ás axudas ao acceso a solo industrial

Nalgúns polígonos industriais da comarca favorécese a ocupación do solo industrial mediante axudas por parte dos concellos con descontos sobre o valor da superficie e con financiamento a longo prazo por parte das entidades xestoras dos polígonos na construción de naves ou das edificacións necesarias para desenvolver a actividade

7 Novas actividades Como poden ser a industria da transformación e comercialización de produtos agrarios

8 Políticas de formación Existencia de políticas de formación para a reinserción e o cambio de actividade.

9 A industria agroalimentaria Hai un alto potencial para un maior desenvolvemento da industria agroalimentaria

10 Novos segmentos de demanda Auxe de novos segmentos de demanda relacionados co turismo de natureza, saúde e congresos.

11 Recursos de gran potencial turístico Condicións favorables para converter os numerosos elementos patrimoniais singulares en recursos turísticos con grande potencial turístico.

12 Os Camiños Norte e Primitivo a Santiago

Externalidade positiva da forte promoción institucional a nivel de España e de Europa do destino Camiños de Santiago.

Recente recoñecemento pola UNESCO como patrimonio mundial da humanidade

13 O turismo que atrae a cidade de Lugo Pódese aproveitar a atracción da cidade como lugar turístico para ofrecer as posibilidades do entorno

14 Superficie industrial baleira Existencia de superficie industrial baleira en polígonos operativos.

15 Parques empresariais tecnolóxicos Necesidade crecente de parques empresariais tecnolóxicos ou especializados a nivel europeo.

16 Demanda de servizos favorecedores da conciliación Crecente demanda de servizos favorecedores da conciliación da vida

laboral e familiar, así como de asistencia á terceira idade.

17 Desenvolvemento dunha nova “Estratexia Forestal Europea”

Desenvolvemento dunha nova “Estratexia Forestal Europea” baseada na xestión forestal sostible e multifuncional

18 Estratexias e políticas de desenvolvemento rural

Crecente desenvolvemento de políticas e estratexias europeas encamiñadas ao favorecer o rural, especialmente ás axudas ao sector primario

19 Capacidade produtiva

Galicia conta con entorno a 600.000 ha con capacidade de convertérense en produtivas e que son unha mostra da potencialidade de desenvolvemento deste recurso no medio rural galego.

20 Certificación internacional da madeira

Incremento da demanda de produtos forestais baixo un sistema de certificación internacionalmente recoñecido. Mellora do valor engadido e diversificación dos produtos forestais mediante a aplicación de sistemas de xestión forestal sostible multifuncional.

Page 28: PARTE III ESTRATEXIA - Asociación Terras de Lugo · Como se pode apreciar resultou máis doado atopar as debilidades que as fortalezas. Dende un ... En moitos casos pode significar

92

SECTOR COMERCIO E INDUSTRIA: OPORTUNIDADES

Nº OPORTUNIDADE XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

21 Comercio exterior de produtos forestais. Actualmente Galicia presenta un balance exterior positivo, aínda que se trata principalmente de produto non elaborado, existindo oportunidades no mercado de produtos rematados.

SECTOR COMERCIO E INDUSTRIA: LIÑAS DE ACTUACIÓN

Nº LIÑA ACTUACIÓN/S

1 Diversificación económica

Fomentar un movemento integrador entre as industrias existentes no territorio e favorecer que as empresas de nova creación aporten a dinamización de sectores económicos desatendidos ou sen representación na zona

2 Reordenamento do territorio Reordenar e/ou reconverter os grandes terreos baleiros para outros usos, tanto principais como complementarios da economía familiar

3 Industria de transformación Apoiar e promover proxectos que favorezan a conexión entre produtores e transformadores, así como a atención a novas producións

4 Recursos de calidade Implementar nas actividades empresariais os recursos paisaxísticos singulares e de alta calidade: protección, conservación e posta en valor.

