updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewpinceladas do Concello. O Concello de Verín...

40
VERÍN Unhas pinceladas do Concello. O Concello de Verín sitúase no sudeste da provincia de Ourense, no centro da comarca que leva o seu nome, a 400 m de altitude. Limita ó norte co municipio de Castrelo do Val, ó este con Vilardevós, ó sur con Portugal, ó oeste con Oímbra e ó noroeste con Monterrei. Situado no cuadrante sudoriental da provincia, lindando polo sur coa fronteira portuguesa. Posúe unha extensión de 93.9 km² e ó redor de 14500 habitantes. Formado por quince parroquias nas que se distribúen 18 pobos. Santa María A Maior de Verín : Verín. San Fiz de Pazos : Pazos. Santa Cristina de Tintores : Tintores, Vilela. Santa María de Feces de Abaixo : Fedes de Abaixo. San Pedro de Queizas : Queizás. Santa María de A Rasela : A Rasela Santa María de Abedes : Ábedes. Santiago de Vilamaior do Val : Caldeliñas, O Salgueiro, Vilamaior. Santa María de Tamagos : Tamagos, Tamaguelos. San Martiño de Mourazos : Mourazos. San Salvador de Cabreiro á: Cabreiroá. San Bartolomeu de Queirugas : Queirugas. Santa María de Feces de Cima : Feces de Cima. A vila está localizada no corazón da fértil comarca do Val de Monterrei, que xurdiu o pe dunha importante fortaleza medieval e constitúe un dos principais e máis prósperos núcleos urbanos da provincia. Ademais é paso obrigado cara Portugal e Castela.

Transcript of updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewpinceladas do Concello. O Concello de Verín...

Page 1: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewpinceladas do Concello. O Concello de Verín sitúase no sudeste da provincia de Ourense, no centro da comarca que leva o seu nome,

VERÍN

Unhas pinceladas do Concello.

O Concello de Verín sitúase no sudeste da provincia de Ourense, no centro da comarca que leva o seu nome, a 400 m de altitude.

Limita ó norte co municipio de Castrelo do Val, ó este con Vilardevós, ó sur con Portugal, ó oeste con Oímbra e ó noroeste con Monterrei. Situado no cuadrante sudoriental da provincia, lindando polo sur coa fronteira portuguesa.

Posúe unha extensión de 93.9 km² e ó redor de 14500 habitantes. Formado por quince parroquias nas que se distribúen 18 pobos.

Santa María A Maior de Verín : Verín. San Fiz de Pazos : Pazos. Santa Cristina de Tintores : Tintores, Vilela. Santa María de Feces de Abaixo : Fedes de Abaixo. San Pedro de Queizas : Queizás. Santa María de A Rasela : A Rasela Santa María de Abedes : Ábedes. Santiago de Vilamaior do Val : Caldeliñas, O Salgueiro, Vilamaior. Santa María de Tamagos : Tamagos, Tamaguelos. San Martiño de Mourazos : Mourazos. San Salvador de Cabreiro á: Cabreiroá. San Bartolomeu de Queirugas : Queirugas. Santa María de Feces de Cima : Feces de Cima.

A vila está localizada no corazón da fértil comarca do Val de Monterrei, que xurdiu o pe dunha importante fortaleza medieval e constitúe un dos principais e máis prósperos núcleos urbanos da provincia. Ademais é paso obrigado cara Portugal e Castela.

Enclavado na depresión de Verín, o releve deste municipio mostra dous sectores diferenciados: un chairo, formado polo val do río Támega (que de norte a sur percorre o límite occidental do municipio a unha altitude de 400 m) e outro, os releves montañosos que o rodean polo Oeste e onde a altitude alcanza os 940 m no alto de Valdeauga (o que levou a algúns autores a calificalo como un terreo chairo, rodeado dun espléndido horizonte de montañas). Tamén con dirección meridiana, atravesa o pobo unha falla chamada “Creba da Corga”, pola que brotan os mananciais das augas medicinais.

Page 2: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewpinceladas do Concello. O Concello de Verín sitúase no sudeste da provincia de Ourense, no centro da comarca que leva o seu nome,

CREBA DA CORGA

Ou fosa tectónica Verín-Chaves, foi a ferida xeolóxica máis decisiva para a actual configuración xeográfica da zona. Dirección nordeste-sudoeste; penetra en Portugal, na cidade de Chaves, sendo responsable principal dos mananciais de augas termais a moi elevadas temperaturas, que fixeron de Chaves un centro balneario de primeiro orde desde a época romana.

A actividade da creba, tamén garante a gran cantidade e variedade de augas mineiromedicinais da comarca de Verín.

A rede hidrográfica organízase en torno o río Támega, ó que aportan as súas augas o río Ábedes, Prego Novo e Prego dos Gondulfes. Este río pertence á cunca do Douro e desemboca en terras portuguesas.

As superficies forestais ocupan un 48% do territorio e constan de árbores da ribeira, pinos e frondosas por riba dos 400m, e por matoxo, nas zonas máis elevadas. As terras de cultivo (31%) son de gran fertilidade e sitúanse na zona de val, onde abundas os viñedos, os cales han dado lugar ó famoso viño de Monterrei, seguido dos cereais e cultivos forraxeiros.

As condicións climáticas favorecen a calidade dos viños, caracterízanse polas temperaturas do inverno, o calor estival e as escasas precipitacións na zona do val.

Chegar a Verín é cómodo e rápido, tódalas grandes vías de comunicación da comunidade galega, enlazan con ela. Tómase a OU-540 dirección Benavente/Madrid, séguese pola A-52 cara Monterrei/Verín/Vilaza; continúase pola OU-525 cara Verín. Situado a 71km de Ourense.

A estrada N-525 Ourense – Zamora, une a zona co sur de Galicia e a comunidade castelán-leonesa. Tamén decisiva é a N-532 (agora tamén a actual A-75) que une o Concello coa fronteira portuguesa.

Page 3: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewpinceladas do Concello. O Concello de Verín sitúase no sudeste da provincia de Ourense, no centro da comarca que leva o seu nome,

+

Unha mirada atrás.

Verín foi zona habitada deste antigo. Hai evidencias de poboamento de preto de catro mil anos atrás. Antes da chegada dos romanos, cara o século I a.c., vivían no val os tamagani (pobo que deixou a súa pegada na toponimia). A romanización tivo importante presenza. No barrio de San Lázaro e noutros puntos do Concello, apareceron probas neste sentido. A cidade de Verín xurdiu a partires dunha vila romana, e os seus habitantes poderían proceder do “Castro de Baronceli”, situado no lugar que actualmente ocupa o Castelo de Monterrei (construído na baixa Idade Media). →

Page 4: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewpinceladas do Concello. O Concello de Verín sitúase no sudeste da provincia de Ourense, no centro da comarca que leva o seu nome,

Durante o medievo, a vila perdeu o seu dominio e Monterrei centralizou o territorio e a vida da comarca en torno os seus condes e señores. Na Idade Media converteuse nunha poboación agrícola e tranquila, aínda que a miúdo, viuse envolta nos conflitos bélicos dos sucesivos gobernantes de Monterrei, así como nas disputas fronteirizas entre España e Portugal. Todo illo, ata a Guerra de Independencia, na que o castelo é escenario da última e máis famosa das súas fazañas históricas. No 1506 Felipe o Fermoso mantivo un encontro na poboación co Cardeal Cisneros.

Na alta idade media (V e VIII), o val de Verín vive unha etapa escura, da que espertaría cara fines do S. IX, cando Afonso III o Magno, ordena a repoboación dos lugares de Verín e Pazos. Segundo “Xerardo Dasairas” neste tempo os viñedos eran o principal cultivo verinés, seguido do trigo e centeo.

No século XIII chegan os primeiros peregrinos regulares, co tempo acabarían contando cun hospital no barrio de San Lázaro.

Cara os séculos XVII e XIX, Verín vai consolidándose como vila (neste tempo Monterrei case en exclusiva, e confirmado como recinto militar).

Dende mediados do XIX, a vila vive un lento avance, unido ás relacións con Portugal e ao desenvolvemento comercial e das vías de comunicación. Tamén aséntase unha industria alimentaria e téxtil e sobre todo, a actividade das augas.

