updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewOs pobos máis alonxados da capital do Concello son...

35
ENTRIMO Unhas pinceladas do Concello. O Concello de Entrimo sitúase no sur da provincia de Ourense (Galicia), na rexión suroccidental da provincia, en estreita relación cos territorios fronteirizos de Portugal. Forma parte da Comarca Natural da Baixa Limia, xunto cos municipios de Lobios, Muíños, Lobeira e Bande. Atópase na zona denominada centro Ibérica, correspóndese dentro da zona: Galicia Tras-os-Montes. O topónimo de Entrimo designa un municipio e unha parroquia pero non se corresponde con ningunha entidade da poboación. Aínda que, nas sinalizacións de estrada, Entrimo e A Terrachán, capitalidade municipal, identifícanse. Limita ó norte co Concello portugués de Melgaço, ó sur e este con Lobeira e río Limia, linde natural co Concello de Lobios. Encoro de Lindoso no extremo sur, e polo Oeste co río Barcia o castro de Leboreiro, linde natural co concello portugués de Arcos de Valdevez. Conta cunha superficie aproximada de 84, 53 Km² de orografía montañosa e altitude media de 511,40 m. sobre o nivel do mar. Formado por seis parroquias nas que se distribúen 18 pobos (menos o pobo da Reloeira que desde o ano 1992 permanece baixo as augas do embalse do Lindoso). Santa María la Real : Terrachán, Casal e Ferreiros. Santa Félix de Galez : Galez, Feira Vella, Olín, Esperelo e Quintás. San Lorenzo de la Illa : Illa, Lentemil, A Reloeira (desaparecido). San Facundo de Pereira : Pereira, Guxinde e Bouzadrago. Santa Tomás de Venceás : Venceás, Vilar e Queguas. San María de Olelas : Olelas.

Transcript of updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewOs pobos máis alonxados da capital do Concello son...

Page 1: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewOs pobos máis alonxados da capital do Concello son Olelas, Guxinde e Quegas con 15, 6 e 8 km. respectivamente. Unha mirada atrás. Pia

ENTRIMOUnhas pinceladas do Concello.

O Concello de Entrimo sitúase no sur da provincia de Ourense (Galicia), na rexión suroccidental da provincia, en estreita relación cos territorios fronteirizos de Portugal. Forma parte da Comarca Natural da Baixa Limia, xunto cos municipios de Lobios, Muíños, Lobeira e Bande. Atópase na zona denominada centro Ibérica, correspóndese dentro da zona: Galicia Tras-os-Montes.

O topónimo de Entrimo designa un municipio e unha parroquia pero non se corresponde con ningunha entidade da poboación. Aínda que, nas sinalizacións de estrada, Entrimo e A Terrachán, capitalidade municipal, identifícanse.

Limita ó norte co Concello portugués de Melgaço, ó sur e este con Lobeira e río Limia, linde natural co Concello de Lobios. Encoro de Lindoso no extremo sur, e polo Oeste co río Barcia o castro de Leboreiro, linde natural co concello portugués de Arcos de Valdevez.

Conta cunha superficie aproximada de 84, 53 Km² de orografía montañosa e altitude media de 511,40 m. sobre o nivel do mar. Formado por seis parroquias nas que se distribúen 18 pobos (menos o pobo da Reloeira que desde o ano 1992 permanece baixo as augas do embalse do Lindoso).

Santa María la Real : Terrachán, Casal e Ferreiros. Santa Félix de Galez : Galez, Feira Vella, Olín, Esperelo e Quintás. San Lorenzo de la Illa : Illa, Lentemil, A Reloeira (desaparecido). San Facundo de Pereira : Pereira, Guxinde e Bouzadrago. Santa Tomás de Venceás : Venceás, Vilar e Queguas. San María de Olelas : Olelas.

Page 2: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewOs pobos máis alonxados da capital do Concello son Olelas, Guxinde e Quegas con 15, 6 e 8 km. respectivamente. Unha mirada atrás. Pia

Entrimo está definido por dous sistemas montañosos de importancia na zona, as serras do Quinxo (extremo Occidental) e de Queguas (extremo Oriental), accidentes xeográficos que definen o marco territorial de estudo.

O Concello está recorrido polo río Limia na súa dirección Oeste-Este, se ben de Norte-Sur e atravesado polo río Barcia, o Castro de Leboreiro e o río Agro.

As montañas máis elevadas encóntranse na “serra do Quinxo” (con el pico de Quintairo de 1166m e Medelo de 953m) extremo occidental e a “Serra de Queguas” (ou serra do Leboreiro) no extremo oriental.

A economía fundamentase no turismo, e nos últimos anos é notable o incremento da oferta en turismo rural. Outros sectores económicos a destacar son a explotación forestal e madereira, avicultura e porcino extensivo xunto coa produción e elaboración de produtos cárnicos ós que se engaden os derivados lácteos, principalmente queixos, e apicultura. Tamén contan cunha ganadería única en Galicia, as vacas “cachenas”, raza que só se encontra neste Concello e nalgúns pobos veciños de Portugal.

A N-540 (Lugo-Portugal) é a principal vía de comunicación de Entrimo coa capital provincial, sendo a distancia entre ambos puntos de 70 km. (Desde Ourense, en As Conchas pódese tomar a antiga carretera, a través de Cabaleiros, Valoiro e Herdadiña, o ben séguese o novo trazado, onde a 60 km de Ourense , chegase a un cruce no que se sinaliza Entrimo a 4,5 km). A segunda vía provincial OU-18, que desde a estrada nacional, conduce A Terrachán (capital do Concello) pasando por Ferreiros e Guxinde, ata a fronteira portuguesa de A Meixoeira.

A Terrachán sitúase a unha distancia de 26 km a Bande, e 70 km a Ourense. Os pobos máis alonxados da capital do Concello son Olelas, Guxinde e Quegas con 15, 6 e 8 km. respectivamente.

Page 3: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewOs pobos máis alonxados da capital do Concello son Olelas, Guxinde e Quegas con 15, 6 e 8 km. respectivamente. Unha mirada atrás. Pia

Unha mirada atrás.O territorio de Entrimo conta con

xacementos prehistóricos pouco estudados. O investigador Fernández Alonso sinala os castros e as mámoas do Monte do Quinxo, mámoas de San Fiz, as sepulturas abertas en San Fiz e Montes Lumiares e o Penedo da Facha. Tamén foi estudado o Castro da Pía da Moura e Penedo das Serpes.

Na serra de Queguas, próxima a Venceáns, está a necrópole de A Pena de Anamán e un dolmen illado chamado Anta da Cova da Moura, colosal e de excelente conservación. Tamén hai túmulos cerca de A Pereira, en Montes de O Quinxo. Gracias a estes testemuñas megalíticos pódese saber acerca do tránsito cara “o máis alá” pero tamén sobre o tránsito vial prehistórico, pois guían o camiño Leboreiro-Galez, definido polo uso pastoril e que discorre entre Santo André e San Fiz, A Feira Vella e Asperelo (onde está o Penedo das Sete Espadas, con petroglifos). Esta ruta precedeu ós camiños romanos de San Benito, Castro Leboreiro e Camiño da Raia.

Os “quarqueni” habitaron neste sector do río Limia e fortificaron varios recintos ou castros nos montes de Quinxo, Penedo das Serpes e Pía da Moura. Patrimonio tamén cataloga como castreños os xacementos de O Castelo en Galez, e o Monte de Os Castelos en Entrimo.

