1. a Transición Do Antigo Réxime

20
Unidade 1: A transición do Antigo Réxime. Hª de España, IES Antón Losada —1— UNIDADE 1 A TRANSICIÓN DO ANTIGO RÉXIME Á ESPAÑA CONTEMPORÁNEA Por Antigo Réxime entendemos o sistema económico, social e político que procedía do feudalismo medieval, que estivo en vigor desde o s. XVI ata a expansión do réxime liberal en Europa no s. XIX. Os revolucionarios franceses de 1789 chamáronlle Antigo Réxime ao estado de cousas anterior á propia Revolución. As características básicas do Antigo Réxime son as seguintes: Unha economía de base agraria e señorial, unha poboación cun réxime demográfico antigo, unha sociedade estamental baseada nos privilexios da nobreza e do clero e unha política caracterizada polo absolutismo monárquico. Durante o século XVII e especialmente no XVIII, collen pulo as forzas que pretenden a transformación ou a eliminación dese modelo. Iso debeuse ao auxe da burguesía, ao desenvolvemento do capitalismo comercial e a aparición dun novo pensamento, a Ilustración. En España, a nova dinastía borbónica, implantou unha serie de reformas ilustradas no s. XVIII, seguindo o modelo europeo. Pretendíase modernizar o Estado sen modificar os aspectos básicos do absolutismo. A influencia da Revolución Francesa, que rematou co absolutismo en Francia, a pesar dos intentos dos monarcas para evitalo, foi fundamental no proceso revolucionario que se abriu en España coas Cortes de Cádiz (1810-1814). Aprobaron unha serie A familia de Carlos IV, Goya (1800)

Transcript of 1. a Transición Do Antigo Réxime

Page 1: 1. a Transición Do Antigo Réxime

Unidade 1: A transición do Antigo Réxime. Hª de España, IES Antón Losada —1—

UNIDADE 1 A TRANSICIÓN DO ANTIGO RÉXIME Á ESPAÑA

CONTEMPORÁNEA

Por Antigo Réxime entendemos o sistema económico, social e político que procedía do feudalismo medieval, que estivo en vigor desde o s. XVI ata a expansión do réxime liberal en Europa no s. XIX. Os revolucionarios franceses de 1789 chamáronlle Antigo Réxime ao estado de cousas anterior á propia Revolución. As características básicas do Antigo Réxime son as seguintes: Unha economía de base agraria e señorial, unha poboación cun réxime demográfico antigo, unha sociedade estamental baseada nos privilexios da nobreza e do clero e unha política caracterizada polo absolutismo monárquico. Durante o século XVII e especialmente no XVIII, collen pulo as forzas que pretenden a transformación ou a eliminación dese modelo. Iso debeuse ao auxe da burguesía, ao desenvolvemento do capitalismo comercial e a aparición dun novo pensamento, a Ilustración.

En España, a nova dinastía borbónica, implantou unha serie de reformas ilustradas no s. XVIII, seguindo o modelo europeo. Pretendíase modernizar o Estado sen modificar os aspectos básicos do absolutismo. A influencia da Revolución Francesa, que rematou co absolutismo en Francia, a pesar dos intentos dos monarcas para evitalo, foi fundamental no proceso revolucionario que se abriu en España coas Cortes de Cádiz (1810-1814). Aprobaron unha serie

A  familia  de  Carlos  IV,  Goya  (1800)  

Page 2: 1. a Transición Do Antigo Réxime

Unidade 1: A transición do Antigo Réxime. Hª de España, IES Antón Losada —2—

de leis, como a Constitución de 1812, que constituíron a base do liberalismo (soberanía nacional, igualdade legal, división de poderes…). O reinado de Fernando VII (1814-1833) caracterizouse pola loita entre os liberais e os absolutistas. Os absolutistas, co rei á cabeza, impuxéronse sobre os liberais agás no breve período do Trienio Liberal (1820-1823). O novo sistema liberal-capitalista non se consolidará ata o reinado de Isabel II (1833-1868).

1. España no s. XVIII 1.1. Guerra de Sucesión e Decretos de Nueva Planta No 1700 morreu Carlos II, derradeiro rei da Casa de Austria, sen descendencia. O enfrontamento entre as potencias europeas por situar o seu candidato no trono vacante levou á Guerra de Sucesión (1700-1714). Inglaterra, Austria e Holanda apoiaron ao candidato austríaco, fronte as pretensións de Francia, que apoiou ao neto de Luis XIV, Felipe de Borbón. A Guerra de Sucesión rematou co Tratado de Ultrech, polo que se recoñecía a Felipe como rei, iniciándose a nova dinastía dos Borbóns. Unha das disposicións do Tratado cedía a soberanía sobre Xibraltar a Inglaterra. A monarquía borbónica aplicou unha política centralista, seguindo o modelo do absolutismo francés. A Guerra de Sucesión —na que os reinos da Coroa de Aragón apoiaran ao candidato austríaco— foi aproveitada por Felipe V para suprimir os foros (leis propias) destes reinos mediante os Decretos de Nueva Planta, implantando nos mesmos a lexislación de Castela. Unicamente Navarra e as Provincias Bascas, que apoiaran a Felipe na Guerra, mantiveron as súas leis particulares.

«Considerando ter perdido os reinos de Aragón e Valencia, e todos os seus habitantes, pola rebelión que cometeron tódolos foros, privilexios, exencións e liberdades que gozaban e que lle foran concedidas así por min e polos meus predecesores, particularizándoos nisto dos demais reinos. E á circunstancia de ser comprendidos entre os demais que lexitimamente posúo nesta monarquía engádese agora o de dereito de conquista; e considerando que un dos principais atributos da soberanía é a imposición e a derrogación das leis, as cales, podería EU cambiar sen os fundados motivos que hoxe concorren; xulguei conveniente, así por esto como polo meu desexo de reducir tódolo meus reinos de España á uniformidade dunhas mesmas leis, usos, costumes e tribunais, gobernándose igualmente todos polas leis de Castela, abolir e derrogar tódolos referidos foros e privilexios, prácticas e costumes ata aquí observadas nos mencionados reinos, sendo a miña vontade que estes se reduzan ás leis de Castela, sen diferencia algunha en nada, podendo obter por esta razón igualmente os meus fidelísimos vasalos casteláns, oficios e empregos en Aragón e Valencia da mesma maneira que aragoneses e valencianos poden en adiante gozalos en Castela.». Buen Retiro, a 29 de xuño de 1707

FREI NICOLÁS JESÚS DE BELANDO, Historia civil de España. Parte I (Madrid, 1740)

«...Tendo conseguido coa asistencia divina e xustiza da miña causa, pacificado as miñas armas o Principado de Cataluña, tocaba a miña soberanía establecer goberno no mesmo.

... que no Principado se forme unha Audiencia, presidida polo Capitán Xeral ou Comandante Xeral das miñas Armas.

... As causas da Real Audiencia substanciaranse en lingua castelá.

... Haberá en Cataluña Correxidores... De tódolos expresados Correxidores resérvome a nominación.»

Nueva Planta de la Real Audiencia del Principado de Cataluña (1716)

Page 3: 1. a Transición Do Antigo Réxime

Unidade 1: A transición do Antigo Réxime. Hª de España, IES Antón Losada —3—

Reformouse tamén a administración territorial, cunha división do territorio en provincias mandadas por un Capitán Xeneral. Na Administración central, os Secretarios de Despacho, nomeados polo rei foron adquirindo cada vez maior importancia sendo os precedentes dos ministros. Sen embargo, as pretensións centralistas do Estado non puideron co poder da Igrexa e dos nobres. Quíxose crear un sistema impositivo unificado e que os privilexiados pagasen tamén certos tributos, pero a resistencia da nobreza e do clero fixo fracasar a reforma da Facenda. Ademais, cada reino seguía a ter a súa propia moéda.