Xa na idade moderna Verín retoma a supremacía; agás Mourazos que pertencía ó convento de Santa Clara de Allariz, a maioria das parroquias formaban parte de Monterrei e Verín, nas que establecía o seu señorío, o Conde de Monterrei, así como na de Oímbra, á que pertencía a parroquia de Tamaguelos. Abolidos os señoríos (primeiro tercio do século XIX) formáronse dous Concellos: Verín e Mandín pertencentes ó partido xudicial de Monterrei, que en 1836 integráronse no actual de Verín. O poder dos gremios, a intensa vida do comercio e artesanía local, ou as casas señoriais que aínda quedan da época, son mostra da próspera vida dunha vila, que destacou ata entrado o actual século, por a súa fidalguía, a súa intensa vida político-cultural e a súa actividade comercial e balnearia.

Vista panorámica de Verín.

Page 5: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewpinceladas do Concello. O Concello de Verín sitúase no sudeste da provincia de Ourense, no centro da comarca que leva o seu nome,

Entre os achados arqueolóxicos máis antigos da zona, hai que mencionar os restos de cerámica neolítica encontrados no lugar de Santa Ana; tamén un vaso campaniforme e algúns dolmens e mámoas. O arte rupestre esta representado nas esculturas de Ábedes. Os poboadores celtas (Tamagami) tamén deixaron pegada no lugar e varios miliarios que marcaban a ruta unía a vía XVII e XVIII do itinerario de Antonino. Tamén son salientables os xacementos como Penedo da Moreiriña ou de Santiago en Ábedes o Peneda da Moura en Tamaguelos, amosan ferradura e motivos escutiformes; ademais da Fraga de Lobos (cabanas) de Ábedes no Bronce Inicial.

Onde perderse:

Xoias Naturais.

Verín é unha zona na que prima a calidade das súas augas e os viños, por elo unha visita inescusable teñen que ser as súas adegas e como non, os seus mananciais de auga, posto que todos gozan dun entorno natural agradable. Pódese dicir que o auga e o viño son unhas das riquezas principais da comarca.

Manancial de Cabreiroá : este balneario atópase a un km e medio de Verín, nun recinto axardinado onde se pode observar a fantástica fachada do antigo hotel balneario, construído a principios de século XX.

Este manancial foi nun principio, unha charca coñecida polos

veciños do lugar, polas súas propiedades medicinais. Posteriormente D. Xosé García Barbón, converteu a fonte nun lugar de atracción de numerosas persoas que acudían a mellorar a súa saúde.

O balneario comezou a ser explotado comercialmente no 1960; hoxe en día tan só funciona como manancial cunha augas que posúen propiedades mineiro medicinais.

O Hotel do balneario se construíu no 1906 e cerrou en 1961; era un dos máis frecuentados pola alta sociedade da época, os cales acudían a tomar as súas augas polas propiedades curativas que contiñan e conteñen actualmente. →

O entorno natural que o envolve, ten unha riqueza e variedade de especies arbóreas dignas do mellor xardín botánico.

Page 6: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewpinceladas do Concello. O Concello de Verín sitúase no sudeste da provincia de Ourense, no centro da comarca que leva o seu nome,

As súas augas son clasificadas como bicarbonatadas, sódicas, cálcicas, litínicas e acidulas; cun sabor fresco e suavemente picante. Son

fantásticas para favorecer a dixestión e estimular os sistemas gástrico, biliar e pancreático. Comercialízanse en tres modalidades: Cabreiroá con gas, sen gas e única (auga especial que conserva o carbónico natural do manancial). A extracción da auga a profundidade superior ós 100 m, garante a súa pureza e a conservación de todas as súas propiedades.

Merece a pena contemplar a maxestosa fachada do antigo hotel-balneario, que tamén tivo uso de cartel e hospital.

Manancial de Fontenova : sito a 1 km de Verín, polo camiño vello de Sousas. As súas augas están indicadas para o tratamento de enfermidades de infeccións renais, do estómago e do fígado.

Declarada de utilidade pública no 1904. Augas bicarbonatadas sódicas, variedade litínica. Recomendadas para o tratamento de doenzas renais, estomacais, hepáticas e intestinais (concretamente: reumatismo, litíase renal e hepática, gota e dispepsias

gástricas). Ofrécense en dúas modalidades:con gas (dina, dixestiva e mineralización alta) e sen gas (mineralización suave).

A súa notable composición, foi apreciada desde o século XIX, pero a súa utilización é moito máis antiga. Algúns estudios afirman que xa en época romana eran coñecidas as súas excelentes propiedades.

O manancial está situado nunha finca chamada “fontela” e era coñecido tamén como fonte do espido, porque nas súas inmediacións remataba o camiño de espido.

Manancial de Sousas: a 1.5 km de Verín o final da avenida de Sousas. Descoñécese en que época se descubriu a fonte, que xa foi citada en

1853 por D. Pedro Mª Rubio no seu tratado completo das fontes minerais de España.

Actualmente as súas augas comercialízanse como augas de bebida envasadas, en épocas anteriores empregáronse para baños. As primeiras instalacións deste tipo, consistían nun

pavillón e un salón para agüistas construídos no 1859. O 30 de abril dese ano, as súas augas foron declaradas de utilidade pública.

Page 7: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewpinceladas do Concello. O Concello de Verín sitúase no sudeste da provincia de Ourense, no centro da comarca que leva o seu nome,

Son augas bicarbonatadas sódicas, litínicas e lixeiramente fluoradas, de mineralización débil. Actúan como excelente depurativo, diurético e desintoxicante (moi apreciadas para o tratamento das afeccións das vías urinarias, aparato dixestivo, reumatismo, diabete, fígado e bazo). O seu contido en flúor, as converte en idóneas para ser consumidas regularmente por lactantes e nenos menores de sete anos, evitando fluorosis dental e caries. Preséntanse en dúas modalidades: con gas e sen ela.

Caldeliñas: Accédese a este manancial pola estrada de Laza. As súas augas bicarbonatadas, sódicas, litínicas, fluoradas, salinas e alcalinas. Indicadas para a pel. Actualmente en proceso de reconstrución. Declarada de utilidade pública en 1859, as súas augas de mineralización media, nacen a 25ºc acompañadas de abundantes burbullas. Recomendadas para problemas da pel e reumatismos, mediante baños e aplicación externa.

Mentres se imaxinan os balnearios como un lugar cheo de bañeiras onde relaxar corpo e mente, pero antigamente, nestas zonas, o balneario era un lugar adosado a un manancial con composición en diversos minerais, os cales eran aptos para o tratamento de diversas doenzas relacionadas coas carencias destes

elementos.Estes baños podían considerarse un avance da época, xa que por

aquel entón practicábanse baños de barro con augas termais e bicarbonatadas-sódicas, litínicas, fluoradas, salinas e alcalinas do manancial, para curar afeccións da pel. Tamén se consumían para tratar enfermidades como gota, pedras na vexiga,…

Nas ruínas non se atoparon signos relixiosos, pero se supón que a torre podería albergar unha capela (xa que en tódolos balnearios o relixioso se tiña tan en conta como o sanitario).

A uns 50 m do edificio principal, hai uns baños e manancial. En eles consérvanse 4 bañeiras comunicadas entre si, que recollen o auga que emana das profundidades da terra. Outra bañeira máis alta

e seca na que se pode imaxinar que preparaban os baños de barro curativo. O manancial aínda segue vivo.

Fonte do Sapo: accédese pola estrada de Castela e desvíase á esquerda á altura do km 165, onde tómase un camiño de terra. As súas virtudes curativas caracterízanse

Page 8: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewpinceladas do Concello. O Concello de Verín sitúase no sudeste da provincia de Ourense, no centro da comarca que leva o seu nome,

polo seu poder cicatrizante contra todo tipo de chagas. Como toda clase de augas mineiromedicinais é de grande utilidade curtativa para enfermidades do aparato dixestivo, fígado, ril e determinadas afeccións da pel (doenzas gastro-hepáticas e de aplicación externa para a pel)

Nace de abaixo a riba e encóntrase cuberto de pedras como unha fonte rística. As súas augas son bicarbonatadas, sódicas, sulfuradas e con presenza significativa de fluoruros, litio e amonio.

A través da Eurocidade Chaves-Verín (proxecto pioneiro e un programa de cooperación con outro país) preténdese a promoción da utilización dos servizos comúns, como instrumento dinamizador da convivencia entre a poboación de ambos territorios. Por illo, créase a colaboración cos balnearios e termas de Chaves.