Na época romana os “quarqueni” tiñan o seu centro en “Aquae Querquernae” en Bande, por onde transcorre a Vía Nova romana que orienta a actividade desta comarca. Unha ruta secundaria da vía cruza o río Limia (cerca de A Feira Vella en Galez) e seguindo un dos camiños prehistóricos antes mencionado, chega a Entrimo (de inter-amnis: entre ríos), onde parten cinco rutas non oficiais:

1) A que levaría a Tuí por Olelas.2) A de Ponte de Lima por Quintela.3) A de Queguas-Leboreiro que chegaría ata o Miño por Padrenda.4) A de Requeixo que continuaría polo río Grou e chegaría ó Castellum

Meidvnivm de Bande.5) A de Manín (Lobios) que utilizaría algunhas das vellas pontes da Illa

(Ponte de Illa, Ponte Vella de Porto Pequeño).

Dada a inseguridade das invasións alto-medievais, ó feudalismo e as fronteiras é moi probable que Entrimo chegase a refortificar o vello castro de Monte dos Castelos. Ameijoeira e Castro Leboreiro, pobos portugueses, eran obxecto de disputas fronteirizas no século XII.

Pia da Moura

Page 4: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewOs pobos máis alonxados da capital do Concello son Olelas, Guxinde e Quegas con 15, 6 e 8 km. respectivamente. Unha mirada atrás. Pia

A primeira cita documental coñecida de Interimi (Entrimo), aparece na concordia do 6 de xaneiro de 1149 entre o bispo Martín de Ourense e o abade Pelayo de Celanova.

A situación e os recursos da zona, orixinan problemas xurisdicionais desde mediados do século XII. O mosteiro de Celanova exerceu durante moito tempo o seu dominio sobre varios pobos. Tamén exerceron a súa xurisdición civil e militar, os condes de Ribadavia.

A xurisdición era exercida por catro partes: o mosteiro de Celanova, con dereito sobre a meirande parte de Asperelo, dúas partes á coroa e a restante, Guxinde e Grou, ó mosteiro de Freás. Todos pagaban, ademais, ó conde de Ribadavia unha renda proporcional en viño, cebada, touciños e carneiros.

Posteriormente, cara 1590, a xurisdición de Entrimo promoveu un preito, e a súa resolución puxo fin ó dominio e patronato de Celanova, e tamén é de supoñer, ca dos demais señores, pasando a realengo.

Felipe III, eximiu ós veciños de Entrimo de cargas militares por causa do seu permanente estado de alarma pola súa situación fronteiriza. De feito, a zona sufriu moito durante as guerras hispano-lusas: incursións de invasións, requisas do gando e colleitas, e queima de arquivos. Felipe IV confirmou en xullo de 1643, durante a guerra de separación de Portugal, a exención que concedera o seu pai a Entrimo. A economía resentiuse aínda máis coa Guerra de Sucesión Española, pois a poboación tiña que aloxar e alimentar ás tropas, embargáronse os bens dos portugueses (as propiedades do duque de Sinde pasaron ó Conde de Monterrei) e se perseguiu o contrabando reforzando a fronteira. Os Borbones anularon os privilexios dos Austrias, que compensaran os infortunios dos habitantes periféricos e raianos, cunha economía que destacaba polo cultivo intenso do millo, e o comercio interior e exterior cando os señores da raia o permitían.

Na idade Contemporánea, Entrimo xa non ten dispensas de “quintas” militares e da súa parroquia segréganse a de Galez e A Pereira.

A capital do Concello, contaba xa no 1922 con servizos de cartería e telégrafo, e unha sección de carabineiros en 1870, logo refundida co posto da Garda Civil que data de 1898.

Había feira os días un e dezaseis de cada mes e segundo o Tratado de Límites do 1864 (o mesmo que suprimiu O Couto Mixto), a estrada de A Ameijoeira a A Terrachá, sería de libre tránsito. Cada ano en Agosto, celébrase o acto de recoñecemento de fronteiras, unhas veces en Galicia e outras en Portugal.

Xa antes de 1913, en Entrimo funcionou unha Sociedade Agraria que se integrou na Federación Provincial en 1920. Durante a república e a Guerra Civil, houbo unha conflitividade manifesta, debido a que en Entrimo a esquerda

Page 5: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewOs pobos máis alonxados da capital do Concello son Olelas, Guxinde e Quegas con 15, 6 e 8 km. respectivamente. Unha mirada atrás. Pia

gañaba as citas electorais e ademais existía o Sindicato de Oficios Varios de Feiravella e a máis activa Sociedade de Oficios Varios de Entrimo. Coa Guerra Civil chegou a represión e o exilio, despois os anos do fame e logo a emigración europea ás grandes capitais españolas.

Cos anos sesenta, comezan a chegar divisas emigrantes, pero as parroquias non fixan poboación. Entre 1990-1991 tivo lugar a construción do Encoro do Lindoso polo goberno portugués, en cumprimento dun acordo internacional de aproveitamento mutuo das cuncas fluviais compartidas por España e Portugal, firmado o finais dos 60 por Franco e Salazar. A obra foi conflitiva e supuxo o anegamiento de pobos e terras. Parte das indemnizacións investíronse na zona, principalmente na vivenda.

Na actualidade, Entrimo é un municipio con avicultura e porcino intensivos, apicultura, gran riqueza forestal, elaboración de produtos cárnicos, queixeiros e madeireiros, servizos e oferta turística.

Onde perderse:

Xoias Naturais.Entrimo é un municipio con importantes lugares de interese paisaxístico.

Unha parte das terras quedan englobadas no Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés, integrado por terras de Lobios e Muíños. Trátase dun espazo protexido no que se establecen varias zonas de reserva especial, segundo o seu interese paisaxísticos, faunístico,…Participando no Parque Natural Baixa Limia, Entrimo achéganos á natureza da montaña e á loita do home por facer dela o seu medio de vida.1

O compoñente máis característico no parque, é o formado polos “bolos” graníticos, sedimentos de orixe glaciar, chamados “pedras cabaleiras”. →

Para o Concello, os elementos claves da súa paisaxe son a xeomorfoloxía, modificada á súa vez pola acción humana, e a hidrografía, quedando nun segundo lugar, elementos como a cuberta vexetal.

Pódense destacar:

Serra de Queguas: Espazo natural limítrofe con Lobios, situado na parte norte de Entrimo e cunha superficie de 1504 ha. Destacan os restos arqueolóxicos existentes nesta zona, como a necrópole

1 Nota: O Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, debido o seu interese, se contemplará de forma individualizada noutro apartado desta guía).

Page 6: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewOs pobos máis alonxados da capital do Concello son Olelas, Guxinde e Quegas con 15, 6 e 8 km. respectivamente. Unha mirada atrás. Pia

prehistórica de Pena de Anamán, castro celta de Pía da Moura, montes veciñais en man común e as pallozas de As Cortes da Carballeida.

Pena de Anamán, Pallozas da Carballeida.

Page 7: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewOs pobos máis alonxados da capital do Concello son Olelas, Guxinde e Quegas con 15, 6 e 8 km. respectivamente. Unha mirada atrás. Pia

Respecto a súa flora, esta serra está formada por especies frondosas autóctonas como carballos, aínda que o seu elemento definitorio é o matoxo baixo de ericas. Nas zonas máis baixa e cálidas pódense observar pes diseminados de outras frondosas como cerdeiras e bidueiros.

Serra do Quinxo: complexo natural limítrofe entre Entrimo e Portugal, separa o parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, co nacional portugués Peneda-Gerês. Esta serra alberga os Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Pereira, e abarca a zona de reserva integral da Baixa Limia-Serra do Xurés. Nesta serra atópanse vales, lombas e cimas de montaña de enorme beleza e naturalidade paisaxística. A densidade de matoxos é un dous principais inconvenientes pola siniestralidade de incendios forestais. Tam én caracterízase polos seus “bolos” (afloramentos rochosos de natureza granítica). As montañas máis elevadas → encóntranse na “serra do Quinxo” (con el pico de Quintairo de 1166m e Medelo de 953m).

