5º domingo toa 2014 bene pagola

13
José Antonio Pagola Rede evanxelizadora BUENAS NOTICIAS Contribúe a construír unha Igrexa máis fiel a Xesús. Pásao. 9 de febreIro de 2014 5º Tempo ordinario (A) Mateu 5, 13-16 Música:Mahler Adagio Sinfonia 5 Present.: B.Areskurrinaga HC Euskaraz:D.Amundarain

Transcript of 5º domingo toa 2014 bene pagola

Page 1: 5º domingo toa  2014 bene pagola

José Antonio Pagola

Rede evanxelizadora BUENAS NOTICIASContribúe a construír unha Igrexa máis fiel a Xesús. Pásao.

9 de febreIro de 20145º Tempo ordinario (A)

Mateu 5, 13-16Música:Mahler Adagio Sinfonia 5Present.: B.Areskurrinaga HCEuskaraz:D.Amundarain

Page 2: 5º domingo toa  2014 bene pagola

Xesús dá a coñecer con dúas imaxes

audaces e sorprendentes o que pensa e espera dos seus

seguidores. Non han de vivir pensando sempre nos seus propios intereses, o seu prestixio

o seu poder. Aínda que son un grupo

pequeno no medio do vasto Imperio de Roma, han de ser o “sal” que necesita a terra e a

“luz” que lle fai falla ao mundo..

Page 3: 5º domingo toa  2014 bene pagola

““Vós sodes o sal da Vós sodes o sal da terra”terra”. .

As xentes sinxelas de As xentes sinxelas de Galilea captan Galilea captan

espontaneamente a espontaneamente a linguaxe de Xesús. linguaxe de Xesús.

Todo o mundo sabe que Todo o mundo sabe que o sal serve, o sal serve, sobre todo, sobre todo,

para dar sabor á comida para dar sabor á comida e para preservar os e para preservar os

alimentos da corrupción.alimentos da corrupción.

Page 4: 5º domingo toa  2014 bene pagola

Do mesmo modo, os discípulos de Xesús Do mesmo modo, os discípulos de Xesús han de contribuír a que as xentes han de contribuír a que as xentes

saboreen a vida saboreen a vida sen caer na corrupción.

Page 5: 5º domingo toa  2014 bene pagola

“Vós sodes a luz do mundo”.

Sen a luz do sol, o mundo mundo queda a escuras e non queda a escuras e non

podemos orientarnos nin podemos orientarnos nin gozar da vida no medio das gozar da vida no medio das

tebras.tebras.

Page 6: 5º domingo toa  2014 bene pagola

Os discípulos de Xesús poden achegar a luz que necesitamos para orientarnos, afondar no

senso último da existencia e camiñar con esperanza.

Page 7: 5º domingo toa  2014 bene pagola

As dúas metáforas coinciden en algo moi

importante. Se permanece illada

nun recipiente, o sal non serve para nada. Só cando entra en contacto cos alimentos e se disolve

coa comida, pode dar sabor ao que comemos.

Page 8: 5º domingo toa  2014 bene pagola

O mesmo sucede coa luz. Se permanece pechada e Se permanece pechada e oculta, non pode alumar a oculta, non pode alumar a

ninguén. ninguén. Só cando está no medio das Só cando está no medio das

tebras tebras pode iluminar e orientar.

Unha Igrexa illada do mundo non pode ser nin

sal nin luz.

Page 9: 5º domingo toa  2014 bene pagola

O Papa Francisco decatouse que a Igrexa vive hoxe pechada en si mesma, paralizada polos medos,

e demasiado afastada dos problemas e sufrimentos como para dar sabor á vida moderna e para ofrecerlle a luz xenuína do Evanxeo.

A súa reacción foi inmediata: “Temos que saír cara ás periferias”.

Page 10: 5º domingo toa  2014 bene pagola

O Papa insiste unha e outra vez: “Prefiro unha Igrexa accidentada, ferida e manchada por saír á rúa, que unha Igrexa enferma polo encerro e a comodidade de

aferrase ás propias seguridades.

Non quero unha Igrexa preocupada por ser o Igrexa preocupada por ser o centro e que remata clausurada nun embrollo centro e que remata clausurada nun embrollo

de obsesións e procedementos”.de obsesións e procedementos”.

Page 11: 5º domingo toa  2014 bene pagola

A chamada de Francisco está A chamada de Francisco está dirixida a dirixida a

todos os cristiáns: todos os cristiáns: ““Non podemos quedar tranquilos Non podemos quedar tranquilos

en espera en espera pasiva nos nosos templos”. pasiva nos nosos templos”.

““O Evanxeo invátanos sempre a O Evanxeo invátanos sempre a correr o risco do encontro co correr o risco do encontro co

rostro do outro”. rostro do outro”.

Page 12: 5º domingo toa  2014 bene pagola

O Papa quere introducir na Igrexa o que el chama “a cultura do encontro”.

Está convencido de que “o que necesita hoxe a Igrexa é capacidade de

curar feridas e dar calor aos corazóns”.

Page 13: 5º domingo toa  2014 bene pagola

SALIR ÁS PERIFERIAS

Xesús dá a coñecer con dúas imaxes audaces e sorprendentes o que pensa e espera dos seus seguidores. Non han de vivir pensando sempre nos seus propios intereses, o seu prestixio ou o seu poder. Aínda que son un grupo pequeno no medio do vasto Imperio de Roma, han de ser o “sal” que necesita a terra e a “luz” que lle fai falla ao mundo.

“Vós sodes o sal da terra”. As xentes sinxelas de Galilea captan espontaneamente a linguaxe de Xesús. Todo o mundo sabe que o sal serve, sobre todo, para dar sabor á comida e para preservar os alimentos da corrupción. Do mesmo modo, os discípulos de Xesús han de contribuír a que as xentes saboreen a vida sen caer na corrupción.

“Vós sodes a luz do mundo”. Sen a luz do sol, o mundo queda a escuras e non podemos orientarnos nin gozar da vida no medio das tebras. Os discípulos de Xesús poden achegar a luz que necesitamos para orientarnos, afondar no senso último da existencia e camiñar con esperanza.

As dúas metáforas coinciden en algo moi importante. Se permanece illada nun recipiente, o sal non serve para nada. Só cando entra en contacto cos alimentos e se disolve coa comida, pode dar sabor ao que comemos. O mesmo sucede coa luz. Se permanece pechada e oculta, non pode alumar a ninguén. Só cando está no medio das tebras pode iluminar e orientar. Unha Igrexa illada do mundo non pode ser nin sal nin luz.

O Papa Francisco decatouse que a Igrexa vive hoxe pechada en sí mesma, paralizada polos medos, e demasiado afastada dos problemas e sufrimentos como para dar sabor á vida moderna e para ofrecerlle a luz xenuína do Evanxeo. A súa reacción foi inmediata: “Temos que saír cara ás periferias”

O Papa insiste unha e outra vez: “Prefiro unha Igrexa accidentada, ferida e manchada por saír á rúa, que unha Igrexa enferma polo encerro e a comodidade de aferrase ás propias seguridades. Non quero unha Igrexa preocupada por ser o centro e que remata clausurada nun embrollo de obsesións e procedementos”.

A chamada de Francisco está dirixida a todos os cristiáns: “Non podemos quedar tranquilos en espera pasiva nos nosos templos”. “O Evanxeo invítanos sempre a correr o risco do encontro co rostro do outro”. O Papa quere introducir na Igrexa o que el chama “a cultura do encontro”. Está convencido de que “o que necesita hoxe a Igrexa é capacidade de curar feridas e dar calor aos corazóns”.

José Antonio Pagola.