1.2. Economía agraria e sociedade estamental A economía creceu durante o século. España era un país fundamentalmente agrario, en 1797 o sector agrario agrupaba a máis dun 67% da poboación activa. O importante incremento da poboación —pasou de 7 a 11,5 millóns de habitantes— levou a un aumento da produción, pero non como consecuencia de maiores rendementos, senón debido a un aumento da superficie cultivada. A propiedade da terra seguía tendo unha estrutura señorial, vinculada á nobreza e ao clero. Da poboación activa que se adicaba á industria, a maioría eran artesáns en pequenos obradoiros, agrupados en gremios, que só abastecían ao mercado local. A única industria moderna era a catalá, non agremiada, e centrada nos estampados de teas de algodón, chamados indianas xa que a maioría se exportaban ás colonias americanas. O comercio interior seguiu sendo moi deficiente. O comercio exterior, en especial coas colonias americanas, experimentou un importante crecemento. A creación de compañías comerciais e os decretos de libre comercio de 1778 (antes só se podía comerciar con América polos portos de Sevilla, ata 1717, e Cádiz despois) favoreceron o incremento dos intercambios. Na España do s. XVIII mantívose a sociedade estamental propia do Antigo Réxime. Porén, apareceron as primeiras críticas dos ilustrados contra o mantemento dos privilexios da nobreza e do clero. O Terceiro Estado, os que traballaban e producían, constituían o 90% da poboación con situacións moi diversas.

1.3. A economía galega no s. XVIII Galicia no s. XVIII era un dos territorios máis densamente poboados da monarquía hispánica, cunha densidade de 45 hb por km2. Contaba con case 1.300.000 hb en 1752, apreciándose xa unha maior concentración nas zonas costeiras. O intenso poboamento e a falta de recursos explican que xa existise unha intensa emigración, calculándose a perda de arredor de 350.000 persoas na segunda metade do século. Existía tamén unha emigración temporal cara Castela e Andalucía, na época da sega.

Page 4: 1. a Transición Do Antigo Réxime

Unidade 1: A transición do Antigo Réxime. Hª de España, IES Antón Losada —4—

No crecemento da poboación xogaron un papel moi importante dúas plantas americanas introducidas no s. XVII: o millo e a pataca. O millo na costa e nos vales fluviais e a pataca no interior. Producíase máis, pero os métodos seguían a ser arcaicos. As explotacións eran cada vez máis miúdas, sendo explotadas baixo o sistema foral, de orixe medieval. Os mosteiros e os fidalgos, pricipalmente, entregaban as terras aos labregos por un longo período de tempo, a cambio dunha renda en especie. O sector pesqueiro, de gran importancia en Galicia, creceu notablemente coa chegada de comerciantes cataláns que construíron fábricas de salazón e introduciron novas técnicas na pesca (xábega) e na conservación do peixe. No eido industrial destacaba a industria artesanal do liño. O traballo era desempeñado polas familias labregas no tempo que lles deixaba o campo, sendo exportados os lenzos cara Castela. A finais do XVIII mesmo se importaba liño do Báltico debido ao pulo que acadou esta industria. En Cervo, o marqués de Sargadelos, tentou crear unha industria siderúrxica, pero non tivo continuidade. No 1804 comezou a fabricar a cerámica tan coñecida na actualidade.

1.4. O reformismo ilustrado O século da luces tamén tivo o seu reflexo en España. Os ilustrados foron unha minoría formada por burgueses e algúns membros da pequena nobreza e do clero. En España, o máis destacado foi Jovellanos, mentres que en Galicia a obra de máis sona foi a dos monxes bieitos Padre Feijoo e Padre Sarmiento, que reivindicaron a cultura propia de Galicia. A maior preocupación dos ilustrados foi o progreso económico do país. Isto levounos a criticar á organización social dominante e a propoñer unha serie de medidas reformistas apoiados por monarcas como Carlos III. Medidas que na práctica tiveron unha eficacia escasa a causa da resistencia dos grupos privilexiados que vían perigar os seus intereses e a ignorancia dunha poboación analfabeta apegada aos costumes tradicionais. Na práctica case nada mudou. Propuñan unha reforma desde arriba, apoiándose no monarca absoluto («déspota ilustrado»), pero os cambios económicos suxeridos cuestionaban as bases da propia monarquía absoluta, polo que o rei, ante oposición dos grupos privilexiados, sempre freou a posta en práctica das medidas que máis afectaban ao poder social da nobreza e do clero (desvinculación dos morgados, desamortización, contribución única, reparto das terras). O límite das reformas ilustradas estaba na supervivencia do sistema político absolutista. Cando estalou a Revolución Francesa eses límites fixéronse máis evidentes.

Jovellanos,  Goya  (1798)  

Page 5: 1. a Transición Do Antigo Réxime

Unidade 1: A transición do Antigo Réxime. Hª de España, IES Antón Losada —5—

2. O IMPACTO DA REVOLUCIÓN FRANCESA. A GUERRA DA INDEPENDENCIA E A CONSTITUCIÓN DE CÁDIZ 2.1. O impacto da Revolución Francesa Os acontecementos que se desenvolveron en Francia a partir de 1789, que remataron coa monarquía absoluta no país veciño, explican en grande medida o que aconteceu en España ata 1808. Ao igual que os restantes gobernos europeos, o goberno do novo rei Carlos IV deu marcha atrás na súa política de reformas. Pechou a fronteira francesa establecendo unha especie de “cordón sanitario” para impedir o paso de calquera libro e folleto, prohibiu calquera referencia a Francia, mesmo as críticas contra a Revolución, e suspendeu tódolos periódicos non oficiais do reino.

«Prohibo a introdución e curso nestes meus Reinos e Señoríos de calquera papel sedicioso, e contrario á fidelidade e a tranquilidade pública, e en consecuencia mando, que calquera persoa que tivera carta ou papel impreso ou manuscrito desta especie os presente á Xustiza, dicindo e nomeando ao suxeito que llelos entregara, se o soubera; pena de que non facéndoo así, será procesado e castigado; procedendo as Xustizas coa actividade e a vixilancia que require a súa gravidade, e que tanto interesa ao ben dos meus amados vasalos.»

Orde de Carlos IV, 1791

Estas medidas non foron efectivas. As ideas revolucionarias estendéronse por España e polas colonias americanas. Para os ilustrados o modelo francés sería positivo, aínda que moitos rexeitaban a violencia e preferían a vía reformista. Para os estamentos privilexiados, nobreza e clero, as novas ideas eran unha ameaza para o seu status, e rexeitábanas aludindo a quebra dos valores tradicionais, como a relixión. No ano 1792 aboliuse a monarquía en Francia e o rei foi detido, e despois guillotinado, en 1793. España entrou na coalición internacional contra os revolucionarios franceses, sendo derrotada, asinándose a paz de Basilea (1795), da que falaremos despois.

2.2. A privanza de Godoy Floridablanca foi deposto á fronte do goberno por Carlos IV en 1792, e substituído —despois dun breve período de Aranda -polo favorito da raíña, Manuel Godoy-. O ascenso de Godoy foi moi mal acollido polo círculo de poder tradicional, que o consideraba un intruso, e só logrou permanecer tanto tempo a cabeza do goberno pola súa capacidade de intriga e o incondicional apoio real:

«Por ti murió el de Aranda perseguido, / Floridablanca vive desterrado,/ Jovellanos en vida sepultado / y muchos grandes yacen en el olvido. / De la madre, del padre, del marido / arrancaste el honor, y has profanado, / polígamo brutal, aquel sagrado / que, indigno, tú pisar has merecido. / Calumnias, muertes, robos y atentados / con descaro insolente cometiste, / ¡Oh, tú, el más ruín de los privados ! Si almirante, si grande te creíste / cuando eras el más ruín de los malvados, / hoy el cielo te vuelve a lo que fuiste.

Soneto satírico de frei Manuel Gil, adicado a Godoy

Ao mesmo tempo el apandou coas culpas dos males nacionais, como símbolo da corrupción e da incapacidade da familia real. Nos momentos de crise, case permanentes neste período, reuniu na súa persoa o odio xeneralizado. Tentou aplicar unha política ilustrada, pero os males do país e a progresiva radicalización política requirían medidas moito máis enérxicas.

