A fragmentación do Mundo Antigo

112
Unidade 1 A división do mundo antigo

Transcript of A fragmentación do Mundo Antigo

Page 1: A fragmentación do Mundo Antigo

Unidade 1A división do mundo antigo

Page 2: A fragmentación do Mundo Antigo

A fragmentación do mundo antigo

6. Bizancio (476-1453)

3. Os suevos en Galicia

2. Os pobos xermánicos

1. As etapas da Idade Media

15

5. Trasladamonos no tempo: Valerio convértese en campesiño

4. A Hispania visigoda

7. O Imperio Carolinxio

Page 3: A fragmentación do Mundo Antigo
Page 4: A fragmentación do Mundo Antigo

1. Que é a idade media? Cantos anos durou aproximadamente?

• Período histórico da civilización occidental que se iniciou no ano 476 d.C. coa caída do Imperio romano de Occidente, que lle puxo fin á gran civilización grecorromana.

• Remata (para algúns historiadores) en 1453 (coa caída do Imperio bizantino) e, para, outros, 1492 (descubrimento de América).

• Comprende 1000 anos de historia.

Page 5: A fragmentación do Mundo Antigo

2. En que etapas se divide?Cantos séculos duraron cada unha delas?

• Alta Idade Media (V-X)• Plena Idade Media (XI-XIII)• Baixa Idade Media (XIV-XV)

Page 6: A fragmentación do Mundo Antigo

2. Por que se caracterizan?

• Alta Idade Media (V-X)• Longa transición do mundo antigo ao mundo

feudal.• Nace coa caída do Imperio romano e as invasións

dos pobos xermánicos.• Fraccionamento do Imperio en dúas grandes

unidades: Oriente: Imperio bizantino e Occidente: formación de monarquías xermánicas.

• Orixe do feudalismo.• Ruralización de occidente.• Fortalecemento do poder da Igrexa (Cristiandade)• Creación do Imperio islámico.

Page 7: A fragmentación do Mundo Antigo

2. Por que se caracterizan?

• Plena Idade Media (XI-XIII)• Consolidación do feudalismo.• Aumento da produción agrícola.• Creación e crecemento das

cidades (burguesía: artesanía e comercio)

• Xurdimento da arte románica e gótica.

Page 8: A fragmentación do Mundo Antigo

2. Por que se caracterizan?

• Baixa Idade Media (XIV-XV)• Crise do sistema feudal.• Diminución da poboación por mor da

peste e doutras enfermidades.• Crise económica (diminución da

produción agraria e comercio)• Conflitos políticos e sociais (guerras

entre monarquías e revoltas campesiñas.

Page 9: A fragmentación do Mundo Antigo

3. Que lembras da crise e da fin do Imperio romano?

• A partir do século III d.C., o Imperio tivo que enfrontarse a unha serie de problemas.

• As fronteiras volvéronse inseguras a causa dos continuos ataques dos pobos xermánicos (bárbaros).

• A autoridade imperial debilitouse e foron frecuentes as revoltas contra o emperador. Entre o 235 e 268 sucedéronse 30 emperadores lexítimos e máis de 70 ilexítimos.

• A estes problemas sumáronselles os problemas económicos: a falta de escravos, ao rematar a conquista, provocou un descenso da produción agrícola e mineira. Os ataques bárbaros cortaron as vías de comunicación: estancamento do comercio e empobrecemento da poboación.

Page 10: A fragmentación do Mundo Antigo

4. Quen eran os pobos xermánicos? Por que se lles denominaba bárbaros?

• Pobos situados ao norte dos ríos Rin e Danubio que se foron asentando no Imperio romano de Occidente a partir do século V d.C.

• Denominación romana que significa estranxeiro. Poboación que está fóra do Imperio e que non fala latín.

Page 11: A fragmentación do Mundo Antigo

5. Cando se dividiu o Imperio romano? Que zona foi Bizancio? Que cidade é hoxe

Constantinopla?

• 395, Teodosio divide o Imperio entre os seus dous fillos Arcadio e Honorio.

• A parte oriental do Imperio. A súa capital denominábase Constantinopla actual Estambul.

Page 12: A fragmentación do Mundo Antigo

División do Imperio Romanopor Teodosio. 395

Page 13: A fragmentación do Mundo Antigo

Introdución

• Co afundimento do Imperio romano, fragmentouse a unidade cultural do Mediterráneo.

• Na zona occidental, o Imperio romano desapareceu por mor das invasións bárbaras e xurdiron numerosos reinos xermánicos.

• O Imperio romano de Oriente (bizantino) mantívose durante case mil anos máis.

• O cristianismo e a Igrexa foron o único elemento de continuidade e de cohesión cultural entre o mundo antigo e o novo mundo medieval.

400 500 800

Page 14: A fragmentación do Mundo Antigo

6. Enumera os pobos xermánicos e a súa situación

• As invasións xermánicas do século V acabaron co débil Imperio romano, xa partido en dous (Occidente e Oriente) desde o 395.

• A comezo do século V, os hunos, un pobo bárbaro chegado de Asia, dirixidos por Atila, invadiron e arrasaron os territorios do leste de Europa.

• Fuxindo dos hunos, os pobos xermánicos irromperon en masa no Imperio romano de Occidente e acabaron conquistando e dominando o territorio.

