Presentación: B. Areskurrinaga HCPresentación: B. Areskurrinaga HCEuskaraz: D. AmundarainEuskaraz: D. AmundarainMúsica: Amor, algo maravilloso.Música: Amor, algo maravilloso.
26 xullo 201517º Tempo Ordinario
Xoán 6, 1-15
José Antonio Pagola
O episodio da multiplicación dos pans gozou de gran O episodio da multiplicación dos pans gozou de gran popularidade entre os seguidores de Xesús. popularidade entre os seguidores de Xesús.
Todos os evanxelistas o recordan. Seguramente, conmovíaos Todos os evanxelistas o recordan. Seguramente, conmovíaos pensar que aquel home de Deus se preocupara de alimentar pensar que aquel home de Deus se preocupara de alimentar
unha multitude que quedara sen o necesario para comerunha multitude que quedara sen o necesario para comer.
Segundo a versión de Xoán, o primeiro que pensa na fame de aquel xentío que acudiu a escoitalo é Xesús. Esta xente
necesita comer; hai que facer algo por eles. Así era Xesús. Vivía pensando nas necesidades básicas do
ser humano.
Filipe faille ver que non teñen diñeiro. Entre os discípulos, todos son pobres: non poden
mercar pan para tantos. Xesús sábeo. Os que teñen diñeiro non resolverán nunca o
problema da fame no mundo. Necesítase algo máis ca diñeiro.
Xesús vailles axudar a vislumbrar un camiño diferente. Antes que
nada, é necesario que ninguén acapare o seu para si mesmo se hai
outros que pasan fame.
Os seus discípulos terán que aprender a poñer a
disposición dos famentos o que teñan, aínda que só sexa ««cinco bolos de pan cinco bolos de pan
de cebada e un par de de cebada e un par de peixespeixes».».
A actitude de Xesús é a máis sinxela e humana que podemos imaxinar.
Pero, quen nos vai ensinar a nós a compartir, se só sabemos mercar?
Quen nos vai liberar da nosa indiferenza ante os Quen nos vai liberar da nosa indiferenza ante os que morren de fame? Hai algo que nos poida que morren de fame? Hai algo que nos poida
facer máis humanos?facer máis humanos?
Producirase algún día ese «milagre» da solidariedade
real entre todos?
Xesús pensa en Deus. Non é posible crer Nel como Pai de todos, e vivir deixando que os seus fillos e fillas morran de fame. Por iso, toma os alimentos que
recolleron no grupo, «ergue os ollos ao
ceo e di a acción de grazas».
A Terra e todo o que nos alimenta recibímolo de Deus.
É agasallo do Pai destinado a todos os seus fillos e fillas.
Se vivimos privando a outros do que necesitan para vivir é que o temos
esquecido. É o noso gran pecado aínda que case nunca o confesemos.
Ao compartir o pan da eucaristía, os primeiros Ao compartir o pan da eucaristía, os primeiros cristián sentíanse alimentados por Cristo cristián sentíanse alimentados por Cristo
resucitado, pero, ao mesmo tempo, lembraban o resucitado, pero, ao mesmo tempo, lembraban o xesto de Xesús e compartían os seus bens cos xesto de Xesús e compartían os seus bens cos
máis necesitados. máis necesitados. Sentíanse irmáns. Non esqueceran aínda o Sentíanse irmáns. Non esqueceran aínda o
Espírito de XesúsEspírito de Xesús.
O NOSO GRAN PECADO
O episodio da multiplicación dos pans gozou de gran popularidade entre os seguidores de Xesús. Todos os evanxelistas o lembran. Seguramente, conmoveunos pensar que aquel home de Deus se preocupara de alimentar unha multitude que quedara sen o necesario para comer.
Segundo a versión de Xoán, o primeiro que pensa na fame daquel xentío que acudiu a escoitalo é Xesús. Esta xente necesita comer; hai que facer algo por eles. Así era Xesús. Vivía pensando nas necesidades básicas do ser humano.
Filipe faille ver que non teñen diñeiro. Entre os discípulos, todos son pobres: non poden mercar pan para tantos. Xesús sábeo. Os que teñen diñeiro non resolverán nunca o problema da fame no mundo. Necesítase algo máis ca diñeiro.
Xesús vainos axudar a vislumbrar un camiño diferente. Antes que nada, é necesario que ninguén acapare o seu para si mesmo se hai outros que pasan fame. Os seus discípulos terán que aprender a poñer a disposición dos famentos o que teñan, aínda que só sexa «cinco bolos de pan de cebada e un par de peixes».
A actitude de Xesús é a máis sinxela e humana que podemos imaxinar. Pero, quen nos vai ensinar a nós a compartir, se só sabemos mercar? Quen nos vai liberar da nosa indiferenza ante os que morren de fame? Hai algo que nos poida facer máis humanos? Producirase algún día ese «milagre» da solidariedade real entre todos?
Xesús pensa en Deus. Non é posible crer Nel como Pai de todos, e vivir deixando que os seus fillos e fillas morran de fame. Por iso, toma os alimentos que recolleron no grupo, «ergue os ollos ao ceo e di a acción de grazas». A Terra e todo o que nos alimenta recibímolo de Deus. É agasallo do Pai destinado a todos os seus fillos e fillas. Se vivimos privando a outros do que necesitan para vivir é que o temos esquecido. É o noso gran pecado aínda que case nunca o confesemos.
Ao compartir o pan da eucaristía, os primeiros cristiáns sentíanse alimentados por Cristo resucitado, pero, ao mesmo tempo, recordaban o xesto de Xesús e compartían os seus bens cos máis necesitados. Sentíanse irmáns. Non esqueceran aínda o Espírito de Xesús.
José Antonio Pagola