XENÉTICA FONTAO...XENÉTICA FONTAO TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER Nº15 Decembro 2013 Chinelo...

32
XENÉTICA FONTAO TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER Nº15 Decembro 2013 Chinelo TORREL 5545 MB-85 SALNÉS, O NOVO TOURO XENÓMICO Nº 1. SETE DOS 10 MELLORES TOUROS XENÓMICOS SON DE XENÉTICA FONTAO EXCELENTE PAPEL DAS FILLAS DOS NOSOS TOUROS NOS CONCURSOS SEXPILL, O MELLOR TOURO ESPAÑOL ACORNE E PORTADOR DO FACTOR VERMELLO

Transcript of XENÉTICA FONTAO...XENÉTICA FONTAO TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER Nº15 Decembro 2013 Chinelo...

Page 1: XENÉTICA FONTAO...XENÉTICA FONTAO TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER Nº15 Decembro 2013 Chinelo TORREL 5545 MB-85 SALNÉS, O NOVO TOURO XENÓMICO Nº 1. SETE DOS 10 MELLORES TOUROS

XENÉTICA FONTAO

TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER

Nº15 Decembro 2013

Chinelo TORREL 5545 MB-85

SALNÉS, O NOVO TOURO XENÓMICO Nº 1. SETE DOS 10 MELLORES TOUROS XENÓMICOS SON DE XENÉTICA FONTAO

EXCELENTE PAPEL DAS FILLAS DOS NOSOS TOUROS NOS CONCURSOS

SEXPILL, O MELLOR TOURO ESPAÑOL ACORNE E PORTADOR DO FACTOR VERMELLO

Page 2: XENÉTICA FONTAO...XENÉTICA FONTAO TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER Nº15 Decembro 2013 Chinelo TORREL 5545 MB-85 SALNÉS, O NOVO TOURO XENÓMICO Nº 1. SETE DOS 10 MELLORES TOUROS

z

Pedigree orixinal da familia “Converse Judy”

Proba moi equilibrada tanto para produción como para tipo

Altísimas producións de leite (+1.437 kg) con excelentes calidades de graxa (+42 kg) e proteína (+42 kg)

Morfoloxía moi correcta, sen debilidades: ubres +2, patas +1,16, capacidade +1,89 e tipo xeral (IXT) +2,15

Na súa segunda proba oficial dobra o número de fillas, sobe máis de 200 puntos e sitúase como Nº 6 do TOP 50 GICO

XUDÁN ESPM2703015027 aAa 432516

AIRRAID x CHAMPION x AARON

Teixeiro XUDÁN Quinta MB-85

Page 3: XENÉTICA FONTAO...XENÉTICA FONTAO TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER Nº15 Decembro 2013 Chinelo TORREL 5545 MB-85 SALNÉS, O NOVO TOURO XENÓMICO Nº 1. SETE DOS 10 MELLORES TOUROS

Xenética fontao DECEMBRO 2013 3EDITORIAL

EDITA:XENÉTICA FONTAO S.A.Fontao, Esperante. Aptdo. 12827080. Lugo

Tfno.: +34 982 284 391Fax: +34 982 284 626E-mail: [email protected]: www.xeneticafontao.com

PRODUCIÓN:Transmedia Comunicación & PrensaRonda das Fontiñas, 272, entreplanta A 27002. Lugo

Tfnos.: 982 221 278, 610 215 366, 636 952 893E-mail: [email protected]: www.transmedia.es

Tiraxe:7.000 exemplares

DEPÓSITO LEGAL:LU 173-2008

ÍNDICEÚLTIMAS PROBAS DE CONAFE ...

CONCURSOS..................................

O CARÁCTER ACORNE ..................

TOUROS PROBADOS:

XACOBEO ......................................

Juan (dereita), Iván e Estefanía, propietarios da gandería López Lunar de Dos Torres (Córdoba), con López Lunar XACOBEO Bibiana, Xata Campioa e Gran Campioa de

Xovencas do concurso USÍAS HOLSTEINS 2013

4

z

Pedigree orixinal da familia “Converse Judy”

Proba moi equilibrada tanto para produción como para tipo

Altísimas producións de leite (+1.437 kg) con excelentes calidades de graxa (+42 kg) e proteína (+42 kg)

Morfoloxía moi correcta, sen debilidades: ubres +2, patas +1,16, capacidade +1,89 e tipo xeral (IXT) +2,15

Na súa segunda proba oficial dobra o número de fillas, sobe máis de 200 puntos e sitúase como Nº 6 do TOP 50 GICO

XUDÁN ESPM2703015027 aAa 432516

AIRRAID x CHAMPION x AARON

Teixeiro XUDÁN Quinta MB-85

9

22

27

Page 4: XENÉTICA FONTAO...XENÉTICA FONTAO TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER Nº15 Decembro 2013 Chinelo TORREL 5545 MB-85 SALNÉS, O NOVO TOURO XENÓMICO Nº 1. SETE DOS 10 MELLORES TOUROS

2-00 380 d. 13.923 kg L. 3,99% G. 3,26% P.

LIDERADO ABSOLUTO DOS TOUROS DE XENÉTICA FONTAO NAS PROBAS DE CONAFE DE NOVEMBRO

TOUROS PROBADOSAs últimas probas oficiais ofrecen ex-

celentes posicionamentos para os tou-

ros de Xenética Fontao, tanto para os xa

confirmados en probas anteriores, que

manteñen a súa calidade, coma para os

que foron avaliados por primeira vez e se

incorporan con éxito.

Os sementais de Xenética Fontao volven brillar no novo TOP 50 ICO dos touros pro-bados e xenómicos, á vista dos resultados das avaliacións de Conafe corresponden-tes a novembro de 2013. Dos 10 primeiros touros en activo probados en España, 5 son deste centro e no TOP 10 dos xenómicos entran 7 sementais, ocupando neste caso os tres primeiros postos.

Chinelo TORREL 5545 MB-85

TORRELEste touro revalida o seu liderado como

flamante n.º 1 por ICO (+3.548 puntos).

Dende a súa primeira proba oficial in-

corpora máis de 60 fillas novas, coas que

retorna ao máis alto do podio con máis

forza que nunca. Mantense en termos de

produción e en tipo e mellora en todos os

caracteres fundamentais: ubre, patas,

capacidade e tipo en xeral. Non en van, é

tamén o n.º 1 en patas e pés e, ademais,

o n.º 2 para leite.

GOSPELLTrátase do Goldwyn con máis produción

de leite a nivel internacional. Leva xa dous

anos dentro do TOP 5 e na que é a súa sex-

ta proba consecutiva continúa nos postos

Nº 1 ICO

Nº 1 PATAS

Nº 2 KG LEITE

Xenética fontao DECEMBRO 20134 PROBAS

Page 5: XENÉTICA FONTAO...XENÉTICA FONTAO TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER Nº15 Decembro 2013 Chinelo TORREL 5545 MB-85 SALNÉS, O NOVO TOURO XENÓMICO Nº 1. SETE DOS 10 MELLORES TOUROS

Cañamar DUNO 5708 MB-87

San Andrés GOSPELL 8026 BB-82 SM-85

máis altos desta listaxe. Aínda que a proba

permanece practicamente invariable, á es-

pera de incorporar novas fillas de segundo

grupo, destaca en produción (máis de 1.500

quilos de leite) e en tipo (cun +2,54 que o si-

túa como n.º 4 por IXT).

XUDÁNNa súa segunda proba oficial, Xudán

confirma e mellora todos os datos. Coló-

case no sexto posto da lista, dobra o nú-

mero de fillas e sobe en caracteres coma

leite, graxa, proteína, ubres, patas e tipo

en xeral. Cómpre salientar o seu orixinal

pedigree, Airraid x Champion, e a súa

procedencia da familia “Converse Judy”.