Godoy,  príncipe  da  paz,  Goya  (1801)  

Page 6: 1. a Transición Do Antigo Réxime

Unidade 1: A transición do Antigo Réxime. Hª de España, IES Antón Losada —6—

A súa política exterior puxo a España “aos pés do Emperador”. Despois dunha guerra desastrosa contra a Francia revolucionaria que remataría coa Paz de Basilea (1795) e a concesión a Godoy do título de «Príncipe de la Paz», volveuse á tradicional alianza con Francia, nunha posición de submisión. Era unha alianza antinatural, entre un monarca absoluto e un goberno republicano que executara ao rei Borbón. Pero era unha alianza válida para defender América da presión británica. As sucesivas guerras contra Inglaterra foron aínda máis desastrosas, quedando o dominio do Atlántico en mans inglesas e perdendo a Armada na batalla de Trafalgar (1805). A profunda crise económica, potenciada pola guerra e a ruptura do comercio con América, provocou o aumento do malestar social e a hostilidade contra Godoy aumentou. Ao mesmo tempo, arredor do Príncipe de Asturias, Fernando, reuniuse unha camarilla de conspiradores formada por nobres reaccionarios partidarios de que Carlos IV abdicase no cada vez máis popular Fernando. As imposicións de Napoleón foron en aumento, ata concluír coa firma do Tratado de Fontainebleau en 1807. No Tratado pretendíase a invasión e o reparto de Portugal. Para Napoleón era un paso máis no seu intento de formar un imperio continental. Para Godoy tratábase da única alternativa que tiña para salvar a súa posición política. «Carlos IV fora un rei mediocre. O seu favorito Godoy, garboso estremeño, que chegou a ser todopoderoso en 1792, aos vintecinco anos, gracias ao favor da raíña, revelouse como nefasto sobre todo en política exterior. Non soubo evitar nin animar con fe o conflito coa revolución francesa. En Basilea, España perdeu Santo Domingo. A alianza francesa que seguiu tivo malos resultados. Custou a España Trinidad, Luisiana, e por último, en 1805, o desastre de Trafalgar, que, ao entregar as colonias as súas propias forzas separaba o bloque do mundo hispánico: data esencial para o futuro.

Godoy negociou un reparto de Portugal, que faría del un príncipe herdeiro. Pero os franceses ocuparon as prazas fortes de Cataluña e Navarra, ao mesmo tempo que Lisboa: a independencia española estaba ameazada. A oposición contra esa política ía crecendo: unha conspiración cortesá intentou substituír ao rei polo seu fillo Fernando, quen ao ser descuberto denunciou aos seus amigos, amosando ter unha alma bastante covarde. Pero a opinión creu ver nel a un heroe e a un mártir.»

Pierre Vilar, Historia de España, pax. 79-80. Crítica 1978

2.3. A guerra da Independencia e a Constitución de Cádiz a. O inicio da guerra O tratado de Fontainebleau permitiu que as tropas francesas entrasen en España sen oposición. Pero axiña se viu que a súa intención non era só ocupar Portugal, senón que tamén pretendían ocupar España. Dándose conta dos acontecementos, Godoy quixo trasladar á familia real a Sevilla e logo a América. Intento que ocasionou o levantamento de parte do pobo de Madrid, instigado pola camarilla de Fernando VII, que se dirixiu a Aranjuez e obrigou a Carlos IV a abdicar no seu popular fillo (Motín de Aranjuez). Por primeira vez un monarca español era forzado a deixar o seu trono por un levantamento popular. <<Señor meu irmán: V. M. saberá sen dúbida con pena os sucesos de Aranjuez e os seus resultados, e non verá con indiferenza a un rei que, forzado a renunciar á coroa, acude a pórse nos brazos dun grande monarca, aliado seu, subordinándose totalmente á disposición do único que pode darlle a súa felicidade, a da súa familia e a dos seus fieis vasalos.

Motín  de  Aranjuez  

Page 7: 1. a Transición Do Antigo Réxime

Unidade 1: A transición do Antigo Réxime. Hª de España, IES Antón Losada —7—

Eu non renuncie en favor do meu fillo senón pola forza das circunstancias, cando o estrondo das armas e os clamores dunha garda sublevada facíanme coñecer bastante a necesidade de escoller a vida ou a morte, pois a esta última seguiría despois a da Raíña.

Eu fun forzado a renunciar; pero asegurado agora con plena confianza na magnanimidade e o xenio do grande home que sempre amosou ser amigo meu, eu tomei a resolución de conformarme con todo o que este mesmo grande home queira dispor de nosoutros e da miña sorte, a da Raíña e a do Príncipe de la Paz.

Dirixo a vostede unha protesta contra os sucesos de Aranjuez e contra a miña abdicación

De V. M. e R. o seu moi afecto irmán e amigo. Carlos.>>

Carta de Carlos IV a Napoleón explicando os sucesos de Aranjuez, marzo de 1808.

O Motín de Aranjuez sinalou claramente a debilidade dunha monarquía disputada publicamente por pai e fillo. Ambos pedían axuda a Napoleón e este pensou que era o momento de acabar coa monarquía borbónica en España. Chamounos a Bayona e obrigounos a renunciar ao trono no seu nome e el nomeou ao seu irmán, José Bonaparte, novo rei de España. A maioría do pobo español ergueuse en masa contra a ocupación francesa. A guerra comezou o 2 de maio de 1808, cando o pobo de Madrid se levantou contra as tropas francesas ante a saída cara Bayona dos membros que quedaban da familia real. «Señores Xustizas dos pobos a quen se presentase este oficio de min, o Alcalde Móstoles:

É notorio que os franceses apostados nas proximidades de Madrid, e dentro da Corte tomaron a defensa, sobre este pobo capital, e as tropas españolas: de maneira que en Madrid está correndo moito sangue; como Españois é necesario que morramos polo Rey e pola Patria armándonos contra uns desleais que so color de amizade e de alianza quérennos impoñer un xugo pesado, despois de terse apoderado da Augusta persoa do Rei: procedamos pois, a tomar as activas providencias para escarmentar tanta perfidia, acudindo ao socorro de Madrid e demais pobos.»

Móstoles, dous de maio de 1808. Andrés Torrejón. Simón Hernández.

Unha carta, escrita por Murat (xefe das tropas francesas en España) ao Emperador en marzo, anunciaba os feitos posteriores: «Temo que vos enganedes sobre a situación. A aristocracia e o clero son donos de España: se temen polos seus privilexios ou existencia, provocarán contra nosoutros un alzamento en masa que poderá eternizar a guerra. Conto con algúns partidarios, pero se me presento como conquistador quedareime sen ningún (...) O Príncipe de Asturias non ten ningunha das calidades necesarias ao xefe dunha nación; isto non impedirá que se faga un heroe para opoñelo a nosoutros (...)»

Os motivos do levantamento das masas populares contra a ocupación francesa foron: a defensa da integridade territorial fronte a un tradicional aliado que os traizoou; a convicción do carácter tiránico de Napoleón; e un sentido patriótico case relixioso. Identificábase a «patria» coa figura do monarca «raptado». Tampouco se pode esquecer a crítica situación económica que situou nos hostís soldados franceses a causa dos males. Era unha poboación disposta a loitar porque tiña pouco que perder.

Os levantamentos antifranceses estendéronse por todo o país. Iniciouse a Guerra da Independencia (1808-1814). A guerra de guerrillas (pequenas partidas ou cuadrillas de homes que, apoiándose no

3  de  maio  de  1808,  Goya  (1814)  

Page 8: 1. a Transición Do Antigo Réxime

Unidade 1: A transición do Antigo Réxime. Hª de España, IES Antón Losada —8—

coñecemento do terreo e na complicidade da poboación, atacaban ás tropas francesas sen presentar nunha unha batalla aberta) vaise a desenvolver fundamentalmente no mundo rural. Esta forma de guerra vai ter un gran futuro, non só na historia de España, senón tamén na historia mundial. Trátase da participación popular contra un inimigo moito máis potente e poderoso. Algúns guerrilleiros, como Espoz y Mina, o Empecinado ou o cura Merino convertéronse en heroes populares. Os españois contaron coa axuda dos ingleses para expulsar aos franceses. Galicia na Guerra da Independencia. Como no resto da Península, en Galicia formáronse Xuntas que trataban de dirixir a loita contra as tropas francesas. A primeira foi a da Coruña en 1808 e, despois, creouse a “Xunta Suprema do Reino” responsable da organización do Batallón Literario composto por universitarios composteláns. En 1809 o xeneral Soult ocupou co seu exército Galicia, perseguindo a un exército inglés dirixido por John Moore, que pretendía fuxir cara Inglaterra desde o porto de A Coruña. Nos arredores da cidade produciuse a batalla de Elviña, onde perdeu a vida este xeneral que ficou para sempre nos Xardíns de San Carlos da cidade herculina. A ocupación francesa provocou unha oposición popular e á formación de “guerrillas” dirixidas por líderes como Morillo ou Cachamuíña. As accións bélicas máis coñecidas foron a “reconquista” de Vigo (28-3-1809) e a batalla de Ponte Sampaio (xuño 1809), que marcou o final da presenza napoleónica en Galicia.