• A ruptura foi tan importante que os historiadores marcan a caída de roma (imperio de occidente) no 476 como fin da Antigüidade e inicio da Idade Media.

Page 15: A fragmentación do Mundo Antigo
Page 16: A fragmentación do Mundo Antigo

6. Enumera os pobos xermánicos e a súa situación

• Ostrogodos: Italia e Dalmacia.• Visigodos: sur da Galia e posteriormente Hispania.• Francos: na Galia, fóronse expandindo sobre o

territorio doutros reinos.• Burgundios: leste da Galia.• Alamáns: ao redor do Rin.• Anglosaxóns: Britania*.• Bretóns* (non son un pobo xermánico): oeste de

Francia e norte de Gallaecia (Galiza de Maeloc).• Suevos: Gallaecia.• Vándalos e alanos: penetran en Hispania para

desplazarse ao norte de África, Baleares, Córsega e Sardeña.

Page 17: A fragmentación do Mundo Antigo

Eixo cronolóxico do s. V-IX

Page 18: A fragmentación do Mundo Antigo

Familiaxermánica

Os costumes dos xermánicosElixen os seus reis pola nobreza, pero, os seus capitáns,

polo valor. O poder dos reis non é absoluto nin perpetuo (...).Non contan por días, coma nós, senón por noites (...).

Ningún dos pobos de Xermania habita en cidades pechadas (...).Fan unha bebida de cebada e trigo, que quere semellarse

en algo ao viño. As súas comidas son simples: mazás salvaxes,Veado fresco e leite callado.Tácito: Xermania 98 d.C.

Page 19: A fragmentación do Mundo Antigo

7. Que características presentaban estes pobos? Trazos que os diferenciaban cos romanos

• Tiñan costumes e formas de vida diferentes ás dos romanos: non tiñan escritura, nin leis, nin estrutura de Estado.

• Traballan a terra e crían gando.• Estaban organizados en clanes familiares.• Os seus caudillos elixían un xefe militar, que exerce o

cargo de rei. Este cargo foi primeiro electivo e, co paso do tempo, hereditario.

• Ao ocupar as terras do Imperio, impuxeron o seu poder militar e algúns dos seus costumes pero tamén adoptaron parte da cultura romana.

• Os reis rodeáronse de conselleiros romanos, conservaron a moeda imperial, respectaron os privilexios dos grandes propietarios. O latín continuou a ser a lingua oficial e o cristianismo acabou por impoñerse.

Page 20: A fragmentación do Mundo Antigo

8. Que tres civilizacións apareceron no territorio do antigo imperio romano?

• Pobos xermánicos no occidente de Europa.

• O Imperio bizantino herdeiro do antigo Imperio romano de Oriente.

• A partir do século VII-VIII: expansión do islam por Arabia, Próximo Oriente, norte de África e península Ibérica.

Page 21: A fragmentación do Mundo Antigo
Page 22: A fragmentación do Mundo Antigo
Page 23: A fragmentación do Mundo Antigo

8. Cal delas era a máis parecida ao Imperio?Cal tiña maiores diferenzas?

• A que se parece máis foi a civilización bizantina.

• A que menos a civilización islámica.

Page 24: A fragmentación do Mundo Antigo

8. Cres que se mantivo nos pobos xermánicos algunha continuidade coa

cultura romana?

• Sí.• Os reis rodeáronse de conselleiros

romanos, conservan a moeda imperial, respecta os privilexios dos grandes propietarios, o latín continua a ser a lingua oficial e o cristianismo acabou por impoñerse.

• Os pobos xermánicos acaban fusionándose cos pobos que vivían dentro do imperio.

Page 25: A fragmentación do Mundo Antigo

Reinos xermánicos

Page 26: A fragmentación do Mundo Antigo

1. Os reinos xermánicos1.1. A ruralización de occidente

• A desaparición do Imperio romano impuxo un clima de inseguridade en Occidente.

• A inseguridade nas comunicacións foi a causa da desaparición da actividade comercial, a poboación abandonou as cidades e buscou refuxio nas grandes explotacións agrarias.

• Este empobrecemento xeral paralizou as obras públicas, a produción de cultura, e a lectura e escritura quedaron reducidas a grupos de cregos e monxes.

Page 27: A fragmentación do Mundo Antigo
Page 28: A fragmentación do Mundo Antigo
Page 29: A fragmentación do Mundo Antigo

9. Por que a partir do século VII se fragmentou definitivamente a unidade

cultural das terras do Mediterráneo? Cres que iso se mantivo na actualidade?

• Pola irrupción dunha nova cultura, a islámica, que entrou polo norte de África procedente de Arabia a partir do século VII.

• Na actualidade mantéñense as diferenzas culturais e relixiosas.

• En Europa Occidental predomina a relixión cristiana (católica ou reformista), en Europa Oriental (Igrexa ortodoxa) e norte de África (musulmana).

Page 30: A fragmentación do Mundo Antigo

Pobos xermánicos na península Ibérica

Page 31: A fragmentación do Mundo Antigo

Os suevos na Gallaecia

Page 32: A fragmentación do Mundo Antigo

2. O reino suevo de GaliciaA súa chegada

• Coa crise do Imperio romano e as invasións dos pobos xermánicos chegan ás nosas terras os suevos.