XACOBEOMario Xacobeo pecha o TOP 10 dos tou-

ros probados por ICO en activo. Con ao

redor de 10.000 fillas na súa proba man-

tén unha absoluta estabilidade en todos

os caracteres e conságrase como un

dos grandes sementais da raza Holstein

de todos os tempos.

DUNOSegue imbatible como n.º 1 para leite

con producións cada vez máis altas que

se achegan á cifra máxica de 2.000 qui-

los. Ademais, cabe resaltar que conser-

va unha boa proba de tipo.

CORTOBESobe en leite, en proteína e en patas e

mantense en tipo e ubre. Na súa terceira

proba oficial recupera posicións cunha li-

xeira mellora en todos os trazos tanto de

produción coma de tipo.

LASSONEste fillo de Bolton da familia “Laurie

Sheik” continúa destacando coma un dos

mellores touros para produción de leite.

As últimas probas de Conafe sitúano no

número 20 do TOP 50 ICO.

BETANZOSBetanzos, que permanece no TOP 25 ICO,

pode presumir de volver ser n.º 1 para

ubre (+3,37). Así mesmo, incrementa os

índices de produción de leite e proteína.

DELETEDobra o número de fillas (323), sobe case

200 quilos en leite e mellora niveis de graxa

e proteína, e isto en canto a produción, can-

do é un touro de supertipo. Tamén mantén

os datos de tipo con practicamente 70 no-

vas fillas cualificadas. En definitiva, é o n.º

1 en tipo e en lonxevidade, n.º 2 en ubre e o

n.º 3 en patas, co que satisfai as expectati-

vas postas nel por moitos gandeiros.

Torrel revalida o seu liderado como flamante n.º 1 por ICO (+3.548 puntos). Dende a súa

primeira proba oficial incorpora máis de 60 fillas novas

Nº 1 ICO

Nº 1 PATAS

Nº 2 KG LEITE

Nº 1 KG LEITE

Xenética fontao DECEMBRO 2013 5PROBAS

Page 6: XENÉTICA FONTAO...XENÉTICA FONTAO TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER Nº15 Decembro 2013 Chinelo TORREL 5545 MB-85 SALNÉS, O NOVO TOURO XENÓMICO Nº 1. SETE DOS 10 MELLORES TOUROS

NOVAS INCORPORACIÓNSCOLINS

A incorporación máis importante no TOP

10 é Altomiño Colins ET, un fillo de Toy Story

x Titanic, descendente da vaca americana

Windermere Carmelo Patron. Colins es-

tréase nesta lista cunha proba moi equili-

brada, con altas producións de leite e proteí-

na e cun tipo moi balanceado, sen ningunha

falta.

HORACIOTamén merece unha mención espe-

cial o debut de Bos Jelder Horacio ET

no TOP 20. A súa proba de descendencia

confirma os datos xenómicos que xa se

coñecían, incluso cunha pequena mello-

ría. Horacio posúe un pedigree diferen-

te, Jelder x Titanic, e é descendente da

familia americana de vacas “Saturday”.

BALDOPor último, cabe sinalar a entrada de

Baldo, o mellor fillo de Baxter no TOP Foros BETANZOS Festa BB-82 SM-83

Mantoño DELETE Frost MB-85 SM-86

30. Froito do cruzamento Baxter x Best,

e descendente da prestixiosa vaca

americana Ladys-Manor Temptress

Jem, presenta un tipo equilibrado e so-

bresae polas altísimas producións de

leite e proteína, caracteres para os que

a proba de descendencia case dobra as

cifras que tiña na proba xenómica.

Nº 1 UBRE

Nº 1 TIPO

Nº 2 UBRE

Nº 3 PATAS

Xenética fontao DECEMBRO 20136 PROBAS

Page 7: XENÉTICA FONTAO...XENÉTICA FONTAO TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER Nº15 Decembro 2013 Chinelo TORREL 5545 MB-85 SALNÉS, O NOVO TOURO XENÓMICO Nº 1. SETE DOS 10 MELLORES TOUROS

TOUROS PROBADOS

ORDE NOME TOURO ANO FIP KL PPG KG PPP KP FIT IPP ICU IXT RCS LONX. FIDA ICO

1 BOS SEIJO BOLTON TORREL ET ESPM2702905586 07 93 1796 -0,18 45 -0,13 43 93 2,49 1,85 2,44 107 111 68 3.548

4 BOS GOLDWYN GOSPELL ET ESPM1502706264 06 93 1574 -0,05 51 -0,04 46 92 0,72 1,62 2,54 108 106 68 3.266

6 BOS BAIXO AIRRAID XUDÁN ET ESPM2703015027 08 91 1411 -0,10 40 -0,04 41 90 1,16 2,00 2,15 95 104 66 3.166

10 ALTOMIÑO COLINS ET ESPM2703112312 08 90 1422 -0,30 20 -0,07 38 84 1,20 1,34 1,52 98 104 59 2.944

11 MARIO XACOBEO ET ESPM9202311402 03 99 1041 -0,22 15 -0,04 29 99 1,82 2,18 2,48 92 110 95 2.924

13 MANTOÑO DUNO ESPM2702530479 05 95 1975 -0,45 22 -0,28 32 94 0,50 0,62 0,98 90 116 75 2.845

16 BOS O-BEE MANFRED ORDES ET ESPM1502482748 05 93 1015 0,06 43 0,06 38 92 0,06 1,03 0,36 108 116 70 2.818

17 BOS BOLTON CORTOBE ET ESPM1502835644 07 93 1068 -0,03 35 -0,07 27 93 0,87 1,75 1,50 105 114 69 2.811

20 BOS JELDER HORACIO ET ESPM1503103555 09 88 1150 -0,27 14 0,00 37 81 0,87 1,37 1,47 92 106 53 2.775

21 SAN CRISTOBAL LASSON ESPM0502815597 07 94 1690 -0,20 39 -0,18 34 94 0,44 0,90 2,12 91 103 76 2.766

22 COMESTAR GOLDWYN LAUTAMIC ET ESPM3102720401 06 99 957 0,19 54 0,13 43 99 0,39 1,48 1,90 100 93 87 2.742

23 FEÁN WALDSTER ET ESPM9202704559 05 95 1005 -0,09 27 0,02 34 93 1,11 0,35 -0,09 117 119 73 2.739

24 RIDGEFIELD DELETE ET ESPM9203016128 07 96 683 -0,17 8 -0,18 4 95 1,85 3,16 2,97 108 123 68 2.736

26 BOS SHOTTLE BETANZOS ET ESPM1502779231 06 95 826 -0,11 19 -0,14 12 94 0,23 3,37 2,77 117 115 73 2.734

27 BOS SHOTTLE ÁMBAR ET ESPM1503006592 08 93 527 0,36 54 0,01 18 93 1,00 2,16 1,76 125 119 66 2.730

28 BOS BAXTER BALDO ET ESPM1503047694 08 84 1489 -0,18 35 -0,08 39 83 0,22 0,66 1,47 100 100 56 2.717

TOUROS XENÓMICOS Os resultados de Conafe do TOP 50 dos

xenómicos tamén sitúan os touros de

Xenética Fontao en magníficas posicións,

empezando polo propio podio.

SALNÉSSalnés (Snowman x Goldwyn x Oman),

da familia “Blackstar Raven”, toma a

primeira posición e, por tanto, lidera

por completo a clasificación dos touros

xenómicos. Obtén altas producións de

leite, magníficas calidades e moi boa

morfoloxía, ademais de ter destacados

caracteres secundarios. Seu é o título de

n.º 1 para proteína.