Montes Veciñais en Man Común: (MVMC) constitúen un réxime de tenencia da terra característico de Galicia. A importancia deste tipo de propiedade privada colectiva, radica en ser un elemento estratéxico para a poboación local, onde terras de labor e de monte, forman un mosaico de usos importantes para o benestar socioeconómico da poboación rural. Neste Concello, a superficie é dun 41,8% da superficie total municipal, distribuída en seis comunidades de montes. É un recurso estratéxico orientado a súa conservación, produción forestal, gandería libre e fomento de espazos e actividades recreativas.

Miradoiro de Pedreiriño: coa imaxe de San Rosendo como protagonista, está localizado a uns 2 km da capital municipal, e accédese por unha estrada de montaña. Posúe unhas vistas espectaculares do val de Entrimo, das montañas delimitantes e do encoro de Olelas.

Serra de Queguas

Page 8: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewOs pobos máis alonxados da capital do Concello son Olelas, Guxinde e Quegas con 15, 6 e 8 km. respectivamente. Unha mirada atrás. Pia

Miradoiro de Olelas: sito a uns 10 km da Terrachán, vaise pola estrada da Illa a Olelas (OU 336). Pódense ver o encoro de Lindoso, o Val de Entrimo e Lobios.

Encoro de Lindoso: Un dos principais ríos do Concello é o río Limia, curso fluvial modificado polo encoro de Lindoso. Todos os regatos do Concello verten as súas augas neste río. Asociado a unha central eléctrica. Dous dos Montes Veciñais en Man Común de Entrimo (Olelas y Reloeira-Lantemil) limitan parcialmente coas súa augas.

Encoro de Olelas: un acolledor encoro de Olelas, formado pola auga represada polos veciños, ofrece unha postal idílica da serra do Quinxo, ensombrecida por unha construción de bloque e uralita dunha explotación gandeira.

Neste pobo, desenvólvense actividades agrícolas e gandeiras que dende

antaño veñen conformando a paisaxe. O pantano, é unha das mostras máis fermosa da modelación da paisaxe, situado na falda da Serra do Quinxo o home soubo aproveitar a auga para a rega de cultivos (millo, centeo,horta) e para o gando.

Hai moitos sitios nos que remollarse, como as pozas do río agro (Covas e Escribano) y do río Vilameá. Con algo máis de esforzo, xa que require un paseo previo moi agradable, aínda que prolongado, nas pozas de Pozo Caído, río e fervenza de Olelas, e río da Montaña.

Cunca do Río Agro: Entrimo conta con 11 km deste río e os seus afluentes. Nace na serra do Quinxo, no monte veciñal de Guxinde, recollendo as augas de dita serra ata desembocar no encoro de Lindoso. Transcorre por Guxinde, Pereira, Bouzadrago, Ferreiros e A Terrachán.

Pozas do río Agro

Poza do pozo caído.

Page 9: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewOs pobos máis alonxados da capital do Concello son Olelas, Guxinde e Quegas con 15, 6 e 8 km. respectivamente. Unha mirada atrás. Pia

Cunca do río da Montaña: Lonxitude de 9 km no municipio, río de carácter temporal, fai de límite natural no extremo Oriental de Entrimo. Nace na serra de Queguas, nos Montes Veciñais en Man Común de Queguas, Venceáns, e Vilar. Desemboca no río Pacín e este, a súa vez, no encoro de Lindoso.

Cunca do río Castro Leboreiro: Lonxitude de 9,7 km no municipio, este río é linde natural, no extremo Occidental, entre España e Portugal. Carácter permanente, nace na serra de Quinxo, nos Montes Veciñais en Man Común de Guxinde e Pereira. Desemboca no lindoso.

Finalmente sinalamos o interese que teñen algunhas das áreas marcadas como zona de interese paisaxístico para desenrolar rutas de sendeirismo:

ROTEIRO DE SENDERISMO

Ruta de Queguas/Pena de Anamán: Recorrido circular, cunha distancia duns 7 km de dificultade media. Esta ruta comeza no pobo de Queguas, existen varios carteis ó longo da ruta, que facilitan a ubicación e o percorrido; sen embargo algúns destes carteis non está en bo estado, sendo útil a información das xentes do lugar. Recorridos uns 500m, nada máis saír do pobo, encóntrase Os Carrins, conxunto de cuadras que actualmente están abandonadas.

Seguindo o recorrido, encontrámonos cun camiño empedrado de gran beleza. Nas guías da Xunta, afirman que o camiño posiblemente, sexa unha antiga calzada real. O que se pode ver subindo, son as marcas deixadas na pedra polas rodas dos carros tirados polo gando.

Continuando por este camiño, chégase a As Cortes de Carballeira, trátase dun conxunto de antigas cadras, que eran utilizadas polos pastores en primavera e verán, cando subíase o gando ós montes en busca de pastos. Estas construcións soen ter una porta de entrada, co fin de evitar cos animais salvaxes poidan entrar. Trátase dun elemento comunitario, sendo propiedade de todo o pobo. Na actualidade

o seu estado (a pesar de ser ruinoso), conserva un encanto especial.

Neste mesmo lugar, encóntrase a capela da Ascensión, onde se celebra unha romaría no mes de xuño, o lado da capela hai un gran carballo, de gran envergadura e extraordinaria beleza, é visible desde moitos tramos da ruta, o que pode servir para orientarse.

Page 10: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewOs pobos máis alonxados da capital do Concello son Olelas, Guxinde e Quegas con 15, 6 e 8 km. respectivamente. Unha mirada atrás. Pia

Seguindo a ruta, chégase o monumento megalítico da Casa da Moura, desde este lugar divísase unha gran parte das serras da Baixa Limia. Chegados a este punto, tan só queda voltar o pobo de Queguas, desfrutando do camiño, o paisaxe e cun pouco de sorte cruzarnos con algún que outro cabalo e con toda seguridade, con algunha vaca.

Ruta do río Agro: Ruta lineal nos primeiros 7 km e circular no resto, distancia duns 14 km de dificultade media-alta. Ten o seu inicio a 2 km da Terrachá, collendo a estrada que conduce á aldea da Illa. Chegase á ponte de Bautureira, aí é o punto de partida. Séguese o curso do río Agro contra corrente. Neste tramo pódese desfrutar dos rápidos do río e dos pozos que se forman no seu curso, ademais tamén desfrutaremos das súas augas cristalinas, dos muíños en estado de abandono, e do frondoso bosque polo camiño que utilizan os pescadores, ata chegar á preciosa ponte de pedra de Covas ↓ (por dito ponte discorre un camiño que conflúe aquí co sendeiro iniciado na Terrachá.

Existe unha segunda opción de baixa dificultade, saíndo da Terrachá pola aldea de Quintas, séguese o camiño ata chegar a unha ponte de pedra , camiño que conduce á ponte de Covas, e unha vez alí crúzase o río e chégase a un sendeiro que é o punto de partida da ruta. Desde a ponte séguese polo marxe esquerdo, en sentido contrario á corrente do río, neste tramo a dificultade é media ata chegar ó Chao da Pon-che. Crúzase esta ponte e comézase unha lixeira suba por un camiño lastrado ata a aldea de Ferreiros de Abaixo, onde se descende ata o río, cruzando pola ponte do Folón.↓

Comézase unha nova ascensión ata a estrada, xírase a esquerda e séguese un km, abandónase a estrada e cóllese un camiño que entre terras de labranza, lévanos ata Pereira. Despois en Pereira, crúzase a aldea e tómase un camiño á esquerda que baixa ata a Bouzadrago (chámase “O Balcón de Entrimo”) onde pódese divisar unha fermosa panorámica. Logo baixase entre terras de labranza, campos e carballeiras, ata o río. Atravésase polas “Poldras” (pedras colocadas para cruzar o río saltando dunha a outra). Continúase polo camiño ata confluír co sendeiro de ida, onde se inicia o retorno, non sen antes visitar a ponte Nova, que a pesar do seu abandono, aínda conserva un perfecto arco de pedra. O retorno faise voltando polo mesmo sendeiro ata a ponde de Covas, onde pódese seguir pola marxe do río cara abaixo ata o inicio na ponte de Bautureira, enderezo Terrachán.