• Forman un reino que durou algo menos de dous séculos, aínda que durante este tempo non mudaron as formas de vida da poboación hispanorromana.

• Finalmente no ano 585, os visigodos apoderáronse do reino suevo.

Page 33: A fragmentación do Mundo Antigo

2. O reino suevo de GaliciaA súa chegada

• No ano 409 suevos, vándalos e alanos entran na Península Ibérica.

• 415 Os visigodos expulsan ao vándalos e alanos, e acantoaron aos suevos na Gallaecia (Galicia máis o norte de Portugal), onde o emperador Honorio lles permitiu asentarse despois de establecer un pacto con eles.

• Pobo orixinario do mar Báltico, que descenderon cara á zona da actual Alemaña, cometendo todo tipo de saqueos e pillaxes.

Page 34: A fragmentación do Mundo Antigo

2. O reino suevo de GaliciaA súa chegada

• Calcúlase que chegaron ata a Gallaecia uns 30.000 suevos, liderados por Hemerico.

• Intaláronse preferentemente nunha zona abranguida entre Ourense, Tui, Braga e O Porto e estableceron a súa capital en Bracara Augusta (Braga, Portugal).

Page 35: A fragmentación do Mundo Antigo

Imaxe de Punta Langosteirapraia e porto de Suevos (Arteixo)

ao fondo

Page 36: A fragmentación do Mundo Antigo

Porto exterior da Coruña

Praia de Sabón

Punta Langosteira

Porto e praia deSuevos

Page 37: A fragmentación do Mundo Antigo

2. O reino suevo de Galiciaevolución

• Cara o ano 420, os suevos crearon un reino propio en Galicia, que mantivo a súa influencia ata finais do século VI.

• Este reino viviu en constante tensión, especialmente debido ás presións dos visigodos, que lles querían poñer fin ás continuas rapinas dos suevos por boa parte do territorio peninsular.

• Así o rei Teodosio II organizou unha expedición que derrotou ao monarca suevo no 456. Con todo, os visigodos non lograron facerse co control do territorio e limitáronse a vixiar as fronteiras. O reino suevo de Galicia non desapereceu pero entrou nunha fase de submisión fronte aos visigodos.

Page 38: A fragmentación do Mundo Antigo

2. O reino suevo de Galiciaevolución

• Nada sabemos deles entre o 468 e 559 por falta de testemuños (período oscuro).

• Nesta época prodúcese o asentamento de poboacións célticas procedentes de Britania (de onde foron expulsados polas invasións do saxóns) na zona costeira do norte de Galicia, especialmente na zona comprendida entre o río Eo e a ría de Ferrol. Integrados no reino suevo, formaron, entre o 469 e 576, a diócese de Britonia (na zona de Mondoñedo), unha diócese de tradición céltica, que parece que comprendía máis a unha comunidade humana que a un territorio concreto.

• Da presenza dos bretóns hai poucos datos; entre eles o nome dun bispo desta diócese Maeloc, e varios topónimos (Bretoña...).

• Para algúns historiadores, etnógrafos... é posible que as tradicións e cultos relixiosos galegos asociados á chegada de santos en barcos de pedra sexan un recordo da chegada destas comunidades célticas que, cos seus bispos ao fronte, arribarron ás costas da Gallaecia...)

Page 39: A fragmentación do Mundo Antigo

Fuxida dos Bretónscoa invasión dos Saxóns

Page 40: A fragmentación do Mundo Antigo

2. O reino suevo de Galiciaevolución

• No século VI os suevos abarcaban os tres conventus clásicos da provincia da Gallaecia romana (Lucus (Lugo), Astúrica (Astorga), Bracara (Braga)).

• Mantiñan unha convivencia pacífica coa poboación galaico-romana facilitada pola súa conversión ao catolicismo.

• Neste momento consolidouse a cristianización das masas campesiñas grazas á actuación dun monxe: Martiño de Dumio nado na Panonia (Hungría), quen reorganizou o monacato de Gallaecia; ademais de fundar o mosteiro de Dumio (preto de Braga) e de exercer o bispado de Braga, sede metropolitana do reino suevo, dedicou especial atención á loita contra as prácticas pagáns.

• O reino suevo tivo unha nova fase de apoxeo co ascenso ao trono de Miro (570-583), que emprendeu unha campaña militar contra algúns pobos asentados entre Cantabria e Navarra.

Page 41: A fragmentación do Mundo Antigo

2. O reino suevo de Galiciaevolución

• A partir do 572, as relacións cos visigodos deterioráronse e rexurdiron os enfrontamentos.

• No ano 585 o rei visigodo Leovixildo, co pretexto de intervir nunhas liortas da dinastía sueva (a deposición do rei Eurico polo rebelde Andeca), penetrou cos seus exércitos na Gallaecia e, tras a toma de Porto e Braga, conquistou o reino suevo. Anexionado ao reino visigodo.

• Aínda así, a Gallaecia sueva debeu manter certa personalidade diferenciada, pois nalgúns casos, os reis visgodos encargaron o seu goberno aos seus herdeiros ao trono.

