A PAISAXE GALEGA NA LITERATURA GALEGA

15

description

POWERPOINT REALIZADO POLO ALUMNADO DA ESO NA MATERIA DE LINGUA GALEGA

Transcript of A PAISAXE GALEGA NA LITERATURA GALEGA

Page 1: A PAISAXE GALEGA NA LITERATURA GALEGA
Page 2: A PAISAXE GALEGA NA LITERATURA GALEGA

Dende os comezos da literatura galega a paisaxe galega estivo presente nela. Así na Idade Media sograres como Martín Códax ou Mendiño teñen cantigas que falan do mar que forma parte da paisaxe galega. 

 

Page 3: A PAISAXE GALEGA NA LITERATURA GALEGA
Page 4: A PAISAXE GALEGA NA LITERATURA GALEGA

      Ai, esperta, adorada Galicia, dese sono en que estás debruzada, do teu rico porvir a alborada polo Ceo enxergándose vai. Xa cantando os teus fillos te chaman, 

e cos brazos en cruz se espreguizan... ¡Malpocados! O que eles cobizan é un bico dos labios da Nai. 

      Dese chan venturoso arrincado pola man do meu negro destino, hastra mesmo soñando maxino eses campos risonos cruzar. E correr polas hortas e prados, onde leda pasou miña infancia, respirando a süave fragancia de xazmín, caravel, azahar. 

NO SÉCULO XIX AUTORES COMO O PRECURSOR DO REXURDIMENTO, FRANCISCO AÑÓN PAZ, EN POEMAS COMO “A GALICIA” TAMÉN FALA DA PAISAXE GALEGA:

Ao través de aguzados penedos penso ver empinados petoutos, viñas, hortas, devesas e soutos, que apouvigan os ventos do Sul. E saltando regueiros e valos, cata xa outros bos horizontes, outras veigas, mariñas e montes, que se perden na brétema azul. Soño ahí que entre verdes pereiras fouliadas alegres escoito, cando o Ceo se reviste de loito nas poéticas noites do vran. E que en medio de nenas garridas canta un mozo con voz pracenteira, para o lado tumbada a monteira, unha orella tapando coa man. 

 Coido ver esas rías serenas, escumando con barcos veleiros, e cantares oír feiticeiros, que en ningures tan doces oín. Inda creo sentir as labercas, que pineiran nos aires cantando, cando o sol vai as nubes pintando de amarelo, de lume e carmín. 

Page 5: A PAISAXE GALEGA NA LITERATURA GALEGA

     Eu soñei ver na cume do Pindo, adornados de mirto e loureiros, escritores poetas guerreiros, que sorrindo se daban a man. Eran eses os fillos mais caros, que da Patria aumentaron a gloria: os seus nomes nos fastos da historia con diamante grabados serán. 

     E dimpois unha endrómena rara vin moverse con ágoa fervente, e silvando como unha serpente, como un lóstrogo os campos cruzou. Era aquel o porvir que xa soa e das probes aldeas fai vilas... ¡Adiós cantos e Musas tranquilas! O imperio da industria empezou. 

      Acordei... O meu soño dourado, como fume pasou de repente, e magoado o meu peito se sente de soidades e amor palpitar. Marmurei: —¡Adorada Galicia! ... (E dos ollos chovíanme as bágoas). ¡Quen pudera beber túas ágoas, e teus aires feliz respirar! 

De ti lonxe, querido corruncho, eu mirrándome estou de amargura, 

como a froita que vai xa madura, e entre silvas o vento guindou. ¡Teño envidia da libre andoriña, que ahí chega por todos os maios! ¡Teño envidia das nubes e raios, que o Sudeste a esas terras levou! A ti voa entre ardentes suspiros, sobre as trémulas alas do vento, a soidade do meu pensamento, que decote cravado está en ti. Por diversos países que eu vaia, ti serás miña doce memoria... ¡Mesmo entrar non quixera na gloria sin primeiro pasar por ahí! 