STOPStop (Snowman x Baxter x Goldwyn), da

familia “Lila Z”, acada a terceira praza

na súa terceira proba xenómica oficial, o

que confirma a alta calidade xeral. Me-

llora os datos e maniféstase unha vez

máis como un dos grandes touros xenó-

micos deste país.

XILAs probas corroboran a súa hexemonía

para ubres e tipo, xa que volve ser o n.º

1 para estes trazos do TOP 50 xenómico

español.

Finalmente, cabe valorar o posiciona-

mento doutros touros xenómicos de Xe-

nética Fontao, como ARMÓNICO, BRAND-

SON, CANCELLARA, BEARIZ, SWAROSKI,

CURTIS etc.

XIL

Nº 1 UBRE

Nº 1 TIPO

Nº 2 UBRE

Nº 3 PATAS

Nº 1 TIPO TOP 50 Xen.

Nº 1 UBRE TOP 50 Xen.

Xenética fontao DECEMBRO 2013 7PROBAS

Page 8: XENÉTICA FONTAO...XENÉTICA FONTAO TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER Nº15 Decembro 2013 Chinelo TORREL 5545 MB-85 SALNÉS, O NOVO TOURO XENÓMICO Nº 1. SETE DOS 10 MELLORES TOUROS

DEBUTSHISTORIC

Fantástica entrada de Historic nos pri-

meiros postos do TOP 50 xenómico. É

o novo n.º 2. Este fillo de Epic x Planet

descende da prestixiosa vaca francesa

Rudolph Olivia EX-90 e presenta eleva-

das producións de leite, graxa e proteí-

na, con moi boa morfoloxía, ubres exce-

lentes e alta lonxevidade.

BARMANÉ o único touro do TOP 25 nacido en

TOUROS XENÓMICOS

ORDE NOME FIP KL PPG KG PPP KP IPP ICU IXT RCS LONX. DA ICO

1 HEIDENSKIPSTER SALNÉS 70 1794 -0,10 54 0,00 57 1,52 1,40 1,61 115 115 100 3.701

2 HISTORIC 70 1598 -0,09 48 0,02 53 0,52 2,47 2,10 107 125 92 3.672

3 VENDAIRY STOP 70 1718 -0,12 49 -0,10 44 1,37 2,31 2,42 114 123 98 3.668

5 CASA DE LOLA XF SNOW BARMAN 70 1514 0,14 69 0,06 55 1,30 1,87 2,15 107 112 104 3.624

6 TEXEL BEAUTY CAPRICHO 70 1655 -0,12 47 -0,03 49 1,03 2,12 2,21 114 119 92 3.588

8 VVH ARMÓNICO 70 1367 0,03 52 0,07 51 1,30 2,27 2,29 110 113 92 3.519

10 GO-FARM HULK ET 70 1219 -0,18 25 -0,03 36 0,84 2,94 2,06 116 134 104 3.471

12 GO-FARM HOK ET 70 1299 -0,30 16 -0,05 36 1,73 2,38 1,99 116 132 105 3.463

16 WATERMOLEN BRANDSON 70 1614 0,07 66 -0,03 48 1,30 1,27 1,70 112 117 96 3.455

17 SHARIN SWAROSKI 70 1542 -0,19 35 0,02 51 0,71 2,06 1,49 101 117 97 3.454

18 JK EDER CANCELLARA 70 1729 -0,16 45 -0,06 49 1,12 1,99 2,12 109 107 85 3.452

19 HBC A-L-H BEACON BEARIZ 70 1387 -0,01 49 0,01 45 1,19 1,98 1,93 113 117 100 3.421

20 GIESSEN CURTIS 70 1513 -0,17 37 0,03 51 0,06 2,29 1,78 104 114 97 3.398

22 CAPS MALIBOE 70 1291 -0,01 46 0,02 43 1,32 1,79 2,36 113 121 108 3.384

23 TIRSVAD SNOWMAN ATLANTA 70 1332 0,03 51 0,03 45 1,82 1,44 1,74 111 118 100 3.376

24 SHAJOLI ET 70 1381 0,03 53 0,01 45 0,79 1,98 1,59 108 121 93 3.375

25 DE VOLMER LEMOS 70 1716 -0,12 49 -0,07 47 1,31 1,45 1,73 110 107 93 3.369

29 BOUW SNOW FALCO 70 1375 -0,12 37 -0,07 36 1,74 1,93 2,05 115 123 98 3.349

30 MIKOS ET 70 1315 -0,17 30 -0,09 33 0,94 2,87 2,18 109 121 107 3.341

España (concretamente na gandería Casa

Lola de Arzúa, A Coruña), procedente do

Programa de Transferencia Embrionaria

promovido pola Consellería do Medio Rural

e do Mar. Este fillo de Snowman x Man

O Man, da familia “Gypsy Grand”, debuta

no número 5 con elevadas producións

de leite, excelentes calidades de graxa e

proteína (é o n.º 1 para graxa e o n.º 2 para

proteína) e cun tipo sobresaliente.

CAPRICHOFillo de Snowman x Niagra, da familia

“Juror Faith”, entra na súa primeira

proba oficial no n.º 6, xusto por debaixo

de Barman, e cunha proba moi similar

á deste: altas producións de leite, boas

calidades e fantástica morfoloxía.

HULK E HOKEstes dous irmáns completos, Go-Farm

Hulk e Go-Farm Hok, presentan un pedigree

moi actual: Mogul x Súper. Estréanse

no máis alto da táboa con dúas probas

realmente destacadas para produción,

morfoloxía e caracteres secundarios.

BARMANSALNÉS

Nº 1 KG GRAXA

Nº 2 KG PROTEÍNA

Nº 1 GICO TOP 50 Xen.

Nº 1 KG PROTEÍNA

Xenética fontao DECEMBRO 20138 PROBAS

Page 9: XENÉTICA FONTAO...XENÉTICA FONTAO TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER Nº15 Decembro 2013 Chinelo TORREL 5545 MB-85 SALNÉS, O NOVO TOURO XENÓMICO Nº 1. SETE DOS 10 MELLORES TOUROS

OS CONCURSOS DA RAZA FRISOA PREMIAN A CALIDADE MORFOLÓXICA DAS FILLAS DE TOUROS DE FONTAO As competicións de gando frisón organizadas ao longo de 2013 en España e no es-

tranxeiro contaron coa participación de xatas, xovencas e vacas descendentes de coñecidos sementais do noso centro, as cales lograron distincións e mencións rele-vantes nos distintos palmareses.

Flora GOSPELL Manioca

2.ª de sección Xatas de 14 a 16 meses NACIONAL 1.ª de sección Xatas de 8 a 10 meses MOEXMU

1.ª de sección e Mención de Honor Xatas de 6 a 9 meses EUROPEAN DAIRY SHOW (ITALIA)

Nº 1 KG GRAXA

Nº 2 KG PROTEÍNA

Xenética fontao DECEMBRO 2013 9CONCURSOS

Page 10: XENÉTICA FONTAO...XENÉTICA FONTAO TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER Nº15 Decembro 2013 Chinelo TORREL 5545 MB-85 SALNÉS, O NOVO TOURO XENÓMICO Nº 1. SETE DOS 10 MELLORES TOUROS

2.ª de sección Xatas de 8 a 10 meses MOEXMU

Cancela XACOBEO Dolores

2.ª de sección Xovencas de 17 a 19 meses MOEXMU

Vega DELETE Paula

3ª de sección (Terneras 10-14 meses)

Flora XACOBEO Chanel 2.ª de sección Vacas de 3 anos júnior

EUROPEAN DAIRY SHOW (ITALIA)

