Tópicos literarios na poesía galega

12
10 TÓPICOS LITERARIOS NA POESÍA GALEGA

Transcript of Tópicos literarios na poesía galega

Page 1: Tópicos literarios na poesía galega

10 TÓPICOS

LITERARIOS

NA

POESÍA

GALEGA

Page 2: Tópicos literarios na poesía galega

QUE É UN TÓPICO LITERARIO?

Definición

Temas ou motivos comúns utilizados polos escritores ó longo da historia da literatura.

Etimoloxía

Do gr. TOPOI 'lugar'

Orixe

Literatura grega e latina, fundamentalmente.

Page 3: Tópicos literarios na poesía galega

BEATUS ILLE

Tópico renacentista que exalta a vida no campo, allea á cidade e afastada das ambicións do mundo. En latín significa 'ditoso aquel que...'

O fortunatos nimium...!

Ben ditoso é o labrego que se podavaler en si, sin traballar no alleo;que ten pra dar ós fallos unha coda;un peso pra gastar; gado de seu.

Terras onde coller, si axuda a sorte,o maínzo a fartar, trigo e patacas;e bos estrumes pra meter na cortee bos regalos pra mante-las vacas

E unha casilla, en pedra pedrexada;grande a lareira, para que a roladade nenos queipa ó rente do remol.

Con seu hórreo na eira, e seu alboio.Ancho o curral. Ventás de cara ó sol...Ques esto ten ¿para que quer máis choio?

X. Crecente Vega. Codeseira (1933)

Page 4: Tópicos literarios na poesía galega

—Meniña, ti a máis fermosaque a luz do sol alumbrara;ti a estrela da mañanciña que en puras tintas se baña;ti a frol das froridas cumbres,ti a ninfa das frescas augas,ti como folla do lirio branca, pura e contristada

Rosalía de Castro: Cantares gallegos (1963).

DESCRIPTIO PUELLAE

Locución latina que significa 'descrición da dama'. Consiste na plasmación do ideal da beleza feminina.

Page 5: Tópicos literarios na poesía galega

APROVEITA O DÍA!,

VIVE A VIDA!

GOZA DO PRESENTE!

Francisco Añón. Poesía galegas (1966)

Page 6: Tópicos literarios na poesía galega

COLLIGE, VIRGO, ROSASEste tópico incita a gozar da mocidade antes de que o

tempo e a vellez a mirren.

Literalmente significa: Colle, moza, as rosas!

Eduardo Pondal. Queixume dos pinos (1886)

Page 7: Tópicos literarios na poesía galega

UBI SUNT? - ONDE ESTÁN?

Tempo do corazón, cheo de aves cantoras,¿ónde foi a canción que cantaban as horas?¿Ónde está aquela angueira i aquelas esperanzas?Tempo de sementeira, ¿ónde están as labranzas?

Alciprestes, rosales, ceo maino de abril,a chuvia nos cristales tocaba o tamboril.Un tempo asosegado dormía na mañá,un tempo namorado, vestido de mazá.

A tarde arrecendía a gromos e carqueixas,o reiseñol decía no mencer tristes queixas.O can topenexaba deitado rente ao lume,o vento refugaba con doce mansedume.

Un mesto neboeiro pousábase na aldea,de noite polo outeiro pasaba a estadea.¿Ónde aquela mañá, ónde aquela surrisa?¿Ónde aquela campá que vagaba na brisa?

Tempo de corazón mollado de saudade,¿ónde foi a emoción da nosa mocedade?

C. Emilio Ferreiro. Longa noite de pedra (1962).

Con este tópico téntase salientar a fugacidade da vida, a intrascendencia dos bens materiais e o poder destrutor da morte.

Page 8: Tópicos literarios na poesía galega

AMOR POST MORTEM

O AMOR PERDURA DESPOIS DA MORTE

Na outra banda

Na outra banda dixéronmeos vellos vanse convertindo en arbresvellos tamén sin follas na cara do solagardando sin saber o quémudos.

Pro súpetamente un arbre calisquersinte rubir dentro del a seiva dun soñobeira da morte xa pro aíndamorno como o leite da nai.

O soño vai rubindo polas veas do arbreunha vida enteira que pasaAta facerse paxaro nunha ponlaUn paxaro que recorda, canta e vaisedenantes de que todos os arbres morran.

Si eu me fago arbre vello na outra banda do ríoe me toca ser arbre que recorda e soñaben segura podes estar de que soñarei contigocos teus ollos grises como a albae coa túa sorrisacoa que se vestiron os beizos das roseirasnos días máis felices.

Álvaro Cunqueiro. Herba aquí ou acolá (1980).

Page 9: Tópicos literarios na poesía galega

R. Cabanillas. Vento mareiro (1915)

ITER VITAE

O CAMIÑO COMO VIDA

Page 10: Tópicos literarios na poesía galega

RESPICE FINEM

Morte cruel, esa tredora mañade roubar de non cato á humana vidacon que ollos á podeche ver compridana santa REINA que oge perde España?

Se aquel rancor que te carcome e lañache tiña á mao para matar ergida,non deras noutra parte esa feridadonde nô fora á lástima tamaña?

Non se torçera aquel fatal costumey á ley que yguala do morrer na sorte,os altos Reis, co os baijos labradores?

Terrible en fin é teu poder, ó Morte,pois diante de ti Reis, e señoresson néboa, sombra, poo, son bento e fume.

Pedro Vázquez de Neyra

Este tópico presenta o carácter igualatorio da muerte que non fai distincións e espera a todos por igual.

OMNIA MORS AEQUAT (A morte igualadora)

Page 11: Tópicos literarios na poesía galega

A PRINCESA ROIBA...

Reza un merlo no soutofrorido de cereixosrelixioso ofertorioduns místicos amores.Pasa un vento de bicosque vai buscando beixos, como enxame de abellasque vai buscando frores.

Fío a fío debulla súa madeixa a fontebarbullando chorosao verso lexendariodo Paxe do Casteloaforcado na Pontee da Reina encantadano Pazo solitario.

LOCUS AMOENUS = lugar ameno

Nas follas dos salgueirospelexas e chilidos.Un trasno luxuriosoestala en gargalladas ollando, sobre o espellodas augas, os despidos corpos, cristal e neve, dun fato de driadas.

Nos cálices das rosashai comunión de orballo. Mentras no rexio alcázarxunto ó baleiro trono por ela espera a Corte, á sombra dun carballotexe a Princesa roibaun encaixe de Ensono.

R. Cabanillas. Vento Mareiro (1915)

Un locus amoenus é un lugar ideal e propicio para o goce polo seu confort e beleza. Nel abunda a vexetación, a auga, as flores, os paxaros...

Page 12: Tópicos literarios na poesía galega

Celso Emilio Ferreiro. Longa noite de pedra (1962).

FUGIT IRREPARABILE TEMPUS

(O tempo pasa irremediablemente)

Locución latina que fai fincapé no carácter

irrecuperable do tempo vivido e na condición fugaz

da vida humana.