Tres xeracións de poesía galega

Post on 09-Feb-2017

2.927 views 3 download

Transcript of Tres xeracións de poesía galega

A POESÍA GALEGA

DURANTE A DITADURA

XERACIÓN DO 1936PROMOCION DE ENLACE

XERACIÓN DO 50

Uniformización política e lingüística a través da

imposición, a censura e o terror.

Ensino: principal ámbito de

imposición da cultura española.

Nacionalismo galego: aniquilado

(fusilamentos-Alexandre Bóveda;

asasinados en cunetas-Anxel Casal; exilio-

Castelao; fuxidos- Alonso Ríos;

cárcere-Carballo Calero;

silenciados-Otero Pedrayo…)

Economía: retroceso con

respecto á tímida modernización

iniciada na etapa anterior.

Grandes fluxos migratorios

(237.000 persoas nos 50) a América Latina e Europa.

GALICIA NO PRINCIPIO DO FRANQUISMO

Ernesto Giménez Caballero(escritor e ideólogo defensor do

rexime).

“¡ Escuchad bien esto y para siempre, niños españoles! ¡Quien de vosotros olvide su lengua española o la cambie por otra, dejará de ser español y cristiano! ¡Por traición contra España y pecado contra Dios! ¡Y tendrá que escapar de España! Y cuando muera, su alma irá a infierno”.

1954Os colectivos de

emigrantes en América denuncian ante a UNESCO

a marxinación e persecución do idioma

galego.

A POESÍA GALEGA ENTRE 1936 E 1947 (SILENCIO)

Prohibición das manifestacións culturais galeguistasA poesía publicada é:

- francófila (“viva Franco, que es un santo/ de la Raza Nacional”, “Creo en ti, ¡oh, Franco! Todopoderoso”, “Franco, que al ígneo sol ofusca el brillo”)

- ruralizante e sentimental (seguindo a liña da literatura decimonónica máis tradicional).

POESÍA A PARTIR DE 1947 (LENTO PROCESO DE RECUPERACIÓN)

Cómaros verdes (1947), de Aquilino

Iglesia Alvariño.

1950. GALAXIA

TENDENCIAS DA POESÍA DE

POSGUERRA

INTIMISTA ANOS

50

SOCIAL-

REALISTAANOS 60

Ademais, hai outras

tendencias menores:

NEOTROBADORISMO

HILOZOÍSMO

GALAXIAEditora que vertebra a recuperación da expresión literaria en galego.Recuperan a tradición cultural de preguerra.Promoven o estudo da realidade socioeconómica do país (Grial, Revista de Economía de Galicia).Reintegran á cultura galega autores silenciados (Pimentel, Cunqueiro, Fole).Reivindican a validez do galego como vehículo de alta cultura (ensaio).Incorporan As novas xeracións (Méndez Ferrín, Xohana Torres…)

XERACIÓN DO 36

PROMOCIÓN DE

ENLACE

Non hai unha sucesión

“normal” de xeracións

poéticas. Tres xeracións

simultáneas porque entre 1939 e 1947 a

literatura galega é un

ermo.

XERACIÓN DOS

50

Nacen entre

1910 e 1920

É a xeración que serve de ponte entre a literatura de preguerra

e os autores máis novos.

Son os que inician o

labor cultural e

literario na posguerra,

loitando contra a

censura e a prohibición de usar o galego.

A guerra civil marca a súa vida e

obra.

XERACIÓN DO 36

MARÍA MARIÑO Palabra no tempo Poesía intimista

(relación da voz lírica coa paisaxe; o tempo; a presenza da morte).

