updlimiaverin.files.wordpress.com€¦ · Web viewCONCELLO DE MONTERREI. Unhas pinceladas do...

30
CONCELLO DE MONTERREI Unhas pinceladas do Concello No sureste de Galicia, pertencendo á provincia de Ourense, na comarca de Verín, atópase o Concello de Monterrei onde se suceden val e montaña conformando unha rica paisaxe. Atópase facendo linde cos veciños concellos de Cualedro ó oeste, Laza e Castrelo do Val ó norte, Verín ó leste e Oímbra xunto co veciño Portugal ó sur. Aínda que inmerso no Val de Monterrei, os contrastes son acusados entre as zonas de val e montaña, debido á proximidade da Serra de Larouco. Dende os altos de Meda, ó norte , e Larouco ó sur, pódese contemplar, a medida que se gaña altura, unha perspectiva da paisaxe na que se diferencia a gran diversidade e riqueza de contrastes entre os viñedos, os soutos e o que as propias Serras ofrecen. As comunicacións son boas, tanto coa capital da provincia, Ourense (a 72 Km), como coa cabeceira da comarca, Verín. En direccións opostas pero polas mesmas estradas podemos comunicarnos con ambas a través da N-525 ou autoestrada A-52 con saída no propio concello. A riqueza do territorio en parte é posible gracias os cursos

Transcript of updlimiaverin.files.wordpress.com€¦ · Web viewCONCELLO DE MONTERREI. Unhas pinceladas do...

Page 1: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦ · Web viewCONCELLO DE MONTERREI. Unhas pinceladas do Concello. No sureste de Galicia, pertencendo á provincia de Ourense, na comarca de Verín,

CONCELLO DE MONTERREI

Unhas pinceladas do Concello

No sureste de Galicia, pertencendo á provincia de Ourense, na comarca de Verín, atópase o Concello de Monterrei onde se suceden val e montaña conformando unha rica paisaxe.

Atópase facendo linde cos veciños concellos de Cualedro ó oeste, Laza e Castrelo do Val ó norte, Verín ó leste e Oímbra xunto co veciño Portugal ó sur. Aínda que inmerso no Val de Monterrei, os contrastes son acusados entre as zonas de val e montaña, debido á proximidade da Serra de Larouco.

Dende os altos de Meda, ó norte , e Larouco ó sur, pódese contemplar, a medida que se gaña altura, unha perspectiva da paisaxe na que se diferencia a gran diversidade e riqueza de contrastes entre os viñedos, os soutos e o que as propias Serras ofrecen.

As comunicacións son boas, tanto coa capital da provincia, Ourense (a 72 Km), como coa cabeceira da comarca, Verín. En direccións opostas pero polas mesmas estradas podemos comunicarnos con ambas a través da N-525 ou autoestrada A-52 con saída no propio concello.

A riqueza do territorio en parte é posible gracias os cursos fluviais que as regan. Encadrado na súa totalidade na cunca do río Douro e tendo como principal arteria o río Támega, aínda que o seu curso toca o concello levemente polo leste, se ben os seus

afluentes, o búbal e o rubín, que nacendo no altos da serra, percorren este.

Page 2: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦ · Web viewCONCELLO DE MONTERREI. Unhas pinceladas do Concello. No sureste de Galicia, pertencendo á provincia de Ourense, na comarca de Verín,

Atendendo ós usos do territorio, vese que existe unha gran importancia de dous sectores, o agrícola e o forestal.

A produción vinícola ten a súa máxima expresión na Denominación de Orixe Monterrei, regulada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei.

O municipio conta con quince entidades singulares distribuídas en once parroquias, aínda que dúas foron desaparecendo, como Monterrei ou Paradiña.

Vilaza (San Salvador): Vilaza e a Salgueira. Albarellos (Santiago): Albarellos. Medeiros (Santa María): Medeiros. Flariz (San Pedro): Flariz, Sandín e a Caridade. Infesta (San Vicenzo): Guimarei e Infesta. Vences (Santa Baia): Vences. Estevesiños (San Mamede): Estevesiños e Mixós. A Madanela (Santa María): A Madanela. San Cristovo (San Cristovo): San Cristovo. Monterrei (Santa María): A Pousa e Monterrei. Rebordondo (San Martiño): Paradiña.

Unha mirada atrásO patrimonio histórico- artístico do Concello abrangue dende a

prehistórica cultura megalítica do Bronce, a castrexa autóctona do Ferro (castros) e a romanización (calzadas, miliarios…) ata a Baixa Idade Media (necrópole), o Prerrománico (igrexa de Mixós) e o monumental conxunto medieval da acrópole de Monterrei. Moitos exemplos do arte civil e relixioso prodíganse nas casonas fidalgas de corte rural e nos pazos.

Numerosos cruceiros, petos de ánimas e igrexas exhiben o arte popular dos Mestres canteiros.

Numerosos vestixios proban a presenza nestas terras dos romanos. Unha destas probas sonos restos da calzada romana que xuntaba as vías XVII e XVIII do itinerario Antonino, constatado nos miliarios que marcan a ruta, como os que se poden atopar a ambas marxes do camiño de Lamas (Cualedro) a Guimarei (en Monterrei).

Posteriormente á presenza romana nestas terras resultaron ser as invasións de pobos xermánicos, dos que a poboación natural se defendeu

Page 3: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦ · Web viewCONCELLO DE MONTERREI. Unhas pinceladas do Concello. No sureste de Galicia, pertencendo á provincia de Ourense, na comarca de Verín,

empregando os castros. Con todo isto a presenza de restos arqueolóxicos datados nesta época resulta de pouca importancia. Menciónase o Castro de Búbal, do que case non quedan vestixios, e o Castro de Varonceli, no que na actualidade estaría sentado o castelo de Monterrei.

