Post on 08-Jan-2020
AUTOINFORME DE SEGUIMENTO
Máster Universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación
Curso Académico: 2016-2017
Aprobado pola Comisión Académica do Máster o 23/03/2018
Aprobado pola Comisión de Calidade do Centro o 11/04/2018
2 de 51
■Datos da universidade e do título obxecto do seguimento ■Cumprimento do proxecto establecido
■ Dimensión 1. A xestión do título ■Criterio 1. Organización e desenvolvemento ■Criterio 2. Información e transparencia ■Criterio 3. Sistema de garantía de calidade
■ Dimensión 2. Recursos humanos ■Criterio 4. Recursos Humanos ■Criterio 5. Recursos materiais e servizos
■ Dimensión 3. Resultados de aprendizaxe ■Criterio 6. Resultados da aprendizaxe ■Criterio 7. Indicadores de satisfacción e rendemento
■Listaxe de evidencias e indicadores ■Modificacións do plan de estudos ■ Plan de Melloras
3 de 51
1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO
Denominación do título Máster Universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación
Mencións/Especialidades
- Especialidade en Xestión da Investigación e da Innovación - Especialidade en Desenvolvemento Económico Rexional e Local
Universidade responsable administrativa Universidade de Santiago de Compostela
En caso de títulos interuniversitarios, universidade/s participante/s -
Centro responsable Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Centro/s onde se imparte Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Rama de coñecemento Ciencias Sociais e Xurídicas
Número de créditos 60 ECTS
Profesión regulada NON
Modalidade de impartición Presencial
Curso de implantación 2009/2010
Data acreditación ex ante (verificación) 29/07/2009
Data renovación acreditación 08/07/2015
4 de 51
CUMPRIMENTO DO PROXECTO ESTABLECIDO
DIMENSIÓN 1. A XESTIÓN DO TÍTULO CRITERIO 1. ORGANIZACIÓN E DESENVOLVEMENTO: Estándar: O programa formativo está actualizado e implantouse de acordo coas condicións establecidas na memoria verificada. Analizar e valorar se o desenvolvemento do plan de estudos realizou conforme a memoria verificada e non se produciron incidencias graves, o que permitiu unha correcta adquisición das competencias por parte dos estudantes.
1.1.- O título mantén o interese académico e está actualizado segundo os requisitos da disciplina, avances tecnolóxicos e científicos, necesidades socioeconómicas e requisitos da profesión.
Aspectos a valorar: • O perfil formativo/egreso do título mantén a súa relevancia e está actualizado segundo os requisitos do seu ámbito
académico, científico e profesional e, no seu caso, segundo as necesidades e requisitos da profesión regulada. Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: O Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación ten carácter anual (60 créditos ECTS) e
presencial. Impártese de xeito continuado dende o curso académico 2009-2010.
O plan de estudos implantouse de acordo co establecido na memoria inicial verificada en 2009, as
modificacións incorporadas nos informes de seguimento anual por non ter carácter substancial e, a
modificación do plan de estudos verificada en abril de 2016. Como consecuencia do proceso de
revisión do título, no curso 2016-2017 implantouse a segunda edición do título.
No proceso de modificación da memoria inicial do título (verificada no ano 2009) realizado no curso
2015-2016 aproveitouse para actualizar a memoria do título, incorporando os cambios necesarios nas
guías docentes das materias que conforman o plan de estudos, así como outras modificacións de
carácter menor explicadas nos anteriores informes de seguimento (cambio de materias optativas,
cambio do cuadrimestre de impartición dalgunha materia ou redución das prazas ofertadas). Para
facilitar a tarefa de actualización das guías docentes para incluílas na memoria actualizada do título,
enviouse ao profesorado un modelo coa información básica que tamén trataba de homoxeneizar as
guías das materias. Así, a nova memoria trata de recoller as modificacións nos contidos, metodoloxías
e competencias, consecuencia do proceso de reflexión continuo na Comisión Académica, as reunións
de coordinación entre o profesorado e as reunións co alumnado. Ademais tratouse de evitar o
solapamento de contidos entre diversas materias, así como de realizar a necesaria actualización de
contidos e bibliografía.
A adquisición polo alumnado das competencias previstas considérase axeitada, como acreditan a
valoración dos egresados e a súa inserción laboral. Asemade, os egresados recomendan a realización
do máster aos seus compañeiros ou coñecidos. O máster elaborou unha enquisa que se lles enviaba
aos egresados dous anos despois de finalizar o máster, co obxectivo de coñecer a súa valoración sobre
a formación, competencias e coñecementos que lle proporcionou o máster, a utilidade para a súa
5 de 51
actividade profesional e recoller as súas suxestións de mellora. Nesa enquisa tamén se preguntaba
pola súa inserción laboral. Dita enquisa enviouse aos egresados por última vez en 2016, pola carga de
traballo que supón e para evitar duplicar esforzos, porque a USC comezou a elaborar unha enquisa
dirixida a egresados.
A denominación do título reflicte os principais contidos e refírese ás dúas especialidades que o
conforman (Xestión da Investigación e da Innovación e Desenvolvemento Económico Rexional e
Local). O máster presenta orientación académico-profesional e investigadora.
A xustificación do título incluída na memoria verificada resulta axeitada. A titulación oriéntase a
formar persoal especializado nos eidos da innovación e do desenvolvemento económico, social e
sustentable, no ámbito sectorial, local e rexional, destinados tanto ao ámbito público como ao
privado. Asemade, prepara para o deseño e fortalecemento de estratexias de desenvolvemento
territorial e sectorial, e planeamento local e rexional, de I+D e innovación; prestando especial
atención ao caso galego. Polo tanto, trátase de temáticas de grande interese e relevancia para o
desenvolvemento económico, social e ambiental de Galicia, que se poden considerar de carácter
estratéxico. No curso 2016-2017 hai que destacar a relevancia dada a unha temática novidosa e
relevante como a economía circular. Ademais da súa inclusión nos contidos dalgunhas materias,
propúxose un bloque de temas relativos á economía circular para a elaboración de traballos fin de
máster, así como entidades para realizar prácticas que desenvolven prácticas de economía circular.
Diversas instancias políticas, científicas e profesionais manifestan a necesidade de contar con
formación especializada avanzada nos eidos da innovación e o desenvolvemento. Ese interese
maniféstase por exemplo, na colaboración da Axencia Galega de Innovación, que ademais de
continuar acollendo a estudantes do máster en prácticas e impartindo algunha conferencia, ofreceu
financiamento no curso 2016-2017 destinado a bolsas para cubrir parcialmente a matrícula do máster.
Así ofertáronse ata 10 bolsas de matrícula de 600 euros, concedéndose dúas ás únicas persoas que o
solicitaron, unha vez comprobado que reunían os requisitos. Asemade, no curso 2016-2017 asinouse
un Convenio coa Deputación da Coruña, para financiar distintas actividades relacionadas co máster,
dende a realización de xornadas e conferencias, ata axudas ao transporte para a realización de
prácticas fóra da área de Santiago de Compostela, premios aos dous mellores traballos fin de máster
ou 5 bolsas de matrícula de 700 euros para o curso 2017-2018. Estas axudas mantéñense vixentes na
actualidade.
Outras institucións e Universidades tamén detectan a necesidade de ofrecer esta formación,
especialmente no ámbito latinoamericano. Así sucede coas Universidades ecuatorianas Escuela
Politécnica del Ejército (ESPE) e Escuela Superior Politécnica de Chimborazo (ESPOCH), que teñen
6 de 51
asinado un convenio con este título.
Os procedementos de consulta utilizados para a planificación e actualización da titulación son
axeitados. A ampla experiencia do equipo docente en posgrao e doutoramento e, a súa interacción
académico-científica ao longo de anos de investigación e asesoramento á administración e outras
entidades, contribuíu á solidez da titulación. Ademais contouse coa colaboración de profesorado dos
Departamentos implicados e doutras Universidades españolas e estranxeiras.
No ámbito das consultas externas, ofértanse títulos de posgrao de contidos semellantes a este máster
en Universidades de prestixio, tanto españolas como estranxeiras. Tamén destacan as conversas con
persoas de ampla experiencia nas temáticas do desenvolvemento económico e da innovación, dende o
ámbito académico ou profesional. As canles de consulta mantéñense abertas para valorar o
funcionamento da titulación e identificar novas demandas e necesidades. Así, aprovéitanse as visitas
tanto de profesorado como de expertos españois e estranxeiros para coñecer a súa valoración, as súas
necesidades actuais e futuras e as tendencias que se detectan noutros territorios, por se fora preciso
realizar algunha modificación ou adaptación. Os profesores da titulación nas súas visitas a outras
Universidades ou eventos científicos interésanse pola existencia de titulacións semellantes,
preguntando polos seus contidos, o seu funcionamento e as necesidades que están. Tamén se consulta
coas entidades (empresas e institucións públicas) nas que os estudantes realizan as prácticas.
O título mantén o interese académico e está actualizado como mostra o incremento notable da súa
demanda no curso obxecto de seguimento, que continuou no curso 2017-2018. Os indicadores de
demanda analízanse no apartado 7.1.
Os resultados da enquisa de satisfacción do alumnado coa titulación, implementada como proxecto
piloto no curso 206-2017, mostran unha elevada satisfacción coa titulación, que tende a presentar
valores superiores á media da USC nos distintos ítems. Así sucede nos tres ítems de orientación ao
alumnado (información e orientación recibida na titulación, atención profesional e laboral e, atención
ao alumnado con necesidades especiais), acadando puntuacións que oscilan entre o 3,14 e o 3,20.
Na enquisa de satisfacción do profesorado coa titulación, os ítems relacionados coa orientación ao
alumnado acadan unha valoración elevada, sempre superior á media da USC, destacando coa maior
puntuación a difusión das actividades extracurriculares entre o alumnado.
En relación coa materia Prácticas Externas, no curso 2016-2017, asináronse catro novos convenios de
colaboración para a realización de prácticas coas empresas Faz Consultora, Teimas, Biogas e JJ
Chicolino.
O número de alumnos que realizaron prácticas no curso 2016-2017 foi de trece. Debe terse en conta
que nese curso só tres alumnos de novo ingreso optaron pola orientación investigadora. Dos once
7 de 51
titulados no curso 2016-2017, oito realizaron prácticas. Iso indica que o 72,73% dos egresados nese
curso, realizaron prácticas ao longo dos seus estudos de máster. Tres persoas egresadas non realizaron
prácticas porque seguiron a orientación investigadora. Polo tanto, a meirande parte dos estudantes
realizan prácticas no máster, salvo os estudantes que seguen a orientación investigadora, que son
poucos estudantes nos últimos cursos. Ademais, a unha estudante recoñecéronselle as prácticas no
curso 2016-2017, por desenvolver na súa actividade laboral as competencias que deben adquirir os
estudantes do máster nas prácticas.
A Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade elabora unha enquisa sobre a satisfacción coas
prácticas, que dende o curso 2013-2014 se dirixe a estudantes, titores académicos e titores externos na
entidade colaboradora na realización de prácticas. Tanto os estudantes como os titores académicos e
os titores nas entidades nas que se realizan as prácticas (empresas e institucións públicas), manifestan
un alto grao de satisfacción coas prácticas. Así, a satisfacción dos estudantes co programa de prácticas
externas é elevada, situándose en 3,51; e a de titores profesionais en 4,06 (a valoración máxima é 5).
Estes datos serán comentados con máis detalle no criterio 7. Todos os axentes consideran que o tempo
de prácticas é moi reducido e que para un mellor aproveitamento deberían ser máis horas. Así o
reflicten diversas evidencias (memorias e informes correspondentes, conversas e enquisas).
En canto aos procedementos de acollida e orientación aos estudantes de novo ingreso, ademais dos
procedementos xerais da USC e do centro no que se imparte a titulación, cabe destacar que o equipo
coordinador do máster organiza unha xornada de presentación e benvida aos estudantes ao inicio do
curso. Nesa xornada, ademais do coordinador do máster, participa o profesorado e o alumnado do
máster. O obxectivo é ofrecer información xeral sobre cuestións académicas e resolver as dúbidas dos
estudantes (administrativas, de matrícula, sobre as materias, especialidades ou orientacións que oferta
o máster). Tamén se lle entrega unha carpeta co nome e logo do máster na que se inclúen os hoarios
semanais e información de interese académico, administrativo e de carácter práctico (calendario
académico, prazos de cambio de matrícula, solicitude de matrícula a tempo parcial, existencia de
taboleiro de anuncios, aula virtual e correo electrónico propios, información sobre outros servizos).
Ante a dificultade de entender os horarios a través da web institucional, ao presentarse a información
por tipo de sesión (expositiva e interactiva), o equipo coordinador do máster facilita os horarios
semanais e unha ficha resumo. Ademais, infórmaselle aos estudantes da existencia de servizos (como
a Unidade de Xestión Académica, o Centro de Orientación Integral ao Estudante, a Oficina de
Información Universitaria, o Servizo de Participación e Integración Universitaria ou a Oficina de
Relacións Exteriores), aos que poden dirixir as súas consultas. Ao longo do curso, infórmase aos
estudantes sobre bolsas e axudas para realizar a titulación ou completar a súa formación, ou sobre
8 de 51
xornadas que poidan ser do seu interese.
1.2.- O plan de estudos desenvolveuse seguindo a oferta de módulos e materias previstas na memoria verificada. Aspectos a valorar: • A oferta de módulos e materias correspóndese co establecido na memoria de verificación e, se é o caso, nas
sucesivas modificacións. • O Desenvolvemento das actividades académicas, metodoloxías docentes, sistemas de avaliación e cualificación,
correspóndense co establecido na memoria de verificación e permite a consecución das competencias. O tamaño dos grupos é adecuado ás actividades formativas.
• No seu caso, o curso de adaptación cumpre a súa función en canto á adquisición de competencias e coñecementos, por parte dos estudantes que os cursen e adecúase ao establecido na memoria de verificación do título.
• Participación do alumnado en programas de mobilidade. Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: O plan de estudos desenvólvese segundo o establecido na memoria actualizada verificada en 2016. A
programación docente, a planificación e a avaliación das materias, o deseño das actividades
interactivas e a organización de actividades complementarias contribúe á adquisición das
competencias xerais e específicas.
O desenvolvemento individual de cada materia atópase recollido nas Guías Docentes, nas que se
indican os contidos, competencias, metodoloxía, sistema de avaliación, tempo de traballo. As guías
docentes están dispoñibles antes do inicio da matrícula e son revisadas e aprobadas anualmente pola
Comisión Académica, seguindo o calendario de planificación académica anual establecido pola
propia universidade.
As competencias propostas na memoria son coherentes co deseño do plan de estudos, sendo
traballadas e avaliadas en distintas materias. As materias Prácticas Externas e Traballo Fin de Máster
(TFM) permiten avaliar dun xeito integral a adquisición das competencias que deben acadar os
egresados.
A docencia está organizada en clases presenciais, de carácter expositivo e interactivo. Algunhas
materias impártense na aula de informática. Ao longo do curso tamén se organizan conferencias,
seminarios e visitas. No curso 2016-2017 o máster participou na convocatoria de prácticas de campo
da Vicerreitoría de Oferta Docente e Innovación Educativa. Esa axuda destinouse a realizar unha
visita ao centro tecnolóxico AIMEN e á empresa CZ Veterinaria o día 16 de maio de 2017.
O número de estudantes por grupo no título é unha medida da eficiencia do uso dos recursos
humanos. Á hora de interpretar estes datos debe terse en conta que a titulación presenta dúas
especialidades, ofertando cada unha delas nove materias, tendo que cursar o alumnado só sete desas
materias. Polo tanto, a análise deses indicadores desagregada por materias mostraría valores máis
elevados nas materias obrigatorias. O número medio de estudantes no curso 2016-2017 foi de 12,10
9 de 51
por grupo de teoría (fronte ao 9,23 do curso anterior) e de 11,64 por grupo de docencia interactiva
(fronte ao 9,42 do curso anterior). Fronte á tendencia á redución destes indicadores que se viña
observando nos últimos cursos, no curso 2016-2017 a tendencia foi ao incremento, como resultado do
aumento do número de matriculados.
