Mitoloxia galega

13
M I T O L O X Í A G A L E G A MULLERES NA

Transcript of Mitoloxia galega

Page 1: Mitoloxia galega

MITO

LOXÍA G

ALEGA

MULLERES NA

Page 2: Mitoloxia galega

MEIGA

Segundo a tradición unha meiga é unha muller con coñecementos de maxia e artes ocultas, ademais de menciñeira. Entre as súas cualidades, destacan a capacidade de facer feitizos, males de ollo e adiviñacións. A figura de meiga está moi arraigada na tradición popular, e se diferenza da bruxa en que esta actúa sempre con maldade podendo tratar e mesmo pactar cos diaños. A figura da bruxa correspóndese en gran medida co modelo clásico da bruxa vestida de negro, con sombreiro cónico e a súa vasoira. En cambio a figura da meiga achégase máis a unha muller de aldea con certa idade. A meiga rivaliza en popularidade coa Santa Compaña e acércase bastante coa figura da curandeira dos druídas.

Page 3: Mitoloxia galega

VEDOIRA

É esvelta e agradable no trato. Posúe facultade adiviñatorias, son expertas en contactar co Alén (Máis Alá ) para dicir se alguén morto está gozando eternamente no Ceo ou se pena no Purgatorio.

Page 4: Mitoloxia galega

É a muller modelo do bandolerismo xeneroso estendido por Europa, coma Robin Hood en Inglaterra. Pode ter relación coa Raíña Lupa e ten semellanzas coa Pereira dos Lobos.

PEPA A LOBA

Page 5: Mitoloxia galega

SEREA MARUXAINA

Ninfa que dende o mar atrae coas súas cantigas e encantos aos mariñeiros para que despois naufraguen. As augas tranquilas convértense en remuíños .

Page 6: Mitoloxia galega

LUMIA

Ser metade feminino ; metade dragón. Ás veces son

representados a muller e o dragón por separado, a muller montando

ao dragón e está portando un corno de batalla enorme que

asemella cornos das batallas do Norte de Europa .

Page 7: Mitoloxia galega

FEITECEIRA

Vive preto dos ríos e os regatos. Ainda que é anciá, o seu aspecto non repele, posúe unha voz fermosa que hipnotiza aos rapaces e nenos que se achegan ao río e fai que se vaian metendo nel, onde ao final, afogan.

Page 8: Mitoloxia galega

DAMA DO CASTRO

Estas meigas viven debaixo dos castros milenarios ou baixo a terra nun castelo de cristal . Levan sempre un longo vestido branco de cola e sempre atenden ás solicitudes ou chamadas da xente . Xa que goza de benestar e fortuna , ningún tipo de favor serve para recibir dela consellos ou agasallos ; ao contrario , soe aparecerse a persoas entristecidas por algunha situación difícil da súa vida , e a esas persoas de condición humilde ou recibe os seus favores .

Page 9: Mitoloxia galega

LOBISMULLER

Ten que nacer en Noiteboa ou en Vernes Santo, ou ben ser a sétima ou novena filla dunha familia na

que os fillos son mulleres.

Page 10: Mitoloxia galega

As lavandeiras son espíritos que aparecen nas noites de lúa chea nas beiras dos ríos, onde lavan as sabas manchadas de sangue que nunca desaparece. Dise delas que son mulleres que morreron no parto, ou que deixaron morrer os seus fillos sen bautizalos. Piden axuda aos vivos para escorrir as sabas, mais estas deben retorcerse ao contrario que a lavandeira. Senón, este encontro podería traer mala sorte, mesmo a morte.

LAVANDEIRA

Page 11: Mitoloxia galega

CARTUXEIRA

Son meigas que botan as cartas e sempre acertan no seu oráculo.

Page 12: Mitoloxia galega

XACIAS

Seres mitolóxicos femininos galegos coa metade inferior dun peixe e a metade superior humana. Encántalle a auga, e habitan nas pozas dos ríos.

Page 13: Mitoloxia galega

Este traballo foi realizado polos alumnos de 6º B do C.P.I. Mosteiro-Meis cunha finalidade meramente educativa. A documentación e as imaxes foron obtidas en internet. Calquera que sinta que inculque os dereitos de autor fáganolo saber para retiralas