Concello De Ktoira

46

Transcript of Concello De Ktoira

Page 1: Concello De Ktoira
Page 2: Concello De Ktoira
Page 3: Concello De Ktoira

O municipio de Catoira, con preto de 3.500 habitantes, está situado na Ría de Arousa, nun enclave privilexiado, onde se comunican as comarcas do Barbanza, Ulla-Umia e Salnés. A súa proximidade a Vilagarcía (10 Km), Santiago (35 Km) ou Pontevedra (35 Km) e a comunicación con Vigo e A Coruña a través da autoestrada AP-9, repercuten tamén no desenvolvemento dunha crecente actividade económica e industrial.

Page 4: Concello De Ktoira
Page 5: Concello De Ktoira
Page 6: Concello De Ktoira

A situación de privilexio con que conta o municipio de Catoira, na desembocadura do Río Ulla, ó fondo da Ría de Arousa, e o clima suave do que goza a meirande parte do ano, foron razóns convincentes para que, no seu solar, se ubicasen poboacións estables dende moi antigo.

Así o aseguran as diversas estacións de petroglifos da Idade do Bronce, que garda a húmida espesura dos seus bosques. A cultura dos castros instalouse no lugar de Oeste, onde hoxe se levantan as famosas Torres. Tratábase dun poboado da Idade de Ferro (século I ó II a. C.) que desenvolvía unha economía, fundamentada na colleita silvestre e na gandeiría, complementada coa pesca, na beira do río.

Anos máis tarde, tra-los intres violentos da ocupación romana, a Pax de Augusto transformou o pequeno castro costeiro nun porto comercial do Imperio, no século I da nosa Era. De todo isto fala o escritor clásico Pomponio Mela e os restos cerámicos das campañas arqueolóxicas.

A historia de Catoira estivo intimamente ligada á importancia estratéxica do complexo militar de Oeste. As Torres serviron de escudo defensivo a Galicia, dende o comezo da Idade Media ata o reinado dos Reis Católicos, momento a partires do que entran nun período de lenta e progresiva decadencia.

Page 7: Concello De Ktoira

En efecto, co correr dos séculos abandónanse as actividades comerciais e comeza a ser aproveitado o valor estratéxico do enclave. Nos nosos días, esta antiga realidade pode apreciarse na visita do lugar de Oeste; o que alí agarda –nas néboas da lenda e da Historia- é un dos conxuntos arqueolóxicos e históricos de maior relevancia de Galicia.

O acceso ó recinto faise a pé, por un camiño novo, baixo os piares da ponte do Ulla, ou seguindo outro máis antigo, empedrado recentemente. Ámbolos dous camiños cruzan un terreo pantanoso que foi anegado polas augas da ría, contribuíndo á insularidade da inexpugnable fortaleza de Oeste.

Nos difíciles anos da Alta Idade Media, varias vagas de normandos penetraron na Ría de Arousa, causando unha grande desfeita coas súas expedicións de pillaxe. No ano 850 os normandos saquearon Iria Flavia, provocando a fuxida do bispo e do cabildo a Compostela. Outras expedicións sucederon nos anos 859 e 968, pero tiveron que enfrontarse ós homes do Castellum Honesti (Fortaleza das Torres). Os ataques escandinavos tiñan como obxectivo principal en Jakolsland (Terra de Xacob) a toma da cidade de Santiago, mitificada polos invasores que a imaxinaban terra de grandes riquezas.

Page 8: Concello De Ktoira

O monarca Alfonso III, O Magno, mandou levantar os dous edificios máis importantes do século IX en Galicia. Un deles era relixioso, a Basílica do Apóstolo, en Compostela, e o outro era unha obra civil: a reconstrucción do Castellum Honesti, en Catoira. O vello enclave romano converteuse nun dos principais castelos do reino asturiano, e de toda a Europa altomedieval. O monarca armou o lugar con murallas e torres de gran altura, dúas delas aínda se conservan, sendo o máis destacado do vello castelo.

Estas dúas torres que quedan en pé, preto da ribeira, pertencen a esta etapa prerrománica. Tamén de época asturian é o crismón coa Cruz da Victoria, emblema de Alfonso III, atopado nas ruínas de Oeste e conservado no Museo de Pontevedra.