Como resultado do proceso continuado de reflexión sobre o funcionamento da titulación, a Comisión
Académica acordou no ano 2014 modificar o plan de estudos da titulación no referido a dúas materias
optativas ofertadas na especialidade de Desenvolvemento Rexional e Desenvolvemento Local. O
obxectivo era ofertar novas materias optativas con contidos máis acaídos ao perfil e competencias do
máster, co obxectivo de darlle unha orientación máis aplicada e cuantitativa e incrementar a demanda
desa especialidade. As novas materias ofertadas son Modelos Econométricos e Análise de Datos
Rexionais, e Estrutura Sectorial e Territorial da Economía Galega; e deixan de ofertarse as materias
optativas Economía Pesqueira e Crecemento Económico e, Infraestruturas e Sistemas de Transporte;
todas de 3 créditos ECTS. Dito cambio implementouse no curso 2014-2015. Asemade, proponse
incorporar unha nova materia como complementos de formación (Introdución á Econometría de 3
créditos ECTS) con carácter obrigatorio para aqueles estudantes que non procedan das titulacións de
Economía ou ADE. O obxectivo desta materia de nivelación é ofrecer formación teórico-práctica no
campo da econometría que lle permita aos estudantes ler e entender traballos empíricos de tipo
cuantitativo no ámbito da Economía en xeral; e poder facer modelización econométrica básica nos
distintos ámbitos da Economía, e de forma especial no campo do desenvolvemento económico e a
innovación. A inclusión desta materia considerouse unha modificación substancial do título, que se
implementa no curso 2016-2017. Nesa modificación do título, seguindo as recomendacións do
informe, tiveron que modificarse as materias TFM, para que todos os estudantes debesen cursar unha
materia común coa mesma carga docente. Así, como resultado do cambio, todos os estudantes teñen
que cursar a materia P3131114 Traballo Fin de Máster de 6 créditos ECTS. Ademais as persoas que
opten pola orientación investigadora, cursarán a materia P3131113 Materia Complementaria do TFM-
Orientación Investigadora, de 6 créditos ECTS.
O plan de estudos do título inclúe tres materias de nivelación (Introdución á Economía, Introdución á
Empresa e Finanzas e, Introdución á Econometría), que deben que cursar todas as persoas
matriculadas que non sexan tituladas en Economía ou Administración e Dirección de Empresas e que
non teñan coñecementos previos sobre esas áreas. A materia Introdución á Econometría incorporouse
no plan de estudos no curso 2016-2017, tendo en conta que dende o curso 2014-2015 hai unha nova
materia optativa relacionada coa Econometría (Modelos Econométricos e Análise de Datos
Rexionais) e tamén porque pode facilitar a súa comprensión de traballos académicos e da análise
10 de 51
económica.
Non se teñen detectado dificultades especiais por parte dos estudantes procedentes de titulacións que
non sexan Economía e Administración e Dirección de Empresas. Pola contra, ese perfil variado é un
aspecto valorado moi positivamente por todos os colectivos implicados na titulación.
Con respecto á mobilidade entrante, debe indicarse que no curso 2016-2017 recibiuse un estudante de
mobilidade por convenio con outras Universidades procedente de México (da Universidade de
Guadalajara), que estivo matriculada só nalgunha materia do máster, o que supón o 3,7 % do total de
matriculados no máster nese curso. O grao de satisfacción dos estudantes entrantes cos programas de
mobilidade na Facultade na que se imparte o título é moi elevada ao acadar unha puntuación de 4,0
sobre 5 no curso obxecto deste informe de seguimento.
Aínda que o máster participa no programa Erasmus, tendo asinado convenios con dúas Universidades
italianas (Bari, Padua), non se envían alumnos de mobilidade. Este feito explícase polas dificultades
de realizar a mobilidade Erasmus para unha titulacións de máster de carácter anual, debido á
dificultade de atopar contidos semellantes que se impartan no período de realización dos estudos
noutro país.
A enquisa de satisfacción do alumnado coa titulación, que se iniciou como experiencia piloto no
curso 2016-2017, inclúe un apartado sobre planificación e desenvolvemento da docencia. O título
acada unha puntuación elevada nos sete ítems. As menores puntuacións acádanse na proporción entre
sesións teóricas e prácticas na titulación (2,43) e nos horarios da titulación (2,86), únicos items nos
que o valor da titulación é algo inferior á media da USC. En todos os demais ítems acádase unha
puntuación mínima de 3,14. As puntuacións máis elevadas acádanse no desenvolvemento das
ensinanzas da titulación (3,83) e na información dispoñible sobre o desenvolvemento do ensino e a
avaliación da aprendizaxe (3,71). Asemade, estes dous ítems son notablemente superiores á media da
USC.
A enquisa de satisfacción do profesorado coa titulación, inclúe unha cuestión sobre as competencias
adquiridas polo alumnado, na que se acada unha puntuación elevada, de 4,17; sendo aínda máis
elevada a valoración da adecuación das competencias do título co desenvolvemento profesional do
alumnado.
1.3.- O título conta con mecanismos de coordinación docente que permiten analizar se o desenvolvemento do plan de estudos posibilita a adquisición das competencias por parte dos estudantes e, no seu caso, se establecen as accións de mellora oportunas. Aspectos a valorar: • A coordinación horizontal e vertical entre as diferentes materias do plan de estudos evita baleiros e duplicidades. • No caso de que o título se imparta en varios centros da Universidade ou sexa interuniversitario, analizarase o
funcionamento dos mecanismos de coordinación entre todos os centros/Universidades que imparten o plan de estudos.
• No caso de que existan prácticas externas, valorarase se os mecanismos de coordinación permiten aos estudantes
11 de 51
alcanzar as competencias asociadas a estas prácticas. • No caso de que o título se imparta en varias modalidades (presencial, a distancia, semipresencial) valorarase a
coordinación docente entre as modalidades, co fin de que os estudantes podan alcanzar as mesmas competencias con independencia da modalidade cursada.
Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: Este máster non é un título interuniversitario e só se imparte en modalidade presencial.
Dado que é un título de só un curso académico, os esforzos céntranse na coordinación horizontal. O
coordinador do título establece os mecanismos para a coordinación docente.
A preocupación pola calidade e bo funcionamento da titulación, maniféstase na reflexión continua
realizada pola Comisión Académica para valorar a titulación e formular propostas de mellora, co
obxectivo de que os estudantes acaden o máximo aproveitamento da titulación. Asemade, maniféstase
nas reunións celebradas periodicamente, tanto da Comisión Académica, como do profesorado, do
estudantado e mixtas profesorado-estudantado.
A coordinación docente efectúase mediante reunións do profesorado e tamén entre a coordinación do
máster e o profesorado, en grupo e individualmente, para o seguimento da titulación e avaliación do
seu funcionamento, para coordinar contidos e competencias, así como para propoñer as melloras
oportunas. Como vén sendo habitual dende a implementación do máster, hai reunións co profesorado
ao principio do curso para presentar o perfil do novo alumnado e coordinar as materias (en contidos,
competencias e carga de traballo dos estudantes), centrándose especialmente nas do primeiro
cuadrimestre; ao final do primeiro cuadrimestre co obxectivo de realizar un mellor seguimento da
titulación, a coordinación das materias do segundo cuadrimestre (incluíndo Prácticas e Traballo Fin
de Máster), valorar os resultados obtidos polos estudantes, informar das actividades previstas
(conferencias, visitas,…) e calquera outra incidencia, modificación ou mellora que se considere; e
outra no mes de xullo para valorar o funcionamento xeral da titulación, o rendemento dos estudantes,
preparar o novo curso e plantexar posibles melloras. Tendo en conta a dificultade de poder reunirse
simultaneamente co conxunto do profesorado, a información relevante sobre os aspectos
mencionados transmítese por correo electrónico e a coordinación do máster ten reunións individuais
ou en grupo co profesorado da titulación para ter un maior coñecemento sobre o desenvolvemento do
curso.
Tamén se promoven reunións entre o profesorado das materias máis relacionadas, para evitar
solapamentos de contidos ou que haxa contidos relevantes que queden sen cubrir. Ademais hai
reunións co profesorado responsable de titorizar as materias Prácticas e Traballo Fin de Máster para
abordar as cuestións específicas destas materias. A comunicación entre os titores académicos e
profesionais céntrase nos aspectos referidos ao plan formativo e desenvolvemento de habilidades e
competencias transversais.
12 de 51
No curso 2016-2017 realizouse unha primeira reunión co profesorado o día 05 de outubro de 2017,
como se recolle na acta de 27 de setembro de 2017.
Por outra banda, a opinión dos estudantes recíbese fundamentalmente a través dos seus dous
representantes na Comisión Académica, que transmiten os comentarios das reunións periódicas que
ten o alumnado da titulación. Tamén se celebraron reunións entre a coordinación do máster e o
alumnado para coñecer a súa valoración da titulación, as debilidades e dificultades que detectan e as
propostas de mellora. Como resultado dese proceso de diálogo co alumnado, a principal queixa é a
acumulación de tarefas das distintas materias en determinadas semanas.
Ademais de continuar co esforzo de coordinación entre as distintas materias, pediuse ao profesorado
que se informara ao comezo de cada materia das datas previstas de entrega de traballos e a realización
de actividades para que se poidan organizar mellor. Tamén se solicitou ao profesorado, que con
carácter xeral, non se pediran máis de dúas actividades por materia, salvo que foran tarefas de
pequena dimensión ou obrigadas para o correcto desenvolvemento das materias. Hai que ser
conscientes do elevado número de materias e de que o conxunto das materias con docencia presencial
(agás Prácticas e TFM) só teñen 3 créditos ECTS.
A enquisa de satisfacción do alumnado coa titulación, no apartado de planificación e
desenvolvemento da docencia inclúe unha cuestión referida á coordinación entre as materias do plan
de estudos. O título acada un valor de 3,14 (sobre 5), valoración superior á media da USC (2,63).
A enquisa de satisfacción do profesorado coa titulación, iniciada no curso 2016-2017 como proxecto
piloto tamén inclúe unha cuestión referida á coordinación entre as materias do plan, ítem no que se
acada unha puntuación de 4,20, superior á valoración media da USC (3,64).
Ao longo do curso 2016-2017 valorouse a posibilidade de designar coordinadores de módulos ou
especialidades, acción que se implementará no curso 2017-2018.
1.4. Os criterios de admisión aplicados permiten que os estudantes admitidos teñan o perfil de ingreso adecuado para iniciar estes estudos. Aspectos a valorar: • Coherencia entre o perfil de ingreso establecido na memoria verificada e o perfil real do estudantado matriculado no
título. • No seu caso, os complementos de formación compren a súa función en canto á nivelación e adquisición de
competencias e coñecementos por parte dos estudantes que os cursen. Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: O perfil do alumnado por titulación tamén é variado. A maior parte dos estudantes (13) proceden das
titulacións de ADE e Economía. Hai 10 titulados en Economía (6 recén graduados), hai tres persoas
licenciadas en Administración e Dirección de Empresas, unha enxeñeira comercial, dúas persoas
licenciadas en Ciencias Políticas e da Administración, un graduado en Relacións Laborais e Recursos
Humanos da Universidade de Vigo, unha licenciada en Ciencias do Traballo, un licenciado en
13 de 51
Ciencias Físicas, unha licenciada en Psicoloxía, un licenciado en Ciencias e Artes da Comunicación,
unha licenciada en Español e outra en Literatura.
Seis graduados na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC no curso 2015-2016
matriculáronse no máster no curso obxecto de seguimento (2016-2017). A relación entre o número
total de estudantes de máster matriculados no centro e os graduados do centro é de 0,57. Asemade, o
55,56% do alumnado matriculado no máster no curso 2016-2017 é egresado da USC, valor superior
ao 36% do curso anterior. A taxa de transición de grao a máster, que indica a porcentaxe de alumnado
que, ao rematar un grao da USC, comeza un máster da USC no curso inmediatamente posterior ao da
finalización do grao, é do 39,53%.
Entre o alumnado de novo ingreso do curso 2016-2017, hai cinco persoas procedentes de países
estranxeiros (dúas de China, unha de Brasil, unha de Ecuador e unha de Perú. Polo tanto, os
estudantes estranxeiros representan o 18,52% do total de matriculados. Ademais, dous estudantes de
novo ingreso no curso 2016-2017 proceden doutra Comunidade Autónoma (un de Asturias e outro de
Illas Baleares, se ben este estudante realizou o Grao na USC), representando o 7,41% do total de
matriculados.
Con respecto á especialidade, quince estudantes cursaron a especialidade de Xestión da Investigación
e da Innovación e, oito a de Desenvolvemento Económico Rexional e Local. Só tres estudantes de
novo ingreso seguen a orientación investigadora. Cinco dos novos estudantes matricúlanse a tempo
parcial (unha desas persoas accede ao máster na convocatoria do segundo cuadrimestre), aos que se
engaden dous estudantes que comezaran o máster a tempo parcial no curso 2015-2016. A
organización do máster asesora de xeito personalizado aos estudantes que se matriculan a tempo
parcial sobre as materias que poden seleccionar para unha mellor planificación dos seus estudos.
O plan de estudos do título inclúe tres materias de nivelación (Introdución á Economía, Introdución á
Empresa e Finanzas e, Introdución á Econometría), que deben cursar todas as persoas matriculadas
que non sexan tituladas en Economía ou Administración e Dirección de Empresas e que non teñan
coñecementos previos sobre esas áreas. Dende o curso 2016-2017 inclúese unha nova materia de
nivelación no plan de estudos: Introdución á Econometría, tendo en conta que dende o curso 2014-
2015 hai unha nova materia optativa relacionada coa Econometría (Modelos Econométricos e Análise
de Datos Rexionais) e tamén porque pode facilitar a súa comprensión de moitos traballos.
Non se teñen detectado dificultades especiais por parte dos estudantes procedentes de titulacións que
non sexan Economía e Administración e Dirección de Empresas. De feito, o perfil variado é un
aspecto valorado moi positivamente por todos os colectivos implicados na titulación.
A nota media de acceso dos preinscritos no curso 2016-2017 foi de 6,58. O 83,33% dos estudantes de
14 de 51
novo ingreso acceden á titulación cunha nota media igual ou superior a 6.
Con respecto ao acceso e admisión, ademais da realización das actividades previstas na memoria,
contémplanse máis aspectos, que supoñen unha importante dedicación por parte do equipo
coordinador do máster. A experiencia dende a implantación desta titulación mostra que a atención
requirida polo estudantado é moi alta ao longo de todo o proceso (dende o momento previo á
matriculación ata o seguimento durante o curso e posteriormente para ter en conta a opinión dos
egresados e coñecer a súa inserción laboral).
A información previa á matrícula é ofrecida a nivel institucional pola propia Universidade de
Santiago de Compostela. Ademais, o máster conta cunha páxina web propia1 con información útil e preguntas frecuentes sobre a titulación, que inclúe cuestións académicas e outros aspectos de interese (bolsas, prezos públicos, ligazóns, …). Dita páxina é xestionada polo equipo coordinador dende a implantación da titulación. Ademais, ofrécese a información personalizada demandada por correo electrónico, teléfono ou encontros presenciais con calquera persoa interesada na titulación. O máster
dispón dunha conta de correo electrónico propia2 para información e consultas e está presente nas
redes sociais (Facebook3, LinkedIn4, Twitter5, blog6).
Tamén hai que sinalar que o máster conta coa colaboración do persoal de apoio do grupo de
investigación vinculado a este título, para a colaboración nas tarefas de administración e organización
e, en particular, de atención ao alumnado.