b. A política francesa O Estatuto de Bayona. Napoleón pretendeu dotar de legalidade á nova monarquía imposta en España. Convocou en Bayona unha asemblea de deputados que debería estar formada por cincuenta representantes de cada estamento, pero só acudiron sesenta e cinco, sendo a maioría nobres. Esta «Xunta Española» aprobou o chamado Estatuto de Bayona, que non podemos considerar unha Constitución, posto que non foi elaborada por representantes da nación española. Debe considerarse unha «carta outorgada», dada ademais por un rei estranxeiro. Sen embargo tivo un papel histórico importante ao obrigar a elaboración dunha Constitución alternativa polos que se enfrontaban aos franceses. O Estatuto tiña un carácter autoritario. Establecía tres órganos representativos: Consello de Estado e Senado de nomeamento real e Cortes estamentais (clero, nobreza, pobo). Recoñecía algúns dereitos como a liberdade de imprenta e a inviolabilidade do domicilio. Suprimía privilexios señoriais e declaraba á relixión católica como a única permitida (sorprende esta declaración, que hai que

Caricatura  de  José  I  como  Pepe  Botella  

Page 9: 1. a Transición Do Antigo Réxime

Unidade 1: A transición do Antigo Réxime. Hª de España, IES Antón Losada —9—

entender como un intento de gañarse o favor do clero); abolía as aduanas interiores e reformaba a Facenda. En definitiva, suprimía as bases xurídicas do Antigo Réxime, pero a penas tivo aplicación pola guerra. «En nome de Deus Todopoderoso, Don José I Napoleón, pola graza de Deus, rei das Españas e das Indias: tendo escoitado á Xunta Nacional, reunida en Bayona de orde do noso moi caro e moi amado irmán Napoleón, Emperador dos franceses (...)

Decretamos a presente Constitución (...) Art. 1. -A relixión Católica, Apostólica e Romana, en España e en tódalas posesións españolas, será a relixión do Rei e da Nación, e non se permitirá ningunha outra. Art. 34. -As prazas de senador serán de por vida Art. 61. Haberá Cortes ou Xuntas da Nación, compostas de 172 individuos, divididos en tres Estamentos (clero, nobreza, pobo). Art. 72. Para seren deputado precísase ser propietario de bens raíces. Art. 88. -Será libre toda especie de cultivo e industria. Art. 90. -Non se poderá conceder privilexio algún particular de exportación. Art. 96. -As Españas e as Indias gobernaranse por un só Código de leis civís e criminais. Art. 97. -A orde xudicial será independente nas súas funcións Art. 99.-O rei nomeará a tódolos xuíces. Art. 116. -As aduanas interiores quedan suprimidas en España e Indias. Art. 117. -O sistema de contribucións será igual en todo o Reino. Art. 140. -Os servizos e os talentos son os únicos que proporcionan os ascensos. Art. 145. -Dous anos despois de terse executado totalmente esta Constitución, establecerase a liberdade de imprenta.

Estatuto de Bayona, 8-7-1808; recollido de Sainz de Varanda, Colección de leis fundamentais

O afrancesados. José I contou co apoio de un amplo grupo de nobres, cargos militares, alto clero, burgueses e burócratas. Pero hai que distinguir entre aqueles que o apoiaban por conveniencia e os que sempre viron a Francia como un modelo de progreso. A guerra non deixaba moito tempo para elixir e moitos víronse obrigados a xurar a constitución á forza.

Outros colaboraron sinceramente pensando que era o mellor para o país. Tiñan ideas ilustradas, sendo partidarios dunha Monarquía forte que impuxera reformas moderadas que evitasen a insurrección popular. Quince mil afrancesados abandonaron España coas tropas francesas ao acabar a guerra.

c. Das Xuntas ás Cortes de Cádiz. A Revolución española As Xuntas. Nas zonas que, despois do maio, non estaban directamente controladas polos franceses creáronse uns organismos novos: as Xuntas. Ante o baleiro de poder na nación e o non recoñecemento da autoridades francesas, as Xuntas eran organismos heteroxéneos social e ideoloxicamente, formados por cidadáns recoñecidos que asumían o poder no seu ámbito territorial. As xuntas locais uníronse nunha Xunta Central en setembro, pero a diversidade ideolóxica manteríase, podendo distinguirse tres grupos: absolutistas, ilustrados e liberais.

Xuramento  das  Cortes  de  Cádiz,  Casado  del  Alisal  (1863)  

Page 10: 1. a Transición Do Antigo Réxime

Unidade 1: A transición do Antigo Réxime. Hª de España, IES Antón Losada —10—

«De tódalas maneiras non é menos certo que a invasión dos franceses foi o principio das nosas diferencias internas e a guerra da independencia unha especie de guerra civil ao mesmo tempo. Ós nobres a dinastía estranxeira éralles odiosa menos polo nova que polos indicios que daba de reformadora. Do lexislador dun pobo onde todo estaba nivelado pola lei da igualdade debía desconfiar moito o privilexio das clases exclusivas. O berro de guerra na súa boca foi a oposición ao espírito innovador que os ameazaba. O pobo baixo e ignorante acostumado a obedecer, a respectar ás autoridades, non tendo ningunha vantaxe na vida pública, non desexando nin concibindo a penas a necesidade de reformas políticas, pódese tamén dicir que o seu alzamento contra as armas do Emperador foi de pura resistencia. Os ilustrados eran un número considerable e non podían ter, no seu pronunciamento contra o Emperador, só a mira de volver ao Estado anterior. Non era posible que satisfixese os seus desexos o que se presentaba aos seus ollos tan digno de reformas; que gustasen de volver ao antigo despotismo os que o consideraban como unha das causas dos males que os aflixían. O berro de guerra dirixido contra os franceses tiña tamén por branco os excesos, as desordes que afearan as administracións anteriores. Entón viuse o motivo que tiveron homes de tan distintas clases (...) para coincidiren todos nun mesmo punto, a saber: guerra aos franceses, que satisfacía os desexos e era un medio de chegar cada un ao obxecto das súas esperanzas.»

San Miguel, Evaristo: De la guerra civil española

As Cortes. A Xunta Central tiña como principal obxectivo a convocatoria de Cortes, co fin de dar á nación unha Constitución e introducir na lexislación as reformas necesarias. A principios de 1810 disolveuse, concedendo a súa autoridade a unha Rexencia colectiva de cinco membros. Os deputados foron chegando con dificultade a Cádiz (onde a Xunta Central se refuxiara do avance francés). Moitas provincias ocupadas do centro non puideron elixilos. Para reemprazalos, designáronse suplentes que residiran en Cádiz provisionalmente. Estes suplentes eran partidarios do liberalismo, o que, xunto a maior presenza de deputados das cidades do litoral, reforzou o carácter progresista dos reunidos. Fronte a eles situábanse os partidarios da volta ao absolutismo, encabezados polo bispo de Ourense, presidente do Consello de Rexencia. As Cortes, convocadas por estamentos ao uso medieval, funcionaron de feito como unha soa cámara e declaráronse soberanas. Isto significaba o recoñecemento de que o poder reside na nación, o conxunto dos cidadáns sen distinción de estamentos, e que se expresa, dito poder, a través das Cortes formadas polos representantes da nación. A desconfianza ante a postura dos absolutistas levou á esixencia dun xuramento de fidelidade ás Cortes por parte dos membros do Consello de Rexencia. «Os deputados que compoñen este Congreso, e que representan á nación española, decláranse lexitimamente constituídos en Cortes xerais e extraordinarias e que reside nelas a soberanía nacional. Proclaman e xuran de novo polo seu único e lexítimo rei ao señor D. Fernando VII de Borbón; e declaran nula, de ningún valor e efecto a cesión da Coroa que se di feita en favor de Napoleón, non só pola violencia que interveu naqueles actos inxustos e ilegais, senón principalmente por faltarlles o consentimento da nación. Non sendo conveniente que queden reunidos o Poder Lexislativo, o executivo e o xudicial, as Cortes xerais e extraordinarias resérvanse o exercicio do Poder lexislativo en toda a súa extensión.

Page 11: 1. a Transición Do Antigo Réxime

Unidade 1: A transición do Antigo Réxime. Hª de España, IES Antón Losada —11—

O Consello de Rexencia recoñecerá a soberanía nacional das Cortes, e xurará obediencia ás leis e decretos que delas emanen.»