Termas xunto o marxe do río Támega, nas que brotan augas de composición única na península; son hipertermales, bicarbonatadas, sódicas, mesomineralizadas e gasocarbónicas. Cura afeccións de ósteo-articulares, músculo-esqueléticas, aparato dixestivo e aparato respiratorio. Aprovéitanse tamén para curar os males da sociedade moderna (estres, cansazo e ansiedade). Sitas no Spa do Imperador o cal posúe una zona exterior onde poder beber auga directamente do nacente. →

Outra xoia da natureza desta zona é o río Támega: ó seu paso por Verín, ten un espazo verde que á vez é urbano, xa que se atopa integrado dentro da vila, unindo o barrio de San Lázaro con resto de Verín.

O Támega entre en Verín por terras de Tintores, onde atopamos unha praia fluvial, área recreativa con asadores e parque infantil, pista polideportiva e campo de fútbol. Para chegar ata o pobo de Vilela.

A partir da Pousa, o río ofrece ós seus bañistas, tres “pozas” chamadas: O Paquita, O Señoritas e A Preguiza; augas abaixo xa en dirección

ó núcleo verinense. O río chega a Verín onde encóntrase a praia fluvial e o parque do Olivar.

Augas abaixo, recibe as augas do río Búbal, e seguido cruza as terras de Queizás, Oímbra, Tamaguelos e Feces de Abaixo, para acadar perdéndose no veciño Portugal.

Área da Pousa

Área de baño de Verín.

Page 9: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewpinceladas do Concello. O Concello de Verín sitúase no sudeste da provincia de Ourense, no centro da comarca que leva o seu nome,

Outras zonas de baño e recreo en Verín : Tintores, Vilela, Queizás e Pazos (fotografía da esquerda).

Non se pode deixar de ver en Verín, algunhas das súas múltiples adegas de viño, pois a historia da comarca xira en to rno ó cultivo da vide nas zonas máis soleadas do Val, que é o secreto dos seus exquisitos caldos. Esta histórica comarca produce elegantes e diferenciados viños brancos de dourado porte, froito das variedades godello e treixadura que maduran nun clima continental. Variedades tintas: mencía e merenzao e tempranillo.

Polas súas características físicas, esta comarca responde exemplarmente á ideas dunha denominación de orixe ben definida e de personalidade acusada. A denominación de orixe monterrei está situada na parte oriental de Ourense e limita con Portugal. Os viñedos encóntranse no val de Monterrei e comprende os municipios de Verín, Monterrei, Oímbra e

Castrelo do Val. O clima é seco con máximas de 35ºC en verao e mínimas de 5ºC baixo cero, en inverno. Os solos son arcillosos e nalgúns lugares algo areosos. O viñedo aséntase sobre vales e zonas de ladeiras. Recentemente incorporouse o “tempranillo” dentro das variedades da Denominación. O 100% da produción é

comercializada a nivel Nacional, sendo Galicia o mercado máis importante. Actualmente comezan a estender o seu mercado ó exterior.

Algunhas destas adegas con D.O.P. no Concello de Verín, son:

Adegas Gargalo: Pazos- Verín. Adegas Bernabé Jimenez: Verín. Adegas Madrevella: Tamagos- Verín. Adegas Chicheno: Queizas- Verin (adega en Oímbra). Adegas Tapias-Mariñán: Pazos-Verín. Adegas Viña Lara: Queizás- Verín. Adegas Quinta da Muradella: Verín, Adegas San Fiz: Pazos-Verín.

Outro paraxe salientable no que se refire a natureza, é a zona de esparcemento que rodea o Santuario dos Remedios.

Page 10: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewpinceladas do Concello. O Concello de Verín sitúase no sudeste da provincia de Ourense, no centro da comarca que leva o seu nome,

Por último pódense salientar os cotos estañíferos de Feces de Cima, situados na mesma “Raia Seca” ou fronteira con Portugal. Por ela cruza o gran filón de mineral que abrangue desde Vilarello ata Mandín. Enclavadas entre os Outeiros de Cruces e Lomo Grande, estas minas son coñecidas polos naturais co nome de “A Estañeira”. (A Fraga das Minas na foto da dereita).

Ou tamén destacar a pequena fervenza de Mandín →

Outras zonas de recreo e esparcemento son: áreas recreativas de Queizás, Verín, Mandín, Pazos,…

O Concello pode presumir dun abundante patrimonio forestal de montaña se exceptuamos o existente nas parroquias situadas cara o Este onde se localizan algunhas masas arbóreas de importancia. Pazos, Vilamaior, Ábedes, Cabreiroá, Tamagos,… aportan zonas repoboadas de coníferas entre as que se mesturan algúns árbores autóctonos e foresta de monte baixo.

As zonas más importantes están en Queirugás, destacando a antiga Fonte dos Lobos (hoxe chamada de Fumaces), o Monte maior de Mandín e Feces de Abaixo e a zona de batocos de Feces de Cima.

ROTEIRO DE SENDERISMO

Ruta del auga: é un pequeno itinerario turístico polo municipio de Verín. Circuito duns 12 km de percorrido, que comeza na Casa do Escudo (Barrio de San Lázaro) pazo do século XVIII, continúa polo entorno do río Támega e percorre os cinco mananciais de augas minero-medicinais para concluír de novo no punto de saída.

Casa do Escudo /Albergue peregrinos

Parque alameda en Verín e área recreativa de Pazos.

Page 11: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewpinceladas do Concello. O Concello de Verín sitúase no sudeste da provincia de Ourense, no centro da comarca que leva o seu nome,

Traxecto de dificultade baixa cunha duración de 3h.30´ aproximadamente, e pódese realizar tanto a pe como en bicicleta. Ruta sinxela incluso para os máis pequenos e está sinalizada a través de paneis de madeira en todo su recorrido.

Ruta: Casa do Escudo - Río Támega – Cabreiroá – Capela San Antón – Sousas – Fontenova – Fonte do Sapo – Queirugás – Caldeliñas – A Pousa - Casa do Escudo.

Ruta do Pozo do Demo: consta de dous variantes, partindo ambas da rúa Infistela (xunto a glorieta Canella Cega), e cun recorrido conxunto duns 3 km. Neste punto, o camiñante ten dous alternativas:

- Circuíto pequeno de aprox. 2 km e dificultade baixa.

- Circuíto grande de aprox. 6,200 km e dificultade media. Este conduce ó entorno natural do pozo do Demo e o miradoiro do

mesmo nome.O interese da mesma é paisaxístico, o sendeiro regala, a medida que un

avanza, fermosas panorámicas do entorno.

Ruta: rúa Infistela, Balneario de Cabreiroá e miradoiro Pozo de Demo; desnivel duns 500 m; dificultade media e duración aprox. dunhas tres horas (circuíto pequeno=5km e grande=9.200km).

Ruta BBT: maratón en bicicleta cunha distancia de 55 km. Cota máxima: 889.10m e mínima: 387.40m. Dificultade media- alta e tempo estimado dunhas catro horas e media.

Ten o seu inicio na rúa Irmáns Moreno, deputación, Luis Espada, barrio San Lázaro, Pazos, subida o castelo Monterrei, Atalaia, logo pista forestal que percorre os núcleos rurais de A Pousa, Mixós, Estevesiños, Vences (Monterrei), descenso á capela de Arcucelos, Retorta, Matamá (Laza). Despois seguen unha pista forestal de Vilar, Servoi, Rivas, Gondunfes, Marbán (Castrelo do Val) e finalmente a fonte do Sapo e retorno o punto de inicio.

Vía da Prata: o camiño xacobeo de maior percorrido, unha prolongación da calzada romana, que unía “Emerita Augusta” (Mérida) con “Asturica Augusta” (Astorga). Con este termo (Bal´latta) os musulmáns designaron a aquela vía pública empedrada e de sólido trazado que se encamiñaba cara o norte cristián. A partires do 1250 o camiño foi utilizado polos peregrinos de Andalucía e Estremadura, uns seguían ata Astorga, enlazando co camiño Francés e outros tomaban a desviación de Poboa de Sanabria-A Gudiña-Verín-Ourense-Santiago. Existe constancia de hospitais de peregrinos, en Verín e Monterrei.