Posteriormente, o rei Alfonso V de León, vencedor dos normandos de Olaf Haraldson, seguíu fortificando, no século XI, a fortaleza de Castellum Honesti. En 1204, a monarquí donou as Torres á Mitra Compostelana, e a partir de entón, os bispos Cresconio e Diego Peláez seguiron fortificando a ciudadela, fundamental para a defensa de Santiago.

Catoira e as Torres serán testemuñas, posiblemente, do nacemento do primeiro arzobispo de Compostela: Diego Xelmírez. O pai de don Diego Xelmírez, o cabaleiro Xelmirio, é o alcaide do castelo de Oeste a mediados do século XI. Durante o seu gran pontificado, o arzobispo Xelmírez reforzou o enclave militar entre 1108-1122; as obras remataron a tempo de rexeita-los ataques das naves sarracenas (piratas islámicos do Norte de África) entre 1122 e 1134. Xelmírez tamén fomentou esta política antipirática e defensiva, organizando a primeira escuadra de guerra dos reinos cristiáns da Península.

As Torres de Oeste impediron, durante séculos, o ascenso polo Ulla dos exércitos normandos e dos piratas sarracenos, sendo o máis recio dun sistema defensivo que lograba frear todo tipo de invasións que ascendeses pola Ría de Arousa. Evitáronse os ataques a Santiago, pero nada puideron facer as Torres de Oeste contra o pillaxe normando nas poboacións da costa de Arousa.

O deseño da fortaleza rematouse naquel século XII, quedando como un recinto elíptico rodeado por un muro, e armado por sete torres. As que hoxe quedan en pé, pertencen ó século IX; as ruínas doutras dúas son do século XII, sendo de época romana os restos doutras que se orientan cara ó interior. Entre todas estas construccións, di a Historia Compostelana, destacaba unha gran torre central (con ruinas visibles hoxe en día), elevándose sobre tódalas demais.

O valor estratéxico deste castelo marítimo decaeu a finais do século XV, chegando a súa etapa de decadencia na época dos Reis Católicos. Coa Idade Moderna, o antigo e inexpugnable recinto militar non servíu máis que de refuxio de vagabundos e de canteira para as casas das parroquias veciñas, aínda que sen decaer de todo, gracias á existencia da capela do Apóstolo.

Page 9: Concello De Ktoira

O Castellum Honesti considerábase na Historia Compostelana, escrita por colaboradores de Xelmírez, como chave e selo de Galicia. En efecto, era un conxunto de grande importancia para a defensa dos estados episcopais, pero o gran prelado tamén quixo dotar ó castelo dunha capela dedicada a Santiago. Durante os séculos XII ó XVI, acudiron numerosos peregrinos ante o altar desta pequena capela de Oeste, despois de orar en Compostela ante a tumba de Santiago. Este constante fluxo de fieis devotos fixo de Catoira, ó igual que Fisterra, Muxía e Padrón, un lugar de peregrinación que era continuación do Camiño Francés.

Page 10: Concello De Ktoira

A carón do Ulla, na súa desembocadura na Ría de Arousa, levantanse os restos dunha das mais importantes fortalezas da Galicia medieval. Formaban parte dunha rede que impedía o paso dos piratas normandos e sarracenos, a través da Ría de Arousa e do Río Ulla, hacia o interior de Galicia, en busca do tesouro da Igrexa de Santiago. Hoxe quedan en pe 2 das 7 torres que integraban o conxunto, ademais de numerosos restos, mostra do sistema constructivo empregado no Arte Prerrománico Asturiano. Compreta o conxunto a Capela de Santiago, do seculo X. As Torres do Oeste foron declaradas Patrimonio Histórico Nacional. Cada primeiro Domingo de Agosto, dende 1960, son escenario dunha das festas mais atípicas e populares de España, a Romería Vikinga, declarada Festa de Interese Turístico Nacional, que atrae a miles de visitantes chegados de diversas partes de España e Europa.