Decreto do 24 de setembro de 1810

O traballo das Cortes foi grande e nel podíanse distinguir dous tipos de tarefas: a elaboración dunha Constitución e a promulgación dunha serie de decretos que reformaron aspectos esenciais do sistema político. Entre os decretos destacan: o que estableceu a liberdade de imprenta; a abolición dos señoríos; o de supresión da Inquisición; o que estableceu a liberdade de comercio; e o de continuación da desamortización dos bens de mans mortas. O decreto de abolición dos señoríos desmontaba e incorporaba á nación as xurisdicións particulares, suprimía calquera forma de servidume e transformaba en propiedade privada os señoríos territoriais. Porén deixaba vixente o décimo e favorecía aos señores, que podían converter os dereitos feudais en títulos de propiedade plena da terra, desposuíndo aos campesiños. «Desexando as Cortes xenerais e extraordinarias remover os obstáculos que se opuxeran ao bo réxime, aumento da poboación e prosperidade da Monarquía española, decretan: I. Desde agora quedan incorporadas á Nación todos os señoríos xurisdicionais de calquera clase e condición que sexan. II. Procederase ao nomeamento de tódalas xustizas e demais funcionarios públicos pola mesma orde e segundo se verifica nos pobos de reguengo. III. Quedan abolidos os ditados de vasalo e vasalaxe e as prestacións, así reais como persoais, que deban a súa orixe a título xurisdicional, agás dos que procedan de contrato libre en uso do sagrado dereito de propiedade. V. Os señoríos territoriais e soaregos quedan desde agora na clase dos demais dereitos de propiedade particular, se non son de aqueles que pola súa natureza deban incorporarse á Nación, ou dos que non cumpriran as condicións con que se concederon, o que resultará dos títulos de adquisición. VII. Quedan abolidos os privilexios chamados exclusivos, privativos e prohibitivos que teñan a mesma orixe de señorío, como son os de caza, pesca, fornos, aproveitamento das augas, montes, e demais, quedando ao libre uso dos pobos (...) XIV. En adiante ninguén poderá chamarse Señor de vasalos, exercer xurisdición, nomear xuíces, nin usar dos privilexios e dereitos comprendidos neste decreto...

Decreto do 6 de agosto de 1811

A Constitución de 1812. A Constitución é moi ampla, pretendendo abarcar a maior parte dos aspectos da vida política. Non puido aprobarse ata o 19 de marzo de 1812, despois de longos debates entre as dúas tendencias presentes nas Cortes (liberais e servís). A pesar das importantes concesións aos servís supuña unha ruptura total co Antigo Réxime. O artigo fundamental é o 2º, que fai aos españois cidadáns en vez de súbditos. A representación nacional faríase a forma de deputados reunidos en Cortes despois de seren nomeados (por un sistema de eleccións indirectas) por tódolos cidadáns (ou sexa, polo sufraxio universal masculino) (art. 27-103). Pero suspendíanse os dereitos de cidadán aos que servían como domésticos (o 7% da poboación española), foron excluídos os escravos americanos (6% da poboación das colonias) e só os que tiveran unha renda anual podían ser deputados. O segundo elemento en importancia é a separación de poderes (art. 15, 16, 17). As contradicións, resultado do compromiso entre as dúas tendencias, maniféstanse nos seguintes aspectos: declárase a igualdade de tódolos cidadáns ante a lei pero mantense o foro especial do clero e dos militares; o artigo 12 que impón a relixión católica é incompatible co propio concepto de soberanía nacional; pero a maior contradición residía na forma política adoptada, e especificada no art. 14, o adxectivo moderada (moi impreciso) parece supoñer que non se lle concede ao monarca un papel simplemente pasivo, senón que a soberanía popular tería que contar coa vontade real do que se declaraba a súa persoa sagrada, inviolable e non suxeita a responsabilidade. Se o artigo 172 especificaba once casos de restrición da autoridade rexia (desde a imposibilidade de impedir a celebración de Cortes ata a prohibición de contraer

Page 12: 1. a Transición Do Antigo Réxime

Unidade 1: A transición do Antigo Réxime. Hª de España, IES Antón Losada —12—

matrimonio sen o consentimento das mesmas), o anterior artigo concedíalle, ademais do de sancionar as leis e promulgalas, unha serie de prerrogativas entre as que estaban as de declarar a guerra e facer e ratificar a paz, mandar os exércitos e armadas, dispor da forza armada e dirixir as relacións diplomáticas e comerciais, e nomear os embaixadores e ministros. A Constitución de Cádiz, con tódolos aspectos cuestionables citados arriba tivo a importancia de ser a primeira Constitución española e converteuse na referencia, no símbolo, da loita dos liberais españois ao longo do século XIX.

D. FERNANDO SÉTIMO, pola gracia de Deus e a Constitución da Monarquía española, Rei das Españas, e na súa ausencia e catividade a Rexencia do Reino nomeada polas Cortes Xerais e

extraordinarias, a todos os que as presentes visen e entendesen, SABEDE: Que as mesmas Cortes decretaron e sancionaron a seguinte

CONSTITUCIÓN POLÍTICA DA MONARQUÍA ESPAÑOLA Art. 1.— A Nación española é a reunión de tódolos españois de ambos hemisferios. Art. 2.— A Soberanía reside esencialmente na Nación e polo mesmo pertence a esta exclusivamente o dereito de establecer as súas leis fundamentais. Art. 4.— A Nación está obrigada a conservar e protexer por leis sabias e xustas a liberdade civil, a propiedade e os demais dereitos lexítimos de tódolos individuos que a compoñen. Art. 8.— Tamén está obrigado cada español, sen distinción algunha, a contribuír sen distinción algunha en proporción os seus haberes aos gastos do Estado. Art. 9.— Está obrigado así mesmo todo español a defender a Patria coas armas, cando sexa chamado pola lei. Art. 12.— A relixión da Nación Española é e será perpetuamente a Católica, Apostólica Romana, única verdadeira. A Nación protéxea por leis sabias e xustas e prohibe o exercicio de calquera outra. Art. 13.— O obxecto do goberno da é a felicidade da Nación, posto que a fin de toda sociedade política non é outra que o benestar dos individuos que a compoñen. Art. 14.— O goberno da Nación Española é unha Monarquía moderada e hereditaria. Art. 15.— A potestade de facer as leis reside nas Cortes co Rei. Art. 16.— A facultade de facer executar as leis reside no rei Art. 17.— A potestade de aplicar as leis nas causas civís e criminais reside nos tribunais establecidos pola lei. Art. 27.— As Cortes son a reunión de tódolos deputados que representan á Nación, nomeados polos cidadáns. Art. 31.— Por cada 70.000 almas da poboación haberá un deputado en Cortes. Art. 92.— Requírese para ser deputado en Cortes ter unha renda anual proporcionada, procedente de bens propios. Art. 171.— A persoa do rei é sagrada e inviolable, e non está suxeita a responsabilidade. Art. 248.— Nos negocios comúns, civís e criminais, non haberá máis que un só foro para toda clase de persoas. Art. 249.— Os eclesiásticos seguirán gozando do foro do seu estado e os militares tamén de foro particular Art. 366.— En tódolos pobos da Monarquía estableceranse escolas de primeiras letras, nas que se ensinará aos nenos a ler, escribir e o catecismo da relixión católica, que comprenderá tamén unha breve exposición das obrigas civís. Art. 371.— Tódolos españois teñen a liberdade de escribir, imprimir e publicar súas ideas políticas sen necesidade de licencia, revisión ou aprobación algunha anterior á publicación, baixo as restricións e responsabilidades que estableza a lei

Promulgación  da  Constitución,  Viniegra  (1911)  

Page 13: 1. a Transición Do Antigo Réxime

Unidade 1: A transición do Antigo Réxime. Hª de España, IES Antón Losada —13—

3. O REINADO DE FERNANDO VII (1814-1833). ENTRE O ABSOLUTISMO E O LIBERALISMO 3.1. Sexenio absolutista (1814-1820) En 1814 Fernando VII regresou a España —por Cataluña— onde se lle comunicou, en nome do Consello de Rexencia, a obriga que tiña de xurar a Constitución de 1812. Dirixiuse a Valencia, e alí decretou a abolición da Constitución. Foi respaldado por sectores partidarios do absolutismo monárquico que asinaron o que se coñeceu como «Manifesto dos Persas»:

A monarquía absoluta é unha obra da razón e da intelixencia: está subordinada á lei divina, á xustiza e ás regras fundamentais do Estado: foi establecida por dereito de conquista ou pola submisión voluntaria dos primeiros homes que escolleron aos seus reis. Así que o soberano absoluto non ten facultade de usar sen razón a súa autoridade (dereito que non quixo ter o mesmo Deus); por iso foi preciso que o poder soberano fose absoluto, para prescribir aos súbditos todo o que mira ao interese común, e obrigar á obediencia aos que se negan a ela. Pero os que declaman contra o poder monárquico, confunden o poder absoluto co arbitrario; sen reflexionar que non hai Estado (sen exceptuar as mesmas repúblicas) onde no que constitúe a soberanía non estea un poder absoluto.