Ademais de manter todas as accións de difusión aplicadas nos últimos cursos (como información a
través do centro, participación nas xornadas informativas sobre másters que organiza a Facultade e a
Universidade, correo personalizado ás persoas graduadas nas titulacións de acceso, potenciais
interesados, entradas no blog de egresados, ...)., intensificouse a utilización das redes sociais.
O sistema de selección e admisión do alumnado nos másters oficiais realízase de forma centralizada,
seguindo os criterios establecidos pola USC. Como se trata dun máster con límite de prazas e criterios
xerais de selección, no caso de que a matrícula sexa superior ás prazas ofertadas, para a adxudicación
de prazas teranse en conta as cotas de reserva, as prelacións segundo as titulacións de orixe e a
valoración do expediente académico. Dende a implantación do máster non houbo que aplicar estes
criterios de selección, sendo suficientes os criterios xerais.
1 http://www.usc.es/gl/titulacions/masters_oficiais/dein/ 2 masterdein@usc.es 3 https://www.facebook.com/pages/M%C3%A1ster-en -Desenvolvemento-Econ%C3%B3mico-e- Innovaci%C3%B3n/663851200374992?ref=bookmarks 4 http://es.linkedin.com/pub/coordinaci%C3%B3n-m%C3%A1ster-dein/35/316/438 5 @Master_DEIN 6 http://masterdein.blogspot.com.es
15 de 51
1.5.- A aplicación das diferentes normativas contribúe á eficiencia nos resultados do título. Aspectos a valorar: • A aplicación das distintas normativas (normativa de permanencia, os sistemas de transferencia e recoñecemento de
créditos, así como outras relacionadas coa avaliación, traballos fin de grao/máster, prácticas externas, ...) desenvólvense segundo o establecido nelas, tendo en conta as competencias previamente adquiridas polo estudante e as competencias a adquirir no título. Impacto delas nos resultados.
Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: As diversas normativas que afectan á organización e desenvolvemento do título aplícanse segundo o
establecido.
Con carácter xeral, destaca a normativa de interese para o alumnado da USC, entre a que se atopan as
normas de permanencia, os sistemas de transferencia e recoñecemento de créditos, normativa de
asistencia a clase, que incorpora como novidade a dispensa de asistencia a clase, regulación de
prácticas, normativa de matrícula, ...
A nivel de título, destaca o regulamento do Traballo Fin de Máster. A Comisión Académica do
Máster aprobou o 11 de decembro de 2013 o seu Regulamento de Traballos Fin de Máster, seguindo a
normativa entón vixente, aprobada polo Consello de Goberno de 2 de maio de 2013. Dito
regulamento foi aprobado polo Consello de Goberno da USC o 21 de febreiro de 2014 e aplicouse
dende o curso 2013-2014.
No curso 2016-2017 elaborouse un novo Regulamento de TFM do máster para adaptalo ao novo
Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na
Universidade de Santiago de Compostela, aprobado polo Consello de Goberno o 10 de marzo de
2016. Aínda está pendente de aprobación ao ter que realizar consultas derivadas do cambio do plan da
titulación, de xeito que a materia Traballo fin de Máster (6 créditos ECTS) é obrigatoria para todo o
alumnado matriculado no máster; e a Materia Complementaria ao TFM (6 créditos ECTS) é
obrigatoria para o alumnado que curse a orientación investigadora.
Unha das principais preocupacións da Comisión Académica do máster dende o primeiro curso de
implantación da titulación constitúea o limitado tempo dispoñible para a elaboración da memoria
correspondente ao Traballo Fin de Máster (de 6 ou 12 créditos ECTS). Debido á intensidade lectiva
do Máster (60 créditos ECTS, asistencia a clases ao ser un sistema de ensinanza presencial,
realización das diversas tarefas e traballos propostos nas distintas materias e exames) e, tendo en
conta que unha parte dos alumnos compatibilizan a titulación coa súa actividade laboral, un número
relevante de estudantes non defendía o Traballo Fin de Máster no curso de inicio. Os problemas que
causa a demora na defensa do Traballo Fin de Máster maniféstanse en que os estudantes non obteñen
o título do Máster; e tamén afecta ao normal funcionamento da titulación, non só polos resultados
acadados, senón pola carga de traballo que supón a xestión dos Traballos Fin de Máster con tantos
alumnos e a acumulación de tarefas para os titores. Nese sentido, a coordinación do título e a
16 de 51
Comisión Académica veñen implementando accións de xeito continuo, que se intensificaron dende o
curso 2013-2014, co obxectivo de incrementar o número de traballos fin de máster defendidos. Así,
cambiouse o procedemento de asignación de tema e director de traballo, sendo o profesorado o que
propón temas. Ese listado non é pechado, podendo aceptarse traballos propostos polo alumnado se
contan co aval dalgún profesor. Outras actuacións que se realizan son anticipar a asignación de tema e
titor; ou insistir na importancia de ir realizando o Traballo Fin de Máster ao longo do curso e non
deixalo para despois da avaliación do segundo cuadrimestre. Outra acción dirixida tanto aos titores
como aos membros dos tribunais avaliadores consiste en insistir na importancia de que ao valorar os
traballos sempre se teña presente a súa carga lectiva e o seu reducido peso no plan de estudos, ao
representar o 10% no caso do TFM de 6 ECTS e do 20% no caso do TFM de 12 ECTS. Polo tanto,
hai que ser consecuente con esa carga na dimensión e os resultados novidosos que se lle poden esixir
ao estudante na materia Traballo Fin de Máster. Trátase de evitar un desequilibrio entre o nivel de
esixencia e a carga de traballo que debe supoñer para o alumnado tendo en conta o peso desta materia
na titulación. Esa disconformidade resulta máis habitual e preocupante nos TFM de 6 ECTS. Debe
terse clara a diferenza en canto á esixencia entre o TFM-6 e o TFM-12. Así, suxírese que se trate de
apreciar o traballo realizado, sempre que conte con rigor académico, máis que penalizar porque non
se aborden algúns aspectos ou non se faga coa profundidade ou completitude dun traballo doutro tipo
como sería unha tese. Os principais aspectos que se deben valorar nos traballos son: que sexa un
traballo persoal orixinal, que estea ben estruturado e sexa coherente cos obxectivos plantexados e, que
se manexe a bibliografía axeitada.
Para a realización de prácticas é necesario ter asinado un convenio, seguindo o modelo establecido
pola USC: Antes de finalizar o primeiro cuadrimestre ofértase ao estudantado o listado de entidades
coas que hai convenio vixente para que expresen as súas preferencias. Varias entidades ofertan máis
dunha praza anualmente. Unha vez asignada a entidade para realizar as prácticas seguindo a
Normativa da USC e o procedemento establecido pola Comisión Académica do Máster, cada
estudante conta cun titor académico e cun titor profesional, para realizar o seu seguimento e
avaliación.
En relación co Plan de Acción Titorial, o equipo coordinador do máster e a Comisión Académica
asumen o papel titorial, actuando como canle directo na atención das necesidades de apoio e
orientación dos estudantes, dende que solicitan información sobre o máster e, durante todo o período
de estudos. Ao longo do curso rexístranse numerosas cuestións sobre o programa formativo e trámites
administrativos relacionados coas matrículas, prazos, taxas ou solicitudes de documentación. A
xestora do grupo de investigación tamén apoia en tarefas de apoio administrativo e de resolución e
17 de 51
DIMENSIÓN 1. A XESTIÓN DO TÍTULO CRITERIO 2. INFORMACIÓN E TRANSPARENCIA: Estándar: A institución dispón de mecanismos para comunicar de maneira adecuada a todos os grupos de interese as características do programa e dos procesos que garanten a súa calidade. Analizar e valorar se a información relevante sobre o título é pública e está dispoñible, en tempo e forma, para todos os axentes implicados nel (estudantes, empregadores, administracións educativas e outros grupos de interese). 2.1.- A institución publica, para todos os grupos de interese, información obxectiva, suficiente e actualizada sobre as características do título e sobre os procesos que garanten a súa calidade. Aspectos a valorar: • Publícase información suficiente e relevante sobre as características do programa formativo, o seu
desenvolvemento e os resultados alcanzados. • A información sobre o título é obxectiva, está actualizada e é coherente co contido da memoria verificada do título e
as súas posteriores modificacións. • Garántese un fácil acceso á información relevante do título a todos os grupos de interese. Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración:
A información relevante do título é pública e accesible para calquera dos grupos de interese
(estudantes, empregadores, administracións educativas e outros) na páxina web da Universidade7, na
do centro8 e na do propio máster9 nos prazos e forma establecidos pola institución. Dese xeito, garántese o acceso fácil a todos os grupos de interese. As distintas instancias con responsabilidade
neste eido, realizan un esforzo por manter a información actualizada.
Debe precisarse que a información correspondente ao título na páxina institucional depende dos
servizos centrais da Universidade. A información correspondente ao título na páxina institucional e
na do centro, así como a do SGC non é competencia da comisión do título. A Comisión Académica
do Máster transmite aos órganos competentes as propostas de mellora que se derivan do proceso de
seguimento do título.
Durante o curso 2015-2016 realizouse un importante proceso de mellora en accesibilidade e
simplificación da información pública, así como unha ampliación da información sobre o
7 http://www.usc.es/masteres/gl/masteres/ciencias-sociais-xuridicas/desenvolvemento-economico- innovacion 8
http://www.usc.es/gl/centros/ecoade/titulacions.html?plan=13109&estudio=13110&codEstudio=12705& valor=9 9 http://www.usc.es/gl/titulacions/masters_oficiais/dein/
consultas non académicas dos estudantes. No caso de non poder resolver directamente algunha
demanda dos estudantes, canalízase cara aqueles servizos ou persoas que, pola súa especialización e
perfil profesional, poidan atendelas de forma satisfactoria. A medida que avanza o curso, os titores
académicos de prácticas e os titores de Traballo Fin de Máster tamén contribúen a titorizar a
formación e especialización dos estudantes. Paralelamente, establécense as canles de comunicación
habituais e de apoio á docencia, como as titorías por parte do profesorado.
18 de 51
profesorado. Asemade, o centro (Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais) na súa propia
páxina inclúe unha ligazón a toda a información requirida. A finais do ano 2017 modificouse a web
institucional da USC, resultando máis intuitiva e flexible.
O máster conta dende a súa implantación cunha páxina web propia con información útil e preguntas
frecuentes sobre a titulación, tanto sobre cuestións académicas como sobre outros aspectos de
interese (bolsas, prezos públicos, ligazóns, …). Dita información actualízase periodicamente pola
organización do máster, en función das peticións de información e dúbidas recibidas. Esa
información compleméntase para os estudantes matriculados e profesorado da titulación cunha aula
virtual propia da coordinación do Máster, que contén información útil sobre a titulación e un
apartado de preguntas frecuentes. Ademais, ofrécese a información personalizada demandada ben a
través de correo electrónico, teléfono ou reunións presenciais con calquera interesado.
O Máster está presente en diversas redes sociais, como Facebook10, LinkedIn11 e Twitter12. Tamén
ten un blog e unha conta de correo electrónico propia13 para información e consultas.
A Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade, dende o curso 2013-2014 realiza unha
enquisa on-line sobre o grao de satisfacción dos egresados, na que se inclúen cuestións sobre a
información pública dispoñible. No curso 2016-2017 o grao de satisfacción dos egresados coa
información pública dispoñible foi de 3,20 (sobre 5), continuando a tendencia ao incremento
amosada nos dous últimos cursos. Tres dos egresados respostaron o cuestionario, o que supón unha
taxa de resposta do 18,75%, a pesar de que a organización do máster informou da realización da
enquisa tratando de fomentar a participación.
Como acción de mellora, proponse incrementar a taxa de participación na enquisa de satisfacción
cos egresados, informándolle do período de realización e transmitindo a importancia de contar coa
súa opinión.
10 https://www.facebook.com/pages/M%C3%A1ster-en -Desenvolvemento-Econ%C3%B3mico-e- Innovaci%C3%B3n/663851200374992?ref=bookmarks 11 http://es.linkedin.com/pub/coordinaci%C3%B3n-m%C3%A1ster-dein/35/316/438 12 @Master_DEIN 13 masterdein@usc.es
19 de 51
DIMENSIÓN 1. A XESTIÓN DO TÍTULO CRITERIO 3. SISTEMA DE GARANTÍA DE CALIDADE: Estándar: A institución dispón dun sistema interno de garantía da calidade formalmente establecido e implementado que asegura, de forma eficaz, a mellora continua da titulación. Analizar a implantación do Sistema de Garantía de Calidade (SGC) e valorar a súa contribución á mellora continua do título. 3.1.- O SGC posúe os mecanismos necesarios para recoller a información precisa, analizala, detectar debilidades e propoñer accións de mellora, realizando o seu seguimento. Aspectos a valorar: • Os procedementos que permiten recoller a información de forma continua, analizar os resultados e empregalos
para a toma de decisións e a mellora da calidade do título, desenvolvéronse de acordo ao establecido. • No caso dos títulos interuniversitarios ou dos títulos que se imparten en varios centros da Universidade, as accións
levadas a cabo como consecuencia da implantación do SGC están coordinadas en todos os centros participantes no programa formativo.
• Os procedementos de avaliación e mellora da calidade da ensinanza e o profesorado desenvolveuse de acordo ao establecido.
• O procedemento de suxestións e reclamacións desenvolveuse de acordo ao establecido.
20 de 51
Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: O SGC conta cos procedementos que lle permiten recoller e analizar a información e os resultados
relevante de forma continua, para o que se segue o manual de procedementos.
En relación aos mecanismos de consulta, o SGC conta cun procedemento específico para recoller a
satisfacción dos diferentes colectivos, se ben a súa implementación faise a nivel institucional. A
USC realiza periodicamente esas enquisas seguindo a planificación de cada curso académico aos
distintos grupos de interese (alumnado, egresados, profesorado, PAS, titores de prácticas
académicos e profesionais, ...). As respostas a estas enquisas e o resto de indicadores que elabora a
Área de Calidade e Mellora dos Procedementos da USC son empregados pola Comisión de título e
pola comisión de calidade para a revisión e mellora do programa formativo.
Tamén se recolle información sobre queixas e suxestións presentadas polo estudantado.
Á hora de reflexionar sobre este criterio, debe considerarse un dobre nivel: a comisión do título e a
comisión específica de calidade do centro.
A Comisión Académica do máster presta atención e recursos ao seguimento da calidade e ten
interese e motivación para a mellora do título, como se recoñece nos informes do proceso de
renovación da acreditación e nos informes anuais de seguimento avaliados. Así, realízase un
importante esforzo de recollida e sistematización de información sobre o funcionamento da
titulación e o estudantado e, de forma periódica organízanse reunións co profesorado, co
estudantado e mixtas, co obxecto de valorar o funcionamento da titulación, propoñer melloras e
introducir as modificacións que se consideren oportunas para a mellora da titulación.
Baseándose na experiencia dende a implantación do título e como consecuencia do proceso de
reflexión continuo na Comisión Académica, derivado da súa preocupación pola calidade, o bo
funcionamento da titulación e a súa mellora, producíronse algunhas modificacións nas materias que
conforman o plan de estudos, así como nos seus contidos, metodoloxías e competencias, para
mantelas actualizadas e evitar solapamentos con outras materias.
O segundo nivel corresponde á Comisión de Calidade da Facultade de Ciencias Económicas e
Empresariais. O Sistema de Garantía de Calidade do Centro deseñouse no curso 2010-2011,
seguindo as liñas xerais marcadas pola USC. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
traballa de xeito continuo para a mellor implantación e axuste do SGC ao contexto do centro,
introducindo os cambios necesarios e adaptándoo ás súas particularidades. Mostra diso é a
aprobación do Manual Simplificado do Sistema de Garantía Interna de Calidade do Centro pola
Comisión de Calidade delegada do Consello de Goberno da USC o 23 de marzo de 2015.