5 Respecto e impacto medioambiental Apoiar o desenvolvemento de actividades industriais respectuosas co medio ambiente

6 Servizos de transporte público

Implementar un servizo de transporte interparroquial, a base de microbuses, para unha maior calidade de vida aos residentes e maiores posibilidades ao territorio: acceso e enlaces tamén cos núcleos urbanos e as principais vías de entrada e saída no ámbito comarcal.

7 Potenciar o sector hostaleiro Creación dunha oferta de estabelecementos hostaleiros en rede para captar a demanda turística, tanto residencial como de paso.

8 Actividades económicas relacionadas co medio ambiente

Potenciar os recursos económicos, medioambientais e de lecer do monte: enerxía, caza, pesca, piscifactorías, turismo rural, paseos a cabalo, lecer activo e pasivo, centros de interpretación, etc.

9 Servizos a empresas rurais Favorecer o incremento de oferta de servizos a empresas do rural: informática, novas tecnoloxías

10 Creación de empresas Favorecer prioritariamente a creación de empresas no rural das que sexan promotoras mulleres e mozos así como persoas con discapacidade

11 Coworking rural Potenciar a creación de proxectos de coworking rural onde reunir profesionais autónomos, emprendedores e PEMEs nun mesmo espazo de traballo

12 Relacións comerciais entre empresas

Promover o establecemento de relacións comerciais entre empresas, potenciando a incorporación de provedores locais, de xeito que os beneficios revertan no propio territorio

Fomentar o establecemento de alianzas entre empresas de xeito que posibiliten o peche de ciclos produtivos.

13 Mellora de instalacións industriais e empresariais Promover a readaptación de instalacións para posibilitar a aplicación de

procesos produtivos máis eficientes.

14 Distribución comercial Promover a ampliación e mellora das liñas de distribución de produtos (ampliar a penetración comercial), así como o uso de novas canles de comercialización.

15 Profesionalización en actividades Facilitar a profesionalización da actividade, principalmente no caso das actividades por conta propia (mediante información, formación e seguimento na implantación).

Page 29: PARTE III ESTRATEXIA - Asociación Terras de Lugo · Como se pode apreciar resultou máis doado atopar as debilidades que as fortalezas. Dende un ... En moitos casos pode significar

93

SECTOR COMERCIO E INDUSTRIA: LIÑAS DE ACTUACIÓN

Nº LIÑA ACTUACIÓN/S

16 Potenciación do sector turístico Potenciación do sendeirismo e as vías de peregrinación que percorren o territorio (poñendo en valor o patrimonio natural, creando complementariedades para o turismo rural, desenvolvendo actividades características do turismo verde e de natureza...).

SECTOR MEDIOAMBIENTAL: DEBILIDADES

Nº DEBILIDADE XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

1 O despoboamento do rural Favorece o “esquecemento” de espazos ou elementos de alto valor natural que corren o risco de seren alterados indiscriminadamente e se ningún tipo de control.

2 A falta de conciencia sobre a propiedade A falta de conciencia sobre a propiedade dende unha perspectiva global de respecto aos valores medioambientais

3 Falta de apoio institucional e financeiro Detéctase unha falta de apoio institucional e financeiro ás organizacións que sen ánimo de lucrarse, loitan por un futuro mellor.

4 Postura desprezativa polas entidades ecolóxicas e medioambientais

Na poboación en xeral, esténdese unha postura desprezativa polas entidades de defensa ecolóxica e medioambiental ao consideralas radicais e involucionistas.

5 Falta de control na aplicación das leis

Falla de control da aplicación das distintas leis de protección medioambiental, tanto por parte da administración como por parte da poboación local. Existe un gran medo a denunciar ao veciño, deixando “en mans doutros” a capacidade de decisión.

6 Equipos e recursos técnicos limitados Os equipos e recursos técnicos das entidades que traballan pola defensa ecolóxica e medioambiental son moi limitados.

7 Sentimento negativo a normativas e espazos Existe un sentimento negativo ás propias normativas e aos espazos protexidos que dificultan as actividades tradicionais.