Page 42: A fragmentación do Mundo Antigo

2. O reino suevo de Galiciao problema relixioso

• Inicialmente os suevos profesaban o arrianismo, doutrina considerada herética que nega o carácter divino de Xesús. Esta crenza estaba moi espallada entre os pobos xermánicos, mentres que a maioría da poboación hispanorromana profesaba o catolicismo.

• Para combater o arrianismo, a mediados do século VI chegou a Galicia San Martiño Dumiense, que influíu na conversión do rei suevo Teodomiro e organizou o Concilio de Braga no ano 569.

• Despois da conversión ao catolicismo do reino suevo, a Igrexa foi gañando forza e prestixio social. Ao longo do século VI creándose numerosos mosteiros que haberían ter unha longuísima vida, chegando, nalgúns casos, ata a actualidade.

Page 43: A fragmentación do Mundo Antigo

Moeda sueva cuñadapolo rei Requiario (448-455),co seu nome gravado nela:

Requiario reges

Page 44: A fragmentación do Mundo Antigo

Necrópole sueva do s. VIatopada no subsolo dacatedral de Santiago

Page 45: A fragmentación do Mundo Antigo

Capela escavada en rocha (San Pedro de Rocas) s. VI

É a igrexa galega máis antiga,nela desenvolveuse a vida monacal

San Martiño Dumiense.Miniatura

do Códex Albeldensis. s.X

Page 46: A fragmentación do Mundo Antigo

10. Quen eran os suevos? De onde proviñan? Describe a zona de ocupación. Por onde se

espallaron? Onde quedaron definitivamente a partir do s. V?

• Un pobo xermánico que proviña na zona do mar Báltico.

• Espalláronse por toda a Gallaecia e desde aí realizaron saqueos e pillaxes por outras provincias da antiga Hispania.

• Asentáronse definitivamente na Gallaecia principalmente na área de Braga (Portugal) nun trapecio cos vértices situados nas localidades de Tui, Ourense, Braga e Porto.

Page 47: A fragmentación do Mundo Antigo

11. Que dúas etapas podes distinguir na evolución do reino suevo? Cando finalizou este reino?

• Unha primeira etapa entre 409 e 468: ocupación destacan os reinados de Rechila e Rechiario ao final desta etapa.

• 468-559: período oscuro (non temos fontes escritas sobre este período.

• Etapa final 559-585. Incorporación ao reino visigodo.

Page 48: A fragmentación do Mundo Antigo

12. De que xeito explicarías os conflitos entre os suevos e visigodos?

• Ten a súa orixe na expansión territorial do reino suevo e na posterior reacción do rei visigodo Leovixildo que lle poñerá freo e incorporará o territorio suevo ao reino visigodo.

Page 49: A fragmentación do Mundo Antigo

13. Características da economía e sociedade do reino suevo

• Baseábase na agricultura e gandaría. Non había grandes diferenzas coa época hispanorromana e grandes extensións de terreo estaban en moi poucas mans. A gandaría tiña especial importancia e pódese comprobar en que incluso os mosterios da época posuían rabaños que eran a base do seu sustento e economía.

• A sociedade non estaba especialmente desenvolta. Os invasores integráronse con facilidade na poboación autóctona, que estaba moi influída xa pola cultura romana.

Page 50: A fragmentación do Mundo Antigo

14. Información sobre o mosteiro de San Pedro de Rocas

• Considérase o mosteiro máis antigo de Galiza.

• Ten unha arquitectura curiosa, é un mosteiro excavado na rocha. O campanario aproveita as rochas dun lado e se apoia na rocha natural do outro lado.

• Os aspectos máis curiosos que se atoparon nel, foron moitas tumbas antropomórficas.

Page 51: A fragmentación do Mundo Antigo

San Pedro de Rocass. VI

Page 52: A fragmentación do Mundo Antigo

3. A Hispania Visigoda

Santa Comba de Bande

Page 53: A fragmentación do Mundo Antigo

3. A Hispania visigoda3.1. O reino de Toledo

• No ano 409 entraron en Hispania unha serie de pobos bárbaros: suevos, vándalos e alanos. Os visigodos, aliados de Roma, acudiron á Península dende a Galia, expulsaron a vándalos e alanos cara ao norte de África e arrecuncharon aos suevos en Galiza.

• A finais do século V, os visigodos atopábanse asentados no Sur da Galia e en Hispania. Tiñan a capital en Tolouse.

• Os francos, provenientes do Norte da Galia, derrotaron os visigodos (batalla de Vouillé, 507) e expulsáronos.

• Daquela, os visigodos espalláronse por Hispania e organizaron un reino con capital en Toledo, que se mantivo máis de douscentos anos.

Page 54: A fragmentación do Mundo Antigo

Migración dos visigodos

Page 55: A fragmentación do Mundo Antigo

15. Cando chegaron os visigodos á Península? De onde proviñan? En que territorios se

asentaran?

• Os visigodos chegaron á Península Ibérica no ano 409. Proviñan dos territorios occidentais dos godos, establecéndose finalmente no sur da Galia. Alí fundaron o reino de Tolouse. Foron expulsados da Galia polos francos, tras a súa derrota na batalla de Vouillé (507).

• Definitivamente aséntanse na Península Ibérica.