Tobías XACOBEO Pilar MB-881.ª de sección Xatas de 14 a 16 meses MOEXMU

Xata Campioa NACIONAL 2012

1.ª de sección Vacas ata 26 meses MOEXMU

Nodi BRANDY Xistra MB-851.ª de sección Vacas de 27 a 30 meses MOEXMU

Vaca Nova Subcampioa MOEXMU

Rego XACOBEO Xena 8888 MB-86

Xenética fontao DECEMBRO 201310 CONCURSOS

Page 11: XENÉTICA FONTAO...XENÉTICA FONTAO TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER Nº15 Decembro 2013 Chinelo TORREL 5545 MB-85 SALNÉS, O NOVO TOURO XENÓMICO Nº 1. SETE DOS 10 MELLORES TOUROS

Manteiga XACOBEO Clementina

2.ª de sección Xatas de 14 a 16 meses FEFRIGAXata Subcampioa e 2.ª de sección Xatas de 11 a 13 meses MOEXMU

Xata Campioa FEIRADEZA Xovenca Campioa e Gran Campioa A ESTRADA

3ª de sección (Terneras 10-14 meses)

Atalayuela XACOBEO Silvia MB-851.ª de sección e Mellor Ubre Vacas Intermedias de 3 anos

VALLE DE LOS PEDROCHES

El Moral XACOBEO Daminia MB-872.ª de sección Vacas Novas de 30 a 36 meses

VALLE DE LOS PEDROCHES

Xenética fontao DECEMBRO 2013 11CONCURSOS

Page 12: XENÉTICA FONTAO...XENÉTICA FONTAO TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER Nº15 Decembro 2013 Chinelo TORREL 5545 MB-85 SALNÉS, O NOVO TOURO XENÓMICO Nº 1. SETE DOS 10 MELLORES TOUROS

Cesares Boeza DANCER MB-89

1.ª de sección e Mellor Ubre Vacas de 4 anos MOEXMUVaca Intermedia Subcampioa MOEXMU

3ª de sección (Terneras 10-14 meses)

Baroncelle TRUENO R. Chenoa R.2.ª de sección Vacas Intermedias de 3 anos

VALLE DE LOS PEDROCHES

Barranco XACOBEO Leyenda MB-86

1.ª de sección Xatas ata 8 meses FEIRADEZA

Xenética fontao DECEMBRO 201312 CONCURSOS

Page 13: XENÉTICA FONTAO...XENÉTICA FONTAO TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER Nº15 Decembro 2013 Chinelo TORREL 5545 MB-85 SALNÉS, O NOVO TOURO XENÓMICO Nº 1. SETE DOS 10 MELLORES TOUROS

Manteiga XACOBEO Mandarina MB-85 SM-87

2ª de sección Vacas Intermedias de 3 anos MOEXMUVaca Intermedia Campioa e Vaca Gran Campioa FEIRADEZA

3ª de sección (Terneras 10-14 meses)

Gresande CHAMOSO Chenoa

1.ª de sección Xatas de 11 a 13 meses FEIRADEZA

Baroncelle XACOBEO Rubí

1.ª de sección Xovencas de 17 a 19 meses FEIRADEZA

Xenética fontao DECEMBRO 2013 13CONCURSOS

Page 14: XENÉTICA FONTAO...XENÉTICA FONTAO TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER Nº15 Decembro 2013 Chinelo TORREL 5545 MB-85 SALNÉS, O NOVO TOURO XENÓMICO Nº 1. SETE DOS 10 MELLORES TOUROS

Atalayuela XACOBEO Milka

2.ª de sección Xatas de 10 a 14 meses USÍAS HOLSTEINS1.ª de sección Xatas de 3 a 6 meses VALLE DE LOS PEDROCHES

Xata Campioa VALLE DE LOS PEDROCHES

3ª de sección (Terneras 10-14 meses)

Manteiga DARTER Alemana MB-85

1.ª de sección Xovencas de 20 a 22 meses FEIRADEZA

Blanco DELETE Vilacoba IV2.ª de sección Vacas ata 30 meses FEIRADEZA

3.ª de sección Vacas ata 30 meses FEFRIGA

Xenética fontao DECEMBRO 201314 CONCURSOS

Page 15: XENÉTICA FONTAO...XENÉTICA FONTAO TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER Nº15 Decembro 2013 Chinelo TORREL 5545 MB-85 SALNÉS, O NOVO TOURO XENÓMICO Nº 1. SETE DOS 10 MELLORES TOUROS

Cid BRANDY Grisi BB-84

1.ª de sección e Mellor Ubre Vacas ata 30 meses FEFRIGAVaca Nova Subcampioa FEFRIGA

2.ª de sección Xatas de 11 a 13 meses FEFRIGA

Casa-Nova Irina ÁMSTERDAM 900

1.ª de sección Xatas de 8 a 10 meses FEFRIGA

Casa-Nova CHARISSE Leopard 918

Xenética fontao DECEMBRO 2013 15CONCURSOS

Page 16: XENÉTICA FONTAO...XENÉTICA FONTAO TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER Nº15 Decembro 2013 Chinelo TORREL 5545 MB-85 SALNÉS, O NOVO TOURO XENÓMICO Nº 1. SETE DOS 10 MELLORES TOUROS

Xenética fontao DECEMBRO 201316 CONCURSOS

z

Page 17: XENÉTICA FONTAO...XENÉTICA FONTAO TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER Nº15 Decembro 2013 Chinelo TORREL 5545 MB-85 SALNÉS, O NOVO TOURO XENÓMICO Nº 1. SETE DOS 10 MELLORES TOUROS

Xenética fontao DECEMBRO 2013 17CONCURSOS

z

ENÓMICOS

2Nº

Page 18: XENÉTICA FONTAO...XENÉTICA FONTAO TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER Nº15 Decembro 2013 Chinelo TORREL 5545 MB-85 SALNÉS, O NOVO TOURO XENÓMICO Nº 1. SETE DOS 10 MELLORES TOUROS

3.ª de sección Xatas de 8 a 10 meses NACIONAL1.ª de sección Xatas ata 8 meses TINEO

F.Redones de Baix DELETE Jazz1.ª de sección Xatas de 11 a 13 meses FEFRIGA

1.ª de sección Xatas de 14 a 16 meses NACIONAL

Pozosaa XACOBEO 6945 Lusi

G. Pereira DELETE Lisa

1.ª de sección Xovencas de 23 a 28 meses A ESTRADAXovenca Subcampioa A ESTRADA

Xenética fontao DECEMBRO 201318 CONCURSOS

Page 19: XENÉTICA FONTAO...XENÉTICA FONTAO TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER Nº15 Decembro 2013 Chinelo TORREL 5545 MB-85 SALNÉS, O NOVO TOURO XENÓMICO Nº 1. SETE DOS 10 MELLORES TOUROS

Kinteiro EROY Eire

3.ª de sección Xatas de 8 a 10 meses A ESTRADA

2.ª de sección Vacas ata 26 meses MOEXMU

Xercas Cav Jacoba XACOBEO BB-84

3.ª de sección Vacas Intermedias de 4 anos MOEXMU

Manteiga DANCER Rula MB-85 SM-87

Xenética fontao DECEMBRO 2013 19CONCURSOS

Page 20: XENÉTICA FONTAO...XENÉTICA FONTAO TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER Nº15 Decembro 2013 Chinelo TORREL 5545 MB-85 SALNÉS, O NOVO TOURO XENÓMICO Nº 1. SETE DOS 10 MELLORES TOUROS

1.ª de sección Xatas de 10 a 14 meses USÍAS HOLSTEINS

H.Tobías XACOBEO Chata

2.ª de sección Vacas de 30 a 36 meses USÍAS HOLSTEINS

El Cerrillo XACOBEO Melinda

López Lunar XACOBEO Bibiana

1.ª de sección Xatas de 6 a 10 meses USÍAS HOLSTEINSXata Campioa USÍAS HOLSTEINS

Xovenca Gran Campioa USÍAS HOLSTEINS

Xenética fontao DECEMBRO 201320 CONCURSOS

Page 21: XENÉTICA FONTAO...XENÉTICA FONTAO TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER Nº15 Decembro 2013 Chinelo TORREL 5545 MB-85 SALNÉS, O NOVO TOURO XENÓMICO Nº 1. SETE DOS 10 MELLORES TOUROS

Urmel MEY MB-88 (2.ª lact.)