Ruta do barranco de Olelas: é unha ruta lineal duns 16 km e dificultade media, unhas 5 houras de recorrido. Discorre polos pobos de Olelas, Ribeiro (Portugal) e Pereira.

Page 11: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewOs pobos máis alonxados da capital do Concello son Olelas, Guxinde e Quegas con 15, 6 e 8 km. respectivamente. Unha mirada atrás. Pia

Iníciase a marcha en Olelas; unha vez cruzado este pobo, cóllese a dereita un antigo camiño direción norte, a nosa dereita estará o monte do

Quinxo cos seus impresionantes riscos e farallóns e á nosa esquerda, ó fondo, o río Castro Leboreiro ou Barcia, que ó longo

do noso percorrido nos irá sorprendendo con numerosas fervenzas. Na marxe dereita do río está o lugar da Barcia (Portugal) e as montañas da Serra da Peneda.

O camiño descende lixeiramente despois de pasar unha fermosa fervenza que se precipita polos riscos da montaña. Chégase á aldea do Ribeiro en Portugal, á que pódese chegar atravesando o río por unha pasarela de madeira. Estaríase na metade do camiño. A partir de aquí, iníciase un ascenso

por un camiño que nalgúns tramos, aínda conserva o seu empedrado. Nestas ladeiras pódense encontrar con rabaños de cabras e vacas pacendo no monte. Desde esta ladeira, pódese divisar o Val do Ribeiro. Xa no alto, vese ó lonxe, a impresionante montaña da Pena de Anamán, e á

esquerda, os cumios da Serra da Peneda. Seguindo este camiño, chégase a un frondoso bosque de carballos que séguese ata chegar á aldea de Pereira, fin do recorrido.

Riqueza histórica e cultural

O patrimonio histórico-artístico de Entrimo, conta con numerosos restos arqueolóxicos dispersados polo Concello, sendo as mámoas, dólmens e castros os que destacan, encóntranse na Pía da Moura, O Castelo en Galez, Monte da Facha, Chan de Andrés e da Chaira de San Fiz en Galez, entre outros.

O concello tamén é rico en hórreos, muíños e fornos. Os hórreos pódense apreciar en calquera lugar do Concello, aínda que onde se fixo arte de tan útil construción, foi no pobo de Olelas, chegando a contar con 70 canastros. Os fornos salientables en Entrimo son: Asperelo (totalmente de pedra) e da Illa (reconstruído nestes anos).

A vaca cachena é una vaca de raza autóctona da zona. Poboación bovina estendida no suroeste de Ourense, limitando con Portugal. O seu hábitat estaba en Entrimo, Lobios, Lobeira, Verea, Quintela de Leirado e Pontedeva, cando o gando era maior, agora, por desgraza, limítase ó Concello de Entrimo, máis concretamente, en Olelas. Tamén esténdese a Portugal, nas serras limítrofes da Peneda, Soajo, Amarela e Gêres.

Foto de autoras: Olelas Foto de autoras: Olelas

Forno Asperelo e Pereira, hórreos de Olelas, O Casal, Galéz e Olelas de novo.

Page 12: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewOs pobos máis alonxados da capital do Concello son Olelas, Guxinde e Quegas con 15, 6 e 8 km. respectivamente. Unha mirada atrás. Pia

Os muíños (construcións tradicionais de pedra próximos a un río) encóntranse nos ríos de A Barcia (Olelas), río Agro (conta cun número moi significativo deles), río da Montaña e río do Casal; especialmente deseñados

para moer cereal. O gran é moído por un mecanismo de rotación movido pola forza do auga, que para que acade maior velocidade, aproveitan os desniveis de terreos. A súa construción tiña unha finalidade produtiva, e co tempo foise

desenvolvendo unha cultura popular.

O conxunto de muíños de Entrimo constitúe unha importante mostra da arquitectura tradicional relacionada co aproveitamento hídrico, e forma parte importante do patrimonio etnográfico municipal (aínda que estes non foron Ben de Interese Cultural (BIC), e non presentan categoría de lugar de interese etnográfico pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia). O Concello conta nas súas parroquias con importantes restos arquitécnicos de muíños. Pódense atopar desde estraños gravados a cruciformes de tipoloxía variada e curiosa (datas, nomes,…). Os donos gravaban estes símbolos como talismáns contra o mal (forzas negativas).

Outros monumentos cos que contan a maioría dos pobos, son as fontes tradicionais, lavadoiros, e nalgúns deles, pontes. Por exemplo, as fotos posteriores que mostran o lavadoiro de Illa e Pereira, Fonte de Terrachán, Guxinde e Bouzadrago, ou a ponte de Venceáns . Tamén pódense visitar as fontes de O Pedreiriño, outra no camiño da Illa a Olelas; ponte do río Covas (da Boutureira) o do Folón,…

Outro monumento obrigatorio, de

visita neste Concello, é o dedicado a San Rosendo, o cal encóntrase nun lugar de

Foto de autoras. Muíño de Illa, e Guxinde.

Page 13: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewOs pobos máis alonxados da capital do Concello son Olelas, Guxinde e Quegas con 15, 6 e 8 km. respectivamente. Unha mirada atrás. Pia

inigualable beleza chamado “O Pedreiriño”, onde as vistas pérdennos pola Baixa Limia. →

Os monumentos megalíticos tamén son puntos de interese turístico, dos que atopamos boa representación neste Concello e que dan fe da existencia de antigos moradores das nosas terras.

A través dun traballo cartográfico de A. Bouhier en 1979, púidose comprobar ca maioría dos castros, coinciden cunha parroquia actual. Joaquín Lorenzo Fdez sitúa necrópole dolménicas na Serra do Leboreiro, na Pena de Anamán e na Chaira de San Fiz neste Concello. Tamén poboacións celtas nos castros da Illa e Pía da Moura.

Salientan: Castro dos Castelos, sito nas inmediacións da Pía da Moura; as mámoas de San Fiz (Galez), as do ←Quinxo, así como o dolmen da Chán, coñecido como “Casa da Moura”.

Casa da Moura: Debido á erosión está desprovisto do cúmulo de terra que cubriría

Nesta zona, como case toda Galicia, outórgaselles ós castros, unha connotación máxica e perigosa. Un feito salientable é que Xullo César facía referencia ós celtas como sumamente relixiosos. Para eles, os deuses estaban en tódalas partes, xa que mantiñan unha relación moi estreita coa natureza, cada río, manancial, arroio, lagoa, montaña ou árbore tiña o seu espírito. Debido a que crían que esta enerxía da natureza podía influír na súa vida cotiá, os druídas practicaban unha serie de ritos e sacrificios para mellorar a súa relación cos elementos sobrenaturais. Cada tribu chamaba ós diferentes deuses dunha forma distinta, aínda que destacan as deusas nais, integradas pola tríade da fertilidade, a abundancia e as colleitas.