Outro título: Verba que comenza

AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO (1909-1961)

A súa infancia transcorreu na súa aldea natal ata que en 1924 ingresou no Seminario de Mondoñedo. Aldea e seminario influirían decisivamente no seu posterior quefacer poético: un apego a todo o relacionado coa vida campesiña e un coñecemento profundo da cultura grecolatina.Despois de abandonar os estudos eclesiásticos, trasladouse a Santiago onde entra en contacto co galeguismo (chegou a ser director de A

Nosa Terra) e cos movementos literarios de vangarda. A partir de 1933 exerceu como profesor de ensino medio e finalmente na Universidade compostelá. Tamén foi tradutor ó galego de varios autores clásicos (Virxilio, Horacio…)

AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO (1909-1961)

Publicou unha colección de sonetos de gran perfección

formal titulada Señardá (1930) na que se observa a

influencia do saudosismo, do simbolismo e do

modernismo

AQUILINO IGLESIA ALVARIÑOPaisaxe humanizada (Hilozoísmo)

Temas: soidade, paso do tempo e

morte

Obra Ano

SeñardáCorazón ao ventoCómaros verdesDe día a díaLanza en soledá

19301933194719601961

CÓMAROS VERDES En Cómaros verdes (1947)

abandona a rima e a paisaxe é o elemento temático máis importante, ás veces como pretexto para expresar a intimidade do poeta. Ademais contén poemas hilozoístas e neotrobadorescos, así como outros que amosan a influencia do surrealismo,  de Lorca e da Xeración do 27.

-Riqueza léxica-Paisaxe e vivir aldeán.- Abandono da rima.

CÓMAROS VERDES Sen menoscabo da súa obra

anterior, podemos afirmar que en Cómaros verdes chega Aquilino á

súa madurez como poeta, impregnando a súa poética de

novas técnicas e temas. Salientamos a precisión

descritiva, a calidade rítmica e sonora do verso, así como a

inclusión dun léxico que pretende estar a ton co medio natural que

se describe, resultado dunha investigación e estudio

exhaustivos da lingua da que se serve como ferramenta.

XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO Nimbos

“Penélope” (frustración histórica da sociedade

galega). “Un paso adiante e outro atrás, Galicia”.

A preocupación por Galicia vai parella á resolución dos problemas básicos do ser:

morte, tempo e vida. Virxilianismo: lírica de estilo

clasicista e de contido existencial e relixioso.

LUÍS PIMENTELAutor da xeración do 22,

formaba parte da xeración das vangardas, pero

publica as súas obras na posguerra. Participou nas

iniciativas máis renovadoras da década de

1920, como a revista poética «Ronsel» (1924)

Busca a sinxeleza expresiva, pero tentando

captar a beleza das pequenas cousas.

LUÍS PIMENTELObras publicadas na

posguerra : Triscos, 1950 e Sombra de aire na herba,

1959)Lirismo intimista intenso e

persoal (simbiose con Lugo, presenza de

obxectos e instantes íntimos, descrición de interiores suntuosos)

Poesía social: “Cunetas”

Visión pesimista da vida.

ÁLVARO CUNQUEIRO (1911-1981)

A súa obra poética iniciouse con Mar ao norte (1932),

poemario de corte vangardista e

temática marítima, próximo

á poesía de Manuel Antonio. É un conxunto de breves poemas

bastante abstractos e non sempre de doada

interpretación.

ÁLVARO CUNQUEIRO

En  Poemas do si e non (1933)

continúa a liña vangardista,

abordando agora a temática erótica.

Tende á abstracción e

amosa a influencia do surrealismo

ÁLVARO CUNQUEIRO

En Cantiga nova que se chama ribeira (1933) achamos o seu

contributo á poesía neotrobadoresca, así como a

influencia da poesía popular de Lorca e Alberti. Tamén se sitúa

dentro do neotrobadorismo o seu primeiro libro de poemas da posguerra, titulado Dona de

corpo delgado (1950), aínda que algúns poemas presaxian a súa evolución cara a unha poesía

máis íntima e orixinal

ÁLVARO CUNQUEIROO libro Herba aquí e acolá (1980) recolle a poesía das derradeiras décadas da súa vida. Algúns poemas inspíranse nos materiais que Cunqueiro recompilaba para escribir os seus relatos. A obra ten un marcado carácter culturalista e estrutúrase en dúas partes, tituladas “As historias” e “Vellas sombras e novos cantos”. Na primeira parte recrea personaxes históricos e literarios como Edipo e Ulises. Na segunda encontramos versos tristes e melancólicos, escritos cando xa presentía a morte.