Os máis sabios políticos preferiron esta monarquía absoluta a todo outro goberno. O home naquela non é menos libre ca nunha república; e a tiranía aínda é máis temible nesta ca naquela. España, entre outros reinos, convenceuse desta preferencia e das moitas dificultades do poder limitado, dependente en certos puntos dunha potencia superior, ou comprimido a outros por parte dos mesmos vasalos (…).

Non podendo deixar de pechar este respectuoso Manifesto en canto permita a nosa representación e os nosos votos particulares coa protesta de que se estime sempre sen valor esa Constitución de Cádiz, e por non aprobada pola V. M. nin polas provincias (…) porque estimamos as leis fundamentais que contén de incalculables e transcendentais prexuízos, que piden a previa celebración dunhas Cortes españolas lexitimamente congregadas en liberdade e de acordo en todo ás antigas leis.

Manifesto dos Persas. Madrid, 12 de abril de 1814

O Goberno constitucional non opuxo resistencia, e os rexentes e os máis destacados deputados liberais foron detidos ou fuxiron ao exilio. Substituíronse os Ministerios por Secretarías dependentes directamente do rei e decretáronse nulos todos os acordos das Cortes de Cádiz, restableceuse a Inquisición e restauráronse os señoríos. En tal estado se me fixeron varias representacións por diferentes Grandes de España e Títulos de Castela, donos xurisdicionais de pobos nos Reinos de Aragón e Valencia e noutras provincias, queixándose dos despoxos e atentados que á sombra do mencionado Decreto das Cortes sufriran e sufrían aínda no goce e percepción dos dereitos e prestacións preservadas no mesmo Decreto, solicitando o seu pronto reintegro con resarcimento dos danos e prexuízos e intereses que deberían ter producido, e algúns dos recorrentes a declaración de nulidade (…). Tiven a ben mandar: que os chamados señoríos xurisdicionais sexan reintegrados inmediatamente na percepción de tódalas rendas, froitos, emolumentos, prestacións e os dereitos do seu señorío territorial, e no de tódalas demais que gozasen antes do 6 de agosto de 1811.

Real Cédula. Gaceta de Madrid, 8 de outubro de 1814

Pecháronse as Universidades e mais os teatros, e tamén numerosos periódicos. A liberdade de imprenta quedou igualmente abolida. Vendo co meu desagrado o menoscabo do prudente uso que debe facerse da imprenta, que en vez de utilizala en asuntos que sirvan á sa ilustración do público, ou a entretelo honestamente, emprégase nos seus desafogos e contestacións persoais, que non só ofenden aos suxeitos contra os que se dirixen,

Fernando  VII,  Goya  (1814)  

Page 14: 1. a Transición Do Antigo Réxime

Unidade 1: A transición do Antigo Réxime. Hª de España, IES Antón Losada —14—

senón a dignidade e o decoro dunha nación circunspecta, a quen convidan coa súa lectura; e ben convencido por Min mesmo de que os escritos que particularmente adoecen deste vicio son os chamados periódicos e algúns folletos, provocados por eles, decidín prohibir todos os que desta especie ven a luz dentro e fóra da Corte; e é a miña vontade que só se publiquen a Gaceta e mais o Diario de Madrid…

Gaceta de Madrid, 30 de marzo de 1815

- Conspiracións e pronunciamentos liberais Os liberais, perseguidos, reuníanse clandestinamente tratando de rematar coa inmoralidade adminsitrativa e fiscal, a arbitrariedade e a prolongada crise económica. Houbo numerosos pronunciamentos de militares liberais que se distinguiran na guerra contra os franceses: O primeiro foi Espoz y Mina en Pamplona (1814) que, tras fracasar, tivo que fuxir a Francia. Un pronunciamento, termo nacido no s. XIX en España, era un levantamento de parte do exército (que se pronuncia) para modificar o sistema político establecido, contando con apoios externos. En 1815 sublevouse o capitán xeral de A Coruña, Díaz Porlier, que foi aforcado. En 1817 foi fusilado o xeneral Lacy en Cataluña e en 1819 o coronel Vidal en Valencia. Españois: (…) Obrigados pola necesidade, vendo que a verdade non pode chegar aos oídos do rei, asediado a toda hora polos seus conselleiros (…), tomamos a terrible, pero indispensable resolución de reclamar coas armas na man o que se negou ás nosas solicitudes.

O noso obxectivo é o de toda España: unha monarquía sometida a leis xustas e sabias, e na que se garantan, tanto as prerrogativas do trono como os dereitos da nación. Pedimos a convocatoria de Cortes nomeadas polo pobo, e que estas teñan liberdade de facer, na Constitución proclamada polas Cortes extraordinarias, os cambios que esixe a nosa situación (…).

Firmes na nosa resolución, non deixaremos as armas (se nos vemos obrigados a recorrer a elas) antes de obter o que pedimos.

Xunta Provincial de Galicia [presidida por Díaz Porlier] Manifesto dirixido á nación española, 21-9-1815

3.2. Trienio liberal Finalmente, en 1820, o pronunciamento do coronel Rafael Riego en Cabezas de San Juan (Sevilla), cando estaba ao mando de tropas que debían embarcar para combater contra os independentistas americanos, proclamou a Constitución de 1812. Os motíns populares de Madrid en apoio de Riego e a presión dos militares liberais obrigaron ao rei a xurar a Constitución de 1812, comezando o Trienio liberal.

Españois: Cando os vosos heroicos esforzos lograron poñer termo ao cativerio no que me retivo a máis inaudita perfidia, todo canto vin e sentín, a penas pisei o chan patrio, reuniuse para persuadirme que a nación desexaba ver resucitada a súa anterior forma de goberno; e esta persuasión debeume decidir a conformarme co que parecía ser o

O  enfermo  pola  Constitución,  1820  

Page 15: 1. a Transición Do Antigo Réxime

Unidade 1: A transición do Antigo Réxime. Hª de España, IES Antón Losada —15—

voto case xeral dun pobo magnánimo, que, triunfador do inimigo estranxeiro, temía os males, aínda máis terribles da discordia interna. (...) Pero mentres eu meditaba maduramente coa solicitude propia do meu paternal corazón as variacións do noso réxime fundamental, que parecían máis adaptables ao carácter nacional e ao estado presente das diversas opcións da monarquía española, así como máis análogas á organización dos pobos ilustrados, fixéchesme comprender o voso anhelo de que se restablecese aquela Constitución que entre o estrondo das armas hostís foi promulgada en Cádiz no ano de 1812, ao propio tempo que con asombro do mundo combatiades pola liberdade da patria. Sentín os vosos votos, e como tenro pai condescendín ao que os meus fillos consideran que conduce á súa felicidade. Xurei esa Constitución pola que suspirabades, e sempre serei o seu máis firme apoio. (…) Marchemos francamente, e eu o primeiro, pola senda constitucional (…)

Fernando VII. Manifesto á nación española. Madrid, 10 de marzo de 1820

De los pellejos de los serviles // hemos de hacernos portafusiles // y al que le pese que roa el hueso // y un cordelito para el pescuezo. // Trágala, trágala, trágala, // trágala, trágala, // tu servilón, trágala, // tu que no quieres Constitución. // Los milicianos y los madrileños // la bienvenida le dan a Riego // y al que le pese que roa el hueso // que el liberal le dirá eso. // Trágala, trágala, trágala, // trágala, perro // tu que no quieres Constitución.