Outro elemento en común é a figura do demo que para eles non tiña connotacións malignas definidas posteriormente pola igrexa, aínda que recibe varios nomes, dependendo da zona, trátase dun ser diminuto que deambula polo anoitecer e soe facer bromas á xente. Nesta comarca, chámaselle “Tardo” e trátase dun demo burlón, cun gorro roxo, de carácter sarcástico e que soe facer travesuras no fogar. Crese que este concepto benigno sobre o demo, está relacionado co feito de que en moitas parroquias de Galicia e Norte de Portugal, aínda existan demos nos altares das igrexas, encontrándose en Parada do Monte (Lobeira) e en Casal de Alén (Entrimo).

Page 14: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewOs pobos máis alonxados da capital do Concello son Olelas, Guxinde e Quegas con 15, 6 e 8 km. respectivamente. Unha mirada atrás. Pia

Lenda da Moura

Facía moitos anos , na noite de San Xoán, a moura levara desde a corga una laxe na cabeza que logo colocaría na Chan e se correspondería coa Anta do dolmen. Transportaba esta laxe sen apenas sentir o seu peso á vez que fiaba sete mazarocas.

Desde entón, na noite de San Xoán, aparécese a Moura pola noite e monta unha fermosa tenda de brillante tea que reloce como a prata.

Só se podían achegárselle os mozos, ós que ela lles preguntaba que desexaban: se unhas texouras de ouro que lles mostraba na man ou se a ela mesma para conseguir o seu amor. Se o mozo escollía as texouras, caía fulminado no medio dun atronador ruido.

nunha orixe toda a estrutura de pedras, enterrándoa por completo e chamándoa Mámoa. Atópase o esqueleto de pedra que encerra a estancia interior onde se facían os enterramentos, a esta zona chegábase a través dun túnel onde se interrompe o muro de contención. A entrada está orientada cara ó nacente e aliñada coa Pena de Anamán ↓ (Serra de Queguas).

O dolmen consta dunha laxe (Anta), de gran tamaño, se labrar, colocada en sentido horizontal sobre sete pedras verticais (esteos), circundadas polas pedras do círculo de contención.

Nas escavacións levadas a cabo polo profesor Luis de Castro, queda patente que fora violada para buscar o tesouro enterrado (podería ser en busca da lexendaria “Cabriña de ouro” e do “Can de ouro” que os conducían ata un corgo próximo).

Castro dos Castelos: a uns cincocentos metros da pía da Moura, atópanse os restos do Castro dos Castelos. Contra o SE deste xacemento, na vagoada, lindando coa pista forestal está o Penedo dos Caúños.

A aparición de múltiples restos arqueolóxicos de superficie, fundamentalmente cerámicas, levou a D. Hixinio García no 1922 a solicitar permiso de escavación. Logo continuou Luis de Castro, quen consideraba que este xacemento correspondía a un castro romanizado.

As murallas son algo característico de tódolos castros, neste caso, amósanse coas dúas caras perfectamente visibles, importantes tramos de muralla cunha anchura aproximada de 150 cm. Noutros muros, pódese ver só unha cara e por veces, a muralla insinúase toda cuberta de terra. Facendo un

Page 15: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewOs pobos máis alonxados da capital do Concello son Olelas, Guxinde e Quegas con 15, 6 e 8 km. respectivamente. Unha mirada atrás. Pia

seguimento dos muros que se ven e os que só esbozan, compróbase que cercan ós dous cotos citados.

Obsérvanse ademais uns muros dentro doutros, algo habitual nestas construcións castrexas. Cara o leste, aparece un foxo que ben puidera corresponder a un elemento defensivo máis. No centro do castro, na lomba que hai entre os dou cotos, está á vista, a parede dunha casopa circular típica. Arredor dela poden verse aínda, os montóns de terra que se removeron nas escavacións.

Moi preto, hai un burato escavado na pedra, duns 30 cm de diámetro que puidera ser destinado a funcións de morteiro. Tense atopados tamén noutros castros.

A Cova dos mouros: no mesmo recinto castrexo, na parte sur, por entre uns penedos, hai como unha cova natural entre enormes penedos, aberta polo cumio. A parte máis fonda hoxe está cuberta de terra, pero algúns veciños aseguran ter visto como continuaba. D. Hixinio, que non vira en ela máis que un fenómeno natural de arrastre de materiais provocado polas augas, recollía no 1922 a crenza popular pola que aseguran que antigamente continuaría ata o río Pacín, desembocando no Pozo dos Mouros. Desta forma, os poboadores daqueles lugares baixarían por alí para aprovisionarse de auga, cando se vían sitiados.

O Penedo das sete espadas: Segundo un veciño de Asperelo no 1909: trátase dun penedo illado no extremo dunha finca. Mide casi tres metros de alto e a superficie superior que é plana, ten dimensións de 120x80 cm. Este plano superior aparece un pouco alzado no testeiro ó lado oeste, onde existía unha prominencia de 20 cm. Na superficie descubríanse as liñas paralelas que, de leste a oeste, ostentan cada unha, dúas, tres e catro cazoletas e unha raia que, facendo unha cruz, semella en efecto á empuñadura dunha espada, de aí que, aínda sen acabar en punta senón en cazoleta, foran vulgarmente consideradas como espadas. Este penedo situaríase a uns 400 m do “Castelo” sur situado a un extremo do Castro dos Castelos.

Este conxunto de esculturas aparece citado en diferentes referencias históricas a esta comarca, ou que non sempre recolleron foi que, o penedo sito no monte Francelón de Galez, foi destrozado por uns veciños en busca do tesouro no ano 1918 aproximadamente (segundo Higinio García).

FESTAS

As festas tamén son outro atractivo cultural e turístico para dar a coñecer os produtos típicos da zona, así como as tradicións do mesmo.

Page 16: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewOs pobos máis alonxados da capital do Concello son Olelas, Guxinde e Quegas con 15, 6 e 8 km. respectivamente. Unha mirada atrás. Pia

NOTA: A empanada de Foquellas, só típica deste Concello, diferénciase en que é una empanada onde o recheo se mestura coa propia masa, en lugar de encher e métese todo no forno.

LENDA SANTA MARIÑA

O pai da Santa, sendo ela moi nova, decidiu ingresar nun mosteiro e levouna vestida de rapaz . O abade do mosteiro deu o vista bo para que formara parte da comunidade. Viviron moito tempo cos monxes, Marino (como o coñecían), destacou en virtude e sabedoría e salia do mosteiro a pedir esmola e a facer obras de caridade. Un día unha moza do entorno quedou encinta e declarou que fora Marino quen a violara. A comunidade castigou a Marino a estar na porta do convento varios anos, exposto o escarnio público. Morreu e cando os monxes lavaron o seu corpo, descubriron que era unha muller; entón, o seu honor foi restablecido e a súa fama de santidade estendeuse por tódolos cantos. De mención nesta festa, é o baile tradicional de orixe portugués “os viras”, derivado da gran cantidade de matrimonios mixtos producidos polos carácter fronteirizo de Olelas.

VIRXE DE A SOBREIRA

Conta a lenda que nunha era do lugar fai moitos anos, reuníronse 7 virxes coa intención de repartirse o templos da zona. O resultado foi: unha colleu Os Remedios, outra Os Milagres, a terceira e a cuarta: a capela de Vilameá (Lobios), a quinta: O Cristal, a sexta: A Sobreira e a sétima: A Peneda, santuario que ningunha quixo, por iso, dita Virxe profetizou nese momento: “onda min a millares”(xunto a vos irán a pares, xunto a min a millares). E tubo razón, xa que actualmente, xunto cos Milagres, é a máis venerada.