Sen dúbida, en torno ó que existe unha historia milenaria cargada de anécdotas e curiosidades e en torno ó Castelo de Monterrei.

As orixes da actual acrópole de Monterrei pérdense no tempo. Resultou sempre un lugar especial debido á súa estratexica posición sobre o val. Hai probas dun importante poboamento castrexo anterior ós romanos, posiblemente dos Tamagos, e da súa pertenza ós monxes co mosteiro de Celanova (a 60 Km) desde o s. X.

Ante a independencia de Portugal do reino castelán- leonés a finais da primeira metade do s. XII, Monterrei, coñecido ata eses momentos como Castrum Baroncelli, comezará a tomar aires de fortaleza. A situación do val verinés, aberto cara as meridionais terras lusas, preocupa ós

monarcas castelán- leoneses.

Establecese un primeiro corpo de garda e,malia a oposición dos monxes de Celanova, temerosos de perder os seus dereitos, que lograrán manter a duras penas ata o s. XVI, lévase a cabo nos dous séculos seguintes – XIII e XIV- a construción do castelo. Os nobres galegos e a monarquía leonesa apostaron polo valor militar do conxunto.

A finais do s. XV o conxunto recibe un novo impulso ó crear os Reis Católicos o condado de Monterrei, xa con determinados antecedentes desde comezos desa centuria.

O actual condado de Monterrei xurdiu en 1474 cando os Reis Católicos crearon e concederon o título ó nobre galego Sancho Sánchez de Ulloa (1442- 1505) e a súa dona Teresa de Zúñiga, en agradecemento á fidelidade do primeiro. Sobresaen as figuras do terceiro conde, Alonso de Acevedo e Zúñiga, impulsor dunha frustrada universidade en

Monterrei, e a do quinto, Gaspar de Acevedo, a quen o rei Felipe II, en recompensa pola súa axuda na defensa de Galicia ante os ataques do corsario

Un dos episodios máis coñecidos da Idade Media é a estancia de Pedro I o Cruel. Este rei castelán- leonés viviu una tempada no Castelo en 1366, procedente de Portugal, fuxindo, na disputa polo reino, do seu medio irmán Enrique II. A tradición popular conta, entre outras cousas, que Pedro I aproveitou para xacer coa dama do Castelo. Descubertos, ela fuxiu en peregrinación a Terra Santa. Anos despois volveu como mendiga. Recoñecida, malia o seu gran deterioro físico, tirouse dende a muralla sur a unha zona lacustre coñecida como o Pozo Verde, onde morreu.

Page 4: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦ · Web viewCONCELLO DE MONTERREI. Unhas pinceladas do Concello. No sureste de Galicia, pertencendo á provincia de Ourense, na comarca de Verín,

inglés Francis Drake, o nomeou vicerrei de Nueva España, en México. Alí promoveu, en 1596, a exploración da baía californiana de Monterrey e a fundación da cidade de Monterrey- actualmente a terceira de México, cun millón catrocentos mil habitantes-, lugares ós que se lle deu tal nome en honor á súa orixe nobiliaria. En 1716, ó morrer o sétimo conde sen sucesión, o título e a fortaleza pasaron a súa sobriña Catalina de Haro, que casa co duque de alba, Francisco Álvarez, convertendo este o condado e o castelo nunha posesión máis do seu amplísimo patrimonio. Esta casa segue sendo a propietaria do título e de parte da fortaleza, cedida ó Estado para a súa administración. Actualmente o recinto é responsabilidade da Xunta de Galicia.

Nos s. XV e XVI, aínda que con evidentes altibaixos, o lugar de Monterrei vive un período de esplendor, curto pero intenso, que o converte en gran centro da cultura renacentista galega. O motivo foi o interese da monarquía e da nobreza galega do momento por potenciar a súa influencia.

Exemplo desta nova actividade é a instalación da primeira imprenta de Galicia, que en 1494 concluíu o Misal auriense, o seu primeiro libro, e que tamén realizou obras tan relevantes como o Misal Compostelano (1495) e o Breviaro Auriense (1496).

Resultou fundamental para este florecer cultural a formación humanista dalgún dos primeiros condes e o asentamento de tres ordes relixiosas: os franciscanos –os primeiros, desde 1302-, os mercedarios – desde 1484, ata que a primeiros do s. XVII se trasladan a Verín, onde continúan- e, sobre todo, os xesuítas, que se instalan en 1955 no espazo ocupado polo actual Parador de Turismo. Os xesuítas, traídos

polo quinto conde de Monterrei, Acevedo e Zúñiga, grazas á súa amizade con San Francisco Borja, xeral da orde, serán os principais animadores culturais, a través do seu colexio, que chegou a ter uns mil alumnos.

O rapidísimo crecemento deste centro docente levou a Acevedo e Zúñiga a intentar convertelo na segunda universidade galega, tras a de Santiago. Sen embargo as dificultades económicas fixeron imposible o soño, tan atrevido como revelador do dinamismo de Monterrei por aquel tempo.

Os seculares problemas de abastecemento de auga do lugar e o prolongado absentismo dos condes, que comeza xa a finais do s. XVI, fará entrar en crise á acrópole como centro cultural e Poboacional. A expulsión dos

Algo máis de corenta anos tardou en chegar a Galicia, a imprenta deseñada por Gutenberg en Alemaña. Pero cando por fin chegou non o fixo a ningunha das urbes galegas. En febreiro de 1494 os impresores Rodríguez de la Pasera e Xoán de Porras rematan na pequena vila de Monterrei o primeiro libro impreso en Galicia. Foi o Missale auriense, do que se conserva un orixinal en pergamiño exposto no museo da catedral de Ourense.