Vaca Intermedia Subcampioa OSNABRUCK (ALEMAÑA)

2.ª de sección Vacas de 3 anos USÍAS HOLSTEINS

López Lunar XACOBEO Mireya2.ª de sección Vacas Novas ata 30 meses

USÍAS HOLSTEINS

Cruce XACOBEO 400 Eléctrica

Xenética fontao DECEMBRO 2013 21CONCURSOS

Page 22: XENÉTICA FONTAO...XENÉTICA FONTAO TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER Nº15 Decembro 2013 Chinelo TORREL 5545 MB-85 SALNÉS, O NOVO TOURO XENÓMICO Nº 1. SETE DOS 10 MELLORES TOUROS

O CARÁCTER ACORNE: MODA OU TENDENCIA?

O DESCORNADOA existencia de cornos ou hastas nos

animais de granxa é, sen dúbida, unha

ameaza pois complica o manexo en xe-

ral, sobre todo á hora da alimentación e

do transporte de efectivos, ademais de

pór en risco a integridade mesma dos

animais e tamén a daquelas persoas que

están ao seu redor. É por iso que a maio-

ría dos animais de granxa con cornos se

descorna, unha operación que, realiza-

da a idade temperá, non entraña perigo

ningún, pero si un traballo extra (sobre

todo en granxas con grandes efectivos) e

certos riscos engadidos.

Descornar é unha práctica custosa

en termos económicos e frontalmente

oposta ao concepto de benestar animal.

Sen dúbida, é unha das tarefas menos

gratas da actividade cotiá dunha granxa

e que ten que ver ademais co colectivo

máis vulnerable, é dicir, cos efectivos

máis novos. O custo do descornado en

pouca idade foi estimado nunha cifra

entre 10 e 50 euros por animal; ade-

mais do gasto económico, o descornado

compromete o normal crecemento do

animal, todo iso en ausencia de com-

plicacións, e aínda máis se tras o des-

Esta é unha das preguntas que escoitamos hoxe en día, xunto con outros comenta-rios moi frecuentes coma “a xenética acorne non é o suficientemente boa aínda”, “hai cousas máis importantes para as que seleccionar” ou “descornar non é un tema tan grave”. O carácter acorne é un trazo regulado por un único xene dominante e, polo tanto, é moi fácil o seu control nunha poboación determinada. Se a presenza deste xene na poboación frisoa redunda en beneficios para a raza, tanto para criadores en particular coma para a industria en xeral, debemos implicarnos conxuntamente para incrementala día a día.

SEXPILL (Snowman x Lawn Boy, da familia “Roxy”)

cornado aparecen infeccións que poidan

alongar o período de non ganancia de

peso (ou de perda deste) e ata provocar

a morte do animal. Descornar é, por

tanto, unha tarefa inevitable e obrigada

en calquera granxa pero moi mal vista

polas organizacións que loitan a favor

do benestar animal; é por isto que este

tipo de prácticas pouco respectuosas

cos animais (como o corte de colas) son

susceptibles de ser reguladas e/ou pro-

hibidas pola lexislación nun futuro non

moi afastado.

É o touro acorne e portador do factor vermello con mellores índices xenómicos do panorama nacional

Xenética fontao DECEMBRO 201322 XENÉTICA

Page 23: XENÉTICA FONTAO...XENÉTICA FONTAO TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER Nº15 Decembro 2013 Chinelo TORREL 5545 MB-85 SALNÉS, O NOVO TOURO XENÓMICO Nº 1. SETE DOS 10 MELLORES TOUROS

INDIANO (Sudán x Bogart)

OUTEIRO ROJO (Colt P Red x Mr Burns)

Doutra banda, o consumidor está cada

día máis preocupado en coñecer como

son producidos os alimentos de orixe

animal e como son tratados os animais

no devandito proceso. O consumidor fi-

nal non desexa manipulacións xenéticas

dos animais subministradores de ali-

mentos, pero non é este o caso que nos

ocupa, pois o xene acorne ou polled é un

xene natural, que simplemente necesi-

ta incrementar a súa presenza na po-

boación frisoa, na que foi baixa ata datas

recentes.

TRANSMISIÓN DO XENE POLLED (ACORNE)

Polled é a palabra inglesa para refe-

rirse á ausencia de cornos no gando.

Admítese que o carácter acorne apa-

rece coma unha mutación natural unha

vez cada 100.000 apareamentos entre

touros e vacas con cornos.

Cando aparece o carácter acorne, a súa

herdanza ou transmisión é ben sinxela,

pois está controlada unicamente por

un xene, o coñecido como xene mocho,

acorne ou polled (P), que é dominante

e inhibe a expresión do xene recesivo

hastado ou con cornos (p). Un animal

con cornos sempre será homocigótico

para este carácter (pp), mentres que un

animal sen cornos (mocho) poderá ser

homocigótico, tamén chamado acorne

puro (PP), e a súa descendencia será

sempre sen cornos ou heterocigótica

(Pp), cuxa proxenie será acorne entre

un 50-75% dos casos, dependendo de se

o outro proxenitor é pp (con cornos) ou

Pp (acorne).

Existen outros xenes que afectan o

crecemento dos denominados “tocos”,

“cachos” ou “cornos soltos” (scurs é o

termo inglés). Os tocos son unhas for-

macións que nos lembran a cornos non

completamente desenvolvidos, de ta-

maño variable (existe outro grupo de xe-

nes relacionado co tamaño) e que per-

manecen soltos total ou parcialmente

baixo a pel, é dicir, non van unidos ao

cranio e son, por tanto, movibles.

Este touro acorne e de capa vermella nacido na gandería Outeiro CB (Chantada, Lugo) tamén é un membro da célebre familia “Roxy”

Touro acorne e portador do factor vermello, cun pedigree diferente e moi orixinal

Os tocos están regulados por outro

xene independente do xene acorne que

estamos a tratar e non ten efecto nin-

gún sobre a presenza ou ausencia dos

cornos propiamente ditos. Nin todo o

gando con cornos porta o xene dos to-

cos nin este está ausente en todos os

animais acornes. Este xene está, ade-

mais, ligado ao sexo, e é dominante nos

machos e recesivo nas femias.

