Ría de Arousa

Post on 13-Jun-2015

577 views 1 download

description

A ría de Arousa. Formación das rías. Afloramento. Recursos do mar. Zonas protexidas. Biodiversidade: valores e riscos. Alumnos/as de Bioloxía e Xeoloxía de 4ºESO do IES A Basella, Vilanova de Arousa, profesora: Raquel Baños.

Transcript of Ría de Arousa

Rías galegas:entrada do mar na desembocadura dun río

Factores determinantes na formación das rías:1. TECTÓNICO. Os esforzos tectónicos crean un sistema de fracturas en tres direccións que

determinarán a orientación das rías altas (NE-SW), medias e baixas (SW-NE).2. FLUVIAIS. Os cursos fluviais aproveitan estas zonas de fractura e erosionan profundamente os

cauces. Coincidente cunha época fría onde a liña de costa está mar adentro.3. CLIMÁTICOS. O cambio a unha época cálida provoca fusión de xeos e elevación do nivel do mar

asolagando o final dos vales fluviais previamente escavados, fórmanse as rías.

Liña de costa en época glaciar

Subida do nivel das augas na deglaciación

Liña de costa actual

Afloramento

Os ventos que soplan da terra ao mar retiran a auga quente superficial permitindo o ascenso de augas profundas frías e cargadas de nutrientes.

As augas profundas conteñen moitos nutrientes como nitratos e fosfatos que son produto da descomposición da materia orgánica afundida dende as augas

superficiais. Cando estos nutrientes son arrastrados á superficie son utilizados polo fitoplancto para xunto co CO2 e a luz realizar a fotosíntese. Esta

proliferación de produtores primarios arrastra a toda a cadea alimentaria do ecosistema.

Fitoplancton ->Zooplancton filtrador->Zooplancton predador->Peces filtradores->Peces predadores.

As máis importantes zonas de afloramento no mundo coinciden con este fenómeno e son as zonas de maior produción pesqueira. Son, ademáis das rías baixas galegas, a costa de Namibia e Sudáfrica en África, as costas de

Perú-Chile en Sudamérica…

RECURSOS DO MAR

RECURSOS DO MAR

Moluscos bivalvos: MEXILÓN

Moluscos bivalvos filtradores que viven formando comunidades máis u menos

numerosas fixados a un substrato.

Atópanse en zonas de mareas e por debaixo desta, pero sempre en zonas de pouca profundidade. Podemos atopalos en rochas pero o método tradicional de produción do mexilón é o cultivo en batea. Neste sistema, a semente do mexilón colócase sobre cordas que colgan dunhas plataformas flotantes, as bateas, situadas no interior das rías, onde permanecerán completamente somerxidas ata conseguir o peso comercial.

Moluscos bivalvos: AMEIXAS

Moluscos bivalvos de cuncha lisa e diferentes cores que viven soterrados a escasa

profundidade nos fondos areosos.

O marisqueo a pé persegue a obtención da moluscos presentes na praia (ameixa, berberecho) ou nas rochas (mexillón, percebe) nas fases de baixamar. Tamén se

chama ir á seca.O marisqueo a flote é o método adecuado para a

captura de moluscos que medran por debaixo da liña de marea. Consisten nun angazo que leva unido un copo de rede de corda ou de variñas metálicas , e dotado dunha

longa vara ou mango que pode chegar a medir 8-9 metros. O mariscador lanza a arte ó mar e achégaa cara a chalana arrastrándoa contra o fondo, de modo que no copo van quedando os moluscos. Chámase ir ao raño.

AmeixasO cultivo destos bivalvos consiste no coidado dos fondos areosos eliminando depredadores como as estrelas de mar ou algas que impiden a entrada de osíxeno, árase o fondo para osixenar o substrato e, cando a poboación de xuveniles é moi alta, recóllense e sémbranse noutra parcela.l

Aos moluscos correspóndelles a cadea trófica máis corta e produtiva do mar, posto que a súa alimentación é gratuita e o rendemento do cultivo elevado.

