26 excrecion

27
NUTRICIÓN: NUTRICIÓN: Carmen Cid Manzano I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía. EXCRECIÓN EXCRECIÓN

Transcript of 26 excrecion

Page 1: 26 excrecion

NUTRICIÓN:NUTRICIÓN:

Carmen Cid Manzano

I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía.

EXCRECIÓNEXCRECIÓN

Page 2: 26 excrecion

No catabolismo celular fórmase unha serie de substancias que deben ser expulsadas do organismo, pois algunhas delas son moi tóxicas, como os refugallos nitroxenados. Outras non o son, pero poden supor un problema para o animal, dependendo o seu hábitat, como son os sales minerais para animais acuáticos. Moitos refugallos metabólicos expúlsanse a través da pel, ata en animais moi evolucionados. Con todo, aparecen estruturas especializadas na filtración do medio interno

I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

Page 3: 26 excrecion

A excreción é o proceso de eliminación de produtos resultantes do metabolismo celular, e ademais de produtos que poidan alterar a homeostase.

Cando falamos de excreción, sempre pensamos na eliminación de produtos de refugallo. Esta con todo, é só unha das súas funcións. A excreción é ademais, un sistema regulador do medio interno, é dicir, determina a cantidade de auga e de sales que hai no organismo en cada momento, e expulsa o exceso delas de modo que se manteña constante a composición química e o volume do medio interno (homeostase).

I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

Page 4: 26 excrecion

APARATOS EXCRETORES NOS INVERTEBRADOS

As Esponxas e os Cnidarios eliminan as substancias nitroxenadas por difusión.

I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

Page 5: 26 excrecion

A maioría dos invertebrados presentan estruturas específicas para a excreción. Poden ter:

nefridiosnefridios

tubos de Malpighitubos de Malpighi

glándulas verdeglándulas verde

glándulas coxaisglándulas coxais.

I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

Page 6: 26 excrecion

Son propios de anélidos, moluscos e algúns artrópodos. Son tubos enrolados, con dúas aberturas. Un extremo é o nefrostoma, que está en contacto con a cavidade celómica e extrae desta todo tipo de substancias. No tubo do nefridio, chamado nefroducto, prodúcese a reabsorción dos compuestos útiles para o animal. As substancias tóxicas expúlsanse ó exterior a través do nefroporo.

NEFRIDIOS

Nefroporo

Nefroducto

Philum Anelidos

Page 7: 26 excrecion

Philum Moluscos

Nefridio

I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

Page 8: 26 excrecion

Esta estructura aparece na Clase Insectos. Son túbulos con un extremo pechado e outro aberto ó tramo final do intestino do animal. Capta substancias da cavidad interna e as expulsa ó intestino. Nesta zona reabsórbense as substancias útiles e expúlsanse ó exterior os refugallos nitroxenados.

Tubos de Malpighi (ou Malpigio)

I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

Page 9: 26 excrecion

Propias dos Crustáceos. Atópanse situadas debaixo das antenas. Están formadas por un saco que recolle os compostos tóxicos, un tubo longo que termina na vexiga, que é unha zona ensanchada onde se acumulan as substancias nitroxenadas, que se expulsan ó través do nefridioporo.

Glándulas verdes

I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

Page 10: 26 excrecion

Son estruturas similares ás glándulas verdes de crustáceos, que aparecen en arácnidos. Atópanse ó lado das coxas, que son os primeiros artellos das patas.

Glándulas coxais

I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

Page 11: 26 excrecion

A EXCRECIÓN EN VERTEBRADOS

ÓRGANOS IMPLICADOS NA EXCRECIÓN NOS VERTEBRADOS

Produtos de desfeito

Orixe do producto Órgano productorÓrgano de excreción

Medio excretor

UreaPola degradación de aminoácidos

Fígado Riles Oriños

Ácido úrico Pola degradación de purinas

Fígado Fígado Ouriños

Pigmentos biliares

Pola degradación de hemoglobina

Fígado A. dixestivo Feces

Auga Respiración celular Conxunto de células do organismo

RiñonesPel Pulmóns

OuriñosSudorVapor de auga

CO2 Respiración celularConxunto de células do organismo Pulmóns

Aire espirado

I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

Page 12: 26 excrecion

Os produtos de refugallo procedentes do catabolismo de compostos nitroxenados (animoácidos e bases nitroxenadas) son principalmente os que se eliminan por excreción. Segundo o produto excretado distínguense: -Animais amonitélicos: Expulsan principalmente amoníaco, isto implica a posibilidade de capturar abundante cantidade de auga de xeito constante, posto que o amoníaco debe ser expulsado inmediatamente e disolto en auga. Se isto non fose así, o animal morrería. Por iso, os animais que expulsan amoníaco como produto de desfeito nitroxenado son animais que viven en auga, como os peixes osteictios (óseos).

I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

Page 13: 26 excrecion

Animais uricotélicos: son animais que viven en zonas secas, nas que non dispón de suficiente auga para diluír o amoníaco formado e poder expulsalo sen que resulte nocivo. Estes animais transforman o amoníaco en acedo úrico que se pode eliminar moi concentrado aforrando auga. Os insectos, os réptiles excepto as tartarugas e as aves son deste tipo. Esta substancia expúlsase en forma sólida e non produce perda de auga.

I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

Page 14: 26 excrecion

Animais ureotélicos: son animais terrestres que transforman o amoníaco en urea, composto que pode ser eliminado a máis concentración que o amoníaco pero a menos que o ácido úrico. Deste tipo son as quenllas e as raias, anfibios en fase adulta, tartarugas e mamíferos expulsan urea como produto nitroxenado de refugallo.