8 Falta de espazos protexidos Falta de espazos en Rede Natura e pouca representatividade doutros espazos na figura de protección: hábitats agrarios, etc.

9 Falta de integración entre políticas medioambientais

Dáse no territorio unha falta de integración das políticas medioambientais co resto de políticas sectoriais. A adicación ao medio ambiente, vese como unha actividade extra e minoritaria.

10 Concepto do medio ambiente como museo Tense en xeral un concepto de conservación como se o entorno se tratase dun museo, mais se é tan básico como mudalo a un respecto polo entorno.

SECTOR MEDIOAMBIENTAL: AMEAZAS

Nº AMEAZA XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

1 A mala xestión de residuos procedentes da actividade agraria

As novas formas de produción no sector primario teñen significado a aparición no rural de preocupantes residuos que precisan dunha xestión especializada: aceites procedentes dos parques de maquinaria agrícola, residuos de fitosanitarios e farmacolóxicos ou plásticos que contaminan estética e ambientalmente o medio rural.

2 Emprego de modelos de produción cortoplacista

Estase a estender o emprego de modelos de produción da terra cortoplacistas, sobre todo no sector forestal, empregando variedades foráneas que favorecen a aparición de pragas así como alteracións dos ecosistemas locais.

Page 30: PARTE III ESTRATEXIA - Asociación Terras de Lugo · Como se pode apreciar resultou máis doado atopar as debilidades que as fortalezas. Dende un ... En moitos casos pode significar

94

SECTOR COMERCIO E INDUSTRIA: LIÑAS DE ACTUACIÓN

Nº LIÑA ACTUACIÓN/S

3 Explotación intensiva do solo

Estanse a aplicar sistemas de explotación do solo moi intensivos sobre todo coa aplicación de abonos agroquímicos e puríns que provocan o seu empobrecemento en canto ao contido de materia orgánica, o que pode provocar que a curto prazo baixe a súa capacidade de retención de auga e caia a súa potencialidade produtiva.

4 Abandono de terras

Prodúcese o abandono de terras agrarias que se converten en forestal. Perda dende un punto de vista socioambiental, sobre todo por perda de hábitats para especies e dende un punto de vista social pérdese capacidade de produción.

5 Falta de coñecemento das leis

Falta de coñecemento das leis ambientais por parte da poboación. Os paisanos están a expensas do técnico que aplica a Lei: desidia polas dúas partes e desasosego por non saber que se pode facer e que non.

6 Deseño de leis a distancia

A maioría das leis dende un despacho non dende o campo e falando cos poboadores. A xente non ten capacidade para presionar. Mala interpretación dos técnicos de como se teñen que xestionar as cousas.

SECTOR MEDIOAMBIENTAL: FORTALEZAS

Nº FORTALEZA XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

1 A gran biodiversidade do territorio A pesares das numerosas alteracións producidas, aínda se mantén unha gran biodiversidade no noso territorio

2 Existencia de experiencias de modelos de xestión sustentable

Existen no territorio experiencias de modelos de xestión agrícola e forestal fundamentados nas razas ou variedades autóctonas tradicionais que funcionan e ofrecen rendementos favorables e que se poden aproveitar para dar exemplo e extrapolalos a outras zonas ou lugares do territorio.

3 A Reserva da Biosfera Terras do Miño

Despois de moitos anos “parada”, dende o 2012 comeza a funcionar axeitadamente a Reserva da Biosfera Terras do Miño. Pode ser útil e axudar para a vender un produto sostible turísticamente e asociar o territorio a unha marca de calidade medioambiental: economía verde.

4 Equipos técnicos cualificados e competentes As entidades do territorio que traballan pola defensa ecolóxica e medioambiental, contan con equipos técnicos cualificados e competentes.

5 Multifuncionalidade dos espazos protexidos Os espazos protexidos pódense empregar, non soamente admirar, e pódense aproveitar para desenvolver numerosas actividades complementarias que os tomen como base territorial.