Page 56: A fragmentación do Mundo Antigo

3. A Hispania visigoda3.1. O reino de Toledo

• Entre o 569 e 623, os reis visigodos Leovixildo, Sisebuto e Suintila realizaron diversas campañas militares que lles deron o dominio da case totalidade das terras peninsulares. Estas campañas estiveron contra cidades e zonas hispanorromanas independentes da Bética (Córduba, Orospeda) e do Douro (Sarabia), contra tribos indíxenas do norte (especialmente vascóns), contra suevos e bizantinos.

• As campañas remataron coa anaexión de todos eses territorios, coa excepción dunha pequena parte na zona norte habitada polos vascóns.

• Paralelamente produciuse a fusión entre godos e hispanorromanos grazas á autorización de contraer matrimonios mixtos e á conversión ao catolicismo con Recaredo no 589.

Page 57: A fragmentación do Mundo Antigo

Hispania en época visigoda

Page 58: A fragmentación do Mundo Antigo
Page 59: A fragmentación do Mundo Antigo

3. A Hispania visigoda3.1. O reino de Toledo

• Os visigodos eran pouco numerosos (150.000) sobre unha poboación de seis millóns, dominaron aos hispanos e repartiron entre eles gran parte das súas terras.

• Xunto aos grandes propietarios hispanorromanos, constituíron o grupo social aristocrático e privilexiado.

• A monarquía conseguiu establecer un reino fundamentada nos seguintes aspectos:

• Monarquía forte en principio electiva pero que se transformou en hereditaria. O monarca apoiábase nas institucións de goberno, como a Aula Rexia (órgano asesor formado por nobre e clérigos) e os Concilios de Toledo (asembleas de carácter relixioso e civil).

• Control de todo o territorio peninsular (ver máis adiante)

• Unificación xurídico e relixiosa: (ver máis adiante)

Page 60: A fragmentación do Mundo Antigo

3. A Hispania visigoda3.2. A monarquía visigoda

• A monarquía visigoda conseguiu controlar o territorio peninsular: expulsou os suevos (585), conquistoulles territorios aos bizantinos (572-628) e detivo os francos no norte.

• Os visigodos, a través do establecemento dunha monarquía forte, Pasou dun modelo electivo a hereditario.

• Conseguiron a unificación relixiosa e xurídica entre hispanorromanos e visigodos. Leovixildo promoveu a igualdade dos dous pobos establecendo a posibilidade de matrimonios mixtos. Recaredo converteuse ao catolicismo, separándose da doutrina arrianista. Recesvinto promoveu unha única lexislación (Liber Iudicorum ou Foro Xulgo)

Page 61: A fragmentación do Mundo Antigo

16. Que características tiña a monarquía visigoda? Como se asentou o seu poder? Que factores propiciaron a unión xurídica e relixiosa da poboación goda e

hispanorromana?

• Os visigodos constituíron unha monarquía forte, ao principio electiva pero que transformaron a miúdo en hereditaria. O monarca gobernaba apoiándose nunha serie de institucións como a Aula Rexia (órgano asesor formado por nobres e clérigos) e os Concilios de Toledo (asembleas de carácter relixioso e civil).

• A unión xurídica e relixiosa da poboación goda e hispanorromana foi propiciada polo derrogación polo rei Leovixildo da lei que prohibía os matrimonios mixtos. Tamén pola conversión de Recaredo ao catolicismo. Recesvinto estableceu a unificación xurídca en todo o reino coa promulgación do Liber Iudiciorum (654).

Page 62: A fragmentación do Mundo Antigo

3. A Hispania visigoda3.2. A monarquía visigoda

• A comezos do século VIII, as disputas nobiliarias facilitaron que o exército musulmán, procedente do norte de África invadise a Península Ibérica (711) e derrotase ao derradeiro monarca visigodo (don Rodrigo)

Page 63: A fragmentación do Mundo Antigo

Isidoro, bispo de Sevilla, foi un dosClérigos máis influintes da Hispania Visigoda.Estatua na Biblioteca Nacional (Madrid)

Recesvinto(653-672) foi un dos últimos monarcas visigodos. Coroa votiva

(tesouro de Guarrazar)

Page 64: A fragmentación do Mundo Antigo

Códice emiliense, século X. Representa a cidadede Toledo coas súas muralla e ameas e algunhasdas súas igrexas.

Cruz do tesouro de Torredonjimeno (Xaén)

s. VII

Page 65: A fragmentación do Mundo Antigo

3. A Hispania visigoda3.3. A sociedade visigoda

• Aínda que os visigodos eran numericamente poucos, dominaron aos hispanos e repartíronse as dúas terceiras partes das terras peninsulares.

• A economía era basicamente agrícola e de subsistencia.

• Nas cidades, as actividades artesanais e o comercio diminuíron considerablemente.

Page 66: A fragmentación do Mundo Antigo

3. A Hispania visigoda3.4. cultura e arte visigodas

• A cultura e a arte visigoda estiveron moi marcadas pola influencia romana e cristiá: o latín foi a lingua culta e a produción literaria centrouse nas sés episcopais e nos mosteiros cristiáns.

• Dende o punto de vista artístico, salientan as pequenas igrexas construídas maioritariamente no século VII d.C.: San Xoán de Baños, San Pedro de la Nave, Santa Comba de Bande, Quintanilla de las Viñas.