Page 11: Concello De Ktoira

A Romaría Vikinga celébrase en Catoira o primeiro domingo de agosto, dende a súa primeira edición no ano 1960. Trátase dunha festa profana, que rememora o papel que desempeñou Catoira na defensa de Galicia fronte ós ataques dos piratas normandos e sarracenos na busca do tesouro da Igrexa Compostelá.

A Romaría Vikinga é hoxe patrimonio de tódolos catoirenses, que traballaron duramente e con ilusión para convertela nunha das festas máis famosas e peculiares de Galicia, sendo declararada no ano 2002 festa de Interese Turístico Internacional. Na orixe e desenvolvemento desta festa podemos distinguir tres etapas:

• Primeira etapa. Ateneo do Ullán (1961-1964): período de creación.• Segunda etapa. Patrocinio da empresa local Cerámica Domínguez do Noroeste S.A. (1965-1990): período de desenvolvemento e consolidación.• Terceira etapa. Organización do Concello de Catoira (1991): período de proxección internacional e marcado carácter cultural.

Page 12: Concello De Ktoira

A festa desenvolvíase da seguiente forma:A festa desenvolvíase da seguiente forma:Ó mediodía celebrábase unha misa na Capela de Ó mediodía celebrábase unha misa na Capela de Santiago das Torres do Oeste, na memoria de Diego Santiago das Torres do Oeste, na memoria de Diego Xelmírez, e demais defensores da fortaleza. Xelmírez, e demais defensores da fortaleza. Seguidamente, o coñecido personaxe da comarca, Seguidamente, o coñecido personaxe da comarca, Pedro Montañés, coronado de ramas e representando Pedro Montañés, coronado de ramas e representando o temible vikingo Ulfo, saltaba a terra dende súa o temible vikingo Ulfo, saltaba a terra dende súa dorna, para ir ó encontro do Obispo Cresconio, dorna, para ir ó encontro do Obispo Cresconio, representado por Rey Romero que, con solemnes representado por Rey Romero que, con solemnes palabras, dominaba ó invasor, facéndolle axenlloarse palabras, dominaba ó invasor, facéndolle axenlloarse sumisamente ante o representante da cristiandade.sumisamente ante o representante da cristiandade.

Trala comida campestre, amenizada por un grupo de Trala comida campestre, amenizada por un grupo de gaiteiros, tiña lugar un acto literario no que gaiteiros, tiña lugar un acto literario no que participaban escritores da comarca. Este acto sería o participaban escritores da comarca. Este acto sería o xérmolo do posterior pregón das festas.xérmolo do posterior pregón das festas.

Pola noite, encendíanse fogueiras nas almenas das Pola noite, encendíanse fogueiras nas almenas das Torres, como se fixera antigamente para anuncia-la Torres, como se fixera antigamente para anuncia-la presenza dos piratas.presenza dos piratas.

Page 13: Concello De Ktoira
Page 14: Concello De Ktoira

O medio ambiente é entendido hoxe en día coma un sistema, é dicir, un conxunto complexo de elementos que se inflúen mutuamente e dependen uns dos outros. Dando unha volta polas seguintes imaxes, verás cales son

as características dos subsistemas ambientais en Catoira.

Page 15: Concello De Ktoira

A xeosfera é o sustrato onde se asentan outros subsistemas. Ven definida pola forma do terreo, as estructuras e materiais xeolóxicos, mailos axentes externos (os ríos especialmente) que rematan de darlle forma.

Page 16: Concello De Ktoira
Page 17: Concello De Ktoira

Depósitos de fondo de canal (QT) nas Barreiras (Catoira), con estratifica-ción cruzada Conglomerado ferruxinoso na

zona das Lombas (Catoira) asociado a materiais QT

Sedimentos típicos de xunqueira (QM), na marxe do río Ulla

Depósitos na zona de praia antiga (Q1P-RL) no límite Abalo.Bamio

Page 18: Concello De Ktoira

O granito de dúas micas é o material máis abundante en todo o concello, aparecendo nalgúns casos como xabre, e nos outeiros pode aparecer sen cuberta vexetal , e con pías debido ó ataque da auga.

Os materiais metamórficos , xistos e gneis da mesma antigüidade ca dos granitos,son moi escasos e atópanse en zonas de difícil localización. Na foto queda ilustrado o aspecto dun gneis glandular.