CELSO EMILIO FERREIRONace en Celanova en 1913 e morre

en Vigo en 1979.Desenvolveu unha grande

actividade cultural e política.Durante a Guerra Civil estivo

condenado a morte.É o máximo representante da

poesía social de ideoloxía marxista. Os seus equivalentes na poesía en lingua castelá foron Gabriel Celaya e Blas de Otero. Porén, non todo é realismo social na súa obra, dado que tamén mostra a influencia da poesía paisaxística e intimista e

mais do existencialismo.

CELSO EMILIO FERREIRO• •Tivo unha forte repercusión durante o derradeiro franquismo como máximo expoñente da poesía comprometida e de clara intencionalidade social. • Xa dende novo e por influxo familiar, participou da actividade política e fundou xunto con Xosé Velo as Mocedades Galeguistas. No entanto, tivo que loitar no bando franquista na guerra civil, traxedia que lle deparou vivencias traumáticas que se reflicten na súa obra. • Tras a contenda, residiu en Vigo e Pontevedra e participou en diversas iniciativas culturais, como as coleccións de poesía Salnés e Benito Soto, e políticas, como fundador da UPG. • En 1966 emigra a Venezuela, experiencia que retratará en Viaxe ao país dos ananos, para volverr en 1973. • Na etapa final da súa vida, viviu en Madrid e Vigo e combinou o labor xornalístico co cultural e político.

OBRA ANO

O soño sulagadoLonga noite de pedraViaxe ao país dos ananosCantigas de escarnio e maldicirAntipoemasOnde o mundo se chama Celanova

1955

1962

1968

1968

1972

1975

Celso Emilio Ferreiro Liña social ou cívica:

denunciadora de males sociais como a falta de

liberdade, fascismo, guerra… defensa do

idioma. A voz lírica é portavoz

da sociedade. Liña intimista:

desacougo existencial, infancia, amor, paso do

tempo. Liña irónica ou satírica: segue as

cantigas de escarnio e maldicir, a literatura

quevediana…

Celso Emilio Ferreiro Como poeta cívico,

Celso Emilio conectaría a súa traxectoria coa tradición de Curros e Cabanillas. Todos eles comparten a visión da poesía como expresión do compromiso coa realidade social e a do poeta como voceiro do seu pobo e do seu tempo. Así son temas frecuentes nesta vertente o antibelicismo, a liberdade, ou tamén a solidariedade cos que sofren…

Celso Emilio FerreiroComo poeta intimista, : a súa obra está impregnada dunha visión intimista e subxectiva da vida que se traduce nunha poesía dominada polo inconformismo e pola dor e o desacougo existencial na vivencia do tempo e do amor, da morte, da evocación da infancia, da saudade da terra, etc. Esta vertente está presente en O soño sulagado (1955) ou Onde o

mundo se chama Celanova (1975). Acotío sente a necesidade de plasmar o sentido do seu “eu” ante a realidade. Son poemas nos que trata, a memoria da guerra, a dor existencial, o amor pola súa compañeira Moraima, a nostalxia da infancia…

Celso Emilio Ferreiro Como poeta

satírico,, Celso Emilio conecta coa tradición medieval. A sátira e a ironía están en todos os seus libros. Pode usar a sátira para facer escarnios de persoas e tipos concretos, ou para facer unha denuncia moral das contradicións sociais e políticas do seu tempo.