Misal Auriense

Page 5: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦ · Web viewCONCELLO DE MONTERREI. Unhas pinceladas do Concello. No sureste de Galicia, pertencendo á provincia de Ourense, na comarca de Verín,

xesuítas de España en 1767, enfrontados co rei Carlos III, simbolizará esta decadencia vital irreversible. O edificio do antigo colexio quedou abandoado ata que en 1965 se creou sobre as súas ruínas o Parador.

Os dificilísimos accesos ata o alto e a gran escaseza de auga, o que obrigaba a subila desde o val, son os principais motivos de abandono. Cos xesuítas, desde a segunda metade do s. XVI, volverá a incrementarse a poboación, pero nunca se consolidará.

Monterrei só logrará manter protagonismo como avanzada militar. Será nos s. XVII e XVIII, debido ás guerras hispano- portuguesas derivadas do afán luso por consolidar a súa independencia. Produciranse sucesivos enfrontamentos a un e outro lado da fronteira entre Verín e Chaves, que levan a reforzar e ampliar a súa estrutura defensiva.

A decadencia definitiva chega no s. XIX ó perder tamén o seu valor militar, co final das loitas hispano- lusas, e de espazo relixioso, ó obrigar a desamortización de Mendizábal (1836) ó abandono do xa minguado convento franciscano, o único que quedaba. O conxunto vaise deteriorar sen remedio e só algúns particulares seguirán resistindo nas casas que circundan o recinto. Nos anos sesenta do s. XX iniciouse a progresiva restauración do conxunto, ó tempo que a finais dos setenta os últimos veciños empezaron a abandoar o lugar, no que hoxe non reside ninguén.

Onde perderse

Xoias naturais.A riqueza do territorio en parte é posible gracias os numerosos cursos

fluviais que as regan. Encadrado na súa totalidade na cunca do Río Douro e tendo como principal arteria o río Támega, se ben o seu curso toca ó concello levemente polo leste, son os seus afluentes, o Búbal e o rubín, os que nacendo no alto da serra, onde forman belas fervenzas, percorren o concello.

Espazos protexidos.- Monterrei conta cunha figura de protección incluída na Rede Natura 2000, o LIC Río Támega, declarado Zona Especial de Protección de Valores Naturais. Dentro do Concello son 114,55 Ha as que se encadran dentro desta figura de protección, divididas en dúas zonas:

o Una primeira que se corresponde coas zonas ribeireñas do Río Támega nas parroquias de Estevesiños e Monterrei.

Page 6: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦ · Web viewCONCELLO DE MONTERREI. Unhas pinceladas do Concello. No sureste de Galicia, pertencendo á provincia de Ourense, na comarca de Verín,

o A segunda das zonas atópase na parroquia de Vilaza ocupando as marxes dun dos afluentes do Támega, o río Búbal o seu paso pola parroquia de Vilaza.

Área recreativa ó pé do Búbal, entre as localidades de Medeiros e a Granxa (localidade esta última xa pertencente a Oímbra).

Antigo Balneario de Requeixo, de orixe romana (Manancial abandoado situado no lugar de Requeixo), que tamén tivo pranta de envasado, sendo as súas augas bicarbonatadas e sódicas (utilizáronse na primeira metade so s. XX como remedio para varios trastornos) e a súa temperatura de 20,5ºC. Non funciona dende 1961. Quedan restos dos seus xardíns bordeados de barandas brancas e as paredes do seu hotel que polo seu aspecto suponse foi un edificio elegante. Máis arriba seguindo o curso da auga chégase a una zona de rochas onde nace o manancial posuidor das seguintes características:

- Foi declarada de utilidade pública en 1906. Caudal de 83 litros/minuto, temperatura de 24ºC. auga transparente, incolora, inodora de sabor lixeiramente alcalino (mineralización media), bicarbonatado sódicas, fluoradas e litínicas.

- Excelentes para problemas de pel e reumáticos, con baños e técnicas externas.

- O manancial nace de abaixo a arriba (cuberto por pedras, como unha fonte rústica).

- Caudal constante, nonmoi abundante e de temperatura fría. Envasada conserva as súas propiedades, olor e sabor menos de 24 horas.

De propiedade privada.Tamén cabe salientar que a zona que circunda o vello balneario, á beira do río Búbal, é dunha abrupta e intensa beleza natural.

Page 7: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦ · Web viewCONCELLO DE MONTERREI. Unhas pinceladas do Concello. No sureste de Galicia, pertencendo á provincia de Ourense, na comarca de Verín,

.

Área recreativa do Río Rubín, sita na capitalidade do Concello, o pé da Casa do Concello.

Rutas de sendeirismo.- O Concello de Monterrei, rematou a sinalización de dúas rutas de sendeirismo, que percorren distintos lugares do concello.

A primeira, chamada "Río Támega", iniciase na localidade de Mixós, pasa pola Pousa, sube ata o Castelo, e chaga ata a Albarellos, onde da a volta e volve o Castelo para rematar de novo en Mixós. Ten unha distancia de 13 km e 400 metros, e a súa dificultade é media - baixa.

A segunda, chamada "Río Búbal", iníciase en Albarellos, pasa por Vilaza, sube ata a Caridade, vai a Flariz, pasa por Medeiros, volve pasar por Vilaza e remata de novo en Albarellos. Ten unha distancia de 21 km e 400 metros e a súa dificultade e media - alta.

Ámbalas dúas, pódense facer, tanto a pé, en bicicleta de montaña, e incluso a cabalo.

 

Tesouros arquitectónicos.

Igrexa de San Pedro de Flariz.- Conta cunha interesante igrexa do derradeiro terzo do século XVIII na que destaca a súa impoñente torre central de elevada presencia e uns releves intramuros con imaxes do Calvario. Un dos produtos máis refinados dos canteiros da zona, dirixidos polo mestre Louriño.