Deben destacarse os avances realizados na implantación do Sistema de Garantía de Calidade da
Facultade, se ben aínda é precisa unha revisión e unha mellor adecuación ás particularidades
21 de 51
propias deste Centro. Nese sentido, unha das principais accións de mellora relativa ao SGC no ano
2016 consistiu na elaboración e aprobación do Plan Estratéxico da Facultade, sendo aprobado pola
Área de Calidade e Mellora dos Procedementos da USC. Ademais, elaborouse a Memoria de
Calidade do Centro, que foi aprobada en xullo de 2016.
A Comisión de Calidade e Planificación delegada de Consello de Goberno aprobada o 22 de
febreiro de 2017 modificou o Sistema de Garantía de Calidade. Co obxectivo de acadar a
simplificación e a operatividade do SGC, procedeuse a un redeseño do SGC no ano 2018. Entre os
aspectos que se contemplan convén destacar o de dotar ao sistema dunha maior flexibilidade,
adaptándose ás necesidades específicas de cada centro.
O novo SGC contempla un manual do sistema para os centros, onde se detalla o alcance, a
estrutura para o seu desenvolvemento e os detalles do seu funcionamento, moi similar ao manual
simplificado co que actualmente contan todos os centros da USC. No prazo dun ano completarase a
adaptación en todos os centros.
Os indicadores relevantes para o título dos que se fai seguimento no SGC, así como a análise das
enquisas de satisfacción, analízanse nos criterios 4 (Recursos Humanos), 6 (Resultados da
aprendizaxe) e 7 (Indicadores de satisfacción e rendemento).
A enquisa de satisfacción dos matriculados coa titulación, iniciada no curso 2016-2017, inclúe un
apartado sobre xestión da calidade. O título acada unha boa valoración nos dous ítems: a
información pública dispoñible sobre a titulación (3,57, superior ao 3,16 da media da USC) e as
canles para realizar queixas, suxestións e/ou parabéns (3,14, superior ao 2,92 da media da USC).
A enquisa de satisfacción do profesorado coa titulación inclúe catro cuestións no bloque de xestión
da calidade. Todos os aspectos aparecen ben valorados, estando por riba da media da USC. A
puntuación máis baixa obsérvase nas vías de participación na mellora da calidade da titulación
(3,80 sobre 5); e a máis alta na información pública sobre calidade (4,40 sobre 5). 3.2.- A implantación do SGC facilita o seguimento dos títulos, a renovación da acreditación e garante a mellora continua permitindo a introdución de modificacións no título. Aspectos a valorar: • As accións de análise e revisión levadas a cabo desde o SGC permiten introducir modificacións para a mellora no
título. • O seguimento das melloras do título confirma que estas foron eficaces e que se conseguiron os obxectivos
formulados. • Os plans de mellora recollen as recomendacións dos diferentes informes derivados do proceso de verificación,
modificación, seguimento e renovación da acreditación. Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: Toda a información relativa á política de calidade é pública, podendo consultarse na web do centro,
no apartado de Calidade SGC. No curso 2013-2014 procedeuse a adaptar o SGC da Facultade en
base ao SGC marco simplificado da USC.
22 de 51
A Comisión de Calidade do centro e a implementación do SGC posibilita o proceso de seguimento,
modificación e acreditación do título así como a mellora continua desde a súa implantación ao ter
establecidos os procedementos de recompilación e análise da información relevante, tanto
cuantitativa (resultados académicos, das enquisas de satisfacción, inserción laboral, mobilidade,
etc.) como cualitativa (reunións mantidas cos profesores, coordinadores de curso, grao e máster,
estudantado, profesorado titores de prácticas externas, coordinador de TFG/TFM, etc.).
O obxectivo principal do SGC é desenvolver programas formativos avalados por unha xestión de
calidade como elemento clave e estratéxico para establecer un compromiso de máxima eficacia cos
seus grupos de interese. Dese xeito, desenvólvense programas formativos que garantan a mellor e
formación máis axeitada para o alumnado que respondan ás demandas do mercado laboral.
A Área de Calidade e Mellora dos Procedementos da USC actúa como canle básica de deseño,
elaboración e comunicación de todos os indicadores e evidencias necesarios para todos os
procedementos de seguimento, renovación da acreditación e elaboración de plans de melloras. Con
este soporte básico, mellorado ao longo dos últimos cursos académicos no marco da implantación
do EEES, pódese dicir que se ten acadado unha importante mellora continua dende o inicio do
Máster, así como unha verdadeira cultura de calidade que trata de ser integradora con todos os
grupos de interese implicados na titulación. o de todos os esforzos de avaliación, reflexión e
melloras realizado ao longo das diferentes edicións do Máster.
3.3.- O SGC implantado revísase periodicamente para analizar a súa adecuación e, se procede, establécense as melloras oportunas. Aspectos a valorar: • A análise e revisión do SGC, no que participan todos os grupos de interese, deriva en plans de mellora
(responsables, calendario de execución, etc.). • Todos os grupos de interese foron implicados no proceso de elaboración, implantación e seguimento das melloras
do SGC. • As evidencias do SGC manifestan a existencia dunha cultura de calidade consolidada no centro que contribúe á
mellora continua. Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: Os distintos grupos de interese están involucrados no proceso de elaboración, implantación e
seguimento das melloras do Sistema de Garantía de Calidade.
A Comisión Académica realiza un importante esforzo de recollida e sistematización de
información sobre o funcionamento da titulación e o estudantado e, de forma periódica organízanse
reunións co profesorado, co estudantado e mixtas, co obxecto de valorar o funcionamento da
titulación, propoñer melloras e introducir as modificacións que se consideren oportunas para a
mellora da titulación.
A organización do máster informa aos distintos grupos de interese sobre a realización das enquisas
por parte da USC, destacando a importancia de que participen e solicitando a súa colaboración. A
23 de 51
DIMENSIÓN 2. RECURSOS
CRITERIO 4. RECURSOS HUMANOS: Estándar: O persoal académico e de apoio é suficiente e adecuado de acordo coas características do título e o número de estudantes. Analizar e valorar a adecuación do persoal académico e de apoio que participa no título obxecto de avaliación.
4.1.- Persoal académico. O título conta con profesorado suficiente e a súa cualificación é a adecuada, tendo en conta as características do plan de estudos, as modalidades de impartición e as competencias que deben alcanzar os estudantes.
Aspectos a valorar: • O profesorado que participa no título conta co nivel de cualificación (experiencia docente e investigadora) exixido
para a súa impartición e é acorde coas previsións que se incluíron na memoria verificada. Revisarase especialmente o perfil do persoal académico asignado ao primeiro curso de títulos de grado, a prácticas externas e asociado ao Traballo Fin de Grao ou Traballo Fin de Máster.
• O profesorado é suficiente para desenvolver as funcións e atender a todos os estudantes. • A institución ofrece oportunidades ao profesorado para actualizarse e continuar coa súa formación co obxectivo de
mellorar a actividade docente. • Participación do profesorado en programas de mobilidade. • No seu caso, a Universidade fixo efectivos os compromisos incluídos na memoria de verificación do título relativos
á contratación e mellora da cualificación docente e investigadora do profesorado.
preocupación pola calidade e a mellora continua do funcionamento da titulación, tamén nos leva a
considerar a opinión dos estudantes a través de reunións periódicas celebradas polo equipo
coordinador cos representantes dos estudantes na Comisión Académica, do profesorado, dos
egresados (a través de enquisas) e dos empregadores, a través de intercambio de opinións cando os
estudantes realizan prácticas ou asisten a algunha actividade organizada polo máster.
A Comisión de Calidade do Centro realiza distintas tarefas relacionadas coa difusión e o fomento
da cultura da calidade, co obxectivo de incrementar a participación dos distintos grupos de interese
do centro nas enquisas de satisfacción.
24 de 51
Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: Antes de presentar a reflexión sobre o cumprimento deste criterio, debe salientarse que a
asignación do profesorado do máster é unha competencia atribuída aos Departamentos. Polo tanto,
a coordinación do título e a Comisión Académica carecen de competencias para a asignación da
docencia das materias da titulación ao profesorado propio da Universidade de Santiago de
Compostela. Aínda así, dende a coordinación do título e a Comisión Académica realízanse xestións
solicitando recursos humanos especializados na materia a impartir, pois ao tratarse do nivel de
posgrao requírese un coñecemento elevado duns contidos específicos da materia abordada.
Ao tratarse dunha titulación oficial, a docencia impártese fundamentalmente por profesorado da
Universidade de Santiago de Compostela. Todo o profesorado conta coa formación académica e o
perfil de especialización axeitado para a docencia neste máster. Ademais dos recursos humanos
propios da USC, naquelas materias con docencia asignada a área externa cóntase habitualmente
coa presenza de profesores de universidades nacionais e estranxeiras, con profesionais
especializados de empresas e Administración. Así, no curso 2016-2017 contouse con profesorado
de área externa nas materias de Deseño, Avaliación e Xestión de Proxectos de Investigación (os
profesionais da Oficina de Investigación e Tecnoloxía da USC Eva María Fabeiro Buceta e Susana
Fernández López); Políticas e Programas de Apoio á I+D e á Innovación (Roxelio Conde-Pumpido
Tourón, Doutor en Química, Director de Xestión e Valoración de I+D+i da Oficina de
Investigación e Tecnoloxía da USC e anteriormente Director Xeral de Promoción Científica da
Consellería de Educación; e Susana Fernández López); Implantación de Sistemas de Xestión da
Innovación (Marta Bravos Rábade, Xefa de Proxectos da Área de Innovación da consultora
Serviguide); e Traballo Fin de Máster (María Ángeles Pereira Sánchez, investigadora especializada
en economía circular e servicizing).
O máster dispón do profesorado necesario para o normal desenvolvemento da titulación, contando
dito profesorado coa cualificación axeitada. Dado que se trata dun nivel de formación avanzado
correspondente a posgrao, a organización do máster destaca a necesidade de contar con
profesorado cun coñecemento especializado nesas materias e que na medida do posible realice a
súa investigación nesas temáticas.
O Máster organiza actividades complementarias á docencia, como conferencias ou visitas. NO
curso académico 2016-2017 obxecto de seguimento contouse con financiamento da Deputación da
Coruña, o que permitiu a realización de distintas actividades. As actividades organizadas
especificamente para os estudantes de Máster foron as seguintes:
29-11-2017: Conferencia “Las relaciones entre México y Estados Unidos: nuevas implicaciones y
desafíos”, impartida polo profesor Guillermo Salvador Valdiviezo Ocampo, da Universidade
25 de 51
Autónoma de Chiapas (México)
16-11-2016: Visita á empresa Galchimia
14-12-2016: Visita á empresa Nanogap
21-12-2016: Visita á Área de Valorización da Tecnoloxía e Emprendemento da USC, Emprendia e
á empresa Celtalga
02-02-2017: Visita ao Grupo de Investigación Biofarma (Bioloxía de membranas e mecanismos de
transducción de sinais en farmacoloxía aplicada) da USC, situado no CIMUS
14-02-2017: Conferencia “A I+D+i empresarial en Galicia: dez mensaxes e unha proposta”,
impartida por Henrique Vázquez Vicente, profesor da Universidade de Vigo
03-03-2017: Conferencia “Infraestruturas de Apoio á Innovación: parques e centros tecnolóxicos”,
impartida por Andrés Barge Gil, profesor da Universidade Complutense de Madrid
15-03-2017: Conferencia “Plans e programas de apoio a I+D+I. O marco galego: Ris3”, impartida
por Pilar Morgade Saavedra, Directora da Área de Programas de Innovación da Axencia Galega de
Innovación
21-03-2017: Conferencia “Capital risco e financiamento da innovación”, impartida por Javier
López Consultor en Xestión da Ciencia e transferencia de tecnoloxía
30 e 31-03-2017: Xornadas Economía Circular: Un novo modelo produtivo para saír da crise,
organizadas polo Máster e o Grupo de Investigación ICEDE
06-04-2017: Conferencia “OBSERVER®. Turismo Científico”, impartida por Maite Vence,
Directora de Faz Consultora
24-04-2017: Visita á empresa Televés
09, 10 e 11-05-2017: Curso Optimización Económica con GAMS, impartido polo profesor João
Bento, da Universidade de Aveiro (Portugal)
16-05-2017: Visita ao centro tecnolóxico AIMEN e á empresa CZ Veterinaria
Adicionalmente, organizouse o Curso de Formación en Competencias Informacionais para
Doutoramento e Máster on-line DOUTECO, impartido pola Biblioteca da Facultade de Ciencias
Económicas e Empresariais a petición do título. O curso en modalidade on-line impartiuse dende o
20 de abril ata o 31 de maio de 2017.
Como se indicou anteriormente, o profesorado é asignado polos Departamentos, polo que a
coordinación do máster e a Comisión Académica carecen de competencias reais para poder influír
nos indicadores relacionados cos recursos humanos. A porcentaxe de PDI funcionario sobre o PDI
total a tempo completo foi do 51,85% para o curso 2016-2017, o terceiro valor máis elevado dende
a implantación do máster no curso 2009-2010. No curso 2016-2017, a distribución por categorías
26 de 51
do profesorado que conforma o máster é a seguinte: 8 catedráticos, 6 titulares, 7 contratados
doutores, 1 axudante doutor, 2 interinos e 3 profesores asociados; aos que hai que engadir 5
profesionais de área externa que impartiron docencia no máster como se indicou anteriormente
neste apartado.
A porcentaxe de PDI doutor sobre o PDI total foi do 85,19%, continuando a tendencia crecente
observada nos últimos anos (debe sinalarse que no curso 2015-2016 o indicador se calculaba tendo
en conta só o profesorado ao que se lle esixía o título de doutor).
O profesorado do máster conta con actividade investigadora e/ou profesional relacionada
directamente coas temáticas abordadas nas materias nas que imparte docencia. Os 32 profesores
que imparten docencia na titulación no curso 2016-2017 contan cun total de 42 sexenios e 101
quinquenios. A porcentaxe de PDI con sexenios sobre o PDI total con docencia no máster (relación
porcentual entre o número de PDI con sexenios que impartiu docencia no título e o número de PDI
total que impartiu docencia no título) foi de 76,19% no curso 2016-2017, continuando a tendencia
ao incremento significativo que se vén rexistrando nos últimos cursos (68,42% no curso 2015-
2016, 46,15% no curso 2014-2015 e 33,3% no curso 2013-2014). O maior esforzo concentrouse no
Departamento de Economía Aplicada, no que se mellorou o número de sexenios nos últimos tres
cursos, acadando polo menos tres profesores o seu primeiro sexenio. Hai que indicar que só 21
profesores da titulación poden solicitar estes complementos por ter un contrato indefinido. A
categoría profesional dunha parte do profesorado (asociado, interino, axudante doutor) impide que
soliciten ditos complementos, aínda que sexan doutores.
Considérase que formular propostas para potenciar e incentivar a carreira investigadora dos
docentes do título excede as competencias da coordinación e Comisión Académica do máster.
Ademais, os sexenios constitúen un incentivo ao que os profesores se presentan con carácter
voluntario. As posibilidades de actuación limítanse a informar desas convocatorias e do
fortalecemento que supón realizar unha actividade investigadora vinculada ás temáticas impartidas
no máster; e solicitar aos Departamentos que teñan en conta estes criterios á hora de asignar
profesorado a este máster, ao tratarse dunha formación avanzada e especializada.