Ruta de Requeixo: empeza en San Lázaro, sóbese por San Gregorio, Pazos, Vilaza, Balneario de Requeixo (minicentral

Vista desde o Pozo do Demo

Page 12: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewpinceladas do Concello. O Concello de Verín sitúase no sudeste da provincia de Ourense, no centro da comarca que leva o seu nome,

eléctrica), polígono de Pazos, Fincas do Pracer (reservada de paxaros), área recreativa de Pazos, cruzar o Támega pola ponte, a Noria, Os coutos, Verín.

Ruta do Castelo: desde San Lázaro, calzada antiga, Monterrei, Parador de Turismo, Acrópole (torre, palacio, igrexa), fonte, Atalaia e logo baixase pola Pousa camiñando pola vella estrada asfaltada, séguese pola ladeira do monte ata Mixós, onde pódese visitar a súa igrexa prerrománica. Regreso pola entrada da Pousa-San Lázaro para visitar a Capela e a casa do Escudo.

Ruta do Támega: comeza na praza García Babón, estrada da Veiga, muíños da Veiga, Vilela (cruceiro e capela de San Martiño), Tintores (presas do muíño e do Cerecero, e a presa do muíño de San Miguel). Regreso pola ladeira esquerda do río desde a Veiga de Vilela, ponte da Pousa, Preguiza, e Alameda de Verín.

Ruta das Fontes: saíndo da avenida de Castela ou na rúa Rosalía de Castro polo cemiterio, e o barrio da Cruz Vermella, fonte do sapo, Queirugás, Santuario dos Remedios, Vilamaior, Caldeliñas (fonte e antigo balneario), Salgueiro, A Rasela e Verín.

Ruta dos Balnearios: desde o camiño vello de Sousas, Balneario de Fontenova, Balneario de Sousas, Ábedes (igrexa e capela dos Traguerras, capela de San Antonio), Balneario de Cabreiroá, Pozo do Demo, Monte maior, Cabreiroá e Verín.

Ruta do Sur: da comezo na avenida de Portugal, Queizás (igrexa e salto do Támega), Tamagos (Granxiña e casa da Inquisición), Mourazos, Mandín (reloxo da igrexa, peto de ánimas e fonte a Mirgadeira), Feces de Cima (muíños de aceite), Feces de Abaixo (fronteira con Portugal). →

Riqueza histórica e cultural

Pódese comezar o camiño visitando pontes, muíños, lavadoiros e algunhas fontes tradicionais nos pobos.

Por exemplo as pontes que cruzan o Támega por Verín, a ponte antiga é a da foto que parece que fora construída nos tempos do emperador Traíano, oriúndo de Hispania, e que servía de paso para o carrexo do mineral das minas de Arcucelos e Laza, para ser levado a Roma pola calzada principal que partía en Astorga. Segundo algún historiador, a fecha

Page 13: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewpinceladas do Concello. O Concello de Verín sitúase no sudeste da provincia de Ourense, no centro da comarca que leva o seu nome,

da construción do ponte primitivo foi no 79 a.c. Antes da súa construción había barcazas para o paso de persoas e animais. O río o seu paso por Verín, conta con máis pontes de estilo moderno. →

Muíños como o de Feces de Cima (de aceite), os situados entre Rabal e Mandín (sen restaurar e algúns con mal acceso) ou Tamaguelos, como se pode apreciar nas seguintes fotografías (as duas primeiras de Feces de Cima).

Page 14: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewpinceladas do Concello. O Concello de Verín sitúase no sudeste da provincia de Ourense, no centro da comarca que leva o seu nome,

Lavadoiros: A ausencia de auga corrente nas casas, obrigaba ás mulleres a acudir ós lavadoiros públicos a facer a colada. A dura tarefa de lavar a man estaba totalmente feminizada, os lavadoiros públicos constituíron un lugar de encontro para as mulleres, un espazo de árduo traballo e mutua compañía ata ben entrado o século XX.

Os antigos lavadoiros eran totalmente diferentes do que hoxe coñecemos; moitos abastecíanse por un pozo anexo e algúns tamén daban de beber ó gando e incluso, era un lugar privilexiado para os árbores e praderas anexas. Máis tarde, coa innovación técnica, estes traballos pasaron a realizarse no ámbito doméstico, pero hoxe en día moitos municipios da provincia

conservan os seus lavadoiros. Un exemplo é o lavadoiro de Verín, utilizado durante moitos anos como gardería e na actualidade é sede da Upd Limia-Verín. O lavadoiro con fonte de Mandín (foto esquerda). Algúns tamén sen restaurar (ex.: lavadoiro de Mourazos).

Fontes tradicionais de auga, como poden ser as xa anteriormente citadas, de Cabreiroá, Sousas, Fontenova, Fonte do Sapo, Caldeliñas, ou a fonte de Pilatos e a “Mirgadeira” en Mandín (Fotos inferiores).

Tamén pódese atopar algún que outro forno e hórreo nos pobos máis rurais da Comarca.

Nas proximidades de Mandín, encontráronse establecementos castrexos, chamados O Circo e Moreiroá. Tamén en Cabreiroá.

Os primeiros datos de asentamentos nas proximidades de Verín, proceden do paleolítico e apórtannos materiais de fragmentos de cerámica variada e de tipo campaniforme cerca de Feces de Abaixo. Da época megalítica, abundan necrópoles que atestiguan a toponimia dos dolmens e petróglifos que perduraron ata a Idade media.

Próximo a Tintores, e formando parte dun muíño, localizase un miliario romano usado como poste de sustentación do teito dun alpendre.

FESTAS

Lavadoiro de Verín.

Page 15: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewpinceladas do Concello. O Concello de Verín sitúase no sudeste da provincia de Ourense, no centro da comarca que leva o seu nome,

O Concello quere dar a coñecer a súa idiosincrasia a través de festas de carácter popular, onde ensalzan os produtos da zona e tamén as tradicións. Tampouco queren deixar pasar por alto concretas datas do ano, para ofrecer os seus veciños poder disfrutalas, como: O Entroido, Reis magos, Magostos populares,... e que non desapareza o sentido destas festas. Pero son os veciños e veciñas os que mellor saben e entenden de tradicións e eles son os encargados de transmitirlle ás novas xeracións e o Concello de potencialo.

Repartidas o longo do ano, celébranse as seguintes festas e actividades:

15 Xaneiro: San Amaro en Mourazos. 17 Xaneiro: San Antón en Ábedes. 3 Febreiro: San Brais na Rasela. 9 Maio: San Gregorio en Cabreiroá. 2 Xuño: Corpus en Tamagos. 29 Xuño: San Pedro en Queizás. 24 Xullo: Santa Cristina en Tintores. 25 Xullo: Santiago en Vilamaior. 1 Agosto: San Fiz en Pazos. 15 Agosto: Santa María en Madín y Verín. 24 Agosto: San Bartolomeu en Queirugás. 8 Setembro: Os Remedios Vilamaior, Feces de Cima e Tamaguelos. 15 Setembro: Os Dores en Feces de Abaixo e San Lázaro (Verín). 11 Novembro: San Martiño de Vilela.

Feiras no mercado de Verín os días tres, once e vintetres de cada mes.

Feiras e festas de San Lázaro: coa promoción de produtos e artesanía da comarca. Feira gastronómica (Bandullo) e do viño D.O. Monterrei. O mes seguinte ó entroido.

San Xoán: celébrase o 24 de xuño, coas tradicionais fogueiras da noite de San Xoán e acompañado de produtos tradicionais como o licor café e a bica.

Batucada: no mes de xullo celébrase o carnaval do verán (finais do mes).

Feira do viño denominación de orixe Monterrei: feira de agosto.

Un río de tapas: no mes de agosto.

Xornadas de folclore: con actuacións de diferentes países a través de bailes típicos, celébrase o 15 de agosto.

Page 16: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewpinceladas do Concello. O Concello de Verín sitúase no sudeste da provincia de Ourense, no centro da comarca que leva o seu nome,

OS REMEDIOS

Conta a lenda que a Virxe aparecéuselle a un pastor chamado Álvaro do Rigueiro. Encomendoulle que comunicase a nova ó pobo e que era vontade da Señora que se lle construíse un santuario co nome de Nosa Sra de Parafita. Ante a incredulidade do pobo, volvéuselle aparecer dúas veces máis co mesmo mandato. O mozo estivo preso sen comer e afirmaba que a Señora lle levaba comida. Uns canteiros biscaíños fixeron as obras, que comezaron o 21 de marzo de 1541. No lugar do Humilladoiro, o párroco colocou un cruceiro.