Page 6: A PAISAXE GALEGA NA LITERATURA GALEGA

 ROSALÍA DE CASTRO FOI OUTRA DAS ESCRITORAS QUE PLASMOU A PAISAXE GALEGA NAS SÚAS POESÍAS. UN EXEMPLO DISTO É O POEMA “ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES”:  

Adiós, ríos; adios, fontes;

adios, regatos pequenos;

adios, vista dos meus ollos:

non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,

terra donde me eu criei,

hortiña que quero tanto,

figueiriñas que prantei,prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento,paxariños piadores,casiña do meu contento,muíño dos castañares,noites craras de luar,campaniñas trimbadoras, da igrexiña do lugar, amoriñas das silveiras que eu lle daba ó meu amor, camiñiños antre o millo

 ¡adios, para sempre adios! ¡Adios groria! ¡Adios contento! ¡Deixo a casa onde nacín, deixo a aldea que conozo por un mundo que non vin! Deixo amigos por estraños,deixo a veiga polo mar, deixo, en fin, canto ben quero... ¡Quen pudera non deixar!

Page 7: A PAISAXE GALEGA NA LITERATURA GALEGA

MANUEL CURROS ENRÍ QUEZ TAMÉN DESCRI BE A PAI SAXE GALEGA NOS SEUS POEMAS. UN EXEMPLO É O SEGUI NTE POEMA:

Mariñeiros da Marola,

de illas Cíes e do Orzán,

remendade ben as velas,

daille sebo ás cordas xa;

reparade as vellas redes,

os coitelos afiai

i aprestaivos, mariñeiros,

pola patria a mariñar.

 

Dende o Norte americano

chega a España occidental,

de ignominias e de aldraxes

unha negra tempestad,

                   e nas olas que levantai en Galicia van parar,¡cuspos flotan de despreciopara vós e vosa nai! Mariñeiros da Marola,de illas Cies e do Orzán,non seredes mariñeirossi temedes hoxe ó mar;unha forca en cada verga,na cintura un bon puñal,no temón un brazo fortei a bogar, bogar, bogar…Mariñeiros da Marola,de illas Cíes e do Orzán,grande pesca vos agardasi sabedes ben pescar;unha lancha de centolasvinte e cinco pesos val,un cargamento de yankeesvalvos… ¡a inmortalidá!

Page 8: A PAISAXE GALEGA NA LITERATURA GALEGA

EDUARDO PONDAL TAMÉN DESCRIBE A PASAIXE GALEGA NOS SEUS POEMAS. UN EXEMPLO DISTO É O SEU POEMA OS PINOS, QUE É O HIMNO GALEGO:

¿Qué din os rumorososna costa verdecenteao raio transparentedo prácido luar?¿Qué din as altas copasde escuro arume arpadoco seu ben compasadomonótono fungar?

Do teu verdor cinguidoe de benignos astrosconfín dos verdes castrose valeroso chan,non des a esquecemento da inxuria o rudo encono;desperta do teu sonofogar de Breogán.

Page 9: A PAISAXE GALEGA NA LITERATURA GALEGA

ANTON NORIEGA VARELA.

NO SECULO XX, NA ÉPOCA DAS IRMANDADES DA FALA, ESCRITORES COMO ANTONIO NORIEGA VARELA FALAN DA PAISAXE GALEGA NOS SEUS POEMAS; É O CASO DO POEMA:

 As froliñas dos toxos. 

¡Nin rosiñas brancas, nin claveles roxos!Eu venero as froliñas dos toxos.

Dos toxales as tenues froliñas,que sorríen, a medo, entre espiñas.

Entre espiñas que o ceio agasallacon diamánte­las noites que orballa.

¡Oh do iermo o preciado tesouro!:as froliñas dos toxos son de ouro.

De ouro vello son, mai, as froliñasdos bravos toxales, ¡das devociós miñas!...

Page 10: A PAISAXE GALEGA NA LITERATURA GALEGA

RAMÓN CABANILLAS 

 SOÑO DOURADO ¡Ou meu soño labrego! Unha casiña 

preto do río, ó abrigo dos pinares, 

con piorno e alboios nos currales 

e palleiros na eira e na curtiña.

 

Ó pé da casa un muíño cantareiro  

Ó son lira de ágoa que enche o caño, 

Baixo o maio agarimo dun castaño 

E os amorosos brazos dun cruceiro.

 

Todos ó longo da aberta do muíño 

tortas e vellas cepas de albariño 

cos asios mestos no bendito outono.