En canto á mobilidade de saída, hai que destacar que o máster presenta tradicionalmente unha
actividade relevante, especialmente en comparación con outros títulos de posgrao oficial que se
imparten no mesmo centro. Este indicador mostra a proxección internacional do profesorado que
conforma o máster, mesmo nun contexto no que é difícil atopar recursos para financiar esas
actividades. De feito, nos cursos académicos 2014-2015 e 2015-2016 trátase do único máster que
se imparte no centro no que o seu profesorado participou en programas de mobilidade. No curso
27 de 51
obxecto de seguimento (2016-2017), o 6,25% do profesorado que imparte docencia na titulación
participou en ditos programas, tendo en conta a base de datos de mobilidade de PDI proporcionada
polo Servizo de Relacións Exteriores. Varios profesores desprázanse habitualmente a países
latinoamericanos ao longo do curso (México, Ecuador, ...) e tamén a outros países europeos a
través do convenio Erasmus. En calquera caso, hai que indicar que máis alá da mobilidade
financiada a través destas convocatorias, outros profesores teñen realizado estadías ou visitas curtas
a outras institucións estranxeiras. Tamén se debe sinalar que o profesor do máster Óscar Rodil
Marzábal recibiu o I Premio á Promoción da USC nos destinos internacionais. O mesmo profesor
recibiu o primeiro Premio da categoría Especialista do Banco Nacional de Comercio Exterior de
México en 2017 polo ensaio “La cara oculta del comercio de México con Estados Unidos: las
cadenas de valor al descubierto”.
O 13,33% do PDI participou en actividades formativas no curso 2016-2017, representando o valor
máis baixo dende a implantación da titulación. Debe terse en conta a variabilidade deste indicador,
que tamén vén condicionado pola oferta de cursos dispoñibles. Asemade, a elevada carga docente
do profesorado dificulta compatibilizar as obrigas docentes coa asistencia a eses cursos, que son
intensivos (normalmente os cursos teñen varias sesións nunha mesma semana). Aínda que a
organización do máster carece de competencias sobre este aspecto, informará ao profesorado da
importancia de participar nas actividades formativas de profesorado. A organización de actividades
on-line ou semipresenciais tamén pode favorecer a participación do profesorado, así como o
desenvolvemento de actividades no propio centro.
Na enquisa de satisfacción coa docencia impartida no curso 2016-2017, en relación ao interese en
recibir formación de apoio para a mellora da docencia, o 87,5% do profesorado está interesado en
recibir formación de apoio para a mellora da docencia relativa ás novas tecnoloxías
(incrementándose notablemente dende o 45,83% correspondente ao curso 2015-2016); e o 68,75%
está interesado en formación relativa ao apoio didáctico e pedagóxico (porcentaxe que tamén
aumentou considerablemente dende o 37,5% do curso anterior). A enquisa de satisfacción do PDI
coas actividades formativas desenvolvidas mostra unha valoración moi positiva no curso 2016-
2017, ao acadar unha media de 4,3 sobre 5.
A satisfacción do estudantado coa docencia recibida foi elevada, situándose no curso 2016-2017 en
4,42 sobre 5. Este valor non só é superior ao do curso anterior (4,18), senón que é o valor máis
elevado, dende o curso 2011-2012, cando se dispón destes datos por primeira vez. Continúase á
tendencia ao incremento da satisfacción coa docencia recibida dende que se realizan as enquisas. A
taxa de participación do estudantado na enquisa de satisfacción da docencia no curso 2016-2017
28 de 51
foi do 44,83%. Se ben é un valor inferior ao acadado no curso anterior (57,14%), pero bastante
máis elevado que no conxunto da USC. A maior taxa de resposta do título é consecuencia da tarefa
que se desenvolve dende a organización de informar dos períodos de realización das enquisas e da
importancia da súa participación.
No caso do profesorado mostra unha satisfacción coa docencia que imparte de 4,10 sobre 5 no
curso 2016-2017, lixeiramente superior á do curso anterior (3,99). As preguntas nas que se obtén
unha puntuación máis baixa (se ben sempre superior a 3,1) son as relativas ao nivel co que chega o
alumnado. As preguntas que lle seguen acadan a puntuación de 3,88 e correspóndense coa
satisfacción global co traballo realizado polo alumnado na materia e a coordinación entre as
distintas materias do título. Todas as demais cuestións acadan unha puntuación superior a 4. A
maior puntuación acádase na coordinación entre os profesores dunha mesma materia (4,89),
seguidas de material e servizos de apoio os recursos materiais da Universidade axeitados para o
desenvolvemento da docencia (4,38) ou coñecemento do nivel de comprensión dos alumnos (4,25).
A taxa de participación do profesorado situouse no 31,25%, valor inferior ao 50% do curso 2015-
2016, no que xa se iniciara unha tendencia ao descenso.
A enquisa de satisfacción do alumnado coa titulación, que se iniciou como experiencia piloto no
curso 2016-2017, foi contestada por 7 matriculados na titulación, o que representa unha taxa de
resposta do 25%. Os resultados mostran unha elevada satisfacción coa titulación, que tende a
presentar valores superiores á media da USC nos distintos ítems. Así sucede nos tres ítems de
orientación ao alumnado, acadando puntuacións que oscilan entre o 3,14 e o 3,20.
A organización do máster informa aos grupos de interese do período de cobertura das enquisas e da
importancia da súa colaboración, tanto presencialmente como a través da aula virtual ou do correo
electrónico, acción que se repite todos os cursos. Información máis desagregada sobre as enquisas
de satisfacción coa docencia recibida, tanto por parte do profesorado como do estudantado,
inclúese no criterio 7.
Como acción de mellora proponse o incremento das taxas de participación nas enquisas,
especialmente no caso do profesorado e dos egresados. 4.2.- Persoal de apoio (persoal de administración e servizos, técnicos de apoio á docencia, etc.). O título conta con persoal de apoio suficiente e a súa cualificación é a adecuada, tendo en conta as características do plan de estudos. Aspectos a valorar: • O persoal de apoio é suficiente para desenvolver as funcións e atender a todo o persoal docente e estudantes. • O persoal de apoio que participa no título conta co nivel de cualificación exixido e é acorde coas previsións que se
incluíron na memoria verificada. • No seu caso, a Universidade fixo efectivos os compromisos incluídos na memoria de verificación do título relativos
á contratación e mellora do persoal de apoio. • A institución ofrece oportunidades ao persoal de apoio para actualizarse e continuar coa súa formación co
29 de 51
obxectivo de mellorar a súa labor de apoio ao proceso de ensinanza-aprendizaxe. Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: En relación cos recursos humanos de apoio á xestión, cóntase co persoal dispoñible no centro,
conformado por 24 persoas nos distintos servizos (Unidade de Apoio á Xestión de Centros,
Departamentos, Decanato, Unidade de Asuntos Económicos, Conserxería, Biblioteca e Área de
Tecnoloxías da Información e da Comunicación).
Tendo en conta a dimensión do centro e a carga de traballo administrativa destas titulacións, a
coordinación do máster e a Comisión Académica expresaron en moitas ocasións a necesidade de
que a Universidade conte cunha estrutura profesionalizada para a xestión específica dos másters,.
Este persoal especializado dedicaríase ao apoio ás múltiples tarefas de xestión e administrativas
que implican as titulacións de máster. Así garantiríase o bo funcionamento da titulación e unha
maior eficiencia no uso dos recursos humanos. As titulacións de máster requiren ademais da
axeitada planificación académica e a calidade do profesorado, ofrecer un servizo de calidade ao
alumnado con atención particularizada. Nese sentido, hai que sinalar que o máster conta con
persoal de apoio do grupo de investigación que dirixe o coordinador do título, para colaborar nas
tarefas de administración e organización e, en particular, de atención ao alumnado.
A USC tamén desenvolve un programa de accións formativas para o persoal de administración e
servizos (PAS), que se deseña cada ano segundo as necesidades detectadas. O 37,50% do PAS do
centro participou en actividades formativas no curso 2016-2017. Segundo a enquisa de satisfacción
do PAS coas actividades formativas desenvolvidas, a valoración media global é positiva, acadando
un 3,91 sobre 5 no ano 2016. Ademais, en media o 79,91% das persoas recomendarían realizar o
curso de formación seguido aos seus compañeiros.
DIMENSIÓN 2. RECURSOS CRITERIO 5. RECURSOS MATERIAIS E SERVIZOS: Estándar: Os recursos materiais e servizos postos a disposición do desenvolvemento do título son os adecuados en función da natureza, modalidade do título, número de estudantes matriculados e competencias a adquirir. Analizar e valorar se os recursos materiais e servizos postos a disposición dos estudantes son os adecuados ás necesidades do título. 5.1.- Os recursos materiais, infraestruturas e servizos postos a disposición dos estudantes e o profesorado son suficientes e adecuados ás características do plan de estudos, ás modalidades de impartición e ás competencias que deben alcanzar os estudantes. Aspectos a valorar: • As infraestruturas destinadas ao proceso formativo son as adecuadas en función da natureza e modalidade do
título. Prestarase especial atención á dispoñibilidade de aulas, salas de estudo, aulas de informática e recursos informáticos, laboratorios, salas de reunións, biblioteca, …
• Os recursos materiais, postos a disposición dos estudantes, son os adecuados en función da natureza e modalidade do título e as competencias a adquirir por eles y coinciden coas previsións que se incluíron na memoria de verificación. Prestarase especial atención á dispoñibilidade de equipamento e material científico, técnico, asistencias e artístico, (dependendo da tipoloxía de ensinanza), …
• Aplicación das normativas de accesibilidade universal e deseño para todos, seguridade, saúde e medio ambiente
30 de 51
e coñecemento delas polos axentes implicados. • Os fondos bibliográficos, recursos documentais,… son suficientes e están actualizados. • No seu caso, a Universidade fixo efectivos os compromisos incluídos na memoria de verificación do título relativos
á creación, posta en marcha ou utilización de novas infraestruturas ou servizos externos á Universidade. • Os servizos de orientación académica (selección de materias, problemas de aprendizaxe, necesidades especiais,
aloxamento,…) e orientación profesional postos a disposición dos estudantes son apropiados para dirixilos e orientalos nestes temas.
• Os servizos de atención ao estudante (documentación, informes de cualificacións, actas, certificados académicos, tramitación de solicitudes de validacións ou de traslado,..) postos á súa disposición son apropiados para dirixilos e orientalos nestes temas.
• Os programas de acollida e apoio ao estudante oriéntano no funcionamento da institución. • Tendo en conta as diferentes modalidades de impartición do título, analizase e revísase o grao de adecuación,
para a consecución das competencias por parte dos estudantes, das infraestruturas tecnolóxicas e servizos tanto no centro responsable do título como, no seu caso, en centros externos (centros de prácticas, empresas, centros asociados, etc.).
• No caso de que o título contemple a realización de prácticas externas, as instalacións onde se realizan son adecuadas para a adquisición das competencias.
Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: O título impártese na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de
Compostela e dispón das infraestruturas, os recursos materiais e servizos suficientes e axeitados
para o seu correcto desenvolvemento e para cubrir as necesidades de todos os grupos de interese
(estudantes, profesorado e persoal de apoio).
Ditos medios melloraron respecto ao previsto na memoria inicial do título. Así, todas as aulas teñen
proxector, hai ordenadores portátiles para a docencia, sala de videoconferencia, tres salas de
traballo para estudantes, sala multiusos, sala wifi, espazos para a representación dos estudantes,
blog da Facultade e pantalla informativa do centro. O edificio está perfectamente adaptado para o
acceso de persoas con discapacidade. Os medios e servizos dispoñibles no centro poden
consultarse en http://www.usc.es/gl/centros/ecoade/infraestruturas_servizos.html.
En canto aos recursos bibliográficos, ademais do acceso a todos os recursos que ofrece a Biblioteca
da USC e a biblioteca do propio centro, o alumnado pode atopar as referencias incluídas na
bibliografía das materias. Faise o esforzo de adquirir novas obras que poidan ser de interese para o
alumnado.
Na xornada de benvida infórmase aos estudantes dos servizos existentes tanto no propio centro
(biblioteca, hemeroteca, dispoñibilidade de fondos,…), como doutros servizos da Universidade aos
que poden dirixirse, como a Biblioteca, a Unidade de Xestión Académica, a Oficina de
Información Universitaria (OIU), o Centro de Posgrao (CPTF), a Oficina de Relacións Exteriores
(ORE), o Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU), a Área de Tecnoloxías da
Información e das Comunicacións (ATIC) ou o Servizo de Normalización Lingüística (SNL).
Tamén se lles informa sobre convocatorias do seu interese, como bolsas (para realizar o máster ou
estudos de doutoramento), axudas (por exemplo, da Xunta de Galicia para a matrícula de
31 de 51
desempregados en titulacións de Máster ou do Servizo de Normalización Lingüística por realizar o
traballo fin de máster en galego), cursos (entre os que destacan os organizados pola Biblioteca ou o
Servizo de Normalización Lingüística para a realización de traballos académicos), outros eventos
científicos de interese (xornadas, conferencias,…), ofertas de traballo, …
Precisamente unha das actividades organizadas para o estudantado do Máster foi o Curso de
formación en competencias informacionais on-line BUSCDOUTECO, impartido pola Biblioteca
da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais a petición da organización do máster e do
Programa de Doutoramento en Economía e Empresa.
O máster conta cunha aula virtual propia dirixida aos estudantes matriculados e profesorado da
titulación. O seu obxectivo é facilitar información sobre cuestións relacionadas coa organización e
funcionamento xeral da titulación (prácticas, traballo fin de máster, aviso de conferencias,
repositorio de material utilizado nas conferencias, ligazóns de interese, foros para facilitar a
comunicación entre alumnado e profesorado, información sobre servizos da USC, bolsas e axudas
de interese, eventos científicos, …). Como se indicou no criterio 1, o máster está presente nas redes
sociais LinkedIn, Facebook e Twitter e conta cun blog.
Os eventos organizados vinculados ao máster difúndese ao estudantado e aos egresados do título
por correo electrónico, a través da Aula Virtual, da pantalla de información do centro, das listas de
distribución do Decanato, dos blogs do Máster e da Facultade, das redes sociais e da lista de
distribución USC-Investigación por se resultan do interese da comunidade universitaria.
A enquisa de satisfacción do alumnado coa titulación, que se iniciou como experiencia piloto no
curso 2016-2017, inclúe un apartado correspondente a recursos materiais e servizos. En xeral, os
cinco ítems considerados amosan unha elevada valoración. Todos os ítems agás un, acadan unha
puntuación mínima de 3,57, superando á media da USC. Só no caso de aulas e instalacións non
sucede iso, acadando unha valoración de 2,86. Esta valoración pode explicarse tendo en conta que
na primeira parte do curso o alumnado demandou enchufes para poder conectar os portátiles,
xestión que se fixo ao longo do curso. De feito, na enquisa de satisfacción do profesorado coa
titulación, as aulas e instalacións acadan unha valoración máis elevada do 4,17.
A maior valoración obtense no ítem das plataformas de docencia virtual e ferramentas multimedia
(4,14), seguido da dispoñibilidade de fondos bibliográficos recomendados na titulación. Polo que
se refire á adquisición de competencias, a titulación recibe unha valoración moi elevada (3,86
sobre 5), superando á media da USC (3,23).
Para a realización das prácticas establécense convenios con distintas empresas e institucións,
ampliando todos os cursos as entidades. En xeral, mantéñense vixentes os convenios coas
32 de 51
entidades, agás cando cerran. No curso 2016-2017 asináronse catro novos convenios para a
realización de prácticas con Faz Consultora, Teimas Desenvolvemento SL, Biogas e JJ Chicolino.
No curso 2016-2017 13 persoas realizan prácticas. Hai que indicar que a outra persoa máis se lle
asignou entidade de prácticas, pero non as realizou debido ás dificultades de compatibilizar coa
actividade laboral. Ademais, outras dúas persoas matriculadas non puideron seguir o máster con
normalidade por razóns de saúde.