A rebelión dos Irmandiños: celebración no Castelo de Monterrei dun xogo de rol baseado na rebelión dos irmandiños. Entre setembro e primeiros de outubro aproximadamente.

Carrado do Viño: peculiar festa para ensalzar a cultura do viño, é o obxectiva desta festa; o 2010 foi a carta edición celebrada en Verín a primeiros de novembro. Carros de viño despachan a bebida que da identidade a comarca, acompañados de xamón, cachucha, empanada e licor café entre outros produtos. Os carros van percorrendo as calles de Verín realizando paradas intermitentes nos distintos barrios para honrar a San Trifón (patrón de viticultores) e os participantes van desfilando en procesión ó compás dos carros amenizados polas típicas charangas.

Magosto: ou San Martiño, celebrase co asado de castañas nas fogueiras que conforman o tradicional magosto. Hoxe celébrase en case tódolos pobos, pero antano tivo unha festa importante en Vilela e Mourazos.

Romarías dos Remedios, o 8 de setembro no campo dos Remedios de Vilamaior, rodeados dunha zona de esparcemento en plena natureza.

Romaría de San Antón: 17 de xaneiro, máis coñecida como Festa do Chourizo; nela, os romeiros vanse esparexendo e collendo sitio polo monte, arredor da capela, con fardelos de comida (chourizo, costela de porco, empanada,…) e de viño. Tamén hai música e postos de algúns produtos da

zona.

A romaría atópase entre a mitoloxía ancestral e a relixiosidade popular. Trátase da ofrenda ó protector benefactor, no pasado unha divindade ou forza da natureza, agora o santo Antón.

Nesta romaría, fai aparición por primeira vez a máscara do Cigarrón, que látego en man e sorriso cínico plasmado na súa careta, anuncia a proximidade do Entroido.

PARA NENOS: realízanse varias actividades o longo do ano adicadas ós nenos, Talleres no verán, campamentos, Cabalgata de reis magos,

Page 17: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewpinceladas do Concello. O Concello de Verín sitúase no sudeste da provincia de Ourense, no centro da comarca que leva o seu nome,

actividades varias nas casetas das feiras (pintura, xogos,…), ludotecas en Nadal e verán,…

ENTROIDO: e a festa por excelencia, festa galega de interese turístico, un rito ancestral. Posúe nestas terras, un toque singular debido ós ingredientes imprescindibles no entroido verinense: fariña (para mancharse uns a outros, chegando a consumirse miles de quilos nestas datas). Nun principio estas costumes sorprenderán o visitante, pero pronto pasará de ser un mero espectador a participar neste gran espectáculo popular.

Unha data sinalada dentro do calendario do Entroido, é San Antón o 17 de xaneiro, fan a súa primeira aparición ós Cigarróns, anunciando a proximidade do entroido. Logo o Xoves de Compadres: xornada na que ten lugar a primeira petardada, é o primeiro día do entroido, é día de homes, no que se celebra o xuízo do Maragato, o cal un ano máis, será condenado e executado. Despois dunha boa cea, os homes percorren as rúas en compaña das charangas e do “carro do Meco” para chegar a praza maior e xulgar o Maragato. Antigamente as mozas facían os compadres ou bonecos que imitan a figura dun home, colgándoos en lugar visible ou procurando aldraxalos e ata queimalos, sempre coa oposición dos mozos que trataban de evitalo.

Séguelle o Domingo de Corredoiro, só faltan 7 días para o domingo Gordo, esa mañá os cigarróns percorren as rúas da vila converténdose nunha auténtica banda sonora e a tarde, na praza García Barbón, terá lugar a primeira “Fariñada”.

Despois o Xoves de Comadres: un día que non últimos anos gañou un protagonismo impresionante, xa que máis de mil mulleres abarrotan os restaurantes da vila para cear, esperando que chegue a hora máxica (00.00h) para dirixirse a San Lázaro (Casa do Escudo) para seguir a procesión “Da vela e das sabanas brancas” e recibir a raíña e a Don Carnal, que fan a súa entrada pola calzada medieval que baixa desde o Castelo,

escoltados polos cigarróns, charangas e toda unha multitude de xente que percorrerán as rúas máis emblemáticas da vila para acadar escoitando o pregón (relato que de xeito satírico, grotesco e burlón, ridiculiza tódolos sucesos acontecidos ó longo do ano na vila) e dar por comezado o Entroido.

Venres de Entroido: comezan a chegar os non nativos da localidade, os cales mestúranse cos lugareños e fan das rúas un continuo espectáculo de color, humor e inxenio, preludio do que esta por chegar.

Sábado: Espertan ós veciños, as charangas, petardo e bombas. Multitude de verinenses e visitantes desfrutarán da noite de Verín, unha das máis esperadas polos máis novos. Pola tarde na praza do Cigarrón, e organizado pola asociación do cigarrón, realizan un acto solemne no que tres novos cigarróns serán vestidos con todas as honras en presenza de toda a xente que queira acompañalos nese día tan especial. Asiste a raíña e o

Page 18: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewpinceladas do Concello. O Concello de Verín sitúase no sudeste da provincia de Ourense, no centro da comarca que leva o seu nome,

entroidero maior e tamén hai degustación gratuíta de produtos típicos como bica ou licor café.

Domingo de Entroido (Domingo Gordo): as 12.20h terá lugar o desfile, os cigarróns en cabeza, logo comparsas, carrozas e moita fariña. Multitude de persoas abarrotan as rúas, a poboación verase envolta de xente en poucas horas. Co desfile dará comezo un espectáculo para os sentidos.

Luns: o sétimo dia pero a festa non decae. A fariña será a protagonista nesta tarde (fariñada), xunto cos nenos e as numerosas atracción que se dan cita nestes días.

Martes: pola tarde, ten lugar un novo desfile (é o último día pero a xente négase a aceptalo e prolóngase a troula ata a madrugada).

Mércores de Cinsa: festivo local, “enterro da sardiña”, desde os anos trinta neste día, celébrase en Verín este feito. Substitúe en vilas e cidades ós cerimoniais de despedida do entroido representados polos sermóns, testamentos e queimas dando ademais unha nota anticlerical propia das épocas en que tivo o seu máximo esplendor. O serán do Mércores de Cinza, reuníanse na Praza maior as xentes ataviadas adrede para un enterro, lanzando berros lastimeiros pola morte do Entroido, simbolizado nunha sardiña ou nun pelele.

Domingo de Piñata: este domingo pecha a semana grande da festa, cun xantar colectivo. O remate do xantar faise entrega do “premio Pescadilla” cedido pola Comisión do Entroido a aquela comparsa que máis gustase o público, durante o Desfile do domingo do entroido. (Premio en lembranza ó Pescadilla, o cal tivo un papel imprescindible nestas festas). Remata a festa pola tarde, cun baile popular amenizado por unha orquestra.

A figura do Cigarrón: é o elemento máis característico do entroido. O orixe do Cigarrón, coma todo o que se perde ó longo dos anos, forma parte dunha lenda. Puido ser un cobrador de impostos na época do medievo, ou o encargado de levantar a caza do señor feudal, ou tamén, un enviado da igrexa para facer crer a aqueles que dubidaban da súa fe.

O cigarrón leva unha careta de madeira tallada e pintada, unha mitra pintada con motivos animais ou de natureza en xeral, e na parte posterior colócase unha pelica. O traxe está conformado por unha camisa branca, garabata vermella (actualmente de cores variados), pano bordado nos ombreiros e chaquetiña curta con tiras de pasamanería, frecos dourados e tres lazos de diferentes cores. Na cintura, colócase unha faixa onde irá o cinto de coiro cas chocas.Colócanse alternas, pois diferencian o seu son en machos (graves) e femias (agudos) e tamén deben estar concertadas para que produzan o seu son característico. Unha das artes do cigarrón é precisamente,

Page 19: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewpinceladas do Concello. O Concello de Verín sitúase no sudeste da provincia de Ourense, no centro da comarca que leva o seu nome,

mover con xeito as chocas, usando o movemento do seu corpo. Nas pernas levan calzón curto con trenzados de lá branca e de cor, frecos e bordas, nas que predominan cores vermellas e verdes. O resto das pernas cóbrense con medias brancas de encaixe que se suxeitan con ligas. Nos pés zapato negro e na man un látego do que pende unha badana de pel.