LONGA NOITE DE PEDRA-1962 (poética do compromiso)

. O poeta convértese na voz do pobo para denunciar a situación de Galicia, a

emigración, a guerra civil, o capitalismo internacional, o

imperialismo norteamericano…. Sinxeleza expresiva, onde importa máis a mensaxe que a

forma.. Renovación da linguaxe con

rexistros da fala cotiá.. Humor, ironía e sarcasmo

O SOÑO SULAGADO (1954)

Poesía introspectiva ( o sentido da vida, o

tempus fugit, o paraíso perdido da infancia, o

amor…)

Poesía social (guerra, emigración vista desde unha óptica positiva e

negativa, rural/urbano…)

ONDE O MUNDO SE CHAMA CELANOVA- 1975

Poesía intimista coa que volve ás orixes (O soño sulagado)

Nostalxia ante o recordo da infancia e a terra.

Serenidade ante o paso do tempo e a cercanía da morte.

Amor a Moraima. “Moraima: diario de a bordo”.

POESÍA SATÍRICAViaxe ao país dos ananos (1968). Ataque

aos dirixentes da “Hermandad Gallega” de

Caracas.Cantigas de escarnio

e maldicir.Cemiterio privado

(1973).(epitafios belixerantes

e epitafios elexíacos)Antipoemas (1972).

Antipoesía: fuxir dos recursos e temas

tradicionais.

ESTILO E LINGUA

A lírica de Celso Emilio caracterízase pola súa sinxeleza expresiva. Tiña como obxectivo chegar a un público amplo, polo que a súa

linguaxe se aproxima en ocasións case ao coloquialismo, incorporando non poucas palabras da vida cotiá. O ritmo e a musicalidade dos seus versos veñen determinados polo uso preferente de metros curtos e pola abundancia de recursos

repetitivos: paralelismo, anáfora... .

PROMOCIÓN DE ENLACE Nados entre 1920-1930. Fórmanse culturalmente baixo a opresión da

ditadura Xeración sen unidade creativa e ideolóxica,

de formación autodidacta. Sufriron na súa mocidade as consecuencias

máis negativas do franquismo. Illamento das correntes culturais europeas e

descoñecemento da literatura e da cultura galega anterior. Carecen da influencia da Xeración Nós ou das vangardas de pre-guerra.

Foron nos seus comezos escritores bilingües.

Predomina neles unha poesía intimista. Combinan a expresión do seu compromiso social coa da angustia existencial.

AUTORES E AUTORAS

Antón Tovar Luz Pozo Garza Manuel Cuña Novás María do Carme Kruckenberg

ANTÓN TOVAR

Poesía con moitas preocupacións

relixiosas (procura dun deus que o

poeta non consegue ver)

Obra AnoArredoresNonO vento no teu coloCalados esconxurosA nada destemida

19621967197419801991

ANTÓN TOVARNas súas primeiras obras, en pleno auxe da poesía

social, Tovar ten como temas esenciais: a conciencia do “eu” e a soidade, a tensión entre angustia existencial e esperanza. No tocante á forma, son poemas onde prima a voz sincera e auténtica sobre a riqueza de imaxes e recursos.

A partir de O vento no teu colo apréciase certa renovación na súa lírica. Tovar completa a liña

existencial anterior con poemas de firme preocupación social e con outros dun erotismo

vitalista.

LUZ POZO GARZA

Naceu no seo dunha familia

que, tras a guerra civil,

sufriu a represión franquista.

.

O paxaro na bocaVerbas derradeirasCódice CalixtinoPrometo a flor de loto

1952197219861992

LUZ POZO GARZAA súa obra adoita caracterizarse como intimista, cun tema dominante sobre os demais: o amor. A autora plasma unha visión sensual, doce e delicada do sentimento amoroso nunha poesía chega de optimismo e sensualidade en : O paxaro na boca. En cambio, tras a morte do seu marido, aparece unha visión máis transcendente do amor, ao reflexionar a través del sobre a vida e a morte. O lirismo estará presidido pola sombra, a anguria e a morte en Verbas

derradeiras.A súa poesía establécese a partir do antagonismo entre luz e sombra, luz que aumentará ou diminuirá dependendo do que a poeta queira expresar.Tamén cultivará a poesía social, pero en menor medida nunha poesía comprometida e solidaria, humanista, onde o «Nós» substitúe ao «Eu».