Trágala (canción popular)

Durante o trienio liberal proliferaron os «clubs políticos» e as chamadas «sociedades patrióticas» sobre todo de signo liberal, pero tamén as houbo absolutistas. Fernando VII tratou de boicotear na medida das súas posibilidades o labor das Cortes e as medidas máis liberais, aproveitándose sobre todo de que a Constitución recoñecíalle o dereito de veto. Durante este trienio os liberais comezaron a dividirse en dous bandos: os chamados moderados, que consideraban que era imprescindible respectar o papel lexislador do rei xunto coas Cortes, e os chamados exaltados que defendían que o rei debíase ocupar tan só do poder executivo, pero non do lexislativo. As medidas máis salientables aprobadas polas Cortes neste período foron: • Abolición dos privilexios estamentais; suprimíronse os señoríos xurisdicionais; abolíronse

os morgados. • A Igrexa quedou obrigada a tributar ao Estado; decretouse a venda das terras dos mosteiros

con menos de 24 frades e as das Ordes militares; prohibiuse que as ordes relixiosas adquiriran terras; aboliuse a Inquisición.

• Preparouse unha nova división provincial; iniciáronse os traballos de redacción dun código penal; elaborouse o primeiro proxecto de ensino publico que non chegou a poñerse en práctica; creouse a Milicia Nacional como forza de orde pública, recrutada entre os homes de 30 a 50 anos.

A oposición ao liberalismo organizouse en guerrillas ou partidas autodenominadas «realistas» que chegaron a constituír unha «rexencia» en Urxel en tanto o rei estivese ‘privado da súa liberdade’. Pero o que decidiu o restablecemento do absolutismo foi a intervención de tropas francesas (os «Cen Mil fillos de San Luis», mandados polo duque de Angulema) enviadas pola Santa Alianza, por temor a que o exemplo liberal español contaxiase ao resto de Europa e puxese en perigo ás monarquías absolutas restablecidas despois da derrota napoleónica en 1815.

Fernando  VII  recibe  ao  duque  de  Angulema  

Page 16: 1. a Transición Do Antigo Réxime

Unidade 1: A transición do Antigo Réxime. Hª de España, IES Antón Losada —16—

3.3. A década ominosa (1823-1833) As tropas francesas, acompañadas polos Voluntarios Realistas españois, só atoparon resistencia nalgunhas cidades, como Cádiz ou A Coruña. Fernando VII recuperou o poder absoluto e anulou tódalas reformas e institucións liberais do Trienio. Sentado xa outra vez no trono de San Fernando (…) desexando prover de remedio ás máis urxentes necesidades dos meus pobos, e manifestar a todo o mundo a miña verdadeira liberdade no primeiro momento no que recobrei a liberdade, veño de decretar o seguinte: 1º Son nulos e de ningún valor os actos do Goberno chamado constitucional (de calquera clase e condición que sexan) que dominou os meus pobos desde o día 7 de marzo de 1820 ata hoxe 1º de outubro de 1823, declarando, como declaro, que en toda esta época carecín de liberdade, obrigado a sancionar as Leis e a expedir Ordes, Decretos e Regulamentos que contra a miña vontade se meditaban e expedían polo mesmo Goberno. (…)

Decreto de Fernando VII en Puerto de Santa María —Cádiz— o 1 de outubro de 1823

Nesta etapa tivo lugar unha implacable persecución dos liberais. Moitos foron executados (entre eles Riego) e outros tiveron que exiliarse. Organizáronse conspiracións e pronunciamentos, que fracasaron, sendo capturados e axustizados moitos dos que participaron nos mesmos. Como ocorreu con Mariana Pineda, executada en 1831 por ter unha bandeira co lema Lei, Liberdade, Igualdade. Instaurouse un verdadeiro estado de terror policial no que tiveron un papel protagonista os Voluntarios Realistas, defensores do absolutismo, que só comezou a moderarse a partir de 1826, cando ante a necesidade de buscar solucións á catastrófica situación económica do país, aprobáronse algunhas reformas moi limitadas. Pese ao escaso alcance desas medidas, foron rexeitadas polos sectores máis ultras dos absolutistas, chamados apostólicos ou realistas puros, que se agruparon en torno ao irmán do rei, Carlos María Isidro de Borbón, considerado herdeiro do trono, ante a falta de descendencia do monarca. Este movemento contou con certo respaldo popular nalgunhas áreas rurais, onde o campesiñado soportaba unhas condicións de vida extremadamente duras, culpando ás novas normas das súas miserias.

O final do reinado de Fernando VII: O problema sucesorio A dinastía borbónica tiña adoptado con Felipe V a chamada «lei Sálica» que se aplicaba en Francia, e que excluía ás mulleres da sucesión ao trono. Cando comezou o reinado de Carlos IV esta lei quedou abolida polas Cortes, restablecendo a vella lei castelá pola que as mulleres podían ocupar o trono; porén nunca chegou a publicarse. En 1830, Fernando VII, que ata entón non tivera fillos, foi pai dunha nena, Isabel (II) e decidiu publicar o decreto aprobado polas Cortes máis de 40 anos antes. Isto non foi aceptado polo seu irmán, Carlos, que se vía así privado do acceso ao trono, apoiado polos realistas puros.

Fusilamento  de  Torrijos,  Gisbert  (1888)  

Page 17: 1. a Transición Do Antigo Réxime

Unidade 1: A transición do Antigo Réxime. Hª de España, IES Antón Losada —17—

Meu querido irmán. (…) O que desexas saber é se teño ou non a intención de xurar a túa filla por Princesa de Asturias. Canto desexaría facelo! (…) pero a miña conciencia e o meu honor non mo permiten: teño uns dereitos tan lexítimos á Coroa sempre que te sobreviva e non deixes varón, que non podo prescindir deles; dereitos que Deus me ten dado cando foi a súa vontade que eu nacese e só Deus pode quitarmos concedéndoche un fillo varón que tanto desexo eu, pode ser que aínda máis ca ti, (…)

Carta de Carlos Mª Isidro, o 29 de abril de 1833

Carlos foi desterrado a Portugal e nos derradeiros meses de vida de Fernando VII, a raíña Mª Cristina buscou apoios entre os liberais máis moderados tratando de defender o trono da súa filla. Decretouse unha amnistía e abríronse as universidades (que levaban dous anos pechadas). En Setembro de 1833 morreu Fernando VII e comezou a 1ª Guerra Carlista entre os defensores da lexitimidade de Isabel II (liberais, isabelinos) e os partidarios de D. Carlos (absolutistas, carlistas).

3.4. A independencia das colonias americanas No primeiro terzo do século XIX independizáronse as colonias españolas e portuguesas de América, agás Cuba e Porto Rico. Os principais protagonistas dos movementos independentistas foron os crioulos, americanos brancos, terratenentes, comerciantes e clases medias, que seguiron a ideoloxía dos ilustrados e o exemplo de Estados Unidos e Francia para liberarse das súas metrópoles. A Guerra da Independencia e as loitas entre liberais e absolutistas beneficiaron á causa independentista. En 1817 desencadeáronse as rebelións definitivas: San Martín dirixiu a independencia de Chile e Perú; Bolívar a dos territorios de Venezuela, Colombia e Ecuador (a Grande Colombia). Iturbide proclamou a independencia de México en 1821. Entre 1821 e 1824, os países de América Central crearon unha república federal. Despois da independencia consolidouse unha clase dominante formada polos antigos propietarios de terras, os burgueses comerciantes das cidades e os oficiais do exército que acadaran prestixio militar. As comunidades indíxenas non obtiveron beneficios dos cambios, seguiron a ser unha poboación discriminada e empobrecida. E malia ós intentos de desenvolvemento autónomo, a economía dos novos países seguiu dependendo de Europa e, máis tarde, de EE UU. Para España a perda das colonias supuxo a agravamento da crise económica que sufría desde principios do século. Deixou de chegar de América o metal necesario para a fabricación de moeda, escaseando o diñeiro, houbo carencia de produtos ultramarinos (café, tabaco, azucre...). Perdeuse tamén o mercado para os produtos manufacturados españois. A Facenda perdeu un dos seus ingresos máis importantes —os metais americanos— e aumentou o endebedamento do Estado.

Page 18: 1. a Transición Do Antigo Réxime

Unidade 1: A transición do Antigo Réxime. Hª de España, IES Antón Losada —18—

TÁBOA COMPARATIVA: ANTIGO RÉXIME / ESTADO LIBERAL DIFERENZAS ENTRE UN ESTADO ABSOLUTISTA E UN ESTADO LIBERAL

Nun Estado Absolutista (Antigo Réxime) Nun Estado Liberal

A soberanía e o Estado

A Monarquía (o rei) é de orixe divina polo que ten todo o poder, ten a soberanía. O rei é o Estado.

O poder reside no pobo que decide o goberno que prefire (Soberanía Nacional). O Estado está formado polos individuos que o integran.