Repartidas o longo do ano, celébranse as seguintes festas e actividades:

Santiago Apóstolo en Bouzadrago: 25 de xullo. San Félix en Galez: 31 de Xullo e 1 e 2 de agosto. San Fiz en Feira Vella: 1 e 2 de agosto. San Facundo en Pereira: 4 de agosto. Virxe das Neves en Lantemil: 5 de agosto. San Salvador en Guxinde: 6 de agosto. San Lourenzo en Illa: 9 e 10 de agosto. Santa Mariña en Olelas: 9 e 10 de agosto. * Nuestra Sra de Fátima de Olelas: 13 de agosto. Santa María a Real en Terrachán: 14, 15 e 16 de agosto. Festa do emigrante en Ferreiros: 21 de agosto. Virxe da Sobreira en Ferreiros: 8 de setembro: recibe este nome

pola cantidade de sobreiras que había arredor da capela. * San Miguel en Casal: 29 de setembro.

Feira no mercado de Terrachán o primeiro domingo de cada mes.

Feira da carne de Vaca Cachena e empanada de Forquellas (festividade

Page 17: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewOs pobos máis alonxados da capital do Concello son Olelas, Guxinde e Quegas con 15, 6 e 8 km. respectivamente. Unha mirada atrás. Pia

A Banda de Gaitas de Entrimo foi fundada no 1996 pola A.P.A do C.E.I.P de Entrimo. Logo no 2001 créase a asociación Cultural Oestrimnio para patrocinar a mesma, e facerse cargo do seu mantemento e continuidade, contando coa axuda de tódalas persoas que fanse socias.

gastronómica amenizada todo o día por unha charanga, a degustación terá lugar nunha carpa cerrada, e consta de ración de empanada de Forquellas, carne de cachena, pan e viño en cunca conmemorativa) Mes de maio.

Caminata de Terrachá a Peneda: primeiro fin de semana de setembro.

Romaría da Virxe da Carballeira en Queguas o 8 de agosto: día de campo con celebración de eucaristía na ermida debaixo dun carballo de máis de trescentos anos. Comida no campo e todo amenizado por a banda municipal de gaitas tocando muiñeiras e cancións varias. A festa culmina cunha excursión ó dolmen casiña da Moura.

Entroido: coma tódalas festas, desempeña unha importante misión social. Durante a súa celebración rómpese a orden e as xerarquías sociais establecidas. É unha festa na que participan todos, creando un antimundo fronte á moral e á razón que tiraniza a sociedade. Esa é a razón pola cal o entroido tivo sempre como inimigos ó clero e ós políticos. Despois de 1936 queda prohibido o carnaval, e falar e escribir del, nin nomealo. O 6 de febreiro de 1937 publícase unha circular na que se prohiben as festas do entroido coa desculpa de que hai moitos homes no fronte sufrindo, e a poboación non debe mostrar o contento, senon sufrir con eles. O fin da guerra, triunfaron os ultraconservadores e seguiu prohibido.

Coa transición política iniciouse a recuperación do entroido rural refuxiado no sur de Ourense. O Carnaval non estaba permitido aínda, pero saíu a rúa con máscaras, bromas e desfiles (o único que non se atreveron foi a disfrazarse de cura, militar ou facer crítica política). A represión seguiu nalgúns lugares, pero o longo da transición desapareceron as prohibicións, aínda ca xente tiña tanto medo de saír a rúa disfrazada que tiveron que ser os Concellos os que promoveran a súa recuperación.

En Entrimo, tamén se sufriu a prohibición durante un tempo, pero hoxe vemos como pouco a pouco, se vai recuperando esa festa, aínda que queda

Page 18: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewOs pobos máis alonxados da capital do Concello son Olelas, Guxinde e Quegas con 15, 6 e 8 km. respectivamente. Unha mirada atrás. Pia

moito por andar, xa que os nenos participan activamente disfrazándose, e os máis vellos, apenas o fan.

O Concello de Entrimo celebra o entroido cun baile e concurso de disfraces para os máis pequenos, onde reciben premio en metálico os tres mellores disfraces. Destaca a figura dos galanes e madamitas: as damas visten enagua de cor branca con bordados con encaixes ó igual que a camisa, e cruzando o peito levan un pano a modo de mantilla. Na cabeza levan un sombreiro de palla moi adornado con cintas de cores. Os madamitos tamén se chaman xigantes e locen camisa e gravata, pantalóns bordados e unha curta capa de cor. A súa careta ten longos bigotes e a cabeza vai cuberta cun gorro cónico que leva na parte superior unha especie de plumacho feito de papel de cores vivas.

Tesouros arquitectónicos .

Tamén, como sucede noutras partes de Galicia, é moi notable a arquitectura relixiosa, non só a igrexa parroquial de Santa María a Real, senon das numerosas igrexas, capelas e ermidas que cobren a paisaxe. Ademais dos xacementos preromanos xa citados no anterior apartado, e os elementos arquitectónicos tradicionais como fornos, muíños, pallozas, hórreos,…

Tamén cabe reseñar os numerosos petos de ánimas (caracterizándose por estar incrustados nalgúns muros que lles serven de soporte) e cruceiros que se encontran nos cruces dos camiños e nas inmediacións das igrexas.

Pódese dar comezo á andadura visitando os petos das animas e cruceiros do Concello, como o cruceiro de Pereira ou o de Ferreiros ou os seguintes petos:

Galez: Peto de ánimas de O Burgo: compón o peto, unha sinxela estrutura adintelada de aparello sen desbastar, abeirando no seu interior un arco monolítico despezado en medio punto e apoiado sobre repisa, disposta asimetricamente respecto ó nicho. Un moderno crucifixo substitúe na actualidade, ó panel destinado ás ánimas.

Galez: Peto de ánimas de San Pedro: constitúe un sinxelo exemplar, formado por un perpiaño semicircular e na súa altura superior instálase unha cruz; no fronte presenta un pequeno e irregular nicho, baixo o que se instala a caixa de esmolas escavada na repisa.

Cruceiro Pereira

Page 19: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewOs pobos máis alonxados da capital do Concello son Olelas, Guxinde e Quegas con 15, 6 e 8 km. respectivamente. Unha mirada atrás. Pia

Casal: Peto dun corpo, formado por grandes perpiaños que presentan en cintado nas llagas. Centra a estrutura arquitectónica un nicho de medio punto sobre repisa e remata o conxunto con cornixa en carto bocel, sobre a que se asenta unha cruz octogonal con pedestal cúbico. A fornacina conten una táboa policromada coa representación da Virxe do

Carme e as ánimas.

Guxinde: →

O Burgo e San Pedro.

Tamén podemos facer un percorrido polas capelas e igrexas do Concello.

Capela de San Miguel en O Casal: pequena ermida sita no centro do pobo, e dedicada ó Arcanxo San Miguel. →

Capela da Anunciación en Lantemil (Illa): unha sola nave e cuberta de madeira. O acceso realízase por unha porta arquitrabada, rematada en espadana. No interior, retablo onde destacan altoreleves da Anunciación e Visitación, entre columnas, e os catro evanxelistas. Aberta os días de festa.

Capela de San Antonio de Quintas: unha sola nave e cuberta de madeira. O acceso realízase por unha porta de arco rebaixado, e a ambos lados hai fiestras e posadeiros. No interior, destacan as imaxes de San Antonio, San Andrés, A Virxe do Carme e o Crucificado. Aberta os días de festa.

Capelas de Guxinde e Bouzadrago: →

Capela da Virxe de A Sobreira en Ferreiros: do século XVII.Capela dos Remedios en Asperelo.Santuarios de San Fiz no monte San Fiz: sempre figurou anexo a igrexa

de Santa María a Real de Entrimo.