Page 8: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦ · Web viewCONCELLO DE MONTERREI. Unhas pinceladas do Concello. No sureste de Galicia, pertencendo á provincia de Ourense, na comarca de Verín,

Igrexa de Albarellos.- Situada na parte alta, co cal se pode apreciar a súa esvelta torre dende toda a localidade.

Igrexa de Santa María de Medeiros.- Nesta igrexa pódense admirar retablos e figuras diversas destacando entre elas as asinadas por Alonso Martínez.

Igrexa de San Salvador de Vilaza.- Igrexa de estilo barroco, con remotas reminiscencias templarias, e sobre todo, a súa belísima e singular torre exenta de orixe románica (de construción máis antiga e de grandes dimensións). A portada sur presenta unha fornela moi adornada onde se localiza un reloxo de sol.

Igrexa de Santa María Gracia en Monterrei.- A igrexa de Santa María de Gracia, actualmente reconstruída, conserva unha portada lateral de arco oxival con tripla arquivolta profusamente decorada. No tímpano figura un Cristo bendicindo coas dúas mans, rodeado de representacións zoomórficas e mitolóxicas a ámbolos dous lados. No interior destaca un retablo de pedra oxival con Xesucristo triunfante bendicindo coas dúas mans e doce escenas da paixón. O arco triunfal interior é tamén oxival e descansa sobre grupos de columnas.

No exterior é curiosa a representación dunha vara de seis cuartas das que se utilizaban para medir as teas. Tamén no interior destaca unha imaxe da Virxe embarazada e varias “vieiras” símbolo do camiño de Santiago.

A Igrexa naceu para resolver as necesidades de culto dos moradores do castelo e dos seus vasalos, residentes nas casas contiguas. De transición ó gótico (finais do s. XIII), presenta intensas fases construtivas e reformas posteriores. Destaca a realizada no s. XVII, cando se construíron a torre e a actual fachada.

O interior trátase dun edificio dunha soa nave e cuberta de madeira. No s. XIV agregóuselle , no muro sur, a capela dos Condes.

Page 9: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦ · Web viewCONCELLO DE MONTERREI. Unhas pinceladas do Concello. No sureste de Galicia, pertencendo á provincia de Ourense, na comarca de Verín,

Igrexa de Santa María de Mixós.- na aldea do mesmo nome. Prerrománica (s. IX- X) de estilo asturiano con influencias mozárabes e elementos visigóticos, é, como o castelo Monumento Histórico Artístico dende 1931.

Trátase do inmoble máis antigo da comarca e un dos máis antigo de Galicia. Reivindicada nos anos trinta con gran interese polo Seminario de estudos galegos e en pleno Camiño de Santiago, atópase medio encaixada entre casas circundantes.

Da súa estrutura orixinal conserva sobre todo a cabeceira cadrada, con tres ábsidas interiores con arcos de ferradura. O central conta con pinturas murais do s. XIV representando a Xesús e os evanxelistas. Da mesma época é a porta lateral, gótica, a de acceso principal ó templo. Tamén sufriu reformas no s. XVI. Dúas aras romanas serven de base ós altares da cabeceira, unha delas adicada ó deus indíxena galaico- ibérico Bandua. O cemiterio, conserva mostras do primitivismo do lugar. Mixós pertenceu, como o promontorio de Monterrei, ó mosteiro de Celanova.

Santuario da Virxe da Caridade.- A Caridade é un dos máis populares santuarios da comarca. A igrexa álzase na explanada da praza do Sagrado. No seu lateral norte, unha espectacular fonte con certos aires barrocos, con lavadoiro e un pequeno souto. A tradición que deu lugar a este santuario: Unha condesa de Monterrei quedou cega e o seu marido prometeu que construiría unha igrexa onde recobrase a visión. Ese lugar foi a Caridade. Na súa fonte os romeiros lavan dende aquela os ollos, para salvalos de

calquera mal, no día grande da romaría (o luns despois do segundo domingo de Pentecostés).

Igrexa de Estevesiños.- na súa igrexa consérvanse pezas do coñecido artesán prateiro Rañoi.

Page 10: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦ · Web viewCONCELLO DE MONTERREI. Unhas pinceladas do Concello. No sureste de Galicia, pertencendo á provincia de Ourense, na comarca de Verín,

Igrexa de San Cristovo.- Posúe unha igrexa do século XVIII situada no máis alto.

Igrexa de Infesta.- Conta cunha igrexa de estilo románico que semella colgada nunha montaña, mesmo sobre a localidade, con fachada reconstruída a comezos do século XIX.

O Concello de Monterrei ademais de igrexas tamén conta coa existencia de capelas. Unha  capela  é un templo relixioso, xeralmente de menor tamaño que unha igrexa convencional. Pode estar construída no interior dunha  igrexa, xeralmente anexa á nave maior, ou ben constituír unha edificación propia.

Componse esencialmente dun  retablo, ou  altar  e  columnas  ou piares pequenos. O teito non adoita rematar cunha cúpula ou  bóveda.

Capela de San Bastián.- Compartida por dous pobos veciños como son Flariz e Sandín, que cada 20 de xaneiro comparten a celebración en honor a San Sebastián nas inmediacións da capela.

Capela de San Salvador.- Tamén pertencente á localidade de Medeiros. A súa importancia derivase da aparición de varias laudas sepulcrais durante unas obras realizadas na pequena capela (conservadas dende aquela a carón de templo como se verá nun apartado posterior).