Page 67: A fragmentación do Mundo Antigo

San Juan de Baños (Palencia) (s.VII)

Arco de ferradura

Campanario

Nave principal

Nave lateral

Escasas ventás

Grosos muros de pedra de canteria irregular

Page 68: A fragmentación do Mundo Antigo

San Juan de Baños (Palencia) (s.VII)Interior

Page 69: A fragmentación do Mundo Antigo

San Pedro de la Nave (Zamora) (s.VII)

Grosos murosEscasas fiestras

Page 70: A fragmentación do Mundo Antigo

San Pedro de la Nave (Zamora) (s.VII)

Arco de ferradurasostido sobre columnas

Chapitel historiado

Columnas pegadas ao muro

Page 71: A fragmentación do Mundo Antigo

Quintanilla de las Viñas (Burgos) (s.VII)

Page 72: A fragmentación do Mundo Antigo

Santa Comba de Bande (Ourense) (s.VII)

Page 73: A fragmentación do Mundo Antigo

17. Que importancia tivo a Igrexa na cultura visigoda? Que foron os Concilios de Toledo?

• Na cultura visigoda a Igrexa era importante porque os clérigos cristiáns eran os que conservaban a cultura romana e sabía ler e escribir. Dous exemplos son San Leandro e San Isidoro de Sevilla.

• Os Concilios de Toledo era asembleas de bispos convocada polo rei na capital visigoda, nos que se decidían non só cuestións relixiosas, senón tamén asuntos civís relacionados co goberno do reino.

Page 74: A fragmentación do Mundo Antigo

18. Que características ten a ourivaría visigoda?

• Caracterízase porque os artesáns traballaban metais nobres (ouro e prata) pero tamén bronce e ferro.

• Ademais utilizaban varias técnicas: fundición retocada e gravada, dourado ao lume, soldadura e incrustacións de xemas (granate, cristal de rocha, ágata...) e de perlas irregulares.

Page 75: A fragmentación do Mundo Antigo

19. Características da arquitectura visigoda

• Predomina a arquitectura relixiosa en áreas rurais.

• Utilizan o arco de ferradura.

• Son construcións de pequeno tamaño.

• Muros moi grosos nos que a penas hai vanos.

Page 76: A fragmentación do Mundo Antigo
Page 77: A fragmentación do Mundo Antigo

20. Describe os edificios da aldea visigoda e as actividades que realizan os seus habitantes

• Edificios e actividades que amosa a ilustración corresponden a unha sociedade rural.

• A aldea é pequena e non conta con ningún espazo dedicado ao comercio.

• A poboación vivía nun clima de inseguridade, polo que protexían a a aldea cun valado.

• As actividades económicas eran: cultivo nun pequeno horto, cría de diferentes animais en cortes e currais, caza dalgúns animais, o artesán elabora algúns produtos, ferreiro forxa metais, carpinteiro traballa a madeira, elaboración de pan no forno.

• Trátase dunha economía de subsistencia baseada no autoabastecemento, xa que producen o que consomen.

Page 78: A fragmentación do Mundo Antigo

2. O IMPERIO BIZANTINO (476-1453)

Santa Sofía de Constantinopla

Page 79: A fragmentación do Mundo Antigo

4. O Imperio bizantino (476-1453)4.1. A época de Xustiniano

• Cando o Imperio romano de Occidente deixou de existir (476), a herdanza romana perviviu en Oriente co Imperio bizantino.

• No século VI, o emperador Xustiniano propúxose restaurar o vello Imperio romano.

• Iniciou unha serie de campañas militares que chegaron ata o Sur de Hispania; fixo unha recompilación de leis romanas (Código de Xustiniano) e embeleceu Constantinopla (basílica de Santa Sofía) (537 d.C.).

• O reino bizantino gozou dunha etapa de prosperidade económica, grazas a unha florecente agricultura e á vitalidade do comercio.

Page 80: A fragmentación do Mundo Antigo

Reconstrución da cidade de Constantinopla

Page 81: A fragmentación do Mundo Antigo

Reconstrución da cidade de Constantinopla

Page 82: A fragmentación do Mundo Antigo

No ano 330, o emperador Constantino fundou unha nova cidade, Constantinopla, na

localización da cidade grega de Bizancio, situada no estreito do Bósforo. Rodeuouse de

murallas e edificáronse igrexas e palacios.Con máis de medio millón de habitantes,

converteuse no principal porto comercial do Mediterráneo.

Page 83: A fragmentación do Mundo Antigo
Page 85: A fragmentación do Mundo Antigo
Page 86: A fragmentación do Mundo Antigo

Santa Sofía de Constantinopla (s.VI)

Page 87: A fragmentación do Mundo Antigo

Santa Sofía de Constantinopla (s.VI)

Page 89: A fragmentación do Mundo Antigo

Xustiniano e a súa corte

Xustiniano BispoMaximiano

Altos dignatarios

Guerreiros

Page 90: A fragmentación do Mundo Antigo

Emperatriz Teodora

Page 91: A fragmentación do Mundo Antigo

San Vital de Rávenas.VI

http://es.wikipedia.org/wiki/Iglesia_de_San_Vital_de_Rávena

http://www.youtube.com/watch?v=5jbLFIviBdM

http://www.youtube.com/watch?v=DEV-cqDkzsM

Page 92: A fragmentación do Mundo Antigo

4. O Imperio bizantino (476-1453)4.2. Un imperio cristián e oriental

• Entre os séculos VII e IX, Bizancio perdeu boa parte das conquistas de Xustiniano e repregouse sobre a súa zona oriental, onde o grego se mantivo como lingua oficial.