Debe terse en conta que os alumnos tenden a seleccionar as entidades que están localizadas en
Santiago de Compostela ou moi preto, aínda que poderían ser de máis interese outras empresas ou
institucións. Para corrixir esta situación no curso 2016-2017 establecéronse axudas ao transporte
para as persoas que realicen prácticas fóra de Santiago de Compostela de 250 euros. Só unha
persoa presentou a solicitude, porque realizou as prácticas nunha empresa de Vigo, obtendo esa
axuda. A distribución de alumnado por entidade móstrase na seguinte táboa. A entidade na que se
realizan as prácticas asígnase tendo en conta a preferencia dos estudantes, a dispoñibilidade das
entidades para recibir máis dunha persoa. Asemade, na medida do posible inténtase que a
actividade realizada en prácticas poida ser de interese ou estea relacionada co seu traballo fin de
máster.
DIMENSIÓN 3. RESULTADOS
CRITERIO 6. RESULTADOS DE APRENDIZAXE: Estándar: Os resultados de aprendizaxe alcanzados polos titulados son coherentes co perfil de egreso e correspóndense co nivel do MECES da titulación. Analizar os resultados de aprendizaxe alcanzados polos estudantes e se son coherentes co perfil de egreso e se corresponden co nivel do MECES do título.
6.1.- Os estudantes ao finalizar o proceso formativo adquiriron as competencias previstas para o título.
Aspectos a valorar: • O desenvolvemento das actividades académicas, metodoloxías docentes, sistemas de avaliación e cualificación
contribúen á consecución e valoración dos resultados de aprendizaxe previstos. • Os resultados de aprendizaxe alcanzados satisfán os obxectivos do programa formativo e adecúanse ao nivel
MECES. • Os resultados de aprendizaxe téñense en conta para a revisión e mellora do plan de estudos. Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: Considérase que se acadan os resultados de aprendizaxe previstos e os egresados adquiren as
competencias previstas.
As competencias e obxectivos recollidos na memoria do título son axeitados ao contexto actual e
conformes ao establecido no Real Decreto 1393/2007 que regula a ordenación das ensinanzas
33 de 51
universitarias oficiais. O obxectivo fundamental do Máster é proporcionar aos participantes unha
formación avanzada, de carácter especializado e multidisciplinar, orientada á especialización
académico-profesional ou investigadora nos ámbitos do desenvolvemento económico rexional e
local e da análise e xestión da I+D e a innovación. Como xa se indicou no criterio 1, diversas
instancias políticas, científicas e profesionais manifestan a necesidade de contar con formación
especializada avanzada neses eidos. Tamén hai que destacar o interese amosado polo máster por
persoas e institucións doutros países, destacando o ámbito iberoamericano.
O máster presenta un carácter multidisciplinar, en coherencia co carácter transversal da innovación,
como factor clave para o crecemento e o desenvolvemento. Entre os contidos do máster préstase
especial atención aos sectores estratéxicos para Galicia, que se contemplan na súa Estratexia de
Especialización Intelixente RIS3, como o sector agroalimentario, a pesca e a acuicultura, as
enerxías renovables e a eco-innovación, a biotecnoloxía, a nanotecnoloxía ou o sector biosanitario.
O deseño do plan de estudos da titulación pode axudar a dar resposta aos retos plantexados na
Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3), pois os contidos abordados nas
diversas materias están clara e directamente vinculados cos tres retos plantexados en dita estratexia
e, especialmente, cos dous primeiros (novo modelo de xestión de recursos naturais e culturais
baseado na innovación e novo modelo industrial sustentado na competitividade e o coñecemento).
Un dos grupos de investigación que participa no Máster ten como liña de investigación as
estratexias de especialización intelixente, temática que tamén se oferta aos estudantes para realizar
o seu Traballo Fin de Máster. No curso 2016-2017 púxose especial énfase no tema novidoso da
economía circular.
O Máster aborda temáticas como a emerxencia de novos sectores ou a xestión da investigación e a
innovación. É coherente coas liñas estratéxicas e obxectivos propostos no Plan Estratéxico da USC
e coas especializacións do Campus de Santiago (Campus Vida e Campus da Cidadanía).
Os contidos de varias materias proporcionan os coñecementos e ferramentas necesarias para guiar
aos estudantes na análise das oportunidades para converter ideas de negocio en empresas e no
proceso de creación de empresas, emprendemento e autoemprego. Tamén se lles facilita a relación
con emprendedores e empresarios, tanto a través das conferencias e visitas organizadas, como das
prácticas profesionais en empresas para aqueles estudantes que elixen a orientación académico-
profesional. Debe mencionarse a intensa e proveitosa colaboración con empresas e administracións
públicas, que repercute favorablemente na formación do alumnado. Asemade, algunhas materias
teñen parte da docencia asignada a área externa, sendo impartida por profesionais de empresas ou
de institucións públicas.
34 de 51
As competencias xerais do título seguen o establecido no artigo 3.3 do Anexo 1 do Real Decreto
1393/2007, engadindo outras dúas competencias básicas. Tamén se indican competencias propias
de cada unha das especializacións da titulación: tres na especialidade de Xestión da Investigación e
da Innovación e catro na de Desenvolvemento Económico Rexional e Local. Por outra banda, na
opción investigadora garántese a adquisición de tres novas competencias establecidas para a
ensinanza de doutoramento no apartado 3.4 do Anexo 1 do Real Decreto mencionado.
Algúns elementos que parecen contribuír a acadar uns resultados satisfactorios están relacionados
co deseño do plan de estudos e que as competencias establecidas na memoria son traballadas e
avaliadas en distintas materias. Así, trátase de garantir a súa adquisición polos titulados. O deseño
das actividades interactivas contribúe á adquisición das competencias polos egresados. As reunións
celebradas entre o profesorado do máster para coordinar a programación docente tamén abordan as
competencias. A realización das prácticas e a elaboración e defensa do Traballo Fin de Máster
permiten avaliar dun xeito integral a adquisición das competencias necesarias.
Os resultados da aprendizaxe son un elemento moi relevante na valoración da titulación. De feito,
os cambios no plan de estudos realizados dende a implantación da titulación (principalmente de
carácter non substancial, por afectar a materias optativas, agás o cambio que se implementa no
curso 2016-2017) derívanse da reflexión continua da coordinación e da Comisión Académica do
Máster. No proceso de modificación do plan de estudos e da memoria do título realizouse un
traballo de análise e revisión das competencias establecidas, do que se derivaron algúns cambios,
como incluír dun xeito máis amplo a competencia informacional.
O cuestionario de avaliación da satisfacción do estudantado coa docencia recibida na Universidade
de Santiago de Compostela, elaborado pola Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
recolle tres cuestións (preguntas 5, 6 e 7) relativas ao desenvolvemento das competencias. As
puntuacións outorgadas para o curso 2016-2017 reflicten unha valoración globalmente. A pregunta
relativa a se motiva a participación crítica e activa dos estudantes no desenvolvemento da clase
acada un valor medio de 4,31; igual puntuación que na cuestión sobre se favorece que desenvolva a
miña capacidade de transmitir información, ideas, problemas e solucións na materia. Na pregunta
referida a se o profesorado propón actividades para favorecer a miña aprendizaxe autónoma (a
procura de información complementaria, a realización de traballos,...) a puntuación media do curso
2016-2017 foi de 4,37.
A enquisa de satisfacción dos egresados realizada pola Vicerreitoría de Calidade e
Responsabilidade inclúe algunhas preguntas sobre a formación e a adquisición de competencias.
Esta enquisa iníciase on-line no curso 2013-2014 e os seus resultados deben interpretarse con
35 de 51
moita cautela, debido ao reducido número de respostas (só 3 cuestionarios, o que indica unha taxa
de resposta do 18,75%). Aínda non se dispón da información correspondente ao curso 2016-2017.
Os datos dispoñibles referidos ao curso 2015-2016 indican un elevado grao de satisfacción xeral
dos egresados coa titulación (3,55 sobre 5). E tamén mostran unha valoración moi elevada nos sete
aspectos contemplados relacionados coas competencias (capacidade para a aprendizaxe autónoma;
pensamento crítico; capacidade de comunicación oral/escrita; capacidade de traballo en equipo;
capacidade de análise; capacidade de transmitir información, ideas, problemas e solucións dentro
do ámbito de estudo; e capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas
dun xeito creativo e orixinal dentro do ámbito de estudo), acadando valores de entre 3,33 e 3,67. A
puntuación en cinco destes ítems supera á media acadada na USC e nos dous casos nos que non o
supera, o título acada valores moi próximos. Mais estes datos deben tomarse con certa cautela polo
reducido número de respostas, o que non permite comparar os resultados dos distintos cursos.
Os resultados indican que os titulados adquiren as competencias previstas no deseño do título e que
habilitan para o desenvolvemento da actividade profesional no eido da xestión da innovación e dos
plans de desenvolvemento rexionais e locais, tanto no ámbito público como privado. Asemade, os
propios egresados recomendan a realización do Máster a persoas que coñecen ou que pertencen ao
seu eido laboral.
A taxa de éxito é a relación porcentual entre o número total de créditos que superaron os estudantes
e o número total de créditos aos que se presentaron e informa sobre o grao de eficacia do alumnado
e da institución en relación á súa actividade académica. O seu valor para o curso 2016-2017 é moi
elevado do 98,18%, lixeiramente inferior ao 100% do curso anterior. Na análise por materia,
calquera das materias presenta un valor superior ao 88%. A taxa de éxito dos egresados no curso
2016-2017 é do 99,56%.
A organización do máster vai realizando unha análise e seguimento dos resultados obtidos polos
estudantes nas distintas materias, para identificar algún problemas ou dificultades nalgunha materia
concreta ou de determinados estudantes, para tratar de actuar e corrixir esas situacións.
Nas cualificacións das distintas materias non hai resultados especialmente chamativos. Parece que
hai dúas materias nas que poden ter maior dificultade, porque unha é moi teórica e outra máis
técnica. Para o mellor seguimento da materia recoméndaselle a todos os estudantes que asistan á
materia de nivelación, aínda que non teñan que matricularse por proceder de titulacións afíns.
36 de 51
DIMENSIÓN 3. RESULTADOS
CRITERIO 7. INDICADORES DE SATISFACCIÓN E RENDEMENTO: Estándar: Os resultados dos indicadores do programa formativo son congruentes co deseño, a xestión e os recursos postos a disposición do título e satisfán as demandas sociais da súa contorna. Analizar os principais datos e resultados do título e valorar a evolución dun núcleo de indicadores mínimo. Comprobar se os resultados se adecúan ás previsións e características do título.
7.1.- Os principais datos e indicadores do título evolucionan favorablemente de acordo coas características do título. Aspectos a valorar: • Indicadores de demanda. • Indicadores de resultados. • Os indicadores téñense en conta para a mellora e revisión do plan de estudos. Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: Os indicadores de satisfacción e rendemento mostran uns bos resultados, axeitados ás
características e previsións do título. Destaca especialmente o notable incremento da demanda e a
elevada inserción laboral.
Estes indicadores considéranse no proceso de revisión, mellora e modificación do plan de estudos,
seguindo os procedementos establecidos no SGC.
Nesta reflexión coméntanse primeiramente os indicadores de demanda e despois os indicadores de
resultados.
Indicadores de demanda
No curso 2016-2017 ofertáronse un total de 25 prazas, das que 10 se reservaron para alumnado
estranxeiro. Ademais ata o 40% das prazas poden destinarse a estudantes matriculados a tempo
parcial, para facilitar que cursen a titulación persoas que desenvolven unha actividade laboral. Por
esa razón, a docencia impártese en quenda de tarde.
O número total de matriculados no máster (tanto de novo ingreso como de continuación de
estudos) no curso 2016-2017 foi de 27 estudantes, dos que 23 son estudantes de novo ingreso. O
número de estudantes de novo ingreso mostra un notable incremento sobre os tres últimos cursos
anteriores. Así o mostra o incremento do 76,92% na matrícula por preinscrición.
A taxa de ocupación é un indicador que informa sobre a captación de alumnado e calcúlase como o
número de estudantes de novo ingreso por preinscrición dividido entre as prazas ofertadas. O valor
correspondente ao curso 2016-2017 sitúase no 92%, valor moi elevado en comparación cos cursos
previos (52% no curso 2015-2016 e 56% nos tres cursos anteriores).
O número de estudantes preinscritos acadou 27. Debe terse en conta que o número final de novos
matriculados no máster resulta máis reducido que o número de preinscricións por diversas razóns:
estudantes estranxeiros que non conseguen realizar os trámites correspondentes (obtención de
37 de 51
permisos, bolsas,…); ... O interese en realizar o máster destes solicitantes maniféstase no feito de
que persoas que non poden matricularse nun curso académico realicen a titulación en cursos
posteriores. Asemade, a organización do máster recibe ao longo do ano un número elevado de
consultas sobre a titulación (máis de 30 por curso), procedendo os interesados tanto de Galicia,
como de España ou doutras áreas do mundo.
Consecuencia da reflexión realizada pola coordinación e Comisión Académica do título, ante a
redución de demanda que se observaba nos últimos cursos, propuxéronse accións de mellora, co
obxectivo de incrementar a matrícula. Entre esas actuacións inclúese a modificación do plan de
estudos implantada parcialmente no curso 2014-2015; aumentar a presenza nas redes sociais e
anticipar as actividades de difusión do máster, tanto a estudantes do centro como externamente. En
relación coa difusión da titulación, debe facerse tanto a nivel institucional, como de centro e da
titulación. Nese sentido, o organización do título realizou diversas accións anualmente no eido da
difusión, que parecen resultar efectivas.
Como acción de mellora relacionada con este criterio, proponse anticipar o calendario de
preinscrición en máster para que coincida co doutras Universidades españolas e estranxeiras,
evitando que a demanda potencial da titulación se centre nos estudantes que non foron admitidos
noutras Universidades. Asemade, na difusión da información do máster a USC debería salientar as
características da cidade e, en particular, o baixo custo relativo da vida en Santiago de Compostela,
aspecto que é moi valorado polos estudantes procedentes doutras áreas do España ou do
estranxeiro. Como a titulación carece de competencias sobre este aspecto, trasladouse ás instancias
oportunas a través da Comisión de Calidade do Centro.
Indicadores de resultados
A información relativa aos resultados estrutúrase do seguinte xeito: primeiro analízanse os
principais datos e indicadores do título, así como as enquisas de satisfacción dos distintos grupos
de interese; e despois os resultados de inserción laboral.
Antes de analizar os distintos indicadores, debe precisarse que algúns dos indicadores só se poden
obter cando remate o curso seguinte ao curso 2016-2017 que é obxecto de seguimento, pois no seu
cálculo teñen en conta o que sucede no curso posterior. Así sucede coa taxa de abandono e a taxa
de graduación.
A continuación analízanse os tres indicadores de resultados contemplados na memoria:
- A taxa de graduación defínese como a relación porcentual entre os estudantes que finalizaron os
seus estudos no tempo previsto no plan do estudos (2016-2017) ou nun ano académico máis (2017-
2018) e o número de estudantes de novo ingreso no título no curso 2016-2017. Obviamente, tendo
38 de 51
en conta esta definición, esta taxa aínda non se pode calcular para o curso académico obxecto de
seguimento (2016-2017). A taxa ofrecida pola Área de Calidade e Mellora dos Procedementos da
USC para este curso é do 84,62%, valor que continúa a tendencia ao incremento que se viña
rexistrando no ano anterior. Esa tendencia suxire a efectividade das actuacións que se
implementaron no título nos últimos cursos (en especial, dende o curso 2012-2013) para mellorar
este indicador e que se manteñen todos os curso. Hai que recoñecer que máis aló das actuacións
realizadas, débese manifestar a limitada capacidade de actuación da Comisión Académica do
máster neste ámbito. Á hora de elaborar un traballo fin de máster, hai un traballo autónomo que lle
corresponde ao estudante, máis alá do papel de titorización e apoio no proceso por parte do
profesorado que dirixe os traballos e do equipo organizador do título.