Xenética fontao DECEMBRO 2013 23XENÉTICA

Page 24: XENÉTICA FONTAO...XENÉTICA FONTAO TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER Nº15 Decembro 2013 Chinelo TORREL 5545 MB-85 SALNÉS, O NOVO TOURO XENÓMICO Nº 1. SETE DOS 10 MELLORES TOUROS

As distintas posibilidades derivadas do cruzamento entre animais acornes e con cornos quedan resumidas na seguinte táboa:

CRUZAMENTOS DE ANIMAIS ACORNES E CON CORNOS

1 Acorne puro (PP) x acorne puro (PP) 100% acorne puro (PP)

2 Acorne puro (PP) x hastada (pp) 100% acornes heterocigóticos (Pp)

3 Acorne puro (PP) x acorne heterocigótico (Pp)100% acorne:

50% acorne puro (PP)50% acorne heterocigótico (Pp)

4 Acorne heterocigótico (Pp) x hastada (pp)50% acorne heterocigótico (Pp)

50% hastado (pp)

5 Hastado (pp) x hastada (pp) 100% hastados (pp)

6 Acorne heterocigótico (Pp) x acorne heterocigótico (Pp)

25% acorne puro (PP)

50% acorne heterocigótico (Pp)

25% hastado (pp)

Golden-Oaks Perk RAE Red EX-90

Burket Falls ELEVATION Sophia P EX-93 Hickorymea AERO Tena P

Dende a perspectiva práctica ou de

granxa, a selección dos animais mochos

é ben sinxela tamén, pois, ao ser un xene

dominante, todos aqueles animais que non

posúan cornos son portadores do xene e,

pola contra, se posúen cornos non levan

o xene. Por tanto, é ben fácil identificar os

portadores do xene (mochos) para usalos

como proxenitores e asegurarnos así a

presenza do xene nas xeracións futuras.

HISTORIAConsidérase que soamente ao redor

dun 5% dos efectivos da raza Holstein é

actualmente portador do xene acorne.

Porcentaxes similares establécense

noutras razas leiteiras, como a Jersey, ou

cárnicas, como Fleckvieh, Charolais ou

Limousin.

Todo o contrario ocorre noutras

razas bovinas (fundamentalmente de

aptitude cárnica e de orixe británica

ou escandinava), nas que a totalidade

(100%) dos seus efectivos son acornes

(Aberdeen Angus, Hereford, Galloway

etc). O motivo da escasa presenza do xene

acorne nas razas bovinas leiteiras pode

ser que a énfase na mellora xenética

destas foi sempre posta en mellorar as

súas producións, co que as escasas liñas

xenéticas portadoras do xene acorne non

podían competir adecuadamente co resto

da poboación.

Unha das vacas acornes máis célebres dos últimos tempos

Unha das vacas acornes con máis impacto na raza

Unha vaca acorne emblemática na raza Holstein

Xenética fontao DECEMBRO 201324 XENÉTICA

Page 25: XENÉTICA FONTAO...XENÉTICA FONTAO TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER Nº15 Decembro 2013 Chinelo TORREL 5545 MB-85 SALNÉS, O NOVO TOURO XENÓMICO Nº 1. SETE DOS 10 MELLORES TOUROS

A existencia do carácter acorne en

diferentes razas bovinas foi coñecida

polo ser humano desde sempre e

aínda que se ignora en que porcentaxe

aparecía, son evidentes as referencias en

escritos, gravados e moedas das antigas

civilizacións exipcia, grega e romana con

cabezas de bovinos con e sen cornos. Con

todo, parece que cando máis frecuente

era o xene polled na raza foi no gando

frisón europeo que poboaba Holanda e o

norte de Alemaña no século XIX, é dicir,

nos devanceiros da actual raza Holstein.

Existen referencias do ano 1886 nas que

se cita a presenza de animais acornes

nun concurso da raza frisoa en Holanda,

mesmo cunha clase ou sección específica

para eles, pero a presenza do devandito

xene na poboación diminúe claramente a

partir do ano 1900 debido a varias razóns:

naquel tempo gravábanse sobre os cornos

os números de identificación dos animais

e, ademais, nos establos tradicionais da

época (animais atados) preferíase aloxar

animais con cornos, pois estes facilitaban

os sistemas de amarre. Todo iso derivou

nunha forte presión de selección a favor

dos animais con cornos e dicimos forte

porque se trataba de suplantar un xene

dominante (acorne) por un recesivo (con

cornos).

Malia todo, un reducido número de

criadores en UK, Alemaña e, sobre todo,

en USA continuou seleccionando gando

acorne e contribuíu enormemente a

manter a presenza do xene na raza,

aínda que fose nun número limitado de

animais, pero esta presenza foi moi fácil

de incrementar, grazas á súa transmisión

como xene dominante.

O empeño destes criadores entusiastas

do xene polled deu lugar ao primeiro touro

acorne dispoñible por inseminación artificial

alá polos anos 70. O seu nome era Burket

Falls ABC P, un touro de monta natural

nacido no ano 1969 e que acabou estando

dispoñible para a inseminación artificial,

o que permitiu que ao final dous terzos de

todos os animais acornes do mundo hoxe

en día descendan deste semental. Este

touro acorne foi criado por David Burket,

da granxa Burket-Falls (Pennsylvania),

que tamén criou a que resultou ser unha

das vacas acornes con máis impacto na

raza (neta do mencionado ABC P) e nada

no ano 1974: Burket Falls Elevation Sophia

P EX-93. Outro dos buques insignia na

crianza de gando acorne da raza Holstein é

Hickorymea Farm de Eddie & Keel Johnson

(Pennsylvania), coa vaca Hickorymea Aero

Tena P e co semental Hickorymea Tripod-P.

Estes gandeiros, entre outros, foron

pioneiros tratando de crear liñas xenéticas

acornes de alta calidade combinando

o xene acorne cos touros líderes do

momento e as mellores familias de vacas,

pero o progreso xenético foi escaso e moi

lento, debido á falta de diferentes liñas

xenéticas e animais destacados cos que

traballar.

O resultado foi entón un reducido

número de touros acornes con índices

xenéticos medios ou máis ben baixos

para o seu uso ou explotación comercial.

Isto está hoxe en proceso de cambio e o

uso da xenómica fai que sexa máis fácil

e moito máis rápida a identificación

de animais elite portadores do xene

acorne.

SITUACIÓN ACTUALO punto de inflexión para a xenética

acorne foi, sen dúbida, a aparición do

touro Aggravation Lawn Boy P Red EX-

94, procedente da granxa Aggravation

Acres, de Ohio (USA). Este touro vermello

e acorne é fillo doutra das vacas con máis

impacto na xenética acorne, ademais

das dúas xa comentadas anteriormente:

Aggravation Bridget P MB-86, unha filla

de Manfred con altísimos compoñentes.

A súa avoa era unha filla de Aerostar,

portadora do xene acorne e do factor

vermello e que produciu máis de 200.000

libras de leite na súa vida. A fonte

orixinaria do xene acorne foi a bisavoa

de Lawn Boy, unha filla do touro Larry-

Moore Crosby B Poll Red.

O status de acorne, a súa cor vermella

e uns índices xenéticos moi respectables

para produción e tipo fixeron de Lawn Boy

un touro moi popular que foi fortemente

utilizado como pai de touros e as súas

fillas acornes convertéronse en nais de

sementais.

O seu impacto é aínda máis impresio-

nante se pensamos que naquel momento

ningún centro de inseminación tiña inte-

rese en poñer en testaxe este touro, un

fillo de Dudoc Bacculum (entón un touro

aínda sen proba de descendencia), e o

seu criador, Bob Felwich, fundou o sin-

dicato Lawn Boy para conseguir probalo.