Ermidas de Vences

Monterrei tamén é posuidor de cruceiros en varios puntos da súa xeografía. Un  cruceiro  é un monumento  relixioso  constituído por unha cruz de  pedra, cunha ou varias imaxes, elevada sobre unha  columna  asentada

Page 11: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦ · Web viewCONCELLO DE MONTERREI. Unhas pinceladas do Concello. No sureste de Galicia, pertencendo á provincia de Ourense, na comarca de Verín,

sobre unha plataforma e situado, normalmente, en lugares públicos, principalmente encrucilladas, beiras de  camiños, adros de  igrexas,  etc., lugares nos que ás veces existían xa cultos  pagáns  á  natureza .

O cruceiro é un dos monumentos máis fortemente enraizado na terra e na cultura  galegas, intimamente vencellado á  paisaxe  rural galega. Xorde nos máis inesperados recunchos e constitúese en obxecto de respecto e devoción populares. Hoxe séguense a esculpir e plantar en  prazas,  xardíns e propiedades particulares pero xa cun obxectivo decorativo nada máis.

En canto a cruceiros, dicir que moitos sobreviven espallados pola Concello, destacando sobre todo Medeiros onde aínda sobreviven uns trinta, dos moitos que tivo a localidade. Hai exemplares dende o século XVIII.

Tamén salientan o da Caridade, Monterrei, San Cristobo ou os da Magdalena.

Cruceiro da Magdalena á esquerda, hoxe substituído. Á dereita aparece unha imaxe do cruceiro de San Cristovo.

O Cruceiro de Monterrei (no centro) é de 1636, un dos máis significativos da comarca e de singular columna estriada.

Outra das mostras da arquitectura relixiosa son os petos das ánimas (mostra da cultura popular e da tradición), que son manifestacións materiais do culto ós  mortos e da devoción

Fotos: cruceiro da Caridade Fotos: Cruceiros de Medeiros

Page 12: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦ · Web viewCONCELLO DE MONTERREI. Unhas pinceladas do Concello. No sureste de Galicia, pertencendo á provincia de Ourense, na comarca de Verín,

polas ánimas. No concello de Monterrei salientan fundamentalmente os de Vilaza e o de San Cristovo (Imaxe).

A localidade que soubo mesturar a arquitectura tradicional coas formas pacegas da fidalguía rural foi Vilaza. De orixe romana, os pazos (Espada, Limia, etc.) e as casas brasonadas son os protagonistas de varias das súa rúas.

Pazo de Espada.- (antes chamado Blanco- Raxoi). O pazo está á beira do regato de Vilaza e fronte ó Pazo de Limia.

Consta dun gran edificio de planta de escadra. Ábrese á dereita con galerías. A entrada ó terreo a casa realízase por un portalón que ten un amplo plinto triangular con escudo e rematado en pináculos. Á dereita pódese observar o patio interior do pazo.

Pazo de Limia.- Situado fronte ó Espada. Todo o terreo está rodeado por un murallón baixo e portalón de entrada coroado cun reloxo de sol. Na fachada principal, rodeado por ménsulas, unha solaina con cuberta e unha galería acritalar. Posúe unha interesante pedra de armas rodeada

de decoración barroca. Sobresae na cuberta unha cheminea de sección transversal trapezoidal. Sufriu moitas modificacións e actualmente está dividido; a súa forma aproxímase a un rectángulo cunha torre cadrada pegada.

Riqueza histórico- cultural.

O Castelo de Monterrei.- O conxunto fortificado de Monterrei, coas súas torres defensivas, pazo e igrexa forma unha auténtica acrópole. Elévase ata os 526 m sobre o nivel do mar, algo máis de 200 sobre Verín. É o conxunto militar

Page 13: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦ · Web viewCONCELLO DE MONTERREI. Unhas pinceladas do Concello. No sureste de Galicia, pertencendo á provincia de Ourense, na comarca de Verín,

e pacego máis relevante de Galicia por ser un espazo histórico esencial do Renacemento (s. XV- XVI). Monumento Histórico Artístico Español dende 1931.

O monumental conxunto fortificado de Monterrei constitúe a "Acrópole" máis grande de Galicia, e forma un conxunto de evidente interese. A carón do cruceiro, contra o leste, obsérvase o muro da porta de San Ignacio – na honra ó fundador dos xesuítas-, a primeira de acceso a antiga acrópole.

O Paseo das Damas, unha estreita calzada empedrada así denominada por rememorar antigos pasos señoriais, leva ata o recinto da fortaleza, na que traspasada a primeira entrada á esquerda destaca un espléndido exemplar de arco apuntado e amplas doelas culminado co escuso da casa de Monterrei.

Posúe tres recintos amurallados sobre unha alongada lomba, e entre outros elementos defensivos imprescindibles destacan a torre da homenaxe e a Torre das Damas. Nesta triple muralla defensiva de remoto orixe medieval, sobreviven en distintos graos de conservación, a muralla, a contramuralla e o murallón que ó longo dos s. XVII e XVIII se reforzaron e ampliaron debido ós frecuentes enfrontamentos entre os reinos español e portugués. Destacan os canóns orientados cara o sur e, pola súa beleza, algunha vella garita. Tamén conserva distintos exemplos de foxos, estacadas, etc.Un dos accesos ó recinto presenta unha ponte levadiza, elemento propio destas fortalezas. As almeas, os pequenos vanos e un pozo de 14 metros situado no patio interior completan as defensas do edificio. O patio de armas do castelo accédese por unha porta practicada nunha muralla.

O máis destacado do castelo é, sen dúbida algunha, a Torre da Homenaxe, que foi construída no século XV, en tempos dos Reis Católicos, por Don Sancho Sánchez de Ulloa, primeiro Conde de Monterrei. A súa planta é cadrada, ten poucos buratos ó exterior, conta con pequenos vanos ó longo dos seus muros, e está coroada por unha barbacana

con oito cubos redondos que a interrompen nos ángulos e lenzos.