Camiña sempre choutando e meneando as chocas, batendo coa zamarra a quen se cruzo no camiño. Non fala e nunca debe sacar a súa careta na rúa a pesares de que na actualidade sexa frecuente.

Antigamente os cigarróns pedían cartos, o que orixinou a copla “cigarrón lapón mete os cartos no bolsón”. Un o varios cigarróns poden acurralar ós viandantes e obrigalos a que na taberna máis próxima realicen unha invitación a viño.

O capuchón do entroido: as primeiras constancias do uso deste disfráz, remóntanse ó 1914 “O recreo de artesáns”, era o que celebraba o baile máis popular da vila, acudían modistiñas e costureiras da vila en abundancia. Destacaban entre os moitos disfraces, os Capuchóns. Especie de sotana negra o de cor estampada, e cobre a cabeza cunha capucha. Na cara lévase unha careta ou máscara. (Segundo Federico Cocho no Carnaval de Galicia, dice que o capuchón permite mirar de fronte a quen nunca se atreveu, ignorar o saúdo, botar un baile coa moza apetecida, gastar bromas,… ser simplemente un capuchón sen nome e apelidos, sexo e idade).

Tesouros arquitectónicos .

Como patrimonio museístico, chamamos aquelas pezas rescatadas das distintas escavacións realizadas na zona e que por o seu valor histórico pódense contemplar hoxe nas salas do Museo Provincial de Ourense. Outras están desaparecidas o dispersas en mans de particulares tal como ocorre con aras, pedras muiñeiras, labras heráldicas, e moitas outras pezas menores.

O patrimonio urbano de Verín, viuse afectado cos anos pola voráxine reconstrutora que tanto ten significado nos tempos actuais. Apenas quedan algunhas casas fidalgas que aínda luces nas súas fachadas os señoriais blasóns, como Pazo dos Acevedo, antigo pazo hoxe transformado

nun curioso bar “Living Café”; presenta un pórtico con tres arcos de medio punto, edificio construído en pedra e presenta no piso superior dos balcóns entre os cales sitúase un fermoso escudo. Tamén destacan: o edificio Recaredo Romero, a Casa do Fiscal (actualmente Modas Rosy) e o edificio Peláez en Luis Espada e o Reitoral de Pazos.

Casa solariega de Pazos

Page 20: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewpinceladas do Concello. O Concello de Verín sitúase no sudeste da provincia de Ourense, no centro da comarca que leva o seu nome,

Edificio modernista: fronte a casa dos Acevedo, casa construída a base de combinar pedra e vidro, o que lle da un aspecto moi elegante. Bonitas galerías. Na fachada tamén chama a atención as numerosas filigranas e formas que presenta a pedra usada na súa construción. A parte esquerda do edificio está dominada por unha esvelta torre con galerías e rematada en bonita cúpula. Pódese visitar concertando cita

previa cos donos.

Convento Padres Mercedarios: o seu primitivo emprazamento foi en Monterrei. Fundado no 1484 pola iniciativa do Conde Sancho Fdez de Ulloa. Pola importancia defensiva do castelo, a comunidade instalouse en Verín no 1557. Despois da exclaustración adquiriron parte da súa antiga propiedade en 1933, sendo hoxe colexio de aspirantes mercedarios. O convento está situado na praza que leva o seu nome, consta de dous partes, unha destinada á comunidade e outra para o culto. A construción actual corresponde na súa maior parte ó século XVIII. Aproveitáronse para elo, pedras traídas de Monterrei, como comprobouse en recentes obras, onde apareceron pedras labradas, restos de arcos, anacos de columnas, signos lapidarios iguais ós de Monterrei, e incluso, unha pedra fechada en 1603. Na parte externa destacan a torre e a fachada. A torre é de composición barroca, ten catro ocos para as campás, balconcillos de pedra sobre ménsulas e balcón abalaustrado. Ten outro segundo corpo do mesmo tipo e con pináculo de estilo ferraríano no domo, tendo outros tantos pináculos sobre as volutas que son tanxentes á capulilla. Foi construída no 1738 segundo inscrición.

Hoxe é un colexio privado, co cal non está aberto o público. No obstante, é posible unha visita concertada cos P.P. Mercedarios.

Casa do Asistente ou Casa do Escudo: fronte a capela de San Lázaro, o máis relevante é o

fermosísimo escudo de grandes dimensións, que está na fachada. Actualmente exerce de sala de exposicións, albergue de peregrinos e oficina de turismo.

Centro de Interpretación de Verín: Casa da Cultura, este centro permite realizar un percorrido virtual a través de imaxes fixas e en movemento, de diferentes facetas da vila. Contempla nas distintas salas toda a información histórico-cultural da comarca: patrimonio, augas mineromedicinais, balnearios e mananciais, o viño, e carnaval, a gastronomía e outros espazos naturais. Os

Page 21: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewpinceladas do Concello. O Concello de Verín sitúase no sudeste da provincia de Ourense, no centro da comarca que leva o seu nome,

grupos deben concertar visita. Unido á biblioteca, edificio tamén antigo e de gran porte →

Tamén, como sucede noutras partes de Galicia, é moi grande a riqueza en mostras de arte relixiosa: cruceiros, igrexas, petos de ánimas,… espallados por toda a xeografía do Concello.

Cabe destacar a presenza dos característicos cruceiros e petos de ánimas, obras de anónimos artistas, que localízanse nas parroquias do Concello de Verín.

Page 22: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewpinceladas do Concello. O Concello de Verín sitúase no sudeste da provincia de Ourense, no centro da comarca que leva o seu nome,

A maioría dos cruceiros verineses non mostran a riqueza escultórica dos existentes noutras partes de Galicia, pero deixan translucir na súa simpleza, a intencionalidade cristianizadora e protectora das innumerables encrucilladas desta comunidade. Cuceiros hai aínda na capela de San Antón, en Cabreiroá, en Caldeliñas, Pazos, Vilamaior, San Lázaro (pegado a Capela), Vilela, Mourazos, Tamagos ou Tamaguelos, e mostra o seu xoven aspecto ó da subida a Monterrei en San Lázaro.

Entre os escasos petos de ánimas, destaca o de Mandín; o de Tamaguelos desapareceu para asentarse noutra parte.

Mandín: Consta dun corpo de sillería provisto de fornacina en medio punto sobre repisa de carto bocel. Sírvelle de remate ó monumento, unha cruz apeada sobre un pedestal moi desenrolado. No interior da fornacina figura un panel de madeira, pintado con vivos cores representando de forma inxenua a Virxe do Rosario e San Miguel coa balanza, ademais de rótulos que os identifican.

En canto as igrexas, pódense destacar:

Igrexa Parroquial de Verín, Sta María a Maior: No seu interior encóntrase o Cristo das Batallas, probablemente de Gregorio Fdez o Martinez Montañes, que anteriormente presidiu a capela do Cristo de Monterrei. Una capela chamada dos Dores, adosada á igrexa e froito dunha doazón, acolle a imaxe da Dolosa e do Cristo xacente. Destacan as imaxes do Cristo coa cruz, o Crucifixo, San Xosé ou a Inmaculada. No seu exterior destaca un reloxo de sol ubicado nun lateral da capela.

Igrexa da Merced de Verín: a igrexa do convento ten unha fachada moi sinxela, con torre cadrada de dobre balconada e rematada na cúpula. No seu interior hai un retablo barroco feito por Francisco Moure segundo algúns (aínda que Mario Alonso Aguado afirma na revista Estudos da Merced, nº177, que foi Fray Pedro Pascual García a quen

Petos de Vilela, Pazos, Tamaguelos, Mourazos, Tamagos, Os remedios

Page 23: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewpinceladas do Concello. O Concello de Verín sitúase no sudeste da provincia de Ourense, no centro da comarca que leva o seu nome,

chamaban “mestre de escultura e arquitectura”, e tamén deixou obras en Gondulfes, Flarix, A Xironda, Castro de Laza, Sabucedo de Limia,…).