CUÑA NOVÁS

Fabulario novo (1952)

Exploración do EU fronte ao mundo problemático

Encádrase dentro d’ A escola da Tebra, de carácter existencialista,

que reflicte o pesimismo, a anguria e a desesperanza da

posguerra.

XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS, XERACIÓN DOS 50, ESCOLA DA TEBRA

Nados entre 1930-1940. Non viviron directamente a guerra civil. Déronselles diferentes nomes: “Grupo Brais

Pinto”,”Escola da Tebra” ou Xeración de "La Noche". Danse a coñecer nos seguintes medios: • as “Festas Minervais”, certames literarios de vella

tradición renacentista e barroca, restaurados en Santiago a partir de 1953.

• O “Grupo Brais Pinto”, constituído en Madrid por universitarios que crean unha colección de poesía, coa temática da “escola da tebra”.

• A colaboración no diario compostelán “La Noche”.

XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS, XERACIÓN DOS 50, ESCOLA DA TEBRA

Teñen como referentes a editorial Galaxia e a Celso Emilio Ferreiro.

Poesía existencialista -ESCOLA DA TEBRA-. Conflito do individuo consigo mesmo e coa vida. Poesía de preocupación relixiosa.

Renovación da linguaxe poética (combina tradición e vangarda con influencias europeas e norteamericanas).

A maioría coinciden en Santiago como estudantes universitarios, polos anos 50: Manuel María, Uxío Novoneyra, Xohana Torres, Bernardino Graña, Xosé Luís Franco Grande, Salvador García Bodaño e Xosé Luís Méndez Ferrín.

LIÑAS POÉTICAS

A Escola de Tebra: poesía intimista, o poeta preséntase en conflito co mundo. Temas: a morte, a soidade, a desesperanza...

O Realismo coloquial: introduce esquemas estruturais da fala cotiá na canle poética, e está representado por Manuel María con Documentos persoaes e por Bernadino Graña con Poema do home que quixo vivir.

Socialrealismo: poesía de denuncia social. Temas: a opresión, a guerra, o sentimento de Galiza...

ESCOLA DA TEBRA

Participaron nas Festas Minervais compostelás (recuperadas dos séculos escuros e orixe do nome da xeración), no diario «La Noche» (xornal vespertino), na creación da colección «Illa Nova», na fundación do nacionalismo revolucionario (en oposición ao galeguismo cultural e promove asociacións como O Facho ou O Galo) e na formación do Grupo Brais Pinto (formado por membros que se reunían no centro galego en Madrid, que posúen unha actividade innovadora e reflicten o que lles foi transmitido da Guerra).

MANUEL MARÍA Manuel María Fernández Teixeiro, chamado unicamente Manuel María na

cuberta dos seus libros, naceu en Outeiro de Rei en 1929 e faleceu na Coruña no ano 2004.

En 1958 instálase en Monforte como procurador dos Tribunais. Nos axitados anos sesenta e setenta, Manuel María participa en organizacións políticas clandestinas, e empeza a atender voluntariamente todo tipo de necesidades de tipo cultural: escribindo poesía programática, dando conferencias, colaborando con músicos e explorando todos os xéneros literarios, tanto para público adulto como infantil. Naqueles tempos (1969) fundou a editorial Xistral canda Ánxel Xohán, e abriu unha libraría do mesmo nome na capital da Terra de Lemos.

OBRA Muiñeiro de brétemas, 1950 Morrendo a cada intre, 1952 Terra Chá, 1954 Documentos persoais, 1958 Cancións do lusco e fusco, 1970 A primavera de Venus, 1993

As dúas primeiras obras considéranse as pezas inagurais da Escola de Tebra: unha visión atormentada da existencia

Os meu berros absolutos son o meu acentodisolto en ácido sulfúrico.

