Ciencia galega

17
CIENCIA (subst. feminino): Conxunto dos sistemas de coñecemento con obxecto e métodos de estudo determinados e baseados en leis obxectivas que se poden verificar. Dicionario da RAG

description

 

Transcript of Ciencia galega

CIENCIA(subst. feminino):

Conxunto dos sistemas de coñecemento con

obxecto e métodos de estudo determinados

e baseados en leis obxectivas que se poden verificar.

Dicionario da RAG

A NOSA ACHEGAO equipo da biblioteca do IES de Curtis quere poñer estes

días o seu pequeno gran para concienciar o alumnado da importancia da ciencia na sociedade actual e, como non, do legado de moitos estudosos galegos ó progreso científico mundial.

Buscamos, coma sempre, facer dos nosos rapaces de hoxe homes e mulleres de mañá máis formados e –por que non?- quizais algún, nun futuro, poida facer súas as palabras de Pasteur… e chegar ben lonxe:

Se non coñezo unha cousa, investigareina.

L. Pasteur (1822-1895), químico e microbiólogo francés

CIENCIA DE ORIXE GALEGA • Frei B. Jerónimo Feijoo foi

unha figura galega senlleira da Ilustración que acadou sona internacional.

• Da súa enciclopédica obra destacan o Theatro Crítico Universal (1726-1740) e as Cartas eruditas y curiosas (1742-1760), que espertaron fortísimas polémicas por propoñer explicacións científicas ao que se explicaba entón con dogmas relixiosos (milagres e supersticións).

CIENCIA DE ORIXE GALEGA

Ramón Silvestre Verea Aguiar y García (1833-

1899)  foi un periodista, enxeñeiro, escritor e

inventor galego.Conseguiu crear a

primeira máquina do mundo para realizar

cálculo. A súa calculadora era

unha máquina duns 26 kilos de peso, capaz de sumar,

restar, multiplicar e dividir números de ata nove cifras.

CIENCIA DE ORIXE GALEGA

Isidro Parga Pondal (1900-1986), químico de

formación, realizou importantes investigacións no campo dos minerais e as

rochas.Na Universidade de Santiago

creou o primeiro laboratorio de Xeoquímica

de España. Publicou, ademais, valiosos mapas xeolóxicos de Galicia e da

Península Ibérica.

CIENCIA DE ORIXE GALEGA Ramón María Aller (1878-

1966) foi un relixioso que se sentiu moi atraído polas

Matemáticas e pola Astronomía. Ocupou a

cátedra de Astronomía da USC e realizou estudos e

observacións astronómicas relevantes (como a das

estrelas dobres), creando instrumentos que foron usados en observatorios

estranxeiros.Iniciou o seu labor

construíndo un rudimentario observatorio

na súa casa de Lalín.

CIENCIA DE ORIXE GALEGA

Juan Jacobo Durán Loriga (1854-1911), deixou o

exército para dedicarse á docencia e á investigación

matemática, na que destacou dentro e fóra de España, con importantes

logros dentro da xeometría do triángulo.

CIENCIA DE ORIXE GALEGA

María Wonenburger (1927-2014) foi unha

destacada alxebrista, que desenvolveu o seu labor

docente e investigador en Canadá e EE UU. Sentou as

bases da teoría de Kac-Moody, que, co andar dos

anos, chegaría a desempeñar un papel

importante nas Matemáticas e na Física.

CIENCIA DE ORIXE GALEGA

Ángeles Alvariño (1916-2005) foi unha célebre

investigadora galega recoñecida mundialmente

polo traballo que desenvolveu, desde EE UU, no campo da Oceanografía,

onde fixo importantes descubrimentos sobre o

zooplancton (deu a coñecer máis de 20 novas especies

mariñas) .

CIENCIA DE ORIXE GALEGA

O catedrático da USC Ángel Carracedo (1955) está considerado como un dos

científicos de maior impacto e prestixio en todo o mundo no campo da Xenética

forense e de poboacións humanas. Ademais, dirixe o Instituto de Medicina

Legal de Santiago, composto por un equipo que, desde hai varios anos, se sitúa entre os tres mellores grupos de

investigación en Medicina Legal do mundo.

 

CIENCIA DE ORIXE GALEGA

Jorge Mira (1968) é Físico (catedrático na USC),

investigador no campo do magnetismo e un gran divulgador científico, cun

recoñecido traballo na TVG, na Radio Galega e

en La voz de Galicia.

CIENCIA DE ORIXE GALEGA

http://culturagalega.gal/albumdaciencia/

Se queres coñecer máis figuras galegas senlleiras dentro da investigación e da divulgación científica, podes acudir ao

enlace que che ofrecemos á esquerda. O Consello da Cultura galega ofrécenos nel o nome e datos biográficos de

moitos máis científicos de orixe galega.

Para empezar a investigar…• É o mesmo a Astroloxía que

a Astronomía? • Por que é importante a

figura de Y. Gagarín?• Houston, temos un

problema. En que situación se enviou esta mensaxe?

• A orixe dos premios Nobel ten que ver cun científico. Explica a relación.

• A que ciencia se asocian a Botánica e a Ecoloxía? Que estudan?

• Se estudas Antropoloxía, cal é o teu obxecto de interese?

• De que se encargarán na zona de Hemodinámica dun hospital?

• Que centrará o interese dun enxeñeiro civil?

• Que investigará un paleógrafo?

Para seguir investigando, debes asociar os nomes da esquerda cos inventos da dereita…

1. Hermanos Michelin2. Científicos do goberno

de EEUU3. King Camp Gillette4. L. e A. Lumiére5. A Grahan Bell6. Samuel Colt7. James Watt8. Copérnico9. Karl Benz10. Th. Alba Edison

1. Máquina de vapor2. Lámpada de filamento

incandescente.3. Teléfono4. Motor de automóbil5. Neumáticos6. Bomba atómica7. Teoría heliocéntrica8. Revólver9. Cinematógrafo10. Máquina de afeitar

Xa case remataches…

Asocia os seguintes termos a distintas ciencias:

• Antipirético• cosmogonía• IBI• CERN• CO2• natalidade• perímetro• bóveda• estomas• branquias• hiperhidrosis

E como na ciencia a curiosidade é ferramenta indispensable…Gustarache saber, para acabar xa este

percorrido polo mundo da investigación, que os científicos cando descobren algo novo precisan poñerlle nome. Para iso botan man de diferentes recursos. Velaquí algúns deles:

- Emprego de compoñentes clásicos: anorexia, nanotecnoloxía…

- Creación de siglas e acrónimos: nylon, AVE- Uso frecuente da eponimia, recurso que permite

denominar algo co nome ou apelidos do inventor ou descubridor: Alzheimer, motor Diesel…