Page 20: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewOs pobos máis alonxados da capital do Concello son Olelas, Guxinde e Quegas con 15, 6 e 8 km. respectivamente. Unha mirada atrás. Pia

Ermida de San Xoán en Queguas.Ermida de Ntra Sra de A Asunción en Queguas.Ermida de San Munín en Vilar (Pedreiriño) e de Santo Cristo.

En canto ás igrexas, pódense destacar:

Igrexa de Sta María A Real en Terrachá: Declarada monumento histórico-artístico. Ten categoría de Abadía. Fachada barroca na modalidade churrigueresca, construída a fines do século XVII (rematada no 1739 sendo abade D. Agustín Leboso). É un dos poucos exemplares deste estilo en Galicia. Torre barroca de 25 m de altura, de 1727, dispón de balconada de pedra, pináculos, tambor e unha cúpula hemisférica no cume. Na súa base está a pila bautismal. A fachada principal, realizada en granito, é de especial interese xa que se organiza en catro corpos, de modo similar a un retablo: o primeiro corpo lo centra a porta, cun arco moldurado de medio punto; outros dous, están formados polas imaxes da Asunción e un panel da Santísima Trindade, ambas flanqueadas por catro pares de columnas salomónicas; e o último é un ancho friso rematado nun frontón partido. Esta decoración só cubre o ancho da nave central.

O corpo da igrexa é de planta de cruz latina con tres naves separada por oito pilastras formeiras, que dan lugar a sete capelas, e cruceiro. Os tramos de bóveda son de cruzaría e as naves laterais teñen xunto ó cruceiro dúas capelas de medio canón.

Tamén conta con dúas fachadas laterais salientables polas súa harmonía e ornamentación. A cuberta da nave central é máis alta ca das laterais para recibir a luz, e o cruceiro é máis alto ca nave central e ca parte absidal.

Na igrexa hai seis retablos de diferentes feituras e un altar do Cristo Crucificado coa Virxe das Dores. Todo ó redor do templo hai un adro con muro, e enriba do muro un vía crucis.

Aberta tódolos días en horario de culto e domingos as 12.30h.

Igrexa de San Facundo de Pereira: caracterízase a súa arquitectura por unha gran sobriedade construtiva. Definen a fachada, a portada de arco rebaixado e espadana. As cornixas presentan volutas nos extremos, e na base da espadana, colócanse aletóns como decoración. O retablo é dun corpo, con dobre fornacina organizado por columnas

Page 21: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewOs pobos máis alonxados da capital do Concello son Olelas, Guxinde e Quegas con 15, 6 e 8 km. respectivamente. Unha mirada atrás. Pia

salomónicas e ático. Reciben culto as esculturas populares de San Facundo, San Brais e San Antonio. Aberta os domingos no horario do culto.

Igrexa de San lourenzo de A Illa: Presenta sobria arquitectura; portada de liñas rectas e espadana de alto alzado con arcos peraltados. O presbiterio e sacristía marcan coa nave un xogo de volúmenes e diferentes alturas. No seu interior, temos un retablo do século XVIII con esculturas de San Lourenzo, Santa Lucía, San Antonio, San Blas e a Virxe co neno. Aberta os domingos en horario de culto.

Igrexa de Santo Tomás de Venceáns: é unha modesta construción (seculo XVIII, ppios do XIX) dunha soa nave articulada por pilastras e arco de medio punto de acceso ó presbiterio, con sacristía adosada. Na fachada ábrese a porta de acceso, en arco de medio punto, rematando o conxunto, una espadana de arcos peraltados. No seu interior, o retablo consta dun corpo e ático, usando como soporte a columna salomónica. As talla de Santo Tomás, San Sebastián, San Antonio Abade e o crucificado, forman a imaxinería do templo.

Igrexa de San Fiz de Galez: O seu orixe débese á existencia da reliquia dun dedo de San Fiz, traído desde Girona (1695-1670) por Domingo Rguez Araujo. Finalizada no 1792, consta dunha sola nave con pilastras e arco triunfal apuntado. A capela maior cúbrese con bóveda de arista e o resto con madeira. A fachada presenta cierta identidade por ter adosados corpos laterais rematados por pináculos. O ingreso realízase con portada de medio punto moldurada e fornacina avenerada. A espadana de ramplas curvas complétase con pináculos a ambos lados, asentados sobre altos podios. O retablo maior imita con pintura os jaspes, e se distribúe con columnas salomónicas, adaptando a súa estrutura á arquitectura do testero. As imaxes corresponden a San Pedro, Santa Águeda, San Francisco e San Antonio, presidiendo a talla de San Fiz. De mención especial é a reliquia do patrón San Fiz, relicario de prata, doado por Don Domingo Rguez Araujo. Reliquia protectora da mordedura de cans rabiosos e animais venenosos.

Igrexa de Santa María de Olelas: Constrúese no 1755, segundo indicacións dunha inscrición sobre a portada. A arquitectura é de liñas sinxelas, dunha soa nave, con pequenas fiestras e óculos abertos na fachada, para dar luz ó interior. A espadana, dun arco, decórase con aletóns na base.

En época de 1785 saliéntase o Pazo dos Represa: construción debida a Don Antonio Mojón Rico, abade de Santa María de Entrimo, segundo inscrición na fachada. Enclavado no lugar de Casal

Page 22: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewOs pobos máis alonxados da capital do Concello son Olelas, Guxinde e Quegas con 15, 6 e 8 km. respectivamente. Unha mirada atrás. Pia

de Alén, queda illado doutras vivendas e rodeado dunha gran finca, pechada con muro de pedra na que se abre un portalón de entrada á finca no que se conserva o seu escudo en perfectas condicións. Entre os elementos secundarios do pazo, presenta especial interese o canastro, con forma rectangular tradicional, construído totalmente en granito, ata a cuberta.

Un alto no camiño

Aloxamentos: sito no Concello de Entrimo pódese aloxarse en:

Page 23: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewOs pobos máis alonxados da capital do Concello son Olelas, Guxinde e Quegas con 15, 6 e 8 km. respectivamente. Unha mirada atrás. Pia

Hotel Barcelona: unha estrela, con 26 habitacións unha capacidade de 37 persoas. Renovado no 1998, conta con servizos de cafetería, cambio de moeda, xardín terraza, salón de convencións,…Sito na feira Vella (Tlf: 988434724).

Pensión a Entrimeña: 3 estrelas, vinte habitacións e capacidade para 36 persoas. Posúe piscina e garaxe. Admite cans/gatos. (Tlf: 988 434658).

TURISMO RURAL: Casa a Feira Vella: con nove habitacións e capacidade para 18 persoas. (6 habitacións dobres normais, 2 especiais e 1 para minusválidos). Casa do Grupo B, “Q” de calidade turística. Conta con piscina, zonas comúns, parking, comedor, xardín; adaptado para discapacitados e admite cans. (Tlf: 988 439882 – 659 470905).

TURISMO RURAL: Aldea de Asperelo (parque natural do Xurés) composta por 5 aloxamentos rurais perfectamente equipados e outros servizos como: comedor rural, piscina, bodega típica, talleres de restauración, cabalos, agroturismo, capela, forno comunitario, lavadoiro público e actividades de aventura. Casa do Grupo B ubicada ó marxe dereito do río Limia entre os municipios ourensáns de Lobios e Entrimo. .(Tlf: 988 434908 – 10).

1. Casa Rural da Capela: con tres habitacións dobres con baño compartido, salón con cheminea e tv, terraza e cociña.

2. Casa Rural da Lareira: dous habitacións dobres con baño completo en cada unha. Lareira típica con salón, cociña completa, vitrocerámica, extractor, testadora de pan, cafeteira, lavadora, horno-microondas, menaxe de cociña completo, tv e tlf. Esta casa recen restaurada ten máis de 300 anos. É de aluguer completo ou tamén unha habitación. Dispón de secador de pelo e comedor-terraza de verán.