Primeiro foi o claustro e logo a igrexa e a torre (1738) de corte barroco con aportes neoclásicos na portada do convento. Nun lateral do presbiterio figura unha lápida sepulcral coas armas dos Feijóo e con data de 1762. Nas escalinatas interiores que comunican coa parte superior do claustro, resalta un par de blasóns

orixinarios, posiblemente, do antigo establecemento desta orden en Monterrei. Na igrexa destaca a Virxe da Merced, o retablo maior e outros catro laterais, os releves de Fco de Moure (XVII) e o da Fundación da Orden do século XVII. O coro conta con sillería adosada labrada en madeira afiligranada. Pódese visitar de luns a domingo no horario de culto.

Igrexa Sta María de Ábedes: nos seus arredores, localizouse un importante xacemento do Bronce Inicial e por estes restos arqueolóxicos sábese da súa ocupación desde época romana. Foi feita no 1569, reformada no século XVIII e no 1807 engadíuselle a sacristía. No seu interior, retablo da Asunción (1580-90) de Alonso Martínez coa talla da Virxe e táboas pintadas da Flaxelación e do Cristo. Nos muros, pinturas ó fresco de San Sebastián e da Asunción feitas ó rematar a obra da igrexa.

Igrexa San Salvador de Cabreiroá: Conta con establecementos da cultura dos castros e romana sendo na Idade Media un núcleo importante do avance cristianizador. A igrexa actual é do século XVII e no seu interior conserva un retablo maior do XVIII e unha cruz de prata de 1620 do artista verinense Penín.

Igrexa Sta Mª de Feces de Abaixo: de finais da Idade Media, relacionada sempre con su estatus comercial de fronteira. No ponte que une esta vila con Portugal, quíxose ver a pegada romana e aínda hai brasóns que testemuñan a existencia dunha pequena fidalguía rural. A fábrica actual da igrexa é do século XVIII e a pila bautismal tamén.

Igrexa Sta Mª de Feces de Cima: o edificio da igrexa xunto co seu retablo interior son do século XVIII. Vellas almazaras aínda testemuñan nesta parroquia a importante presenza do cultivo da oliveira no val.

Sta Mª de Mandín: Orixe romano do finais da Idade Media. A fábrica da igrexa data no século XVIII e conta cunha escultura do Cristo Crucificado e unha Cruz Parroquial (XVIII) de Ortiz.

Page 24: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewpinceladas do Concello. O Concello de Verín sitúase no sudeste da provincia de Ourense, no centro da comarca que leva o seu nome,

Igrexa de San Mariño de Mourazos: acredita o seu orixe la tino no seu nome e na ubicación dunha vila romana no lugar da Muradella. Foi antigo coto dependente do convento de Santa Clara de Allariz. O edificio da igrexa é do século XVIII con restos románicos.

San Pedro Fiz de Pazos: Pertencía ó mosteiro de Celanova, no que posuía un priorado. Numerosas casa e labras heráldicas descobren o seu pasado fidalgo. A igrexa é de corte barroca destacando no seu entorno unha interesante casa reitoral e un cruceiro.

San Bartolomeu de Queirugás: aparece xa mencionada na baixa Idade Media como doazón a Celanova, de man dos propietarios da vila.Tamén albergou nas súas proximidades, diversas propiedades pertencentes ó convento mercedario de Verín. É de construción do século XIX e conta con utensilios da mesma época. Na fachada da casa do bispo figura un barroco escudo heráldico coas armas do seu posuidor.

San Pedro de Queizás: Orixe medieval. Foi propiedade real ata que pasou en doazón ó bispo de Ourense. Tamén figurou como un anexo do “curato” de Vilaza. A igrexa conta cun edificio con restos románicos no seu ábside rectangular e na nave. No seu interior, destacan as efixies do Cristo Crucificado (XVIII), un retablo do século XVII e a pila do auga bendita que se asenta sobre un ara romana.

Santa María da Rasela: Anexo de Queirugás, non se menciona co este nome ata finais da Idade Media. Aquí ubicouse unha casa solar dos Opazo e Figueroa e tamén propiedades pertencentes ós padres mercedarios. A fábrica da igrexa é do século XIX con restos románicos, destacando no seu interior un San Xoán Bautista (XVII) e unha cruz procesional do XVII.

Santa María de Tamagos: Como anexo de Vilaza aparece xa mencionada na Idade Media. Contribuía con numeroso foros ó mosteiro cisterciense de Montederramo, e tubo a súa vez como anexo á igrexa de Vilar de Cervos. A fábrica é de estilo románico destacando no seu interior un retablo da Asunción do século XVII.

Santa María de Tamaguelos: orixe medieval, levantada no ano 1567, aínda que con fachada do século XVIII. Conta cun retablo maior (tamén do XVIII) e unha escultura de Santiago Peregrino.

Santa Cristina de Tintores: igrexa do século XVIII e ten un cruceiro do ano 1885. No seu anexo de San Martiño de Vilela, tamén aludido no medievo, destaca a presenza dun artístico cruceiro do XIX e una capela.

Page 25: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewpinceladas do Concello. O Concello de Verín sitúase no sudeste da provincia de Ourense, no centro da comarca que leva o seu nome,

Santiago de Vilamaior: o edificio da igrexa é do século XVIII.

Santuario de Nosa Sra dos Remedios: en Vilamaior, a fábrica actual sustituiu á antiga capela erguida no lugar onde se rexistrou a aparición da Virxe. O actual edificio foi comezado no 1541, continuado na súa fachada durante o XIX e a súa torre foi rematada no século seguinte. No seu interior hai un retablo

maior de XVIII no que interviron os artistas Xoánde Angés O Mozo, Bartolomeu de Croanes e Alonso Martínez. Outros catro retablos laterais do século XVII, unha imaxe de Sta Catalina, a Asunción e outras efixies de santas do mesmo século, son tamén de Alonso Martínez. Ademais existe un releve coa coronación da Virxe do XVIII de autor descoñecido e conserva varios retablos e diversas pinturas que poderían ser de Xoán Bautista Celma (estreito colaborador de Martínez).

En canto a capelas débese recordar as capelas de nosa Sra da Estrela, la de Misericordia e de San Roque. Actualmente no barrio de Outeiro de Pazos aínda se levanta a capela de San Gregorio (antano con notable concorrencia festiva).

San Antón de Ábedes onde se celebra tradicionalmente a romaría popular anual do 17 de xaneiro.

Capela de San Lázaro: tanto a capela como o seu entorno foi rehabilitado no 2001. Construída no século XVIII en mampostería, cunha sola nave de planta rectangular con espadana. O longo da súa existencia tivo diferentes usos, como leprosería ou albergue de peregrinos. O interior é austero, carece de retablos e unicamente o altar maior está presidido pola imaxe dun crucificados e dos pequenas tallas da Virxe a cada un dos seus lados.

Outras cousas que ver.

Page 26: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewpinceladas do Concello. O Concello de Verín sitúase no sudeste da provincia de Ourense, no centro da comarca que leva o seu nome,

Tamén pódense encontrar no Concello de Verín, algunhas esculturas ou monumentos dignos de visitar como poden ser:

- Monumento ó Cigarrón, sito en Verín na praza do Cigarrón no corazón do casco vello. (Nesta praza celébrase no sábado do carnaval o nacemento de tres novos cigarróns).

- Monumento ós carboeiros, situado na praza que leva o seu nome en Verín, dedicado a este personaxe inseparable dos camiños de varios concellos e cargado de lendas; nun tempo atrás foi o rei dos montes do contorno. Os carboeiros baixaban ata o val o carbón vexetal para a súa venda nos concellos de Castrelo e Verín.

- Busto Irmáns La Salle, acompañado dunha placa conmemorativa cos nomes dos profesores e directores do antigo colexio dos irmáns La Salle, (fundadores do Colexio San Xosé). Hoxe este edificio é a Biblioteca de Verín e está situado na Avda de Portugal.

Foto antigo Colexio, hoxe Biblioteca (foto da dereita)

Page 27: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewpinceladas do Concello. O Concello de Verín sitúase no sudeste da provincia de Ourense, no centro da comarca que leva o seu nome,

-

- Estatua García Barbón: situada no centro do casco histórico, (o final da praza maior) na praza do mesmo nome. Nun dos seus extremos hai un homenaxe a García Barbón (un busto), que foi o fundador das escolas cristiáns en Verín.