Foto recollida da px. www.monte.upm.es

Page 19: Concello De Ktoira

Os materiais xeolóxicos que aparecen hoxe en día en Catoira, maila característica forma dos vales que quedan enmarcados entre O Xiabre e o Ulla son froito dunha historia, que pode resumirse do seguinte xeito:

A finais do Paleozoico( fai uns 300 millóns de anos) tódolos continentes que había entón, colisionaron. Formáronse grandes montañas por pregamento de materiais e sedimentos do fondo do mar nos seus bordes. Galicia formaba parte dunha especie de Himalaia, con rochas sedimentarias pregadas na superficie, e granitos e rochas metamórficas nas súas raíces.

Durante o Mesozoico (entre 200 e 65 millóns de anos), os continentes separáronse novamente, quedando Galicia bañada polo Atlántico e despois o Cantábrico. Os rasgos xerais do relevo quedan xa perfilados ó final desta era.

Page 20: Concello De Ktoira

No Cenozoico(entre os 65 e 2 millóns de anos ) vaise definindo o perfil das Rías, por mor da erosión de sistemas fluviais aproveitando antigas fallas e vales. O Ulla e os seus afluentes circulaban 40 metros máis alto que agora, deixando con cada enchente depósitos de “recheo de canal” ás súas beiras.

O Ulla e os seus afluentes escavan nos seus antigos vales, quedando abandonados os seus depósitos, chegándose á actual situa-ción, represen-tada no corte xeolóxico da esquerda.

Nos últimos 200 millóns de anos do Cenozoico, é dicir, no Cuaternario, o nivel do mar varía por mor das glaciacións, o fondo da ría de Arousa sufre afundimento ,

Page 21: Concello De Ktoira

Os depósitos de As Lombas e Borreiros son os sedimentos aluviais cuaternarios máis antigos do concello, a falta de máis datos, tamén da comarca. Quedan xa fora da acción de calquera dos ríos actuais, pero dannos pistas da historia pasada

Así sabemos que por estes lugares, nalgún tempo circulaban ríos ricos en materiais grosos, con barras de grava e area no medio da canle cambiando de posición en cada enchente.Con cada

seca, quedaría unha costra de arxilas na canle abando-nada, de tal xeito que cada nivel de arxilas marca un episodio no que a canle estivo sen auga , e foi logo erosionada na seguinte enchente.

Page 22: Concello De Ktoira

A hidrosfera comprende todo o conxunto de augas superfi-ciais (ríos e regueiros) mailas augas subterráneas (acuí-feros). No mapa adxunto representamos as principais redes hidrográficas do concello, que van modelando a superficie.Tamén queda sinalada a posición dos manancias máis importantes, por onde saen ó exterior as augas acumuladas nas zonas onde o granito está fracturado. Ás veces na súa viaxe subterránea cárganse de partículas minerais, como as fontes de As Torres e Laxiñas, de augas sulfurosas, indicadas para problemas da pel .

Page 23: Concello De Ktoira

No tocante ás augas superficiais , hai que destacar que o propio territorio do concello queda delimitado pola divisoria de augas natural que son os cumios do Xiabre e Fontebecha.

Entre estas zonas altas e o Ulla flúen un conxunto de ríos de curto precorrido, sendo o principal o río Catoira, de mais lonxitude e maior número de afluentes. No curso alto, coa súa erosión, marcan estreitos vales en V encaixados nas rochas graní-ticas.No curso medio os

ríos modelan vales máis amplos nos que deixan depósitos en zonas planas: As chairas de inundación , (QI/Qal no mápa xeolóxico).

Estas chairas son mais exten-sas en Oeste (no curso do Rego de Pozas) e en Dimo e Catoira (no curso do río Catoira e algúns afluentes). En Abalo, os ríos Freixeiro e Souto da Vila non chegan a crear chairas de inundación de superficie comparable.

Page 24: Concello De Ktoira

No curso baixo, a pendente pola que van estes ríos redúcese fortemente. As augas vense freadas ó confluir coas do Ulla e polo tanto a corrente perde enerxía . Nestas circunstancias deposítanse os materiais mais finos: limos e arxilas que dan lugar ás zonas de xunqueira (materiais QM no mapa xeolóxico). As máis importantes corresponden coa desembocadura do Rego de Pozas e do Río Catoira.