3. Casa Rural D´Asperelo: 8 habitacións dobres con baño, 3 especiais y 4 con cama supletoria. Contan con secador, tv, tlf, Wifi,.

4. Casa Carballeira: 2/4 prazas con baño completo, salón.-cocina, vitro, frigorífico, cafeteira, microondas, testadora, menaxe completo, . Aluguer completo ou por habitacións.

5. Pousada: dispón de 8 habitación dobres con baño, 3 especiais e 4 con supletorio. Cada unha conta con secador, tv, tlf, hilo musical, Wifi.

A aldea conta con servizos de biblioteca, salón de reunións para 15 persoas, salón social, comedor rural climatizado, lareira, terrazas, piscina, jacuzzi, servizo de bebidas, xardíns amplos aparcamento, servizo de guías, 4 x 4 turismo aventura e barco.

Page 24: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewOs pobos máis alonxados da capital do Concello son Olelas, Guxinde e Quegas con 15, 6 e 8 km. respectivamente. Unha mirada atrás. Pia

Camping “Quinta da Viña Grande”: Sito na Illa, conta con 34 habitacións e unha capacidade para 72 prazas. 3ª Categoría. Accesible autos- bus-caravanas-motos., Admisión de animais. Servizos de cafetería, bungalows, corrinte eléctrica, duchas auga quente, gas,… varios tipos de solo. Sito cerca de embalse. º(Tlf: 988 433855).

Para comer:

Restaurante do Hotel Barcelona: comida caseira e capacidade para 294 persoas. Aparcamento.

Casa da Feira Vella: comida galega con especialidade en xabarín con salsa de chocolate, Bacallau con cebola, xarrete de tenreira estofada o croquetas de xamón. Capacidade para 70 persoas e aparcamento.

A Entrimeña: comida caseira galega con especialidade en pastel de puerros, pastel de espinacas e gambas, bacallau entrimeña e chuletón. Capacidade para 100 persoas e aparcamento.

Mesón Beni: Comida galega con especialidade en carnes á brasa e parrillada de pescado. Capacidade para 504 persoas.

Restaurante Emilio: a Terrachán.

A Pousada: na aldea de Asperelo.

Restaurante Casino: a Terrachán.

Outras cosas que ver e saber.

Museo del Dr. Luis de Castro García: no barrio de Bouzás, en Terrachán. Conta con material de escavacións, principalmente do castro de Pía da Moura, esculturas, cadros, diapositivas de paisaxes da comarca, cintas magnetofónicas de cancións populares e gravacións do Gaiteiro de Entrimo. Unha cocina completa do tipo da comarca, un tear de época, ferramentas, unha instalación completa e característica da vinificación e outras pezas de interese.

Ecomuseo- Taller de liño e alfarería. Obradoiro de Alquitara, Tenda de artesanía. Olín, Asperelo (Entrimo).

Os traballos doutros tempos no Concello de Entrimo.

Co correr dos tempos imos presenciando a norte de moitos oficios que tempo atrás eran os piares da nosa economía. A meirande parte foron substituídos polas novas tecnoloxías. Algúns destes oficios, desempeñáronse non fai moito tempo por estes lares.

Cesteiros (facían as cestas), Ferreiros (traballaba na forxa), Canteiros (daba forma a pedra), Muiñeiros (propietario dun muíño no que se moía o gran), Foleiros (dono dun folón), Fogueteiros (facía os foguetes da festa), Alevadeiros (coidador do auga do pobo), Serradores (carpinteiros), carboeiros (facía carbón), o sacristán (campesiño que axudaba na misa), Xastre (confeccionaba roupa masculina), ferradores (encargado de ferras as bestas) plañideiras ou choronas (chorar ós mortos).

Page 25: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewOs pobos máis alonxados da capital do Concello son Olelas, Guxinde e Quegas con 15, 6 e 8 km. respectivamente. Unha mirada atrás. Pia

Os traballos doutros tempos no Concello de Entrimo.

Co correr dos tempos imos presenciando a norte de moitos oficios que tempo atrás eran os piares da nosa economía. A meirande parte foron substituídos polas novas tecnoloxías. Algúns destes oficios, desempeñáronse non fai moito tempo por estes lares.

Cesteiros (facían as cestas), Ferreiros (traballaba na forxa), Canteiros (daba forma a pedra), Muiñeiros (propietario dun muíño no que se moía o gran), Foleiros (dono dun folón), Fogueteiros (facía os foguetes da festa), Alevadeiros (coidador do auga do pobo), Serradores (carpinteiros), carboeiros (facía carbón), o sacristán (campesiño que axudaba na misa), Xastre (confeccionaba roupa masculina), ferradores (encargado de ferras as bestas) plañideiras ou choronas (chorar ós mortos).

Historia de Entrimo: O Vizconde da Illa.

Na parroquia de San Lourenzo da Illa naceu no século XV o nobre soldado Rodrigo de Villandrando que prestou grandes servizos ó Rei Juan II chegando a morrer no seu lugar no discurso dunha conxura cortesana. Naceu na primeira metade do século XV, na casa solariega dos seus proxenitores. Aínda coñecese o solar no que estivo situado o pazo natal como “A praza do Conde” nas inmediacións da que hoxe é a casa da familia Martínez. Non quedan vestixios á vista da construción. Foron os seus pais, (segundo Benito Fdez Alonso) Don Pedro de Villandrando e Dona Ines de Corral, persoas de estado nobre.

Áinda mozo, foi levado por seus pais a Valladolid, onde alcanzou educación en letras e armas, alistándose coa Flota que D. Juan II de España, mandou na axuda do Rei Francés Carlos VII contra dos ingleses. Nesta primeira aventura ascendeu de soldado a capitán. Nas xornadas de Gravelle, 1423, Montargis 1427 e na epopeya de Orleans, Don Rodrigo, servía a un tempo ó monarca francés e ó monarca castelán. Distinguiuse nos máis brillantes episodios destas batallas en na conquista de Guinea. En premio ós seus esforzos e como recompensa ós servizos pola liberdade dunha nación oprimida, o Rei de Francia concedeulle foros especiais.

En España, o soberano castelán estaba en apuros e foi chamado, entón voltou de Francia con catro mil arqueiros e xinetes, e interveu a favor de Juan II pacificando pola forza das armas a varios dos señores rebelados. Como pagamento ós seus servizos, en 1439 foille outorgada a vila de Ribadeo co título de Conde da mesma.

Casou don Rodrigo coa filla do Duque de Borbón, emparentando coa casa real de Francia, Dona Isabel de Borbón. Tiveron unha filla chamada tamén Isabel que logo se casaría con Don Lourenzo Suárez de Mendoza, primeiro Conde da Coruña. O enviuvar Rodrigo casou con Dona Teresa de Zúñiga, filla do Conde de Monterrei.

Outro dos honores que outorgou o Rei a D. Rodrigo, foi o Vizconde da Illa. Este título tamén o adoptaron os Condes de Ribadeo, Duques de Hijar, Condes de Aliaga e outros sucesores seus.

A morte de Don Rodrigo foi final da máis absoluta fidelidade ó Rei Juan II. Os señores de Castela tiñan decidido asasinar ó rei aproveitando un banquete que ofreceron ó monarca; o Conde de Ribadeo tivo coñecemento da conxura e presentouse o día do festín, alertou ó seu Rei e levouno ó lugar máis seguro do Castelo. Éstes foron seguíndoos entrando no carto onde debería estar aloxado o Rei, cando viron na habitación un home vestido coas roupas do Rei, fundiron os seu puñais no corpo que resultou ser Rodrigo, que morreu no lugar do seu señor nun acto de fidelidade.