A anguria, a carraxe e o arrepíoé a miña música de paxaros valeiros de garimos

que viñeron arrolarmecando tiña mes e medio aproximadamente...

A súa traxectoria poética iníciase en 1950, cando publica o primeiro libro de poesía en galego que non pertence a autores que coñeceran a República, Muiñeiro de brétemas. Este é ademais o volume co que a crítica considerou que comezaba a Escola da Tebra, unha liña poética existencialista que puxo o acento na soidade e na opresión humana e espiritual da ditadura franquista.

Esta liña continuouna en 1952, no poemario Morrendo a cada intre, pero mudouna dous anos despois, en 1954, co libro Terra Chá.

Este, a través de sucesivas reedicións e ampliacións, constitúe unha homenaxe á súa terra natal. Nesta obra o protagonista é a paisaxe saudosa, e aparecen claras algunhas das constantes da súa produción: rimas simples e populares (coplas, pareados, cuartetas...) e unha proximidade ao popular, con léxico a pé de corredoira e con situacións e feitos da cotidianeidade.

Co paso dos anos e dos títulos foi evolucionando cara a unha poesía máis socialrealista, cunha nidia presenza das reivindicacións esquerdistas e nacionalistas, como en Cantos rodados pra alleados e colonizados, de 1976, ou As rúas do vento ceibe, de 1979.

MANUEL MARÍA, en resumo Poesía intimista e

desacougado (Muiñeira de brétemas- 1952)

Paisaxismo (Terra Cha- 1954)

Social (Documentos persoaes-1958)

Motivos recorrentes: defensa das clases

populares, a lingua e o país, sensibilidade ecoloxista, protesta

contra as inxustizas, o imperialismo…

UXÍO NOVONEYRAÉ un dos poetas máis persoais da posguerra. A súa novidosa visión da paisaxe, forxada entre as montañas do seu Courel natal, levouno a ser coñecido como o “poeta da terra”. Fillo dunha familia de labregos, a súa poética sempre permanecerá intimamente relacionada co escenario da terra natal. Estuda bacharelato en Lugo, onde coñece a Manuel María. Logo trasládase a Madrid, onde asiste como oínte á Facultade de Filosofía e Letras e comeza a escribir os seus primeiros poemas, en castelán. Nesta cidade entrou en contacto cos membros do grupo “Brais Pinto”. Entre 1953 e 1962, por motivos de saúde, pasou longas tempadas de descanso na súa terra natal, a serra do Courel..

OBRA

Os eidosOs eidos 2Poemas caligráficosMuller para lonxe

1955197419801987

UXÍO NOVONEYRA Uxío Novoneyra desenvolveu unha traxectoria creativa única. Na obra primeira, Os eidos (1955), o poeta está en soidade entre os vales e as

montañas natais, en comuñón co mundo físico. Tense relacionado Os eidos co paisaxismo de Noriega Varela, Iglesia Alvariño ou Díaz Castro. Porén, a de Novoneyra é unha poesía máis íntima e cósmica, arredada da tradición polo seu carácter esencial e totalizador: é unha poesía da metapaisaxe.

O do poeta é un canto telúrico que atopa na natureza unha dimensión ontolóxica: nela está contido o sentido do home e do universo. Son versos dominados pola intensidade e a economía lingüística, ao servizo do intimismo e da procura de emocións.

Abondan os topónimos e as series de substantivos que denominan os elementos da natureza, acompañados de exclamacións, de aliteracións e fonosimbolismos, manifestacións todas elas dun propósito esencializador que se aproxima á estética do haiku xaponés.

Nos anos sesenta, as súas propostas ampliáranse cara á preocupación colectiva e a temática política dominante na poesía da época. Galicia é unha constante. O tratamento da paisaxe adquire un ton político e simbólico, como é en Elexías do Courel (1966).

FONOSIMBOLISMO

A reiteración do son o evoca a sensación de medo que pode producir a presenza do lobo.