Entrase polo primeiro piso, onde se sitúa a ponte levadiza.As súas proporcións son considerables, con muros de gran grosor e elevada altura (22,5 m), o que le confire un carácter impresionante. Remátase cunha cornixa sostida por ménsulas.

Da cima desta torre obtéñense as máis emocionantes e amplas vistas do val e das montñas que o circundan.

A Torre das Damas, finais do s. XIII ou primeiros do s. XIV, é de proporcións máis reducidas e contigua ó palacio. Nesta descansa a galería de columnas con pedras de armas nas enxutas. Unida ó Palacio dos condes, contra ó sur

Page 14: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦ · Web viewCONCELLO DE MONTERREI. Unhas pinceladas do Concello. No sureste de Galicia, pertencendo á provincia de Ourense, na comarca de Verín,

contrasta coa lixeireza e aparente fraxilidade do pazo. É a construción máis antiga do recinto.

Dentro do recinto do castelo tamén se atopa o Palacio dos Condes, de estilo renacentista, posúe grandes galerías de arcos rebaixados. As columnas de dita galería levan un escudo distinto cada unha delas. Este palacio foi construído no século XVI e comezos del XVII. Todas as pedras do recinto do castelo están gravadas con marcas de canteiro.

O Palacio dos condes edificase para residencia condal, cando o castelo perdera parte da súa cíclica transcendencia militar. Chaman a atención os seus lixeiros e relaxantes corredores de dous pisos cara o patio de armas e de tres polo sur do val. Están montados nos seus andares inferiores sobre arcos escarzanos. A actual estrutura exterior é froito dunha rehabilitación realizada en 1962.

Unha parte do palacio condal acolle dende 2001 unha exposición dedicada ó camino de Santiago, ó patrimonio cultural da comarca verinesa e á historia e arte de Monterrei.

Tamén a acrópole contaba coa existencia dunha fonte, un enorme tesouro nun lugar tan escaso de auga como era Monterrei. Por este motivo, e como avanzada defensiva levantouse uns 200 m máis arriba, o pé do monte Salvador, a torre- fortaleza da Atalaia que servía de complemento defensivo (1664).

Estamos ante o antigo hospital de peregrinos de Monterrei, ou hospital da Trindade, construído en 1391 polo abade Vasco Pérez posiblemente como complemento doutro anterior (1327).

Accédese seguindo a mesma ruta que se toma para o castelo. Na suba ao devandito castelo, atopamos a man esquerda un sendeiro que nos leva ata a portada do Hospital de Peregrinos.

Na famosa porta do edificio, románica de transición ó gótico, destaca o tímpano, con Cristo triunfante entre os catro evanxelistas representados ó estilo de tetramorfos, ou sexa,

Marcos como león, Lucas como touro, Mateo como home e Xoán como aguia, e na clave do arco un anxo cabeza abaixo. Nas enxutas variada decoración e pedras de armas de fundador. O arco está flanqueado polas figuras da Anunciación baixo doseis oxivais.

Page 15: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦ · Web viewCONCELLO DE MONTERREI. Unhas pinceladas do Concello. No sureste de Galicia, pertencendo á provincia de Ourense, na comarca de Verín,

A relevancia deste edificio, malia a súas escasas dimensións, ven dada por evidenciar a presenza histórica das rutas xacobeas na comarca, que é a que conta co maior número de quilómetros de camiños xacobeos en relación coas súas dimensións. O actual edificio, do que só se conservaban a portada e unha pequena parte dos antigos muros, reconstruíuse a finais dos noventa para ser utilizado como albergue para os novos camiñantes.

O material de construción do Castelo material é pedra, que é a materia prima empregada na maioría destas edificacións pola súa enorme resistencia e dureza. Podemos observar os perpiaños perfectamente colocados e encadrados das súas torres. Apreciase ben o valor artístico e o esforzo humano da obra.

HERÁLDICA; ESCUDO DA CASA DE MONTERREI

Nun dos seus accesos podemos aprecia-lo escudo pertencente ós primeiros moradores do castelo, os condes de Monterrei. Non só aparece o distintivo da súa familia, senón tamén os elementos máis destacados dos escudos doutras familias e liñaxes cas que mantiveron algún vínculo. Divídese este en catro partes que representan as armas das familias con poder sobre a fortaleza – Acevedo,

Ulloa, Viedma e Zúñiga-, coroado coas dos Fonseca, tamén de gran influencia no castelo no s. XVI. Ó fondo, enmarcada pola porta que imos traspasar, chama a atención outra portada. É a do primeiro gran edificio histórico que nos sae ó paso.

Unha  necrópole  é un  cemiterio  ou lugar destinado a enterramentos. Etimoloxicamente significa cidade dos mortos/cadáveres, pois provén do idioma grego: necro, morto ou cadáver, e polis, cidade. O termo empléase normalmente para designar cemiterios que se atoparon preto de antigas  civilizacións.

A Necrópole de Medeiros.- Necrópole Alto- Medieval (s. VI- IX) de San Salvador de Roza. Laudas sepulcrais conservadas a carón do templo.

XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS

Entre Vilaza e Medeiros existen sete castros, nun espazo de a penas 6 km. En Medeiros existen tamén numerosos restos megalitos, castrexos – Medeiros

Page 16: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦ · Web viewCONCELLO DE MONTERREI. Unhas pinceladas do Concello. No sureste de Galicia, pertencendo á provincia de Ourense, na comarca de Verín,

VISITAS ACRÓPOLE DE MONTERREI

VERÁN/ Abril- setembro. Mércores a domingo: 10.30-13,30h / 17.00- 20.00H

INVERNO/ Marzo- outubro. Mércores a domingo: 10,30- 13,30H/ 16.00- 19.00h

ENTRADA.- Gratuíta. Luns e martes festivos, aberto. Visitas guiadas

sería a capital da tribo dos bíbalos- e altomedievais que revelan un poboamento antiquísimo.