Burket Falls ABC P

Considérase que soamente ao redor dun 5% dos efectivos da raza Holstein é actualmente

portador do xene acorne. Porcentaxes similares

establécense noutras razas leiteiras, como a Jersey, ou cárnicas, como Fleckvieh,

Charolais ou Limousin

Touro acorne nacido no ano 1969, antecesor de máis do 60% dos

individuos acornes a nivel mundial

Xenética fontao DECEMBRO 2013 25XENÉTICA

Page 26: XENÉTICA FONTAO...XENÉTICA FONTAO TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER Nº15 Decembro 2013 Chinelo TORREL 5545 MB-85 SALNÉS, O NOVO TOURO XENÓMICO Nº 1. SETE DOS 10 MELLORES TOUROS

Os criadores da raza Holstein dispu-

xeron nos últimos anos dun abano máis

amplo de touros acornes con bos índices

xenéticos. Entre eles podemos destacar:

- Burket-Falls S Significant P. Este touro

probado é un fillo de Marion que descende

da vaca Burket Falls Elevation Sophia P

EX-93 vía unha Rudolph EX-93 3E GMD

DOM e unha Blackstar EX-91 2E GMD

DOM

- Sandy Valley Colt P Red (Lawn Boy x

Bolton, familia “Juror Faith”)

Fóra do sangue Lawn Boy, outros

dous touros acornes populares foron os

irmáns maternos Magna P e Mitey P:

- Aron Don West Port Magna-P (Bolton x

September Storm)

- West Port Aron Doon Mitey-P (Goldwyn x

September Storm)

A oferta continúa mellorando e os touros

acornes dispoñibles no mercado neste

último ano mostran índices xenéticos

realmente altos e comparables co resto

dos touros novos elite da raza. Entre os

máis utilizados atopamos:

- Da-So Burn Mom Earnhardt (Man O Man

x Lawn Boy)

- Pine-Tree Ohare-P (O-Style x Significant P)

- Tiger-Lily Ladd P-Red-ET (Destry x Lawn

Boy)

- Mr Chassity Colt P45-ET (Colt P Red x

Shottle)

- Sandy Valley Chipper-P ET (Colt P Red x

Planet)

As últimas noticias que nos chegan de

USA fálannos de touros novos acornes

(cuxo seme aínda non está dispoñible) con

valores de GTPI realmente altos, algún

deles mesmo homocigótico, é dicir, que a

súa descendencia será 100% acorne.

Xenética Fontao é consciente da

importancia deste xene e hai tempo

que apostou por poñer en testaxe

animais portadores deste, todos eles

descendentes de relevantes familias

de vacas e acompañados de bos índices

xenéticos. Os tres touros novos postos

en testaxe este ano 2013 e portadores do

factor acorne son:

- Kolhorner Snow Sexpill (Snowman x

Lawn Boy), portador do xene polled e,

ademais, do factor vermello

- Outeiro Rondel P-Red Rojo (Colt P Red x

Mr Burns), xato vermello portador do xene

polled

- Sudán Indiano Po ET (Sudán x Bogart),

portador do xene polled e tamén do factor

vermello

FUTUROEn termos xerais, os beneficios da

presenza do xene acorne na poboación

frisoa parecen evidentes, á vez que os

efectos indesexables colaterais son nulos.

Nun nivel máis específico, a presenza do

xene acorne na descendencia de animais

xeneticamente destacados pode significar

un efecto moi positivo no ámbito da

mercadotecnia. Así foi como, xa hai máis

de dez anos, Scientific Beauty Rae EX-90

USA DOM, unha vaca que completaba 7

xeracións EX na lendaria familia “Roxy”,

foi inseminada (para un flushing) cun

descoñecido touro… acorne! A única vaca

nacida deste cruzamento foi Golden-

Oaks Perk Rae Red EX-90 USA; ela e os

seus descendentes (machos e femias)

alcanzaron altos prezos nas poxas de todo

o mundo recentemente e significaron un

grande impulso para o xene acorne na

poboación frisoa nos últimos anos.

Os prezos pagados polos animais

acornes con alta xenómica son cada vez

maiores. Basta dicir que os dous animais

máis caros das recentes poxas celebradas

en Francia (Space) e en USA (US National

Conventin Sale) eran animais acornes.

Como ata datas recentes a oferta de

animais acornes con alto mérito xenético

era escasa, a utilización dos devanditos

sementais foi moi limitada. Con todo, con

novas ferramentas coma a xenómica e

con moitos máis gandeiros traballando

con familias de vacas elite que incorporen

o xene polled o futuro da xenética acorne

parece prometedor.

O gran desafío presente e futuro é

ampliar e diversificar as liñas xenéticas

para prover de alternativas serias e

diferentes ao mundo da xenética acorne

e así poder combinalas para conseguir

animais homocigóticos (PP) para este

carácter e cuxa descendencia será 100%

portadora deste, é dicir, acorne. Se froito

do traballo conxunto entre criadores e

centros de inseminación se conseguen

touros acornes con alto valor xenético, a

súa utilización será masiva e poderemos

entón dicir que o futuro da raza será, sen

dúbida, acorne!

Xenética Fontao marca estilo co seu xen polled: “o descornar vaise acabar”

Xenética fontao DECEMBRO 201326 XENÉTICA

Page 27: XENÉTICA FONTAO...XENÉTICA FONTAO TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER Nº15 Decembro 2013 Chinelo TORREL 5545 MB-85 SALNÉS, O NOVO TOURO XENÓMICO Nº 1. SETE DOS 10 MELLORES TOUROS

Xenética fontao DECEMBRO 2013 27TOUROS PROBADOS

O PEDIGREE

O enorme impacto deixado por

Xacobeo é debido ao seu gran poder de

transmisión, dunha firmeza e intensidade

realmente pouco frecuentes, como só os

máis grandes touros da raza mostraron

a través da historia. A explicación a este

feito pode radicar no cruzamento dourado

que presenta o pedigree de Xacobeo: BW

Marshall x Rudolph. O forte potencial

leiteiro e a gran calidade de patas e pés

do semental americano BW Marshall

Mario Xacobeo, o que sen dúbida foi o mellor semental da raza Holstein probado no noso país, deixounos recentemente. A piques estaba de cumprir os seus 10 anos de idade, pero este fatal desenlace (inevitable nun ou noutro momento) debe quedar máis que eclipsado pola gran marca que este touro deixou na raza a nivel internacio-nal. Xacobeo pasará aos anais da historia como un dos mellores e máis completos sementais Holstein de todos os tempos.

Mario XACOBEO ET

MARIO XACOBEO, O LEGADO

(cuxo seme nunca estivo dispoñible en

Europa) parece combinar á perfección

coa vaca Dirigo Leblanc Juno EX-94, unha

das mellores fillas de Rudolph en USA,

semental este último caracterizado pola

gran calidade de ubres que transmitía,

así como polos bos caracteres de saúde e

lonxevidade. Todos os trazos comentados

anteriormente parece herdalos Xacobeo

dos seus proxenitores e, o que é máis

importante, transmitirllos intensamente

á súa descendencia.

AS CLAVES DO SEU ÉXITO

As miles de fillas que Xacobeo ten en

todo o mundo mostran tal semellanza

entre si que ata case un profano é capaz

de adiviñar de quen son fillas “pola súa

pinta”, é dicir, “polo seu patrón”. Para

que un touro sexa considerado un bo

semental ha de ter, por suposto, unha

destacada proba de descendencia,

proba que cando vemos publicada nun

catálogo sabemos que reflicte a media

de todas as súas fillas para cada trazo

Page 28: XENÉTICA FONTAO...XENÉTICA FONTAO TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER Nº15 Decembro 2013 Chinelo TORREL 5545 MB-85 SALNÉS, O NOVO TOURO XENÓMICO Nº 1. SETE DOS 10 MELLORES TOUROS

Xenética fontao DECEMBRO 201328 TOUROS PROBADOS

ou carácter. Nalgúns touros esta proba

é a media de animais moi diferentes, é

dicir, de valorar boas, regulares e tamén

malas fillas. No caso dos grandes touros

coma Xacobeo a súa proba reflicte á

perfección o prototipo de filla que dá; é

o seu verdadeiro patrón de transmisión,

máis ca unha media resultante de valorar

animais moi diferentes. A inmensa

maioría das súas fillas son na realidade

como a proba nos di que ían ser e esta é

a clave da supremacía deste semental.