Page 25: Concello De Ktoira

A Biosfera comprende a capa de atmosfera, xeosfera e hidrosfera habitada por seres vivos e modificada por eles. Ou dito doutro xeito, sería o conxunto de ecosistemas que podemos atopar. No caso de Catoira temos os seguintes: As xunqueiras, os bosques de ribeira, as zonas de monte baixo, e os bosques autóctonos e de replantación.

As xunqueiras que temos en Catoira son humedais de tipo esteiro ou estuario, incluidas na Rede Natura 2000 e catalogadas como LICs ou Lugares de Interese Comunitario dentro do Sistema Fluvial Ulla-Deza, debendo axustarse a súa xestión ás direc-trices europeas e auto-nómicas para este tipo de entidades protexidas.

Page 26: Concello De Ktoira

Estas zonas de “estuario” ca-racterízanse pola mestura das augas doces do río na súa desembocadura coas augas salgadas mariñas. A influencia da subidas e baixadas das mareas é forte.

O complexo de sedimentos finos do seu substrato está cargado de bacterias e outro microorganismos que xogan un papel decisivo no reciclado da materia no ecosis-tema. Poderíamos afirmar que estas xun-queiras actúan como auténticos “riles”, que depuran as augas. De aí a importancia da súa protección e conservación.

A vexetación dominante nestes ecosistemas son os xuncos e carrizos, ainda que tamén é posible observar especies como a Cotula coronopifolia (na foto da esquerda) florecendo nas zonas menos sometidas ás subidas da marea.

Page 27: Concello De Ktoira

Os bosques de ribeira forman franxas que bordean os distintos ríos do concello, especialmente no seu curso medio e baixo. A especies típicas é o ameneiro (Alnus glutinosa). Aparecen tamén manchas de carballo (Quercus robur) e freixos ,o que a veces aparece reflectido na toponimia (caso do río Freixeiro en Abalo). Cabe destacar a abundancia do fento Osmunda regalis.

Page 28: Concello De Ktoira

Os bosques autóctonos non pasan de ser pequenas manchas de pouca extensión, asociadas a bosques de ribeira, ou bordeando zonas de cultivo. As poucas carballeiras que quedan están situadas en zonas de uso comunitario, como en San Mamede de Abalo, ou a Carballeira da ermida de San Xibrán (na foto da dereita).As zonas de mato ocupan case máis da metade da extensión do concello. Concéntran-se nas áreas de máis pendente e menos profundida-de do solo.

A especie dominante é o toxo (Ulex europaeus e Ulex minor). Nos casos en que o terreo é moi probe poden aparecer intercalacións de carqueixa (Chamaespartium tridentatum).

Page 29: Concello De Ktoira

Os bosques de replantación forman realmente máis do 80% da masa forestal do concello, dominando o Pinus pinaster (piñeiro do pais) e o Eucaliptus glóbulus , que con frecuencia aparecen en masas mixtas.No estrato arbustivo abundan toxos(Ulex) , xestas e codesos(Sarotamus e Cytisus sp), sendo significativas tamén as carrouchas ou carrascos (dos xéneros Erica, Cayuna e Daboecia, respectivamente).É de destacar igualmente a presencia frecuente de plantas de carballo dominando este estrato, xa que na súa fase xuvenil medran mellor á sombra, competindo con vantaxe frente ós brotes de piñeiro, que precisan de zonas máis abertas.No estrato

herbáceo é posible observar especies como a Arenaria sp (na foto da dereita) ou o ouropés (Simethis planifolia), na foto da esquerda.