Dende a organización do máster insistiuse na importancia de que defendan o TFM no curso de
inicio no máster, para o que se debería comezar a realizar o TFM como moi tarde ao inicio do
segundo cuadrimestre. Adiántase a asignación de tema e titor de TFM; os temas son suxeridos polo
profesorado; e recoméndase que na medida do posible os estudantes orientaran as prácticas e as
tarefas que deben realizar nas distintas materias a temáticas claramente relacionadas co seu
Traballo Fin de Máster.
Debe terse en conta que dos novos matriculados do curso 2015-2016, 11 persoas graduáronse no
mesmo curso e outra no curso 2016-2017 (convocatoria de febreiro). Só hai dúas persoas que non
finalizaron o máster, que o iniciaron a tempo parcial e que aínda teñen algunha materia pendente.
Coa información dispoñible neste momento na Comisión Académica do Máster, dos 23 novos
matriculados no curso 2016-2017 obtiveron o título 9 estudantes no mesmo curso e 3 na
convocatoria de febreiro de 2018. Se temos en conta que cinco alumnos de novo ingreso nese curso
matricúlanse a tempo parcial, a taxa de graduación provisoria sería do 66,66%. Debe terse en conta
que dúas persoas por razóns de saúde non puideron avanzar no máster. Ademais hai dúas
estudantes procedentes de China que tiñan bastantes dificultades co idioma e non puideron superar
todas as materias do máster no primeiro curso. Polo tanto, nestes casos non é un problema de
elaborar o TFM, senón que non cumpren a condición para poder defendelo.
A mellora neste indicador é moi satisfactoria, tendo en conta a dificultade que se viña dando no
máster para poder elaborar e defender o Traballo Fin de Máster no mesmo curso académico no que
se inician os estudos. Entre os elementos que derivaban nesa situación, hai que destacar o número
de matriculados a tempo parcial, o número de alumnos que compatibilizan o máster cunha
actividade laboral, e o número de alumnos estranxeiros con serias dificultades de idioma que se
manifestan especialmente á hora de elaborar e redactar o traballo fin de máster. A esixencia dun
39 de 51
nivel mínimo de calidade nos traballos dende a implantación da titulación, centrado no rigor
científico e que traballos que non cumpriran esa condición obtiveran a cualificación de suspenso,
puido xerar unha valoración errada e sobredimensionada tanto por parte do estudantado como do
profesorado que exerce como titor sobre os requisitos que debe cumprir ese traballo.
- A taxa de abandono defínese como a relación porcentual entre o número de estudantes da cohorte
de novo ingreso do curso 2016-2017 non titulados e non matriculados no curso 2017-2018 e o
número de estudantes da cohorte de novo ingreso do curso 2016-2017. Polo tanto, este indicador
debe tomarse con cautela para o curso 2016-2017, porque os datos de matrícula aínda poderían
sufrir algunha modificación. Coa información de matrícula do curso 2017-2018 dispoñible neste
momento, o valor da taxa de abandono provisional correspondente ao curso 2016-2017 sería do
0%, pois todas as persoas que iniciaron o máster nese curso e que non o finalizaron están
matriculadas no curso actual. O valor final dese indicador para o curso 2016-2017 é do 7,69%.
Polo tanto, nos dous últimos cursos obsérvase unha tendencia á diminución da taxa de abandono,
situándose en valores inferiores ao 10% estimado na memoria verificada do título.
- En relación coa taxa eficiencia dos titulados (relación porcentual entre o número total de créditos
superados polos egresados no curso 2016-2017 ao longo da titulación e o número total de créditos
nos que se matriculou), acadou o 96,98% no curso 2016-2017, valor que supera ao 95% estimado
na memoria do título.
Outras taxas que se incluían na memoria do título como indicadores a ter en conta e que tamén se
recollen no Sistema de Garantía de Calidade do Centro son as seguintes:
- A taxa de rendemento (relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que
superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios en que se matricularon no curso
2016-2017) é do 83,44% para o curso 2016-2017. Se ben é un valor inferior ao 93,90%
correspondente ao curso 2015-2016, son valores altos.
A análise desta taxa por materias permite identificar que os valores más baixos correspóndense
coas dúas materias de traballo fin de máster, segundo a orientación seguida (académica-profesional
ou investigadora). Todas as demais materias acadan como mínimo o valor do 75%. A materia
Traballo Fin de Máster (de 6 créditos ECTS) presenta unha taxa de rendemento do 50% (derivado
do alumnado matriculado nesa materia pero non presentou o traballo), mentres que na materia
Materia Complementaria ao TFM-Orientación Investigadora (de 6 créditos ECTS) o valor aínda é
máis reducido, o 40%. Ademais de todos os esforzos e accións de mellora propostas en relación
aos TFM, a organización fai un esforzo dende o inicio de curso indicando que o TFM de
orientación investigadora é substancialmente diferente e que só se matriculen nesa materia as
40 de 51
persoas que teñen moi clara a súa vocación investigadora e que pensan facer un doutoramento.
Tamén se lle transmite que actualmente se pode acceder ao doutoramento sen necesidade de seguir
a orientación investigadora.
- A taxa de éxito (relación porcentual entre o número total de créditos que superaron os estudantes
e o número total de créditos aos que se presentaron) presenta valores moi elevados, acadando o
98,18% no curso 2016-2017.
Analizando conxuntamente a taxa de éxito e a taxa de rendemento, parece máis claro que o menor
valor da taxa de rendemento se debe ao feito de que estudantes matriculados que non se presentan a
algunhas materias. Polo tanto, os estudantes que seguen o curso con normalidade acadan unha taxa
de éxito moi elevada.
- A taxa de avaliación do título (relación porcentual entre o número total de créditos aos que se
presentaron os estudantes e o número total de créditos matriculados) presenta un valor elevado do
84,99%, se ben é inferior ao do curso anterior (93,90%). Iso pode deberse a que hai estudantes que
non realizan a avaliación dalgunha ou varias materias, especialmente no TFM. Realizando a análise
por materias, sen ter en conta as materias prácticas e TFM, a taxa de avaliación das demais
materias sempre supera o 77%. No caso da materia Prácticas Externas, a taxa é do 76,47%, porque
tamén houbo unha estudante á que se lle asignaron prácticas, que non as realizou pola dificultade
de compatibilizalo coa súa actividade laboral. Podía solicitar recoñecemento das prácticas, pero
non o fixo. Con respecto ao TFM, a taxa de avaliación correspondente á materia Traballo Fin de
Máster (de 6 créditos ECTS) foi do 50%, e aínda menor (40%) na Materia Complementaria ao
TFM-Orientación Investigadora (de 6 créditos ECTS), materia que só deben cursar os estudantes
que queiran seguir a orientación investigadora.
A mellora dos indicadores analizados neste apartado pode ser consecuencia do esforzo que se vén
realizando dende a organización do máster para tratar de incrementar a defensa de traballos fin de
máster dos novos matriculados nos últimos cursos.
- A duración media dos estudos (número de anos que tardaron en superar os créditos
correspondentes ao plan de estudos os estudantes graduados no curso 2016-2017) correspondente
ao curso obxecto deste informe de seguimento é de 1,27 anos, un dos valores máis baixos dende o
inicio da titulación.
A duración prevista do Máster é dun curso académico, pero debe terse en conta a dificultade para
defender o traballo fin de máster no mesmo curso académico de inicio, dado o perfil dos
estudantes, nos que unha parte importante traballan e hai varios matriculados a tempo parcial. Por
iso, parte do alumnado defende o Traballo Fin de Máster nas convocatorias correspondentes ao
41 de 51
curso seguinte (febreiro, xullo ou setembro), o que aumentaba a duración prevista. Anteriormente
xa se explicou este problema e as actuacións desenvolvidas para corrixir dita situación, tanto neste
criterio como noutros.
7.2.- Os índices de satisfacción dos estudantes, do profesorado, dos egresados e doutros grupos de interese son adecuados. Aspectos a valorar: • Indicadores de satisfacción co persoal académico, persoal de apoio, recursos, prácticas externas, proceso
formativo, mobilidade, etc. • Os indicadores de satisfacción téñense en conta para a mellora e revisión do plan de estudos. Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: A medición da satisfacción coa docencia do estudantado e do profesorado é realizada polos
servizos centralizados da USC. Antes de analizar os resultados das enquisas debemos precisar que
no curso 2011-2012 cambiouse a forma de realización de presencial a on-line, o que implica obter
unha menor taxa de respostas. Para incrementar a taxa de resposta a organización do máster
encárgase de informar dos prazos para a realización desa enquisa, tanto presencialmente como a
través da aula virtual e insiste na importancia da súa participación.
No referido á satisfacción do estudantado coa docencia recibida, debe destacarse que o alumnado
valorouna moi positivamente, acadando un valor medio de 4,42 sobre 5 no curso 2016-2017,
continuando unha tendencia ao incremento da valoración, que leva a acadar o valor máis elevado
dende a implementación do título no curso 2009-2010. Todas as preguntas acadan unha puntuación
mínima de 4,3 ou superior no curso obxecto de seguimento (2016-2017). A puntuación máis alta
acádase nas preguntas relacionadas coa axuda recibida nas titorías, resolución das dúbidas que se
lle plantexan, explicar a programación da materia e os criterios de avaliación, cumprir co programa
de traballo establecido, a utilidade do material de apoio para a preparación da materia e a existencia
de coordinación entre os distintos profesores da materia. Asemade, moitos egresados
recomendáronlle realizar o máster a outras persoas que finalmente se matriculan.
Debe terse en conta que no curso 2015-2016 aplícanse por primeira vez os criterios acordados pola
Comisión de Calidade e Planificación delegada do Consello de Goberno na sesión celebrada o 22
de xullo de 2016. Para certificar a enquisa de satisfacción coa docencia recibida, deben terse 5 ou
máis respostas. Se hai menos de 5 respostas, teranse en conta as enquisas con participación do
alumnado matriculado na materia igual ou maior ao 30%.
A satisfacción do profesorado coa docencia impartida tamén é moi elevada, sendo 4,10 o valor
correspondente ao curso 2016-2017. Todas as preguntas superan a valoración media de 3,1. A
42 de 51
pregunta con menor puntuación é a relativa ao nivel de coñecementos e habilidades cos que chega
o alumnado (3,19), seguida da satisfacción global co traballo realizado polo alumnado nas súas
clases (3,88) e a coordinación entre as distintas materias e/ou niveis do título foi adecuada (3,88).
As preguntas con maior puntuación son se a coordinación da materia entre os distintos profesores
foi efectiva (4,33), os estudantes participan crítica e activamente (4,21), o interese manifestado
polo alumnado cara á materia que imparte (4,21) e a satisfacción coa relación creada co alumnado
nas clases e nas titorías. Nas reunións de profesorado transmítese que o nivel de satisfacción dos
mesmos é alto, destacando en particular que a ensinanza de máster é a que xera unha maior
motivación do docente, polo maior implicación do estudantado.
En relación coa enquisa de satisfacción do profesorado coa titulación, que se inicia como piloto no
curso 2016-2017 foi respondida por 6 profesores, o que representa unha taxa de resposta do
18,75%.
Por último, analizamos as enquisas de satisfacción coas prácticas no curso 2016-2017 polos
distintos grupos participantes (estudantes, titores académicos e profesionais), que realiza a
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade. Os resultados deses enquisas mostran un grao
elevado de satisfacción, como se comentou no criterio 1.
Así, a satisfacción dos estudantes co programa de prácticas externas é elevada, situándose en 3,51
(sobre 5). Se ben este valor é inferior ao dos dous últimos cursos (4,24 no curso 2015-2016 e 4,71
no curso 2014-2015), atópase en valores altos, especialmente se o comparamos coa valoración de
2,89 correspondente aos cursos 2012-2013 e 2013-2014. A taxa de resposta é do 27,78% (5
cuestionarios), que se ben é un valor baixo, continúa a tendencia ao incremento. Todos os ítems da
enquisa superan a valoración de 3 e a puntuación máis baixa correspóndelle á pregunta sobre a
duración das prácticas (3 sobre 5). O aspecto no que se acada a maior valoración media é o de
realización das prácticas, cunha puntuación de 4,6, tamén superior á media da USC.
O grao de satisfacción dos titores coas prácticas pode considerarse moi alto, situándose no 4,06 no
caso dos titores externos (sobre 5). No caso dos titores profesionais, respondéronse tres
cuestionarios, o que representa unha taxa de resposta do 25%. De novo hai que precisar que a taxa
de resposta real é maior, pois unha entidade acolleu a dous estudantes para a realización de
prácticas. As preguntas con maior valoración (4,67) son as relativas ao grao de cumprimento polo
alumnado das actividades asignadas e ao grao de satisfacción xeral. A pregunta na que se acada
unha puntuación máis baixa (2,67) é a que se refire a valorar a formación inicial de competencias
profesionais do alumnado para cumprir coas actividades que lle foron asignadas.
A propia titulación realizou dende a súa implantación unha enquisa sobre prácticas, tanto aos
43 de 51
titores externos como ao alumnado. Dende o momento no que a USC elabora a enquisa aos
estudantes, a taxa de resposta á enquisa propia diminuíu considerablemente, polo que actualmente
xa non se realiza esta enquisa adicional.
Estes indicadores téñense en conta na reflexión sobre o funcionamento do título e o seu proceso de
revisión.
A continuidade do Máster permite ofrecer un perfil profesional demandado na nosa sociedade, á
vez que garantir a formación de posgrao dos estudantes en Economía que queiran especializarse no
ámbito da innovación e o desenvolvemento. Ao mesmo tempo esta titulación dá acceso directo ao
Programa de Doutoramento en Economía e Empresa.
7.3.- Os valores de inserción laboral dos egresados do título son adecuados ao contexto socio-económico e profesional do título. Aspectos a valorar: • Análise dos históricos de resultados existentes nos estudos realizados sobre inserción laboral do título. • Adecuación da evolución dos indicadores de inserción laboral en función das características do título. • Os indicadores de inserción laboral téñense en conta para a mellora e revisión do plan de estudos. Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración:
En relación coa inserción laboral, o máster presenta unha traxectoria positiva, contando cunha
valoración favorable por parte dos egresados, con recoñecemento dende o ámbito laboral e cunha
vinculación significativa con diferentes eidos socioeconómicos e empresariais de Galicia. Así se
pode constatar por exemplo na opinión dos egresados sobre o título e a vinculación coa súa
actividade laboral, recollida na páxina web do máster ou no apartado Testumuños Alumni do blog
do máster.
A elaboración do estudo de inserción laboral correspóndelle á ACSUG. No ano 2015 publícase o
primeiro estudo sobre a inserción laboral correspondente a másters con datos referidos aos cursos
2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010. A enquisa realizada entre maio e xuño de 2013 dirixiuse a
unha mostra total de 792 persoas na área de ciencias sociais e xurídicas, das que 562 pertencen ao
curso 2009-2010, no que se implantou o máster. Os resultados dese estudo na área de ciencias
sociais e xurídicas, indican que o principal motivo para realizar un máster constitúeo complementar
a formación académica de cara ao mercado laboral (53,6%), mentres que complementar a
formación de cara á investigación só é salientado polo 16,4% dos participantes. A maior parte dos
titulados traballou previamente á realización do máster (55,8%), mentres que o 36,1% non
traballaban ao iniciar o máster. O 8,2% dos titulados deixaron o seu emprego para cursar o máster.
En relación coa situación laboral posterior ao máster, o 70,8% dos titulados traballa no momento
de realización da enquisa (entre maio e xuño de 2013) presentando a área de ciencias sociais a
menor taxa de inserción laboral. O tempo medio en atopar emprego dende a finalización do máster
44 de 51
foi de 8,53 meses. Con respecto ao lugar de traballo, destaca Galicia para o 88,7% dos titulados;
mentres que o 9,5% traballa no resto de España e, un 1,8% no estranxeiro.
