Aliadas: un mapa da memoria da Ría de Arousa - candieira.netcandieira.net/mapa-arousa.pdf ·...

1
Aliadas: un mapa da memoria da Ría de Arousa O feito de ter fotografías de mulleres traballando no mar é moi importante xa que nos da visibilidade. “A valenciana” é unha muller (agora xa está xubilada), que era das mellores tripulando o barco achegándoo ás zonas onde apañar o percebe. É un traballo moi arriscado e hai que ser moi precisa nos movementos do barco. Rita foi unha das primeiras mulleres que entrou como socia na cooperativa. “A viúva do Viñas”, á que non lle coñecemos o seu nome propio, encordando nunha competición nas festas do marisco, onde a participación das mulleres non era habitual. Non podemos esquecer mencionar ás avoas, a quen lles tocou vivir un tempo moi complicado e moitas atoparon no mar un medio de subsistencia onde cultivar ostras, berberechos e ameixas para logo comercializalas para sacar as súas familias adiante. Pepita era unha desas mulleres que pasaba as tardes sentada na porta da súa casa, e tiña ademais un cabelo longuísimo. Cada ano o cortaba para que se puxese na imaxe da Virxe de Cortegada. Na procesión, a imaxe da Virxe cruza o mar e agora as mulleres tamén participan levando a imaxe. “O barco de Jacinto”. Para as mulleres foi moi importante o cambio de mentalidade que se tiña con respecto á propiedade dos bens de traballo: antes pasaban de pais a fillos e nós traballabamos pero non tiñamos nada que fora noso. Agora, ademais de haber paridade no número de socios e socias da cooperativa, tamén somos propietarias e concesionarias de bateas e embarcacións. O barco de Jacinto era en realidade tamén da súa muller. Vilagarcía de Arousa foi un dos primeiros territorios onde houbo presencia de mulleres nos postos de responsabilidade das Confrarías. Aínda así, a día de hoxe temos que seguir demostrando o dobre ca eles. 2016. Formación da Asociación de mulleres do mar de Arousa, cuxos obxectivos prioritarios son: A profesionalización do sector / A visibilización das mulleres do mar / A posta en común de inquedanzas e estratexias / Fomentar a unión entre mulleres de tódolos sectores: mariscadoras, percebeiras, bateeiras, armadoras, conserveiras, etc. www.candieira.net candieirarede [email protected] REDE DE APOIO E PROMOCIÓN DAS MULLERES DO MAR candieira 3 3 1 2 4 4 5 5 6 7 8 2 6 7 8 6 Lugares Fitos Anécdotas Mulleres referentes Cortegada: o bosque de loureiros ou o bosque flotante. É un lugar especial e querido por toda a xente do mar , que sempre foi defendido por todas ao longo da súa historia. 1978. Así comezou a cooperativa no Grove. Entre os socios fundadores non houbo ningunha muller, pero elas sempre participaron aínda que non tivesen tanta visibilidade coma eles. Hainas que non se xubilan! Nela e Riquitola foron dúas mulleres sempre ligadas ao porto de Vilagarcía, xa que vendían o peixe que pescaban os seus homes. Como cambiaron as cousas! Lembrámonos que hai anos había tamén unha rapaza que vendía as xardiñas co cesto de vimbio sobre a cabeza, e nos pedía ás nenas e nenos que lle molláramos no mar o pano branco para manter fresco o peixe. 1

Transcript of Aliadas: un mapa da memoria da Ría de Arousa - candieira.netcandieira.net/mapa-arousa.pdf ·...

Page 1: Aliadas: un mapa da memoria da Ría de Arousa - candieira.netcandieira.net/mapa-arousa.pdf · Aliadas: un mapa da memoria da Ría de Arousa O feito de ter fotografías de mulleres

Aliadas: un mapa da memoria da Ría de Arousa

O feito de ter fotografías de mulleres traballando no mar é moi importante xa que nos da visibilidade.

“A valenciana” é unha muller (agora xa está xubilada), que era das mellores tripulando o barco achegándoo ás zonas onde apañar o percebe. É un traballo moi arriscado e hai que ser moi precisa nos movementos do barco.

Rita foi unha das primeiras mulleres que entrou como socia na cooperativa.

“A viúva do Viñas”, á que non lle coñecemos o seu nome propio, encordando nunha competición nas festas do marisco, onde a participación das mulleres non era habitual.

Non podemos esquecer mencionar ás avoas, a quen lles tocou vivir un tempo moi complicado e moitas atoparon no mar un medio de subsistencia onde cultivar ostras, berberechos e ameixas para logo comercializalas para sacar as súas familias adiante.

Pepita era unha desas mulleres que pasaba as tardes sentada na porta da súa casa, e tiña ademais un cabelo longuísimo. Cada ano o cortaba para que se puxese na imaxe da Virxe de Cortegada. Na procesión, a imaxe da Virxe cruza o mar e agora as mulleres tamén participan levando a imaxe.

“O barco de Jacinto”. Para as mulleres foi moi importante o cambio de mentalidade que se tiña con respecto á propiedade dos bens de traballo: antes pasaban de pais a fillos e nós traballabamos pero non tiñamos nada que fora noso. Agora, ademais de haber paridade no número de socios e socias da cooperativa, tamén somos propietarias e concesionarias de bateas e embarcacións. O barco de Jacinto era en realidade tamén da súa muller.

Vilagarcía de Arousa foi un dos primeiros territorios onde houbo presencia de mulleres nos postos de responsabilidade das Confrarías. Aínda así, a día de hoxe temos que seguir demostrando o dobre ca eles.

2016. Formación da Asociación de mulleres do mar de Arousa, cuxos obxectivos prioritarios son: A profesionalización do sector / A visibilización das mulleres do mar / A posta en común de inquedanzas e estratexias / Fomentar a unión entre mulleres de tódolos sectores: mariscadoras, percebeiras, bateeiras, armadoras, conserveiras, etc.

www.candieira.net candieirarede [email protected]

rede de apoio e promoción das mulleres do mar

candieira

3

3

1

2

4

4

5

5

6

7

8

2

6

7

8

6

Lugares

Fitos

Anécdotas

Mulleres referentes

Cortegada: o bosque de loureiros ou o bosque flotante. É un lugar especial e querido por toda a xente do mar , que sempre foi defendido por todas ao longo da súa historia.

1978. Así comezou a cooperativa no Grove. Entre os socios fundadores non houbo ningunha muller, pero elas sempre participaron aínda que non tivesen tanta visibilidade coma eles.

Hainas que non se xubilan! Nela e Riquitola foron dúas mulleres sempre ligadas ao porto de Vilagarcía, xa que vendían o peixe que pescaban os seus homes.

Como cambiaron as cousas! Lembrámonos que hai anos había tamén unha rapaza que vendía as xardiñas co cesto de vimbio sobre a cabeza, e nos pedía ás nenas e nenos que lle molláramos no mar o pano branco para manter fresco o peixe.

1