O monumento é bastante sinxelo, consta dun pedestal de granito sobre una especie de escalinata na que hai gravada unha inscrición conmemorativa e unha placa na que se representa en releve, on neno estudando. Sobre o pedestal álzase o busto de Xosé García Barbón realizado en bronce.

- Antiga escola de Mandín, sita no “toural” ó lado do área recreativa e lugar onde se celebran as festas e outros eventos. Agora sírvelles de salón de reunións, casa da cultura, centro de mulleres rurais,…

- Praza do Concello de Verín: Como o seu nome indica, nesta praza encóntrase a Casa do Concello. É unha ampla praza de planta cadrada, delimitada polas calles Laureano Peláez, Dtor Pedro Glez Colón e Avda Portugal, na que hai unhas zonas axardinadas moi coidadas e unha gran fonte ornamental de formigón, no solo e parece trazar o camiño a porta principal do Concello.

A diferenza doutras vilas o cidades, a praza do Concello de Verín, no é o epicentro do casco vello nin lugar de celebración de festas e mercados; é o centro da actividade administrativa, comercial e financeira da vila.

- Outra fonte salientable en Verín e acompañada dun área recreativa e natural importante para os veciños, é a praza da Alameda coa fonte: gran praza axardinada na que, aparte de arboredo e de flores, no centro conta cunha fonte ornamental de pedra e o redor, parques infantís e de circuíto de mantemento para adultos.

Page 28: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewpinceladas do Concello. O Concello de Verín sitúase no sudeste da provincia de Ourense, no centro da comarca que leva o seu nome,

- Mercado de Gando: a moderna lonxa agropecuaria canaliza a potencia dun sector de gran importancia non só da comarca senon tamén da provincia, créase co fin de dotar o sector agrario de canles de comercialización.

Un alto no camiño

Page 29: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewpinceladas do Concello. O Concello de Verín sitúase no sudeste da provincia de Ourense, no centro da comarca que leva o seu nome,

Aloxamentos:

Para peregrinos, temos o Albergue de Verín, sito na Casa do Escudo, equipado con liteiras, duchas, lugar para gardar bicicletas,… capacidade para 26 persoas.

Parador de Monterrei/Verín: 3 estrelas e integrado na rede de “Paradores Nacionais”. Situado no Concello de Monterrei, pero compartido con Verín (ubicado nas lindes de ambos Concellos). Conta con 22 habitacións dobres e unha con salón, ten unha capacidade para 46 persoas. Habitacións equipadas con aire acondicionado/calefacción, caixa forte, canal plus, minibar.

Servizos de acceso gratuito a internet, lavandería, bar, hilo musical, xardín, parking, piscina, restaurante, salón de conferencias, outros salóns,.. e zonas comúns adaptadas para persoas de mobilidade reducida. No admiten animais.

A súa estrutura presenta o aspecto dun Pazo galego, con unha torre central almenada, fermosas vistas o Castelo de Monterrei e fantásticas panorámicas de Verín e Comarca, ademais dos prestixiosos viñedos do val.(Tlf: 988 410075).

Hoteis una estrela:

O Augueiro: 13 habitacións e capacidade para 25 persoas. Avda sousas 117. (Tlf: 988 411026).

Hotel Villa de Verín: 30 habitacións e capacidade para 48. Ten parking. Rúa Montemaior 14. Tlf: 988 411981.

Hotel Dos Hermanas: Con 24 habitacións e capacidade de 42. Avda. de Sousas 106. Telf: 988 410280.

Hostal Brasil: 23 habitacións e capacidade para 41 persoas. Avda castilla 7. Tlf: 988 410249.

Hostal Ribeiro: 8 habitacións e capacidade para 16. Avda castela 69. Tlf: 988 411532.

Hostal San Luis: 13 habitacións e capacidade para 26. Rúa fonte do sapo 1. (Tlf: 988 410900).

Hostal Venecia 2: 21 habitacións dobres e capacidade para 42. Rúa Viriato 1. Tlf.: 988 410864

Page 30: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewpinceladas do Concello. O Concello de Verín sitúase no sudeste da provincia de Ourense, no centro da comarca que leva o seu nome,

Pensión Helvético: 5 habitación e capacidade para 10. Rúa Alameda, 4. Tlf.: 988 411067).

Pensión Lugano: 14 habitacións e capacidade para 26. Rúa Amaro Refojo 14. Tlf.: 988 410391.

Pensión San Roque: 11 habitacións e capacidade para 20. Avda de castilla 67. Tlf.: 988 411429.

Pensión Parada: 4 habitacións e capacidade para 8 persoas. Estrada de Laza, 3. Tlf.: 988 410036.

Pensión Josmar: 4 habitacións e capacidade para 8. Rúa Cruz 7. Tlf.: 988 411743.

Pensión Amsterdam: 12 habitacións e capacidade para 24. Rúa San Gregorio 1. Tlf.: 988 413686.

San Roque: Avda Castilla 67. Tlf.:988 411429.

Para comer:

O Castelo: cociña galega, especialidade en parrillada e capacidade para 90 persoas. Aparcamento. Estrada de Laza, 166. Tlf::988 411182.

Hotel Brasil: Cociña galega e especialidade en cocido e cabrito; e capacidade para 250 persoas.

Lugano: Cociña galega, especialidade en cocido e filloas, e capacidade para 100 persoas.

O Augueiro: cociña galega, especialidade en cabrito o forno, e capacidade para 92 persoas.

Helvético: este hostal tamén da comidas.

San Roque. Este hotel da comidas.Gran capacidade.

Rías Baixas: Cociña galega, especialidade en solomillo á pementa, e capacidade para 200 persoas. Aparcamento.Estrada Portugal-acceso autovía. Tlf:988 412540.

San Antón: cociña galega, especialidade en cocido e capacidade para 70 persoas. Rúa san antón 15. Tlf.: 988 412072.

Venecia: cociña galega e especialidade en lacón con grelos e polbo á galega. Capacidade para 80 persoas. Rúa lisa 13. Tlf.: 988 410864.

Parrillada A Lousa: cociña galega e especialidade en churrasco; capacidade para 90 persoas. Rúa castelao 3. Tlf.: 988 411941.

Page 31: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewpinceladas do Concello. O Concello de Verín sitúase no sudeste da provincia de Ourense, no centro da comarca que leva o seu nome,

VERINESES DE SONA

Xosé García Barbón, empresario e mecenas (1831-1909)

Eloy Luís André, filósofo e psicólogo (1878-1935).

Laureano Peláez Canellas, abogado e político (1879-1955)

Xesús Taboada Chivite, arqueólogo e etnógrafo (1907-1976).

Roberto Verino, deseñador de moda (1945)

Manuel Taboada Cid, filólogo (1946-1993).

Xosé Carlos Caneiro, escritor (1963).

Casa do Pulpo: Cociña galega e especialidade en polbo e carne ó caldeiro. Capacidade para 100 persoas. Avda Portugal 24. Tlf.: 988 410886

María Toxiña: Cociña creativa. Praza Alameda 21. Tlf.: 988 412641.

Alambique 1: comidas Avd. Portugal 6; tlf: 988 410533.

San Luis: este hotel tamén da comidas.

Estadio: Avda laza s/n. Tlf.: 988 413404.

O meu lar: Avda laza 57. Tlf.: 988 412662.

Restaurante Chino Taiwan: San roque 10. Tlf: 988 414426.

Támega: sousa 83. Tlf.:988 410600.

Zapatillas: Luis espada 34, interior. Tlf.:988 410729.

Mesón Vagalume: rúa maior 4. Tlf.: 988 412315.

Mesón do Emilio: avda. Luis Espada 21. Tlf: 988 411428.

Mesón O Candil: ctra nacional- Pazos- Tlf.: 988 411120.

Mesón O Fiadeiro: Avda laza 184. Tlf.: 988 410428.

Tapería Jamón jamón: Luis espada 16. Tlf.: 988 414318.

Alambique 2: Constitución 14. Tlf:988 412272. (pratos combinados, tapeo).

HAMBURGUESERÍAS E PIZZERIAS.

Minus: Rúa Irmáns Moreno.

Canasta: Rúa Irmáns Moreno 22. Tlf.: 988 413697.

Pizzeria Italia: Rua das flores 1. Tlf.: 988 411232

Pizzeria Di Pietro. Rúa espido.

Star Pizza: Galerias san miguel 6. Tlf.:988 414055.

DONER KEBAD: galerias Zagros.