É de todos coñecido que as fillas de

Xacobeo comezan por seren xatas e

xovencas altas e longas, con moi boas

patas, dunha gran calidade de óso e con

marcada estrutura leiteira. Tras o parto

aparecen os ubres venosos con pel fina

e de extrema calidade en xeral, con moi

fortes insercións, intermedio ligamento

suspensor medio, boa colocación

e lonxitude de tetos e moi escasa

profundidade (todas elas características

dos ubres ideais para a muxidura en

robot) e entón chega o mellor para o

gandeiro propietario de fillas de Xacobeo:

a muxidura. As “Xacobeo” son vacas

de fácil muxido e de altas producións

de leite e proteína, vacas produtoras

e lonxevas grazas á súa alta calidade

de ubres e patas; é o prototipo de vaca

moderna que procuramos hoxe en día.

Outro dos puntos clave que explica o

éxito de Xacobeo e que o fai especial é

a gran cantidade de rexistros que cobre.

As súas fillas son vacas rendibles nos

establos, “vacas que pagan facturas”,

mais tamén triunfan nas pistas, xa

mesmo desde xatas ou xovencas, pola

tremenda estrutura leiteira que mostran

e pola súa gran calidade xeral. Esta

mesma idea transmitíanos recentemente

Miguel, propietario da gandería El

Cruce en Córdoba (á que acudimos a

fotografar unha filla de Xacobeo que

participara recentemente no concurso

Usías Holsteins da localidade cordobesa

de Dos Torres), cando nos dicía que “un

touro pode darche unha alegría nalgún

concurso e é moi ben recibida por

aqueles aos que nos gusta o mundo do

show, pero onde a ten que dar todos os

días é na casa, no establo e, aínda máis,

na sala de muxidura, e isto é o que fai

Xacobeo”.

O dato que mellor ilustra a firmeza

no patrón de transmisión de Xacobeo é

a comparativa de 2 das súas 12 probas

oficiais: entre a súa primeira valoración

TORRELXacobeo a finais de 2003 na granxa de Alemaña onde naceu, antes de emprender a viaxe ás instalacións de Xenética Fontao, nas que pasaría

o resto da súa vida

TORREL

No caso dos grandes touros coma Xacobeo a súa proba

reflicte á perfección o prototipo de filla que dá; é o seu verdadeiro

patrón de transmisión, máis ca unha media resultante de valorar

animais moi diferentes

Foto tomada o 20 de abril de 2011, cando Xacobeo contaba con case 8 anos de idade

Page 29: XENÉTICA FONTAO...XENÉTICA FONTAO TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER Nº15 Decembro 2013 Chinelo TORREL 5545 MB-85 SALNÉS, O NOVO TOURO XENÓMICO Nº 1. SETE DOS 10 MELLORES TOUROS

Xenética fontao DECEMBRO 2013 29TOUROS PROBADOS

TORRELFoto tomada pola revista Holstein International na súa visita a

Xenética Fontao o día 24 de xuño de 2009, cando Xacobeo estaba a punto de revalidar o seu liderado tras un ano como touro n.º 1 de España

alá por xullo de 2008 con 95 fillas na súa

proba e a última do pasado novembro

de 2013 cunhas 10.000 fillas, hai apenas

lixeiras diferenzas, pese ao gran número

de fillas engadidas e malia o cambio ou

a actualización da base xenética que

tivo lugar en 2010. En calquera das súas

probas Xacobeo destacou na produción

de leite (sempre por riba dos 1.000 kg) e

de proteína (ao redor do 30 kg), así como

en morfoloxía, fundamentalmente en

estrutura leiteira, ubres, patas e tipo en

xeral.

O FUTURO

O impacto de Xacobeo vía femia é

indiscutible e o impacto vía macho

(os seus fillos) está aínda por chegar,

pero resulta realmente esperanzador

ver como novas ferramentas como a

xenómica apoian os numerosos fillos de

Xacobeo postos en testaxe polos máis

prestixiosos centros de inseminación

artificial de todo o mundo.

Soamente en Xenética Fontao temos

unha vintena dos seus fillos na espera de

proba e agora xa se están testando máis

dunha decena de netos, é dicir, fillos

dalgunhas das súas máis destacadas

fillas, descendentes á súa vez dalgunhas

das mellores familias de vacas a nivel

internacional.

O seme de Xacobeo foi exportado a

máis de quince países do mundo enteiro,

polo que nos atopamos coas súas fillas

non só en España (con máis de 25.000),

senón tamén en países como Reino

Unido, Alemaña, Holanda, Dinamarca,

Francia, Italia, Suíza, Suecia, Finlandia e

Turquía, e mesmo en países americanos

como Brasil, México, USA e Canadá.

Con todo o exposto anteriormente,

podemos asegurar que o pasado de

Xacobeo foi xa prometedor desde

o primeiro momento, o presente

confirmou de sobra as expectativas que

moitos tiñamos depositadas neste gran

semental e o futuro que nos deparará a

súa abundante descendencia é, cando

menos, esperanzador.

O impacto de Xacobeo vía femia é indiscutible e o impacto vía macho (os seus fillos) está

aínda por chegar, pero resulta realmente esperanzador ver

como novas ferramentas como a xenómica apoian os numerosos

fillos de Xacobeo postos en testaxe polos máis prestixiosos

centros de inseminación artificial de todo o mundo

Page 30: XENÉTICA FONTAO...XENÉTICA FONTAO TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER Nº15 Decembro 2013 Chinelo TORREL 5545 MB-85 SALNÉS, O NOVO TOURO XENÓMICO Nº 1. SETE DOS 10 MELLORES TOUROS

Areán XACOBEO Xacobea 9943. Casa Delfín (Pontevedra)

Leonardo XACOBEO Celta 5040. Casa Leonardo (Lugo)Xacobo XACOBEO 6079. Jacobo (Lugo)

Grupo da proxenie de Xacobeo presentado no ano 2008 en Silleda (Pontevedra)

Nuveira Carmiña XACOBEO e Nuveira Carmela XACOBEO. Nuveira (A Coruña)

Xenética fontao DECEMBRO 201330 TOUROS PROBADOS

Page 31: XENÉTICA FONTAO...XENÉTICA FONTAO TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER Nº15 Decembro 2013 Chinelo TORREL 5545 MB-85 SALNÉS, O NOVO TOURO XENÓMICO Nº 1. SETE DOS 10 MELLORES TOUROS

RR FÁTIMA MB-86. AlemañaClovis XACOBEO Secret MB-87 SM-89. Canadá

Tirsvad XACOBEO Alabama MB-89. Dinamarca

FARCEUSE MB-87. FranciaVekis XACOBEO Phantastic MB-87. Holanda

Roclairson XACOBEO Rafaella MB-89 SM-EX (2.ª lact.). Canadá

Xenética fontao DECEMBRO 2013 31TOUROS PROBADOS

Page 32: XENÉTICA FONTAO...XENÉTICA FONTAO TORREL, A VOLTA CON FORZA DO LÍDER Nº15 Decembro 2013 Chinelo TORREL 5545 MB-85 SALNÉS, O NOVO TOURO XENÓMICO Nº 1. SETE DOS 10 MELLORES TOUROS

z

Nº 1 para tipo de todos os touros con proba española (nacionais ou estranxeiros)

N º 1 en lonxevidade, Nº 2 en ubres e Nº 3 en patas do TOP 50 ICO

Duplica o número de fillas na súa proba e mellora os seus datos de produción, confirmando o seu status de “touro supertipo”

Delete é, sen dúbida, o fillo máis completo de Durham Atlee

DELETE ESPM9203016128 aAa 234165

GOLDWYN x DURHAM ATLEE Ridgefield DELETE ET MB-88

7646 Farrapa DELETE MB-85-SM-86

Nº 1 TIPO

Nº 2 UBRE

Nº 3 PATAS E PÉS