SECTOR MEDIOAMBIENTAL: OPORTUNIDADES

Nº OPORTUNIDADE XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

1 Novas figuras de xestión medioambiental Estanse a empregar novas figuras de xestión de espazos con alto valor natural, como o é a custodia do territorio.

2 Ecoturismo Pódese aproveitar o auxe do turismo “da natureza” ou ecoturismo: ornitolóxico, sendeirismo, aventura…

3 Educación e formación Pódese empregar máis na ensinanza e de xeito transversal a educación e formación no respecto polo medio ambiente

4 O medio ambiente como obxectivo principal

das estratexias e políticas de desenvolvemento rural

Crecente implantación transversal do obxectivo de respecto medioambiental nas políticas europeas, nacionais e autonómicas de desenvolvemento socioeconómico

5 As novas tecnoloxías Aproveitar as novas tecnoloxías tanto para a difusión como para a formación e educación medioambiental.

Page 31: PARTE III ESTRATEXIA - Asociación Terras de Lugo · Como se pode apreciar resultou máis doado atopar as debilidades que as fortalezas. Dende un ... En moitos casos pode significar

95

SECTOR MEDIOAMBIENTAL: OPORTUNIDADES

Nº OPORTUNIDADE XUSTIFICACIÓN / EXPLICACIÓN

6 Valor engadido nas producións Producir aproveitando os espazs protexidos e apoiarse nesa protección para acadar un valor engadido e diferenciador dos produtos

7 Banco de terras Pode axudar a aproveitar as terras que se abandonan para dotalas dunha utilidade similar e mantelas no tempo

8 As agras abandonadas Estrutura territorial asociada á produción primaria ou forestal vencellada fortemente a un valor tradicional que se pode aproveitar para darlles un mantemento sostible

SECTOR MEDIOAMBIENTAL: LIÑAS DE ACTUACIÓN

Nº LIÑA ACTUACIÓN/S

1 Cooperativas para xestión de residuos Fomentar á creación de cooperativas de emprego para a recollida e reciclaxe dos residuos agrarios

2 Xestión dos xurros nas explotacións

Fomentar entre as explotacións agrarias outras formas de xestión dos xurros de maior valor como enmendas para o solo e novas formas de xestión dos puríns que permitan a recuperación do metano resultante da súa fermentación.

3 Explotación sostible do solo Fomentar e apoiar aquelas medidas que podan axudar e promover técnicas de explotación do solo co maior aportación das enmendas de materia orgánica.

4 Mellora da eficiencia enerxética nas explotacións

Fomentar entre as explotacións agrarias a implementación de medidas de eficiencia enerxética e o emprego de enerxías renovábeis, así como a creación de empresas que teñan como finalidade o fomento destas actividades no medio rural.

5 Educación ambiental

Priorizar axudas cara proxectos de educación ambiental dirixidos ao coñecemento e divulgación do noso patrimonio natural; á recuperación de hábitos sustentábeis de consumo por parte da poboación e á adopción de boas prácticas agrarias por parte das explotacións.

6 Formación Creación de plataformas de formación medioambientais baseadas no modelo online ou a distancia.

7 Encontros entre entidades Fomentar a celebración de encontros de grupos de desenvolvemento rural nos que intercambiar e discutir experiencias e proxectos tanto de educación ambiental como de participación e implicación social e outros.

8 Xestión integrada de espazos naturais Apoiar a creación e implantación de sistemas de xestión integrada dos espazos naturais buscando sempre a implicación da poboación local (de abaixo cara arriba).

9 Ferramentas de xestión Xeración e distribución de ferramentas accesibles para a xestión territorial sostible.

10 Identificación de espazos protexidos

Identificación de espazos susceptibles de ser protexidos fundamentándose na participación local e posterior proposta aos organismos ou institucións pertinentes para o seu recoñecemento legal. Proxectos de catalogación parroquia por parroquia preguntándolle aos habitantes o que lles gustaría conservar.