• Tras séculos de tensións relixiosas, a situación desembocou na separación da Igrexa romana e a bizantina ortodoxa (Cisma de Oriente, no ano 1054).

• A partir do século XI, o Imperio comezou a descompoñerse como resultado dos constantes ataques dos exércitos turcos.

• A capital, Constantinopla, caeu no ano 1453 e o Imperio bizantino desapareceu.

Page 93: A fragmentación do Mundo Antigo

21. Cal foi a orixe do Imperio bizantino? Que terras ocupaba? Que territorios gañou Xustiniano para Bizancio? Por que é a época de maior esplendor? Que

outras etapas houbo na historia de Bizancio? Que significa que o Imperio se helenizou?

a) Ten a súa orixe na pervivencia da metade oriental do Imperio Romano depois da desaparición no 476 do Imperio de Occidente.

b) Antes de Xustiniano, comprendía a Península Balcánica, Asia Menor, o litoral oriental do Mediterráneo e o norte de Exipto. Posteriormente Xustiniano conquistou a costa Dálmata, a Península Itálica, parte do norte de África e sur da Península Ibérica.

c) A época de Xustiniano é coñecida como a Idade de ouro pola gran prosperidade económica que gozou grazas sobre todo a unha florecente agricultura e á vitalidade do comercio no Mediterráneo.

d) Tras a morte de Xustiniano, entre o século VI e VIII Bizancio perdeu gran parte dos seus territorios. A partir do XI entra nunha época de decadencia e debilitamento dos repetidos ataques turcos, ata a súa desaparición en 1453.

e) A helenización produciuse a partir do seu repregamento sobre a zona oriental (VII-VIII) a conversión do grego en lingua oficial e o control do emperador sobre a igrexa cristiá de Oriente (ortodoxa).

Page 94: A fragmentación do Mundo Antigo

22. Que relixión practicaban os bizantinos? Que diferenzas presenta con respecto ao catolicismo?

• Practican a relixión cristiá de rito oriental (ortodoxa).

• Diferenzas principais:

• Cerimonias relixiosas son distintas.

• Os sacerdotes ortodoxos poden casar.

• O Papa non tiña poder sobre a igrexa bizantina, senón que era o emperador quen convocaba os concilios e designaba o patriarca de Constantinopla.

Page 95: A fragmentación do Mundo Antigo

23. Exemplos de monumentos e obras de arte bizantina

• Santa Sofía de Constantinopla.

• San Vital de Rávena.

• Mosaicos de Xustiniano e da emperatriz Teodora.

Page 96: A fragmentación do Mundo Antigo

5. Carlomagno5.1.. Carlomagno, rei dos francos

• O Imperio creado por Carlomagno foi o último intento de reconstruír a antiga unidade do Imperio romano de Occidente.

• A comezos do século VIII un nobre franco, Carlos Martel, dirixiu o exército contra os musulmáns que avanzaban por Francia, e derrotounos en Poitiers (732).

• O seu fillo, Pipino o Breve, converteuse en rei dos francos e fundou unha nova dinastía, a carolinxia.

• O fillo e sucesor de Pipino o Breve, Carlomagno, pasou de ser rei dos francos a ser reconstrutor do Imperio romano de Occidente.

Page 97: A fragmentación do Mundo Antigo

5. Carlomagno

Estatua ecuestre de Carlomagno

Page 98: A fragmentación do Mundo Antigo

5. Carlomagno5.2. Carlomagno emperador

• Carlomagno conquistou gran parte das terras da Europa Occidental, freou o avance do Islam e estableceu unhas fronteiras máis seguras en todo este vasto territorio.

• O emperador converteu todos os pobos baixo o seu dominio ao cristianismo e reforzou a unión entre o poder político (o Emperador) e o relixioso (o Papa).

• No ano 800, Carlomagno foi coroado emperador dos romanos polo papa León III, recoñecendo nel ao novo emperador das terras de Occidente.

• Baixo o seu goberno garantiuse a paz e a cultura renaceu, co establecemento de escolas e a volta á ensinanza do latín.

Page 99: A fragmentación do Mundo Antigo

24. Quen eran os francos? Que territorios ocupaban? Que fundou a dinastía carolinxia? De quen era

fillo?

a) Pobo de orixe xermánica que se asentou principalmente no oeste da actual Alemaña e na metade setentrional da actual Francia.

b) Ocuparon posteriormente o resto das actuais Alemaña e Francia así como os actuais territorios do norte de Italia, norte de España, Suíza, Bélxica, Holanda e Austria.

c) A dinastía carolinxia foi fundada por Pipino o Breve, fillo de Carlos Martel e pai de Carlomagno.