Os poderes

O rei exerce todos os poderes (executivo, lexislativo e xudicial) persoalmente ou por medio de persoas ás que encarga o goberno no seu nome.

Hai separación de poderes: o poder executivo é o que exerce o goberno (o rei); o poder lexislativo, encargado de facer as leis, é exercido polo Parlamento; o poder xudicial, que é independente dos outros dous, é exercido polos tribunais de xustiza.

A Constitución Non hai unha Constitución: a vontade do rei é a lei

Hai unha Constitución escrita que é a lei suprema de cada país

Os dereitos das persoas

As persoas que pertencían á nobreza e ao clero tiñan privilexios que eran negados ás demais persoas

Todos os individuos teñen uns dereitos iguais protexidos pola lei. A única desigualdade é a que se deriva das diferenzas de fortuna.

O Parlamento

O Rei case nunca convocaba o Parlamento. Cando decidía convocalo, el tiña sempre a última palabra. O Parlamento estaba formado por representantes dos tres estamentos

O Parlamento reúnese periódicamente; é o que elabora as leis que teñen que cumprir todos. O Parlamento está formado por representantes elixidos polos cidadáns.

O Exército Estaba formado por mercenarios contratados polo rei e/ou os nobres.

Todos os homes do país teñen a obriga de facer o servizo militar.

DIFERENZAS SOCIOECONÓMICAS ENTRE O ANTIGO RÉXIME E A ÉPOCA CONTEMPORÁNEA

Sociedades Agrarias Tradicionais Sociedades capitalistas industrializadas

Poboación

As taxas de natalidade eran moi elevadas; as taxas de mortalidade tamén, podendo superar incluso ás de natalidade cando había algunha mala colleita.

Diminuíron moitísimo as taxas de mortalidade en todo o mundo; nos países máis indiustrializados teñen diminuido tamén as taxas de natalidade.

Ocupación A maioría da poboación vivía no campo e traballaba na agricultura

A maioría da poboación vive en cidades e traballa en industrias e servizos

Sociedade

Todas as persoas están clasificadas nun determinado estamento. Había dous estamentos privilexiados (nobres, clero) que non tiñan que cumprir as leis comúns e non pagaban impostos. O Terceiro Estado era o estamento máis numeroso, formado por burgueses, artesáns e campesiños.

Aínda que os máis ricos inflúen na elaboración das leis, estas son iguais para todos. Existen diferenzas económicas (de clase social) non xurídicas. Polo que hai xente de clase alta (burgueses) e outros de clase baixa (traballadores).

Agricultura

Os campesiños practicaban unha economía de subsistencia (tiñan que producir case todo o que precisaban, e consumían case todo o que producían).

Os campesiños venden case todo o que producen e cos cartos que consiguen compran os produtos e bens que precisan (agricultura comercial ou de mercado)

Propiedade da terra

A propiedade das terras estaba repartida entre os que traballaban e os señores (eclesiásticos ou laicos) que tiñan dereitos sobre elas e cobraban rendas aos campesiños. Os labregos tiñan que realizar traballos colectivos cos outros labradores da zona.

A propiedade das terras, ao igual que calquera outra propiedade, é individual, e cada propietario pode traballalas como mellor lle pareza. Foron desaparecendo as prácticas comunais en favor da iniciativa individual.

Page 19: 1. a Transición Do Antigo Réxime

Unidade 1: A transición do Antigo Réxime. Hª de España, IES Antón Losada —19—

Organización da economía

Para fabricar algo ou para dedicarse ao comercio había que pertencer a un gremio ou ter unha concesión do rei. Non hai liberdade económica: todas as actividades están regulamentadas polos gremios, polos concellos ou polo Estado.

Os empresarios son libres de contratar a quen mellor lles pareza e dedicarse a producir o que desexen. Os obreiros, para defenderse fronte aos empresarios agrupáronse en sindicatos. Existe liberdade para adicarse a calquera actividade económica. O Estado a penas intervén na economía, que se ordena por medio da lei da oferta e da demanda.

Produción industrial.

A produción industrial realízábase en talleres pequenos nos que o máis importante era a habilidade dos artesáns que elaboraban cada produto íntegramente.

A produción industrial realízase en fábricas nas que o máis importante son as máquinas e instalacións. Cada traballador non realiza senón unha parte da produción.

Comercio

A maior parte do comercio realizábase a escala local, salvo algúns produtos caros e de luxo (especias, metais preciosos…) que viñan de lonxe.

O comercio de case todos os produtos realízase a escala mundial: alimentos, produtos industriais, materias primas…

CRONOLOXÍA

1700 • Morte de Carlos II, derradeiro rei da Casa de Austria sen descendencia 1701 • Proclamación de Felipe de Borbón como Felipe V de España: comeza a Guerra

de Sucesión entre este e o arquiduque Carlos de Austria 1707 • Batalla de Almansa: as tropas borbónicas conquistan o reino de Valencia.

Abolición das institucións e leis propias deste reino. 1713 • Tratado de Ultrech: recoñecemento internacional de Felipe V. Perda das

posesións europeas, e mais de Menorca e Xibraltar. 1714 • Conquista de Barcelona. Decretos de «Nueva Planta». Reforma da

Administración central do Estado 1760 • Comeza o reinado de Carlos III 1766 • Motín de Esquilache 1782 • Fundación do Banco de San Carlos 1789 • Comeza o reinado de Carlos IV (En Francia iníciase o proceso revolucionario) 1790 • O ministro Floridablanca comeza unha campaña contra a propaganda

revolucionaria francesa. Prohíbese a «Enciclopedia» 1792 • Godoy primeiro ministro 1807 • O príncipe Fernando (VII) xulgado por traizón. 1808 • Motín de Aranjuez contra Godoy (a favor de Fernando VII). Napoleón logra a

renuncia de Carlos IV e de Fernando VII e proclama ao seu irmán José I rei de España. Constitución (outorgada) de Bayona. Comeza a «Guerra da Independencia». Formación de Xuntas Provinciais e da Xunta Central Suprema que asume o poder en nome de Fernando VII

1810 • Convocatoria das Cortes en Cádiz 1812 • Constitución liberal 1814 • Regreso de Fernando VII. Restauración Absolutista 1815 • Primeiros pronunciamentos liberais: execución de Díaz Porlier en Coruña 1820 • Pronunciamento de Riego: Trienio Liberal. 1823 • «100.000 fillos de San Luis». Restablecemento do absolutismo. Década

Ominosa. 1833 • Morte de Fernando VII. Isabel (II) proclamada herdeira. Sublevacións dos

realistas a favor de Carlos Mª Isidro. Comeza a primeira guerra carlista.

Page 20: 1. a Transición Do Antigo Réxime

Unidade 1: A transición do Antigo Réxime. Hª de España, IES Antón Losada —20—

ÍNDICE  

 UNIDADE  1:  A  TRANSICIÓN  DO  ANTIGO  RÉXIME  Á  ESPAÑA  CONTEMPORÁNEA  

1. España  no  século  XVIII  (pax.  2)  1.1. Guerra  de  Sucesión  e  Decretos  de  Nueva  Planta  1.2. Economía  agraria  e  sociedade  estamental  1.3. A  economía  galega  no  s.  XVIII  1.4. O  reformismo  ilustrado  

2. O   Impacto   da   Revolución   Francesa   .   A   Guerra   da   Independencia   e   a   Constitución   de  Cádiz.  (pax.  5)  2.1. O  impacto  da  Revolución  Francesa  2.2. A  privanza  de  Godoy  2.3. A  guerra  da  Independencia  e  a  Constitución  de  Cádiz  

a. O  inicio  da  guerra  b. A  política  francesa  c. Das  Xuntas  ás  Cortes  de  Cádiz.  A  Revolución  española  

3. O  reinado  de  Fernando  VII  (1814-­‐1833).  Entre  o  absolutismo  e  o  liberalismo.  (pax.  13)  3.1. Sexenio  absolutista  (1814-­‐1820)  3.2. Trienio  liberal    3.3. A  década  ominosa  (1823-­‐1833)  3.4. A  independencia  das  colonias  americanas  

TÁBOA  COMPARATIVA:  ANTIGO  RÉXIME  /  ESTADO  LIBERAL  (pax.  18)  

CRONOLOXÍA  (pax.  19)  

Carretas  ao  cemiterio,  Desastres  da  guerra,  Goya  (1810-­‐1815)