11 Ecoturismo Fomento de actuacións baseadas no ecoturismo como sector turístico emerxente

12 Lugares con posibles valores naturais Definir lugares con posibles valores naturais fora de figuras de protección: da pe a crear espazos e darlles solidez ligado a actuacións referenciais

13 Experiencias piloto Expemplificar difundindo actuacións representativas locais (facer acordos con produtores e propietarios para seguir mantendo espazos de interese natural e de paso favorecer a produción sostible).

Page 32: PARTE III ESTRATEXIA - Asociación Terras de Lugo · Como se pode apreciar resultou máis doado atopar as debilidades que as fortalezas. Dende un ... En moitos casos pode significar

96

SECTOR MEDIOAMBIENTAL: LIÑAS DE ACTUACIÓN

Nº LIÑA ACTUACIÓN/S

14 As agras como patrimonio paisaxístico

Aproveitar as estruturas territoriais das agras como paisaxe e patrimonio. Búsqueda de fórmulas de conservación e xestión sustentábel: abandono da produción sustentable con variedades autóctonas e tradicionais. Fomentar estratexias para xestión desas terras: banco de terras no territorio no GDR.

15 Comercio próximo

Que a comarca alimente a cidade mediante comercio próximo: soberanía alimentaria: achegar o rural á cidade a través da alimentación. Liña prioritaria a atender. Tomar experiencias referenciais: rede de experiencias exemplares e que supoñan un punto de partida para novos aproveitamentos.

16 Custodia agraria Fomentar a custodia agraria: banco de terras do propio territorio elaborado polo propio GDR. A conservación pasa por conservar a produción primaria que é o que respecta o resto.

17 Xestión de terras abandonadas Apoio na xestión produtiva establecendo dúas liñas de actuación: a xente que busca terra e a xente que non a quere.

18 Grupos de consumo

Favorecer ou apoiar a creación de grupo de consumo para que produtores e consumidores cooperen en forma de plataforma de oferta alimentaria Promocionar os grupos de consumo locais existentes: identificalos, potencialos e fomentalos

19 Selos de confianza Establecemento de selos de confianza a nivel local, pero fora de marcas e imaxes nas producións. Atendendo e asegurar o seguimento: tanto na custodia agraria como no resto de propostas.

20 Formación para o consumo responsable Formar para un consumo responsable como maneira directa de implicar ao consumidor e ao produtor no entorno

21 Actividades tradicionais en desuso

Organización de xornadas informativas e demostrativas sobre actividades tradicionais en desuso como pode ser o chantado de muros. Elaboración de materiais divulgativos sobre as actividades tradicionais a modo de pequenos manuais sinxelos sobre cousas concretas, como por exemplo: como facer sebes dun xeito tradicional dende un punto de vista medioambiental

22 Alternativas de produción

Apoio á información sobre alternativas de produción, sobre todo que sexa práctica e integradora. Fomento de cultivos experimentais e demostrativos, sobre todo en canto a especies forestais. Romper inercias non sustentables con información e exemplos.

23 Conservación do entorno

Informar en parroquias sobre temas ambientais e sensibilizalos sobre a conservación do entorno: figuras de protección, políticas ambientais. Actuar sobre o feismo arquitectónico no entorno rural: concursos, premios de reforzo.

24 Preguntas e respostas coa poboación

Organización de charlas ou encontros por parroquias levando a profesionais que nas charlas diriman sobre preguntas que lles fagan os veciños, por exemplo: “50 preguntas que sempre quixeche facer e nunca atopache resposta concreta”.

25 Rehabilitación de espazos alterados Fomentar proxectos de rehabilitación e adecuación medioambiental de canteiras que están abandonadas ou que remataron a extracción.

26 Empresas e medio ambiente

Fomentar que dende o tecido empresarial se apoien os proxectos de desenvolvemento medioambiental: foros de encontro para empresas con interese de responsabilidade social corporativo. Foros de empresa e diversidade.