En 2016 publícase o Estudo da inserción laboral dos titulados en Másteres no Sistema
Universitario de Galicia 2010-2011. A enquisa na área de ciencias sociais e xurídicas realizouse
entre xuño e xullo de 2014 e dirixiuse a unha mostra total de 669 persoas das tres Universidades
galegas. Os resultados deste estudo na área de ciencias sociais e xurídicas, indican novamente que
o principal motivo para realizar un máster constitúeo complementar a formación académica de cara
ao mercado laboral (56%), mentres que o 17% dos enquisados complementa a formación de cara á
investigación. O 30% dos enquisados sinala que facer un máster era necesario para o seu emprego
actual ou futuro. A maior parte dos titulados traballou previamente á realización do máster
(67,3%), mentres que o 38,8% non traballaba ao iniciar o máster. O 7,1% dos titulados deixaron o
seu emprego para cursar o máster. En relación co emprego posterior á realización do máster, preto
do 70% dos titulados na área de ciencias sociais e xurídicas estivo traballando, mentres que menos
do 10% deses titulados non traballou dende a finalización do máster. O tempo medio para atopar
un emprego dende a finalización do máster na área de ciencias sociais e xurídicas é de 8,6 meses,
lixeiramente superior á media dos másters do SUG (8,29).
Con respecto á situación laboral no momento de realización da enquisa (en xuño e xullo de 2014,
aproximadamente tres anos despois de rematar o máster), o 71% dos titulados na área de ciencias
sociais e xurídicas estaba traballando. Con respecto ao lugar de traballo, a meirande parte dos
titulados (88,8%) dos casos é Galicia; mentres que o 9,7% traballa no resto de España, e un 1,4%
no estranxeiro.
Actualmente cóntase con indicadores de inserción laboral que se extraen da información dispoñible
na Seguridade Social dos egresados universitarios. Á hora de interpretar estes indicadores debe
terse en conta que só se considera a poboación afiliada á Seguridade Social, polo que non se
consideran os seguintes grupos de egresados universitarios: os que traballan nun país estranxeiro e,
polo tanto, non están afiliados á Seguridade Social en España; os egresados universitarios que
exercen a súa profesión como autónomos e que están afiliados a unha mutualidade do seu colexio
profesional (como arquitectos, funcionarios afiliados a MUFACE ou ISFAS). O primeiro grupo é o
máis relevante á hora de analizar os resultados desta titulación. Igualmente, debe terse en conta a
situación dos egresados que realizan estudos de doutoramento.
Con eses datos da Seguridade Social, os egresados no curso 2009-2010 presentaban unha taxa de
afiliación do 87,5% un ano despois, mostrando unha tendencia descendente, ata situarse no 62,5%
en 2014, catro anos despois de finalizar o máster. Dende ese momento, volve incrementarse para
45 de 51
situarse no 75% cinco anos despois e no 81,3% seis anos despois. Tamén cómpre destacar que a
maior parte dos contratos son a tempo completo (aínda que depende do ano como mínimo, o 75%)
e temporais (entre o 57% e o 80%, con tendencia decrecente). Outro dato moi relevante é o grupo
de cotización, no que predomina claramente o universitario (entre o 90% e o 100%). Isto constitúe
un indicador de que o posto de traballo está relacionado coa formación de máster e non se trata de
empregos de menor cualificación.
No caso dos egresados no curso 2013-2014, os resultados mostran unha taxa de afiliación do 50%
un ano despois de finalizar o máster, incrementándose notablemente ata o 71,4% dous anos despois
de finalizar o máster. De novo, predominan os contratos temporais, os de tempo completo e o
grupo de cotización dos universitarios.
En relación coa inserción laboral, antes da existencia destes datos oficiais, a coordinación do
máster realizaba un seguimento da traxectoria laboral dos egresados. A información da que dispón
o Máster, baseada na enquisa realizada polo propio equipo organizador do Máster aos egresados,
así como da actualización da información derivada da tarefa de seguimento, permite afirmar que a
titulación conta cunha moi boa inserción laboral dos titulados en ámbitos moi distintos (como
consultores, como emprendedores, como xestores de innovación en empresas e institucións
públicas, en centros de investigación, unidades de emprendemento, en oficinas de transferencia de
tecnoloxía das universidades, como directores ou técnicos de axencias de desenvolvemento
rexional ou local, …).
A taxa de inserción laboral do título é moi elevada, acadando o 85% dos egresados os que teñen
emprego en abril de 2016 (última actualización realizada polo máster). Realizando a análise por
ano de inicio de estudos, cabe destacar que os egresados que comezaron o máster na primeira
promoción, seis anos despois presentaban unha taxa de inserción laboral do 95%. A taxa de
inserción laboral dos egresados que iniciaron estudos nos seguintes cursos é algo máis baixa,
especialmente nos dos dous últimos cursos. Mais pode considerarse satisfactoria, tendo en conta
especialmente o contexto do mercado laboral e o tempo preciso para poder atopar un traballo. Polo
tanto, os valores de inserción laboral dos egresados do título son axeitados ao contexto socio-
económico e profesional do título e revela que existe demanda social destes profesionais, tanto en
Galicia como noutros territorios.
Aos egresados do título transmíteselles calquera oportunidade laboral que se coñeza no ámbito do
desenvolvemento económico e a innovación por se resulta do seu interese.
Debe destacarse o ben valorada que está a titulación nos ámbitos laborais aos que se dirixe
principalmente ao recoñecerse nesas entidades (tanto de carácter público como privado) a
46 de 51
capacidade dos titulados no Máster para achegar valor engadido á organización, mesmo
propiciando o desenvolvemento de novas actividades. Tamén resulta significativo que os titulados
recomenden a realización do Máster a compañeiros e persoas do seu ámbito. Segundo o estudo da
ACSUG, o 75,7% dos egresados volverían realizar o máster. Unha síntese da opinión dos
egresados pode consultarse na web propia do Máster na ligazón
http://www.usc.es/gl/titulacions/masters_oficiais/dein/alumni.html ou ben na sección do blog
Testemuños alumni (http://masterdein.blogspot.com.es/p/testemunas.html).
Polo tanto, pode concluírse que o máster presenta unha traxectoria positiva, contando cunha
valoración favorable por parte dos egresados e con recoñecemento dende o ámbito laboral.
47 de 51
LISTAXE DE EVIDENCIAS E INDICADORES
Criterios Nº Evidencia / Indicador Documento/enlace Todos E1 Memoria Vixente do título ACSUG
Todos E2 Informes de verificación, modificación, seguimento incluíndo os plans de mellora ACSUG
1 E3 Análise do perfil real de ingreso/egreso Autoinforme, Criterio 1
1,6
E4 Guías docentes das materias (competencias, actividades formativas, metodoloxías docentes, sistemas de avaliación, resultados de aprendizaxe)
Web do Título
1,3
E5
Actas das reunións celebradas, polo menos dos dous últimos cursos, da Comisión Académica/Comisión de Titulación/Comisión de Garantía de Calidade (as actas deben incorporar un apartado con acordos adoptados en cada reunión)
Actas
1 E6 Listaxe de estudantes que solicitaron recoñecemento de créditos E6
1,6
E8
Informes/documentos onde se recollan as conclusións dos procedementos de consulta internos e externos para valorar a relevancia e actualización do perfil de egreso dos estudantes do título/valoración adquisición resultados da aprendizaxe
Autoinforme, Criterios 1 e 6
1,7
I1
Número de estudantes de novo ingreso por curso académico
4311753_P.Ind_2016-2017
4311753_INF.16_2016-2017
4311753_Informe_de_indicadores_2016_17
1 I2 No caso de máster, número de estudantes de novo ingreso por titulación de procedencia 4311753 _I2_2016-2017
1
I3
Indicadores de mobilidade (Número e porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade sobre o total de estudantes matriculados)
4311753_P.Ind_2016-2017
5015_INF.03_2016-2017
4311753_Informe_de_indicadores_2016_17
2
E9
Páxina web da universidade/centro/título (debe ter como mínimo a información referida “Información mínima pública*”)
Web da USC Web do Centro Web do Título
3 E10 Documentación do SGC (política e obxectivos de calidade, manual e procedementos)
Web do Centro
3
E11
Evidencias da implantación dos procedimientos do SGC( procedementos completos, revisados e actualizados que desenvolvan as directrices do SGC:Política de calidade,Deseño revisión periódica e melloras dos programas formativos, garantía da aprendizaxe, enseñanza e avaliación centrados no estudante, Garantía e mellora da
Web do Centro
48 de 51
calidade dos recursos humanos, garantía e mellora da calidade dos recursos materiais e servizos e información Pública)
3,7 E12 Plans de mellora derivados da implantación do SGC
Web do Centro
3,7 E13 Análise das enquisas de satisfacción (%participación, resultados, evolución,…) Autoinforme, Criterios 3 e 7
Todos
I4
Resultados das enquisas de satisfacción de todos os grupos de interese do título
4311753_P.Ind_2016-2017
5015_INF.05_2016-2017
4311753_INF.06_2016-2017
4311753_INF.07_2016-2017
4311753_INF.09_2016-2017
5015_INF.10_2016-2017
5015_INF.11_2016-2017
4311753_INF.13_2016-2017
4311753_INF.14_2016-2017
5015_INF.21_2016-2017
4311753_INF.22_2016-2017
4311753_INF.23_2016-2017
4311753_Informe_de_indicadores_2016_17
3
I5
Resultados dos indicadores que integran o SGC
4311753_P.Ind_2016-2017
4311753_Informe_de_indicadores_2016_17
4
E15
Plan de Ordenación Docente: información sobre o profesorado (número, experiencia docente e investigadora, categoría, materias que imparte, área, etc)
4311753_E15_2016-2017
4 E16 Información sobre o persoal de apoio por Centro (número e cargo/posto desempeñado) 5015_E16_2016-2017
4 E17 Análise das enquisas de avaliación da docencia (% participación, resultados, evolución, … ) Autoinforme, Criterio 4
4
I6
Porcentaxe de participación do profesorado do título en plans de formación da universidade e en actividades formativas específicas
5015_I6-I7_2016-2017
4
I7
Porcentaxe de participación do PAS do centro en plans de formación da universidade e en actividades formativas específicas
5015_I6-I7_2016-2017
4
I8 Resultados das enquisas de avaliación da docencia (%participación, resultados, evolución,… )
4311753_INF.13_2016-2017
4311753_INF.14_2016-2017
4 I10 Indicadores de mobilidade (número e porcentaxe de profesores que participan en programas de 5015_I10_2016-2017
49 de 51
mobilidade sobre o total de profesorado do título)
5 E18 Información sobre os recursos materiais directamente relacionados co título
Web do Centro
5 E19 Información sobre servicios de orientación académica e programas de acollida
Web do Centro
5
E20
Listaxe dos centros/entidades para a realización de prácticas externas curriculares ou extracurriculares
E20
5 I11 Distribución alumnado por centros de prácticas I11
5 E22 Materiais didácticos e/o tecnolóxicos que permitan unha aprendizaxe a distancia
Campus Virtual
6
E24
Listaxe de traballos fin de grao/máster de, al menos, os últimos cursos académicos (título, titor y calificación)
E24
6 E25 Informes/listaxe das calificacións de cada unha das materias do título 4311753_INF.15_2016-2017
6 E26 Mecanismos utilizados para a análise da adquisición dos resultados de aprendizaxe Autoinforme, Criterio 6
7
E30
Informe/documento onde se recollan os resultados do título (incluídos indicadores inserción laboral e SIIU)
Autoinforme, Criterio 7
6,7
I12
Indicadores de resultados (estas taxas facilitaranse de forma global para o título. As taxas de rendemento, éxito e avaliación facilitaranse tamen por materia): - Taxa de graduación - Taxa de abandono - Taxa de eficiencia - Taxa de rendimiento - Taxa de éxito - Taxa de avaliación
4311753_P.Ind_2016-2017
4311753_INF.17_2016-2017
4311753_INF.18_2016-2017
4311753_INF.19_2016-2017
4311753_Inf._SIIU(1)_2016_17
4311753_Inf._SIIU(2)_2016_17
4311753_Informe_de_indicadores_2016_17
7
I13
Relación da oferta/demanda das prazas de novo ingreso
4311753_P.Ind_2016-2017
4311753_Informe_de_indicadores_2016_17
7 I14 Resultados de inserción laboral 4311753 _EIL-SIIU_2015-2016
1,4,5 I15
Media de alumnos por grupo de docencia
4311753_P.Ind__2016_17 4311753_MedUSC_2016-2017 4311753_Informe_de_indicadores_2016_17
50 de 51
MODIFICACIÓNS DO PLAN DE ESTUDOS MODIFICACIÓN XUSTIFICACIÓN Cambio códigos ISCED O cambio de clasificación ISCED-2013 (International
Standard Classification of Education, implica un cambio de códigos para os títulos verificados, pasando de tres a catro díxitos e nalgúns casos tamén se cambia o literal ou se reorganizan epígrafes. Así sucede no caso do Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación, que pasa a ter o código ISCED 0311 Economía (previamente era 345 Administración e Dirección de Empresas)
ACCIÓNS DE MELLORA
Código
AM-1 (Curso 2016-2017)
Orixe
Reunións da Comisión Académica e Informe de Seguimento
Ámbito de aplicación
Criterio 1 - Organización e desenvolvemento
Criterio 7 - Indicadores de satisfacción e rendemento
Análise causa Análise realizada pola Comisión Académica do título sobre a evolución da matrícula e perfil
Definición/
descrición proposta
Proponse anticipar o calendario de preinscrición en máster para que coincida co doutras Universidades españolas e estranxeiras para que a demanda non se limite ás persoas que non foron aceptados noutras Universidades
Datas
Finalización: Prevista en Outubro de 2018; Inicio: Decembro 2017
Estado/Eficacia Estado: Activa; Eficacia : -- Data Estado: 27/02/2018
Responsables
Coordinador do Máster: Xavier Vence Deza
Comisión Académica do Máster
Comisión de Calidade do Centro
Vicerreitoría de Organización Académica e Innovación Docente
ACCIÓNS DE MELLORA
Código
AM-2 (Curso 2016-2017)
Orixe
Comisión de Calidade e Planificación
51 de 51
Ámbito de aplicación
Criterio 3 - Sistema de Garantía de Calidade
Análise causa Complexidade do SGC
Definición/
descrición proposta
Redeseño do SGC para acadar a simplificación e a operatividade do
SGC
Dotar ao sistema dunha maior flexibilidade, adaptándose ás
necesidades específicas de cada centro
Datas
Finalización: Marzo-Abril 2019; Inicio: 22/02/2018
Estado/Eficacia Estado: Iniciada; Eficacia: --; Data Estado: 27/02/2018
Responsables Comisión de Calidade do Centro
Área de Calidade e Mellora de Procedementos
ACCIÓNS DE MELLORA
Código
AM-3 (Curso 2016-2017)
Orixe
Informe de Seguimento
Ámbito de aplicación
Criterio 3 - Sistema de Garantía de Calidade
Análise causa
Incrementar a participación dos grupos de interese nos procedementos de recollida de datos (enquisas de satisfacción) que permitan obter información sobre o desenvolvemento do título, especialmente no profesorado e nos egresados
Definición/
descrición proposta Difusión para fomentar a cultura da calidade e participación dos grupos de interese do centro nas enquisas de satisfacción.
Datas
Finalización: Decembro 2018; Inicio: Outubro 2017
Estado/Eficacia Estado: Activa; Eficacia : -- Data Estado: 27/02/2018
Responsables Comisión de Calidade do Centro Vicerreitoría de Comunicación e Coordinación Área de Calidade e Mellora dos Procedementos