Page 30: Concello De Ktoira

Clase taxonómica Nome científico Nome galego Nome castelánPeixes Salmo salar Salmón Salmón

Salmo trutta Reo Trucha asalmonadaPleuronectes platessa Solla Solla/platijaAnguilla anguilla Anguila AnguilaPetromyzum marinus Lamprea Lamprea

Anfibios Salamandra salamandra Sarabanduxa Salamandra comúnChioglosa lusitánica Sarabaduxa rabilonga Salamandra rabilargaTriturus boscai Limpafontes Triton ibéricoTriturus marmoratus Limpafontes Tritón jaspeadoRana ibérica Rá patilonga Rana patilargaRana ridibunda Rá verde Rana comunDiscoglossus pictus Sapo pintojoAlytes obstetricans Sapo parteiro Sapo parteroBufo bufo Sapo común Sapo común

Réptiles Lacerta viridis Lagarto arnal Lagarto verdeLacerta schreiberi Lagarto Lagarto verdinegroPodarcis bocagei Lagarta Lagartija de bocageAnguis fragilis Escáncer LuciónChalcides sp Eslizón tridáctiloNatrix natrix Cobrega /cobra Culebra de collarNatrix maura Cobrega/cobra Culebra viperinaCoronella austríaca Cóbrega lisa Culebra lisa europeaCoronella giróndica Cobra Culebra lisa meridionalVipera seoanei Vibora de Seonae Víbora de Seonae

FAUNA DE VERTEBRADOS (I)

Page 31: Concello De Ktoira

Clase taxonómica Nome científico Nome galego Nome castelán

Mamíferos Erinaceus europaeus Ourizo cacho Erizo

Talpa europaea Toupa Topo

Suncus etruscus Muraño Musaraña

Ratus ratus Rata Rata

Arvícola sp Rato de auga Rata de agua

Microtus Rato do campo Ratilla agreste

Apodemus silvática Rato do campo Ratón listado

Genetta Genetta Xineta Gineta

Lutra lutra Lontra Nutria

Meles sp Porco teixo Tejón

Mustela erminea Armiño Armiño

Mustela nivalis Denociña Comadreja

Putorious putorius Turón Hurón

FAUNA DE VERTEBRADOS (II)

Page 32: Concello De Ktoira

Clase taxonómica Nome científico Nome galego Nome castelán

Aves Phalacrocórax carvo Corvo mariño Cormorán

Ardea cinerea Garza real Garza real

Anas platirhincos Alabanco real Anade real

Accipiter nissus Gabián Gavilan

Buteo buteo Miñato Ratonero

Falco subbutueo Azor Azor

Falco peregrinus Falcón Halcón

Falco tinunculus Falcon pequeno Alcotán

Coturnix coturnix Paspallas Codorniz

Gallinula chloropus Galiña de río Polla de agua

Vanellus vanellus Avefría Avefría

Tringa sp Pastoriña Andarríos

Larus argentatus Gaivota crara Gaviota argéntea

Streptopelia turtur Rula Tórtola

Columba palumbus Pombo Paloma torcaz

Tyto alba Curuxa Lechuza

FAUNA DE VERTEBRADOS (III)

Page 33: Concello De Ktoira

Categoría taxonómica Nome científico Nome galego Nome castelán

Aves Pica pica Pega rabuda Urraca

Hirundo daurica Anduriña Golondrina

Fringila coelebs Pinpín Pinzón

Passer domesticus Pardal Gorrión

Carduelis carduelis Xílgaro Jilguero

Alcedo atthis Martiño peixeiro Martín pesacdor

Cinclus cinclus Merlo rieiro Mirlo acuático

Upupa epops Bubela Abubilla

Cuculus canorus Cuco Cuco

Erithracus rubecula Paporrubio Petirrojo

Corvus corone Corvo Corvo

Athene noctua Moucho Mochuelo

Picus viridis Peto verdeal Pico real

As táboas anteriores están elaboradas a partir de datos do “Proxecto Brañas”, realizado no ano 1985 pola Sociedade Galega de Historia Natural para os concellos da desembocadura do Ulla. Nelas quedaban reseñadas as especies que, en teoría, poderíamos atopar en ecosistemas como as xunqueiras, brañas e bosques lindantes. Pero hai que ter en conta que toda a zona está intensamente afectada polas actividades humanas, coa conseguinte perda de biodiversidade.

Page 34: Concello De Ktoira

Aínda asi, é posible engadir dúas especies máis a esa lista : O xabarín (Sus scrofa) , mailo esquío (Sciurus vulgaris) que tamén teñen medrado pola influencia humana.