Page 100: A fragmentación do Mundo Antigo
Page 101: A fragmentación do Mundo Antigo

25. Quen era Carlomagno? Que territorios conquistou? Cando foi coroado emperador? Por quen? Por

que cres que se lle corou en Roma?

a) Carlomagno, fillo de Pipino o Breve.

b) Conquistou gran parte das terras de Europa occidental: Lombardía, Carintia, ducado de Espoleto, a Marca Hispánica, Bretaña, Frisia, Saxonia. Freou o avance do Islam establecendo fronteiras seguras en todo o territorio.

c) Foi coroado emperador de Occidente no ano 800, en Roma, polo Papa León III.

d) O Papa é a máxima autoridade relixiosa do occidente europeo, polo que lexitimou asía a súa supremacía política.

Page 102: A fragmentación do Mundo Antigo

Imperio carolinxio. Conquistas de Carlomagno

Page 103: A fragmentación do Mundo Antigo

Palacio de Aquisgrán

Capela palatina de Aquisgrán

Page 104: A fragmentación do Mundo Antigo

26. Que decisións sobre a cultura tomou Carlomagno? Por que cres que se coñece esta época como a

do “renacemento” carolinxio?

• O emperador Carlomagno impulsou unha renovación cultural que coñecemos como ”Renacemento carolinxio”:

• Creáronse escolas.

• Volveuse ensinar en latín.

• Os monxes copiaron en pergamiño os textos dos autores grecolatinos, difundindo a cultura clásica.

Page 105: A fragmentación do Mundo Antigo

27. Obra de arte máis significativa.Descripción

• O palacio de Aquisgrán.

• Nun extremo estaba a Sala de Audiencias e a Sala do Tesouro, onde o emperador concedía as audiencias.

• No outro extremo, encontrábase a zona relixiosa, coa Capela Palatina e a Capela dos Clérigos.

• No centro, os edificios onde se aloxaba o emperador e a súa familia.

• Separado por xardíns, achábase o edificio coas Termas do palacio, con auga quente termal.

Page 106: A fragmentación do Mundo Antigo

28. Como gobernaba Carlomagno as súas terras? Que era un condado? E unha

marca?• Baseábase na entrega de terras a nobres para que as

administraran no seu nome e se beneficiaran delas. Dividiu o territorio do Imperio nuns 250 condados, que eran as circunscricións administrativas á fronte das cales había un conde que era un nobre da súa confianza.

• Para defender as zonas de fronteira creou as marcas, dirixidas por un xefe militar, o marqués. Este exercía a súa autoridade sobre os condados que había na súa marca.

• Tamén estableceu un corpo de comisarios reais, os missi dominici, para facer cumprir as leis e controlar condes e marqueses.

• Todos estes cargos non eran vitalicios nin hereditarios, senón que dependían da confianza do emperador.

• Cada ano Carlomagno reunía os condes, marqueses e clérigos na corte para tratar os asuntos do goberno.

Page 107: A fragmentación do Mundo Antigo
Page 108: A fragmentación do Mundo Antigo

Coroación de Carlomagnocomo emperador

Page 109: A fragmentación do Mundo Antigo

29. Cales eran as funcións de condes e marqueses? E as funcións dos missi dominici? Que eran as capitulares?

• Conde: nobre de confianza do emperador, gran propietario, guerreiro destacado ou amigo persoal, situado por este á fronte dun condado, que se encargaba de administrar xustiza, recadar impostos, recrutar o exército e protexer a poboación.

• Marqués: estendía a súa autoridade sobre diversos condados, que formaban unha marca de fronteira. Estaba encargado da súa defensa.

• Missi dominici: era un corpo de comisarios reais, encargados de facer cumprir as leis e inspeccionar e controlar as actividades levadas a cabo polos condes e marqueses.

• Capitulares: conxunto de leis aprobadas que se escribían e se conservaban.

Page 110: A fragmentación do Mundo Antigo

5. Carlomagno5.3. Cara á Europa feudal

• Á morte de Carlomagno, a coroa pasou a seu fillo Luís o Piadoso (814-840) que, ao morrer, repartiu os territorios entre os seus tres fillos: Lotario, Luís e Carlos.

• Lotario, por ser o primoxénito, recibiu tamén o título de emperador e intentou impoñer a súa autoridade. Pero os seus irmáns Luís e Carlos, rebeláronse, vencérono e obrigáronlle a asinar o Tratado de Verdún (843). A partir daquela cada territorio formou reinos independentes.

• Ademais no século IX houbo grandes ondadas de invasións que asolaron Europa occidental (musulmáns, viquingos...) provocando o terror e a inseguridade da poboación.

• Os reis eran incapaces de defender á poboación. Só era protexida polos nobres. Fragméntanse os reinos e nace o feudalismo.

Page 111: A fragmentación do Mundo Antigo

A debilidade dos sucesoresfixo que o imperio fragmentárase

Page 112: A fragmentación do Mundo Antigo

30. Cando e como rematou o imperio carolinxio? Como se fragmentou?

• Pola división por parte de Luís o Piadoso (fillo de Carlomagno) do imperio entre os seus fillos.

• Lotario quedou co reino Franco Central.

• Luís o Xermánico co reino Franco Oriental.

• Carlos Calvo co reino Franco Occidental.

• A inestabilidade territorial polas invasións viquingas e musulmás fai que se debilite o poder real e creza o poder dos condes.

• Aparece o feudalismo.