Tema 1.- A fragmentación do mundo antigo. · Tema 1.- A fragmentación do mundo antigo. ... (ao...
Transcript of Tema 1.- A fragmentación do mundo antigo. · Tema 1.- A fragmentación do mundo antigo. ... (ao...
Tema 1.- A fragmentación do mundo antigo.
Os reinos xermánicos no século V
San Martiño co rei suevo Miro (570-583)
San Martiño de Dumio (Braga, Portugal)
3.- Un reino xermánico: os visigodos en Hispania.
O reino visigodo de Toledo
(507 - 711)
Reino visigodo de Tolosa
(418 - 507)
Reino visigodo de Toledo (507 - 711)
A organización do reino visigodo de Toledo.
Trazos básicos da monarquía visigoda.
➢ Unha monarquía forte, en principio electiva pero que se transformou a miúdo en hereditaria.
➢ Creación de institucións de goberno:
• Aula Rexia:órgano asesor formado por nobres e clérigos
• Concilios de Toledo: asembleas de carácter relixioso e civil.
➢ Inestabilidade política:
• guerras civís;
• conspiracións e rebelións nobiliarias;
• frecuentes derrocamentos e asasinatos dos reis…
Unificación territorial, relixiosa e xurídica da península:
➢ Unificación territorial:
• vitoria sobre o reino suevo e incorporación do seu espazo ao reino de Toledo (Leovixildo, 585);
• recuperación dos territorios ocupados polos bizantinos no Sur (572-623);
• campañas contra os pobos do Norte (cántabros, vascóns e francos).
➢ Unificación relixiosa:
• Recaredo converteuse ao catolicismo no ano 587.
• A conversión oficial do reino fíxose no III Concilio de Toledo no ano 589.
➢ Unificación xurídica:
• O rei Leovixildo (573-586) derrogou a lei que prohibía os matrimonios mixtos;
• O rei Recesvinto estableceu unha lexislación común para todo o seu reino (Liber Iudiciorum, 654).
4.- A ruralización.
5.- O Imperio romano en Oriente.
A “idade de ouro”
(século VI)
O emperador Xustiniano (527 - 565)
O imperio bizantino (séculos V a XV).
Etapas básicas da evolución política
Etapa séculos Trazos elementais
Orixe V
• supervivencia da metade oriental do Imperio Romano tras a desaparición
do imperio romano de Occidente (no ano 476)
Idade de ouro:
a época de Xustiniano
VI
• expansión militar cara ao oeste: intentou restaurar o imperio romano
• estabilidade das institucións políticas, dirixidas polo emperador
(basileus), que concentraba o poder político, militar e relixioso
• prosperidade económica, baseada na agricultura e no comercio
• recompilación das leis (Código de Xustiniano)
• gran desenvolvemento cultural e artístico
Orientalización VII - VIII
• perda de territorios: o imperio repregouse sobre a zona oriental
• helenización: grego como lingua oficial + Igrexa ortodoxa
Segunda idade de ouro IX - X
• unha nova dinastía recuperou parte dos territorios perdidos
• novo período de prosperidade económica
• evanxelización dos pobos eslavos (ao Norte do Imperio Bizantino)
Declive XI - XV
• lenta descomposición do imperio polos constantes ataques dos turcos
• desaparición do imperio: os turcos conquistan Constantinopla en 1453
O imperio a comezos do século VIII
O declive de Bizancio
Mar Negro
No ano 330, o emperador romano Constantino
fundou una nova cidade, Constantinopla, sobre a
localización da cidade grega de Bizancio, que gozaba
dunha situación estratéxica: no estreito do Bósforo, á
entrada do mar Negro.
Ben defendida por un dobre recinto de murallas,
dotouse de grandes edificios (igrexas, palacios,
foros...) e converteuse no centro comercial e cultural
máis importante do Mediterráneo.
6.- O imperio carolinxio
Carlos Martel
• Era mordomo de palacio dos
reis francos (715-741).
• Derrotou os musulmáns na
batalla de Poitiers (732) e
freou a súa expansión.
Pipino III O Breve
• Era mordomo de palacio dos reis
francos (741-751).
• Derrocou o rei franco Childerico III
(da dinastía merovinxia) e
autoproclamouse rei, co que fundou
a dinastía carolinxia.
• Foi rei dos francos de 751 a 768.
Carlomagno
• Rei dos francos desde 768 a 814.
• Conquistou moitos territorios e tentou
reconstruír o Imperio romano de Occidente.
• Impuxo o cristianismo aos pobos sometidos.
• No ano 800 o papa León III coroouno como
novo emperador de Occidente.
• Reforzou a alianza entre poder político
(Emperador) e poder relixioso (Papa).
• Impulsou un gran renacemento cultural
•
Carlomagno, emperador
A organización do imperio de Carlomagno.
Tratado de Verdún (843)
8.- A aparición do Islam
Vida de Mahoma
570 Nace na Meca
583 Comeza as súas viaxes comerciais (Siria)
595 Coñece a Jadiya (rica viúva), coa que casa
610
Recibe a revelación do arcanxo Gabriel
Preséntase como o profeta dunha nova relixión: o Islam (que significa
submisión a Alá)
613 Comeza a predicar na Meca
622 Abandona A Meca e refúxiase en Medina: a Héxira
630 Conquista A Meca e destrúe os ídolos de A Kaaba
630 Somete as tribos da Península Arábiga
632 Falece en Medina
Alá nome que os musulmáns dan ao único Deus, eterno e
todopoderoso. Non pode ser representado en imaxes.
Islam
relixión monoteísta fundada por Mahoma no século VII en
Arabia. Tamén significa conxunto dos pobos que cren e
practican esta relixión.
Héxira
fuxida de Mahoma de A Meca ata Medina, cidade onde fundou a
primeira comunidade islámica, isto é, baseada nas súas
predicacións. Este feito tivo lugar no ano 622, e marca o inicio
do calendario islámico.
Musulmán persoa que profesa a relixión islámica. Tamén se pode dicir
islámico.
Corán
libro sagrado dos musulmáns, que contén as verdades que Alá
lle revelou a Mahoma e que, tras a súa morte, foron recollidas e
escritas. Componse de 114 capítulos (suras), divididos en
versículos.
Imán persoa encargada de presidir a oración musulmá
Ulema erudito, doutor ou intérprete dos textos sagrados do Islam.