AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · PDF file 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE...

Click here to load reader

  • date post

    10-Oct-2020
  • Category

    Documents

  • view

    11
  • download

    0

Embed Size (px)

Transcript of AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · PDF file 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE...

  • AUTOINFORME DE SEGUIMENTO

    Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos

    Curso Académico: Curso 2016-2017

  • 2 de 35

    ■ Datos da universidade e do título obxecto do seguimento ■ Cumprimento do proxecto establecido

    ■ Dimensión 1. A xestión do título ■ Criterio 1. Organización e desenvolvemento ■ Criterio 2. Información e transparencia ■ Criterio 3. Sistema de garantía de calidade

    ■ Dimensión 2. Recursos humanos ■ Criterio 4. Recursos Humanos ■ Criterio 5. Recursos materiais e servizos

    ■ Dimensión 3. Resultados de aprendizaxe ■ Criterio 6. Resultados da aprendizaxe ■ Criterio 7. Indicadores de satisfacción e rendemento

    ■ Listaxe de evidencias e indicadores ■ Modificacións do plan de estudos ■ Plan de Melloras

    ■ Abertas curso 2016-2017 ■ Criterios anteriores a curso 2015/2016

    ■ AM-1 ■ AM-2 ■ AM-3

  • 3 de 35

    1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO

    Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos.

    Mencións/Especialidades

    Universidade responsable administrativa

    Universidade de Santiago de Compostela

    En caso de títulos interuniversitarios, universidade/s participante/s

    Centro responsable Facultade de Filoloxía

    Centro/s onde se imparte Facultade de Filoloxía

    Rama de coñecemento Artes e Humanidades

    Número de créditos 60 ECTS

    Profesión regulada NON

    Modalidade de impartición Presencial

    Curso de implantación 2009/2010

    Data acreditación ex ante (verificación)

    06/07/2009

    Data renovación acreditación 23/10/2015

  • 4 de 35

    CUMPRIMENTO DO PROXECTO ESTABLECIDO

    DIMENSIÓN 1. A XESTIÓN DO TÍTULO

    CRITERIO 1. ORGANIZACIÓN E DESENVOLVEMENTO: Estándar: O programa formativo está actualizado e implantouse de acordo coas condicións establecidas na memoria verificada. Analizar e valorar se o desenvolvemento do plan de estudos realizou conforme a memoria verificada e non se produciron incidencias graves, o que permitiu unha correcta adquisición das competencias por parte dos estudantes.

    1.1.- O título mantén o interese académico e está actualizado segundo os requisitos da disciplina, avances tecnolóxicos e científicos, necesidades socioeconómicas e requisitos da profesión.

    Aspectos a valorar:

     O perfil formativo/egreso do título mantén a súa relevancia e está actualizado segundo os requisitos do seu ámbito académico, científico e profesional e, no seu caso, segundo as necesidades e requisitos da profesión regulada.

    Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: O título nace como unha oferta única no SUG e consolídase como tal ao longo destes anos e no curso 2016-17. O carácter de máster interdisciplinar e interfacultativo (Filoloxía e Xeografía e Historia) segue estando plenamente vixente como se pode constatar no ingreso de alumnos e no cadro de persoal que conforma a docencia das materias. O obxectivo inicial de estudar a Idade Media desde unha perspectiva interdisciplinar, na que as orientacións histórica, social, artística e literaria sexan abordadas en conxunto, é un dos valores máis destacados do máster e mantén o interese para os alumnos dos diferentes ámbitos das Humanidades, posto que complementan a súa formación, ao mesmo tempo que profundan en liñas de investigación (oferta ampla de materias optativas) que poderán ser continuadas posteriormente no Programa de Doutoramento de Estudos Medievais, un programa que recolle os obxectivos do máster e no que o egresado pode adquirir o nivel máis alto de capacitación investigadora a partir das ferramentas proporcionadas previamente nos estudos do máster. De feito, constátase que, a pesar da situación adversa de falta de apoio financeiro á investigación, os egresados inscríbense neste Programa continuando cos titores e con proxectos de investigación que recollen na maioría dos casos as liñas de traballo iniciadas no TFM. Concretamente no curso 2016-17 oito estudantes, procedentes do máster, continúan no Doutoramento de Estudios Medievais, unha cifra relevante, posto que no ámbito das humanidades os alumnos que continúan a súa formación na investigación non é unha opción habitual. A diversidade de titulacións dos alumnos matriculados e a procedencia de estudantes de universidades distintas da USC afianzan a súa consolidación na oferta de estudos (incluso coa matrícula de alumnos procedentes de universidades estranxeiras), se ben o descenso de alumnos segue estando presente continuando a tendencia iniciada o ano anterior e que esperamos nun futuro reverter. Nesta cuestión inflúen dúas razóns contra as que é bastante difícil loitar: por unha parte, a oferta de prazas en secundaria que leva a moitos estudantes a optar polos másteres de formación do profesorado obrigados para poder opositar e, por outra, ligada a esta, eses másteres, que cando se deseñaron non capacitaban para o doutoramento, agora contemplan esta posibilidade cunha pequena formación complementaria de ata 12 créditos. Neste sentido a preinscripción de alumnos, antes de que se abra o prazo de matrícula, é moi alta, o que indica que os obxectivos e os contidos do título son interesantes nun principio. A memoria incial preveía una media de matrícula de 10 alumnos por curso académico nos primeiros anos, se ben se mostraba a disposición favorable a acoller grupos de 15. Así foi durante o curso 2009- 10, matriculáronse un total de 17 alumnos a tempo completo. No curso 2010-11, en cambio, o número de matriculados descendeu a 13. No curso 2011-2012, sen embargo, a demanda experimentou de novo