En Medeiros existen restos celtas sen explorar na súa maioría que datan do s. II a. C. difumínanse polos outeiros que rodean a Medeiros, podéndose atopar muíños de aceite, ruínas de antigos poboados e a famosa “Cadeira da raíña”, un trono de pedra no que conta a lenda era onde a raíña celta dende o alto da montaña vixiaba todo o val e baixo o cal se atopa un tesouro, ademais doutras cadeiras para outros custodios.

Restos históricos a destacar son os castros do “Monte da Cidá” e “Búbal”, este último, salienta polas ruínas existentes onde se aprecian unhas impoñentes murallas flanqueadas por torreóns e outro recinto chamado Muro do Castro tamén con dobre muralla.

Da dominación romana, quedan escasos restos da fortaleza de “Montecelo” (s. I a. C). polo seu territorio discorre unha calzada romana.

Polas proximidades da igrexa de Infesta circulaba una antiga vía romana.

Tamén mencionar o Castro de Varonceli, no que na actualidade estaría asentado o Castelo de Monterrei.

Fornos.- Servizos da vida rural tradicional resolvíanse nuns elementos comunais como poden ser os fornos, nexos de unión

dos veciños dos pobos. Hoxe en día moitos deles son restaurados, unha mostra son os fornos localizados nas aldeas da Magdalena (Imaxe á esquerda) ou San Cristovo (á dereita).

O Concello de Monterrei, para ofrecer un coñecemento global deste, posúe dous museos.

Un englobaría non só o museo, se non tamén a visita o Castelo de Monterrei.

Page 17: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦ · Web viewCONCELLO DE MONTERREI. Unhas pinceladas do Concello. No sureste de Galicia, pertencendo á provincia de Ourense, na comarca de Verín,

Debida a importancia dos viñedos neste territorio e o asentamento de adegas que se concentran en gran número nesta zona, estableceuse en Vilaza o Centro de Interpretación do viño da comarca, que amosa distintos útiles de produción tradicional nas vellas adegas artesáns.

Outras cousas que ver.

O Parador Nacional de Turismo de Monterrei.- Este ocupa o antigo solar do colexio dos xesuítas (no terreo antes ocupado polo convento da Compañía de Xesús), no nomeado Penedo Branco, a carón do Castelo. Construído en 1965 no chamado estilo rexional galego, ofrece excepcionais vistas sobre o val.

Estatua do Emigrante en Flariz.- Monumento alusivo á figura do Emigrante. Está situado na praza onde se celebra a festa que lle rende homenaxe. Trátase dun monumento no que pode apreciarse a un emigrante coa súa maleta, e é unha imaxe que a maior parte dos veciños do pobo, dende fai décadas tuveron que observar cando os seus seres queridos tiñan que deixar as súa terras para desprazarse a outros lugares nos cales gañarse a vida.

En Vilaza atópanse numerosos blasóns polas súas rúas que dan fe da importancia fidalga da vila na idade media e épocas posteriores, tal e como amosan algunhas das súas construcións, tomando como exemplo a que aparece na imaxe, incluso contaba cunha capela no seu interior, tal e como manifestan os veciños.

Centro de interpretación do viño para visitas: Vilaza, rúa do Progreso, 34

988418002 (Concello) entrada gratuíta. Confirmar visita no concello.

Page 18: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦ · Web viewCONCELLO DE MONTERREI. Unhas pinceladas do Concello. No sureste de Galicia, pertencendo á provincia de Ourense, na comarca de Verín,

Tamén polas rúas das distintas localidades do Concello atopamos prazas, lavadoiros, fontes e construcións de máis recente creación como poden ser as que se amosan a continuación:

Na costa da salgueira, este Concello conta con unha fonte natural a que acode moita xente en busca de auga. Desde a fonte denominada “Os Bispos” obtéñense unhas vistas espectaculares do val.

Camiño de Santiago.- O Camiño de Santiago baixa preto do Castelo de Monterrei. Un marco situado nunha bifurcación así o confirma: seguindo á esquerda, o camiño, a 186 Km de Santiago, marcha cara Xinzo de Limia; pola dereita, a Laza, a 178 Km do mesmo destino.

Un alto no camiño.

Unha mostra da cultura dos pobos son as súas festas. Co cal sería moi interesante visitar o Concello e facer unha parada nalgunha destas festas populares.

Fonte da Virxe A Caridade Fonte dos mouros A Magdalena Fonte da Ermita Flariz

Fonte San Cristovo

Alameda Vilaza Fonte vilaza

Page 19: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦ · Web viewCONCELLO DE MONTERREI. Unhas pinceladas do Concello. No sureste de Galicia, pertencendo á provincia de Ourense, na comarca de Verín,

Xogo de rol.- As excepcionais condicións da acrópole de Monterrei como escenario histórico convertérona dende 2006 no marco dun xogo de rol con éxito. As actividades duran dous días e rematan cunha batalla final – aberta ó público- no recinto do castelo. A convocatoria explica que “o excelentísimo señor arcebispo de Santiago de Compostela, Alonso de Fonseca e Acevedo, convida a todos a contemplar cos seus propios ollos a derrota definitiva das tropas irmandiñas a mans do exército nobiliario”. Máis non lle será tan fácil. O xogo, que leva por título Irmandiños: a revolta celébrase en outubro e recrea as lendarias loitas entre os campesiños galegos- os irmandiños- e nobres que os exprimían, aló polo s. XV.

Ambientase no século XV, durante a revolución popular en Galicia contra os señores feudais. Os participantes poden meterse na pel dos ’irmandiños’, (campesiños, monxes, trobadores, mendigos, bachareis..) ou dos nobres (soldados, mercenarios...).