Marcas de xabarín despois de comer raíces

Piñas rilladas por esquíos e ratos de campo

Tampouco hai que esquence-la importancia da fauna de invertebrados. Como mostra, este exemplar de “Papilio machaon”, atopado nas inmediacións da Fonte Gaiteira.

Page 35: Concello De Ktoira

O solo é a capa superficial formada pola alteración da rocha e a interacción dos seres vivos, na que se desenvolve a vida vexetal, a vida animal asociada.

A edafosfera , ou conxunto dos solos da zona, é a fronteira e intersección entre tódolos

subsistemas, xa que entre os seus compoñentes teremos:

• Atmosfera: formada polo aire nos poros máis grandes.

•Hidrosfera: formada pola auga retida por capilaridade nos poro máis pequenos.

•Xeosfera: Formada polos minerais e rochas dos distintos horizontes.

•Biosfera: Formada pola flora, fauna e microorganismos que viven no solo.

Page 36: Concello De Ktoira

Tal e como se aprecia no mapa anterior, os principais tipos de solos que atoparemos no concello de Catoira serán:

Fluvisoles e Gleysoles: Nas zonas de xunqueira, onde son de tipo “tiónico” por teren acumulación de sulfuros.Tamén están na beira dos ríos e teñen capas enchoupadas de auga case todo o ano.

Antrosoles: Nome que se lle da ós solos alterados polos seres humanos (por compactación, recheos,etc) para facer construccións enriba (casas, estradas, industrias...). Coinciden coas zonas urbanizadas.Regosoles: Solos máis delgados e menos fértiles ca os cambisoles, en zonas de máis pendente, e normalmente sobre granito alterado.

Leptosoles: Teñen un espesor de menos de 25 cm, ou presentan moi alta pedregosidade, pouco espesor do horizonte A (ou capa “abonada”). Estan normalmente nas zonas de cumios.

Cambisoles/Umbrisoles: Nas zonas de cultivo ou onde hai pouca pendente e boa vexetación. Teñen unha capa de terra escura abonada (horizonte A) de mais de 25 cm, ou unha capa debaixo desta, chamada horizonte B.

Page 37: Concello De Ktoira

Cambisol /UmbrisolLeptosol Regosol

Page 38: Concello De Ktoira

FACTORES DE FORMACIÓN

Rocha, clima,topografía, seres vivos,tempo

TIPOS DE SOLOS

Cambisoles, regosoles, leptosoles...

dan como resultado

van determinar

USOS DO SOLO

Cultivos, pasto,forestal, urbano, protección

Page 39: Concello De Ktoira

A sociosfera está formada por todo o conxunto de asentamentos e accións humanas sobre o entorno. Todas estas accións sempre van encamiñadas a explotación de recursos naturais. Na actualidade en Catoira hai recursos ,como a pesca artesanal, que xa non son relevantes.

Ordenación do territorio

axuda a xestionar os

RECURSOS NATURAIS

poden ser

RENOVABLES NON RENOVABLES

•BIOMASA

•RECURSOS HÍDRICOS

•Enerxía hidráulica

•Pesca

•ENERXÍA EÓLICA

•ENERXÍA MAREMOTRIZ

•ENERXÍA SOLAR

•ENERXÍA XEOTÉRMICA

•Augas termais

SOLOS DE ORIXE MINERAL

ELEMENTOSRADIACTIVOS

COMBUSTIBLESFÓSILES

•Carbón

•Petróleo

METÁLICOS NON METÁLICOS

• Sedimentarios

(ouro, casiterita)

•Magmáticos

(galena, pirita)

•Meteóricos

(ferro)

• Minerais

•Materiais de construcción:

•Rochas ornamentais

•Áridos e gravas

•Caolín, arxilas, feldespatos, seixo

•Cultivos

•Pastos

•Forestal

•Gandería

Page 40: Concello De Ktoira

RECURSOS MINERAIS

Aínda que hai no concello empresas que traballan con recursos minerais para a fabricación de materiais de construcción, os recursos que as abastecen veñen de fora.

Os recursos minerais que foron explotados no concello foron os granitos de dúas micas de Outeiro da Vila, e os sedimentos aluviais de A Balastrera (Borreiros) e As Barreiras, cun uso preferente para áridos. Hoxe estas explotacións están abandonadas, convertidas en lagoas ou aproveitadas para a construcción de instalacións deportivas.