Na ría de Arousa cultívanse tres tipos de ameixas diferentes:

- A ameixa fina ou de carril, a de maior calidade e valor no mercado. Presenta liñas moi finas na cuncha que forman cuadriños.

-A ameixa babosa, de calidade similar á fina pero máis delicada. Distínguese da fina por presentar os sifóns unidos en toda a súa lonxitude, a diferencia da fina.

-A ameixa xapónica de liñas moi marcadas que forman cuadrículas máis visibles que na fina. Sifóns unidos ata a metade da súa lonxitude.

Outros bivalvos: berberecho e navallas.A navalla é un molusco bivalvo

de gran tamaño característico pola súa forma. No longueirón as valvas son rectangulares e na navalla algo curvadas. Viven soterrados a pouca profundidade na area do interior das rías. Alí é capaz de escavar grandes buratos onde se esconde de posibles depredadores. Aliméntase, ao igual que o resto dos bivalvos, do plancto que filtra a través dos seus sifóns.

A captura da navalla realízase buceando a pulmón, detectándose polos pequenos montonciños de area en forma de oito que deixa ao soterrarse.O berberecho é un

molusco pequeno, case circular, que vive en fondos fangosos ou de area fina próximos ás costas. Aliméntase de diminutas algas e microorganismos que atopa no medio areoso.

Captúrase con rastro a flote ou con raño, aínda que tamén se fai a pé cando se colleita en viveiros nas praias.

Valores naturais

Dúas Illas da Ría de Arousa, Sálvora e Cortegada, están incluídas no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas (xunto con Cíes e Ons nas rías de Pontevedra e Vigo).

Preténdese protexer con esta figura ecositemas mariños, cantís, ecosistemas de praia, sistemas dunares, matorrais costeiros atlánticos e mediterráneos e toda a flora e fauna asociada a eles. Cortegada conta ademáis co bosque de laurisilva máis grande de Europa.

Punta Carreirón, na Illa de Arousa, pertence ao Complexo intermareal Umia-O Grove, zona onde se mesturan a agua doce do río Umia coa salgada do océano Atlántico dando lugar a un impresionante conxunto de ecosistemas formados por grandes areais, chairas intermareais, marismas e a única lagoa costeira da provincia de Pontevedra. Conta con varias figuras de protección como zona Ramsar, ZEPA, LIC…

Vexetación de duna. Adaptacións.As plantas de duna está sometidas á dureza das condicións ambientais,

vento, salinidade e alta insolación. Para adaptarse desenvolven estratexias como pilosidade branca, raíces profundas ou follas carnosas.Othantus maritimus (carrascas de San Xoán). Pilosidade

branca.

Eryngium maritimum (cardo de ribera) . Raíces

largas de ata 5 metros e follas con

espiñas.

Cakile maritima (eiruga de mar). Follas

carnosas.

Aves limícolas.Aliméntanse de pequenos invertebrados, crustáceos e moluscos, presentando

picos de diferentes lonxitudes e curvaturas segundo o seu nicho ecolóxico.

Actitis hypoleucos

(bilurico bailón)Numenius arquata (zarapito real)

Limosa limosa (agulla)

Calidris alpina (Correlimos, mazarico).

Corremos o risco de perda de biodiversidade (este ano é o da conservación da biodiversidade) por:

1. Sobreexplotación (sobrepesca ou furtivismo). 2. Destrución de hábitats (urbanismo e turismo).

3. Introdución de especies exóticas.

Carpobrotus edulis (uña de gato) : planta invasora

ampliamente estendida polas dunas de Carreirón e todas as zonas costeiras. É

orixinaria de Sudáfrica, plantouse como ornamental polas súas vistosas flores, e debido ao seu crecemento expansivo que forma como un tapiz, non deixa espacio

para as especies autóctonas, as cales entran

en regresión.

VINDE A VISITARNOS