Durante dous días, os participantes teñen a oportunidade de meterse na pel dun ’irmandiño’ ou dun soldado nobiliario, enfrontados nunha guerra na que se decidirá o destino do Reino de Galicia.

O máximo de xogadores é de 500. Así 250 son ’irmandiños’, un bando que ofrece a posibilidade de inscribirse nas Cofradías de fidalgos (20 personaxes); de burgueses (30); de campesiños (30); de mariñeiros (20); de monxes (20), de trobadores (30), de mendigos (20) e de mercenarios (desertores do exército nobiliario, 50 personaxes).

Outros 250 poden apuntarse no bando dos ’malfeitores’ que conta cos exércitos de Fonseca (100 personaxes); de Benavente (50 cuxa clase social é de soldados); de Zúñiga (50, cuxa clase social é de mercenarios). Dentro do Exército de Fonseca pódese formar parte das Tropas de Asalto (50 personaxes) ou da Garda Persoal do Arcebispo (50 personaxes).Para participar hai que aportar unha cota por persoa que inclúe o material do xogador, as comidas e o desprazamento en autobús ata as zonas de acampada. No caso dos ’malfeitores' da Cofradía de mercenarios tamén inclúe o escudo do personaxe).

Os asistentes deben levar da súa casa unha espada, que se confeccionará en base a unhas normas (que se recollen na páxina web: www.irmandinhos.com).

Marcha BTT.- No concello de Monterrei, ten lugar cada ano a MARCHA BTT, evento deportivo este que tivo unha gran aceptación a afluencia de participantes.

Page 20: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦ · Web viewCONCELLO DE MONTERREI. Unhas pinceladas do Concello. No sureste de Galicia, pertencendo á provincia de Ourense, na comarca de Verín,

Os Perfiles, horarios e programa  da Marcha BTT soen ser os seguintes: 

- Entrega de dorsais.- Concentración.- Saída da marcha, rutas longa, curta e paseo infantil.- Xantar no Restaurante Gallego.

Xuntanza internacional de gaiteiros.- O Concello de Monterrei, dentro do seu programa cultural, organiza en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense, a Xuntanza Internacional de Gaiteiros na que, coma sempre, daránse cita algúns dos mellores grupos e solistas a nivel internacional, que amosarán a súa destreza e arte como gaiteiros, nun marco de incomparable beleza como é o noso Castelo de Monterrei, onde este tipo de eventos alcanzan, se cabe, unha grandeza sen igual.

No concello de Monterrei, ademais das actividades organizadas por este, tódalas localidades teñen o seu día grande, no que salientan entre outras as festas de:

25 de xullo, Santiago Apóstolo, en Albarellos. Finais do mes de maio ou principios de xuño, romaría da Virxe da

Caridade, tamén o 24 de setembro. 7 de agosto, San Mamede en Estevesiños. 29 de xuño, San Pedro e primeira fin de semana de agosto, festa do

emigrante en Flariz. 17 de xaneiro, San Antonio en Guimarei. 22 de xaneiro, San Vicente en Infesta. 3 de maio, Santo Cristo e 22 de xullo Santa María Magdalena, na

Magdalena. 6 de agosto, San Salvador e 15 de agosto a Asunción, en Medeiros. 14 de setembro, Santa Cruz en Mixós. 8 de decembro, a Inmaculada, na Pousa. 13 de maio, Fátima e 15 de setembro os Dores, na Salgueira. 5 de agosto, as Neves en San Cristobo. 15 de xaneiro, San Amaro, en Sandín. 28 de agosto, San Agustín e 10 de decembro, Santa Eulalia en

Vences.

Page 21: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦ · Web viewCONCELLO DE MONTERREI. Unhas pinceladas do Concello. No sureste de Galicia, pertencendo á provincia de Ourense, na comarca de Verín,

15 de agosto, Virxe da Asunción en Vilaza “Festa da Boga”, onde se organiza unha cea popular unha carpa, para degustar este peixe que foi tan típico da zona.

20 de xaneiro, San Bastián, na capela entre Flariz e Sandín.

Existen varios lugares para repostar forzas:

Onde comer

- Restaurante Gallego, Estrada Nacional 525 Km 171, Albarellos de Monterrei. Telf: 988418202.

- Parador de Monterrei, S/N, Monterrei. Telf: 988410075.

Tamén no Concello de Monterrei existen varios bares e cafeterías distribuídos por todo o territorio, entre eles:

- Bar JOMINU, na Magdalena de Monterrei.- Bar Chiringuito e Estanco, na Caridade.- Bar Alameda e Chispas, en Vilaza.- Bar a Curva, O Campo e Celta, en Albarellos.- Bar Daniel, en Sandín.- Bar “A Nosa Casa” en Vences.- Teleclub, Mixós.- Etc….

Onde durmir

O turismo rural estase a promocionar nestes últimos anos. No concello xa existe unha Casa de Turismo rural “ O retiro do Conde”, establecido nun dos pazos de Vilaza, concretamente no de Espada. (Rúa Progreso 2). Tel: 988 41 81 23 / 608 34 26 66.

- Parador de Monterrei, S/N, Monterrei. Tel: 988410075.- Hotel Gallego, Estrada 525 Km 171, Albarellos. Tel: 9884182002.- Vivendas Vacacionais “Casa do Correo”, en Vilaza. Tel: 659 06 72 86.- Apartamentos “Lar de Iván”, Rúa Progreso 82, Albarellos. Tel:

988425762.

Page 22: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦ · Web viewCONCELLO DE MONTERREI. Unhas pinceladas do Concello. No sureste de Galicia, pertencendo á provincia de Ourense, na comarca de Verín,