 

E un ferrado de terra por facenda 

pra pratíos e xardín, libre de renda, 

diesmo a Dios, sin foreiro nin máis dono.

 

Page 11: A PAISAXE GALEGA NA LITERATURA GALEGA

CASTELAO A CARÓN DA NATUREZA(COUSAS)

É no intre en que a terra, para se sdurmir, vaille virando as costas á luz e o fume das tellas, mesto e leitoso, vaise esparexendo no fondo do val. Non é cousa de outro mundo pint­lo que ven os olloos, que serán comestos polos vermes; pero na na paisaxe hai máis cousas que fitar, pois naquel muíño cantareiro dous namorados danse o primeiro bico e naquel pazo do castiñeiro seco ouvean os cans.

Dende o adro dunha eirexa ollámo­lo val afundido na choiva.

Page 12: A PAISAXE GALEGA NA LITERATURA GALEGA

EDUARDO BLANCO AMOR 

 

                                   Arrimeime a un pino verde            

                                       Por ver si me consolaba….

Arrimeime a un pino verde 

Contando estar acollido, 

Menos da choiva do ceo 

Que do meu propio feitizo. 

Pedinlle consolo ao ar 

Posouse ao ar fuxitivo;

Pedinlle consolo ás augas 

De min se arredaron rindo;

Senteime á veira da mar, 

! atopeime tan cativo!

Quixen deprender coas olas, 

Soio deprendín sospiros;Quixen parolar coas nubes,Tan outas non me sentiron.Aos paxaros rexoubeiros Amostreilles o meu sino, Os paxaros poteiraron No meu corazón ferido.Funme consellar coas pedras Vellas coma o mundo  mismo, Mostráronme a sua dureza !eu entendín   o seu ditoCando do longo penar Arrimeime a un verde pino E faleille: ¿ Entenderás Ti meu door, irmanciño?¡ I en troques  de responder Botouse a chorar conmigo!

Page 13: A PAISAXE GALEGA NA LITERATURA GALEGA

UXIO NOVONEYRA 

   LETANÍA DE GALICIA  

       GALICIA digo eu ún di GALICIA

GALICIA decimos todos GALICIAhastr’os que calan din  GALICIAe saben      sabemos

      GALICIA da door   chora á forzaGALICIA da tristura    triste á forzaGALICIA do silencio  calada á forzaGALICIA da fame       emigrante á forzaGALICIA vendada     cega á forzaGALICIA tapeada   xorda á forzaGALICIA atrelada   queda á forza

      libre pra servir   libre pra servirlibre pra non ser  libre pra non serlibre pra morrer  libre pra morrerlibre pra fuxir   libre pra fuxir

      GALICIA labrega  GALICIA nosaGALICIA mariñeira  GALICIA nosaGALICIA obreira  GALICIA nosaGALICIA irmandiñaGALICIA viva inda

recóllote da TERRA  estás mui fondarecóllote do PUEBLO estás n’il todarecóllote da HISTORIA estás borrosa recóllote i érgote no verbo enteirono verbo verdadeiro que fala o pueblorecóllote pros novos que vein con forzapros que inda non marcou a malla d’argolapros que saben que ti podes ser outra cousapros que saben que o home pode ser outra cousasabemos que ti podes ser outra cousasabemos que o home pode ser outra cousa

Page 14: A PAISAXE GALEGA NA LITERATURA GALEGA

MANUEL MARIA

Galicia é o que vemos:a terra, o mar, o vento…Pero hai outra Galiciaque vai no sentimento!

Galicia somos nós:a xente e mais a fala.Se buscas a Galiciaen ti tes que atopala!" 

"Galicia docementeestá ollando o mar:ten vales e montañase terras pra labrar!

Ten portos, mariñeiros,cidades e labregoscargados de traballos,cargados de trafegos!

Galicia é unha naivelliña, soñadora:na voz da gaita rise,na voz da gaita chora!

Os soños na gaiola

Page 15: A PAISAXE GALEGA NA LITERATURA GALEGA

MANUEL  RIVAS BLUES

Só a noite é o paraíso: dormen os homes. 

Os soños abren as xanelas e lámbense as feridas nas praias e nas beirasdos ríos.

Os soños cantan coa gorxa xeada. Como esclavos, fan tocar os tambores.