I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

Page 15: 26 excrecion

Os anfibios, como outros animais, utilizan, ademais de as súas estruturas renais, glándulas da pel para expulsar substancias tóxicas.

O aparato excretor dos vertebrados está formado por uns órganos chamados riles. Cada ril está formado por unidades chamadas nefronas.

Os peixes e anfibios posúen nefronas sinxelas diseñadas para eliminar refugallos nitroxenados moi diluidos.

I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

Page 16: 26 excrecion

Nos réptiles, aves e mamíferos a nefrona é máis complicada debido ao aforro de auga que deben facer ao vivir no medio terrestre; os ouriños polo tanto son hipertónicos respecto dos líquidos internos.

Dos riles saen dous conductos ou uréteres que desembocan ó exterior ó través da cloaca, é o caso dos réptiles salvo ofidios e cocodrilianos, e das aves. No resto dos réptiles e nos mamíferos desembocan nunha vexiga que almacena os ouriños ata expulsala ó exterior por medio da uretra que ten ao final un orificio excretor.

I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

Por qué no orinan las aves? http://www.abc.es/ciencia/20140118/abci-orinan-aves-201401171433.html

Page 17: 26 excrecion

Estrutura do ril En mamíferos aparecen dous riles situados na zona lumbar.oNun corte lonxitudinal do órgano , desde o interior ao exterior, atopamos:

A cortiza, que é unha zona de cor vermella, onde se atopan os glomérulos, as cápsulas de Bowman e os túbulos contorneados proximales das nefronas.

A medula renal, que é unha zona de cor clara, onde se observan estruturas triangulares, chamadas pirámides de Malpigio. Aí sitúanse as asas de Henle e parte dos túbulos contorneados distais das nefronas.

A pelvis renal, que é unha zona onde desembocan os túbulos colectores, que se reúnen no ureter.

CALIZ RENAL

CORTEZA

MÉDULA

PIRAMIDE RENALCALIZ RENAL

I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

Page 18: 26 excrecion

A uretra é mais longa no home que na muller, xa que naquel percorre o interior do pene. Ademais de servir para a evacuación dos ouriños, a uretra no home tamén serve para levar o seme.

Orificio uretral

Orificio vaginal

Page 19: 26 excrecion

En réptiles, aves e mamíferos. O ril está constituído por uns túbulos denominados nefronas. As nefronas son tubos que se dividen nas seguintes partes:

Cápsula de Bowman: é unha zona inicial ensanchada, que recolle o líquido que se filtra dos capilares do glomérulo.

Túbulo contorneado proximal: zona tortuosa rodeada por vasos sanguíneos.

Asa de Henle: é un tramo estreito e curvado rodeado tamén por vasos sanguíneos.

Túbulo contorneado distal: é outra zona tortuosa que desemboca no túbo colector.

I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

Page 20: 26 excrecion

A nefrona pódese considerar a unidade funcional do ril

I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

Page 21: 26 excrecion

CALIZ RENAL

CORTEZA

MÉDULA

PIRAMIDE RENALCALIZ RENAL

Funcionamento do ril

Na zona renal atopamos dous grandes vasos sanguíneos, a arteria renal e a vea renal.

A arteria renal leva ao ril sangre con sustancias tóxicas, nitroxenadas, que son filtradas pola nefrona.

A vea renal recolle o sangue limpo desas sustancias tóxicas e retorna ao corazón.

Dos riles saen dous tubos chamados uréteres. Estes recollen os ouriños formados no ril e lévanos á vexiga urinaria. Cando a vexiga urinaria enchese ábrense os esfínteres e os ouriños saen ao exterior pola uretra, a través do orificio urinario I.E.S. Otero Pedrayo.

Ourense

Page 23: 26 excrecion

                                            

1.- FILTRACIÓN GLOMERULAR

2.- REABSORCIÓN TUBULAR

3.- SECRECIÓN TUBULAR

FASES DA FORMACIÓN DOS OURIÑOS NA NEFRONA

I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

Page 24: 26 excrecion

En cada nefrona os vasos sanguíneos forman un sistema capilar microscópico, apelotonado, en forma de ovillo (Glomérulo de Malpigio). Rodeándoo atópase unha estrutura en forma de copa (Cápsula de Bowman). Neste lugar é onde ocorre a filtración que consiste no paso de substancias de refugallo, auga e algunhas substancias útiles desde o interior dos capilares ao interior da nefrona pola cápsula de Bowman.

1.- FILTRACIÓN GLOMERULAR

O filtrado primario representa no ser humano uns 150 litros diarios.

I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

Page 25: 26 excrecion

2.- REABSORCIÓN TUBULAR

O filtrado primario vai pasando polos tubos da nefrona onde se produce unha reabsorción selectiva das substancias aproveitables que pasan ao sangue ás veces por transporte activo con gasto de enerxía . Tamén se reabsorbe gran cantidade de auga.

I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

Page 26: 26 excrecion

Algunhas substancias que non se filtraron ou que se filtraron ou que se reabsorberon reabsorberon equivocadamente son equivocadamente son secretadas desde os secretadas desde os capilares sanguíneos que capilares sanguíneos que rodean á nefrona ao rodean á nefrona ao interior dos tubos desta, interior dos tubos desta, obténdose para rematar obténdose para rematar os ouriños finais. os ouriños finais. Os ouriños xa formados Os ouriños xa formados van saíndo da nefrona van saíndo da nefrona cara ao comezo do uréter cara ao comezo do uréter por onde baixa á cloaca por onde baixa á cloaca ou á vexiga urinaria. ou á vexiga urinaria.

3.- SECRECIÓN TUBULAR

ORINA FINAL

En el ser humano 1 litro diario

I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense