21º domingo toa 2014 bene pagola

16
José Antonio Pagola Rede evanxelizadora BUENAS NOTICIAS Difunde a fe en Xesús, o Cristo. Pásalo. 24 de agosto de 2014 21º Tempo ordinario (A) Mateu 16, 13-20 Musika: Mahler, Musika: Mahler, Sinfonia 5.a Sinfonia 5.a Adagietto Adagietto Presentación:B.Areskurrinaga HC Presentación:B.Areskurrinaga HC Euskaraz:D.Amundarain. Euskaraz:D.Amundarain.

Transcript of 21º domingo toa 2014 bene pagola

Page 1: 21º domingo toa 2014 bene pagola

José Antonio PagolaRede evanxelizadora BUENAS NOTICIASDifunde a fe en Xesús, o Cristo. Pásalo.

24 de agosto de 201421º Tempo ordinario (A)

Mateu 16, 13-20

Musika: Mahler, Musika: Mahler, Sinfonia 5.a Sinfonia 5.a AdagiettoAdagiettoPresentación:B.Areskurrinaga HCPresentación:B.Areskurrinaga HCEuskaraz:D.Amundarain.Euskaraz:D.Amundarain.

Page 2: 21º domingo toa 2014 bene pagola

Tamén hoxe nos dirixe Xesús aos cristiáns a

mesma pregunta que fixo un día aos seus discípulos:

“E vós, quién dicides que son

eu?”

Page 3: 21º domingo toa 2014 bene pagola

Non nos pregunta só para que nos

pronunciemos sobre a súa identidade misteriosa, senón tamén para que

revisemos a nosa relación con El.

Que lle podemos responder desde as nosas comunidades?

Page 4: 21º domingo toa 2014 bene pagola

Coñecemos cada vez mellor a Xesús, ou o temos “encerrado nos nosos

vellos esquemas aburridos” de sempre?

Page 5: 21º domingo toa 2014 bene pagola

Somos comunidades vivas, Somos comunidades vivas, interesadas en poñer a interesadas en poñer a

Xesús no centro da nosa Xesús no centro da nosa vida e das nosas vida e das nosas

actividades, ou vivimos actividades, ou vivimos estancados na rutina e na estancados na rutina e na

mediocridade?mediocridade?

Page 6: 21º domingo toa 2014 bene pagola

Amamos a Xesús con paixón ou se converteu para nós nun personaxe

gastado ao que seguimos invocando mentres no noso corazón vai crecendo

a indiferenza e o esquecemento?

Page 7: 21º domingo toa 2014 bene pagola

Os que se achegan ás

nosas comunidades poden sentir a

forza e o atractivo que ten para nós?

Page 8: 21º domingo toa 2014 bene pagola

Sentímonos discípulos e discípulas de Xesús?

Estamos aprendendo a vivir co seu estilo de

vida no medio da sociedad actual, ou

nos deixamos arrastrar por calquera

reclamo máis apetecible para os nosos intereses?

Page 9: 21º domingo toa 2014 bene pagola

Dános igual vivir de calquera maneira, ou fixemos da nosa comunidade unha escola para aprender a vivir coma Xesús?

Page 10: 21º domingo toa 2014 bene pagola

Estamos aprendendo a ollar a vidacomo a ollaba Xesús?

Ollamos desde as nosas comunidades os necesitados e excluídos con compaixón e responsabilidade, ou nos encerramos nas nosas

celebracións, indiferentes ao sufrimento dos máis desvalidos e esquecidos:

os que foron sempre os predilectos de Xesús ?

Page 11: 21º domingo toa 2014 bene pagola

Seguimos a Xesús colaborando con El no proxecto Seguimos a Xesús colaborando con El no proxecto humanizador do Pai, ou seguimos pensando que humanizador do Pai, ou seguimos pensando que o máis importante do o máis importante do cristianismo é preocuparnos

exclusivamente da nosa salvación?

Page 12: 21º domingo toa 2014 bene pagola

Estamos convencidos de que o

modo de seguir a Xesús é vivir cada día facendo a

vida máis humana e máis ditosa para todos?

Page 13: 21º domingo toa 2014 bene pagola

Vivimos o domingo cristián celebrando a resurrección de

Xesús, ou organizamos o noso fin de semana baleiro de todo

sentido cristián? Temos aprendido a encontrar a Xesús no

silencio do corazón, ou sentimos que a nosa fe se vai apagando afogada polo ruído e o

baleiro que hai dentro de nós?

Page 14: 21º domingo toa 2014 bene pagola

Cremos en Xesús resucitado que

camiña connosco cheo de vida?

Vivimos acollendo nas nosas

comunidades

a paz que nos deixou en

herdanza aos seus

seguidores?

Page 15: 21º domingo toa 2014 bene pagola

Cremos que Xesús nos ama cun amor que nunca acabará?

Cremos na súa fuerza renovadora?

Sabemos ser testemuñas do misterio de esperanza que levamos dentro de nós?

Page 16: 21º domingo toa 2014 bene pagola

QUÉ DICIMOS NÓS 

Tamén hoxe nos dirixe Xesús aos cristiáns a mesma pregunta que fixo un día aos seus discípulos: “E vós, quen dicides que son eu?”. Non nos pregunta só para que nos pronunciemos sobre a súa identidade misteriosa, senón tamén para que revisemos a nosa relación con El. Que lle podemos responder desde as nosas comunidades?

Coñecemos cada vez mellor a Xesús, ou o temos “encerrado nos nosos vellos esquemas aburridos” de sempre? Somos comunidades vivas, interesadas en poñer a Xesús no centro da nosa vida e das nosas actividades, ou vivimos estancados na rutina e a mediocridade?

Amamos a Xesús con paixón ou se converteu para nós nun personaxe gastado ao que seguimos invocando mentres no noso corazón vai crecendo a indiferenza e o esquecemento? Os que se achegan ás nosas comunidades poden sentir a forza e o atractivo que ten para nós?

Sentímono discípulos e discípulas de Xesús? Estamos aprendendo a vivir co seu estilo de vida no medio da sociedade actual, ou nos deixamos arrastrar por calquera reclamo máis apetecible para os nosos intereses? Dános igual vivir de calquera maneira, ou temos feito da nosa comunidade unha escola para aprender a vivir coma Xesús?

Estamos aprendendo a ollar a vida como a ollaba Xesús? Ollamos desde as nosas comunidades os necesitados e excluídos con compaixón e responsabilidade, ou nos encerramos nas nosas celebracións, indiferentes ao sufrimento dos máis desvalidos e esquecidos: os que foron sempre os predilectos de Xesús?

Seguimos a Xesús colaborando con El no proxecto humanizador do Pai, ou seguimos pensando que o máis importante do cristianismo é preocuparnos exclusivamente da nosa salvación? Estamos convencidos de que o modo de seguir a Xesús é vivir cada día facendo a vida máis humana e máis ditosa para todos?

Vivimos o domingo cristián celebrando a resurrección de Xesús, ou organizamos o noso fin de semana baleiro de todo sentido cristián? Temos aprendido a encontrar a Xesús no silencio do corazón, ou sentimos que a nosa fe se vai apagando afogada polo ruído e o baleiro que hai dentro de nós?

Cremos en Xesús resucitado que camiña connosco cheo de vida? Vivimos acollendo nas nosas comunidades a paz que nos deixou en herdanza aos seus seguidores? Cremos que Xesús nos ama cun amor que nunca acabará? Cremos na súa forza renovadora? Sabemos ser testemuñas do misterio de esperanza que levamos dentro de nós?

José Antonio Pagola