¡Cousos de lobo!¡Cousos de lobo!

¡caborcos de xabarín!¡Eidos solos

onde ninguén foi nin ha de ir!¡O lobo! ¡Os ollos do lombo do

lobo!Baixa o lobo polo ollo do boscomovendo nas flairas dos teixosruxindo na folla dos carreiros

en busca da vagoada máis sola e máis medosa...

Os Eidos

UXÍO NOVONEYRA, en resumo Poesía dialogante coa paisaxe

coureliana (metonimia de Galicia enteira), onde hai

unha comuñón coa mesma.

Os eidos- 1955

Composicións breves

Fonosimbolismo

Disposición dos versos.

XOHANA TORRES Do sulco -1959

Poemario intimista Amor, morte e

soidade Ritmo e musicalidade

Outros títulos: Estacións ao

mar- 1980

ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS

O tempo no espello, 1980,recompila trinta

anos de poesía.Sentimento de saudade

pola patria, sentida desde Colombia.

Cantos caucanos -1985 (natureza exótica

colombiana), As torres no ar, 1989

BERNARDINO GRAÑA Profecía do mar.

Poeta do mar Visión optimista da

vida. Temas: o amor, a denuncia ecolóxica e

o sentimento de alienación do ser humano nunha

sociedade tecnificada e mercantilista.

XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN Xosé Luís Méndez Ferrín é o escritor

galego vivo máis importante, cunha carreira máis longa e sólida. Construíu o seu discurso cun dominio preciso e extenso da linguaxe, fundamentalmente nos xéneros da narrativa breve e da poesía. Foi seleccionado como candidato ao premio Nóbel en numerosas ocasións.

XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN

Na cidade das Burgas transcorreu a súa infancia. Durante os seus anos de Universidade en Santiago participou con éxito nas Festas Minervais e entrou en contacto co galeguismo cultural. En 1957 trasladouse a Madrid para rematar os seus estudos e alí participou na constitución do grupo “Brais Pinto”. Na década dos 60, Ferrín comezou a amosar o seu forte compromiso político: foi cofundador da UPG e mesmo pasou períodos nos cárceres franquistas (1969 e 1972). Na actualidade reside en Vigo. Tamén é un destacado narrador e ensaísta.

XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN

Voce na néboaCon pólvora e magnoliasPoesía enteira de Heriberto BensO fin dun cantoEróticaEstirpe

195719761980198219921994

XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN

O seu primeiro libro, «Voce na néboa» inclúese dentro da Escola da Tebra: poesía de ton íntimo e angustiado, existencialismo pesimista, simbolismo para representar o cárcere político e do espírito e cunha temática que vai desde a preocupación existencial ata a visión fatal da propia Galicia).

Porén, a praxe política levouno, deixando atrás a paréntese dos sesenta, ao socialrealismo máis elaborado e máis explicitamente partidario: desa fase son Antoloxía

popular, de 1972, asinado como Heriberto Bens, e Sirventés pola destrución de Occitania, de 1975. Nesa liña insiste con O fin dun canto, de 1982, Estirpe, de 1994, onde é capaz de fusionar un nacionalismo case pondaliano co virtuosismo léxico e poético, ou en Contra

maquieiro, de 2005, onde avanza na crítica ao capitalismo. Ao ano seguinte Méndez Ferrín dá o cambio e muda con el a traxectoria da poesía galega. A

súa Con pólvora e magnolias de 1976 marca a viraxe cara a unha poesía Culturalista e rompedora, investigando novas formas e novas posibilidades estilísticas da linguaxe (sintaxe non convencional, riqueza léxica, abundancia de recursos literarios, imaxes audaces...).

XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN, en resumo

Autor clave na evolución da

literatura galega contemporánea.

Voce na néboa: literatura existencial Pseudónimo de

Heriberto Bens: poesía sociopolítica Con pólvora e

magnolias: culturalismo