Page 41: Concello De Ktoira

RECURSOS ENERXÉTICOS

A excelente orientación dos outeiros da zona cara os ventos dominantes, fixo que a enerxía eólica fose aproveitada de xeito tradicional para a moenda de grans de cereal (trigo, millo).

Os muíños de vento mellor conservados e nos que se fixeron restauracións nos últimos anos son os de Catoira (Outeiro da Vila) e Abalo (Cores). Pero aínda se conservan ruínas de antigos muíños en Monte Cabreira (preto do camiño de Vilar) mais en Oeste(nas cercanías de Fonte do Xeixo).

Page 42: Concello De Ktoira

Outra das singularidades é a existencia dun muíño de marea (Muíño do Cura) na desembocadura do río Catoira, no enclave coñecido como O Machón. É dos escasos exemplos de aproveitamento de enerxía maremotriz na ría de Arousa.

Actualmente está en ruínas, ainda que se acometeron algunhas labores de acondicionamento e limpeza no entorno nos últimos tempos.

Page 43: Concello De Ktoira

A enerxía hidráulica tamén foi intensamente aproveitada de xeito tradicional nos diversos ríos do concello: 13 muíños no Río Patiño, 2 no Río Freixeiro, 2 no Rego de Gondomil e 1 no de Pozas, 25 en total no Río Catoira, 17 no Rego de San Xibrán, 1 no rego de Collariñas e 1 no regueiro de Beco.

Un total de 62 muíños catalogados, dos que 48 atópanse en estado de abandono. Algúns foron parcialmente restaurados nos últimos anos, pero a meirande parte deles están en ruínas.Na actualidade só 11 funcionan normalmente.

Page 44: Concello De Ktoira

O SOLO COMO RECURSO

No mapa, ademáis de representarse a explotación doutros recursos, como muíños e canteiras, quedan recollidos os principais usos do solo:

• Urbano e industrial: non toda a zona marcada está dedicada plenamente a ese uso na actualidade, pero si está previsto nun futuro, pola calificación dos terrenos .

• De protección Inclúe toda a zona de xunqueiras preto do Ulla, pero no futuro debería incluir tamén as canteiras abandonadas sobre materiais aluviais antigos, dada a súa peculiaridade.

• Uso agronómico : O uso adicado a prado queda limitado a certas zonas das ribeiras dos ríos e non supera un 5% do total do concello. Os cultivos sitúanse sobre o 20% , e son dirixidos ó autoconsumo. O máis frecuente é a vide, e zonas de rotación millo-raigrás ou pataca-raigrás.

Page 45: Concello De Ktoira

• Uso forestal : representa máis dun 60% do total, sendo ata os anos 80 máis importante o sector de monte baixo que de zona arborada . Como no resto de Galicia, o porcentaxe de árbores autóctonas nos supera o 20%.

As comunidades de montes veciñais en man común teñen levado a cabo nos últimos anos as seguintes actuacións:

En xeral,a especie preferida para as repoboacións en montes veciñais é o Pinus pinaster, por adaptarse mellor ó clima e o solo, dando máis producción e menos risco de incendio que o eucalipto. Esta última especie aparece en montes privados principalmente, aínda que nos montes da parroquia de Catoira aparecen 3 Ha de eucalipto conservadas de talas anteriores.

Page 46: Concello De Ktoira

O COIDADO DO ENTORNO Unha xestión planificada dos recursos na sociosfera ten que contemplar sempre a corrección de impactos e o coidado do entorno.

Sen dúbida, os desafíos para o futuro serán a total eliminación de puntos de vertido incontrolado de lixo, a protección integral dos enclaves naturais catalogados de interese, e a ampliación e maior acondicionamento das rotas de sendeirismo, que permitan disfrutar e apreciar a riqueza ambiental do Concello de Catoira.

Ata o momento, os esforzos feitos neste campo no concello son a canalización e depuración de augas residuais, a incorporación á recollida selectiva de lixo, mailo acondicionamento das primeiras rotas de sendeirismo e puntos de observación de paxaros.