  • 5 de 35

    un ascenso que superou a oferta prevista, ata o punto de que a CA decidiu solicitar unha ampliación no número de alumnos de novo ingreso de 20 a 25, dado que había 24 solicitudes de inscrición, que se traduciron logo nun total de 23 matriculados. No curso 2012-13 produciuse un novo descenso de demanda e os alumnos matriculados foron 14. No curso 2013-14 volveu a subir ese número ata 23 e ese ascenso veuse confirmado, de novo, no 2014-2015, con 26 alumnos de inicio de estudos. No curso 2015- 16 baixou a 14 a matrícula de novo ingreso. No curso obxecto deste informe, hai que sinalar que, a pesar de que se ofertaron 28 prazas, contabilizouse unha matrícula total de 16 alumnos, dos cales 11 foron de novo ingreso. A taxa de ocupación é, segundo estas cifras, algo baixa e reflicte unha tendencia descendente marcada xa no curso 2015-16 (50%), e agora acentuada (39,29%). Trátase do dato máis preocupante do máster e a tal fin levaranse a cabo varias accións de mellora. En primeiro lugar, levarase a cabo a AM.-1 que tentará axustar o número de oferta de prazas á matrícula real solicitando ao SXOPRA a redución de número de matrícula para o curso 2018-19, consonte á marxe que a normativa vixente establece para estes casos. En segundo lugar, insistirase na información e difusión do máster coa elaboración de novos folletos, a utilización das redes sociais e a publicidade nos medios de comunicación (vid. AM-3, tarefas AM-3.1., AM-3.2. e AM-3.3.). Como datos positivos da valoración do máster, cómpre destacar que o título é moi atractivo para os estudantes de fóra da institución da USC e de Galicia, posto que 25% da porcentaxe de estudantes nacionais son de fóra de comunidade galega e o 6,25 % son estudantes estranxeiros. Concretamente dos 16 alumnos matriculados 12 alumnos teñen a súa orixe na CA de Galicia, mentres que 4 proveñen doutras comunidades nacionais (1 de Asturias, 2 de Castilla-La Mancha e 1 de Madrid), e hai que sumar, ademais, unha alumna italiana que cursou parte das materias que lle faltaban para a obtención do título. Percíbese, así mesmo, que a nota media de acceso segue sendo elevada (7,70 de puntuación), a máis alta desde a inauguración do máster, un dato que reflicte a boa acollida do título entre os estudantes que teñen interese pola Idade Media e que queren continuar a súa formación. O máster ten relación, ademais do Programa de Estudos Medievais, coa Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares, que nace como resultado do traballo de colaboración fundamentalmente de grupos e áreas de coñecemento que participan precisamente no máster (Historia Medieval, Historia da Arte e varias Filoloxías) e na que se integran equipos doutras universidades e organismos de investigación de diferentes países. Desde esta e co aval económico da mesma, organizáronse unha ampla serie de actividades formativas dirixidas ao alumnado do título (e tamén ao Programa de Doutoramento en Estudos Medievais) que teñen moi boa acollida e unha ampla oferta: conferencias, seminarios e incluso excursións formativas ao patrimonio medieval galego. A web do centro (http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/index.html) e a web propia do máster (http://www.usc.es/filrom/teaching/master/?lang=es) reflicten a actualización permanente de contidos realizada cada ano engandindo información en pestanas novas, cando se estima oportuno. En todo momento, desde a coordinación do máster e desde o centro realizouse un gran esforzo en verter toda a documentación e indicacións do curso, posto que se constata que son páxinas moi consultadas (sobre todo, a propia) e que os alumnos procedentes de fóra da comunidade teñen coñecemento do título a través da visualización destas páxinas